ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.393
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2012/04/27_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.19.672/2.2012-04-27_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2012/04/27_Ordinaria

  • Data(s) 2012-04-27 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as nove horas e cincuenta minutos do día vinte e sete de abril do ano dous mil doce, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Crespo Iglesias, D. Jorge Domínguez Rosal, Dna. Begoña Estévez Bernárdez, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Jose Carlos López Campos, D. José Nelson Cándido Santos Argibay, D. Alberto Valverde Pérez e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Pablo Baquero Álvarez, D. José María Bello Maneiro, D. Arturo Grandal Vaqueiro, Dna. Marta Iglesias Bueno, D. Jose Alberto Pazos Couñago, D. Severino Reguera Varela. e Dna. Ana Isabel Vázquez Reboredo. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste a señora deputada Dna. María Pilar Ramallo Vázquez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.19976.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 20 de abril de 2012. 2.19977.- ADXUDICACIÓN DO PROCEDEMENTO ABERTO CONVOCADO PARA CONTRATAR A SUBMINISTRACIÓN DE DIVERSOS TIPOS DE REACTIVOS PARA O LABORATORIO DA FINCA MOURISCADE, DURANTE O ANO 2012 A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 10 de febreiro de 2012 aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da subministración de diversos tipos de reactivos para o laboratorio da Finca Mouriscade durante o ano 2012, ata un importe máximo de cento sesenta e cinco mil douscentos euros (165.200,00 €), IVE incluído, desagregado nos seguintes lotes: LOTE DENOMINACIÓN IMPORTE 1 Reactivos para a realización de análises de pensos materias primas 64.900,00 € 2 Reactivos para a determinación de salmonella ssp en pensos, materias primas ou outros alimentos seguindo o protocolo do equipo minividas existente no centro 53.100,00 € 3 Reactivos para a identificación de xermes e realización de antibiogramas en mostras de leite, seguindo as instrucións do equipo vitek 2 de que dispón o centro 11.800,00 € 4 Reactivos para a realización de varias determinacións microbiolóxicas en pensos, materias primas e outras matrices 35.400,00 € Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación da subministración de diversos tipos de reactivos para o laboratorio da Finca Mouriscade durante o ano 2012, publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 41 de data 28 de febreiro de 2012. Resultando que a cualificación da documentación xeral efectuouse o día 16 de marzo de 2012, a cuxo efecto se reuniu a Mesa de Contratación para examinar a documentación presentada polas empresas, GALLEGA DE MATERIAL CIENTÍFICO, S.A. (GAMCISA) (Lote nº1); COMERCIAL HOSPITALARIA GRUPO–3, S.L. (Lotes números 1 e 4); BIOMÉRIEUX ESPAÑA, S.A. (Lotes números 2, 3 e 4); CIENTISOL, S.L. (Lotes números 1 e 4); OXOID, S.A. (Lote número 4) e BIOSER, S.A,. (Lote nº4). Resultando que a Mesa de Contratación, na reunión que tivo lugar o día 20 de marzo de 2012, fixo pública a relación de empresas admitidas ó procedemento aberto convocado para contratar a subministración de diversos tipos de reactivos para o laboratorio da Finca Mouriscade durante o ano 2012, procedendo á apertura dos Sobres “B” presentados polas mesmas, correspondentes á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, a efectos de dar cumprimento ó estipulado no artigo 27 do Real decreto 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. Resultando que con data 21 de marzo de 2012, a Xefa do Servizo da Finca Mouriscade emitiu informe sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas das ofertas presentadas ó procedemento aberto convocado para optar á adxudicación da subministración de diversos tipos de reactivos para o laboratorio da Finca Mouriscade durante o ano 2012. Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 27 de marzo de 2012, tras anunciar a eliminación das empresas, Cientisol, S.L. (Lotes números 1 e 4) e Oxoid, S.A. (Lote número 4), procedeu á apertura dos Sobres “C”, presentado polas empresas admitidas, correspondente ós criterios avaliables mediante fórmulas, obtendo a seguinte puntuación: LOTE LICITADORES SOBRE “B” SOBRE “C” TOTAL 1 Cientisol, S.L. 15,00 Puntos ELIMINADO Por non obter unha valoración superior a 15 puntos de conformidade coa cláusula 11 do prego de cláusulas económico-administrativas. Comercial Hospitalaria Grupo–3, S.L. 18,15 Puntos 58,212 Puntos 76,362 Puntos Gallega de Material Científico, S.A. (GAMCISA) 30,00 Puntos 7,026 Puntos 37,026 Puntos No lote número 2 a única empresa presentada, Biomérieux España, S.A., obtivo un total de 19,082 puntos. No lote número 3 a única empresa presentada, Biomérieux España, S.A., obtivo un total de 17,786 puntos. LOTE LICITADORES SOBRE B SOBRE “C” TOTAL 4 Cientisol, S.L. 15,00 Puntos ELIMINADO Por non obter unha valoración superior a 15 puntos de conformidade coa cláusula 11 do prego de cláusulas económico-administrativas.. Biomérieux España, S.A. 26,25 Puntos 52,740 Puntos 78,990 Puntos Bioser, S.A. 17,88 Puntos 70,000 Puntos 87,880 Puntos Comercial Hospitalaria Grupo–3, S.L. 15,33 Puntos 6,107 Puntos 21,437 Puntos Oxoid, S.A. 15,00 Puntos ELIMINADO Por non obter unha valoración superior a 15 puntos de conformidade coa cláusula 11 do prego de cláusulas económico-administrativas. Resultando que a Presidencia, a través de resolución número 4.325 de data 10 de abril de 2012, estableceu como ofertas máis vantaxosas as seguintes: • No lote número 1 correspondente á subministración de reactivos para a realización de análise de pensos e materias primas, a oferta máis vantaxosa resultou ser a presentada por Comercial Hospitalaria Grupo–3, S.L., ó obter unha puntuación global de 76,362 puntos. • No lote número 2 correspondente á subministración de reactivos para a determinación de salmonella ssp en pensos, materias primas ou outros alimentos seguindo o protocolo do equipo minividas existente no centro, a oferta máis vantaxosa resultou ser a presentada pola Biomérieux España, S.A., ó obter unha puntuación global de 19,082 puntos. • No lote número 3 correspondente á subministración de reactivos para a identificación de xermes e realización de antibiogramas en mostras de leite, seguindo as instrucións do equipo vitek 2 de que dispón o centro, a oferta máis vantaxosa resultou ser a presentada pola Biomérieux España, S.A., ó obter unha puntuación global de 17,786 puntos. • No lote número 4 correspondente á subministración de reactivos para a realización de varias determinacións microbiolóxicas en pensos, materias primas e outras matrices, a oferta máis vantaxosa resultou ser a presentada pola Bioser, S.A., ó obter unha puntuación global de 87,880 puntos. Resultando que a través da citada Resolución Presidencial número 4.325 efectuouse o correspondente requirimento ás empresas, Comercial Hospitalaria Grupo–3, S.L., Biomérieux España, S.A., e Bioser, S.A., para que presentasen a documentación a que fai referencia o artigo 151.2 do Real decreto lexislativo 3/2011 de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público. Resultando que as empresas, Comercial Hospitalaria Grupo–3, S.L., Biomérieux España, S.A., e Bioser, S.A., presentaron a documentación requirida, entre a que se atopan as seguintes garantías definitivas: Lote Empresa Importe Garantía Número operación 1 Comercial Hospitalaria Grupo–3, S.L. 2.750,00 € 201200029709 2 e 3 Biomérieux España, S.A. 2.750,00 € 201200029771 4 Bioser, S.A., 1.500,00 € 201200029782 Considerando que unha vez cumprimentados os trámites esixidos, procede efectuar a adxudicación deste contrato de conformidade co establecido no artigo 151.3 do citado Real decreto lexislativo 3/2011. Considerando que a disposición adicional segunda do Real decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia respecto de este contrato de subministración, e tendo en conta o establecido nas bases de execución do vixente orzamento prorrogado do 2011 ó 2012, concretamente na Base 16ª.2,a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para contratación de subministracións que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno, de conformidade coa proposta da Mesa de Contratación, acorda por unanimidade: 1. Adxudicar o lote número 1 deste procedemento aberto á empresa Comercial Hospitalaria Grupo-3, S.L. (C.I.F. B-36.769.479), para efectuar a subministración de reactivos para a realización de análise de pensos e materias primas, ata a cantidade máxima de sesenta e catro mil novecentos euros (64.900,00 €), a razón dos seguintes prezos unitarios: TIPO DE REACTIVO Prezo Unitario IVE Prezo Unitario (IVE incluído SOLUCIÓN ÁCIDA DETERXENTE RE 5 LITROS 32,00 € 5,76 € 37,76 € SOLUCIÓN NEUTRA DETERXENTE RE 5 LITROS 27,00 € 4,86 € 31,86 € POTASIO HIDRÓXIDO 0.23 N 5 LITROS SV 26,00 € 4,68 € 30,68 € SULFÚRICO 0.1275 M SV 5 LITROS 30,00 € 5,40 € 35,40 € SODIO HIDRÓXIDO 32% PA 5 LITROS 27,00 € 4,86 € 31,86 € POTASIO SULFATO PA 5 KG 69,00 € 12.42 € 81,42 € COBRE II SULFATO V-HIDRATO 500G PA 16,00 € 2,88 € 18,88 € ÁCIDO BÓRICO 4% 5 LITROS RV 32,00 € 5,76 € 37,76 € ÁCIDO CLORHÍDRICO 0.1N SV 1 LITRO 7,00 € 1,26 € 8,26 € ÁCIDO SULFÚRICO 95-97% PA 2.5 LITROS 22,80 € 4.10 € 26,90 € ETER PETRÓLEO 40-60º PA 5 LITROS 44,00 € 7,92 € 51,92 € ÁCIDO CLORHÍDRICO 0.310 M (1.128%P/V) SV 5 LITROS 21,00 € 3,78 € 24,78 € CLORURO DE CESIO PA 100 G 56,00 € 10,08 € 66,08 € ÁCIDO CLORHÍDRICO 37% 1 LITRO 6,00 € 1,08 € 7,08 € ACETONA, P. SÍNTESES 5 LITROS 23,00 € 4,14 € 27,14 € ÁCIDO ACÉTICO GLACIAL, PARA ANÁLISES, ACS, ISO X 1 LITRO 13,00 € 2,34 € 15,34 € ÁCIDO CLORHÍDRICO, SOLUCIÓN 3 MOL/L (3 N), 10 LITRO 58,00 € 10,44 € 68,44 € ÁCIDO NÍTRICO MIN. 65 %, PA 10,00 € 1,80 € 11,80 € ETER DIETÍLICO, P. ANÁLISES ACS ISO X 5 LITROS 72,00 € 12,96 € 84,96 € PRATA NITRATO, 0,1 N, SOL. VALORADA X 1 LITROS 20,00 € 3,60 € 23,60 € REACTIVO CARREZ I , 5 LITROS 63,00 € 11,34 € 74,34 € REACTIVO CARREZ II, 5 LITROS 63,00 € 11,34 € 74,34 € SODIO HIDRÓXIDO 0,01 M (0,01 N), SOL. VALO X 1 L 9,00 € 1,62 € 10,62 € SODIO HIDRÓXIDO, SOLUCIÓN 0,1 MOL/L (0,1), 1 LITRO 9,00 € 1,62 € 10,62 € SODIO SULFITO, P. ANÁLISES ACS X 1 KG 10,62 € 1,80 € 11,80 € 2. Adxudicar o lote número 2 deste procedemento aberto á empresa Biomérieux España, S.A. (C.I.F. A-28664589), para efectuar a subministración de reactivos para a determinación de salmonella ssp en pensos, materias primas ou outros alimentos seguindo o protocolo do equipo minividas existente no laboratorio da Finca Mouriscade, ata a cantidade máxima de cincuenta e tres mil cen euros (53.100,00 €), a razón dos seguintes prezos unitarios: TIPO DE REACTIVO Prezo Unitario IVE Prezo Unitario (IVE incluído) CALDO RAPPAPORT VASSILIADIS SOIA 20X10 ML 21,55 € 3.88 € 25,43 € CALDO MULLER- KAUFFMANN 20X10 ML 21,55 € 3.88 € 25,43 € CALDO M 20X10 ML 20,69 € 3,72 € 24,41 € VIDAS Immuno - Concentration Salmonella (ICS), CAIXA 60 DETERMINACIÓNS 225,00 € 40,50 € 265,50 € VIDAS Salmonella (SLM) CAJA 60 DETERMINACIONES 283,62 € 51,05 € 334,67 € 3. Adxudicar o lote número 3 deste procedemento aberto á empresa Biomérieux España, S.A. (C.I.F. A-28664589), para efectuar a subministración de reactivos para a identificación de xermes e realización de antibiogramas en mostras de leite, seguindo o protocolo do equipo Vitek existente no laboratorio da Finca Mouriscade, ata a cantidade máxima de once mil oitocentos euros (11.800,00 €), a razón dos seguintes prezos unitarios: TIPO DE REACTIVO Prezo Unitario IVE Prezo Unitario (IVE incluído) TARXETAS DE IDENTIFICACION E SENSIBILIDADES PARA DISTINTOS XERMES, CAIXA DE 20 UNIDADES. 118,10 € 21,26 € 139,36 € 4. Adxudicar definitivamente o lote número 4 deste procedemento aberto á empresa, BIOSER, S.A. (C.I.F. A-08964884), para efectuar a subministración de reactivos para a realización de varias determinacións microbiolóxicas en pensos, materias primas e outras matrices, ata a cantidade máxima de trinta e cinco mil catrocentos euros (35.400,00 €), a razón dos seguintes prezos unitarios TIPO DE REACTIVO Prezo Unitario IVE Prezo Unitario (IVE incluído) AUGA PEPTONA TAMPONADA BOLSA 5 L 18,33 € 3,30 € 21,63 € MEDIO CROMOXÉNICO PARA E. COLI ,AGAR 200 ML 6,81 € 1,23 € 8,04 € MEDIO VRBG AGAR, PARA RECONTO ENTEROBACTERIAS, 200 ML 2,33 € 0,42 € 2,75 € MEDIO BAIRD PARKER + RPF, 100 ML 9,17 € 1,65 € 10,82 € MEDIO XELOSA SULFITO DE FERRO-AGAR CON SUPLEMENTO CICLOSERINA PARA RECONTO DE CLOSTRIDIUM PERFRINGENS 200 ML 6,04 € 1,09 € 7,13 € MEDIO SABORAUD CLORANFENICOL AGAR PARA ILLAMENTO SELECTIVO MOFOS, 100 ML 2,65 € 0,48 € 3,13 € 5. Publicar esta adxudicación no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra e comunicar ás empresas adxudicatarias que a formalización dos contratos realizarase dentro do prazo dos quince días hábiles seguintes á notificación da adxudicación ós licitadores que participaron neste procedemento aberto. 6. O pago dos reactivos subministrados polas empresas adxudicatarias efectuarase con cargo á aplicación orzamentaria 12/411.412.221.06 do orzamento prorrogado do 2011 ó 2012, tendo en conta que a efectos contables o imposto sobre o valor engadido (IVE) vai ser obxecto de dedución. 3.19978.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS 1.- Devolución de garantías definitivas á empresa Mondo Ibérica, S.A. Á empresa Mondo Ibérica, S.A. (CIF A- 50.308.139), mediante escritos presentados perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos contratos. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixa Balears, por importe de trescentos vinte e catro mil euros (324.000,00 €), para responder do contrato relativo á subministración e instalación de herba artificial en trinta campos de fútbol da provincia de Pontevedra dentro do plan para a promoción do deporte base, que foi depositada na Tesourería Provincial o 29/09/2005, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200500090433, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixa Balears, por importe de cento trinta e oito mil euros (138.000,00 €), para responder do contrato relativo á subministración e instalación de herba artificial en quince campos de fútbol da provincia de Pontevedra dentro do segundo plan para a promoción do deporte base, que foi depositada na Tesourería Provincial o 30/05/2007, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200700045003, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 2.- Devolución de garantías definitivas á empresa Ednon, S.L. A empresa Ednon, S.L. (CIF B- 36.938.009), mediante escrito presentado ante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Santander, por importe de cinco mil seiscentos oito euros (5.608,00 €), para responder do contrato relativo á subministración, instalación e posta en marcha dunha infraestrutura informática corporativa para a Deputación de Pontevedra, que foi depositada na Tesourería Provincial o 6/03/2008, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200800018703, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 4.19979.- ANULACIÓN DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE COVELO, EXPTE. 2797, CON DESTINO Ó FINANCIAMENTO DA OBRA “ACCESO URBANIZACIÓN CASERIO”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Resultando que a Xunta de Goberno desta Deputación, na sesión celebrada o día 10 de febreiro de 2010, acordo núm. 29.17738, concedeu ó Concello de Covelo unha subvención, por importe de 70.800,00 €, con destino a realización do investimento, núm. expediente 2797, “Acceso a urbanización caseiro”. No mesmo acto acordábase iniciar o expediente de contratación, de conformidade con disposto no artigo 93 da Lei 30/97, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. Resultando que, unha vez supervisado e fiscalizado o proxecto construtivo polos servizos técnicos da Deputación iniciouse o proceso de licitación; adxudicándose a execución da referida obra á empresa Construcciones Taboada Ramos, S.L. (CIF.: B-36.052.876). (Resolución Presidencial núm. 9438 de 05 de xullo de 2010). Resultando que, segundo manifesta o servizo de contratación, a día de hoxe, a obra non foi iniciada por carecer de dispoñibilidade sobre os terreos que a constitúen. Resultando que, con data 19 de abril de 2012, núm. rexistro de entrada 10347, recíbese escrito do concello de Covelo solicitando a anulación da axuda económica concedida e a baixa do investimento núm. 2797, “Acceso urbanización Caseiro”, no Programa de Investimentos da Deputación 2009-2011, argumentando que este non pode poñer a disposición da Deputación os terreos precisos para a normal execución da obra e que as circunstancias económicas actuais obrigan a priorizar outro tipo de investimentos de acordo coas necesidades obxectivas e perentorias do concello. Á vista do que antecede e considerando o disposto no artigo 53 e 105.1 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Revocar o acordo de concesión núm. 29.17738 da Xunta de Goberno, de data 10 de febreiro de 2010, polo que se concede unha axuda económica ó Concello de Covelo dentro do Plan de Investimentos da Deputación, por importe de 70.800,00 €, para a realización da obra núm. 2797 “Acceso urbanización Caseiro”. 2. Dar de baixa o citado investimento no Plan de Investimentos da Deputación 2009-2011. 3. Dar traslado deste acordo ó servizo de contratación para que adopte as medidas oportunas de acordo co disposto no Real decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público. 5.19980.- COMUNICACIÓNS A Xunta de Goberno queda enterada da constitución do Comité de Validación Corporativo mediante Resolución Presidencial de data 12/04/2012 (Rexistro saída nº4294). Dito comité composto por funcionarios públicos da Deputación é o encargado do correcto desenvolvemento e organización dos proxectos que no eido tecnolóxico está a desenvolver a Deputación. Así mesmo queda enterada das actas das sesións dos día 23 de febreiro, 6 de marzo, 20 de marzo e 10 de abril de 2012 do citado comité. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 6.19981.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 26 de abril de 2012, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias, desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2012, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran ca referencia 201200000527 e que contén unha factura de Ingeniería del Noroeste, S.L., por importe de 21.122,00 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 21.122,00 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do Honorarios técnicos externos 0,00 € Total líquido 21.122,00 € 7.19982.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE PONTECESURES NO PROGRAMA DE ACCIÓN MUNICIPAL-SECCIÓN INVESTIMENTOS, ANUALIDADE 2008 (L.D.-CONVENIO), PARA A REALIZACIÓN DA OBRA NÚM. 282/1192 “DESPLIEGUE DE RED INALÁMBRICA (WIFI)” Dada conta da solicitude de aboo da xustificación presentada, fóra de prazo, polo Concello de Pontecesures e á vista do informe da intervención, de data 26 de agosto de 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer a obriga seguindo o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, e declarar o aboo a favor do Concello de Pontecesures, do importe de trinta mil euros (30.000,00€), imputables á aplicación orzamentaria 12/942.942.762.10.2008, correspondentes á axuda económica concedida ó referido Concello, dentro do Programa de Acción Municipal-Sección Investimentos, anualidade 2008 (L.D.- Convenio), para o financiamento da obra núm. 282/1192, “Despliegue de rede inalámbrica (WIFI)”. 8.19983.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DA ESTRADA PARA LEVAR A CABO O INVESTIMENTO DENOMINADO “OBRAS CAMPO DE FÚTBOL MUNICIPAL DA ESTRADA Dada conta do Proxecto de Convenio entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello da Estrada para levar a cabo o investimento denominado “Obras campo de fútbol municipal da Estrada”. Á vista da documentación obrante no expediente e vistos os informes elaborados polo Secretario e a Intervención desta Deputación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: • Aprobar o Convenio de Colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello da Estrada para levar a cabo o investimento denominado “Obras campo de fútbol municipal da Estrada” e cuxo texto di como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DA ESTRADA PARA LEVARA CABO O INVESTIMENTO DENOMINADO “OBRAS CAMPO DE FÚTBOL MUNICIPAL DA ESTRADA” En Pontevedra, ..… de … de 2012 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúe o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. E D. José Carlos López Campos, Alcalde-Presidente do Concello da Estrada, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. Ambas partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas, e EXPOÑEN I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. II.- Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás Deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, e polo que instrumenta dito convenio dirixido o cumprimento das obrigas impostas pola normativa vixente. III.- Que a Deputación de Pontevedra, a partir da promulgación da Lei de Cultura Física e Deportes, prestou unha especial atención na promoción de toda clase de deportes, colaborando con todos os concellos da provincia na construción de instalacións deportivas, de modo moi singular campos de fútbol por toda a xeografía provincial. Importante foi, así mesmo, a participación nas instalacións da infraestrutura dos campos de herba natural, labor que se realiza a través dos servizos especializados desta Institución. IV.- Coa evolución de novas técnicas son moitos os concellos que solicitan axuda desta Deputación Provincial para a construción de campos de céspede artificial. Isto é así porque este tipo de instalación ofrece unha serie de vantaxes con respecto ós de céspede natural, como son un menor custo de mantemento, maior aproveitamento horario e un uso máis intensivo sen que sufran deterioro, un comportamento similar ó de céspede natural con notables vantaxes de uniformidade, etc. Hoxe en día, están xa recoñecidos para a práctica deportiva polos Organismos Internacionais correspondentes e de modo singular pola FIFA e UEFA. V.- Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- A Deputación de Pontevedra encargarase da redacción do proxecto “Obras campo de fútbol municipal da Estrada”, no Concello da Estrada, e da súa execución. O proxecto comprenderá a realización das seguintes actuacións a nivel construtivo: 1.- Realización da obra civil de infraestrutura básica e adecuación exteriores. 2.- Instalación de herba artificial e dos seus compoñentes. 3.- Instalación do seguinte equipamento: • Un xogo de porterías de fútbol once (2 unidades). • Dous xogos de porterías de fútbol sete. • Un xogo de banderíns de corner (4 unidades). • Bancadas de suplentes (2 unidades). • Un marcador. 4.- Realización da obra civil de reforma necesaria en bancada e vestiarios. Segunda.- O orzamento para a redacción do proxecto é de 21.122,00 € (17.900,00 € máis IVE), que aboará a Deputación á empresa adxudicataria con cargo á aplicación 12/922.920.227.06 do orzamento provincial. O orzamento do proxecto ascende á contía de 1.233.533,66 euros, financiándose do seguinte xeito: - 385.591,89 € afrontaraos á Deputación imputables á aplicación do PID/09-11 correspondente, con cargo á cantidade que lle corresponde ó concello da Estrada por concorrencia competitiva. - 606.205,83 € contra á aplicación correspondente do PID/09-11 da Deputación, con cargo ós fondos reservados para a súa concesión directa polo presidente (libre disposición). - 75.000,00 € e 166.735,94 € de financiamento propio polo concello da Estrada, imputables ás aplicacións correspondentes para as anualidades 2012 e 2013 respectivamente. Terceira.- Á Deputación Provincial de Pontevedra correspóndelle a contratación da asistencia técnica que redactará o proxecto, así como a contratación, licitación, adxudicación e dirección das obras e instalacións contempladas na cláusula primeira, podendo nomear o Concello un Técnico facultativo para a comprobación material da execución das obras, que non formará parte da súa dirección. Cuarta.- O Concello da Estrada comprométese as seguintes obrigas: 1.- Realizar as obras de adecuación complementarias necesarias para a posta en funcionamento do campo de fútbol, que serán relacionadas, valoradas e conformadas, conxuntamente, por un Técnico municipal e outro provincial designados polas entidades correspondentes. 2.