ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2014/02/21_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.43.830/1.2014-02-21_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2014/02/21_Ordinaria

  • Data(s) 2014 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión. 72 follas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día vinte e un de febreiro do ano dous mil catorce, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Crespo Iglesias, Dna. Begoña Estévez Bernárdez, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Carlos López Campos, D. José Luis Pérez Estévez, Dna. María Pilar Ramallo Vázquez, D. Moisés Rodríguez Pérez, D. Alberto Valverde Pérez e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. José María Bello Maneiro, D. Horacio Gil Expósito, D. Fernando Guitián Guitián, Dna. Marta Iglesias Bueno, D. Severino Reguera Varela e D. Alejandro Rodríguez Rodríguez. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Non asiste a Sra. Deputada Dna. Ana Isabel Vázquez Reboredo. 1.21815.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da sesión ordinaria do día 7 de febreiro de 2014. 2.21816.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DA CONCESIÓN DE AXUDAS E SUBVENCIÓNS PARA A EXECUCIÓN DO “PLAN PROVINCIAL DE EMPREGO – 2014” Dada conta das Bases Reguladoras da concesión de axudas e subvencións para a execución do Plan Provincial de Emprego 2014, cuxo obxecto é, no marco da asistencia e cooperación da Deputación cos concellos da provincia, propiciar a contratación laboral dun número de traballadores por concello, determinados en función da poboación do municipio de acordo coa última publicación do INE, para prestar servizos ou executar obras esenciais para a comunidade que por mor das limitacións orzamentarias en materia de persoal non poden ser afrontados polos concellos. Por outra banda a presente convocatoria impleméntase, tamén, para proporcionar unha oportunidade para adquirir experiencia laboral que redunde na mellora da empregabilidade e que facilite a inserción no mercado de traballo de persoas desempregadas maiores de trinta anos, preferentemente non perceptoras de prestacións ou perceptoras de prestacións sociais destinadas a garantir os recursos económicos mínimos de subsistencia (RISGA, RAI ou outras), inscritas no Servizo Público de Emprego como demandantes non ocupados e dispoñibles para o emprego. As axudas ou subvencións irán destinadas a financiar, durante un período de seis meses, a contratación a tempo parcial en xornada ordinaria de 25 horas semanais, incluída a cotización á Seguridade Social, de traballadores que reúnan os requisitos establecidos nestas bases, co límite máximo de catro mil cento oitenta e un euros con oitenta e oito céntimos por traballador. Á vista da documentación obrante no expediente , dos informes da Secretaria Xeral e da Intervención Provincial e considerando o disposto no artigo 31.2 e 36 da Lei 7/1985, Reguladora das Bases de Réxime Local, no artigo 109 da Lei 5/1997, de Administración Local de Galicia, na Lei 57/2003, do 16 de decembro, de Medidas de Modernización do Goberno Local, na Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións e na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia e no seus regulamentos de desenvolvemento, a Xunta de Goberno acorda, por unanimidade: - Aprobar as “Bases reguladoras da concesión de axudas e subvencións para execución do Plan Provincial de Emprego 2014”, cuxo texto di como segue: “BASES REGULADORAS DA CONCESIÓN DE AXUDAS E SUBVENCIÓNS PARA A EXECUCIÓN DO PLAN PROVINCIAL DE EMPREGO 2014 Segundo o disposto no artigo 36 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e no artigo 109 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración local de Galicia, a Deputación de Pontevedra, para a xestión dos seus intereses e, no ámbito das súas competencias, ten atribuídas entre as súas funcións asegurar a prestación integral e adecuada na totalidade do territorio provincial dos servizos de titularidade municipal, colaborando nos labores de acondicionamento, limpeza e mellora de zonas ambientais, conservación e mantemento das infraestruturas e, tamén, a reposición, recuperación e adecuación das praias e areais do litoral. As circunstancias sobrevidas do actual contexto de crise económica xeneralizada, que derivou nun cambio de escenario orzamentario, afectou a todas as administracións públicas, sen que a Administración local sexa unha excepción. Deste marco orzamentario fortemente restritivo deriva, entre outras consecuencias, a imposibilidade da maior parte dos concellos da provincia para prestar determinados servizos ou executar obras esenciais para a comunidade. Para poderen afrontar esta situación a Deputación puxo en marcha durante o ano 2013 un Plan provincial de emprego, coa finalidade de lles conceder ós concellos axudas ou subvencións dirixidas a financiar accións de fomento do emprego nos municipios para a realización de traballos e a prestación de servizos de interese xeral ou social. Para asegurar a continuidade na prestación destes servizos de competencia municipal a Deputación aprobou no pasado ano un novo plan de emprego. Á vista dos resultados obtidos e das necesidades dos concellos, no orzamento de 2014 reservouse crédito para realizar unha nova convocatoria de axudas ós municipios para a contratación laboral de diverso persoal, coa denominación de Plan provincial de emprego 2014. As mencionadas axudas ou subvencións irán destinadas a financiar o custo salarial subvencionable calculado segundo o importe do salario mínimo interprofesional para un contrato laboral, a tempo parcial, de 25 horas semanais por un período de seis meses con destino á contratación de traballadores maiores de trinta anos clasificados no grupo E, categoría de operario, peón ou axudante. No custo salarial subvencionable inclúese a cotización á Seguridade Social. O número de traballadores de cada concello determinarase en función da poboación do municipio. Non obstante, de consideralo oportuno, este podería solicitar un número inferior. Con esta finalidade impleméntase esta convocatoria de subvencións como medida de asistencia e cooperación da Deputación cos concellos da provincia, a través da que se lles ofrece, ademais, ás persoas desempregadas maiores de trinta anos, preferentemente non perceptoras de prestacións ou perceptoras de prestacións sociais destinadas a garantir os recursos mínimos de subsistencia (RISGA ou outras), unha oportunidade para adquirir experiencia laboral que redunde na mellora da súa empregabilidade e que facilite a súa futura inserción no mercado de traballo, canalizando a práctica laboral adquirida cara a ocupacións que faciliten unha maior estabilidade no emprego. En consecuencia, e tendo en conta as regras establecidas na Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia e o seu regulamento, aprobado polo Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, no que resulte de aplicación, e na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, acórdase convocar axudas e subvencións para a execución do Plan provincial de emprego 2014, que se rexerá polas seguintes BASES Artigo 1. Obxecto e finalidade. Estas bases teñen por obxecto regular as condicións polas que se rexerá a convocatoria pública, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas e subvencións destinadas a financiar accións de fomento do emprego en colaboración cos municipios da provincia, para a realización de servizos de interese xeral e social co obxecto de lles proporcionar a experiencia e práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral. Artigo 2. Financiamento. O financiamento deste programa efectuarase con cargo á aplicación orzamentaria 942.942.462.03 polo importe global de tres millóns seis mil setecentos setenta e un con setenta e dous euros (3.006.771,72 €). Artigo 3. Entidades beneficiarias. Requisitos e criterio de concesión. Estas axudas e subvencións van dirixidas ós concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes que non estean incursos nalgunha das circunstancias establecidas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia. O número de traballadores por concello determinarase en función da súa poboación. Para estes efectos a poboación da entidade local que se vai considerar será a última publicada polo INE. Deste xeito a cantidade total que se vai repartir farase segundo a seguinte táboa: Núm. de habitantes Grupo 1 0 a 2.000 Grupo 2 2.001-10.000 Grupo 3 10.0001-20.000 Grupo 4 20.001-50.000 Núm. de traballadores 8 10 15 17 Artigo 4. Requisitos dos servizos que se prestarán. Os servizos que se van desenvolver serán de interese xeral e social e deberán cumprir os seguintes requisitos: a) Ser prestados polas entidades beneficiarias en réxime de administración directa. b) Favorecer na súa execución ou prestación formación e práctica profesionais das persoas desempregadas que se van contratar. c) Que se presten ou executen no ámbito municipal. d) Responder a necesidades de persoal urxentes e inaprazables, é dicir, necesidades mínimas para o exercicio das súas funcións ou o desempeño das súas competencias en termos razoables de eficacia e tendo en conta a crise económica. e) Que esas necesidades afecten a sectores, funcións e/ou categorías profesionais prioritarios: - Indispensables para poder satisfacer as necesidades básicas da vida persoal ou social dos particulares de acordo coas circunstancias de cada momento ou lugar. - Necesarios para o benestar dos veciños e os que permitan asegurar o funcionamento regular da propia entidade e dos seus órganos de goberno. Artigo 5. Subvención: contía. As mencionadas axudas ou subvencións irán destinadas a financiar, durante un período de seis meses, a contratación a tempo parcial en xornada ordinaria de 25 horas semanais, incluída a cotización á Seguridade Social, de traballadores que reúnan os requisitos establecidos no artigo 11.1 destas bases, co límite máximo de catro mil cento oitenta e un con oitenta e oito euros (4.181,88 €) por traballador. Artigo 6. Presentación de solicitudes. 1. Para poder ser entidade beneficiaria das axudas reguladas nestas bases deberá presentarse o modelo de solicitude que figura como anexo I, xunto coa documentación á que se fai referencia no artigo 7. 2. O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 14 de marzo de 2014. 3. O feito de non se axustar ós termos da convocatoria ou a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información será causa de desestimación da solicitude, sen prexuízo do disposto nos artigos que van dende o 54 ó 56 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Artigo 7. Documentación. 1. Xunto co formulario de solicitude deberase presentar a seguinte documentación: a) Copia compulsada ou cotexada do cartón de identificación fiscal da entidade solicitante en vigor. b) Copia compulsada ou cotexada do NIF da persoa que, en nome e representación da entidade, solicita a concesión da subvención. c) Acreditación da persoa que, en nome e representación da entidade, asina a solicitude, mediante a correspondente documentación de apoderamento, resolución, mandato, certificado expedido polo secretario ou a acta, onde se determine a dita representación. d) Memoria global dos servizos que se van desenvolver, indicando o perfil das persoas desempregadas que se van contratar, que deberán ser maiores de trinta anos e preferentemente non perceptoras de prestacións ou perceptoras de prestacións sociais destinadas a garantir os recursos económicos mínimos de subsistencia (RISGA, RAI ou outras). e) Declaración responsable na que se fagan constar os seguintes extremos: - O cumprimento dos requisitos establecidos para obter a condición de entidade beneficiaria, segundo o disposto no artigo 10 da Lei 9/2007, de13 de xuño, de subvencións de Galicia. - O cumprimento dos requisitos previstos para obter a condición de beneficiario da subvención referida no artigo 3 da convocatoria, relativos á súa capacidade técnica e de xestión. 2. Se a partir do exame da documentación se comprobase que esta non reúne os requisitos necesarios, é insuficiente ou non se presenta na súa totalidade, faráselle un único requirimento á entidade solicitante para que, nun prazo de dez días, emende a falta ou presente os documentos preceptivos, indicando que, de non o facer, de acordo co disposto no artigo 71.1 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro, terase por desistida a súa petición, previa a correspondente resolución, que deberá ditarse nos termos previstos no artigo 42 da citada lei. Artigo 8. Procedemento. 1. O procedemento de concesión de axudas será o de concorrencia competitiva. 2. O Servizo de Cooperación será o encargado da tramitación dos expedientes. 3. Revisados os expedientes e completada a documentación, no seu caso, remitiránselle á comisión de valoración para que esta, nun acto único, proceda á súa avaliación e informe. Esta comisión estará composta pola xefa do Servizo de Cooperación, o xefe do Servizo de Asistencia Intermunicipal e a xefa do Servizo de Recursos Humanos. Artigo 9. Resolución. 1. O órgano instrutor elevará o informe da comisión de valoración ó presidente da Deputación para que se decida sobre a concesión ou denegación da axuda mediante resolución motivada e individualizada. 2. A resolución pola que se conceda a subvención determinará, como mínimo, a data de inicio, o tempo de realización da obra ou servizo, a contía da subvención que se vai outorgar e demais requisitos esixibles para a súa percepción e seguimento. 3. As resolucións dos expedientes instruídos, ó abeiro do disposto nesta orde, esgotan a vía administrativa, polo que, de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderá interpoñerse contra elas un recurso potestativo de reposición ante o presidente da Deputación, no prazo dun mes computado dende o día seguinte ó da súa notificación, ou presentar directamente un recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados dende o día seguinte ó da súa notificación. 4. As subvencións concedidas ó abeiro destas bases publicaranse, con expresión da entidade beneficiaria, a contía e a finalidade, no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Artigo 10. Réxime da aceptación e renuncia da subvención. Unha vez notificada a resolución definitiva polo órgano competente as subvencións concedidas entenderanse aceptadas se os beneficiarios non se opoñen ou as rexeitan expresamente no prazo de dez días hábiles dende a súa notificación. Artigo 11. Requisitos e criterios para a selección dos traballadores. 1. Os traballadores que sexan contratados para a realización das obras ou prestación de servizos polos que se outorgue a subvención deberán ser persoas desempregadas maiores de trinta anos, preferentemente non perceptoras de prestacións ou perceptoras de prestacións sociais destinadas a garantir os recursos económicos mínimos de subsistencia (RISGA ou outras), inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados e que estean dispoñibles para o emprego. Estes requisitos deberán cumprirse tanto no momento da selección coma no da formalización do contrato. 2. As entidades beneficiarias da subvención solicitarán os traballadores que se necesiten mediante a presentación da correspondente oferta na oficina pública de emprego, nos modelos normalizados para o efecto, facendo referencia ós requisitos e características que deben reunir as persoas que sexan contratadas para o adecuado desempeño das funcións inherentes ós postos de traballo ofertados, debendo presentarse unha por cada categoría profesional dentro de cada ocupación. 3. As persoas candidatas serán remitidas á entidade beneficiaria co fin de que esta realice a selección definitiva. Artigo 12. Contratación dos traballadores e traballadoras. 1. Unha vez efectuada a selección dos traballadores na forma prevista no artigo anterior, a entidade beneficiaria procederá á súa contratación tendo en conta que, en todo caso, os contratos deberán formalizarse no prazo e nos termos establecidos na resolución na que se concede a subvención. 2. As entidades darán de alta na Seguridade Social as persoas contratadas no código de conta de cotización que corresponda. 3. No caso de que algún dos traballadores contratados renuncie ó contrato antes da súa finalización o concello poderá formalizar un novo contrato para substituír o anterior polo tempo restante, sen que en ningún caso a duración total do inicial e do substituto poida exceder os seis meses. 4. Todos os contratos deben estar formalizados entre o 1 de abril e o 30 de abril de 2014, agás os casos excepcionais de substitución por renuncia, e o período de vixencia non poderá exceder do 31 de outubro de 2014. 5. En ningún caso a relación laboral xurdida entre a entidade beneficiaria e o traballador vencello á Deputación de Pontevedra. Artigo 13. Xustificación e pagamento. O pagamento da subvención para a contratación de traballadores desempregados farase efectivo da seguinte forma: - O 50% ó inicio da obra ou servizo, que se acreditará coa certificación do secretario do concello e aboarase segundo o número de contratos formalizados ata esa data. - O 50% restante ó inicio do cuarto mes de contrato, previa certificación do secretario do concello sobre a continuidade da actividade na que se fagan constar a identificación dos traballadores e as datas de inicio e fin do contrato. Artigo 14. Obrigas das entidades beneficiarias. 1. As entidades beneficiarias, ademais das establecidas na Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia, deberán cumprir as seguintes obrigas: a) Realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención. b) Aboarlles ás persoas contratadas os salarios que legal ou convencionalmente lles correspondan e asumir a diferenza entre a cantidade subvencionada e os custos salariais e de Seguridade Social totais, de aplicarse o convenio colectivo propio do concello. c) Comunicarlle á Deputación aquelas modificacións substantivas que afecten á realización da actividade que vaian desenvolver os traballadores contratados, así como as renuncias de contrato e novos contratos polo tempo restante, co obxecto de que poida valorar se o seu carácter produce unha alteración substancial das condicións que se tiveron en conta para a concesión da subvención. d) Comunicarlle á Deputación a obtención doutras subvencións ou axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra Administración ou ente público estatal ou internacional. e) Difundir que a actividade que se vai desenvolver foi financiada pola Deputación. Artigo 15. Xustificación e seguimento. 1. Co fin de efectuar un seguimento adecuado da execución dos proxectos subvencionados a entidade beneficiaria deberá someterse ó cumprimento das seguintes obrigas: • Presentar a través do Rexistro xeral da institución provincial a seguinte documentación, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da finalización da obra ou servizo: - Memoria final sobre as actividades realizadas e práctica profesional adquirida polos traballadores contratados. - Certificado de fin de servizo. - Certificación do secretario ou do interventor acreditativa de que os gastos son reais e de que se aplicaron á finalidade subvencionada, quedando á disposición da Deputación para o seu exame cos xustificantes correspondentes. Neste certificado deberanse concretar as cantidades aboadas en concepto de salario e cotización empresarial á Seguridade Social e as cantidades deducidas na liquidación de cotas a ese mesmo organismo (modelo TC1) en concepto de incapacidade temporal dos traballadores contratados con cargo a esta subvención, cuxa contía deberá excluírse do cálculo do gasto total elixible realizado polo concello e que, no seu caso, dará lugar á obriga de reintegro á institución provincial. Artigo 16. Revogación e reintegro. Procederase a revogación das subvencións, así como o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas, nos casos e nos termos previstos nos artigos 32 e 33 da citada Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia. O modelo normalizado para a solicitude desta subvención facilitarase no Rexistro desta Deputación e no Servizo de Cooperación, e tamén a través da súa páxina web (www.depo.es).” 