Fondos
41.451/2. Recortes de prensa. Xefatura provincial do Movemento. Tomo 48 (1960)
Recortes de prensa. Xefatura provincial do Movemento. Tomo 48 (1960)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.2.5.41.451/2
Título Recortes de prensa. Xefatura provincial do Movemento. Tomo 48 (1960)
Data(s) 1960 (Creación)
Volume e soporte 1 libro. 147 páxinas
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Libro de Prensa. Xefatura provincial do Movemento. Tomo 48 (01-07-1960 / 31-07-1960). Recortes de Prensa. Contén:. - Solemne entrega dos trofeos “Antorcha” ao Pontevedra C.F. no Parque do Liceo do Casino de Pontevedra, que foi presidida polo Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez e outras autoridades provinciais - Sancións Gobernativas por infracción de tráfico - Enorme interese para a Corrida Benéfica do día 16 cunha enorme demanda de localidades - Recorte de prensa sobre os Xogos Florais Luso-Galaicos en Guimarães - Concesión da Cruz de Alfonso X O Sabio a Feliciano Barrera Fernández pola súa axuda en favor da Ensinanza - Prezos dos aceites e do pan durante o mes de xullo - Visita de inspección do Director Xeral de Mutilados Xeneral de División José Muñoz Valcárcel - A subscrición aberta polo Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez a beneficio do Pontevedra C.F. superou o cuarto de millón de pesetas. Próximo campionato de xadrez na cidade - Merecida distinción a un veciño de Guláns pola súa interesantísima colaboración coa Ensinanza Primaria - Celebración de Sesión do Pleno do Concello de Pontevedra presidido polo Alcalde José Filgueira Valverde. No que se tratou os problemas do servizo de auga e a adquisición do Campo de Pasarón - Goberno Civil. Circular sobre a moralidade pública en praias e piscinas - A tómbola da beneficencia provincial comezaron a recibirse os agasallos - Audiencias do Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez - Auxe do Pontevedra C.F. Trescentas altas de socios, a recadación coa subscrición preto das 300.000 pesetas en búscanse reforzos en Madrid - Pazo Municipal. Estudo dos problemas do Servizo de augas, adquisición do Campo de Pasarón e Mellora do iluminación pública na Praza de España e Estribela - Emocionado homenaxe ao poeta don Ramón Cabanillas na súa vila natal de Cambados - Inauguración do monumento a Ramón Cabanillas en Cambados. Os máis famosos oradores galegos pronunciaron discursos e numerosos poetas leron versos adicados a don Ramón - Inaugurada oficialmente a fase do sector do XIV Concurso de Formación Profesional Industrial e Artesán, presidindo o acto o Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez, o Alcalde de Vigo Tomás Pérez Lorente e outras autoridades - Comendo do Campionato de España de “Hockey” en Sala en Vigo. As autoridades provinciais presidiron o acto inaugural - A subscrición do Pontevedra C.F. superou as 300.000 pesetas - Delegación Provincial de Abastecementos e Transportes. Regulación dos prezos dos ovos - Prezos de froitas e hortalizas para a semana - Enlace de Baonza del Prado Portela y Fernández Jardon - En Cambados Sesión da Real Academia Galega en homenaxe a memoria de D. Ramón Cabanillas - O Pleno da Deputación de Pontevedra celebrou sesión ordinaria e foron aprobados os proxectos de mellora e modernización de estradas provinciais e camiños veciñais cun orzamento de preto 15.000.000 de pesetas. Un taller fotográfico no Fogar Provincial - Goberno Civil: Sancións por infraccións de tráfico e retirada do carne de conducir - Xefatura Provincial de Tráfico. Desvío do tráfico a causa das obras na Estrada de Coruña a Vigo - Ultimada a compra do Campo de Pasarón que terá cabida para 18.620 espectadores - Xefatura de Tráfico: Normas para a revisión dos carnés por correspondencia - Goberno Civil: Sancións por cruzar a pista de peinador - Cea de Gala do Corpo consular - Encargada a delimitación e execución dun polígono urbano na capital. Construirase na zona do Pazo de Leis detrás da Estación do Ferrocarril - O Corpo Consular ofreceu o tradicional agasallo ás primeiras autoridades, pronunciaron discursos o decano Mr. Young e o Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez - Celebrou reunión a Comisión de Servizos Técnicos. Foi aprobado o saneamento da Marisma de Santa Mariña en Redondela - Na reunión da Permanente de Servizos Técnicos foron adoptados importantes acordos - A subscrición do Pontevedra C.F. preto das 500.000 pesetas. Rexistráronse 600 altas de socios - Toma de posesión da nova Directiva do Pontevedra - Pazo Municipal: A Comisión Permanente despachou asuntos de trámite. - “Pontevedra... a fala”. Resume semanal - O Cardeal Quiroga Palacios e o Bispo Auxiliar de Santiago de Compostela Miguel Novoa Fuente visitaron o Asilo de Anciáns Desamparados - A apertura da tómbola benéfica será o venres 15 próximo no parque do Casino. Continúan recibíndose valiosos agasallos - Saída de Huelva do gando que será “lidado” na corrida do sábado - Goberno Civil: Interesante circular sobre as normas para a práctica da acampada - A exposición sobre Portugal revestirá carácteres insospeitados da súa dimensión e perfección - Cunha gran festa, será inaugurada o venres a Tómbola Benéfica da Deputación - Nota de prensa a propósito de Touros, cousas que non se observan e deben observarse - Kennedy, candidato demócrata á presidencia - O Caudillo, acompañado do Presidente das Cortes e do Goberno en Pleno, inaugurou o monumento a Calvo Sotelo na Praza de Castela - O.N.U. Axuda militar ao Congo - Kichi apuñalado. O xefe de goberno de Xapón foi apuñalado e posteriormente dimitiu - Estivo na capital o Embaixador dos Países Baixos en España. Mostrouse disposto a fomentar o intertroco turístico con Holanda - Regreso de Madrid do Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez - Obtivo un gran éxito o ballet español de Antonio na súa primeira actuación en Castrelos - Continúa a actividade no seno do Club Pontevedra. Agárdanse a fichaxe de novos xogadores e que as obras do Campo de Pasarón comecen decontado. As altas de socios pasan de 700 - Goberno Civil, concesión de pensión de xubilación - Hoxe inauguración da Tómbola benéfica e mañá corrida de touros - O Ministro Subsecretario do Movemento Luis Carrero Blanco e o da Mariña Felipe José Abárzuza Oliva chegaron a Pontevedra. O Almirante Abárzuza visitou a E.T.E.A., en Vigo, e asistirán a brillantes actos en Marín - O XXIV Aniversario do alzamento nacional, será conmemorado solemnemente o luns en Pontevedra e Vigo - Fin de curso no Fogar Provincial - Inauguración da Tómbola Pro Fogar-Berce Provincial - Falecemento de Esperanza Gaite Sancho, viúva do que fora Alcalde de Pontevedra e prestixioso avogado do Javier Puig Llamas - Conmemoración do 18 de xullo na Xefatura Local do Movemento en Vigo - Ecos do Sãn João en Vila do Conde, Portugal - Cunha brillante festa social quedou inaugurada a Tómbola Benéfica da Deputación instalada no Parque do Casino. Asistiu ao acto a Señora do Almirante Abárzuza e a do Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez, outras distinguidas damas e de autoridades provinciais - Gráfica do gando para tourear na corrida benéfica - Recepción militar en Pontevedra e Vigo co gallo do día do alzamento nacional, presidida polo Xeneral Xefe da División 81 Ángel de Losada Dicenta - O Ministro de Mariña Almirante Felipe José Abárzuza Oliva asistiu ao canto da Salve no Mosteiro de Poio - Sociedade: Enlace Buceta Cupeiro-Bellver García-Alix - As excelentísima señora Margarita Etove dona do Ministro de Mariña Almirante Felipe José Abárzuza Oliva e a dona do Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez, asinando boletos da Tómbola benéfica na compaña de outras distinguidas damas - Discurso do Ministro da Mariña, Almirante Felipe José Abárzuza Oliva, na entrega de despachos na Escola Naval Militar de Marín - Recepción conmemorativa do XXIV aniversario do Alzamento Nacional. Comezara as 12,30 no pazo municipal - O Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez inicia inauguracións con motivo do XXIV aniversario do Alzamento Nacional. As obras ascenden a 375 cun orzamento de 214.996.936,15 - Visita do Ministro de Mariña Almirante Felipe José Abárzuza Oliva ao Mosteiro de Poio - Gráficas das vivendas inauguradas o 18 de xullo na provincia de Pontevedra - Delegación de abastos. Prezos de froitas e hortalizas para a semana - Gráfica do Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez collendo boletos da Tómbola benéfica á Señora Margarita Etove dona do Ministro de Mariña Almirante Felipe José Abárzuza Oliva - “Pontevedra... a fala” resumo da semana - A data clave da nova era española na súa plena soberanía. Aos 24 anos do Alzamento Nacional pode contemplar o país a obra realizada e sentirse alentado na súa marcha cara o futuro - Regreso do Ministro da Mariña Felipe José Abárzuza Oliva a Madrid - Recorte de prensa sobre a brillante conmemoración patriótica de hoxe na cidade - Gráficas das recepcións militares en Vigo e Pontevedra co gallo do XXIV aniversario do Alzamento Nacional - Gráficas das autoridades na conmemoración do 18 de xullo en Pontevedra no Pazo Municipal - Gráficas dos actos na Escola Naval de Marín - Concesión de condecoracións a personalidades da provincia - O iluminación pública de Ponte San Paio tamén foi inaugurado polo Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez - Tui: No consulado español en Valença (Portugal) celebrouse unha brillante recepción conmemorativa do aniversario do Alzamento Nacional - F.E.T e das J.O.N.S: Foi aprobado o calendario de visitas aos municipios para inaugurar realizacións. Tamén acordouse no Pleno do Consello Provincial do Movemento a organización dunha exposición móbil que percorrerá os pobos a partires do mes de setembro - Goberno Civil: Expediente de pensión de viuvez - O XXI Congreso Español de Esperanto, iniciou a súa sesións baixo a presidencia do Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez - Gráficas da revista “Vida Gallega” - Clausura do XXI Congreso Español de Esperanto e visita dos congresistas á Escola Naval Militar de Marín - Outra serie de visitas e inauguracións en diversas localidades da provincia, foron efectuadas polo Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez - A beneficio da loita contra o cancro estase a organizar unha festa anual - O Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez realizou unha detida visita ao termo municipal de Lalín - Visita ao campamento “Joaquín Loriga”. O Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez deu aos acampados unha lección de auténtico patriotismo - Asemblea Comarcal da Falanxe no Instituto Laboral de Lalín - Audiencias do Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez - O Ministro Secretario Xeral do Movemento José Solís Ruiz en Pontevedra. Uniuse aos seus fillos que veraneaban na Toxa - Hoxe Día de Galicia, festividade do Apóstolo Santiago Patrón de España. A ofrenda nacional a Santiago Apóstolo foi presentada , no nome do Caudillo, polo Capitán Xeneral da VIII Rexión Militar Camilo Menéndez Tolosa, e foi recibida polo Cardeal Quiroga palacios Arcebispo de Santiago - Galicia e Portugal. Acentuada colaboración literaria e científica nos últimos doce meses - Goberno Civil: Relacións de Sancións por infrinxir o lexislado sobre o tránsito rodado - Gráfica do Capitán Xeneral da VIII Rexión Militar Camilo Menéndez Tolosa a súa saída da Catedral pola Porta de Praterías camiño do Pazo de Raxoi - Brillante celebración da festa do Apóstolo Santiago. Milleiros de peregrinos desfilaron ante a Tumba do Evanxelizador de España - Relacións de sancións por infraccións de tráfico - Goberno Civil: Sancionado por non axudar a apagar o lume dun incendio - Don Rodrigo Recondo, delegado provincial de fútbol afeccionado e Xuvenil tomou posesión do seu cargo - O relatorio sobre a “Campaña contra a inxestión de solucións de lixivias e de sosa” foi entregada a Academia Médico-Cirúrxica provincial e de Vigo polos tres poñentes: Sres. Ruiz Martínez, Álvarez Blázquez e o xornalista don Santiago Vilas - A recadación do Pontevedra C.F., ascende a 610.502 pesetas - Audiencias do Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez no seu despacho de Vigo - A “Fiesta da Banderita”, un chamamento da Asemblea da Cruz Vermella - Fontao (Concello de Cruces) O do Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez inaugurou un poboado para traballadores de 131 vivendas, igrexa, escolas, campo de deportes e sala de espectáculos e locais comerciais - Novas obras inauguradas pola “Sociedade Estaños de Silleda, S.A.” e “Fomento Hispania, S.A” - O do Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez presidiu a Asemblea Comarcal en Caldas de Reis, cun discurso destacando as realizacións do Réxime - Ausencia do Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez quedando ao mando da provincia o Presidente da Deputación Prudencio Landín Carrasco - Sesión ordinaria do Pleno da Deputación. Despois de despachar numerosos asuntos de trámite , o do Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez tivo un troco de impresións cos deputados provinciais
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Servizo de Comunicación Institucional (Tema)