ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Centro Agarimo

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.3.7.2.3

  • Título Centro Agarimo

  • Data(s) 1996-2013 (Creación) 1996 - 2013-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 18 unidades de instalación e 40 agrupacións documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Deputación de Pontevedra. Centro Príncipe Felipe(1975-) A Cidade Infantil Príncipe Felipe inaugurárona en 1976 os reis don Juan Carlos e dona Sofía. A institución, de carácter educativo e benéfico-social, foi concibida para albergar e formar os nenos e mozos que, por unha ou outra circunstancia, cumpría acoller e protexer. O obxectivo foi desde un primeiro momento encargarse da educación destes rapaces pero non illadamente, como seres marxinados da sociedade, senón que alumnos residentes e externos convivisen e se educasen nun clima no que reinase a igualdade entre eles. A este obxectivo inicial, que segue sendo hoxe un dos eixes sobre os que xira a institución, hai que engadir que este ano se acadou un logro importante para o seu desenvolvemento coa incorporación dun Centro de Día coa finalidade de que a cotío os rapaces internos convivan e compartan tarefas e actividades cos nenos que posúen un núcleo familiar estable. Das tarefas diarias do Centro encárgase un equipo de persoal esforzado en lograr que a estancia dos nenos neste sexa o máis agradable posible.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

  • Forma do ingreso Transferencia

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido O Centro Agarimo: que acolle a menores de ambos sexos, que se atopan en situación de risco ou de desamparo, ou que proceden de familias con dificultades socioeconómicas, e que ingresaron tanto a través das prazas que a Consellería de Política Social ten reservadas a través do Convenio asinado coa Deputación Provincial, como aquelas que existen para os concellos dependentes da institución provincial. As idades dos e das menores están comprendidas no intervalo de 8 a 18 anos de idade. Consérvanse os expedienes persoais dos residentes en internamento e dos do centro de Día, así como documentación de solicitudes desestimadas.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Centro Príncipe Felipe (Tema) (Creador)

Área de control da descrición