Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2011-05-11_Ordinaria. Acta de sesión 2011/05/11_Ordinaria
Acta de sesión 2011/05/11_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.19.670/2.2011-05-11_Ordinaria
Título Acta de sesión 2011/05/11_Ordinaria
Data(s) 2011-05-11 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e vinte minutos do día once de maio do ano dous mil once, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela, Dna. Francisca Canal Gómez e D. Salvador González Solla, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Severino Reguera Varela, D. Jesús Vázquez Almuíña, D. Perfecto Rodríguez Muíños e D. Carlos Comesaña Abalde. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.19225.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 4 de maio de 2011. 2.19226.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS 1.- Devolución de garantías definitivas á empresa Biomèrieux España, S.A. Á empresa Biomérieux España, S.A. (CIF A- 28.664.589), mediante escritos presentados perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos contratos. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Crédito y Caución, por importe de seiscentos euros (600,00 €), para responder do contrato relativo á: Subministración de diversos reactivos para realizar os análises de mamite no laboratorio da Finca Mouriscade, que foi depositada na Tesourería Provincial o 14/07/2005, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200500069197, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Crédito y Caución, por importe de dos mil oitocentos euros (2.800,00 €), para responder do contrato relativo ó: Subministro de diversos reactivos para o laboratorio da Finca Mouriscade, que foi depositada na Tesourería Provincial o 31/01/2007, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200700006052, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Crédito y Caución, por importe de dous mil douscentos noventa e seis euros con oitenta céntimos (2.296,80 €), para responder do contrato relativo á: Subministración de diversos reactivos para realizar os análises de mamite no laboratorio da Finca Mouriscade, que foi depositada na Tesourería Provincial o 28/06/2006, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200600058246, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Crédito y Caución, por importe de oitocentos euros (800,00 €), para responder do contrato relativo á: Subministración de diversos reactivos para realizar os análises de mamite no laboratorio da Finca Mouriscade, que foi depositada na Tesourería Provincial o 2/09/2005, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200500083538, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Crédito y Caución, por importe de dous mil novecentos sesenta e nove euros con sesenta céntimos (2.969,60 €), para responder do contrato relativo á: Subministración dun equipo Vitek 2 Compact 60 para o laboratorio da Finca Mouriscade, que foi depositada na Tesourería Provincial o 12/01/2006, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200600000556, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da empresa. 2.- Devolución de garantías definitivas á empresa Emdesfor 2002, S.L. A empresa Emdesfor 2002, S.L. con CIF B- 36.404.218, mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caja Madrid, por importe de oitocentos sesenta e dous euros con cinco céntimos (862,05 €), para responder do contrato relativo ó: Lote 24 da 1ª ampliación do procedemento aberto convocado para contratar o aluguer de maquinaria e vehículos de transporte e o subministro de materiais, ano 2009, que foi depositada na Tesourería Provincial o 27/07/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900062779, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da empresa. 3.- Devolución de garantías definitivas á empresa Comercial Custodio, S.L. A empresa Comercial Custodio, S.L. con CIF B- 36.137.099, mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Pastor, por importe de dous mil setecentos sesenta e cinco euros con corenta e catro céntimos (2.765,44 €), para responder do contrato relativo á: Subministración dun rolo compactador-vibrador para a Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño, que foi depositada na Tesourería Provincial o 16/08/2007, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200700069521, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da empresa. 3.19227.- APROBACIÓN DO PROXECTO “RETALER II” PRESENTADO Á 2ª CONVOCATORIA DO PROGRAMA OPERATIVO DE COOPERACIÓN TRANSFRONTERIZA ESPAÑA-PORTUGAL, PERÍODO 2007-2013 Vista a Resolución Presidencial de data 27 de maio de 2010 pola que se resolve aprobar a presentación da candidatura do proxecto RETALER II á 2ª convocatoria para a solicitude de proxectos cofinanciados polo FEDER dentro de Programa de Cooperación Transfronteriza España-Portugal (POCTEP) 2007-2013. Visto o escrito do Comité de Xestión do Programa de Cooperación Transfronteirizo España-Portugal con rexistro de entrada de data 7 de marzo de 2011 a través do que se comunica á Deputación de Pontevedra a concesión dunha axuda do FEDER de 1.815.833,20 € para o proxecto 0456_RETALER_II_6_E, da que 150.000,00 € corresponde á axuda FEDER para esta Deputación e 1.665.833,20 € para o resto dos socios. Visto o informe de Secretaría Xeral de data 26 de maio de 2010 no que se manifesta que o proxecto enténdese correcto en relación ó obxecto da 2ª convocatoria para a solicitude de proxectos do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2007-2013. Visto o informe de Intervención de data 3 de maio de 2011 no que se establece que se o proxecto resulta aprobado e cofinanciado pola U.E., deberase: 1. Aceptar as condicións do proxecto por parte do órgano competente. 2. Aprobar de forma taxativa a distribución do gasto plantexada e establecer un cadro económico-financeiro para as anualidades que correspondan. 3. Aprobar que a súa xestión se realiza a través do módulo “proxecto de gastos” tal e como establece a Base 27ª de execución o orzamento provincial. 4. Aprobar a xeración de crédito polos importes da subvención concedida e a modificación orzamentaria correspondente pola achega propia da Deputación de Pontevedra, abrindo as partidas e conceptos que sexan necesarios para a súa xestión dentro do módulo “proxecto de gastos” (Proxecto RETALER II). 5. Para a anualidade 2012, deberase incluír no orzamento provincial os importes que correspondan, tanto nas aplicacións orzamentarias de gastos como nos conceptos de ingresos; que recollan, respectivamente, os créditos e a cofinanciación, dentro do proxecto de gastos RETALER II. Por todo o anteriormente exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar o proxecto 0456_ RETALER_II_6_E, cofinanciado polo FEDER dentro do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal. 2. Aprobar a distribución do gasto establecéndose o seguinte cadro económico-financeiro cos importes que corresponden a esta deputación provincial dentro do total do proxecto: ANO 2011 2012 TOTAL Deputación de Pontevedra achega propia 36.170,35 € 13.829,65 € 50.000,00 € Subvención F.E.D.E.R. 108.511,04 € 41.488,96 € 150.000,00 € Orzamento total 144.681,39 € 55.318,61 € 200.000,00 € 3. Aprobar que a súa xestión se realice a través do módulo “proxecto de gastos” tal e como establece a Base 27ª de execución do orzamento provincial para o exercicio 2008. 4. Aprobar a xeración de crédito polos importes da subvención concedida e a modificación orzamentaria correspondente pola achega propia da Deputación de Pontevedra, abrindo as partidas e conceptos que sexan necesarios para a súa xestión dentro do módulo “proxecto de gastos” (Proxecto RETALER II). 5. Para a anualidade 2012, deberase incluír no orzamento provincial os importes que correspondan, tanto nas aplicacións orzamentarias de gastos como nos conceptos de ingresos; que recollan, respectivamente, os créditos e a cofinanciación, dentro do proxecto de gastos RETALER II. 4.19228.- APROBACIÓN DO PROXECTO “PROAMARE” PRESENTADO Á 2ª CONVOCATORIA DO PROGRAMA OPERATIVO DE COOPERACIÓN TRANSFRONTERIZA ESPAÑA-PORTUGAL, PERÍODO 2007-2013 Vista a Resolución Presidencial de data 27 de maio de 2010 pola que se resolve aprobar a presentación da candidatura do proxecto PROAMARE á 2ª convocatoria para a solicitude de proxectos cofinanciados polo FEDER dentro de Programa de Cooperación Transfronteriza España-Portugal (POCTEP) 2007-2013. Visto o escrito do Comité de Xestión do Programa de Cooperación Transfronteirizo España-Portugal con rexistro de entrada de data 12 de abril de 2011 a través do que se comunica á Deputación de Pontevedra a concesión dunha axuda do FEDER de 646.500,00€ para o proxecto 0536_PROAMARE_1_E, da que 284.737,50 € corresponde á axuda FEDER para esta Deputación e 361.762,50 € para o resto dos socios. Visto o informe de Secretaría Xeral de data 26 de maio de 2010 no que se manifesta que o proxecto enténdese correcto en relación ó obxecto da 2ª convocatoria para a solicitude de proxectos do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2007-2013 Visto o informe de Intervención de data 3 de maio de 2011 no que se establece que se o proxecto resulta aprobado e cofinanciado pola U.E., deberase: 1. Aceptar as condicións do proxecto por parte do órgano competente. 2. Aprobar de forma taxativa a distribución do gasto plantexada e establecer un cadro económico-financeiro para as anualidades que correspondan. 3. Aprobar que a súa xestión se realiza a través do módulo “proxecto de gastos” tal e como establece a Base 27ª de execución o orzamento provincial. 4. Aprobar a xeración de crédito polos importes da subvención concedida e a modificación orzamentaria correspondentes polas achegas propias da Deputación de Pontevedra abrindo as partidas e conceptos que sexan necesarios para a súa xestión dentro do módulo “proxecto de gastos” (Proxecto PROAMARE). 5. Para a anualidade 2012, deberase incluír no orzamento provincial os importes que correspondan, tanto nas aplicacións orzamentarias de gastos como nos conceptos de ingresos; que recollan, respectivamente, os créditos e a cofinanciación, dentro do proxecto de gastos PROAMARE. Por todo o anteriormente exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar o proxecto 0536_PROAMARE_1_E, cofinanciado polo FEDER dentro do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal . 2. Aprobar a distribución do gasto establecéndose o seguinte cadro económico-financeiro cos importes que corresponden a esta deputación provincial dentro do total do proxecto: ANO 2011 2012 TOTAL Deputación de Pontevedra achega propia 60.987,50 € 33.925,00 € 94.912,50 € Subvención F.E.D.E.R. 182.962,50 € 101.775,00 € 284.737,50 € Orzamento total 243.950,00 € 135.700,00 € 379.650,00 € 3. Aprobar que a súa xestión se realice a través do módulo “proxecto de gastos” tal e como establece a Base 27ª de execución do orzamento provincial para o exercicio 2008. 4. Aprobar a xeración de crédito polos importes da subvención concedida e a modificación orzamentaria correspondente pola achega propia da Deputación de Pontevedra abrindo as partidas e conceptos que sexan necesarios para a súa xestión dentro do módulo “proxecto de gastos” (Proxecto PROAMARE). 5. Para a anualidade 2012, deberase incluír no orzamento provincial os importes que correspondan, tanto nas aplicacións orzamentarias de gastos como nos conceptos de ingresos; que recollan, respectivamente, os créditos e a cofinanciación, dentro do proxecto de gastos PROAMARE. 5.19229.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA STELLA RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ EN REPRESENTACIÓN DE D. JOSÉ CAMPOS ALONSO POR DANOS EN VEHÍCULO NA E.P. 4001 PONTEAREAS-GUILLADE (CONCELLO DE PONTEAREAS) Dada conta que con data de rexistro de 30/12/10 (Rex. núm. 011397) tivo entrada nesta Deputación reclamación de responsabilidade patrimonial subscrita por Dona Stella Rodríguez Fernández en representación de D. José Campos Alonso, con enderezo a efectos de notificacións na Praza de Ribadavia, 2-1º D, no Concello de Ponteareas, por danos en vehículo coma consecuencia da existencia dun socavo na E.P. 4001 Ponteareas-Guillade, no Concello de Ponteareas na data 17/01/10, e que individualiza economicamente en 1.009,10 €. Resultando.- Que con data 14/01/10 o Director de Infraestruturas remitiu escrito ó Concello de Ponteareas co seguinte contido: “…Girada visita de inspección a la carretera provincial E.P. 4001 Ponteareas-Guillade el vigilante de la zona comprueba como en el p.k. 0+850, se ha ejecutado una zanja transversal en la zona de circulación cuya defectuosa reposición -sin cumplir las mínimas prescripciones técnicas exigidas por el Servicio de Infraestructuras para este tipo de actuación- genera un grave riesgo para la seguridad vial. Hechas las averiguaciones oportunas el citado funcionario constata que las obras denunciadas han sido realizadas por el Ayuntamiento de Ponteareas, sin que conste en los archivos de esta Unidad Administrativa la preceptiva autorización sectorial de carreteras…” “…A la vista de los antecedentes de hecho mencionados y los fundamentos jurídicos expuestos y de acuerdo con el principio de lealtad institucional que debe regir las relaciones entre Administraciones Públicas, ruego procedan a la inmediata subsanación de los daños provocados en el vial provincial E.P. 4001 Ponteareas-Guillade a consecuencia de las obras ejecutadas por el Ayuntamiento de Ponteareas, ante el grave riesgo que la situación actual conlleva para la seguridad vial, ya que en caso contrario nos veríamos en la obligación de proceder a la ejecución subsidiaria de las obras necesarias para restituir el medio físico a su estado anterior. A los efectos oportunos se adjunta fotografía del tramo del vial en el que se han provocado los daños denunciados…” Resultando.- Que o Director de Infraestruturas volve a dirixirse mediante escrito de data 12/04/10 ó Concello de Ponteareas debido a que a reparación provisional da zanxa aberta feita polo mesmo non se axustaba na súa totalidade ás prescricións técnicas esixidas polos técnicos do Servizo de infraestruturas reiterando a solicitude para que procedera á inmediata susbsanación dos danos provocados no vial provincial E.P. Pontereas-Guillade a consecuencia das obras executadas polo citado Concello, sen obter resposta algunha por parte do mesmo. Resultando.- Que con data 02/08/10 a Presidencia ditou resolución núm. 10.665 que di literalmente na súa parte dispositiva: “…Primero. Declarar urgente la reparación de las deficiencias descritas en la parte expositiva de la presente Resolución y ordenar al Ayuntamiento de Ponteareas para que en el plazo de quince días naturales proceda a corregir las mismas ya que los daños ocasionados en la E.P. 4001 Ponteareas-Guillade suponen un grave riesgo para la seguridad del vial, siendo el citado Ayuntamiento responsable de indemnizar cualquier daño o perjuicio que se provoque o haya provocado a propios y/o terceros a consecuencia de las obras que ahora se denuncian…” Resultando.- Que o Concelleiro Delegado de Vías e Obras do Concello de Ponteareas remitiu a esta Deputación escrito de data 08/09/10 co seguinte contido: “…Que vista a resolución ditada por vostedes (…)no que se insta a reparación dos danos ocasionados na estrada provincial 4001 Ponteareas-Guillade, tense previsto actuar nos vindeiros días para solucionar ás deficiencias atopadas polos seus técnicos. “…informarlle que resolveremos a cuestión nun breve prazo de tempo, sen que se teña que tomar ningunha outra medida o respecto por parte desa Deputación evitando gastos e problemas innecesarios…” Resultando.- Que con data 09/02/11 e co fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d, 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172.2 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas, que o emitiu en data 02/03/11 co seguinte contido: “Primero. La carretera E.P. 4001 Ponteareas-Guillade pertenece a la red de carreteras provinciales. Segundo. Por parte del Servicio de Infraestructuras no se tuvo constancia directa del accidente de referencia ni de otros ocurridos por la misma causa “…existencia de un socavón en la calzada…” en fechas próximas, anteriores o posteriores, al que es objeto del presente informe. Tercero. No obstante lo anterior sí se tuvo constancia de la existencia del socavón que presuntamente provocó el accidente objeto de la presente reclamación, ya que el 14 de enero de 2010 el Director de Infraestructuras remite un escrito (documento nº 1) al Ayuntamiento de Ponteareas solicitando la reparación de una zanja transversal ejecutada por operarios de la citada Entidad Local y que generó la apertura del expediente de daños nº3/2010. Cuarto. Notificado el citado requerimiento de subsanación, el Ayuntamiento de Ponteareas procede a una reparación provisional de la zanja abierta aunque sin ajustarse en su totalidad a las prescripciones técnicas exigidas polos técnicos del Servicio de Infraestructuras para este tipo de actuación. Ello motiva el envío de un segundo escrito (documento nº 2) del Director de Infraestructuras, el 12 de abril de 2010, sin que se obtenga respuesta alguna por parte del Ayuntamiento. Quinto. Ante esta situación el 2 de agosto de 2010 se dicta la Resolución Presidencial nº 10665 (documento nº 3) declarando urgente la reparación de las deficiencias antes descritas y concediendo al Ayuntamiento de Ponteareas un plazo de quince días para corregir las mismas, procediendo en caso contrario la Diputación de Pontevedra a la ejecución subsidiaria de las obras necesarias para restituir el medio físico al estado anterior. El 13 de septiembre de 2010 el Ayuntamiento de Ponteareas presenta un escrito (documento nº 4) a través del cual señala que “…tense previsto actuar nos vindeiros días para solucionar as deficiencias atopadas polos seus técnicos…”, añadiendo que, “…resolveremos a cuestión nun breve prazo de tempo, sen que se teña que tomar ninguna outra medida o respecto por parte desa Deputación, evitando gastos e problemas innecesarios…”, deficiencias que a día de hoy ya han sido subsanadas (documento nº 5). Sexto. Por último señalar que el tramo de carretera en el que se produjo el siniestro reúne características netamente urbanas, existiendo aceras a ambos lados de la vía y limitación de velocidad a 50 Km/hora. Resultando.