ATOPO aumenta a súa actividade e o número de visitas en 2025
En 2025 o portal ATOPO, repositorio dixital dos fondos bibliográficos e documentais da Deputación de Pontevedra, experimentou un crecemento significativo no seu coñecemento e uso, exemplificado nas seguintes cifras proporcionadas polo Servizo de Novas Tecnoloxías da institución provincial.
O número de visitas (pantallas vistas) acadou as 553.686, diante das 436.061 rexistradas en 2024, o que supón un considerable aumento do 20,85 %.
No que atinxe ao uso do portal, en 2025 rexistráronse 26.475 persoas usuarias activas e 25.963 novas, cifras moi por enriba das acadadas no ano anterior.
Os principais datos numéricos dos fondos que o Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico difunde a través de ATOPO, a 1 de xaneiro de 2026, ordenados por tipoloxías e posibilidades de acceso e descarga, son os seguintes:
| Fondos do Arquivo da Deputación e doutros arquivos públicos e privados | Unidades documentais | Visualización e descarga | ||
|---|---|---|---|---|
| Simples | Compostas | Total | Referencial | |
| 503.903 | 919.289 | 382.919 | 1.040.273 | |
| Fondos da Biblioteca da Deputación | Tipoloxías principais | Visualización e descarga | |||
|---|---|---|---|---|---|
| Monografías | Artigos | Revistas | Total | Referencial | |
| 24.397 | 73.255 | 995 | 879 | 98.012 | |
| Fondos fotográficos, audiovisuais, sonoros e musicais | Tipoloxías principais | Visualización e descarga | ||||
|---|---|---|---|---|---|---|
| Fotografía | Son/Música | Audiovisual | Total | Referencial | ||
| 28.238 | 5.814 | 2.245 | 18.337 | 18.199 | ||
| Fondos da Cartoteca Provincial Domingo Fontán | Tipoloxías principais | Visualización e descarga | ||
|---|---|---|---|---|
| Imaxes | Mapas | Total | Referencial | |
| 16.114 | 6.478 | 4.441 | 18.729 | |