ATOPO
Registros actuales: 1.336.161
Objetos digitales disponibles: 490.467

PROGRAMA "CAE DE CAIXÓN"

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.28.1

  • Título PROGRAMA "CAE DE CAIXÓN"

  • Data(s) 1900-2022 (Creación)

  • Volume e soporte 2 unidades de instalación, 485 agrupacións documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Deputación de Pontevedra(1836-) En Galicia, a primeira Deputación constitúese o 19 de marzo de 1813, presidida polo marqués de Campo Sagrado, contando cun vicepresidente e sete vogais representando as sete cidades capitais das antigas provincias. O nacemento da provincia como entidade local con vida propia data da Constitución de Cádiz, aprobada no ano 1812, que estableceu por vez primeira no seu artigo 325 unhas institucións, as deputacións provinciais, concibidas como órgano rector de cada unha delas, presididas polo xefe superior e con funcións básicas de control e vixilancia da administración dos lugares que integran aquela. Haberá que esperar ata o decreto das Cortes de 27 de xaneiro de 1822 para que se plasme unha nova división provincial que divide a Galicia nas catro provincias actuais, con pequenas variacións, asignándose a capitalidade da provincia actual á Vigo, onde se constituirá a Deputación Provincial o 24 de maio de 1822, chegando a funcionar algo máis dun ano, data na que volven ser suprimidas pola restitución do rei Fernando VII. Co decreto de 30 de novembro de 1833, inspirado por Javier de Burgos, iníciase o proceso definitivo que culmina coa restitución das catro provincias galegas actuais e a constitución das Deputacións actuais, sendo o 12 de febreiro de 1836 cando se constitúe definitivamente a de Pontevedra, logo de certas disputas coa cidade de Vigo, reticente a perder a capitalidade. Desde o ano 1836 ata hoxe, a Deputación vén desempeñando con total continuidade un amplo abano de funcións e actividades, que foron variando de acordo coa lexislación aplicable en cada momento. Inicialmente, a Constitución de Cádiz asígnalle as funcións de aprobar os repartimentos das contribucións dos pobos da provincia, velar polo axeitado investimento dos fondos públicos, coidar o establecemento dos concellos, propoñerlle arbitrios ó Goberno, promover a educación, a agricultura e a industria, formar o censo e a estatística provincial, coidar dos centros benéficos e dar conta das infraccións que xurdan na provincia. A lexislación actual asígnalle as competencias propias de coordinar os servizos municipais entre si para garantir a súa prestación adecuada; a asistencia xurídica, económica e técnica ós concellos; a prestación de servizos públicos de carácter supramunicipal e, en xeral, o fomento dos intereses particulares da provincia. Este cúmulo de xeneralidades que se vén mantendo en toda a lexislación local provocou unha serie de actuacións moi diversificadas, das que quedarán moitos testemuños documentais e que se reflicten no cadro de clasificación do fondo documental desta institución. As modificacións alcanzaron tamén a propia organización da institución e a designación, competencias e denominación dos seus órganos de goberno e órganos administrativos. O órgano unipersoal que dirixe a Deputación é inicialmente o xefe político, antecedente directo do gobernador civil, sendo o primeiro presidente desta institución D. Miguel del Pino. En 1863 establécese que a Corporación elixa entre os seus membros un presidente para cada sesión, pero logo o sexenio revolucionario volve á figura do gobernador civil- presidente de facto. Será a lei de 1870 a que estableza a figura do presidente para un período de sesións, sendo nomeado polo propio gobernador civil ou pola Corporación dependendo do momento. Con posterioridade, na maior parte das ocasións será o gobernador o que nomee directamente ó Presidente e non será ata o ano 1950 cando apareza a figura do presidente da Deputación como órgano diferenciado e independente do gobernador civil, que aínda así e todo permanecerá como presidente nato da institución ata 1978. No período democrático o presidente e un órgano electo, de forma indirecta, entre e polos deputados provinciais. Nun principio o número de deputados que integraban o Pleno da Corporación era de sete, un por partido xudicial, variando sucesivamente tanto a fórmula de elección coma o número total destes, alcanzando na actualidade un total de 27 deputados, como representación proporcional ó número de habitantes dos 13 partidos xudiciais. Esta estrutura complétase con outros órganos colexiados estables, ademais das variables comisións informativas e especiais creadas en cada período.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido O programa "Cae de caixón" é unha campaña de captación e recompilación de arquivos privados (imaxes, cartas e outros documentos) sobre memoria histórica para incorporalos ao Arquivo da Deputación. A súa finalidade é que o material que poida ter interese para a poboación pola súa relación co golpe de Estado do 36, co tempo inmediatamente anterior ou coa ditadura, saia do ámbito privado para achegar a memoria á sociedade en xeral e á xente investigadora en particular.

  • Organizació

    No desenvolvemento desta actuación vanse recibindo coleccións documentais que pasan a integrar esta colección documental agrupados polo depositario dos mesmos. Ata o de agora integran esta agrupación os seguintes elementos:
    
     Sección 1. PROGRAMA "CAE DE CAIXÓN"
    
     Series 1.1. José Manuel Rodríguez Fernández  (1 unidade de instalación, 95 expedientes)
    
     Series 1.2. Eusebio Riveiro Veiga  (1 carta)
    
     Series 1.3. Augusto Sotelo Zarazo  (1 agrupación documental; 6 documentos)
    
     Series 1.4. Raimundo Eugenio Rodríguez Garrido  (3 fotografías e 3 agrupacións documentais)
    
     Series 1.5. Manuel Martínez Alonso (1 unidade de instalación; 6 agrupacións documentais)
    
     Series 1.6. Nieves Martínez Rodríguez (15 fotografías)
    
     Series 1.7. Josefina Arruti-Bibiano Osorio-Tafall (356 fotografías)
    
     Series 1.8. Domínguez-Lores ()
     Series 1.9. Picó Pazos (1 axenda)

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra (Tema) (Creador)

Área de control da descrición