3.21817.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DO “PROGRAMA DIÚRNO DE BALNEARIOS «COIDARTE» 2014” A Deputación de Pontevedra convoca para o ano 2014 unha nova edición do programa diúrno de balnearios de carácter lúcido “Coidarte”, atendendo ó alto nivel de satisfacción que amosan as enquisas dos participantes no programa en edicións pasadas, o cal cualifican de altamente positivo. Para levar a cabo este programa o Servizo de Servizos Sociais e Promoción de Emprego elaborou unhas bases para regular a concesión de axudas que van destinadas a fomentar o envellecemento activo e a mellora da calidade de vida das persoas, potenciando movementos de participación e cooperación social. Ó programa diúrno de balnearios de carácter lúcido “Coidarte”, poden adherirse os concellos da provincia de Pontevedra e os beneficiarios son persoas nacidas antes de 1964, xubilados e pensionistas ou persoas con necesidades de respiro familiar, para que poidan ter a oportunidade de pasar cinco tardes de luns a venres nun dos establecementos tipo balneario, spa ou talaso que teñan as súas instalacións na provincia de Pontevedra. Resultando que con data 27 de xaneiro de 2014 o Sr. Secretario informa as bases reguladoras do programa diúrno de balnearios “Coidarte” para o exercicio 2014. Resultando que con data 13 de febreiro de 2014 a Xefa do Servizo de Fiscalización emite informe sobre a tramitación do expediente para aprobación das citadas bases, e deixa constancia da existencia de crédito dispoñible por importe de 105.000,00 € para facer fronte ó gasto con cargo a aplicación orzamentaria 14/232.230.227.07, emitindo o documento RC núm. 2014000070060 polo citado importe. Considerando que o órgano competente para a aprobación das bases reguladoras do Programa diúrno de balnearios “Coidarte” para o exercicio 2014, é a Xunta de Goberno, de conformidade co estipulado nas bases de execución do vixente orzamento provincial. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as bases reguladoras do Programa diúrno de balnearios “Coidarte” para o exercicio 2014, que quedan redactadas da seguinte forma: “BASES DO PROGRAMA DIÚRNO DE BALNEARIOS DE CARÁCTER LÚDICO “COIDARTE” 2014. No artigo 2 da Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, defínense os servizos sociais como un conxunto coordinado de prestacións, programas e equipamentos destinados a garantir a igualdade de oportunidades no acceso á calidade de vida e á participación social de toda a poboación galega, mediante intervencións que permitan o logro dos obxectivos marcados nesta lei. Así mesmo, dispón que os poderes públicos fomentarán, no ámbito dos servizos sociais, o desenvolvemento de actuacións solidarias por parte de entidades de iniciativa social, sempre que se axusten ós requisitos de autorización, calidade e complementariedade establecidos na citada lei. A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Servizos Sociais e Promoción de Emprego, convoca unha nova edición do programa “Coidarte”, atendendo ó alto nivel de satisfacción que amosan nas enquisas os participantes en edicións pasadas, onde o cualifican de altamente positivo. CLÁUSULAS Primeira. Obxecto. Constitúe o obxecto destas bases, a regulación da convocatoria pública por parte da Deputación do programa “Coidarte”, que ten por finalidade fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas, establecendo novas relacións sociais e favorecendo a participación en actividades que favorezan o seu estado anímico, potenciando movementos de participación e cooperación social, promovendo espazos de encontro e intercambio de experiencias e a súa independencia, evitando o illamento e as situacións de soidade. Ó programa poderán adherirse os concellos da provincia de Pontevedra co número de prazas que estimen oportunas. Segunda. Adhesión dos concellos. Todos os concellos da provincia de Pontevedra poderán sumarse ó programa mediante un acordo de adhesión adoptado polo órgano competente, remitindo unha certificación expedida polo secretario do mencionado acordo dentro dos 20 días naturais seguintes á publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO). Nesa certificación deberá figurar o número de prazas a subvencionar e a existencia de crédito suficiente nas respectivas aplicacións dos orzamentos municipais para facer fronte ás obrigas do contrato, así como as semanas de preferencia para o desenvolvemento da actividade (débense sinalar catro semanas por orde de preferencia). Se o último día do prazo coincidise en festivo este prorrogarase ata o seguinte día hábil. Unha vez transcorrido este prazo de 20 días sen enviar a adhesión, entenderase que o concello non desexa participar no programa, sen que o teña que facer constar por escrito. Os concellos que se adhiran ó programa financiarán os seus respectivos beneficiarios, atendendo á cláusula décimo primeira. Actuarán como entidades colaboradoras na xestión do programa e deberán cumprir coas obrigas que se establezan nas bases reguladoras segundo o disposto na LXS. As persoas interesadas en participar no programa de concellos non adheridos deberán entregar a solicitude no Rexistro xeral da Deputación ou na súa Sede de Vigo, participando unicamente coa subvención do organismo provincial. Terceira. Beneficiarios. Poderán ser beneficiarios do programa: a) Persoas nacidas antes de 1964, feito que deberán acreditar co Documento Nacional de Identidade. b) Persoas xubiladas e pensionistas que acheguen unha fotocopia do certificado da pensión. c) Persoas que, sen cumprir os perfís anteriores, precisen dun respiro familiar, o que deberán acreditar mediante un informe do traballador social do concello. É requisito indispensable non padecer enfermidade ningunha ou patoloxía incompatible coa actividade do programa, así como ser totalmente autónomo. Cuarta. Lugar e prazo de presentación de solicitudes: - Para os participantes de concellos adheridos ó programa o lugar de presentación de solicitudes será o departamento de Servizos Sociais do propio concello. - Poderase consultar dita adhesión na páxina web da Deputación a partir da finalización do prazo de adhesións dos concellos. - Para os participantes dos concellos non adheridos ó programa o lugar de presentación de solicitudes será o Rexistro xeral da Deputación: - Sede de Pontevedra: avda. Montero Ríos, s/n (de luns a sábado) - Sede de Vigo: rúa Oporto, 3 (de luns a venres) Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/92, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e no artigo 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas. En caso de enviarse por correo postal (ó rexistro da Deputación) este deberá ser certificado, co selo de Correos no formulario da solicitude para garantir que a data de remisión está dentro do prazo de presentación de solicitudes da orde de convocatoria. O prazo de inscrición será de 30 días naturais a partir do día seguinte ó da finalización da data de adhesión dos concellos publicada nestas bases. No suposto de que as prazas ofertadas non queden cubertas esta institución reservarase o dereito a abrir un novo prazo de inscrición para os participantes, dando conta ós concellos adheridos do número de prazas sobrantes da primeira campaña para a recepción de novas solicitudes. Quinta. Documentación dos participantes. As solicitudes deberán formularse seguindo o modelo que se facilitará nos concellos adheridos, no Rexistro xeral da Deputación, no da súa Sede de Vigo ou na súa páxina web (www.depo.es). Deberanse cubrir todos os apartados da solicitude, achegar o DNI e, segundo o caso, o certificado da pensión ou o informe do traballador social do seu concello. Sexta. Documentación dos concellos adheridos. Os concellos adheridos, finalizado o prazo de recepción de solicitudes, deberán remitir ó Servizo de Servizos Sociais: 1. Unha relación nominal (en formato Excel ou Access) dos solicitantes, con todos os campos da folla de solicitude, seguindo o rexistro de entrada. Este documento remitirase ó Servizo de Servizos Sociais da Deputación de Pontevedra por correo electrónico (servizos.sociais@depo.es). 2. Os orixinais das solicitudes presentadas no concello coa documentación requirida. Sétima. Procedemento de selección. A concesión destas subvencións realizarase polo réxime de concorrencia competitiva. Correspóndelle a instrución ó Servizo de Servizos Sociais e a adxudicación á Xunta de Goberno. A institución provincial establece a convocatoria de prazas do programa diúrno de balnearios “Coidarte,” no marco de actividades para as persoas maiores, ofertando inicialmente un máximo de 3.000 prazas, que lles serán outorgadas ás persoas que reúnan os requisitos sinalados na cláusula terceira e presenten a documentación debidamente cuberta. O procedemento de concesión levarase a cabo na seguinte orde: 1º. Solicitantes xubilados e pensionistas, con prioridade para os de pensións con menor importe e para os de maior idade. 2º. Solicitantes a través de informe do traballador social, con prioridade para os de maior idade. 3º. Solicitantes non encadrados nos apartados anteriores, con prioridade para os de maior idade. No caso de que fose preciso teríase en conta a orde de presentación das solicitudes. Oitava. Obrigas dos participantes. Os participantes aboarán, o primeiro día do programa, a cantidade resultante do proceso de adxudicación para o balneario escollido, descontadas as subvencións do concello e da Deputación (se o seu concello está adherido) ou só a subvención da Deputación (se o seu concello non se adhire). Esta cantidade aboaráselles directamente ós responsables da empresa adxudicataria ou á persoa en que deleguen, que lles expedirá o correspondente xustificante de pagamento. Novena. Condicións do programa. Ofertarase un mínimo de catro establecementos (do tipo balneario, talaso ou spa) que teñan as súas instalacións na provincia de Pontevedra. Os participantes do programa poderán escoller, indistintamente, o que máis lles satisfaga de todos os ofertados. Para maior información sobre cuestións relativas ás súas características, poderán dirixirse á empresa adxudicataria. A metodoloxía do programa consiste en pasar cinco tardes, de luns a venres, nun dos establecementos escollidos, facilitando o transporte dende os concellos ata o establecemento e viceversa. O uso das instalacións do balneario, spa ou talaso será dunha media de dúas horas cada día e facilitaranse unhas chancletas e un gorro de auga para cada persoa. As saídas realizaranse ó longo de todo o ano, exceptuando o mes de agosto, intentando respectar as opcións escollidas polos concellos adheridos. Será o organismo municipal o que determine as paradas (dúas como máximo) para a recollida de participantes no programa, que deberán dispoñer de espazos amplos onde os autobuses poidan entrar e manobrar. Nos autocares irá un guía oficial responsable de lle entregar a cada persoa o bono viaxe, coa data e a hora de recollida para toda a semana; esta persoa informará das coberturas do seguro para o programa e resolverá todas as dúbidas ó respecto. A Deputación de Pontevedra ofertará o programa a través dunha empresa especializada na materia, responsable da súa execución, coordinación e avaliación, e con persoal especializado. Tamén disporá dun servizo de atención ó público ou vía telefónica, para calquera dúbida que puidese xurdir. Calquera anomalía que se advirta sobre o bo desenvolvemento do programa deberá ser comunicada ó Servizo de Servizos Sociais da institución provincial. Décimo primeira. Orzamento e financiamento. A contía consignada para este programa ascende a cento cinco mil euros (105.000,00 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14/232.230-227.07 do orzamento ordinario da Deputación, sen prexuízo de que este crédito se amplíe. O programa será cofinanciado polo organismo provincial, os usuarios e os concellos adheridos: • A Deputación achegará 35 euros por praza. • O concello adherido achegará 10 euros por praza. • O usuario aboará a cantidade resultante de descontar a subvención da Deputación e do seu concello (de estar este adherido) do prezo do balneario escollido. Os prezos de cada establecemento (spa, talaso ou balneario) expoñeranse ó público na páxina web da institución provincial (www.depo.es) e daranse a coñecer a través dos medios de comunicación, unha vez rematado o proceso de contratación. A Deputación establece a convocatoria do programa “Coidarte”, no marco de actividades para as persoas maiores, xubiladas e pensionistas ou con necesidade de respiro familiar, ofertando inicialmente un total de 3.000 prazas. No suposto de que o número total de prazas ofertadas nesta convocatoria non queden cubertas, esta institución reservarase o dereito a abrir un novo prazo de inscrición. Décimo segunda. Publicidade. En toda a publicidade que se elabore débese facer constar a organización e a colaboración do organismo provincial mediante a inclusión da súa imaxe institucional de conformidade co artigo 31 do RLXS. Para todo o relacionado co dita publicidade poden dirixirse ó seguinte enderezo de correo electrónico: comunicacion@depo.es. Décimo terceira. Prazo de vixencia. As bases que regulan este programa terán vixencia ata 31 de marzo de 2015. Décimo cuarta. Lexislación aplicable: • Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. • Real decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei xeral de subvencións. • Lei 4/1993, de 14 de abril, de servizos sociais de Galicia. • Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local. • Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. • Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. • Bases de execución do vixente orzamento provincial.” 4.21818.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DA “ADMISIÓN NO CENTRO DE DÍA DO CENTRO PRÍNCIPE FELIPE”, DURANTE O CURSO 2014-2015 A Deputación Provincial de Pontevedra por acordo do Pleno na sesión que tivo lugar o día 27 de xuño de 2003, creou o Centro de Día do Centro Príncipe Felipe, destinado á atención diaria, básica e integral, dos menores da provincia de Pontevedra. A Comisión de Ingresos de alumnos do Centro Príncipe Felipe, formada polo equipo xerente, os directores dos centros, psicólogos e asistentes sociais, elabora unha proposta de criterios de admisión de alumnos para o curso 2014-2015, co obxecto de actualizar as bases de admisión de alumnos para dito curso e sometela á consideración e aprobación da Xunta de Goberno como órgano competente para a aprobación das mesmas. O Centro de Día do Centro Príncipe Felipe carrexa uns gastos que afectan á alimentación diaria dos menores, aproximadamente 120 menores, e que se cuantifica estimativamente en 8.500,00 euros/mes, a razón de 3,22 euros/comida/ día. O gasto anual do próximo curso escolar, contabilizado dende o día 1 de setembro de 2014 ata o 30 de xuño de 2015, ascendería á cantidade de 85.000,00 euros. A efectos orzamentarios a aprobación destas bases e posterior admisión de alumnos implicaría un gasto durante o exercicio 2014 estimado en 34.000,00 €, e imputaríase á aplicación orzamentaria 14/232.232.221.05, na que xa existe na actualidade crédito comprometido para facer fronte ó lote número 1 do contrato de subministración de produtos alimenticios para o Centro Príncipe Felipe, e proximamente, no caso de que a Xunta de Goberno autorice a prórroga dos contratos, sucederá o mesmo cos lotes números 2, 3 e 4. O gasto para o exercicio de 2015 estímase en 51.000,00 € e estaría condicionado á aprobación do orzamento de dito exercicio e vinculado igualmente ó contrato de subministración de produtos alimenticios. Polo exposto e, con motivo de proceder á apertura do prazo para solicitar praza no Centro de Día do Centro Príncipe Felipe durante o curso 2014-2015, a Xunta de Goberno, de conformidade cos informes que figuran no expediente, acorda por unanimidade: 1.- Aprobar as bases de admisión no curso 2014-2015 do Centro de Día do Centro Príncipe Felipe. 2.- Proceder á publicación de ditas bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra ofertando un prazo para presentación de solicitudes dende o día seguinte a súa publicación ata o día 27 de marzo de 2014. Ditas bases son do seguinte teor: “BASES DE ADMISIÓN NO “CENTRO DE DÍA” DO CENTRO PRÍNCIPE FELIPE (CURSO 2014-2015) Tendo en conta o disposto na Lei 13/2008 de Servizos Sociais, (DOGA 18/12/2008) e mailo Decreto 329/2005, de 28 xullo, (DOGA 16/08/2005) polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia, a Deputación de Pontevedra, conta no Centro Príncipe Felipe, cun Centro de Día, servizo que, co acollemento residencial diúrno dos rapaces, vai destinado, ademais de a garantir as súas necesidades básicas, á preservación e potenciación da integración familiar natural como primeiro e principal recurso de protección, axudando a previr o seu deterioro. 1.- DESTINATARIOS: Menores de entre 4 meses e os 16 anos procedentes de familias que necesiten dun apoio diario e puntual para completar a formación e atención dos seus fillos. 2.- OBXECTIVOS: - Favorecer procesos de integración social tanto persoal como grupal. - Promover o cambio de actitudes e condutas nos menores, interiorizando hábitos que permitan a súa eficaz incorporación social. - Asesorar e orientar a menores e ás familias que así o soliciten ante problemas ou necesidades concretas. - Dotar de estratexias de afrontamento e recursos persoais ante situacións problemáticas e/ou de risco social que se ven favorecidas por factores que facilitan estas situacións. - Garantir ós menores unhas mellores condicións de saúde, hixiene e nutrición. - Evitar o absentismo escolar. - Colaborar no fortalecemento da capacidade de protección e educativa das familias. - Educar para capacitar ó individuo nunha libre e progresiva elección entre as diversas opcións que a vida actual lle ofrece. - Facilitar a apertura do menor cara os demais e posibilitar que se relacione positivamente co seu entorno. - Garantir o cumprimento dos obxectivos marcados polos distintos centros residenciais. 3.- INFRAESTRUTURA: Para elo contamos con: - Un entorno espacial amplo, seguro, san, alegre e propicio para a expansión dos nenos en todos os sensos. - Unhas instalacións externas convenientemente dispostas para o xogo e a recreación (campo de fútbol, pavillón polideportivo, piscinas, espazos libres, columpios, xardíns, zonas de recreo interiores). - Unha conexión ca cidade de Pontevedra fácil, rápida con transporte propio para servizo de persoal e alumnos. - Cun hospital a cen metros para calquera tipo de urxencia. - Cun centro escolar infantil e de primaria dentro do mesmo recinto. Tamén cun centro de formación profesional e unha escola de hostalería. - Con cociña xeral propia, comedor xeral e comedores particulares nas propias unidades de convivencia. - Con unidades de convivencia moi amplas, recentemente remodeladas con salas, ambiente de xogo, de descanso ou de traballo escolar segundo a necesidade de programación individualizada. - Cunha ratio de persoal/neno que tamén supera amplamente as esixencias normativas, ofrecendo grandes facilidades para a atención personalizada e a formación de titorías. - Con organización de actividades extraescolares: recreativas, formativas, transversais, complementarias, de apoio escolar, etc. - Con servizos médico, psicolóxico e de asistencia social, que contan cunha ampla experiencia nos distintos campos de atención á infancia. 4.- DESENVOLVEMENTO TEMPORAL E MODALIDADE A SEGUIR: O Centro de Día do Centro Príncipe Felipe, en función das prestacións que ofrecerá ós menores beneficiarios deste, rexérase pola modalidades de “Atención de día básica”, e “Atención de día integral” estes tipos de atención inclúen as seguintes prestacións: Atención de día básica:  Aloxamento diúrno en instalacións adecuadas.  Atención durante o curso lectivo segundo calendario oficial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, salvo casos debidamente xustificados.  Horarios de atención flexible, dependendo das necesidades do menor, valoradas polo equipo do menor e a institución.  Alimentación: xantar e merenda.  Apoio e seguimento escolar, incluíndo materiais funxibles nos casos nos que se consideren oportunos, e sempre que as familias non reciban outro tipo de axudas para esta mesma causa.  Financiamento do transporte de proximidade de ida e volta ó domicilio familiar exceptuando ós nenos de idades comprendidas entre os 4 meses e os 3 anos.  A duración media do curso non poderá exceder dun ano, rematado este período, será preciso proceder á revisión da situación do menor e a ditar unha nova resolución.  Participar nas actividades organizadas pola institución ou polo centro escolar o que acuda o menor.  Colaboración na normalización da dinámica familiar. Atención de día integral:  Aloxamento diúrno en instalacións axeitadas.  Atención durante o curso lectivo segundo calendario oficial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, salvo casos debidamente xustificados.  O horario de atención do centro será de 8:00 da mañá a 20:00 horas da tarde.  Alimentación: xantar e merenda, en casos puntuais que así o requiran, almorzo e cea.  Hixiene e educación nos hábitos de saúde.  Seguimento e apoio escolar, incluíndo materiais educativos e didácticos.  Animación planificada do tempo libre e os materiais necesarios para o desenvolvemento das actividades.  Financiamento do transporte de proximidade de ida e volta ó domicilio familiar exceptuando ós nenos de idades comprendidas entre os 4 meses e os 3 anos.  Servizo de titorías; orientación psicoeducativa.  Colaboración co equipo do menor para a normalización da dinámica familiar. Tendo en conta o disposto na Orde do 3 de xullo do 2000, Doga nº 141 do 20 de Xullo de 2000, pola que se aproba o contido mínimo do Regulamento de réxime interior de centros de atención á primeira infancia pertencentes á Consellería de Familia e promoción do emprego, muller e xuventude, o horario máximo de permanencia dos nenos/as no centro, será con carácter xeral, de 8 horas diarias, agás causas excepcionais e convenientemente xustificadas. 5.- ACTIVIDADES: O Centro disporá dun servizo básico de manutención para os menores, con cobertura alimenticia e hixiénica; ademais, proporcionaranse os recursos cos que conta esta Institución de carácter psicoeducativo necesarios. Os nosos esforzos centraranse nos seguintes apartados: - Actividades de apoio e seguimento escolar. - Intervención médico-sanitaria en caso de urxencia. - Hixiene e educación nos hábitos de saúde. - Celebración de aniversarios, festas (Nadal, Carnaval, fin de curso....) - Servizo de información, orientación e apoio psicoeducativo. - Orientación familiar. - Animación planificada do tempo libre. - Biblioteca (promoción da lectura). - Realización de diversas actividades a través de distintos talleres como:  Taller de educación para a saúde  Taller de deporte  Taller de música  Taller de habilidades sociais  Taller de apoio escolar. Hábitos de estudio  Taller de orientación laboral  Taller de manualidades. 6.- NÚMERO DE PRAZAS: • De 04 a 18 meses 10 prazas • De 18 meses a 3 anos 20 prazas • De 3 a 7 anos 40 prazas • De 8 a 16 anos 50 prazas O número de prazas por tramo de idade, poderá variar en función do número de solicitudes, dos ingresos decretados pola Consellería de Traballo e Benestar, e doutras necesidades de uso das instalacións do Centro Príncipe Felipe, por parte da Deputación de Pontevedra. 7.- CRITERIOS DE ADMISIÓN: - Situación económica: Familias que os seus ingresos sexan:  Dobre do SMI ou superior 0 puntos  Entre ó SMI e o dobre 1 puntos  SMI ou inferior, ata o 75 2 puntos  Inferior ó 75% do SMI 3 puntos  50% do SMI ou inferior 4 puntos - Situación socio-familiar:  Por cada membro menor de 18 anos a cargo da unidade familiar, incluído/a o/a neno/a para o que se solicita a praza: de 1 punto ata un máximo de 3.  Por discapacidade física, psíquica ou sensorial superior o 40%, enfermidade crónica que requira internamento periódico, alcoholismo ou drogodependencia: Pai ata 3 puntos Nai ata 3 puntos Fillos ata 2 puntos  Pola condición de familia monoparental 3 puntos  Calquera outra circunstancia socio-familiar que sexa susceptible de valoración ó xuízo da comisión e adecuadamente acreditada de -4 ata +4 puntos.  Informe dos servizos de psicoloxía da Institución, valorando as circunstancias do menor de -4 ata +4 puntos.  Informe dos Servizos Sociais da Institución, valorando as circunstancias do menor, familia, entorno, conciliación laboral- familiar de -4 ata + 4 puntos. En caso de minusvalías, trastornos psicolóxicos, etc. e imprescindible xuntar informes. En todo caso serán criterios de inadmisión: - Menores que se atopen en situación de risco de desamparo e, polo tanto, suxeitos á xurisdición da Xunta de Galicia. - Menores que necesiten atención psicoeducativa en centros específicos para esa problemática. - Menores con trastornos mentais ou de conduta que requiran tratamentos psicolóxicos específicos. - Menores con graves trastornos do desenvolvemento que requiran tratamentos psicoeducativos específicos. - Menores con toxicomanías. - Ter uns ingresos que superen o cuádruplo do SMI da unidade familiar. 8.- PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES A solicitude presentarase debidamente cumprimentada. O prazo de presentación de solicitudes será a partir do día seguinte á publicación das Bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e ata o 27 de marzo do 2014, no Rexistro Xeral da Deputación de Pontevedra en horario de 08:30 a 14:30 e de 17:00 horas a 19:00 horas, e os sábados de 9:00 a 13:00 horas. 9.- LUGAR DE RECOLLIDA DAS SOLICITUDES Administración do Centro Príncipe Felipe, Oficina de Información o Cidadán da Deputación Provincial e páxina web da Deputación (www.depontevedra.es). 10.- TELÉFONO DE INFORMACIÓN Tlfno: 986 804 100 - Ext. 41024 11.- RESOLUCIÓN DAS SOLICITUDES E ADMISIÓN DOS MENORES A valoración das solicitudes así como tódalas cuestións que poidan derivarse da interpretación das bases, realizarase cada curso escolar pola comisión de baremación e admisión do Centro Príncipe Felipe composta polo Coordinador Xeral, Xefe de Sección, Directores dos Centros, Asistentes Sociais e Psicólogos, non implicando a admisión, a prórroga o curso seguinte. O Ilmo. Sr. Presidente da Deputación de Pontevedra, en base á valoración das solicitudes efectuada pola comisión de baremación e admisión, ditará resolución acordando a relación de menores que van a ser admitidos no Centro de Día durante o curso 2014-2015, así como os non admitidos e as causas da súa exclusión. A citada resolución esgota a vía administrativa e os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o Sr. Presidente da Deputación de Pontevedra, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da notificación da mesma (artigos 107 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada por Lei 4/1999, de 13 de xaneiro), ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra segundo o disposto no artigo 8 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa, e todo iso no prazo establecido no artigo 46 da citada Lei. 12.- PERÍODO DE PROBA E ADAPTACIÓN DOS MENORES ADMITIDOS NO CENTRO DE DÍA Existe para os menores un período de proba e de adaptación ós centros e ás súas normas, no caso de non cumprilas poderán ser dados de baixa nos centros, previo informe dos Servizos Técnicos do Centro Príncipe Felipe. Ó principio de cada curso, as familias asinarán no Centro, un protocolo de compromisos, dependendo as circunstancias que motiven a admisión do menor. Existirá a posteriori unha comisión de Seguimento, que valorará durante o transcurso da estancia do menor, se os compromisos inicias son cumpridos. A Comisión de Seguimento ten a competencia de decidir a continuidade ou non do menor no Centro, se os compromisos non son acadados ou non se cumpren”. 5.21819.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DOS “CAMPAMENTOS DE VERÁN DA LANZADA - ANO 2014” A Deputación de Pontevedra organiza durante o ano 2014 os Campamentos de verán no Centro de Vacacións “A Lanzada” para que poidan participar os menores dos distintos concellos da provincia de Pontevedra. O obxectivo que se pretende lograr coa organización destes campamentos é o de promover e fomentar o desenvolvemento persoal e social dos menores, así como un proxecto lúdico e educativo que inclúe a programación e desenvolvemento de actividades relacionadas coa natureza, deportes, aire libre, xogos, xogos de sala, artísticas e calquera que contribuía a ese obxectivo. A Dirección do Centro Príncipe Felipe para a adxudicación das 2.200 prazas que se ofertan para o ano 2014 no Centro de Vacacións “A Lanzada” elabora unhas bases nas que figuran que os campamentos distribuiranse en 11 quendas que terán lugar nas seguintes datas: • Primeira quenda: 22 de xuño – 28 de xuño • Segunda quenda: 29 de xuño – 5 de xullo • Terceira quenda: 6 de xullo – 12 de xullo • Cuarta quenda: 13 de xullo – 19 de xullo • Quinta quenda: 20 de xullo – 26 de xullo • Sexta quenda: 27 de xullo – 2 de agosto • Sétima quenda: 3 de agosto – 9 de agosto • Oitava quenda: 10 de agosto – 16 de agosto • Novena quenda: 17 de agosto – 23 de agosto • Décima quenda: 24 de agosto – 30 de agosto • Undécima quenda: 31 de agosto – 6 de setembro A organización dos campamentos no Centro de Vacacións “A Lanzada” carrexa uns gastos que afectan á contratación dunha empresa para levar a cabo a asistencia técnica-educativa dos campamentos, así como a alimentación dos menores durante o período comprendido entre o día 22 de xuño ata o 6 de setembro. Para facer fronte ós gastos que leva consigo a contratación da asistencia técnica educativa e da subministración de produtos alimenticios existe crédito nas aplicacións orzamentarias 14/232.337.227.20 e 14/232.337.221.05, por importes de 150.000,00 € e 70.000,00 €, e dita contratación efectuarase de conformidade co establecido no Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público. Polo exposto e, con motivo de proceder á apertura do prazo para solicitar praza nos campamentos da Lanzada para o ano 2014, a Xunta de Goberno, de conformidade cos informes que figuran no expediente, acorda por unanimidade: 1. Aprobar as bases dos campamentos de verán da Lanzada para o ano 2014. 2. Proceder á publicación de ditas bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra ofertando un prazo para presentación de solicitudes dende o día seguinte á súa publicación ata o día 1 de abril de 2014. Ditas bases son do seguinte teor: “BASES DOS CAMPAMENTOS DE VERÁN DA LANZADA PARA O ANO 2014 A Deputación de Pontevedra organiza durante o ano 2014 os Campamentos de verán no Centro de Vacacións “A Lanzada” para que poidan participar os menores dos distintos Concellos da provincia de Pontevedra. A cobertura das prazas dispoñibles establecerase conforme as seguintes bases reguladoras: 1. OBXECTO A Deputación de Pontevedra, co obxecto de promover e fomentar o desenvolvemento persoal e social dos menores dos diferentes Concellos da provincia de Pontevedra que favorezca á vez a comunicación e o dinamismo multicultural entre os mesmos , oferta para o ano 2014, os campamentos de verán no Centro de Vacacións “A Lanzada”; un proxecto lúdico e educativo que inclúe a programación e desenvolvemento de actividades relacionadas coa natureza, deportes, aire libre, xogos, xogos de sala, artísticas e calquera que contribuía a ese obxectivo. Os campamentos distribuiranse en 11 quendas que terán lugar nas seguintes datas: • Primeira quenda: 22 de xuño – 28 de xuño • Segunda quenda: 29 de xuño – 5 de xullo • Terceira quenda: 6 de xullo – 12 de xullo • Cuarta quenda: 13 de xullo – 19 de xullo • Quinta quenda: 20 de xullo – 26 de xullo • Sexta quenda: 27 de xullo – 2 de agosto • Sétima quenda: 3 de agosto – 9 de agosto • Oitava quenda: 10 de agosto – 16 de agosto • Novena quenda: 17 de agosto – 23 de agosto • Décima quenda: 24 de agosto – 30 de agosto • Undécima quenda: 31 de agosto – 6 de setembro A celebración da derradeira quenda queda condicionada a data de comezo das clases do próximo curso escolar. 2. LUGAR DE CELEBRACIÓN Nas instalacións do Centro de Vacacións “A Lanzada”, propiedade da Deputación Provincial de Pontevedra, sito en: Estrada de San Vicente do Mar - A Lanzada, s/n - O Grove (C.P: 36980). Coordenadas GPS: Latitude 42º 27´ 29´´ norte Lonxitude 8º 53´ 3´´ oeste 3. ACTIVIDADES Serán as propostas pola empresa adxudicataria do procedemento aberto convocado para contratar o Servizo de Asistencia Técnico Educativa do Campamento da Lanzada 2014 con cargo á aplicación orzamentaria 14/232.337.227.20. Entre outras, as seguintes: - Xogos e deportes - Actividades na praia - Aire libre, natureza e medio ambiente - Actividades artísticas - Actividades nocturnas - Teatro e contacontos - Baile, actividades culturais - etc. 4. DESTINATARIOS Rapaces que teñan o seu domicilio habitual en calquera dos concellos da Provincia de Pontevedra (acreditado mediante certificado ou volante de empadroamento), nacidos entre os anos 2001 e 2006, ambos os dous incluídos. No caso de que o solicitante precise apoio específico derivado da súa diversidade funcional, deberá facelo constar na folla de inscrición, especificando o máis posible as necesidades especiais que presente. Neste caso, recoméndase ás familias poñerse en contacto coa Deputación Provincial para a valoración das necesidades de apoio en relación ós medios específicos dispostos para este fin e dirimir as súas suficiencias para unha adecuada estancia de todos os rapaces no campamento. 5. IMPRESOS DE SOLICITUDE Os interesados deberán presentar un impreso cuberto que constará de dúas follas: - Folla de solicitude Nela poranse os datos da unidade familiar, é dicir, do pai, nai ou titor, co DNI, teléfono, teléfono móbil, correo electrónico, enderezo e concello ó que pertencen. A continuación indicaranse os datos do neno ou nenos (irmáns) que queiran ir xuntos ó campamento, por orde de prioridade, da 1ª á 11ª quenda. Se os irmáns queren ir en quendas separadas deberase cubrir unha solicitude por neno. Neste caso hai que ter en conta que os irmáns entrarían por separado no sorteo, pero non se pode asegurar que, de ser agraciados cunha praza, saian en quendas separadas. Estas solicitudes serán asinadas polos pais ou titores ó final do documento no espazo deixado ó efecto. - Folla de inscrición Na folla de inscrición deben cubrirse os datos do neno, enfermidades, alerxias, etc. especificando as enfermidades infectocontaxiosas que os responsables do campamento deberán ter en conta a hora de tratar ós menores. Deberá presentarse unha folla por neno. 6. LUGAR DE RECOLLIDA DOS IMPRESOS Os impresos estarán a disposición dos interesados na Oficina de Información o Cidadán da Deputación Provincial e na páxina web da Deputación de Pontevedra (www.depo.es). 7. DOCUMENTACIÓN Xunto co impreso debidamente cuberto deberá presentarse a seguinte documentación: - Fotocopia do DNI do pai/nai ou titor. - Fotocopia do DNI do neno/a; de non ter, do libro de familia. - Fotocopia da tarxeta sanitaria do menor ou do seguro médico privado. - Certificado ou volante de empadroamento. 8. LUGAR DE PRESENTACIÓN As solicitudes e documentación requirida presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra: - Sede de Pontevedra: avda. Montero Ríos, s/n (de luns a sábado). - Sede de Vigo: r/Oporto, 3 (de luns a venres). E nos rexistros da Administración Xeral do Estado, da Comunidade Autónoma, así como nos demais establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común. 9. PRAZO DE PRESENTACIÓN O prazo de presentación de solicitudes será dende o día seguinte a publicación destas Bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra ata o día 1 de abril do 2014. 10. LISTADO DE ADMITIDOS A través de resolución do Presidente da Deputación de Pontevedra aprobarase a relación de admitidos ó sorteo así como dos non admitidos e as causas da súa exclusión. Esta resolución publicarase na páxina web da Deputación (www.depo.es). 11. PREZO O prezo será de 83,60 € por neno. No prezo do campamento non se inclúen actividades nin excursións, que serán aboadas na presentación do campamento (no primeiro día da correspondente quenda) e cuxo importe está previsto que non supere os 17,00 euros. O prazo para efectualo pagamento establecerase na páxina web da Deputación de Pontevedra (www.depo.es). 12. NÚMERO DE PRAZAS O número de prazas ofertadas é de 200 por quenda, é dicir, un total de 2.200. No suposto de non celebrarse a última quenda por motivos do calendario escolar quedarían en 2.000. 13. ADXUDICACIÓNS Cobertura das prazas As prazas adxudicaranse mediante sorteo no que se terá en conta o seguinte: 1. Reservaranse 30 prazas para os nenos do Centro Príncipe Felipe, repartidas nas once quendas de campamentos. As prazas non cubertas entrarán no sorteo. 2. Daráselles prioridade no sorteo para aqueles participantes que non asistiron ó campamento na campaña de verán do ano pasado (2013). 3. Asígnanse por quenda 100 prazas para nenos e outras 100 para nenas. De non existir cota suficiente para cubrilas farase a través de múltiplos de cinco, por exemplo: 90/110, 95/105. 4. Cando un neno/a que non fose o ano pasado obteña praza e teña irmáns, co obxecto de favorecer a conciliación familiar, estes tamén obterán praza na mesma quenda aínda que xa fosen o ano pasado. 5. Cota por concellos.- As prazas asignadas a cada concello serán en proporción a súa poboación segundo datos obtidos do Instituto Nacional de Estatística (INE), censo do ano 2013, de acordo co seguinte reparto: Parámetros de poboación Maior ou igual a (habitantes) Menor a (habitantes) Prazas 0 3.000 10 3.000 5.000 20 5.000 10.000 25 10.000 20.000 30 20.000 35.000 65 35.000 80.000 100 80.000 200.000 200 200.000 ---- 300 Concello Poboación Prazas correspondentes 00 Centro Príncipe Felipe ---- 30 01 Agolada 2.745 10 02 Arbo 2.967 10 03 Baiona 12.035 30 04 Barro 3.712 20 05 Bueu 12.375 30 06 Caldas de Reis 10.019 30 07 Cambados 13.544 30 08 Campo Lameiro 1.982 10 09 Cangas do Morrazo 26.173 65 10 Cañiza, A 5.416 25 11 Catoira 3.421 20 12 Cerdedo 1.865 10 13 Cotobade 4.359 20 14 Covelo, O 2.800 10 15 Crecente 2.314 10 16 Cuntis 4.913 20 17 Dozón 1.241 10 18 Estrada, A 21.464 65 19 Forcarei 3.820 20 20 Fornelos de Montes 1.864 10 21 Gondomar 14.005 30 22 Grove, O 11.096 30 23 Guarda, A 10.438 30 24 Illa de Arousa, A 5.028 25 25 Lalín 20.048 65 26 Lama, A 2.862 10 27 Marín 25.483 65 28 Meaño 5.421 25 29 Meis 5.007 25 30 Moaña 19.309 30 31 Mondariz Balneario 656 10 32 Mondariz 4.800 20 33 Moraña 4.400 20 34 Mos 15.367 30 35 Neves, As 4.192 20 36 Nigrán 17.738 30 37 Oia 3.094 20 38 Pazos de Borbén 3.113 20 39 Poio 16.767 30 40 Ponteareas 23.326 65 41 Ponte Caldelas 5.668 25 42 Pontecesures 3.113 20 43 Pontevedra 82.934 200 44 Porriño, O 18.908 30 45 Portas 3.033 20 46 Redondela 29.918 65 47 Ribadumia 5.168 25 48 Rodeiro 2.844 10 49 Rosal, O 6.531 25 50 Salceda de Caselas 8.887 25 51 Salvaterra de Miño 9.816 25 52 Sanxenxo 17.582 30 53 Silleda 9.037 25 54 Soutomaior 7.302 25 55 Tomiño 13.740 30 56 Tui 16.827 30 57 Valga 6.059 25 58 Vigo 296.479 300 59 Vilaboa 5.848 25 60 Vila de Cruces 5.934 25 61 Vilagarcía de Arousa 37.741 100 62 Vilanova de Arousa 10.502 30 Total poboación: 955.050 2.200 Para garantir o cumprimento destas cotas, no suposto de que os nenos que non asistiron o ano anterior fosen insuficientes para cubrir o cota dun Concello, terán preferencia os nenos do mesmo que asistiran aínda que existan nenos doutro que non asistiran. Se aínda así quedasen prazas vacantes serán sorteadas entre os nenos dos outros Concellos. A data e o resultado do sorteo publicarase na páxina web da Deputación (www.depo.es) e notificaráselles ós participantes seleccionados por sms ou correo electrónico. A praza adxudicada será intransferible. Lista de espera: - As vacantes que se produzan por renuncia da praza ofreceránselles ós solicitantes que figuren nas listas de espera, tendo en conta que a baixa dun neno cubrirase con outro neno e a baixa dunha nena cubrirase con outra nena. - Teranse en conta os irmáns para a mesma quenda sempre e cando haxa vacantes suficientes; do contrario, chamaríase ó seguinte da lista. - Na lista de espera non se terá en conta a cota correspondente a cada Concello. - As renuncias non se incluirán na lista de espera. - Contactarase cos suplentes por teléfono ou SMS dende a Deputación de Pontevedra. - Aceptada a praza deberase efectuar o pagamento no prazo indicado na comunicación efectuada a través de SMS ou correo electrónico. No caso de non cumprir este requisito seralle ofertada ó seguinte da lista de espera. A efectos informativos, o algoritmo do programa informático polo que se rexe o sorteo das prazas dos Campamentos de verán no Centro de Vacacións “A Lanzada” publicarase na páxina web da Deputación de Pontevedra (www.depo.es). 14. DEVOLUCIÓN DO IMPORTE DO PREZO ABOADO Para ter dereito á devolución é necesario comunicar a renuncia á praza por escrito, mediante un modelo normalizado presentado no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra así como nos demais rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, polo menos con 20 días naturais antes do inicio da quenda (excepto por motivos médicos). Motivos de devolución: - Enfermidade, accidente …, co correspondente xustificante médico. - Admisión noutra actividade nas mesmas datas, xuntando o pagamento. - Motivos familiares (Enfermidade ou accidente grave dun familiar, falecemento...) xustificando o motivo. 15. INCORPORACIÓN ÓS CAMPAMENTOS A incorporación ó campamento será por conta do interesado o día de inicio da quenda correspondente, entre as 10:00 e as 11:00 horas. O día da incorporación deberá presentarse a tarxeta sanitaria orixinal que quedará en poder do persoal da empresa adxudicataria ata a súa devolución ó remate da quenda, non sendo válidas as fotocopias da mesma. No suposto de que o participante teña que abandonar a actividade será responsabilidade dos pais ou titores legais trasladalo de regreso ó seu domicilio, así como os gastos ocasionados. 16. SAÍDA DO CAMPAMENTO A saída do campamento será por conta do interesado o día de remate da quenda correspondente as 10:00 horas. Solicitase a máxima puntualidade para recoller ós rapaces xa que as instalacións pecharán a hora sinalada. 17. NORMAS DO CAMPAMENTO - Os nenos dormen en tendas de campaña de cinco prazas, como mínimo, cada unha. - En canto ós cartos para o acampado, aconsellase que leven en torno a 5 euros (para un xeado, un refresco ou chamaren por teléfono). - Para comunicarse cos menores a empresa adxudicataria porá a disposición dos pais ou titores un número de teléfono indicando día e hora en que poden contactar con eles. - Poden levar teléfonos móbiles pero gardaranos os monitores e daránllelos ós nenos os días e as horas sinaladas para chamaren á casa. - Tamén poden levar cámaras fotográficas pero nin a Deputación de Pontevedra nin a empresa adxudicataria se farán responsables no caso de que se extravíen. - A empresa adxudicataria tomará imaxes e gravacións das presentacións e peches de cada quenda de campamentos, así como das actividades que realicen os nenos, despois publicaranse na páxina web da Deputación. - Ante a detección dun posible contaxio (piollos, gastroenteritis, etc) os responsables sanitarios poderán adoptar os tratamentos básicos necesarios para evitar a súa propagación. 18. OBRIGAS DOS ADXUDICATARIOS - Incorporarse ó campamento e regresar polos medios e nos prazos establecidos. - Entregar a tarxeta sanitaria orixinal ó persoal da empresa adxudicataria. - Non abandonar a actividade sen o permiso do seu responsable. En todo caso, o abandono da actividade antes da súa finalización requirirá a presenza dos pais ou titores e será responsabilidade destes o traslado ó seu domicilio, así como os gastos ocasionados. - A efectuar as chamadas que se desexen realizar ós menores soamente nos días e horas sinalados ó efecto. - Respectar as normas establecidas polos equipos de animación. 19. EQUIPAMENTO MÍNIMO RECOMENDABLE - Catro camisetas deportivas - Dous pantalóns de deporte - Dous pares de zapatillas deportivas - Unhas fanequeiras - Catro pares de calcetíns de deporte - Un chándal - Unha prenda de abrigo - Unha viseira - Un chuvasqueiro - Dous pixamas - Catro mudas interiores - Dous traxes de baño - Unha toalla de praia - Útiles de aseo persoal (toalla, xabón, pasta e cepillo de dentes, peite, etc) - Unha bolsa de merenda térmica (para as excursións) - Unha bolsa para a roupa sucia, de tea, que levará o número que se lle dea a cada rapaz coa concesión da praza; o mesmo número co que marcará o resto da roupa - Un saco de durmir - Unha lanterna - Unha cantimplora - Crema solar 20. RESOLUCIÓN DE CONTROVERSIAS Todas as cuestións que poidan derivarse da interpretación das bases serán resoltas polo Coordinador Xeral do Centro Príncipe Felipe.” 6.21820.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 7.21821.- INFORME EN RELACIÓN CO PROXECTO BÁSICO DA LIÑA DE ALTAS PRESTACIÓNS A GALICIA, TRAMO OURENSE-VIGO, REMITIDO POLA DIRECCIÓN XERAL DE FERROCARRÍS DO MINISTERIO DE FOMENTO Dada conta da comunicación da Dirección Xeral de Ferrocarrís do Ministerio de Fomento, de data 18 de decembro de 2013, recibida nesta Deputación o día 23 de decembro de 2013 (Rex. de entrada núm. 2013117944), remitindo Proxecto Básico da Liña de Altas Prestacións a Galicia. Tramo Ourense-Vigo, ós efectos de emisión de informe de avaliación de impacto ambiental por parte desta Deputación, e Resultando que o Director de Infraestruturas desta Deputación, emite informe con data 14 de febreiro de 2014, no que manifesta, entre outros: “Que el tramo señalado afecta a las siguientes carreteras provinciales: - E.P. 7204 Soutelo – Ratel - E.P. 7206 Vilapouca – San Miguel - E.P. 7106 Folgoso – Forcarei - E.P. 7101 Cerdedo – Portela - E.P. 7103 Cerdedo – Castro – Quireza En las 3 primeras carreteras enunciadas la afección viene por un tramo de túnel cuya profundidad es lo suficientemente elevada como para no repercutir en el servicio que ofrecen las mismas. Respecto a la E.P. 7101 e E.P. 7103 la afección viene por la construcción del viaducto río Lérez I izquierda y el viaducto sobre el río Lérez II respectivamente. Habrá que tener en cuenta en ambas afecciones que la distancia mínima de los pilares a la línea exterior de la carretera sea de más de 7 metros y que la reposición de las posibles ocupaciones temporales y/o permanentes de la carretera han de ser convenientemente reflejadas y valoradas en el proyecto de la construcción de la obra.” A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e a súa remisión á Dirección Xeral de Ferrocarrís do Ministerio de Fomento. 8.21822.- RECLAMACIÓN QUE FORMULA DNA. ADELA TROITIÑO CORTIZO, ACTUANDO NO SEU PROPIO NOME E NO BENEFICIO DA COMUNIDADE DE PROPIETARIOS DE TERREOS SITOS EN CERDEDO, AFECTADOS POLAS OBRAS DE TERMINACIÓN DA ESTRADA PROVINCIAL 7106 FOLGOSO-FORCAREI Dada conta que con data 1 de xullo de 2013 (nº rex. 2013053302) tivo entrada nesta Asesoría Xurídica instancia subscrita por Dna. Adela Troitiño Cortizo, veciña de Vigo, con enderezo na rúa Montero Ríos nº 18-6º B, actuando no seu propio nome e no beneficio da Comunidade de Propietarios que foi decretada a Asesoría Xurídica, por medio da que formula reclamación previa pola presunta ocupación de terreos no termo municipal de Cerdedo con motivo das obras de terminación da estrada provincial 7106 Folgoso-Forcarei, solicitando a recuperación da propiedade e posesión ou, de resultar irrealizable tal pretensión, o pago dunha indemnización a razón de 10,00 € por metro cadrado ocupado máis os xuros legais dende o 1 de xullo de 2006. Primeiro.- Resultando que solicitado informe ó Servizo de Infraestruturas desta Deputación, con data 22 de xullo emítese o mesmo, co seguinte contido literal: [“Primeiro.- Na súa sesión de data 9 de setembro do ano 2005, o Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra adopta o acordo: “Aprobación inicial do proxecto terminación E.P. 7106 Folgoso-Forcarei, Exposición pública do mesmo. Declaración de utilidade pública e solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación”. Segundo.- Neste acordo aparece recollido, expresamente, a génesis do proxecto referido que afecta as fincas obxecto da presente reclamación, así como ás limitacións orzamentarias existentes e que fan que, o concello de Cerdedo adopte o compromiso de chegar a un acordo co número maior posible de veciños para que cedan a superficie afectada, con carácter amigable, conscentes da mellora que a obra supón para a comunicación da zona ó unir dúas vías con unha importante densidade de tráfico. Terceiro.- Levadas a cabo as xestións pertinentes, por parte do concello, constátase que nun tramo de oito kilómetros, hai sete propietarios que, por razón de diversa índole, deciden non ceder parte das súas parcelas, o que implica a incoación do pertinente procedemento expropiatorio co fin de poñer a disposición da Deputación as superficies necesarias para a execución da obra, unha vez constatada a existencia da utilidade pública, que nestes casos debe prevalecer sobre o interese particular dos afectados. Cuarto.- Consultada a documentación que obra no Servizo de Infraestruturas e Arquivo, pódese constatar que as fincas propiedade da reclamante, no momento da aprobación do proxecto, Belarmino Cortizo Camiña, non figuran na relación de expropiados. Quinto.- Constatada esta situación, os técnicos do Servizo e o vixiante de zona desprázanse ó Concello de Cerdedo para establecer o plano de situación das fincas obxecto da reclamación, así como contrastar esta información co propio Concello. Sexto.- Por parte dos funcionarios e o alcalde do Concello, confírmase que tras as conversas oportunas levadas a cabo, Belarmino Cortizo Camiña foi un dos afectados que cederon, con carácter desinteresado, a superficie afectada das entonces fincas da súa propiedade, se ben non existe documentación que recolla este acordo, que tivo carácter verbal. Proba da existencia deste acordo é que na tramitación posterior do procedemento expropiatorio non se fixo ningunha alegación nin reclamación ó respecto por parte de Belarmino Cortizo Camiña no momento procesal oportuno. Sétimo.- Adxúntanse os correspondentes Acordos Plenarios de aprobación inicial e definitiva do proxecto, así como a documentación, Resolución Presidencial de data 5 de xullo de 2006, nº 009438, na que consta que en virtude do Decreto 89/2006, se declara a urxente ocupación a efectos de expropiación así como a aprobación dos bens e dereitos afectados, e se reflicte a aprobación do gasto e a ordenación do pago do xustiprezo ós afectados, nos que non figura o titular das fincas da presente reclamación”.] Segundo.- Resultando que á vista do informado, con data 24 de xullo de 2013 remítese oficio ó Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Cerdedo, solicitándolle, á súa vez, a emisión de informe sobre o comunicado polo Servizo de Infraestruturas respecto de D. Belarmino Cortizo Camiña. Terceiro.- Resultando que con data 26 de xullo de 2013 ten entrada nesta Deputación nova instancia de Dna. Adela Troitiño Cortizo, xunto coa que aporta ó procedemento informe pericial sobre medición e situación actual das fincas obxecto de reclamación, efectuando avaliación económica por importe de 29.881,00 €, engadidas as cantidades correspondentes por afección, xuros legais e de demora. Cuarto.- Resultando que con data 30 de xullo de 2013 formúlaselle requirimento a Dna. Adela a fin de que no prazo máximo de 10 días hábiles subsane a solicitude mediante achega de orixinal ou copia adverada dos títulos de propiedade das fincas, así como documentación acreditativa da representación que dí ostentar da súa irmá, Dna. Lucinda Troitiño Cortizo, e cuxa notificación debeuse efectuar dúas veces posto que a primeira, enviada por correo certificado o día 31 de xullo de 2013, resultou infrutuosa ó ser devolta polo Servizo de Correos o día 20 de agosto seguinte coa indicación de “devuelto por caducado”, sendo efectivamente notificada a interesada no segundo envío certificado o día 27 de agosto de 2013, segundo consta no aviso de recibo de Correos asinado por Dna. Mª José Martínez Alonso, titular do DNI 36100861-F. Quinto.- Resultando que con data 29 de agosto de 2013 recíbese no Rexistro Xeral desta Deputación instancia da interesada mediante a que cumprimenta o requirimento, con achega da documentación que lle fora solicitada. Sexto.- Resultando que con data 23 de setembro de 2013 remíteselle escrito acusando recibo da documentación remitida. Sétimo.- Resultando que con data 2 de outubro de 2013 remíteselle novo escrito á reclamante informándolle do estado do expediente e aclarando diversos extremos da súa instancia de 29 de agosto sobre o requirimento que lle fora efectuado. Oitavo.- Resultando que con data 4 de outubro de 2013 ten entrada no Rexistro Xeral nova instancia de Dna. Adela, por medio da que anuncia a presentación de recurso contencioso contra a denegación por silencio ó ter transcorrido, ó seu entender, o prazo máximo para a resolución expresa. Noveno.- Resultando que con data 8 de outubro de 2013 recíbese nesta Deputación informe do Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Cerdedo, no que ratifica o informado polo Servizo de Infraestruturas respecto da cesión desinteresada dos terreos obxecto de reclamación polo entón propietario, D. Belarmino Cortizo Camiña e que literalmente dí: [“En relación co escrito remitido a estas dependencias pola Asesoría Xurídica da Deputación Provincial en relación con reclamación presentada por Dona Adela Troitiño Cortizo referente ao expediente de terminación da estrada provincial 7106 Folgoso-Forcarei, poño no seu coñecemento o seguinte: Consultados os antecedentes obrantes neste concello, non consta documentación algunha referente á cesión de terreos por parte dos propietarios afectados por esa obra. Postos en contacto con D. José Luis Jorge Caramés, alcalde de Cerdedo no ano 2006, manifesta que as cesións non se formalizaron por escrito, pois non era o habitual naquel momento. Sobre a concreta cesión efectuada por D. Belarmino Cortizo Camiña, manifesta que a mesma efectuouse de forma verbal, que el mesmo e o propietario recorreron os terreos afectados pola cesión, non existindo discrepancia algunha entre o autorizado polo propietario e o finalmente ocupado pola obra. En canto á reclamación actual efectuada por Dona Adela Troitiño, sinala que a citada persoa fora coñecedora no seu momento da cesión feita para a finalización da estrada, non existindo pola súa parte ninguna oposición á mesma”]. Décimo.- Resultando que con data 18 de novembro de 2013 ten entrada nesta Deputación Decreto do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra, de data 13 de novembro anterior, admitindo a trámite recurso contencioso-administrativo interposto pola representación procesual da reclamante e requirindo o envío do expediente administrativo, o cal foi remitido con data 26 de decembro de 2013, e ó que se unirá o presente acordo en canto resulte adoptado. Décimo primeiro.- Resultando que con data 20 de novembro de 2013 e mediante escrito notificado por correo certificado ponse o expediente a disposición do interesado, para trámite de audiencia e vista por prazo de 15 días hábiles previamente á adopción da resolución expresa, conforme dispón o artigo 84 da Lei 30/1992, en relación co 11 do R.D. 429/1993: 1. Instruídos os procedementos e inmediatamente antes de redactar a proposta de resolución, poranse de manifesto ós interesados, ou, no seu caso, ós seus representantes, agás o que afecte ás informacións e datos a que se refire o artigo 37.5. 2. Os interesados, nun prazo non inferior a dez días nin superior a quince, poderán alegar e presentar os documentos e xustificantes que estimen pertinentes. 3. Se antes do vencemento do prazo os interesados manifestan a súa decisión de non efectuar alegacións nin aportar novos documentos ou xustificantes, terase por realizado o trámite. 4. Poderase prescindir do trámite de audiencia cando non figuren no procedemento nin sexan tidos en conta na resolución outros feitos nin outras alegacións e probas que as aducidas polo interesado. Décimo segundo.- Resultando que con data 26 de novembro de 2013 remítese vía fax e por correo certificado ó despacho do letrado Sr. Cuervo Gómez copias dos documentos números 4 e 12 do Índice remitido xunto coa comunicación pola que se abría prazo de audiencia e vista do expediente, concretamente dos informes do Servizo de Infraestruturas e do Concello de Cerdedo, que foron solicitadas a través de escrito do citado letrado, de data 22 de novembro de 2013, dirixido á procuradora Sra. Angulo Gascón, que a través da súa Habilitada Sra. Louzán Piñeiro fai entrega dunha copia para constancia no expediente. Décimo terceiro.- Resultando que con data 27 de novembro de 2013 comparece nas dependencias da Asesoría Xurídica a referida Habilitada do despacho de Procuradores a fin de recoller as copias adveradas da documentación remitida previamente ó letrado, estendéndose a correspondente dilixencia no expediente. Décimo cuarto.- Resultando que con data 27 de xaneiro de 2014 ten entrada nesta Deputación escrito de interposición de demanda contenciosa no que se pormenoriza e detalla dun xeito mais completo o relato de feitos que anteriormente se atopaba disperso e fraccionado ata en tres concretas instancias presentadas, o que, para unha mellor formación do xuízo resolutorio (adopción do acordo de estimación ou desestimación), motivou a solicitude dun novo informe o Servizo de Infraestruturas con data 29/1/14 a fin de que se precisase se o contido do informe de data 22/07/2013 debía entenderse referido ás fincas “Mesón de Abaixo” e “Abelar” ou só a algunha delas , o que foi expedido con data 5 de febreiro seguinte co seguinte contido literal: [“Ante la reclamación presentada por Dª Adela Troitiño Cortizo y su hermana Luciana Trotitiño Cortizo por “ocupación de parte de las fincas de su propiedad”, con motivo de “obras en la carretera provincial E.P. 7106 Folgoso-Forcarei”; se emite el siguiente INFORME 1ª Parte 1) La demandante reclama los terrenos que presuntamente se ocuparon con motivo de las obras de referencia en 2 fincas: 1) Mesón de Abaixo. 2) Abelar. 2) La propia demandante en la consideración primera de su reclamación de fecha 28 de junio de 2013, reconoce que en el año 2006, año de ejecución de las obras (según la demandante) la finca denominada “Mesón de Abaixo” era propiedad de su tío D. Belarmino Cortizo Camiña. Por tanto en la fecha de ejecución de la obra D. Belarmino Cortizo Camiña, según testimonio del Sr. Alcalde de Cerdedo, cedió de modo gratuito los terrenos necesarios para el ensanche de la carretera provincial. El propio alcalde de Cerdedo comenta que la demandante fue la que suministró el número de teléfono de su tío, a los efectos de poder realizar la consulta por encontrarse en esa fecha en el extranjero. 3) Sorprende que en la consideración segunda cita la expresión “según reciente inspección ocular” (28/06/2013) cuando fue la propia demandante la que conocedora de los trabajos a realizar fue la que comunicó al alcalde de Cerdedo en aquellas fechas el nº de teléfono de su tío; es decir, tenía en la fecha (2006) pleno conocimiento de las obras a realizar. Si eso fue así ¿cómo es que no reclamó lo que ya se le había ocupado en la finca “Abelar”? ¿Ha tardado 7 años en darse cuenta de ello? 4) En el mismo considerando segundo la denunciante asevera que la ocupación tuvo como finalidad “la realización de obras de ampliación de la anchura del camino público de Folgoso a Forcarei (para convertirlo en la actual carretera principal PO-2004). A este respecto hay que comentar que, - ni era camino público (ya era carretera provincial) - ni es la PO 2004, ya que se trata de la E.P. 7106. 5) Con respecto a la consideración tercera, comentar que NO PUEDE CONSTAR A LA COMUNIDAD DE PROPIETARIOS (DªAdela Troitiño y Dª Lucía Troitiño) ningún expediente expropiatorio ya que en la fecha de la obra, NO NOS CONSTA LA EXISTENCIA DE LA CITAD COMUNIDAD DE PROPIETARIOS. Es más, según testimonio del Ex_alcalde de Cerdedo “E.P. estrada provincial” la ocupación de los terrenos se hizo con CONOCIMIENTO Y ACEPTACIÓN por parte de sus propietarios. A MODO DE CONCLUSIÓN PODEMOS AFIRMAR ESTA PRIMERA PARTE DEL INFORME QUE NO PROCEDE TENER EN CONSIDERACIÓN LA DEMANDA YA QUE Dª ADELA Y SU HERMANA Dª LUCIANA NO ERAN PROPIETARIAS DE LA FINCA EN CUESTIÓN (MESÓN DE ABAIXO) EN EL PERÍODO TEMPORAL QUE ABARCÓ LA EJECUCIÓN DE LA OBRA. ANTES AL CONTRARIO, SUS LEGÍTIMO DUEÑO D. BELARMINO CEDIÓ DE FORMA GRATUITA Y ALTRUISTA LOS TERRENOS NECESARIOS PARA EL ENSANCHE DE LA CARRETERA PROVINCIAL (SEGÚN LO MANIFESTADO POR EL EX_ALCALDE). 2ª Parte En esta 2ª parte vamos a centrarnos únicamente en la finca “Abelar” por entender que la finca “Mesón de Abaixo”, propiedad de D. Belarmino no puede bajo ningún concepto (técnico, jurídico, ético, sentido común, etcc….) considerarse objeto de la demanda. 1) La finca denominada “Abelar”(según certificación catastral que adjunta la demandante) tiene los siguientes datos: Titular: Troitiño Rey, Benjamín. Superficie: 7.501 m². Valor de suelo: 313,19 €. Año de valor: 2013 Polígono: 40 Parcela: 14 2) La demandante presenta ESCRITURA COMPLEMENTARIA DE PARTICIÓN DE HERENCIA, de fecha tres de julio de 2013 en la que en su exponendo II expresa que por olvido no se incluyó en la partición de la herencia (de fecha 14 de julio de 2006) de su padre y de su madre la finca en cuestión. Debemos matizar que el 14 de julio de 2006 ya se había concluido la obra. 3) En la citada escritura complementaria de partición de herencia, en su página 6, se valora la citada finca en cuarenta y cinco mil seis euros), lo que representa un valor del metro cuadrado de 6 €, mayor incluso que el que calcula el perito de la parte demandante 4,50 €. Es significativo y aclaratorio, a este respecto, la escritura de compraventa que presenta la demandante de fecha 27/11/2012, mediante la cual compra la propiedad denominada “Mesón de Abaixo” (es decir hasta esta fecha no era suya, ya la obra estaba más que rematada) de una superficie de dos mil trescientos setenta y ocho metros cuadrados, en la cantidad de 1.900,00 €; es decir, el precio del metro cuadrado de una parcela de idénticas características a la denominada Abelar y situadas a 100 metros una de la otra, es de 0,799 €. 4) Presenta la demandante una fotocopia de un plano a escala 1/800 de la finca denominada (según el plano) “ABELLEIRA” que sin ningún tipo de rigor técnico (no existe ninguna referencia topográfica y/o cartográfica: base de replanteo, coordenadas, etc…) expresa dos mediciones: - superficie total del suelo: 6.297 m² - fachada catastral, superficie: 794 m² es decir, que por una simple resta entre la superficie de la referencia catastral y la que dice el perito que tiene actualmente la línea (6.297 m²) obtiene la presunta superficie ocupada de 1.204 m². Veamos: si esto fuese cierto, querría decir que, teniendo en cuenta que la longitud de la fachada de la parcela hacia la carretera provincial es de 159 m. (ver plano adjunto obtenido de SISTEMA DE IDENTIFICACIÓN DE PARCELA AGRÍCOLAS dependiente el Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente), el ancho medio de ocupación sería de 1.204/159=7,57 m !!! Teniendo en cuenta que la carretera actualmente (cuneta incluida) tiene 8,10 m., significaría que prácticamente toda la carretera estaría construida sobre la parcela de la demandante. Como la realidad es tozuda y lo que es medible no es opinable, tenemos lo siguiente: Según el catálogo visual confeccionado por la empresa GEOCISA para la Diputación de Pontevedra en el año 2004 el ancho de la calzada existente antes de las obras (ver foto y datos adjuntos), era de 4,10 m. (sin incluir la cuneta). Es decir, del ancho actual de 8,10 m. (incluyendo cuneta) al ancho inicial (sin incluir cuneta) 4,10 m. hay una diferencia de 4,00 m. que si minoramos en 0,70 m. (ancho medio estándar de una cuneta) por el tipo de carretera que nos ocupa se queda en 3,30 m., medida bastante más acorde a la realizada y que viene a coincidir sensiblemente con lo que se puede apreciar en la fotografía que se adjunta (*) donde ya se había realizado el movimiento de tierras. Es decir, la ocupación real rondará 159 x 3,30 = 524,70 m², medición esta que todavía está por encima de la que hemos obtenido del programa (anteriormente citado) de identificación de parcelas agrícolas que fija las siguientes superficies: - Polígono 40 parcela 14. - Parcela (antes de la ocupación): 0.7344 hectáreas igual a 7.344 m² (cantidad similar a la que dice la denunciante: 7.501 m². - Recinto (después de la ocupación): 0,7036 hectáreas igual a 7.036 m². con lo cual, según el Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, se han ocupado: 7.344 – 7.036=308 m². Supone un ancho medio de 308/159=1,97 metros. 5) Con respecto a la valoración del m² que realizar la demandante, debo hacer varias aclaraciones: 1º. Reclama 10,00 €/m² terreno de suelo rústico de protección forestal. 2º. En fecha noviembre 2012 la demandante compra al lado de la parcela otra exactamente igual al 0,799 €/m². 3º. El perito que en octubre de 2013 realiza el informe pericial dice que el valor del suelo en el momento de la ocupación es de 4,50 €/m². 4º. El perito cita un valor estimado del factor de corrección (1,25)?? en base a una modificación de uso del suelo!! (actual zona de protección de carretera autonómica gallega PO-2004) (SIC). A mi modesto modo de ver creo que estaba un poco despistado el perito a la hora de confeccionar su informe. Es también digno de reseñar la presciencia del perito que en fecha 21 de octubre de 2013 es capaz de “según visita realizada en el medio físico……” se han talado: 75 eucaliptos grandes y pequeños (sin comentarios). (*) OBSERVE LA ARQUETA AL BORDE DE LA OCUPACIÓN QUE TAMBIÉN APARECE EN EL PLANO DEL PERITO. CONCLUSIÓN Después de lo expuesto anteriormente en esta 2ª parte en la que por una parte queda plasmado el desconocimiento que tenía la demandante de la propiedad en cuestión, lo que queda de manifiesto con la escritura complementaria de partición de herencia; así como el poco rigor tanto del perito que ha medido la finca como el que ha realizado la valoración pericial y la falta de criterio y la disparidad de precios que los distintos actores intervinientes en el proceso de demanda exponen, entiendo que, suponiendo la titularidad de la denominada parcela “Abelar” a la comunidad de bienes formada por Dª Adela y Dª Luciana Troititño Cortizo, la valoración que tienen los terrenos ocupados es de 524,7 m² x 4,50 €/m =2.361,15 €.” ] Décimo quinto.- Resultando que con data 20 de febreiro de 2014 e a petición da Asesoría Xurídica, emite informe o Sr. Secretario Xeral da Deputación, no que manifesta a súa conformidade á proposta de acordo desestimatoria a elevar a esta Xunta de Goberno. Décimo sexto.- Considerando, en primeiro termino e desde o punto de vista formal o manifestado pola interesada en relación á presunta demora na tramitación do procedemento e subseguinte resolución tácita denegatoria, que non pode ser compartido, xa que non existe resolución fóra de prazo á vista do establecido no apartado 2, in fine, do artigo 42 da Lei 30/1992 (“… este plazo no podrá exceder de 6 meses ….”) en relación co 13.3 do R.D. 429/1993 (“… Transcurridos seis meses desde que se inició el procedimiento (…) sin que haya recaído resolución expresa o, en su caso, se haya formalizado el acuerdo, podrá entenderse que la resolución es contraria a la indemnización del particular…), e iso porque a reclamación tivo entrada no Rexistro Xeral desta Deputación o 1 de xullo de 2013 e non o 20 de xuño anterior (instancia esta última na que a reclamante limítase a solicitar diversa documentación, pero que carece dos requisitos imprescindibles para entablar unha reclamación procedimental de pedir cantidade perante a Deputación ou constituír válidamente unha reclamación patrimonial e que foi decretada ó Servizo de Infraestruturas) como se dí no escrito da interesada, resultando así que computado o prazo de data a data -dies a quo,dies a quem- as demoras imputables á instrución debido á petición de informes precisos para a resolución fan un total de 78 días naturais, ben entendido que non se trata de inacción na tramitación do expediente polo instrutor do mesmo, senón a demora en recibir informe para a resolución da reclamación (Concello de Cerdedo, 60 días, máis 18 días imputables á interesada: 78 días en total) todo iso en virtude dos apartados 5. a) e c) do precitado artigo 42 en relación con 83.3 da meritada Lei 30/1992: Art. 42.5 a) “Podrá suspenderse el plazo máximo legal para resolver y notificar la resolución (…) cuando deba requerirse a cualquier interesado para la subsanación de deficiencias y la aportación de documentos y otros elementos de juicio necesarios, por el tiempo que medie entre la notificación del requerimiento y su efectivo cumplimiento por el destinatario, o, en su defecto, el transcurso del plazo concedido, todo ello sin perjuicio de lo previsto en el articulo 71 de la presente Ley”. Art. 42.5 c) “El transcurso del plazo máximo legal para resolver un procedimiento se podrá suspender en los siguientes casos (…) c) Cuando deban solicitarse informes que sean preceptivos y determinantes del contenido de la resolución a órgano de la misma o distinta Administración, por el tiempo que medie entre la petición, que deberá comunicarse a los interesados y la recepción del informe, que igualmente deberá ser comunicada a los mismos. Este plazo de suspensión no podrá exceder en ningún caso de de 3 meses. Art. 83.3 “De no emitirse el informe en el plazo señalado (…) se podrán seguir las actuaciones cualquiera que sea el carácter del informe solicitado, excepto en los supuestos de informes preceptivos que sean determinantes para la resolución del procedimiento, en cuyo caso se podrá interrumpir el plazo de los trámites sucesivos”. E como do contido da instancia presentada e que iniciou o procedemento, é dicir, a de 1 de xullo de 2013, tírase que o que se reclama no petitum concrétase nunha demanda económica e cuantificada, ou sexa, a esixencia de responsabilidade patrimonial (por unha suposta ou presunta vía de feito, o que obriga á Deputación a utilizar o iter descrito no R.D. 429/1993, que regula os procedementos en materia de responsabilidade patrimonial das Administracións Públicas e que, de xeito tan indubitado como irrefutable, establece o prazo máximo de resolución en 6 e non en 3 meses como, erróneamente pretende a interesada), debe concluírse que a data máxima para resolver sería a de 19 de marzo de 2014. Neste senso cabe lembrar que a interesada retrasouse na cumprimentación do requirimento efectuado con data 31 de xullo de 2013, que foi contestado o 29 de agosto seguinte (28 días ós que hai que descontar os 10 días de que dispoñía para a cumprimentación en prazo), o que veu orixinado porque houbo de enviarse por segunda vez o requirimento, ó resultar devolto polo Servizo de Correos o primeiro, feito que non pode imputarse a esta Deputación, senón á ausencia do receptor, é dicir, de Dna. Adela Troitiño Cortizo, que non recolleu en prazo o envío certificado, cumpríndose por parte desta Institución o preceptuado pola Lei 30/1992: Art. 59.2 “En los procedimientos iniciados a solicitud del interesado, la notificación se practicará en el domicilio señalado a tal efecto en su solicitud (…) de no ser posible se intentará una vez más …”. Reiterada a notificación, consta no expediente a recepción do aviso de Correos o día 27 de agosto de 2013. Polo tanto, lonxe de existir falta de resolución en prazo, a instrución do expediente debe calificarse de absolutamente correcta por garantirse o dereito de defensa e alegacións, e ser ditada dentro dos prazos establecidos pola norma. Proba do exposto, é dicir, que se trata dunha reclamación por responsabilidade patrimonial, é que a propia reclamante, na súa inicial petición de data 1 de xullo de 2013, recoñece como “IRREALIZABLE” a reposición, solicitando unha indemnización de danos e prexuizos de 10,00 € metro cadrado, máis xuros legais, arborado incluído. Décimo sétimo.- Considerando, sobre o fondo da cuestión, e polo que se refire á finca “Meson de Abaixo”, á vista dos informes emitidos polo Servizo de Infraestruturas de datas 22 de xullo de 2013 e 5 de febreiro de 2014, preceptivos a tenor do artigo 10 do R.D. 429/1993, así como polo Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Cerdedo, de 4 de outubro de 2013, solicitado para confirmación ou non do informe emitido polo referido Servizo, a reclamación formulada por Dna. Adela Troitiño Cortizo debe resultar DESESTIMADA no que se refire á finca “Mesón de Abaixo”, ó quedar acreditada a cesión desinteresada efectuada no seu día polo lexítimo titular, iso a salvo dun posible erro na identificación do cedente que puidera acreditarse por calquera medio válido en dereito e a través dos recursos ordinarios (recurso de reposición) ou o extraordinario (recurso de revisión), cesión que atopa o seu amparo legal, entre outros, no artigo 111 do Texto Refundido das disposicións vixentes en materia de Réxime Local, que dispón: “Las entidades locales podrán concertar los contratos, pactos o condiciones que tengan por conveniente, siempre que no sean contrarios al interés público, al ordenamiento jurídico o a los principios de buena administración y deberán cumplirlos a tenor de los mismos , sin perjuicio de las prerrogativas establecidas, en su caso, a favor de las entidades locales …”, así como en diversos pronunciamentos xudiciais, por outras e en supostos similares, a sentenza nº 254/06 do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra, Fundamento de Dereito Cuarto: “ … hay que concluír con una primera reflexión, cual es que la Administración de que se trate puede concertar los contratos, pactos y condiciones que tenga por conveniente siempre que no sean contrarios al interés público, al ordenamiento jurídico o a los principios de buena administración tal como se establece en el art. 4 del R.D.L. 2/2000, de 16 de junio, por el que se aprueba el Texto Refundido de la Ley de Contratos de las Administraciones Públicas …”, considerando, ademais, que a Deputación non tiña razón ningunha para non expropiar e indemnizar a D. Belarmino de ser o caso, é dicir, de non ter cedido, xa que incluso a consignación da partida destinada a expropiacións dispón de folgura dabondo para facer fronte a iso. Décimo oitavo.- Considerando que non consta, respecto desta finca, que por parte do propietario afectado se efectuara reclamación pola presunta vía de feito, seguindo o cauce descrito na aplicación combinada dos artigos 30 (“En caso de vía de hecho, el interesado podrá formular requerimiento a la Administración actuante, intimando su cesación. Si dicha intimación no hubiere sido formulada o no fuere atendida dentro de los diez días siguientes a la presentación del requerimiento, podrá deducir directamente recurso contencioso-administrativo”), 46.3 (”Si el recurso contencioso-administrativo se dirigiera contra una actuación en vía de hecho, el plazo para interponer el recurso será de diez días a contar desde el siguiente a la terminación del plazo establecido en el articulo 30. Si no hubiere requerimiento, el plazo será de veinte días desde el día en que se inició la actuación administrativa en vía de hecho”) e 51.3 (“Cuando se impugne una actuación material constitutiva de vía de hecho, el Juzgado o Sala podrá también inadmitir el recurso si fuera evidente que la actuación administrativa se ha producido dentro de la competencia y en conformidad con las reglas del procedimiento legalmente establecido”) da Lei 29/98. Décimo noveno.- Considerando que as negociacións e posterior acordo para a cesión desinteresada da finca “Mesón de Abaixo” leváronse a cabo, como acreditan as autoridades municipais, co propietario da finca e lexitimado, por tanto, para dito acordo e que os que non cederon foron indemnizados previa expropiación, conclúese, como se deixou dito, que non procede estimar a reclamación. Vixésimo.- Considerando, respecto da finca “Abelar”, a reclamación debe de ser ESTIMADA, se ben só en parte, á vista do razonado polo Servizo de Infraestruturas no seu derradeiro informe, e máis da valoración conxunta da documentación achegada coa reclamación, que ven demostrar o vínculo dominical das reclamantes coa referida propiedade, respecto da que non consta procedemento expropiatorio nin cesión desinteresada. Vixésimo primeiro.- Considerando o exposto e razoado e los preceptos invocados e demais de xenérica e pertinente aplicación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1º.- Desestimar a reclamación formulada por Dna. Adela Trotiño Cortizo, no seu propio nome e no da Comunidade de Propietarios, no referido á finca “Mesón de Abaixo” polas razóns expostas nos Considerandos décimo sétimo a décimo noveno deste acordo. 2º.- Estimar en parte a reclamación formulada por Dna. Adela Troitiño Cortizo, no seu propio nome e no da Comunidade de Propietarios, no referido á finca “Abelar”, acordando o aboo dunha indemnización por importe de 3.149,57 €, desagregados no principal de 2.361,15 € mais 788,42 de xuros legais, segundo a valoración efectuada polo Servizo de Infraestruturas desta Deputación Provincial no seu informe de 5 de febreiro de 2014. 9.21823.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A FUNDACIÓN PONTETEC PARA A EXTENSIÓN E APOIO DEPORTIVO Á MOCIDADE DE TODA A PROVINCIA DE PONTEVEDRA Vista a proposta do Servizo de Deportes e o informe da Secretaría Xeral e Intervención, relativa á sinatura do Convenio de colaboración coa Fundación Pontetec para a extensión e apoio deportivo á mocidade de toda a provincia, mediante a achega de cento oitenta mil euros (180.000,00 €), e con cargo á aplicación orzamento 14/340.341.489.02 do vixente orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o mesmo facultando ó Ilmo. Sr. Presidente para a súa sinatura. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A FUNDACIÓN PONTETEC PARA A EXTENSIÓN E APOIO DEPORTIVO Á MOCIDADE DE TODA A PROVINCIA DE PONTEVEDRA Pontevedra, … de …….. de 2014 REUNIDOS D. Rafael Louzán Abal, actuando en representación da Deputación de Pontevedra, en virtude do seu cargo de presidente de conformidade co establecido no art.34.1b) da lei 7/85, de 2 de abril. D. José Manuel Fernández Rodríguez, en calidade de presidente da FUNDACIÓN PONTETEC, con CIF G-36508851 e domicilio social en r/ Benito Corbal, 16-1º, do concello de Pontevedra (36001). EXPOÑEN Que a Fundación Pontetec e a Deputación de Pontevedra senten a necesidade de intensificar as relacións culturais e deportivas entre ambas institucións, ó estaren preocupadas pola divulgación e o recoñecemento dos seus valores. Que a Deputación de Pontevedra se compromete a xuntar esforzos para mellorar a capacidade de xestión dos recursos humanos e económicos desta entidade, así como a divulgación e promoción da súa actividade deportiva, apoiando esta entidade de xeito que fagan da difusión e práctica do deporte o seu obxectivo principal. Para levar a cabo este Convenio de Extensión Deportiva, ámbalas dúas institucións ACORDAN 1º.- A Deputación de Pontevedra subvencionará coa cantidade de 180.000,00 € á Fundación Pontetec, co fin de intensificar as relacións culturais e deportivas e promover o importante labor do club cos escolares da provincia de Pontevedra. 2º.- A Fundación Pontetec, durante a tempada 2013-2014 deberá facer a debida publicidade institucional, en concreto: • A Fundación Pontetec colocará o logotipo da Deputación no marcador do Estadio Municipal de Pasarón, así como dous valados situados o máis preto posible das porterías do campo. • O logotipo da Deputación de Pontevedra deberá figurar en calquera evento organizado pola Fundación, no anverso dos carteis anunciadores dos partidos, no anverso das entradas dos partidos semanais, torneos ou outros actos nos que participen todos os equipos da Fundación. • O logotipo ou outro medio de imaxe que decida a Deputación figurará na presentación, cartelería, tarxetas ou outro material de difusión das iniciativas, propostas ou eventos culturais que organice a Fundación. • A Deputación disporá da contraportada das publicacións que edite a Fundación, para inserir a publicidade que considere apropiada, figurará en lugar preferente na páxina web da Fundación e disporá de link á páxina web desta institución. • Os traballadores da Deputación beneficiaranse dun 20% de desconto no carné de socio e no material deportivo da FUNDACIÓN PONTETEC. • A Deputación disporá permanentemente de 6 pases de palco e 10 de tribuna e en cada partido serán enviadas á institución 100 entradas de preferencia para acudir ós encontros que se celebren no Estadio Municipal de Pasarón. • A Fundación comprométese a colocar unha lona publicitaria xigante da Deputación no Estadio Municipal de Pasarón. • O logotipo da Deputación de Pontevedra aparecerá, de forma visible e preferente, nos paneis da sala de prensa da Fundación e no autobús oficial do equipo profesional. • As catro torretas de iluminación personalizaránse coa publicidade desta Institución. 3º.- Todos os colexios da provincia poderán solicitar entradas para asistir ós partidos celebrados no estadio de Pasarón e disputados pola FUNDACIÓN PONTETEC co número de 300 entradas por xornada. Establécense, a estes efectos, unha coordinación conxunta entre a Fundación Pontetec e os representantes dos alumnos para a asistencia ós encontros. 4º.- A Fundación comprométese a colaborar nas actividades culturais-deportivas organizadas en centros educativos con técnicos, xogadores e directivos e coordinadas entre a Fundación Pontetec e a Deputación de Pontevedra. 5º.- A Deputación de Pontevedra subvencionará á FUNDACIÓN PONTETEC coa cantidade de cento oitenta mil euros (180.000,00 €) con cargo á aplicación orzamentaria 14/340.341.489.02 do orzamento provincial, que poderá aboarse ó 50% á sinatura do convenio e o outro 50% unha vez que se xustifique, en todo caso antes do 30 de xuño de 2014, con: a. Fotografías da publicidade inserida no Estadio Municipal de Pasarón e da vestimenta do equipo co logotipo da institución. b. Certificación da fundación de que a referida publicidade estivo exposta no estadio ó longo da tempada 2013-2014. c. Memoria sobre as actividades culturais-deportivas realizadas segundo a cláusula cuarta do presente convenio e fotocopia das tarxetas-invitación para o palco do estadio. 6º.- A vixencia do presente convenio remata o final da tempada 2013-2014. 7º.- Este convenio non comporta ningunha relación laboral, contractual ou de calquera tipo entre a FUNDACIÓN PONTETEC e a Deputación de Pontevedra, de forma que non se poderá esixir ningunha responsabilidade, directa, indirecta ou subsidiaria polos actos ou feitos acaecidos no seu desenvolvemento. As partes acordan a submisión do presente convenio á orde xudicial contencioso-administrativa e expresamente ós xulgados do contencioso de Pontevedra. 8º.- Para o non disposto nas presentes bases, contemplarase o establecido nas bases de execución do orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2011 e na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE núm. 276, de 18/11/2003), e demais lexislación de desenvolvemento. E como proba da firme vontade de fomentar o desenvolvemento cultural e deportivo de Galicia e en particular da provincia de Pontevedra fírmase o presente convenio no lugar e data do encabezamento O PRESIDENTE, Asdo. D. Rafael Louzán Abal FUNDACIÓN PONTETEC Asdo. D. José Manuel Fernández Rodríguez” 10.21824.- APROBACIÓN DA BASES QUE REGULAN A CONVOCATORIA DE 28 BOLSAS DE PRÁCTICA LABORAL PARA DIPLOMADOS OU GRADUADOS EN TURISMO E TÉCNICOS SUPERIORES EN INFORMACIÓN E COMERCIALIZACIÓN TURÍSTICA OU TÉCNICO SUPERIOR EN GUÍA, INFORMACIÓN E ASISTENCIAS TURÍSTICAS, CON DESTINO ÁS OFICINAS DE TURISMO MUNICIPAIS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Vista a proposta da xefa do Servizo de Turismo Rías Baixas de data 17 de febreiro, solicitando a convocatoria de 28 bolsas de práctica laboral para diplomados ou graduados en turismo e técnicos superiores en información e comercialización turística ou técnico superiores en guía, información e asistencias turísticas para a realización de labores de información turística nas oficinas de turismo municipais da provincia de Pontevedra, con fundamento no artigo 35.2 b) da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e en virtude do disposto na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións e Real decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o regulamento da referida Lei, considerando o informe de intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a convocatoria de 28 bolsas de turismo para a realización de labores de información turística nas oficinas de turismo municipais da provincia de Pontevedra que se detallan a continuación, nos seguintes termos: - 16 bolsas de tres meses de duración para os Concellos de A Estrada, Cuntis, Caldas de Reis, Vilanova de Arousa, A Illa de Arousa, Ponte Caldelas, Marín, Bueu, Soutomaior, Gondomar, Oia e Poio. - 12 bolsas de seis meses de duración para os Concellos de Lalín, Vilagarcía de Arousa, Cambados, O Grove, Sanxenxo, Cangas, Nigrán, Redondela, Baiona, Ribadumia, A Guarda e Tui. Ditas bases son como seguen: “BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA DE 28 BOLSAS DE PRÁCTICA LABORAL PARA DIPLOMADOS OU GRADUADOS EN TURISMO E TÉCNICOS SUPERIORES EN INFORMACIÓN E COMERCIALIZACIÓN TURÍSTICA OU TÉCNICO SUPERIOR EN GUÍA, INFORMACIÓN E ASISTENCIAS TURÍSTICAS, CON DESTINO ÁS OFICINAS DE TURISMO MUNICIPAIS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Primeira. Obxecto. Estas bases teñen por obxecto convocar, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade e publicidade, 28 bolsas de práctica laboral destinadas a diplomados, graduados e técnicos de turismo, coa finalidade de promover e completar a súa formación nas oficinas de turismo municipais da provincia de Pontevedra que se detallan a continuación, nos seguintes termos: • 12 bolsas de seis meses de duración para os Concellos de Baiona, Cambados, Cangas, O Grove, A Guarda, Lalín, Nigrán, Sanxenxo, Redondela, Ribadumia, Tui e Vilagarcía de Arousa. • 16 bolsas de tres meses de duración para os Concellos de A Illa de Arousa, Bueu, Cuntis, Caldas de Reis, A Estrada, Gondomar, Marín, Oia, Poio, Ponte Caldelas, Soutomaior, Vilanova de Arousa. Segunda. Condicións dos aspirantes. Poderán ser beneficiarios destas bolsas as persoas físicas que, tendo plena capacidade de obrar e non estando inhabilitadas para obter axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes requisitos: 1. Ter a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da Unión Europea. 2. Posuír o título de Graduado ou Diplomado en turismo, Técnico Superior en Guía, Información e Asistencias Turísticas ou de Técnico Superior en Información e Comercialización Turísticas, na data en que remate o prazo de presentación de instancias. 3. Non ter cumpridos os 31 anos de idade na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes. 4. Posuír a capacidade funcional necesaria para o desenvolvemento da bolsa á que opta. 5. Estar empadroado en calquera termo municipal da provincia de Pontevedra con anterioridade á data da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da provincia. 6. Non ter sido beneficiario dunha bolsa remunerada de duración igual ou superior a un ano na Deputación de Pontevedra nin nos extinguidos organismos autónomos. 7. Non ter experiencia laboral previa na profesión ou área de coñecementos, entendendo por tal non ter estado contratado polo grupo 1, 2 ou 3 de cotización, por un período de tempo de duración non superior a 12 meses. 8. Acreditar o coñecemento da lingua galega, nivel Celga IV. 9. Estar disposto a asumir os gastos de desprazamento ó centro de traballo de destino. 10. Non estar incurso nalgunha das prohibicións sinaladas no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. Terceira. Dotación económica. Estas bolsas teñen unha dotación económica de 800,00 €/mes para os graduados e diplomados e de 700€/mes para os técnicos superiores, cantidades que se imputarán ás aplicacións orzamentarias 921.241.481.01 e 921.241.160.03. O pagamento das bolsas realizarase a partir da data de incorporación da persoa beneficiaria, por mensualidades completas ou parte proporcional. Esta cantidade será incompatible con calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a súa natureza. Cuarta. Presentación de solicitudes. 1. As instancias presentaranse en modelo oficial Anexo I, no rexistro xeral da institución provincial no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Na instancia farase constar a bolsa solicitada. A mesma achegarase a seguinte documentación: 1) Fotocopia do documento nacional de identidade ou calquera outro que o substitúa. 2) Certificado de empadroamento no que figure a data de inscrición no mesmo. 3) Documento acreditativo da titulación esixida ou de estar en condicións de obtela na data que remate o prazo para presentar as solicitudes. 4) Certificado acreditativo do coñecemento da lingua galega correspondente ó nivel Celga IV. 5) Declaración xurada na que a persoa interesada se compromete a renunciar, se fose seleccionado, a calquera tipo de actividade remunerada durante a vixencia da bolsa. 6) Certificado que acredite non estar incapacitado fisicamente nin padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade que constitúa o obxecto da bolsa, ou declaración xurada da persoa solicitante conforme cumpre este requisito. 7) Certificado de vida laboral da Tesourería Xeral da Seguridade Social actualizado. 8) Declaración xurada de non ter sido beneficiario con anterioridade de ningunha outra bolsa remunerada na Deputación de Pontevedra, nin nos extinguidos organismos autónomos, de duración superior a 12 meses. 9) Declaración xurada conforme se está disposto a asumir os gastos de desprazamento ó centro de traballo de destino. 2. Para presentaren as instancias os solicitantes estarán ó disposto no artigo 23, apartados 3, 4 e 5 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, en todo o que sexa de aplicación, ademais do recollido no apartado primeiro desta cláusula. Quinta. Emendas. 1. Unha vez expirado o prazo de presentación de instancias, a Deputación ditará unha resolución na que declare aprobada a lista de admitidos e excluídos, especificando, no seu caso, os motivos de exclusión, que será publicada na páxina web e no taboleiro de anuncios da Deputación de Pontevedra. 2. Os aspirantes excluídos ou omitidos disporán dun prazo de cinco días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación da resolución, para poder emendar, no seu caso, o defecto que motivase a exclusión. No suposto de producírense reclamacións deberá ditarse unha nova resolución estimándoas ou desestimándoas e aprobando a lista definitiva, que se publicará na web e no taboleiro de anuncios da Deputación. 3. Dentro deste prazo poderán emendar os defectos formais da documentación acreditativa dos méritos alegados na presentación de instancias. Sexta. Comisión de selección. Para a selección dos bolseiros constituirase unha comisión, que estará integrada polos seguintes membros: • Presidente: a xefa do servizo de RR.HH. da Deputación ou o persoa en quen delegue. • Vogais: dous funcionarios técnicos da Deputación e un da universidade. • Secretario: o da Deputación de Pontevedra ou funcionario/a de carreira con titulación superior en quen delegue. Sétima. Selección dos bolseiros. 1. O proceso de selección desenvolverase en dúas fases. A primeira, de concurso e valoración da documentación presentada polos aspirantes admitidos, e a segunda, de entrevista persoal cos candidatos que superen o corte establecido na primeira fase. 2. Primeira fase: baremo de méritos: os méritos acreditados polos interesados serán valorados conforme ós seguintes criterios: 1) Expediente académico: ata un máximo de 2,00 puntos. No caso de expedientes académicos nos que non conste a nota media, calculada para as titulacións universitarias polo R.d. 1125/03, e para os ciclos de formación profesional polo R.d.1147/2011, do 29 de xullo, valorarase con 0,00 puntos. No caso de que algunha das titulacións convocadas non estea calculada polas referidas normas ou estas non se especifiquen, poderase establecer un sistema de valoración proporcional. 2) Por posuír una titulación superior distinta a esixida nas bases da convocatoria 0,50 puntos/título, ata un máximo de 1 punto. 3) Por ter realizado cursos universitarios de posgrao, doutorado ou máster dunha duración superior a 150 horas, relacionados co contido da bolsa, 0,50 puntos/máster, posgrao ou doutorado, ata un máximo de 1,5 puntos. 4) Por ter realizado cursos de idioma estranxeiro de nivel B1 ou superior, 0,50 puntos/nivel superior acadado, ata un máximo de 2,00 puntos. 5) Por transcorrer catro ou máis anos dende a finalización dos estudos de formación profesional: 0,50 puntos. 6) Por transcorrer entre tres e catro anos dende a finalización dos estudos de formación profesional: 0,40 puntos. 7) Por transcorrer entre dous e tres anos dende a finalización dos estudos de formación profesional: 0,30 puntos. 8) Por transcorrer menos de dous anos dende a finalización dos estudos de formación profesional: 0,20 puntos. As puntuacións outorgadas serán publicadas no taboleiro de anuncios da Deputación e na páxina web con ó menos tres días hábiles de antelación á data en que se celebrará a entrevista. 3. Segunda fase: entrevista persoal: a entrevista terá lugar unha vez concluída a valoración de méritos e realizarase unicamente cós candidatos que acaden a maior puntuación total na fase de concurso e nunha porcentaxe que garante un mínimo de tres candidatos por bolsa, podendo ampliarse esta porcentaxe de estimarse conveniente para poder cubrir as renuncias. Por Resolución da Presidencial convocarase ós candidatos para a entrevista persoal, nun único chamamento, quedando decaídos no seu dereito aqueles que non comparezan no lugar e día sinalado. A entrevista versará sobre o seu currículo e nivel de idiomas, a fin de poder comprobar a preparación dos candidatos nas materias relacionadas coas actividades que se van desenvolver no centro de destino. A entrevista será valorada de cero a tres puntos. 4. En caso de empate nas puntuacións dos aspirantes, a orde de prelación determinarase pola residencia no centro de traballo e, en segundo lugar, pola maior puntuación alcanzada en cursos de idiomas, seguido de titulacións de turismo, outras titulacións e por último o ano de terminación dos estudos. 5. Despois de rematar as entrevistas e no prazo máximo dun mes, a comisión publicará no taboleiro de anuncios e na páxina web da Deputación as puntuacións outorgadas e a proposta de adxudicación xunto coa relación de candidatos seleccionados por orde decrecente, indicando os candidatos seleccionados e os correspondentes suplentes. 6. Os aspirantes seleccionados elixirán o centro de destino por orde de puntuación. Oitava. Condicións xerais. Establécense as seguintes condicións xerais: 1) As bolsas destinadas as oficinas de turismo municipais de A Illa de Arousa, Bueu, Cuntis, Caldas de Reis, A Estrada, Gondomar, Marín, Oia, Poio, Ponte Caldelas, Soutomaior e Vilanova de Arousa terán unha duración de tres meses, contados dende a data na que a persoa adxudicataria comece o seu labor na entidade correspondente. 2) As bolsas destinadas as oficinas de turismo municipais Concellos de Baiona, Cambados, Cangas, O Grove, A Guarda, Lalín, Nigrán, Sanxenxo, Redondela, Ribadumia, Tui e Vilagarcía de Arousa terán unha duración de seis meses, contados dende a data na que a persoa adxudicataria comece o seu labor na entidade correspondente. 3) As bolsas serán incompatibles con calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a súa natureza. 4) As persoas beneficiarias comprometeranse a observar o horario de traballo e a disciplina do centro ou entidade onde se desenvolva a súa práctica laboral co fin de non entorpecer o labor do persoal do centro. 5) O feito de aceptar e facer uso destas bolsas non xera ningunha relación laboral nin funcionarial coa Deputación de Pontevedra nin coa entidade na que se desenvolvan as actividades da práctica laboral, polo que non implica, en consecuencia, ningún tipo de compromiso para un posterior contrato ou vinculación con este organismo provincial. 6) O pagamento do importe da bolsa realizarase por mensualidades vencidas. As cantidades correspondentes estarán suxeitas ás retencións que procedan, de conformidade co previsto no R.d. 439/2007, de 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do imposto sobre a renda das persoas físicas. Novena. Xustificación da bolsa. Antes de que transcorran os últimos quince días do período de duración da bolsa, o beneficiario estará obrigado a presentar unha memoria sobre o conxunto dos traballos realizados, especificando os obxectivos conseguidos, a metodoloxía empregada e os principais resultados dos estudios practicados. Décima. Revogación e reintegro da bolsa. O Ilmo. Presidente da Deputación de Pontevedra poderá, en calquera momento, mediante unha resolución motivada, revogar a bolsa a persoa adxudicataria se non cumpre debidamente as condicións esixidas nestas bases, ou as normas xerais de funcionamento do organismo, aténdose ó establecido nos artigos 36 e seguintes da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, e suspendendo o aboamento da bolsa. De concorrer algunha das causas previstas no artigo 37 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, corresponderá o reintegro total cando o beneficiario incumpre total e absolutamente as condicións impostas para a concesión e a execución da bolsa. Décimo primeira. Suspensión. 1. No caso de maternidade, accidente ou enfermidade, debidamente xustificada que impida o desenvolvemento da bolsa de práctica laboral, acreditada mediante certificado médico, poderase acordar unha suspensión temporal desta, por un período máximo de quince días. 2. Se transcorrido este prazo non se incorpora a persoa beneficiaria, resolverase a bolsa e procederase a súa provisión, no seu caso, segundo a orde establecida na relación de suplentes. A suspensión implicará a interrupción da dotación económica, debendo restablecerse o seu aboamento coa continuidade das actividades de práctica laboral. O período de suspensión da bolsa non será contabilizado como período de goce. Décimo segunda. Renuncia. No caso de renuncia á bolsa, a persoa adxudicataria deberá presentar no Rexistro Xeral da Deputación a correspondente solicitude dirixida ó Servizo de Recursos Humanos, quen, se procede, tramitará un novo expediente de adxudicación da bolsa vacante ó candidato suplente polo período restante, segundo a orde de puntuación obtida no proceso de selección. Décimo terceira. Devolución da documentación. Transcorridos tres meses dende o final do proceso selectivo, a documentación presentada, excepto a instancia, será destruída, polo que se lles recomenda ós interesados que a retiren no referido prazo. Décimo cuarta. Dereitos supletorios. A convocatoria, a selección das persoas candidatas e a realización dos traballos que dan dereito ás bolsas suxeitaranse ó previsto nestas bases, á Lei xeral de subvencións e á Lei de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común. De no cubrirse o número total de bolsas convocadas por insuficiencia de candidatos poderanse adxudicar as bolsas que resulten vacantes ós aspirantes sobrantes da convocatoria de Diplomados en turismo, por orde de puntuación.” 11.21825.- APROBACIÓN DAS BASES QUE REGULAN A CONVOCATORIA DE 25 BOLSAS DE PRÁCTICA LABORAL PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE Con fundamento no artigo 35.2 b) da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e en virtude do disposto na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións e Real decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se proba o regulamento da referida Lei, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a convocatoria de 25 bolsas de práctica laboral para persoas discapacitadas, nas diferentes liñas de actuación que se desenvolven en Centros dependentes deste organismo Provincial, que se rexerá polas bases que se achegan a este informe. Ditas bases son como seguen: “BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE 25 BOLSAS DE PRÁCTICA LABORAL PARA PERSOAL CON DISCAPACIDADE Primeira. Obxecto. Estas bases teñen por obxecto convocar, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade e publicidade, 25 bolsas de práctica laboral destinadas a persoas con discapacidade titulados universitarios e de formación profesional, sen experiencia laboral previa no ámbito da súa titulación, coa finalidade de promover e completar a súa formación en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa incorporación ó mercado laboral. Segunda. Condicións dos aspirantes. Poderán ser beneficiarios destas bolsas as persoas físicas que, tendo plena capacidade de obrar e non estando inhabilitadas para obter axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes requisitos: 1. Ter a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da Unión Europea. 2. Posuír o título que se determina no Anexo I para cada unha das bolsas convocadas na data en que remate o prazo de presentación de instancias. 3. Acreditar un grao de discapacidade igual ou superior o 33% durante todo o período de desenvolvemento da bolsa. 4. Ter finalizados os estudos obxecto da bolsa con posterioridade ó un de xaneiro do 2000. 5. Posuír a capacidade funcional necesaria para o desenvolvemento da bolsa á que opta. 6. Non ter sido beneficiario dunha bolsa remunerada na Deputación de Pontevedra nin nos seus extinguidos organismos autónomos, de duración superior a seis meses. 7. Estar empadroado en calquera termo municipal da provincia de Pontevedra con anterioridade á data da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da provincia. 8. Non ter experiencia laboral previa na profesión ou área de coñecementos, entendendo por tal non ter estado contratado polos grupos de cotización correspondentes os niveis formativos da titulación esixida ou non haber estado de alta como autónomo, por un período de tempo superior a seis meses en calquera de estes casos. 9. Acreditar o coñecemento da lingua galega, nivel Celga IV nas bolsas de titulados universitarios e de ciclos superiores de formación profesional, e nivel Celga III nas bolsas destinadas a ciclos medios de formación profesional. 10. Estar disposto a asumir os gastos de desprazamento ó centro de traballo de destino. 11. Non estar incurso nalgunha das prohibicións sinaladas no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. Terceira. Dotación económica. A dotación económica das bolsas, determinada polo nivel de titulación, será de 800,00 €/mes para titulados universitarios e de 700,00 €/mes para ciclos superiores de formación profesional, cantidades que se imputarán ás aplicacións orzamentarias 14/921.920.481.01, e 14/921.920.160.03. O pagamento das bolsas realizarase a partir da data de incorporación da persoa beneficiaria, por mensualidades completas ou parte proporcional. Esta cantidade será incompatible con calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a súa natureza. Cuarta. Presentación de solicitudes. 1. As instancias presentaranse no modelo oficial Anexo II, no rexistro xeral da institución provincial no prazo de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Na instancia farase constar a bolsa solicitada, por centro e titulación, e o número de expediente. Á mesma achegarase a seguinte documentación: a) Fotocopia do documento nacional de identidade ou calquera outro que o substitúa. b) Certificado ou volante de empadroamento actualizado (posterior á data de presentación de solicitudes) no que se acredite a data de alta en dito Padrón municipal. c) Documento acreditativo da titulación esixida ou de estar en condicións de obtela na data que remate o prazo para presentar as solicitudes. d) Certificado do expediente académico no que conste a nota media, calculada segundo o sistema establecido no R.d. 1125/2003, de 5 de setembro, para a súa valoración na fase de concurso, ou o que corresponda para os ciclos formativos segundo o previsto no R.d. 1147/2001, de 29 de xullo. e) Certificado do grao de discapacidade vixente, expedido pola Consellería de Traballo e Benestar. f) Certificado acreditativo do coñecemento da lingua galega correspondente ó nivel de titulación. g) Declaración xurada na que a persoa interesada se compromete a renunciar, se fose seleccionado, a calquera tipo de actividade remunerada durante a vixencia da bolsa. h) Certificado médico que acredite posuír a capacidade funcional necesaria para o desenvolvemento da bolsa á que opta e non padecer ningún tipo de patoloxía que o impida. i) Certificado de vida laboral da Tesourería Xeral da Seguridade Social actualizado (debendo entregar todas as páxinas). j) Declaración xurada de non ter experiencia laboral na ocupación correspondente a súa titulación por un período de tempo superior a seis meses. k) Informe dos períodos de inscrición no Servizo Público de Emprego. l) Declaración xurada de non ter sido beneficiario con anterioridade de ningunha outra bolsa remunerada na Deputación de Pontevedra, nin en calquera dos entes, organismos ou entidades integrantes do sector público, de duración superior a seis meses. m) Declaración xurada de estar disposto a asumir os gastos de desprazamento ó centro de traballo de destino. 2. Para presentaren as instancias os solicitantes estarán ó disposto no artigo 23, apartados 3, 4 e 5 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, en todo o que sexa de aplicación, ademais do recollido no apartado primeiro desta cláusula. Quinta. Emendas. 1. Unha vez expirado o prazo de presentación de instancias, a Deputación ditará unha resolución na que declare aprobada a lista de admitidos e excluídos, especificando, no seu caso, os motivos de exclusión, que será publicada na páxina web e no taboleiro de anuncios da Deputación de Pontevedra. 2. Os aspirantes excluídos ou omitidos disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación da resolución, para poder emendar, no seu caso, o defecto que motivase a exclusión. No suposto de producírense reclamacións deberá ditarse unha nova resolución estimándoas ou desestimándoas e aprobando a lista definitiva, que se publicará na web e no taboleiro de anuncios da Deputación. 3. Dentro deste prazo poderán emendar os defectos formais da documentación acreditativa dos méritos alegados na presentación de instancias. Sexta. Comisión de selección. Para a selección dos bolseiros constituirase unha comisión, que estará integrada polos seguintes membros: • Presidente: a xefa do servizo de RR.HH. da Deputación ou o persoa en quen delegue. • Vogais: dous funcionarios técnicos da Deputación e un da Universidade. • Secretario: o da Deputación de Pontevedra ou funcionario/a de carreira con titulación superior en quen delegue. Sétima. Selección dos bolseiros. 1. O proceso de selección desenvolverase en dúas fases. A primeira, de concurso e valoración da documentación presentada polos aspirantes admitidos, e a segunda, de entrevista persoal cos candidatos que superen o corte establecido na primeira fase. 2. Primeira fase: Baremo de méritos: os méritos acreditados polos interesados serán valorados conforme ós seguintes criterios: a) Expediente académico: ata un máximo de 3,00 puntos. No caso de expedientes académicos nos que non conste a nota media, calculada para as titulacións universitarias polo R.d. 1125/03, e para os ciclos de formación profesional polo R.d.1147/2011, do 29 de xullo, valorarase con 0,00 puntos. No caso de que algunha das titulacións convocadas non estea calculada polas referidas normas ou estas non se especifiquen, poderase establecer un sistema de valoración proporcional. b) Por ter realizado cursos universitarios de posgrao, doutorado ou máster cunha duración superior a 150 horas, relacionados co contido da bolsa, 0,50 puntos/máster, posgrao ou doutorado, ata un máximo de 1,5 puntos. c) Por transcorrer catro ou máis anos desde a finalización dos estudos universitarios: 0,50 puntos. d) Por transcorrer entre tres e catro anos desde a finalización dos estudos universitarios: 0,40 puntos. e) Por transcorrer entre dous e tres anos desde a finalización dos estudos universitarios: 0,30 puntos. f) Por transcorrer menos de dous anos desde a finalización dos estudos universitarios: 0,20 puntos. As puntuacións outorgadas serán publicadas no taboleiro de anuncios da Deputación e na páxina web, con ó menos cinco días hábiles de antelación á data en que se celebrará a entrevista. 3. Segunda fase: Entrevista persoal: a entrevista terá lugar unha vez concluída a valoración de méritos e realizarase unicamente cós candidatos que acaden a maior puntuación total na fase de concurso e nunha porcentaxe que garante un mínimo de 10 candidatos por bolsa, podéndose variar esta porcentaxe de estimarse conveniente. Por Resolución da Presidencia convocarase ós candidatos para a entrevista persoal, nun único chamamento, quedando decaídos no seu dereito aqueles que non comparezan no lugar e día sinalado. A entrevista versará sobre o seu currículo e permitirá comprobar a preparación dos candidatos nas materias relacionadas coas actividades que se van desenvolver no centro de destino. A entrevista será valorada de cero a tres puntos. 4. En caso de empate nas puntuacións dos aspirantes, a orde de prelación determinarase pola maior puntuación acadada na nota media global do expediente académico. 5. Despois de rematar as entrevistas e no prazo máximo dun mes, a comisión publicará no taboleiro de anuncios e na páxina web da Deputación as puntuacións outorgadas e a proposta de adxudicación xunto coa relación de candidatos seleccionados por orde decrecente, indicando os candidatos seleccionados e os correspondentes suplentes. Oitava. Condicións xerais. Establécense as seguintes condicións xerais: 1. As bolsas terán unha duración de 6 meses, contados desde a data na que a persoa adxudicataria comece o seu labor na entidade correspondente, e poderán ser prorrogados por outros 6 meses por acordo da Xunta de Goberno, cumprindo o disposto na cláusula novena destas bases e sempre que exista dotación orzamentaria. 2. As bolsas serán incompatibles con calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a súa natureza. 3. As persoas beneficiarias comprometeranse a observar o horario de traballo e a disciplina do centro ou entidade onde se desenvolva a súa práctica laboral co fin de non entorpecer o labor do persoal do centro. 4. O feito de aceptar e facer uso destas bolsas non xera ningunha relación laboral nin funcionarial coa Deputación de Pontevedra nin co Centro no que se desenvolvan as actividades da práctica laboral, polo que non implica, en consecuencia, ningún tipo de compromiso para un posterior contrato ou vinculación con este organismo provincial. 5. O pagamento do importe da bolsa realizarase por mensualidades vencidas. As cantidades correspondentes estarán suxeitas ás retencións que procedan, de conformidade co previsto no R.d. 439/2007, de 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do imposto sobre a renda das persoas físicas, así como na orde pola que se desenvolven as normas reguladoras da cotización á Seguridade Social para este ano. Novena. Xustificación da bolsa. Antes de que transcorran os últimos quince días do período de duración da bolsa, o beneficiario estará obrigado a presentar unha memoria sobre o conxunto dos traballos realizados, especificando os obxectivos conseguidos, a metodoloxía empregada e os principais resultados dos estudos practicados. O titor, á vista da memoria presentada, emitirá un informe de avaliación para poderen valorar se procede ou non a prórroga. Décima. Renovación da bolsa. 1. A solicitude da prórroga da bolsa deberá dirixirse ó Ilmo. Presidente da Deputación de Pontevedra cun mes de antelación a súa finalización, xunto coa memoria e informe indicados na base anterior. 2. O Presidente da Deputación de Pontevedra por acordo da Xunta de Goberno, previo informe da xefa do Servizo de Recursos Humanos da Deputación de Pontevedra, resolverá esta solicitude, tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias e o aproveitamento demostrado polo bolseiro. Décimo primeira. Revogación e reintegro da bolsa. O Presidente da Deputación poderá, en calquera momento, mediante unha resolución motivada, revogar a bolsa a persoa adxudicataria se non cumpre debidamente as condicións esixidas nestas bases, ou as normas xerais de funcionamento do organismo, aténdose ó establecido nos artigos 36 e seguintes da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, e suspendendo o aboamento da bolsa. De concorrer algunha das causas previstas no artigo 37 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, corresponderá o reintegro total cando beneficiario incumpra total e absolutamente as condicións impostas para a concesión e a execución da bolsa. Décimo segunda. Suspensión. En caso de enfermidade, accidente ou maternidade o bolseiro percibirá a prestación correspondente da Seguridade Social. En tal caso a Deputación non complementará ningunha cantidade adicional á citada prestación. Esta situación non ocasionará a finalización das prácticas, salvo que a ausencia exceda os 30 días. No suposto de que supere este prazo, a Deputación poderá dar por concluída a práctica laboral do bolseiro. Décimo terceira. Renuncia. No caso de renuncia á bolsa, a persoa adxudicataria deberá presentar no Rexistro Xeral a correspondente solicitude dirixida ó Presidente da Deputación, quen poderá adxudicar a bolsa que quede vacante ó candidato suplente polo período restante, segundo a orde de puntuación obtida no proceso de selección. Décimo cuarta. Devolución da documentación. Transcorridos tres meses desde o final do proceso selectivo, a documentación presentada, excepto a instancia, será destruída, polo que se lles recomenda ós interesados que a retiren no referido prazo. Décimo quinta. Dereitos supletorios. A convocatoria, a selección das persoas candidatas e a realización dos traballos que dan dereito ás bolsas suxeitaranse ó previsto nestas bases, á Lei xeral de subvencións e á Lei de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común.” O anexo é como segue: ANEXO I Plan de Práctica Laboral para persoas con discapacidade nº Expte. Titulacións nº bolsas B01 Ciclo Superior en Administración e Finanzas 1 B02 Ciclo Superior en Desenvolvemento de Proxectos Urbanísticos e Operacións Topográficas ou Ciclo Superior en Proxectos de Obra Civil 1 B03 Ciclo Superior en Produción en Industrias de Artes Gráficas 1 B04 Ciclo Superior en Saúde Ambiental ou equivalente 4 B05 Diplomatura ou Grado en Educación social ou Mestres en Educación (Todas as especialidades) 3 B06 Diplomatura ou Grado en Traballo Social 1 B07 Enxeñería Industrial, Enxeñería en Organización Industrial (2º ciclo) e Grado en Enxeñería en Organización Industrial 1 B08 Licenciatura en Filoloxía Inglesa ou Galega, Grado en Linguas Estranxeiras (Inglés) ou Grado en Estudos de Galego e Español 2 B09 Licenciatura ou Grado en Historia 2 B10 Licenciatura ou Grado en Dereito 1 B11 Licenciatura ou Grado en Dereito ou Licenciatura en Económicas ou Grado en Economía ou Licenciatura Empresariais ou Licenciatura ou Grado en Administración e Dirección de Empresas 3 B12 Licenciatura ou Grado en Historia da Arte 2 B13 Licenciatura ou Grado en Psicoloxía, Pedagoxía e Psicopedagoxía 2 B14 Licenciatura ou Grado en Xornalismo ou Licenciatura ou Grado en Comunicación Audiovisual. 1 Total bolseiros 25 12.21826.- APROBACIÓN DAS BASES QUE REGULAN A CONVOCATORIA PARA “AXUDAS DE ESTUDO PARA O CURSO 2013/2014” De conformidade co indicado no artigo 68 do V Acordo regulador para persoal funcionario e o artigo 81 do I Convenio Colectivo para persoal laboral, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a convocatoria e bases das axudas de estudos correspondentes ó ano 2013/2014, elaboradas pola Comisión paritaria mixta en desenvolvemento do previsto no referido artigo. Estas axudas concederanse con cargo á consignación económica prevista na aplicación orzamentaria 921.323.481.01, e conforme á táboa de módulos que se estableceu en función dos estudos cursados polos interesados e os grupos de clasificación do titular beneficiario das axudas. Ditas bases son do seguinte teor: A) BASES PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS DE ESTUDOS A FUNCIONARIOS CURSO 2013/2014: “De conformidade co disposto no V Acordo regulador para persoal funcionario e I Convenio Colectivo para persoal laboral desta Deputación de Pontevedra, as axudas de estudos universitarios para ano 2013/2014, se rexerán polas seguintes: BASES 1. BENEFICIARIOS/AS Poderán ser beneficiarios das axudas de estudos os funcionarios de carreira e do persoal laboral fixo da Deputación Provincial que se encontren en servizo activo antes da finalización do prazo de entrega das solicitudes. Quedan excluídos destas axudas os funcionarios de emprego, os funcionarios interinos, os bolseiros e os contratados temporais. 2. ESTUDOS Estas axudas, que se concederán para a realización de estudos en centros ou institucións docentes oficiais ou homologados polo Ministerio de Educación e Ciencia (MEC) ou pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia, ou estudios realizados no estranxeiro que estean homologados, clasifícanse da seguinte forma: a) Estudos medios ou superiores, cursos de posgrao, cursos de práctica xurídica ou masters en domicilio. Tamén os estudos realizados na Universidade Nacional a Distancia (UNED). b) Estudos medios ou superiores, cursos de posgrao, cursos de práctica xurídica ou masters fóra do domicilio. c) Curso de adaptación pedagóxica, obtención do Diploma de Estudos Avanzados (DEA) e proxecto de fin de carreira. d) Estudios ou cursos de especialización ou perfeccionamento directamente relacionados co desempeño do posto de traballo, organizados por Universidades, INAP, EGAP, podendo ampliarse os impartidos por Colexios Oficiais, Asociacións Profesionais, e Fundacións. 3. INCOMPATIBILIDADES As axudas serán incompatibles con calquera outra concedida por institucións públicas ou privadas, bolsas de estudos, etc., salvo o sinalado no parágrafo terceiro desta base, incorrendo en responsabilidades legais os que faltasen á verdade na declaración que emitan a este respecto. Cando se soliciten axudas para cursar distintos estudos, tramitarase o de maior contía. Nos casos de exención de matricula por expediente académico ou familia numerosa, independentemente da contía de exención de taxas académicas, acreditarase o importe da axuda que corresponda, previa xustificación de tal condición. 4. CRITERIOS PARA A CONCESIÓN DAS AXUDAS A.- Por estudos: por cursar estudos contemplados no apartado 2. a), b) e c), aboarase o 50% do custo da matrícula e, de efectuarse en centros ou universidades privadas, a mesma porcentaxe equivalente a unha carreira ou materia similar dun centro público. A dita cantidade sumarase una axuda económica en función dos estudos cursados polos interesados e seus respectivos grupos de clasificación: Estudos/grupos funcionarios A1 A2 C1 C2 E Cursos medios, superiores ou doutorado 90,00€ 100,00€ 110,00€ 120,00€ 130,00€ Por cada sobresaínte ou matrícula de honra nunha disciplina de estudos medios e superiores no curso anterior 2011/2012 (incluída a UNED) (cun máximo de 100,00 €) Finalizados os estudos, o aboo desta cantidade quedará supeditada á existencia de consignación orzamentaria. 20,00€ En todo caso o importe total da axuda non poderá superar os 800,00 €. B.- Por cursos: por realizar cursos de especialización, xornadas ou congresos, de contido directamente relacionado co posto de traballo desempeñado, e con independencia da súa tramitación ordinaria e normativa específica, no que respecta ós gastos de inscrición, aboarase o importe completo, sempre que non supere os 300.00 € por solicitude/funcionario/ano. Se a inscrición fose menor, acreditarase a cantidade exacta, respectando sempre o límite anual fixado. 5. PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES As solicitudes de estudos poderán presentarse en modelo oficial debidamente cuberto no Rexistro xeral da Deputación ata o día 5 de marzo de 2014, este incluído. As solicitudes de axudas para gastos de inscrición en cursos, xornadas ou seminarios poderán presentarse ó longo do ano e con quince días de antelación ó inicio do curso, con indicación do programa, duración e horario. En calquera caso, deberán achegar as solicitudes, segundo o caso, a seguinte documentación en orixinal ou fotocopia debidamente compulsada: a) Estudos medios ou superiores, cursos de posgrao, cursos de práctica xurídica, masters e estudos realizados na Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED): - Certificado que acredite curso completo ou folla de matrícula onde consten as materias que se vaian cursar ou a súa exención. - Xustificante do pagamento da matrícula. b) Cursos de adaptación pedagóxica, de obtención de Diploma de Estudos Avanzados (DEA), de posgrao ou da Universidade de aulas de formación aberta: - Xustificación de matrícula e o seu pagamento. - Fotocopia do DNI do funcionario solicitante. c) Cursos de especialización ou perfeccionamento: - Copia do programa do curso, xornada ou conferencia, lugar e data de celebración. - Acordo polo que se concede permiso para asistencia ó mesmo. d) Estudos medios ou superiores en Centro privado homologado: - Valoración dos estudos realizados en centro público - Xustificante do pagamento da matrícula. 6. DOTACIÓN ECONÓMICA De conformidade co establecido no V Acordo regulador e I Convenio colectivo, as axudas de estudos imputaranse á aplicación orzamentaria 921.323.481.01. Por outra parte, en aplicación do previsto no artigo 109 do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1994, de 20 de xuño, en redacción dada pola disposición final terceira do Real decreto-lei 16/2013, do 20 de decembro, de medidas para favorecer a contratación estable e mellorar a empregabilidade dos traballadores, as cantidades que se abonen en concepto de axuda de estudos serán incluídas na base de cotización á seguridade social, estando excluídas as axudas destinadas a formación do persoal. 7. INTERPRETACIÓN DAS BASES Calquera dúbida que poida xurdir na aplicación e interpretación destas bases resolverase na Comisión paritaria mixta.” B) BASES PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS DE ESTUDOS UNIVERSITARIOS CURSO 2013/2014 “De conformidade co disposto no V Acordo regulador para persoal funcionario e I Convenio Colectivo para persoal laboral desta Deputación de Pontevedra, as axudas de estudos universitarios para o ano 2013/2014, se rexerán polas seguintes BASES 1. BENEFICIARIOS/AS Poderán ser beneficiarios das axudas de estudos: a) Os fillos dos funcionarios de carreira e o persoal laboral fixo da Deputación Provincial que se encontren en servizo activo antes da finalización do prazo de entrega das solicitudes. b) Os fillos das parellas de feito dos beneficiarios incluídos no apartado a), segundo o disposto no anexo V do Acordo-Regulador e do I Convenio Colectivo. c) Con carácter excepcional os fillos dos beneficiarios sinalados no apartado a), falecidos en servizo activo ata que finalicen os estudos. Quedan excluídos destas axudas os fillos dos funcionarios de emprego, os funcionarios interinos, os bolseiros e os contratados temporais, ademais dos fillos do persoal incluído no apartados a) que teñan máis de 30 anos cando finalice o prazo de entrega das solicitudes. 2. ESTUDOS Estas axudas, que se concederán para a realización de estudos en centros ou institucións docentes oficiais ou homologados polo Ministerio de Educación e Ciencia (MEC) ou pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia, ou estudos realizados no estranxeiro que estean homologados, clasifícanse da seguinte forma: a) Estudos medios ou superiores, cursos de posgrao, cursos de práctica xurídica ou masters en domicilio. Tamén os estudos realizados na Universidade Nacional a Distancia (UNED). b) Estudos medios ou superiores, cursos de posgrao, cursos de práctica xurídica ou masters fóra do domicilio. c) Curso de adaptación pedagóxica, obtención do Diploma de Estudos Avanzados (DEA) e proxecto de fin de carreira. 3. INCOMPATIBILIDADES As axudas serán incompatibles con calquera outra concedida por institucións públicas ou privadas, bolsas de estudos, etc., salvo o sinalado no parágrafo terceiro desta base, incorrendo en responsabilidades legais os que faltasen á verdade na declaración que emitan a este respecto. En principio, non se atenderán as solicitudes onde se xustifique a petición doutra bolsa cando a contía supere o importe da axuda que a Deputación lle destina ó beneficiario, salvo que se acreditase a súa denegación. Cando se soliciten axudas para cursar distintos estudos, tramitarase o de maior contía. Nos casos de exención de matrícula por expediente académico ou familia numerosa, independentemente da contía de exención de taxas académicas, acreditarase o importe da axuda que corresponda, previa xustificación de tal condición. 4. CONTÍA Con cargo á consignación económica prevista na aplicación 921.221.162.04 do orzamento provincial, as axudas de estudos previstas no apartado 2. a), b) e c) concederanse conforme á seguinte escala, establecida en función dos estudos cursados polos interesados e os grupos de clasificación do titular beneficiario das axudas: Estudos/grupos A1 A2 C1 C2 E Estudos medios ou superiores, cursos de posgrao, de práctica xurídica ou masters en domicilio 391,40€ 442,90€ 473,80€ 525,30€ 561,35€ Estudos medios ou superiores, cursos de posgrao, de práctica xurídica ou masters fóra do domicilio 772,50€ 885,80€ 927,00€ 1.040,30€ 1.133,00€ Curso de Adaptación Pedagóxica, DEA e proxecto fin de carreira 164,80€ 175,10€ 195,70€ 206,00€ 216,30€ Por cada sobresaliente ou matrícula de honra nunha disciplina de estudos medios e superiores, no curso anterior 2012/2013 (incluída a UNED) (cun máximo de 300,00 €) 100,00€ Dado que é difícil valorar de antemán as peticións de cada un dos módulos e, por conseguinte, a montaxe total das axudas, en caso de superarse o crédito global existente ou de producirse excedentes na partida, a Comisión Paritaria Mixta revisará as cantidades sinaladas na táboa de módulos para axustalas á consignación orzamentaria. 5. CRITERIOS PARA A CONCESIÓN DAS AXUDAS 1) Tendo en conta a clasificación de axudas de estudos prevista no apartado 2, aboaranse os importes establecidos no apartado 4 conforme os seguintes criterios: a) Aplicando a totalidade do importe indicado na táboa de módulos da base 4, nos supostos de curso completo, catro ou máis materias de ensinanzas de primeira matrícula, ou 50 créditos nas materias de segunda e sucesivas matrículas. b) Aplicando o 50% do importe establecido na táboa de módulos da base 4, nos supostos dunha a tres nas ensinanzas non repetidas ou menos de 50 créditos nas repetidas. No caso de que non se reflicta o pagamento de taxas, exención ou materias que se cursen, deberá presentarse un certificado ou expediente académico onde se fagan constar as materias de primeira, segunda e sucesivas matrículas, así como os seus créditos. 2) Consideraranse estudos no domicilio aqueles que se realicen en centros situados dentro do propio concello onde este situada a residencia da/o funcionaria/o ou traballador/a da Deputación nun radio igual ou inferior a dez (10) quilómetros. Consideraranse estudos fóra do domicilio todos os demais. Esta circunstancia acreditarase coa certificación do empadroamento do funcionario que solicita a axuda. 3) Exclúense destas bases os cursos de perfeccionamento, preparación e ingresos en academias privadas ou similares. 4) Todas as axudas increméntanse nun 100% no suposto de que o solicitante ou beneficiario estea afectado por unha grande invalidez física ou psíquica, nun grao igual ou superior ó 65% de minusvalía; ou nun 50% se é igual ou inferior, o que se acreditará cunha resolución xudicial ou administrativa que o recoñeza. 6. PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES As solicitudes deberán presentarse en modelo oficial debidamente cuberto no Rexistro xeral da Deputación ata o 31 de marzo de 2014, este incluído debendo achegar, segundo o caso, a seguinte documentación en orixinal ou fotocopia debidamente compulsada: a) Estudos medios ou superiores, cursos de posgrao, cursos de práctica xurídica ou másters en domicilio. Estudos realizados na Universidade Nacional de Educación a Distancia (U.N.E.D.): - Certificado que acredite curso completo ou folla de matrícula onde consten as materias que se vaian cursar ou a súa exención. - Xustificante do pagamento da matrícula. - Fotocopia do DNI do fillo/a beneficiario se é caso. b) Estudos medios ou superiores, cursos de posgrao ou másters fóra de domicilio: - Certificado de empadroamento do funcionario. - Certificado que acredite curso completo ou folla de matrícula onde consten as materias que se vaian cursar ou a súa exención. - Xustificante do pagamento da matrícula. - Fotocopia do DNI do fillo/a beneficiario se é caso. c) Cursos de adaptación pedagóxica, de obtención de Diploma de Estudos Avanzados (DEA), de posgrao ou da Universidade de aulas de formación aberta. - Xustificación de matrícula e o seu pagamento. - Fotocopia do DNI do funcionario solicitante, e do fillo/a beneficiario se é caso. De non figurar o documento esixido, será necesario presentar un certificado ou expediente académico onde se faga constar qué materias son de primeira matrícula e os seus créditos e cáles son de segunda e sucesivas matrículas. 7. DOTACIÓN ECONÓMICA De conformidade co establecido no V Acordo regulador e I Convenio colectivo, as axudas de estudos imputaranse á aplicación orzamentaria 921.323.481.01. Por outra parte, en aplicación do previsto no artigo 109 do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1994, de 20 de xuño, en redacción dada pola disposición final terceira do Real decreto-lei 16/2013, do 20 de decembro, de medidas para favorecer a contratación estable e mellorar a empregabilidade dos traballadores, as cantidades que se abonen por este concepto serán incluídas na base de cotización á seguridade social. 8. INTERPRETACIÓN DAS BASES Calquera dúbida que poida xurdir na aplicación e interpretación destas bases resolverase na Comisión paritaria mixta.” C) BASES PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS DE ESTUDOS NON UNIVERSITARIOS CURSO 2013/2014 “De conformidade co disposto no artigo 68 do V Acordo regulador para persoal funcionario e I Convenio Colectivo para persoal laboral desta Deputación de Pontevedra, as axudas de estudos non universitarios para o curso 2013/2014, se rexerán polas seguintes BASES 1. BENEFICIARIOS/AS Poderán ser beneficiarios das axudas de estudos: a) Os fillos dos funcionarios de carreira e do persoal laboral fixo da Deputación Provincial, que se encontren en servizo activo antes da finalización do prazo de entrega das solicitudes. b) Os fillos das parellas de feito dos beneficiarios incluídos no apartado a), segundo o disposto no anexo V do Acordo-regulador para persoal funcionario e do I Convenio Colectivo para persoal laboral. c) Con carácter excepcional os fillos dos beneficiarios sinalados no apartado a), falecidos en servizo activo ata que finalicen os estudos. Quedan excluídos destas axudas os fillos dos funcionarios de emprego, os funcionarios interinos, os bolseiros e os contratados temporais, ademais dos fillos do persoal incluído nos apartados a) e d) que teñan máis de 30 anos cando finalice o prazo de entrega das solicitudes. 2. ESTUDOS Estas axudas, que se concederán para a realización de estudos en centros ou institucións docentes oficiais ou homologados polo Ministerio de Educación e Ciencia (MEC) ou pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia, ou estudios realizados no estranxeiro que estean homologados, clasifícanse da seguinte forma: a) Garderías, colexios infantís e xardíns de infancia. b) Educación infantil e primaria. c) ESO, cursos de acceso + 25 años, cursos para maiores de 45 anos e PCPI. d) Formación profesional, Bacharelato, e estudos de ensinanzas artísticas, recollidas como tales no art. 45 da Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación. e) Escola oficial de idiomas e outros estudos de ensinanzas artísticas. 3. INCOMPATIBILIDADES Para manter o carácter exento no IRPF estas axudas serán incompatibles con calquera outra concedida por institucións públicas ou privadas, bolsas de estudos, etc., incorrendo en responsabilidades legais os que faltasen á verdade na declaración que emitan a este respecto. En principio, non se atenderán as solicitudes onde se xustifique a petición doutra bolsa cando a contía supere o importe da axuda que a Deputación lle destina ó beneficiario, salvo que se acreditase a súa denegación. Cando se soliciten axudas para cursar distintos estudos, tramitarase o de maior contía. Nos casos de exención de matricula por expediente académico ou familia numerosa, independentemente da contía de exención de taxas académicas, acreditarase o importe da axuda que corresponda. 4. CRITERIOS PARA A CONCESIÓN DAS AXUDAS 1) De acordo coa clasificación de axudas de estudos prevista no apartado 2, aboarase a cantidade establecida na táboa de módulos da base 5. 2) As axudas para garderías, colexios infantís e xardíns de infancia concederanse por fillos acollidos nalgún destes centros, cando así o xustifiquen mediante a correspondente matrícula. 3) Exclúense destas bases os cursos de perfeccionamento, preparación e matricula en academias privadas ou similares. 4) Todas as axudas increméntanse nun 100% no suposto de que o solicitante ou beneficiario estea afectado por unha grande invalidez física ou psíquica, nun grao igual ou superior ó 65% de minusvalía; ou nun 50% se é igual ou inferior, o que se acreditará cunha resolución xudicial ou administrativa que o recoñeza. 5. CONTÍA Con cargo á consignación económica prevista na aplicación orzamentaria 921.221.162.04, as axudas de estudos concederanse conforme á seguinte escala, en función dos estudos cursados polos interesados e os grupos de clasificación do titular beneficiario das axudas: Estudos/grupos A1 A2 C1 C2 E Garderías, colexios infantís e xardíns de infancia 185,40 € 226,60 € 278,10 € 319,30 € 339,90 € Educación infantil, primaria 113,30 € 123,60 € 133,90 € 149,35 € 185,40 € ESO, cursos de acceso + 25 anos, + 45 anos e PCPI. 226,60 € 267,80 € 309,00 € 345,05 € 370,80 € FP e Bacharelato e Ensinanzas artísticas (*) 231,00 € 273,00 € 315,00 € 351,75 € 378,00 € Cursos da Escola Oficial de Idiomas e outras ensinanzas artísticas 113,30 € 123,60 € 133,90 € 149,35 € 185,40 € *Ensinanzas artísticas contempladas no artigo 45.2, b) y c) da Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación. Por cada sobresaínte ou matrícula de honra nunha disciplina de estudos F.P. e Bacharelato (cun máximo de 150,00 €) 30,00 € Dado que é difícil valorar de antemán as peticións de cada un dos módulos e, por conseguinte, o montante total das axudas, en caso de superarse o crédito global existente ou de producirse excedentes na partida a comisión paritaria mixta revisará as cantidades sinaladas na táboa de módulos para axustalas á consignación orzamentaria. 6. PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES As solicitudes deberán presentarse en modelo oficial debidamente cuberto no Rexistro xeral da Deputación, ata o 31 de marzo de 2014, este incluído, debendo achegar o xustificante de estar matriculado no curso 2013/2014 en orixinal ou fotocopia debidamente compulsada. En calquera caso, as solicitudes presentadas fóra de prazo serán desestimadas. 7. DOTACIÓN ECONÓMICA De conformidade co establecido no V Acordo regulador e I Convenio colectivo, as axudas de estudos imputaranse á aplicación orzamentaria 921.323.481.01. Por outra parte, en aplicación do previsto no artigo 109 do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1994, de 20 de xuño, en redacción dada pola disposición final terceira do Real decreto-lei 16/2013, do 20 de decembro, de medidas para favorecer a contratación estable e mellorar a empregabilidade dos traballadores, as cantidades que se abonen por este concepto serán incluídas na base de cotización á seguridade social. 8. INTERPRETACIÓN DAS BASES Calquera dúbida que poida xurdir na aplicación e interpretación destas bases resolverase na Comisión paritaria mixta.” 13.21827.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA NA EXECUCIÓN DA OBRA DE “REHABILITACIÓN E AMPLIACIÓN DO CLUB DE PIRAGÜISMO DE CATOIRA” (EXPTE. 2013001675) A Xunta de Goberno, en sesión de 12/07/2013, adxudicou a Construcciones Orega, S.L. a obra de “Rehabilitación e ampliación do Club de Piragüismo de Catoira” na suma de 262.445,02 €, máis a cantidade de 55.113,45 € correspondente ó IVE, cun prazo de execución de seis meses. A comprobación de reformulo da obra levouse a efecto o día 14/08/2013, polo que a obra debería estar executada en 14/02/2014. Con data 12/02/2014, preséntase pola adxudicataria escrito, conformado polo Director de Obra, no que solicita a ampliación do prazo de execución por un período de dous meses, como consecuencia de incidencias xurdidas na fase de cimentación e das inclemencias meteorolóxicas que ralentizaron os traballos, non permitindo o desenvolvemento do programa de obra previsto inicialmente. Á vista do exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha prórroga na execución da obra de “Rehabilitación e ampliación do Club de Piragüismo de Catoira”, ampliando o prazo establecido ata o día 14 de abril do ano en curso. 14.21828.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA NA EXECUCIÓN DA OBRA “MELLORA DA SEGURIDADE VIAL NA E.P. 8501 VALGA-MARTORES, P.K. 0+000 A 1+040 (VALGA)” A Xunta de Goberno, en sesión de 07/08/2013, adxudicou a Construccións, Obras e Viais, S.A. a obra “Mellora da seguridade vial na E.P. 8501 Valga-Martores, P.K. 0+000 a 1+040 (Valga)”, na suma de 259.617,77 €, máis a cantidade de 54.519,73 € correspondente ó IVE, cun prazo de execución de cinco meses. A comprobación de replanteo da obra levouse a cabo o día 30/08/2013, polo que a obra debería estar executada o 30/01/2014. Pola adxudicataria da obra solicitouse, debido ás continuas e intensas choivas dos últimos meses que supoñen un factor determinante na programación e desenvolvemento da obra, que impide o formigonado, o retranqueo dalgún muro de pechadura de vivenda, así como o afirmado das zonas ensanchadas. Polo Servizo de Infraestruturas emítese informe favorable á concesión da prórroga solicitada. Á vista do exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha prórroga para a finalización da referida obra ata o 30 de maio do ano en curso. 15.21829.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición