Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2012-02-24_Ordinaria. Acta de sesión 2012/02/24_Ordinaria
Acta de sesión 2012/02/24_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.19.672/1.2012-02-24_Ordinaria
Título Acta de sesión 2012/02/24_Ordinaria
Data(s) 2012-02-24 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as nove horas e corenta e cinco minutos do día vinte e catro de febreiro do ano dous mil doce, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Crespo Iglesias, D. Jorge Domínguez Rosal, Dna. Begoña Estévez Bernárdez, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Jose Carlos López Campos, Dna. María Pilar Ramallo Vázquez, D. José Nelson Cándido Santos Argibay, D. Alberto Valverde Pérez e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Pablo Baquero Álvarez, D. José María Bello Maneiro, D. Arturo Grandal Vaqueiro, Dna. Marta Iglesias Bueno, D. Jose Alberto Pazos Couñago, D. Severino Reguera Varela. e Dna. Ana Isabel Vázquez Reboredo. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.19829.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 17 de febreiro de 2012. 2.19830.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DIÚRNO DE BALNEARIOS Retírase da orde do día pendente de mellor estudo o expediente relativo á “Aprobación das bases reguladoras do Programa Diúrno de Balnearios”. 3.19831.- APROBACIÓN DO DOCUMENTO DE AVALIACIÓN PREVIA E DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN PARA A CELEBRACIÓN DUN CONTRATO DE COLABORACIÓN PÚBLICO-PRIVADO, MEDIANTE DIÁLOGO COMPETITIVO, CO FIN DE REALIZAR UNHA ACTUACIÓN GLOBAL E INTEGRADA QUE MELLORE A EFICIENCIA E PRESTACIÓN DE SERVIZOS ENERXÉTICOS NA CIDADE INFANTIL “PRÍNCIPE FELIPE” A Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia asinaron un convenio de colaboración para a coordinación de actuacións de aforro e eficiencia enerxética e de implantación de enerxías renovables. O Edificio da Cidade Infantil “Príncipe Felipe” precisa dunha actuación global e integrada a fin de aproveitar a súa constatada capacidade de aforro en consumos enerxéticos. De forma orientativa e como elemento de partida, estableceuse un obxectivo de aforro mínimo dun 20% fixo sobre o custo da enerxía e o mantemento, estimándose un custo anual de facturación e mantemento de 353.325,62 €/anuais, IVE incluído. Debido á complexidade da actuación e o ser susceptible de varias posibilidades e solucións, non se está en condicións nin se ten os medios precisos para definir con carácter previo á licitación como alcanzar estes obxectivos, por iso constituíuse polo Pleno, en sesión 25 de novembro de 2011, unha mesa especial para que elaborase unha avaliación previa, tras unha comparativa con outras formas de contratación, de se o medio máis efectivo é o contrato de colaboración público-privado para alcanzar ditos fins. A mesa especial reuniuse con data 1 de decembro de 2011, e considerou plenamente xustificado acudir ó contrato de colaboración público-privado, por resultar o modelo de contrato idóneo entre os previstos no Trlcsp para dar resposta ás necesidades expostas. Así mesmo, acordouse preparar o documento descritivo, que incluirá o programa funcional que contendo os elementos básicos que informasen o dialogo cos contratistas, identificando a natureza e dimensión das necesidades a satisfacer, os elementos xurídicos e, técnicos ou económicos mínimos que deben incluír necesariamente as ofertas para ser admitidas ó dialogo competitivo, e os criterios de adxudicación do contrato. Elaborado o proxecto de documento descritivo remítese ó Secretario da corporación para o seu informe, que o evacúa con data 26 de xaneiro de 2012. Posteriormente, remítese o expediente para que a Intervención acredite que existe crédito suficiente e adecuado para financiar o gasto que comporta a celebración deste contrato, e que emita informe sobre a fiscalización previa do gasto. O Interventor informa que o financiamento farase con cargo ós aforros enerxéticos que se produzan, estando o crédito consignado nas aplicacións correspondentes nas distintas subministracións enerxéticas e nos contratos de mantemento das instalacións afectadas por este contrato, sen prexuízo que no orzamento de 2013 se consigne todo o crédito nunha soa aplicación orzamentaria. Considerando que de conformidade coa disposición adicional segunda do Trlcsp, corresponde ó Pleno a competencia sobre aqueles contratos de carácter plurianual que teñan unha duración superior a catro anos, e que o Pleno, en sesión de 25 de novembro de 2011, acordou delegar as sucesivas actuacións para a celebración deste contrato. E considerando que, a Comisión informativa de Economía, Facenda e Patrimonio, en sesión de 17 de febreiro de 2012, ditaminou favorablemente a aprobación do documento de avaliación previa e o expediente do contrato de referencia, dando cumprimento ó estipulado en art. 123 do Real decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades locais. A Xunta de goberno acorda por unanimidade: Primeiro.- Aprobar o documento de Avaliación Previa redactado pola Mesa especial do Diálogo competitivo, no que se poñen de manifesto, tendo en conta da complexidade do contrato, que non se está en condicións de definir, con carácter previo á licitación, os medios técnicos necesarios para alcanzar os obxectivos proxectados ou de establecer os mecanismos xurídicos e financeiros para levar a cabo o contrato, e efectuándose unha análise comparativo con formas alternativas de contratación que xustifican os motivos de carácter xurídico, económico, administrativo e financeiro que recomendan a tramitación do contrato a través do contrato típico de contrato de colaboración público-privado, nomeado no artigo 11 Trlcsp. Segundo.- Aprobar o expediente para a celebración dun contrato de colaboración publico privado, mediante dialogo competitivo, co fin de realizar unha actuación global e integrada que mellore a eficiencia e prestación de servizos enerxéticos na Cidade Infantil “Príncipe Felipe”. Así mesmo, apróbase o documento descritivo que inclúe o programa funcional. Terceiro.- Iniciar o dialogo competitivo coa convocatoria, mediante trámite urxente de conformidade co disposto no artigo 20.1 a) do R.d. Lei 6/2010 de medidas para o impulso da recuperación económica e o emprego, publicando o anuncio de licitación no Perfil do contratante, e no Diario Oficial da Unión Europea ós efectos de que os interesados poidan presentar as solicitudes de participación no prazo de 20 días naturais dende a data de envío ó DOUE. As solicitudes acompañaranse da documentación sinalada no artigo 146.1 do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público e a indicada na cláusula oitava do Documento Descritivo. Dito documento é como segue: “DOCUMENTO DESCRITIVO PARA A CONTRATACIÓN DE SERVIZOS ENERXÉTICOS NA CIDADE INFANTIL PRINCIPE FELIPE PROPIEDADE DA DEPUTACION DE PONTEVEDRA CLÁUSULA 1.- OBXECTO DO CONTRATO.- Constitúe o obxecto do presente documento o describir os principais elementos que deben integrar o Contrato de Colaboración entre o sector Público e o sector Privado tramitado polo procedemento de diálogo competitivo (en diante, o “CCPP” ou o “Contrato”), que regulará a execución dunha actuación global e integrada que supoña a mellora da Eficiencia Enerxética en edificios e instalacións así como a Prestación de Servizos Enerxéticos na Cidade Infantil Príncipe Felipe propiedade da Deputación de Pontevedra. Todo iso orientado a conseguir os obxectivos marcados polo ‘Plan de Aforro e Eficiencia Enerxética 2008-2011’ aprobado polo Goberno de España e o ‘Plan de Aforro e Eficiencia Enerxética na Administración Pública de Galicia’, englobado dentro do Plan Enerxético Galego 2007-2012, aprobado pola Xunta o 24 de febreiro de 2011, nos que se establece o impulso ó desenvolvemento de Empresas de Servizos Enerxéticos como unha das medidas de carácter transversal que se ha de poñer en marcha para a optimización da xestión e das instalacións enerxéticas, recuperando o investimento a través do aforro conseguido no medio-longo prazo. Codificación CPV: A codificación correspondente á nomenclatura Vocabulario Común de Contratos (CPV) contida no Regulamento e na súa modificación, con respecto a este contrato son as seguintes: 45331000-6 45351000-2 CLÁUSULA 2.- DOCUMENTOS.- Os documentos iniciais relacionados con esta licitación son: • Avaliación previa: xustificación da elección do modelo de contratación. • Documento descritivo (este documento): recolle as características de contratación, a información sobre as condicións do inicio do proceso de licitación e os modelos de formularios para presentar a Solicitude de Participación. • Programa funcional: recolle as características técnicas do centro e as especificacións iniciais do Proxecto. O contido destes documentos irá evolucionando durante o desenvolvemento da Etapa de Diálogo e poderán publicarse novas versións segundo se vaian definindo as solucións máis adecuadas para resolver as necesidades e requirimentos do proxecto. CLÁUSULA 3.- DESCRICIÓN DO PROCESO.- De conformidade co apartado 2 do artigo 180 Trlcsp, considérase que o presente contrato reviste particular complexidade pola pluralidade de actuacións que se precisan para satisfacer as necesidades de aforro enerxético, circunstancia que obxectivamente impide ó órgano de contratación definir os medios técnicos aptos a tal fin, así como a cobertura xurídica e financeira dos servizos enerxéticos a prestar. En consecuencia, a Deputación de Pontevedra decidiu establecer un procedemento de diálogo competitivo con candidatos que previamente serán seleccionados, previa solicitude dos mesmos, a fin de desenvolver as solucións susceptibles de satisfacer as súas necesidades e que servirán de base para que os candidatos elixidos presenten unha oferta final. O procedemento de Diálogo Competitivo desenvólvese en varias etapas: 1. Etapa Previa: a. Invitación a participar no proceso. b. Presentación de solicitudes de participación. c. Avaliación de candidatos. d. Invitación a dialogar. 2. Etapa de Diálogo: a. Diálogo Competitivo. b. Selección final de solución ou solucións. c. Aprobación dun documento final polo órgano de contratación que servirá de base para a presentación das ofertas finais polos participantes no procedemento. d. Invitación a presentar oferta final. 3. Etapa Final: a. Avaliación de ofertas finais. b. Adxudicación do contrato ou contratos. Etapa Previa: Durante esta etapa, invítase a participar no proceso de Diálogo Competitivo mediante o Anuncio de Licitación correspondente. Os licitadores interesados enviarán á Deputación de Pontevedra a súa Solicitude de Participación con toda a documentación requirida. A Deputación de Pontevedra avaliará a documentación recibida dos diferentes licitadores conforme ós criterios establecidos na cláusula 11 deste documento descritivo e determinará cales deles serán invitados a participar no proceso de diálogo, sendo o resto descartados. Etapa de Diálogo: O obxectivo desta etapa é definir en detalle os servizos enerxéticos máis adecuados para satisfacer as necesidades de aforro enerxético. Este proceso levarase a cabo dialogando en ciclos sucesivos cos diferentes licitadores participantes no diálogo, garantindo en todo caso a igualdade de trato e confidencialidade. Durante esta etapa poderán irse descartando solucións mediante a aplicación dos criterios establecidos nos documentos de licitación. Tras declarar pechado o diálogo, a Deputación de Pontevedra informará diso ós participantes, e elaborará un documento final en base ás conclusións do dialogo, baseado nas solucións achegadas polos participantes, e invitaralles a que presenten unha oferta final, baseada na solución ou solucións definitivas. Etapa Final: En base ás ofertas finais presentadas, a Deputación de Pontevedra determinará o adxudicatario dos servizos enerxéticos. CLÁUSULA 4.- DESCRICIÓN DAS NECESIDADES DE SERVIZOS ENERXÉTICOS.- Prestacións básicas: En concreto, e sen prexuízo de que a súa concreción definitiva realizarase en base ó resultado do diálogo competitivo, a actuación que é obxecto do presente Contrato ten como finalidade o aproveitamento do alto potencial de aforro enerxético do edificio da Cidade Infantil Príncipe Felipe a través da realización polo adxudicatario das actividades ou actuacións que mellor satisfagan as necesidades de servizos enerxéticos que se describen a continuación: Prestación P1- Xestión Enerxética: Servizos de xestión enerxética necesaria para o funcionamento correcto das instalacións obxecto do contrato; xestión de subministración enerxético de combustibles e electricidade de todo o edificio, control de calidade, cantidade e uso, e garantías de aprovisionamento. Na actualidade a subministración enerxética está contratado ata 31 de decembro de 2012, data a partir da cal o adxudicatario poderíase facer cargo do mesmo. Prestación P2- Mantemento: Servizos de mantemento preventivo e correctivo para lograr o perfecto funcionamento e limpeza das instalacións con todos os seus compoñentes, así como lograr a permanencia no tempo do rendemento das instalacións e de todos os seus compoñentes ó valor inicial. A parte das instalacións relacionadas coa eficiencia enerxética preténdese incluír dentro do contrato de mantemento, o mantemento dos Ascensores e o mantemento de lavandería. Prestación P3- Garantía Total: Servizos de reparación con substitución de todos os elementos deteriorados, incluso a renovación por obsolescencia, nas instalacións novas obxecto de contrato segundo se determine no desenvolvemento do dialogo competitivo baixo a modalidade de Garantía Total. Prestación P4 - Obras de Mellora e Renovación das Instalacións consumidoras de enerxía: Realización e financiamento de obras de mellora e renovación das instalacións, que se determinen como necesarias e oportunas no desenvolvemento do dialogo competitivo. No anexo--- relaciónanse de xeito orientativa e non vinculante as instalacións de calefacción, ACS, vapor, electricidade e iluminación que pretenden substituír ou mellorar. As obras permitirán en todo momento o seu compatibilidade co desenvolvemento das actividades diarias, ata a posta en marcha das novas. Prestación P5- Investimentos en aforro enerxético e enerxías renovables: Ademais das prestacións enumeradas, con este contrato preténdese obter servizos enerxéticos que promovan a mellora da eficiencia enerxética mediante a incorporación de equipos e instalacións, que fomenten o aforro de enerxía, a eficiencia enerxética e a utilización de enerxías renovables e residuais como: biomasa, enerxía solar térmica, fotovoltaica, coxeneración, etc. O obxectivo final da contratación é conseguir un aforro enerxético e económico significativo mantendo ou, no seu caso, aumentando o confort dos usuarios. Polo tanto, calquera iniciativa que xurda como consecuencia do diálogo competitivo ten que ter presente a eficiencia enerxética como fin último na prestación do servizo, sendo a redución do consumo enerxético global do edificio a principal estratexia para deseñar alternativas, propostas e solucións. Obxectivo de aforro: Esixirase unha redución da demanda enerxética do 20% respecto dos existentes como promedio nos últimos 3 anos. Os datos de consumo e custo descríbense no programa funcional. Xestión de licenzas: Todas as actuacións a realizar para mellorar eficiencia e aforro enerxético axustaranse á normativa vixente nese momento, estando a empresa de servizos enerxéticos obrigada á elaboración de proxectos técnicos, a tramitar e obter á súa costa todos os permisos, as licenzas ou autorizacións pertinentes ante os organismos competentes. A documentación acreditativa entregaraa á Deputación de Pontevedra. Auditoría de seguimento do contrato: En función das conclusións ás que se chegue na fase do dialogo, poderase esixir que o adxudicatario asuma o custo de, polo menos, unha auditoría anual externa de seguimento de indicadores do contrato, incluíndo aforros conseguidos (de acordo ó Plan M&V aprobado), parámetros de confort e indicadores de mantemento (dispoñibilidade, recursos). Estas auditorías realizaraas unha entidade de control independente de acordo co plan de control que se aprobe. Control de indicadores: Tanto os aforros enerxéticos derivados das actuacións obxecto deste contrato como os indicadores de control (KPI) para os niveis servizo comprometidos (SLA), deberán medirse mediante procedementos obxectivos instalando equipos de medida e control. A provisión e instalación en condicións operativas destes procedementos e equipos correrá por conta do Contratista, que deberá presentar un proxecto para validación pola Propiedade (máximo en 2 meses dende a adxudicación) previo á implantación dos mesmos (máximo en 6 meses dende a adxudicación). CLÁUSULA 5.- BASES ECONÓMICAS DA LICITACIÓN.- Debido á complexidade do expediente e dado que os servizos enerxéticos a prestar quedarán concretados ó termo do diálogo que se leve a cabo cos candidatos seleccionados, non é posible fixar de antemán un orzamento de contrato, nin aínda de forma provisional. En todo caso, os custos das actuacións necesarias serán asumidos pola empresa adxudicataria e a recuperación do financiamento levarase a cabo a través do aforro enerxético ó longo da duración do contrato. A fixación, polo tanto, deste orzamento establecerase nun DOCUMENTO FINAL, unha vez desenvolvidas as posibles solucións, pechado o diálogo e, por suposto, antes da solicitude de oferta final ós candidatos. Todo iso conforme ó disposto no artigo 182 Trlcsp. De forma orientativa e como elemento de partida, estableceuse un obxectivo de aforro mínimo dun 20% fixo sobre o custo actual da enerxía e o mantemento. Estímase un custo anual de facturación (P1) e mantemento (P2) de 353.325,62 (IVE incluído). Así pois, as condicións económicas de execución do contrato determinaranse a partir dos resultados do diálogo competitivo. O contratista, en tanto que xestor global dos servizos enerxéticos no edificio obxecto do contrato, obterá rendabilidade en función do aforro constatado nos consumos, sen reducir a calidade do servizo establecida, e polo tanto en función da súa capacidade de implementar as medidas de eficiencia enerxética acordadas. O alcance destas medidas poderá estenderse a: a substitución de instalacións obsoletas por outras máis eficientes, a execución de obras de mellora e renovación das instalacións consumidoras ou a implantación de novos protocolos de mantemento e xestión; sempre que supoñan o incremento dos niveis de aforro e eficiencia enerxética e que, en definitiva, redunden nun maior beneficio da Administración. Durante o proceso do diálogo competitivo, estudaranse as fórmulas de reparto deste beneficio. CLÁUSULA 6.- ELEMENTOS XURÍDICOS, TÉCNICOS E ECONÓMICOS MÍNIMOS NECESARIOS PARA SER ADMITIDOS NO DIÁLOGO COMPETITIVO.- Poderán optar á adxudicación do contrato as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, a título individual ou en unión temporal de empresas, que teñan plena capacidade de obrar, que non se atopen incursas en prohibicións e incompatibilidades para contratar coa Administración establecidas no artigo 60 do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, e que acrediten o seu solvencia económica, financeira e técnica ou profesional, de forma que se permita valorar os criterios de selección para a participación no diálogo competitivo. Os documentos que se presentarán para acreditar a capacidade de obrar indícanse na Cláusula 9 e 10 deste documento. Así mesmo, os participantes deberán ter como finalidade empresarial ou realizar algunha actividade relacionada directamente co obxecto do contrato, segundo resulte dos seus respectivos estatutos ou regras fundacionais e se acredite debidamente dispoñer dunha organización con elementos materiais e persoais suficientes para a debida execución do contrato. A empresa debe de estar habilitada para realizar o mantemento das instalacións obxecto do contrato e deberán de presentar os documentos que o acrediten de acordo coa normativa vixente. Deberán de cumprir coa normativa durante toda a vixencia do contrato. Condicións especiais de compatibilidade. Segundo se establece no artigo 56.1 Trlcsp, non poderán concorrer ás licitacións as empresas que participaron na elaboración do diagnóstico enerxético ou na elaboración das especificacións técnicas ou dos documentos preparatorios do contrato sempre que dita participación poida provocar restricións á libre concorrencia ou supoñer un trato privilexiado con respecto ó resto das empresas licitadoras. CLÁUSULA 7.- CALENDARIO ORIENTATIVO DE ACTUACIÓNS.- De conformidade co disposto no artigo 20.1.a) do R.d.l. 6/2010, de 9 de abril, de medidas para o impulso da recuperación económica e o emprego, este proceso de contratación ten o carácter de urxente ós efectos previstos no artigo 112 Trlcsp. De xeito orientativa se establece o seguinte calendario de actuacións: Fases Prazos Envío de anuncio ó DOUE e publicación no Perfil de Contratante. Publicación no BOE indicativa da data de envío ó DOUE Data límite de recepción de solicitudes de participación 20 días naturais dende o envío ó DOUE Comunicación do resultado de Valoración de Solicitudes, e Invitación a empresas seleccionadas Data límite para facilitar aclaracións sobre os documentos de licitación 6 días antes da data límite fixada para a recepción das ofertas Presentación de oferta inicial por parte das empresas seleccionadas. 35 días dende o envío da invitación Inicio del proceso de diálogo Competitivo Peche do proceso de diálogo Competitivo Máximo 45 días dende o inicio Data límite para presentar ofertas finais 15 días dende a data en que reciban a invitación a que presenten a mesma os participantes no diálogo. Avaliación das ofertas Presentación de documentación xustificativa. Constitución da garantía definitiva 5 días hábiles dende recepción del requirimento Adxudicación y notificación Requirimento para formalización No antes de 15 días hábiles dende envío da notificación a licitadores e candidatos Formalización do contrato 3 días dende o seguinte a recibir o requirimento Publicación en DOUE da formalización, publicación no BOE Antes de 48 días dende a formalización do contrato. CLÁUSULA 8-. SOLICITUDES DE PARTICIPACIÓN NO DIALOGO.- A solicitude de participación e documentación adxunta presentarase nun sobre pechado no que figurará a inscrición “SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN E DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA PARA TOMAR PARTE NA LICITACIÓN DO CONTRATO POLO PROCEDEMENTO DE DIALOGO COMPETITIVO PARA A ACTUACIÓN GLOBAL E INTEGRADA DE PRESTACIÓN DE SERVIZOS ENERXÉTICOS DA CIDADE INFANTIL PRÍNCIPE FELIPE DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA”. Este sobre deberá indicar a denominación da Empresa, CIF da empresa licitadora, nome e apelidos de quen asina a proposición e carácter con que o fai, dirección, teléfono e e-mail de contacto. A documentación deberá ser necesariamente asinada polo licitador ou persoa que o representa. Neste sobre deberase incluír a documentación indicada nas Cláusulas 9 e 10, diferenciándoos en dous documentos independentes en función das respectivas cláusulas. No caso de que algún documento se repita noutro se poderá facer unha remisión ó mesmo. A documentación deberá ser presentada cun índice e enumerada. Deberase respectar a orde establecida nas cláusulas 9 e 10. O incumprimento destas normas de presentación da solicitude de participación e a súa documentación, poderá carrexar a exclusión no procedemento. Con carácter xeral todos os documentos deberán de ser orixinais, copias notariais ou fotocopias compulsadas. As solicitudes e toda a documentación deberá de presentarse ou remitirse ó Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra (Sé Pontevedra en horario de luns a venres de 8,30 a 14,30 horas e de 17,00 horas a 19,00 horas e os sábados de 9,00 a 13,00 horas; ou na sé de Vigo en horario de luns a venres de 9,00 a 13,00 horas). Cando o último día do prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ó primeiro día hábil seguinte. A presentación de solicitudes de participación presume a aceptación polo candidato das condicións que rexerán o diálogo competitivo e as condicións básicas de execución do Contrato contidas neste Documento e no Programa Funcional, así como a declaración responsable da exactitude dos datos presentados e de que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas. Cando as solicitudes de participación se envíen por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (986804126) no mesmo día. Sen a concorrencia de ambos requisitos non será admitida a solicitude de participación do prazo sinalado no anuncio. Transcorridos, non obstante, 10 días naturais seguintes á indicada ficha sen recibirse a proposición esta non será admitida en ningún caso. Toda a información e a documentación relativa a este proceso de licitación estará publicada no perfil do contratante que se atopa na páxina web www.depo.es. CLÁUSULA 9.- DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DO CUMPRIMENTO DOS REQUISITOS PREVIOS.- Deberá acompañarse da seguinte documentación acreditativa da personalidade xurídica e da capacidade de obrar: • Solicitude asinada polo candidato ou persoa que o represente, redactada conforme ó “Modelo de solicitude de participación” que figura como Anexo 1. • Documentos que acrediten a personalidade, que serán os seguintes: - Para os empresarios individuais será obrigatoria a presentación do Documento Nacional de Identidade da persoa titular ou propietaria da empresa. - Se a empresa fose Persoa xurídica española, será obrigatoria a presentación de copia auténtica ou compulsada do Código de Identificación Fiscal. - A capacidade de obrar das Empresas que fosen persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución e de modificación, no seu caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose exixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Si non o fose, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante a escritura ou documento de constitución, de modificación, estatutos ou acto fundacional, no que consten as normas polas que regula a súa actividade, inscritos, no seu caso, no correspondente Rexistro Oficial. • Documentos que acrediten a representación, que serán os seguintes: - Os que comparezan ou asinen a proposición en nome doutro deberán presentar copia compulsada do Documento Nacional de Identidade, como apoderado. - Cando o candidato actúe mediante representante, este deberá presentar documentos fehacientes acreditativos da existencia da representación no ámbito das súas facultades para licitar, bastanteado por un fedatario público. - As empresas non españolas de Estados membros da Unión Europea ou signatarios do Acordo sobre o espazo Económico Europeo, deberán acreditar a súa capacidade de obrar mediante presentación de certificación ou declaración xurada de estar inscritas nalgún dos rexistros que se indican no Anexo I do Regulamento Xeral da LCAP. • Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar con informe da Misión Diplomática Permanente de España no Estado correspondente ou da Oficina Consular en cuxo ámbito territorial radique o domicilio da empresa. • Declaración responsable de non estar incursa en ningunha das prohibicións de contratar coa Administración, sinaladas no artigo 60 do Trlcsp, e de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigacións tributarias tanto estatais como autonómicas e coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, segundo o modelo incluído como Anexo II. • Unións de empresarios (UTE): - A Administración poderá contratar con unións de empresarios que se constitúan temporalmente ó efecto, sen que sexa necesaria a formalización das mesmas en escritura pública ata que se efectuou a adxudicación ó seu favor. - Se varios empresarios acoden á licitación constituíndo unha unión temporal, cada un deles deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que a subscriban, a participación de cada un deles, así como o compromiso de constituírse formalmente en UTE en caso de resultar adxudicatarios do contrato, e a designación dun representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigacións que do contrato se deriven ata a extinción do mesmo, sen prexuízo de que existan poderes mancomunados que poidan outorgar as empresas para cobros e pagos de contía significativa. • As empresas estranxeiras deberán achegar ademais a declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, no seu caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante. CLÁUSULA 10.- DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DA SOLVENCIA TÉCNICA E ECONÓMICA.- Os criterios técnicos, económicos e financeiros que se detallan a continuación constitúen aqueles aspectos mínimos de obrigado cumprimento polas empresas que poderán participar no diálogo competitivo. O non cumprimento de calquera destes requisitos suporá a non selección para o acceso á fase do diálogo competitivo e, polo tanto, a exclusión de xeito automático do procedemento. A mesa se reserva a posibilidade de solicitar aclaración á documentación achegada como xustificación da solvencia técnica, económica e xurídica declarada. Documentación acreditativa da solvencia técnica: De conformidade co disposto no artigo 78, letra a) do Trlcsp, a solvencia técnica acreditarase mediante unha relación dos principais servizos ou traballos realizados nos últimos 3 exercicios que inclúa importe e datos do destinatario dos mesmos (público ou privado). Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificacións expedido ou visadas polo órgano competente cando o destinatario sexa unha entidade pública, ou cando o destinatario sexa un suxeito privado mediante unha certificación expedido por este; a falta desta certificación, mediante unha declaración responsable do empresario. Os documentos que se presenten deberán indicar importe, data, lugar de execución e alcance dos traballos ou servizos. Só se terán en conta, a efectos de acreditar a solvencia, os traballos ou servizos relacionados co obxecto da presente contratación que aparezan relacionados e respecto dos cales se acheguen certificados ou declaración do empresario a que fan referencia neste apartado. Instalacións: Considerarase solvente o licitador que teña realizados nos últimos 3 anos polo menos 3 proxectos cuxas obras de climatización teñan un importe individual superior a 300.000,00€. a) Instalacións Térmicas en Edificios. b) Instalacións Eléctricas en Baixa e Media Tensión. c) Instalacións de Gas Natural. d) Instalacións de Vapor. A xustificación da habilitación como empresa instaladora realizarase mediante a achega dun certificado da autoridade competente. Mantemento: As empresas solicitantes deberán demostrar a suficiente capacidade en servizos de mantemento das instalacións existentes e de nova implantación no edificio obxecto do presente contrato, para os cales será necesario presentar referencias que inclúan un mínimo de 15.000 horas directas de traballo/ano en tarefas de mantemento de instalacións (electricidade, instalacións térmicas, iluminación, vapor, fontanería, etc.) durante os últimos 3 exercicios. A empresa deberá acreditar que está habilitada como empresa mantedora en instalacións térmicas e eléctricas. A xustificación da habilitación realizarase mediante a achega dun certificado da autoridade competente. Persoal técnico: As empresas solicitantes deberán presentar un organigrama coa organización proposta, que incluirá, polo menos, os Currículos, titulación e experiencia das principais posicións do organigrama: (director de proxecto, xefe de obra, responsable de instalacións, dirección facultativa, responsable de seguridade e hixiene no traballo, etc.). Entre este persoal deberá haber, polo menos, un enxeñeiro industrial/técnico con 5 anos de experiencia en proxectos similares que exercerá de Director do Proxecto. As titulacións académicas do resto do persoal deberán ter relación co obxecto do contrato. O persoal proposto terá unha relación continuada coa empresa ou grupo empresarial de, polo menos, 2 anos de servizos prestados. Envolvente térmica do edificio. A empresa deberá xustificar a realización de obras de mellora da eficiencia enerxética na envolvente térmica de edificios, durante os últimos tres anos que como mínimo comprenderá a substitución de fiestras e carpinterías en edificios, por un importe superior total a 100.000,00 €. Documentación acreditativa da solvencia económica e financeira: Para acreditar a solvencia esixida, o empresario poderá basearse na solvencia e medios doutras entidades, independentemente da natureza xurídica dos vínculos que teña con elas, sempre que demostre, mediante a presentación dun acordo asinado por ambas partes, que para a execución do contrato dispón efectivamente destes medios. Cifra de negocios: As empresas que soliciten participar no proceso de diálogo deberán acreditar unha cifra de negocios, durante cada un dos 3 últimos anos, superior a 8 millóns de euros. Para o seu acreditación deberán achegar a declaración responsable da cifra de negocios realizada pola empresa no curso dos 3 últimos exercicios. Fondos propios: Documentación acreditativa de dispoñer de fondos propios, nos últimos 3 exercicios, superior a 2.500.000,00 €, ou pertencer a un grupo de sociedades nos termos definidos no artigo 42 do Código de Comercio con estas cifras. Póliza de seguros: Igualmente as empresas licitadoras deberán xustificar a existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais, por unha contía igual ou superior á de contratación. Para a súa acreditación deberán achegar a copia da póliza de seguros, con compromiso de vixencia durante todo o contrato. CLÁUSULA 11.- CRITERIOS VALORABLES NA SOLVENCIA TÉCNICA (100 PUNTOS).- Unha vez verificado o cumprimento dos criterios mínimos exixibles para poder participar no proceso de dialogo competitivo, valoraranse os seguintes criterios como método de selección das empresas participantes: Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados de boa execución expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou, cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, a falta de certificado, mediante unha declaración do empresario. Os documentos que se presenten deberán indicar importe, data, lugar de execución e alcance dos traballos ou servizos. A mesa se reserva a posibilidade de solicitar aclaración á documentación achegada como xustificación da solvencia técnica declarada. Experiencia (0-40 puntos): - Contratos en vigor de servizos enerxéticos cunha facturación anual superior a 100.000,00 €. Valorarase especialmente os contratos de servizos enerxéticos realizados en centros destinados a educación ou axuda asistencial similares ó de obxecto do contrato e que inclúan climatización, iluminación e enerxías renovables. Máximo 20 puntos. - Contratos de mantemento de instalacións (electricidade, climatización, fontanería, iluminación, etc.) en centros similares ós mencionados no parágrafo anterior cunha facturación anual superior a 30.000,00 €. Valorarase cun máximo de 10 puntos. - Contratos de execución de medidas en envolvente de fachadas de edificios ou outros cunha facturación anual superior a 30.000,00 €.Valorarase cun máximo de 10 puntos. Persoal técnico (0-10 puntos): Unha vez superados os mínimos exixibles segundo os criterios establecidos nos apartados anteriores, valorarase os seguintes apartados: Asignación ó contrato de persoal técnico, adicional ó Director de Proxecto, con titulacións de Enxeñeiro ou similar e unha experiencia superior a 5 anos en contratos similares. Valorarase a achega de cada Técnico con dous (2) puntos, cun máximo de 5 puntos. Organigrama do persoal asignado ó contrato e dedicación mínima comprometida dos técnicos indicados anteriormente para a prestación dos servizos obxecto do presente contrato (máximo de 5 puntos). Medios materiais asignados ó contrato (0-10 puntos): Valorarase cun máximo de dez (10) puntos, as oficinas, establecementos, delegacións, equipos e calquera outro medio de que dispoña o empresario para a realización das actividades obxecto do contrato. Plan de medición e verificación de aforros (0-20 puntos): Asignación ó contrato de Técnicos certificados en CMVP por EVO ou similar. Valoraranse con 3 puntos a asignación de cada técnico, cun máximo de 6 puntos. Valorarase cun máximo de 9 puntos o Plan de Medición e Verificación de aforros enerxéticos que se aporte como base, de acordo co estándar IPMVP opción C (edición de setembro de 2010), ou similar, en función das seguintes características: - Elaboración de escenario base a partir de datos dispoñibles de referencia. - Datos a recoller no período demostrativo: medida continua, mostraxes, estimacións, procedementos. - Bases dos axustes rutineiros e non rutineiro. - Responsabilidade da monitorización: rexistro de datos, variables. - Formato do informe. A súa acreditación realizarase coa achega do alcance do Plan de Medición e Verificación. Control de calidade (0-10 puntos): Valoraranse os certificados expedidos por institucións ou servizos oficiais de competencia recoñecida no control de calidade e/ou a comprobación do cumprimento das normas aplicables, no que se certifique en particular que o licitador posúe, ou está no súa tramitación final, a certificación de garantía da calidade para o tipo de servizos cubertos por esta licitación: - Certificado en EN 16001: 4 puntos. - Certificado niso 9001: 2 puntos. - Certificado niso 14001: 2 puntos. - Certificado en OHSAS 18001:2 puntos. Auditorías enerxéticas (0-10 puntos): Experiencia en realización de auditorías enerxéticas (0- 5 puntos). Valoraranse os traballos realizados de auditoría enerxética nos últimos 5 anos e especialmente en centros de características similares. Alcance de auditoría (0-5 puntos): Puntuarase o alcance da auditoría que se realizará no centro, polo que se presentará un documento onde se indique a proposta do alcance. CLÁUSULA 12.- AVALIACIÓN DOS CANDIDATOS E INVITACIÓN A DIALOGAR.- A Deputación de Pontevedra comunicará a cada licitador o resultado final do proceso de avaliación das solicitudes presentadas e enviará unha invitación a presentar unha oferta inicial e a participar na fase de diálogo competitivo ás 3 empresas mellor valoradas. As invitacións a tomar parte no diálogo competitivo terán o seguinte contido: • Referencia ó anuncio de licitación. • Data de inicio da fase de consulta e lugar onde se desenvolverá. • Os documentos relativos á aptitude que no seu caso se deban achegar. • Exemplar dos documentos de licitación. CLÁUSULA 13.- PRESENTACIÓN DAS OFERTAS INICIAIS.- O prazo para a presentación das proposicións será aquel que se indique na invitación enviada ós candidatos que se seleccionen como licitadores. En todo caso, este prazo non poderá ser inferior a 35 días contados dende a data do envío da invitación escrita. Os documentos que se relacionan a continuación deberán presentarse dentro dun único sobre co seguinte lema “PROPOSTA INICIAL PARA A REALIZACIÓN DUNHA ACTUACIÓN GLOBAL E INTEGRADA QUE MELLORE A EFICIENCIA E PRESTACIÓN DE SERVIZOS ENERXÉTICOS NA CIPF”. Este sobre deberá indicar a denominación da Empresa, CIF da empresa licitadora, nome e apelidos de quen asina a proposición e carácter con que o fai, dirección, teléfono e e-mail de contacto. A documentación deberá ser necesariamente asinada polo licitador ou persoa que o representa. Os documentos a incluír serán os seguintes: DOCUMENTO 1.- Proposición económica: Conterán unha soa proposición asinada polo licitador ou persoa que o represente redactada conforme ó “Modelo de cadro de prezos das prestacións do contrato” que figura no Anexo 3 deste documento, incluíndose no prezo ofertado todos os conceptos, incluído o importe do Imposto sobre o Valor Engadido, así como calquera outro imposto ou gasto que poida gravar a operación, gastos de desprazamento e o beneficio industrial do Contratista. Os importes referiranse ó total das partidas nos prazos ofertados. Identificarase como DOCUMENTO 1. DOCUMENTO 2.- Estudo técnico económico das prestacións P1, P2 E P3: Conterá o Estudo Técnico Económico correspondente ás prestacións P1, P2 e P3 da oferta, facendo referencia ós seguintes apartados: - Memoria técnica relativa á Organización Prevista para o desenvolvemento dos servizos, tanto de cota fixa como complementarios. - Descrición e situación dos locais, vehículos e medios auxiliares destinados á prestación dos mesmos. - Características dos equipos mecánicos que se dedicarán á realización dos traballos. - Relación numérica nominal e categoría do persoal a empregar. - Habilitación empresarial ou profesional que, no seu caso, sexa exixible para a realización da actividade ou prestación que constitúa o obxecto do contrato (54.2 Trlcsp). - Proposición dunha metodoloxía de seguimento, monitorización e control dos traballos e aforros que se consigan, así como unha definición do alcance, protocolos, procedementos e periodicidade dos labores de auditor externo. - Proposta de clausulado do Contrato que servirá de referencia para o desenvolvemento do diálogo competitivo. Este documento incluirá todas aquelas acreditacións ou certificados que son obxecto de puntuación nos criterios obxectivos de valoración. DOCUMENTO 3.- Relación e programación de investimentos incluídos na prestación P4 de obras de mellora e renovación das instalacións consumidoras de enerxía: O documento número 3 deberá reflectir a relación de investimentos que o licitador se compromete a realizar dentro do prezo da Prestación P4, para as obras de mellora e renovación das instalacións. Neste apartado o licitador reflectirá detalladamente a oferta que realiza para levar a cabo o financiamento e execución das obras de mellora e renovación das instalacións, propostas pola Deputación de Pontevedra. Detallaranse así mesmo as características dos novos equipos e elementos, e establecerase un programa concreto no que se reflicta un calendario coa sinalización exacta do momento de cada investimento. Todo iso con xustificación do importe do investimento tanto parcial como total. DOCUMENTO 4.- Memoria técnica da prestación p5 de mellora da eficiencia enerxética: Conterá as Memorias Técnicas, correspondentes á Prestación P5, onde se recollerán as actuacións que o licitante ten previsto acometer no Edificio e instalacións que fomenten o aforro, a eficiencia enerxética, e a utilización de enerxías renovables e residuais. Cada Memoria Técnica conterá como mínimo o investimento proposto, un estudo enerxético cos aforros previstos ou a produción de enerxía renovable, estudo técnico-económico, plan de execución e no seu caso posibles condicións para a súa execución. O conxunto da documentación presentada debe dar solución para a Cidade Infantil Príncipe Felipe (Deputación de Pontevedra) dende o punto de vista técnico, xurídico, administrativo e económico, de tal xeito que deben incluír todos os elementos requiridos e necesarios para a execución do CCPP. DOCUMENTO 5.- Xustificación de ter depositado a garantía provisional indicada na cláusula seguinte: CLÁUSULA 14.- GARANTÍA PROVISIONAL .- Os empresarios invitados a participar no diálogo competitivo, deberán constituír unha garantía provisional por importe 70.665,12 €. Esta garantía responderá ó mantemento e seriedade das súas ofertas ata a adxudicación do Contrato e poderá constituírse en calquera das formas previstas no Trlcsp. A garantía provisional extinguirase automaticamente e será devolta ós participantes inmediatamente despois da adxudicación do contrato. En todo caso, a garantía será retida ó candidato cuxa oferta fose seleccionada para a adxudicación ata que se proceda á constitución da garantía definitiva, e incautada ás empresas que retiren inxustificadamente a súa oferta antes de dita adxudicación. Xustifícase a esixencia desta garantía provisional tendo en conta do interese público e económico que existe no presente procedemento de contratación, co que o órgano de contratación espera superar as limitacións que nestes momentos lle impiden definir a actuación de servizos enerxéticos que é necesario implementar para aproveitar o alto potencial de aforro enerxético apreciado no edificio, a través do diálogo competitivo cos aspirantes á adxudicación, e desta forma, garantir a realización dunha contratación dos servizos enerxéticos nas mellores condicións, tanto económicas como técnicas. Por tales motivos, a garantía solicitada estímase útil e suficiente ós fins de asegurar, a importante presenza dos licitadores e o mantemento e seriedade das súas proposicións. E así mesmo, dada a complexidade deste tipo de expedientes de contratación, estímase conveniente a garantía provisional para preservar a constitución da garantía definitiva, a formalización do contrato e a boa execución das prestacións. CLÁUSULA 15.- DIALOGO COS CANDIDATOS.- O órgano de contratación estará asistido por unha mesa especial de diálogo competitivo establecida de acordo co disposto no artigo 321 Trlcsp e da que forma parte persoal experto. A Deputación de Pontevedra desenvolverá cos candidatos seleccionados un diálogo cuxo fin será determinar os medios adecuados para satisfacer as súas necesidades. No transcurso deste diálogo poderán debaterse todos os aspectos do contrato cos candidatos seleccionados. Durante o diálogo, a Deputación dará un trato igual a todos os licitadores e, en particular, non facilitará de forma discriminatoria información que poida dar vantaxes a determinados licitadores con respecto ó resto. A Deputación non poderá revelar ós demais participantes as solucións propostas por un participante ou outros datos confidenciais que este lle comunique, sen previo acordo. Tras declarar pechado o diálogo competitivo e informar diso a todos os participantes, a Deputación de Pontevedra elaborase un DOCUMENTO FINAL, coas conclusións sacadas das propostas iniciais dos participantes, e establecerase un clausulado de condicións. Posteriormente, invitaráselles a que presenten a súa oferta final, baseada na solución ou solucións presentadas e especificadas durante a fase de diálogo, indicando a data límite e a dirección á que deba enviarse. A invitación indicará a data límite de presentación de ofertas, cumprindo co R.d. 6/2010, de 9 de abril, de medidas para o impulso da recuperación económica e o emprego, e o Trlcsp, así como a dirección a débaas enviarse. Alternativamente, a Deputación de Pontevedra poderá declarar deserto o procedemento nesta fase, de forma motivada, se no diálogo competitivo non se presentasen solucións adecuadas á finalidade do contrato. CLÁUSULA 16.- PRESENTACIÓN E AVALIACIÓN DAS OFERTAS FINAIS.- As ofertas finais deben incluír todos os elementos requiridos e necesarios para a execución do CCPP, dando resposta ó documento final resultante do diálogo competitivo. A Deputación de Pontevedra poderá solicitar precisións ou aclaracións sobre as ofertas presentadas, axustes nas mesmas ou información complementaria relativa a elas, sempre que iso non supoña unha modificación dos seus elementos fundamentais que implique unha variación que poida falsear a competencia ou ter un efecto discriminatorio. A Deputación de Pontevedra avaliará as ofertas presentadas polos licitadores en función dos criterios de adxudicación establecidos no documento final e seleccionará a oferta economicamente máis vantaxosa. Para esta valoración haberán de tomarse en consideración, necesariamente, varios criterios técnicos, sen que sexa posible adxudicar o CCPP unicamente baseándose no prezo ofertado, polo que a oferta economicamente máis vantaxosa non será necesariamente a que presente o prezo máis baixo. CLÁUSULA 17.- CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN OU VALORACIÓN DAS OFERTAS FINAIS.- O contrato resultante deste procedemento de licitación adxudicarase á oferta que presente a solución economicamente máis vantaxosa en función dos seguintes criterios: Criterio económico: 60% de ponderación: Estes criterios serán exclusivamente de carácter económicos; o seu desenvolvemento levarase a cabo ó longo do diálogo e a súa definición será sempre anterior á petición de ofertas. Criterios técnicos: 40% de ponderación: Estes criterios fundamentaranse na capacidade de alcance dos obxectivos técnicos marcados e irán referidos por orde decrecente segundo a súa importancia a: • Instalacións e edificación a renovar; (metodoloxía, programación, adecuación ó edificio, duración, etc.). • Melloras na Eficiencia global do Edificio; (Consumos, emisión de CO2, illamentos, cualificación enerxética, etc.). • Melloras nos sistemas de regulación e control; (compatibilidade, integración, homologación, etc.). En todo caso o seu desenvolvemento levarase a cabo ó longo do diálogo e a súa definición será no DOCUMENTO FINAL, sempre antes á petición de ofertas definitivas. O órgano de contratación clasificará as ofertas presentadas por orde decrecente, atendendo ós criterios a que fai referencia a presente cláusula, a cuxo efecto poderá solicitar cantos informes técnicos estime pertinentes. O órgano de contratación poderá requirir ó licitador cuxa oferta considerar máis vantaxosa economicamente para que aclare determinados aspectos da mesma ou ratifique os compromisos que nela figuran, sempre que con iso non se modifiquen elementos substanciais da oferta ou da licitación, se falsee a competencia, ou se produza un efecto discriminatorio. CLÁUSULA 18.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O candidato que fose seleccionado para a adxudicación deberá constituír unha garantía definitiva correspondente ó 5% do importe da adxudicación, excluído o IVE. Esta garantía poderá prestarse en calquera das formas expresadas no artigo 96 Trlcsp. Esta garantía non será devolta ou cancelada ata a finalización do contrato. A garantía responderá dos conceptos establecidos no artigo 100 Trlcsp. CLÁUSULA 19.- ADXUDICACIÓN DO CONTRATO.- Aclarados os aspectos ou ratificados os compromisos da oferta economicamente máis vantaxosa a que haxa lugar, o órgano requirirá ó licitador que a presentou para que, dentro do prazo de 10 días hábiles, a contar dende o seguinte a aquel en que se recibiu o requirimento (art. 151 Trlcsp), presente a documentación xustificativa de: • Atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigacións tributarias e con Seguridade Social. • Dispoñer dos medios que se comprometeu a dedicar ou a adscribir á execución do contrato conforme ó artigo 64.2 Trlcsp. • Constituír a garantía definitiva a que se refire a cláusula 18 do presente documento. • Cando o adxudicatario sexa unha unión temporal de empresarios, dentro do mesmo prazo e con anterioridade á sinatura do contrato, deberá achegar escritura pública da súa constitución como tal. Serán válidas as comunicacións ou declaracións responsables que se realizaron con anterioridade ante outra Comunidade Autónoma. De non cumprimentarse adecuadamente o requirimento no prazo sinalado, entenderase que o licitador retirou a súa oferta, procedéndose nese caso a solicitar a mesma documentación ó licitador seguinte pola orde en que queden clasificadas as ofertas. Procederase á adxudicación do contrato dentro dos 3 días hábiles seguintes á recepción da documentación, fixando os termos definitivos do contrato. Non poderá declararse deserta unha licitación cando exista algunha oferta ou proposición que sexa admisible de acordo cos criterios que figuran neste documento. A adxudicación será motivada e notificada ós candidatos ou licitadores conforme ó establecido no artigo 151.4 e simultaneamente publicada no perfil do contratante. CLÁUSULA 20.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- Pasados 15 días hábiles dende a remisión da notificación da adxudicación ós licitadores e candidatos, requirirase ó adxudicatario para que formalice o contrato antes de 5 días a contar dende o seguinte a aquel en que se recibín o requirimento. O contrato se formalizará en documento administrativo, que será título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Cando por causas imputables ó adxudicatario non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, o órgano de contratación poderá acordar incautar sobre a garantía provisional o importe da garantía definitiva. Dende a sinatura do contrato o adxudicatario terá a liberdade para acceder ás instalacións da Cidade Príncipe Felipe e valorar cada elemento relacionado co obxecto do contrato, implantar instalacións de elementos de medida e calquera outra actuación necesaria para garantir a continuidade de subministración e unha correcta execución das obras, sempre que non interfira no funcionamento da residencia. Cando estas accións poidan interferir no funcionamento da residencia, o adxudicatario deberá de contar coa autorización previa da residencia para realizalas. En calquera caso, todas estas actuacións deberán de estar descritas co máximo detalle posible no proxecto técnico presentado. CLÁUSULA 21.- SUBVENCIÓNS E COMPENSACIÓN ECONÓMICA.- En base ó convenio-addenda asinado entre o Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) e a Deputación de Pontevedra,con data 30 de novembro de 2011, o Inega financiará ata o 15% do custo dos investimentos, cun máximo de 60.440,60 €, en actuacións de aforro e eficiencia enerxética e de enerxías renovables que se leven a cabo na Cidade Príncipe Felipe e que execute a empresa de servizos enerxéticos adxudicataria dos servizos enerxéticos que se licitan. Así mesmo, dito convenio establece que, sempre que o número de participantes no proceso de diálogo competitivo sexa superior ou igual a tres, o INEGA asignará unha axuda de 12.000,00 € para compensar economicamente ós dous aspirantes con mellor puntuación (6.000,00 € para cada aspirante) que participen no proceso de Diálogo Competitivo e que finalmente non sexan os adxudicatarios do contrato. En todo caso, a compensación non será asignada a aqueles aspirantes que retiren inxustificadamente a súa oferta antes da adxudicación. CLÁUSULA 22.- DURACIÓN DO CONTRATO E PRAZOS DE EXECUCIÓN.- A execución do Contrato comezará a partir do día seguinte da súa formalización. A duración do contrato será aquela que atendendo ó resultado do diálogo competitivo determínese no Contrato. En todo caso, a duración do Contrato nunca será superior a 10 anos. O prazo para a execución das obras, subministracións ou implementación das medidas que formen parte do Contrato serán aqueles que se establezan como resultado do diálogo competitivo. Estes prazos incluirán a aprobación do proxecto definitivo por parte da Deputación de Pontevedra, a execución material das obras que, no seu caso, sexan necesarias e a subministración dos equipamentos, que no seu caso, sexan necesarios, así como a realización das probas de funcionamento pertinentes para a comprobación da correcta execución das obras, subministracións ou implementación das medidas. Dito proxecto deberá cumprir coa normativa e/ou regulamentación vixentes para cada unha das actuacións contempladas na oferta adxudicataria. CLÁUSULA 23.-CONDICIÓNS BÁSICAS DE EXECUCIÓN DO CONTRATO.- A execución do contrato realizarase a risco e ventura do contratista, sen prexuízo das previsións sobre equilibrio económico financeiro que poidan establecerse no Contrato. O alcance dos riscos que se pacten, compartidos pola Administración e o contratista, será pormenorizado no contrato que asinen ambos. En todo caso, considéranse riscos que debe asumir o contratista os seguintes: - Riscos de Construción: O Contratista asumirá os contratempos producidos polas desviacións no prazo de execución das obras que se contemplen como obxecto do Contrato, no custo da construción, as deficiencias técnicas que se poidan dar en canto á subministración de materiais, equipos, etc. A estes efectos, o contrato establecerá de conformidade entre o contratista e a Administración contratante un sistema de penalidades para os casos de incumprimento na execución das obras. - Risco de dispoñibilidade: O cumprimento dos estándares de calidade e servizo que se fixen no contrato é unha condición esencial para a execución do mesmo. No proceso de diálogo competitivo fixaranse os niveis de calidade que o contratista comprométese a realizar. A estes efectos, o contrato establecerá, de conformidade entre o Contratista e a Administración contratante, un sistema de penalidades para os casos de incumprimento na posta a disposición das instalacións ou de incumprimento dos niveis de calidade pactados. - O reparto do risco de demanda, referido a variacións da demanda da infraestrutura non debidas a modificacións normativas ou políticas, efectuarase entre a Administración e o contratista segundo desagregación que se sinale ó longo do diálogo cos licitadores. A determinación do réxime económico financeiro do contrato producirase en base ós resultados do diálogo competitivo. En todo caso, o contratista, ademais de considerar a asunción dos riscos que acaban de expoñerse, deberá atender, no seu formulación do réxime económico financeiro do contrato, á finalidade última do mesmo, constituída pola intención de alcanzar o maior nivel de eficiencia e aforro enerxético e investir ditos aforros en novas medidas de eficiencia enerxética e implementación de enerxías renovables. CLÁUSULA 24.- FÓRMULAS DE PAGO.- O financiamento achegado pola empresa adxudicataria recuperarase en función do aforro enerxético. Conforme se desenvolva o diálogo cos candidatos, e ó longo do mesmo, concretaranse as formas de pago dos servizos enerxéticos tendo como obxectivo dito aforro enerxético. En todo caso, o pago realizarase previa presentación de facturas mensuais polo contratista, informe do plan de medida e verificación dos aforros, e previo informe favorable dos Servizos Técnicos da Administración titular do edificio. Na factura detallarase a desagregación de concepto. Cálculo dos aforros enerxéticos: Os aforros enerxéticos conseguidos mensualmente no centro consumidor calcularanse a partir do Plan M&V baseado en IPMVP ou similar acordado entre a Administración titular e o contratista. Este Plan incluirá unha serie de parámetros que caracterizarán os axustes rutineiros e non rutineiros que se deben aplicar á liña base para calcular os aforros realmente conseguidos Estes parámetros poderán ser variables técnicas directamente rexistradas nun sistema de medida (p.e., temperaturas, caudales, iluminancia) ou valores fixos consensuados coa Administración titular (p.e., ocupación, actividade, réxime de operación). A definición, subministración e posta en marcha dos sistemas de medida e verificación de variables técnicas para o cálculo de aforros formarán parte da proposta do contratista e corresponderanse cos parámetros de axuste que se identificaron no seu Plan M&V; o contratista deberaos instalar durante os primeiros seis meses dende a sinatura do contrato, e deberán recepcionarse por parte da Administración, ou por unha entidade de control asignada, tralas probas de posta en marcha. O cálculo de aforros enerxéticos realizarase comparando o consumo teórico de enerxía primaria que tería o edificio sen as actuacións derivadas das prestacións do presente contrato segundo o modelo do Plan M&V, fronte ó consumo real rexistrado. A valoración económica de ditos aforros farase en base ó prezo vixente de cada subministración enerxética evitada. Revisión de prezos: Os prezos serán revisados anualmente segundo os criterios que se concretarán no diálogo competitivo e que se indicarán no clausulado do contrato. CLÁUSULA 25.- RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA.- Será responsabilidade do contratista indemnizar os danos e prexuízos que se causen como consecuencia das operacións que requira a execución do contrato. CLÁUSULA -26.- SANCIÓNS E PENALIZACIONES EN CASO DE INCUMPLIMIENTO.- As sancións e penalidades aplicables en caso de incumprimento do contrato estableceranse no clausulado do documento final e no contrato, sobre a base do contido e alcance das solucións presentadas e especificadas durante a fase de diálogo. CLÁUSULA 27.- MODIFICACIÓNS DO CONTRATO.- As modificacións do contrato estableceranse no clausulado do documento final e no contrato, e basearanse sobre o contido e alcance das solucións presentadas e especificadas durante a fase do diálogo competitivo. CLÁUSULA 28.- GASTOS ESIXIBLES.- Os gastos que orixine a publicación dos anuncios de licitación do presente contrato, tanto nos correspondentes boletíns oficiais como, no seu caso, en prensa serán por conta do adxudicatario do contrato, sen que poida imputarse á Administración contratante ningún pago por tal concepto, e sen que estes gastos superen os 2.000,00 €. CLÁUSULA 29.- PRERROGATIVAS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA.- Dentro dos límites e con suxeición ós requisitos e efectos sinalados no Trlcsp, a Deputación de Pontevedra ostenta as prerrogativas: a) Interpretar o contido do Contrato e resolver as dúbidas sobre o seu cumprimento. b) Modificar o Contrato por razóns de interese público debidamente xustificadas, nos termos e cos efectos previstos no Contrato e na Trlcsp. c) Acordar a resolución do contrato nos casos e condicións previstos no Contrato e nas previstas na Trlcsp e en particular nos artigos 223, 237, 299 e 308 da mesma, baixo a súa modificación na Lei 2/2011, de 4 de marzo, de Economía Sostenible.. d) Exercer as funcións de inspección, vixilancia e control sobre o cumprimento das obrigacións do contratista, a cuxo efecto poderá inspeccionar os servizos, as súas obras, instalacións, locais, así como a documentación, relacionados co obxecto do Contrato, e que serán efectuados polo Enxeñeiro Xefe de Mantemento da propia Cidade Infantil ó persoa en quen delegue. e) Impoñer ó contratista as penalidades pertinentes por razón dos incumprimentos en que incorra. f) Impoñer con carácter temporal as condicións de traballo do contratista que sexan necesarias para solucionar situacións excepcionais de interese xeral, nas condicións e cos efectos previstos no Contrato. g) En caso de resolución por causa non imputable á Deputación, quedarán en poder da mesma cantos elementos e aparellos de calquera clase, necesarios para a execución do Contrato, foran instalados nos diversos edificios que compoñen a Cidade Infantil, sen que caiba resarcimento económico algún ó contratista. h) A Deputación de Pontevedra resérvase o dereito a intervir, manter ou modificar, sempre de forma xustificada, nas instalacións que se leven a cabo como consecuencia da execución do contrato. i) Os demais dereitos recoñecidos no Contrato e na lexislación vixente. j) En xeral todas as actuacións técnicas a realizar pola empresa adxudicataria, ben sexa de investimento, mellora ó mantemento serán supervisadas e aprobadas polo técnico proposto pola Deputación de Pontevedra, que salvo mellor criterio, corresponderá ó enxeñeiro xefe de Mantemento da propia Cidade Infantil Príncipe Felipe. CLÁUSULA 30.- RESOLUCION DO CONTRATO.- O órgano de contratación poderá acordar a resolución do contrato e determinar os efectos desta. Neste sentido, serán consideradas causas de resolución do Contrato as previstas nos artigos 223, 237, 299 e 309 da Trlcsp, así como as que se expresen especificamente no mesmo. En caso de resolución por causas non imputables á Administración, quedarán en poder da mesma cantos elementos e aparellos de calquera clase, necesarios para a execución do contrato, foran instalados no edificio, sen que caiba resarcimento económico algún ó Contratista. A administración resérvase o dereito a intervir, manter ou modificar, sempre de forma xustificada, nas instalacións que se leven a cabo como consecuencia da execución do contrato. CLÁUSULA 31.- DEREITO SUPLETORIO.- No non previsto neste Documento, no Documento de desenvolvemento ou no que quede recollido no contrato, estarase ó disposto no Trlcsp, entendéndose que o réxime xurídico a aplicar é o do contrato típico que se corresponda coa prestación que quede determinada no Contrato, en base ó resultado do diálogo competitivo, o R.d. 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, o R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas e demais normativa de aplicación. CLÁUSULA 32.- XURISDICIÓN COMPETENTE.- A orde xurisdicional contencioso administrativo será o competente para resolver as cuestións litixiosas relativas á preparación, adxudicación, efectos, cumprimento e extinción do contrato a formalizar. CLÁUSULA 33.- IDIOMA A EMPREGAR DURANTE TODO O PROCESO.- Os licitadores ou candidatos poderán utilizar a lingua galega ou o castelán durante todo o proceso de licitación, así como durante a execución do contrato, tanto nas reunións como nos documentos e comunicacións. CLÁUSULA 34.- CONFIDENCIALIDADE.