ATOPO
Registros actuales: 1.336.161
Objetos digitales disponibles: 490.467

PAZO DA BUZACA

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.23.

  • Título PAZO DA BUZACA

  • Data(s) 1455-2013 (Creación) 1455-00-00 - 2013-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 41 unidades de instalación con 876 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade.

Área de contexto

  • Nome do produtor Pazo da Buzaca. Familia Varela(S.XV-S.XX) A familia Varela ten o seu primeiro solar en Galicia no val do Dubra da que procede a Casa de Quindimil. Dela saíron, probablemente no último terzo do século XVI, os Varela que se asentaron na xurisdición de Caldas de Reis, primeiro no pazo de Casalnovo, no actual concello de Caldas de Reis, e despois no da Buzaca no concello de Moraña. O primeiro Varela relacionado coa vila de Caldas de Reis é Jorge Varela, casado con Inés Vázquez Mosquera, señores da Casa de Quindimil en Palas de Rei. A partir de aquí empezan a entroncar coas familias Mariño de Goyanes e Lobeira, Sotomayor, Suárez de Deza, Riobó, Camaaño, etc. No XVII Pedro Varela de Dubra, casado en 1629 con Inés Mariño de Lobeira e Salnés, funda o vínculo sucesorio da Casa de Casalnovo. Sucédelle Benito Varela do Salnés (1630-1705),casado con Mª Antonia Caamaño. O seu fillo Pedro Diego foi cóengo doutoral da catedral de Tui. Emparenta cos López Ballesteros de Vilagarcía de Arousa. Séguelle Gómez Diego Varela Mariño. Diego Francisco Varela casa en 1718 con Andrea Josefa Verea Fariña, da Casa dos Fariña de So o Rego, que morre ao parir o seguinte sucesor José Varela de Verea (1720-1773), home de Rosalía Verea de Aguiar. Entre os seus fillos destacamos a Jacobo que foi morto nunha acción contra os franceses na ponte do Burgo de Pontevedra en 1809. Benito Ramón Varela de Verea y Aguiar (1754-1818) xuíz de Xeve e da xurisdición de Penaflor, será o sucesor. Segue Lorenzo Varela Sarmiento (1803-1860), deputado provincial polo partido de Caldas de Reis na primeira lexislatura da Deputación ata a súa morte e membro da Comisión de Armamento e Defensa creada a partir das Guerras Carlistas, ademais de Deputado a Cortes en entre 1847 e 1850. Morre sen descendencia. O seu irmán Jacobo (1805-1868) foi oficial do Arquivo da Secretaría de Estado e do Despacho de Facenda e Administrador xeral da renda de viños e licores en Filipinas. A Benito Varela de Torres, tamén Deputado provincial por Caldas de Reis en 1862-1863 e 1877-1880, tenente coronel de artillería, casado con Guadalupe de la Cerda, séguelle a súa filla Candelaria Varela de la Cerda (1867-1904) que casa co seu tío José Varela de Torres, tamén militar en Valladolid. Continúa o seu fillo Manuel Varela Varela (1901-1969), casado con Maria Demetria Victoria Paz García, cuxos fillos son os actuais propietarios do Pazo da Buzaca.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

  • Historia arquivística Este fondo foi depositado no Arquivo da Deputación para a súa organización e descrición a petición de don Enrique Varela Paz, membro da familia e administrador do Pazo da Buzaca que na actualidade é hospedaría. Posteriormente á sua organización e descrición foi dixitalizado (35.524 imaxes) na súa totalidade e depositouse de novo no Pazo da Buzaca, a fin de posibilitar a consulta de orixinais no seu caso. Por último foi decisión dos titulares, no ano 2013, o depósito no Arquivo da Deputación para a súa conservación e consulta por posibles usuarios. A súa organización, baixo a dirección técnica de Miguel Pereira Figueroa, correspondeu aos técnicos do Arquivo María Eugenia Valenzuela Senn e Elena Aguete Landín.

  • Forma do ingreso Depósito temporal.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Importante fondo documental con abundantes testemuñas dos séculos XVII a XIX. Contén moita información de carácter xenealóxico e tamén económico. Presenta gran interese para o estudo dos foros, vínculos, capelanías e outros aspectos da vida económica das áreas de Caldas de Reis, Moraña, Barro, Cuntis e Vilagarcía. Para o século XIX ten interese para o estudo da administración e da política local e nacional por canto algúns membros da familia Varela ocuparon cargos de relevancia como Deputados Provinciais. É o caso de Lorenzo Varela Sarmiento (N. 1801, Moraña) , Deputado a Cortes, ao mesmo tempo que o seu curmán Benito Espinosa Varela, do Pazo de Cascaxide nas terras do Deza, e Diego López Ballesteros, tamen parente e dono do pazo da Golpelleira de Vilagarcía, entre 1836 e 1865, chegando incluso a presidente do Congreso. A maior parte da documentación é dos séculos XVII e XIX. Como curiosidade destacar a existencia de receitas de cociña.

  • Valoración, selección e eliminación Non se realizou ningún expurgo. Conservación total polo carácter testemuñal e informativo, e para o estudio histórico de Galicia desde a idade moderna ata o século XIX. Toda a documentación é obxecto de protección total segundo a Lei 16/1985 de Patrimonio Histórico Español e a Lei 8/1995 de Patrimonio Cultural de Galicia.

  • Novos ingresos Non están previstos.

  • Organizació

    Cadro de clasificación do fondo:
    
    0.- DOCUMENTOS XENEALÓXICOS E HERÁLDICOS:
    
    0.1.- Xenealoxía. Árbores xenealóxicas (1592-1860)
    0.2.- Probas de nobreza (1793-1926)
    
    1.- DOCUMENTOS DE CARÁCTER PATRIMONIAL:
    
    1.1.- TRANSMISIÓN DA PROPIEDADE:
    
    1.1.1.- Foros (1455-1793)
    1.1.2.- Vendas (1554-1863)
    1.1.3.- Trocos. Permutas (1694-1828)
    1.1.4.- Arrendamentos (1594-1830)
    1.1.5.- Doazóns e cesións (1637-1848)
    1.1.6.- Dotes (1576-1802)
    1.1.7.- Testamentos (1598-1866)
    1.1.8.- Adquisicións (1580-1832)
    
    1.2.- ADMINISTRACIÓN DA PROPIEDADE:
    
    1.2.1.- Inventarios de bens (1588-1882)
    1.2.2.- Cobros de rendas. Contas (1596-1881)
    1.2.3.- Obras e reparacións
    1.2.4.- Planos
    
    2.- DOCUMENTOS DE CARÁCTER SEÑORIAL:
    
    2.1.- Nomeamentos de cargos (1588-1749)
    2.2.- Beneficios (1540-1880)
    2.3.- Fundacións (1668-1708)
    
    3.- DOCUMENTOS DE CARÁCTER XURÍDICO:
    
    3.1.- Preitos (1589-1859)
    3.2.- Poderes (1738-1831)
    
    4.- OFICINA DA CASA. ARQUIVO:
    
    4.1.- Correspondencia (1727-1878)
    4.2.- Índices documentais (2012-2013)
    
    5.- OUTRA DOCUMENTACIÓN:
    
    5.1.- Publicacións (1708-1972)
    5.2.- Accións (1862-1865)
    5.3.- Catastro do Marqués de la Ensenada (1752-1791)
    
    6.- DOCUMENTACIÓN RELACIONADA COA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA (1817-1965)
    
    7.- FOTOGRAFÍAS (1850-1950)
    
    8.- LEXISLACIÓN (1676-1862)

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso O acceso é libre, coas restricións impostas na lexislación estatal e autonómica, é dicir, os documentos que conteñen datos persoais ou que afecten á intimidade das persoas.

  • Condicións de reprodución A reprodución está limitada polas condicións de conservación. Poden sacarse copias da dixitalización con maior facilidade. A documentación da unidade de instalación 34.390 non está dixitalizada por ter sido entregada en abril de 2016, despois de que se dixitalizase o resto do Fondo.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Estado de conservación da documentación: a maioría da documentación esta en relativo bo estado, salvo algúns documentos deteriorados.

  • Instrumentos de descrición Base de datos en ATOM cun total de 846 rexistros.

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais A documentación é toda orixinal.

  • Existencia e localización de copias Documentación dixitalizada na súa totalidade con 35.522 imaxes.

  • Unidades de descrición relacionadas No arquivo do Museo de Pontevedra, coa documentación de Luis López Ballesteros. No Fondo da Familia Caamaño neste Arquivo da Deputación de Pontevedra. No Arquivo do Reino de Galicia na Coruña custódiase tamén arquivo da familia Caamaño.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Pazo da Buzaca. Familia Varela (Tema) (Creador)

Área de control da descrición