- Que con data 10/03/11 e co fundamento nos artigos 31.1 apartados “b” e “c” da Lei 30/92 déuselle traslado da devandita reclamación ó Concello de Ponteareas para que puidera comparecer coma interesada e facer as alegacións que estimaran por convenientes, facendo as mesmas mediante escrito de data 26/04/11 co seguinte contido: “… particípolle que efectivamente producíuse un bache na devandita estrada producto do mal reasfaltado da toma de alcantarillado. E de destacar que o devandito bache foi reparado de forma inmediata, cando detectouse a súa existancia…” Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que neste suposto non cabe imputar responsabilidade algunha á Deputación pois existen recoñecementos explícitos da mesma feitos de xeito reiterado polo Concello de Ponteareas. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar dita reclamación sen prexuízo da acción que na vía administrativa lle poida corresponder perante o Concello de Ponteareas. 6.19230.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA STELLA RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ EN NOME E REPRESENTACIÓN DE DON JAVIER PORTELA GARCÍA, POR DANOS EN VEHÍCULO NA E.P. 7201 CACHAFEIRO-SILLEDA (CONCELLO DE SILLEDA) Dada conta que con data de rexistro 04/10/09 (Rex. núm. 009414) tivo entrada nesta Deputación reclamación de responsabilidade patrimonial subscrita por Dona Stella Rodríguez Fernández en nome e representación de Don Javier Portela García con enderezo de notificacións na rúa Praza de Ribadavia, núm. 2- 1º D en Redondela por danos en vehículo matrícula 1283 CZJ a consecuencia da existencia dun pau de madeira na E.P. 7201 Cachafeiro-Silleda, no Concello de Silleda e que individualiza economicamente en 6.681,40€. Resultando.- Que con data 12/03/10 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas, que o emitiu en data 01/12/10 co seguinte contido: “…Primero. El vial E.P. 7201 Cachafeiro-Silleda está incluido en la red provincial de carreteras. Segundo. Por parte del Servicio de Infraestructuras sí se tuvo constancia del accidente de referencia ya que el domingo 4 de octubre de 2009, a las 11:00 horas, se recibe un aviso del 112 solicitando la intervención de la brigada de guardia en la carretera provincial Cachafeiro-Silleda. Una vez desplazados al lugar del accidente sobre las 11:25 -donde ya no se encontraba el vehículo siniestrado- los operarios proceden a señalizar y limpiar la zona de circulación. Tercero. En relación a la causa del accidente que, según manifestación del reclamante, se produce “…al pisar un palo de madera existente en la vía perdiendo de esta manera el control del vehículo…”, queremos manifestar lo siguiente: a) Es cierto que como consecuencia de la limpieza llevada a cabo en la zona de influencia de la carretera existía en la misma material inerte (ramas y hojas), pero dicho material se encontraba en los márgenes del vial y no en la zona de circulación; así, en las fotografías nº1 y 2 que se adjuntan al presente informe, se observa que el tramo de carretera donde presuntamente se encontraba el palo de madera que provocó el siniestro se encontraba totalmente limpio. b) Por otro lado, como se puede observar en las fotografías nº3 y 4, parece difícil que el viento (vid atestado de la guardia civil) desplace un palo de madera de esas dimensiones hacia la zona de circulación, sorprendiendo asimismo su posición final tras el accidente. Cuarto. Por último señalar que nos encontramos ante un tramo de carretera caracterizado por la presencia de una curva con radio reducido, que la visibilidad se encontraba restringida por la configuración del terreno, que el firme de la zona de circulación se encontraba mojado y que, según refleja el atestado de la guardia civil de tráfico, el vehículo circulaba a una velocidad a los 60 km/hora. Resultando.- Que con data 15/04/11 compareceu na Asesoría Xurídica desta Deputación D. Jesús Campos Campos, Capataz de Brigada da Zona Norte, adscrito ó Servizo de Infraestruturas, levantándose acta de comparecencia co seguinte contido literal: “…Primera.- Preguntado si había broza en la calzada: Responde.- Que no. Segunda.- Puesto que no había broza en la calzada se pregunta al compareciente si estaba en el carril de circulación o en el arcén terroso y cuneta. Responde.- Que no estaba en el carril de circulación, y que sí, efectivamente, si había broza depositada en el arcén terroso y en la cuneta, donde habitualmente se deposita hasta que se recoge. Tercera.- Preguntado acerca sobre si la entidad o envergadura del palo que se recoge en las fotos le parece suficiente para provocar el accidente. Responde.- Que aparentemente no tiene más de 4 cm de diámetro y que se observa que es de pino medio podrido, por lo que no le parece de entidad suficiente para provocar un accidente. Calcula la envergadura del palo en función de las hierbas que abundan en el arcén y cuyas hojas en su punto más ancho no superarán el medio centímetro. Cuarta.- Preguntado por si el accidente podría haber sido provocado por un exceso de velocidad. Responde.- Que sí, porque no es una curva pronunciada, sino de radio abierto y porque no se produjeron más accidentes por la misma causa. Añade a mayores que la broza que se ve entorno al vehículo cuando este tiene las ruedas introducidas dentro de la cuneta, probablemente fue despedida por las propias ruedas del vehículo al intentar sacarlo de la cuneta o al ir derrapando el coche por el exceso de velocidad, puesto que ni antes ni después se observa resto alguno de broza en el carril de circulación. Quinta.- Preguntado por cómo se explica entonces que la diligencia de parecer de los agentes actuantes de la Guardia Civil parezca exonerar de responsabilidad al accidentado. Responde.- Que no lo sabe, pero que en todo caso se ratifica en lo anteriormente contestado. Sexta.- Preguntado sobre si la vía había sido limpiada en otras ocasiones. Responde.- Que sí, que es una carretera con más de 15 años de antigüedad, que se viene limpiando en las mismas condiciones y circunstancias cada año y que nunca se produjo un accidente como el de esta reclamación…” Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.d. 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, e isto polos seguintes argumentos: 1º O informe preceptivo do Servizo de Infraestruturas asevera a limpeza absoluta do carril de circulación, atopándose a broza depositada na cuneta. 2º A perda de control do vehículo supón un exceso de velocidade incompatible co previsto polo artigo 45 do R.d. 1425/03, de 21 de novembro, que obriga a reducir a velocidade en función das circunstancias da vía (mollada). 3º A testemuña do capataz da Brigada da Zona Norte, que asegura que un pau de 4cm de grosor e de pino medio podre carece de entidade para provocar ese sinistro. 4º Que a curva e de radio aberto con boa visibilidade, o que permite a visualización preventiva e a consecuente evitabilidade do accidente. 5º O feito de que a estrade se limpe cada ano e nunca, moito menos o ano que acaece ó accidente e coincidindo coa data da limpeza, se produciran mais sinistros pola mesma causa. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. 7.19231.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA VICTORIA RODRÍGUEZ BARROS POR DANOS PERSOAIS A CONSECUENCIA DUNHA CAÍDA SUFRIDA POLA EXISTENCIA DUNHAS BALDOSAS ROTAS NA BEIRARRÚA DA ESTRADA COUTADA (CONCELLO DE VIGO) Dada conta que con data de rexistro 10/02/11 (Rex. núm. 002680) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Dona Victoria Rodríguez Barros, con enderezo a efecto de notificacións na rúa Camiño da Millada, 6- Beade, do Concello de Vigo, por danos persoais sufridos a consecuencia dunha caída sufrida pola existencia dunhas baldosas rotas na beirarrúa da estrada de Coutada, á altura do núm. 33, no Concello de Vigo, e que individualiza economicamente en 10.653,00 €. Resultando.- Que con data 15/12/09 o Servizo de Vías e Obras do Concello de Vigo, no procedemento seguido no mesmo polos mesmos feitos, emitiu informe no que se sinala, entre outros, que “as baldosas rotas da beirarrúa tiñan unha superficie de aprox. 1 m2 no entorno da rede de abastecemento que controla Aqualia (boca de rego”) e que “a boca de rego tiña unha pequena fuga, o que ocasionou o afundimento da beirarrúa”. Resultando.