ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.391
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2012/02/10_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.19.672/1.2012-02-10_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2012/02/10_Ordinaria

  • Data(s) 2012-02-10 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as nove horas e corenta e cinco minutos do día dez de febreiro do ano dous mil doce, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Crespo Iglesias, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Jose Carlos López Campos, Dna. María Pilar Ramallo Vázquez, D. José Nelson Cándido Santos Argibay, D. Alberto Valverde Pérez e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Pablo Baquero Álvarez, D. José María Bello Maneiro, D. Arturo Grandal Vaqueiro, Dna. Marta Iglesias Bueno, D. Jose Alberto Pazos Couñago, D. Severino Reguera Varela. e Dna. Ana Isabel Vázquez Reboredo. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asisten os señores deputados: D. Jorge Domínguez Rosal e Dna. Begoña Estévez Bernárdez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.19797.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 3 de febreiro de 2012. 2.19798.- APROBACIÓN DO CAMBIO DE APLICACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN DA ASOCIACIÓN “AGRUPACIÓN VECIÑAL PINO ABUELO”, DO CONCELLO DE CALDAS DE REIS, CON CARGO Ó PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA, EXERCICIO 2011 (expte. 2967) Á vista do expediente e do informe de Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Aprobar o cambio de aplicación do expediente de concesión de subvención á Asociación que a continuación se relaciona e que a Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, na sesión ordinaria do día 5 de agosto de 2011 adoptou no seu acordo número 4.19405 a concesión dunha subvención e o seu importe con cargo á aplicación 2011.942.459.789.07. O presente cambio de aplicación da subvención será financiada con cargo á aplicación 12/942.459.789.07.2011 unha vez sexa aprobada a mesma e incorporados os remanentes de crédito ó exercicio 2012. Asociación Obxecto da Subvención Orzamento Importe da Subvención Asociación Agrupación Veciñal Pino Abuelo (CIF:G.36.458.875) (Caldas de Reis) Dotación de fonte pública ó cemiterio parroquial de Arcos da Condesa 1.637,84 1.500,00 Ás condicións adaptadas no acordo de concesión da mesma son ás seguintes: a) As subvencións concédense para colaborar na execución de dita actuación. b) Para o aboo da subvención concedida requirirase a previa xustificación da inversión, unha vez concluída a súa execución, que haberá de axustarse estritamente ás Bases Reguladoras que rexeron a súa concesión. c) As solicitudes que se acollan a este programa deberán estar executadas e xustificadas antes do 31 de outubro de 2012, de non facelo así, procederase a anulación da subvención concedida. 3.19799.- APROBACIÓN DO CAMBIO DE APLICACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN DA ASOCIACIÓN “AMIGOS DAS FESTAS DE ARCOS DA CONDESA”, DO CONCELLO DE CALDAS DE REIS, CON CARGO Ó PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA, EXERCICIO 2011 (expte. 2968) Á vista do expediente e do informe de Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Aprobar o cambio de aplicación do expediente de concesión de subvención á Asociación que a continuación se relaciona e que a Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, na sesión ordinaria do día 5 de agosto de 2011 adoptou no seu acordo número 4.19405 a concesión dunha subvención e o seu importe con cargo á aplicación 2011.942.459.789.07. O presente cambio de aplicación da subvención será financiada con cargo á aplicación 12/942.459.789.07.2011 unha vez sexa aprobada a mesma e incorporados os remanentes de crédito ó exercicio 2012. Asociación Obxecto da Subvención Orzamento Importe da Subvención Asociación Amigos das Festas de Arcos da Condesa (CIF:G.36.408.060) (Caldas de Reis) Porta exterior fachada principal “Sur” Igrexa Parroquial. 2.478,00 € 2.000,00 € Ás condicións adaptadas no acordo de concesión da mesma son ás seguintes: a) As subvencións concédense para colaborar na execución de dita actuación. b) Para o aboo da subvención concedida requirirase a previa xustificación da inversión, unha vez concluída a súa execución, que haberá de axustarse estritamente ás Bases Reguladoras que rexeron a súa concesión. c) As solicitudes que se acollan a este programa deberán estar executadas e xustificadas antes do 31 de outubro de 2012, de non facelo así, procederase a anulación da subvención concedida. 4.19800.- APROBACIÓN DO CAMBIO DE APLICACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN DA ASOCIACIÓN “AMIGOS DAS FESTAS DE ARCOS DA CONDESA”, DO CONCELLO DE CALDAS DE REIS, CON CARGO Ó PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA, EXERCICIO 2011 (expte. 2969) Á vista do expediente e do informe de Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Aprobar o cambio de aplicación do expediente de concesión de subvención á Asociación que a continuación se relaciona e que a Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, na sesión ordinaria do día 5 de agosto de 2011 adoptou no seu acordo número 4.19405 a concesión dunha subvención e o seu importe con cargo á aplicación 2011.942.459.789.07. O presente cambio de aplicación da subvención será financiada con cargo á aplicación 12/942.459.789.07.2011 unha vez sexa aprobada a mesma e incorporados os remanentes de crédito ó exercicio 2012. Asociación Obxecto da Subvención Orzamento Importe da Subvención Asociación Amigos das Festas de Arcos da Condesa (C.I.F. G-36.408.060) (Caldas de Reis) Porta exterior fachada principal “Oeste” Igrexa Parroquial. 1.947,00 € 1.500,00 € Ás condicións adaptadas no acordo de concesión da mesma son ás seguintes: a) As subvencións concédense para colaborar na execución de dita actuación. b) Para o aboo da subvención concedida requirirase a previa xustificación da inversión, unha vez concluída a súa execución, que haberá de axustarse estritamente ás Bases Reguladoras que rexeron a súa concesión. c) As solicitudes que se acollan a este programa deberán estar executadas e xustificadas antes do 31 de outubro de 2012, de non facelo así, procederase a anulación da subvención concedida. 5.19801.- APROBACIÓN DO CAMBIO DE APLICACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN DO CONCELLO DE CANGAS, ACTIVIDADES NÚM. 2011000056 “FEIRA DO LIBRO” E NÚM. 2011000058 “ARGALICA”, CON CARGO O PROGRAMA DE ACCIÓN MUNICIPAL, SECCIÓN ACTIVIDADES 2011, PARA A ACTIVIDADE NÚM. 2011002970 “HOMENAXE ÓS NOSOS MAIORES” Á vista do expediente e do informe de Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Aprobar o cambio de aplicación solicitado polo Concello de CANGAS, da actividade núm. 2011000056 “Feira do libro” cunha subvención de 1.000,00 € e da actividade núm. 2011000058 “ARGALICA” concedidas polo procedemento de concorrencia competitiva na sesión ordinaria da Xunta de Goberno da Deputación celebrada o día 27 de abril de 2011 no seu acordo nº 10.19199, para a actividade núm. 2011002970 “Homenaxe ós nosos maiores” cun orzamento de 5.000,00 € e unha subvención de 2.000,00 €, con cargo ó programa de Acción Municipal 2011, Sección Actividades, aplicación 12/942.942.462.00-2011, e con suxeición ás seguintes condicións: a) As subvencións concédense para colaborar na execución de ditas actividades, non podendo cambiarse o destino nin a contía das mesmas. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación das actividades, unha vez concluída a súa execución, que haberá de axustarse estritamente ás Bases Reguladoras que rexeron a súa concesión. c) As actividades que se acollan a este Programa deberán estar executadas e xustificadas antes do 28 de febreiro de 2012, de non facelo así, procederase a anulación da subvención concedida. 6.19802.- APROBACIÓN DO CAMBIO DE APLICACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN DO CONCELLO DE TOMIÑO, ACTIVIDADE NÚM. 2011000008, CON CARGO Ó PROGRAMA DE ACCIÓN MUNICIPAL, SECCIÓN ACTIVIDADES 2011 Á vista do expediente e do informe de Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Aprobar o cambio de aplicación solicitado polo Concello de Tomiño, da actividade núm. 2011000008 “IV Festa do Kiwi” cunha subvención de 1.000,00 € concedida polo procedemento de concorrencia competitiva na sesión ordinaria da Xunta de Goberno da Deputación celebrada o día 27 de abril de 2011 no seu acordo nº 10.19199, para a actividade núm. 2011002974 “Reis Magos 2011” cun orzamento de 9.765,71 € e unha subvención de 1.000,00 €, con cargo ó programa de Acción Municipal 2011, Sección Actividades, aplicación 12/942.942.462.00-2011, e con suxeición ás seguintes condicións: a) As subvencións concédese para colaborar na execución de ditas actividades, non podendo cambiarse o destino nin a contía das mesmas. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación das actividades, unha vez concluída a súa execución, que haberá de axustarse estritamente ás Bases Reguladoras que rexeron a súa concesión. c) As actividades que se acollan a este Programa deberán estar executadas e xustificadas antes do 28 de febreiro de 2012, de non facelo así, procederase a anulación da subvención concedida. 7.19803.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 8.19804.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 9 de febreiro de 2012, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias, desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2012, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas que figuran ca referencia 201200000128 e que contén trinta facturas, sendo a primeira de Distribuciones Froiz, S.A., por importe de 9.254,13 € e a derradeira de Cooperativa Cultural, S.L., por importe 375,00 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 34.342,73 € Descontos do IRPF 41,67 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do Honorarios técnicos externos 0,00 € Total líquido 34.301,06 € 9.19805.- MODIFICACIÓN DO ACORDO Nº7.19781 ADOPTADO EN XUNTA DE GOBERNO DE DATA 27/01/2012 EN RELACIÓN COA REGULACIÓN DO PREZO PÚBLICO POLOS SERVIZOS QUE SE PRESTAN NA ESCOLA INFANTIL “PRÍNCIPE FELIPE” Dada conta que a Xunta de Goberno adoptou na súa sesión do 27 de xaneiro de 2012, punto núm. 7.19781, a modificación do Acordo regulador do Prezo Público polos servizos que se prestan na “Escola Infantil “Príncipe Felipe”. Resultando que se ben no mesmo establecíase que as modificacións entrarían en vigor a partir do día 1 de febreiro de 2012, procede modificalo para publicar a citada modificación previamente. Visto o informe de Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade modificar o acordo núm. 7.19781 adoptado na sesión da Xunta de Goberno de 27/01/2012, no sentido de que o mesmo entrará en vigor a partir do 1 de marzo de 2012. 10.19806.- APROBACIÓN DO CAMBIO DE APLICACIÓN PARCIAL DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE BARRO PARA A REALIZACIÓN DO INVESTIMENTO NÚM. 2009002253, DENOMINADA “ADQUISICIÓN DE MATERIAIS PARA REPOSICIÓN DE SOLOS E PEZAS DE MADEIRA EN ESTRUTURAS DO PAZO DA CREGA”, INCLUÍDO NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Resultando que o Concello de Barro solicitou por escrito motivado o cambio de aplicación parcial da axuda obtida para financiar o investimento núm. 2009002253, “Adquisición de materiais para reposición de solos e pezas de madeira en estruturas do Pazo da Crega”, por un importe de 66.863,19 €, cuxa concesión se aprobou por acordo da Xunta de Goberno na súa sesión do 10 de marzo de 2011, corrixido por outro acordo do 12 de maio de 2010; e á vista da restante documentación obrante no expediente, necesaria para a válida tramitación deste expediente, e do informe favorable da xefa do Servizo de Cooperación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o cambio de aplicación parcial da subvención concedida ó Concello de Barro para a realización do investimento núm. 2009002253, “Adquisición de materiais para reposición de solos e pezas de madeira en estruturas do Pazo da Crega”, por un importe de 66.863,19 €. 11.19807.- ADXUDICACION DA OBRA “REURBANIZACION RÚA RAMON BARES (BUEU)” Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 16/09/2011, prestou aprobación ó expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da obra “Reurbanización rúa Ramón Bares (Bueu)”, con orzamento de 275.915,08€, máis a cantidade de 49.664,71 € correspondentes ó IVE. Resultando que con data 21/10/2011, se constituíu a Mesa de Contratación do procedemento aberto convocado para a contratación das referidas obras, procedendo a continuación á cualificación da documentación xeral (sobre “A”) admitindo a todas as empresas presentadas. Resultando que con data 24/10/2011, este mesmo órgano, en acto público, indicou as plicas que foron cualificadas como non admitidas e admitidas, procedendo á apertura dos sobres “B” destas últimas, correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real Decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Resultando que avaliada esta documentación técnica, o día 16 de xaneiro de 2012 se reúne, en acto público, a mesa de contratación co obxecto de dar a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa, e se procede á apertura dos Sobres “C” daquelas empresas que obtiveron unha valoración superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. Valorada a referida documentación obtén a máxima puntuación a oferta formulada por Jesús Martínez Álvarez Construcciones, S.A., de acordo co seguinte detalle, aínda que contén valores anormais ou desproporcionados no referente ó prezo ofertado. Licitador Puntuación Sobre “B” Puntuación Sobre “C” Puntuación Total JESUS MARTINEZ ALVAREZ CONSTRUCCIONES, S.A. 32,85 50,000 82,850 CONSTRUCCIONES EIRIÑA, S.L. 30,11 37,898 68,008 CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. 32,66 33,608 66,268 CONSTRUCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A. 33,57 31,934 65,504 CONSTRUCCIONES PARAXE, S.L. 30,43 34,079 64,509 HIDROMIÑO, S.L. 30,24 34,064 64,304 ORECO, S.A. 32,34 31,533 63,873 NAROM, S.L. 33,43 24,770 58,200 CONSTRUCCIONES E.C. CASAS, S.L. 35,50 18,795 54,295 SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A. 30,23 22,935 53,165 CONSTRUCCIONES RAFER, S.L. 30,61 22,461 53,071 MARCO OBRAS Y PROYECTOS DE AROUSA, S.L. 30,44 18,429 48,869 CONTRATAS Y DESARROLLOS URBANOS O5, S.L. 32,15 11,722 43,872 ATLANTICA DE CONSTRUCCION Y MEDIO AMBIENTE, S.L. 31,67 10,368 42,038 GALCONSER, S.L. 30,19 11,828 42,018 COPCISA 33,50 4,100 37,600 Resultando que mediante escrito do Secretario da Mesa, e de acordo co establecido no art. 136 da LCSP, se requiriu a Jesús Martínez Álvarez Construcciones, S.A. para que, no prazo improrrogable de cinco días hábiles, xustificara a súa oferta e precisara as condicións desta, en particular no que se refire ó aforro económico, as solucións técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación. Resultando que recibida a xustificación requirida, polo Director de Infraestruturas en funcións se emite informe no que considera que non se xustificou de forma coherente nin abondo a oferta económica realizada polo que propón non sexa tida en conta. Resultando que a Mesa de Contratación, en sesión celebrada o día 8 dos correntes, acorda, á vista do referido informe técnico, desestimar a oferta formulada por Jesús Martínez Álvarez Construcciones, S.A., toda vez que incorre en baixa temeraria, e proceder a unha nova valoración das ofertas propoñendo a adxudicación da obra a Construcciones Eiriña, S.L. que obtén a máxima puntuación, de acordo co seguinte detalle: Licitador Puntuación Sobre “B” Puntuación Sobre “C” Puntuación Total CONSTRUCCIONES EIRIÑA, S.L. 30,11 45,781 75,891 CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. 32,66 40,097 72,757 CONSTRUCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A. 33,57 37,88 71,450 CONSTRUCCIONES PARAXE, S.L. 30,43 40,722 71,152 HIDROMIÑO, S.L. 30,24 40,702 70,942 ORECO, S.A. 32,34 37,351 69,691 NAROM, S.L. 33,43 28,888 62,318 CONSTRUCCIONES E.C. CASAS, S.L. 35,50 22,159 57,659 SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A. 30,23 26,858 57,088 CONSTRUCCIONES RAFER, S.L. 30,61 26,379 56,989 MARCO OBRAS Y PROYECTOS DE AROUSA, S.L. 30,44 21,624 52,064 CONTRATAS Y DESARROLLOS URBANOS O5, S.L. 32,15 13,834 45,984 GALCONSER, S.L. 30,19 13,957 44,147 ATLANTICA DE CONSTRUCCION Y MEDIO AMBIENTE, S.L. 31,67 12,261 43,931 COPCISA 33,50 5,418 38,918 Resultando que, segundo o establecido no art. 135 da Lei 30/2007, de Contratos do Sector Público, Construcciones Eiriña, S.L., atendendo ó requirimento formulado mediante Resolución n.º 1353/12, presentou a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, de dispoñer efectivamente dos medios que se tivese comprometido a dedicar ou adscribir á execución do contrato, e de ter constituído a garantía definitiva equivalente ó 5% do prezo do contrato excluído o IVE. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar a Construcciones Eiriña, S.L. a obra de “Reurbanización Rúa Ramón Bares (Bueu)”, na suma de 222.084,04 €, máis a cantidade de 39.975,13 € correspondente ó IVE, e que oferta un prazo de execución de catro meses, melloras valoradas en 26.380,69 €, e o 3,00% do orzamento de execución material correspondente á adxudicación da obra para control de calidade. O adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación Provincial a suma de 105,40 €, correspondentes á publicación do anuncio do procedemento no Boletín Oficial da Provincia. A coordinación en materia de seguridade e saúde, por un importe equivalente ó 0,50% do orzamento de execución material, IVE incluído, correspóndelle a Atenea Seguridade y Medio, S.A., adxudicataria do procedemento aberto, convocado por esta Deputación Provincial, para a contratación da asistencia técnica en materia de seguridade e saúde en obras da Deputación Provincial de Pontevedra. 12.19808.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO DO DESEÑO E POSTA EN MARCHA DAS SEGUINTES ACCIÓNS: EXPERIENCIA PILOTO EN AGRICULTURA E GANDERÍA ECOLÓXICA, CENTRO DE XESTIÓN DE COÑECEMENTO ARQUEOLÓXICO E CAMPAÑAS E TALLERES DE SENSIBILIZACIÓN CULTURAL ENMARCADAS NO PROXECTO DEPODEZA COFINANCIADO NUN 70% POLO F.E.D.E.R Visto o escrito do Xefe do Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios, mediante o que solicita que se inicien os trámites para a contratación do deseño e posta en marcha das seguintes accións: experiencia piloto en agricultura e gandería ecolóxica, centro de xestión de coñecemento arqueolóxico e campañas e talleres de sensibilización cultural enmarcadas dentro do proxecto DepoDeza cofinanciado nun 70% polo FEDER, cuxo custo se estima na cantidade de 192.000,00 euros, sen IVE. O Proxecto “DepoDeza: dinamización económica da comarca do Deza” ten como finalidade cohesionar o territorio da comarca a través do aproveitamento dos seus recursos endóxenos, promovendo o desenvolvemento socioeconómico equilibrado e sostible. Visto o informe do Técnico Adxunto do Servizo de Contratación e o Informe emitido polo Sr. Secretario sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que ha de rexer na contratación, e visto así mesmo, o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención. Considerando o disposto nos artigos 34.1, f) e i) da Lei 7/85, do 2 de abril, 185 do TRLRHL, do 5 de marzo de 2004, 117 e concordantes do R.d. 2568/86, de 18 de novembro, e a base 16.2 de execución do orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, do deseño e posta en marcha das seguintes accións: experiencia piloto en agricultura e gandaría ecolóxica, centro de xestión de coñecemento arqueolóxico e campañas e talleres de sensibilización cultural enmarcadas no proxecto DepoDeza cofinanciado nun 70% polo F.E.D.E.R. O orzamento de licitación para a execución deste contrato ascende á cantidade de cento noventa e dous mil euros, sen IVE (192.000,00 €), mais a cantidade correspondente ó IVE por importe de 34.560,00 €, o que fai un importe total de 226.560,00 euros. Así mesmo a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Autorizar o gasto por importe de 226.560,00 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 12/241.439.640.00.2011 condicionado á incorporación de remanentes ó orzamento prorrogado do 2011 ó 2012. - Aprobar os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas que rexerán como Lei fundamental. - Iniciar o procedemento de adxudicación para dita contratación, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio desta contratación no Boletín Oficial da Provincia. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DO DESEÑO E POSTA EN MARCHA DAS SEGUINTES ACCIÓNS: EXPERIENCIA PILOTO EN AGRICULTURA E GANDERÍA ECOLÓXICA, CENTRO DE XESTIÓN DE COÑECEMENTO ARQUEOLÓXICO E CAMPAÑAS E TALLERES DE SENSIBILIZACIÓN CULTURAL ENMARCADAS NO PROXECTO DEPODEZA COFINANCIADO NUN 70% POLO F.E.D.E.R 1.- INTRODUCIÓN.- Con data 18 de febreiro de 2011 aprobouse a Resolución da Secretaría de Estado de Cooperación Territorial, pola que se aprobou a convocatoria 2011 para a concesión de axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para cofinanciar proxectos de desenvolvemento local e urbano, na cal a Deputación de Pontevedra presentou entre outros o proxecto DepoDeza: Dinamización Económica da Comarca do Deza. A Secretaría de Estado de Cooperación Territorial, a través da resolución de 22 de xuño de 2011, resolveu conceder financiamento ó proxecto, achegando a Deputación un 30% e o F.E.D.E.R un 70%. O prazo de execución do proxecto DepoDeza, así como os pagos reais e efectivos realizados con cargo ó mesmo, serán ata o 31 de decembro de 2013. A denominación do proxecto DepoDeza: Dinamización Económica da Comarca do Deza, fai referencia, co termo Depo, á Deputación como institución promotora do proxecto e responsable de executar as actuacións. O termo Deza, pola súa banda, fai referencia á Comarca do Deza como área xeográfica na que se desenvolverán as actuacións definidas no marco do proxecto, formada polos municipios de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces. A dinamización económica constitúe o obxectivo prioritario que persegue a Deputación de Pontevedra mediante o desenvolvemento deste proxecto. Dita dinamización está orientada á posta en valor dos recursos endóxenos da comarca mediante o desenvolvemento de actuacións que obren, de forma conxunta, sobre aspectos ambientais, sociais e económicos. 2.- OBXECTO.- Os traballos de deseño, posta en marcha e proposta de licitación das seguintes accións: -Experiencia piloto en agricultura e gandería ecolóxica. -Centro de xestión de coñecemento arqueolóxico. -Campañas e talleres de sensibilización cultural. Ditas accións enmárcanse no Proxecto DepoDeza cofinanciado nun 70% polo F.E.D.E.R. 3.- FINANCIAMENTO.- Realizarase con cargo á aplicación orzamentaria 12/241.439.640.00.2011 condicionado á incorporación de remanentes ó orzamento prorrogado do exercicio 2011 ó 2012. 4.- PAGO.- O pago do prezo será satisfeito ó adxudicatario contra a presentación das correspondentes facturas, unha vez presentada a conformidade por esta Deputación. Efectuarase en dous prazos: - O 75% do importe total aboarase á entrega da documentación especificada na cláusula 7 do prego técnico como Entrega 1. - O 25% restante aboarase á entrega da documentación especificada na cláusula 7 do prego técnico como Entrega 2. 5.- PRAZO DE EXECUCIÓN DO CONTRATO.- O prazo para a execución do contrato será de 25 semanas dende a súa sinatura. 6.- TIPO DE LICITACIÓN.- Establécese na cantidade de cento noventa e dous mil euros, sen IVE (192.000,00€). A cantidade correspondente ó IVE ascende á contía de 34.560,00 €, o que fai un importe total de 226.560,00 €. 7.- PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN.- A adxudicación realizarase utilizando o procedemento aberto, que é o ordinario, tal e como o estipula o artigo 138.2 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público (TRLCSP). 8.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 75 e 78 do TRLCSP, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 60 de dita norma. A efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalizase a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigacións que do contrato se deriven ata a extinción do mesmo, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobros e pagos de contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 9.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 96 do TRLCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días hábiles seguintes contados dende o seguinte a que se publique a adxudicación provisional no perfil do contratante. En caso de incumprir este requisito a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicar provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obrigación, pola orde en que queden clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario preste a súa conformidade, nese caso concederase a este un prazo de dez días hábiles para cumprimentar o sinalado no segundo parágrafo do apartado anterior. A garantía definitiva haberá de ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 10.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 10.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación en horario de 9 a 13 horas, (Sé Pontevedra, luns a sábado; Vigo, luns a venres), durante os 15 días naturais seguintes á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Si o último día de presentación de proposicións coincidise en festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, excepto por Correo Electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (número 986804126), telegrama ou correo electrónico (contratacion@depo.es) no mesmo día. 10.2º.-Formalidades.- Os contratistas interesados na licitación deberán presentar TRES sobres distintos, nos que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: Nome do Licitador. CIF. Dirección e teléfono de contacto. Número de inscrición no rexistro de contratistas (no seu caso). Dependendo de cada sobre incluirase a seguinte documentación: Sobre “A”: documentación xeral, coa seguinte inscrición: “Documentación xeral para o procedemento aberto para a contratación do deseño e posta en marcha das seguintes accións: experiencia piloto en agricultura e gandería ecolóxica, centro de xestión de coñecemento arqueolóxico e campañas e talleres de sensibilización cultural enmarcadas no proxecto Depodeza cofinanciado nun 70% polo FEDER. Este sobre conterá os seguintes documentos: 1.-A capacidade de obrar dos empresarios que foren persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, no seu caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose exixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante a escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que constaren as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, no seu caso, no correspondente Rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de Estados membros da Comunidade Europea, deberán acreditar a súa inscrición nos Rexistros ou a achega das certificacións descritas no artigo 9 do Real Decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (Rxlcap). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar con informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, no que se faga constar, previa acreditación pola empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou na súa falta, que actúan con habitualidade no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real Decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (Rxlcap). Se é persoa física, o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador, deberá acompañarse o documento que acredite a personalidade deste representante (Documento Nacional de Identidade, para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastante en Dereito ó seu favor, debidamente inscrito no Rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas Administracións Públicas. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ha de ostentar a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3.- Unha declaración responsable de non estar incurso nas prohibicións de contratar establecidas no artigo 60 do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Publico. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigacións tributarias e coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vaia a efectuar esta. 4.- Para as empresas estranxeiras, declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois, de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, no seu caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante. 5.- Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica: Solvencia económica: Declaración responsable relativa á cifra de negocios dos traballos realizados pola empresa nos últimos tres anos, que acredite que en cada un dos tres últimos exercicios deberá ser dunha cantidade igual ou superior a tres veces o importe de licitación. Solvencia técnica: a) Relación dos principais servizos ou traballos finalizados nos exercicios 2009, 2010 e 2011 (de conformidade co modelo establecido no anexo I) e que teñan relación con: - Proxectos de oficina técnica de actuacións financiadas con Fondos FEDER. - Proxectos de seguimento ou execución de actuacións da Convocatoria 2007 de axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para cofinanciar proxectos de desenvolvemento local e urbano durante o período de intervención 2007-2013 da Secretaría de Estado de Cooperación Territorial. Dita relación deberá incluír importe, datas e destinatario. Os servizos acreditaranse mediante certificados de boa execución expedidos ou visados polo órgano contratante. O importe total dos contratos xustificados mediante os certificados de boa execución, deberá ser igual ou superior a 3 veces a contía de licitación deste contrato. b) Declaración do equipo técnico destinado á execución do contrato, incluíndo currículo vitae de cada un dos integrantes, as titulacións académicas do persoal debidamente compulsadas e xustificando a experiencia laboral mediante a vida laboral de cada un dos integrantes (de conformidade co modelo establecido no anexo II). A experiencia específica nos ámbitos xustificaranse (de conformidade co modelo do anexo III) mediante: - Contratos e certificados de servizos prestados no caso de persoal que traballe directamente para a administración pública. - Declaración responsable emitida polo responsable legal da empresa, no caso de persoal que traballe en empresas privadas contratadas pola administración. Os equipos de traballo propostos polas empresas licitadoras deben cumprir, como mínimo, a seguinte estrutura e características: -Un/a director/coordinador/a de proxecto. Estudos superiores de Enxeñería, Economía , Empresariais ou ADE. Deberá ter unha experiencia profesional superior a 8 anos. Experiencia mínima de 5 anos en traballos para a administración pública como coordinador ou director de proxectos cofinanciados con Fondos Comunitarios. -Un/a titulado/a superior. Deberá ter a titulación superior en informática, telecomunicacións ou similar. Experiencia profesional mínima de 5 anos. -Un/a enxeñeiro agrónomo ou técnico agrícola. Experiencia profesional mínima de 5 anos. En caso de adxudicación do contrato a empresa adxudicataria comprométese a poñer todos os medios técnicos, materiais, económicos e humanos que esixa a posta en marcha do proxecto, sendo ó seu cargo a obtención de todos os permisos e autorizacións necesarias para a realización do mesmo de conformidade co establecido nos pregos. Sobre “B”: Documentación correspondente á valoración de criterios non avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: “Documentación técnica para o procedemento aberto para a contratación do deseño e posta en marcha das seguintes accións: experiencia piloto en agricultura e gandería ecolóxica, centro de xestión de coñecemento arqueolóxico e campañas e talleres de sensibilización cultural enmarcadas no proxecto DepoDeza cofinanciado nun 70% polo FEDER. Presentarase pechado e contendo os seguintes documentos: 1.- Como primeiro documento presentarase unha relación numerada e foliada de todos os documentos que se presenten, debendo estar debidamente asinado e selado polo representante legal da empresa. 2.- Introdución: neste apartado comentarase o contexto do proxecto e como os seus obxectivos están encadrados nas prioridades comunitarias, nacionais e rexionais. 3.- Solución proposta: a) Enfoque global: describirase de forma global a solución proposta polo licitador indicando aqueles aspectos que, a xuízo do licitador, sexan claves para o cumprimento dos obxectivos do proxecto. b) Actividades e tarefas: describirase de forma detallada a metodoloxía proposta para a realización de todas as actividades. c) Planificación do proxecto: descrición do plan de traballo detallado para desenvolver as tarefas solicitadas no prazo de tempo establecido e coa garantía de calidade requirida. Este plan de traballo deberá detallar as tarefas, presentando o seu calendario de execución. d) Entregables: describirase o contido dos entregables a xerar no proxecto. 4.- Equipo de traballo: a) Estrutura organizativa: onde se propón e describe a estrutura dos equipos de traballo. Ademais destes documentos presentaranse todos aqueles que o licitador considere oportunos para a perfecta definición do contrato. A oferta técnica deberá presentarse por escrito e en formato dixital. O formato dixital deberá entregarse en soporte CD ou DVD levando a seguinte etiqueta: EMPRESA Nome do ficheiro Oferta técnica.doc Oferta técnica.pdf Sobre “C”: Documento correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: “Proposición económica para o procedemento aberto para a contratación do deseño e posta en marcha das seguintes accións: experiencia piloto en agricultura e gandería ecolóxica, centro de xestión de coñecemento arqueolóxico e campañas e talleres de sensibilización cultural enmarcadas no proxecto DepoDeza cofinanciado nun 70% polo FEDER. Presentarase pechado e contendo o seguinte documento: Modelo de proposición, seguindo o modelo determinado na última cláusula final deste prego de condicións, debendo estar asinado e selado. 11- MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará composta por: PRESIDENTE: - O Presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. VOGAIS: - O Secretario Xeral da Corporación. - O Interventor da Corporación. - O Xefe do Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios. SECRETARIO: - O Técnico Adxunto do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 12.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións, constituirase a mesa de contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no Sobre “A”. No caso de que resulte preciso a subsanación de erros ou omisións na documentación establecida na cláusula 9.2, a mesa de contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente, a mesa ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó día en que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, en acto público, sinalará aquelas que sexan cualificadas como inadmitidas e admitidas, e procederá á apertura do Sobre “B” correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real Decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Dita documentación será traslada ós técnicos que se consideren oportunos, os cales a avaliarán e ponderarán seguindo criterios de valoración establecidos no prego. Unha vez avaliada esta documentación técnica, sinalarase no perfil do contratante da Deputación, a data e hora na que se procederá, en acto público, á apertura do Sobre “C” da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas. Neste acto, darase a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos sobres “C” daquelas empresas que obteñan unha valoración superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. 13.- CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO.- Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: 13.1.-Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre “B”): Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valoraranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: 13.1.1.- Calidade da proposta e metodoloxía presentada (máximo 35 puntos): Valorarase neste punto a metodoloxía aplicada ó proxecto polo licitador, atendendo especialmente a súa adecuación ós requisitos dos pregos de prescricións técnicas e ó seu carácter especificamente orientado ó proxecto DepoDeza. 13.1.2.- Planificación e mecanismos de seguimento e control (máximo 15 puntos): Valorarase neste punto a planificación global do proxecto, a desagregación en fases, actividades, tarefas, calendarización das mesmas, a aplicación dun sistema de calidade e un modelo de seguimento e control das tarefas, así como a súa aplicación práctica ós traballos a realizar de forma completa e específica. 13.2.- Enumeración dos criterios avaliables mediante fórmulas (Sobre “C”): Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: 13.2.1.- Prezo de licitación, ata un máximo de 15 puntos. Valorarase de acordo coa fórmula establecida no anexo IV. 13.2.2.- Ampliación do equipo de traballo, ata un máximo de 20 puntos: Só se valorarán integrantes que teñan unha cualificación igual ou superior á esixida para o equipo mínimo. A prestación do servizo realizarase nas dependencias da Deputación de Pontevedra ou onde sexa requirida pola mesma. Valorarase de acordo coa seguinte fórmula: (b-a)/(c-a)*d Onde: a=3 (Nº mínimo de persoas esixido no prego) b= persoas ofertadas polo licitador. c= media aritmética de todas as ofertas presentadas redondeada ó número superior (límite de saciedade a partir do cal a puntuación excede o máximo asignado ó criterio). d= puntuación máxima outorgada ó criterio. 13.2.3.- Redución do prazo de execución do proxecto, ata un máximo de 15 puntos. Valorarase de acordo coa seguinte fórmula: A) Oferta situada entre o PMV e o PB B) A oferta está por debaixo do PMV Onde: P= puntos asignados ó criterio. PB= 25 semanas (Prazo máximo de execución esixidos nos pregos). Oi= Prazo de execución do proxecto ofertado polo licitador. PMV= Media aritmética das ofertas presentadas redondeada ó numero superior. As empresas que oferten un prazo de execución inferior nun 20% ó PMV, solicitaráselles un cronograma de execución detallado para analizar a viabilidade da proposta e considerar a súa admisión ou exclusión da licitación conforme ó indicado no art. 152 do Real decreto lexislativo 3/2011. Om= Oferta mínima admitida. 14.- REQUIRIMIENTO.- O órgano de contratación, tras solicitar os informes técnicos que estime pertinente, avaliará as ofertas e en función dos criterios establecidos na base anterior, clasificaraas por orde decrecente, e requirirá á empresa que presente a oferta economicamente máis vantaxosa para que dentro do prazo de 10 días hábiles , a contar dende o día que recibise a comunicación, presente a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das súas obrigacións tributarias e coa Seguridade Social, e calquera outro documento acreditativo da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometese a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta Institución, así como constituír a garantía definitiva. 15.- ADXUDICACIÓN.- O órgano de contratación adxudicará o contrato dentro dos cinco días hábiles seguintes á recepción da documentación referida no punto anterior, fixando os termos definitivos do contrato. De forma simultánea publicarase a adxudicación no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra. 16.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato elévese a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 17.- PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos polo TRLCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depontevedra.es), o seu perfil de contratante. 18.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN.- A documentación dos licitadores que non resulten adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, previo aviso ó servizo de contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no e-mail contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados dende o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores, e durante o prazo de 30 días naturais, salvo que a administración considere oportuno retela no suposto que interpuxeran reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorridos os prazos anteriormente mencionados, esta administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 19.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán por conta do adxudicatario, os gastos de anuncios e calesqueira outros que xere o expediente. 20.- RESPONSABILIDADE DANOS.- Será de conta do contratista a responsabilidade derivada de todos os danos, prexuízos e accións de calquera natureza que sexan ocasionados a terceiras persoas pola súa persoa, a súa maquinaria, produtos ou como consecuencia dos traballos realizados ou por abandono, demora ou deficiente execución dos mesmos. Cando tales danos e prexuízos sexan ocasionados como consecuencia inmediata e directa dunha orde da Administración, será esta responsable dentro dos límites establecidos na Lei. Así mesmo, o contratista responderá civil, e, no seu caso, penalmente os danos causados á Administración Contratante ou a terceiros como consecuencia dos vicios ocultos das tarefas de limpeza. 21.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 223 e 308 do Trlcsp. 22.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto, en canto á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, polo TRLCSP e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, na súa falta, as normas de dereito privado. 23.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don............................., maior de idade, veciño de....................., con domicilio en ............................titular do DNI.................., expedir en data.............., actuando en nome propio ou en representación de .....................con domicilio en ..............................., teléfono.................... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Decatado do anuncio, para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente ó deseño e posta en marcha das seguintes accións: experiencia piloto en agricultura e gandería ecolóxica, centro de xestión de coñecemento arqueolóxico e campañas e talleres de sensibilización cultural enmarcadas no proxecto DepoDeza cofinanciado nun 70% polo FEDER, comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económico administrativas particulares e de prescricións técnicas de acordo co seguinte detalle: -Prezo base_________________ IVE_______________________ Prezo total__________________ -Equipo de traballo ofertado a maiores do mínimo esixido. Nº de persoas con estudos superiores de enxeñería, economía, empresariais ou ADE, cunha experiencia profesional mínima de 8 anos e unha experiencia mínima de 5 anos no desenvolvemento de proxectos financiados con Fondos Europeos________________ Nº de persoas con titulación superior en informática, telecomunicacións ou similar cunha experiencia profesional mínima de 5 anos________________ Nº de persoas con titulación en enxeñería agrónoma ou técnico agrícola cunha experiencia profesional mínima de 5 anos________________ (Para a aplicación da fórmula computarase a suma do nº de persoas dos tres perfiles). -Prazo de execución: ____________semanas” Ditos anexos son os que seguen: ANEXO IV Fórmula a aplicar na valoración da oferta económica. 13.19809.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, PARA A ADXUDICACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO ABETO, DA SUBMINISTRACIÓN DE DIVERSOS TIPOS DE REACTIVOS PARA O LABORATORIO DA FINCA MOURISCADE, DURANTE O ANO 2012 A Xefa do Servizo da Finca Mouriscade mediante escrito de data 19 de xaneiro de 2012, solicita que se proceda a tramitar a contratación da subministración de reactivos para o Laboratorio do Finca Mouriscade durante o ano 2012, elaborando para iso o correspondente informe e prego de prescricións técnicas onde se detallan os diversos tipos de reactivos a subministrar. No citado prego relaciónanse os reactivos que se precisan utilizar en dito laboratorio durante o ano 2012, clasificados nos seguintes lotes: Lote Denominación Importe 1 Reactivos para a realización de análises de pensos e materias primas 64.900,00 € 2 Reactivos para a determinación de salmonella ssp en pensos, materias primas ou outros alimentos seguindo o protocolo do equipo minividas existente no centro 53.100,00 € 3 Reactivos para a identificación de xermes e realización de antibiogramas en mostras de leite, seguindo as instrucións do equipo vitek 2 de que dispón o centro 11.800,00 € 4 Reactivos para a realización de varias determinacións microbiolóxicas en pensos, materias primas e outras matrices 35.400,00 € TOTAL............... 165.200,00 € Resultando que polo Servizo de Intervención se emite o documento RC de data 06/02/2012, polo que se certifica a existencia de consignación orzamentaria, por importe de 165.200,00 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 12/411.412.221.06 do orzamento prorrogado do ano 2011 ó 2012. Resultando que polo Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio, se confeccionou o proxecto de prego de condicións administrativas que han de rexer no correspondente expediente de contratación, cuxa adxudicación se propón que sexa mediante procedemento aberto, de acordo ás consideracións que figuran no informe do Técnico Adxunto do Servizo de Contratación de data 3 de febreiro de 2012. Resultando que con data 7 de febreiro de 2012, o Sr. Secretario Xeral informa o citado proxecto de prego de condicións, é polo que se elabora o prego de condicións económico-administrativas que rexerá na contratación da subministración de diversos tipos de reactivos para o laboratorio do Finca Mouriscade durante o ano 2012. Resultando que con data 10 de febreiro de 2012 polo Sr. Interventor se emite informe de fiscalización do expediente. Considerando que o Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, no seu artigo 9 tipifica a este contrato como “de subministración” ó ter por obxecto a adquisición de produtos ou bens mobles e que o procedemento aberto é o que debe utilizarse ordinariamente para a adxudicación destes contratos, tal como establece o artigo 138.2 do citado R.d.l. 3/2011. Considerando que a disposición adicional segunda do referenciado R.d.l. 3/2011, no seu apartado 1, faculta ó Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de subministración, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento prorrogado do ano 2011 ó 2012, concretamente na Base 16ª. 2a) onde figura que lle compete á “Xunta de Goberno” a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de subministracións que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento aberto, da subministración de diversos tipos de reactivos para o laboratorio do Finca Mouriscade durante o ano 2012, ata un importe máximo de cento sesenta e cinco mil douscentos euros (165.200,00 €), IVE incluído (Deste importe 140.000,00 € corresponden ó prezo do contrato e 25.200,00 € ó IVE), desagregado nos lotes e polos prezos unitarios máximos, por cada lote e tipo de reactivo, que a continuación se detalla: LOTE Nº 1.- REACTIVOS PARA A REALIZACIÓN DE ANÁLISES DE PENSOS e MATERIAS PRIMAS..............................ATA UN MÁXIMO DE 64.900,00 EUROS TIPO DE REACTIVO Prezo Unitario IVE Prezo Unitario (IVE incluído) SOLUCIÓN ACIDA DETERXENTE RE 5 LITROS 38,98 € 7,02 € 46,00 € SOLUCIÓN NEUTRA DETERXENTE RE 5 LITROS 30,51 € 5,49 € 36,00 € POTASIO HIDRÓXIDO 0.23 N 5 LITROS SV 27,97 € 5,03 € 33,00 € SULFÚRICO 0.1275 M SV 5 LITROS 39,83 € 7,17 € 47,00 € SODIO HIDRÓXIDO 32% PA 5 LITROS 27,97 € 5,03 € 33,00 € POTASIO SULFATO PA 5 KG 72,03 € 12,97 € 85,00 € COBRE II SULFATO V-HIDRATO 500G PA 16,10 € 2,90 € 19,00 € ÁCIDO BORICO 4% 5 LITROS RV 40,68 € 7,32 € 48,00 € ÁCIDO CLORHIDRICO 0.1N SV 1 LITRO 7,63 € 1,37 € 9,00 € ÁCIDO SULFÚRICO 95-97% PA 2.5 LITROS 22,88 € 4,12 € 27,00 € ETER PETROLEO 40-60º PA 5 LITROS 51,70 € 9,31 € 61,01 € ÁCIDO CLORHIDRICO 0.310 M(1.128%P/V) SV 5 L 23,73 € 4,27 € 28,00 € CLORURO DE CESIO PA 100 G 99,15 € 17,85 € 117,00 € ÁCIDO CLORHIDRICO 37% 1 LITRO 11,02 € 1,98 € 13,00 € ACETONA, P. SINTESIS 5 LITROS 34,75 € 6,26 € 41,01 € ÁCIDO ACETICO GLACIAL, PARA ANALISIS, ACS, ISO x 1 LITRO 18,64 € 3,36 € 22,00 € ÁCIDO CLORHIDRICO, SOLUCIÓN 3 mol/l(3 N),10 L 69,49 € 12,51 € 82,00 € ÁCIDO NÍTRICO MIN. 65 %, PA 16,10 € 2,90 € 19,00 € ETER DIETILICO, P. ANALISIS ACS ISO x 5 LITROS 82,20 € 14,80 € 97,00 € PLATA NITRATO, 0,1 N, SOL. VALORADA x 1 LITRO 27,97 € 5,03 € 33,00 € REACTIVO CARREZ I , 5 LITROS 73,73 € 13,27 € 87,00 € REACTIVO CARREZ II, 5 LITROS 73,73 € 13,27 € 87,00 € SODIO HIDRÓXIDO 0,01 M (0,01 N),SOL. VALOx1L 11,02 € 1,98 € 13,00 € SODIO HIDROXIDO,SOLUCIÓN 0,1 MOL/L(0,1),1 L 11,02 € 1,98 € 13,00 € SODIO SULFITO, P. ANALISIS ACS X 1 KG 17,80 € 3,20 € 21,00 € LOTE Nº 2.- REACTIVOS PARA A DETERMINACIÓN DE SALMONELLA SSP EN PENSOS, MATERIAS PRIMAS OU OUTROS ALIMENTOS SEGUINDO O PROTOCOLO DO EQUIPO MINIVIDAS EXISTENTE NO CENTRO.....................ATA UN MÁXIMO DE 53.100,00 EUROS. TIPO DE REACTIVO Prezo Unitario IVE Prezo Unitario (IVE incluído) CALDO RAPPAPORT VASSILIADIS SOIA 20X10 ML 22,03 € 3,97 € 26,00 € CALDO MULLER- KAUFFMANN 20X10 ML 22,03 € 3,97 € 26,00 € CALDO M 20X10 ML 21,19 € 3,81 € 25,00 € VIDAS Immuno - Concentratión Salmonella (ICS), CAIXA 60 DETERMINACIÓNS 225,42 € 40,58 € 266,00 € VIDAS Salmonella (SLM) CAIXA 60 DETERMINACIÓNS 283,90 € 51,10 € 335,00 € LOTE Nº 3.- REACTIVOS PARA A IDENTIFICACIÓN DE XERMES E REALIZACIÓN DE ANTIBIOGRAMAS EN MOSTRAS DE LEITE, SEGUINDO AS INSTRUCIÓNS DO EQUIPO VITEK 2 DE QUE DISPÓN O CENTRO.............................ATA UN MÁXIMO DE 11.800,00 EUROS TIPO DE REACTIVO Prezo Unitario IVE Prezo Unitario (IVE incluído) TARXETAS DE IDENTIFICACION E SENSIBILIDADES PARA DISTINTOS XERMES, CAIXA DE 20 UNIDADES. 118,64 € 21,36 € 140,00 € LOTE Nº 4.- REACTIVOS PARA A REALIZACIÓN DE VARIAS DETERMINACIÓNS MICROBIOLÓXICAS EN PENSOS, MATERIAS PRIMAS E OUTRAS MATRICES................................ATA UN MÁXIMO DE 35.400,00 EUROS TIPO DE REACTIVO Prezo Unitario IVE Prezo Unitario (IVE incluído) AUGA PEPTONA TAMPONADA BOLSA 3 L 16,44 € 2,96 € 19,40 € AUGA PEPTONA TAMPONADA BOLSA 5 L 21,61 € 3,89 € 25,50 € MEDIO CROMOXÉNICO PARA E. COLI, AGAR 100 ML 4,41 € 0,79 € 5,20 € MEDIO CROMOXÉNICO PARA E. COLI, AGAR 200 ML 8,64 € 1,56 € 10,20 € MEDIO VRBG AGAR, PARA RECONTO ENTEROBACTERIAS, 100 ML 2,37 € 0,43 € 2,80 € MEDIO VRBG AGAR, PARA RECONTO ENTEROBACTERIAS, 200 ML 4,32 € 0,78 € 5,10 € MEDIO BAIRD PARKER + RPF, 100 ML 13,81 € 2,49 € 16,30 € MEDIO GELOSA SULFITO DE FERRO-AGAR CON SUPLEMENTO CICLOSERINA PARA RECONTO DE CLOSTRIDIUM PERFRINGENS 100 ML 3,48 € 0,63 € 4,11 € MEDIO GELOSA SULFITO DE FERRO-AGAR CON SUPLEMENTO CICLOSERINA PARA RECONTO DE CLOSTRIDIUM PERFRINGENS 200 ML 6,95 € 1,25 € 8,20 € MEDIO SABORAUD CLORANFENICOL AGAR PARA ILLAMENTO SELECTIVO MOFOS, 100 ML 2,63 € 0,47 € 3,10 € MEDIO SABORAUD CLORANFENICOL AGAR PARA ILLAMENTO SELECTIVO MOFOS, 200 ML 4,32 € 0,78 € 5,10 € 2. Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán en dito procedemento aberto. 3. Para poder contratar a subministración de diversos tipos de reactivos para o laboratorio do Finca Mouriscade durante o ano 2012, autorízase inicialmente o gasto polo importe máximo de 165.200,00 €, con cargo á aplicación orzamentaria 12/411.412.221.06 do orzamento prorrogado do ano 2011 ó 2012, tendo en conta que para efectos contables o imposto sobre o valor engadido (IVE) deste contrato vai ser deducido polo que o gasto real unha vez deducido este imposto cifrado en 25.200,00 €, quede na suma de 140.000,00€, que resulta o prezo do contrato sen IVE. 4. Iniciar o procedemento de adxudicación para a contratación da subministración de diversos tipos de reactivos para o laboratorio do Finca Mouriscade durante o ano 2012, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, de conformidade co estipulado no artigo 159.2 do R.d.l. 3/2011. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DA SUBMINISTRACIÓN DE DIVERSOS TIPOS DE REACTIVOS PARA O LABORATORIO DA FINCA MOURISCADE DURANTE O ANO 2012. 1.- OBXECTO.- A subministración de diversos tipos de reactivos para o laboratorio da Finca Mouriscade de conformidade coas características que figuran no prego de prescricións técnicas elaborado pola Xefa de Servizo da Finca Mouriscade e desagregados nos seguintes lotes: LOTE Nº 1.- REACTIVOS PARA A REALIZACIÓN DE ANÁLISES DE PENSOS E MATERIAS PRIMAS SOLUCIÓN ACIDA DETERXENTE RE 5 LITROS SOLUCIÓN NEUTRA DETERXENTE RE 5 LITROS POTASIO HIDRÓXIDO 0.23 N 5 LITROS SV SULFÚRICO 0.1275 M SV 5 LITROS SODIO HIDRÓXIDO 32% PA 5 LITROS POTASIO SULFATO PA 5 KG COBRE II SULFATO V-HIDRATO 500G PA ÁCIDO BORICO 4% 5 LITROS RV ÁCIDO CLORHIDRICO 0.1N SV 1 LITRO ÁCIDO SULFÚRICO 95-97% PA 2.5 LITROS ETER PETROLEO 40-60º PA 5 LITROS ÁCIDO CLORHIDRICO 0.310 M(1.128%P/V) SV 5 L CLORURO DE CESIO PA 100 G ÁCIDO CLORHIDRICO 37% 1 LITRO ACETONA, P. SINTESIS 5 LITROS ÁCIDO ACETICO GLACIAL, PARA ANALISIS, ACS, ISO x 1 LITRO ÁCIDO CLORHIDRICO, SOLUCIÓN 3 mol/l(3 N),10 L ÁCIDO NÍTRICO MIN. 65 %, PA ETER DIETILICO, P. ANALISIS ACS ISO x 5 LITROS PRATA NITRATO, 0,1 N, SOL. VALORADA x 1 LITROS REACTIVO CARREZ I , 5 LITROS REACTIVO CARREZ II, 5 LITROS SODIO HIDRÓXIDO 0,01 M (0,01 N),SOL. VALOx1L SODIO HIDROXIDO,SOLUCIÓN 0,1 MOL/L(0,1),1 L SODIO SULFITO, P. ANALISIS ACS X 1 KG LOTE Nº 2.- REACTIVOS PARA A DETERMINACIÓN DE SALMONELLA SSP EN PENSOS, MATERIAS PRIMAS OU OUTROS ALIMENTOS SEGUINDO O PROTOCOLO DO EQUIPO MINIVIDAS EXISTENTE NO CENTRO CALDO RAPPAPORT VASSILIADIS SOJA 20X10 ML CALDO MULLER- KAUFFMANN 20X10 ML CALDO M 20X10 ML VIDAS Immuno - Concentratión Salmonella (ICS), CAIXA 60 DETERMINACIÓNS VIDAS Salmonella (SLM) CAIXA 60 DETERMINACIÓNS LOTE Nº 3.- REACTIVOS PARA A IDENTIFICACIÓN DE XERMES E REALIZACIÓN DE ANTIBIOGRAMAS EN MOSTRAS DE LEITE, SEGUINDO AS INSTRUCIÓNS DO EQUIPO VITEK 2 DE QUE DISPÓN O CENTRO TARXETAS DE IDENTIFICACION E SENSIBILIDADES PARA DISTINTOS XERMES, CAIXA DE 20 UNIDADES. LOTE Nº 4.- REACTIVOS PARA A REALIZACIÓN DE VARIAS DETERMINACIÓNS MICROBIOLÓXICAS EN PENSOS, MATERIAS PRIMAS E OUTRAS MATRICES AUGA PEPTONA TAMPONADA BOLSA 3 L AUGA PEPTONA TAMPONADA BOLSA 5 L MEDIO CROMOXÉNICO PARA E. COLI ,AGAR 100 ML MEDIO CROMOXÉNICO PARA E. COLI ,AGAR 200 ML MEDIO VRBG AGAR, PARA RECONTO ENTEROBACTERIAS, 100 ML MEDIO VRBG AGAR, PARA RECONTO ENTEROBACTERIAS, 200 ML MEDIO BAIRD PARKER + RPF, 100 ML MEDIO GELOSA SULFITO DE FERRO-AGAR CON SUPLEMENTO CICLOSERINA PARA RECONTO DE CLOSTRIDIUM PERFRINGENS 100 ML MEDIO GELOSA SULFITO DE FERRO-AGAR CON SUPLEMENTO CICLOSERINA PARA RECONTO DE CLOSTRIDIUM PERFRINGENS 200 ML MEDIO SABORAUD CLORANFENICOL AGAR PARA ILLAMENTO SELECTIVO MOFOS, 100 ML MEDIO SABORAUD CLORANFENICOL AGAR PARA ILLAMENTO SELECTIVO MOFOS, 200 ML 2.- FINANCIAMENTO.- O prezo do contrato financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 12/411.412.221.06 do orzamento prorrogado do 2011 ó 2012. O crédito máximo a reservar para cada un dos lotes é o que figura detallado na cláusula 5ª deste prego. 3.- PAGO.- O pago do prezo da subministración efectuarase contra a presentación das correspondentes facturas, unha vez efectuado a subministración e prestada a conformidade por esta Deputación Provincial. 4.- PRAZO E LUGAR DE ENTREGA.- A subministración dos reactivos efectuarase na Finca Mouriscade sita no termo municipal de Lalín (Pontevedra), nun prazo de 24 horas dende que o persoal do laboratorio o solicite, durante o ano 2012, a partir da data de formalización do contrato. Os gastos de entrega e transporte serán por conta do adxudicatario, tal como sinala o artigo 297 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público (R.d.l. 3/2011, en diante). 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- O importe global do contrato estímase na cantidade de cento corenta mil euros (140.000,00 €) sen IVE, sendo a cantidade correspondente ó IVE de vinte e cinco mil douscentos euros (25.200,00 €), coa particularidade de que ante a imposibilidade de determinar a cantidade exacta de reactivos que se precisan utilizar durante o ano 2012, o orzamento do contrato fíxase nas cantidades máximas que figuran para cada un dos lotes, con todo a adxudicación efectuarase en base ós prezos unitarios, por cada tipo de reactivos, que oferten os licitadores, cuxo tipo máximo de licitación se establece nas seguintes cantidades: LOTE Nº 1.- REACTIVOS PARA A REALIZACIÓN DE ANÁLISES DE PENSOS e MATERIAS PRIMAS..............................ATA UN MÁXIMO DE 64.900,00 EUROS. TIPO DE REACTIVO Prezo Unitario IVE Prezo Unitario (IVE incluído) SOLUCIÓN ACIDA DETERXENTE RE 5 LITROS 38,98 € 7,02 € 46,00 € SOLUCIÓN NEUTRA DETERXENTE RE 5 LITROS 30,51 € 5,49 € 36,00 € POTASIO HIDRÓXIDO 0.23 N 5 LITROS SV 27,97 € 5,03 € 33,00 € SULFÚRICO 0.1275 M SV 5 LITROS 39,83 € 7,17 € 47,00 € SODIO HIDRÓXIDO 32% PA 5 LITROS 27,97 € 5,03 € 33,00 € POTASIO SULFATO PA 5 KG 72,03 € 12,97 € 85,00 € COBRE II SULFATO V-HIDRATO 500G PA 16,10 € 2,90 € 19,00 € ÁCIDO BORICO 4% 5 LITROS RV 40,68 € 7,32 € 48,00 € ÁCIDO CLORHIDRICO 0.1N SV 1 LITRO 7,63 € 1,37 € 9,00 € ÁCIDO SULFÚRICO 95-97% PA 2.5 LITROS 22,88 € 4,12 € 27,00 € ETER PETROLEO 40-60º PA 5 LITROS 51,70 € 9,31 € 61,01 € ÁCIDO CLORHIDRICO 0.310 M(1.128%P/V) SV 5 L 23,73 € 4,27 € 28,00 € CLORURO DE CESIO PA 100 G 99,15 € 17,85 € 117,00 € ÁCIDO CLORHIDRICO 37% 1 LITRO 11,02 € 1,98 € 13,00 € ACETONA, P. SINTESIS 5 LITROS 34,75 € 6,26 € 41,01 € ÁCIDO ACETICO GLACIAL, PARA ANALISIS, ACS, ISO x 1 LITRO 18,64 € 3,36 € 22,00 € ÁCIDO CLORHIDRICO, SOLUCIÓN 3 mol/l(3 N),10 L 69,49 € 12,51 € 82,00 € ÁCIDO NÍTRICO MIN. 65 %, PA 16,10 € 2,90 € 19,00 € ETER DIETILICO, P. ANALISIS ACS ISO x 5 LITROS 82,20 € 14,80 € 97,00 € PRATA NITRATO, 0,1 N, SOL. VALORADA x 1 LITROS 27,97 € 5,03 € 33,00 € REACTIVO CARREZ I , 5 LITROS 73,73 € 13,27 € 87,00 € REACTIVO CARREZ II, 5 LITROS 73,73 € 13,27 € 87,00 € SODIO HIDRÓXIDO 0,01 M (0,01 N),SOL. VALOx1L 11,02 € 1,98 € 13,00 € SODIO HIDROXIDO,SOLUCIÓN 0,1 MOL/L(0,1),1 L 11,02 € 1,98 € 13,00 € SODIO SULFITO, P. ANALISIS ACS X 1 KG 17,80 € 3,20 € 21,00 € LOTE Nº 2.- REACTIVOS PARA A DETERMINACIÓN DE SALMONELLA SSP EN PENSOS, MATERIAS PRIMAS OU OUTROS ALIMENTOS SEGUINDO O PROTOCOLO DO EQUIPO MINIVIDAS EXISTENTE NO CENTRO.....................ATA UN MÁXIMO DE 53.100,00 EUROS. TIPO DE REACTIVO Prezo Unitario IVE Prezo Unitario (IVE incluído) CALDO RAPPAPORT VASSILIADIS SOJA 20X10 ML 22,03 € 3,97 € 26,00 € CALDO MULLER- KAUFFMANN 20X10 ML 22,03 € 3,97 € 26,00 € CALDO M 20X10 ML 21,19 € 3,81 € 25,00 € VIDAS Immuno - Concentratión Salmonella (ICS), CAIXA 60 DETERMINACIÓNS 225,42 € 40,58 € 266,00 € VIDAS Salmonella (SLM) CAIXA 60 DETERMINACIÓNS 283,90 € 51,10 € 335,00 € LOTE Nº 3.- REACTIVOS PARA A IDENTIFICACIÓN DE XERMES E REALIZACIÓN DE ANTIBIOGRAMAS EN MOSTRAS DE LEITE, SEGUINDO AS INSTRUCIÓNS DO EQUIPO VITEK 2 DE QUE DISPÓN O CENTRO.............................ATA UN MÁXIMO DE 11.800,00 EUROS TIPO DE REACTIVO Prezo Unitario IVE Prezo Unitario (IVE incluído) TARXETAS DE IDENTIFICACION E SENSIBILIDADES PARA DISTINTOS XERMES, CAIXA DE 20 UNIDADES. 118,64 € 21,36 € 140,00 € LOTE Nº 4.- REACTIVOS PARA A REALIZACIÓN DE VARIAS DETERMINACIÓNS MICROBIOLÓXICAS EN PIENSOS, MATERIAS PRIMAS E OUTRAS MATRICES................................ATA UN MÁXIMO DE 35.400,00 EUROS TIPO DE REACTIVO Prezo Unitario IVE Prezo Unitario (IVE incluído) AUGA PEPTONA TAMPONADA BOLSA 3 L 16,44 € 2,96 € 19,40 € AUGA PEPTONA TAMPONADA BOLSA 5 L 21,61 € 3,89 € 25,50 € MEDIO CROMOGENICO PARA E. COLI ,AGAR 100 ML 4,41 € 0,79 € 5,20 € MEDIO CROMOGENICO PARA E. COLI ,AGAR 200 ML 8,64 € 1,56 € 10,20 € MEDIO VRBG AGAR, PARA RECONTO ENTEROBACTERIAS, 100 ML 2,37 € 0,43 € 2,80 € MEDIO VRBG AGAR, PARA RECONTO ENTEROBACTERIAS, 200 ML 4,32 € 0,78 € 5,10 € MEDIO BAIRD PARKER + RPF, 100 ML 13,81 € 2,49 € 16,30 € MEDIO GELOSA SULFITO DE FERRO-AGAR CON SUPLEMENTO CICLOSERINA PARA RECONTO DE CLOSTRIDIUM PERFRINGENS 100 ML 3,48 € 0,63 € 4,11 € MEDIO GELOSA SULFITO DE FERRO-AGAR CON SUPLEMENTO CICLOSERINA PARA RECONTO DE CLOSTRIDIUM PERFRINGENS 200 ML 6,95 € 1,25 € 8,20 € MEDIO SABORAUD CLORANFENICOL AGAR PARA ILLAMENTO SELECTIVO MOFOS, 100 ML 2,63 € 0,47 € 3,10 € MEDIO SABORAUD CLORANFENICOL AGAR PARA ILLAMENTO SELECTIVO MOFOS, 200 ML 4,32 € 0,78 € 5,10 € 6.- PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN.- A adxudicación realizarase utilizando o procedemento aberto, que é o ordinario, tal e como o estipula o artigo 138.2 do R.d.l. 3/2011. 7.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 75 e 77 do R.d.l. 3/2011, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o artigo 60 de dita norma. A efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata o seu extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se teña formalizada a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigacións que do contrato se deriven ata a extinción do mesmo, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobros e pagos de contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 8.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no artigo 96 do R.d.l. 3/2011. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos dez días hábiles contados dende o seguinte á recepción do requirimento efectuado polo órgano de contratación á empresa coa oferta economicamente máis vantaxosa. En caso de incumprir este requisito no prazo sinalado entenderase que o licitador retirou a súa oferta. A garantía definitiva haberá de ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 9.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 9.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra (Sé Pontevedra en horario de luns a venres de 8,30 a 14,30 horas e de 17,00 horas a 19,00 horas e os sábados de 9,00 a 13,00 horas ou sé de Vigo en horario de luns a venres de 9,00 a 13,00 horas), durante un prazo de quince días naturais (artigo 159.2 do R.d.l. 3/2011), a contar dende o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Se o último día de presentación das proposicións económicas coincidise en festivo, prorrogarase a presentación ó primeiro día hábil seguinte. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e o artigo 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, excepto por Correo Electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (número 986804126), telegrama ou correo electrónico (contratacion@depo.es) no mesmo día. 9.2º.-Formalidades.- Os contratistas interesados na licitación deberán presentar tres sobres distintos, nos que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: Nome do Licitador. CIF. Dirección e teléfono de contacto. Número de inscrición no rexistro de contratistas (no seu caso). Dependendo de cada sobre incluirase a seguinte documentación: Sobre “A”: documentación xeral, coa seguinte inscrición: “Documentación xeral para o procedemento aberto correspondente á contratación da subministración de diversos reactivos para a Finca Mouriscade durante o ano 2012. Lote número………………. Este sobre conterá os seguintes documentos: 1.-A capacidade de obrar dos empresarios que foren persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, no seu caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose exixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante a escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que constaren as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, no seu caso, no correspondente Rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de Estados membros da Comunidade Europea, deberán acreditar a súa inscrición nos Rexistros ou a achega das certificacións descritas no artigo 9 do Real Decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (Rxlcap). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar con informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, no que se faga constar, previa acreditación pola empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou na súa falta, que actúan con habitualidade no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real Decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (Rxlcap). Se é persoa física, o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador, deberá acompañarse o documento que acredite a personalidade deste representante (Documento Nacional de Identidade, para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastante en Dereito ó seu favor, debidamente inscrito no Rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas Administracións Públicas. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ha de ostentar a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3.- Unha declaración responsable de non estar incurso nas prohibicións de contratar establecidas no artigo 60 do R.d.l. 3/2011. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigacións tributarias e coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse no prazo de dez días hábiles concedido polo órgano de contratación ó licitador que presentase a oferta económica máis vantaxosa ou autorice ó órgano de contratación para obter de forma directa a acreditación diso. 4.-Para as empresas estranxeiras, declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois, de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, no seu caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante. 5.- Dirección de correo electrónico no que efectuar as comunicacións ou notificacións. 6.- Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica: a) Declaración sobre o volume global de negocios no ámbito de actividades correspondentes ó obxecto do contrato, referido como máximo ós tres últimos exercicios dispoñibles en función da data de creación ou de inicio das actividades do empresario, na medida en que se dispoña das referencias de dito volume de negocios. Deberase acreditar un importe neto da cifra de negocios durante os tres últimos exercicios equivalente ó importe do lote do contrato no que participa, segundo as contas anuais depositadas no Rexistro Mercantil. b) Relación das principais subministracións efectuadas durante os tres últimos anos, indicando o seu importe, datas e destinatario público ou privado dos mesmos. As subministracións efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou cando o destinatario sexa un comprador privado, mediante un certificado expedido por este ou, a falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario. Nota importante: A acreditación das circunstancias mencionadas nos artigos anteriores poderase realizar mediante a certificación (modelo estendido), orixinal ou compulsada, dun Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, sempre que se acompañe dunha declaración responsable do licitador na que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas. Sobre “B” Documentación correspondente á valoración de criterios non avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: “Documentación Técnica correspondente ó procedemento aberto para a contratación da subministración de diversos reactivos para a Finca Mouriscade durante o ano 2012. Lote número………………. Presentarase pechado e contendo os seguintes documentos: 1. Como primeiro documento presentarase unha relación numerada e foliada de todos os documentos que se presenten, debendo estar debidamente asinado e selado polo representante legal da empresa. 2. Memoria descritiva dos bens a subministrar, especificando as características técnicas dos mesmos, así como a marca e modelo. 3. Melloras ofertadas polo licitador. Sen prexuízo das melloras que cada licitador poida ofertar, a efectos de valoración teranse en consideración como melloras as seguintes: • A cantidade de reactivos sen cargo ofertados en cada lote polos licitadores. • A subministración, sen custo para a Deputación Provincial de Pontevedra, dos produtos que se detallan a continuación: LOTE 1: -Balanza analítica, coas seguintes características: • Calibración interna automática. • Resolución: 0,1 mg. • Capacidade máxima: 210 gramos. • Interfaz incorporado RS232. • Vitrina de cristal de tres portas. LOTE 2: • Xerra para cultivo en anaerobiosis de 7 litros. LOTE 3: • Pipeta de 145 mcl volume fixo. LOTE 4: -Diluidor gravimétrico, coas seguintes características: • Con dúas bombas. • Precisión de 0,05 gramos por mostra pesada. • Peso máximo de mostra 1 quilogramo. Sobre “C”: Documento correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: “Proposición económica correspondente á contratación do fornezo de diversos reactivos para a Finca Mouriscade durante o ano 2012”. Lote número…. Presentarase pechado e contendo o seguinte documento: Modelo de proposición, seguindo o modelo determinado na última cláusula deste prego de condicións, debendo estar asinado e selado. 10- MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará composta por: PRESIDENTE: - O Presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. VOGAIS: - O Secretario Xeral da Corporación. - O Interventor da Corporación. - A Xefa do Servizo da Finca Mouriscade. SECRETARIO: - O Técnico Adxunto do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 11.-CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións, constituirase a mesa de contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no Sobre “A”. No caso de que resulte preciso a subsanación de erros ou omisións na documentación establecida na cláusula 9.2, a mesa de contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente, a mesa ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó día en que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, en acto público, sinalará aquelas que sexan cualificadas como inadmitidas e admitidas, e procederá á apertura do Sobre “B” correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real Decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Dita documentación será traslada ós técnicos que se consideren oportunos, os cales a avaliarán e ponderarán seguindo criterios de valoración establecidos no prego. Neste acto, darase a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos Sobres “C” daquelas empresas que obteñan unha valoración superior a 15 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. 12.- CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO.- Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: 12.1.-Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre “B”). Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valoraranse cun máximo de 30 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: Valorables subxectivamente Puntuación Melloras relativas a produtos ofertados sen custo que se detallan na cláusula 9ª 15 puntos Melloras relativas a reactivos ofertados sen custo 15 puntos 12.2.- Enumeración dos criterios avaliables mediante fórmulas (Sobre “C”). Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 70 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: Valorables mediante fórmulas: Puntuación Oferta económica global …………………………………… 70 puntos A oferta económica puntuarase en función da fórmula establecida no Anexo I. 13.- OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU DESPROPORCIONADOS.- Consideraranse ofertas con valores anormais ou desproporcionados aquelas cuxa porcentaxe de baixa exceda nas porcentaxes que se sinalan a continuación en función do número de empresas presentadas e admitidas ó procedemento: - Unha oferta: Será anormal se a súa baixa porcentual é superior ó 25% do prezo de licitación. - Dúas ofertas: Unha das ofertas será anormal se a súa baixa porcentual é superior á da outra en máis de 20 unidades. - Tres ofertas: Serán anormais aquelas que teñan baixas porcentuais superiores en máis de 10 unidades a media aritmética das baixas porcentuais das baixas admitidas. Con todo, excluirase para o cómputo de dita media a oferta coa baixa porcentual máis pequena cando sexa inferior en máis de 10 unidades a esa media. En calquera caso, consideraranse anormais todas as ofertas con baixas porcentuais superiores ó 25% do prezo de licitación. - Catro ofertas ou máis: Consideraranse temerarias aquelas ofertas con baixas porcentuais que sexan superiores en máis de 10 unidades a media das baixas porcentuais das ofertas admitidas. Non obstante, si entre elas existen baixas porcentuais inferiores en máis de 10 unidades a dita media, calcularase unha nova media só coas ofertas que non estean no suposto indicado. En todo caso, se o número das restantes ofertas é inferior a tres, a nova media calcularase sobre as tres ofertas de menor contía (maior baixa porcentual). • n = 1: Se b1 > 25, entonces a oferta 1 (única) é temeraria. • n = 2: Supoñemos que b1 ≤ b2. Se b2 > bm + 10 entonces a oferta 2 é temeraria. Obsérvese que a condición b2 > bm + 10 equivale a b2 > b1 + 20 porque: bm = (b1 + b2) • n = 3: Supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ b3. Sea b*m definida como: b*m= (b2 + b3) se b1 < bm - 10 bm en caso contrario Para i = 1,2,3, se b1 >25 ou b1 > b*m + 10 a oferta i é temeraria. • N ≥ 4: Supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ bn. Se b1 < bm – 10 sexa 1 ≤ l ≤ n tal que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ b1 < bm – 10, bl+1 ≥ bm - 10. Definimos: b*m= (bl+1 + ...+ bm) se b1 < bm – 10 e l ≤ n-3. (bn-2 + bn-1 + bn) se b1 < bm - 10 e l > n-3, bm se b1 ≥ bm - 10 Para i = 1,2,……,n, se b1 > b*m + 10 a oferta i é temeraria. Cando a mesa de contratación presuma fundadamente que a proposición non se poida cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas, darase audiencia ó contratista, por un prazo máximo de cinco días hábiles, para que xustifique a valoración da oferta e precise as condicións da mesma, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, as solucións técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, a orixinalidade das prestacións propostas, o respecto das disposicións relativas á protección do emprego e as condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia a realizar a prestación, ou a posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de contratación, considerando a xustificación efectuada polo licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, excluiraa da clasificación e acordará a adxudicación a favor da proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde en que sexan clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. 14.-REQUIRIMIENTO Ó LICITADOR COA OFERTA ECONÓMICA MÁIS VANTAXOSA.- O órgano de contratación clasificará, por orde decrecente, as proposicións presentadas e que non foran declaradas desproporcionadas ou anormais. Para realizar dita clasificación, atenderá ós criterios de adxudicación sinalados neste prego, tras solicitar os informes técnicos que estime pertinentes. O órgano de contratación requirirá ó licitador que presente a oferta economicamente máis vantaxosa para que, dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o seguinte a aquel en que recibise o requirimento, presente a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, de dispoñer dos medios comprometidos a dedicar ou adscribir á execución do contrato e de constituír a garantía definitiva fixada na cláusula 8ª deste prego. No caso de non cumprimentarse adecuadamente o requirimento no prazo sinalado, entenderase que o licitador retirou a súa oferta, procedéndose nese caso a solicitar a mesma documentación ó licitador seguinte, pola orde en que queden clasificadas as ofertas. 15.- ADXUDICACIÓN.- O órgano de contratación adxudicará o contrato dentro dos cinco días hábiles seguintes á recepción da documentación solicitada polo órgano de contratación ó licitador que presente a oferta economicamente máis vantaxosa. A adxudicación será motivada, notificarase ós candidatos ou licitadores e, simultaneamente, publicarase no perfil do contratante. 16.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de quince días hábiles, a contar dende o seguinte ó da notificación da adxudicación, constituíndo dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se houbese formalizado o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 17.- MODIFICACIÓNS DO CONTRATO.- Unha vez perfeccionado o contrato, o órgano de contratación poderá introducir modificacións no mesmo, xustificando debidamente a súa necesidade no expediente, mantendo o prezo de adxudicación do procedemento aberto e sempre que exista consignación no orzamento do exercicio de 2012 e informe favorable de Intervención. Poderase incrementar o custo do contrato nun 10%, para atender, en caso de ser necesario, ó incremento do número de reactivos a utilizar nas análises que realiza o persoal adscrito ó Laboratorio da Finca Mouriscade. 18.- PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos polo R.d.l. 3/2011 ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depontevedra.es), o seu perfil de contratante. 19.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN.- A documentación incluída no Sobre “A” de “Documentos” dos licitadores que non resulten adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, previo aviso ó servizo de contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no e-mail contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados dende o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores, e durante o prazo de 30 días naturais, salvo que a administración considere oportuno retela no suposto que interpuxeran reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorrido os prazos anteriormente mencionados, esta administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 20.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán tamén por conta do adxudicatario, os gastos de anuncios e calquera outros que xere o expediente. Órzanse os gastos de publicidade na contía máxima de 300,00 €. 21.- GARANTÍA.- O prazo de garantía fíxase ata o 31 de xaneiro de 2013. Se durante o prazo de garantía se acreditase a existencia de vicios ou defectos nos bens subministrados terá dereito a Administración a reclamar do contratista a reposición dos que resulten inadecuados ou a reparación dos mesmos se fose suficiente. Durante este prazo de garantía terá dereito o contratista a coñecer e ser oído sobre a aplicación dos bens subministrados. Se o órgano de contratación estimase, durante o prazo de garantía, que os bens subministrados non son aptos para o fin pretendido, como consecuencia dos vicios ou defectos observados neles e imputables ó contratista e exista a presunción de que a reposición ou reparación de ditos bens non serán bastantes para lograr aquel fin, poderá, antes de expirar dito prazo, rexeitar os bens deixándoos de conta do contratista e quedando exento da obriga de pago ou tendo dereito, no seu caso, á recuperación do prezo satisfeito. 22.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 223 e 299 do R.d.l. 3/2011. 23.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto, en canto á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, polo R.d.l. 3/2011 e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, na súa falta, as normas de dereito privado. 24.-MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don…., maior de idade, veciño de............., con domicilio en ...........titular do DNI…., expedido en data………., actuando en nome propio ou en representación de .......con NIF/CIF …. e domicilio en ……, teléfono……segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Estando interesado en tomar parte no procedemento aberto con multiplicidade de criterios convocado pola Deputación Provincial de Pontevedra para a subministración de reactivos para o laboratorio da Finca Mouriscade durante o ano 2012, Lote número………, fai constar que coñece e acepta o prego de cláusulas económicas-administrativas e técnicas que rexe dito contrato e que se compromete a realizar a subministración con suxeición ó mesmo, de acordo ó seguinte detalle: LOTE Nº 1.- REACTIVOS PARA A REALIZACIÓN DE ANÁLISES DE PENSOS e MATERIAS PRIMAS..............................ATA UN MÁXIMO DE 64.900,00 EUROS. TIPO DE REACTIVO Prezo Unitario IVE Prezo Unitario (IVE incluído) SOLUCIÓN ACIDA DETERXENTE RE 5 LITROS SOLUCIÓN NEUTRA DETERXENTE RE 5 LITROS POTASIO HIDRÓXIDO 0.23 N 5 LITROS SV SULFÚRICO 0.1275 M SV 5 LITROS SODIO HIDRÓXIDO 32% PA 5 LITROS POTASIO SULFATO PA 5 KG COBRE II SULFATO V-HIDRATO 500G PA ÁCIDO BORICO 4% 5 LITROS RV ÁCIDO CLORHIDRICO 0.1N SV 1 LITRO ÁCIDO SULFÚRICO 95-97% PA 2.5 LITROS ETER PETROLEO 40-60º PA 5 LITROS ÁCIDO CLORHIDRICO 0.310 M(1.128%P/V) SV 5 L CLORURO DE CESIO PA 100 G ÁCIDO CLORHIDRICO 37% 1 LITRO ACETONA, P. SINTESIS 5 LITROS ÁCIDO ACETICO GLACIAL, PARA ANALISIS, ACS, ISO x 1 LITRO ÁCIDO CLORHIDRICO, SOLUCIÓN 3 mol/l(3 N),10 L ÁCIDO NÍTRICO MIN. 65 %, PA ETER DIETILICO, P. ANALISIS ACS ISO x 5 LITROS PRATA NITRATO, 0,1 N, SOL. VALORADA x 1 L REACTIVO CARREZ I , 5 LITROS REACTIVO CARREZ II, 5 LITROS SODIO HIDRÓXIDO 0,01 M (0,01 N),SOL. VALOx1L SODIO HIDROXIDO,SOLUCIÓN 0,1 MOL/L(0,1),1 L SODIO SULFITO, P. ANALISES ACS X 1 KG LOTE Nº 2.- REACTIVOS PARA A DETERMINACIÓN DE SALMONELLA SSP EN PENSOS, MATERIAS PRIMAS OU OUTROS ALIMENTOS SEGUINDO O PROTOCOLO DO EQUIPO MINIVIDAS EXISTENTE NO CENTRO.....................ATA UN MÁXIMO DE 53.100,00 EUROS. TIPO DE REACTIVO Prezo Unitario IVE Prezo Unitario (IVE incluído) CALDO RAPPAPORT VASSILIADIS SOIA 20X10 ML CALDO MULLER- KAUFFMANN 20X10 ML CALDO M 20X10 ML VIDAS Immuno - Concentratión Salmonella (ICS), CAIXA 60 DETERMINACIÓNS VIDAS Salmonella (SLM) CAIXA 60 DETERMINACIÓNS LOTE Nº 3.- REACTIVOS PARA A IDENTIFICACIÓN DE XERMES E REALIZACIÓN DE ANTIBIOGRAMAS EN MOSTRAS DE LEITE, SEGUINDO AS INSTRUCIÓNS DO EQUIPO VITEK 2 DE QUE DISPÓN O CENTRO.............................ATA UN MÁXIMO DE 11.800,00 EUROS TIPO DE REACTIVO Prezo Unitario IVE Prezo Unitario (IVE incluído) TARJETAS DE IDENTIFICACION E SENSIBILIDADES PARA DISTINTOS XERMES, CAIXA DE 20 UNIDADES LOTE Nº 4.- REACTIVOS PARA A REALIZACIÓN DE VARIAS DETERMINACIÓNS MICROBIOLÓGICAS EN PIENSOS, MATERIAS PRIMAS E OUTRAS MATRICES................................ATA UN MÁXIMO DE 35.400,00 EUROS TIPO DE REACTIVO Prezo Unitario IVE Prezo Unitario (IVE incluído) AUGA PEPTONA TAMPONADA BOLSA 3 L AUGA PEPTONA TAMPONADA BOLSA 5 L MEDIO CROMOGENICO PARA E. COLI,AGAR 100ML MEDIO CROMOGENICO PARA E. COLI,AGAR 200ML MEDIO VRBG AGAR, PARA RECONTO ENTEROBACTERIAS, 100 ML MEDIO VRBG AGAR, PARA RECONTO ENTEROBACTERIAS, 200 ML MEDIO BAIRD PARKER + RPF, 100 ML MEDIO GELOSA SULFITO DE FERRO-AGAR CON SUPLEMENTO CICLOSERINA PARA RECONTO DE CLOSTRIDIUM PERFRINGENS 100 ML MEDIO GELOSA SULFITO DE FERRO-AGAR CON SUPLEMENTO CICLOSERINA PARA RECONTO DE CLOSTRIDIUM PERFRINGENS 200 ML MEDIO SABORAUD CLORANFENICOL AGAR PARA ILLAMENTO SELECTIVO MOFOS, 100 ML MEDIO SABORAUD CLORANFENICOL AGAR PARA ILLAMENTO SELECTIVO MOFOS, 200 ML ANEXO I Fórmula a aplicar na valoración da oferta económica. 14.19810.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS 1.- Devolución de garantías definitivas á empresa Construcciones Abal, S.A. A empresa Construcciones Abal, S.A. con CIF A- 36.115.459, mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Gallego, por importe de nove mil novecentos cincuenta euros (9.950,00 €), para responder do contrato relativo á obra: Acondicionamento e reforma de espazos destinados a delineación, topografía, acción social, aseos e zonas comúns en planta 1ª do edificio da antiga sede de educación de Pontevedra, que foi depositada na Tesourería Provincial o 12/01/2011, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201100002166, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 2.- Devolución de garantías definitivas á empresa Asociación GVSIG A Asociación GVSIG con CIF G- 98.125.362, mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de mil novecentos noventa e cinco euros (1.995,00 €), para responder do contrato relativo á: Asistencia técnica para a elaboración do proxecto “Mellora de funcionalidades de xestión, análise e impresión de datos sobre GVSIG para a súa aplicación na EIEL”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 10/12/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000110200. 3.- Devolución de garantías definitivas á empresa Construccións, Obras e Viais, S.A. (C.O.V.S.A.) A empresa Construccións, Obras e Viais, S.A. (C.O.V.S.A.) con CIF A- 36.008.886, mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Ibercaja, por importe de sete mil novecentos corenta e seis euros con cincuenta e tres céntimos (7.946,53 €), para responder do contrato relativo á: Subministración do lote 66 do procedemento aberto correspondente á contratación do subministración de materiais do ano 2009, que foi depositada na Tesourería Provincial o 4/06/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900047695, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 15.19811.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e vinte e cinco do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición