ATOPO
Rexistros actuais: 1.341.126
Obxectos dixitais dispoñibles: 491.257

ARQUIVO MUNICIPAL DE VILANOVA DE AROUSA

Identificación

Arquivo municipal de Vilanova de Arousa
Avda. Gonzalez Besada, s/n. 36620 Vilanova de Arousa
986 554 082 - Fax: 986 554 069
Responsable: José Miguel Ventoso Martínez

Datos básicos

Nº unidades de instalación: 5.417
Nº rexistros inventario descritivo (base de datos): 38.177

Actuacións Servizo Técnico Patrimonio Documental

Organización inicial: 1983
Reincorporacións documentais: 1988,1995,1996,1999,2000,2001,2002, 2003,2005,2008,2010, 2013,2014
Reorganización (novo cadro): 1995
Informatización instrumentos descrición: 1999

Mapa

Logo de sucesivos traslados, depósitos provisionais e reformas hoxe en día disponse o patrimonio documental conservado polo Concello e froito da súa xestión, na planta superior do edificio do mercado municipal, edificación illada próxima ó Concello.

A escasez de espacio para as dependencias e os servicios municipais fixo necesario este traslado na procura dun espacio digno e suficiente para a conservación da documentación dende a súa anterior situación na planta baixa da propia casa do Concello.

Este espacio adicado a arquivo municipal distribúese en dúas salas con acceso independente para destinalas a depósito, rectangulares e de grande lonxitude; na súa cabeceira disponse o acceso directo mediante unha ampla escalinata dende a rúa e dúas salas cadradas para a colocación de fondos bibliográficos e boletíns, que serven ademais de sala de traballo e consulta.

Foi todo o conxunto remozado e rehabilitado para esta nova función, conseguíndose unhas axeitadas condicións de habitabilidade e dotado con equipamentos suficientes, entre os que se inclúen portas de seguridade, estantería metálica abundante, ficheiro metálico, mesa de consulta e ordenador.

Plano Arquivo municipal de Vilanova de Arousa