- O adxudicatario queda expresamente obrigado a manter absoluta confidencialidade e reserva sobre calquera dato que puidese coñecer como consecuencia da participación no diálogo ou, no seu caso, con ocasión do cumprimento do contrato, durante un prazo de 5 anos dende o coñecemento da información. Este deber de confidencialidade do adxudicatario afecta especialmente ós datos de carácter persoal, que non poderán copiar ou utilizar con fin distinto ó que figura neste prego, nin tampouco ceder a outros nin sequera a efectos de conservación. Neste sentido, o adxudicatario está obrigado ó cumprimento do disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e, especialmente, no disposto polo artigo 12 “Acceso ós datos por conta de terceiros”. Ós efectos do artigo 140.1 Trlcsp, o órgano de contratación considerará e tratará como confidencial unicamente aquela información facilitada polos empresarios que estes designasen expresa e inequivocamente como confidencial. ANEXO 1 “MODELO DE SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN D................................................maior de idade, con domicilio a estes efectos en............................................ e provisto de D.N.I. nº........................., en nome e representación da persoa física/xurídica ........................con domicilio social en……...Teléfono ............................., e C.I.F. ...................., EXPÓN: Que a entidade………………….., está interesada en participar no procedemento de diálogo competitivo que se estableza para a contratación da execución dunha actuación integral que supoña a mellora da eficiencia enerxética da Cidade Príncipe Felipe. DECLARA: I. Que quedei decatado do anuncio de licitación para a adxudicación do contrato para unha actuación global e integrada que mellore a eficiencia e prestación de servizos enerxéticos na CIPF. II. Que coñecendo este Documento, o programa funcional e demais documentación que debe rexer o contrato, que expresamente asumo e acato na súa totalidade, sen salvidade algunha. III. Que toda a información reflectida na presente solicitude, así como nos documentos que se acompañan, é veraz e exacta. IV. Que en relación ó contrato de referencia solicito ser admitido á licitación e invitado a presentar oferta. (Lugar, data e sinatura do propoñente)” ANEXO 2 “MODELO DE DECLARACIÓN RESPONSABLE DE NON ESTAR INCURSO EN NINGUNHA DAS PROHIBICIÓNS DE CONTRATAR QUE ESTABLECE O ARTICULO 60 DO LEI 3/2011, TEXTO REFUNDIDO DA LEI CONTRATOS DO SECTOR PUBLICO D................................................maior de idade, con domicilio a estes efectos en............................................ e provisto de D.N.I. nº........................., en nome e representación da persoa física/xurídica ........................con domicilio social en……...Teléfono ............................., e C.I.F. ...................., DECLARO Que nin o asinante da declaración, nin a persoa física/xurídica á que represento, nin ningún dos seus administradores ou representantes, se atopan incursos en suposto algún ós que se refire o artigo 60 do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, atopándose, a persoa física/xurídica representada, ó corrente no cumprimento das obrigacións tributarias e de Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. Así mesmo comprométome a achegar os certificados e documentos requiridos polos artigos 151.2 da Trlcsp, no prazo máximo de 10 días hábiles a partir do seguinte a que se me requira no caso de que a oferta que represento resulte ser a máis vantaxosa. E para que así conste e surta os efectos oportunos, expido e asino a presente en ………………. a …………., de……………, de 2012.” ANEXO 3 “PROPOSICIÓN ECONÓMICA MODELO DE CADRO DE PREZOS DAS PRESTACIONES DO CONTRATO D................................................maior de idade, con domicilio a estes efectos en............................................ e provisto de D.N.I. nº........................., en nome e representación da persoa física/xurídica ........................con domicilio social en……...Teléfono ............................., e C.I.F. ...................., DECLARO: Que coñecendo este Documento, o Programa Funcional e demais documentación que rexe o contrato para unha actuación global e integrada que mellore a eficiencia e prestación de servizos enerxéticos na CIPF, o asumo e acato na súa totalidade, sen salvidade algunha, e a miña empresa comprométese a levar a cabo a execución do mesmo con arranxo ós seguintes prezos: • Prestación P1 (Xestión Enerxética) € IVE incluído. • Prestación P2 (Mantemento) € IVE incluído. • Prestación P3 (Garantía Total) € IVE incluído. • Prestación P4 (Obras de mellora e renovación das instalacións) € IVE incluído. • Prestación P5 (Investimentos en aforro de enerxía e enerxías renovables) € IVE incluído. E para que así conste e surta os efectos oportunos, expido e asino a presente en………………. a…………., de……………, de 2012.” 4.19832.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS 1.- Devolución de garantías definitivas á empresa Construcións, obras e viais, S.A. (C.O.V.S.A.) Á empresa Construcións, obras e viais, S.A.- C.O.V.S.A. (CIF B- 36.008.886), mediante escritos presentados perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos contratos. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de ACC, por importe de mil cento noventa e nove euros con sesenta céntimos (1.199,60 €), para responder do contrato relativo á: Subministración e instalación de panel de lamas de aceiro e barreira de seguridade na E.P. A Lama- Ponteverdugo (A Lama), que foi depositada na Tesourería Provincial o 27/05/2008, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200800045343, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de CESCE, por importe de catorce mil novecentos vinte e oito euros con noventa e catro céntimos (14.928,94 €), para responder do contrato relativo á obra: E.P. Calvario-A Garrida, tramo Beade-Carneiras, que foi depositada na Tesourería Provincial o 26/07/2004, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200400053504, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Popular, por importe de nove mil novecentos cincuenta e seis euros con noventa céntimos (9.956,90 €), para responder do contrato relativo á obra: Mellora da seguridade viaria e servizos afectados E.P. 2405 Rebullón-CUVI; E.P. 2402 Porriño-Torneiros; E.P. 2405 Cerquido-Budiño, E.P. 2602 Peinador- Os Valos (Capela de Santiaguiño de Guizán), que foi depositada na Tesourería Provincial o 19/09/2008, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200800077887, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de HCC Europe, por importe de nove mil novecentos vinte e seis euros con vinte e sete céntimos (9.926,27 €), para responder do contrato relativo á obra: Actuacións varias na E.P. 9305 Sisán, reposición de servizos na E.P. 9501 Ribadumia e beirarrúas en Cabanelas (Ribadumia), que foi depositada na Tesourería Provincial o 01/09/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000075225, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de HCC Europe, por importe de nove mil novecentos cincuenta euros (9.950,00 €), para responder do contrato relativo á obra: Actuacións varias na E.P. 9305 e firme en Miraflores (Sanxenxo), que foi depositada na Tesourería Provincial o 06/03/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900017418, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de HCC Europe, por importe de nove mil novecentos setenta e cinco euros (9.975,00 €), para responder do contrato relativo á obra: Construción de muros e pavimentación na travesía de Pontearnelas (Vilanova), que foi depositada na Tesourería Provincial o 06/03/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900017416, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de HCC Europe, por importe de dous mil catrocentos dous euros (2.402,00 €), para responder do contrato relativo á obra: Prolongación de beirarrúas nas Sinas (Vilanova de Arousa), que foi depositada na Tesourería Provincial o 04/08/2006, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200600066839, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de HCC Europe, por importe de tres mil cincocentos cincuenta e tres euros con oitenta e oito céntimos (3.553,88 €), para responder do contrato relativo á obra: Ensanche e muros na E.P. das Aceñas, saneamento en Cordeiro-Senín e remate de capa de rodamento na E.P. 0407 Borela-Ponte Caldelas (A Illa- Valga e Cotobade), que foi depositada na Tesourería Provincial o 01/09/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000075219, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de HCC Europe, por importe de tres mil cincocentos cincuenta e tres euros con oitenta e oito céntimos (3.553,88 €), para responder do contrato relativo á obra: Ensanche en E.P. Padriñán-Laxe. P.K. 0,60 a 2,30 (Sanxenxo), que foi depositada na Tesourería Provincial o 01/09/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000075219, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de HCC Europe, por importe de nove mil dezaoito euros con vinte e nove céntimos (9.018,29 €), para responder do contrato relativo á obra: Modificado de mellora na E.P. 4202 Rubiós-Carrasqueira (As Neves), que foi depositada na Tesourería Provincial o 06/03/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900017422, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de HCC Europe, por importe de catro mil setecentos corenta e oito euros con oitenta e un céntimos (4.748,81 €), para responder do contrato relativo á obra: Modificado de pavimentación na Lama, Berducido, Xesta, Antas e Gaxate (A Lama), que foi depositada na Tesourería Provincial o 03/06/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000046500, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banesto, por importe de tres mil novecentos vinte e dous euros con vinte e tres céntimos (3.922,23 €), para responder do contrato relativo ás: Obras complementarias na mellora e pavimentación no Camiño de Contanexo a Colexio de Castro (Mos), que foi depositada na Tesourería Provincial o 29/06/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000053586, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banesto, por importe de catro mil cento corenta euros con dous céntimos (4.140,02 €), para responder do contrato relativo á obra: Pavimentación camiño de Praza de Sela a Estrada Autonómica PO-400 (Arbo), que foi depositada na Tesourería Provincial o 09/06/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000047367, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de tres mil setecentos vinte e un euros con corenta e sete céntimos (3.721,47 €), para responder do contrato relativo á obra: E.P. 8004 Caldas-Vilanoviña (Caldas-Portas), que foi depositada na Tesourería Provincial o 25/10/2001, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200100053202, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de mil novecentos oitenta e tres euros con dezaseis céntimos (1.983,16 €), para responder do contrato relativo á obra: Proxecto modificado de pavimentado da capa de rodamento da Gran Vía. Dende a Praza América ata a Praza de España (Vigo), que foi depositada na Tesourería Provincial o 30/06/2006, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200600059629, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 2.- Devolución de garantías definitivas ó empresario Juan A. Pardo Otero O empresario Juan A. Pardo Otero con CIF 35.298.836-T, mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de mil setecentos setenta euros (1.770,00 €), para responder do contrato relativo á: Organización das probas deportivas denominadas “Marchas Populares” e “Festas da bicicleta”, ano 2011, que foi depositada na Tesourería Provincial o 04/04/2011, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201100027137. 3.- Devolución de garantías definitivas á empresa Transgalaica, S.L. A empresa Transgalaica, S.L. con CIF B- 15.312.838, mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Novagaliciabanco, por importe de cinco mil novecentos quince euros (5.915,00 €), para responder do contrato relativo á: Asistencia técnico-educativa dos campamentos no Centro de Vacacións de A Lanzada, ano 2011, que foi depositada na Tesourería Provincial o 27/05/2011, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201100042372, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 4.- Devolución de garantías definitivas á empresa J.G.M. Consultores, S.L. A empresa J.G.M. Consultores, S.L. con CIF B- 47.320.353, mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de tres mil oitocentos trece euros con cincuenta e seis céntimos (3.813,56 €), para responder do contrato relativo á: Asistencia técnica para a elaboración de diagnósticos comerciais e a implantación de asesoramento individualizado ós comerciantes da provincia de Pontevedra (Plan “A Túa Medida 2011”), que foi depositada na Tesourería Provincial o 13/06/2011, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201100048143. 5.- Devolución de garantías definitivas á empresa Peycar Pontevedra, S.L. Á empresa Peycar Pontevedra, S.L. (CIF B- 36.112.043), mediante escritos presentados perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos contratos. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco de Galicia, por importe de mil novecentos trinta e sete euros con corenta e un céntimos (1.937,41€), para responder do contrato relativo ó: Subministro de diverso vestiario para o persoal de infraestruturas da Deputación, ano 2008, que foi depositada na Tesourería Provincial o 23/07/2008, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200800063472, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco de Galicia, por importe de mil setecentos trinta e dous euros con trinta e cinco céntimos (1.732,35€), para responder do contrato relativo ó: Subministro de diverso vestiario para o persoal de infraestruturas da Deputación durante o ano 2009, que foi depositada na Tesourería Provincial o 15/06/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900050571, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 6.- Devolución de garantías definitivas á empresa Delgado Delgado e hijos, S.A. (DELTACINCO) A empresa Delgado Delgado e hijos, S.A. (DELTACINCO) con CIF A- 34.010.272, mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de mil cento setenta e oito euros con cincuenta céntimos (1.178,50 €), para responder do contrato relativo ó: Subministro de dúas máquinas recebadoras de area, mantillo e turba para traballos de mantemento de campos de fútbol de herba artificial, que foi depositada na Tesourería Provincial o 8/02/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000006156. 5.19833.- SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 1 DE PONTEVEDRA, DITADA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ABREVIADO NÚM. 0126/2011, PROMOVIDOS POR DNA. TERESA CARRIL LAMOSO CONTRA DESESTIMACIÓN DE RECLAMACIÓN PATRIMONIAL POR LESIÓNS PADECIDAS DENTRO DO PROGRAMA TERMAL SUBVENCIONADO POR ESTA DEPUTACIÓN Dada conta que con data 11 de outubro de 2011 tivo entrada nesta Deputación sentenza de 4 de outubro anterior, do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Pontevedra, ditada en autos de procedemento abreviado núm. 0126/2011, promovidos por Dna. Teresa Carril Lamoso contra desestimación de reclamación patrimonial por importe de 12.744,32 €, en concepto de lesións padecidas no aloxamento do programa termal subvecionado por esta Deputación en 2010, na que se desestima o recurso, e cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica desta Deputación. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. 6.19834.- SENTENZA DA SALA SEGUNDA DO PENAL DO TRIBUNAL SUPREMO, DITADA NOS AUTOS DE RECURSO DE CASACIÓN Nº 998/11, CONTRA AUTO DA SALA DO CIVIL E PENAL DO TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA, DITADA EN DILIXENCIAS PREVIAS NÚM. 2/10, INCOADAS POR QUERELA INTERPOSTA POLO PARTIDO SOCIALISTA OBREIRO ESPAÑOL SOBRE DELITOS DE FALSIDADE EN DOCUMENTO OFICIAL, ESTAFA E/OU FRAUDE Á ADMINISTRACIÓN PÚBLICA EN RELACIÓN CON OBRAS NA ESTRADA DE ACCESO Á PARROQUIA DE LIRA (SALVATERRA DO MIÑO) Dada conta que con data 5 de decembro de 2011 notifícase sentenza da Sala Segunda do Penal, do Tribunal Supremo, ditada nos autos de Recurso de Casación nº 998/11, contra Auto da Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ditado en Dilixencias Previas núm. 2/10, incoadas por querela interposta polo Partido Socialista Obreiro Español contra D. Agustín Hernández-Fernández de Rojas, D. Baltasar Pujales Estévez, D. Pablo Montero Carrera e D. Juan Manuel Sánchez González, por delitos de falsidade en documento oficial, estafa e/ou fraude á Administración Pública en relación con obras na estrada de acceso á Parroquia de Lira (Salvaterra do Miño), pola que se confirma o auto de conclusión do sumario ditado polo instrutor que acordaba o sobreseimento libre con arquivo das actuacións por non ser os feitos constitutivos de delito. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. 7.19835.- SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 1 DE PONTEVEDRA, DITADA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ABREVIADO NÚM. 0159/2011, PROMOVIDOS POR DNA. Mª ALICIA NOVOA VALCÁRCEL CONTRA DESESTIMACIÓN DE RECLAMACIÓN PATRIMONIAL POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA E.P. SOUTO-CEQUERIL (MORAÑA) COMO CONSECUENCIA DA IRRUPCIÓN DUN CORZO NA CALZADA Dada conta que con data 18 de outubro de 2011 tivo entrada nesta Deputación sentenza de 11 de outubro anterior, do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Pontevedra, ditada en autos de procedemento abreviado núm. 0159/2011, promovidos por Dna. Mª María Alicia Novoa Valcárcel, contra desestimación de reclamación patrimonial por danos en accidente de tráfico na E.P. 8202 Souto-Cequeril (Moraña), valorados en 328,91 €, como consecuencia da irrupción dun corzo na calzada, na que se desestima o recurso, e cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica desta Deputación. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. 8.19836.- SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 3 DE PONTEVEDRA, DITADA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ABREVIADO NÚM. 339/2011, PROMOVIDOS POR DNA. ANA COUCE ALONSO E SEGUROS ATLANTIS CONTRA DESESTIMACIÓN DE RECLAMACIÓN PATRIMONIAL POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA E.P. 0019 FIGUEIRIDO-MARÍN Dada conta que con data 9 de novembro de 2011 tivo entrada nesta Deputación sentenza de 7 de novembro anterior, do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra, ditada en autos de procedemento abreviado núm. 0339/2011, promovidos por Dna. Ana Couce Alonso e Seguros Atlantis contra desestimación de reclamación patrimonial por danos en accidente de tráfico na E.P. 0019 Figueirido-Marín, por importe de 7.839,50 €, o día 4 de decembro de 2010, como consecuencia da existencia de barro na calzada, na que se desestima o recurso e cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica desta Deputación. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. 9.19837.- SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 1 DE PONTEVEDRA, DITADA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ABREVIADO NÚM. 205/2011, PROMOVIDOS POR DNA. MARGARITA BLANCO CILLERO, CONTRA DESESTIMACIÓN DE RECLAMACIÓN PATRIMONIAL POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA E.P. 7016 ESTRADA-VINSEIROS-AS CASETAS (A ESTRADA), COMO CONSECUENCIA DA EXISTENCIA DE SUBSTANCIA DESLIZANTE NA CALZADA Dada conta que con data 28 de novembro de 2011 tivo entrada nesta Deputación sentenza de 24 de novembro anterior, do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Pontevedra, ditada en autos de procedemento abreviado núm. 205/2011, promovidos por Dna. Margarita Blanco Cillero contra desestimación de reclamación patrimonial por danos en accidente de tráfico na E.P. 7016 Estrada-Vinseiros-As Casetas (A Estrada), valorados en 641,03 €, como consecuencia da existencia de substancia deslizante na calzada, na que se desestima o recurso, e cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica desta Deputación. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. 10.19838.- SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 2 DE PONTEVEDRA, RECAÍDA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ABREVIADO NÚM. 395/2010, PROMOVIDOS POR D. HÉCTOR TAJES DIOS E HILO DIRECT SEGUROS E REASEGUROS, S.A., CONTRA DESESTIMACIÓN POR SILENCIO ADMINISTRATIVO DE RECLAMACIÓN PATRIMONIAL POR DANOS EN VEHÍCULO COMO CONSECUENCIA DA IRRUPCIÓN DUN CABALO NO VIAL S/C-PO, LAGO DE CASTIÑEIRAS- MIRADOR DE COTORREDONDO (TM VILABOA) Dada conta que con data 13 de xaneiro de 2012 tivo entrada nesta Deputación sentenza de data 10 de xaneiro anterior, do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra, ditada en autos de procedemento abreviado núm. 395/10 promovidos por D. Héctor Tajes Dios e Hilo Direct Seguros e Reaseguros, S.A. contra desestimación por silencio administrativo de reclamación patrimonial por danos en vehículo como consecuencia da irrupción dun cabalo no vial S/C-PO, Lago de Castiñeiras – Mirador de Cotorredondo, termo municipal de Vilaboa, danos que valora en 2.083,52 €, na que se desestima dito recurso, e cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica desta Deputación. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. 11.19839.- SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 2 DE PONTEVEDRA, RECAÍDA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ORDINARIO NÚM. 42/2011, PROMOVIDOS POR D. JAIME ABAL MAQUIEIRA E OUTRA, CONTRA DESESTIMACIÓN DE RECURSO DE REPOSICIÓN INTERPOSTO CONTRA ACORDO PLENARIO DE 24/09/2010, POLO QUE SE APROBOU DEFINITIVAMENTE O PROXECTO “REMATE DAS OBRAS DE ACONDICIONAMENTO E ENSANCHE DA E.P. 0507 PORTELA-VALIÑAS-PORTAS” Dada conta que con data 19 de xaneiro de 2012 tivo entrada nesta Deputación sentenza núm. 7/2012, de data 12 de xaneiro anterior, do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra, ditada en autos de procedemento ordinario núm. 42/2011 promovidos por D. Jaime Abal Maquieira e Dna. María Seijo Fernández, contra desestimación de recurso de reposición interposto contra acordo plenario de 24/09/2010, polo que se aprobou definitivamente o proxecto “Remate das obras de acondicionamento e ensanche da E.P. 0507 Portela-Valiñas-Portas”, na que se desestima dito recurso, e cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica desta Deputación. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. 12.19840.- SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 2 DE PONTEVEDRA, RECAÍDA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ABREVIADO NÚM. 267/11, PROMOVIDOS POR DNA. VICTORIA RODRÍGUEZ BARROS CONTRA DESESTIMACIÓN DE RECLAMACIÓN PATRIMONIAL POR DANOS COMO CONSECUENCIA DE CAÍDA NA ESTRADA DE COUTADA EN BEADE (VIGO) Dada conta que con data 31 de xaneiro de 2012 tivo entrada nesta Deputación sentenza de data 25 de xaneiro anterior, do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra, ditada en autos de procedemento abreviado núm. 267/11, promovidos por Dna. Victoria Rodríguez Barros contra desestimación de reclamación patrimonial por danos como consecuencia de caída na estrada de Coutada en Beade (Vigo), valorados en 10.653,00 €, na que se desestima dito recurso, e cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica desta Deputación. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. 13.19841.- SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 3 DE PONTEVEDRA, RECAÍDA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ABREVIADO NÚM. 272/11, PROMOVIDOS POR D. FERNANDO CONDE ESTÉVEZ CONTRA DESESTIMACIÓN DE RECLAMACIÓN PATRIMONIAL POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA E.P. 2601 MOS-PUXEIROS Dada conta que con data 25 de xaneiro de 2012 notifícase sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra, ditada en autos de Procedemento Abreviado núm. 272/11 promovidos por D. Fernando Conde Estévez contra desestimación de reclamación patrimonial por danos en accidente de tráfico na E.P. 2601 Mos – Puxeiros, valorados en 7.209,51 €, como consecuencia da existencia de gravilla e area o día 25 de outubro de 2009. Resultando que dita sentenza estima parcialmente o recurso, condenando a esta Deputación a que indemnice ó demandante na cantidade de 6.232,75, á que se engadirán os xuros legais dende a data de reclamación en vía administrativa. Resultando que con data 8 de febreiro de 2012 notifícase Providencia do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra, dando conta da consignación efectuada por MAPFRE SEGUROS, en calidade de aseguradora desta Deputación, por importe de 5.979,67 €, que se corresponden coa indemnización recoñecida na sentenza, de 6.632,75 €, máis 346,92 €, por xuros legais, restando por pagar a cantidade de 600,00 €, que debe asumir esta Deputación en concepto de franquía estipulada na póliza. Visto o Documento RC da Intervención de data 21 de febreiro de 2012. Considerando o artigo 106.2 da Lei 29/98 e demais preceptos de xeral e pertinente aplicación, A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro.- Tomar coñecemento da sentenza ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra, recaída en autos de Procedemento Abreviado núm. 272/11 promovidos por D. Fernando Conde Estévez contra desestimación de reclamación patrimonial por danos en accidente de tráfico na E.P. 2601 Mos – Puxeiros, como consecuencia da existencia de gravilla e area, o día 25 de outubro de 2009, que estima parcialmente o recurso, ordenando o cumprimento nos seus propios termos, ata levala a puro e debido efecto. Segundo.- Aprobar o gasto, ordenar o pago e declarar de aboo a favor do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra a cantidade de 600,00 € (seiscentos euros), en concepto de execución de sentenza ditada en autos de procedemento abreviado núm. 272/11, promovidos por D. Fernando Conde Estévez. Terceiro.- Dito pago farase efectivo con cargo á aplicación orzamentaria 456.453.210.00 do vixente orzamento, mediante ingreso na Conta de Consignacións e Depósitos Xudiciais do citado Xulgado na entidade Banesto, Oficina Principal de Pontevedra, núm. 3597.0000.85.027211. Cuarto.- Déase traslado ó demandante, ó Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra, á Intervención e a MAPFRE SEGUROS, a través de Lariño, Correduría de Seguros, S.L., ós efectos oportunos. 14.19842.- AUTO DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 1 DE PONTEVEDRA, DECLARANDO REMATADO O PROCEDEMENTO ABREVIADO 140/2011, PROMOVIDO POR D. DIONISIO CASTRO GONZÁLEZ CONTRA O CONCELLO DO GROVE, A MERCANTIL CONTRAOFIC, S.L. E ESTA DEPUTACIÓN, POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA ESTRADA PROVINCIAL SAN VICENTE DO MAR-O GROVE Dada conta de Auto do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Pontevedra, ditado en autos de procedemento abreviado 140/2011, promovidos por D. Dionisio Castro González contra o Concello do Grove, a mercantil Contraofic S.L. e esta Deputación, por danos en accidente de tráfico na estrada San Vicente do Mar-O Grove, no que se declara rematado o procedemento por satisfacción extraprocesal das pretensións do demandante pola mercantil Contraofic S.L., mediante acordo ó que se chegou na vista oral a proposta da defensa desta Deputación, exercida pola Asesoría Xurídica, sen custe económico ningún para esta institución. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable do mesmo. 15.19843.- AUTO DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 2 DE SANTIAGO DE COMPOSTELA DECLARANDO O ARQUIVO NOS AUTOS DE PROCEDEMENTO ABREVIADO 378/2011, PROMOVIDOS POR DNA. PATRICIA CARRO DIZ CONTRA ESTA DEPUTACIÓN E A CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL DA XUNTA DE GALICIA, POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA E.P. 0205 REIGOSA-TABOADELO (PONTE CALDELAS), COMO CONSECUENCIA DA INVASIÓN DUN XABARIL NA CALZADA, POR DESISTIMENTO DA DEMANDANTE Dada conta de Auto do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Santiago de Compostela, ditado en autos de procedemento abreviado 378/2011, promovidos por Dna. Patricia Carro Diz contra esta Deputación e a Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, por danos en accidente de tráfico na E.P. 0205 Reigosa-Taboadelo (Ponte Caldelas), como consecuencia da invasión dun xabaril na calzada, valorados en 3.624,22 €, no que se acorda o arquivo das actuacións por desestimento da demandante. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable do mesmo. 16.19844.- DECRETO DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº3 DE PONTEVEDRA, DITADO EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ORDINARIO NÚM. 458/10 PROMOVIDOS POR D. ERNESTO FILGUEIRA EIRAS E OUTROS CONTRA ACORDO PLENARIO DE DATA 10/09/2010 SOBRE OBRAS DE “ACCESO OESTE A MONTECELO. TRAMO II: PO-223 PORTA DO SOL- N-550 AVDA. MÉDICO BALLINA” Dada conta que con data 25 de xaneiro de 2011 notifícase Decreto do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra, de data 19 de xaneiro anterior, ditado en autos de procedemento ordinario núm. 458/10 promovidos por D. Ernesto Filgueira Eiras, Dona Julia Filgueira Eiras e a Comunidade de Herdeiros de Benito Codina Acuña, contra acordo plenario de 10 de setembro de 2010, sobre obras de “Acceso Oeste a Montecelo. Tramo II: PO-223 Porta do Sol-N-550 Avda. Médico Ballina” por acordo extraxudicial acadado polos demandantes coa Deputación Provincial. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable do mesmo. 17.19845.- COMUNICACIÓN DO DEFENSOR DEL PUEBLO SOBRE ARQUIVO DE ACTUACIÓNS DO EXPEDIENTE DE QUEIXA NÚM. 11009120 INSTRUÍDO A INSTANCIAS DE D. JOSÉ MARÍA LÓPEZ GARCÍA SOBRE CONTRATO DE ASESORAMENTO ECONÓMICO-TRIBUTARIO PARA O ORAL A D. JESÚS JAVIER FERNÁNDEZ CHAO A Xunta de Goberno toma coñecemento de comunicación da Sra. Defensora del Pueblo en funcións, de data 3 de novembro de 2011, sobre peche das actuacións e arquivo no expediente de queixa núm. 11009120, instruído a instancias de D. José María López García sobre contrato de asesoramento económico-tributario para o ORAL subscrito con D. Jesús Javier Fernández Chao, á vista das alegacións formuladas pola Asesoría Xurídica desta Deputación de data 2 de xuño de 2011. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. 18.19846.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 19.19847.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 24 de febreiro de 2012, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias, desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2012, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran ca referencia 201200000181 e que contén tres facturas, sendo a primeira de Ediciones Francis Lefebvre, S.A., por importe de 743,40 € e a derradeira de Idea Gráfica Profesional, S.L., por importe 361,08 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 25.519,84 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do Honorarios técnicos externos 0,00 € Total líquido 25.519,84 € 20.19848.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS DE VARIAS OBRAS DE CONTRATACIÓN A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria do día 21 de outubro de 2005, acordou adxudicar a Darzal Consultoría y Prevención, S.L. o contrato de consultaría e asistencia técnica en materia de seguridade e saúde nas obras de Deputación, pola porcentaxe ofertada do 0,72 % do orzamento de execución material de cada proxecto, incluído o IVE, e cunha duración de 2 anos dende a súa formalización, que tivo lugar o 22 de novembro de 2005. O pago das facturas efectuaríase con cargo ás retencións practicadas nas correspondentes certificacións de obra. Asemade, nas súas sesións ordinarias dos días 14 de novembro de 2007 e 19 de novembro de 2008, acordou prorrogar a vixencia do contrato ata o 22 de novembro de 2008 e ata o 22 de novembro de 2009, respectivamente. Visto o informe de Intervención de data 23/02/2012 correspondente ás facturas que se relacionan posteriormente, tendo en conta que non se seguiu o procedemento de contratación oportuno ás aprobacións das facturas requiren seguir o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito de acordo co establecido na base 17.1 das aprobadas para a execución do Orzamento Provincial de 2012, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Autorizar o compromiso de gasto e o recoñecemento extraxudicial das obrigas das facturas emitidas por Darzal Consultoría y Prevención, S.L. (B-82270190), que de seguido se relacionan, relativas a traballos de coordinación de seguridade e saúde de diversas obras: Núm. Factura Data Obra Importe € 0012-01/2012 04/01/2012 “Construción campo de fútbol de Pasarón (Pontevedra)” (D05/0734) 11,25 € 0012-02/2012 04/01/2012 “Beirarrúas, servizos e iluminación E.P. 8503 Cordeiro-Senín (Valga)” (D08/0055) 231,56 € 0012-03/2012 04/01/2012 “Rede de saneamento e estación de bombeo de augas residuais na Fonte Faxilde, Vilagarcía de Arousa” (PID/09/00989/2009002303) 82,62 € 0012-04/2012 04/01/2012 “Pavimentación e dotación de servizos en camiños: Pereiro, do Souto, Caneliñas, Braxilde (Poio)” (PID/09/00923/2009002359) 35,08 € 0023-01/2012 19/01/2012 “Construción de campo de fútbol de Pasarón (Pontevedra)” (D05/0734) 52,79 € 0023-02/2012 19/01/2012 “Mellora trazado e capa de rodaxe en E.P. 9201, Sanxenxo-Bordóns-estrada Samieira (Sanxenxo)” (D07/0174) 183,47 € 0023-03/2012 19/01/2012 “Campos de fútbol de herba artificial, 3ª fase” (D08_0136) 323,12 € 0023-04/2012 19/01/2012 “Saneamento nos lugares de Cosoirado e Teixugueiras (Moraña)” (PID/09/00609/2009002296) 56,23 € 0023-05/2012 19/01/2012 “Depósito regulador en Sequeiros e mellora da captación en Carrasqueira (As Neves)” (PID/09/00982/2009002661) 212,00 € 0023-06/2012 19/01/2012 “Pavimentación parroquia Insua, Ponte Caldelas” (PID/09/00901/2009002388) 168,70 € 0023-07/2012 19/01/2012 “Ampliación centro cultural e veciñal en Belesar (Baiona)” (PID/09/00972/2009002407) 220,56 € 0023-08/2012 19/01/2012 “Ensanche e mellora E.P. Granxa-Dorrón (Sanxenxo)” (O05/0575) 672,11 € 0023-09/2012 19/01/2012 “Rotonda en Valiñas, E.P. 9407 Goulla-Porráns (Barro)” (D08/0075) 85,21 € 0023-10/2012 19/01/2012 “Saneamento e ampliación de rede de sumidoiros na parroquia de Castrelo (Cambados)” (PID/09/00608/2009002444) 499,27 € 0023-11/2012 19/01/2012 “Dotación de servizos E.P. 3001 Tui-Rebordáns, marxe dereito (pk1+500 a 2+400), Tui” (D08/0048) 420,25 € 0023-12/2012 19/01/2012 “Mellora trazado e pavimentación E.P. 5106 Barciademera-Covelo” (P08/0097) 1.096,81 € 0023-13/2012 19/01/2012 “Capa rodaxe e terminación E.P. 9302, Xil-Cobas-Barrantes (Meaño)” (P08/0094) 866,58 € 0023-14/2012 19/01/2012 “Mellora da seguridade viaria na intersección E.P. 8001 con E.P. 8702 (Catoira)” (D05/0492) 606,05 € 0023-15/2012 19/01/2012 “Terminación E.P. 9407 Goulla-Porráns (Meis-Barro-Portas)” (D07/0084) 2.845,40 € 0023-16/2012 19/01/2012 “Protección vial p.k. 0+000 p.k. 0+560, E.P. 2204 Sabarís-Belesar (Baiona)” (D09/0039) 254,70 € 0912-06/2011 31/10/2011 “Rehabilitación de firmes zona norte” (D09/0077) 928,07 € 0912-12/2011 31/10/2011 “Área recreativa e construción de piscina en parcela equipamento deportivo, Pazos de Borbén” (PID/09/00921/2009002625) 212,14 € 0079-01/2012 07/02/2012 “E.P. Baión-András, Lugar de Serantes (Vilanova de Arousa)” (D09/0047) 49,62 € 0079-02/2012 07/02/2012 “Recollida de pluviais e pavimentación das rúas de Ponte Zapal e Costa (Marín)” (PID/09/00795/2009002235) 20,97 € 0079-03/2012 07/02/2012 “Ensanche e mellora E.P. 8506 Baño-Valga (Valga)” (D09/0016) 930,39 € 0079-04/2012 07/02/2012 “Mellora capa de rodaxe zona centro” (D09/0078) 348,73 € 0079-05/2012 07/02/2012 “Zona deportiva en Mosteiro (Tomiño)” (PID/09/00611/2009002397) 293,13 € 0079-06/2012 07/02/2012 “Mellora de viais na parroquia de Guillarei (Tui)” (PID/09/00610/2009002573) 136,12 € 0079-07/2012 07/02/2012 “Mellora de viais na parroquia de Randufe (Tui)” (PID/09/00610/2009002588) 129,09 € 0079-08/2012 07/02/2012 “Mellora de ponte en E.P. 6004 Prado-Vilatuxe p.k. 1.58 a 1.62 (Lalín)” (P10/0085) 1.222,66 € 0079-09/2012 07/02/2012 “Acceso oeste a Montecelo, tramo I: PO-223 a Avda. Bos Aires (Pontevedra)” (D07/0245) 9.386,38 € 0079-12/2012 07/02/2012 “E.P. 0506 Igrexa de Perdecanay, 1ª fase (Barro)” (O06/0642) 915,18 € TOTAL 23.496,24 € O pago das facturas realizarase con cargo a conta non orzamentaria: 419.10 (099.143). 21.19849.- APROBACIÓN DO PROXECTO DE “ADECUACIÓN E REFORMA DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO MUNICIPAL DE CHAPELA (ACONDICIONAMENTO DE LOCAL PARA ESCOLA DE ELEMENTAL DE MÚSICA E PEQUENAS OBRAS DE MANTEMENTO) (CHAPELA)” Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión de 16/12/2011, prestou aprobación a un convenio de colaboración co Concello de Redondela para a execución das obras de reforma do pavillón polideportivo municipal de Chapela, cun orzamento de 485.737,56 € (orzamento obra: 464.509,36 €, redacción proxecto 21.228,20 €). Resultando que redactado o proxecto de “Adecuación e reforma do pavillón polideportivo municipal de Chapela (acondicionamento de local para escola elemental de música e pequenas obras de mantemento) (Chapela)”, emítese por Intervención informe sobre o financiamento da obra. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o proxecto de “Adecuación e reforma do pavillón polideportivo municipal de Chapela (acondicionamento de local para escola elemental de música e pequenas obras de mantemento) (Chapela)”, así como iniciar o correspondente expediente de contratación da obra. A obra finánciase con arranxo ó seguinte detalle: Anualidade 2011 2012 Total Deputación 325.156,55 0,00 325.156,55 Concello 3.000,00 136.352,81 139.352,81 Total 328.156,55 136.352,81 464.509,36 Na aplicación 12/922.342-652.00.2011 existe crédito adecuado e suficiente para facer fronte ó gasto da Deputación na anualidade de 2011. A achega do Concello, que supón un ingreso de dereito público, xerará crédito na aplicación correspondente, unha vez se de o acto formal do compromiso firme da achega ou do recoñecemento do dereito. 22.19850.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº9 DA OBRA “ACONDICIONAMENTO DO EDIFICIO PARA POUSADA NA LANZADA (O GROVE)” Vista a certificación núm. 9 relativa á obra “Acondicionamento do edificio para pousada na Lanzada, O Grove”, adxudicada no seu día á empresa Constructora San José S.A., e visto o informe favorable do Servizo de Intervención de data 21 de febreiro de 2012 e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2012, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: Certificación núm. 9: EMPRESA Aplicación orzamentaria Importe Constructora SAN JOSE S.A. (CIF. A – 36.006.666) 12/942.430.622.01.2009 312.312,96€ SUBTOTAL 312.312,96€ Taxa Técnicos Directores (4%) Id. 8.896,54€ Control de calidade (3%) Id. 6.672,40€ Seguridade e saúde (0,5%) Id. 1.112,07€ Total descontos 16.681,01€ TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR 295.631,95€ Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. 23.19851.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE BAIONA PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2012000066, DENOMINADA “REALIZACIÓN DE MELLORAS NO AUDITORIO MUNICIPAL”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención con cargo á cantidade que se reserva á Presidencia para a súa concesión directa e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento núm. 2012000066, denominado “Realización de melloras no auditorio municipal” e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó Concello de Baiona con CIF núm. P3600300B, a cantidade de douscentos un mil setecentos oitenta e dous euros con trinta e dous céntimos (201.782,32€), para a realización do investimento núm. 2012000066, denominado “Realización de melloras no auditorio municipal”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 201.782,32 € Exercicio 2010: 0,00 € Exercicio 2011: 0,00 € Esta subvención, que corresponde á anualidade 2009, contabilizarase con cargo á aplicación correspondente, que será no seu caso a 12/942.942.652.45.2009 do orzamento provincial para o ano 2012, quedando condicionada á incorporación dos remanentes de crédito ó presente exercicio. - Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 109 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 24.19852.- CORRECCIÓN DE ERRO DO ACORDO 10.19792 DA XUNTA DE GOBERNO DE 3 DE FEBREIRO DE 2012, EN RELACIÓN Á CONVOCATORIA DUNHA BOLSA DE LICENCIADO EN CIENCIAS BIOLÓXICAS, ENXEÑEIRO TÉCNICO SUPERIOR DE MONTES OU ENXEÑEIRO TÉCNICO SUPERIOR AGRÓNOMO, CON DESTINO Á ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO No Boletín Oficial da Provincia nº 34 de data 17 de febreiro de 2012 publicouse a convocatoria dunha bolsa de investigación para a sección de Bioloxía Molecular da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, destinada a licenciados universitarios en ciencias biolóxicas, enxeñeiros de montes ou enxeñeiros agrónomos, en réxime de concorrencia competitiva. Advertido erro na base segunda da convocatoria por omisión dun requisito esixido con carácter xeral en todas as convocatorias de bolsas da Deputación Provincial, o abeiro do establecido no artigo 105.2 da Lei 30/92, de 26 de novembro, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a súa rectificación, no senso que na base segunda: “CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES”, engádese o seguinte apartado: “5. Non ter sido beneficiario/a de bolsa na Deputación Provincial de Pontevedra”. 25.19853.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e corenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,
Ãrea de notas
Nota