ATOPO
Rexistros actuais: 1.103.516
Obxectos dixitais dispoñibles: 416.326

Como cada ano desde 1997, o 24 de outubro conmemórase o Día Internacional da Biblioteca, creado como homenaxe tanto ao persoal profesional coma ás institucións bibliotecarias en xeral e para difundir un servizo público de proximidade á cidadanía que facilite o seu acceso ao coñecemento. O Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico súmase á conmemoración desta efeméride coa mostra bibliográfica "A provincia en libros" e cun boletín de novidades.

"A provincia en libros" é unha exposición virtual que pretende achegarlle á cidadanía o fondo bibliográfico máis destacado e voluminoso co que conta a biblioteca do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra.

É unha biblioteca especializada de acceso público, que ten como obxectivos fundamentais complementar o fondo documental do arquivo e reunir, conservar e difundir unha colección o máis ampla e representativa posible de fontes de información bibliográfica referentes á provincia de Pontevedra e aos seus concellos. Así, aínda que tamén conta cuns poucos fondos de carácter xeral, a maior parte son de ámbito provincial e municipal.

Trátase dunha pequena mostra da colección de monografías, que na actualidade alcanza máis de 20.000 exemplares.

A gran maioría destes libros están accesibles nas instalacións da biblioteca na modalidade de préstamo a domicilio e a información que conteñen vese extraordinariamente enriquecida co resto de materiais (documentais, cartográficos e audiovisuais), dispoñibles tanto no Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico coma no buscador Atopo.

Concretamente, en "A provincia en libros" móstranse 69 referencias bibliográficas de diferentes editoriais, tanto públicas coma privadas, das cales unha pequena porcentaxe permite acceder en liña á propia publicación por tratarse de obras en réxime de dominio público, mentres que o resto proporcionan información dos metadatos básicos (título, autor, editorial, ano), así como unha ligazón ao rexistro bibliográfico completo dispoñible en Atopo.

A PROVINCIA

Guía das aves do interior da provincia de Pontevedra, Muíños de Río nas terras de Pontevedra ou A desamortización na provincia de Pontevedra son algúns exemplos dos títulos que forman parte do amplo repertorio de publicacións dispoñibles na biblioteca, en cuxas páxinas se poden atopar os aspectos máis relevantes da arte, da cultura, da historia, da xeografía, da toponimia ou da antropoloxía da provincia.

OS CONCELLOS

Ademais dunha serie de títulos de carácter xeral, coma O municipio en Galicia, Mosaico municipal ou Orixe, nacemento e evolución dos concellos pontevedreses, a biblioteca conta cunha gran cantidade de información bibliográfica individualizada sobre cada un dos concellos que integran a provincia de Pontevedra.

  • Agolada
  • Arbo
  • Baiona
  • Barro
  • Bueu
  • Caldas de Reis
  • Cambados
  • Campo Lameiro
  • Cangas
  • Cañiza, A
  • Catoira
  • Cerdedo-Cotobade
  • Covelo
  • Crecente
  • Cuntis
  • Dozón
  • Estrada, A
  • Forcarei
  • Fornelos de Montes
  • Gondomar
  • Grove, O
  • Guarda, A
  • Illa de Arousa, A
  • Lalín
  • Lama, A
  • Marín
  • Meaño
  • Meis
  • Moaña
  • Mondariz
  • Mondariz-Balneario
  • Moraña
  • Mos
  • Neves (As)
  • Nigrán
  • Oia
  • Pazos de Borbén
  • Poio
  • Ponte Caldelas
  • Ponteareas
  • Pontecesures
  • Pontevedra
  • Porriño, O
  • Portas
  • Redondela
  • Ribadumia
  • Rodeiro
  • Rosal, O
  • Salceda de Caselas
  • Salvaterra de Miño
  • Sanxenxo
  • Silleda
  • Soutomaior
  • Tomiño
  • Tui
  • Valga
  • Vigo
  • Vila de Cruces
  • Vilaboa
  • Vilagarcía de Arousa
  • Vilanova de Arousa
Emigración de retorno e dinámicas sociopolíticas locais na Galicia rural

Título: Emigración de retorno e dinámicas sociopolíticas locais na Galicia rural: unha microanálise dende Valga, 1890-1950