- Que no referido procedemento seguido no Concello de Vigo, a concesionaria do servizo de augas do Concello, Aqualia, no escrito de data 26/03/10 recoñece que “se procedeu por parte dos operarios de Aqualia a reparar o tramo de baldosa a fectado”. Resultando.- Que con data 22/02/10 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas, que o emitiu en data 22/03/10 co seguinte contido: “…Primero. La que denominan carretera Coutada, en Vigo, es en realidad la E.P.-2001 Calvario- La Garrida de titularidad provincial. Segundo. Por parte del Servicio de Infraestructuras no se tuvo constancia del accidente de referencia ni de otros ocurridos por la misma causa, “caída a consecuencia de la existencia de baldosas rotas en la acera”, en fechas próximas, anteriores o posteriores, al que es objeto del presente informe. Tercero. Según la documentación que obra en el expediente administrativo, el Servicio de Vías y Obras del Ayuntamiento de Vigo informó en su día que el tramo de acera deteriorado se encontraba “…en el entorno de la red de abastecimiento que controla Aqualia (boca de riego)…” y que “…la boca de riego tiene una pequeña fuga lo que ocasionó el hundimiento de la acera…”. Por su parte la empresa Aqualia afirma que una vez inspeccionada la zona “… a cuyo fin fue necesario abrir una cala en la acera, se verificó que la boca de riego se encontraba en perfecto estado y que no presentaba fuga alguna que pudiera haber provocado el mal estado de la acera… por tal motivo se procedió a cerrar sin más la cala abierta y a reponer el tramo de baldosa afectado…” En este punto es importante destacar la contradicción en la que incurren el Servicio de Vías y Obras del Concello de Vigo y la empresa concesionaria del servicio de saneamiento y abastecimiento, ya que mientas el primero sí detecta una fuga de agua en su visita de inspección, la segunda, Aqualia, señala todo lo contrario. Entendemos que esta discrepancia tendría que ser objeto de aclaración ya que de confirmarse la versión del Servicio de Vías y Obras del Ayuntamiento de Vigo la responsabilidad recaería sobre Aqualia como titular de un contrato de concesión administrativa de gestión del servicio público de saneamiento (artículo 256.c) de la Ley 30/2007, de 30 de octubre, de Contratos del Sector Público. Además resaltar que NO existe atestado levantado por la policía local que acredite lo sucedido el día del accidente. Cuarto. Sin perjuicio de lo señalado en el párrafo anterior y según se puede apreciar en las fotografías que se adjuntan al presente informe, nos encontraríamos ante un tramo de acera que cuenta con 1,80 metros de ancho, de trazado recto y con buena visibilidad. Por otro lado también hay que tener en cuenta que la caída se produjo sobre las 10:30 horas de la mañana (a plena luz del día) y que uno de los testigos propuestos por la reclamante manifestó en su día que “… las baldosas rotas y la arqueta levantada se ven bien, perfectamente, a uno o dos metros…” Resultando.- Que con data 05/04/11 e con fundamento no artigo 31. 1 “b” e “c” da Lei 30/92, déuselle traslado da reclamación a AQUALIA para que puidera comparecer coma interesada, facendo no escrito de data 15/04/11 as seguintes alegacións: “… Es cierto que el Servicio de Vías y Obras hace constar en su informe que existía una fuga en una boca de riego supuestamente implicada en el accidente, pero es evidente que tal afirmación es una mera deducción a la que se llega a la vista del hundimiento que presentaba la acera en el entorno de dicha boca. Las fotografías que acompañan al informe, de hecho, no evidencian presencia de agua, sino simplemente la existencia de losetas rotas, por lo demás perfectamente visibles a notable distancia para cualquier viandante. El Servicio de Vías y Obras no verificó el estado de las instalaciones gestionadas por Aqualia, limitándose a avisar a esta Empresa de la existencia de un posible problema en un elemento afecto a la concesión. Fueron los operarios de esta concesionaria los que, tras el aviso recibido, levantaron el enlosado y verificaron el estado de estas instalaciones, comprobando que no existía ninguna fuga que motivara el hundimiento evidenciadao en la acera, sino un simple asentamiento del terreno causado con toda probabilidad por el estacionamiento de algún vehículo pesado sobre la misma…” Resultando.- Que con data 31/03/11 e con fundamento no artigo 31.1 “b” e “c” da Lei 30/92, déuselle traslado da reclamación ó Sr. Concelleiro Delegado da Área de Xestión Municipal de Patrimonio do Concello de Vigo para que puideran comparecer como interesados e para que aclarase a contradición existente entre o dito no informe emitido na data 15/12/09 polo Servizo de Vías e Obras dese Concello, no que se di literalmente “a boca de rego ten unha pequena fuga, o que ocasionou o afundimento da beirarrúa” e o dito no informe emitido por Aqualia na data 26/03/10, que di o seguinte: “… la citada boca se encontraba en perfecto estado, no presentando fuga alguna…”, facendo no escrito de data 13/04/11 as seguintes alegacións: “….- O Inspector deste departamento, ratifícase no seu informe de data 15/12/09, en todo o contido do mesmo. Na mesma data do informe, deuse traslado do mal estado do lugar á concesionaria Aqualia para a súa reparación. En data 30/12/09, con entrada no Rexistro Xeral do Concello o 12/01/10, o Xefe do departamento técnico de Aqualia notifica ó Concello que “el pasado 17/12/09 se reparó el hundimiento existente en el lugar de Beade- Coutada, 33”, sin máis consideracións. - Os informes xurídicos e técnicos posteriores da concesionaria Aqualia entran en valoracións complementarias e posteriores no tempo que contradín (en defensa dos seus intereses empresariales privados) o informe municipal, que non é competencia deste Departamento valorar…” Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.d. 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, posto que a Deputación nunca desenvolveu traballo algún, nin construtivo nin de mantemento que puidera, sequera de xeito indirecto ou neglixente, ocasionar danos ós viandantes, danos que, por outra banda, aparentan ter a súa orixe, a lo menos de xeito posible, presumible e indiciario nas obras que levou adiante a empresa concesionaria do servizo de abastecemento, sen que isto presupoña prexulgamento da responsabilidade que debería esixirse á devandita concesionaria ou, de ser o caso, na vía contencioso-administrativa ó Concello titular do servizo adxudicado en concesión. Considerando.- Que segundo o informe de Infraestruturas desta Deputación atopámonos ante un “tramo de beirarrúa que conta con 1,80 metros de ancho, de trazado recto e boa visibilidade” e que a caída se produciu sobre as 10:30 horas da mañá, a plena luz do día, e tendo en conta, a maiores, que un das testemuñas propostas pola reclamante manifestou no seu momento que “As baldosas rotas e a arqueta levantada (...)se ven ben, perfectamente, a un ou dous metros”, o que nos leva a considerar que a forza causacional reside na actitude única e exclusiva da accidentada, que posuíndo o control da situación e existindo unha zona valeira para o paso sen menoscabo nin risco persoal, non foi quen de evitar a caída, o que excede con moito do estándar medio de responsabilidade patrimonial da Administración. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. 8.19232.- SENTENZA DA SECCIÓN 2ª DA SALA DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO DO TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA, DITADA EN AUTOS DE APELACIÓN NÚM. 4478/2010, PROMOVIDOS CONTRA A DITADA POLO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO NÚM. 1 DE PONTEVEDRA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ORDINARIO NÚM. 123/2010, QUE DECLAROU AXUSTADA A DEREITO A SANCIÓN IMPOSTA POR INFRACCIÓN DA LEI 50/99, DE 23 DE DECEMBRO, DE RÉXIME XURÍDICO DE TENZA DE ANIMAIS POTENCIALMENTE PERIGOSOS (EXPTE. PO-APP-2008-32) Dada conta da sentenza da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de data 10 de febreiro de 2011, que confirma a ditada no seu día polo Xulgado do Contencioso-Administrativo núm. 1 de Pontevedra nos autos de procedemento abreviado núm. 123/2010 promovidos por esta Deputación contra sanción imposta pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza por infracción da Lei 50/1999 de Tenza de Animais Potencialmente Perigosos, declarando axustada a dereito a devandita sanción, por importe de 1.000,00 €, que xa foi feita efectiva con data 13/10/2010 segundo Documento de Pago que consta no expediente (núm. xustificante 7071000498642), por medio de Resolución da Presidencial de 05/10/2010. A Xunta de Goberno queda enterada. 9.19233.- SENTENZA DA SECCIÓN 1ª DA SALA DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO DO TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA, RECAÍDA EN AUTOS DE RECURSO ORDINARIO NÚM. 254/2008, PROMOVIDOS POR DNA. ALICIA SARMIENTO PEÑA CONTRA ACORDO PLENARIO DE 28/12/2007 SOBRE APROBACIÓN DO ORZAMENTO, CADRO DE PERSOAL E RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO) Dada conta que con data 8 de abril de 2011 notifícase sentenza da Sección 1ª da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, recaída en autos de recurso ordinario núm. 254/2008, promovidos por Dna. Alicia Sarmiento Peña, contra acordo plenario de 28/12/2007 sobre aprobación do Orzamento, Cadro de Persoal e Relación de Postos de Traballo, que desestima o mesmo cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica desta Deputación. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. 10.19234.- SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO NÚM. 1 DE PONTEVEDRA, DITADA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ABREVIADO NÚM. 439/2011, PROMOVIDOS POR DNA. ROSARIO TORRES MATALOBOS CONTRA DESESTIMACIÓN DE RECLAMACIÓN PATRIMONIAL POR DANOS NA E.P. 7016 ESTRADA-VINSEIROS-AS CASETAS (A ESTRADA) Dada conta que con data 14 de abril de 2011 tivo entrada nesta Deputación sentenza núm. 123/11, de data 12 de abril anterior, do Xulgado do Contencioso-Administrativo núm. 1 de Pontevedra, recaída en autos de procedemento abreviado núm. 439/2010, promovidos por Dna. Rosario Torres Matalobos contra desestimación de reclamación patrimonial por danos en accidente de tráfico, valorados en 1.214,01 €, na E.P. 7016 Estrada-Vinseiros-As Casetas (A Estrada), como consecuencia da existencia de substancia deslizante na calzada, na que desestima dito recurso, declarando axustado a dereito o acordo da Xunta de Goberno que baseou o desestimento da reclamación por ter como causa o accidente a acción dun terceiro usuario da vía, e cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica desta Deputación. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. 11.19235.- AUTO DA SALA DO CIVIL E PENAL DO TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA, DITADO EN DILIXENCIAS PREVIAS NÚM. 2/10, INCOADAS POR QUERELA INTERPOSTA POLO PARTIDO SOCIALISTA OBRERO ESPAÑOL SOBRE DELITOS DE FALSIDADE EN DOCUMENTO OFICIAL, ESTAFA E/OU FRAUDE Á ADMINISTRACIÓN PÚBLICA EN RELACIÓN CON OBRAS NA ESTRADA DE ACCESO Á PARROQUIA DE LIRA (SALVATERRA DO MIÑO) Dada conta que con data 6 de abril de 2011 notifícase Auto pola Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ditado en Dilixencias Previas núm. 2/10, incoadas por querela interposta polo Partido Socialista Obrero Español contra D. Agustín Hernández-Fernández de Rojas, D. Baltasar Pujales Estévez, D. Pablo Montero Carrera e D. Juan Manuel Sánchez González, por delitos de falsidade en documento oficial, estafa e/ou fraude á Administración Pública en relación con obras na estrada de acceso á Parroquia de Lira (Salvaterra do Miño), polo que se confirma o auto de conclusión do sumario ditado polo instrutor que acordaba o sobreseimento libre con arquivo das actuacións por non ser os feitos constitutivos de delito, e cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica da Deputación. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable do mesmo. 12.19236.- AUTO DA SECCIÓN 2ª DA SALA DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO DO TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA POLO QUE SE APROBAN DEFINITIVAMENTE AS CUSTAS PROCESAIS DERIVADAS DA SENTENZA DITADA NO RECURSO DE APELACIÓN NÚM. 4289/07 PROMOVIDO POLA COMUNIDADE DE MONTES EN MAN COMÚN DE CUÑAS(PONTE CALDELAS) CON RESULTADO FAVORABLE PARA ESTA DEPUTACIÓN Dada conta que con data 14 de abril de 2011 notifícase Auto da Sección 2ª da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de data 29 de marzo de 2011, polo que se aproban definitivamente as custas procesais derivadas da sentenza ditada no recurso de apelación núm. 4289/2007, favorable a esta Deputación, que foran impugnadas pola Comunidade de Montes en Man Común de Cuñas (Ponte Caldelas) e que ascenden a 4.479,00 €, a favor da Deputación Provincial de Pontevedra e que serán ingresadas no orzamento de ingresos desta Deputación. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable do mesmo. 13.19237.- DECRETO DA SECCIÓN 1ª DA SALA DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO DO TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA SOBRE TAXACIÓN DE CUSTAS EN RECURSO DE APELACIÓN NÚM. 432/08 PROMOVIDO POR DNA. MARÍA ALICIA SARMIENTO PEÑA CONTRA SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº2 DE VIGO SOBRE MODIFICACIÓN DE POSTO DE TRABALLO Dada conta de Decreto da Sección 1ª da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de data 11 de febreiro de 2011, polo que se aproban definitivamente as custas procesais derivadas da sentenza ditada no recurso de apelación núm. 432/08, promovido por Dna. María Alicia Sarmiento Peña contra sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo núm. 2 de Vigo sobre modificación do posto de traballo, que foran impugnadas pola demandante, e que ascenden a 586,56 € a favor da Deputación Provincial de Pontevedra e que serán ingresadas no orzamento de ingresos desta Deputación. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable do mesmo. 14.19238.- DECRETO DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO NÚM. 2 DE PONTEVEDRA DECLARANDO TER POR DESISTIDA Á DIOCESE DE TUI-VIGO EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ORDINARIO NÚM. 352/2011, SOBRE PRESUNTA VÍA DE FEITO, Ó TERSE CHEGADO A UN ACORDO EXTRAXUDICIAL Dada conta do Decreto do Xulgado do Contencioso-Administrativo núm. 2 de Pontevedra, de data 11 de abril de 2011, ditado en autos de procedemento ordinario núm.352/2011, promovidos pola Diocese de Tui-Vigo sobre presunta vía de feito, polo que se acorda ter por desistidos ós demandantes por sinatura de acordo de terminación convencional do procedemento. A Xunta de Goberno queda enterada do mesmo. 15.19239.- DECRETO DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO NÚM. 3 DE PONTEVEDRA, DECLARANDO TER POR DESISTIDOS A D. PAULINO GARCÍA TORAÑO E OUTROS EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ORDINARIO NÚM. 00011/2011 SOBRE ACORDO PLENARIO DE APROBACIÓN DO PROXECTO “ENSANCHE E MELLORA DA E.P. 8002 CALDAS-SAN CLEMENTE (TRAMO CALDAS-ABOI)” Ó TERSE CHEGADO A UN ACORDO EXTRAXUDICIAL Dada conta que con data 28 de abril de 2011 notifícase Decreto do Xulgado do Contencioso-Administrativo núm. 3 de Pontevedra, de data 19 de marzo anterior, ditado en autos de procedemento ordinario núm. 00011/2011, promovidos por D. Paulino García Toraño e outros contra acordo plenario de aprobación do proxecto “Ensanche e mellora da E.P. 8002 Caldas-San Clemente (tramo Caldas-Aboi)”, polo que se acorda ter por desistidos ós demandantes por sinatura de acordo de terminación convencional do procedemento. A Xunta de Goberno queda enterada do mesmo. 16.19240.- DECRETO DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO NÚM. 3 DE PONTEVEDRA, DECLARANDO TER POR DESISTIDO A D. JOSÉ MANUEL LÓPEZ FONTÁN NOS AUTOS DE PROCEDEMENTO ORDINARIO NÚM. 440/2010 SOBRE RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL POR DANOS EN INMOBLE DA SÚA PROPIEDADE SITO EN S. SALVADOR DE MEIS Dada conta que con data 2 de maio de 2011 notifícase Decreto do Xulgado do Contencioso-Administrativo núm. 3 de Pontevedra, de data 26 de abril anterior, ditado en autos de procedemento ordinario núm. 440/2010, promovidos por D. José Manuel López Fontán contra desestimación de reclamación patrimonial por danos en inmoble da súa propiedade sito en S. Salvador de Meis, como consecuencia das obras de mellora e ensanche da E.P. 9402 Mosteiro-Barrantes, polo que se acorda ter por desistidos ó demandante por sinatura de acordo de terminación convencional do procedemento. A Xunta de Goberno queda enterada do mesmo. 17.19241.- COMUNICACIÓN DO VALEDOR DO POBO SOBRE ARQUIVO DE QUEIXA PLANTEXADA POR D. FRANCISCO X. REI GARCÍA, VICEPRESIDENTE DA MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA SOBRE POSIBLE DISCRIMINACIÓN DA LINGUA GALEGA NA CONVOCATORIA DUN CURSO FORMATIVO PARA PERSOAS ADULTAS NA SEDE DE VIGO (EXPTE. P.1.Q/400/11) A Xunta de Goberno toma coñecemento de escrito do Sr. Valedor do Pobo, de data 6 de abril de 2011, en relación con expediente P.1.Q/400/11, incoado por queixa plantexada por D. Francisco X. Rei García, vicepresidente da Mesa pola Normalización Lingüística, sobre posible discriminación da lingua galega na convocatoria do curso formativo para persoas adultas “Informatízate”, efectuada pola sede de Vigo, no que se comunica a esta Deputación o arquivo da mesma, unha vez cumprimentada en prazo pola Asesoría Xurídica a petición de información. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. 18.19242.- COMUNICACIÓN DO VALEDOR DO POBO SOBRE ARQUIVO DE QUEIXA PLANTEXADA POR D. CARLOS CALLÓN TORRES, VICEPRESIDENTE DA MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA SOBRE POSIBLE DISCRIMINACIÓN DA LINGUA GALEGA NA CONVOCATORIA DA ACTIVIDADE “MUNDIALITO DE LAS NACIONES” NA SEDE DE VIGO (EXPTE. P.1.Q/583/11) A Xunta de Goberno toma coñecemento de escrito do Sr. Valedor do Pobo, de data 2 de abril de 2011, en relación con expediente P.1.Q/583/11, incoado por queixa plantexada por D. Carlos Callón Torres, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, sobre posible discriminación da lingua galega na convocatoria da actividade “Mundialito de las Naciones” na sede de Vigo (Expte. P.1.Q/583/11), efectuada pola sede de Vigo, no que se comunica a esta Deputación o arquivo da mesma, unha vez cumprimentada en prazo a petición de información por parte da Asesoría Xurídica. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. 19.19243.- COMUNICACIÓNS A Xunta de Goberno queda enterada do seguinte: Escrito do Concello de Gondomar, de data 14 de abril de 2011 (Rexistro núm. 17075 de 26/04/11), xuntando certificación da moción presentada polo Sr. Araujo Quintáns do partido político do BNG sobre o “Mantemento do servizo de emerxencias da Mancomunidade do Val Miñor”. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 20.19244.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE DO CONTRATO DE PATROCINIO DO FESTIBAIX, FESTIVAL DE ARTES ESCÉNICAS RIAS BAIXAS Entre os próximos días 1 a 24 de xullo de 2011 celebrarase en diferentes sitios da provincia de Pontevedra (Vigo, Pontevedra e Mondariz Balneario) o Festival de Artes Escénicas Rías Baixas, que contará cun amplo programa de actividades relacionadas co teatro, música, danza, etc. Considérase de interese para a Deputación o patrocinio deste evento debido ó interese cultural-social do festival, e á repercusión mediática deste evento, que se publicitará nos diversos medios de comunicación. O Xefe do Servizo de Cultura solicita o inicio do expediente de contratación e cuantifica o seu importe en cento dezaoito mil euros. Debido a que a empresa S.G.C.A. Producciones Artísticas de Galicia, S.L.N.E. é a organizadora do mencionado festival, unicamente poderase adxudicar o contrato de patrocinio a esta empresa por razóns de exclusividade, de conformidade co apartado “d” do artigo 154 LCSP. Visto o Informe emitido polo Sr. Secretario sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que rexerá na contratación, e visto así mesmo, o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención, no que certifica a existencia de consignación orzamentaria. Considerando o disposto nos artigos 34-1, f) e i) da Lei 7/85, de 2 de abril, 185 do TRLRHL, de 5 de marzo 2004, 117 e concordantes do R.d. 2568/86, de 18 de novembro, e a base 16.2 de execución do orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o expediente de contratación para adxudicar, mediante procedemento negociado sen publicidade, o contrato de patrocinio do Festival de Artes Escénicas de Rías Baixas. O importe do contrato estímase na cantidade de cento dezaoito mil euros (118.000,00€), IVE incluído. Así mesmo, a Xunta de Goberno acorda: - Autorizar o gasto de 118.000,00 € que se financiará con cargo á aplicación orzamentaria 11/330.334.227.25 do vixente exercicio orzamentario. - Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán o procedemento como Lei fundamental. - Convidar á empresa S.G.C.A. Producciones Artísticas de Galicia, S.L.N.E ó procedemento negociado, remitíndolle os pregos de condicións. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE PARA A CONTRATACIÓN DO “PATROCINIO DO FESTIBAIX, FESTIVAL INTERNACIONAL DE ARTES ESCENICAS RÍAS BAIXAS” 1.- OBXECTO.- O obxecto deste contrato é o patrocinio do Festival Internacional de Artes Escénicas Rias Baixas. A publicidade do patrocinio realizarase polos seguintes medios: - Prensa escrita, radio e televisión, carteleria, folletos, programas xerais, e na carteleria especifica de cada evento. 2.- NATUREZA XURÍDICA E RÉXIME XURÍDICO.- Este contrato terá a consideración dun contrato privado, rexéndose en canto á súa preparación e adxudicación, pola LCSP e as súas leis de desenvolvemento; En canto ós seus efectos e extinción, este contrato rexerase polo dereito privado. (Art. 20 Lcsp). Debido a que a empresa S.G.C.A. Producciones Artísticas de Galicia, S.L.N.E. é a organizadora do mencionado festival, unicamente poderase adxudicar o contrato de patrocinio a esta empresa por razóns de exclusividade, e de conformidade co apartado “d” do artigo 154 LCSP. 3.- FINANCIAMENTO.- O contrato financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 11/330.334.227.25 do vixente orzamento provincial. 3.- PAGO.- Poderase pagar ata un 30% do importe do contrato, presentando unha memoria que xustifique a publicidade do patrocinio da Deputación previo á celebración do evento. O pago efectuarase unha vez se celebre o festival e a empresa cumprise coas súas obrigas publicitarias, coa conformidade dos técnicos da Deputación, unha vez presentadas as facturas. 4.- LUGAR E DATAS DE CELEBRACIÓN DOS ACTOS A PATROCINAR.- O Festival Internacional de Artes Escénicas Rías Baixas, celebrarase o día 1 e 24 de xullo de 2011 en diferentes sedes da provincia de Pontevedra (Vigo, Pontevedra e Mondariz Balneario). 5.- ORZAMENTO.- O orzamento do contrato estímase na cantidade de cento dezaoito mil euros (118.000,00 €), IVE incluído. 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 64 e 67 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 de dita norma. A efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalizou a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que do contrato se deriven ata a extinción do mesmo, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobros e pagos de contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispor dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 84 da LCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro do dez días hábiles seguintes, contados dende o día seguinte ó requirimento a empresa coa oferta economicamente máis vantaxosa. En caso de incumprir este requirimento a administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicalos provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obriga, pola orde en que quedasen clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario prestase a súa conformidade, caso no que se lle concederá a este un prazo de dez días hábiles para cumprir o sinalado no segundo parágrafo do apartado anterior. A garantía definitiva haberá de ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 8.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 8.1º.- Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial en horario de 9 a 13 horas (Sede de Pontevedra: de luns a sábado; Sede de Vigo de luns a venres), dentro do prazo de 10 días naturais a contar dende o día seguinte á recepción da invitación a participar no procedemento negociado. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, excepto por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico á seguinte dirección: contratacion@depo.es; ou ben mediante télex, fax (número 986804126) ou telegrama no mesmo día. 8.2º.- Formalidades.- As proposicións presentaranse en sobre pechado, que poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; debendo conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA, TÉCNICA E DOCUMENTACIÓN PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE PARA A CONTRATACIÓN DO “PATROCINIO DO FESTIBAIX, FESTIVAL INTERNACIONAL DE ARTES ESCENICAS RÍAS BAIXAS” Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. A infracción destas normas dará lugar á non admisión de todas as propostas por el subscritas. As proposicións dos interesados deberán axustarse ó previsto no prego de prescricións administrativas particulares, e a súa presentación supón a aceptación incondicionada polo empresario do contido da totalidade de ditas prescricións ou condicións, sen excepción ou reserva algunha. Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.- Proposta económica, de conformidade co modelo establecido na cláusula final. 2.- Proposta técnica, que deberá incluír os seguintes datos: -Memoria das actividades que se van a patrocinar. -Proposta de medios de publicidade. 3.- A capacidade de obrar dos empresarios que foren persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, no seu caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose exixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante a escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que constaren as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, no seu caso, no correspondente Rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de Estados membros da Comunidade Europea, deberán acreditar a súa inscrición nos Rexistros ou a achega das certificacións descritas no artigo 9 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLCAP). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar con informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, no que se faga constar, previa acreditación pola empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou na súa falta, que actúan habitualmente no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLCAP). Se é persoa física, o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador, deberá acompañarse o documento que acredite a personalidade deste representante (Documento Nacional de Identidade, para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastante en dereito ó seu favor, debidamente inscrito no Rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas Administracións Públicas. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ostentará a representación da unión temporal ante a Administración. 4.- Poder debidamente bastanteado. 5.- Os que xustifiquen os requisitos da súa solvencia económica, financeira e técnica ou profesional. Documentación acreditativa da solvencia económica e técnica: a) Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou, na súa falta seguro de indemnización por riscos profesionais. b) Para as sociedades, balance ou extractos de balances. c) Unha relación dos principais servizos relacionados co obxecto do contrato realizados no tres últimos exercicios. 6.- Unha Dirección de correo electrónico no que efectuar as comunicacións ou notificacións. 7.- Unha declaración responsable de non estar incurso en prohibición de contratar. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigacións tributarias e coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vaia a efectuar esta. Para as empresas estranxeiras, nos casos en que o contrato vaia a executarse en España, a declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, no seu caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante. A acreditación das circunstancias mencionadas nos artigos anteriores (do punto 2 ó 5) poderase realizar mediante a certificación, orixinal ou compulsada, dun Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, sempre que se acompañe dunha declaración responsable do licitador na que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas. 9.- ASPECTOS ECONÓMICOS E TÉCNICOS A NEGOCIAR.- O prezo do contrato do patrocinio, e os medios publicitarios. 10.- REQUIRIMENTO.- O órgano de contratación, unha vez avaliadas ás propostas e negociados os aspectos técnicos e económicos, clasificará ás proposicións presentadas, por orde decrecente, a cuxo efecto poderá solicitar cuantos informes técnicos estime pertinentes, e requirirá á empresa que presente a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e calquera outro documento acreditativo da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dous medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír garantía definitiva. 11.- ADXUDICACIÓN.- O órgano de contratación adxudicará o contrato dentro do cinco días hábiles seguintes a recepción da documentación referida no artigo anterior, fixando os termos definitivos do contrato. De forma simultánea publicouse a adxudicación no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra. 12.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de quince días hábiles, a contar dende o día seguinte a notificación da adxudicación, constituíndo dito documento título bastante para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, ou contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables o contratista non se formalizase ou contrato dentro do prazo indicado a administración poderá acordar a súa resolución. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa formalización previa. 13.- RESPONSABLE DO CONTRATO.- Esta institución poderá designar un responsable do contrato ó que corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. O responsable do contrato poderá ser unha persoa física ou xurídica, vinculada ó ente, organismo ou entidade contratante ou allea a el. 14.-PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depo.es), o seu perfil de contratante. 15.- OBRIGAS DO CONTRATISTA.- O contratista será responsable da calidade técnica dos traballos que desenvolva e das prestacións e servizos realizados, así como das consecuencias que se deduzan para a administración ou para os terceiros das omisións, erros, métodos inadecuados ou conclusións incorrectas na execución do contrato. A Administración determinará se a prestación realizada polo contratista axústase ás prescricións establecidas para a súa execución e cumprimento, requirindo, no seu caso, a realización das prestacións contratadas e a subsanación dos defectos observados con ocasión da súa recepción. Se os traballos efectuados non se adecúan á prestación contratada, como consecuencia de vicios ou defectos imputables ó contratista, poderá rexeitar a mesma quedando exento da obriga de pago ou tendo dereito, no seu caso, á recuperación do prezo satisfeito. 16.- DEMORA NO CUMPRIMENTO DO CONTRATO.- A Administración determinará se a prestación realizada polo contratista axústase ás prescricións establecidas para a súa execución e cumprimento, requirindo, no seu caso, a realización das prestacións contratadas e a subsanación dos defectos observados con ocasión da súa recepción. Se os traballos efectuados non se adecúan á prestación contratada, como consecuencia de vicios ou defectos imputables ó contratista, poderá rexeitar a mesma quedando exento da obrigación de pago ou tendo dereito, no seu caso, á recuperación do prezo satisfeito. Se durante o prazo de garantía acreditásese a existencia de vicios ou defectos nos traballos efectuados o órgano de contratación terá dereito a reclamar ó contratista a subsanación dos mesmos. 17.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 206 e 284 da LCSP. 18.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto, en canto á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, na súa falta, as normas de dereito privado. 19.- XURISDICIÓN COMPETENTE.- As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resoltas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contencioso administrativa, a teor do disposto na Lei Reguladora de dita Xurisdición. 20.- MODELO DE PROPOSICIÓN ECONÓMICA.- Don............................................, maior de idade, veciño de....................., con domicilio en ............................titular do DNI.................., actuando en nome propio ou en representación da empresa…………….......................con domicilio en ..............................., teléfono.................... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Sendo convidado para participar no procedemento negociado para a contratación do “PATROCINIO DO FESTIBAIX, FESTIVAL INTERNACIONAL DE ARTES ESCENICAS RÍAS BAIXAS”, comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económico administrativas particulares e de prescricións técnicas polo prezo de_________________________(sen IVE), sendo a cantidade correspondente ó IVE de __________________euros.” 21.19245.- ADXUDICACIÓN DO PROCEDEMENTO ABERTO CONVOCADO PARA CONTRATAR O SERVIZO DE LIMPEZA DA CIDADE INFANTIL “PRÍNCIPE FELIPE” A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 2 de febreiro de 2011 aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, do servizo de limpeza da Cidade Infantil “Príncipe Felipe” por un período de dous anos, pola cantidade máxima de novecentos oitenta e tres mil setecentos oitenta euros con sesenta e catro céntimos (983.780,64 €), IVE incluído. Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación do servizo de limpeza da Cidade Infantil “Príncipe Felipe” foi enviado para publicar no Suplemento ó Diario Oficial da Unión Europea o día 14 de febreiro de 2011, aparecendo publicado no devandito suplemento o día 16 de febreiro de 2011 (Anuncio de licitación 2011/S 32-053214), así mesmo foi publicado no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 36 de data 22 de febreiro de 2011 e no Boletín Oficial do Estado núm. 50 do 28 de febreiro de 2011. Resultando que a cualificación da documentación xeral efectuouse o día 2 de febreiro de 2011, a cuxo efecto se reuniu a Mesa de Contratación para examinar a documentación presentada polas empresas, Grupo L.P.M, S.A. e Limpiezas del Noroeste, S.A.U. (Linorsa). Resultando que a Mesa de Contratación, na reunión que tivo lugar o día 13 de abril de 2011, fixo pública a relación de empresas admitidas ó procedemento aberto convocado para contratar o servizo de limpeza das instalacións da Cidade Infantil “Príncipe Felipe”, e procedeu á apertura dos Sobres “B” presentados polas mesmas, correspondentes á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, a efectos de dar cumprimento ó estipulado no artigo 27 do R.d. 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. Resultando que con data 14 de abril de 2011, a Directora de Xestión da Cidade Infantil “Príncipe Felipe” emitiu informe sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas das ofertas presentadas ó procedemento aberto convocado para optar á adxudicación do servizo de limpeza da Cidade Infantil “Príncipe Felipe”. Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 28 de marzo de 2011, procedeu á apertura dos Sobres “C”, presentado polas empresas admitidas, correspondente ós criterios avaliables mediante fórmulas, obtendo a seguinte puntuación: LICITADORES Sobre “B” Sobre “C” TOTAL Oferta económica Limpiezas del Noroeste, S.A.U. 40,00 Puntos 0,072 Puntos 40,072 Puntos Grupo L.P.M., S.A. 25,00 Puntos ELIMINADO Por non obter unha valoración superior a 30 puntos de conformidade coa cláusula 11 do prego de cláusulas económico-administrativas Resultando que por resolución número 6.403 de data 27 de abril de 2001, a Presidencia estableceu como oferta máis vantaxosa, a formulada pola empresa, Limpiezas del Noroeste, S.A.U. (LINORSA), efectuando así mesmo o correspondente requirimento á devandita empresa para que presentase a documentación a que fai referencia o artigo 135.2 da Lei 30/2007 de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. Resultando que a empresa, Limpiezas del Noroeste, S.A.U. (LINORSA), presentou a documentación requirida, entre a que se atopa unha garantía definitiva por importe de 41.673,62 € depositada na Tesourería desta Deputación co número de operación 201100036066, polo que unha vez cumprimentados os trámites esixidos, procede efectuar a adxudicación deste contrato de conformidade co establecido no artigo 135.3 da citada Lei 30/2007. Considerando que a disposición adicional segunda da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato de servizos, e tendo en conta o establecido nas bases de execución do vixente orzamento provincial, concretamente na Base 16ª.2a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para contratación de subministracións que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía. De conformidade coa proposta da Mesa de Contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Adxudicar á empresa Limpiezas del Noroeste, S.A.U. (LINORSA) (C.I.F.: A-36.621.464), o contrato correspondente á prestación do servizo de limpeza da Cidade Infantil “Príncipe Felipe”, por un importe global de novecentos oitenta e tres mil catrocentos noventa e sete euros con cincuenta e tres céntimos (983.497,53 €), IVE incluído, de acordo co seguinte detalle: IMPORTE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO (2 ANOS) A) Prezo contrato 833.472,48 euros. B) IVE (18%) 150.025,05 euros. C) TOTAL (A+B) 983.497,53 euros. PREZO ANUAL DO CONTRATO A) Prezo contrato 416.736,24 euros. B) IVE (18%) 75.012,52 euros. C) TOTAL (A+B) 491.748,76 euros. PREZO MENSUAL DO CONTRATO D) Prezo contrato 34.728,02 euros. E) IVE (18%) 6.251,04 euros. F) TOTAL (A+B) 40.979,06 euros. Este contrato terá unha duración de dous anos, con entrada en vigor, unha vez formalizado o mesmo, dende o día 1 de xuño de 2011, podendo prorrogarse a vixencia por mutuo acordo das partes antes da finalización da mesma, sen que a duración total do contrato -incluídas as posibles prórrogas expresas- poida exceder de catro anos. Unha vez fixada a data de vixencia deste contrato reestrutúrase o financiamento do mesmo durante os exercicios de 2011 a 2013, con seguinte detalle: Importe Mes Meses Importe Total Prezo Contrato IVE (18%) Ano 2011 (de xuño a decembro ) 40.979,06 € 7 286.853,42 243.096,12 43.757,30 Ano 2012 (xaneiro-decembro) 40.979,06 € 12 491.748,76 416.736,24 75.012,52 Ano 2013 (xaneiro-maio) 40.979,06 € 5 204.895,30 173.640,08 31.255,22 2. Publicar esta adxudicación no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra e comunicar á empresa adxudicataria, Limpiezas del Noroeste, S.A.U. (LINORSA), que a formalización do respectivo contrato realizarase unha vez cumpridas as formalidades e dentro dos prazos que se detallan na cláusula número 16 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexen este procedemento aberto e que foron aprobadas pola “Xunta de Goberno” na sesión que tivo lugar o día 2 de febreiro de 2011. 3. A empresa, Limpiezas del Noroeste, S.A.U. (LINORSA), como adxudicataria deste procedemento aberto, ingresará a cantidade de 903,83 euros na Tesourería da Deputación de Pontevedra, en concepto de gastos de publicación de anuncios, de acordo co seguinte detalle: -Gastos publicación anuncio Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOP) 133,30 € -Gastos publicación anuncio Boletín Oficial do Estado (BOE) 770,53 € TOTAL 903,83 € 4. O pago do prezo este contrato efectuarase contra a presentación das correspondentes facturas, por mensualidades vencidas, con cargo ás aplicacións orzamentarias seguintes: • Os servizos a prestar durante os meses de xuño a decembro do ano 2011, que supoñen un importe global de 286.853,42 €, con cargo á aplicación orzamentaria 11/232.232.227.00, do vixente orzamento provincial. • Os servizos a prestar durante o ano 2012 (meses de xaneiro a decembro), por importe global de 491.748,76 € con cargo á correspondente aplicación do orzamento provincial do exercicio de 2012. • Os servizos a prestar durante o ano 2013 (meses de xaneiro a maio), por importe global de 204.895,30 € con cargo á correspondente aplicación do orzamento provincial do exercicio de 2013. 22.19246.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN NÚM. 8 DA OBRA CAMPO DE FÚTBOL DE HERBA ARTIFICIAL, TERCEIRA FASE Vista a certificación núm. 8 relativa á Campo de fútbol de herba artificial, terceira fase,(convenio) adxudicada no seu día á empresa Construcciones Obras y Viales S.A., e visto o informe favorable do Servizo de Intervención de data 18/04/2011 e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: Certificación núm. 8: EMPRESA Aplicación orzamentaria Importe CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES S.A. (CIF. A – 36.008.886) 11/922.342.652.09.2009 228.772,09€ SUBTOTAL ………. 228.772,09€ Tasa Técnicos Directores (4%) Id. 6.516,80€ Control de calidade (3%) Id. 4.887,60€ Seguridade e saúde (0,72%) Id. 1.173,02€ Total descontos 12.577,42€ TOTAL LIQUIDO A PERCIBIR……………….. 216.194,67€ Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por tratarse da prestación do servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel acordo co ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A Liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoo no concepto orzamentario que proceda, e os dos técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. 23.19247.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Vistos os informes emitidos por Intervención, correspondentes ás facturas relativas á dirección de obra e certificacións que máis adiante se relacionan, tendo en conta que non se seguiu o procedemento de contratación oportuno á aprobación da factura, require seguir o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, con cargo ás contas non orzamentarias: 419.10 (099.143) de acordo co establecido na base 17.1 das aprobadas para a execución do Orzamento Provincial de 2010, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a autorización, o compromiso de gasto e o recoñecemento extraxudicial das seguintes obrigas: Facturas emitidas por Darzal Consultoría y Prevención, S.L. (B-82270190), que de seguido se relacionan, relativas a traballos de coordinación de seguridade e saúde de diversas obras: Núm. Factura Data Obra Importe 0844-6/2010 30/06/2010 “Saneamento, abastecemento e mellora viais en Pazos de Reis (Tui)” (PID/09/00610/2009002585) 169,27 € 1228/2010 09/09/2010 “Melloras no campo de fútbol municipal de Guillarei (Tui)” (PID/09/00610/2009002571) 344,60 € 1229/2010 09/09/2010 “Construción de depósito de abastecemento de auga en Loureza (Oia)” (PID/06/00991/2009002510) 110,26 € 1288-1/2010 30/09/2010 “Humanización Avenida do Concello (A Lama)” (PID/09/01041/2009002281) 439,36 € 128-2/2011 03/02/2011 “Construción de depósito de abastecemento de auga en Loureza (Oia)” (PID/06/00991/2009002510) 143,10 € 128-3/2011 03/02/2011 “Construción de depósito de abastecemento de auga en Loureza (Oia)” (PID/06/00991/2009002510) 41,73 € 128-16/2011 03/02/2011 “Mellora camiño rural de Zapa A Torre en Chaín (Gondomar)” (PID/09/00920/2009002774) 216,74 € 0140-12/2011 10/02/2011 “Saneamento en Picoña, Outeiro e Parderrubias (Salceda de Caselas)” (PID/09/00985/2009002749) 198,82 € 0140-23/2011 10/02/2011 “Construción de vestiarios e iluminación no campo de fútbol en Santa María de Oia” (PID/09/00991/2009002520) 255,15 € 0140-25/2011 10/02/2011 “Pavimentación do Lugar de Outeiro en Agolada” (PID/09/00929/2009002567) 206,93 € 0140-31/2011 10/02/2011 “Humanización entorno Praza do Gaiteiro (Forcarei)” (PID/09/00918/2009002355) 124,63 € TOTAL 2.250,59 € 24.19248.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,
Ãrea de notas
Nota