ATOPO
Registros actuales: 1.336.161
Objetos digitales disponibles: 490.467

ADMINISTRACIÓN

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.22..1

  • Título ADMINISTRACIÓN

  • Data(s) 1966-2006 (Creación) 1966 - 2006-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 1 unidade de instalación con 7 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade.

Área de contexto

  • Nome do produtor Ateneo de Pontevedra(1965-) O Ateneo xerminou entre o 25 de outubro de 1965, data de constitución da súa comisión xestora, e o 18 de novembro de 1966, data de elección da súa primeira xunta directiva. Ese ano longo de etapa constituínte resultou imprescindible para dar forma ao proxecto, captar unha potente masa social e cumprimentar a súa legalización administrativa. Os vinte e un membros da súa comisión xestora formaron unha admirable prata-xunta democrática, que cubría un amplo espectro ideolóxico. Desde a fidelidade incuestionable ao Réxime, até a simpatía non disimulada polo marxismo, pasando pola democracia cristiá. Todos os seus membros foron capaces de confluír nun Ateneo de todos e para todos, como casa común "para a liberdade de discusión e independencia de criterio". Curiosamente máis dun terzo dese grupo fundador eran catedráticos dos dous institutos (masculino e feminino) que había na cidade: José Ramón Alonso Rubiera, Pablo Carpinteiro Organero, José Filgueira Valverde, Marcelino Jiménez Jiménez, Isidoro Millán González-Pardo, Esteban Rodríguez Salazar, Manuel Sánchez Méndez e Gonzalo Torrente Ballester. Este último foi o redactor do manifesto de presentación ante a cidadanía, e non parou de incentivar a súa actividade até a súa marcha a Estados Unidos poucos meses despois. E neste grupo encadrábase tamén Federico Cifuentes Pérez, inspector de Primeiro Ensino. O grupo de profesionais integraba aos avogados Gonzalo Adrio Barreiro e Manuel Suárez Santiso; os médicos Juan José Barbolla Abión e Bernardo Salom de la Hoz, o notario Alfonso Zulueta de Feixe e o arquitecto Alfonso Barreiro Buján. E como artistas e funcionarios estaban Manuel Cuña Novás, Luciano do Río Bicada, Agustín Portela Paz, Antonio Odriozola Prietas e Juan Manuel Lazcano Castedo, xunto ao inevitable Eduardo López Merino, delegado provincial de Información e Turismo. A submisión que o Ateneo pactou co Ministerio de Información e Turismo foi máis aparente que real. Case sempre se saíu coa súa, posto que lidou con habilidade e soltura á autoridade gubernativa, que fixo a vista gorda en non poucas ocasións. A maior parte dos seus socios saíron do Cinema-Club de Pontevedra, que había nado dez anos antes e revelouse como un cooperador necesario. O caldo de cultivo daqueles ateneístas foron uns cinéfilos empedernidos, que ampliaron canto puideron as súas canles participativas. Non houbo intelectual ou figura destacada daquel tempo no ámbito cultural español que non aceptase unha invitación para falar no Ateneo de Pontevedra. O seu prestixio foi enorme, e o seu local social foi un punto de encontro, acolledor e frutífero para quen fomos os seus privilexiados socios xuvenís. Ao longo da década dos 70, o Ateneo fixo a súa particular travesía do deserto, co inesquecible Juan Vidal Fraga. Durante doce longos anos permaneceu á fronte dunha entidade case sen actividade para evitar a súa morte por inanición ata que, ao fin, entregou a substitución na presidencia ao doutor Jesús Díaz Bustelo en 1982. Entón xurdiu un Ateneo máis minoritario, que é o que agora subsiste con moito entusiasmo. De Antón Louro a Jaime Domínguez, pasando por Carlota Román, todos os seus presidentes esforzáronse ao máximo por manter a chama dos seus inesquecibles fundadores.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Documentación sobre o funcionamento do Ateneo de Pontevedra: inclúe tamén o regulamento de 1966, correspondencia dos anos noventa e un libro de rexistro de socios de 1966 a 1988.

  • Organizació

    Esta sección está composta por 3 series:
    
    1.- ADMINISTRACIÓN:
    
    1.1.- Regulamentos (1966).
    1.2.- Correspondencia (1991-2004).
    1.3.- Expedientes de socios (1966-2006).

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Ateneo de Pontevedra (Tema) (Creador)

Área de control da descrición