ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.393
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2011/11/04_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.19.671/2.2011-11-04_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2011/11/04_Ordinaria

  • Data(s) 2011-11-04 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as nove horas e corenta minutos do día catro de novembro do ano dous mil once, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Crespo Iglesias, D. Jorge Domínguez Rosal, Dna. Begoña Estévez Bernárdez, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Jose Carlos López Campos, Dna. María Pilar Ramallo Vázquez, D. José Nelson Cándido Santos Argibay, D. Alberto Valverde Pérez e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Pablo Baquero Álvarez, D. José María Bello Maneiro, Dna. Marta Iglesias Bueno, D. Jose Alberto Pazos Couñago, D. Severino Reguera Varela. e Dna. Ana Isabel Vázquez Reboredo. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sra. Interventora Acctal., Dna. Inés Vereterra Gutiérrez-Maturana. Non asisten o señor deputado D. Arturo Grandal Vaqueiro. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.19581.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 28 de outubro de 2011. 2.19582.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS 1.- Devolución de garantías definitivas á empresa Formagal, Formación y Servicios, S.L. A empresa Formagal, Formación y Servicios, S.L. con CIF B- 36.477.677, mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de mil trescentos oito euros con setenta céntimos (1.308,70 €), para responder do contrato relativo ós: Cursos de formación para o Proxecto Aquelando II, que foi depositada na Tesourería Provincial o 2/11/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000095661. 2.- Devolución de garantías definitivas á empresa Enxeñeiros e Arquitectos Consultores IDOM, S.A. Á empresa Enxeñeiros e Arquitectos Consultores IDOM, S.A. con CIF A- 15.545.437, mediante escritos presentados perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos contratos. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Bankinter, por importe de sete mil cincocentos dez euros con sesenta e sete céntimos (7.510,67€), para responder do contrato relativo ó: Servizo de xestión, seguimento e control do proxecto “Wimax Rural Pontevedra” e a creación dun sistema web de información do proxecto, que foi depositada na Tesourería Provincial o 22/04/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000033702, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Bankinter, por importe de dous mil novecentos cincuenta euros (2.950,0 €), para responder do contrato relativo ós: Traballos de asistencia técnica para o desenvolvemento de proxectos pilotos dentro do proxecto “Wimax Rural Pontevedra”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 26/03/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900027573, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 3.19583.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS “EL CASTRO DE CHANDEBRITO (NIGRÁN)”, PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA “ACONDICIONAMENTO PISTA PARROQUIAL”, INCLUÍDA NO PAC. ANUALIDADE 2010 CO NÚMERO 1628 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder a prórroga solicitada pola Asociación de Veciños El Castro de Chandebrito (Nigrán) para xustificar a obra incluída no PAC/2010, co núm. 1628, denominada “Acondicionamento pista parroquial”, subvencionada con 12.000,00 €. O aprazamento da xustificación concédese ata o 30 de abril de 2012, co carácter improrrogable. 4.19584.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DA AGRUPACIÓN VECIÑAL XUNQUEIRAS (PAZOS DE BORBÉN)”, PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA “MATERIAIS INSTALACIÓN ELÉCTRICA E CALEFACCIÓN”, INCLUÍDA NO PAC. ANUALIDADE 2010 CO NÚMERO 2820 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder a prórroga solicitada pola Agrupación Veciñal Xunqueiras (Pazos de Borbén) para xustificar a obra incluída no PAC/2010, co núm. 2820, denominada “Materiais instalación eléctrica e calefacción”, subvencionada con 3.937,18 €. O aprazamento da xustificación concédese ata o 30 de abril de 2012, co carácter improrrogable. 