- Así mesmo, o Concello comprométese a que as instalacións do campo poidan ser utilizadas pola Deputación Provincial, para a celebración de calquera evento deportivo que poida organizar. O máximo de ocupación por estas actuacións será de cinco días ó ano, salvo circunstancias excepcionais. A petición de utilización do campo para estes eventos deberá ser formulada pola Deputación Provincial, con polo menos quince días de antelación, a fin de coordinar o uso das instalacións. 3.- Dar a adecuada publicidade da subvención obtida en tódolos ámbitos de actuación deste convenio. 4.- O Concello comprométese a que exista dispoñibilidade dos terreos precisos para a normal execución das obras, así como á obtención das licencias, autorizacións e concesións administrativas necesarias. Quinta.- O incremento da contía máxima estimada na cláusula segunda producida por unha modificación do proxecto inicial, financiarase, polas entidades subscribintes deste convenio, nas porcentaxes que se acorden pola Comisión de Coordinación, e logo da súa aprobación polos órganos correspondentes no seu caso. Sexta.- Unha vez concluídas as obras de infraestrutura e instalación de céspede artificial farase entrega ó concello, mediante a formalización dunha acta de entrega. Coa finalidade de evitar o deterioro que co uso poida sufrir o terreo de xogo, o mantemento e conservación do céspede levarase a cabo, conxuntamente, entre a Deputación e o Concello. A Deputación aboará a man de obra e a maquinaria necesaria para elo, debendo o Concello achegar os custos dos materiais de reposición necesarios, (caucho, area, bandas de marcaxe, equipamentos, etc.). Sétima.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente convenio, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constitúese unha Comisión de Coordinación da que forman parte os Presidentes, ou persoas en quen deleguen e un Técnico de cada Entidade Local, que se reunirá dentro do prazo de tres días, a contar desde a petición expresa realizada por calquera delas, na sede do Organismo requirido. Oitava- O presente convenio entrará en vigor na data do seu asinamento e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2013. A vixencia do presente convenio poderá prorrogarse coa conformidade expresa das partes intervintes no caso de que non se rematasen as obras obxecto do mesmo. Novena- O presente convenio ten natureza administrativa, rexéndose polas cláusulas establecidas nel e pola Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, Rd 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei Xeral de Subvencións, e polo Rdl 2/2004, de 5 de marzo. Así mesmo, as partes quedan sometidas á Xurisdición Contencioso-Administrativa, a falta de entendemento previo pola comisión citada na cláusula sétima, na resolución de posibles controversias que puideran suscitar o incumprimento ou interpretación do convenio. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente Convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data sinalada no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial de Pontevedra Rafael Louzán Abal Polo Concello da Estrada José Carlos López Campos” • Así mesmo facúltase ó Presidente da Deputación para formalizar o presente convenio mediante a súa sinatura. 9.19984.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DA ESTRADA PARA A REALIZACIÓN DO INVESTIMENTO Nº 2012000117, DENOMINADO “OBRAS CAMPO DE FÚTBOL MUNICIPAL DA ESTRADA”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención con cargo ó Plan de Investimentos da Deputación 2009-2011 e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento núm. 2012000117, denominado “Obras campo de fútbol municipal da Estrada” e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder ó Concello da Estrada con CIF núm. P3601700B, a cantidade de novecentos noventa e un mil setecentos noventa e sete euros con setenta e dous céntimos (991.797,72€), para a realización do investimento núm. 20120001172, denominado “Obras campo de fútbol municipal da Estrada”, cun orzamento dun millón douscentos trinta e tres mil cincocentos trinta e tres euros con sesenta e seis céntimos e coa seguinte distribución por anualidades: Anualidade 2009 2010 2011 TOTAL PID Concorrencia Competitiva 163.861,00 221.730,89 385.591,89 PID Concesión directa 113.890,01 445.310,37 47.005,45 606.205,83 Total PID 277.751,01 667.041,26 47.005,45 991.797,72 Achega do Concello da Estrada 241.735,94 Investimento total 1.233.533,66 Polo que, esta subvención, que corresponde á anualidade de 2009, contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria correspondente, que será a 12/942.942.652.45.2009; a anualidade 2010 imputarase á aplicación orzamentaria 12/942.942.652.45.2010 e a anualidade 2011 imputarase á aplicación 12/842.842.652.45.2011 Pola súa parte o concello comprométese a facer unha achega con fondos propios de 241.735,94 €. Así mesmo acórdase iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 109 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 10.19985.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DE EXECUCIÓN Á OBRA “AMPLIACIÓN DE PONTE E MELLORA DE TRAZADO NA E.P. 7016 ESTRADA-VINSEIRO-AS CASETAS ( A ESTRADA)”, INCLUÍDA NO PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN PARA O ANO 2011 Dada conta do escrito da empresa adxudicataria, Construcciones Obras y Viales, S.A. (COVSA), e do informe do Director da Obra, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar a concesión dunha prórroga de execución para a obra “Ampliación de ponte e mellora de trazado E.P. 7016 Estrada-Vinseiro-As Casetas (A Estrada)”, incluida no Plan Provincial de Cooperación, para o ano 2011 co nº 76 ata o 4 de xuño de 2012. 11.19986.- APROBACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO DA OBRA “DOTACIÓN DE BEIRARRÚAS, ENSANCHE E MELLORA DA PLATAFORMA NA E.P. 0019 FIGUEIRIDO-MARÍN (MARÍN)” Resultando que pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 26/03/2008, aprobouse o proxecto de “Dotación de beirarrúas, ensanche e mellora dá plataforma na E.P. 0019 Figueirio-Marín (Marín)” por importe de 761.754,18 €, IVE incluído. Resultando que polo mesmo órgano, en sesión de 09/09/2011, adxudicouse a referida obra a SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A. na suma de 544.391,57 €, máis a cantidade de 97.990,48 € correspondente ó IVE, que ofertaba un prazo de execución de sete meses, melloras valoradas en 67.034,37 € e o 3,55 % do orzamento de execución material para control de calidade. Resultando que a comprobación do replanteo da obra levouse a efecto o día 22/09/2011, co que o prazo para a execución da obra finalizaría o día 22/04/2012. Resultando que, realizada a comprobación de replanteo, solicítase polos veciños e o Concello se consideren unha serie de prioridades ó executar a obra e dar con iso solución a problemas xurdidos durante a execución dos traballos, coa finalidade de optimizar o emprego dos fondos públicos, redáctase polo Servizo de Infraestruturas un proxecto modificado no que se reflicten unha serie de modificacións que consisten na incorporación de unidades nalgún caso e noutros a modificación na medición de partidas, todo iso sen variar o orzamento inicial da obra. As modificacións máis relevantes afectan ós seguintes capítulos: • Ensanche e reposicións. Prodúcese un aumento nas medicións relativas ós muros para explanación da rúa, e movemento de terras, incluíndose unha nova partida de reposición de material procedente de préstamo debido ó aumento dos recheos. • Pluviais: Inclúese unha nova unidade de reposición de material para reencho de gabias debido á mala calidade do material escavado na gabia. • Beirarrúas: Aparece unha nova unidade de reposición de material para levar a explanación executada á rasante do vial co fin de executar as novas beirarrúas. • Canalizacións de electricidade e telefonía: Prodúcense diminucións na medición das unidades deste capítulo debido á solicitude das empresas explotadoras do servizo. Ademais faise necesario o retranqueo dunha serie de postes debido ó aumento de sección da plataforma incluíndose unha nova unidade para iso. Tamén se inclúe unha partida para executar unha serie de rexistros para as canalizacións non contempladas no proxecto primitivo. • Seguridade e saúde: Non sofre variación con respecto ó proxecto orixinal. • Augas residuais: Inclúese este capítulo co fin de mellorar a condución destas augas contaminantes. • Xestión de residuos: Acórdase a súa inclusión co fin de adaptarse ó novo marco legal. Suprímense os capítulos de Alumeado, Pavimentos e Varios, co fin de liberar fondos para outros capítulos que se teñen que executar obrigatoriamente nesta fase da obra. Resultando que pola adxudicataria solicítase unha prórroga para a execución da obra ata o 23 de setembro do ano en curso, debido ás dificultades xurdidas ante a indefinición das compañías subministradoras de electricidade e telefonía en canto ás necesidades de soterramento e retranqueo das súas redes. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o proxecto modificado de “Dotación de beirarrúas, ensanche e mellora da plataforma na E.P. 0019 Figueirio-Marín (Marín)” tendo en conta que non se varía o orzamento inicial da obra, manténdose o importe da adxudicación efectuada no seu día a favor de Sercoysa Proyectos y Obras, S.A. 2.- Conceder unha prórroga na execución da obra ata o 23 de setembro do ano en curso. 12.19987.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A ADXUDICACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA ORGANIZACIÓN E DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA “SAÚDE E BENESTAR 2012” Visto o escrito da Xefa do Servizo de Acción Social participando que a Deputación, coa finalidade de contribuír ó benestar e mellorar a calidade de vida dos nosos maiores, pretende levar a cabo o programa Saúde e Benestar para o ano 2012, cuxo custo para a Deputación se estima na cantidade máxima de cen mil euros 100.000,00 €, polo que solicita que se inicie a contratación da xestión e organización do citado programa. O Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio, tal e como prevé o artigo 109 do Real decreto lexislativo 3/2011 de 14 de novembro polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público (Trlcsp.), xustifica no expediente a elección do procedemento e elabora un proxecto de prego de condicións económico-administrativas. O presente contrato ten a consideración de servizo, de conformidade co artigo 10 do Real decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da lei de contratos do sector Público, que cualifica como tales aqueles que teñen por obxecto unha prestación de facer consistente no desenvolvemento dunha actividade ou dirixida á obtención dun resultado distinto dunha obra ou unha subministración. Polo secretario infórmase o proxecto de prego e posteriormente trasládase o expediente de contratación ó servizo de intervención para que fiscalice o mesmo nos termos previstos na Lei 47/2003, de 26 de novembro, polo que con data 23 de abril de 2012 emítese o preceptivo informe de fiscalización. Considerando que a disposición adicional segunda do Trlcsp., no seu apartado 1, faculta ó Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto de este contrato, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento, concretamente na Base 16ª.2,a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para a contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o expediente de contratación para a adxudicación mediante procedemento aberto da xestión e organización do programa “Saúde e Benestar” para o ano 2012. O prezo de licitación do programa estímase na cantidade de 284,07 euros por persoa sen IVE, sendo o importe do IVE (8%) 22,73 € o que fai un importe total de 306,80 € por persoa participante. O número máximo de prazas ofertadas no programa é de 3.333 non obstante a Deputación non se compromete a contratar un número mínimo de prazas xa que dependerá do número de solicitudes presentadas. O financiamento deste programa realizarase da seguinte forma: • A Deputación de Pontevedra achegará a cantidade de 30 euros por persoa participante, ata un máximo de 3.333 participantes. • As persoas beneficiarias aboarán unha cantidade máxima de 276,80 €. No caso de que a oferta por persoa, da empresa adxudicataria, sexa inferior á estimada no tipo de licitación reducirase a cantidade a achegar polo beneficiario do programa. Así mesmo a Xunta de Goberno acorda: - Autorizar o gasto por importe de 100.000,00 € para financiar a parte do programa correspondente á Deputación de Pontevedra, con cargo á aplicación orzamentaria 12/230.230.227.07 do orzamento provincial. - Aprobar os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas que rexerán como Lei fundamental. - Iniciar o procedemento de adxudicación para dita contratación, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio desta contratación no Boletín Oficial da Provincia. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DA XESTIÓN E DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA “SAÚDE E BENESTAR 2012” 1.- OBXECTO.- A xestión e desenvolvemento do programa Saúde e Benestar para o ano 2012. O programa ten como finalidade mellorar a saúde e a calidade de vida das persoas de 50 anos ou máis, pensionistas ou con necesidades de respiro familiar (constatado a través de informe da traballadora social), a través de estancias de seis días de duración nun hotel con spa, balneario ou outra instalación de similares características. O paquete incluirá a estancia en réxime de pensión completa (bebidas incluídas), a utilización do spa, balneario ou instalación similar e o desprazamento dende o concello ou no seu caso desde o concello máis próximo, de conformidade coas condicións establecidas no prego técnico. O número de prazas ofertadas establécese nun máximo de 3.333 non obstante esta institución non se compromete a contratar un número mínimo de prazas xa que dependerá do número de solicitudes presentadas. Os servizos que deberá prestar a empresa adxudicataria establécense detalladamente no prego de prescricións técnicas. Deberanse ofertar un mínimo de cinco hoteis con balneario, spa ou outra instalación de similares características. Cada opción poderá ter un prezo diferente sen que ningunha supere o prezo de licitación. Os beneficiarios poderán elixir, indistintamente o hotel que máis lles satisfaga. Os servizos que deberá prestar a empresa adxudicataria establécense detalladamente no prego de prescricións técnicas. 2.- FINANCIAMENTO.- O prezo do programa financiarase pola Deputación de Pontevedra e os usuarios participantes de acordo coa seguinte distribución: A Deputación de Pontevedra achegará a cantidade de 30,00 euros por participante. As persoas beneficiarias achegarán unha cantidade máxima de 276,80 €. No caso de que a oferta por persoa da empresa adxudicataria, sexa inferior á estimada no tipo de licitación reducirase a contía a achegar polo beneficiario do Programa. A parte correspondente á Deputación, por importe de 100.000,00 €, será financiado con cargo á aplicación orzamentaria 12/230.230227.07. 3.- PAGO.- O pago do prezo do contrato, efectuarase contra a presentación das correspondentes facturas, unha vez presentada a conformidade por esta Deputación. A factura deberá recoller unha relación de todas as persoas beneficiarias do Programa. 4.- DATA E LUGAR DE CELEBRACIÓN.- O programa desenvolverase en establecementos hoteleiros da provincia, en datas pendentes de establecer, preferentemente durante os meses de xuño, setembro, outubro, novembro e decembro de 2012, unha vez formalizado o contrato. 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- O prezo máximo de licitación fíxase na cantidade de 284,07 € por persoa, sen IVE, sendo o importe do IVE (8%) de 22,73 €, o que fai un importe total de 306,80 € por persoa participante. 6.- PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN.- A adxudicación realizarase utilizando o procedemento aberto, que é o ordinario, tal e como o estipula o artigo 138.2 do Real decreto lexislativo 3/2011 de 14 de novembro polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público (Trlcsp). 7.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 75 e 78 do Texto refundido da lei de contratos do sector público, e non se achen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 60 de devandita norma. A efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata o seu extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se haxa formalizado a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigacións que do contrato derívense ata a extinción do mesmo, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobros e pagos de contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 8.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 96 do Trlcsp. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos dez días hábiles seguintes contados dende o seguinte ó requirimento á empresa coa oferta economicamente máis vantaxosa. En caso de incumprir este requisito a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicar provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obrigación, pola orde en que queden clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario preste o seu conformidade, nese caso concederase a este un prazo de dez días hábiles para cumprimentar o sinalado no segundo parágrafo do apartado anterior. A garantía definitiva haberá de ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 9.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 9.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación, de luns a sábado, ou na Sede da Deputación en Vigo, de luns a venres, dentro do prazo de quince días naturais a contar dende o día seguinte á publicación do anuncio no Bop. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do Rd. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da lei de contratos das administracións públicas, excepto por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico (contratacion@depo.es), ou tamén mediante télex, fax (número 986804126) ou telegrama, sempre no mesmo día. 9.2º.-Formalidades.- Os contratistas interesados na licitación deberán presentar tres sobres distintos, nos que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: Nome do Licitador. CIF. Dirección e teléfono de contacto. Número de inscrición no rexistro de contratistas (no seu caso). Dependendo de cada sobre incluirase a seguinte documentación: Sobre “A”: documentación xeral, coa seguinte inscrición: “Documentación xeral para o procedemento aberto para a contratación da XESTIÓN E DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA “SAÚDE E BENESTAR 2012”. Este sobre conterá os seguintes documentos: 1-A capacidade de obrar dos empresarios que fosen persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, no seu caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose exixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante a escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que constaren as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, no seu caso, no correspondente Rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de Estados membros da Comunidade Europea, deberán acreditar a súa inscrición nos Rexistros ou a achega das certificacións descritas no artigo 9 do Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento xeral da lei de contratos das administracións públicas (Rxlcap). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar con informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, no que se faga constar, previa acreditación pola empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou na súa falta, que actúan con habitualidade no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real Decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (Rxlcap). Se é persoa física, o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador, deberá acompañarse o documento que acredite a personalidade deste representante (Documento Nacional de Identidade, para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastante en Dereito ó seu favor, debidamente inscrito no Rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas Administracións Públicas. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ha de ostentar a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3.- Unha declaración responsable de non estar incurso nas prohibicións de contratar establecidas no artigo 60 do Real decreto lexislativo 3/2011 de 14 de novembro polo que se aproba o Texto refundido da lei de contratos do sector publico. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigacións tributarias e coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vaia a efectuar esta. 4.-Para as empresas estranxeiras, declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois, de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, no seu caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante. 5.- Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica: A) Deberase acreditar unha cifra media de negocio dos traballos realizados pola empresa nos últimos tres anos, igual ou superior a 100.000,00 €. Dita acreditación farase coa presentación da seguinte documentación: Documentación a presentar: a) No caso de Entidades con personalidade xurídica propia (sociedades mercantís): - Contas Anuais (Conta de Perdas e Ganancias) dos tres últimos anos presentadas no Rexistro Mercantil ou no Rexistro oficial que corresponda, e/ou os modelos 200 (Declaración-liquidación do Imposto sobre Sociedades) dos tres últimos anos. b) No caso de Titulares de actividades económicas no ámbito do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF): b.1) Empresarios e profesionais con tributación do IRPF mediante o método de estimación directa normal ou simplificada: - Libro rexistro de vendas e ingresos dos tres últimos anos. (Debendo estar debidamente legalizados para aqueles que teñan dita obrigación). - Modelo 390 (Declaración resumen anual I.V.E.) dos tres últimos anos e/ou modelo 100 (Documento de ingreso ou devolución da declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas) dos tres últimos anos. b.2) Empresarios e profesionais con tributación do IRPF mediante o método de estimación obxectiva: - Libro rexistro de vendas e ingresos dos tres últimos anos e/ou modelo 100 (Documento de ingreso ou devolución da declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas) dos últimos tres anos. - Declaración responsable asinada polo representante legal que acredite que o libro rexistro de vendas e ingresos reflicte a imaxe fiel da actividade económica da empresa. En caso de non dispoñer do libro rexistro de vendas e ingresos, a declaración debe acreditar que o rendemento neto da actividade reflicte a imaxe fiel da actividade económica da empresa. B) Unha relación dos principais servizos ou traballos relacionados co obxecto do contrato realizados nos últimos tres anos que inclúa importe, datas e o destinatario, público ou privado, dos mesmos. Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou, cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, a falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario. O importe total destes contratos xustificados deberá ser igual ou superior a 100.000,00 €. Sobre “B”: Documentación correspondente á valoración de criterios non avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: “Documentación Técnica para o procedemento aberto para a contratación da XESTIÓN E DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA “SAÚDE E BENESTAR 2012” Presentarase pechado e contendo os seguintes documentos: 1.- Como primeiro documento presentarase unha relación numerada e foliada de todos os documentos que se presenten, debendo estar debidamente asinado e selado polo representante legal da empresa. 2.- Memoria dos hoteis, balnearios ou establecementos ofertados. 3.- Descrición do programa: Transporte e guías acompañantes, actividades, comidas, horarios de balneario ou spa, etc. 4.- Proposta sobre a forma en que se levarán a cabo as funcións de coordinación, xestión das prazas, implantación do programa e avaliación do mesmo. 5.- Melloras ofertadas (Enumeradas e valoradas economicamente), valorándose entre outras as seguintes: - Recolleita do autobús nos distintos concellos, priorizando as opcións elixidas aínda cando non exista un grupo de 10 persoas. - Excursións guiadas e outras actividades lúdicas non incluídas no programa. - Actividades de entretemento e animación diúrnas e nocturnas. - Prezos especiais ou gratuidades en tratamentos de saúde e beleza. - “Todo incluído” dentro do apartado de manutención. - Conexións de transporte do establecemento hoteleiro coas localidades próximas. - Entrega de material serigrafiado da Deputación de Pontevedra e do programa a cada participante. Sobre “C”: Documento correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: “Proposición económica para o procedemento aberto para a contratación da xestión e desenvolvemento do programa “Saúde e Benestar 2012”. Presentarase pechado e contendo o seguinte documento: Modelo de proposición, seguindo o modelo determinado na última cláusula deste prego de condicións, debendo estar asinado e selado. Nota importante: Só se procederá á apertura e valoración das propostas do Sobre “C” daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 30 puntos. 10.- MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará composta por : PRESIDENTE: - O Presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. VOGAIS: - O Secretario Xeral da Corporación. - O Interventor da Corporación. - A Xefa do Servizo de Acción Social. SECRETARIO: - O Técnico Adxunto do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 11.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións, constituirase a mesa de contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no Sobre “A”. No caso de que resulte preciso a corrección de erros ou omisións na documentación establecida na cláusula 9.2, a mesa de contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente, a mesa ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó día en que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, en acto público, sinalará aquelas que sexan cualificadas como inadmitidas e admitidas, e procederá á apertura do Sobre “B” correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Dita documentación será traslada ós técnicos que se consideren oportunos, os cales a avaliarán e ponderarán seguindo os criterios de valoración establecidos no prego. Unha vez avaliada esta documentación técnica, sinalarase no perfil do contratante da Deputación, a data e hora na que se procederá, en acto público, á apertura do Sobre “C” da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas. Neste acto, darase a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos Sobres “C” daquelas empresas que obteñan unha valoración superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. 12.- CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN.- Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: 12.1.-Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre “B”). Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valoraranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: • Calidade dos establecementos hoteleiros ofertados, ata un máximo de 15 puntos. • Programa, ata un máximo de 15 puntos. • Proposta sobre a forma en que se levarán a cabo as funcións de coordinación, xestión das prazas, implantación do programa e avaliación do mesmo, ata un máximo de 10 puntos. • Melloras ofertadas ás características mínimas esixidas, ata un máximo de 10 puntos. 12.2.-Enumeración dos criterios avaliables mediante fórmulas (Sobre “C”). Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: Menor prezo ofertado, ata un máximo de 50 puntos. A valoración deste criterio realizarase calculando a media aritmética dos prezos dos hoteis ofertados por cada licitador, e de conformidade coa fórmula do anexo I. 13.- OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU DESPROPORCIONADOS.- Consideraranse ofertas con valores anormais ou desproporcionados aquelas cuxa porcentaxe de baixa exceda nas porcentaxes que se sinalan a continuación en función do número de empresas presentadas e admitidas ó procedemento: - Unha oferta: Será anormal se a súa baixa porcentual é superior ó 25% do prezo de licitación. - Dúas ofertas: Unha das ofertas será anormal se a súa baixa porcentual é superior á da outra en máis de 20 unidades. - Tres ofertas: Serán anormais aquelas que teñan baixas porcentuais superiores en máis de 10 unidades a media aritmética das baixas porcentuais das baixas admitidas. Con todo, excluirase para o cómputo de dita media a oferta coa baixa porcentual máis pequena cando sexa inferior en máis de 10 unidades a esa media. En calquera caso, consideraranse anormais todas as ofertas con baixas porcentuais superiores ó 25% do prezo de licitación. - Catro ofertas ou máis: Consideraranse temerarias aquelas ofertas con baixas porcentuais que sexan superiores en máis de 10 unidades a media das baixas porcentuais das ofertas admitidas. No entanto, si entre elas existen baixas porcentuais inferiores en máis de 10 unidades a dita media, calcularase unha nova media só coas ofertas que non estean no suposto indicado. En todo caso, si o número das restantes ofertas é inferior a tres, a nova media calcularase sobre as tres ofertas de menor contía (maior baixa porcentual). • n = 1: Se b1 > 25, entón a oferta 1 (única) é temeraria. • n = 2: Supoñemos que b1 ≤ b2. Se b2 > bm + 10 entón a oferta 2 é temeraria. Obsérvese que a condición b2 > bm + 10 equivale a b2 > b1 + 20 porque: bm = (b1 + b2). • n = 3: Supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ b3. Sexa b*m definida como: b*m= (b2 + b3) se b1 < bm - 10 bm en caso contrario Para i = 1,2,3, se b1 >25 ou b1 > b*m + 10 a oferta i é temeraria. • N ≥ 4: Supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ bn. Se b1 < bm – 10 sexa 1 ≤ l ≤ n tal que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ b1 < bm – 10, bl+1 ≥ bm – 10. Definimos: b*m= (bl+1 + ...+ bm) se b1 < bm – 10 e l ≤ n-3. (bn-2 + bn-1 + bn) se b1 < bm - 10 e l > n-3, bm se b1 ≥ bm - 10 Para i = 1,2,……,n, se b1 > b*m + 10 a oferta i é temeraria. Cando a mesa de contratación presuma fundadamente que a proposición non se poida cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas, darase audiencia ó contratista, por un prazo máximo de cinco días hábiles, para que xustifique a valoración da oferta e precise as condicións da mesma, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, as solucións técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, a orixinalidade das prestacións propostas, o respecto das disposicións relativas á protección do emprego e as condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia a realizar a prestación, ou a posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de contratación, considerando a xustificación efectuada polo licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación provisional a favor da seguinte proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde en que sexan clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. 14.- REQUIRIMENTO.- O órgano de contratación, tras solicitar os informes técnicos que estime pertinente, avaliará as ofertas e en función dos criterios establecidos na base anterior, as clasificará por orde decrecente, e requirirá á empresa que presente a oferta economicamente máis vantaxosa para que dentro do prazo de 10 días hábiles, a contar desde o día que recibise a comunicación, presente a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das súas obrigacións tributarias e coa Seguridade Social, e calquera outro documento acreditativo da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometese a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta Institución, así como constituír a garantía definitiva. 15.- ADXUDICACIÓN.- O órgano de contratación adxudicará o contrato dentro dos cinco hábiles seguintes á recepción da documentación referida no punto anterior, fixando os termos definitivos do contrato. De forma simultánea publicarase a adxudicación no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra. 16.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o seguinte ó da notificación da adxudicación, constituíndo dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 17.- PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos polo Trlcsp. ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depontevedra.es), o seu perfil de contratante. 18.- MODIFICACIÓNS DO CONTRATO.- Unha vez perfeccionado o contrato, o órgano de contratación poderá introducir modificacións no mesmo por razóns de interese público e para atender causas imprevistas, xustificando debidamente a súa necesidade no expediente. Estas modificacións rexeranse polas mesmas condicións do contrato inicial. No caso de que o número de solicitudes sexa superior ó número de cursos ofertados e coa finalidade de poder atender todas as peticións poderá ampliarse o contrato ata un 10% do importe inicial de adxudicación do contrato. 19.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN.- A documentación incluída no Sobre “B” de “Documentos” dos licitadores que non resulten adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, previo aviso ó servizo de contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no e-mail contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados dende o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores, e durante o prazo de 30 días naturais, salvo que a administración considere oportuno retela no suposto que interpuxeran reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorrido os prazos anteriormente mencionados, esta administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 20.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán por conta do adxudicatario, os gastos de anuncios e calquera outros que xere o expediente. 21.-RESPONSABILIDADE DANOS.- Será de conta do contratista a responsabilidade derivada de todos os danos, prexuízos e accións de calquera natureza que sexan ocasionados a terceiras persoas pola súa persoa, a súa maquinaria, produtos ou como consecuencia dos traballos realizados ou por abandono, demora ou deficiente execución dos mesmos. Cando tales danos e prexuízos sexan ocasionados como consecuencia inmediata e directa dunha orde da Administración, será esta responsable dentro dos límites establecidos na Lei. Así mesmo, o contratista responderá civil, e, no seu caso, penalmente os danos causados á Administración Contratante ou a terceiros como consecuencia dos vicios ocultos das tarefas de limpeza. 22.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 223 e 308 do Trlcsp. 23.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto, en canto á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, polo Trlcsp. e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, na súa falta, as normas de dereito privado. 24.- MODELO DE PROPOSICIÓN ECONÓMICA.- Don............................................, maior de idade, veciño de....................., con domicilio en ............................titular do DNI.................., expedido en data.............., actuando en nome propio ou en representación de .....................con domicilio en ..............................., teléfono.................... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Decatado do anuncio, para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente ás xestión e desenvolvemento do programa “Saúde e Benestar 2012” comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económico administrativas particulares e de prescricións técnicas, polos seguintes prezos por beneficiario para cada un dos hoteis que oferte: HOTEL Prezo por persoa (sen IVE) IVE Precio total por persoa …” ANEXO I Fórmula a aplicar na valoración da oferta económica. 13.19988.- ADXUDICACIÓN DO CONTRATO PARA PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE PUBLICIDADE NA EMISORA “RADIO VOZ”, NA CANLE DE TELEVISIÓN “V TELEVISIÓN”, NO XORNAL “LA VOZ DE GALICIA” E NA PÁXINA WEB “WWW.LAVOZDEGALICIA.ES” A Xunta de Goberno na sesión ordinaria que tivo lugar o día 23 de marzo de 2012, aprobou o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento negociado sen publicidade, dos servizos de publicidade na emisora “Radio Voz”, na canle de televisión “V Televisión”, no xornal “La Voz de Galicia” e na páxina web www.lavozdegalicia.es, por un importe global de cento noventa e nove mil novecentos noventa e nove euros con noventa e sete céntimos (199.999,97 €), IVE incluído. Resultando que na citada sesión da Xunta de Goberno tamén se acordou iniciar o procedemento de adxudicación mediante a solicitude da correspondente oferta á empresa “Corporación Voz de Galicia, S.L.U.”, ó ser a empresa que goza de exclusividade para a realización deste contrato, a cal presentou a mesma no Rexistro Xeral desta Deputación. Resultando que a Xefa do Negociado de Relacións Públicas con data 16 de abril de 2012 emitiu informe manifestando que a oferta presentada pola empresa Corporación Voz de Galicia, S.A., cumpre co estipulado no prego de cláusulas administrativas particulares que rexe este contrato. Resultando que por Resolución Presidencial 4.852 de data 19 de abril de 2012 requiríuselle á empresa, Corporación Voz de Galicia, S.L.U. (C.I.F.- B-15292022)., para que aportase diversa documentación relativa a este contrato. Resultando que a empresa, Corporación Voz de Galicia, S.L.U., presentou a documentación requirida, entre a que se atopa unha garantía definitiva por importe de 8.474,58 € depositada na Tesourería desta Deputación con data 27/04/2012 e número de operación 201200030466, polo que unha vez cumprimentados os trámites esixidos, procede efectuar a adxudicación deste contrato de conformidade co establecido no artigo 151.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público 1. Considerando que a disposición adicional segunda do referenciado R.d.l. 3/2011, no seu apartado 1, faculta ó Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto de este contrato de servizos, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento prorrogado do 2011 ó 2012, concretamente na Base 16ª.2,a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Adxudicar á empresa, Corporación Voz de Galicia, S.L.U., (C.I.F.- A-15292022), o contrato correspondente á prestación de servizos de publicidade na emisora “Radio Voz”, na canle de televisión “V Televisión”, no xornal “La Voz de Galicia” e na páxina web www.lavozdegalicia.es, por un importe global de cento noventa e nove mil novecentos noventa e nove euros con noventa e sete céntimos (199.999,97 €), IVE incluído, (do importe total, 169.491,50 € corresponden ó prezo do contrato e 30.508,47 € ó IVE), de acordo ó seguinte desagregación por prezos unitarios: MEDIOS PREZO IVE TOTAL Xornal “La Voz de Galicia” 126.300,00 € 22.734,00€ 149.034,00 € Emisora de radio “Radio Voz” 13.024,00 € 2.344,32 € 15.368,32 € Canal de Televisión “V TELEVISIÓN” 15.167,00 € 2.730,15 € 17.897,65 € Páxina web “www.lavozdegalicia.es” 15.000,00 € 2.700,00 € 17.700,00 € TOTAL…………….. 169.491,50 € 30.508,47 € 199.999,97€ PERIÓDICO “LA VOZ DE GALICIA” TIPO DE INSERCIÓN Nº UNIDADES PREZO UNITARIO IMPORTE IMPORTE CON IVE Módulos 2500 38,00 € 95.000,00 € 112.100,00 € Páxinas especiais provinciais 10 2.250,00 € 22.500,00 € 26.550,00 € Páxinas especiais comarcais (Arousa, Deza, Pontevedra e Vigo) 8 1.100,00 € 8.800,00 € 10.384,00 € TOTAL LA VOZ DE GALICIA 126.300 € 149.034,00 € EMISORA DE RADIO “RADIO VOZ” TIPO DE INSERCIÓN Nº UNIDADES IMPORTE IMPORTE CON IVE Patrocinio “Viaje con nosotros” 1 5.500,00 € 6.490,00 € Publicidade (cuñas, microespazos, etc.) 19.500 segundos 7.524,00 € 8.878,32 € TOTAL RADIO VOZ 13.024,00 € 15.368,32 € CANAL DE TELEVISIÓN “V TELEVISIÓN” TIPO DE INSERCIÓN Nº UNIDADES IMPORTE IMPORTE CON IVE Spots 128 15.167,50 € 17.897,65 € TOTAL “V TELEVISIÓN” 15.167,50 € 17.897,65 € PÁXINA WEB “www.lavozdegalicia.es” TIPO DE INSERCIÓN NÚMERO MESES IMPORTE MENSUAL IMPORTE TOTAL IMPORTE CON IVE Pastilla noticia portada tamaño 300x80 5 3.000,00 € 15.000,00 € 17.700,00 € TOTAL “www.lavozdegalicia.es” 15.000,00 € 17.700,00 € 2. Publicar esta adxudicación no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra e comunicar á empresa adxudicataria que a formalización deste contrato realizarase dentro do prazo dos quince días hábiles seguintes á notificación do acordo de adxudicación. 3. O pago das obrigacións derivadas deste contrato efectuarase con cargo á aplicación orzamentaria 12/900.912.226.20 do orzamento prorrogado do 2011 ó 2012. 14.19989.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e trinta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición