ATOPO
Rexistros actuais: 1.345.479
Obxectos dixitais dispoñibles: 494.904

ARQUIVO MUNICIPAL DE AGOLADA

Identificación

Arquivo municipal de Agolada
Praza Consistorial, 1. 36520 Agolada
986 788 063 - Fax: 986 788 190
Responsable: Funcionarios municipais

Datos básicos

Nº unidades de instalación: 1.761
Nº rexistros inventario descritivo (base de datos): 17.464

Actuacións Servizo Técnico Patrimonio Documental

Organización inicial: 1989
Reincorporacións documentais: 1996, 1999, 2003, 2008, 2010, 2011, 2013, 2018
Reorganización (novo cadro): 1996
Informatización instrumentos descrición: 1999
Implantación do cadro de clasificación funcional: 2024

Mapa

En 1989 construíuse a nova casa do concello, o que mellorou substancialmente as instalacións do arquivo municipal ao trasladarse a documentación ao novo local habilitado.

A nova casa do concello é unha edificación independente, con baixo e dúas plantas, situada na praza da vila. Está perfectamente integrada no seu contorno, tanto polos materiais empregados como pola apertura do edificio ao exterior, grazas á presenza de abundantes ventás e ao uso de balconadas corridas na súa fachada.

Concíbese como centro para instalar todos os servizos municipais, e para iso conta co espazo necesario, tanto no baixo coma nas dúas plantas do edificio. Na planta baixa instalouse o arquivo municipal, nunha sala rectangular de 24 m2. A superficie útil do local é suficiente para albergar os fondos existentes no momento da súa organización e das previsibles incorporacións futuras.

Para o manexo e consulta dos documentos o arquivo conta coas instalacións necesarias e cunha mesa de traballo e ficheiros. Para a súa conservación dispón de estantes metálicos tradicionais, dispostos bordeando a sala e pegados ás paredes naqueles espazos que o permitían e na parte central, sempre procurando o maior aproveitamento posible.

Plano Arquivo municipal de Agolada