ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.396
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2011/01/18_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.19.670/1.2011-01-18_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2011/01/18_Ordinaria

  • Data(s) 2011-01-18 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as nove horas e dez minutos do día dezaoito de xaneiro do ano dous mil once, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela, Dna. Francisca Canal Gómez e D. Salvador González Solla, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Severino Reguera Varela, D. Jesús Vázquez Almuíña, D. Perfecto Rodríguez Muíños e D. Carlos Comesaña Abalde. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asisten o señor deputado, D. José Manuel Figueroa Vila. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.18901.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 12 de xaneiro de 2011. 2.18902.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS 1.- Devolución de garantías definitivas á empresa Construcciones E.C. Casas, S.L. A empresa Construcciones E.C. Casas, S.L. (CIF B- 36.147.429), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caja España, por importe de vinte mil cento dez euros con trinta e un céntimos (20.110,31 €), para responder do contrato relativo á obra: Terminación E.P. 2606 Ponte Caldelas- San Vicente-Xustans (Ponte Caldelas), que foi depositada na Tesourería Provincial o 05/09/2008, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200800075165, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 3.18903.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE ARBO NO PAM/06-08, ANUALIDADE 2006, PARA A REALIZACIÓN DA OBRA 263/839 DENOMINADA “ILUMINACIÓN PÚBLICA EN SELA, BARCELA, ARBO CABEIRAS, MOURETAN E CEQUELIÑOS” Dada conta da solicitude de aboo da certificación núm. un/final remitida polo Concello de Arbo, correspondente ó investimento nº 263/839, denominado “Iluminación pública en Sela, Barcela, Arbo, Cabeiras, Mouretán e Cequeliños”, incluído no PAM/06-08, anualidade 2006, á vista dos informes de intervención e do servizo de infraestruturas, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Recoñecer a obriga de sete mil setecentos dous euros con trinta e nove céntimos (7.702,39 €), seguindo o procedemento de recoñecemento extraxudicial do crédito, a favor do citado Concello. - Declarar o aboo da cantidade de sete mil setecentos dous euros con trinta e nove céntimos (7.702,39 €), con cargo á aplicación orzamentaria 10/942.942.762.10.2006, como pagamento da subvención concedida ó Concello de Arbo para a realización do investimento denominado “Iluminación pública en Sela, Barcela, Arbo, Cabeiras, Mouretán e Cequeliños”. 4.18904.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Á A. VV. UNIDADE PARROQUIAL DE XINZO (PONTEAREAS) NO PAC/2008, PARA A REALIZACIÓN DA OBRA NÚM. 49 DENOMINADA “CONSERVACIÓN DE FACHADAS E OUTROS” Dada conta da solicitude de aboo da xustificación achegada pola A. VV. Unidade Parroquial de Xinzo (Ponteareas) (CIF.: G-36.027.431), correspondente ó investimento nº49, denominado “Conservación de fachadas e outros”, incluído no PAC/08, á vista dos informes de intervención e do servizo de infraestruturas, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Recoñecer a obriga de catro mil cincocentos euros (4.500,00 €), seguindo o procedemento de recoñecemento extraxudicial do crédito, a favor da citada asociación. - Declarar o aboo a cantidade de catro mil cincocentos euros (4.500,00 €), con cargo á aplicación orzamentaria 11/942.459.789.07.2008, como pagamento da subvención concedida á A. VV. Unidade Parroquial de Xinzo (Ponteareas) (CIF.:G-36.027.431) para a realización do investimento núm. 49 denominado “Conservación de fachadas e outros”. 5.18905.- COMUNICACIÓNS A Xunta de Goberno queda enterada da seguinte: Comunicación da directora xeral de Infraestruturas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, de data 10/01/11 (Rex. nº 001081 de data 14/01/11), xuntando a Resolución pola que se aproba o expediente de información pública e definitivamente o estudo comparativo de alternativas da VAC Tui-A Guarda, treito II: enlace PO-350-enlace Goián. Clave: PO/10/003.00. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 6.18906.