5.19585.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DA AGRUPACIÓN PARA A DEFENSA DO PATRIMONIO DE VILLAR DE INFESTA (REDONDELA)”, PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA “ARRANXO DO ENTORNO DA IGREXA PARROQUIAL”, INCLUÍDA NO PAC. ANUALIDADE 2010 CO NÚMERO 1767 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder a prórroga solicitada pola Agrupación para a defensa do patrimonio de Villar de Infesta (Redondela) para xustificar a obra incluída no PAC/2010, co núm. 1767, denominada “Arranxo do entorno da Igrexa Parroquial”, subvencionada con 5.000,00 €. O aprazamento da xustificación concédese ata o 30 de abril de 2012, co carácter improrrogable. 6.19586.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS CASELAS (SALCEDA DE CASELAS)”, PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA “CONSTRUCIÓN DE CENTRO SOCIO-CULTURAL”, INCLUÍDA NO PAC. ANUALIDADE 2010 CO NÚMERO 1722 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder a prórroga solicitada pola Asociación de Veciños Caselas (Salceda de Caselas) para xustificar a obra incluída no PAC/2010, co núm. 1722, denominada “Construción de Centro Socio-Cultural”, subvencionada con 30.000,00 €. (Libre Disposición). O aprazamento da xustificación concédese ata o 30 de abril de 2012, co carácter improrrogable. 7.19587.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSO A) Mediante escrito de data 19 de outubro de 2011, número de Rexistro de entrada 035837, Dª. Mª da Carmen Crespo Blanco, xefa do Servizo de Prevención de Riscos da Deputación Provincial de Pontevedra, expón que asistirá á “Xornada de Formación para traballadores sensibles: xestión da prevención de riscos laborais”, que se celebrará en Santiago de Compostela o día 20 de outubro de 2011 en horario de mañá. Por todo iso solicita permiso e axuda económica para poder asistir. A solicitude foi conformada pola Deputada Dna. Begoña Estévez Bernárdez que supervisa e controla a asistencia ós cursos de formación. O contido da Xornada garda relación directa coas funcións desenvolvidas pola interesada no seu Servizo. De acordo con todo o exposto, ó amparo do establecido nos Acordos da Xunta de Goberno número 14.15813 de data 23 de xaneiro de 2008, 9.14880 de 09 de marzo de 2007 e 12.19459 de 9 de setembro de 2011, e R.d. 462/2002, de 24 de maio, sobre Indemnizacións por Razón do Servizo, e artigo 67 da Lei 30/1992 de 26 de novembro, en virtude das atribucións conferidas polo artigo 105 da Lei 5/1997 de 22 de xullo de Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade validar o expediente e conceder o permiso solicitado por Dna. María Del Carmen Crespo Blanco, para asistir á “Xornada de Formación para traballadores sensibles: xestión da prevención de riscos laborais”, que se celebrará en Santiago de Compostela o día 20 de outubro de 2011 en horario de mañá, así como unha axuda económica que ascende a un total de 49,98 €, desagregados por conceptos tal e como se detalla a continuación: - Desprazamento en vehículo particular: 0,19 *152 km…….………….28,88 € - Peaxe Autoestrada: ida e volta ……………………………………….9,10 € - Parking…………………………………………………………….…12,00 € Ditas cantidades imputaranse á aplicación orzamentaria 11/929.920.231.20 de locomoción. Así mesmo, de conformidade co establecido no apartado 14 do Acordo da Xunta de Goberno citado, unha vez finalizada a acción formativa, para que se abone a axuda económica proposta, o solicitante deberá presentar unha Memoria sobre o seu desenvolvemento e conclusións obtidas, debendo xustificar, igualmente, con suxeición á normativa establecida, a asistencia, co correspondente certificado ou diploma así como os gastos locomoción, nos termos e condicións establecidas no Real decreto 462/2002 de 24 de maio. A xustificación dos devanditos gastos autorizados deberán presentarse no Servizo de Recursos Humanos e Formación no prazo de 10 días hábiles, conforme ó disposto no apartado 2.2.1 da Orde de 8 de novembro de 1994 sobre xustificación e anticipos de indemnizacións por razón do servizo. B) Con data 4 de outubro de 2011, número de rexistro de entrada 034359, D. Pedro Mansilla Vázquez, xefe de Servizo da Estación Fitopatolóxica do Areeiro expón “Que os días do 22 ó 24 de novembro de 2011, celebrarase en Jaén a “XXVII Reunión anual do grupo de traballo de laboratorios de diagnóstico e prospeccións fitosanitarias”. A estas reunións que se celebran anualmente asiste a Estación Fitopatolóxica de Areeiro, como laboratorio oficial de fitopatoloxía da Comunidade Autónoma de Galicia, desde os seus inicios. Esta reunión convócase oficialmente, un mes antes da súa celebración, polo Ministerio de medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, e é fundamental a asistencia dun Técnico do noso Centro á devandita reunión, pois nela, ademais de presentarse os últimos traballos en materia de fitopatoloxía que se están levando a cabo polos laboratorios oficiais de cada comunidade autónoma, dítanse as normas e criterios de traballo para os laboratorios de fitopatoloxía a nivel nacional, co fin de estar coordinados entre si fronte a novas pragas e enfermidades. Non obstante, tendo en conta o acordo adoptado pola Xunta de Goberno de data 9 de setembro de 2011, nº 12.19459, debería considerarse como unha excepción a asistencia á devandita reunión, xa que os gastos serán cargados ó Proxecto XPRAGAS-XUNTA. Para iso solicita que se lle conceda permiso para asistir do 21 ó 25 de novembro de 2011, en representación do Centro e en Comisión de Servizos, así como a indemnización dos gastos ocasionados a Dª. Adela Abelleira Argibay. A solicitude foi conformada pola Deputada Dna. Begoña Estévez Bernárdez que supervisa e controla a asistencia ós cursos de formación e co visto e prace do xefe da Estación Fitopatolóxica de Areeiro, D. Pedro Mansilla Vázquez. Examinados os antecedentes que obran no expediente, non consta que á interesada concédalle Licenza para asistir a algún curso, congreso ou seminario durante este ano. Visto o programa da Reunión, achegado pola solicitante, e de acordo co establecido no apartado 8 do Acordo da Xunta de Goberno de 09 de marzo de 2007, nº 9.14880, existe unha correlación directa entre o contido e obxecto do mesmo e o traballo desenvolvido pola interesada no Servizo. A normativa reguladora das “Licenzas e Axudas Económicas para Asistencia a Cursos, Conferencias e Congresos, Xornadas e Reunións”, modificada pola Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria celebrada o día 9 de setembro de 2011, establece na a súa Cláusula 11ª) que “a axuda económica que se poderá conceder ós solicitantes comprenderá: o 50% dos gastos de matrícula ou inscrición cun tope máximo de 300,00 € por solicitante. Os gastos de desprazamento e manutención do grupo ó que pertenza o funcionario, coa consideración de residencia eventual e sen que o importe total, por ambos os conceptos, poidan superar a cantidade de 400,00 € por solicitante. En todos os casos, e aínda cando non se superen devanditos límites, non se aboarán os gastos de desprazamento en taxi entre o lugar de aloxamento e o centro onde se imparta o curso, xornada, congreso ou seminario, debendo utilizarse liñas de transporte regular (autobús, metro…). Exceptúanse do anterior, a asistencia a xornadas técnicas vinculadas a Programas ou Proxectos europeos, cuxo custo se inclúa no propio proxecto”. Ó amparo do establecido na normativa reguladora das “Licenzas e axudas económicas para asistencia a cursos, conferencias e congresos, xornadas e reunións” e tendo en conta os importes fixados no R.d. 462/2002 de 24 de maio, sobre Indemnizacións por Razón do Servizo, en virtude das competencias que lle confire o artigo 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder a Dª. Adela Abelleira Argibay, o permiso solicitado e unha axuda económica, por un importe de 834,37 €, de acordo coa seguinte desagregación: Desprazamento: Aplicación orzamentaria Proxecto XPRAGAS-XUNTA: 11/413.413.231.20 Concepto Partida Avión (Vigo - Madrid - Vigo) 300,00 € Tren Madrid-Jaén-Madrid 70,00 € Desprazamentos Jaén (metro, autobús) 30,00 € Desprazamento en coche propio (Pontevedra–Aeroporto Vigo–Pontevedra) 60 km x 0,19 € 11,40 € Aparcamento Aeroporto de Vigo 28,00 € Peaxe autoestrada 6,10 € TOTAL DESPRAZAMENTO…. 445,50 € Dietas: Aplicación orzamentaria Proxecto XPRAGAS-XUNTA: 11/413.413.230.20 CONCEPTO IMPORTEGRUPO II 21 de nov. IMPORTE GRUPO II 22 de nov. (Residencia Eventual 80 %) IMPORTE GRUPO II 23 de nov. (Residencia Eventual 80 %) IMPORTE GRUPO II 24 de nov. (Residencia Eventual 80 %) IMPORTE GRUPO II 25 de nov. TOTAL Manutención 37,40 € 82,70 € 82,70 € 82,70 € 37,40 € 388,87 € Aloxamento 65,97 € 0,00 € TOTAL DIETAS… 388,87 € Así mesmo, de conformidade co establecido no apartado 14 do Acordo da Xunta de Goberno citado, unha vez finalizada a acción formativa, para que se abone a axuda económica proposta, o solicitante deberá presentar unha Memoria sobre o seu desenvolvemento e conclusións obtidas, debendo xustificar, igualmente, con suxeición á normativa establecida, a asistencia, co correspondente certificado ou diploma así como os gastos locomoción, nos termos e condicións establecidas no Real decreto 462/2002 de 24 de maio. A xustificación dos devanditos gastos autorizados deberán presentarse no Servizo de Recursos Humanos e Formación no prazo de 10 días hábiles, conforme ó disposto no apartado 2.2.1 da Orde de 8 de novembro de 1994 sobre xustificación e anticipos de indemnizacións por razón do servizo. 8.19588.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 9.19589.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DE OBRIGAS DERIVADAS DA CONCESIÓN DE AXUDAS Á SEMENTE DE AMEIXA ÁS CONFRARÍAS DE CAMBADOS, VILAXOAN, VILANOVA DE AROUSA E ILLA DE AROUSA Visto o acordo da Xunta de Goberno do día 22/12/2010, no que se conceden axudas para adquisición de semente para rexeneración de bancos marisqueiros da provincia de Pontevedra. Vista a documentación xustificativa do gasto dos seguintes expedientes: Beneficiario (CIF/NIF) Programa Orzamento inicial Axuda concedida Investimento xustificado Importe a pagar CONFRARÍA DE PESCADORES SAN ANTONIO DE CAMBADOS G-36012847 Axudas para adquisición de semente para rexeneración de bancos marisqueiros da provincia de Pontevedra. 38.880,00 € 19.440,00 € 41.503,75 € 19.440,00 € CONFRARÍA DE PESCADORES SAN ANTONIO DE CAMBADOS G-36012847 Axudas para adquisición de semente para rexeneración de bancos marisqueiros da provincia de Pontevedra. 32.400,00 € 16.200,00 € 34.754,44 € 16.200,00 € CONFRARÍA DE PESCADORES VIRXEN DO ROSARIO DE VILAXOAN G36012854 Axudas para adquisición de semente para rexeneración de bancos marisqueiros da provincia de Pontevedra. 38.880,00 € 19.440,00 € 38.880,02 € 19.440,00 € CONFRARÍA DE PESCADORES DE VILANOVA DE AROUSA G36013597 Axudas para adquisición de semente para rexeneración de bancos marisqueiros da provincia de Pontevedra. 71.712,00 € 35.856,00 € 84.823,21 35.856,00 € CONFRARÍA DE PESCADORES DA ILLA DE AROUSA G36014124 Axudas para adquisición de semente para rexeneración de bancos marisqueiros da provincia de Pontevedra. 