As edicións de luxo
Aínda que minoritarias desde o punto de vista cuantitativo, as denominadas edicións de luxo ocupan, polo seu especial valor e beleza, un lugar destacado nas coleccións da inmensa maioría de bibliotecas e centros de documentación.
Trátase dun tipo especial de edicións que está relacionado con toda unha serie de termos bibliográficos como poden ser as edicións de bibliófilo, os libros de luxo ou as encadernacións de luxo e que teñen a súa orixe no século XIX en Francia, onde se comezan a facer xuntando textos de obras destacadas con imaxes de artistas plásticos, o que dá lugar a edicións de gran calidade.
Tal e como se pode observar nalgunhas das principais fontes sobre a materia (Diccionario de bibliología y ciencias afines, de José Martínez de Sousa ou Diccionario del archivero bibliotecario, de Luis García Ejarque) as edicións de luxo adoitan compartir, en liñas xerais, unha serie de características comúns:
- Tiradas curtas e xeralmente numeradas
- Gran calidade dos materiais empregados na confección
- Esmerada presentación estética
- Pulcritude da tipografía
No caso concreto da biblioteca do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico as edicións de luxo que forman parte do seu fondo son fundamentalmente de dous tipos, aínda que frecuentemente comparten algunhas das súas características:
- Edicións facsimilares, que buscan facer unha reprodución o máis fiel posible de obras de destacada importancia tanto histórica como estética.
- Libros con colaboración de artistas, xa sexa con obras de autoría orixinal ou recompiladas pola editorial.
Todas elas están dispoñibles para a súa consulta na sala da biblioteca.
Codex Calixtinus
Reprodución facsimilar do manuscrito que se atopa no arquivo da catedral de Santiago de Compostela, elaborado coa máxima fidelidade ao texto orixinal e grazas a un extraordinario traballo de artesanía (fabricación de papel-pergamiño, corte a troquel, reprodución de dobras e engurras…).
O Codex Calixtinus ou Liber Sancti Iacobi, tamén coñecido como a "Biblia do Camiño de Santiago", recolle a historia do Camiño a través dunha ampla relación de textos litúrxicos dedicados a Santiago, os milagres realizados por el en distintos lugares de Europa, a translación do seu corpo desde Palestina a Galicia, a famosa guía do peregrino desde Francia a Santiago e unha serie de composicións musicais en honra ao Apóstolo.
Ficha técnica:
Edición: Kaydeda, 1993
Exemplar n.º 956 dunha tiraxe de 995
225 folios (450 pp.) 21 x 29 cm.
Contido nun estoxo de pel e madeira, o exemplar está encadernado en plena pel gofrada en seco, formando mosaico en rombos e con nervios no lombo. Decoración a catro cores, con belas iniciais capitulares.
Rosalía de Castro: obra poética e manuscritos
Edición composta por un volume no que se recompila o conxunto da obra poética da autora en galego e castelán, o único relato en prosa que escribiu Rosalía en galego e un total de dezaseis cartas escritas por ela.
O volume está acompañado dunha coidadísima recompilación de manuscritos da propia Rosalía en edición facsimilar xunto coa súa correspondente transcrición, procedendo os orixinais da Real Academia Galega, do Arquivo Municipal da Coruña, do Arquivo da Deputación da Coruña, do Museo de Belas Artes da Coruña, da Fundación Rosalía de Castro, da Fundación Penzol e de diferentes arquivos privados.
Inclúe tamén 9 excelentes obras gráficas realizadas por Gosia Trebacz.
Ficha técnica:
Edición: Boreal, 2019
Exemplar nº 22 dunha tiraxe de 313
620 pp. 32 x 22 cm.
Presentado nun estoxo-cofre en pano de saco e pel. Encadernación en pergameo, totalmente elaborado a man e cosido con fío vexetal. Fabricación especial en papeis varios con incrustacións de palla.
Itinerarium
Acompañada de seis litografías do artista Antón Lamazares impresas sobre pedra en cor, Itinerarium é unha edición de luxo do texto escrito no século IV por Exeria.
Na introdución da obra, X. Eduardo López Pereira (autor tamén da tradución do texto ao galego) comenta que "tiveron que transcorrer 1500 anos desde que Exeria escribiu a súa obra para que chegase ás nosas mans un manuscrito contendo unha parte do que a nosa escritora nos transmitiu sobre a súa viaxe ao Oriente Próximo".
A edición consta de 120 exemplares: 90 numerados do 1/90 ao 90/90, 20 exemplares de artista e 10 numerados do I ao X, reservados ás persoas colaboradoras e á Biblioteca Nacional de Francia.
