ATOPO
Registros actuales: 1.336.154
Objetos digitales disponibles: 490.467

CASA DE PORTO-BRIALLOS

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.2.

  • Título CASA DE PORTO-BRIALLOS

  • Data(s) 1516–1894 (Creación)

  • Volume e soporte 7 unidades de instalación con 598 unidades documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Casa de Porto- Briallos(S.XVI-S.XIX) Relacionada cos antepasados da familia Porto con casa matriz na parroquia de Briallos, do actual concello de Portas.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

  • Historia arquivística Este fondo foi mercado a un anticuario, D. Severo Pardo, no ano 1996, pola súa relación co territorio da provincia de Pontevedra. A súa organización, baixo a dirección técnica de Miguel Pereira Figeroa, correspondeu aos técnicos do Arquivo César Manuel López Marras, María Eugenia Valenzuela Senn, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo e José Luis Castro Carpintero. Finalmente foi dixitalizada esta documentación dentro do proxecto eDepo "Dixitalización de fontes documentais, gráficas, sonoras e audiovisuais da Deputación de Pontevedra e os concellos da provincia"

  • Forma do ingreso Por compra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Importante fondo documental con abundantes testemuños dos séculos XVI e XVII. Contén moita información de carácter xenealóxico e tamén económico.

  • Valoración, selección e eliminación Non se realizou ningún expurgo. Conservación total polo carácter testimonial e informativo, e para o estudio histórico de Galicia desde a idade media hasta o século XIX.

  • Novos ingresos Considerado un arquivo pechado.

  • Organizació

    Cando foi adquirida presentaba unha organización por parroquias pertencentes á provincia de Pontevedra e ó partido de Betanzos, provincia da Coruña. Na actualidade mantén esta mesma organización, conformada por catorce unidades documentais simples subdivididos, á súa, en agrupacións documentais e unidades documentais simples:
    
    -- Testamentos, vinculacións, dotes, partillas e outros documentos xerais (1559-1808)
    -- Testamentos, vinculacións, dotes, partillas e outros documentos xerais. Capela de San Xosé e San Andrés (1704-1748)
    -- Cobradores de rendas, relacións e apuntamentos de bens e documentos (1670-1892)
    -- Execucións contra debedores de rendas (1719-1796)
    -- Documentos de pertenza. Parroquia de San Cristovo de Briallos (1559-1894)
    -- Documentos de pertenza. Parroquia de San Cristovo de Briallos (1560-1863)
    -- Documentos de pertenza. Parroquia de Santa Mariña de Arcos da Condesa (1560-1855)
    -- Documentos de pertenza. Parroquia de San Andrés de Valiñas (1533-1855)
    -- Documentos de pertenza. Parroquia de San Breixo de Barro (1571-1882)
    -- Documentos de pertenza. Parroquia de Santa María de Portas (1584-1742)
    -- Documentos de pertenza. Parroquia de San Pedro de Lantaño (1649)
    -- Documentos de pertenza. Parroquias de San Xoán de Meaño, San Miguel de Lores e Santa Baia de Nantes (1542-1843)
    -- Documentos de pertenza. Parroquias de San Salvador de Lérez e Santa María de Mourente (1516-1840)
    -- Documentos de pertenza. Parroquias de Cortiñao, Piadoa, Requián, Ois e Armeá, no partido de Betanzos (1575-1677)

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso O acceso é libre, coas restricións impostas na lexislación estatal e autonómica, é dicir, os documentos que conteñen datos persoais ou que afecten á intimidade das persoas. Libre acceso ás imaxes dixitalizadas

  • Condicións de reprodución A reprodución está limitada polas condicións de conservación. Posibilidade de reproducción dixital

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Estado de conservación da documentación: bo.

  • Instrumentos de descrición Base de datos en ATOM cun total de 599 rexistros

Área de documentación

  • Existencia e localización de copias Documentación dixitalizada na súa totalidade con 5.858 imaxes.

  • Unidades de descrición relacionadas Arquivo Histórico Diocesano de Santiago de Compostela

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de materias FAMILIA E PROPIEDADE

  • Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Portas Briallos (San Cristovo) Porto, O (Briallos)

  • Nome dos puntos de acceso Casa de Porto- Briallos (Tema) (Creador)

Área de control da descrición