Fondos
41.478/2. Recortes de Prensa. Deputación Provincial. Tomo 71 (1975)
Recortes de Prensa. Deputación Provincial. Tomo 71 (1975)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.2.5.41.478/2
Título Recortes de Prensa. Deputación Provincial. Tomo 71 (1975)
Data(s) 1975 (Creación)
Volume e soporte 1 libro
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Recortes de prensa. Deputación Provincial. Prensa. Tomo 71. Extra. Novembro 1975. Contén: - Franco, enterrado no Val dos Caídos. Antes, centenares de milleiros de españois asistiron a unha misa na Praza de Oriente. O Rei don Juan Carlos I presidiu o cortexo fúnebre. Continúan chegando pésames de todo o mundo pola morte do Xeneralísimo. - Franco recibiu sepultura o domingo no Val dos Caídos. O Rei Juan Carlos I presidiu a solemne cerimonia. Gráficas - O Goberno convocado para hoxe no pazo da Presidencia - Juan Carlos I, Rei de España, por ISIDORO MILLAN - Mil cincocentos representantes das Forzas Armadas desfilarán ante o Rei. Ultimados os preparativos para o acto de exaltación de mañá - Referencia do Consello de Ministro decisorio presidido onte por Arias Navarro. A Mercé Nobiliaria do Señorío de Meirás con Grandeza de España, outorgada á viúva do Xeneralísimo. A súa filla, titulada Condesa de Franco, tamén con Grandeza de España - Indulto xeral. Se concede, por decreto, co gallo da proclamación do Rei - Texto do decreto de indulto xeral. Afecta a feitos cometidos con anterioridade ó 22 de novembro. Redución mínima de condena: non será inferior a 3 anos - Comunicado político do Conde de Barcelona. Rende honores á figura de Franco. Considera que a monarquía ten que ser un poder arbitral. As institucións deben ter auténtica representatividade - As honras fúnebres foron presididas pola S.M. O Rei. Franco recibiu sepultura no Val dos Caídos - Indulto xeral. Co gallo da proclamación da S.M. O Rei de España. Decreto polo que se declara festa oficial o día 27 de novembro. Decreto polo que se concede a mercé nobiliaria do Señorío de Meirás con Grandeza de España á viúva do Xeneralísimo Franco. Decreto polo que se concede o título de duquesa de Franco con grandeza de España á Marquesa de Villaverde - Indulto xeral (continuación de artigo). Programa de actos para mañá, xoves. Misa do Espírito Santo en San Xerónimo o Real, desfile militar e recepción ás delegacións estranxeiras no Pazo de Oriente - Probable concesión ó xeneralísimo, a título póstumo, de duque de Franco - O Conde de Barcelona rende honor á memoria de Franco. Considera que a monarquía para ser útil a España debe ser un poder arbitral independente - Centos de milleiros de españois deron o derradeiro adeus a Franco. Ás 14 horas 11 minutos, foi depositado o féretro do Xeneralísimo na foxa. O Rei de España presidiu todas as cerimonias fúnebres - O Rei presidiu a misa na Praza de Oriente e o enterro de Franco no Val dos Caídos. Unha gran multitude estivo presente nos actos. Gráficas - Os restos mortais de Franco recibiron sepultura o domingo no Val dos Caídos. “Brille a luz do agradecemento polo inmenso legado de realidades positivas que nos deixa ese home excepcional”. Pido a Deus, Maxestade que vos dea sabedoría para ser Rei de todos os españois”. Monseñor González Martín oficiou a misa de “corpore insepulto” da Praza de Oriente, á que asistiron os Reis. Gráficas - Os restos mortais de Franco recibiron sepultura o domingo no Val dos Caídos. Gráfica - Don Juan de Borbón rende honra á memoria de Franco. O Establecemento dunha profunda xustiza social e a consolidación dunha democracia pluralista, entre os obxectivos que deben ser primordiais para o seu fillo e herdeiro Don Juan Carlos - O Consello de Ministros, convocado para esta tarde. - Franco recibiu sepultura no Val dos Caídos. Centenares de milleiros de persoas tributaron ó Xeneralísimo unha emocionada homenaxe. Gráficas - A histórica mensaxe de Franco - España tributou homenaxe póstumo a Franco. Gráficas - O Rei deberá nomear presidente das Cortes antes do 11 de decembro - O domingo no Val dos Caídos. Recibiron sepultura os restos mortais de Francisco Franco. As exequias foron presididas pola Súa Maxestade o Rei de España - Xura e proclamación nas Cortes do Rei de España. Don Juan Carlos I presidiu o enterro de FRANCO no Val dos Caídos. Gráficas - Presidida polos Reis de España EMOCIONADA DESPEDIA A FRANCO. Milleiros de persoas na Praza de Oriente e ó longo do percorrido do cortexo. Gráficas - Presidida polos Reis de España EMOCIONADA DESPEDIA A FRANCO. (continuación do artigo). Gráficas - No Val dos Caídos. Unhas 60.000 persoas congregáronse na explanada - PROCLAMACIÓN. O presidente do Consello de Rexencia tomou o xuramento ó Monarca. Don Juan Carlos foi aplaudido ó referirse o cumprimento do deber e a tradición, inculcado polo seu pai e que foi una constante na súa familia. Agarimosa e longa ovación á filla do Xeneralísimo, con gritos de ”Franco, Franco”. En seis ocasións, os procuradores rubricaron co seu aplauso a mensaxe do Rei. Telegrama do Conde de Barcelona. A Mensaxe a nación. Todo o país pendente - Dous documentos históricos. Acta de falecemento da Súa Excelencia o Xefe do Estado Don Francisco Franco Bahamonde. Acta de xuramento e proclamación do Rei Don Juan Carlos I - 22 minutos tardaron en pechar o féretro. Cristobal Martínez Bordiu bicou o cadáver. Por primeira vez a imaxe do Rei pecha as emisións de T.V.E - O enterro de Franco - O enterro de Franco (continuación do artigo) - O enterro de Franco (continuación do artigo) - Respaldo internacional ó Rei de España. Impresionante dó por Franco - O Rei presidiu as exequias. Impresionante manifestación de dó no Val dos Caídos. A multitude cantou o “Cara ó Sol”, brazo en alto, cando o féretro chegou á porta da Basílica. Voces de “Viva o Caudillo” e “Gloria ó pai de todos os españois” no acto do enterro - A nova España ante a vella Europa, por Américo VELEZ. París- Eloxios ó discurso do Rei. Estados Unidos agarda una liberalización política en España - Adeus conmovedor de España a Franco. Vanse as delegacións estranxeiras. Gráficas - Franco repousa no Val dos Caídos. Os Reis de España presencian a retirada do féretro. Silencio abraiante: o enterro. Misa de “Corpore Insepulto” na Praza de Oriente - Texto íntegro da mensaxe da Coroa. Consenso de concordia nacional. Vontade moderadora da institución monárquica. “Os españois somos europeos”, dixo o Rei - Presidido polos Reis de España. Solemne funeral na Praza de Oriente. Foi oficiado polo Cardeal Primado. Gráficas - Franco inhumado no Val dos Caídos. Presidiu o Rei. Emocionante adeus do pobo madrileño. O Cardeal Primado oficiou o funeral na Praza de Oriente e pronunciou unha exemplar homilía. Milleiros de ex-combatentes e falanxistas de toda España acudiron a Cuelgamuros - Entre a clamorosa homenaxe de milleiros de combatentes. Os restos de Franco no Val dos Caídos. Cen mil españois no derradeiro adeus ó Caudillo. Gráfica - Solemne funeral na Praza de Oriente. Gráficas. - Enterrado tras o altar maior. Sobre a tumba, e baixo a cruz, só o seu nome “Francisco Franco” - Discurso do Rei á Confederación de Combatentes. Teño gran fe no futuro. Sei que podo contar convosco - Boa acollida europea ó indulto concedido polo Rei de España. “Juan Carlos I colle o camiño da apertura”, di “Le Figaro”. Comeza o seu reinado con xestos de clemencia”, sinala “France-Soir” - Boa acollida europea ó indulto concedido polo Rei de España - Hoxe, misa de Espírito Santo en San Xerónimo o Real de Madrid. Será presidida polos Reis de España. Juan Carlos I recibiu ó duque de Edimburgo e ó presidente de Irlanda. R.T.V.E., transmitirá en directo a proclamación do Rei - Hoxe, Día da Coroa. Misa de Espírito Santo na igrexa dos Xerónimos. Participación activa do pobo español nas cerimonias. Uns catro mil reclusos serán postos en liberdade en aplicación do Decreto de Indulto - Hoxe, Día da Coroa - Uns catro mil reclusos serán postos en liberdade - Créase por Decreto a Casa do Rei. Nela integraranse a do Príncipe e a Civil e Militar do Xefe do Estado - Co gallo da proclamación do Rei. Hoxe, tedeum e recepción oficial - Salvo excepcións. O Rei non presidirá os Consellos de Ministros - Os actos de hoxe, serán retransmitidos en directo por RTVE. Á noite ofrecerá o programa íntegro - Exaltación solemne de don Juan Carlos I coma Rei de España. Xornada histórica vivida con entusiasmo popular, que culminou na Praza de Oriente - Exaltación de Juan Carlos I, Rei de España. - España e o seu Rei, na prensa mundial - España e o seu Rei, na prensa mundial (continuación do artigo) - A dinastía borbónica, a máis antiga das europeas. Máis de mil anos de antigüidade se sinala á Casa de Borbón. A Rama española comezou con Felipe V - O pobo aclama en Madrid ós Reis. Más de un millón de persoas aclamaron á comitiva rexia - “Que sexa o voso Reino de xustiza no que collan todos”. Que sexa o voso un Reino de Amor onde a fraternidade sexa a respiración das almas”, “Que reine a verdade na nosa España; que a mentira non invada as nosas Institucións”. Homilía do Cardeal Enrique y Tarancón na misa do Espírito Santo. Gráfica - SS.MM. Os Reis de España saúdan ó Goberno a súa chegada ó Pazo de Oriente. Gráfica. Gratitude do Rei ó pobo madrileño - O pobo aclama en Madrid ós Reis - Gratitude do Rei ó pobo madrileño
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Servizo de Comunicación Institucional (Tema)