ARQUIVO UNIVERSITARIO DE VIGO
Biblioteca Central. Campus As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
Teléfono: 986 814 074
Correo electrónico: xarquiv@uvigo.es
URL: https://uvigo.gal/es/universidad/biblioteca/archivo-universitario
O Arquivo Xeral presta os seus servizos desde a Biblioteca Central do Campus de Vigo. Conta con depósitos documentais no Edificio Fundición do Campus de Vigo e nas bibliotecas centrais do Campus de Ourense e de Pontevedra.
O Fondo Documental da Universidade de Vigo está constituído pola documentación xerada e recibida polo citado organismo no exercicio das súas funcións, desde 1990.
Outros fondos documentais custodiados correspóndense coas institucións antecedentes da universidade:
- Fondo Comercio (1920-1990)
- Fondo Peritos Industriais (1901-1990)
- Fondo Maxisterio Ourense (1888-1990)
- Fondo Maxisterio Pontevedra (1866-1990)
- Fondo Colexios Universitarios (1972-1990)
Custódianse ademais algúns fondos privados relacionados coa actividade investigadora do profesorado da Universidade:
- Fondo Simeón García (1919-1951)
- Fondo Sociedade Electra Popular de Vigo e Redondela (1908-1919)
Coordinación e asesoramento técnico
Transferencia de documentos
Préstamo e consulta de documentos
Este arquivo proporciónalle á cidadanía o acceso aos documentos que custodia e á información que estes conteñen, nos termos que establece a lexislación vixente e coas restricións que nela se contemplan.
De luns a venres de 9:00 a 14:30 horas
