ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.388
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2012/10/05_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.19.673/1.2012-10-05_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2012/10/05_Ordinaria

  • Data(s) 2012-10-05 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas do día cinco de outubro do ano dous mil doce, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Crespo Iglesias, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Jose Carlos López Campos, Dna. María Pilar Ramallo Vázquez, D. José Nelson Cándido Santos Argibay, D. Alberto Valverde Pérez e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Pablo Baquero Álvarez, D. José María Bello Maneiro, D. Arturo Grandal Vaqueiro, Dna. Marta Iglesias Bueno, D. Severino Reguera Varela, Dna. Ana Isabel Vázquez Reboredo e D. Fernando Guitián Guitián. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asisten os deputados D. Jorge Domínguez Rosal e Dna. Begoña Estévez Bernárdez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.20286.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrado da acta da sesión ordinaria do día 28 de setembro do ano 2012. 2.20287.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS 1.- Devolución de garantías definitivas á empresa José Malvar Construcciones, S.A. Á empresa José Malvar Construcciones, S.A. (CIF A-36.002.038), representada por SATO, sociedad anónima de trabajos y obras (A-28.030.310), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunhas fianzas constituídas para responder dos seguintes contratos dos que resultou adxudicataria:  Terminación E.P. Berducido-As Augas (Pontevedra).  Mellora E.P. Pontevedra-Tomeza-Figueirido (POL/97). Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos contratos. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan nos expedientes e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixa Vigo, por importe de catro mil novecentos setenta e nove euros con sesenta e tres céntimos (4.979,63 €), para responder do contrato relativo a obra: Terminación E.P. Berducido As Augas (Pontevedra), que foi depositada na Tesourería Provincial o 27/01/1997, segundo mandamento de ingreso con número de operación 199700001398, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixa Vigo, por importe de tres mil trescentos sesenta e cinco euros con sesenta e sete céntimos (3.365,67 €), para responder do contrato relativo a obra: Mellora E.P. Pontevedra Tomeza Figueirido, que foi depositada na Tesourería Provincial o 9/06/1997, segundo mandamento de ingreso con número de operación 199700024786, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 3.20288.- APROBACIÓN DO PROXECTO BÁSICO E DE EXECUCIÓN DA OBRA DE “AMPLIACIÓN DO EDIFICIO DA UNED PARA AULA MAGNA” Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión de 28/09/2012, aprobou un convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra, a Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) e o Concello de Pontevedra co obxecto de levar a cabo a execución da obra de “Ampliación do edificio da UNED (Pontevedra)”, con orzamento de 330.000,00 € IVE (18%) incluído. Resultando que no referido convenio se establece que á Deputación Provincial lle corresponde aboar os honorarios de redacción do proxecto, así como a licitación, adxudicación, execución e dirección da obra. Resultando que redactado o correspondente proxecto, se emite por Intervención informe relativo ó financiamento da obra. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o proxecto de “Ampliación do edificio da UNED (Pontevedra)”, conforme ó seguinte detalle, así como iniciar o correspondente expediente de contratación da obra: Importe de execución sen IVE 279.661,02 € IVE (21%) 58.728,81 € Total 338.389,83 € Prazo de execución dez meses A obra financiase con arranxo á seguinte distribución por anualidades: Anualidades 2012 2013 Total Deputación Provincial 110.000,00 110.000,00 UNED 55.000,00 55.000,00 110.000,00 Concello de Pontevedra 55.000,00 55.000,00 110.000,00 Total 220.000,00 110.000,00 330.000,00 Na aplicación 12/922.323-658.02 existe crédito axeitado e suficiente para facer fronte ó gasto correspondente á achega da Deputación Provincial. As achegas da UNED e do Concello de Pontevedra xerarán crédito nas aplicacións correspondentes. Dado que no proxecto figura o 18% de IVE, o incremento producido como consecuencia do cambio do tipo impositivo ó 21% financiarase coa baixa que se produza na adxudicación da obra. Caso de non haber baixa en contía abondo, a diferenza ratearase entre as tres Administracións participantes no convenio de colaboración. 4.20289.- PRÓRROGA DUNHA BOLSA DE TÉCNICO SUPERIOR EN SAÚDE AMBIENTAL CON DESTINO Á ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO PRIMEIRO.- Mediante escrito de data 7 de setembro de 2012, o Xefe do Servizo Estación Fitopatolóxica do Areeiro solicita a prórroga da Bolsa outorgada a D. Bernabé Peón Pouse, Técnico Superior en Saúde Ambiental ó acreditar o seu desempeño de forma satisfactoria na área Fitopatolóxica do Centro e para que os estudos e investigacións nos que participa non se vexan interrompidos. SEGUNDO.- Examinados os antecedentes que obran no expediente, consta que, por Acordo da Xunta de Goberno nº 15.19511, de 30 de setembro de 2011, acordouse a adxudicación de dita Bolsa con efectos 1 de outubro de 2011 e por un período dun ano. TERCEIRO.- As Bases da Convocatoria establecen que “as Bolsas terán unha duración dun ano, podendo ser prorrogada por períodos anuais ata un máximo de catro anos, á vista do informe favorable do Xefe de Servizo e por Acordo da Xunta de Goberno”. CUARTO.- A dotación económica da prórroga de dita Bolsa ascende a 1.000,00€/mes como retribucións e 34,51 €/mes como custo da seguridade social, cantidades que se imputarán ás aplicacións orzamentarias 12/413.413.481.01 e 12/413.413.160.03 do orzamento provincial. O custo da prórroga para o exercicio 2012 ascende a 3.000,00 € en concepto de retribucións e 103,53 en concepto de custo da seguridade social. De conformidade con todo o exposto, e en virtude das competencias que lle confire o artigo 105 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, e ó abeiro do disposto no artigo 67.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prorrogar a Bolsa outorgada a D. Bernabé Peón Pose, Técnico Superior en Saúde Ambiental ó ter acreditado o seu desempeño de forma satisfactoria na Área Fitopatolóxica do Centro e para que os estudos e investigacións nos que participa non se vexan interrompidos. Os efectos de dita prórroga serán do 1 de outubro de 2012 a 30 de setembro de 2013. A dotación económica da prórroga de dita Becas ascende a1.000,00€/mes como retribucións e 34,51 €/mes como custo da seguridade social, cantidades que se imputarán ás aplicacións orzamentarias 12/413.413.481.01 e 12/413.413.160.03 do orzamento provincial. O custo da prórroga para o exercicio 2012 ascende a 3.000,00 € en concepto de retribucións e 103,53 € en concepto de custo da seguridade social, quedando retido crédito para tal fin mediante documento R.C. con número de operación 201200076592. 5.20290.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 1 de outubro de 2012, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias, desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2012, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran ca referencia 201200001240 e que contén unha factura, correspondente a Transportes La Unión, S.A., por importe de 1.250,00 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 1.250,00 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do Honorarios técnicos externos 0,00 € Total líquido 1.250,00 € 6.20291.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 7.20292.- RECURSO DE REPOSICIÓN FORMULADO POR D. MANUEL REQUEIJO MATO EN NOME E REPRESENTACIÓN DE TECORSA SANTIAGO, S.L. CONTRA ACORDO ADOPTADO EN SESIÓN ORDINARIA DE 27 DE XULLO DE 2012, DESESTIMATORIO DE RECLAMACIÓN PATRIMONIAL POR PRESUNTOS DANOS DERIVADOS DAS OBRAS DE MELLORA DO TRAZADO E CAPA DE RODAXE NA ESTRADA PROVINCIAL SANXENXO-BORDÓNS-SAMIEIRA Dada conta que con data 10 de setembro de 2012 ten entrada nesta Deputación recurso de reposición formulado por D. Manuel Requeijo Mato en nome e representación de TECORSA SANTIAGO, S.L. contra acordo desta Xunta de Goberno, adoptado en sesión ordinaria de 27 de xullo de 2012, desestimatorio de reclamación patrimonial por presuntos danos derivados das obras de mellora do trazado e capa de rodaxe na estrada provincial Sanxenxo-Bordóns-Samieira. Resultando que dita desestimación fundaméntase nos informes dos Servizos técnicos desta Deputación e na información recabada no Concello de Sanxenxo, que se recollen literal e integramente no acordo desestimatorio notificado ó reclamante. Resultando que contra o mesmo interponse en tempo e forma recurso potestativo de reposición. Resultando que á vista do recurso a Asesoría Xurídica solicita informe complementario ó Servizo de Infraestruturas respecto da modificación ou non da rasante da estrada, petición que é cumprimentada con data 28 de setembro de 2012 co seguinte contido literal: “As obras incluídas no proxecto NON incluían a elevación da rasante da estrada, e dicir, mantívose a rasante existente. Adxúntase plano co tramo que se corresponde ca reclamación (entre os p.k. 0+900 e 1+000). O Director de Infraestruturas en funcións. Manuel González Juanatey”.----------------------- Considerando que o precitado informe complementario ratifica o manifestado anteriormente por dito Servizo sobre o extremo que esgrime o reclamante como causa última dos presuntos danos como, é dicir, a modificación da rasante da estrada. Considerando pois que no recurso non se aportan documentos ou alegacións “ex novo” que desvirtúen a fundamentación do acordo desestimatorio. Considerando que na tramitación deste recurso cumpriméntanse os requisitos de lexitimidade activa e pasiva, temporalidade (un mes para a súa interposición e o mesmo prazo para a súa resolución). Considerando os preceptos invocados e demais de xenérica e pertinente aplicación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Desestimar o recurso de reposición formulado por D. Manuel Requeijo Mato en nome e representación de TECORSA SANTIAGO, S.L., contra acordo adoptado en sesión ordinario de 27 de xullo de 2012, desestimatorio de reclamación patrimonial por presuntos danos derivados das obras de mellora do trazado e capa de rodaxe na estrada provincial Sanxenxo-Bordóns-Samieira. 8.20293.- INFORME EN RELACIÓN CO ANTEPROXECTO DE EXPLOTACIÓN, ACONDICIONAMENTO E MELLORA DAS INSTALACIÓNS PARA O SERVIZO ÓS CAMPISTAS NA ILLA DE ONS – BUEU, QUE REMITE A DIRECCIÓN XERAL DE CONSERVACIÓN DA NATUREZA DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS Dada conta da comunicación da Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, de data 27 de xullo de 2012, recibida nesta Deputación o día 2 de agosto de 2012 (Rex. de entrada núm. 21844), remitindo anteproxecto de explotación, acondicionamento e mellora das instalacións para o servizo ós campistas na Illa de Ons – Bueu, ós efectos de emisión de informes por parte desta Deputación, e Resultando que a Técnica do Servizo de Medio Ambiente, emite informe con data 2 de outubro de 2012, no que manifesta: “El presente informe consta de: 1. Antecedentes. 2. Actuaciones propuestas 3. Alternativas propuestas 4. Análisis ambiental 5. Medidas Correctoras y de vigilancia 6. Conclusión 1. Antecedentes Tradicionalmente en la Isla de Ons se ha tolerado la acampada libre al no existir otro lugar que permitiese la pernocta de los visitantes, a excepción de unas pocas casas que admitían huéspedes. Desde la creación del Parque Nacional de las Islas Atlánticas de Galicia en julio de 2002, la actividad de acampada se realiza de forma regulada por el órgano gestor del Parque, pero sin que esta tenga lugar en un campamento de turismo o camping. 2. Actuaciones propuestas Las actuaciones de acondicionamiento de la zona de acampada la dotarán de los servicios mínimos exigidos a un campamento de turismo de tercera categoría: • Creación de caminos entablados de madera, separados del terreno y cubiertos por pérgolas de madera con enredaderas autóctonas. Estos caminos unirán las edificaciones y delimitaran la zona de acampada, creando zonas de paseo y descanso. • Construcción de 4 edificios destinados a la Recepción, a la vivienda del personal, a los baños y al bar. Se trata de edificios de nueva construcción y con una planta sobre rasante. • Delimitación de las parcelas de acampada • Dotación de las instalaciones básicas de abastecimiento de agua, saneamiento, depuración y recogida de residuos sólidos. 3. Alternativas propuestas Alternativa 1: Zona de acampada actual: La superficie de la parcela es de 8.717 m2, con una pendiente suave y casi totalmente arbolada con eucaliptos y acacias. Cuenta con instalaciones para servicio a los campistas en la finca anexa. Las instalaciones proyectadas se ubicarían en la parte sur de la parcela. Presenta las ventajas de su moderada pendiente, la sombra, y la utilización de un espacio ya destinado a ese fin. Alternativa 2: Zona do Castelo: La superficie aproximada de la parcela es de 10.200 m², con forma irregular y una fuerte pendiente en dirección este-oeste. Presenta regeneración natural de Salgueiro, Loureiro y Prumas, básicamente. En la zona superior de la parcela existe una presa de la que parten varios cauces de agua. Las edificaciones se situarían en la zona superior de la parcela. En la zona este sería necesaria la plantación de árboles autóctonos para la creación de sombra. El principal inconveniente de esta alternativa es la pendiente de la parcela y la necesidad de acondicionar los cauces de agua para evitar su desbordamiento. Alternativa 3: Campo de trabajo y campamento juvenil: La superficie aproximada de la parcela es de 15,000 m², con forma regular. La parcela está acondicionada para las instalaciones del campamento, consistiendo la solución de proyecto en la rehabilitación de las edificaciones existentes para los usos específicos del camping. El inconveniente fundamental de esta alternativa es la eliminación del uso de campamento juvenil. Se decanta la selección por la alternativa 1. 4. Análisis ambiental No se contempla en el proyecto. 5. Medidas Correctoras y de vigilancia El seguimiento del comportamiento ambiental de la zona de acampada tiene dos vertientes diferenciadas. Por una parte está la fase de construcción de las instalaciones y posteriormente su explotación como campamento de turismo. • Fase de obra. En fase de obra se controlará que no se afecte a más terrenos que los estrictamente ocupados por las nuevas instalaciones de la zona de acampada, evitando dañar el arbolado y la cubierta vegetal. Respecto a la maquinaria a utilizar en la obra se controlará: - El estado de mantenimiento de la maquinaria, al objeto de prevenir ruidos excesivos, humos o vertidos accidentales de aceites o combustible. - La operación de la maquinaria, al objeto de evitar daños en el arbolado o la cubierta vegetal en las zonas de la parcela en las que no está prevista ninguna actuación. Respecto a los residuos de obra se controlará el estricto cumplimiento del “Estudio de gestión de residuos de demolición y construcción” que necesariamente se habrá de incluir en el proyecto de construcción conforme al artículo 4 del Real Decreto 105/2008 por el que se regula la producción y gestión de los residuos de construcción y demolición. • Fase de explotación. El operador del campamento de turismo llevará el seguimiento y control del comportamiento ambiental de las instalaciones, facilitando periódicamente al órgano gestor del Parque Nacional un informe que refleje como mínimo los siguientes aspectos: - Control de visitantes. - Control del mantenimiento de las instalaciones de depuración de aguas. - Control de la recogida de residuos. - Control de la limpieza. 6. Conclusión Desconociendo la normativa que pueda regir en este tipo de casuísticas, lo que aquí se propone creo sería viable con las siguientes modificaciones que proponemos a continuación: • En cuanto a las construcciones: Consideramos que dado el entorno natural y las protecciones especiales que sobre esta Isla se ciernen NO se deberían realizar construcciones fijas, con materiales como hormigón armado que nada tienen que ver con ese entorno natural. Recomendamos que las construcciones que sean vitales para la puesta en marcha del establecimiento se realicen en madera, por si bajo cualquier circunstancia estas deban ser eliminadas, la huella sea la mínima posible, además de adecuarse mejor al entorno este tipo de estructuras que las propuestas en el proyecto. El resto de instalaciones también deberían de ser removibles para dañar en lo mínimo el ecosistema de la Isla. • Fuentes de energía: Las fuentes de energía deberían ser en un 100 % renovables, y en todo caso deberían descartar la utilización de cualquier derivado del petróleo. • Gestión de residuos: No queda claro en este proyecto como será la gestión de residuos en general, preocupándonos especialmente la gestión de los aceites usados que se puedan derivar tanto de la cocina del camping como de las de los propios campistas, y que se consideran altamente contaminantes en ubicaciones “normales” mucho más en un entorno protegido como este. • Vegetación En caso de tala de árboles sería recomendable la reposición de estos, que creemos ya se contempla en el proyecto, utilizando para ello especies endémicas de la propia Isla y que bajo ningún concepto se introduzcan especies que no habiten en la misma, ya que pondría en riesgo el ecosistema del Parque Nacional. Lo mismo es aplicable para el resto de especies vegetales con las que se quiera “adornar” o mejorar el espacio de la zona de acampada. Con todo, y aunque en el proyecto presentado se obvie que sea necesaria una Evaluación de impacto ambiental, considero que este debería contar con un análisis de incidencia ambiental más exhaustivo del que se aporta.” A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ós citados informes, e a súa remisión á Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. 9.20294.- CONVOCATORIA DE CATRO BOLSAS DE LICENCIADO/A EN HISTORIA OU GRADUADO/A EN INFORMACIÓN/DOCUMENTACIÓN PARA O SERVIZO PATRIMONIO DOCUMENTAL E BIBLIOGRÁFICO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA Vista a proposta do Xefe do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico de data 05 de setembro de 2012, solicitando a convocatoria de catro bolsas de Licenciado en Historia ou Graduado en Información/Documentación para realizar traballos de arquivística, inventariado e catalogación, especialmente de arquivos gráficos, fotografía, gravado-estampaxe e cartón postal no arquivo da Deputación de Pontevedra e nos arquivos municipais da provincia, en virtude das competencias que lle confire o artigo 105 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a convocatoria de catro bolsas de Licenciado en Historia ou graduado en Información/Documentación para o Arquivo da Deputación de Pontevedra. Estas Bolsas terán unha atribución mensual de 1.000,00 €/mes, sendo o custo de seguridade social de 34,51 €/mes, cantidades que se imputarán ás aplicacións orzamentarias 12/332.330.481.01, e 12/332.330.160.03. Outorgarase con efectos da data da adxudicación (previsión de inicio 01/11/2012) e por un período de seis meses, podendo prorrogarse por un único período de seis meses, ata un máximo dun ano, unha vez emitido informe favorable do Xefe do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico e acordo da Xunta de Goberno, quedando retido crédito para tal fin mediante R.C. con número de operación 201200078458. A cantidade total estimada para o exercicio 2012 ascende a 8.000,00 € en concepto de retribucións e 276,08 € en concepto de seguridade social. “BASES DA CONVOCATORIA DE CATRO BOLSAS DE LICENCIADO/A EN HISTORIA OU GRADUADO/A EN INFORMACIÓN/DOCUMENTACIÓN, CON DESTINO Ó SERVIZO DE PATRIMONIO DOCUMENTAL E BIBLIOGRÁFICO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PRIMEIRA.- OBXECTO Estas bases regulan o procedemento que se ha de seguir para a concesión de CATRO BOLSAS DE LICENCIADO/A EN HISTORIA OU GRADUADO/A EN INFORMACIÓN/DOCUMENTACIÓN, que teñen por obxecto a realización de tarefas relacionadas coa arquivística, inventariado e catalogación, especialmente de arquivos gráficos, fotografía, grabado-estampación e tarxeta postal. SEGUNDA.- CONDICIÓNS DOS/AS ASPIRANTES Poderán ser beneficiarios/as destas bolsas aquelas persoas físicas que, tendo plena capacidade de obrar e non estando inhabilitadas para a obtención de axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes requisitos: a) Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da Unión Europea. b) Estar en posesión do título de Licenciado/a en Historia ou Graduado/a en Información/Documentación ou en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de instancias. c) Non ter cumpridos os 35 anos de idade na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes. d) Non estar incapacitado/a fisicamente ou padecer enfermidade que poida impedir o desenrolo da actividade obxecto da bolsa. e) Non haber sido beneficiario/a de bolsa na Deputación Provincial de Pontevedra nin nos seus organismos autónomos. TERCEIRA.- DOTACIÓN ECONÓMICA Estas bolsas figuran cunha dotación económica de 1.000,00 €/mes por beneficiario/a, que se imputará á aplicación 12/332.330.481.01 do orzamento provincial. O pagamento da bolsa ós/ás beneficiarios/as realizarase a partir da incorporación dos/as bolseiros/as, por mensualidades completas ou por fracción proporcional ó tempo de goce das bolsas para os casos nos que o/a bolseiro/a inicie ou finalice a súa relación nunha data non coincidente co mes natural. O goce da bolsa será incompatíbel con calquera outra remuneración ou axuda por parte das Administracións Públicas ou entidades privadas a partir da súa concesión. CUARTA.- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES As instancias solicitando tomar parte neste proceso de selección dirixiranse ó Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra e presentaranse no Rexistro Xeral da Corporación Provincial no prazo de 10 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Á instancia achegarase a seguinte documentación: a) Fotocopia do Documento Nacional de Identidade, ou calquera outro que o substitúa. b) Documento acreditativo de estar en posesión da titulación esixida ou en condicións de obtela na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes. c) Currículum vitae e documentación acreditativa deste. A estes efectos, valorarase a realización de cursos relacionados con arquivística, inventariado, catalogación, especialmente arquivos gráficos, fotografía, gravado-estampación, tarxeta postal. d) Declaración xurada comprometéndose o/a solicitante a renunciar, se fose seleccionado, a calquera tipo de actividade remunerada durante o tempo que goce da bolsa. e) Certificado que acredite non estar incapacitado/a fisicamente ou padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade que constitúa o obxecto da bolsa, ou declaración xurada do solicitante conforme este requisito se cumpre. QUINTA.- COMISIÓN DE SELECCIÓN Para poder valorar os méritos achegados polos/as interesados/as constituirase unha Comisión de Selección, que estará integrada polos seguintes membros: Presidente: o da Deputación Provincial de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal, ou deputado/a provincial en quen delegue. Vogais: Un/ha deputado/a provincial, o xefe do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico e un/ha funcionario/a técnico superior pertencente a Deputación Provincial de Pontevedra. Secretario: O da Deputación Provincial de Pontevedra ou funcionario/a de carreira con titulación superior en quen delegue. Todos os membros terán voz e voto. A Comisión non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente. SEXTA.- SELECCIÓN DO BOLSEIRO/A A selección dos/as bolseiros/as efectuarase mediante a valoración dos méritos acreditados polos/as interesados/as e unha entrevista persoal: - BAREMO DE MÉRITOS: a. Expediente académico: ata un máximo de 2,00 puntos. No caso de expedientes académicos nos que non conste a nota media, calculada segundo o sistema establecido no R.d. 1497/87, modificado polo R.d. 1267/94 ou R.d. 1125/03, valorarase con 0,00 puntos. b. Por ter realizado un máster ou cursos de especialización cunha duración superior a 150 horas, relacionados co contido da bolsa 0,40 puntos/máster ou curso de especialización, ata un máximo de 0,80 puntos. c. Por ter asistido a xornadas ou cursos de formación e perfeccionamento organizados por centros oficiais dependentes da Administración do Estado, Comunidade Autónoma e Admón. local, universidades, colexios oficiais ou escolas da Administración pública directamente relacionados coa bolsa á que se opta (incluídos os organizados por sindicatos no marco do Acordo Nacional de Formación Continua), ata un máximo de 1,20 puntos, computándose: 1) De 100 ou máis horas de duración 0,20 puntos/curso 2) De entre 60 e 99 horas de duración 0,15 puntos/curso 3) De entre 30 e 59 horas de duración 0,10 puntos/curso 4) De entre 10 e 29 horas de duración 0,05 puntos/curso 1) De 10 ou máis créditos 0,20 puntos/curso 2) De entre 6 e 9 créditos 0,15 puntos/curso 3) De entre 3 e 5 créditos 0,10 puntos/curso 4) De 1 ou 2 créditos 0,05 puntos/curso Non se terán en conta os certificados ou diplomas nos que non se especifique a duración da xornada, congreso, simposio, seminario ou curso en créditos ou número de horas. Así mesmo, no se computarán as xornadas, congresos, simposios, seminarios ou cursos de duración inferior a un crédito ou dez horas. - ENTREVISTA PERSOAL: A comisión manterá con cada un/ha dos/as aspirantes presentados unha entrevista persoal relacionada co obxecto da bolsa, na que poderá formular cantas preguntas considere oportunas sobre o traballo que se vai desenvolver, que será valorada de cero a tres (0,00 a 3,00) puntos. Unha vez que remate o prazo de presentación de instancias os/as aspirantes serán convocados para realizaren a entrevista segundo a publicación da relación de admitidos/as na páxina web, no lugar, día e hora indicados. Finalizadas as entrevistas e no prazo máximo de dez (10) días, a Comisión publicará no taboleiro de anuncios e na páxina web da Deputación as puntuacións outorgadas e proposta de adxudicación. SÉTIMA.- RESOLUCIÓN A Comisión Seleccionadora proporalle á Xunta de Goberno desta Deputación Provincial a adxudicación destas bolsas ós/ás aspirantes que consideren máis idóneos/as e que acadaran a máxima puntuación de acordo co especificado na cláusula sexta das presentes Bases. OITAVA.- CONDICIÓNS XERAIS Establécense as seguintes condicións xerais: a) As bolsas terán unha duración de seis meses, a contar dende a data na que o/a adxudicatario/a comece o seu desempeño no Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico e poderán ser prorrogadas por un único período de seis meses, á vista do informe favorable do Xefe de Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico e o acordo da Xunta de Goberno. b) A bolsa será incompatible co desempeño de calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a natureza desta última. c) Os/as beneficiarios/as das bolsas comprometeranse a observar o horario de traballo e disciplina do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico có fin de non entorpecer o labor do persoal do centro e sen que iso implique relación de traballo laboral remunerado. d) A aceptación e goce destas bolsas non establece relación laboral nin funcionarial coa Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación de dito/a bolseiro/a ó expresado organismo. e) A decisión da Comisión deberá producirse antes de que transcorran dous meses, contados a partir da publicación da convocatoria. NOVENA.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN No caso de non obter a bolsa ofertada, os/as candidatos/as poderán retirar a documentación presentada para participar nesta convocatoria no prazo de tres (3) meses, contados dende o día seguinte ó da comunicación da adxudicación da bolsa. Transcorrido este prazo, esta Deputación Provincial resérvase o dereito a destruír dita documentación. DÉCIMA.- INTERPRETACIÓN DAS BASES A Comisión quedará autorizada para resolver as dúbidas que se lle presenten e tomar os acordos necesarios para o desenvolvemento do concurso así coma no non previsto nas presentes Bases. UNDÉCIMA.- DEREITOS SUPLETORIOS A convocatoria das bolsa e a selección do/a bolseiro/a e a realización dos traballos que dan dereito á bolsa, suxeitaranse ó previsto nas presentes Bases, e ademais, ó previsto na Lei Xeral de Subvencións e na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.” 10.20295.- PRÓRROGA NA EXECUCIÓN DA OBRA: POUSADA DO SALNÉS NO CONCELLO DE MEAÑO, A EXECUTAR NO MARCO DO PROXECTO POUSADAS COFINANCIADO POLO FEDER Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión de 16/09/2011, adxudicou a ORECO, S.A. a obra “Pousada do Salnés no Concello de Meaño”, por importe de 1.747.881,36 €, máis a cantidade de 314.618,64 € correspondente ó IVE, cun prazo de execución de dez meses. Resultando que a comprobación do replanteo da obra tivo lugar o 27/10/2011. Resultando que a adxudicaría remite escrito, conformado polo Director de Obra, no que solicita prórroga para a execución da obra debido ó atraso producido polas adversas condicións climatolóxicas que tiveron lugar durante a execución dos muros de contención con acabado visto cara ó interior do edificio e que imposibilitaron respectar as datas de formigonado previstas na planificación para garantir o acabado requirido no proxecto. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade acceder ó solicitado concedendo a ORECO, S.A. unha prórroga na execución da obra “Pousada do Salnés non Concello de Meaño”, ata o día 27 de decembro de 2012. 11.20296.- MODIFICACIÓN DO ACORDO NÚM. 8.20236 ADOPTADO EN XUNTA DE GOBERNO DE DATA 7/09/2012 Resultando que a Xunta de Goberno, na sesión ordinaria celebrada o día 7 de setembro de 2012, aprobou (acordo núm. 8.20236) o Convenio de cooperación entre a Consellería de Presidencia Administracións Públicas e Xustiza, a Deputación Provincial de Pontevedra e os Concellos de Mos, Pazos de Borben, Redondela e Soutomaior para o desenvolvemento dun “Proxecto piloto de funcionamento dos grupos locais de atención ás emerxencias e o medio ambiente”, sendo o obxecto do mesmo, no marco da cooperación entre as distintas administracións, posibilitar a prestación do servizo público de protección civil e emerxencias no ámbito territorial dos concellos asinantes, sen menoscabo da atención a outros territorios en situación de risco ou emerxencia, Resultando que, finalmente, por razóns técnicas e organizativas na prestación efectiva do servizo, o Concello de Redondela acordou non adherirse a este convenio de cooperación. Á vista do que antecede, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Modificar o acordo da Xunta de Goberno núm.8.20236, de 7 de setembro de 2012, polo que se aprobaba o Convenio de cooperación para o desenvolvemento dun “Proxecto piloto de funcionamento dos grupos locais de atención ás emerxencias e o medio ambiente”, eliminando deste último toda referencia ó Concello de Redondela. Así mesmo, rectifícase o punto 3 da cláusula segunda: Onde di: “Os concellos cooperarán mediante a xestión do servizo segundo a memoria de execución do proxecto e as decisións que no seu desenvolvemento se adopten”. Debe dicir: “Os concellos cooperarán mediante a xestión do servizo segundo as decisións que no seu desenvolvemento se adopten”. O resto do texto do convenio permanecerá invariable. A dito convenio de cooperación, que se formalizará mediante a súa sinatura por parte dos representantes das partes, achégase á presente proposta de acordo como parte integrante da mesma. 12.20297.- MODIFICACIÓN DO ACORDO NÚM. 8.20263 ADOPTADO EN XUNTA DE GOBERNO DE DATA 21/09/2012 1º.- Por acordo adoptado na Xunta de Goberno celebrada o 21 de setembro de 2012 aprobouse a convocatoria de tres bolsas de licenciado universitario ou graduado en bioloxía, enxeñería de montes ou enxeñería agraria. 2º.- Advertido erro nas bases da convocatoria, respecto o baremo de méritos e a duración das bolsas, o abeiro do establecido no artigo 105.2 da Lei 30/92, de 26 de novembro, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a súa rectificación, no senso que: Onde di: “SEXTA. SELECCIÓN DOS BOLSEIROS: Baremo de méritos Apartado: c.- Por ter asistido a xornadas, congresos, simposios, seminarios ou cursos de formación e perfeccionamento organizados por centros oficiais dependentes da Administración do Estado, Comunidade Autónoma e Admón. local, universidades, colexios oficiais ou escolas da Administración pública directamente relacionados coa bolsa á que se opta, ata un máximo dous (1,20) puntos, computándose: … OITAVA. CONDICIÓNS XERAIS Apartado: 1. As bolsas terán unha duración de un seis meses, contados desde a data na que o adxudicatario/a comece o seu labor no Servizo de Estación Fitopatolóxica do Areeiro, e poderán ser prorrogadas por un único período de seis meses ata un máximo de un ano, unha vez emitido o informe favorable do responsable do Servizo e o acordo da Xunta de Goberno.” Debe dicir: “SEXTA. SELECCIÓN DOS BOLSEIROS: Baremo de méritos Apartado c.- Por ter asistido a xornadas ou cursos de formación e perfeccionamento organizados por centros oficiais dependentes da Administración do Estado, Comunidade Autónoma e Admón. local, universidades, colexios oficiais ou escolas da Administración pública directamente relacionados coa bolsa á que se opta, ata un máximo de 1,20 puntos, computándose: … OITAVA. CONDICIÓNS XERAIS Apartado 1. As bolsas terán unha duración de un ano, contados dende a data na que o adxudicatario/a comece o seu labor no Servizo de Estación Fitopatolóxica do Areeiro, e poderán ser prorrogadas, anualmente, ata máximo de catro anos, unha vez emitido o informe favorable do responsable do Servizo e o acordo da Xunta de Goberno e sempre que exista dotación orzamentaria.” 13.20298.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e trinta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición