ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2011/10/14_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.19.671/2.2011-10-14_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2011/10/14_Ordinaria

  • Data(s) 2011-10-14 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as nove horas e cincuenta minutos do día catorce de outubro do ano dous mil once, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Crespo Iglesias, D. Jorge Domínguez Rosal, Dna. Begoña Estévez Bernárdez, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Jose Carlos López Campos, Dna. María Pilar Ramallo Vázquez, D. Alberto Valverde Pérez e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Pablo Baquero Álvarez, D. José María Bello Maneiro, D. Arturo Grandal Vaqueiro, Dna. Marta Iglesias Bueno, D. Jose Alberto Pazos Couñago. e Dna. Ana Isabel Vázquez Reboredo. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asisten os señores deputados Don José Nelson Cándido Santos Argibay e Don Severino Reguera Varela. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.19532.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 7 de outubro de 2011. 2.19533.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS 1.- Devolución de garantías definitivas á empresa Cotrarga, S.L. A empresa Cotrarga, S.L. (CIF B- 36.571.784), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de lotes correspondentes ó “Aluguer de maquinaria e vehículos de transporte do ano 2010” dos que resultou adxudicatario. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polo Xefe do Parque de Maquinaria e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do respectivo contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de oitocentos vinte e cinco euros (825,00 €), para responder do contrato relativo ó: Aluguer de rolo vibrador de 10 TM.- Lote 7, que foi depositada na Tesourería Provincial o 24/03/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 20100025519, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de trescentos sesenta e catro euros con trinta e oito céntimos (364,38 €), para responder do contrato relativo ó: Aluguer de rolo vibrador de 10 TM.- Lote 7 (1ª Ampliación), que foi depositada na Tesourería Provincial o 23/09/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 20100081609, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de NovaCaixaGalicia, por importe de trescentos dous euros con cincuenta céntimos (302,50 €), para responder do contrato relativo ó: Aluguer de rolo vibrador de 10 TM.- Lote 7 (2ª Ampliación), que foi depositada na Tesourería Provincial o 05/01/2011, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201100001211, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 2.- Devolución de garantías definitivas á empresa Desbroces Deza, S.L. A empresa Desbroces Deza, S.L. (CIF B- 36.282.010), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de lotes correspondentes ó “Aluguer de maquinaria e vehículos de transporte do ano 2010” dos que resultou adxudicatario. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polo Xefe do Parque de Maquinaria e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do respectivo contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de oitocentos euros (800,00 €), para responder do contrato relativo ó: Aluguer de tractor desbrozadora hidráulica de 110 CV. (Brazo de 5 m)- Lote 17, que foi depositada na Tesourería Provincial o 26/03/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000026695. 3.- Devolución de garantías definitivas á empresa Balvalen, S.L. A empresa Balvalen, S.L. (CIF B- 36.265.924), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun lote correspondente ó “Aluguer de maquinaria e vehículos de transporte do ano 2010” dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polo Xefe do Parque de Maquinaria e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do respectivo contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de novecentos sesenta e oito euros con setenta e cinco céntimos (968,75 €), para responder do contrato relativo ó: Aluguer de camión articulado PMA 36/40 TM.