41.369,94 € 20.684,97 € 41.713,92 20.684,97 € Visto o informe emitido pola Intervención que fiscalizan o recoñecemento das obrigas relacionadas, visto o informe favorable da Xefa do Servizo de Medio Natural Rural e Mariño do 28/10/2011 e tendo en conta que, polos beneficiarios se produciu un erro ó interpretar o prazo de presentación da xustificación establecido nas bases, en canto ó comezo deste, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer e declarar de aboamento, polo procedemento extraxudicial de crédito, as obrigas derivadas da concesión das axudas relacionadas a continuación, con cargo á aplicación orzamentaria 11/410.415.779.02.2010 e nas condicións seguintes: Beneficiario CIF/NIF Dirección Importe a pagar Finalidade Observ. CONFRARÍA DE PESCADORES SAN ANTONIO DE CAMBADOS G-36012847 Rua Nova, 1 bajo 36630 CAMBADOS 19.440,00 € Rexeneración dos bancos do plan específico de explot. CONFRARÍA DE PESCADORES SAN ANTONIO DE CAMBADOS G-36012847 Rua Nova, 1 bajo 36630 CAMBADOS 16.200,00 € Rexeneración marisqueo a pé CONFRARÍA DE PESCADORES VIRXEN DO ROSARIO DE VILAXOAN G36012854 Rafael Pazos, 16 36611 VILAXOAN VILAGARCÍA DE AROUSA 19.440,00 € rexeneración de bancos marisqueiros CONFRARÍA DE PESCADORES DE VILANOVA DE AROUSA G36013597 Rúa O Castro, s/n 36620 VILANOVA DE AROUSA 35.856,00 € Sementeira de ameixa nos bancos marisqueiros CONFRARÍA DE PESCADORES DA ILLA DE AROUSA G36014124 Agro da Porta, 1 36626 ILLA DE AROUSA 20.684,97 € Adquisición de semente para rexeneración TOTAL 111.620,97 € 10.19590.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE NIGRÁN PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº2011002851, DENOMINADA “DOTACIÓN DE MOBILIARIO PARA SERVIZOS ADMINISTRATIVOS MUNICIPAIS”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención con cargo á cantidade que se reserva á Presidencia para a súa concesión directa e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento núm. 2011002851, denominado “Dotación de mobiliario para servizos administrativos municipais” e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder ó Concello de Nigrán con CIF núm. P3603500D, a cantidade de sesenta e seis mil setecentos cincuenta euros con oitenta e tres céntimos (66.750,83 €), para a realización do investimento núm. 2011002851, denominado “Dotación de mobiliario para servizos administrativos municipais”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 0,00 euros Exercicio 2010: 0,00 euros Exercicio 2011: 66.750,83 euros Polo que, esta subvención, que corresponde á anualidade de 2011, contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria correspondente, que será a 11/942.942.652.45. Así mesmo iníciase o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 11.19591.- INFORME SOBRE O ACORDO DE DISOLUCIÓN DO CONSORCIO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DA COMARCA DO SALNÉS Dada conta da comunicación do presidente do Consorcio Contra Incendios e Salvamento da Comarca do Salnés, do 6 de outubro de 2011 (rexistro de entrada núm. 36473, de data 25/10/2011), pola que se remite o acordo de disolución do Consorcio contra incendios e salvamento da comarca do Salnés e se solicita á Deputación de Pontevedra que emita o preceptivo informe esixido no artigo 143.1 b) da Lei 5/1997, de 22 de xullo de Administración Local de Galicia, Visto o informe favorable da Secretaría Xeral da Deputación de Pontevedra, do 28 de outubro de 2011, que manifesta que se seguiu o procedemento establecido no artigo 143.1 por remisión do 151.2 da citada lei 5/1997. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestarlle conformidade e posteriormente remitir ó Consorcio contra incendios e salvamento da comarca do Salnés o mencionado informe da Secretaría Xeral da Deputación de Pontevedra, que di como segue: “Dada conta da notificación do acordo do Pleno do Consorcio para o Servizo Contra Incendios e Salvamento da Comarca do Salnés, adoptado na súa sesión do 22 de setembro (nº rexistro de entrada 36.473 de 25 de outubro de 2011) e remitido ós efectos de emisión do informe previsto na Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia maniféstase que se seguiu o procedemento establecido no artigo 143.1, por remisión do 151.2, ambos da citada Lei 5/1997, polo que se informa favorablemente o mesmo. Tal é o noso parecer.” 12.19592.- PRÓRROGA NO PRAZO DE EXECUCIÓN DA OBRA “ROTONDA, ENSANCHE E MELLORA DA SEGURIDADE VIARIA NA E.P.3302 TABAGÓN-O ROSAL-PORTOCELO (O ROSAL) Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión de 23/02/2011, adxudicou a EXCAVACIONES Y CONSTRUCCIONES MANUEL PEREZ PORTELA, S.L. a obra “Rotonda, ensanche e mellora da seguridade viaria en E.P. 3302 Tabagón-O Rosal-Portocelo (O Rosal)”. Resultando que por R.P. 10598/11 concedeuse unha prórroga ata o 16 de novembro do ano en curso como consecuencia do atraso producido no inicio da obra ó non dispor dos terreos necesarios para a súa execución. Resultando que a adxudicataria, ante a falta dos permisos da Confederación Hidrográfica do Norte para levar a cabo as obras próximas ó río, solicita unha nova prórroga de dous meses para a súa finalización. Resultando que polo Director da obra emítese informe favorable á devandita solicitude. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade acceder ó solicitado por Excavaciones y Construcciones Manuel Perez Portela, S.L., adxudicataria da obra “rotonda, ensanche e mellora da seguridade viaria en E.P. 3302 Tabagón-O Rosal-Portocelo (O Rosal)”, concedendo unha prórroga no prazo de execución ata o 16 de xaneiro de 2012. 13.19593.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº1 (FINAL) DA OBRA DE EMERXENCIAS “RECONSTRUCIÓN DE PONTE EN E.P. 0303 GAXATE-ERMITAS (A LAMA)” Vista a certificación núm. 1-final relativa á obra de “Emerxencias: reconstrución de ponte en E.P. 0303 Gaxate-Ermitas (A Lama)”, adxudicada no seu día a empresa Construcciones Crespo, S.A., e visto o informe favorable do Servizo de Intervención de data 28/10/2011 e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: Certificación núm. 1-final: EMPRESA Aplicación orzamentaria Importe CONSTRUCCIONES CRESPO S.A. (CIF. A36.001.063) 11/456-453-612.02 348.356,05€ SUBTOTAL 348.356,05€ Taxa Técnicos Directores Id. 9.923,26€ Total descontos 9.923,26€ TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR 338.432,79€ Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. 14.19594.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº1 (FINAL) DA OBRA “AMPLIACIÓN MUSEO DE PONTEVEDRA, ACTUACIÓN NA MURALLA E ZAGUÁN, PROXECTO 11.1 (PONTEVEDRA)” Vista a certificación núm. 1 relativa á obra “Ampliación Museo de Pontevedra. Actuación na Muralla e Zaguán, Proxecto 11.1 (Pontevedra)”, adxudicada no seu día a empresa Dragados S.A., e visto o informe favorable do Servizo de Intervención de data 28/10/2011 e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: Certificación núm. 1 EMPRESA Aplicación orzamentaria Importe DRAGADOS S.A. (CIF. A-151139314) 11/457-333-622.01 208.620,68€ SUBTOTAL 208.620,68€ Taxa Técnicos Directores (4%) Id. 5.942,76€ Control de calidade (1%) Id. 1.485,69€ Seguridade e saúde (0,5%) Id. 742,85€ Total descontos 8.171,30€ TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR 200.449,38€ Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. 15.19595.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº16 DA OBRA “CAMPOS DE FÚTBOL DE HERBA ARTIFICIAL, TERCEIRA FASE” Vista a certificación núm. 16 relativa á obra “Campos de fútbol de herba artificial, terceira fase”, adxudicada no seu día á empresa Construcciones Obras y Viales, S.A., e visto o informe favorable do Servizo de Intervención de data 2/11/2011 e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: Certificación núm. 16 EMPRESA Aplicación orzamentaria Importe CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES S.A. (CIF. A – 36.008.886) 11/922.342.652.09.2009 11/922.342.652.09.2010 319.423,46€ SUBTOTAL 319.423,46€ Taxa Técnicos Directores (4%) Id. 9.099,09€ Control de calidade (3%) Id. 6.824,32€ Seguridade e saúde (0,72%) Id. 1.637,84€ Total descontos 17.561,25€ TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR 301.862,21€ Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. 16.19596.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e vinte minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición