ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Expedientes do programa DEPO en marcha

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.3.7.1.7.11

  • Título Expedientes do programa DEPO en marcha

  • Data(s) 2016-2018 (Creación)

  • Volume e soporte

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Constitúe o obxecto destas bases a regulación da convocatoria pública por parte da Deputación do programa “Depo en marcha” 2018. Este ten por finalidade favorecer o envellecemento activo das persoas maiores da provincia de Pontevedra a través de distintos obradoiros que axuden a optimizar as oportunidades de saúde, participación e seguridade co fin de mellorar a súa calidade de vida; establecer relacións sociais e fomentar a participación en actividades que melloren o seu estado anímico; potenciar movementos de participación e de cooperación social; promover espazos de encontro e intercambio de experiencias, e favorecer a súa independencia para evitar o illamento e situacións de soidade. Poderán ser beneficiarias do programa as entidades de persoas maiores, xubiladas e pensionistas da provincia de Pontevedra que cumpran algún dos seguintes requisitos: 1) Asociacións, federacións ou confederacións e fundacións que figuren no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS) como entidades de iniciativa social dentro da área de maiores da provincia de Pontevedra 2) As entidades que figuren no Rexistro Xeral de Asociacións, recollidas dentro da provincia de Pontevedra e clasificadas na categoría tipo: terceira idade, pensionistas e xubilados 3) Asociacións de persoas maiores, pensionistas, prexubiladas e xubiladas, non recollidas nas anteriores 4) Entidades que, sen estar rexistradas nas categorías anteriores, xustifiquen o seu labor no ámbito das persoas maiores Todas as solicitudes presentadas por entidades de mulleres ou outras entidades que realicen actividades no campo da muller que xustifiquen o seu labor no ámbito das persoas maiores poderán participar nesta convocatoria. Con todo, o Servizo de Cohesión Social, de oficio, comprobará que o proxecto presentado non é coincidente co que presentasen na convocatoria específica do Servizo de Igualdade. A solicitude deberá ir acompañada da seguinte documentación: - Copia do CIF da entidade - Copia do DNI da presidenta ou presidente - Certificado da acreditación do cargo ou copia da acta de constitución da Xunta Directiva. - Memoria xustificativa das actividades e do labor levado a cabo no ámbito das persoas maiores (só necesaria para aquelas entidades integradas no punto 4 da base segunda, sobre persoas beneficiarias).

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Servizo de Cohesión Social e Xuventude (Tema)

Área de control da descrición