ATOPO
Rexistros actuais: 1.333.529
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.494

Atopo, cincocentos días despois


27 de maio de 2021 Atopo

ATOPO é un portal de descubrimento de recursos de información a partir das coleccións e fondos documentais, bibliográficos, cartográficos e audiovisuais do Museo de Pontevedra, do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación, dos arquivos municipais e doutras institucións, públicas ou privadas, da provincia de Pontevedra.

Para avaliar e recoñecer o seu impacto, achegamos os datos estatísticos referidos ao seu uso e aproveitamento, transcorridos cincocentos días da posta a disposición dos usuarios do portal de descubrimento Atopo (atopo.depo.gal), enmarcado nunhas condicións sociosanitarias e de comportamento social condicionadas por unha nova realidade.

Dende a posta en marcha a finais de decembro do ano 2019 o crecemento dos fondos dispoñibles ten sido exponencial, duplicándose xa practicamente o número de rexistros accesibles e achegándose á cifra de 400.000 no caso dos rexistros con imaxes dixitalizadas asociadas.

Recentemente tamén tense conseguido a inclusión daqueles resultados da dixitalización dos materiais audiovisuais e sonoros, coa posibilidade da súa reprodución, atendendo sempre ás limitacións derivadas dos dereitos de autor e propiedade intelectual.

Gráfica de visitas 1

A principio de marzo do ano en curso cáseque doce mil usuarios diferentes tiñan accedido a web atopo.depo.gal na procura de información diversas sobre o patrimonio documental e bibliográfico da provincia de Pontevedra, cun nivel de crecemento estable ao longo do tempo, iso si cunha típica representación de dentes de serra na que resaltan os picos dos meses do confinamento inicial; este crecemento tamén é relevante no número de sesións de uso da páxina, que a finais de febreiro superaba xa as 24.000.

Outro dato relevante dedúcese de que cáseque o 20% dos usuarios repite sesión de consulta e que a duración media das sesións achégase aos dez minutos.

O número de visitas á páxinas alcanzaba a primeiros de marzo as 300.000, con varios picos diarios  próximos ou superiores ás 3.000 nos meses de abril, xuño, decembro e febreiro do pasado anoe unha cifra media por riba dos 1.800 visitas diarias.

Gráfica de google analytics 2

Os principais datos relativos ás visitas serían:

  • 299.998 número de visitas a páxinas
  • 222.766 número de paxinas con vistas únicas
  • 24.098 entradas
  • 39,13% porcentaxe de rebote
  • 8,03% porcentaxe de saída

Confiamos  en que a necesaria complementación de información e a posibilidade de ofrecer en diferentes formatos e contextualizacións a información da que dispomos nas diferentes seccións do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico poida acometerse en breve coa implementación da nova web renovada e actualizada, logo dun gran tempo de espera, e que se retorne a niveis anteriores de uso.

Os datos de usuarios e visitas da páxina www.arquivos.depo.es , logo dun prolongado descenso derivado da imposibilidade de mantemento e actualización na última década, manteñen unta tónica estable ao longo do primeiro trimestre.

Gráfica de analytics 3

Son 1.063 os usuarios deste primeiro trimestres, dos que 1.17 son de novo acceso. Supuxeron un total de preto de 13.000 visualizacións de páxinas cunha duración media superior aos catro minutos.