ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.197
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Acta de sesión 2008/02/12_Extraordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.43.826/1.2008-02-12_Extraordinaria

  • Título Acta de sesión 2008/02/12_Extraordinaria

  • Data(s) 2008-02-12 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión. 32 follas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A C T A Da sesión extraordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 12 de febreiro de 2008 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e quince minutos do día vinte e cinco de xaneiro do ano dous mil oito, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Julio Alén Montes, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Xosé Crespo Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. José Amador Eiras Paz, D. Jesús María Fernández Portela, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Emilio González Iglesias, D. Juan A. González Pérez, D. Rafael Lores Rosal, D. Gabriel Martínez Giráldez, Dona María Xosé Méndez Piñeiro, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. José Antonio Olmedo Granja, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, Dona María Corina Porro Martínez, D. Agustín Reguera Ocampo, D. Severino Reguera Varela, D. Daniel Rodas Chapela, D. Xosé Carlos Silva Mariño, D. José Enrique Sotelo Villar e D. Jesús Vázquez Almuiña, co obxecto de celebrar sesión extraordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Non asisten os Sres. Deputados D. Pauliño Damián Del Río Iglesias nin D. Juan Luciano Otero Besada. Da fé do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Si, moi bos días. Vamos a dar comezo a este Pleno extraordinario que ten un total de 17 puntos, que todos teñen unha relación en común que é precisamente solicitar a colaboración e a subvención de fondos europeos a un plan que neste caso acaba de ser substitutivo do Programa Operativo Local. Lle planteo neste caso ós Portavoces dos tres grupos se queren que se debata cada un dos proxectos que se presentan para axudas de fondos comunitarios ou debatamos un a un. Todos xuntos. Ben. Entón, neste caso vamos a debater dende o 1 ata o número 17, e o primeiro que lle vamos a dar a palabra neste caso é o Deputado responsable de Cooperación desta institución para que nos pase a presentar cada un dos 17 proxectos que a Deputación en colaboración cos concellos que se adheriron van a presentar precisamente para a concesión de fondos europeos. Ten a palabra o Sr. Deputado D. Julio Alén. Sr. Alén Montes.- Gracias Sr. Presidente. Bos días a todos. A pesar de dicir, que é un dato tremendamente importante, que máis do 90% dos concellos da provincia están adheridos a este plan, polo tanto partimos de entrada cunha participación altísima. En segundo lugar dicir que son dezasete proxectos, nove deles benefician a toda a provincia, é dicir, son executables a nivel de todo o territorio, e oito deles digamos que están, que se reparten por comarcas. Tamén dicir que suponse que estes proxectos poden xerar ata 500 postos de traballo e que todos eles tanto a nivel particular dos oito que están en comarcas como os nove que benefician a toda a provincia, fan que esteamos moitísimo máis vertebrados a todos os niveis. Vou a citar, vou a citar os dezasete, non vou a entrar nos ámbitos digamos territoriais, pero polo menos vou a citalos e vou a dicir un pouco de que van. O primeiro seguindo a orde, é o CRD Vontade, que é o centro de recursos para persoas con discapacidade, obviamente este é un proxecto dun grande contido social e o presuposto son 3.370.000 euros aproximadamente. O segundo é a substitución do iluminación pública por outro con dispositivos para o aforro e a eficiencia enerxética na provincia de Pontevedra, pero bueno, xa o di o título, estamos a nivel mundial cuns problemas tremendos de consumo enerxético e o que se pretende con este proxecto é aforrar enerxía tendo iso si a mesma eficacia lumínica, este presuposto vai a 8.358.000 euros. O terceiro, é eliminación de barreiras arquitectónicas en edificios e instalacións institucionais na provincia de Pontevedra, tamén volvemos ó tema do contido social e nunha palabra é facer máis fácil a vida diaria a cotiá das persoas que teñen problemas de accesos ós edificios públicos e que tanto hai que visitalos, o presuposto son 5.822.000 euros. O cuarto, é a creación de zonas soterradas para contedores en núcleos urbanos da provincia de Pontevedra, este é un proxecto que se está facendo xa en cantidade de vilas e que se trata basicamente de soterrar os contedores para eliminar tanto os impactos visuais como tamén incluso ás veces no verán, os cheiros que emanan, tamén afecta a toda a provincia e o presuposto son 9.504.000 euros. O quinto, é o acondicionamento medio ambiental e recuperación de marxes do río Tea, tramo Ponteareas-Mondaríz-BalnearioMondaríz e Covelo, bueno este é o primeiro dos programas de recuperación de posta en valor dos ríos que temos en Pontevedra, o presuposto son 4.850.000 euros. O sexto, agora nos metemos en turismo, é o Pousadas, que é creación do produto turístico Pousadas, Jardín del Salnés, bueno, como ben di o título este vai hacia esa zona, hacia esa comarca, e bueno, son 10.850.000 euros, é dicir, que beneficia a concellos como Cambados, Ribadumia, Meis, O Grove, Vilanova de Arousa, a Illa de Arousa, Sanxenxo e Meaño. O sete, modelo de planificación integral para a creación de valor sostible na provincia de Pontevedra, digamos que ten varias actuacións e a primeira é o chamado observatorio para a creación do valor sostible na provincia de Pontevedra, ... a formación de coordinadores de cada área funcional e axentes a nivel municipal e este é un programa máis ben de tipo, digamos de observador, tipo estatístico que tanto nos fai falta para despois levar a cabo ben as obras e os investimentos que facemos, son 4.000.000 de euros a cantidade total de inversión. O oitavo, é outra senda fluvial, neste caso no río Miño, entre os municipios de Crecente e Salvaterra, pasando tamén por Arbo e por Tui, é un caso similar ó que dixemos antes, posta en valor, neste caso do río máis importante da provincia, do río Miño, e bueno, o investimento é maior que o anterior por razóns obvias de lonxitude, son 15.299.000 euros. O nove, é Móvete, turismo para todos, e bueno, como ben di o título estamos falando de turismo, e lle digamos a potenciación provincial a nivel turístico de toda a provincia, o investimento son case 5.000.000 de euros. O dez, estamos con Al 21 Pontevedra sostible, Axenda Local 21, e bueno, aquí hai varios apartados, e bueno, digamos que é o facer un catálogo patrimonial neste caso natural da provincia, hai catálogos do patrimonio, dos bens civís que temos na provincia, neste caso sería a redacción dese catálogo patrimonial natural que tamén nos fai falta, que pide para facer as distintas actuacións, entra por suposto que todo a nivel natural, o investimento son 4.137.000 euros. O once, é Umia, plan de recuperación e revalorización do río Umia, bueno, un caso similar ó do río Tea e o río Miño, os concellos beneficiados neste caso é por onde pasa o Umia, Caldas de Reis, Cuntis, Moraña e Portas, é un dos ríos que máis lle fai falta como vós sabedes e o presuposto son case 4.000.000 de euros. O doce, é Herdanza Patrimonio e Identidade, bueno pois, aquí é un programa fundamentalmente de posta en valor e de coñecemento do patrimonio que nos identifica á provincia, moito estudo e moita sinalización que é o que máis hai aquí, moita información, cursos e todo iso, estamos falando dun presuposto de 5.333.000 euros. O trece, é o Wimax wifi rural na provincia de Pontevedra e afecta a todos os concellos, e bueno, eu aquí lle chamaría poñernos ó día no século 21 para que teñamos unhas comunicacións acordes cos anos que transcorren, sería a conexión directa en calquera punto da provincia a internet, iso tamén leva consigo pois a eliminación en moitísimos casos desas tremendas infraestruturas que hai que facer de tendidos para que haxa esa accesibilidade mínima a internet, sabedes que os sistemas wifi son inalámbricos, é un sistema que se pon por pequenas torres, o presuposto son 8.712.000 euros. O catorce, é a posta en valor da conca do río Arnego, é un caso similar ós outros e estarían aquí os concellos de Agolada, Lalín, Rodeiro e Vila de Cruces, o investimento son 3.000.000 aproximadamente de euros. O quince, caso tamén similar, de potenciación dos ríos é a recuperación e revalorización do río Deza e do seu afluente Asneiro, volvemos a potenciar aquí os ríos e neste caso na zona de Lalín, Silleda, Rodeiro e Vila de Cruces, o investimento son 5.678.000 euros. O dezaseis, Mobilia, a escola taller de mobiliario urbano, bueno pois mediante talleres, mediante obradoiros sería digamos fabricar, facer mobiliario urbano que despois se repartiría por todos os concellos que están integrados neste programa ó longo de toda a provincia. Hai varias fases, por comarcas, chega o investimento a 3.355.000 euros. E o último, o dezasete, é rexeneración da zona de desmontes en Baredo-Baiona, no último tramo do acceso á autopista do Val Miñor, e pon habilitación dun vertedoiro de inertes, bueno, esta é unha actuación moi específica que beneficia a concellos como Baiona, Nigrán e Gondomar e sería esa rexeneración desas ladeiras tan abruptas para recuperalas, o investimento son 25.532.000 euros. Bueno isto ... moi brevemente, sucintamente o que son os programas, dicir como vós sabedes que a Deputación, vamos o 75% vén de Europa, o 20%, entre un 20% e un 15% poría a Deputación e os concellos porían en todo caso o 5 ou o 10%, iso foi o que se pactou. Estiveron, recordemos, todos os concellos invitados precisamente nesta sala e todos os concellos que quixeron adheríronse voluntariamente. Dicir que están todos os concellos excepto dous que non poden estar porque teñen máis de 50.000 habitantes, que é Vigo e Pontevedra, e despois hai cinco que por ter máis de 20.000 habitantes pois poden pedir proxectos por eles mesmos, que son Cangas, A Estrada, Marín, Redondela e Vilagarcía de Arousa. O resto dos concellos están todos. En principio, se hai algunha pregunta, non teño nada máis que dicir. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Cedémoslle a palabra neste caso ó Portavoz do Bloque Nacionalista Galego D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moi bos días. Grazas Sr. Presidente. Ben, estamos ante un asunto que en principio debería confitar unanimidades, no senso de que toda petición de fondos cara fóra, cara outra administración, e neste caso os fondos FEDER europeos, pois é norma en xeral facelo así. Sen embargo neste caso concreto pois creo que xa se puxo a Deputación, o grupo de goberno se puxo a venda antes da frida e dunha maneira bastante inoportuna, e bastante desenfocada. Nós poderíamos coincidir co goberno da Deputación en que o reparto dos FEDER se tivera feito polos procedementos que se fixo ata agora, por criterios de poboación, etc., as cantidades darían para facer ese tipo de reparto e de proxectos, pero tomada a decisión por quen reparte os fondos, polo MAP neste caso, pois a reacción que houbo foi así bastante estraña por parte do grupo de goberno, moi virulenta, e hoxe o que vén aquí pois demostra claramente, a súa, vamos que non asumiu o que tiña entre mans e o tramitou infinitamente peor. En primeiro lugar, na convocatoria, na convocatoria, os concellos de máis de 50.000 están, vamos, non poden entrar, poden entrar pola súa, vamos directamente os de 20, entre 20 e 50, e no apartado e na base 3 b), as Deputacións, as Deputacións teñen a posibilidade e a competencia, eu creo que a obriga, de solicitar proxectos cuxa poboación beneficiaria sexa ó menos de 20.000 habitantes, ou sexa, que a Deputación de Pontevedra, como calquera outra Deputación, é responsable de que os concellos de menos de 20.000 habitantes poidan ter, poidan acceder por esta vía, poidan acceder por outras, polo PRODER e demais, pero por esta vía, ós fondos FEDER. En principio, isto, parece que estamos dicindo o mesmo, non estamos dicindo o mesmo, no caso de que fora a Deputación quen o fixera directamente os concellos non terían porque aportar nada, que sería o lóxico en concellos con dificultades de financiamento. Creo que a convocatoria estaba moi clara, os demais de 50.000 teñen que financiar o 30%, os de 20 ou 50, teñen opción de xuntarse a Deputación e pactar coa Deputación o reparto entre a Deputación e o concello, e os de menos de 20.000, os de menos de 20.000 terían que entrar pola convocatoria da Deputación coa responsabilidade da Deputación de tramitalo e executalo e dende logo financialo. En vez de iso se fai un totus revolutum no que parece que se quere volver ó de atrás, pero tampouco se volve ó de atrás co cal se monta un lío que vamos a describir agora e que realmente dá un pronóstico bastante feo, bastante feo con respecto ó futuro e explicarei. Por outro lado, a adaptación ás bases é nefasta, é nefasta en xeral, porque non sei se saben que este período empezou no 2007, hai financiamento do 2007, e hai problemas para xustificalo no 2007. Polo tanto, dá a posibilidade de que actuacións que estean en marcha, incluso acabadas, todo gasto que se fixera a partir do 1 de xaneiro de 2007, o financien, e por aí, asegúrolle que se chegan a ir por aí pois conseguían financiamento seguro porque hai problemas para xustificalo. Non hai ningunha, ningunha, o que demostra ou ben moita falta de actuacións nos campos de accesibilidade, medio ambiente, etc., non, por parte da Deputación, ou ben, que é certo, ou ben tamén problemas de entender ben as bases ou de tratar de adaptarse a elas para o que esta provincia conseguiría o maior número, a maior cantidade de fondos posibles. Ben, isto agora xa é irremediable pero asegúrolles que se chegan a presentar actuacións, que estaban aí, o financiamento era seguro porque é o de sempre, é o problema que hai para xustificar os fondos. En vez diso, este período en principio remata no 2010, no 2010 xa ten que estar xustificado e pagado, en decembro do 2010. Despois haberá unha segunda convocatoria para obxectivo de converxencia, na que se poderán volver a presentar, co cal conten o tempo que hai sobre todo para certo tipo de actuacións que necesitan autorizacións medio ambientais, autorizacións patrimoniais, é unha tramitación bastante, bastante enfarragosa que evidentemente en ningunha memoria se cita porque senón non saen os prazos por ningún lado, por ningún lado. Co cal aí pois non sei se por falta de asesoría, por falta de experiencia ou por falta, ou por falta de vontade política pois dende logo hai un problema bastante serio, bastante serio, que o tempo o dirá nos proxectos que concedan, e esperamos que algúns concedan, pois dende logo. Ben, pois en vez de traballarse as bases con solvencia, adaptarse á convocatoria, e incluso ás situacións nas que un sabe que é máis fácil que lle vaian a dar por problemas de prazos e de convocatoria, pois vostedes se disparan cunha petición que cara, así de entrada, cara os medios, cara a opinión pública pois pode quedar moi mona, pero que na práctica é pois absolutamente irreal e seguramente inviable. E outra vez non leron as bases, non leron as bases. Para Galiza no período 2007-2010, que é o que estamos falando, hai de aportación FEDER 56.000.000 de euros, para toda Galiza, para todos os que se acollen a esta convocatoria, ou sexa, concellos de menos de 20.000 e concellos entre 20 e 50.000. Hai exactamente 56.000.000 de euros. Bueno, pois vostedes piden 89. Home, está ben pedir, ou sexa, non hai que ser curtos ó pedir, pero pedir máis do que hai para todo Galiza, parece francamente esaxerado, parece francamente esaxerado, por pedir que non sexa, pero en fin, dentro de certa orde que saben que é radicalmente imposible, radicalmente imposible que haxa ningunha, a máis mínima posibilidade, cando fagan as contas como queiran estaríamos falando de que a provincia de Pontevedra, digo o ámbito que nestes momentos nos estamos referindo, pois seguramente estaríamos falando de que a petición de fondos FEDER debería andar pois nos 14 millóns, algo así, ben, o que nos pode corresponder, bueno, o que se pediran 28, que se pediran 30, bueno, pedimos o dobre, pedimos o dobre do que nos pode corresponder, vale, vale. Pero non, vostedes se largan pedindo dez veces máis, oito veces ou sete veces máis do que hai, ou sexa, moitísimo máis do que hai para toda Galiza, ou sexa que aínda que se dera só á Deputación de Pontevedra, non se lle dera a ningún concello de máis de 20.000 que non está adherido nin a ningún outro, imposible que lle deran o que está solicitado aquí. Iso de verdade que parece un tanto desproporcionado e esaxerado. En canto a esa distribución que o poñente deu, que o Deputado de Cooperación puxo entre eses proxectos territorializados ou xenéricos, hai algúns que son difíciles de distinguir pero vamos aceptar, vamos aceptar a división que fixo, só faltou un dato, faltoulle un dato, que isto territorializado suponlle no montante total 72.000.000 de euros e o xenérico 54. Claro, son moito máis, supoñen moito máis os territorializados que os xenéricos. ¿E que sucede con isto?. Pois suceden cousas tremendamente simpáticas, tremendamente simpáticas, o non facer as cousas digamos, a ver como diría, con mente limpa e procurando aproveitar o que sexa e distinguir o que é o trámite administrativo dos papeis, do que son as declaracións políticas, pois dá cousas ás veces tremendamente raras, pois, sucede que os territorializados supoñen 72 millóns, ou sexa de petición 50 pero 72 en total porque a petición é o 70%, o FEDER financia o 70% de calquera proxecto e os xenéricos 54. Ben, dos 55 concellos adheridos máis ou menos, máis ou menos, máis ben máis que menos, máis da metade quedan fóra dos territorializados, quedan fóra dos territorializados, co cal se dan situacións simpatiquísimas, hai concellos e me molestei en facer as contas, no que as aportacións que se lle fan por supostas, que se obriga a poñer, para pasar dos 20.000 habitantes, as aportacións son bastante máis elevadas que todo o que está contemplado que poidan recibir no caso de que nos deran todos eses cartos que pedimos. Hai concellos nos que as cargas que se lle poñen, e hai outros, hai outros no que a súa execución, a execución supoñendo que nos dan todo, cousa que é inviable, xa sabemos, pero vamos estamos falando do paquete que vén hoxe, pois resulta que hai concellos que aportarían cartos ó FEDER, máis do que recibirían en todos os conceptos desas partidas xenéricas, desas partidas xenéricas. Co cal así de entrada xa é dicir que se vai a reprogramar todo ou que bueno, que as cousas están francamente bastante mal feitas. O que xa me sorprende, o que xa me sorprende dunha maneira profunda, é o descoñecemento no que a exposición, aparece tanto na relación que nos deron o outro día, que xa tiveron que cambiar, evidentemente, porque tiña erros de vulto, como o descoñecemento bastante profundo que hai dos proxectos, verdade, entón, por exemplo, nos acaban de dicir que a substitución de iluminación pública por outro con dispositivo para o aforro e eficiencia enerxética da provincia de Pontevedra, que vai ser fundamentalmente para mellorar a eficiencia enerxética, supoño que tamén a calidade lumínica, o dispositivo de aforro e todas estas cousas que escoitamos aquí. Ben, obviou que na propia memoria di que é para zonas de especial interese turístico e monumentais, obviouno, entón se é así xa non afecta igual a todos os concellos, tamén obviou evidentemente que se se pretende facer unha iluminación de calidade lumínica elevada e eficiencia enerxética segundo as últimas tendencias, pois os 8.000.000 de euros, para que faga, para ter un exemplo, mire, a iluminación do centro histórico de Pontevedra custou 2.000.000 e a da Peregrina non sei se custou 400.000, ou sexa, estamos falando de que con estes 8.000.000 de euros, pois francamente toda a provincia nada de nada, non nos opoñemos a que se fagan este tipo de cousas, entón nada de nada nin polo estilo. Con respecto á creación de zonas enterradas para contedores en núcleos urbanos da provincia de Pontevedra, volvemos ó mesmo, de que, di claramente na memoria que é en zonas de importancia cultural, paisaxística ou turística. Ben, entón aquí estamos xogando cunha información que non corresponde ó que se pon nas memorias nin, ou sexa na realidade do que se está a pedir. O que resulta xa absolutamente estraño por non chamalo doutra maneira é o proxecto este que lle chaman Pousadas. Consiste basicamente en crear catro establecementos de turismo rural de 23 habitacións cada un, que son catro establecementos, un pouco sorprendente, que benefician a oito concellos, un pouco sorprendente, con cartos públicos, isto supoño que tería que ser de iniciativa privada, para iso hai o PRODER para fomentalo, etc., hai outro tipo de programas e cun custe francamente estraño, sorprendente, máis ou menos sae a 100.000 euros de custe por habitación. Francamente, en fin, non parece moi razoable con cartos públicos que se fagan este tipo de residencias, 16.000.000 de pesetas por cuartos, que vai a facer, evidentemente na memoria non se deduce quen vai a explotar despois isto nin nada, e se pon curiosamente, pois, concellos beneficiados, a Illa de Arousa, ben, e di que é para facer turismo rural para as zonas que non poden competir coa costa, home, que teña interior, que non teña costa, que teña zonas sen costa a Illa de Arousa pois é moi sorprendente, cousa rara, cousa rara cando menos, e o poñen aquí e se quedan tan anchos poñendo nos papeis estas cousas. Ben, non vou a seguir co relatorio de fallos que hai moitísimos, hai moitísimos, hai cousas que están en dous programas as mesmas cousas, en dous programas diferentes e demais e incluso tamén é así un tanto raro, temos o último por exemplo que con este programa se pretende facer un falso túnel de 800m en Baredo-Baiona, e con iso sae beneficiado Nigrán, Gondomar e Oia, que á parte teñen que poñer cartos para isto, a mesma proporción que Baiona, francamente estraño, 5.000.000 de euros para facer unha obra civil coma unha catedral, disimulada despois cun vertedoiro de inertes, evidentemente ata que se tape o falso túnel e metendo, francamente creo que está fóra de toda condición e demais. Claro, así despois saen eses concellos beneficiados, que non son tales senón que son actuacións en certas zonas concretas e algunhas pois que caen bastante fóra do obxecto da convocatoria ou cando menos son moi, moi discutibles. Nós dito todo isto, evidentemente parecería lóxico e natural que votáramos en contra. Non o vamos a facer, somos un pouco máis serios que outros comportamentos que tivemos que soportar noutros lados, vámonos abster, vámonos abster, non queremos que chegue ningunha solicitude desta Deputación cun grupo en contra a pesar de ser tan profundamente desafortunada e a pesar de que estamos pedindo, estamos pedindo, pois sendo conscientes de que se este, se este, se esta é a orde de preferencia, de preferencia, pois estamos falando de que moi probablemente estaremos no caso de que nos dean, e isto é o que nos leva digamos a tomar esta determinación de non votar en contra, o lóxico en proporción, o que lle pode tocar á provincia de Pontevedra, e se esta é a preferencia tal como está, pois os tres primeiros proxectos, que sería como máximo, como máximo, o que lle pode tocar á Deputación nun reparto proporcional en toda Galicia cos concellos e demais, pois son digamos das máis aceptables de todo isto e incluso das máis executables, incluso das máis executables, outras son claramente inexecutables nin en tres, nin en cinco anos, incluso das máis executables. Bueno, hai cousas aínda así moi estrañas pero dende logo temos que votar todo, non queremos entrar a distinguir entre uns proxectos e outros, simplemente deixar constancia da, vamos, de cal é a situación real, porque dicir que facemos non sei que maravillas, é dicir que tal, cando non nos estamos adaptando e digo antes porque se tiveran a máis mínima viveza pedirían proxectos que xa están para xustificar do 2007 e eses cartos seguro que os daban, verdade, e podíamos conseguir máis cartos. Bueno, as peticións son floxas, non me vou a meter con que sexan floxas, incluso, porque sei que hai pouco tempo e que as asistencias técnicas que se fixeron pois unhas son boas, outras malas e outras regulares. Tampouco me vou meter con que non é certo, non é certo que unha vez que os concellos se adheriran lle dixeran que proxectos ían a meter, á maioría non llo dixeron, aparecen aquí sen sabelo, sen sabelo, con consignacións, con aportacións, que teñen que poñer cartos e sen sabelo, non me vou meter tampouco con iso, non houbo tempo para facelo, de acordo, non me vou meter tampouco con iso, o único que lle digo e repito, agardo non ter que intervir máis, porque onde hai feitos e datos clarísimos pois creo que non entra discusión, e que vostedes se pasaron de freada un montón e xa o anunciaron, o peor é que xa o anunciaron, quixeron montar un lío aí co POL, hai que distinguir, hai que distinguir, e en parte o lío que puideron montar co POL, incluso dicir que podíamos, estamos de acordo, podíamos estar de acordo, pero non poden coller e despois pasarse de freada e montar este guirigay metendo os concellos todos no mesmo saco, o que teña máis de 20.000 e menos de 20.000, pedindo sete veces máis do que nun reparto igualitario e proporcional en todo Galicia lle vai a corresponder, pedindo proxectos disparatados, inexecutables e demais, iso non se pode, e incluso con esas contradicións de que hai concellos de que con este reparto pois sairían claramente prexudicados, ou sexa, algún concello levaría un investimento se cadra de 8.000.000 de euros e o do lado tería que, tal como están nestes momentos os programas da ..., tería que aportar máis do que recibiría, sumando todo o que lle poidan sumar. Parece fóra de lugar, ou sexa, aí equivocáronse, quen fora, a asistencia técnica, non houbo dirección política ..., non houbo criterios ou se os houbo francamente a cousa é moito, moitísimo peor. Nada máis e moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. Cesáreo Mosquera. Ten a palabra o Sr. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si, bos días, o Grupo Socialista xa anunciou en Comisión que ía a votar a favor, e o vai a facer, e quere dicilo claramente porque se trata de conseguir aportacións de fondos FEDER para a provincia de Pontevedra, de fondos FEDER para a provincia de Pontevedra. É certo que incluso algúns proxectos son sorprendentes para nós e quero referirme concretamente a dous, é dicir, o de eficiencia enerxética e o de eliminación de barreiras en edificios oficiais, institucionais, curiosamente foron dúas emendas ó orzamento do Grupo Socialista e hai mes e medio o Partido Popular votou en contra, é curioso que retomaran este tema e agora o estean plantexando coma un proxecto para ter subvencións de fondos FEDER. Claro, ¿que ocorre?, e vou a referirme xa concretamente ós dous proxectos, pois que vostedes están plantexando algo para toda a provincia, din vostedes no traballo, cando realmente hai concellos que teñen moita parte feita en eficiencia enerxética e outros teñen menos, pero case todos teñen algo feito. Parecía bastante máis lóxico unha actuación deste tipo dende unha liña de subvencións da Deputación onde se primara o que os concellos se involucraran no tema, e non un proxecto deste tipo, pero ben, dá igual, tanto ese coma o seguinte, é dicir, no de eliminación de barreiras arquitectónicas pasa exactamente igual, é dicir, hai concellos que teñen moito andado neste tema e outros non co cal si é certo o que se di aquí que é para todos eses concellos menos os cinco ou seis, ou sete, perdón, que non entran, pero é certo que uns van a recibir moito máis, curiosamente os que nada fixeron ata agora no tema, e os outros, é dicir, os que ata agora estiveron traballando neses temas van a recibir menos e teñen que aportar igual. Pero ben, se ese só fora o problema pois sería un problema salvable, ocorre, e antes se dixo aquí, e é certo, é dicir, que cando o valor total para toda Galicia da liña de subvencións son 55.000.000 de euros, case 56, plantexar proxectos que son como mínimo cinco veces máis da aportación que lle vai a tocar á provincia de Pontevedra, se o reparto fora igualitario por provincias, que tampouco ten porque ser así, bueno pois soa a dúas cuestións, é dicir, unha ou vostedes, que é a miña teoría, como sempre utilizan a Deputación para outra cousa, non para conseguir fondos, senón para a súa típica política de confrontación, co cal se plantexa, se pide moitísimo para dicir, miren, señores, déronos bastante menos da metade do que pedíamos, ou da cuarta parte do que pedíamos, iso é o que está no fondo deste plantexamento que fan vostedes de petición. Por non dicir que conteñen un proxecto, home, un ata pensou que estaba equivocado cando miraba, é dicir, un proxecto que vai a 25.000.000 de euros, é dicir, se fan ese reparto, volvo a repetir non ten porque ser así, nas catro provincias, resulta que o proxecto do falso túnel en Baredo para o vertedoiro de inertes é, custa, está valorado en bastantes máis cartos dos que vai obter a provincia de Pontevedra en boa lóxica. Señores, isto parece que non ten moitos pés nin moita cabeza, hai argumentos que xa se repetiron, xa se dixeron e non os vou a repetir, pero si quería deixar claro dúas cuestións: primeira, entendemos, despois de mirar os proxectos detidamente, que ou non leron as bases para acollernos a estes programas ou non as aplican demasiado ben, moi poucos proxectos dos que aquí estamos falando poden ter, poden conceptuarse como proxectos integrados cada un deles, ó mellor se os collemos todos xuntos pode ser, pero cada un deles dificilmente se lles pode aplicar esa integración. Sr. Presidente creo que é certo que é xustificable que hai pouco tempo para facelos e pode haber erros, iso é xustificable e entendémolo, pero, repetimos, non é xustificable as cantidades de cartos que se están poñendo nestes proxectos, non é xustificable que non se leran detidamente as bases e non é xustificable por último que ata agora estivemos examinando todo o expediente, en ningún sitio, en ningún sitio se di cal é a orde de preferencia dos proxectos e iso si que o recollen claramente as bases, din claramente que cando unha administración presenta máis dun proxecto ten que establecer unha orde de preferencia, non o din en ningún sitio do expediente e se a orde de preferencia é a que se trae ó Pleno e tal como se trae ó Pleno, pois anúncielle xa ós concellos que van hacia ó final, que non teñen absoluta, ningunha posibilidade, absolutamente ningunha, e entón cando se presentan así as cousas é estar engañándoos claramente. Nada máis, nós tal como dixemos en comisión vamos a votar a favor pero manifestamos as nosas reticencias pola forma de elaboración dos proxectos e polos proxectos en si. E volvo a repetir entendemos que a orde de preferencia hai que dicila claramente e ata agora non o miramos en ningún expediente, eu non o mirei polo menos. Volvo a repetir se é esta, tal como vai na orde do día do Pleno, os do final non teñen ningunha posibilidade, absolutamente ningunha. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. Emilio González. Ten a palabra D. Julio Alén. Sr. Alén Montes.- Vamos a ver. Vou a empezar contestándolle ó Sr. D. Cesáreo, evidente, nós xa o sabemos, que todo o que pedimos pois non vai vir, iso é normal, pero se non chegamos a facer esta variedade de proxectos a crítica sería por que fixemos tan poucos, é dicir, de facer dezasete, podíamos facer dous, ou tres, ou catro, pero eu penso que mellor facelos variados, eu si penso que están intregrados, iso é un tema técnico non é un tema político, é dicir, eu creo que os políticos temos un traballo moi concreto que é elixir o tipo de proxectos e os técnicos teñen que darlle forma a iso. E entón, eu repito, non son técnico, pero eu penso así, eu confío nos técnicos, e que sexan integrados e que cumpran as normativas, dado que son especialistas a xente que os fan. Despois hai cousas que dixo o Sr. D. Cesáreo que son, ó mellor eu entendinas mal, non, pero eu penso que si, que si, que en todos os concellos de Galicia hai espazos de interese turístico, entón se o tema da iluminación era para espazo de interese turístico, estou convencido de que en todos os concellos, en todos os de Galicia, hai moitísimos espazos de interese turístico, polo tanto o tema da iluminación beneficia a todos os concellos, o teño moi claro. Despois tamén outra cousa que me chama a atención, cando falaba das Pousadas, eu penso que non debemos ser localistas, non, é dicir, se o meu concello veciño ten unha boa infraestrutura turística eu benefíciome, é dicir, está claro que se hai que facer catro pousadas e hai sete ou oito concellos beneficiados, penso que si, por que, porque o turismo como vós sabedes non só é ir a un hotel ou a un campo de fútbol, a un campo de golf, ou a un restaurante, é o entorno e todo o que se move. Polo tanto, eu penso que debemos ser un pouco máis abertos e entender o turismo como algo que se move. Por facer algunhas matizacións que tampouco é o plan de entrar en polémicas, despois, sobre o tema, que o Sr. D. Emilio e me parece que é unha pregunta razoable, falou da orde de preferencia. A orde de preferencia si existe e eu lle vou a dicir agora, non é precisamente o que está na orde do día pero si existe unha orde de preferencia. Tamén dicir que esta Deputación de Pontevedra é pioneira en recibir fondos europeos, eu remítome ó que leva conseguido esta Deputación nos últimos anos, están aí, eu creo que todos os que estamos aquí somos de distintos concellos, e todos recibimos axudas que foron xestionadas dende esta Deputación e con axudas da Deputación. Por exemplo, algo fundamental, o tema Deputráns que está aí, por por un só exemplo. E por último para contestarlle ó Sr. D. Emilio dígolle unha orde de preferencia, o primeiro é o WIMAX, Wimax, wifi, é o sistema de internet que como saben é o das comunicacións. E o dous é o Móvete, turismo para todos en Pontevedra. O tres é As Pousadas. O catro é o Mobilia. O cinco é o proxecto Axenda Local 21. O sexto é o proxecto Herdanza, patrimonio e identidade. O sétimo é o CDR Vontade, Centro de recursos para persoas con discapacidade. O oitavo é a senda fluvial no río Miño. O noveno é o acondicionamento medio ambiental e recuperación de marxes no río Tea. O décimo é o modelo de planificación integral para a creación de valor sostible na provincia de Pontevedra. O once é a creación de zonas soterradas para contedores nos núcleos da provincia de Pontevedra. O doce, a substitución do iluminación pública por outro con dispositivos para o aforro e eficiencia enerxética na provincia. O trece, a posta en valor da conca do río Arnego. O catorce a recuperación e revalorización do río Deza e do seu afluente Arneiro. O quince é a eliminación de barreiras arquitectónicas en edificios e instalacións institucionais da provincia de Pontevedra. O dezaseis é o Umia, plan de recuperación e revalorización deste río. E o dezasete é a rexeneración da zona de desmontes en Baredo-Baiona no último tramo do acceso á autopista do Val Miñor. ¿De acordo?. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Bueno, antes dixen como Portavoz do meu grupo de que se, se, se como era lóxico e previsible, porque isto parece unha solicitude ou resumo, a orde que había era a que estaba aí, creo que bastante razoable, un centro para discapacitados, substitución de iluminación pública e eliminación de barreiras arquitectónicas, pois unido a que normalmente nós queremos sempre que as peticións cara fóra sexan por unanimidade pois nos íamos abster. Evidentemente se a orde descoñecida ata agora, por outro lado, é a que nos acaba de ofrecer, isto xa raia castaño escuro e dende logo o noso voto vai ser negativo, vai ser en contra, lamentándoo moito pero será responsabilidade súa. É absolutamente delirante o que estamos escoitando aquí, ou sexa, esta Deputación vai a montar unha rede de paradores provinciais, pequeniños, pero paradores provinciais, pagados con cartos públicos, dá igual de onde veñan, e ese é un proxecto prioritario, e á parte os concellos do lado se van a poñer encantados e contentos e van poñer cartos para que en catro concellos que xa supoño que terán pensado cales son, se é que lle conceden este proxecto, o dubido evidentemente, pois teñan un parador provincial, imaxínome que xestionado pola Deputación ou non se sabe como. Dende logo competindo con proxectos do PRODER que si se fan, se subvencionan casas rurais, pero é xestión privada, iniciativa e financiamento privado maioritariamente, ... con todo, bueno, isto é xa, agora iso si, parece que van ser de verdadeiro luxo, que vamos a poñer a casa, cada cuarto deses 100.000 euros, 16 millóns de pesetas largos, cada cidadá para que haxa esa felicidade e ese contento e todos os concellos, os propios e os do lado, van a estar absolutamente encantados e namorados do asunto e demais. Mire, entón isto se lle está indo das mans porque partiron mal, mal, fixeron peor, porque as prioridades, ou a idea do que tiñan, que para enfocar, para enfocar esta petición foi a que dixen antes, cunha esaxeración política, dunha crítica a como se fixo que podíamos compartila parcialmente, repito, pero que lle levou a tomar unha serie de decisións posteriores que non teñen nin pés nin cabeza. A que vén isto á hora de poñer esta orde se hai esta orde e vostede acaba de recoñecer, por primeira vez, porque nunca escoitáramos iso, de que piden sete veces, eu calculo que sete veces, quitando os concellos de 20.000 habitantes, máis do que lle correspondía proporcionalmente, a que vén poñer dezasete proxectos deste tipo con tales disparates. Bueno, ata aí podíamos pasar e agora que aínda por riba dos máis disparatados sexan os prioritarios, de ningunha maneira, de ningunha maneira. Polo tanto, eu creo que as cousas están moi clariñas e o noso voto tamén e lamentámolo moito, e repito, porque estas cuestións son complexas, quen lle toca xestionalo normalmente ten moi mal os prazos, ten problemas para facer e demais, e ata aí serían absolutamente comprensibles e incluso tíñamos aquí toda unha serie de erros detectados, parece que xa están tamén ... por outra vía, colaboraríamos en mellorar o que sexa. Pero de ningunha maneira o vamos a compartir, e de verdade, de verdade que o lamentamos pero a responsabilidade é súa porque chapuzas semellantes, non da documentación, que algunha moi mal, outra regular e outra é mediana, bueno, boa non é ningunha, pero bueno, iso é lóxico, iso é lóxico porque xa sabemos como funciona iso, senón a chapuza política é absolutamente impresentable e dende logo nós non a vamos avalar. Estamos dispostos agora que estamos con esa discusión, estamos dispostos a que na acta do Pleno, se se pode crear algún problema, incluso, digamos, na certificación, non conste o noso voto, estamos dispostos a iso, non hai ningún problema, llo digo ó Secretario, cando o mande, o Pleno acordou, e que non conste que houbo votos contrarios, dá igual, nos dá igual, agora dende logo, dende logo o que non podemos é votar a favor ou simplemente deixar pasar unha chapuza deste calibre, polo que dixemos antes e polo mal reparto que se fai, por non ter pedido proxectos con financiamento garantido, se tiveran en trámite, e agora xa isto da prelación xa nos decide definitivamente a votar en contra. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. D. Cesáreo Mosquera. Ten a palabra o Sr. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Encantados de coñecer a orde de preferencia antes de votar, de todas formas ratifícome no que dixen antes, a maior parte dos concellos con este plantexamento quedarían fóra, por razóns obvias. Home, a min estráñame, estráñame profundamente como un proxecto como Mobilia que parecía máis ben o conto da leiteira, ..., perdón, non é que o parecía, é que lendo era exactamente iso, é dicir, a ver, plantexan vostedes crear unha escola taller na que un grupo de persoas, doce alumnos, farían traballo en metal, outros doce en madeira, e a partir de aí mobiliario urbano, e a partir de aí a posibilidade dunha cooperativa. Mire, de verdade non me parece moi serio o tema, pero bueno, nós dixemos antes, dixemos na comisión que íamos a facelo, íamos a votar a favor, tendo en conta, e volvo a repetir que con este plantexamento da orde de preferencia os proxectos dedicados a concellos que dicían antes quedan practicamente fóra. De todos os xeitos mire, hai unha cuestión que a min me parece tremenda, e que me parece e que non é cuestión dos técnicos, Sr. Deputado, non é cuestión dos técnicos. Mire, cando un ten un plantexamento político para presentar un traballo por exemplo, ó que vostedes, un dos que aparecen aquí como de eficiencia enerxética, etc., etc., dedicado tal como dicía vostede a zonas de interese cultural ou natural, loxicamente iso ten un fin e o fin é no final do proceso provocar aforro enerxético, ese é o fin dun traballo deste tipo. Pero claro se a continuación dous dos proxectos, só me vou a referir a dous, que hai máis, dous dos proxectos, a senda do río Miño e a do río Tea, creo recordar, simplemente eses dous aparecen cun iluminación pública de 70 quilómetros, pois mire, todo o plantexamento que fan no primeiro proxecto o destrúen nos outros dous seguintes, parece que a dirección política destes traballos a verdade é que falla un pouco, parece nada máis. De todos os xeitos non lle vamos a dar a oportunidade de que teñan a desculpa de que o Grupo Socialista quixo torpedearlle os traballos, polo tanto empeñamos o noso voto na Comisión, dixémolo no primeiro punto e seguimos mantendo que vamos a votar a favor. Non vamos a seguir discutindo deste tema porque creo que a discusión xa é obvia, e cada vez que entremos máis no tema é máis inxustificable, entón case é mellor, deixámolo como estabamos, vamos a votar a favor e punto. Nada máis. Sr. Presidente.- Bueno, pois, moitas gracias. Creo que é importante, primeiro a transcendencia do que aquí vamos a votar, e polo tanto eu lle pediría neste caso ó Bloque Nacionalista Galego, erros poderá habelos, aquí só hai unha intención que é pois a captación de fondos europeos para esta provincia. Que podemos estar de acordo, que ó mellor algunha cuestión pois podía ir noutro sitio ou podía estar pois colocada doutra maneira. Como pode comprobar nun volume de proxectos como o que se acaba de presentar en tempo récord, e que aí coincido ademais co Portavoz do Partido Socialista de que se nos dá, se elimina o POL, se nos dan dous meses para presentar todo isto e polo tanto en certa maneira sería entendible que poida haber algún tipo de erro, pero o que si hai é unha vontade política de que esta Deputación e esta institución en colaboración cos concellos que se decidiron a adherirse, que son o 90% dos concellos da provincia ou que é o mesmo 55 e que aquí non se exclueu a ninguén, repito, aquí non se exclúe a nadie, polo tanto vamos a intentar e tamén pido a súa colaboración dos grupos neste caso da oposición, que pois dalgunha maneira esa comisión que vai a valorar estes proxectos teña distintos proxectos para poder valorar, nós aí, se puxeron unha orde de prioridades, pero iso non quere dicir que por parte da comisión a orde de prioridades poida ser outra. Creo que sen ir máis alá pois os dous primeiros que aparecen, o proxecto Wimax para os concellos, que é unha demanda que os concellos están planteando neste momento, ou o proxecto Móvete, turismo para todos en Pontevedra, creo que son cuestións evidentemente moi, moi razoables, independientemente de que poida haber outros que poidan ser de máis interese ou de menos, pero creo que neste sentido non merecen precisamente ese tipo de crítica porque xa lle digo, se a nós se nos houbera dado máis tempo probablemente se houbera falado incluso con máis antelación cos concellos implicados e poderíamos pois plantexarnos outro tipo de proxectos. Pero neste sentido creo sinceiramente no bo traballo que aquí se acaba de facer por parte das empresas implicadas, do Servizo de Cooperación e que en definitiva espero que conten coa aprobación, non vou a dicir de todos porque vai ser materialmente imposible, pero si un volume importante poidan contar coa valoración positiva da comisión que vai a decidir cales se van a aprobar e cales non. Nós fixemos os deberes, aí están feitos e polo tanto agora debe ser esa comisión a que decida, espero que decida ben e que non se prexudiquen os intereses en xeral da provincia de Pontevedra e en particular dos 55 concellos nos que a Deputación se sumou precisamente a presentar estes proxectos. Por iso, vamos a proceder neste sentido á votación dos puntos 1 ó 17 para a súa aprobación, eu espero, xa digo, non contar co voto en contra de ningún partido político porque entendo, que, bueno pois a comisión debe ser quen decida e polo tanto non vamos a ser nós, ou sexa que independentemente de que poida ter puntualmente algunha cuestión pois que poida ser, que puidera estar antes un que o outro, será a comisión en definitiva quen decida. Polo tanto, non vamos a ser nós, non, ou sexa que nese sentido eu, a min me gustaría contar pois coa colaboración neste sentido dos tres partidos políticos. Polo tanto, Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non é cuestión agora de, gracias Sr. Presidente, non é cuestión agora de poñerse a facer unha orde porque sería cuestión da comisión, anunciámolo, se queda a orde que estaba inicialmente nós abstémonos, se é a orde na que vén agora nós vamos votar en contra, alá vostedes. Sr. Presidente.- É que non lle entendín. Si. Sr. Mosquera Lorenzo.- Deron unha relación, que en principio era solicitude, levaba unha planilla que era solicitude, nós entendemos que esa era a orde. Sr. Presidente.- Non, non se pon en ningún lado, de feito aquí está posto en cada un dos expedientes o número de orde de preferencia, pero eu entendo e vostede tamén que a decisión final a vai a ter unha comisión de valoración, non a vamos a ter nós. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non, non, vamos a ver, aquí, agora vostede fai unha preferencia, isto ten unhas implicacións políticas, un aspecto que, o que se supón que debe preferir, se esta que hai aquí, a que había o outro día na Comisión é a que vai dicimos que nos imos abster, dende logo se a que vai é esta que nos deron a coñecer agora aquí, que non estaba no expediente ou non o vin. Sr. Presidente.- Si está no expediente. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bueno, en fin, o expediente administrativo xeral nin estaba, a convocatoria tívena que pedir expresamente. Sr. Presidente.- Está, que a temos aquí. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, agora estará, agora estará. Bueno. Sr. Presidente.- Eu creo que non merece discusión ese tema. Vostede sabe que non é decisión nosa, polo tanto é vontade política do Bloque Nacionalista Galego sumarse, evidentemente, vamos neste caso absterse, porque entendería que ó mellor había outros proxectos, que podemos estar de acordo niso, que puidera haber outros proxectos, polo tanto eu pido neste caso ó Bloque Nacionalista Galego que manteña pois a súa intención de voto que tivo na Comisión Informativa para que dalgunha maneira de aquí saian dezasete proxectos da provincia de Pontevedra que se van a presentar e que despois sexa a comisión política quen decida a súa valoración. Eu creo que é o máis razoable para que non se prexudiquen eu creo que os intereses desta provincia. Polo tanto. Sr. Alén Montes.- ... Esta orde que lin non é vinculante, me comunican. De acordo, é dicir, que tampouco nos encerremos agora aí na orde esa, simplemente mo acaban de pasar. Sr. Presidente.- De acordo. Sr. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Vamos a ver Sr. Presidente, é certo, a orde non é vinculante, iso o sabemos todos e iso o din as bases, é dicir, as Deputacións teñen que establecer unha orde de preferencia que acaban de facer agora mesmo, pero para. Sr. Presidente.- Non, agora mesmo non, está no expediente. Sr. González Iglesias.- Ben, vale, pois algúns enterámonos agora mesmo e non son eu só polo que parece, pero para a comisión non é vinculante, así de claro, é dicir, polo tanto, eu doulle unha saída, Presidente, a ver, se lle están dicindo que se utiliza esa orde que figuraba na orde do día do Pleno cambian o voto e se absteñen, que lle custa se non é vinculante. Sr. Presidente.- Independentemente de non ser vinculante os expedientes están todos cubertos neste momento cunha orde que está establecida, que non ten ningún problema, pero vai ser ademais a comisión política quen tome a decisión final de cales van a conceder para Pontevedra e cales non. Eu invito neste caso a todas as forzas políticas, a sumarse primeiro e senón a sumarse dalgunha maneira, que absteñen o seu voto porque interpretan que puideran ser outros proxectos e non estes os que se puxeran en marcha. Polo tanto, procedemos á votación do punto 1 ó número 17, que pola súa transcendencia, que van a ter de interese para a provincia de Pontevedra entendemos que son proxectos importantes, uns máis, evidentemente, que outros, pero son proxectos importantes e esperamos contar coa valoración positiva da comisión que vai a decidir sobre eles. Polo tanto, ¿votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Pois non habendo máis asuntos que tratar neste Pleno concretamente levántase a sesión. Se están de acordo os compañeiros dos tres grupos políticos, compañeiros e compañeiras, comezamos a outra sesión extraordinaria 1.5633.- SOLICITUDE DE AXUDA E APROBACIÓN DO PROXECTO “CRD VONTADE. CENTRO DE RECURSOS PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE” A PRESENTAR Á CONVOCATORIA 2007 DE AXUDAS DO FEDER De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Cooperación Municipal, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSdeGPSOE e cos votos en contra do BNG, aprobar: 1º.- A solicitude de axuda para o Proxecto denominado "CRD Vontade. Centro de recursos para persoas con discapacidade", a presentar á Dirección Xeral de Cooperación Local, dentro da Convocatoria 2007 de axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), para cofinanciar proxectos de desenvolvemento Local e Urbano durante o período de intervención 2007-2013, segundo o previsto no Marco Estratéxico Nacional de Referencia (aprobado por Decisión C(2007) 1990 do 7/5/2007, Eixe 5 Desenvolvemento Local e Urbano, Programa Operativo Rexional de Galicia, para as actuacións destinadas a municipios de tamaño pequeno e mediano -menores de 50.000 habitantes e que non sexan capitais de provincia (Convocatoria aprobada por Resolución do 7 de novembro de 2007, da Secretaría de Estado de Cooperación Territorial). O importe total do Proxecto ascende a 3.370.956,70 Euros. A cantidade a solicitar á Dirección Xeral de Cooperación Local como axuda Feder é de 2.359.669,69 Euros, que representa o 70% do Proxecto. A cantidade restante financiarase entre a Deputación Provincial e os Concellos beneficiados. 2º.- A aprobación do citado proxecto denominado "CRD Vontade. Centro de recursos para persoas con discapacidade", por un importe total de 3.370.956,70 Euros. 3º.- O compromiso e a garantía que, de ser aceptada a subvención solicitada á Dirección Xeral de Cooperación Local, a achega da Deputación e dos Concellos beneficiados, que será un total de 1.011.287,01 Euros, é dicir o 30% do custo total do proxecto, afrontarase transferindo o crédito necesario da partida 08/470.470.762.50 "Investimentos en cooperación, substitución POL" ou outras partidas habilitadas ao efecto. 2.5634.- SOLICITUDE DE AXUDA E APROBACIÓN DO PROXECTO “SUBSTITUCIÓN DO ALUMEADO PÚBLICO POR OUTRO CON DISPOSITIVOS PARA O AFORRO E A EFICIENCIA ENERXÉTICA NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA” A PRESENTAR Á CONVOCATORIA 2007 DE AXUDAS DO FEDER De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Cooperación Municipal, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSdeGPSOE e cos votos en contra do BNG, aprobar: 1º.- A solicitude de axuda para o Proxecto denominado "Substitución do iluminación pública por outro con dispositivos para o aforro e a eficiencia enerxética na provincia de Pontevedra", a presentar á Dirección Xeral de Cooperación Local, dentro da Convocatoria 2007 de axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), para cofinanciar proxectos de desenvolvemento Local e Urbano durante o período de intervención 2007-2013, segundo o previsto no Marco Estratéxico Nacional de Referencia (aprobado por Decisión C(2007) 1990 do 7/5/2007, Eixe 5 Desenvolvemento Local e Urbano, Programa Operativo Rexional de Galicia, para as actuacións destinadas a municipios de tamaño pequeno e mediano -menores de 50.000 habitantes e que non sexan capitais de provincia (Convocatoria aprobada por Resolución de 7 de novembro de 2007, da Secretaría de Estado de Cooperación Territorial). O importe total do Proxecto ascende a 8.358.400,00 Euros. A cantidade a solicitar á Dirección Xeral de Cooperación Local como axuda Feder é de 5.850.880,00 Euros, que representa o 70% do Proxecto. A cantidade restante financiarase entre a Deputación Provincial e os Concellos beneficiados. 2º.- A aprobación do citado proxecto denominado "Substitución da iluminación pública por outro con dispositivos para o aforro e a eficiencia enerxética na provincia de Pontevedra", por un importe total de 8.358.400,00 Euros. 3º.- O compromiso e a garantía que, de ser aceptada a subvención solicitada á Dirección Xeral de Cooperación Local, a achega da Deputación e dos Concellos beneficiados, que será un total de 2.507.520,00 Euros, é dicir o 30% do custo total do proxecto, afrontarase transferindo o crédito necesario da partida 08/470.470.762.50 "Investimentos en cooperación, substitución POL" ou outras partidas habilitadas ao efecto. 3.5635.- SOLICITUDE DE AXUDA E APROBACIÓN DO PROXECTO “ELIMINACIÓN DE BARREIRAS ARQUITECTÓNICAS EN EDIFICIOS E INSTALACIÓNS INSTITUCIONAIS NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA” A PRESENTAR Á CONVOCATORIA 2007 DE AXUDAS DO FEDER De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Cooperación Municipal, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSdeGPSOE e cos votos en contra do BNG, aprobar: 1º. - A solicitude de axuda para o Proxecto denominado "Eliminación de barreiras arquitectónicas en edificios e instalacións institucionais na provincia de Pontevedra", a presentar á Dirección Xeral de Cooperación Local, dentro da Convocatoria 2007 de axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), para cofinanciar proxectos de desenvolvemento Local e Urbano durante o período de intervención 2007-2013, segundo o previsto no Marco Estratéxico Nacional de Referencia (aprobado por Decisión C(2007) 1990 do 7/5/2007, Eixe 5 Desenvolvemento Local e Urbano, Programa Operativo Rexional de Galicia, para as actuacións destinadas a municipios de tamaño pequeno e mediano -menores de 50.000 habitantes e que non sexan capitais de provincia (Convocatoria aprobada por Resolución do 7 de novembro de 2007, da Secretaría de Estado de Cooperación Territorial). O importe total do Proxecto ascende a 5.822.000,00 Euros. A cantidade a solicitar á Dirección Xeral de Cooperación Local como axuda Feder é de 4.075.400,00 Euros, que representa o 70% do Proxecto. A cantidade restante financiarase entre a Deputación Provincial e os Concellos beneficiados. 2º.- A aprobación do citado proxecto denominado "Eliminación de barreiras arquitectónicas en edificios e instalacións institucionais na provincia de Pontevedra", por un importe total de 5.822.000,00 Euros. 3º.- O compromiso e a garantía que, de ser aceptada a subvención solicitada á Dirección Xeral de Cooperación Local, a achega da Deputación e dos Concellos beneficiados, que será un total de 1.746.600,00 Euros, é dicir o 30% do custo total do proxecto, afrontarase transferindo o crédito necesario da partida 08/470.470.762.50 "Investimentos en cooperación, substitución POL" ou outras partidas habilitadas ao efecto. 4.5636.- SOLICITUDE DE AXUDA E APROBACIÓN DO PROXECTO “CREACIÓN DE ZONAS ENTERRADAS PARA CONTEDORES NOS NÚCLEOS URBANOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA” A PRESENTAR Á CONVOCATORIA 2007 DE AXUDAS DO FEDER De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Cooperación Municipal, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSdeGPSOE e cos votos en contra do BNG, aprobar: 1º.- A solicitude de axuda para o Proxecto denominado "Creación de zonas enterradas para contedores nos núcleos urbanos da provincia de Pontevedra", a presentar á Dirección Xeral de Cooperación Local, dentro da Convocatoria 2007 de axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), para cofinanciar proxectos de desenvolvemento Local e Urbano durante o período de intervención 2007-2013, segundo o previsto no Marco Estratéxico Nacional de Referencia (aprobado por Decisión C(2007) 1990 do 7/5/2007, Eixe 5 Desenvolvemento Local e Urbano, Programa Operativo Rexional de Galicia, para as actuacións destinadas a municipios de tamaño pequeno e mediano menores de 50.000 habitantes e que non sexan capitais de provincia (Convocatoria aprobada por Resolución do 7 de novembro de 2007, da Secretaría de Estado de Cooperación Territorial). O importe total do Proxecto ascende a 9.504.000,00 Euros. A cantidade a solicitar á Dirección Xeral de Cooperación Local como axuda Feder é de 6.652.800,00 Euros, que representa o 70% do Proxecto. A cantidade restante financiarase entre a Deputación Provincial e os Concellos beneficiados. 2º.- A aprobación do citado proxecto denominado "Creación de zonas enterradas para contedores nos núcleos urbanos da provincia de Pontevedra", por un importe total de 9.504.000,00 Euros. 3º.- O compromiso e a garantía que, de ser aceptada a subvención solicitada á Dirección Xeral de Cooperación Local, a achega da Deputación e dos Concellos beneficiados, que será un total de 2.851.200,00 Euros, é dicir o 30% do custo total do proxecto, afrontarase transferindo o crédito necesario da partida 08/470.470.762.50 "Investimentos en cooperación, substitución POL" ou outras partidas habilitadas ao efecto. 5.5637.- SOLICITUDE DE AXUDA E APROBACIÓN DO MEDIOAMBIENTAL E RECUPERACIÓN DE MARXES NO RÍO TEA. TRAMO PONTEAREAS-COVELO NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA” A PRESENTAR Á PROXECTO “ACONDICIONAMENTO CONVOCATORIA 2007 DE AXUDAS DO FEDER De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Cooperación Municipal, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSdeGPSOE e cos votos en contra do BNG, aprobar: 1º.- A solicitude de axuda para o Proxecto denominado "Acondicionamento medioambiental e recuperación de marxes no Río Tea. Tramo Ponteareas-Covelo na Provincia de Pontevedra", a presentar á Dirección Xeral de Cooperación Local, dentro da Convocatoria 2007 de axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), para cofinanciar proxectos de desenvolvemento Local e Urbano durante o período de intervención 2007-2013, segundo o previsto no Marco Estratéxico Nacional de Referencia (aprobado por Decisión C(2007) 1990 do 7/5/2007, Eixe 5 Desenvolvemento Local e Urbano, Programa Operativo Rexional de Galicia, para as actuacións destinadas a municipios de tamaño pequeno e mediano -menores de 50.000 habitantes e que non sexan capitais de provincia (Convocatoria aprobada por Resolución do 7 de novembro de 2007, da Secretaría de Estado de Cooperación Territorial). O importe total do Proxecto ascende a 4.850.000,00 Euros. A cantidade a solicitar á Dirección Xeral de Cooperación Local como axuda Feder é de 3.395.000,00 Euros, que representa o 70% do Proxecto. A cantidade restante financiarase entre a Deputación Provincial e os Concellos beneficiados. 2º.- A aprobación do citado proxecto denominado "Acondicionamento medioambiental e recuperación de marxes no Río Tea. Tramo Ponteareas-Covelo na Provincia de Pontevedra", por un importe total de 4.850.000,00 Euros. 3º.- O compromiso e a garantía que, de ser aceptada a subvención solicitada á Dirección Xeral de Cooperación Local, a achega da Deputación e dos Concellos beneficiados, que será un total de 1.455.000,00 Euros, é dicir o 30% do custo total do proxecto, afrontarase transferindo o crédito necesario da partida 08/470.470.762.50 "Investimentos en cooperación, substitución POL" ou outras partidas habilitadas ao efecto. 6.5638.- SOLICITUDE DE AXUDA E APROBACIÓN DO PROXECTO “POUSADAS. CREACIÓN DE PRODUTO TURÍSTICO POUSADAS XARDÍN DO SALNÉS” A PRESENTAR Á CONVOCATORIA 2007 DE AXUDAS DO FEDER De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Cooperación Municipal, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSdeGPSOE e cos votos en contra do BNG, aprobar: 1º.- A solicitude de axuda para o Proxecto denominado "Pousadas. Creación produto turístico Pousadas xardín do Salnés", a presentar á Dirección Xeral de Cooperación Local, dentro da Convocatoria 2007 de axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), para cofinanciar proxectos de desenvolvemento Local e Urbano durante o período de intervención 2007-2013, segundo o previsto no Marco Estratéxico Nacional de Referencia (aprobado por Decisión C(2007) 1990 do 7/5/2007, Eixe 5 Desenvolvemento Local e Urbano, Programa Operativo Rexional de Galicia, para as actuacións destinadas a municipios de tamaño pequeno e mediano -menores de 50.000 habitantes e que non sexan capitais de provincia (Convocatoria aprobada por Resolución do 7 de novembro de 2007, da Secretaría de Estado de Cooperación Territorial). O importe total do Proxecto ascende a 10.858.474,90 Euros. A cantidade a solicitar á Dirección Xeral de Cooperación Local como axuda Feder é de 7.600.932,43 Euros, que representa o 70% do Proxecto. A cantidade restante financiarase entre a Deputación Provincial e os Concellos beneficiados. 2º.- A aprobación do citado proxecto denominado "Pousadas. Creación produto turístico Pousadas xardín do Salnés", por un importe total de 10.858.474,90 Euros. 3º.- O compromiso e a garantía que, de ser aceptada a subvención solicitada á Dirección Xeral de Cooperación Local, a achega da Deputación e dos Concellos beneficiados, que será un total de 3.257.542,47 Euros, é dicir o 30% do custo total do proxecto, afrontarase transferindo o crédito necesario da partida 08/470.470.762.50 "Investimentos en cooperación, substitución POL" ou outras partidas habilitadas ao efecto. 7.5639.- SOLICITUDE DE AXUDA E APROBACIÓN DO PROXECTO “MODELO DE PLANIFICACIÓN INTEGRAL PARA A CREACIÓN DE VALOR SOSTIBLE NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA” A PRESENTAR Á CONVOCATORIA 2007 DE AXUDAS DO FEDER De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Cooperación Municipal, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSdeGPSOE e cos votos en contra do BNG, aprobar: 1º.- A solicitude de axuda para o Proxecto denominado "Modelo de planificación integral para a creación de valor sostible na provincia de Pontevedra", a presentar á Dirección Xeral de Cooperación Local, dentro da Convocatoria 2007 de axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), para cofinanciar proxectos de desenvolvemento Local e Urbano durante o período de intervención 2007-2013, segundo o previsto no Marco Estratéxico Nacional de Referencia (aprobado por Decisión C(2007) 1990 do 7/5/2007, Eixe 5 Desenvolvemento Local e Urbano, Programa Operativo Rexional de Galicia, para as actuacións destinadas a municipios de tamaño pequeno e mediano -menores de 50.000 habitantes e que non sexan capitais de provincia (Convocatoria aprobada por Resolución do 7 de novembro de 2007, da Secretaría de Estado de Cooperación Territorial). O importe total do Proxecto ascende a 4.000.000,00 de Euros. A cantidade a solicitar á Dirección Xeral de Cooperación Local como axuda Feder é de 2.800.000,00 Euros, que representa o 70% do Proxecto. A cantidade restante financiarase entre a Deputación Provincial e os Concellos beneficiados. 2º.- A aprobación do citado proxecto denominado "Modelo de planificación integral para a creación de valor sostible na provincia de Pontevedra", por un importe total de 4.000.000,00 de Euros. 3º.- O compromiso e a garantía que, de ser aceptada a subvención solicitada á Dirección Xeral de Cooperación Local, a achega da Deputación e dos Concellos beneficiados, que será un total de 1.200.000,00 Euros, é dicir o 30% do custo total do proxecto, afrontarase transferindo o crédito necesario da partida 08/470.470.762.50 "Investimentos en cooperación, substitución POL" ou outras partidas habilitadas ao efecto. 8.5640.- SOLICITUDE DE AXUDA E APROBACIÓN DO PROXECTO “SENDA FLUVIAL NO RÍO MIÑO ENTRE OS MUNICIPIOS DE CRECENTE E SALVATERRA DE MIÑO” A PRESENTAR Á CONVOCATORIA 2007 DE AXUDAS DO FEDER De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Cooperación Municipal, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSdeGPSOE e cos votos en contra do BNG, aprobar: 1º.- A solicitude de axuda para o Proxecto denominado "Senda fluvial no Río Miño entre os municipios de Crecente e Salvaterra de Miño", a presentar á Dirección Xeral de Cooperación Local, dentro da Convocatoria 2007 de axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), para cofinanciar proxectos de desenvolvemento Local e Urbano durante o período de intervención 2007-2013, segundo o previsto no Marco Estratéxico Nacional de Referencia (aprobado por Decisión C(2007) 1990 do 7/5/2007, Eixe 5 Desenvolvemento Local e Urbano, Programa Operativo Rexional de Galicia, para as actuacións destinadas a municipios de tamaño pequeno e mediano menores de 50.000 habitantes e que non sexan capitais de provincia (Convocatoria aprobada por Resolución do 7 de novembro de 2007, da Secretaría de Estado de Cooperación Territorial). O importe total do Proxecto ascende a 15.299.000,00 Euros. A cantidade a solicitar á Dirección Xeral de Cooperación Local como axuda Feder é de 10.709.300,00 Euros, que representa o 70% do Proxecto. A cantidade restante financiarase entre a Deputación Provincial e os Concellos beneficiados. 2º.- A aprobación do citado proxecto denominado "Senda fluvial no Río Miño entre os municipios de Crecente e Salvaterra de Miño", por un importe total de 15.299.000,00 Euros. 3º.- O compromiso e a garantía que, de ser aceptada a subvención solicitada á Dirección Xeral de Cooperación Local, a achega da Deputación e dos Concellos beneficiados, que será un total de 4.589.700,00 Euros, é dicir o 30% do custo total do proxecto, afrontarase transferindo o crédito necesario da partida 08/470.470.762.50 "Investimentos en cooperación, substitución POL" ou outras partidas habilitadas ao efecto. 9.5641.- SOLICITUDE DE AXUDA E APROBACIÓN DO PROXECTO “MÓVETE. TURISMO PARA TODOS EN PONTEVEDRA” A PRESENTAR Á CONVOCATORIA 2007 DE AXUDAS DO FEDER De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Cooperación Municipal, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSdeGPSOE e cos votos en contra do BNG, aprobar: 1º.- A solicitude de axuda para o Proxecto denominado "MÓVETE. Turismo para todos en Pontevedra", a presentar á Dirección Xeral de Cooperación Local, dentro da Convocatoria 2007 de axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), para cofinanciar proxectos de desenvolvemento Local e Urbano durante o período de intervención 2007-2013, segundo o previsto no Marco Estratéxico Nacional de Referencia (aprobado por Decisión C(2007) 1990 do 7/5/2007, Eixe 5 Desenvolvemento Local e Urbano, Programa Operativo Rexional de Galicia, para as actuacións destinadas a municipios de tamaño pequeno e mediano -menores de 50.000 habitantes e que non sexan capitais de provincia (Convocatoria aprobada por Resolución do 7 de novembro de 2007, da Secretaría de Estado de Cooperación Territorial). O importe total do Proxecto ascende a 4.970.000,00 Euros. A cantidade a solicitar á Dirección Xeral de Cooperación Local como axuda Feder é de 3.479.000,00 Euros, que representa o 70% do Proxecto. A cantidade restante financiarase entre a Deputación Provincial e os Concellos beneficiados. 2º.- A aprobación do citado proxecto denominado "MOVETE. Turismo para todos en Pontevedra", por un importe total de 4.970.000,00 Euros. 3º.- O compromiso e a garantía que, de ser aceptada a subvención solicitada á Dirección Xeral de Cooperación Local, a achega da Deputación e dos Concellos beneficiados, que será un total de 1.491.000,00 Euros, é dicir o 30% do custo total do proxecto, afrontarase transferindo o crédito necesario da partida 08/470.470.762.50 "Investimentos en cooperación, substitución POL" ou outras partidas habilitadas ao efecto. 10.5642.- SOLICITUDE DE AXUDA E APROBACIÓN DO PROXECTO “AL 21. PONTEVEDRA SOSTIBLE. AXENDA LOCAL 21 PONTEVEDRA” A PRESENTAR Á CONVOCATORIA 2007 DE AXUDAS DO FEDER De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Cooperación Municipal, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSdeGPSOE e cos votos en contra do BNG, aprobar: 1º.- A solicitude de axuda para o Proxecto denominado "AL21. Pontevedra sostible. Axenda Local 21 Pontevedra", a presentar á Dirección Xeral de Cooperación Local, dentro da Convocatoria 2007 de axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), para cofinanciar proxectos de desenvolvemento Local e Urbano durante o período de intervención 2007-2013, segundo o previsto no Marco Estratéxico Nacional de Referencia (aprobado por Decisión C(2007) 1990 do 7/5/2007, Eixe 5 Desenvolvemento Local e Urbano, Programa Operativo Rexional de Galicia, para as actuacións destinadas a municipios de tamaño pequeno e mediano -menores de 50.000 habitantes e que non sexan capitais de provincia (Convocatoria aprobada por Resolución do 7 de novembro de 2007, da Secretaría de Estado de Cooperación Territorial). O importe total do Proxecto ascende a 4.137.000,00 Euros. A cantidade a solicitar á Dirección Xeral de Cooperación Local como axuda Feder é de 2.895.900,00 Euros, que representa o 70% do Proxecto. A cantidade restante financiarase entre a Deputación Provincial e os Concellos beneficiados. 2º.- A aprobación do citado proxecto denominado "AL21. Pontevedra sostible. Axenda Local 21 Pontevedra", por un importe total de 4.137.000,00 Euros. 3º.- O compromiso e a garantía que, de ser aceptada a subvención solicitada á Dirección Xeral de Cooperación Local, a achega da Deputación e dos Concellos beneficiados, que será un total de 1.241.100,00 Euros, é dicir o 30% do custo total do proxecto, afrontarase transferindo o crédito necesario da partida 08/470.470.762.50 "Investimentos en cooperación, substitución POL" ou outras partidas habilitadas ao efecto. 11.5643.- SOLICITUDE DE AXUDA E APROBACIÓN DO PROXECTO “UMIA. PLAN DE RECUPERACIÓN E REVALORIZACIÓN DO RÍO UMIA” A PRESENTAR Á CONVOCATORIA 2007 DE AXUDAS DO FEDER De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Cooperación Municipal, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSdeGPSOE e cos votos en contra do BNG, aprobar: 1º.- A solicitude de axuda para o Proxecto denominado "UMIA. Plan de recuperación e revalorización do río Umia", a presentar á Dirección Xeral de Cooperación Local, dentro da Convocatoria 2007 de axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), para cofinanciar proxectos de desenvolvemento Local e Urbano durante o período de intervención 2007-2013, segundo o previsto no Marco Estratéxico Nacional de Referencia (aprobado por Decisión C(2007) 1990 do 7/5/2007, Eixe 5 Desenvolvemento Local e Urbano, Programa Operativo Rexional de Galicia, para as actuacións destinadas a municipios de tamaño pequeno e mediano -menores de 50.000 habitantes e que non sexan capitais de provincia (Convocatoria aprobada por Resolución do 7 de novembro de 2007, da Secretaría de Estado de Cooperación Territorial). O importe total do Proxecto ascende a 3.918.182,00 Euros. A cantidade a solicitar á Dirección Xeral de Cooperación Local como axuda Feder é de 2.742.727,40 Euros, que representa o 70% do Proxecto. A cantidade restante financiarase entre a Deputación Provincial e os Concellos beneficiados. 2º.- A aprobación do citado proxecto denominado "UMIA. Plan de recuperación e revalorización do río Umia", por un importe total de 3.918.182,00 Euros. 3º.- O compromiso e a garantía que, de ser aceptada a subvención solicitada á Dirección Xeral de Cooperación Local, a achega da Deputación e dos Concellos beneficiados, que será un total de 1.175.454,60 Euros, é dicir o 30% do custo total do proxecto, afrontarase transferindo o crédito necesario da partida 08/470.470.762.50 "Investimentos en cooperación, substitución POL" ou outras partidas habilitadas ao efecto. 12.5644.- SOLICITUDE DE AXUDA E APROBACIÓN DO PROXECTO “PROXECTO HERDANZA. PATRIMONIO E IDENTIDADE” A PRESENTAR Á CONVOCATORIA 2007 DE AXUDAS DO FEDER De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Cooperación Municipal, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSdeGPSOE e cos votos en contra do BNG, aprobar: 1º.- A solicitude de axuda para o Proxecto denominado "Proxecto Herdanza. Patrimonio e Identidade", a presentar á Dirección Xeral de Cooperación Local, dentro da Convocatoria 2007 de axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), para cofinanciar proxectos de desenvolvemento Local e Urbano durante o período de intervención 2007-2013, segundo o previsto no Marco Estratéxico Nacional de Referencia (aprobado por Decisión C(2007) 1990 do 7/5/2007, Eixe 5 Desenvolvemento Local e Urbano, Programa Operativo Rexional de Galicia, para as actuacións destinadas a municipios de tamaño pequeno e mediano -menores de 50.000 habitantes e que non sexan capitais de provincia (Convocatoria aprobada por Resolución do 7 de novembro de 2007, da Secretaría de Estado de Cooperación Territorial). O importe total do Proxecto ascende a 5.303.000,00 Euros. A cantidade a solicitar á Dirección Xeral de Cooperación Local como axuda Feder é de 3.712.100,00 Euros, que representa o 70% do Proxecto. A cantidade restante financiarase entre a Deputación Provincial e os Concellos beneficiados. 2º.- A aprobación do citado proxecto denominado "Proxecto Herdanza. Patrimonio e Identidade", por un importe total de 5.303.000,00 Euros. 3º.- O compromiso e a garantía que, de ser aceptada a subvención solicitada á Dirección Xeral de Cooperación Local, a achega da Deputación e dos Concellos beneficiados, que será un total de 1.590.900,00 Euros, é dicir o 30% do custo total do proxecto, afrontarase transferindo o crédito necesario da partida 08/470.470.762.50 "Investimentos en cooperación, substitución POL" ou outras partidas habilitadas ao efecto. 13.5645.- SOLICITUDE DE AXUDA E APROBACIÓN DO CONVOCATORIA 2007 DE AXUDAS DO FEDER PROXECTO “PROXECTO WIMAX” A PRESENTAR Á De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Cooperación Municipal, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSdeGPSOE e cos votos en contra do BNG, aprobar: 1º.- A solicitude de axuda para o Proxecto denominado "WIMAX PONTEVEDRA fomento da Sociedade da Información e promoción económica das zonas rurais da provincia", a presentar á Dirección Xeral de Cooperación Local, dentro da Convocatoria 2007 de axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), para cofinanciar proxectos de desenvolvemento Local e Urbano durante o período de intervención 2007-2013, segundo o previsto no Marco Estratéxico Nacional de Referencia (aprobado por Decisión C(2007) 1990 do 7/5/2007, Eixe 5 Desenvolvemento Local e Urbano, Programa Operativo Rexional de Galicia, para as actuacións destinadas a municipios de tamaño pequeno e mediano -menores de 50.000 habitantes e que non sexan capitais de provincia (Convocatoria aprobada por Resolución do 7 de novembro de 2007, da Secretaría de Estado de Cooperación Territorial). O importe total do Proxecto ascende a 8.712.007,33 Euros. A cantidade a solicitar á Dirección Xeral de Cooperación Local como axuda Feder é de 6.098.405,13 Euros, que representa o 70% do Proxecto. A cantidade restante financiarase entre a Deputación Provincial e os Concellos beneficiados. 2º.- A aprobación do citado proxecto denominado "WIMAX PONTEVEDRA fomento da Sociedade da Información e promoción económica das zonas rurais da provincia", por un importe total de 8.712.007,33 Euros. 3º.- O compromiso e a garantía que, de ser aceptada a subvención solicitada á Dirección Xeral de Cooperación Local, a achega da Deputación e dos Concellos beneficiados, que será un total de 2.613.602,20 Euros, é dicir o 30% do custo total do proxecto, afrontarase transferindo o crédito necesario da partida 08/470.470.762.50 "Investimentos en cooperación, substitución POL" ou outras partidas habilitadas ao efecto. 14.5646.- SOLICITUDE DE AXUDA E APROBACIÓN DO PROXECTO “POSTA EN VALOR DA CONCA DO RÍO ARNEGO” A PRESENTAR Á CONVOCATORIA 2007 DE AXUDAS DO FEDER De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Cooperación Municipal, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSdeGPSOE e cos votos en contra do BNG, aprobar: 1º.- A solicitude de axuda para o Proxecto denominado "ARNEGO. Posta en valor da Conca do Río Arnego", a presentar á Dirección Xeral de Cooperación Local, dentro da Convocatoria 2007 de axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), para cofinanciar proxectos de desenvolvemento Local e Urbano durante o período de intervención 2007-2013, segundo o previsto no Marco Estratéxico Nacional de Referencia (aprobado por Decisión C(2007) 1990 do 7/5/2007, Eixe 5 Desenvolvemento Local e Urbano, Programa Operativo Rexional de Galicia, para as actuacións destinadas a municipios de tamaño pequeno e mediano -menores de 50.000 habitantes e que non sexan capitais de provincia (Convocatoria aprobada por Resolución do 7 de novembro de 2007, da Secretaría de Estado de Cooperación Territorial). O importe total do Proxecto ascende a 3.029.000,00 Euros. A cantidade a solicitar á Dirección Xeral de Cooperación Local como axuda Feder é de 2.120.300,00 Euros, que representa o 70% do Proxecto. A cantidade restante financiarase entre a Deputación Provincial e os Concellos beneficiados. 2º.- A aprobación do citado proxecto denominado "ARNEGO. Posta en valor da Conca do Río Arnego", por un importe total da 3.029.000,00 Euros. 3º.- O compromiso e a garantía que, de ser aceptada a subvención solicitada á Dirección Xeral de Cooperación Local, a achega da Deputación e dos Concellos beneficiados, que será un total de 908.700,00 Euros, é dicir o 30% do custo total do proxecto, afrontarase transferindo o crédito necesario da partida 08/470.470.762.50 "Investimentos en cooperación, substitución POL" ou outras partidas habilitadas ao efecto. 15.5647.- SOLICITUDE DE AXUDA E APROBACIÓN DO PROXECTO “DEZA. RECUPERACIÓN E REVALORIZACIÓN DO RÍO DEZA E DO SEU AFLUENTE ASNEIRO” A PRESENTAR Á CONVOCATORIA 2007 DE AXUDAS DO FEDER De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Cooperación Municipal, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSdeGPSOE e cos votos en contra do BNG, aprobar: 1º.- A solicitude de axuda para o Proxecto denominado "Deza. Recuperación e revalorización do Río Deza e o seu afluente Asneiro", a presentar á Dirección Xeral de Cooperación Local, dentro da Convocatoria 2007 de axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), para cofinanciar proxectos de desenvolvemento Local e Urbano durante o período de intervención 2007-2013, segundo o previsto no Marco Estratéxico Nacional de Referencia (aprobado por Decisión C(2007) 1990 do 7/5/2007, Eixe 5 Desenvolvemento Local e Urbano, Programa Operativo Rexional de Galicia, para as actuacións destinadas a municipios de tamaño pequeno e mediano menores de 50.000 habitantes e que non sexan capitais de provincia (Convocatoria aprobada por Resolución do 7 de novembro de 2007, da Secretaría de Estado de Cooperación Territorial). O importe total do Proxecto ascende a 5.678.000,00 Euros. A cantidade a solicitar á Dirección Xeral de Cooperación Local como axuda Feder é de 3.974.600,00 Euros, que representa o 70% do Proxecto. A cantidade restante financiarase entre a Deputación Provincial e os Concellos beneficiados. 2º.- A aprobación do citado proxecto denominado "Deza. Recuperación e revalorización do Río Deza e o seu afluente Asneiro", por un importe total da 5.678.000,00 Euros. 3º.- O compromiso e a garantía que, de ser aceptada a subvención solicitada á Dirección Xeral de Cooperación Local, a achega da Deputación e dos Concellos beneficiados, que será un total de 1.703.400,00 Euros, é dicir o 30% do custo total do proxecto, afrontarase transferindo o crédito necesario da partida 08/470.470.762.50 "Investimentos en cooperación, substitución POL" ou outras partidas habilitadas ao efecto. 16.5648.- SOLICITUDE DE AXUDA E APROBACIÓN DO CONVOCATORIA 2007 DE AXUDAS DO FEDER PROXECTO “PROXECTO MOBILIA” A PRESENTAR Á De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Cooperación Municipal, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSdeGPSOE e cos votos en contra do BNG, aprobar: 1º.- A solicitude de axuda para o Proxecto denominado "MOBILIA", a presentar á Dirección Xeral de Cooperación Local, dentro da Convocatoria 2007 de axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), para cofinanciar proxectos de desenvolvemento Local e Urbano durante o período de intervención 2007-2013, segundo o previsto no Marco Estratéxico Nacional de Referencia (aprobado por Decisión C(2007) 1990 do 7/5/2007, Eixe 5 Desenvolvemento Local e Urbano, Programa Operativo Rexional de Galicia, para as actuacións destinadas a municipios de tamaño pequeno e mediano menores de 50.000 habitantes e que non sexan capitais de provincia (Convocatoria aprobada por Resolución do 7 de novembro de 2007, da Secretaría de Estado de Cooperación Territorial). O importe total do Proxecto ascende a 3.355.806,21 Euros. A cantidade a solicitar á Dirección Xeral de Cooperación Local como axuda Feder é de 2.349.064,35 Euros, que representa o 70% do Proxecto. A cantidade restante financiarase entre a Deputación Provincial e os Concellos beneficiados. 2º.- A aprobación do citado proxecto denominado "MOBILIA", por un importe total de 3.355.806,21 Euros. 3º.- O compromiso e a garantía que, de ser aceptada a subvención solicitada á Dirección Xeral de Cooperación Local, a achega da Deputación e dos Concellos beneficiados, que será un total de 1.006.741,86 Euros, é dicir o 30% do custo total do proxecto, afrontarase transferindo o crédito necesario da partida 08/470.470.762.50 "Investimentos en cooperación, substitución POL" ou outras partidas habilitadas ao efecto. 17.5649.- SOLICITUDE DE AXUDA E APROBACIÓN DO PROXECTO “REXENERACIÓN DA ZONA DE DESMONTE EN BAREDO-BAIONA-PONTEVEDRA NO ÚLTIMO TRAMO DO ACCESO Á AUTOPISTA DO VAL MIÑOR (HABILITACIÓN DUN VERTEDOIRO DE INERTES)” A PRESENTAR Á CONVOCATORIA 2007 DE AXUDAS DO FEDER De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Cooperación Municipal, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSdeG-PSOE e cos votos en contra do BNG, aprobar: 1º.- A solicitude de axuda para o Proxecto denominado "Rexeneración da zona de desmonte en Baredo-Baiona-Pontevedra no último tramo do acceso á Autoestrada do Val Miñor (Habilitación dun vertedoiro de inertes)", a presentar á Dirección Xeral de Cooperación Local, dentro da Convocatoria 2007 de axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), para cofinanciar proxectos de desenvolvemento Local e Urbano durante o período de intervención 2007-2013, segundo o previsto no Marco Estratéxico Nacional de Referencia (aprobado por Decisión C(2007) 1990 do 7/5/2007, Eixe 5 Desenvolvemento Local e Urbano, Programa Operativo Rexional de Galicia, para as actuacións destinadas a municipios de tamaño pequeno e mediano menores de 50.000 habitantes e que non sexan capitais de provincia (Convocatoria aprobada por Resolución de 7 de novembro de 2007, da Secretaría de Estado de Cooperación Territorial). O importe total do Proxecto ascende a 25.532.000,00 Euros. A cantidade a solicitar á Dirección Xeral de Cooperación Local como axuda Feder é de 17.872.400,00 Euros, que representa o 70% do Proxecto. A cantidade restante financiarase entre a Deputación Provincial e os Concellos beneficiados. 2º.- A aprobación do citado proxecto denominado "Rexeneración da zona de desmonte en Baredo-Baiona-Pontevedra no último tramo do acceso á Autoestrada do Val Miñor (Habilitación dun vertedoiro de inertes)", por un importe total de 25.532.000,00 Euros. 3º.- O compromiso e a garantía que, de ser aceptada a subvención solicitada á Dirección Xeral de Cooperación Local, a achega da Deputación e dos Concellos beneficiados, que será un total de 7.659.400,00 Euros, é dicir o 30% do custo total do proxecto, afrontarase transferindo o crédito necesario da partida 08/470.470.762.50 "Investimentos en cooperación, substitución POL" ou outras partidas habilitadas ao efecto. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as doce horas e quince minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Pleno (Tema)

Área de control da descrición