ATOPO
Rexistros actuais: 1.639.067
Obxectos dixitais dispoñibles: 505.531

Fondos

Recortes de Prensa. Deputación Provincial. Tomo 12 (1966)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.2.5.41.458/3

  • Título Recortes de Prensa. Deputación Provincial. Tomo 12 (1966)

  • Data(s) 1966 (Creación)

  • Volume e soporte 1 libro

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Recortes de prensa. Deputación de Pontevedra

    Prensa. Tomo 12 (01-09-1966 / 31-12-1966)

    Contén:

    - Gráfica do Embaixador de Estados Unidos Angier Biddle Duke co Presidente da Deputación Enrique Lorenzo Docampo, e o Alcalde de Pontevedra José Filgueira Valverde, na súa visita a Pontevedra
    - Inauguración dos XXIV Cursos de Verán en Vigo, dependentes da Universidade de Santiago de Compostela
    - A Exposición de Carlos Maside foi inaugurada no Museo
    - Homenaxe de Compostela a Pío Cabanillas Gallas. Recibiu o atributo de Fillo Adoptivo da Cidade
    - Don Pío Cabanillas Gallas en Vigo. Visitou o pazo-museo Quiñones de León
    - Chegada a Vigo do turista catorce millóns de España, dándolle a benvida Enrique Lorenzo Docampo Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento en Pontevedra (Gráfica)
    - Solemne clausura, do XXIV Curso Universitario de Verán, presidida polo Director Xeral de Ensinanza Media Ángel González Álvarez
    - O Banco Local de España autoriza crédito por 20 millóns de pesetas para camiños. Donativo de D. Vicente Riestra Calderón dun televisor para o Hospital
    - Máis de 50 millóns para traballos e aproveitamentos de madeira. Crédito de 20 millóns de pesetas para mellora de camiños e outras obras
    - Sesión Ordinaria do Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra presidido polo seu Presidente Enrique Lorenzo Docampo
    - A Festa do Caudillo no seu XXX aniversario, foi conmemorada cunha recepción oficial no Salón do Trono do Goberno Civil
    - Deputación Provincial. Dous millóns para un plan complementario do de Cooperación
    - O Parador de Baiona aberto ó público. As instalación foron examinadas polo Subsecretario de Turismo Sr. Rodríguez Acosta
    - Entrega dos premios “Enrique Lorenzo” na agrupación Escolar de Reboreda. Redondela
    - Programa dos actos da Festa da Hispanidade
    - Apertura de curso nos instituto de Ensinanza Media. O Profesor García Álvarez disertou sobre “A IV égloga de Virxilio”
    - Homenaxe do Mercantil ó Corpo Consular na cidade de Vigo, en presenza de todas las autoridades provinciais e locais.
    - Día da Hispanidade. Ofrendas do emigrante e do Corpo Consular
    - Gráficas do Día da Hispanidade
    - En Pontevedra celebráronse con gran brillantez os actos do Día da Raza
    - Folleto do Día da Hispanidade, patrocinado pola Goberno Civil, Deputación e Concello de Pontevedra
    - Folleto da Ofrenda do Emigrante, lida por José Antonio Fortes Álvarez (residente en México)
    - As reliquias de San Fructuoso, recibidas polas autoridades no mosteiro de Lérez
    - Reunión do Comité Galicia-Bretaña en Pontevedra, coa participación de destacadas personalidades bretoas
    - Visita de cortesía do Contraalmirante M. Salmón, xefe da flotilla da mariña de guerra francesa, ás autoridades
    - Os Compoñentes do Comité Galicia-Bretaña visitaron Celulosas de Pontevedra, S.A.
    - Agasallo Da Deputación e o Concello ós xefes da Armada francesa e española que participaron na operación “Finisterrex V”
    - Visita ás instalacións portuarias dos membros da misión bretoa
    - Probable inversión de capital e maquinaria bretoa en Galicia
    - M. Murvan Duhamel. “O mercado común estase a desprazar ó oeste, e é moi posible que os países celtas poidan constituír un sólido núcleo económico
    - Acto político no XXXIII aniversario da fundación da Falanxe, no Teatro Principal
    - Acordos da Deputación. Foron aprobados un plan complementario de cooperación municipal e obras na finca Areeiro na sesión presidida por Antonio Puig Gaite.
    - Los pontevedreses responderon con entusiasmo á chamada do Caudillo na votación nun Referendo Nacional da Lei Orgánica do Estado
    - Conmemoración do Día de José Antonio e dos Caídos. Gráfica do Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento Ramón Encinas Diéguez, e o Gobernador Militar Luis Anel Urbez
    - Solicitada a autorización para iniciar as obras de ampliación do Hospital Provincial
    - O ballet galego conseguiu vinte primeiros premios internacionais. O Sr. Rey de Viana foi felicitado polo Ministro de Información e Turismo Manuel Fraga Iribarne
    - Gráfica do discurso do Ministro de Mariña Almirante Pedro Nieto Antúnez , no Teatro García Barbón en Vigo, sobre a Lei Orgánica do Estado
    - Chegada a Pontevedra do Ministro da Mariña Almirante Pedro Nieto Antúnez
    - O Círculo Cultural Mercantil e Industrial recibiu a Medalla de Ouro da Cidade de Vigo de mans do seu Alcalde Sr. Portanet
    - Alocución do Xefe do Estado ante o Referendo Nacional da Lei Orgánica do Estado
    - Historia gráfica do Referendo Nacional da Lei Orgánica do Estado en Vigo
    - Pontevedra e a súa provincia deron un alto exemplo de civismo no Referendo Nacional da Lei Orgánica do Estado
    - Francisco Javier Sánchez Cantón, director da Real Academia de Belas Artes
    - Na Deputación Provincial. Agasallo ó Presidente da Casa de Galicia en Bos Aires
    - Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, baixo a presidencia de Enrique Lorenzo Docampo, no que se aprobou o orzamento ordinario para 1967
    - Plenos extraordinarios da Deputación Provincial 113.090.200 pesetas, orzamento para 1967, superando en máis de 28 millóns o anterior
    - Festividade de Noiteboa no Fogar Provincial e Asilo de Anciáns Desamparados
    - Corporación Provincial. Máis de 4 millóns de pesetas para camiños veciñais

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Servizo de Comunicación Institucional (Tema)

Área de control da descrición