ATOPO
Registros actuales: 1.336.649
Objetos digitales disponibles: 490.476

DOCUMENTOS DE CARÁCTER PATRIMONIAL

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.10..1

  • Título DOCUMENTOS DE CARÁCTER PATRIMONIAL

  • Data(s) 1411-1895 (Creación) 1411 - 2019-09-20 (Produción)

  • Volume e soporte 123 unidades de instalación con 1.821 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade.

Área de contexto

  • Nome do produtor Familia Caamaño(S.XIV-S.XIX) A liñaxe dos Caamaño arranca na casa troncal de Noia, segundo o padre Crespo, con noticias coñecidas dende mediados do século XII. A primeira separación importante prodúcese con D. Álvaro de Caamaño, fundador da casa de Romelle no actual concello de Zas, á que corresponde a maior parte deste fondo. Posteriormente incorpórase a casa de Goiáns, os sucesores da cal crearán a casa de Ferrol, tendo algúns deles vínculos coa Armada. A partir do tronco inicial xorden as casas de Vista Alegre e Rubiáns co marquesado de Vilagarcía, acumulados por Don Álvaro de Mendoza, que será obxecto dun longo preito pola súa posesión. O morgado de Nebra foi fundado en 1524 e vai ter como agregados os de Noal, Baroña, Queiruga, Oleiros, Ribasieira e Caamaño. Por último, os Caamaño entroncan coa familia Pardo herdando o condado de Maceda xa no século XIX.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Documentación relacionada coa xestión das propiedades a súa administración (inventario, cobro de rendas, obras..etc), así como coas diferentes fórmulas de transmisión: permutas, alleamentos, cesións, alugueiros, foros.

  • Organizació

    Esta sección dividiuse en dúas subseccións, coas súas correspondentes series, relacionadas coa transmisión e coa propia administración das diferentes propiedades dos Caamaño:
    
    1. DOCUMENTOS DE CARÁCTER PATRIMONIAL:
    
    1.1. TRANSMISIÓN DA PROPIEDADE:
    
    1.1.1.- Foros (1488-1849).
    1.1.2.- Vendas (1414-1850).
    1.1.3.- Trocos. Permutas (1529-1852).
    1.1.4.- Doazóns e cesións (1542-1814).
    1.1.5.- Arrendamentos (1505-1895)
    1.1.6.- Dotes (1510-1818).
    1.1.7.- Testamentos (1496-1857).
    1.1.8.- Adquisicións (1586-1844).
    1.1.9.- Capitulacións (1606-1797).
    1.1.10.- Desembargos (1411-1702).
    
    1.2.- ADMINISTRACIÓN DA PROPIEDADE:
    
    1.2.1.- Inventarios de bens (1543-1852).
    1.2.2.- Cobros de rendas. Contas (1456-1890).
    1.2.3.- Obras e reparacións (1446-1861).
    1.2.4.- Pesca (1562-1832).

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Familia Caamaño (Tema) (Creador)

Área de control da descrición