- ADHESIÓN Ó ACORDO MARCO SUBSCRITO ENTRE A FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS E PROVINCIAS E O CONSELLO XERAL DO NOTARIADO Dada conta de que o convenio de colaboración en materia de xestión recadatoria entre o ORAL e o Colexio de Notarios de Galicia, ven a afectar principalmente, no senso de mellorar, a xestión e liquidación do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) e o Imposto sobre o Incremento do Valor dos Terreos de Natureza Urbana (IIVTNU), á vez que vén a dar resposta ó imperativo legal previsto no artigo 110.7 da Lei 2/2004, reguladora das Facendas Locais, no que se establece a obriga legal dos notarios de remitir ós concellos os documentos que conteñan actos que poñan de manifesto o feito impoñible do IIVTNU. Visto a certificación do acordo adoptado polo Consello Reitor do ORAL en sesión de vinte e dous de decembro de 2010, no que se prestou conformidade por unanimidade á adhesión, así como os informes emitidos pola Dirección, polo Servizo Xurídico e polo Servizo de Xestión Tributaria e Inspección do ORAL, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Aprobar a adhesión da Deputación ó Acordo Marco subscrito entre a Federación Española de Municipios e Provincias e o Consello Xeral do Notariado, cuxa finalidade primordial é mellorar a xestión do Imposto sobre Bens Inmobles e do Imposto sobre o Incremento do Valor dos Terreos de Natureza Urbana. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN EN MATERIA DE XESTIÓN RECADATORIA ENTRE O ORGANISMO AUTÓNOMO PROVINCIAL DE XESTIÓN DE RECURSOS LOCAIS E O COLEXIO DE NOTARIOS DE GALICIA Na cidade de Pontevedra, a ………………… de 2011 R E U N I D O S: Dunha parte: Don Rafael Louzán Abal, con NIF.- 35451643H, como presidente da Deputación Provincial de Pontevedra. Doutra parte: D ………………..., con NIF, decano presidente do Colexio de Notarios de Galicia. M A N I F E S T A N A Deputación Provincial de Pontevedra en exercicio das funcións de cooperación e asistencia técnica que a Lei 7/1985, de 2 de abril, de Bases de Réxime Local, atribúelle, realiza a xestión, liquidación, inspección e recadación dos tributos municipais cando os concellos da Provincia delegan na mesma as súas facultades. A delegación de competencias acórdase en virtude do que prevén, entre outras normas, o artigo 106 da Lei de Bases de Réxime Local e o artigo 7 do texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo. Co obxectivo principal de realizar as funcións de xestión e recadación tributarias delegadas polos municipios, a Deputación Provincial de Pontevedra creou o Organismo Autónomo de Xestión e Recadación de Tributos Locais (ORAL), dotado de personalidade xurídica. Na actualidade o ORAL leva a cabo a xestión do IIVTNU de dezanove (19) municipios da Provincia de Pontevedra e a xestión do IBI en cincuenta e un (51) municipios. Como Ente xestor, a Deputación ha de procurar que as funcións delegadas exérzanse da forma máis eficiente posible. Con esta finalidade, está moi interesada en subscribir convenios de colaboración con outras Administracións e Institucións cuxas funcións estean relacionadas coas tarefas e os datos necesarios para a xestión dos tributos locais que lle corresponda realizar. A Deputación Provincial de Pontevedra coñece o Acordo Marco subscrito entre a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e o Consello Xeral do Notariado (CGN), cuxos termos lle parecen moi interesantes para mellorar a xestión do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) e do Imposto sobre o Incremento do Valor dos Terreos de Natureza Urbana (IIVTNU), que leva a cabo por delegación dos Municipios. A Deputación Provincial de Pontevedra e o Colexio de Notarios de Galicia desexan axuntar esforzos e coordinar actuacións para facilitar ós cidadáns o cumprimento dos seus deberes, aproveitando particularmente o uso das novas tecnoloxías. En virtude de tales consideracións, e coa finalidade de definir o alcance desta colaboración, ambas as partes: A C O R D A N Primeiro.- Asistencia e información ós usuarios e consumidores, en relación con aqueles trámites relativos ó IIVTNU e ó IBI. A Deputación Provincial de Pontevedra e o Colexio de Notarios de Galicia, utilizando as novas tecnoloxías da información, ofrecen ós cidadáns a posibilidade de realizar, na mesma notaría na cal se outorga a escritura pública que recolle o negocio xurídico, entre outros, os seguintes trámites: a) Asistencia para a autoliquidación do IIVTNU. A estes efectos, o Notario dende o sistema informático corporativo conectarase á base de datos do ORAL, introducirá os elementos tributarios determinantes e obterá o borrador de autoliquidación. Este documento poderase facilitar ó interesado. b) Pagamento do IIVTNU. Cando o Notario seleccione informaticamente a opción de pagar, o ORAL expedirá a carta de pago, de posible obtención na Notaria. O aboo realizarase a través dun sistema integrado de pagamento on-line, que preferentemente consistirá no uso do servizo de pagamentos telemáticos, xestionado dende a plataforma desenvolvida por Red.es ou similar. c) Información ó interesado das débedas pendentes polo IBI das cales terá que responder o adquirente dun inmoble, por afección do ben. Con esta información simplifícase o cumprimento do prescrito no artigo 64 do Trlrfl. d) Incorporación no padrón do IBI dos efectos de carácter tributario deducidos das alteracións catastrais declaradas mediante escritura notarial. Así mesmo, actualizarase o catastro nos termos resultantes do Convenio subscrito entre a Dirección Xeral do Catastro e a Deputación Provincia de Pontevedra-ORAL e da normativa específica que nesta materia vincula ós Notarios en relación ó Catastro. As actuacións ás que se refiren os apartados a), b) e c) anteriores realizaranse cando así o solicite o obrigado tributario, requiríndose consentimento do interesado cando sexa necesario acceder a datos de carácter persoal. Segundo.- Asistencia e información ós usuarios e consumidores, en relación co IIVTNU. Cando os contribuíntes polo imposto sobre o IIVTNU non desexen realizar o pagamento do tributo en Notaría, na forma prevista no apartado b) do pacto primeiro, os notarios advertirán expresamente ós comparecentes da súa obriga de presentar a autoliquidación e realizar o pago nos prazos previstos no artigo 110.2 Trlrfl. Advertirase, así mesmo, que o incumprimento de tal deber, orixinará a esixibilidade de recargas de extemporaneidade, e, no seu caso, sancións tributarias, intereses de demora e recargas de prema. Ambas as advertencias realizaranse nos termos previstos no Regulamento Notarial e as Resolucións da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado de desenvolvemento sobre a materia. Terceiro.- Procedemento para a transmisión de datos á Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL a efectos da xestión do IIVTNU e do IBI. Dende a Plataforma Telemática Corporativa do CGN, remitirase ó Organismo trimestralmente os datos procedentes dos índices únicos informatizados a efectos da xestión do IIVTNU e IBI, devengados por feitos impoñibles realizados con referencia a inmobles situados en Municipios que delegaron a xestión daqueles tributos na Deputación Provincial de Pontevedra. En todo caso, con independencia de que na Notaría practicouse a autoliquidación do IIVTNU, como mínimo deberán remitirse os datos referidos no Acordo segundo do Convenio Marco subscrito entre a FEMP e o CGN. Cuarto.- Procedemento para a transmisión de datos á Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL a efectos da xestión do IIVTNU e do IBI. Coa información mensual que remitirá o CN cúmprese a obriga de colaboración prescrita actualmente polo artigo 110 do Trlrfl. e con carácter xeral polo artigo 93 da Lei Xeral Tributaria. Iso non obstante, dita información resulta insuficiente para practicar as funcións de comprobación que corresponden ó ORAL. Por iso e para facilitar as dicir funcións de liquidación e comprobación: Naqueles casos en que o cliente encarga ó Notario a xestión da liquidación do IIVTNU, o Notario, previa autorización do obrigado, remitirá copia simple electrónica á Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL. A remisión da copia da escritura, se así o solicita o ORAL, poderá limitarse ós datos con transcendencia para a liquidación e comprobación do imposto. Conforme prevé o acordo segundo do Convenio Marco, cando a Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL precise coñecer, con máis detalles do obtido a través dos datos procedentes do índice único informatizado, outra información sobre a transmisión do inmoble que orixinou o feito impoñible do imposto, poderá solicitar do Notario copia do instrumento público a que se refire a solicitude de información. Quinto.- Procedemento para a transmisión de información por parte da ORAL-Deputación Provincial de Pontevedra sobre as débedas pendentes polo IBI. Os Notarios poden solicitar ó ORAL, dende a Plataforma Telemática Corporativa do CGN, información sobre as débedas pendentes polo IBI asociadas ó inmoble que se transmite, a efectos de poder formular a advertencia expresa de responsabilidade do adquirente, por afección do ben, prevista no artigo 64 do Trlrfl. O ORAL facilitará, na xeneralidade dos casos, a expedición informatizada e inmediata do certificado solicitado. Cando non fose posible a obtención automática do certificado, transmitirase por fax e con máxima urxencia. Sexto.- Necesaria delegación de competencias na Deputación. Os trámites relacionados no acordo primeiro, poderanse realizar segundo o que prevé o presente Convenio cando se refiran a tributos cuxa xestión corresponda á Deputación Provincial de Pontevedra por delegación dos municipios titulares, e sempre que os concellos respectivos non manifesten a súa oposición. En documento anexo detállanse os concellos que nesta data teñen delegada na Deputación Provincial de Pontevedra a xestión do IBI e sobre o IIVTNU. Se a relación de Municipios que delegaron as súas competencias na Deputación de Pontevedra modificásese, o ORAL comunicará puntualmente as variacións á FEMP e ó CN. En ningún caso o ORAL levará a cabo actuacións de xestión e liquidación tributarias se non están delegadas as correspondentes facultades polos Concellos titulares. Sétimo.- Colaboración entre as partes. Asistencia por parte da Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL. A Deputación de Pontevedra-ORAL pon a disposición dos Notarios o acceso ás súas bases de datos coa finalidade de: a) Asistir na presentación da autoliquidación do Imposto sobre o IIVTNU. b) Obter información dos datos catastrais que corresponden a cada inmoble, a efectos de dar cumprimento ó artigo 64 do Trlrfl. c) Obter información dos datos catastrais que corresponden ós inmobles transmitidos, co contido e alcance resultantes de aplicar as instrucións da Xerencia Rexional do Catastro. O acceso ós datos persoais referidos nos apartados a) e b) require o consentimento dos afectados. Para conseguir os obxectivos de simplificación do cumprimento de obrigas tributarias e asistencia na realización de autoliquidacións, declaracións e comunicacións e na súa correcta formulación, os Notarios consideraranse colaboradores da Deputación de Pontevedra, ó amparo do artigo 92 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria. Oitavo.- Posibilidade de notificacións ou requirimentos especiais individualizados. O presente acordo de colaboración inclúe a posibilidade de que os Notarios efectúen notificacións ou requirimentos especiais individualizados en determinados casos en que o solicite a ORAL-Deputación de Pontevedra, co cobro da minuta de honorarios correspondente. Noveno.- Comunicación entre as partes. Co obxecto de axilizar todos os trámites entre a ORAL-Deputación de Pontevedra e Notarios, as comunicacións entre ambos levarán a cabo mediante a conexión segura dos respectivos sistemas de información, no caso dos notarios, da Plataforma Telemática Corporativa do CGN. Décimo.- Normas reguladoras das relacións entre os Notarios e os usuarios e consumidores. As relacións dos Notarios cos usuarios e consumidores derivadas deste acordo estarán suxeitas ás normas reguladoras da función notarial (Lei do Notariado de 28 de maio de 1862, modificada pola Lei 36/2006, de 29 de novembro, de medidas para a prevención da fraude fiscal e Regulamento de Organización e Réxime do Notariado, aprobado por Real Decreto 45/2007, de 19 de xaneiro) ás normas de protección dos usuarios e consumidores e ás prescricións da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal. Décimo primeiro.- Comisión Mixta. Ó obxecto de garantir a eficacia deste Convenio, créase unha Comisión Mixta formada por dous representantes da Deputación de Pontevedra-ORAL e dous representantes do CN de Pontevedra, comisión que velará polo grao de implantación e cumprimento dos acordos precedentes. Décimo segundo.- Vixencia e comezo de aplicación. Este acordo terá unha vixencia dun ano a partir da súa sinatura, entendéndose prorrogado automaticamente por períodos dun ano, agás que sexa denunciado por calquera das partes no prazo de tres meses anterior á data de finalización de cada prazo. Non obstante, e para mellorar o que sexa necesario deste Convenio, a Comisión Mixta prevista no acordo decimo primeiro poderá formular ó CGN, ó CN e á Deputación de Pontevedra-ORAL as observacións que considere oportuno introducir en función da experiencia obtida e os novos avances tecnolóxicos, as cales serán reflectidas, se así se cre conveniente, en acordos complementarios ó presente documento. Décimo terceiro.- Natureza administrativa. O presente Convenio de colaboración ten carácter administrativo, considerándose incluído no artigo 4.1.c) da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. Os litixios que puidesen xurdir sobre a interpretación do Convenio, o seu cumprimento, extinción, resolución e efectos, serán resoltos pola Comisión Mixta de Coordinación e Seguimento anteriormente citada, e a falta de acordo desta, serán competentes os Tribunais da orde xurisdicional contencioso-administrativo. E, en proba de conformidade, as dúas partes asinan este Convenio, en duplicado exemplar, na data indicada no encabezamento deste documento.” 7.18907.- INFORME EN RELACIÓN CO PROXECTO SECTORIAL DO POLÍGONO INDUSTRIAL DE A PASAXE (CONCELLOS DE GONDOMAR E VIGO) E INFORME DE SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL, QUE REMITE O INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS Dada conta das comunicacións do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, de datas 5 de outubro e 14 de decembro de 2010, recibida nesta Deputación os días 11 de outubro e 20 decembro (Rex. de entrada núm. 35459 e núm. 42871, respectivamente), remitindo Proxecto Sectorial do Polígono Industrial de A Pasaxe nos Concellos de Gondomar e Vigo, ós efectos de emisión de informe por parte desta Deputación, e Resultando que o Director de Infraestruturas, emite informe con data 4 de xaneiro de 2011, no que manifesta: “Que o citado Proxecto Sectorial de incidencia supramunicipal (Concellos de Gondomar e Vigo), non ten afección sobre ningunha infraestrutura dependente deste Organismo.” A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e a súa remisión ó Instituto Galego de Vivenda e Solo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. 8.18908.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DO DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO EDEPO Actualmente, facer a administración máis próxima á cidadanía é un dos principais obxectivos da Deputación de Pontevedra. A demanda que existe hoxe por parte dos cidadáns, relativa á calidade dos servizos públicos prestados, provoca a necesidade de definición de novos marcos de actuación e mellora dos procedementos administrativos tanto a nivel autonómico, como a nivel local nas deputacións e nos propios concellos. A Deputación de Pontevedra lanza un proxecto que se atopa enmarcado dentro do proceso de modernización no que se atopa inmersa e que pretende expandir ó resto de concellos da provincia. Trátase dun proxecto que pretende cubrir un dobre obxectivo que pasa pola mellora na xestión interna da entidade, así como o desenvolvemento de servizos innovadores de valor, a prestar ós concellos que a conforman dentro do seu ámbito de competencia. A Deputación de Pontevedra, en liña cos obxectivos de cooperación e transferencia tecnolóxica entre as administracións públicas que propugna o Plan Avanza (unha das vías de financiamento do presente contrato), comprométese a dar acceso a todos os concellos da provincia de Pontevedra que así o desexen, ás distintas plataformas obxecto do presente contrato. O proxecto denominado Edepo pretende modernizar a Deputación de Pontevedra e os concellos da provincia de ata 14.000 habitantes, e conta cun orzamento de 4.068.965,53€. A Xunta de Goberno, en sesión de 23 de decembro de 2009, autorizou un anuncio de información previa da licitación Edepo, e que foi publicado o 31 de decembro de 2009 no boletín das comunidades europeas. Polo servizo de contratación infórmase que o sistema máis adecuado para adxudicar este contrato é o procedemento aberto, para o que se elabora o prego de condicións que é o elemento regulador do mesmo. Visto o Informe emitido polo Sr. Secretario sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que ha de rexer na contratación, e vistos así mesmo, o documento Rcs e o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención. Considerando o disposto na disposición adicional segunda da lei de Contratos do Sector Publico, e na base 16, apartado segundo das bases de execución do orzamento para o ano 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o expediente de contratación para adxudicar, mediante procedemento aberto, o desenvolvemento de proxecto Edepo, con arranxo ós seguintes lotes e cantidades: LOTE DESCRICIÓN DO LOTE IMPORTE LOTE 1 Infraestrutura para o Centro de Proceso de Datos e periféricos de soporte 457.758,63 € LOTE 2 Subministración e posta en marcha dunha multiplataforma de e-Servizos e a estratexia I*net da Deputación de Pontevedra 2.171.810,35 € LOTE 3 Dixitalización de fontes documentais, gráficas, sonoras e audiovisuais 1.439.396,55 € TOTAL (todas as cantidades inclúen IVE) 4.068.965,53 € Así mesmo a Xunta de Goberno, acorda: - -Autorizar o gasto con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias e en relación cos seguintes lotes: LOTE APLICACIÓNS ORZAMENTARIAS 1 - 11/926.491.677.01.2009 (184.018,97 €) - 11/942.492.627.01.2009 (192.278,97 €) - 11/926.926.626.01.2008 (81.460,69 €) 2 - 11/926.491.627.01.2009 (828.502,87 €) - 11/942.492.627.01.2009 (683.614,15 €) - 11/926.926.641.00.2008 (49.348,50 €) - 11/926.491.627.01.2009 (144.640,00 €) - 11/942.492.627.01.2009 (465.704,83 €) 3 - 11/942.492.627.01.2009 (1.439.396,55 €) - -Declarar a improcedencia da revisión de prezos nas condicións establecidas no artigo 77 e seguintes da Lcsp. - Iniciar o prazo de presentación de proposicións para dito procedemento, coa publicación do anuncio no Boletín Oficial da Unión Europea e cunha antelación mínima de trinta e seis días, ademais da súa publicación nos Boletíns Oficiais da Provincia e Estado.” Dito prego é como segue: 9.18909.- APROBACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO Nº 4 DE AMPLIACIÓN E REHABILITACIÓN DO EDIFICIO SARMIENTO (MUSEO DE PONTEVEDRA) O Ministerio de Cultura, a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra subscribiron, con data 2 de decembro de 2003, un convenio para levar a cabo as obras de ampliación do Museo de Pontevedra e a rehabilitación do Edificio Sarmiento por un importe de 15.255.405,76 €. En cumprimento dese convenio, a Deputación adxudicou á empresa ACS Proyectos, Obras y Construcciones que posteriormente se fusionou, mediante absorción, coa firma Dragados Obras y Construcciones a realización das referidas obras por un importe de 12.889.292,32 €. A parcela onde se levou a cabo a construción da primeira fase está situada no casco antigo de Pontevedra, e por conseguinte a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia esixiu unha intervención arqueolóxica pendente a conservar para xeracións futuras a muralla medieval de Pontevedra deixando ó descuberto os restos da mesma. Estas actuacións obrigaron a realizar unha modificación do proxecto inicial co fin de adecualo ás directrices da Consellería da Cultura incorporando parte da muralla o museo e a outra parte que discorre pola rúa colindante, zona de dominio público do concello, quedará integrada cun tratamento unitario de tal xeito que se permita a súa visión completa dende a rúa. Estas condicións foron esixidas polo Concello de Pontevedra ó conceder a correspondente licenza urbanística. Os arquitectos directores da obra, gañadores do concurso público de ideas convocado pola Deputación redactaron o proxecto modificado nº1 por un importe de 2.577.706,32 € que foron aprobados pola Xunta de Goberno en sesión celebrada o día 17 de novembro de 2006 adxudicando a súa realización á empresa Dragados S.A. Posteriormente, levouse a cabo a aprobación dun proxecto modificado nº 2 que non supuxo incremento orzamentario algún, senón única e exclusivamente axustes das distintas partidas de execución material. Unha vez concluídas as obras da ampliación do Museo (fase I) comezaron as correspondentes á rehabilitación do Edificio Sarmiento (fase II), que unha vez efectuadas as demolicións e comprobado o estado de conservación da estrutura e dos forxados obrigou á redacción do proxecto modificado nº 3, para levar a cabo a adecuación estrutural do edificio, a substitución da cuberta e a solución definitiva de situación do centro de transformación que dá servizo ós distintos edificios que conforman o denominado rueiro cultural da Deputación. Este proxecto modificado nº 3 aprobouse pola Xunta de Goberno, en sesión do día 24 de marzo de 2010, non supoñendo custo sobre o proxecto inicial. Estas actuacións trouxeron como consecuencia que non se puidera rematar o acondicionamento das salas previstas no proxecto, así como os acabados interiores do edificio Sarmiento, salas de exposición, claustro, zonas comúns, habilitación da planta baixa para futuro uso como restaurante, etc… o que obrigou a redactar ós arquitectos directores da obra o proxecto modificado nº 4, de ampliación do Museo de Pontevedra e do edificio Sarmiento, por un importe de 2.577.775,83 €, unha vez aplicada a baixa da adxudicación do 15,51%. Os arquitectos directores da obra solicitaron a correspondente autorización previa, para levar a cabo a redacción deste proxecto modificado, conformada polo Presidente da Deputación. Este importe supón un incremento do 19,99 % respecto o proxecto inicial. O proxecto modificado nº 4 foi informado pola oficina de supervisión. O prazo para levar a cabo as obras amplíase ata o 30 de marzo de 2011. A empresa mostra a súa conformidade, por escrito, ós prezos do proxecto modificado, subscribindo o documento de aceptación un apoderado da mesma. Para facer fronte a este gasto existe consignación orzamentaria nas aplicacións 2010/457.333.622.01.2008 e 2010/457.333.622.01.2009, segundo os documentos de retención de crédito expedidos pola Intervención. O artigo 101 do R.d. 2/2000, de 16 de xuño, regulador da Lei de Contratos das Administracións Públicas, aplicable a esta contratación, establece que se poderán introducir modificacións nos contratos por razón de interese público debidas a necesidades novas ou causas imprevistas, concorrendo no presente caso ambas circunstancias, que están suficientemente motivadas na memoria. Vistos os informes de Contratación, Secretaría e Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Prestar aprobación ó proxecto modificado nº 4 de ampliación e rehabilitación do Edificio Sarmiento (Museo de Pontevedra), por un importe de 2.577.775,83 €. 2. Aprobar o gasto con cargo ás aplicacións orzamentarias 2010/457.333.622.01.2008 e 2010/457.333.622.01.2009. 3. Adxudicar a realización do proxecto á empresa Dragados, Obras y Construcciones, S.A. 4. A empresa adxudicataria deberá constituír unha garantía complementaria por importe de 103.111,03 €. 5. O prazo para levar a cabo as obras amplíase ata o 30 de marzo de 2011. 10.18910.- MODIFICACIÓN DA RELACIÓN DE CENTROS INCLUÍDOS NO CONTRATO DE SUBMINISTRACIÓN DE ENERXÍA ELÉCTRICA A Xunta de Goberno, en sesión celebrada o dia 22 de decembro de 2010, resolveu o procedemento negociado sen publicidade, convocado para a contratación conxunta da subministración de enerxía eléctrica ós centros da Deputación e diversos concellos da Provincia, adxudicándoo a empresa Unión Fenosa Comercial S.L. Na relación de centros da Deputación de Pontevedra, non se incluíron por omisión os seguintes centros do ORAL: -Oficina Periférica de Caldas de Reis sita na rúa José Salgado nº19 Baixo. -Oficina Periférica de Moaña sita na rúa Almansa nº5. -Oficina Periférica de Vilanova de Arousa sita en Rúa Aromas de Leyenda 11 Baixo. -Oficina Periférica de Ponteareas sita na Rúa Daniel Ojea nº5 baixo. -Oficina Periférica de Tui, sita na rúa Coruña nº24 baixo dereita. Así mesmo, tampouco figura o edificio da Imprenta Provincial situada na Avda. de Domingo Fontán 24 de Pontevedra. Visto o informe do Servizo de contratación e dado que o concurso convocado era para a subministración de enerxía eléctrica para todos os centros da Deputación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade modificar o acordo inicialmente adoptado no senso de que nos centros da Deputación se inclúan tanto os do ORAL antes relacionados, como o edificio da Imprenta Provincial. 11.18911.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición