ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.393
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2008/03/28_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.43.826/1.2008-03-28_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2008/03/28_Ordinaria

  • Data(s) 2008-03-28 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión. 35 follas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A C T A Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 28 de marzo de 2008 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as dez horas e quince minutos do día vinte e oito de marzo do ano dous mil oito, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Julio Alén Montes, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Pauliño Damián Del Río Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. José Amador Eiras Paz, D. Jesús María Fernández Portela, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Emilio González Iglesias, D. Juan A. González Pérez, D. Rafael Lores Rosal, D. Gabriel Martínez Giráldez, Dona María Xosé Méndez Piñeiro, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. José Antonio Olmedo Granja, D. Juan Luciano Otero Besada, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, Dona María Corina Porro Martínez, D. Agustín Reguera Ocampo, D. Severino Reguera Varela, D. Daniel Rodas Chapela, D. Xosé Carlos Silva Mariño, D. José Enrique Sotelo Villar e D. Jesús Vázquez Almuiña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- A ver se se incorpora xa unha compañeira que falta, que se vai a incorporar dun momento a outro, pero vamos comezando neste caso coa sesión ordinaria do Pleno da Corporación Provincial do día de hoxe. 1. 5667.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- O primeiro punto que temos é, primeiro punto, aprobación do borrador da acta da anterior sesión ordinaria do día 29 de febreiro do 2008. En principio ¿votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 29 de febreiro de 2008. 2. 5668.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE CAMBADOS A FAVOR DO ORAL PARA EXERCER AS FACULTADES DE RECADACIÓN, EN VÍA EXECUTIVA, DA TAXA POLO SERVIZO DE SUMIDOIROS Sr. Presidente.- Número 2. Delegación de competencias do concello de Cambados a favor do ORAL para exercer as facultades de recadación en vía executiva da taxa polos servizos de sumidoiros. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno do concello de Cambados na sesión celebrada o día 25 de outubro de 2007 acordou a delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de recadación, en vía executiva, da taxa polo servizo de sumidoiros. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 20 de febreiro de 2008 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do concello de Cambados, para exercer as facultades de recadación, en período executivo, da taxa polo servizo de sumidoiros. Considerando que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación na Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL, que en materia de recadación, en período executivo, da taxa polo servizo de sumidoiros, realizou o concello de Cambados, por acordo do Pleno de data 25 de outubro de 2007, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004. A citada delegación publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 3.5669.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE NIGRÁN A FAVOR DO ORAL PARA EXERCER AS FACULTADES DE INSPECCIÓN DA LIQUIDACIÓN DEFINITIVA E RECADACIÓN DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS E DA TAXA POR EXPEDICIÓN DE LICENZA URBANÍSTICA Sr. Presidente.- O punto número 3 é delegación de competencias do concello de Nigrán a favor do ORAL para exercer as facultades de inspección da liquidación definitiva e recadación do imposto sobre construcións, instalacións e obras e da taxa por expedición de licenza urbanística. O Pleno do concello de Nigrán na sesión celebrada o día 30 de xaneiro de 2008 acordou a delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de inspección, liquidación definitiva e recadación do imposto sobre construcións, instalacións e obras e da taxa por expedición de licenza urbanística. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión extraordinaria que tivo lugar o 29 de febreiro de 2008 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do concello de Nigrán, para exercer as facultades de inspección da liquidación provisional e liquidación e recadación da liquidación definitiva do imposto sobre construcións, instalacións e obras, así como da taxa por expedición de licenzas urbanísticas. Considerando que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación na Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL, que en materia de inspección da liquidación provisional e liquidación e recadación da liquidación definitiva do imposto sobre construcións, instalacións e obras, así como da taxa por expedición de licenzas urbanísticas, realizou o concello de Nigrán, por acordo do Pleno de data 30 de xaneiro de 2008, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004. A citada delegación publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 4.5670.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE FORCAREI A FAVOR DO ORAL PARA EXERCER AS FACULTADES DE XESTIÓN, LIQUIDACIÓN, INSPECCIÓN E RECADACIÓN DO IMPOSTO SOBRE O INCREMENTO DO VALOR DOS TERREOS DE NATUREZA URBANA, E DA RECADACIÓN, EN VÍA EXECUTIVA, DE TODOS OS IMPOSTOS E TAXAS MUNICIPAIS Sr. Presidente.- Punto número 4. Delegación de competencias do concello de Forcarei a favor do ORAL para exercer as facultades de xestión, liquidación, inspección e recadación do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana, e da recadación, en vía executiva, de todos os impostos e taxas municipais. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno do concello de Forcarei na sesión celebrada o día 14 de novembro de 2007 acordou a delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de xestión, liquidación, inspección e recadación do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana e da recadación, en vía executiva, de todos os impostos e taxas municipais. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión extraordinaria que tivo lugar o 29 de febreiro de 2008 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do concello de Forcarei, para exercer as facultades de xestión, liquidación, inspección e recadación do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana e da recadación, en período executivo, de todos os impostos e taxas municipais. Considerando que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación na Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL, que en materia de xestión, liquidación, inspección e recadación do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana e da recadación, en período executivo, de todos os impostos e taxas municipais, realizou o concello de Forcarei, por acordo do Pleno de data 14 de novembro de 2007, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004. A citada delegación publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 5.5671.- DAR CONTA DA LIQUIDACIÓN DO ORZAMENTO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E DOS SEUS ORGANISMOS AUTÓNOMOS CORRESPONDENTE Ó EXERCICIO DE 2007 Sr. Presidente.- Dar conta da liquidación do orzamento da Deputación de Pontevedra e dos seus organismos autónomos correspondente ó exercicio 2007. Como é só dar conta pois procedemos co seguinte punto da orde do día. O Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra de conformidade co previsto nos artigos 191.3 e 192.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e 90.1 do Real decreto 500/1990, de 20 de abril, aprobou, dentro do prazo establecido ó efecto, a liquidación do orzamento da Deputación e a liquidación dos orzamentos dos seus organismos autónomos correspondente o exercicio de 2007. A efectos de dar cumprimento ó disposto no artigo 193.4 do citado Real decreto lexislativo 2/2004 e no artigo 90.2 do Real decreto 500/1990, dáse conta ó Pleno das resolucións ditadas polo Presidente aprobando ditas liquidacións nas que destacan como datos máis significativos, o resultado orzamentario axustado e o remanente de tesourería para gastos xerais, e que son os seguintes: ORGANISMOS RESULTADO ORZAMENTARIO REMANENTE Deputación .............................................. 47.962.161,60 € 40.807.932,12 € Escola Universitaria de Enfermería ..... 22.229,61 € 271.117,94 € Escola de Canteiros.................................. 99.704,59 € 325.041,84 € Museo Provincial ..................................... 691.111,57 € 1.607.863,23 € Turismo Rías Baixas ................................ 788.093,06 € 2.565.166,66 € Caixa de Anticipos ................................... 1.641.374,60 € 3.461.736,38 € ORAL ........................................................ 1.912.683,05 € 5.950.815,01 € IPESPO ..................................................... 11.776.242,97 € 10.880.052,80 € TOTAL..... 64.893.601,05 € 65.869.725,98 € Consolidado .............................................. 64.893.601,05 € 65.869.725,98 € O Pleno queda enterado do resultado da liquidación do orzamento da Deputación Provincial de Pontevedra e da liquidación dos orzamentos dos seus organismos autónomos (Escola Universitaria de Enfermería, Escola de Canteiros, Museo Provincial, Turismo Rías Baixas, Caixa de Anticipos de Cooperación, ORAL e IPESPO), correspondente ó exercicio de 2007, así como da liquidación do orzamento consolidado de dito exercicio. 6.5672.- APROBACIÓN DO PROXECTO TÉCNICO “MELLORA DE TRAZADO E PAVIMENTO EP 4303 MONDARIZMEIROL (MONDARIZ)”. EXPOSICIÓN PÚBLICA DO MESMO E DO EXPEDIENTE DE EXPROPIACIÓN. SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DA DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN DOS BENS E DEREITOS AFECTADOS. MOTIVACIÓN DA URXENCIA Sr. Presidente.- Que é aprobación do proxecto técnico “Mellora de trazado e pavimento EP 4303 Mondariz-Meirol (Mondariz)”. Exposición pública do mesmo e do expediente de expropiación. Solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados e motivación tamén da urxencia. Ten a palabra D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Bos días a todos e a todas. Bueno, en primeiro lugar dicirlle, digo por unha cuestión formal, que o punto 3 está sen votar, entendemos que está votado por unanimidade, pero o Presidente omitiu a votación, non. Sr. Presidente.- Bueno, pois, creo que é igual que a anterior, pero bueno. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, pero formalmente omitiuse. Sr. Presidente.- Vale, vale. Sr. Mosquera Lorenzo.- Ben, dígoo por non crear problemas despois na acta á Secretaría. Sr. Presidente.- Coincidimos entón os tres grupos nesa votación. Adiante. Sr. Mosquera Lorenzo.- E con respecto ó punto que nos ocupa non temos nada que dicir, se é un proxecto técnico e hai que acabar unha estrada pois se cadre, único que o outro día, agardemos que sexa certo e se ratifique aquí no Pleno, e na Comisión pois se plantexou por parte deste grupo, que xa era algo que estaba plantexado hai tempo, que a Deputación xa ten ou debería ter un volume de obra e de actuacións, nos que intentalo facer pola vía de que os concellos ou non, os concellos poñan os terreos a disposición e despois non están e despois hai que facer complementarios que ó final hai que chamarlle proxecto, que son mínimos para solucionar un problema de algún propietario que non cede gratuitamente, que non se avén a unha cantidade pactada, pois parece non ter moito sentido, dá unha situación na que as obras da Deputación pois ás veces non é que tarden moito, é que se eternizan, entón parece ser, parece ser que a demanda, que foi o mecanismo que igual en certos momentos se debería, estivo ben usalo, de feito nós o apoiamos hai anos. Pero parece ser que se vai a cambiar e que polo tanto que os proxectos a partir de agora van a ir xa co expediente completo, coas expropiacións, afectacións e demais, polo que se nos dixo, co cal pois nos alegraríamos se ese feito, ese cambio de plantexamento dos proxectos cando menos en vías interurbanas, non cando hai urbanizacións ou o que sexa, se é certo, pois bueno, nos alegaríamos, pero nos gustaría ter o compromiso aquí no Pleno, na Comisión se dixo que si, pero nos gustaría ter o compromiso aquí no Pleno. Gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Cesáreo Mosquera. Vamos a ver, alégrome desa pregunta, toda esa complexidade que as obras teñen nos levou a que en Deputación nos últimos anos se foron conseguindo actuacións moi importantes, se é ben certo que, pois na maior parte dos casos hai que replantearse as actuacións para que dalgunha maneira poidamos levar aparellado pois naqueles casos que así o necesiten, neste caso o expediente de expropiación. Iso vai a ser na maioría dos casos. Tamén é ben certo que aquelas obras en certa maneira complexas, pois unha grande parte delas están practicamente concluídas, polo tanto agora será, como xa se dixo e o reiterei eu pois a mellora da capa de rodaxe na maior parte dos casos, mellora de sinalización e sobre todo a limpeza das mesmas, independentemente de que poida haber pois algunha mellora que xa require dun proxecto máis ambicioso o cal levará consigo pois o correspondente expediente de expropiación. Pero vostede é coñecedor como eu da complexidade das obras e non máis lonxe senón máis cerca, ou esteamos na obra que vostede, por certo que hai que felicitalo na obra da Praza de España, aínda que con moito retraso, pois como vostede ben sabe púxoa en marcha finalmente, despois de anos e anos de compromiso, e, pero bueno, finalmente se leva adiante, por iso que a complexidade das obras, vostede é bo coñecedor das mesmas, e xa digo, no caso que nos conleve, pois proxectos ambiciosos no que é a mellora do trazado e todo iso, pois por suposto que se vai a poñer en marcha o expediente expropiatorio pois ó caso. E tamén teño que dicir que neste sentido pois ás veces por confianza desta institución e outras, noutras ocasións por confianza dos propios alcaldes, e digo de todas as cores políticas, no sentido de que tanto alcaldes, pois neste caso do Bloque Nacionalista Galego, do Partido Socialista ou do Partido Popular, nos planteaban, bueno, poñamos en marcha a carretera tal, ¿os terreos?, nada, sen problema, están todos conseguidos, está todo listo e xa non hai ningún problema, claro, chegabas alí e te encontrabas con algunha que outra sorpresa, que despois pois non se daba resposta a que se dicía nun papeliño que era un simple informe, que os terreos estaban todos a disposición en base de como era o proxecto e realmente cando se chegaba ó momento da verdade pois non era realmente así, entón quere dicir que nese sentido a demora é un pouco, bueno pois erro de todos, me quero referir institución, no que se refire á propia dirección da obra, pero tamén no que é o labor municipal, xa digo de calquera cor política, pois tamén nos levou a que en moitos casos se dicía que os terreos estaban a disposición e realmente non era así. Polo tanto, en relación ó que poidamos presentar cara o futuro, obras de complexidade por suposto, virá sempre aparellado pois o expediente expropiatorio e na maior parte queremos facer un traballo de intensificación de limpeza, de sinalización e de mellora do que é o firme, porque neste momento podemos dicir de que o estado das vías provinciais, deses case 2.000 quilómetros pois é aceptable nunha maioría ou nunha grande parte, noutra nos quedan aínda melloras por rematar pero a verdade é que nas obras que vamos rematando eu creo que son obras importantes en carreteras de moita intensidade de tráfico e que neste momento pois están practicamente rematadas, faltan pois pequenas zonas que estamos procedendo á súa mellora neste momento. Pero é moi, moi aceptable a calidade das vías provinciais sobre todo en relación ás melloras que sufriron nos últimos anos. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, Sr. Presidente, eu estábame referindo non á rede viaria senón á maneira de tramitalo, creo que compartimos, quero dicir que chegado o momento en que unha institución manexa un volume de cartos, pois evidentemente é un volume de fondos dedicados ás vías, pois evidentemente o normal é facer os proxectos completos coa relación de expropiados e demais. Xa sabemos que o mecanismo era pedirlle a disposición ós concellos, e xa sabemos tamén que o mecanismo era facer un papel falsificado dicindo que estaban todos, non se vai perder, ningún alcalde vai perder a posibilidade de que melloren unha estrada pola dificultade que ten de que os terreos están, se están, ben, e senón pois bueno, pois que estean e que se empece a obra. Claro aí é onde está o vicio e que vai a seguir, evidentemente, porque iso faino, entón ou se fai o proxecto completo ou iso se vai a repetir, iso se vai a repetir porque, claro, se unha estrada di, non os terreos están a disposición, o concello non ten capacidade de expropiar, o expediente de expropiación do concello é eterno e entón din, non, non, xa están a disposición, ala, que empecen a obra e despois xa se sairá dela. Bueno, entón o normal é facer o proxecto completo, dígoo polo bo funcionamento, por boa práctica administrativa de todo o mundo, todos sabemos como funcionaba e polo tanto foi un mecanismo, en fin, alegal, por chamarlle así que en certos momentos pois houbo que facer, facíanos os concellos tamén, que xa non tiñan tal, bueno, moi bien, pero a estas alturas pois posiblemente non teña sentido e despois sempre nos chegan complementarios destes, que é fíxose 2 quilómetros, e despois quedan 50 metros e hai que facer outro proxecto para ir á expropiación, quedan, en fin, incluso supón tal. Bueno, a min, a nós parécenos ben e xa o dixemos e nos alegramos do compromiso, de todas maneiras ó fío do que xa o Pleno pois ten o contido que ten, quero aproveitar unha cuestión que se lle esqueceu ó Sr. Presidente na súa exposición sobre o viario provincial, que non era motivo da intervención polo menos pola nosa, que é a cuestión de seguridade e limitación da velocidade, tratamento da vía cando hai núcleos urbanos, que aí a accesibilidade tamén había que falar dela, aquí hai unha moción aprobada de intentar incorporar carrís bicis cando se poida, etc., etc., pero, en fin, basicamente cando menos facer referencia ó da seguridade e tratamento das vías que é un tema complexo, contraditorio, no sentido de que, bueno, pois unha cuestión de seguridade nunha curva ou nunha zona habitada, pois ás veces por culpa dunha minoría de condutores que son moi irrespectuosos, pois leva ás veces a facer medidas bastante duras, a poñer lombos e o que sexa, que outra parte da poboación non entende, pero bueno, salvar, aumentar a seguridade, pois xustifica, moitas veces eu creo que xustifica dunha maneira sempre a posibilidade de salvar as vidas ou a integridade das persoas e aumentar a seguridade pois xustifica estas medidas. Evidentemente iso necesita, a rede viaria provincial en xeral non está deseñada para iso, non está deseñada, loxicamente, pero non está deseñada, posiblemente houbera que meterse neste tipo de actuacións, non vou a dar as solucións técnicas, que haberá técnicos para iso, para iso están moi probadas e moi estudadas, e que por exemplo nalgúns casos que coñezo esta Deputación o fixo e con moito éxito, por outro lado sempre estou pensando na entrada da Illa que era un caza persoas, e nestes momentos aínda que están mal feitos os lombos e tal, bueno, iso queda moito por estender, por tratar e por estudar, non é só limpar e demais senón tamén iso. Pero bueno, non é obxecto do debate, eu simplemente apunto esta cuestión na que si hai bastantes problemas, non só no viario provincial, en todos os viarios, pero que creo que se se vai a replantexar, se a Deputación estima que as obras máis importantes así de mellora de curvas e ampliación pois están feitas e empezan noutro nivel de xestión do viario, pois este nivel é sumamente importante, igual había que acometelo dunha maneira sistemática e non nun punto concreto, cando hai problemas, etc., etc., porque, bueno, pois problemas pode habelos en calquera sitio, non ir tapando, oia que aquí houbo tres accidentes e entón vamos, senón facelo dunha maneira sistemática. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. A verdade é que cando me copia me copia ben e coincidimos no planteamento, porque non fai mes e medio aproximadamente, cando presentamos ó novo Director de Infraestruturas o dicía el, e o dicía eu, que pensamos nas persoas, á partir de agora había que pensar na mellora da seguridade, no que se refire a limpeza, a sinalización e sobre todo pensar máis nas persoas tamén, que non na grande obra, pois dalgunha maneira esa grande mellora de obra, porque as carreteras da Deputación son nunha grande parte secundarias pero noutra parte, como ese exemplo que vostede poñía na Illa de Arousa é a estrada de entrada principal e a verdade é que alí se primou a seguridade e a verdade é que acertamos todos, acertou o concello e acertou a Deputación en poñer en marcha esa iniciativa con acordo ademais de todos os grupos políticos o cal pois aínda que son un pouco agresivos de impacto que eu así o había manifestado, pois ó final resolveron un problema de seguridade e nos evitamos probablemente que alí houbera habido nos últimos tres anos practicamente pois accidentes que afectaran ás persoas. Polo tanto xa digo, a Deputación ten claro que é momento precisamente de pensar nas persoas, no que se refire, coa relación que teñen cos viarios provinciais, e aí é onde precisamente vamos a intensificar ese importantísimo labor nos próximos meses. Procedemos polo tanto á. Remata vostede. Adiante. Sr. Mosquera Lorenzo.- Remate vostede, faltaría máis, non hai ningún problema, pode dicir o que queira. Non, eu só quero dicir unha cousa, que cando, como antes fixo referencia a algunha actuación na que podía ter eu algunha relación ou o grupo de goberno no que estou no concello, só quero dicir que a memoria parece ser moi fráxil e cando, cando hai oito anos en Pontevedra se estaban aplicando medidas de calmar o tráfico e de seguridade, o seu grupo estaba montando unha escandalera de aquí a pasado mañá. Agora alégrome que a súa iniciativa sexa porque hai mes e medio descubriu que había que ir por aí, bueno, alégrome profundamente. É o único que quero dicir. Sr. Presidente.- Non, é que creo que non se axusta nada á realidade Sr. Mosquera. Claro o paso do tempo lle fai olvidar a memoria, pero bueno, é normal, esas son cuestións que nos pasan a todos cos anos. Pero quen iniciou o proceso de peatonalización en Pontevedra creo que foi o Partido Popular, non sei se recorda cando vostedes montaban aquelas algarabías con plataformas e esas cousas, dixo recordámonos ben os que andamos aínda por aquí, e polo tanto non fai falta ir moitos anos atrás para recordarse porque a historia está aí, non a pode borrar nadie e entón ese é o problema, algúns son escravos da súa propia historia, por iso que lle recordo por se acaso se lle había olvidado, quen iniciara ese proceso en Pontevedra que creo que é importante recordalo. Pero bueno, vamos a proceder entón á votación do punto número 6 que é a aprobación do proxecto técnico neste caso da estrada provincial Mondariz-Meirol no municipio de Mondariz. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O proxecto "Terminación mellora de trazado e pavimento na EP 4303 Mondariz-Meirol" (Mondariz), que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 20.841,22 Euros, analizado en orzamento de execución por contrata por importe de 11.344,64 Euros e capítulo de expropiacións por importe de 9.496,58 Euros, ten por obxecto a finalización das obras de mellora de trazado e pavimento do vial provincial Mondariz-Meirol, infraestrutura de grande importancia para a zona xa que une a localidade de Mondariz co enlace da autovía de Vigo, circunstancia esta última que fai que o devandito vial soporte un intenso tráfico rodado. É por iso que á vista do informe emitido polo Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona Sur, advertindo da necesidade de acometer a devandita obra canto antes, o Pleno acorda por unanimidade: 1. A aprobación do proxecto técnico "Terminación da mellora de trazado e pavimento na EP 4303 Mondariz-Meirol" (Mondariz), que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 20.841,22 Euros, analizado en orzamento de execución por contrata por importe de 11.344,64 Euros e capítulo de expropiacións por importe de 9.496,58 Euros. 2. A exposición pública deste e do expediente de expropiación que leva consigo, por prazo regulamentario, para os efectos de posibles reclamacións, entendéndose aprobado definitivamente o proxecto, de forma automática, en caso de non se producir as mesmas. 3. A solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación dos bens e terreos afectados pola expropiación a que dea lugar a realización das obras de referencia, de acordo co disposto no artigo 52 da LEF e na Orde do 7 de decembro de 1983 da Consellería da Presidencia da Xunta de Galicia. 4. A motivación da urxencia que se pretende dar ás expropiacións que xera o devandito proxecto xa que con estas obras se pretende finalizar a mellora de trazado e pavimento do vial provincial Mondariz-Meirol, infraestrutura de grande importancia para a zona xa que une a localidade de Mondariz co enlace da autovía a Vigo, circunstancia esta última que fai que o devandito vial soporte un intenso tráfico rodado. Consciente da importancia da devandita estrada a Deputación Provincial de Pontevedra executou no seu día as obras necesarias para mellorar a seguridade vial na maior parte do seu trazado -alcanzando un ancho de calzada de 12 metros- grazas á colaboración desinteresada dos veciños da zona. Como queira que para a eficaz conclusión dos traballos se fai necesario actuar nunha serie de predios os propietarios dos cales non quixeron ceder o terreo necesario para a execución das obras, redactouse o presente proxecto a urxencia da cal e necesidade fundaméntase en razóns tales como o firme da estrada -hoxe en día moi deteriorado-, ancho da calzada de dimensións inferiores ás necesidades dos vehículos -actualmente cunha plataforma que non alcanza os seis metros de ancho-, a intensidade media do tráfico ou a circulación de vehículos pesados, circunstancias que supoñen un perigo para a seguridade vial; neste sentido cabe recordar que calquera mellora nunha estrada vai supoñer a diminución de riscos de accidentes e polo tanto nesta materia, na que está en xogo a vida humana, a urxencia está sempre xustificada. A maiores, o feito de mellorarse os primeiros tramos da citada estrada implica un aumento de velocidade na circulación duns vehículos os condutores dos cales, ó atoparse co deficiente estado do tramo que queda por mellorar, poñen en perigo tanto a súa integridade física como a dos peóns. 7.5673.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE DA XUNTA DE GALICIA, O CONCELLO DE AGOLADA E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA LEVAR A CABO A RESTAURACIÓN E REHABILITACIÓN DOS PENDELLOS DA FEIRA ANTIGA DE AGOLADA DECLARADOS CONXUNTO HISTÓRICO Sr. Presidente.- Punto número 7. Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, o Concello de Agolada e a Deputación Provincial de Pontevedra para levar a cabo a restauración e rehabilitación dos Pendellos da feira antiga de Agolada declarados conxunto histórico. Ten a palabra D. José Juan Durán. Sr. Durán Hermida.- Bos días Sr. Presidente, Sras. e Sres. Deputados, efectivamente traemos hoxe a Pleno o convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, o concello de Agolada e esta Institución, para unha actuación que consideramos de suma importancia tal é a de restauración e rehabilitación desas edificacións de arquitectura tradicional que se coñecen como Pendellos, ubicados neste caso na feira antiga do concello de Agolada e que como ben se dicía foron declarados conxunto histórico e BIC, ben de interese cultural. Isto é unha iniciativa que ten xa bastante tempo na súa xéneses e que levou a que hai cuestión de dous anos a Deputación de Pontevedra tomara a iniciativa de adquirilos destinando para iso unha cantidade de 150.000 Euros para posteriormente procederse a esa rehabilitación e restauración, porque entendemos que este conxunto arquitectónico que á parte do seu valor histórico, do seu valor patrimonial, do seu valor etnográfico, en definitiva do que se trata é de promoción de patrimonio cultural, ten tamén unhas potencialidades no eido que pode ser da promoción turística daquela zona norte da provincia de Pontevedra. Con posterioridade a que a Deputación e o propio concello conxuntamente impulsaran o proxecto, se sumou ó mesmo, xa co proxecto en marcha, a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e se chegou logo de diversas negociacións, de diversos tiras e afloxas, a conformar o convenio que hoxe traemos aquí e que en síntese supón que tanto a Consellería de Cultura como a propia Deputación de Pontevedra nun período de tres anos van a facer unha aportación de 600.000 euros para a rehabilitación dese conxunto histórico. Dende logo foi un proceso longo sobre todo a xestión, a adquisición das propias edificacións, neste momento a Deputación é titular de ó redor de 78 ou 80 pendellos que supoñen ó redor tamén dun 80% do total dos mesmos e aínda estamos xestionando, aínda xa con certas dificultades, porque bueno, porque hai algúns que están destinados a outros usos e que a propia, os propietarios correspondentes non están, e lexitimamente, polo labor de vendelos, pero en todo caso digo e tamén como información ó Pleno que estamos nesa liña de adquirir algún máis para completar esta rehabilitación, que despois unha vez conclusa o propio concello de Agolada nos termos que figura no convenio os xestionará e correrá co seu mantemento, á parte de destinar a algúns usos concretos algúns deles, como a centro de interpretación ou instalacións similares. Dicir nese sentido que para nós foi un motivo de satisfacción, recentemente se celebrou en Vigo un encontro de asociacións a nivel do Estado de defensa do patrimonio que se engloban baixo a denominación de Hispania Nostra e nas mesas de traballo, nalgunha das mesas de traballo, no plenario, se fixo unha avaliación moi positiva do que era esta iniciativa, este proxecto que abandeira a Deputación de Pontevedra e o concello de Agolada. E que tamén se debe sumar, permítame aquí que o diga, unha xeira importante de actuacións, de protección e defensa do patrimonio tradicional que se levan a cabo dende esta Institución Provincial, tanto a través da Escola de Canteiros do que teñen que ver con restauración de cruceiros e doutras edificacións, o que se está facendo conveniado cunha institución crediticia e co Monte Facho en Cangas, ou ese proxecto de roteiros da auga nos muiños do Salnés, as propias murallas de Salvaterra no concello do mesmo nome, ou tamén iniciativas que hai nun traxecto denominado e que percorre unha serie de concellos do Condado e Paradanta, denominado o Vieiro da Franqueira. En definitiva actuacións en todas as zonas da provincia de Pontevedra que deixan ás claras apostas da Deputación por promover a rehabilitación, a protección do que son exemplos moi significativos dunha arquitectura tradicional que por unha serie de circunstancias en moitos casos se encontra nunha situación de franco deterioro e que dende esta Institución se quere poñer en valor. Nós estamos satisfeitos que a Consellería de Cultura se incorporara ó proxecto xa con isto en marcha pois se puidera acadar este acordo que se plasma en forma de convenio e agardamos que se no futuro, como antes comentaba, se adquiren máis pendellos que aínda hai cantidade económica por parte da Deputación para iso, pois a Consellería de Cultura de forma inmediata se una tamén ó financiamento dos mesmos. En principio nada máis Sr. Presidente. Sr. Presidente.- Moitas gracias. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Bueno eu creo que este é un exemplo do que debe ser ou do que debería ser a actuación desta casa, nun concello con moi pouquiña capacidade económica, que polo tanto non pode acometer a compra nin pode defenderse, digamos defender o patrimonio que ten e bota man da Deputación como administración local para que digamos o supla nesa xestión, é un exemplo moi claro, bueno, e a Deputación busca colaboración e financiamento pois na Consellería de Cultura para sacar adiante este proxecto. Polo tanto cremos que a arquitectura, vamos a etnografía e todo o fondo debemos construílo, o material popular ten a súa importancia, moi elevada, ás veces tanto que se entende como monumentos digamos cultos, por chamarlle dalgunha maneira, e que conveñen e a maneira de tramitalo é correcta, polo tanto vamos a votar a favor e recoñecemos unha boa xestión e neste caso non nos doen prendas en recoñecelo como dixen ó principio, sobre todo cremos que unha actuación dese tipo debería ser a forma de actuar desta Deputación. Un concello grande evidentemente pois ten capacidade para dirixirse directamente á Xunta ou incluso adquirilos, ou bueno, un concello con tan pouca capacidade económica pois non o pode facer, pois se seguen por esta liña neste tipo de actuacións contarán co noso apoio, iso non o dubiden. Gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Cesáreo Mosquera. Ten a palabra D. José Juan Durán. Sr. Durán Hermida.- Si, gracias Sr. Presidente. Efectivamente agradecemos esas palabras do Portavoz do BNG. A nós nos gustaría, nos houbera gustado que neste proxecto como el ben falaba de colaboración entre administracións, esa colaboración houbera chegado tamén á fase de adquisición dos propios pendellos, de feito no seu momento e de acordo co que establece a lexislación, neste caso a Lei de Patrimonio Cultural de Galicia, esta institución se dirixiu á Consellería de Cultura para que fixera efectivo o dereito de tenteo que lle esixe esa Lei para poder adquirir eles os pendellos, como tamén, como tamén se lle transmitiu esa posibilidade do dereito de tenteo ó propio Ministerio de Cultura, tanto nun caso coma noutro e no caso da Xunta de Galicia temos unha comunicación da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, declinaron expresamente o participar financeiramente na adquisición dos pendellos e por suposto tamén o propio Ministerio de Cultura. Por iso que ese exemplo de colaboración entre administracións, esa posibilidade de colaborar cos pequenos concellos estou seguro que nun futuro inmediato, vista esa boa disposición por parte do Bloque Nacionalista Galego se faga efectiva tamén á hora de colaborar na adquisición dos mesmos e estou seguro que tamén do propio Ministerio de Cultura. Como di o aforismo rectificar é de sabios. Máis nada Sr. Presidente. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Polo tanto vamos a proceder á votación deste tema, eu creo que importante, que dalgunha maneira se levou pois con coñecemento de causa tanto polo responsable de cultura como polo Vicepresidente desta Institución tamén e desa comarca D. José Crespo, e o propio alcalde, e que dalgunha maneira nos posibilitou chegar a este importante acordo. Estes son xa case dous anos ou camiño de tres de traballo para lograr primeiro a compra, que ó final estaremos, unha vez feita a colaboración entre a Consellería, a propia Deputación que vai a investir pois cerca de 200.000.000 das antigas pesetas, nesta compra e a rehabilitación e outros 100.000.000 que inviste tamén neste caso a propia Consellería. En definitiva, creo que é unha boa adquisición, unha moi boa colaboración entre as administracións que esperemos que serva de exemplo para que se faga como xa se dixo en máis cousas porque entendemos que hai moitas persoas desta provincia que non coñecen probablemente ese rico patrimonio que temos alí e que unha vez posto e rehabilitado pois será un lugar de visita concorrida. Estou totalmente seguro. Polo tanto, vamos a proceder á votación deste importante acordo de convenio de colaboración entre tres administracións que neste caso van a facer posible pois a rehabilitación do noso patrimonio. Polo tanto, ¿votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Vista a proposta do Servizo de Cultura, Xuventude e Deportes e o informe de Intervención, relativa á sinatura do Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, o Concello de Agolada e a Deputación Provincial de Pontevedra, para levar a cabo a restauración e rehabilitación dos Pendellos da feira antiga de Agolada declarados conxunto histórico, mediante a achega global desta Deputación Provincial de SEISCENTOS MIL EUROS (600.000,00€) distribuídos en achegas de 200.000,00 Euros nas anualidades de 2008, 2009 e 2010, e con cargo ás partidas 08/432.432.682.01, 09/432.432.682.01 e 10/432.432.682.01 respectivamente, do orzamento provincial, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Cultura acorda por unanimidade a aprobación do mesmo facultando ó Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial para a súa sinatura. Dito convenio é como segue: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE DA XUNTA DE GALICIA, O CONCELLO DE AGOLADA E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA LEVAR A CABO A RESTAURACIÓN E REHABILITACIÓN DOS PENDELLOS DA FEIRA ANTIGA DE AGOLADA DECLARADOS CONXUNTO HISTÓRICO. En Pontevedra a ______ de marzo de 2008, REUNIDOS: Dª Anxela Bugallo Rodríguez, actuando en representación da Consellería de Cultura e Deporte, en virtude do seu cargo de conselleira, en exercicio das facultades que lle confire o artigo 34 da Lei 1/1983, de 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu Presidente, así como o artigo 7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia. D. Ramiro Varela Peón, Alcalde Presidente do Concello de Agolada en virtude do nomeamento efectuado polo pleno da Corporación na súa sesión constitutiva e actuando en virtude das facultades representativas que lle outorga o artigo 21 de Lei 7/1985 do 2 de abril reguladoras das Bases de Réxime Local. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúen o artigo 34.1b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. Todas as partes comparecentes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das administracións públicas e por tanto, EXPOÑEN: I.- Que os convenios entre as administracións públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os artigos 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, artigo 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. II.- A lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, é polo que instrumenta dito convenio dirixido ó cumprimento das obrigas impostas pola normativa vixente. III.- Que a Xunta de Galicia asume a xestión das funcións sobre o patrimonio cultural en virtude do RD 2434/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de Cultura, de acordo co establecido no artigo 27.18 do Estatuto de Autonomía, en consonancia co estipulado no artigo 148.1.16 da Constitución Española, ámbito desenvolvido na Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. IV.- A Xunta de Galicia por Decreto 93/1985 do 2 de maio, declarou monumento histórico – artístico o conxunto dos “Pendellos” do vello recinto feiral do concello de Agolada. A Deputación Provincial de Pontevedra, por acordo da súa Xunta de Goberno en sesión celebrada o día 1 de decembro de 2006, procedeu á adquisición da maior parte destes Pendellos coa finalidade de dotalos de novos usos e poñer en valor este patrimonio. Esta iniciativa foi asumida pola Deputación Provincial de Pontevedra en colaboración co Concello de Agolada coa finalidade de evitar o deterioro progresivo que viña sufrindo este recinto, declinando tanto o Ministerio de Cultura como a Consellería correspondente da Xunta de Galicia, exercer o dereito de tenteo previsto na lexislación vixente. V.- A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia está a desenvolver un plan de rehabilitación do recinto coa elaboración de estudos previos, consistentes no levantamento de planimetría, estudo histórico, análise de patoloxías construtivas e funcionais e avances de propostas de novos usos para este conxunto patrimonial de interese etnográfico e histórico. Tales estudos teñen como fin a elaboración dun plan director de restauración e rehabilitación como documento global de coñecemento e ordenación das futuras intervencións segundo o proxecto xeral de actuación coherente e coordinado. Así mesmo, ten redactados xa dous proxectos de intervención correspondentes á rehabilitación da Capela e da chamada Casa das Neves para destinalas ó uso público como centro multiusos o primeiro, e punto de información e explicación de todo o conxunto o segundo. Por todo canto antecede e coa finalidade de xuntar os esforzos de todas as administracións implicadas, coordinando as posibles actuacións e establecendo un programa que abarque nunha primeira fase a restauración e rehabilitación dos Pendellos situados na Rúa da Parranda é polo que formalizan o presente convenio de colaboración con arranxo ás seguintes CLÁUSULAS: Primeira.- O obxecto do presente convenio é a cooperación entre a Consellería de Cultura e Deporte, o Concello de Agolada e a Deputación Provincial de Pontevedra para levar a cabo a restauración e rehabilitación do conxunto histórico–artístico dos Pendellos da feira antiga de Agolada, naquelas edificacións que son propiedade da Deputación Provincial de Pontevedra, e no espazo público de titularidade municipal. A valoración global das obras a desenvolver conxuntamente ascende a un millón douscentos mil euros (1.200.000,00 €). Segunda.- Obrigas da Consellería de Cultura e Deporte. 1.- A Consellería de Cultura e Deporte, achegará para completar a primeira fase de rehabilitación dos Pendellos da Rúa da Parranda de titularidade provincial a cantidade de seiscentos mil euros (600.000,00 €), de acordo coa seguinte desagregación por anualidades e aplicacións orzamentarias. ACHEGAS DA CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE 2008 2009 2010 12.03.433A.628.1 DIRECCIÓN OBRA DA ACTUACIÓN DO 2008 DA CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE 8.658,18 € 0,00 € 0,00 € PROXECTO OBRAS PARA A CONTRATACIÓN POR PARTE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA NO 2008 9.764,14 € 0,00 € 0,00 € HONORARIOS PLAN DE USOS 4.000,00 € 0,00 € 0,00 € HONORARIOS PROXECTO INTERVENCIÓNS 2009-2010 10.000,00 € 20.000,00 € 0,00 € TOTAL 628.1 32.422,32 € 20.000,00 € 0,00 € 12.03.433A.632.1 OBRAS 167.577,68 € 0,00 € 0,00 € 12.03.433A.7600 ACHEGAS Á DEPUTACIÓN 0,00 € 180.000,00 € 200.000,00 € TOTAL 200.000,00 € 200.000,00 € 200.000,00 € 2.- No ano 2008, a Consellería de Cultura e Deporte levará a cabo a licitación, dirección, execución e recepción das obras de rehabilitación contempladas nos proxectos básicos e de execución de: Rehabilitación da Capela das Virtudes como local multiusos e Rehabilitación da Casa “das Neves” como Centro Expositivo, segundo a desagregación do cadro anterior. Así mesmo, encargará a redacción dun proxecto básico e de execución para unha segunda fase de actuacións na rúa da Parranda, por un importe de contrata de 200.000,00 €, que lle entregará á Deputación Provincial de Pontevedra para a súa contratación no ano 2008, e un proxecto básico e de execución para o resto das actuacións de 2009 e 2010, por un importe de contrata de 780.000,00 €, que lle entregará á Deputación Provincial de Pontevedra para a súa contratación no ano 2009. 3.- No ano 2009, a Consellería de Cultura e Deporte entregará o proxecto básico e de execución para o resto das actuacións de 2009 e 2010, por un importe de contrata de 780.000,00 €, e fará efectiva á Deputación Provincial de Pontevedra a achega sinalada no cadro anterior, para a contratación das obras por parte desa entidade. 4.- No ano 2010, a Consellería de Cultura e Deporte fará efectiva á Deputación Provincial de Pontevedra a achega sinalada no cadro anterior, para a contratación das obras por parte desa entidade. 5.- Os libramentos que a Consellería de Cultura e Deporte efectuará nos anos 2009 e 2010 á Deputación Provincial de Pontevedra, realizaranse do seguinte xeito: • Ata o 80% da contía correspondente a cada anualidade librarase ó inicio do exercicio orzamentario, en concepto de pagamento anticipado. • Ata o 20% restante, logo da presentación, por parte da Deputación Provincial de Pontevedra, da seguinte documentación, con anterioridade ó 30 de novembro do respectivo exercicio orzamentario ó que se refire: 1. Certificación, do órgano competente da Deputación Provincial de Pontevedra, do gasto total realizado no exercicio orzamentario, para a rehabilitación dos Pendellos. 2. Declaración doutras axudas percibidas, de entes públicos ou privados, para a mesma finalidade. 3. Carátulas das certificacións mensuais das obras executadas, aprobadas e aboadas pola Deputación Provincial de Pontevedra, acompañadas por fotografías do estado da obra na data de emisión da certificación. • Os libramentos da Consellería de Cultura e Deporte (380.000,00€), están calculados sobre o importe global a licitar e contratar pola Deputación Provincial de Pontevedra nos anos 2009 e 2010 (780.000,00€), no caso de que o importe global executado pola Deputación Provincial de Pontevedra sexa inferior a esta cifra, a achega da Consellería de Cultura e Deporte minorarase proporcionalmente ó importe efectivamente realizado. • En todo caso para o libramento da cantidade estipulada no presente documento será imprescindible informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, da Consellería de Cultura e Deporte, que se baseará nas inspeccións e comprobacións da realización dos labores previstos. 6.- No proceso de rehabilitación participarán técnicos designados pola Deputación Provincial de Pontevedra e a Consellería de Cultura e Deporte. Terceira.- Obrigas da Deputación Provincial de Pontevedra. 1.- A Deputación Provincial de Pontevedra, achegará para a realización desta primeira fase de rehabilitación dos Pendellos da Rúa da Parranda de titularidade provincial a cantidade de seiscentos mil euros (600.000,00€) nas seguintes anualidades: • ano 2008 – 200.000,00 € (partida 08/432.432.682.01) • ano 2009 – 200.000,00 € (partida 09/432.432.682.01) • ano 2010 – 200.000,00 € (partida 10/432.432.682.01) 2.- Coa finalidade de conseguir que o plan de rehabilitación do recinto alcance practicamente á súa totalidade, esta Deputación Provincial de Pontevedra comprométese a proceder á adquisición dos Pendellos que aínda non sexan de titularidade pública, formalizando o correspondente documento de compra– venda cos particulares cos que se chegue a mutuo acordo. As actuacións propostas irán sempre referidas a Pendellos dos que a titularidade sexa firme por parte da Deputación Provincial de Pontevedra. 3.- A Deputación Provincial de Pontevedra levará a cabo a licitación, dirección, execución e recepción das obras de rehabilitación contempladas nos proxectos técnicos que elabore a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, financiadas conxuntamente por ambas institucións, de acordo co parágrafo 1º das cláusulas 2ª e 3ª, polas seguintes contías: CONTÍA DAS OBRAS A LICITAR POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA ENTE FINANCIADOR 2008 2009 2010 CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE 0,00 € 180.000,00 € 200.000,00 € DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA 200.000,00 € 200.000,00 € 200.000,00 € TOTAL 200.000,00 € 380.000,00 € 400.000,00 € 4.- A Deputación Provincial de Pontevedra comprométese a xustificar, ante a Consellería de Cultura e Deporte, as achegas percibidas, de acordo co apartado 5º da cláusula 2ª. 5.- A Deputación Provincial de Pontevedra contratará todas as actuacións que sexan necesarias para o cumprimento dos obxectivos deste convenio con cargo á normativa reguladora de contratos das administracións públicas. 6.- A Deputación Provincial de Pontevedra ten a obriga de prestar colaboración e facilitar canta documentación lle sexa requirida no exercicio das funcións de control que lle corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e ó Consello de Contas. 7.- No caso de que a Deputación Provincial de Pontevedra concerte con terceiros a execución total ou parcial das actividades obxecto deste convenio, estarase ó disposto polo artigo 27 da Lei de Subvencións de Galicia. Cuarta.- Obrigas do Concello de Agolada. O Concello de Agolada unha vez restaurados os Pendellos coordinará o uso dos mesmos, correndo ó seu cargo os gastos derivados deste uso, como son auga, electricidade, calefacción, limpeza etc., sen prexuízo de que acorde os convenios ou acordos con Entidades ou Asociacións para conseguir o fin que se persigue. Así mesmo, outorgará as licenzas municipais oportunas para proceder á restauración dos Pendellos. Quinta.- Outras obrigas da Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Agolada. A Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Agolada comprométense a autorizar, libre de cargas e gravames de todo tipo, a plena e libre dispoñibilidade dos terreos a favor da Consellería de Cultura e Deporte para que esta poida acometer a execución das obras de rehabilitación dos Pendellos. Esta libre dispoñibilidade será realizada, segundo o establecido no Decreto 246/92, de 30 de xullo da Consellería de Economía e Facenda (DOG nº 159 do 17 de agosto de 1992). Tanto a Deputación Provincial de Pontevedra coma o Concello de Agolada consenten, expresamente a inclusión dos datos relevantes deste convenio nos rexistros públicos que proceda, de acordo co artigo 16 da Lei de Subvencións de Galicia. Así mesmo, cada unha das partes será encargada de xestionar e executar os trámites que lle correspondan en función do especificado no presente convenio, no ámbito de colaboración institucional de cara á consecución dos fins perseguidos, de acordo coa lexislación vixente. Sexta.- Para o seguimento e control do presente convenio, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación constituirase unha Comisión de Información da que formen parte dous representantes de cada unha das administracións que subscriben o convenio que se reunirá dentro do prazo de tres días a contar dende a petición expresa realizada por calquera delas, na sede do organismo requirido. Sétima.- O presente convenio entrará en vigor na data do seu asinamento e terá vixencia ata a consecución do obxecto do mesmo, e en todo caso ata o 31 de decembro de 2010, e que se extingan todas as obrigas que del se deriven, salvo denuncia do seu incumprimento por calquera das partes, que requirirá o acordo previo do órgano competente da administración que a pretenda. A vixencia poderá ser obxecto de prórroga con mutuo acordo de todas as partes asinantes deste convenio. O incumprimento de calquera das cláusulas deste convenio será causa bastante para a súa denuncia. Oitava.- O presente convenio é de natureza administrativa, e consecuentemente as cuestións litixiosas que xurdan na súa aplicación, interpretación e cumprimento serán competencia da xurisdición contencioso– administrativa. En todo o non previsto neste convenio, será de aplicación a Lei de Subvencións de Galicia e o Decreto 287/2000, do 21 de novembro, en canto non se opoña a isto. Ademais aplicarase con carácter supletorio a Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións. En proba de canto antecede as partes que interveñen asinan o presente protocolo por triplicado a un só efecto no lugar e data sinalada no seu encabezamento. POLA CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE Ánxela Bugallo Rodríguez POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA Rafael Louzán Abal POLO CONCELLO DE AGOLADA Ramiro Varela Peón 8.5674.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Punto número 8. Comunicacións. Sr. Secretario.- Si, dar cuenta de los extractos de las Resoluciones Presidenciales dictadas entre el 25 de febrero y el 22 de marzo Queda enterado o Pleno das seguintes: A) De extractos de Resolucións Presidenciais dictadas pola Presidencia entre os días 25 de febreiro e o 22 de marzo do ano 2008 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. 9.5675.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Punto número 9. Rogos e preguntas. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, gracias Sr. Presidente. Quería facer o seguinte rogo ou pregunta, sei que se me pode contestar de que ten moito, digamos que hai certa confusión na pregunta, hai certa confusión, pódese entender que hai certa confusión sobre as presidencias que ostenta D. Rafael Louzán, pero como na práctica nos estamos combinando e parecendo todos os días pois son incapaz a separar. Evidentemente hai unha dualidade e duplicidade que estamos sufrindo, que estamos sufrindo en Pontevedra dunha maneira bastante directa, por un lado hai unhas relacións institucionais e convenios que se asinan e demais, con certas complicacións pero que xa pasou polo Pleno e o falamos, e por outro lado hai certas actuacións que eu entendo que deben ser a outra parte de D. Rafael Louzán, no sentido de Presidente do PP, esquecéndose de que é Presidente da Deputación, pois como é que a patrona provincial é a Peregrina e historicamente esta casa colaboraba financiando o programa, deixou de facelo. A semana de filosofía que se celebra aquí, despois de moitos alti baixos tampouco a Deputación colabora, en fin, a esas cousas xa estabamos afeitos, a estas cousas é difícil afacerse, pero bueno, pero a última foi estrañamente simpática porque resulta que Pontevedra tivo que sufrir que de quince, ou dez, ou quince, que pode haber en Galicia e se cadra douscentos no Estado, celebracións dos bombeiros polo motivo do seu patrón, pois a instancias do PP provincial e polo Sr. D. Rafael Louzán, pois resulta que, teoricamente cando menos, na práctica sabemos que se celebrou, pois os 34 bombeiros de Pontevedra non poden celebrar o seu patrón e insta á supresión dunha misa, dunha misa, que o cura dixo que non hai ningunha autoridade civil nin xudicial que lle poida obrigar a prohibir facer a súa celebración, e celebrou evidentemente, claro, e máis dun viño no que non había nin intervencións pero por se acaso pois, e ademais na que os convidados eran o Xefe do Posto da Garda Civil, do Exército, etc., etc., e insta á supresión, que un caso de ..., non debeu suceder nunca en ningún lado nin nada que se lle parecera, pero sorprendentemente pois insta a que se prohiba a celebración do patróns dos bombeiros. Non me estraña, non me estraña que por parte das bancadas do Partido Popular e demais haxa esas caras de risa, porque realmente é risible, é risible, e entón imaxínense vostedes o espectáculo de que o sábado día 8, San Xoán de Deus, patrón, foi sempre, polo tanto este ano que sega, pois resulta que os xefes militares e civís de Pontevedra pois celebrando, os bombeiros sen uniforme por se acaso a Xunta Electoral creaba algún problema, e como de xeito un tanto clandestino. Non sei se iso pois, en fin, forma parte desta política de ir, en fin, de arrebato así visceral e partidario do Sr. Rafael Louzán, se foi un desliz, se se vai a volver a reproducir ou non. En todo caso isto forma parte do anecdotario disparatado, absolutamente disparatado, pero as cousas que dixen antes non, e o rogo é, en fin, de cando se trata destes asuntos pois se teña un pouquiño de cautela, de mesura, e se teña en conta a división institucional que ten o Presidente da Deputación aínda que neste caso exercera como Presidente do Partido Popular provincial. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Cesáreo Mosquera. A verdade é que cada día vostede me sorprende máis, pero eu xa dixen antes que sería co paso do tempo, nesta casa xa leva vostede moitos anos, e claro, a memoria é fráxil co paso do tempo. A verdade que vostede o que pretende con isto debe ser que quere gañarse ó corpo de bombeiros ó cal leva bastantes anos desahuciando dende o goberno municipal en relación ó equipo de Pontevedra, me refiro, e bueno, non é de sorprender que vostede pois sala en defensa da igrexa, ou en relación á misa que se quere celebrar, é sorprendente que o Bloque Nacionalista Galego, pois, bueno tamén está apoiando, o cal felicitamos, a pesar de non habela apoiado probablemente nunca, pois a rehabilitación da Peregrina, esas cousas, sempre estaremos xa, rectificar é de sabios, entón vostedes a verdade é que non deixan de sorprender, unha cousa era estar na oposición e outra cousa ben distinta é estar no goberno, claro. Entón, bueno, pois estes días asistimos a cuestións, a verdade é que sen precedentes na historia, que afectan verdadeiramente á iluminación política que algúns teñen. E resulta que, bueno pois, esta casa todos os anos pon en marcha con motivo do día 8 de marzo, pois a celebración do Día da Muller Traballadora, e pois non lle xurde mellor idea a algún partido político dos que están na oposición de denunciar a celebración dese acto e impedir a celebración dese acto por parte da Xunta Electoral. Parece, dá a sensación de que iso só o poden facer posible os progresistas, os progresistas evidentemente poden denunciar que se poña en marcha pois a celebración do acto do día da muller e sen embargo se supostamente hai unha lei será para todos, quero entender que non se poderá celebrar supostamente ningún tipo de acto político por ser xornada de reflexión, nin que teña vinculación ou traxectoria política. Vostedes como practicamente desahuciaron durante moitos anos ó corpo de bombeiros de Pontevedra, están intentando buscar algunha fórmula de rasar filos e entón pois lles vale calquera argumento. Pero é que non saímos do noso asombro, non saímos do noso asombro que a estes grupos entre nacionalistas e progresistas, que son os grupos que neste caso están na oposición desta casa, pois que se atreven a pedir pois como pasa actualmente, pois, por que o Partido Popular non cede parte da súa representación para que os grupos minoritarios teñan representación na Mesa do Congreso, por exemplo. E acaba de suceder, acaba de suceder que no nomeamento dos senadores na Cámara, pois aquí no Parlamento de Galicia, pois dalgunha maneira deciden, non, é que o reparto ten que ser un cada un dos grupos políticos. En Madrid, van a pedir, o iluminado do noso Secretario de organización do Partido Socialista, galego el, pois pide que o Partido Popular ceda parte da súa representación, e entón, dis ti, pero o Partido Popular en Galicia ten 37 Deputados e o Bloque ten 13 e está na oposición, e entón é que, te sorprendes, verdade, pero a verdade é que este ou é que é un alumno avantaxado ou é que a verdade é que é un pouco dexenerado. Polo tanto, vostedes, a verdade é que xa digo, non nos deixan de sorprender cada vez que fan calquera cuestión desas. E neste sentido teño que dicir que o Partido Popular é un exemplo, porque o Partido Popular non iniciou precisamente esa ofensa de deixar celebrar actos o día 8 de marzo con motivo da Muller Traballadora, cuestión que o Partido Socialista presenta na Xunta Electoral para que non se celebre, e resulta que van os medios de comunicación aquí presentes e o titular é que o Partido Popular pois había presentado que non se podían facer outro tipo de actos e neste caso que afectaba tamén ó corpo de bombeiros o cal, pois, para mellor gloria, ía estar alí o Alcalde de Pontevedra, que creo que de momento é un cargo político aínda que tamén é Alcalde de Pontevedra e os medios de comunicación pois dalgunha maneira recolleron, e me acordo perfectamente, pois que o Partido Popular impedía a celebración dese acto, e non se recolleu, que primeiro, porque o Partido Popular non actúa senón é evidentemente promovido, porque o Partido Socialista con anterioridade denuncia o acto da Muller Traballadora que se ía a celebrar neste Pazo Provincial e que xa se levaba celebrando durante os oito últimos anos, e que polo tanto era un acto tradicional e sen embargo pois dalgunha maneira se recolle que non, o Partido Popular é quen denuncia a celebración do acto dos bombeiros na cidade de Pontevedra. Pois claro, parece ser que a Lei non é exactamente igual para uns ou para outros, entón se dalgunha maneira pois non se podería celebrar un acto pois entendemos que tampouco se podería celebrar o outro. Por iso, que eu tamén dende aquí quero pedir que exista un pouco de equidade no comportamento precisamente da celebración de actos públicos, se é xornada de reflexión e dalgunha maneira o Partido Socialista pide que non se celebre, bueno pois, non se deberá celebrar ningún tipo de acto en xornada de reflexión que teña que ver, que teña algunha relación con algunha institución que estea gobernada pois por un partido político ou neste caso por dous. Polo tanto, xa digo que vostedes non deixan de sorprender, pero bueno, á base de estar primeiro na oposición, agora estar no goberno, pois rectificar é de sabios e polo tanto, bueno, pois vostedes van por ese camiño. Tamén nos gusta o acercamento á igrexa, que vostedes agora apostan porque suspendíamos unha misa e todo o demais, co cal pois tamén é importante que o Bloque Nacionalista Galego se sume tamén á relixión católica na maior parte dos seus, neste caso, cargos relevantes. Creo que lle contestei Sr. Mosquera. Non sei se ten algo máis que dicir, pero. ¡Ah!, bueno, agora me recorda que faltaba a Aula de Filosofía, me recorda que faltaba a Semana de Filosofía. Pero ... Sra. Pedrosa Silva.- ... de esta casa, a raíz de un enfrentamiento que tuvieron en un momento determinado, nunca más volvieron a solicitarla y por eso no tienen subvención, porque ellos mismos pidieron que no. Y sólo decir que a diferencia de los demás, que nosotros, se celebró el acto de los bomberos pese a la prohibición de la Junta Electoral, o sea que no creo que haya ningún problema y no dijimos nada sabiendo que el Alcalde estaba allí en coche oficial por cierto. Sr. Presidente.- D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, a ver, o da Aula Castelao é obvio porque á base de reducirlle, enfadarnos e o que sexa, ... me contesta e demais, pero non ía a iso, ou sexa, o que queda claro aquí é que a vostedes cando lle pisan o rabo a nivel provincial, sexa na Guarda ou en Lalín, rebótanse contra Pontevedra. ¿Que terá que ver?. A ver, por que non pediron a supresión da festa dos bombeiros en Cangas ou en Vigo, se había algún acto dese tipo, ... así, de todas maneiras posto, é igual que non ten ningún sentido dicir iso o Alcalde non ía ir pero bueno, foi precisamente por iso, pero en principio celebrouse porque estaba moi ben cuberto coas autoridades que había alí, ou sexa, difícilmente ía haber maior problema e foi en perrencha dos bombeiros, pero creo que se enganaron home, porque o que tiña a transcendencia era a Festa do Caldo, e ía estar o Alcalde, non sei como non pediron a prohibición da Festa do Caldo, miren, meteron un zapatazo coma un mundo, eu non quero entrar na supresión dos actos do día 8, do día da Muller, e porque foi en todo o Estado ou en case todo ou o que sexa. Ben, non sei se ten razoado ou non ou se é unha discusión de fondo, pero curiosamente o dos bombeiros só foi en Pontevedra, só foi en Pontevedra. Aí reaccionaron coas vísceras, reaccionaron mal, mal, e por outro lado pois é moi reiterado, é moi reiterado, cando lle pisan o rabo encerrado engánchana con iso. Bueno, evidentemente creo que o ridículo que fixeron foi ben elevado, non pasou en ningún outro lado, non pasou en ningún outro lado, co cal cando o da muller si sucedeu. Entón, se vostedes se meten ou cren que están metendo, á parte non o BNG, e si di que é de estar no goberno ou na oposición, eu estou no goberno e na oposición que é algo do que podo presumir porque estou na oposición aquí e no goberno alá, como varios dos meus compañeiros, o cal ensina moito e permite colocarse a cada un e ve que decisións tomaría un nun lado noutro. Evidentemente, non fomos nós quen lle denunciamos o acto e rebótanse contra o goberno, contra Pontevedra, meteron a pata ben metida, e bueno, pois non pasa nada, que meter a pata pois tampouco é, é un exercicio digamos tal, agora se fora, o problema é a motivación, que non é esta vez senón que xa pasou máis veces, esa víscera coa que actúan e por iso digo que a Deputación está en Pontevedra pero tamén está a Presidencia do Partido Popular e entón se lle pasa algo na provincia pois reacciona meténdose con Pontevedra dunha maneira que non ten nin pes nin cabeza, e fai levar a ridículos deste calibre. Nós non quixemos tirar máis do asunto porque sería moi simpático levalo, pois verdade, a un contencioso electoral, que estivera meneándose durante un tempo, para ver como un grupo político cando actúa coas vísceras, dunha maneira perdendo o norte, e unha Xunta Electoral pois visoña, que dá disto pois como, en fin, se pode meter zapatazos deste calibre. Pero bueno, vámolo deixar aquí, pola nosa parte non vamos a falar máis, simplemente pois deixar constancia diso e Sr. Louzán teña un pouquiño de prudencia, tanto é así, tanto é así que os responsables do PP local non tiñan nin idea, foi directamente provincial, entón se é provincial non actúa a nivel local, que é o problema que ten, entón ten así certas fixacións, ou sexa que é a maiores, se é Presidente da Deputación sexa un pouco prudente nas actuacións que ten sendo o Presidente do PP. Eu creo que non, vamos pola nosa parte non queremos darlle xa máis voltas, se queren déanlle as que queiran. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Sra. Pedrosa. Sra. Pedrosa Silva.- Mire, es que me parece un poco sorprendente. Yo no se si leyó usted la denuncia que el Partido Socialista hizo del acto de la Mujer Trabajadora en esta casa, que había convocadas a 400 mujeres, en donde dice que se pide a la Junta Electoral que se suspenda el acto porque no se puede celebrar ningún acto público en ninguna institución ni institucional. En ese mismo momento recibo una invitación del Alcalde de Pontevedra, no del Jefe de Bomberos, diciendo que invita a un acto institucional del Día de Bomberos, que tampoco se puede celebrar por el mismo argumento que ustedes pusieron en relación al tema anterior, en este caso sus compañeros de gobierno, estatal y autonómico. Entonces si no se puede celebrar un acto, evidentemente nosotros que respetamos a la Junta Electoral suspendimos el acto, no como en Pontevedra, que pese a una prohibición expresa de la Junta Electoral, se celebró exactamente igual el mismo acto, lo que pasa que sin presencia de medios de comunicación. Pero allí estaba, porque yo pasé por el recinto y allí estaba perfectamente celebrándose el día y no se suspendió ninguna misa, aquí el acto institucional fue lo que instó a la suspensión, si la Junta Electoral luego entendió que de los demás actos del día de bomberos también los tenía que suspender será problema de la Junta Electoral y del concello de Pontevedra. Pero si no se puede permitir en una institución celebrar un acto no se puede permitir en ninguna, en ninguna, tal y como argumenta el Partido Socialista en su escrito que si quiere se lo traigo, ningún acto institucional, el día de la jornada de reflexión, aquí diez horas antes de celebrarse el acto tuvimos que quedarnos hasta las doce de la noche suspendiendo a las cuatrocientas mujeres que estaban convocadas, como cada año, que no fue una cosa especial, un foro que se lleva celebrando durante todo el mandato pasado, entonces no diga que el tema tiene connotación o que si la Junta Electoral, no, nosotros nos lo prohibieron, lo anulamos y punto y fin, a ustedes también se lo prohibieron y me parece que no les gustó tanto anularlo. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sra. Pedrosa. Bueno, eu creo que o tema non dá moito máis de si, dalgunha maneira esa é a diferenza de como entenden uns e como entenden outros, a nós se nos dixo unha vez que o Partido Socialista presenta a denuncia que tiñamos que suspender o acto, suspendemos o acto, vostedes din que como vostede ben acaba de cualificar, pois a Xunta Electoral é visoña, probablemente, ou sexa, pero creo que teñen fixación co Partido Popular que é o culpable sempre de todo, pero aí hai unha actuación imparcial que neste caso é da Xunta Electoral Provincial que é quen toma a decisión, que non fomos nós, polo tanto a claridade lla acaba de dicir a Sra. Pedrosa, onde di que non se debe celebrar ningún tipo de acto que teña vinculación institucional. Polo tanto, máis claro auga Sr. Mosquera, o que pasa é que vostedes sei que teñen necesidade de resarcirse do mal labor que levan feito durante os 8 últimos anos cos bombeiros da cidade de Pontevedra, e polo tanto pois intenta a ver se agora somos capaces de repañar as feridas abertas neste fronte. Pero coa boa relación que vostedes teñen, ou que queren ter agora coa Igrexa, xa lle fago un ofrecemento aquí para que nos acompañen para o día da Peregrina, o día da patrona da provincia, como vostede ben di, para que nos acompañen na procesión xa que hai posibilidade de que vostedes se acerquen máis á Igrexa, seguro que nos van acompañar este ano tamén na procesión da Peregrina en Pontevedra. ¿Algo máis?. Sr. Mosquera Lorenzo.- Sr. Presidente, só que teñen unha confusión de raíz tremenda, tremenda, quen convocan ó acto son os bombeiros aínda que como saben, aínda que como saben nomeen á institución, igual que aquí, sempre é o Presidente quen en nome dos bombeiros fai os convites e quen mantiveron o acto foron os bombeiros e quen se quixeron cargar vostedes foi a celebración do día dos bombeiros. E á parte Sr. Presidente non só vamos ir, vamos a eses fastos e demais, que nesta casa cada un, digo no BNG non somos aconfesionais, cada un ten a liberdade de ir a onde lle dea a gana, e polo tanto dende logo institucionalmente non, precisamente porque somos aconfesionais, pero faltoulle a invitación, faltoulle a invitación central que é a papadela e máis os toros, aí, aí, non nos invitou aínda a iso, non nos invitou aínda a iso. Vale. Vamos a deixalo. Sr. Presidente.- Pero os toros, tamén son antitaurinos creo, son polo tanto, é complicado, pero bueno, todo se cambia en función dos tempos que se viva. Polo tanto todo é posible Sr. Mosquera. Bueno, quedando aclarada esta cuestión nos pide a palabra Dona Isaura Abelairas. Sra. Abelairas Rodríguez.- Gracias. Bos días. Aquí o Partido Socialista estabamos moi caladiños, pero como están todo o tempo falando do Partido Socialista pois é conveniente que se nos oiga un pouco, primeiro Sr. Presidente como vostede di “rectificar é de sabios” e me gustaría que exercera de Presidente e quitara a chaqueta do Partido Popular. Eu creo que están confundindo vostedes o que é unha resolución da Xunta Electoral e o que é unha decisión que toma un goberno, unha deputación ou un concello. Creo que estaría ben que o aclarara e ademais sería interesante. Están falando de contradicións, duns e doutros, están metendo ó Partido Socialista, pois mire para contradicións en tal caso vamos a falar do Partido Popular, e seguro que non é o sitio pero de política de fóra da Deputación empezaron vostedes, non empezou o Partido Socialista. Soamente dúas cousas, para falar das contradicións e do que din como Institución e como Partido Popular. Eu creo que seguramente todos vostedes recordaron ó Sr. Rajoy que estaba seguro que ía gañar as eleccións, dicindo, pedíndolle ó que el consideraba que ía a ser jefe da oposición, Rodríguez Zapatero, que se abstivera da sesión de investidura e ademais que el contaba con que se ía a abster na sesión de investidura. Pois agora onde “dije digo, digo Diego” e están pensando noutra cousa. Pero a irracionalidade é tan grande e ata tal punto que ata falou vostede dos senadores de designación autonómica, mire, o Partido Socialista na anterior lexislatura, que aquí hai xente que estaba alí, votou a proposta do Partido Popular en ... e o gracioso do caso desta vez é que o Presidente do Partido Popular, o Sr. Fraga Iribarne, e agora vou facer como ó Sr. Figueroa, mirando para os medios de comunicación, saíu Senador, designado Senador de Galicia cos votos do Partido Socialista e a verdade pois, ¿que quere que lle diga?, sigan falando de incongruencias, sigan falando do que lles dea a gana, pero miren, de verdade que, díxeno unha vez e repítoo, creo que deberíamos ser capaces de separar as cousas e quitarnos as chaquetas dos partidos políticos ós que representamos, aínda que o levemos dentro, pero non utilizar a Deputación como plataforma para facer mitins partidistas. Sr. Presidente.- Moitas gracias Dona Isaura Abelairas. A verdade é que non nos deixa de asombrar o que acaba de dicir, tamén porque dalgunha maneira primeiro eu tería que preguntarlle a vostede ¿quen neste caso presentou o escrito na Xunta Electoral Provincial para que non se celebrara o acto do día da Muller Traballadora?. ¿Entón?, ¿entón?, por favor, entón se foi o Partido Socialista quen presenta ante a Xunta Electoral unha iniciativa para que ese acto non se celebre a ver ¿cal é a incoherencia por parte do Partido Popular a dicirlles que vostedes foron os responsables de que non se celebraran?, e polo tanto, parece ser que o Partido Popular, como vostede ben dicía, que ten que ser, o partido, nós nos temos que calar, absolutamente ten que ser o partido dos caladiños, non, ou sexa, vostedes poden poñer en marcha unha iniciativa de suspender un acto que pon en marcha esta Institución e nós, polo que di o Sr. Mosquera, pois como a Xunta Electoral nesa resolución di exactamente que non se debe celebrar ningún acto institucional o Partido Popular debe manterse evidentemente á marxe e polo tanto non debe dicir nada, só debe admitir o que diga a Xunta Electoral de Zona e o que poidan facer outros partidos políticos con representación institucional si o poden facer libremente, por favor. En relación á segunda parte, é verdade que non lle quedan argumentos, Dona Isaura o sinto porque a verdade é que me parece unha persoa razoable, pero dende o punto de vista de racionabilidade no que acaba de dicir en relación ó que pasou no Parlamento de Galicia é realmente lamentable, é lamentable, pero bueno, iso é a actuación en función de como nos interese, ¿pero como son capaces vostedes de explicarlle a unha sociedade calquera que van a pedir que o Partido Popular neste caso ceda parte da súa representación na mesa sendo o partido da oposición e vostedes sendo do goberno, cando intentaron en todo posible sacar da pista ó Partido Popular durante os catro últimos anos?. Pero, por favor, é que hai que ter un pouco de cordura, hai que ter un mínimo de cordura, ou sexa, fan o pacto do Tinel famoso para illar ó Partido Popular, fan cincuenta mil historias para illar ó Partido Popular e despois lle veñen pedir ó Partido Popular que sexa precisamente o que ceda parte da súa representación na mesa, cando está na oposición. É que teñen, a verdade é que teñen unha cara especial, outra cousa é que a cidadanía se dá perfectamente conta deste tipo de tropelías e deste tipo de inventivas que pon en marcha pois un Secretario, galego por certo el, que é o D. Pepe Blanco. Pero é que é, por favor, é lamentable, claro e despois o Partido Popular pois ten 37 Deputados, o Partido Socialista 25 en Galicia e o Bloque Nacionalista Galego 13, e a representación debe ser 1-1-1, esa é a proporción que vostedes din, 1-1-1, cando o Partido Popular concretamente co Bloque Nacionalista Galego, ten tres veces máis Deputados que o Bloque Nacionalista Galego xa en concreto. É que é lamentable, é que son cousas, lamentable o que se, o que pasa é que claro, vostedes estiveron moitos anos evidentemente na oposición, e agora pois intentan ensañarse ou actuar de maneira sectaria, bueno, porque dalgunha maneira pois esa posibilidade existe, pois si existe de que se poidan unir dous partidos que non teñen nada que ver pero que si se unen única e exclusivamente para tocar moqueta e ter o poder do goberno que neste caso non é outra cousa que pois representar os intereses dos seus partidos. Dona Isaura Abelairas. Sra. Abelairas Rodríguez.- Sinto que lle pareza tan mal o que lle dixen. Sr. Presidente.- Non, a min non me parece mal, eu estoulle dicindo “as verdades del barquero”, como dirían. Sra. Abelairas Rodríguez.- Perdoe, non sei da racionabilidade que vostede falaba, eu falo da racionalidade. Mire, foi o Partido Socialista o que fixo a petición non o Goberno. E por certo celebrouse o día antes en varios sitios. Mire, estar na oposición é sano, necesario, é unha aprendizaxe importantísima do que é a democracia. Xa que está tan informado, é que hai unha diferenza entre o que é exercer o poder polo grupo de esquerdas e o que é exercer o poder por un grupo de dereitas. Exercer o poder por un grupo de esquerdas é a expresión fundamental da democracia, vostedes cren que están imbuídos do poder divino e que de aí non os pode baixar ninguén porque son bendecidos por Deus e están na verdade máis absoluta. Mire, vamos a ver, cada 25 Deputados é un senador, cando o Sr. Núñez Feijoo decidía ou pensaba en dividir o grupo, porque non 12, porque claro 25 máis 12, 25 un senador, 12 outro senador, e resulta, por suposto o BNG, por que o BNG non o ía ter. A democracia é algo máis. Eu entendo que é frustrante, moi frustrante, unha vez díxenllo a un concelleiro en Vigo, frustrante ter que sacar os votos a paseo para dicir, mire, é que nós gañámoslles en votos, pero ten que ser moi frustrante, e a democracia é iso que con pactos non poden gobernar, iso si que ten que ser frustrante, e eu entendo, eu entendo que despois pois saian cousas como que non hai racionabilidade cando temos que falar de racionalidade. Miren tres grupos, tres senadores, poderá estar de acordo ou non, pero votouse, o que repito, repito, lle deberían explicar ós militantes do Partido Popular que non votaron vostedes ó fundador do Partido Popular, que non votaron ó Sr. Fraga, e que é senador gracias ós votos do Partido Socialista e tamén do BNG. Sr. Presidente.- ¿Terminou, non, Dona Isaura Abelairas?. Iso é precisamente o que dalgunha maneira pasou, pero os datos como vostede sabe son máis contundentes que as palabras. Polo tanto unha vez máis, unha vez máis pois é necesaria, máis que nunca precisamente, en detrimento desa democracia que ás veces se adultera con este tipo de circunstancias, pois para que exista un reparto racional como lle digo, para que en función do que din a maior parte dos galegos, neste caso, pois teña a representación quen decidiron maioritariamente os galegos e non quen decidiron que estiveran na oposición, porque se hai algo claro evidentemente é que o Partido Popular é o partido maioritario en Galicia e neste caso o Partido Socialista e o Bloque Nacionalista Galego foron elixidos para estar na oposición en Galicia e non para estar no goberno, outra cousa é que esa conxuntura que está permitida pois dalgunha maneira nos leva a ter a situación que temos en Galicia. Pero a realidade son Partido Popular 37 Deputados, Partido Socialista 25 e Bloque Nacionalista Galego 13, esa é a realidade do que está pasando neste momento na nosa Comunidade Autónoma. Polo tanto, xa digo, creo que está perfectamente aclarado e clarificada esta situación de quen puxo en marcha para suspender a celebración de actos, que o día 8 de marzo, pois, se viñan celebrando con absoluta normalidade, e que pois alguén, pois de maneira partidista, intentou que non se celebraran, despois algunha Xunta Electoral, que entendemos que é imparcial, decidiu ó mesmo tempo pois que non debían celebrarse, nós así o respectamos sen embargo outros non o respectaron. Polo tanto, esa é a realidade e aí queda precisamente esa situación. Sr. Muradas. Sr. Muradas Ramos.- Si, buenos días. Insultar es feo, insultar a un ausente es peor y hacerlo desde una Institución es muy grave. Por eso le quería decir un ruego, que retire el término iluminado en su referencia al Secretario de Organización del PSOE. Sr. Presidente.- É un cualificativo cariñoso. Sr. Muradas Ramos.- Si vamos a calificar entonces entramos en un ruego cariñosamente, que se compre como libros de cabecera un diccionario y otro de dichos populares, porque las meteduras de pata que tiene usted a lo largo de todos los Plenos es de párvulo de colegio, cariñosamente también, términos cariñosos. Sr. Presidente.- ¿Terminou xa a intervención?. ¡Ah, moi ben, moi ben! Terei en consideración as súas palabras pero prefiro que llas transmita a algún compañeiro dos seus, que vostede ben coñece, e que polo tanto vai a estar máis acertado con eles que comigo. Polo tanto, non habendo máis rogos e máis preguntas levántase a sesión. Moitas gracias e moi bos días. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as once horas e dezasete minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe.

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Pleno (Tema)

Área de control da descrición