ATOPO
Rexistros actuais: 1.341.126
Obxectos dixitais dispoñibles: 491.257

ARQUIVO MUNICIPAL DE PONTECESURES

Identificación

Arquivo municipal da Pontecesures
Avenida Cidade de Vigo, 2. 36640 Pontecesures
986 557 125 - Fax: 986 557 554
Responsable: Funcionarios municipais

Datos básicos

Nº unidades de instalación: 2.357
Nº rexistros inventario descritivo (base de datos): 24.391

Actuacións Servizo Técnico Patrimonio Documental

Organización inicial: 1992
Reincorporacións documentais: 2000, 2003, 2005, 2008, 2010, 2012, 2015
Reorganización (novo cadro): 2000
Informatización instrumentos descrición: 2000
Implantación do cadro de clasificación funcional: 2024

Mapa

A casa do concello é unha edificación moderna inaugurada no ano 1975. Concíbese como un espazo único, con amplas aberturas ao exterior que lle proporcionan gran luminosidade; ademais, conta con varias plantas semisoterradas. En actuacións posteriores dividiuse o interior para buscar unha maior funcionalidade e operatividade na disposición dos diferentes servizos municipais.

O local destinado ao arquivo municipal ocupa unha parte lateral do soto do edificio e accédese directamente a el desde as oficinas, situadas na planta principal, a través dunha escalinata. A súa estrutura é cadrada e divídese en dúas salas comunicadas entre si logo da súa recente ampliación, o que permitiu duplicar a súa superficie e, ao mesmo tempo, dispor de luz natural e ventilación directa.

O arquivo conta con algo máis de 72 m2 útiles. Neste local foise instalando o equipamento necesario para o almacenamento e tratamento documental. Na actualidade goza dunhas boas condicións de habitabilidade, mellorables en canto a ventilación e iluminación, e dispón de algo máis de 150 m de estantes metálicos, dunha mesa de consulta, dun deshumidificador e dun ficheiro.

Plano Arquivo municipal de Pontecesures