ATOPO
Rexistros actuais: 1.632.294
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.892

ARQUIVO MUNICIPAL DE BAIONA

Identificación

Arquivo municipal de Baiona
Rúa Lorenzo Carrera, 17. 36300 Baiona
986 385 050 - Fax: 986 357 474
Responsable: Delia Pérez Garbín

Datos básicos

Nº unidades de instalación: 5.690
Nº rexistros inventario descritivo (base de datos): 39.211

Actuacións Servizo Técnico Patrimonio Documental

Organización inicial: 1981-1982
Reincorporacións documentais: 1994,2002,2005,2012-2013,2016
Reorganización (novo cadro): 2002
Informatización instrumentos descrición: 2002
Implantación do cadro de clasificación funcional: 2024

Mapa

A casa do concello de Baiona atópase na casa de Correa, unha construción en pedra, de sólidos muros, distribuída en baixo e primeira planta, e cunha torre ameada. O edificio, construído posiblemente en 1759, foi adquirido para converterse na sede do Concello no ano 1942 e recentemente restaurado cunha ampla praza na súa fronte.

O local destinado inicialmente a arquivo,  cunha superficie total superior aos 76 m2, sitúase na ala esquerda da edificación, e distribúese en tres plantas intercomunicadas entre si por unha escaleira metálica,. Este espazo conta con boas condicións de habitabilidade, instalacións e equipamentos suficientes para a súa finalidade.

A capacidade insuficiente e o elevado volume documental que xera o Concello obrigou a adecuar un novo espazo na planta baixa, nunha sala cadrada de 38 m2, comunicada coas anteriores por unha escaleira interior de pedra.

Recentemente habilitouse unha nova sala de arquivo na planta baixa do edificio da biblioteca municipal, á que trasladaron a documentación histórica e as 2.503 primeiras unidades de instalación.
 

Plano Arquivo municipal de Baiona Plano Arquivo municipal de Baiona Plano Arquivo municipal de Baiona Plano Arquivo municipal de Baiona Plano Arquivo municipal de Baiona