- Lote 41, que foi depositada na Tesourería Provincial o 29/03/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000026775. 3.19534.- AMPLIACIÓN DO PRAZO DE REALIZACIÓN DAS OBRAS DO MODIFICADO Nº4 DE “AMPLIACIÓN DO MUSEO DE PONTEVEDRA E REHABILITACIÓN DO EDIFICIO SARMIENTO” A Xunta de Goberno da Deputación provincial, en sesión do día 18 de xaneiro de 2011, prestou aprobación ó proxecto modificado nº 4 de ampliación e rehabilitación do Edificio Sarmiento (Museo de Pontevedra), adxudicando a realización do mesmo á empresa Dragados, S.A. A empresa constituíu garantía complementaria por un importe de 103.111,03 €, formalizando o correspondente contrato administrativo con data 1 de febreiro de 2011. Por acordo da Xunta de Goberno, de data 5 de agosto de 2011, debido a dificultades xurdidas no desenvolvemento das obras, ampliouse o prazo de realización das mesmas ata o 31 de outubro de 2011. Mediante escrito da empresa de data 7 de outubro de 2011, ratificado polos Arquitectos directores da obra, a empresa pon de manifesto que debido a que aínda está pendente a autorización por parte da compañía subministradora de electricidade (Fenosa), para o traslado do Centro de Transformación do Museo de Pontevedra, a execución de varias unidades de obra atópase paralizada ou executada parcialmente, polo que non se poden finalizar os traballos. Visto o informe do Servizo de Contratación e o escrito da empresa Dragados, S.A, ratificado polos Arquitectos directores da obra, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a ampliación do prazo de realización das obras ata o 31 de decembro de 2011. 4.19535.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON JOSÉ EDUARDO ROMA RODRÍGUEZ POR DANOS EN VEHÍCULO NA E.P. 8003 N-550-PARADELA DE BEMIL (CONCELLO DE CALDAS DE REIS) Dada conta que con data de rexistro de 12/07/11 (Rex. núm. 025555) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. José Eduardo Roma Rodríguez, con enderezo a efecto de notificacións na rúa Xacobe 3, Romai no Concello de Portas, por danos en vehículo coma consecuencia da existencia dun socavo na E.P. 8003 N-550-Paradela de Bemil, no Concello de Caldas de Reis, e que individualizou economicamente en 179,07 €. Resultando.- Que con data 16/08/11 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172.2 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas, que o emitiu en data 26/09/11 co seguinte contido: “Primeiro. A estrada E.P. 8003 N550- Paradela de Bemil, Caldas de Reis, está incluída na rede provincial de estradas. Segundo. Por parte do Servizo de Infraestruturas non se tivo constancia do accidente de referencia, que ao parecer tivo lugar ás 10:15 da mañá do día 3 de agosto de 2011, nin tampouco da existencia doutros accidentes provocados pola mesma causa, en datas próximas, anteriores ou posteriores, ao que é obxecto do presente informe. Terceiro. No entanto o anterior é preciso sinalar que ás 23:00 horas do día do sinistro recibiuse nunha chamada do 112 SOS Galicia solicitando a reparación dun socavo nesa estrada. Segundo informa o capataz da brigada desprazada ao viario, D. Celso García Alonso, percórrese toda a estrada sen que se detecte socavo algún. En relación co anterior e á vista das fotografías achegadas polo reclamante obsérvese unha discontinuidade da capa de rodaxe, pero non unha fochanca, sen as dimensións suficientes para provocar os danos agora denunciados. Quinto. Para rematar resaltar que nas fotografías que obran no expediente se observa que a roda do vehículo atopábase desgastada…” Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.d. 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, e proba irrefutable e o informe emitido polo Servizo de Infraestruturas desta Deputación no que se pon de manifesto que non existía socavo algún na estrada senon un simple desgaste da capa de rodadura, sen entidade nas súas dimensións para producir os desperfectos nas rodas, pois apenas tiña profundidade, tanto máis cando do expediente se deduce que as rodas do vehículo estaban desgastadas. A elo hai que engadir que nese punto non se produciron outros accidentes pola mesma causa, e que diferentes precedentes sentados polos Xulgados do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, un socavo - que non era o caso- debe superar os 5 cms de fondura e ser cortante para converterse en susceptible e idóneo na causación dun dano, o que non ocorre no presente suposto xa que se trataba, como se deixou dito, dun desgaste na capa de rodadura. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. 5.19536.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. RAMÓN PENA FRAGA EN REPRESENTACIÓN DE ALLIANZ SEGUROS, S.A. E DE D. PABLO GONZÁLEZ ÁLVAREZ POR DANOS EN VEHÍCULO NA E.P. 36003 CUVI-SAN COSME (CONCELLO DE VIGO) Dada conta que con data de rexistro de entrada 01/08/11 (Rex. núm. 027336) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. Ramón Pena Fraga en representación de Allianz Seguros, S.A. e de D. Pablo González Álvarez, con enderezo a efectos de notificacións na rúa Pontevedra, número 6- 2º A, por danos en vehículo a consecuencia da existencia de diversos socavóns na estrada E.P. 3603 Cuvi- San Cosme, no Concello de Vigo, na data 12/11/10 e que cuantifica economicamente en 528,64 €. Resultando.- Que con data 29 de setembro de 2011 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas, que o emitiu con data 3 de outubro de 2011 co seguinte contido: “… Poño no seu coñecemento que dito vial NON pertence á Deputación Provincial de Pontevedra sendo de titularidade municipal” Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que ó teor do citado informe impide entrar sequera a valorar as circunstancias concorrentes no sinistro en cuestión, por canto non pode constituírse válidamente a relación procedimental ó non resultar a Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer perante dela ningunha reclamación que non se relacione directamente coa súa titularidade demanial. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que en ningún caso pode esta Deputación Provincial facerse responsable de danos producidos en estradas que non sexan da súa titularidade. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á inadmisión argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a trámite dita reclamación. 6.19537.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 7.19538.- SOLICITUDE PRÓRROGA DA ASOCIACIÓN CULTURAL SAN VICENTE DE OITAVÉN (FORNELOS DE MONTES), PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA “REFORMA DO EDIFICIO DA ASOCIACIÓN”, INCLUÍDA NO PAC ANUALIDADE 2010 CO NÚMERO 653 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión de unha prórroga solicitada pola Asociación Cultural San Vicente de Oitavén (Fornelos de Montes) para xustificar a obra incluída no PAC/2010, co núm. 653, denominada “Reforma do edificio da Asociación”, subvencionada con 7.000,00 €. O aprazamento da xustificación concédese ata o 30 de abril de 2012, co carácter improrrogable. 8.19539.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSO Con data 15 de setembro de 2011 e con número de rexistro de entrada 032635, o Xefe do Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios expón que “Con data 20 de setembro de 2007, a Comisión Europea aprobou o Programa Operativo de Cooperación Territorial Europea relativo á Cooperación Transnacional do Espazo Atlántico para o período 2007-2013 concedendo unha axuda do fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). (...) O proxecto “NEA 2” ten por obxecto a promoción do sector náutico da provincia de Pontevedra e das augas interiores, a mellora ambiental das estruturas náuticas, a formación e accesibilidade ó litoral dirixida a discapacitados e o fomento da náutica sostible a través da realización de material publicitario, eventos, seminarios, conferencias, coloquios, etc. (...). A execución do proxecto fai necesaria a implementación de diversas actividades, entre as que se encontran a realización de reunións de socios para a execución de traballos, plans financeiros e orzamentarios, propostas e plan de acción coa intención de realizar unha execución conxunta a nivel internacional. Con esta finalidade, os días 26 e 27 de outubro de 2011 terá lugar en Brest (Francia) a conferencia Europea do proxecto NEA 2 á que debe asistir persoal en representación desta Institución, debido á ausencia en practicamente todas as reunións anteriores e na que se abordarán os desafíos e oportunidades de desenvolvemento transnacional para o período de tempo restante de duración do proxecto, así como para o futuro. O proxecto NEA 2 non posúe persoal técnico asignado para a realización das tarefas. Non obstante, se existen aplicacións orzamentarias destinadas ó pagamento da viaxe de traballo a Francia. Polo exposto solicita permiso e axuda económica para que o funcionario interino, D. Camilo Luis Vázquez Taboada (auxiliar asignado ó Proxecto “Proamare”) e o contratado laboral D.Joaquín Lede Martínez (Técnico do Proxecto “Aquelando 2”), poidan asistir en representación desta Deputación Provincial. A solicitude é informada favorablemente polo Xefe do Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios, e co visto e prace da Deputada Dna. Begoña Estévez Bernárdez. Polo exposto e de conformidade co establecido no I Convenio Colectivo para persoal laboral da Deputación Provincial de Pontevedra e Real Decreto 462/2002, do 24 de maio, de Indemnizacións por razón de servizo, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade , en virtude das competencias que lle confire o artigo 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, conceder a D. Camilo Luis Vázquez Taboada e D. Joaquín Lede Martínez licenza para asistir á 1ª Conferencia europea “Nautismo” no espazo Atlántico do Proxecto NEA 2 a celebrar en Brest (Francia) os días 25, 26, 27 e 28 de outubro de 2011, así como unha axuda económica, por importe de 2.523,36 €, co carácter de “a xustificar”, estando desgregados por conceptos tal e como a continuación se sinala: Gastos de D. Joaquín Lede Martínez: Desprazamento: (Saída día 26 de outubro ás 9:30 h. e regreso o día 28 de outubro ás 18:00 h.) CONCEPTO TOTAL PARTIDA Billetes de avión (Vigo-Paris-Brest) ida e volta 750,00 € 11/241.432.231.20 (Locomoción do persoal de NEA 2) Vehículo propio (Pontevedra – Aeroporto de Vigo – Pontevedra) 13,30 € 11/241.432.231.20 (Locomoción do persoal de NEA 2) Peaxe autoestrada (ida e volta) 6,10 € 11/241.432.231.20 (Locomoción do persoal de NEA 2) Parking aeroporto Vigo (3 días) 40,00 € 11/241.432.231.20 (Locomoción do persoal de NEA 2) Desprazamento Aeroporto-Hotel-Aeroporto 150,00 € 11/241.432.231.20 (Locomoción do persoal de NEA 2) TOTAL GASTOS LOCOMOCIÓN 959,40 € 11/241.432.231.20 (Locomoción do persoal de NEA 2) Axudas: (Saída día 26 de outubro ás 9:30 h. e regreso o día 28 de outubro ás 18:00 h.). (Coa consideración de Residencia Eventual (80% da dieta enteira). Dieta Francia (Grupo II): CONCEPTO Manutención + Aloxamento Importe Día: 26/10/2011 Residencia Eventual (80%) GRUPO II Importe Día: 27/10/2011 Residencia Eventual (80%) GRUPO II Importe Día: 28/10/2011 ½ Manutención GRUPO II PARTIDA Joaquín Lede Martínez 188,12 € 150,50 € 32,76 € 11/241.432.230.20 (Dietas para o persoal de NEA 2) TOTAL GASTOS DIETAS 371,38 € 11/241.432.230.20 (Dietas para o persoal de NEA 2) Gastos de D. Camilo Luis Vázquez Taboada: Desprazamento: (Saída día 25 de outubro ás 9:30 h. e regreso o día 28 de outubro ás 18:00 h.): CONCEPTO TOTAL PARTIDA Billetes de avión (Vigo-Paris-Brest) ida e volta 500,00 € 11/241.432.231.20 (Locomoción do persoal de NEA 2) Vehículo propio (Pontevedra – Aeroporto de Vigo – Pontevedra) 13,30 € 11/241.432.231.20 (Locomoción do persoal de NEA 2) Peaxe autoestrada (ida e volta) 6,10 € 11/241.432.231.20 (Locomoción do persoal de NEA 2) Parking aeroporto Vigo (4 días) 50,00 € 11/241.432.231.20 (Locomoción do persoal de NEA 2) Desprazamento Aeroporto-Hotel-Aeroporto 150,00 € 11/241.432.231.20 (Locomoción do persoal de NEA 2) TOTAL GASTOS LOCOMOCIÓN 719,40 € 11/241.432.231.20 (Locomoción do persoal de NEA 2) Axudas: (Saída día 25 de outubro ás 9:30 h. e regreso o día 28 de outubro ás 18:00 h.). (Coa consideración de Residencia Eventual (80% da dieta enteira). Dieta Francia (Grupo II): CONCEPTO Manutención + Aloxamento Importe Día: 25/10/2011 Aloxamento + Manutención GRUPO III Importe Día: 26/10/2011 Residencia Eventual (80%) GRUPO III Importe Día: 27/10/2011 Residencia Eventual (80%) GRUPO III Importe Día: 28/10/2011 ½ Manutención GRUPO III PARTIDA Camilo Luis Vázquez Taboada 170,09 € 136,07 € 136,07 € 30,95 € 11/241.432.230.20 (Dietas para o persoal de NEA 2) TOTAL GASTOS DIETAS 473,18 € 11/241.432.230.20 (Dietas para o persoal de NEA 2) Así mesmo, de conformidade co establecido no apartado 14 do Acordo da Xunta de Goberno citado, unha vez finalizada a acción formativa, para que se aboe a axuda económica proposta, o solicitante deberá presentar unha Memoria sobre o seu desenvolvemento e conclusións obtidas, debendo xustificar, igualmente, con suxeición á normativa establecida, a asistencia, co correspondente certificado ou diploma así como os gastos locomoción, nos termos e condicións establecidas no Real Decreto 462/2002, do 24 de maio. A xustificación dos devanditos gastos autorizados deberán presentarse no Servizo de Recursos Humanos e Formación no prazo de 10 días hábiles, conforme ó disposto no apartado 2.2.1 da Orde de 8 de novembro de 1994 sobre xustificación e anticipos de indemnizacións por razón do servizo. 9.19540.- AUTORIZACIÓN DA REDACCIÓN DUN PROXECTO MODIFICADO E A AMPLIACIÓN DO PRAZO DE EXECUCIÓN DA OBRA POUSADA EN RIBADUMIA A Xunta de Goberno, en sesión de 26 de maio de 2010, prestou aprobación ó proxecto de “Pousada en Ribadumia”, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) cun orzamento de 2.584.000, 00 €, máis a cantidade de 465.129,00 €, correspondente ó IVE. O órgano de contratación, en sesión de 11 de xuño de 2010, aprobou o expediente de contratación da obra, acordando a súa licitación en convocatoria pública mediante anuncio publicado no Boletín Oficial de Pontevedra, número 117, de data 22 de xuño de 2010. Por este mesmo órgano, adxudicouse o contrato para executar a obra “Pousada en Ribadumia” a Contrucciones Abal, S.A. (CIF:A-36115459), por un prezo de un millón oitocentos dezanove mil novecentos dez euros con dezasete céntimos 1.819.910,17 €, sen IVE, máis a cantidade correspondente ó IVE de trescentos vinte e sete mil cincocentos oitenta e tres euros con oitenta e tres céntimos (327.583,83 €). O prazo de execución da obra ofertado foi de nove meses, unha melloras de 61.654,30 €, e o seu control de calidade do 3% do orzamento de execución material correspondente á adxudicación da obra. A acta de comprobación do replanteo formalizouse con data 18 de xaneiro de 2011, computándose como data de finalización da obra o 19 de outubro de 2011. D. Mauro Lomba, como facultativo designado para a dirección da obra, informa que a presenza de roca moi dura provocou a adaptación das cotas de cimentación dos distintos pavillóns, o que provocou redefinir todas as circulacións, Estas e outras circunstancias imprevista esixen adoptar medidas para conseguir un aproveitamento racional e coherente da parcela. Para a execución de ditas actuacións resulta necesaria a redacción dun proxecto modificado e polo tanto, tamén ampliar o prazo de execución da obra ante a imposibilidade de finalizar a obra en prazo. Así mesmo, a empresa Construcciones Abal, S.A., solicita con data de rexistro 11 de outubro de 2011, unha ampliación de 7 meses na execución das obras, estimándose a finalización o 19 de maio de 2012. Considerando que o contrato adxudicouse, con data de 3 de novembro de 2010, aplicarase a Lei 30/2007 de LCSP, sen as modificación operaras coa Lei 2/2011. Considerando o establecido nos artigos 202 e 217 da LCSP, que sinala que por razóns de interese público se poidan introducir modificacións ó contrato, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Autorizar a redacción dun proxecto modificado e ampliar o prazo de execución da obra “Pousada de Ribadumia” ata o 19 de maio de 2012. 10.19541.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº 6 (FINAL) DE SERCOYSA, PROXECTOS E OBRAS, S.A. CORRESPONDENTE Á OBRA “MELLORA CAPA DE RODAMENTO EE.PP. ZONA CENTRO Vista a certificación núm. 6-final relativa á obra “Mellora capa de rodadura EE.PP. zona centro”, e visto o informe favorable do Servizo de Intervención de data 5/10/2011, e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: Certificación núm. 6-final: Empresa Aplicación Orzamentaria Importe Sercoysa Proyectos y Obras S.A. (CIF. A – 36.319.622) 11/456.453.612.02.2009 231.648,29 € SUBTOTAL 231.648,29 € Taxa Técnicos Directores (4%) Id. 6.598,73 € Control de calidade (3%) Id. 4.949,04 € Seguridade e saúde (0,72%) Id. 1.187,77 € Total descontos 12.735,54 € TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR 218.912,75 € Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. 11.19542.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DA CERTIFICACIÓN NOS 1 FINAIS DE COVSA CORRESPONDENTES ÁS OBRAS “CONSTRUCIÓN DE BANCADA NO CAMPO DE FÚTBOL DE COMESAÑA, VIGO” E “OBRAS COMPLEMENTARIAS NO CAMPO DE FÚTBOL DE BEADE, VIGO” Vistos os informes emitidos por Intervención, correspondentes ás facturas relativas a dirección de obra e certificacións que máis adiante se relacionan, tendo en conta que non se seguiu o procedemento de contratación oportuno á aprobación da factura require seguir o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, con cargo ás contas orzamentarias: 11/922-342-652.00 de acordo co establecido na base 17.1 das aprobadas para a execución do Orzamento Provincial de 2010, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a autorización, o compromiso de gasto e o recoñecemento extraxudicial das seguintes obrigas: -A certificación nº 1-FINAL de Construcións Obras e Viais S.A. (CIF A-36.008.886), por importe de 58.999,76 €, correspondente á obra “Construción de Bancada no campo de fútbol de Comesaña, Vigo”, con arranxo ó seguinte detalle: Euros CONSTRUCIÓNS OBRAS E VIAIS S.A. (CIF A-36.008.886) 58.999,76 € Subtotal 58.999,76 € Taxa dirección de obra ( 4%) 1.680,67 € Control de Calidade (0 %) 0,00 € Seguridade e Saúde (0,5%) 210,08 € Total descontos 1.890,75 € Importe líquido a percibir pola empresa 57.109,01 € -A certificación nº 1 - FINAL de Construcións Obras e Viais S.A. (CIF A36.008.886), por importe de 37.204,52 €, correspondente á obra, “Obras complementarias no campo de fútbol de Beade, Vigo”, con arranxo ó seguinte detalle: Euros CONSTRUCIÓNS OBRAS E VIAIS S.A. (CIF A-36.008.886) 37.204,52 € Subtotal 37.204,52 € Taxa dirección de obra ( 4%) 1.059,81 € Control de Calidade (0 %) 0,00 € Seguridade e Saúde (0.5 %) 132,48 € Total descontos 1.192,29 € Importe líquido a percibir pola empresa 36.012,23 € 12.19543.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as des horas e vinte e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición