Fondos
-
S0228. Expediente de procedementos contencioso-administrativos
2.644/17. Expediente do contencioso administrativo procedemento ordinario de José Iglesias Freijanes
Expediente do contencioso administrativo procedemento ordinario de José Iglesias Freijanes
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36001.AM.ARB.2.GF001.F0002.SF025.S0228.2.644/17
Título Expediente do contencioso administrativo procedemento ordinario de José Iglesias Freijanes
Data(s) 2011-2016 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Arbo(1936-2015) O concello de Arbo encrávase no sur de Galicia, con fronteira con Portugal que discorre ó longo do río Miño. Pertence xeograficamente á comarca do Paradanta xunto cos concellos lindantes de Crecente, A Cañiza e mais o de Covelo; xudicialmente intégrase no Partido de Ponteareas logo da supresión do Partido Xudicial da Cañiza. Conta cun total de 144 entidades de poboación dispersas en seis parroquias diferentes: Arbo, Barcela, Cabeiras, Cequeliños, Mourentán e Sela, nas que residen ó redor de cinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían de dúas xurisdiccións: a rexentada polo marqués de la Sierra, que abarcaba as parroquias de Cequeliños e Mourentán; e a do conde de Salvaterra, que incluía as parroquias de Arbo, Barcela, Cabeiras e Sela. No proceso de establecemento constitucional dos concellos chegan a existir os de Barcela, Arbo e Alveos ata a definitiva proposta de 1836 pola que xorden dentro do partido xudicial da Cañiza, entón establecido, os concellos de Arbo, Covelo, A Cañiza e Crecente. O concello de Arbo mantense dende aquela ata a actualidade coa mesma disposición xeográfica e integrada polo mesmo número de parroquias.
Institución arquivística Arquivo municipal de Arbo
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Expediente do contencioso administrativo procedemento ordinario 0000260/2013.
De: José Iglesias Freijanes.
Contra: concello de Arbo.
Sobre: Resolución do concello de Arbo (28/12/2013) ditada sobre titularidade do Camiño da Cachadiña e sobre as obras executadas no mesmo polo denunciante.
Lugar: Rozas, Sela.
Contén:
- Expediente de denuncia.
* Denunciante: José Casas Alonso.
* Denunciado: José Iglesias Freijanes.
* Motivo: Peche de camiño de titularidade municipal (Camiño da Cachadiña).
* Dilixencias previas do procedemento abreviado 0001219/2015.
* Denunciante: José Iglesias Freijanes.
* Denunciados:
- Teodoro De Francisco Antes.
- Xavier Simón Fernández.
- Ricardo Pernas Romaní.
* Delito sen especificar.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Xurisdición Procedemento xudicial España Galicia Pontevedra Arbo Sela (Santa María) Rozas (Sela)
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Arbo Sela (Santa María) Rozas (Sela)
Nome dos puntos de acceso Concello de Arbo (Tema) (Creador)