Ficha técnica:
Edición: Raíña Lupa, 1999
Exemplar nº 49 dunha tiraxe de 90
20 pp. + 6 litografías + 1 folleto. 29 x 38 cm.
Editado en París, preséntase nun estoxo que contén o folleto coa tradución ao galego, as litografías impresas por Antonio Gayo Núñez en Madrid e o texto en tipografía de chumbo sobre papel BKF Rives impreso no Merat Workshop en París.
Elas
Froito do labor de investigación levado a cabo durante un longo período de tempo por Aurora Marco xorde esta edición de luxo que baixo o título Elas, e en palabras da propia autora, constitúe unha compilación de biografías que "permite ter unha visión do papel determinante que tiveron na sociedade do seu tempo as mulleres galegas, as de ascendencia galega (das comunidades de alén mar) e, inclusive, algunhas non nacidas en Galicia mais con proxección na nosa terra porque nela desenvolveron as súas actividades".
As biografías, que comezan cronoloxicamente no século IV e teñen como data límite o ano 1975, van acompañadas de 16 serigrafías (dúas por autora) numeradas e asinadas polas artistas plásticas Chelo Rodríguez, Ehlaba Carballo, Irene Silva Xiráldez, María Manuela, María Xesús Díaz, Novais, Sabela Arias Castro e Vanessa Lodeiro.
Ficha técnica:
Edición: A Xanela, 2015
Exemplar n.º 65 dunha tiraxe de 155
413 pp. 34 cm.
Presentada nun estoxo obra do artesán Pablo Pino, a edición mestura a comodidade no manexo e a lectura coa beleza do deseño.
O humorismo gráfico de Castelao
Extraordinaria edición que representa, sen dúbida, un dos máis importantes documentos relacionados co debuxo e o humor na obra de Castelao. Un completo inventario da súa obra humorística gráfica, composto por rigorosas reproducións facsimilares recollidas en dous amplos volumes e complementadas con 18 serigrafías asinadas polo escritor, artista, intelectual e político de Rianxo.
En definitiva, máis de 1200 debuxos con texto literario, cubertas de publicacións e viñetas que constitúen, segundo figura na introdución de Víctor F. Freixanes, o corpus creativo, ordenado, sistematizado, clasificado e interpretado dun dos nosos grandes artistas contemporáneos e, ao mesmo tempo, un dos grandes comunicadores do pasado século.
Mención especial merece tamén na obra a colaboración do artista Manuel Ayaso (gardas e capitulares).
Ficha técnica:
Edición: Boreal, 2017
Exemplar n.º 54 dunha tirada de 333 (Tomo I) e exemplar nº 46 dunha tirada de 222 (Tomo II)
2 tomos (550, 564 pp.) 33 cm.
Encadernados en pergameo (totalmente elaborado a man e cosido con fío vexetal) os dous volumes están contidos en senllos cofres-estoxo en pano de saco e pel, coa peza de apertura en ferro fundido, lixado e vernizado.
Crónica Geral de Espanha de 1344
Acompañada dun interesantísimo libro-estudo, esta edición facsimilar reproduce de forma rigorosa o extraordinario códice da Crónica Geral de Espanha de 1344, cuxa autoría atribúese ao Conde D. Pedro de Barcelos e está baseado na refundición da Crónica de Alfonso X o Sabio.
Desde o seu descubrimento, o texto de 1344 constituíu unha extraordinaria fonte de investigación para todas aquelas persoas interesadas na Idade Media peninsular, na historiografía post-alfonsina e na historiografía hispano-árabe do século X.
Escrito a dúas columnas e en letra gótica, as súas miniaturas representan a cima da iluminación na historia da Idade Media.
Ficha técnica:
Edición: Boreal ; Xuntanza, 2007
Exemplar nº 711 dunha tiraxe de 999
2 vols. 50 cm.
Encadernación do manuscrito en pergamiño, totalmente elaborado a man e cosido con cordel de cáñamo. Papel pergamiño especial (co mesmo grosor, tacto e cheiro que o orixinal). O volume do libro-estudo está encadernado en tea e cosido con fío vexetal.
A cociña práctica
D. Manuel María Puga y Parga, Picadillo (1874-1918) comezou a escribir sobre cociña na prensa coruñesa do momento e o éxito dos seus artigos impulsoulle a ordenar as súas receitas repletas de anécdotas na súa obra magna, La cocina práctica (editada e distribuída por el mesmo en 1905).
No libro, prologado pola súa amiga dona Emilia Pardo Bazán e avalado por máis de trinta reedicións, Picadillo recompila todos os seus coñecementos culinarios a través dun gran número de receitas con particular atención ás da cociña galega, estruturándoas en diferentes apartados dedicados aos caldos, sopas, mollos, masas, legumes e hortalizas, ovos, peixes, crustáceos e mariscos, carnes, pratos diversos ou confeitaría e repostaría.
A que aquí mostramos é unha edición de luxo de tirada limitada, traducida ao galego e composta por un extraordinario volume ao que acompañan 12 serigrafías orixinais en cor asinadas por Alfonso Abelenda, Ayaso, Pedro Bueno, Santiago Caneda, Alfonso Costa, Dorda, Ana Karina, Carmen Martín, Isabel Pintado, Quintana Martelo, Gosia Trebacz e Luisa Valdés.
Ficha técnica:
Edición: Boreal, 2009
Exemplar n.º 81 da tiraxe en galego de 111 e da tiraxe mundial de 333
376 pp. 36 x 26 cm.
Gardado nun estoxo-cofre elaborado en madeira de bidueiro tinguido. Gardas especiais feitas a man, encadernación en pergamiño totalmente elaborado a man e cosido con fío vexetal e fabricación especial en papel algodón para as serigrafías.
Sempre Marzo
No folleto de presentación de esta extraordinaria publicación podemos ler que Sempre Marzo é o froito dunha angueira colectiva de 33 artistas; 33 novos xeitos de expresar una conciencia capaz de reequilibrar o cadro dos xéneros.
Contén 12 poemas manuscritos e gravados (María Xosé Queizán, Helena Villar Janeiro, Marilar Aleixandre, Pilar Pallarés, Eva Veiga, Olga Novo, María do Cebreiro, Yolanda Castaño, Emma Pedreira, María Lado, Míriam Ferradáns, Rosalía Fernández Rial), 12 láminas orixinais serigrafiadas a cor (Ángeles Jorreto, Carmen Hermo, Isabel Pintado, José María Barreiro, Leandro Lamas, Lucía López, María José Leira, Ramón Astray, Rut Martínez, Sabela Baña, Viki Rivadulla, Xosé Vizoso), un libro con 72 poemas e reproducións de láminas, e unha placa de aceiro manuscrito da escultora Soledad Penalta.
Ficha técnica:
Edición: A Xanela, 2019
Exemplar n.º 12 dunha tiraxe mundial de 155
205 pp. 49 cm.
Presentado nun estoxo-expositor de madeira con cristal antirreflexos, deseñado para visualizar comodamente e con detalle as serigrafías e os poemas. As tapas do libro van en madeira, co título da obra perforado a láser na mesma.
Notas viejas galicianas
Edición de luxo que recolle as Notas de don Pablo Pérez Costanti (arquiveiro do concello de Santiago e das Reais Academias Galega, da Historia e de Belas Artes de San Fernando) que, en ocasións baixo a firma do Bachiller Pérez, viron a luz en diferentes xornais e revistas e posteriormente nos tres volumes saídos da Imprenta de los Sindicatos Católicos (Vigo, 1925).
Un exhaustivo percorrido non só pola historia, senón tamén polos máis relevantes aspectos económicos, sociais, intelectuais, artísticos e literarios de Galicia entre os séculos XVI e XVIII.
Ficha técnica:
Edición: Boreal, 2008
Exemplar n.º 181 dunha tiraxe de 333
349 pp. 44 cm.
Gardado nunha caixa de tea, vai acompañado de acta notarial e dun cartafol con 11 serigrafías orixinais en cor, numeradas e asinadas polos seus autores (Alfonso Abelenda, Alfonso Costa, Correa Corredoira e Manuel Moldes).
La vida contemporánea: Emilia Pardo Bazán en su tiempo y en el nuestro
Coincidindo co centenario (1921-2021) de Emilia pardo Bazán, publicouse esta edición de coleccionista na que, seleccionadas por José María Paz Gago (catedrático de Teoría de la Literatura y Literatura Comparada da Universidade da Coruña) se recompilan máis de medio centenar das crónicas que a autora coruñesa escribiu para a revista La Ilustración Artística entre os anos 1895 e 1916.
Os textos foron agrupados en torno a nove temas sobre os que a autora demostra o seu gran coñecemento (Aires da miña terra. Sobre Galicia y la naturaleza; Divinas palabras. De literatura y de libros; Una habitación propia. De sociedad y feminismo; La Odisea. De viajes y turismo; El balneario. Sobre la salud y la enfermedad; En busca del tiempo perdido. La moda y sus vaivenes; Tiempos modernos. Tecnologías, deportes y otros entretenimientos; La Divina Comedia. Sobre música y ópera, y El banquete. De comidas y bebidas) acompañados por outras tantas láminas que interpretan eses contidos temáticos firmadas por Yolanda Dorda, Ana Lamuño, María Leal, Lucía López, Miguel Anxo Macía, Paco Pestana, Isabel Pintado, María Porta y Julio Sanjurjo Aler.
Ficha técnica:
Edición: Hércules, 2021
Exemplar n.º 91 dunha tiraxe de 100
389 pp. 31 x 23 cm.
Obra contida nun estoxo que inclúe o volume, unha carpeta coas nove láminas e acta notarial.
Título: Emigración de retorno e dinámicas sociopolíticas locais na Galicia rural: unha microanálise dende Valga, 1890-1950
Autoría: Raúl Soutelo Vázquez
Edición: Concello de Valga
Data: 2007
Concello relacionado: Valga
"...que este libro sexa só un chanzo máis na recuperación da memoria da diáspora dos galegos..." (Da introdución)
Título: Anuncio sobre las investigaciones fisico-químico-médicas de las aguas minerales de Caldas de Reyes y Caldas de Cuntis
Autoría: Manuel Jacobo Fernández Mariño
Data: 1828
Concello relacionado: Caldas de Reis
"…con la enumeración de sus virtudes medicinales y enfermedades en las que conviene su uso en bebida y baño". (Da portada)
Título: Cangas na historia
Autoría: Xerardo Dasairas Valsa
Edición: Concello de Cangas; Morgante
Data: 2017
Concello relacionado: Cangas
"Non é doado resumir en poucas páxinas a intensa e longa historia de Cangas e as parroquias que constitúen o seu territorio". (Da contracapa)
Título: Arbo, vila da Lamprea: libro-homenaxe á festa da lamprea (50 aniversario, 1961-2010)
Autoría: Manuel Xesús Xiráldez González
Edición: Concello de Arbo
Data: 2011
Concello relacionado: Arbo
"...orgullo dun pobo cara aos sinais de identidade que o localizan no mundo: a lamprea e os viños". (Da contracapa)
Título: Baiona nas ondas do tempo
Autoría: Carlos Méixome Quinteiro (dir.)
Edición: Instituto de Estudos Miñoranos
Data: 2004
Concello relacionado: Baiona
"Do milleiro de fotografías antigas que compoñen o arquivo fotográfico do IEM a maioría son de Baiona..." (Do limiar)
Título: Froito dunha ilusión: 1992-2017, 25 anos de historia da Banda de Música Xuvenil de Barro
Autoría: Celso García Alonso
Edición: Asociación Cultura e Xuventude de Barro
Data: 2018
Concello relacionado: Barro
"Ó comezo, a banda adoptou o nome da asociación que a rexe, Banda de Música Cultura e Xuventude de Barro". (Da introdución)
Título: O mundo antigo no Museo Massó e a romanización en Bueu
Autoría: Fructuoso Díaz García
Edición: Xunta de Galicia
Data: 2015
Concello relacionado: Bueu
"...o achado dunha factoría de salgadura romana, un taller de fabricación de ánforas de salgadura e unha vila". (Do limiar)
Título: A memoria de Cambados
Autoría: Carlos Díaz Martínez (textos); Francisco Fernández Rei (imaxes)
Edición: Edicións Xerais de Galicia
Data: 2005
Concello relacionado: Cambados
"...as prazas de Cambados alumeábanse con fachos de gas , que non se acendían cando había luar". (Do limiar)
Título: Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre, Campo Lameiro, Pontevedra: guía de visita
Autoría: José Manuel Rey García
Edición: Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro
Data: 2011
Concello relacionado: Campo Lameiro
"...ampliación dos contidos que se amosan na exposición estable, complementando os distintos niveis que se amosan nela". (Da introdución)
Título: O mosteiro de Santa María da Franqueira durante a Idade Media: discurso de ingreso na Real Academia Galega de Belas Artes da "Nosa Señora do Rosario"; contestación polo Sr. Domingo García-Sabell
Autoría: Xosé Carlos Valle Pérez
Edición: Deputación de Pontevedra
Data: 1999
Concello relacionado: A Cañiza
"...no corazón dos montes da Paradanta, nun lugar agreste e de difícil acceso ata datas relativamente recentes". (Do corpo)
Título: Catoira: chave e selo de Galicia
Autoría: Francisco Singul
Edición: Concello de Catoira
Data: 1999
Concello relacionado: Catoira
"...o papel fundamental que desempeñou a vila e máis en concreto a antiga fortaleza, da que sobreviven as chamadas Torres de Oeste...". (Do limiar)
Título: Santa María de Sacos, Cerdedo-Cotobade: relatos históricos da miña aldea
Autoría: Nicanor Barros Gómez
Edición: Concello de Cerdedo-Cotobade
Data: 2019
Concello relacionado: Cerdedo-Cotobade
"...información –tal vez descoñecida para moitos- do verdadeiro patrimonio parroquial, principalmente de finais do século XII". (Da introdución)
Título: A Graña y los grañudos: estudio histórico antropológico
Autoría: Maximino Fernández Sendín
Edición: M. Fernández
Data: 1995
Concello relacionado: Covelo
"... forman un grupo que hasta la fecha ha pasado desapercibido para historiadores y antropólogos...". (Da introdución)
Título: Arquivo do Concello de Crecente : inventario
Autoría: Miguel A. Pereira Figueroa (dir.)
Edición: Deputación de Pontevedra
Data: 2000
Concello relacionado: Crecente
"Os fondos documentais do arquivo municipal de Crecente foron os primeiros en recibir un tratamento técnico específico dentro dos da comarca da Parandata, por parte do Servicio Técnico do Patrimonio Documental da Deputación de Pontevedra no ano 1991". (Da guía)
Título: San Benito de Cuntis: génesis, fundación y desarrollo de un monasterio de monjas en la provincia de Pontevedra
Autoría: García M. Colombas
Edición: Monte Casino
Data: 1978
Concello relacionado: Cuntis
"...un monasterio de monjas, conocido al principio por el nombre de San Benito de Pereira y hoy por San Benito de Cuntis...". (Da introdución)
Título: Colección diplomática do Mosteiro de San Pedro de Vilanova de Dozón
Autoría: José Ignacio Fernández de Viana y Vieites
Edición: Consello da Cultura Galega
Data: 2009
Concello relacionado: Dozón
"A presente colección diplomática está composta, fundamentalmente, por documentos orixinais en pergamiño...". (Da introdución)
Título: "A rapa das bestas" de Sabucedo: historia e antropoloxía dunha tradición
Autoría: Manuel Cabada Castro
Edición: Ir Indo
Data: 1992
Concello relacionado: A Estrada
"Cabalos, mosteiros, frades, homes, lobos, lendas, mitos...". (Da contracapa)
Título: Forcarei, historia fotográfica do século XX
Autoría: Francisco Rozados "Rochi" (coord.)
Edición: Deputación de Pontevedra
Data: 2005
Concello relacionado: Forcarei
"...a fotografía é unha lección viva de historia, é unha visita guiada cara atrás...". (Da introdución)
Título: Ordenanzas municipales del ayuntamiento de Fornelos
Edición: Concello de Fornelos de Montes
Data: 1912
Concello relacionado: Fornelos de Montes
Ordenanzas municipales del año 1912 compuestas por 5 títulos: Término municipal, Orden público, Policía urbana, Higiene y sanidad y Policía rural.
Título: Gondomar: historia, arte e territorio
Autoría: Manuel Soliño Troncoso, José Luis Mosquera Veleiro, Alfonso Soliño Troncoso, Antonio Soliño Troncoso
Edición: Ir Indo
Data: 1995
Concello relacionado: Gondomar
"...un compendio documental de achegamento á historia do municipio de Gondomar". (Da introdución)
Título: As colareiras do Grove
Autoría: Patricia Arias Chachero, Antón Mascato García
Edición: Todogrove Edicións
Data: 2010
Concello relacionado: O Grove
"...labor que durante moitas décadas desenvolveron as colareiras na Illa da Toxa...". (Da contracapa)
Título: La emigración guardesa a la República Dominicana: (siglos XIX y XX)
Autoría: Joaquín Miguel Villa Álvarez
Edición: Concello de A Guarda
Data: 2005
Concello relacionado: A Guarda
"...pequeño acercamiento a la singladura de los guardeses que vinieron a parar a este país después de su independencia en 1844...". (Da introdución)
Título: A Illa de Arousa: un percorrido no tempo
Edición: Teófilo; Deputación de Pontevedra
Data: 2010
Concello relacionado: A Illa de Arousa
"...un retrato de conxunto realizado a partir de instantáneas individuais". (Da introdución)
Título: Club Deportivo Lalín: 1935-2005: 70 años de historia
Autoría: José Luis Sierra Oria
Edición: Seminario de Estudios de Deza
Data: 2005
Concello relacionado: A Illa de Arousa
"...ascensos e descensos, fichaxes, o paso de centos de xogadores, os éxitos das categorías inferiores e moitas anécdotas...". (Do limiar)
Título: As escolas de fundación de obra pía de San Martiño de Verducido e San Salvador da Lama
Autoría: Luís Obelleiro
Edición: Concello de A Lama
Data: 1998
Concello relacionado: A Lama
"...foron, coas de ferrado, os principais medios cos que contaron os veciños e veciñas para mitigar o seu analfabetismo...". (Da contracapa)
Título: As árbores do concello de Marín
Autoría: José Gaspar Bernárdez Villegas, Uxía Garcés Ojea
Edición: Concello de Marín
Data: 2018
Concello relacionado: Marín
"...identificar os exemplares máis comúns nos montes, rúas, parques e xardíns públicos do concello...". (Da contracapa)
Título: Herminia Fariña: vida e obra dunha poetisa de Meaño
Edición: Concello de Meaño
Data: 1995
Concello relacionado: Meaño
"...unha das figuras máis representativas do rexurdir cultural galego de principios de século". (Da contracapa)
Título: Para despois do silencio: o Concello de Meis da II República á Guerra civil
Autoría: Mario Gallego Rei, Celso Xavier Milleiro Sánchez, Xosé Manuel Moreira Docampo
Edición: Ir Indo
Data: 2012
Concello relacionado: Meis
"...estudo da xestión desenvolvida polo concello durante os anos da república". (Da contracapa)
Título: A escola pública en Moaña, 1786-1970
Autoría: Manuel Anxo Méndez Fraguas, Xesús Rodríguez Parada, Xesús Cancela Franco
Edición: Nós, Agrupación Cultural Deportiva Recreativa
Data: 2012
Concello relacionado: Moaña
"...mestras e mestres que ao longo dos anos cumpriron a súa función, moitas veces con poucos medios...". (Da introdución)
Título: Os cesteiros galegos de Mondariz e a súa fala gremial
Autoría: Fermín Bouza-Brey Trillo
Edición: Museo do Pobo Galego
Data: 1992
Concello relacionado: Mondariz
"...tributo á memoria de D. Fermín Bouza Brey no seu ano conmemorativo...". (Da presentación)
Título: Mondariz: un agua con historia: la pasión de una burbuja: 125 aniversario de la declaración de utilidad pública de los manantiales de Mondariz y centenario del Gran Hotel-Balneario de Mondariz
Autoría: Antonio Freire Magariños, José Manuel García Iglesias, Javier Solano Rodríguez-Losada, Mª Jesús del Castillo Campos
Edición: Fundación Mondariz Balneario
Data: 2005
Concello relacionado: Mondariz-Balneario
"El agua es para Mondariz-Balneario su pasado, su presente y su futuro". (Do limiar)
Título: Terras de Moraña: (Moraniam): unha realidade na historia, na lenda, na lembranza
Autoría: José Casal Porto, Xosefa Casalderrey Fraga, Alfredo García Giménez, Mariano García González, Miguel Oubel Arcos
Edición: Concello de Moraña
Data: 2002
Concello relacionado: Moraña
"Poñer por escrito o que antes se conservaba oralmente, de palabra...". (Da introdución)
Título: Castro de Torroso (Mos, Pontevedra): síntesis de las memorias de las campañas de excavaciones 1984-1990
Autoría: Antonio de la Peña Santos
Edición: Dirección Xeral do Patrimonio Histórico e Documental
Data: 1992
Concello relacionado: Mos
"...a conformación e enraizamento da Cultura Castrexa, é un dos aspectos máis descoñecidos para os investigadores desta etapa...". (Do limiar)
Título: A Banda de Rubiós e outras músicas de As Neves
Autoría: Xosé Ramón Paz Antón
Edición: Asociación Cultural Banda de Música de Rubiós
Data: 2018
Concello relacionado: As Neves
"Con motivo da celebración do 125 aniversario da fundación da Banda de Música Popular de Rubiós...". (Da introdución)
Título: Nigrán: memoria dunha guerra: 1936-1939
Autoría: Juan A. González
Edición: Edicións do Cumio
Data: 2014
Concello relacionado: Nigrán
"Este libro recolle a palabra ferida dos que perderon a Guerra de 1936,..."". (Da contracapa)
Título: Los barcos de los petroglifos de Oia: embarcaciones en la prehistoria reciente de Galicia
Autoría: Fernando Javier Costas Goberna, Antonio de la Peña Santos
Edición: Autoridad Portuaria de Vigo
Data: 2011
Concello relacionado: Oia
"...exhaustivo estudio de los medios, artefactos y tecnología con que contaban aquellos marinos...". (Do limiar)
Título: Cruces, cruceiros e petos do concello de Pazos de Borbén
Autoría: Estanislao Fernández de la Cigoña Núñez
Edición: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía
Data: 2008
Concello relacionado: Pazos de Borbén
"En Pazos de Borbén hai notables exemplos do bo facer dos vellos canteiros...". (Da contracapa)
Título: Documentos para a historia de Poio (1936-1942)
Autoría: Andrés Dacosta Paz
Edición: Alén Miño
Data: 2009
Concello relacionado: Poio
"...conxunto de documentos a través dos cales tentamos achegármonos ao que aconteceu en Poio no período da incivil contenda...". (Da contracapa)
Título: Símbolos sen memoria: arte rupestre en Ponte Caldelas
Autoría: Buenaventura Aparicio Casado, Antonio de la Peña Santos
Edición: Deputación de Pontevedra
Data: 2011
Concello relacionado: Ponte Caldelas
"Estudo arqueolóxico sobre a arte rupestre centrada en Ponte Caldelas, o epicentro dos gravados de Galicia". (Da Editorial)
Título: Ponteareas da ialma
Autoría: Xoán X. Pérez Labaca
Edición: Deputación de Pontevedra
Data: 2011
Concello relacionado: Ponteareas
"Feixe de relatos sobre as xentes, historia, etnografía e folclore". (Da Editorial)
Título: Cerámica de Pontecesures
Autoría: José Piñeiro Ares
Edición: Ediciós do Castro
Data: 1978
Concello relacionado: Pontecesures
"El puerto exterior de Iria Flavia – el Cessuris de los documentos medievales – tuvo siempre gran raigambre alfarera..." (Do inicio)
Título: Descripción geográfica, estadística, económica é histórica de la ciudad capital de Pontevedra y sus hombres célebres con inclusión de la ría y provincia que lleva su nombre
Autoría: Claudio González Zúñiga
Data: 1848
Concello relacionado: Pontevedra
"Pontevedra: ciudad con ayuntamiento, puerto habilitado y aduana de 2ª clase, Capital de la provincia civil, intendencia de 3ª clase, juzgado de 1ª instancia de término, subdelegación de rentas, oficinas y dependencias correspondientes, instituto de 2ª enseñanza , escuela normal y vice-cónsules de Francia , Portugal é Inglaterra". (Do inicio)
Título: Bandas, músicos e orquestras do Porriño
Autoría: Xosé Ramón Paz Antón
Edición: A Nosa Terra
Data: 2009
Concello relacionado: O Porriño
"A música formou e forma parte da tradición cultural do Porriño". (Da contracapa)
Título: Vida y obra de Domingo Fontán
Autoría: Xosé Lois Vila Fariña
Edición: Asociación Cultural Domingo Fontán
Data: 2004
Concello relacionado: Portas
"Si hay un personaje entrañable para todo pontevedrés y gallego que se precie de serlo, ese es Don Domingo Fontán Rodríguez...". (Do limiar)
Título: A coca
Autoría: Clodio González Pérez
Edición: Concello de Redondela
Data: 1987
Concello relacionado: Redondela
"...para deprender ós redondeláns e ós moitos forasteiros a orixe e significado desa Coca...". (Do limiar)
Título: Historia de Ribadumia
Autoría: Víctor Viana Martínez, Xosé Lois Vila Fariña
Edición: Concello de Ribadumia
Data: 1992
Concello relacionado: Ribadumia
"El Municipio de Ribadumia está enclavado en la comarca del Salnés, delimitada la misma por el valle..." . (Do corpo do texto)
Título: Rodeiro, unha terra con historia
Autoría: Xoán Carlos García Porral (coord.)
Edición: Deputación de Pontevedra
Data: 2008
Concello relacionado: Rodeiro
"Este traballo concibiuse co ánimo de dar a coñecer parte da riqueza que esconden as terras de Camba". (Da editorial)
Título: Os muíños de Folón
Autoría: Pedro Díaz Álvarez
Edición: Deputación de Pontevedra
Data: 1998
Concello relacionado: O Rosal
"Ó pé do camiño que leva ós cumios do Folón érguese este muíño clásico...". (Do corpo do texto)
Título: Salceda de Caselas nos tempos da emigración a América: evolución da poboación, economía e dinámicas sociopolíticas locais (1880-1960)
Autoría: Mª Xosé Vázquez Lojo, Raúl Soutelo Vázquez
Edición: Deputación de Pontevedra
Data: 2017
Concello relacionado: Salceda de Caselas
"Unha vila como Salceda de Caselas sufriu en determinados momentos da súa historia o tránsito de moita da súa xente cara a América". (Da presentación)
Título: Hai unha terra loubada: (Salvaterra de Miño)
Autoría: Antonio Alonso Fontán
Edición: Cardeñoso
Data: 2011
Concello relacionado: Salvaterra de Miño
"Neste libro, pretendo ofrecerlles un conxunto referencial das parroquias do Concello de Salvaterra...". (Do limiar)
Título: Pasaxes na memoria: historia e testimonios dos represaliados políticos no Concello de Sanxenxo: (1936-1950)
Autoría: María Elisa Franco Torres
Edición: Librería Nós
Data: 2010
Concello relacionado: Sanxenxo
"...sobre os acontecementos dramáticos do Concello nos anos da Guerra Civil e nos primeiros da Posguerra". (Do limiar)
Título: Historia de Saídres: una feligresía milenaria
Autoría: Manuel Fernández Rey
Edición: Deputación de Pontevedra
Data: 2012
Concello relacionado: Silleda
"Crónica da freguesía de San Xoán de Saídres, contada a partir da recompilación de diferentes documentos, escrituras públicas dos veciños desta parroquia do concello de Silleda". (Da Editorial)
Título: A finca do Castelo de Soutomaior: guía botánica
Autoría: Antonio Rigueiro Rodríguez, Jesús Ignacio Fernández Alonso
Edición: Deputación de Pontevedra
Data: 1999
Concello relacionado: Soutomaior
"O Castelo de Soutomaior está situado nun lugar pintoresco, na aba do monte Viso, e dende el divísase unha fermosa vista do valo do río Verdugo". (Da introdución)
Título: Tomiño na historia
Autoría: Natalia Jorge Pereira
Edición: Concello de Tomiño
Data: 2010
Concello relacionado: Tomiño
"Segundo as fontes orais a orixe do topónimo Tomiño está ligado ao de Turonia". (Do corpo do texto)
Título: A cidade de Tui durante a Baixa Idade Media
Autoría: Suso Vila
Edición: Toxosoutos
Data: 2009
Concello relacionado: Tui
"...pormenorizado análise da recolección, análise e interpretación de fontes documentais procedentes da catedral e do cabido tudense...". (Da contracapa)
Título: Galicia y D. José Elduayen: testimonio de los notables adelantos que Galicia en general, y la ciudad de Vigo más particularmente, deben al Excmo. Sr. D. José Eduayen, Marqués del Pazo de la Merced
Data: 1896
Concello relacionado: Vigo
"Seguramente que para quien no conozca los antecedentes del interés que por Galicia, y con más especialidad por Vigo, demostró siempre el ilustre hombre público a áa quien, en justa y legitima correspondencia, se erige ahora la estatua que ha de perpetuar su memoria en esta ciudad,...". (Do corpo do texto)
Título: Banda Artística de Merza: o cultivo dunha herdanza musical
Autoría: Nuria Barros Presas
Edición: Asociación Socio Cultural Banda Artística de Merza
Data: 2013
Concello relacionado: Vila de Cruces
"...unha monografía sobre a traxectoria dunha das agrupacións de maior tradición do panorama bandístico galego,...". (Da introdución)
Título: Vilaboa do Morrazo
Autoría: Manuel Castiñeiras Guerra
Edición: M. Castiñeiras
Data: 1979
Concello relacionado: Vilaboa
"...orientado fundamentalmente a hacer llegar a los habitantes de Vilaboa, presentes y ausentes, todos aquellos datos de su Municipio que nos parecen básicos...". (Da introdución)
Título: A Vilagarcía das vellas postais: un paseo crítico pola vila que quería ser cidade: [1900-1936]
Autoría: Manuel Villaronga
Edición: Deputación de Pontevedra
Data: 2005
Concello relacionado: Vilagarcía de Arousa
"O libro recolle unha completa colección de postais de Vilagarcía que nos permiten realizar unha viaxe a esta vila entre os anos 1900 e 1936". (Da Editorial)
Título: Historia municipal de Vilanova de Arousa: 1835-1945
Autoría: Xosé Lois Vila Fariña
Edición: Deputación de Pontevedra
Data: 2007
Concello relacionado: Vilanova de Arousa
"...recolle un extracto das actas do período 1835-1945, actas que permiten coñecer a evolución social e municipal do concello". (Da editorial)
Título: Toponimia de Agolada
Autoría: Luz Méndez
Edición: Real Academia Galega
Data: 2016
Concello relacionado: Agolada
"...recompilar e estudar os nomes de lugar habitados e algún dos principais accidentes xeográficos dos concellos de Galicia". (Da contracapa)