Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2012-09-21_Ordinaria. Acta de sesión 2012/09/21_Ordinaria
Acta de sesión 2012/09/21_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.19.672/3.2012-09-21_Ordinaria
Título Acta de sesión 2012/09/21_Ordinaria
Data(s) 2012-09-21 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas do día vinte e un de setembro do ano dous mil doce, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. José Manuel Figueroa Vila, Vicepresidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Crespo Iglesias, D. Jorge Domínguez Rosal, Dna. Begoña Estévez Bernárdez, D. Jose Carlos López Campos, Dna. María Pilar Ramallo Vázquez, D. José Nelson Cándido Santos Argibay, D. Alberto Valverde Pérez e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Pablo Baquero Álvarez, D. José María Bello Maneiro, D. Arturo Grandal Vaqueiro, Dna. Marta Iglesias Bueno, D. Severino Reguera Varela. e Dna. Ana Isabel Vázquez Reboredo. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o Ilmo. Sr. Presidente, D. Rafael Louzán Abal. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.20256.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrado da acta da sesión ordinaria do día 14 de setembro do ano 2012. 2.20257.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE VILANOVA PARA LEVAR A CABO O PROXECTO DE “MELLORA DA SEGURIDADE VIARIA EN VISTA REAL E ACCESO A NÚCLEO URBANO DE VILANOVA DE AROUSA” Dada conta do convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Vilanova de Arousa para levar a cabo o proxecto de “Mellora da seguridade viaria en Vista Real e acceso a núcleo urbano de Vilanova de Arousa”, sendo o obxecto do mesmo, no marco da cooperación entre as distintas administracións, promover todas as accións necesarias para reducir os sinistros e mellorar a mobilidade dos usuarios dun tramo de estrada que soporta un alto índice de circulación así como para garantir a súa funcionabilidade no futuro, e cuxo custe, segundo se desprende do proxecto técnico achegado, ascende a douscentos dez mil novecentos corenta e seis euros con oitenta céntimos(210.946,80 €). Vistos os informes do Director de Infraestruturas, do Secretario Xeral e da Intervención desta Deputación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o Convenio de Colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o concello de Vilanova de Arousa para levar a cabo o proxecto “Mellora da seguridade viaria en Vista Real e acceso a núcleo urbano de Vilanova de Arousa” O texto do convenio é o transcrito deseguido: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA PARA LEVAR A CABO O PROXECTO “MELLORA DA SEGURIDADE VIARIA EN VISTA REAL E ACCESO A NÚCLEO URBANO DE VILANOVA DE AROUSA En Vilanova de Arousa, ___ de ___ de 2012 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude da competencia que lle atribúe o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do Réxime local. O Sr. D. Gonzalo Durán Hermida, alcalde-presidente do Concello de Vilanova de Arousa, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do Réxime local. Ambas partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. MANIFESTAN I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases do Réxime local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración local de Galicia. II.- Que segundo dispoñen os artigos 25 e 26.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do Réxime local e os artigos 80 e 81 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración local de Galicia, os municipios deberán prestar ós seus cidadáns os servizos públicos. III.-Que a lexislación vixente en materia de Réxime local encomenda ás deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, é polo que instrumenta dito convenio dirixido ó cumprimento das obrigacións impostas pola normativa vixente. En concreto a realización da obra que se describe no proxecto “Mellora da seguridade vial en Vista Real e acceso a núcleo urbano en Vilanova de Arousa” ten por obxecto executar unha serie de actuacións necesarias para reducir a sinistrabilidade e mellorala seguridade viaria nun tramo que soporta unha alta densidade tráfico así como para manter a súa funcionabilidade no futuro, tendo en conta que o Concello de Vilanova pola súa posición no epicentro da comarca do Salnés e pola súa alta densidade de poboación precisa dunha rede viaria que garanta a mobilidade e a súa competividade económica dada a situación xeográfica. IV.- Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- Obxecto. O presente convenio ten por obxecto facilitar a necesaria colaboración entre as administracións asinantes para promover as actuacións necesarias para levar a cabo o proxecto “Mellora da seguridade viaria en vista real e acceso a núcleo urbano de Vilanova de Arousa” Segunda.- Orzamento. O importe destas actuacións ascende a contía de douscentos dez mil novecentos corenta e seis euros con oitenta céntimos (210.946,80 €), que comprenderá todos os gastos que derivan da obra a realizar, incluídos os gastos de dirección de obra e de seguridade e saúde, sendo a cargo do Concello e excluídos do presente convenio os honorarios correspondentes á redacción do Proxecto. Terceira.- Financiamento. A Deputación financiará a realización das obras obxecto do presente convenio por un importe de 210.946,80 € con cargo á aplicación 12/942.942.652.09 do vixente orzamento provincial. Cuarta.- Incidencias no desenvolvemento da obra. Calquera incidencia que poida xurdir no desenvolvemento das obras, por causas imprevistas, e que obriguen a unha modificación dos proxectos, ou se produza un incremento ou diminución do seu custo, será financiado por ambas Institucións na proporción que se acorde pola Comisión de Seguimento. Quinta.- Licitación e dirección das obras. Á Deputación Provincial de Pontevedra correspóndelle a licitación, dirección, execución e recepción das obras contempladas no proxecto técnico do investimento obxecto deste convenio. Sexta.- Obrigas do Concello. O Concello de Vilanova de Arousa obrígase a: 1.- Poñer a disposición da Deputación Provincial de Pontevedra, os terreos necesarios para poder levar a cabo a execución das obras relacionadas na cláusula primeira. 2.- En caso de ser necesario, obter as correspondentes licencias municipais e tramitar ante outros organismos as autorizacións pertinentes que foran precisas. 3.- Levar a cabo o mantemento da infraestrutura obxecto deste convenio, tendo a asunción de dita responsabilidade dende o día seguinte ó da recepción de obras pola Deputación e a correspondente entrega ou, no seu caso, unha vez se lle aboe o importe ó adxudicatario e o concello faga uso público do investimento. 4.- Así mesmo, o Concello dará a adecuada publicidade a este convenio, de tal xeito que quede constancia que a remodelación da infraestrutura levouse a cabo coa colaboración da Deputación de Pontevedra. Sétima.- Compensación de débedas. O Concello de Vilanova de Arousa faculta expresamente á Deputación para reter e compensar con cargo ás cantidades que lle poidan corresponder no novo Plan de Investimentos e Gastos Correntes 2012 ou noutros programas de subvencións con toda clase de débedas vencidas e pendentes pago. Oitava.- Comisión de seguimento e control. Para o seguimento e control do cumprimento do presente convenio, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constitúese unha Comisión de Coordinación da que forman parte os presidentes, ou persoas en quen deleguen. As súas funcións, entre outras, serán as seguintes: - Impulsar e avaliar o cumprimento do presente convenio, propoñendo as actuacións que se consideren precisas. - Propoñer a interpretación, en caso de dúbida, do contido do mesmo. - En caso de que xurdiran controversias na aplicación do convenio, propoñer ás partes a resolución das mesmas. Esta comisión reunirase dentro do prazo de tres días, a contar dende a petición expresa realizada por calquera delas. Novena.- Entrega. Unha vez recibida a obra pola Deputación, realizarase un acto formal de entrega ó beneficiario, debendo ordenarse previamente a Resolución Presidencial de entrega e detallándose na Acta de Entrega o ben en cuestión, a súa valoración, así coma os demais aspectos que sexan necesarios para a súa inclusión no inventario do concello beneficiario. Décima.- Vixencia do convenio. O presente convenio entrará en vigor na data da súa firma e terá vixencia ata o remate das obras obxecto do convenio. A vixencia do presente convenio poderá prorrogarse coa conformidade expresa das partes intervenientes. Undécima.- Resolución. Serán causas de resolución o incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. Duodécima.- Normativa aplicable. O presente convenio ten natureza administrativa, rexéndose polas cláusulas establecidas nel e pola Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, RD 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei xeral de subvencións, e polo RDL 2/2004, do 5 de marzo. Así mesmo, as partes quedan sometidas á Xurisdición Contencioso-Administrativa, a falta de entendemento previo pola comisión citada na cláusula sétima, na resolución de posibles controversias que puideran suscitar o incumprimento ou interpretación do convenio. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente convenio por duplicado e a un so efecto no lugar e na data sinalados no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial de Pontevedra, Rafael Louzán Abal Polo Concello de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán Hermida” 2.- Facultar ó presidente para formalizar o presente convenio mediante a súa sinatura. 3.20258.- PRÓRROGA DO PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA “SAÚDE E BENESTAR 2012” A Deputación de Pontevedra promove para o ano 2012 o Programa de Saúde e Benestar co obxectivo de mellorar a calidade de vida das persoas a partires de 50 anos, pensionistas ou con necesidades dun respiro familiar, cunha dotación económica de 100.000,00 € e unha oferta de 3.333 prazas, mediante a cobertura dos seis días con cinco noites nos establecementos hoteleiros (Spa, Balnearios, etc.) da provincia escollidos polos usuarios; debido ó colectivo de maiores a quen vai dirixido e a dinamización económica que promove nos concellos dos establecementos hoteleiros adheridos, e tendo en conta que o custe da cofinanciación desta Deputación Provincial, que xa está contemplado para esa acción, permitiría ofertar a outras 1.642 persoas, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha prórroga do prazo de presentación de solicitudes para participar no Programa Saúde e Benestar 2012, ata o 15 de novembro de 2012 ou ata alcanzar o número de 1.642 solicitudes. 4.20259.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DE AXUDAS PARA “ACTIVIDADES E INVESTIMENTO” A CONFRARÍAS DE PESCADORES DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA O ANO 2012 Vistos os informes emitidos polos servizos de Medio Ambiente, Secretaría Xeral e da Intervención no que se certifica a existencia de consignación orzamentaria por importe de cento cincuenta mil euros (150.000,00 €) para infraestruturas e equipamento con cargo á aplicación 12/410.415.789.02, Rc 201200073348, e de cen mil euros (100.000,00 €) para actividades xerais con cargo á aplicación 12/410.419.489.01, Rc 201200073346, que fan un total de 250.000,00 € do vixente Orzamento Provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as Bases reguladoras da concesión por concorrencia competitiva das axudas para actividades e investimento a Confrarías de Pescadores da Provincia de Pontevedra para o ano 2012. Ditas Bases son como seguen: “BASES PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS PARA ACTIVIDADES E INVESTIMENTO DIRIXIDAS ÁS CONFRARÍAS DE PESCADORES DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA NO ANO 2012 1. FINALIDADE E OBXECTO A finalidade desta convocatoria é apoiar ás confrarías de pescadores da provincia, no sostemento do custo dos gastos derivados do desenvolvemento de determinados programas de fomento do sector pesqueiro, cos cales contribuír a que as mesmas acaden os obxectivos que lles son propios, conforme ó disposto na Lei 7/1985, de Bases de Réxime Local, no Regulamento de servizos das corporacións locais e na Lei 5/1997, de Administración Local de Galicia, e con cargo ó Orzamento da Deputación para 2012, convócanse,os programas de subvencións que a continuación se detallan: Programa Aplicación orzamentaria Importe Subv. para actividade xeral 12/410.419.489.01 100.000 € Subv. para infraestrutura e equipamento 12/410.415.789.02 150.000 € Máis concretamente, as axudas poderanse referir, entre outras, ás seguintes materias: • Subvencións para infraestruturas e equipamento: - Axudas á aplicación de novas técnicas e modernización do proceso produtivo e comercialización dos produtos do mar. - Axudas para o equipamento das lonxas nos aspectos técnico-sanitarios do persoal manipulador, instalación e utensilios de manexo e para equipamentos de oficina das confrarías. - Axudas para equipamento e explotación do frío industrial das confrarías e lonxas. • Subvención para actividades: - Axudas para a realización de cursos dos traballos que pertencen ó sector pesqueiro, marisqueiro e de cultivos mariños. - Axudas para o pagamento do persoal das confrarías. Estas axudas serán compatibles con outras cós mesmos obxectivos, de tal maneira que o importe da subvención concedida en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo da actividade a desenvolver polo beneficiario. 2. SOLICITANTES Poderán optar ás axudas contidas na presente convocatoria as confrarías de pescadores da provincia de Pontevedra e as federacións provinciais de confrarías de Pontevedra que cumpran os seguintes requisitos: - Estar legalmente constituídas. - Carecer de fins de lucro. - Desenvolver as súas actividades no ámbito territorial da provincia. - Non estar incursa en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas. - Estar ó día nas súas obrigas tributarias, coa Seguridade Social e coa Deputación. 3. CONDICIÓNS As entidades só poderán presentar unha única solicitude, ben para actividade xeral ou ben para infraestrutura e equipamento. A Deputación poderá conceder ata un máximo de 20.000,00 € no caso das subvencións para infraestruturas e equipamento e de 15.000 € no caso das subvencións para actividades. O importe da subvención solicitada será como máximo o 80% do orzamento de gastos. 4. DOCUMENTACIÓN As solicitudes formularanse nos modelos normalizados que se facilitarán no Rexistro Xeral da Deputación ou no Servizo de Medio Ambiente. Así mesmo o modelo está na páxina web da Deputación: www.depontevedra.es. Achegarase tamén a seguinte documentación: - Fotocopia compulsada da tarxeta do CIF da entidade e do NIF do representante. - Certificación orixinal dos datos bancarios da entidade. - Declaración de estar ó corrente das obrigas tributarias e coa Seguridade Social. - Declaración orixinal do representante de non estar incurso en causas de incompatibilidade ou incapacidade para contratar e percibir subvencións da administración pública e de aceptación das bases da convocatoria, e de que se axustan á realidade os datos e os documentos achegados coa solicitude. - Memoria explicativa da actividade ou investimento que se vai realizar, que fará mención ás persoas beneficiadas directa ou indirectamente. No caso de presentar unha memoria anexa, deberá vir asinada. - Orzamento de gastos. - Acompañarase así mesmo, o compromiso da entidade respecto do seguinte: A solicitar, polo menos, tres ofertas de distintos provedores no caso de que o gasto sexa superior a 50.000,00 € para realizar obras, ou superior a 18.000,00 € para a adquisición de equipamento ou prestación de servizos, nos termos do artigo 31.3 da Lei 38/2003, Xeral de subvencións. O Importe da subvención solicitada que non poderá superar ó 80% do orzamento calculado de gastos. A documentación que se entregue en fotocopia terá de vir compulsada. O defecto, erro ou ausencia na presentación da documentación á que se refire esta base a deberase solucionar no prazo de dez días dende o seguinte á recepción do requirimento. 5. LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación o una súa sede de Vigo e na forma establecida no art. 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo de presentación será de 30 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia 6. RESOLUCIÓN DAS AXUDAS A concesión destas axudas será competencia da Xunta de Goberno, previo ditame da Comisión Informativa de Pesca e Asuntos Mariños. Non obstante, o órgano competente poderá resolver, ó longo do exercicio orzamentario, aquelas solicitudes que, por circunstancias imprevisibles e excepcionais, non puideran presentarse no prazo sinalado, reservándose para estes efectos a Presidencia ata un 20% do crédito destinado a estas axudas para a súa concesión directa, tal e como se establece na Base 25.2ª das de execución do vixente orzamento provincial. 6.1 . Valoración das solicitudes: A selección das peticións e a contía das subvencións determinarase unha vez consideradas as actividades e investimentos que se van realizar, ponderando as seguintes circunstancias: - Número de beneficiados directa ou indirectamente polas actividades ou investimentos: ata 20 puntos. - Coeficiente de financiamento derivado da solicitude: ata 35 puntos. - Adecuación das actividades ou investimentos que se van realizar ó interese provincial: ata 30 puntos. - Emprego da lingua galega na realización das actividades: ata 5 puntos. 6.2 . Notificación e publicidade da resolución: A resolución de concesión deberase notificar expresamente a tódolos solicitantes de forma fidedigna. Contra o rexeitamento expreso ou presunto das solicitudes presentadas poderán formularse os recursos que procedan. 7. XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO 7.1 Prazo de xustificación: As actividades obxecto de subvención deberán estar executadas antes do 30 de abril de 2013 e xustificadas antes do 31 de xullo do mesmo ano. Este prazo poderá prorrogarse ata un máximo de 3 meses previa solicitude e acordo de prórroga expresos. Se non se presenta a xustificación dentro de prazo (inicial ou prorrogado), requirirase ó beneficiario para a súa presentación (art. 70 do Regulamento de subvencións). A falta de presentación no prazo de 15 días dente o requirimento, dará lugar a que por resolución da Presidencia se inicie expediente de anulación do correspondente compromiso. A resolución final notificaráselle á entidade e á Intervención provincial para o seu reflexo contable. 7.2 Documentación xustificativa: 1. Conta xustificativa dos gastos, asinada polo representante legal da entidade, na que se determinará o custo ou gasto total da finalidade subvencionada. 2. Xustificación con facturas ou documentos análogos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo polo importe da subvención concedida. 3. Certificación do técnico da confraría, conforme as accións obxecto do proxecto foron realizadas cumprindo as condicións impostas na concesión da axuda. 4. Acreditar a debida divulgación do financiamento por parte da Deputación da actividade ou investimento subvencionado, sendo suficiente a declaración responsable do representante de a ter feito. 5. Relación detallada das axudas económicas concedidas por outras Administracións Públicas con este mesmo fin, para dar cumprimento ó establecido no artigo 72.1 do regulamento da lei Xeral de Subvencións. 6. Para cobrar a axuda concedida as entidades deberán estar ó corrente das súas obrigas fiscais coa Axencia Estatal Tributaria, coa Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra, situación que determinará de oficio a propia Deputación, a través do Servizo provincial de Intervención. Así mesmo esixirase non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, tal e como prevé a Lei 9/2007, de subvencións de Galicia. 7.3 Tramitación da xustificación: Á vista da documentación xustificativa presentada o órgano competente valorará o cumprimento das actividades ou investimentos subvencionados e se a documentación é correcta, procederase ó pago da subvención. No caso de que a documentación xustificativa fose incorrecta ou insuficiente, darase un prazo de 10 días para a súa corrección. Para a valoración do cumprimento da finalidade básica da subvención e pago dela, terase en conta o seguinte: - No caso de que se xustifique gasto polo 100% do orzamento subvencionado, aboarase a totalidade da subvención. - No caso de que se xustifique gasto inferior ó 100% do orzamento subvencionado, aboarase a parte proporcional da subvención, mediante aplicación do coeficiente de financiamento ó importe total dos gastos acreditados. O aboamento da subvención materializarase mediante ingreso na conta sinalada pola entidade. 8. RÉXIME SANCIONADOR Será de aplicación o réxime sancionador previsto na Lei 38/2003, Xeral de subvencións, coas especificacións indicadas na súa disposición adicional décimo cuarta e demais lexislación de desenvolvemento. 9. DEREITO SUPLETORIO Para o non previsto nas presentes bases serán de aplicación as normas incluídas nas bases de execución do orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2012 e na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE núm. 276, de 18/11/03) e demais lexislación de desenvolvemento.” 5.20260.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 6.20261.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSOS Con data 3 de setembro de 2012 e con número de rexistro de entrada nº 025060, Dna. Cristina Gómez Sousa, contratada laboral temporal como Xeógrafa do Servizo de Medio Natural desta Deputación Provincial, expón que lle gustaría asistir á “Conferencia Esri” España que terá lugar os días 3 e 4 de outubro de 2012 en Madrid, xa que é a mellor oportunidade para asegurar a máxima optimización do noso investimento en Sistemas de Información Xeográfica. Esta conferencia achega máis de 12 horas de formación gratuíta no software Esri. (…) Debido ós rápidos e interesantes cambios que está sufrindo a tecnoloxía SIG necesita implementar as novas capacidades para conseguir o máximo dos recursos, destacando varios temas de gran interese para a organización como son: solución SIG para a xestión de cultivos de regadío, SIG aplicado á protección do medio mariño e Sistema de Información Patrimonial. Solicita permiso para ausentarse do seu posto de traballo os próximos 3 e 4 de outubro de 2012 para asistir a dita Conferencia, así como a axuda económica correspondente. Por Acordo número 9.14880 adoptado pola Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria celebrada o día 09 de marzo de 2007 desenvólvese a “Normativa reguladora das licenzas e axudas económicas para a asistencia a cursos, conferencias, congresos, seminarios, xornadas e reunións. O apartado A.1) sinala que só poderán ser beneficiarios os funcionarios de carreira, funcionarios interinos, funcionarios de emprego e o persoal laboral fixo da Deputación de Pontevedra, quedando excluídos os contratados laborais con carácter temporal. De acordo con todo o exposto, ó amparo do establecido nos Acordos da Xunta de Goberno número 14.15813, de data 23 de xaneiro de 2008 e 9.14880 de 09 de marzo de 2007, e R.d. 462/2002 de 24 de maio, sobre Indemnizacións por Razón do Servizo, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a axuda económica e conceder o permiso solicitado por Dna. Cristina Gómez Sousa, contratada laboral temporal como Xeógrafa do Servizo de Medio Natural desta Deputación Provincial para asistir á Conferencia Enri España 2012, que se celebrará en Madrid os próximos días 3 e 4 de outubro de 2012. 7.20262.- BASES DA CONVOCATORIA DUNHA BOLSA DE LICENCIADO UNIVERSITARIO OU GRADUADO PARA O SERVIZO DE COMUNICACIÓN INSTITUCIONAL DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA Vista a proposta presentada pola Xefa de Comunicación Institucional interesando a convocatoria dunha bolsa de licenciado universitario ou graduado para realizar traballos de colaboración nas áreas de comunicación, publicidade, protocolo, deseño gráfico e maquetación, en virtude das competencias que lle confire o artigo 105 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a convocatoria unha bolsa de licenciado universitario ou graduado para o Servizo de Comunicación Institucional. Esta Bolsa terá unha asignación de mensual de 1.000,00 €, sendo o custo de seguridade social de 34,51 €/mes, cantidades que se imputarán ás aplicacións orzamentarias 924.336.481.01, e 924.336.160.03. Outorgarase con efectos da data da adxudicación (previsión de inicio 01/11/12) e por un período de seis meses, podendo prorrogarse por un único período de seis meses, ata un máximo dun ano, unha vez emitido informe favorable da Xefa de Comunicación Institucional e acordo da Xunta de Goberno, quedando retido crédito para tal fin por medio de documento Rc número 201200070674. A cantidade total estimada para o exercicio 2012 ascende a 2.000,00 € e o custo de seguridade social a 69,02 €. Ditas bases son como seguen: “BASES DA CONVOCATORIA DE UNHA BOLSA DE LICENCIADO UNIVERSITARIO OU GRADUADO PARA O SERVIZO DE COMUNICACIÓN INSTITUCIONAL DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PRIMEIRA. OBXECTO: Estas bases regulan o procedemento que hai que seguir para a concesión DUNHA BOLSA DE LICENCIADO UNIVERSITARIO OU GRADUADO, para realizar traballos de colaboración nas áreas de comunicación, publicidade, protocolo, deseño gráfico e maquetación. SEGUNDA. CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES: Poderán ser beneficiarias desta bolsa aquelas persoas físicas que, tendo plena capacidade de obrar e non estando inhabilitadas para a obtención de axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes requisitos: 1. Ter a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da Unión Europea. 2. Estar en posesión do título de licenciado ou grao en Comunicación, Publicidade e Relacións Públicas, Protocolo ou Deseño gráfico, ou estar en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de instancias. 3. Non ter cumpridos os 35 anos de idade na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes. 4. Non estar incapacitado fisicamente nin padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade obxecto da bolsa. 5. Non ter sido beneficiario dunha bolsa na Deputación de Pontevedra nin nos seus organismos autónomos. TERCEIRA. DOTACIÓN ECONÓMICA: Esta bolsa figura cunha dotación económica de 1.000,00 €/mes por beneficiario, cantidade que se imputará á aplicación 924.924.481.01 do orzamento provincial. O pagamento da bolsa realizarase a partir da incorporación do bolseiro, por mensualidades completas ou por fracción, proporcional ó tempo que dure a bolsa para os casos nos que o bolseiro inicie ou finalice a súa relación nunha data que non coincida co mes natural. A remuneración por esta bolsa será incompatible con calquera outra remuneración ou axuda por parte das administracións públicas ou entidades privadas a partir do momento que sexa concedido. CUARTA. PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: As instancias dirixiranse ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación de Pontevedra e presentaranse no Rexistro Xeral da institución provincial no prazo de 10 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Coa instancia achegarase a documentación seguinte: 1. Fotocopia do documento nacional de identidade ou calquera outro que o substitúa. 2. Documento acreditativo da titulación esixida ou en condicións de obtela na data na que finalice o prazo para presentar as solicitudes. 3. Certificado do expediente académico no que conste a nota media para su valoración na fase de concurso. 4. Declaración xurada na que o solicitante se compromete a renunciar, se fose seleccionado, a calquera tipo de actividade remunerada durante a vixencia da bolsa. 5. Certificado que acredite non estar incapacitado fisicamente nin padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade que constitúa o obxecto da bolsa, ou declaración xurada do solicitante conforme este requisito se cumpre. Para presentar as instancias os solicitantes estarán ó disposto no artigo 23, apartados 3, 4 e 5 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, en todo o que sexa de aplicación, ademais do recollido no apartado primeiro desta cláusula. QUINTA. COMISIÓN DE SELECCIÓN: Para poder valorar os méritos achegados polos interesados constituirase unha comisión de selección, integrada polos membros seguintes: - Presidente: o da Deputación de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal, ou o deputado provincial en quen delegue. - Vogais: Un deputado provincial ou persoa en quen delegue, a xefa de Comunicación Institucional ou persoa en quen delegue e un funcionario técnico superior pertencente á Deputación de Pontevedra. - Secretario: o da Deputación de Pontevedra ou funcionario de carreira con titulación superior en quen delegue. Todos os membros terán voz e voto. A comisión non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente. SEXTA. SELECCIÓN DO BOLSEIRO: A selección do bolseiro efectuarase mediante a valoración dos méritos académicos acreditados polos interesados e unha entrevista persoal: - BAREMO DE MÉRITOS: Expediente académico: ata un máximo de 2,00 puntos. No caso de expedientes académicos nos que non conste a nota media, calculada segundo o sistema establecido no R. d. 1497/87, modificado polo R. d. 1267/94 ou R. d. 1125/03, valorarase con 0,00 puntos. - ENTREVISTA PERSOAL: A comisión manterá con cada un dos aspirantes presentados unha entrevista persoal relacionada co obxecto da bolsa, na que poderá formular cantas preguntas considere oportunas sobre o traballo que se vai desenvolver, que será valorada de cero a tres (0,00 a 3,00) puntos. Unha vez que remate o prazo de presentación de instancias os aspirantes serán convocados para realizaren a entrevista segundo a publicación da relación de admitidos na páxina web, no lugar, día e hora indicados. Finalmente a comisión publicará no taboleiro de anuncios e na páxina web da Deputación as puntuacións outorgadas e proposta de adxudicación. SÉTIMA. RESOLUCIÓN: A comisión seleccionadora proporalle á Xunta de Goberno da Deputación a adxudicación desta bolsa ó aspirante que considere máis idóneo e que acadase a máxima puntuación, de acordo co especificado na cláusula sexta das bases. O acordo publicarase no taboleiro de edictos do Pazo Provincial e na páxina web da institución. OITAVA. CONDICIÓNS XERAIS: Establécense as seguintes condicións xerais: 1. A bolsa terá unha duración de seis meses, contados dende a data na que o adxudicatario comece o seu labor en Comunicación Institucional, e poderá ser prorrogada por un único período de seis meses, ata un máximo dun ano, unha vez emitido o informe favorable do responsable do Servizo e o acordo da Xunta de Goberno. 2. A bolsa será incompatible con calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a súa natureza. 3. O beneficiario da bolsa comprometerase a observar o horario de traballo e a disciplina do Servizo de Comunicación Institucional co fin de non entorpecer o labor do persoal do centro e sen que iso implique ningunha relación de traballo laboral remunerado. 4. Aceptar e facer uso desta bolsa non establece ningunha relación laboral nin funcionarial coa Deputación de Pontevedra, polo que non implica en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación do dito bolseiro a este organismo. NOVENA. DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN: Os candidatos que non obteñan a bolsa ofertada poderán retirar a documentación presentada para participar nesta convocatoria no prazo de tres (3) meses, contados dende o día seguinte ó da comunicación da adxudicación da bolsa. Transcorrido este prazo a Deputación resérvase o dereito a destruír a dita documentación. DÉCIMA. INTERPRETACIÓN DAS BASES: A comisión quedará autorizada para resolver as dúbidas que se lle presenten, tomar os acordos necesarios para o desenvolvemento do concurso e o non previsto nestas bases. UNDÉCIMA. DEREITOS SUPLETORIOS: A convocatoria da bolsa, a selección do bolseiro e a realización dos traballos que dan dereito á bolsa suxeitaranse ó previsto nestas bases, na Lei xeral de subvencións e na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.” 8.20263.- BASES DA CONVOCATORIA DE TRES BOLSAS DE LICENCIADO UNIVERSITARIO OU GRADUADO EN BIOLOXÍA, ENXEÑERÍA DE MONTES OU ENXEÑERÍA AGRARIA PARA A ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO Vista a proposta presentada polo xefe do Servizo Estación Fitopatolóxica do Areeiro interesando a convocatoria de tres bolsas de Licenciado Universitario ou Graduado en Bioloxía, Enxeñería de Montes ou Enxeñería Agraria, para realizar traballos de diagnóstico, análises e asesoramento nas seccións de fitopatoloxía, fruticultura e ornamentais da Estación Fitopatolóxica do Areeiro da Deputación de Pontevedra, en virtude das competencias que lle confire o artigo 105 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a convocatoria tres becas de Licenciado Universitario ou Graduado para o Servizo de Estación Fitopatolóxica do Areeiro. Estas Bolsas terán unha asignación de mensual de 1.000,00 €, sendo o custo de seguridade social de 34,51 €/mes, cantidades que se imputarán ás aplicacións orzamentarias 413.413.481.01, e 413.413.160.03. Outorgarase con efectos da data da adxudicación (previsión de inicio 01/11/2012) e por un período de seis meses, podendo prorrogarse por un único período de seis meses, ata un máximo dun ano, unha vez emitido informe favorable do Xefe do Servizo de Estación Fitopatolóxica do Areeiro e acordo da Xunta de Goberno. A cantidade total estimada para o exercicio 2012 ascende a 6.000,00 € en concepto de retribucións e 207,06 € en concepto de seguridade social, quedando retido crédito para tal fin mediante documento R.C. con número de operación 201200071798. Ditas bases son como seguen: “BASES DA CONVOCATORIA DE TRES BOLSAS DE LICENCIADO/A UNIVERSITARIO/A OU GRADUADO/A PARA O SERVIZO DE ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PRIMEIRA. OBXECTO Estas bases regulan o procedemento que hai que seguir para a concesión DE TRES BOLSAS DE LICENCIADO/A UNIVERSITARIO/A OU GRADUADO/A EN CIENCIAS BIOLÓXICAS, ENXENARÍA DE MONTES OU ENXENARÍA AGRARIA para realizar traballos de diagnose, análise e asesoramento nas seccións de fitopatoloxía, fruticultura e ornamentais da Estación Fitopatolóxica do Areeiro da Deputación de Pontevedra. SEGUNDA. CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES Poderán ser beneficiarios/as destas bolsas aquelas persoas físicas que, tendo plena capacidade de obrar e non estando inhabilitadas para a obtención de axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes requisitos: 1. Ter a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da Unión Europea. 2. Estar en posesión do título de licenciado/a ou graduado/a en Bioloxía , Enxeñería de Montes ou Enxeñaría Agraria, ou estar en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de instancias. 3. Non ter cumpridos os 35 anos de idade na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes. 4. Non estar incapacitado fisicamente nin padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade obxecto da bolsa. 5. Non ter sido beneficiario/a dunha bolsa na Deputación de Pontevedra nin nos seus organismos autónomos. TERCEIRA. DOTACIÓN ECONÓMICA Estas bolsas figuran cunha dotación económica de 1.000,00 €/mes por beneficiario/a, cantidade que se imputará á aplicación 413.413.481.01 do orzamento provincial. O pagamento das bolsas realizarase a partir da incorporación dos bolseiros/as, por mensualidades completas ou por fracción, proporcional ó tempo que dure a bolsa para os casos nos que o bolseiro/a inicie ou finalice a súa relación nunha data que non coincida co mes natural. A remuneración por estas bolsas será incompatible con calquera outra remuneración ou axuda por parte das administracións públicas ou entidades privadas a partir do momento que sexan concedidas. CUARTA. PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: As instancias dirixiranse ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación de Pontevedra e presentaranse no rexistro xeral da institución provincial no prazo de 10 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Coa instancia achegarase a documentación seguinte: 1. Fotocopia do documento nacional de identidade ou calquera outro que o substitúa. 2. Documento acreditativo da titulación esixida ou en condicións de obtela na data na que finalice o prazo para presentar as solicitudes. 3. Certificado do expediente académico no que conste a nota media para a súa valoración na fase de concurso. 4. Declaración xurada na que o/a solicitante se compromete a renunciar, se fose seleccionado/a, a calquera tipo de actividade remunerada durante a vixencia da bolsa. 5. Certificado que acredite non estar incapacitado/a fisicamente nin padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade que constitúa o obxecto da bolsa, ou declaración xurada do/a solicitante conforme este requisito se cumpre. Para presentar as instancias os/as solicitantes estarán ó disposto no artigo 23, apartados 3, 4 e 5 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, en todo o que sexa de aplicación, ademais do recollido no apartado primeiro desta cláusula. QUINTA. COMISIÓN DE SELECCIÓN: Para poder valorar os méritos achegados polos/as interesados/as constituirase unha comisión de selección, integrada polos membros seguintes: - Presidente: o da Deputación de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal, ou o deputado/a provincial en quen delegue. - Vogais: Un deputado/a provincial ou persoa en quen delegue, o xefe do Servizo de Estación Fitopatolóxica do Areeiro ou persoa en quen delegue e un funcionario/a técnico superior pertencente á Deputación de Pontevedra. - Secretario: o da Deputación de Pontevedra ou funcionario/a de carreira con titulación superior en quen delegue. Todos os membros terán voz e voto. A comisión non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente. SEXTA. SELECCIÓN DOS BOLSEIROS: A selección dos/as bolseiros/as efectuarase mediante a valoración dos méritos acreditados polos/as interesados/as e unha entrevista persoal: - BAREMO DE MÉRITOS: a. Expediente académico: ata un máximo de 2,00 puntos. No caso de expedientes académicos nos que non conste a nota media, calculada segundo o sistema establecido no R.D. 1497/87, modificado polo R.D. 1267/94 ou R.D. 1125/03, valorarase con 0,00 puntos. b. Por ter realizado un máster ou cursos de especialización cunha duración superior a 150 horas, relacionados co contido da bolsa 0,40 puntos/máster ou curso de especialización, ata un máximo de 0,80 puntos. c. Por ter asistido a xornadas, congresos, simposios, seminarios ou cursos de formación e perfeccionamento organizados por centros oficiais dependentes da Administración do Estado, Comunidade Autónoma e Admón. local, universidades, colexios oficiais ou escolas da Administración pública directamente relacionados coa bolsa á que se opta (incluídos os organizados por sindicatos no marco do Acordo Nacional de Formación Continua), ata un máximo de dous (1,20) puntos, computándose: 1) De 100 ou máis horas de duración 0,20 puntos/curso 2) De entre 60 e 99 horas de duración 0,15 puntos/curso 3) De entre 30 e 59 horas de duración 0,10 puntos/curso 4) De entre 10 e 29 horas de duración 0,05 puntos/curso 1) De 10 ou máis créditos 0,20 puntos/curso 2) De entre 6 e 9 créditos 0,15 puntos/curso 3) De entre 3 e 5 créditos 0,10 puntos/curso 4) De 1 ou 2 créditos 0,05 puntos/curso Non se terán en conta os certificados ou diplomas nos que non se especifique a duración da xornada, congreso, simposio, seminario ou curso en créditos ou número de horas. Así mesmo, no se computarán as xornadas, congresos, simposios, seminarios ou cursos de duración inferior a un crédito ou dez horas. - ENTREVISTA PERSOAL: A comisión manterá con cada un dos/as aspirantes presentados unha entrevista persoal relacionada co obxecto da bolsa, na que poderá formular cantas preguntas considere oportunas sobre o traballo que se vai desenvolver, que será valorada de cero a tres (0,00 a 3,00) puntos. Unha vez que remate o prazo de presentación de instancias os/as aspirantes serán convocados para realizaren a entrevista segundo a publicación da relación de admitidos na páxina web, no lugar, día e hora indicados. Finalmente a comisión publicará no taboleiro de anuncios e na páxina web da Deputación as puntuacións outorgadas e proposta de adxudicación. SÉTIMA. RESOLUCIÓN: A comisión seleccionadora proporalle á Xunta de Goberno da Deputación a adxudicación destas bolsas ós/ás aspirantes que consideren máis idóneos e que acadasen a máxima puntuación, de acordo co especificado na cláusula sexta das bases. O acordo publicarase no taboleiro de edictos do pazo provincial e na páxina web da institución. OITAVA. CONDICIÓNS XERAIS: Establécense as seguintes condicións xerais: 1. As bolsas terán unha duración de seis meses, contados dende a data na que o adxudicatario/a comece o seu labor no Servizo de Estación Fitopatolóxica do Areeiro, e poderán ser prorrogadas por un único período de seis meses, ata un máximo dun ano, unha vez emitido o informe favorable do responsable do Servizo e o acordo da Xunta de Goberno. 2. As bolsas serán incompatibles con calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a súa natureza. 3. Os beneficiarios/as das bolsas comprometeranse a observar o horario de traballo e a disciplina do Servizo de Estación Fitopatolóxica do Areeiro co fin de non entorpecer o labor do persoal do centro e sen que iso implique ningunha relación de traballo laboral remunerado. 4. Aceptar e facer uso destas bolsas non establece ningunha relación laboral nin funcionarial coa Deputación de Pontevedra, polo que non implica en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación do dito bolseiro/a a este organismo. NOVENA. DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN: Os candidatos/as que non obteñan as bolsas ofertadas poderán retirar a documentación presentada para participar nesta convocatoria no prazo de tres (3) meses, contados dende o día seguinte ó da comunicación da adxudicación das bolsas. Transcorrido este prazo a Deputación resérvase o dereito a destruír a dita documentación. DÉCIMA. INTERPRETACIÓN DAS BASES: A comisión quedará autorizada para resolver as dúbidas que se lle presenten, tomar os acordos necesarios para o desenvolvemento do concurso e o non previsto nestas bases. UNDÉCIMA. DEREITOS SUPLETORIOS: A convocatoria das bolsas, a selección dos bolseiros/as e a realización dos traballos que dan dereito ás bolsas suxeitaranse ó previsto nestas bases, na Lei xeral de subvencións e na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.” 9.20264.- PRÓRROGA NA EXECUCIÓN DA OBRA: “MELLORA DE TRAZADO DA E.P. 1101, PK. 0+300 A 0+750 MOAÑA BERDUCEDO (MOAÑA)” Resultando que pola Xunta de Goberno, en sesión de 16/12/2011, adxudicouse a Construcciones, Obras y Viales, S.A. a obra de “Mellora de trazado da E.P. 1101, PK 0+300 a 0+750, Moaña-Berducedo (Moaña)”, na cantidade de 308.925,22 €, máis 55.606,54€ correspondentes ó IVE, que ofertaba un prazo de execución seis meses, melloras valoradas en 21.920,32 € e o 3,00 % do orzamento de execución material correspondente á adxudicación da obra para control de calidade. Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión de 13/07/2012, acordou conceder a Construcciones, Obras y Viales, S.A. unha prórroga para a finalización da obra de “Mellora de trazado da E.P. 1101, PK 0+300 a 0+750, Moaña-Berducedo (Moaña)” ata o 28 de setembro do ano en curso. Resultando que pola adxudicataria remítese escrito, conformado polo Director da obra, no que solicita unha nova prórroga debido ás interferencias producidas pola realización da instalación da rede de gas, que afectan ó desenvolvemento da obra. A Xunta de Goberno, acorda por unanimidade acceder ó solicitado concedendo a Construcciones, Obras y Viales, S.A. unha prórroga para a finalización da obra de “mellora de trazado da E.P. 1101, PK 0+300 a 0+750, Moaña-Berducedo (Moaña)” ata o 28 de novembro de 2012. 10.20265.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº2 DA OBRA: “CAMPO DE HERBA ARTIFICIAL EN MONTE CARRASCO (PONTEVEDRA)” Vista a certificación núm.2 relativa á obra:”Campo de herba artificial no Monte Carrasco, Pontevedra”, adxudicada no seu día á empresa Construcciones E. C. Casas S.L., e visto o informe favorable do Servizo de Intervención de data 19/09/2012 e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2012, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: Certificación núm. 2: EMPRESA Aplicación orzamentaria Importe CONSTRUCCIONES E.C.CASAS S.L. (CIF. B–36.147.429) 12/922-342-658-00-2011 354.022,04€ SUBTOTAL 354.022,04€ Taxa Técnicos Directores (4%) Id. 10.084,66€ Control de calidade (3%) Id. 7.563,50€ Seguridade e saúde (0,5%) Id. 1.260,58€ Total descontos 18.908,74€ TOTAL LIQUIDO A PERCIBIR 335.113,30€ Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. 11.20266.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº1 DA OBRA: “MELLORA DA CAPA DE RODAMENTO NA E.P. 0017 BAO CAMPAÑÓ (PONTEVEDRA)” Vista a certificación núm. 1 relativa á obra: “Mellora da capa de rodadura na EP-0017 Bao, Campañó, Pontevedra”, adxudicada no seu día á empresa Construcciones Crespo S.A., e visto o informe favorable do Servizo de Intervención de data 17/09/2012 e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2012, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: Certificación núm. 1: EMPRESA Aplicación orzamentaria Importe CONSTRUCCIONE CRESPO S.A. (CIF. A – 36001063) 2012/456.453.612.02 213.627,85€ SUBTOTAL 213.627,85€ Taxa Técnicos Directores (4%) Id. 5.934,52€ Control de calidade (1%) Id. 1.483,63€ Seguridade e saúde (0,50%) Id. 741,81€ Total descontos 8.159,96€ TOTAL LIQUIDO A PERCIBIR 205.467,89€ Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. 12.20267.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº12 DA OBRA: “POUSADA EN ARMENTEIRA (MEIS)” Vista a certificación núm. 12 relativa á obra: “Pousada en Armenteira, Meis”, adxudicada no seu día á empresa Construcciones Abal S.A., e visto o informe favorable do Servizo de Intervención de data 14/09/2012 e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2012, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: Certificación núm. 12: EMPRESA Aplicación orzamentaria Importe CONSTRUCCIONES ABAL S.A. (CIF. A – 36.115.459) 12/942-430-622.01.2010 308.692,06€ SUBTOTAL 308.692,06€ Taxa Técnicos Directores (4%) Id. 8.793,39€ Control de calidade (3%) Id. 6.595,04€ Seguridade e saúde (0,5%) Id. 1.099,17€ Total descontos 16.487,60€ TOTAL LIQUIDO A PERCIBIR 292.204,46€ Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. 13.20268.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº1 DA OBRA: “ADECUACIÓN DO ESPAZO ANEXO Á POUSADA DE RIBADUMIA COMO CENTRO DEPORTIVO E DE OCIO, ASÍ COMO DE DOTACIÓN DE ACCESOS DESTE ESPAZO COA PROPIA POUSADA (RIBADUMIA)” Vista a certificación núm. 1 relativa á obra: “Adecuación do espazo anexo á Pousada de Ribadumia como centro deportivo e de ocio, así como de dotación de accesos deste espazo coa propia Pousada, Ribadumia”, adxudicada no seu día á empresa Construcciones Abal S.A., e visto o informe favorable do Servizo de Intervención de data 17/09/2012 e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2012, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: Certificación núm. 1: EMPRESA Aplicación orzamentaria Importe CONSTRUCCIONES ABAL S.A. (CIF. A – 36.115.459) 12/942.430.622.01.2011 368.895,75€ SUBTOTAL 368.895,75€ Taxa Técnicos Directores (4%) Id. 10.508,35€ Control de calidade (3%) Id. 7.881,27€ Seguridade e saúde (0,5%) Id. 1.313,54€ Total descontos 19.703,16€ TOTAL LIQUIDO A PERCIBIR 349.192,59€ Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. 14.20269.- REVISIÓN DE PREZOS DO CONTRATO DE SERVIZOS FORMALIZADO COA EMPRESA SEQUOR SEGURIDADE, S.A. PARA A SEGURIDADE E VIXILANCIA DA CIDADE INFANTIL “PRÍNCIPE FELIPE” Por Resolución Presidencial, número 9.818 de data 1 de xullo de 2011, ratificada por acordo da Xunta de Goberno en sesión ordinaria do día 8 de xullo de 2011, adxudicouse o contrato de servizos para a seguridade e vixilancia da Cidade Infantil “Príncipe Felipe”, coa empresa Sequor Seguridad, S.A.U., con CIF A-58.384.777. O contrato adxudicouse polo prezo global ofertado de noventa e oito mil trescentos vinte e seis euros con corenta e sete céntimos (98.326,47 €), IVE incluído, a razón de 49.163,24 €/ano IVE incluído, co seguinte desagregación: IMPORTE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO (2 ANOS) A) Prezo contrato 83.327,52 euros B) IVE (18%) 14.998,95 euros C) TOTAL (A+B) 98.326,47 euros IMPORTE ADXUDICACIÓN PREZO ANUAL DO CONTRATO A) Prezo contrato 41.663,76 euros B) IVE (18%) 7.499,48 euros C) TOTAL (A+B) 49.163,24 euros PREZO MENSUAL DO CONTRATO A) Prezo contrato 3.471,98 euros B) IVE (18%) 624,96 euros C) TOTAL (A+B) 4.096,94 euros O contrato ten unha duración de dous anos, entrando en vigor na data da súa formalización o 1 de xullo de 2011, podendo prorrogarse a súa vixencia por mutuo acordo das partes antes da finalización da mesma, sen que a duración total do contrato, incluídas as posibles prórrogas expresas, poida exceder de catro anos. Segundo consta na base 19 do prego de cláusulas económico-administrativas e na cláusula 5ª do contrato, o prezo deste contrato poderá revisarse de acordo coa variación que experimente o Índice de Prezos ó Consumo (IPC), unha vez transcorrido un ano dende a súa adxudicación e se executase o contrato polo menos nun 20%, quedando excluídas da revisión ambas acotacións. A revisión non poderá superar o 85% da variación experimentada polo índice adoptado. A empresa Sequor Seguridade, S.A.U., mediante escrito de data 23 de agosto de 2012, presentado no Rexistro desta Deputación provincial o mesmo día, solicita a revisión de prezos, incrementándose na mesma porcentaxe que experimente o IPC. Segundo as instrucións do INE o Índice de Prezos ó Consumo a utilizar sería o IPC dos meses de xuño de 2011 a xuño de 2012, cunha porcentaxe de variación dun 1,9% de variación para o contrato inicial, en base ás normas establecidas polo Instituto Nacional de Estatística para calcular a variación do IPC. Dado que o Real Decreto Lei 20/2012, de 13 de xullo modifica o tipo impositivo do IVE ó 21% a partires do día 1 de setembro de 2012, afectando o prezo deste contrato. Visto o informe de fiscalización do servizo de Intervención no que se sinala que na aplicación orzamentaria 12/232.232.227.01 do vixente orzamento provincial, existe crédito para facer fronte ó gasto correspondente ós meses de xullo a decembro de 2012. Respecto do gasto correspondente ós meses de xaneiro a xuño de 2013 quedará condicionado á existencia de crédito adecuado e suficiente no orzamento provincial de 2013. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar a revisión de prezos do contrato de servizos formalizado coa empresa Sequor Seguridad, S.A.U., con CIF A-58.384.777, para a seguridade e vixilancia da Cidade Infantil Príncipe Felipe, por importe de 813,34 euros, IVE incluído, para facer fronte ó incremento de prezos dende o 1 de xullo de 2012 ata o 30 de xuño de 2013. A cuantificación do contrato sería a seguinte: Desagregación anual: CONTRATO ANUAL IVE 18% TOTAL Prezo do contrato 41.663,76 € 7.499,48 € 49.163,24 € Revisión de prezos xuño 2011 – xuño 2012 (un 1,62%) 674,95 € 121,49 € 796,44 € TOTAL 42.338,71 € 7.620,97 € 49.959,68 € Desagregación mensual: CONTRATO MENSUAL IVE 18% TOTAL Prezo do contrato 3.471,98 € 624,96 € 4.096,94 € Revisión de prezos xuño 2011 – xuño 2012 (un 1,62%) 56,25 € 10,13 € 66,38 € TOTAL 3.528,23 € 635,09 € 4.163,32 € Dado que o Real Decreto Lei 20/2012, de 13 de xullo modifica o tipo impositivo do IVE ó 21% a partires do día 1 de setembro de 2012, afectando o prezo deste contrato. CONTRATO MENSUAL IVA 21% TOTAL Prezo do contrato 3.471,98 € 729,12 € 4.201,10 € Revisión de prezos xuño 2011 – xuño 2012 (un 1,62%) 56,25 € 11,81€ 68,06 € TOTAL 3.528,23 € 740,93 € 4.269,16 € a. Do 1 de xullo de 2012 ata o 31 de agosto de 2012 (66,38 € x 2 =132,76 € co 18% do IVE). b. Do 1 de setembro de 2012 ata o 31 de xuño de 2013 (68,06 € x 10 = 680,60 € co 21% do IVE). O que fai un importe total de 813,36 euros, IVE incluído. 2.- Autorízase o gasto por importe de 813,36 euros, IVE incluído, imputándose a cantidade de 405,00 € (meses de xullo a decembro de 2012) á aplicación 12/232.232.227.01 do vixente orzamento provincial, e a cantidade restante de 408,36 € (meses de xaneiro a xuño de 2013) á aplicación correspondente do exercicio futuro. 15.20270.- INFORME EN RELACIÓN COAS ESTRADAS PROVINCIAIS SOBRE MODIFICACIÓN PUNTUAL Nº 2 DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE SANXENXO Dada conta da comunicación da Sra. Alcaldesa-Presidenta do Concello de Sanxenxo, de data 30 de marzo de 2012 (rexistro de entrada núm. 8391, de data 03/04/12), pola que se remite Modificación Puntual nº 2 do PXOM de Sanxenxo, a efectos de informe por parte desta Deputación, en relación coas estradas provinciais, e, Considerando o disposto no artigo 15,4, da Lei 4/94, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, en relación coas estradas provincias. Visto o informe do Sr. Director de Infraestruturas, de data17 de setembro de 2012, no que manifesta, entre outros: “…La modificación puntual nº 2 tiene como finalidad: a) Otorgar plena cobertura urbanística a los denominados COMPLEJOS INMOBILIARIOS. b) Modificar ciertos parámetros contenidos en las Ordenanzas Generales de la Edificación, en las Ordenanzas Generales Reguladoras de los distintos Usos y en las Ordenanzas núms. 5, 8 y 12. c) Clarificar la condición urbanística de las denominadas “zonas verdes privadas”. En ninguno de los 3 apartados (A,B,C) contempladas en esta modificación puntual, existe discrepancia con la Ordenanza Reguladora del Uso y Defensa de las Carreteras Provinciales (O.R.U.D.C.P.) Las 2 modificaciones A y C son de aplicación en parcelas clasificadas como suelo urbano consolidado. La modificación B afecta a: B.1- Rasante del terreno. B.2- Planta baja, semisótano y sótano. B.3- Medición de alturas. B.4- Frente mínimo. B.5- Parcelas calificadas con dos ordenanzas. B.6- Condiciones fijadas para el uso comercial en cuanto a altura libre mínima. B.7- Regulación de uso comercial. B.8- Uso de locales de ocio. B.9- Retranqueo frontal. En ningún punto de los anteriores tiene incidencia o afección la O.R.U.D.C.P. Por lo anteriormente expuesto, se informa favorablemente la Modificación puntual nº 2 do PXOM de Sanxenxo.” A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e a súa remisión ó do Concello de Sanxenxo. 16.20271.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e corenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,
Ãrea de notas
Nota