Autoría: Raúl Soutelo Vázquez

Edición: Concello de Valga

Data: 2007

Concello relacionado: Valga

"...que este libro sexa só un chanzo máis na recuperación da memoria da diáspora dos galegos..." (Da introdución)

+ INFO

Anuncio sobre las investigaciones fisico-químico-médicas de las aguas minerales

Título: Anuncio sobre las investigaciones fisico-químico-médicas de las aguas minerales de Caldas de Reyes y Caldas de Cuntis

Autoría: Manuel Jacobo Fernández Mariño

Data: 1828

Concello relacionado: Caldas de Reis

"…con la enumeración de sus virtudes medicinales y enfermedades en las que conviene su uso en bebida y baño". (Da portada)

+ INFO

ACCESO A PDF (34,5 MB)

Cangas na historia

Título: Cangas na historia

Autoría: Xerardo Dasairas Valsa

Edición: Concello de Cangas; Morgante

Data: 2017

Concello relacionado: Cangas

"Non é doado resumir en poucas páxinas a intensa e longa historia de Cangas e as parroquias que constitúen o seu territorio". (Da contracapa)

+ INFO

Arbo, vila da Lamprea

Título: Arbo, vila da Lamprea: libro-homenaxe á festa da lamprea (50 aniversario, 1961-2010)

Autoría: Manuel Xesús Xiráldez González

Edición: Concello de Arbo

Data: 2011

Concello relacionado: Arbo

"...orgullo dun pobo cara aos sinais de identidade que o localizan no mundo: a lamprea e os viños". (Da contracapa)

+ INFO

Baiona nas ondas do tempo

Título: Baiona nas ondas do tempo

Autoría: Carlos Méixome Quinteiro (dir.)

Edición: Instituto de Estudos Miñoranos

Data: 2004

Concello relacionado: Baiona

"Do milleiro de fotografías antigas que compoñen o arquivo fotográfico do IEM a maioría son de Baiona..." (Do limiar)

+ INFO

Froito dunha ilusión: 1992-2017

Título: Froito dunha ilusión: 1992-2017, 25 anos de historia da Banda de Música Xuvenil de Barro

Autoría: Celso García Alonso

Edición: Asociación Cultura e Xuventude de Barro

Data: 2018

Concello relacionado: Barro

"Ó comezo, a banda adoptou o nome da asociación que a rexe, Banda de Música Cultura e Xuventude de Barro". (Da introdución)

+ INFO

O mundo antigo no Museo Massó e a romanización en Bueu

Título: O mundo antigo no Museo Massó e a romanización en Bueu

Autoría: Fructuoso Díaz García

Edición: Xunta de Galicia

Data: 2015

Concello relacionado: Bueu

"...o achado dunha factoría de salgadura romana, un taller de fabricación de ánforas de salgadura e unha vila". (Do limiar)

+ INFO

A memoria de Cambados

Título: A memoria de Cambados

Autoría: Carlos Díaz Martínez (textos); Francisco Fernández Rei (imaxes)

Edición: Edicións Xerais de Galicia

Data: 2005

Concello relacionado: Cambados

"...as prazas de Cambados alumeábanse con fachos de gas , que non se acendían cando había luar". (Do limiar)

+ INFO

Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre, Campo Lameiro, Pontevedra

Título: Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre, Campo Lameiro, Pontevedra: guía de visita

Autoría: José Manuel Rey García

Edición: Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro

Data: 2011

Concello relacionado: Campo Lameiro

"...ampliación dos contidos que se amosan na exposición estable, complementando os distintos niveis que se amosan nela". (Da introdución)

+ INFO

O mosteiro de Santa María da Franqueira durante a Idade Media

Título: O mosteiro de Santa María da Franqueira durante a Idade Media: discurso de ingreso na Real Academia Galega de Belas Artes da "Nosa Señora do Rosario"; contestación polo Sr. Domingo García-Sabell

Autoría: Xosé Carlos Valle Pérez

Edición: Deputación de Pontevedra

Data: 1999

Concello relacionado: A Cañiza

"...no corazón dos montes da Paradanta, nun lugar agreste e de difícil acceso ata datas relativamente recentes". (Do corpo)

+ INFO

Catoira: chave e selo de Galicia

Título: Catoira: chave e selo de Galicia

Autoría: Francisco Singul

Edición: Concello de Catoira

Data: 1999

Concello relacionado: Catoira

"...o papel fundamental que desempeñou a vila e máis en concreto a antiga fortaleza, da que sobreviven as chamadas Torres de Oeste...". (Do limiar)

+ INFO

Santa María de Sacos, Cerdedo-Cotobade: relatos históricos da miña aldea

Título: Santa María de Sacos, Cerdedo-Cotobade: relatos históricos da miña aldea

Autoría: Nicanor Barros Gómez

Edición: Concello de Cerdedo-Cotobade

Data: 2019

Concello relacionado: Cerdedo-Cotobade

"...información –tal vez descoñecida para moitos- do verdadeiro patrimonio parroquial, principalmente de finais do século XII". (Da introdución)

+ INFO

A Graña y los grañudos: estudio histórico antropológico

Título: A Graña y los grañudos: estudio histórico antropológico

Autoría: Maximino Fernández Sendín

Edición: M. Fernández

Data: 1995

Concello relacionado: Covelo

"... forman un grupo que hasta la fecha ha pasado desapercibido para historiadores y antropólogos...". (Da introdución)

+ INFO

Arquivo do Concello de Crecente : inventario

Título: Arquivo do Concello de Crecente : inventario

Autoría: Miguel A. Pereira Figueroa (dir.)

Edición: Deputación de Pontevedra

Data: 2000

Concello relacionado: Crecente

"Os fondos documentais do arquivo municipal de Crecente foron os primeiros en recibir un tratamento técnico específico dentro dos da comarca da Parandata, por parte do Servicio Técnico do Patrimonio Documental da Deputación de Pontevedra no ano 1991". (Da guía)

+ INFO

ACCESO A PDF (38,3 MB)

San Benito de Cuntis

Título: San Benito de Cuntis: génesis, fundación y desarrollo de un monasterio de monjas en la provincia de Pontevedra

Autoría: García M. Colombas

Edición: Monte Casino

Data: 1978

Concello relacionado: Cuntis

"...un monasterio de monjas, conocido al principio por el nombre de San Benito de Pereira y hoy por San Benito de Cuntis...". (Da introdución)

+ INFO

Colección diplomática do Mosteiro de San Pedro de Vilanova de Dozón

Título: Colección diplomática do Mosteiro de San Pedro de Vilanova de Dozón

Autoría: José Ignacio Fernández de Viana y Vieites

Edición: Consello da Cultura Galega

Data: 2009

Concello relacionado: Dozón

"A presente colección diplomática está composta, fundamentalmente, por documentos orixinais en pergamiño...". (Da introdución)

+ INFO

"A rapa das bestas" de Sabucedo

Título: "A rapa das bestas" de Sabucedo: historia e antropoloxía dunha tradición

Autoría: Manuel Cabada Castro

Edición: Ir Indo

Data: 1992

Concello relacionado: A Estrada

"Cabalos, mosteiros, frades, homes, lobos, lendas, mitos...". (Da contracapa)

+ INFO

Forcarei, historia fotográfica do século XX

Título: Forcarei, historia fotográfica do século XX

Autoría: Francisco Rozados "Rochi" (coord.)

Edición: Deputación de Pontevedra

Data: 2005

Concello relacionado: Forcarei

"...a fotografía é unha lección viva de historia, é unha visita guiada cara atrás...". (Da introdución)

+ INFO

Ordenanzas municipales del ayuntamiento de Fornelos

Título: Ordenanzas municipales del ayuntamiento de Fornelos

Edición: Concello de Fornelos de Montes

Data: 1912

Concello relacionado: Fornelos de Montes

Ordenanzas municipales del año 1912 compuestas por 5 títulos: Término municipal, Orden público, Policía urbana, Higiene y sanidad y Policía rural.

+ INFO

ACCESO A PDF (69,9 MB)

Gondomar: historia, arte e territorio

Título: Gondomar: historia, arte e territorio

Autoría: Manuel Soliño Troncoso, José Luis Mosquera Veleiro, Alfonso Soliño Troncoso, Antonio Soliño Troncoso

Edición: Ir Indo

Data: 1995

Concello relacionado: Gondomar

"...un compendio documental de achegamento á historia do municipio de Gondomar". (Da introdución)

+ INFO

As colareiras do Grove

Título: As colareiras do Grove

Autoría: Patricia Arias Chachero, Antón Mascato García

Edición: Todogrove Edicións

Data: 2010

Concello relacionado: O Grove

"...labor que durante moitas décadas desenvolveron as colareiras na Illa da Toxa...". (Da contracapa)

+ INFO

La emigración guardesa a la República Dominicana: (siglos XIX y XX)

Título: La emigración guardesa a la República Dominicana: (siglos XIX y XX)

Autoría: Joaquín Miguel Villa Álvarez

Edición: Concello de A Guarda

Data: 2005

Concello relacionado: A Guarda

"...pequeño acercamiento a la singladura de los guardeses que vinieron a parar a este país después de su independencia en 1844...". (Da introdución)

+ INFO

A Illa de Arousa: un percorrido no tempo

Título: A Illa de Arousa: un percorrido no tempo

Edición: Teófilo; Deputación de Pontevedra

Data: 2010

Concello relacionado: A Illa de Arousa

"...un retrato de conxunto realizado a partir de instantáneas individuais". (Da introdución)

+ INFO

Club Deportivo Lalín: 1935-2005: 70 años de historia

Título: Club Deportivo Lalín: 1935-2005: 70 años de historia

Autoría: José Luis Sierra Oria

Edición: Seminario de Estudios de Deza

Data: 2005

Concello relacionado: A Illa de Arousa

"...ascensos e descensos, fichaxes, o paso de centos de xogadores, os éxitos das categorías inferiores e moitas anécdotas...". (Do limiar)

+ INFO

As escolas de fundación no concello da Lama

Título: As escolas de fundación de obra pía de San Martiño de Verducido e San Salvador da Lama

Autoría: Luís Obelleiro

Edición: Concello de A Lama

Data: 1998

Concello relacionado: A Lama

"...foron, coas de ferrado, os principais medios cos que contaron os veciños e veciñas para mitigar o seu analfabetismo...". (Da contracapa)

+ INFO

As árbores do concello de Marín

Título: As árbores do concello de Marín

Autoría: José Gaspar Bernárdez Villegas, Uxía Garcés Ojea

Edición: Concello de Marín

Data: 2018

Concello relacionado: Marín

"...identificar os exemplares máis comúns nos montes, rúas, parques e xardíns públicos do concello...". (Da contracapa)

+ INFO

Herminia Fariña: vida e obra dunha poetisa de Meaño

Título: Herminia Fariña: vida e obra dunha poetisa de Meaño

Edición: Concello de Meaño

Data: 1995

Concello relacionado: Meaño

"...unha das figuras máis representativas do rexurdir cultural galego de principios de século". (Da contracapa)

+ INFO

Para despois do silencio: o Concello de Meis da II República á Guerra civil

Título: Para despois do silencio: o Concello de Meis da II República á Guerra civil

Autoría: Mario Gallego Rei, Celso Xavier Milleiro Sánchez, Xosé Manuel Moreira Docampo

Edición: Ir Indo

Data: 2012

Concello relacionado: Meis

"...estudo da xestión desenvolvida polo concello durante os anos da república". (Da contracapa)

+ INFO

A escola pública en Moaña, 1786-1970

Título: A escola pública en Moaña, 1786-1970

Autoría: Manuel Anxo Méndez Fraguas, Xesús Rodríguez Parada, Xesús Cancela Franco

Edición: Nós, Agrupación Cultural Deportiva Recreativa

Data: 2012

Concello relacionado: Moaña

"...mestras e mestres que ao longo dos anos cumpriron a súa función, moitas veces con poucos medios...". (Da introdución)

+ INFO

Os cesteiros galegos de Mondariz e a súa fala gremial

Título: Os cesteiros galegos de Mondariz e a súa fala gremial

Autoría: Fermín Bouza-Brey Trillo

Edición: Museo do Pobo Galego

Data: 1992

Concello relacionado: Mondariz

"...tributo á memoria de D. Fermín Bouza Brey no seu ano conmemorativo...". (Da presentación)

+ INFO

Mondariz: un agua con historia

Título: Mondariz: un agua con historia: la pasión de una burbuja: 125 aniversario de la declaración de utilidad pública de los manantiales de Mondariz y centenario del Gran Hotel-Balneario de Mondariz

Autoría: Antonio Freire Magariños, José Manuel García Iglesias, Javier Solano Rodríguez-Losada, Mª Jesús del Castillo Campos

Edición: Fundación Mondariz Balneario

Data: 2005

Concello relacionado: Mondariz-Balneario

"El agua es para Mondariz-Balneario su pasado, su presente y su futuro". (Do limiar)

+ INFO

Terras de Moraña: (Moraniam)

Título: Terras de Moraña: (Moraniam): unha realidade na historia, na lenda, na lembranza

Autoría: José Casal Porto, Xosefa Casalderrey Fraga, Alfredo García Giménez, Mariano García González, Miguel Oubel Arcos

Edición: Concello de Moraña

Data: 2002

Concello relacionado: Moraña

"Poñer por escrito o que antes se conservaba oralmente, de palabra...". (Da introdución)

+ INFO

Castro de Torroso (Mos, Pontevedra)

Título: Castro de Torroso (Mos, Pontevedra): síntesis de las memorias de las campañas de excavaciones 1984-1990

Autoría: Antonio de la Peña Santos

Edición: Dirección Xeral do Patrimonio Histórico e Documental

Data: 1992

Concello relacionado: Mos

"...a conformación e enraizamento da Cultura Castrexa, é un dos aspectos máis descoñecidos para os investigadores desta etapa...". (Do limiar)

+ INFO

A Banda de Rubiós e outras músicas de As Neves

Título: A Banda de Rubiós e outras músicas de As Neves

Autoría: Xosé Ramón Paz Antón

Edición: Asociación Cultural Banda de Música de Rubiós

Data: 2018

Concello relacionado: As Neves

"Con motivo da celebración do 125 aniversario da fundación da Banda de Música Popular de Rubiós...". (Da introdución)

+ INFO

Nigrán: memoria dunha guerra: 1936-1939

Título: Nigrán: memoria dunha guerra: 1936-1939

Autoría: Juan A. González

Edición: Edicións do Cumio

Data: 2014

Concello relacionado: Nigrán

"Este libro recolle a palabra ferida dos que perderon a Guerra de 1936,..."". (Da contracapa)

+ INFO

Los barcos de los petroglifos de Oia

Título: Los barcos de los petroglifos de Oia: embarcaciones en la prehistoria reciente de Galicia

Autoría: Fernando Javier Costas Goberna, Antonio de la Peña Santos

Edición: Autoridad Portuaria de Vigo

Data: 2011

Concello relacionado: Oia

"...exhaustivo estudio de los medios, artefactos y tecnología con que contaban aquellos marinos...". (Do limiar)

+ INFO

Cruces, cruceiros e petos do concello de Pazos de Borbén

Título: Cruces, cruceiros e petos do concello de Pazos de Borbén

Autoría: Estanislao Fernández de la Cigoña Núñez

Edición: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía

Data: 2008

Concello relacionado: Pazos de Borbén

"En Pazos de Borbén hai notables exemplos do bo facer dos vellos canteiros...". (Da contracapa)

+ INFO

Documentos para a historia de Poio (1936-1942)

Título: Documentos para a historia de Poio (1936-1942)

Autoría: Andrés Dacosta Paz

Edición: Alén Miño

Data: 2009

Concello relacionado: Poio

"...conxunto de documentos a través dos cales tentamos achegármonos ao que aconteceu en Poio no período da incivil contenda...". (Da contracapa)

+ INFO

Símbolos sen memoria

Título: Símbolos sen memoria: arte rupestre en Ponte Caldelas

Autoría: Buenaventura Aparicio Casado, Antonio de la Peña Santos

Edición: Deputación de Pontevedra

Data: 2011

Concello relacionado: Ponte Caldelas

"Estudo arqueolóxico sobre a arte rupestre centrada en Ponte Caldelas, o epicentro dos gravados de Galicia". (Da Editorial)

+ INFO

Ponteareas da ialma

Título: Ponteareas da ialma

Autoría: Xoán X. Pérez Labaca

Edición: Deputación de Pontevedra

Data: 2011

Concello relacionado: Ponteareas

"Feixe de relatos sobre as xentes, historia, etnografía e folclore". (Da Editorial)

+ INFO

Cerámica de Pontecesures

Título: Cerámica de Pontecesures

Autoría: José Piñeiro Ares

Edición: Ediciós do Castro

Data: 1978

Concello relacionado: Pontecesures

"El puerto exterior de Iria Flavia – el Cessuris de los documentos medievales – tuvo siempre gran raigambre alfarera..." (Do inicio)

+ INFO

Descripción geográfica, estadística, económica é histórica...

Título: Descripción geográfica, estadística, económica é histórica de la ciudad capital de Pontevedra y sus hombres célebres con inclusión de la ría y provincia que lleva su nombre

Autoría: Claudio González Zúñiga

Data: 1848

Concello relacionado: Pontevedra

"Pontevedra: ciudad con ayuntamiento, puerto habilitado y aduana de 2ª clase, Capital de la provincia civil, intendencia de 3ª clase, juzgado de 1ª instancia de término, subdelegación de rentas, oficinas y dependencias correspondientes, instituto de 2ª enseñanza , escuela normal y vice-cónsules de Francia , Portugal é Inglaterra". (Do inicio)

+ INFO

ACCESO A PDF (52,7 MB)

Bandas, músicos e orquestras do Porriño

Título: Bandas, músicos e orquestras do Porriño

Autoría: Xosé Ramón Paz Antón

Edición: A Nosa Terra

Data: 2009

Concello relacionado: O Porriño

"A música formou e forma parte da tradición cultural do Porriño". (Da contracapa)

+ INFO

Vida y obra de Domingo Fontán

Título: Vida y obra de Domingo Fontán

Autoría: Xosé Lois Vila Fariña

Edición: Asociación Cultural Domingo Fontán

Data: 2004

Concello relacionado: Portas

"Si hay un personaje entrañable para todo pontevedrés y gallego que se precie de serlo, ese es Don Domingo Fontán Rodríguez...".  (Do limiar)

+ INFO

A coca

Título: A coca

Autoría: Clodio González Pérez

Edición: Concello de Redondela

Data: 1987

Concello relacionado: Redondela

"...para deprender ós redondeláns e ós moitos forasteiros a orixe e significado desa Coca...". (Do limiar)

+ INFO

Historia de Ribadumia

Título: Historia de Ribadumia

Autoría: Víctor Viana Martínez, Xosé Lois Vila Fariña

Edición: Concello de Ribadumia

Data: 1992

Concello relacionado: Ribadumia

"El Municipio de Ribadumia está enclavado en la comarca del Salnés, delimitada la misma por el valle..." . (Do corpo do texto)

+ INFO

Rodeiro, unha terra con historia

Título: Rodeiro, unha terra con historia

Autoría: Xoán Carlos García Porral (coord.)

Edición: Deputación de Pontevedra

Data: 2008

Concello relacionado: Rodeiro

"Este traballo concibiuse co ánimo de dar a coñecer parte da riqueza que esconden as terras de Camba". (Da editorial)

+ INFO

Os muíños de Folón

Título: Os muíños de Folón

Autoría: Pedro Díaz Álvarez

Edición: Deputación de Pontevedra

Data: 1998

Concello relacionado: O Rosal

"Ó pé do camiño que leva ós cumios do Folón érguese este muíño clásico...". (Do corpo do texto)

+ INFO

Salceda de Caselas nos tempos da emigración a América

Título: Salceda de Caselas nos tempos da emigración a América: evolución da poboación, economía e dinámicas sociopolíticas locais (1880-1960)

Autoría: Mª Xosé Vázquez Lojo, Raúl Soutelo Vázquez

Edición: Deputación de Pontevedra

Data: 2017

Concello relacionado: Salceda de Caselas

"Unha vila como Salceda de Caselas sufriu en determinados momentos da súa historia o tránsito de moita da súa xente cara a América". (Da presentación)

+ INFO

Hai unha terra loubada: (Salvaterra de Miño)

Título: Hai unha terra loubada: (Salvaterra de Miño)

Autoría: Antonio Alonso Fontán

Edición: Cardeñoso

Data: 2011

Concello relacionado: Salvaterra de Miño

"Neste libro, pretendo ofrecerlles un conxunto referencial das parroquias do Concello de Salvaterra...". (Do limiar)

+ INFO

Pasaxes na memoria

Título: Pasaxes na memoria: historia e testimonios dos represaliados políticos no Concello de Sanxenxo: (1936-1950)

Autoría: María Elisa Franco Torres

Edición: Librería Nós

Data: 2010

Concello relacionado: Sanxenxo

"...sobre os acontecementos dramáticos do Concello nos anos da Guerra Civil e nos primeiros da Posguerra". (Do limiar)

+ INFO

Historia de Saídres: una feligresía milenaria

Título: Historia de Saídres: una feligresía milenaria

Autoría: Manuel Fernández Rey

Edición: Deputación de Pontevedra

Data: 2012

Concello relacionado: Silleda

"Crónica da freguesía de San Xoán de Saídres, contada a partir da recompilación de diferentes documentos, escrituras públicas dos veciños desta parroquia do concello de Silleda". (Da Editorial)

+ INFO

A finca do Castelo de Soutomaior: guía botánica

Título: A finca do Castelo de Soutomaior: guía botánica

Autoría: Antonio Rigueiro Rodríguez, Jesús Ignacio Fernández Alonso

Edición: Deputación de Pontevedra

Data: 1999

Concello relacionado: Soutomaior

"O Castelo de Soutomaior está situado nun lugar pintoresco, na aba do monte Viso, e dende el divísase unha fermosa vista do valo do río Verdugo". (Da introdución)

+ INFO

Tomiño na historia

Título: Tomiño na historia

Autoría: Natalia Jorge Pereira

Edición: Concello de Tomiño

Data: 2010

Concello relacionado: Tomiño

"Segundo as fontes orais a orixe do topónimo Tomiño está ligado ao de Turonia". (Do corpo do texto)

+ INFO

A cidade de Tui durante a Baixa Idade Media

Título: A cidade de Tui durante a Baixa Idade Media

Autoría: Suso Vila

Edición: Toxosoutos

Data: 2009

Concello relacionado: Tui

"...pormenorizado análise da recolección, análise e interpretación de fontes documentais procedentes da catedral e do cabido tudense...". (Da contracapa)

+ INFO

Galicia y D. José Elduayen

Título: Galicia y D. José Elduayen: testimonio de los notables adelantos que Galicia en general, y la ciudad de Vigo más particularmente, deben al Excmo. Sr. D. José Eduayen, Marqués del Pazo de la Merced

Data: 1896

Concello relacionado: Vigo

"Seguramente que para quien no conozca los antecedentes del interés que por Galicia, y con más especialidad por Vigo, demostró siempre el ilustre hombre público a áa quien, en justa y legitima correspondencia, se erige ahora la estatua que ha de perpetuar su memoria en esta ciudad,...". (Do corpo do texto)

+ INFO

ACCESO A PDF (39,0 MB)

Banda Artística de Merza: o cultivo dunha herdanza musical

Título: Banda Artística de Merza: o cultivo dunha herdanza musical

Autoría: Nuria Barros Presas

Edición: Asociación Socio Cultural Banda Artística de Merza

Data: 2013

Concello relacionado: Vila de Cruces

"...unha monografía sobre a traxectoria dunha das agrupacións de maior tradición do panorama bandístico galego,...". (Da introdución)

+ INFO

Vilaboa do Morrazo

Título: Vilaboa do Morrazo

Autoría: Manuel Castiñeiras Guerra

Edición: M. Castiñeiras

Data: 1979

Concello relacionado: Vilaboa

"...orientado fundamentalmente a hacer llegar a los habitantes de Vilaboa, presentes y ausentes, todos aquellos datos de su Municipio que nos parecen básicos...". (Da introdución)

+ INFO

A Vilagarcía das vellas postais: un paseo crítico pola vila que quería ser cidade: [1900-1936]

Título: A Vilagarcía das vellas postais: un paseo crítico pola vila que quería ser cidade: [1900-1936]

Autoría: Manuel Villaronga

Edición: Deputación de Pontevedra

Data: 2005

Concello relacionado: Vilagarcía de Arousa

"O libro recolle unha completa colección de postais de Vilagarcía que nos permiten realizar unha viaxe a esta vila entre os anos 1900 e 1936". (Da Editorial)

+ INFO

Historia municipal de Vilanova de Arousa: 1835-1945

Título: Historia municipal de Vilanova de Arousa: 1835-1945

Autoría: Xosé Lois Vila Fariña

Edición: Deputación de Pontevedra

Data: 2007

Concello relacionado: Vilanova de Arousa

"...recolle un extracto das actas do período 1835-1945, actas que permiten coñecer a evolución social e municipal do concello". (Da editorial)

+ INFO

Toponimia de Agolada

Título: Toponimia de Agolada

Autoría: Luz Méndez

Edición: Real Academia Galega

Data: 2016

Concello relacionado: Agolada

"...recompilar e estudar os nomes de lugar habitados e algún dos principais accidentes xeográficos dos concellos de Galicia". (Da contracapa)

+ INFO