ATOPO
Rexistros actuais: 1.639.067
Obxectos dixitais dispoñibles: 505.531

Fondos

Recortes de Prensa. Deputación Provincial. Tomo 37 (1971)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.2.5.41.466/3

  • Título Recortes de Prensa. Deputación Provincial. Tomo 37 (1971)

  • Data(s) 1971 (Creación)

  • Volume e soporte 1 libro

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Recortes de prensa. Deputación de Pontevedra

    Prensa. Tomo 37 (Outubro de 1971)

    Contén:

    - Sesión Plenaria da Deputación Provincial. Fíxose constar na acta a inquebrantable adhesión a Franco co gallo do XXXV Aniversario da súa exaltación á Xefatura do Estado. 150 millóns de pesetas para vías provinciais
    - Elección do representante da Deputación Provincial do procurador a Cortes
    - Don Antonio Puig Gaite único candidato pola provincia para Conselleiro Nacional do Movemento
    - Na Deputación Provincial, inauguración do curso académico do Hospital Provincial
    - O Alcalde de Vigo, reelixido procurador en Cortes
    - Don José Luis Peláez Casalderrey, procurador en Cortes, en representación da Deputación
    - Preparativos para a “Festa da Hispanidade”. O Profesor Moreno Báez pronunciará a conferencia conmemorativa
    - Conferencia do profesor Laín Entralgo, na inauguración do curso do Hospital Provincial
    - Dous Plenos na Deputación. A Corporación Provincial aprobou un orzamento extraordinario de 150 millóns de pesetas
    - Obras no Hospital Provincial. Refírense ó patio aberto na fachada
    - Estancia dunha misión do Banco Mundial na nosa provincia
    - Arranxo da estrada de acceso o Mosteiro de Armenteira
    - Mosteiro de Poio. Solemne funeral en sufraxio de dona María das Mercedes Mon y Landa
    - Conferencia de exaltación hispanoamericana a cargo do Profesor Moreno Báez
    - Inauguración do curso académico no Hospital Provincial
    - Díptico coa programación do “Día da Hispanidade”
    - Modelo de tarxeta invitación para o “Día da Hispanidade”
    - Gráfica da exaltación hispano-americana en Pontevedra
    - Numerosas personalidades asistiron á IX Festa da Exaltación do Marisco
    - A festividade da Virxe do Pilar, foi conmemorada polo Corpo da Garda Civil
    - Gráfica do Cónsul Honorario da República de Chile, en Vigo, pronunciando unhas palabras ante a estatua de Colón
    - Sesión clínica no Hospital Provincial a cargo do Pediatra Manuel Fontoira Suris
    - Gráfica da publicidade da Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra
    - Novas obras no Hospital Provincial. Afecta á sala de uroloxía, corpo de garda e accesos entr45e bloques
    - Deputación Provincial, exposición do estado de gastos do orzamento ordinario
    - Anteproxecto do orzamento extraordinario da Deputación Provincial
    - “Fin de semana ortopédico, acontecemento cultual e científico no Hospital Provincial”
    - Inauguración do curso académico na Residencia de Estudantes
    - Residencia de médicos bolseiros no Hospital Provincial. A Deputación Provincial anuncia a puxa para execución das obras da residencia cun orzamento de 6.614.087 pesetas
    - Sesión do Pleno da Corporación Provincial
    - Vinte mil persoas visitaron o Museo Provincial no que vai de ano. Máis de 1.000 libros engrosaron a súa biblioteca.
    - 20.000 persoas visitaron o Museo de Pontevedra. Novo donativo de D. Antonio Pastor. Unha cruz de azabache
    - Sesión Plenaria da Corporación Provincial. Foron aprobados proxectos de obrs por importe superior a cinco millóns 700.000 pesetas
    - Autoridades a Madrid. O Presidente e o Vicepresidente da Deputación saíron no expreso
    - Brillante lección política do Sr. Buceta Facorro na conmemoración do XXXVIII Aniversario da Fundación da Falanxe Española
    - Concurso-puxa das obras no Hospital Provincial, cun orzamento de 6 millóns 324 mil pesetas
    - 31 de outubro: “47 Día Universal do Aforro”. Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra
    - Don Alfredo García Alén e don Enrique Barreiro Álvarez, de regreso do V Congreso de Arquitectura Típica
    - Máis de seis millóns de pesetas para obras no Hospital Provincial

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Servizo de Comunicación Institucional (Tema)

Área de control da descrición