Fondos
2008-09-26_Ordinaria. Acta de sesión 2008/09/26_Ordinaria
Acta de sesión 2008/09/26_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.43.826/2.2008-09-26_Ordinaria
Título Acta de sesión 2008/09/26_Ordinaria
Data(s) 2008-09-26 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión. 125 follas
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A C T A Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 26 de setembro de 2008 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e dez minutos do día vinte e seis de setembro do ano dous mil oito, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Julio Alén Montes, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Pauliño Damián Del Río Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. José Amador Eiras Paz, D. Jesús María Fernández Portela, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Emilio González Iglesias, D. Juan A. González Pérez, D. Rafael Lores Rosal, D. Gabriel Martínez Giráldez, Dona María Xosé Méndez Piñeiro, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. José Antonio Olmedo Granja, D. Juan Luciano Otero Besada, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, Dona María Corina Porro Martínez, D. Agustín Reguera Ocampo, D. Severino Reguera Varela, D. Daniel Rodas Chapela, D. Xosé Carlos Silva Mariño, D. José Enrique Sotelo Villar e D. Jesús Vázquez Almuiña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1. 5734.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Primeiro punto da orde do día. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión, extraordinaria, do día 12 de setembro de 2008. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, extraordinaria, do día 12 de setembro de 2008. Sr. Presidente.- Se os grupos estamos de acordo votaríamos os puntos, conxuntamente, 2, 3, 4 e 5, que son: Delegación de competencias do concello de Salvaterra a favor do ORAL para exercer as facultades de xestión, liquidación e recadación das multas de tráfico, así como a colaboración na xestión procedimental dende o comezo do procedemento sancionador co boletín de denuncia ata o inicio do proceso recadatorio. O punto número 3, sería a delegación de competencias do concello de Tomiño a favor do ORAL para exercer as facultades de recadación executiva dos ingresos de dereito público que non se encontren delegados. O punto número 4, delegación de competencias do concello de Ribadumia a favor do ORAL para exercer as facultades de liquidación e recadación da taxa por distribución de auga. E o punto número 5, é, delegación de competencias do concello de Cuntis a favor do ORAL, para exercer as facultades de xestión, liquidación e recadación de multas de tráfico, así como a colaboración na xestión procedimental dende o comezo do procedemento sancionador co boletín de denuncia ata o inicio do proceso recadatorio. Polo tanto, votamos os puntos 2, 3, 4 e 5. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. 2. 5735.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO A FAVOR DO ORAL PARA EXERCER AS FACULTADES DE XESTIÓN, LIQUIDACIÓN E RECADACIÓN DAS MULTAS DE TRÁFICO, ASÍ COMO A COLABORACIÓN NA XESTIÓN PROCEDIMENTAL DENDE O COMEZO DO PROCEDEMENTO SANCIONADOR CO BOLETÍN DE DENUNCIA ATA O INICIO DO PROCESO RECADATORIO O Pleno do concello de Salvaterra de Miño na sesión celebrada o día 26 de febreiro de 2008 acordou a delegación, entre outras, na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de xestión, liquidación e recadación das multas de tráfico así como a colaboración na xestión procedimental dende o comezo do proceso sancionador co boletín de denuncia ata o inicio do proceso recadatorio, que serán levadas a cabo polo ORAL. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 18 de xuño de 2008 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do concello de Salvaterra de Miño, para exercer as facultades de xestión, liquidación e recadación das multas de tráfico, así como a colaboración na xestión procedimental dende o comezo do procedemento sancionador co boletín de denuncia ata o inicio do proceso recadatorio. Considerando que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación na Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL, que en materia de xestión, liquidación e recadación das multas de tráfico, así como a colaboración na xestión procedimental dende o comezo do procedemento sancionador co boletín de denuncia ata o inicio do proceso recadatorio, realizou o concello de Salvaterra de Miño, por acordo do Pleno de data 26 de febreiro de 2008, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004. A citada delegación publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 3.5736.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE TOMIÑO A FAVOR DO ORAL PARA EXERCER AS FACULTADES DE RECADACIÓN EXECUTIVA DOS INGRESOS DE DEREITO PÚBLICO QUE NON SE ENCONTREN DELEGADOS O Pleno do concello de Tomiño na sesión celebrada o día 25 de abril de 2008 acordou a delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de recadación executiva dos ingresos de dereito público que non se atopen xa delegados. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 18 de xuño de 2008 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do concello de Tomiño, para exercer as facultades de recadación executiva dos ingresos de dereito público que non se atopen xa delegados. Considerando que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación que en materia de recursos locais realizou o concello de Tomiño, por acordo do Pleno de data 25 de abril de 2008 e seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza a facultade de recadación executiva dos ingresos de dereito público que non se atopen xa delegados. A citada delegación que será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 4.5737.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE RIBADUMIA A FAVOR DO ORAL PARA EXERCER AS FACULTADES DE LIQUIDACIÓN E RECADACIÓN DA TAXA POR DISTRIBUCIÓN DE AUGA O Pleno do concello de Ribadumia na sesión celebrada o día 8 de maio de 2008 acordou a delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de liquidación e recadación da taxa por abastecemento de auga. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 18 de xuño de 2008 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do concello de Ribadumia, para exercer as facultades de liquidación e recadación da taxa por abastecemento de auga. Considerando que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. Considerando que a xestión censal, no caso de taxas, prezos públicos e recursos análogos, debe ser asumida directamente pola entidade titular, xa que é a única con capacidade e medios cercanos ós elementos que integran o tributo ou, en xeral, ó recurso público para a formación do censo ou padrón. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación que en materia de recursos locais realizou o concello de Ribadumia, por acordo do Pleno de data 8 de maio de 2008 e seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004, para que a Deputación Provincial de Pontevedra–ORAL exerza a facultade de liquidación e recadación da taxa por abastecemento de auga. A citada delegación que será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 5.5738.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE CUNTIS A FAVOR DO ORAL PARA EXERCER AS FACULTADES DE XESTIÓN, LIQUIDACIÓN E RECADACIÓN DE MULTAS DE TRÁFICO, ASÍ COMO A COLABORACIÓN NA XESTIÓN PROCEDIMENTAL DENDE O COMEZO DO PROCEDEMENTO SANCIONADOR CO BOLETÍN DE DENUNCIA ATA O INICIO DO PROCESO RECADATORIO O Pleno do concello de Cuntis na sesión celebrada o día 29 de febreiro de 2008 acordou a delegación, entre outras, na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de xestión, liquidación e recadación das multas de tráfico así como a colaboración na xestión procedimental dende o comezo do proceso sancionador co boletín de denuncia ata o inicio do proceso recadatorio, que serán levadas a cabo polo ORAL. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 18 de xuño de 2008 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do concello de Cuntis, para exercer as facultades de xestión, liquidación e recadación das multas de tráfico, así como a colaboración na xestión procedimental dende o comezo do procedemento sancionador co boletín de denuncia ata o inicio do proceso recadatorio. Considerando que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación na Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL, que en materia de xestión, liquidación e recadación das multas de tráfico, así como a colaboración na xestión procedimental desde o comezo do procedemento sancionador co boletín de denuncia ata o inicio do proceso recadatorio, realizou o concello de Cuntis, por acordo do Pleno de data 29 de febreiro de 2008, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004. A citada delegación publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 6.5739.- EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS NÚMERO 3/2008 Sr. Presidente.- Punto número 6. Expediente de modificación de créditos número 3/2008. Ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Si, bos días. Traemos a este Pleno un expediente de modificación de créditos, por un importe de 10.955.070 euros, e que van destinados sobre todo a temas relacionados con inversións en toda a provincia. Creo que nestes momentos de crise que estamos vivindo, as administracións dentro das posibilidades económicas que teñamos, debemos de seguir facendo un esforzo importante para paliar ou amortiguar a crise económica e sobre todo nunha institución como esta, a Deputación, da que dependen moitas empresas que traballan directa ou indirectamente, moitos provedores e sobre todo empresas pequenas ou medianas con traballadores dende 3, 4, ata 10 ou 15 traballadores, que é un dos temas que dende logo nos ten que preocupar a todas as administracións, pois que estas empresas poidan seguir tendo un ritmo importante de facturación, en calquera caso pois isto unido ás demandas que se plantexan dende a cidadanía en xeral, dos propios concellos, de colectivos, eu creo que dentro das medidas das posibilidades económicas de cada administración, repito, debemos de seguir facendo un esforzo de inversión, un esforzo inversor, porque creo que desta maneira pois podemos aguantar. Home, non é que sexa unha administración sola a que poida resolver toda a situación estrutural que pode ser plantexada a nivel nacional, pero si evidentemente podemos por o noso grao de area para que, volvo a repetir, estas empresas, sobre todo pequenas e medianas, pois poidan seguir tendo a súa facturación. E dentro deste caso, bueno pois, aquí hoxe se trae eu creo que é un expediente de modificación de créditos moi estudado, moi analizado, con moita coherencia, con moito rigor e facendo, aportando partidas que pensamos que van nesta dirección. O noventa e pico por cento deste proxecto está no capítulo de inversións, e polo tanto vamos a redactar un pouco e intentar chegar ó detalle do que significa esta modificación de créditos. Bueno, sobre todo, as partidas importantes para estradas, expropiacións, proxectos e reformas e outras obras, que é unha partida de 4.000.000 de euros. Tamén temos unha partida importante para o Museo de Pontevedra que pensamos que á parte de finalizar e concretar esta obra tamén vai a significar pois seguir xerando emprego mentres se remate esta obra, que é de 1.300.000 euros. Estamos falando tamén de investimentos no proxecto de Pasarón para seguir completando todos os compromisos adquiridos polas tres administracións, pola Xunta, o Concello e a propia Deputación, por un importe de 400.000 euros. Tamén metemos dúas partidas, en previsión de que pronto, seguramente, as informacións que nos chegan, e iso fixemos esa previsión, en calquera caso senón se esgotara ou senón se producira a transferencia do edificio de Educación á Deputación, pois evidentemente estas partidas as destinaríamos a outras cuestións ou as incorporaríamos como remanentes ó exercicio seguinte, pero consideramos que é importante ter esta previsión porque se mañá nos entregan o edificio do lado pois non teríamos posibilidade, se hai que facer algunhas reformas ou por ó día ese edificio para que nós loxicamente, todos saben, vostedes, que temos problemas de hacinamento e de ocupación de persoal nesta casa, que moitos traballadores incluso pois están non en moi boas condicións de traballo, e loxicamente bueno, pois dentro dese convenio co concello de Pontevedra, e o traslado dos funcionarios actuais de Educación ó complexo administrativo da cidade, evidentemente quedaría valeiro e aí, bueno, veríamos se hai que facer algo, se no suposto de que haxa que facelo o faríamos e senón, volvo a repetir, que o incorporaríamos a outras cuestións. Debemos seguir tamén, bueno, pois é unha demanda importante, crecendo nos últimos tempos, que é un dos aspectos sociais que tamén debemos de contemplar, porque cando falamos de gasto social non podemos só falar de benestar social ou de calidade de vida, que si tamén, pero que hai dous aspectos fundamentais que entran dentro destes capítulos como poden ser o deporte e a cultura, e por iso, bueno, pois hai unha serie de partidas para incremento de actividade deportiva, de actividade cultural, e tamén por suposto para cuestións relacionadas coa Escola de Canteiros, que nos parece que son fundamentais para levar a cabo e seguir desenvolvendo estes proxectos. E despois, bueno, pois temos algunhas outras partidas pois de cuestións menores ou puntuais para seguir evidentemente co funcionamento de todos os organismos e as institucións que agora mesmo temos. Tamén temos unha partida dun millón e medio, dun millón e medio, dun millón e medio, si, de euros, para a conservación de infraestruturas, é dicir, non podemos con máis de 100 traballadores, ou 150 traballadores que agora mesmo temos entre o servizo de Vías e Obras e o Parque de Maquinaria que se paralice, eu creo que isto é unha cuestión que evidentemente pode seguir xerando emprego e sobre todo pois soportando cuestións económicas, e en calquera caso tamén soportando que empresas que están facendo o subministro poidan seguir traballando. Nós consideramos que este é un departamento moi importante dentro desta casa, e evidentemente tamén ten necesidades económicas, e sobre todo nestes momentos que seguramente pois as grandes obras van a diminuírse no futuro, seguramente por falta de posibilidade de inversión. Eu creo que temos que seguir mantendo un ritmo de inversión e de gasto neste departamento. Isto en calquera caso non é menoscabo para que volva a repetir, pois, esta modificación se fixera con moito rigor, con moita coherencia, axustándonos claramente ás necesidades que temos e evidentemente intentando pois que aqueles gastos superfluos ou aqueles gastos que non sexan necesarios pois desterralos no futuro ou intentar amortigualos ou diminuílos de cara a agora e ós próximos meses e ós próximos anos. Eu creo que dentro desta filosofía polo menos nós entendemos que debemos traballar todas as administracións e dende logo esta casa pois o fai con ese obxectivo claro. Todo o que se gaste, que exista un control riguroso, que sexa necesario e que evidentemente pois incida nestas políticas de desenrolo económico, de seguir xerando emprego e intentar pois paliar esta situación de crise dentro das posibilidades que teña cada administración e neste caso a nosa administración, para que as pequenas e as medianas empresas pois poidan seguir subsistindo e poida seguir dando emprego, pois a eses dous, ou tres, ou catro, ou cinco, ou dez traballadores que poidan ter nalgúns casos. Eu creo que este é o obxectivo que se plasma nesta modificación de créditos e ó mesmo tempo loxicamente pois seguir dentro dese control tamén, pois atendendo ás demandas que nos plantexan tamén os propios concellos, que aquí temos unha partida tamén duns 500.000 euros. Eu creo que dentro destas cuestións é pois a filosofía desta modificación de crédito, e as partidas que hoxe traemos á aprobación deste plenario. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. José Manuel Figueroa. Ten a palabra D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Bos días a todos e a todas. Dende logo que facer oposición nesta Deputación cada vez é máis fácil e máis complicado, porque hai unha serie de cuestións que case, case, en fin, poden producir, non sei, case hilaridade, e vostedes aquí parece que perderon o compás hai un tempo e entón cada día nos deleitan cun posicionamento totalmente diferente, sen ningunha previsión e o que hoxe é branco nas declaracións mañá é gris nas actuacións, pasado mañá é vermello nas declaracións e ó día seguinte a saber que é, a saber que é, co cal pois lévaos a contradicións flagrantes día tras día e incluso en períodos temporais mínimos, absolutamente mínimos. Podemos recordar, e perdóeseme a introdución, que nestes momentos estamos nunha época de crise, moi probablemente o financiamento desta casa vai a resentirse igual que a doutras institucións, e podemos recordar que non hai tanto tempo parecía que estaban por transferir centros para descargar competencias alleas, despois decidiron que non, agora quen lle dera ter seguido por esa vía que nalgún momento abriron para poder ter recursos para as competencias propias, decidiron no ano 2005 tirar do gasto que é o que había que facer agora, non daquela, decidírono por outras cuestións, actúan aquí como oposición, hoxe mesmo, hoxe mesmo por exemplo, vai vir un asunto no que alegan na Xunta de Goberno hai uns días ó Proxecto Sectorial Vigo Integra, parece que se acabara o asunto, hai un posicionamento doutras forzas políticas de retirala, agora vostedes se suman a retirala, despois veñen a non retirala, ou sexa, segundo cadra, segundo o día, parece que é segundo vai o vento. Hai dúas semanas exactamente, xa centrado na modificación, hai dúas semanas exactamente, vostedes, vostedes non, toda a Corporación, a proposta súa, aprobou un recorte dos gastos correntes, está aí a exposición de motivos, redución dos gastos de protocolo e representación, elaboración dun plan de axuste do gasto corrente, que se baixe o 10%, e etc., etc., bueno, pois hoxe nos traen á parte concomitancias, temos un bo exemplo do axuste do gasto corrente no despregue, que o fin é loable, pero o despregue parece un pouco excesivo, o que temos aquí diante da propia casa, ou sexa, ese é un exemplo do recorte de gasto corrente, un exemplo claro, palpable, que se ve aí en lonas, globos, e todo o resto, iso é un plan de axuste do gasto corrente como corresponde. Pero por se fora pouco digamos o visual, que ó final non é o máis custoso, obviamente, pero si o é, nos presenta unha modificación de créditos en que se os gastos da Corporación había que recortalos e o que sexa pois lle plantamos 1.000.000 de euros máis, 1.000.000 de euros máis, e nas partidas que está non está para nada que se lle pareza a facer obras, actuacións, subministros no edificio do lado, nada máis, aquí só podería entrar unha asistencia técnica para estudar o que se fai, pouco máis, o outro non está neste capítulo. E polo tanto pois coa vinculación xurídica quere dicir que vostedes están gastando, os gastos de libre disposición da Presidencia nun millonciño de euros, pode ser que parte vaia para aí, pode ser, pero o resto pode ir exactamente para calquera lado, exactamente. E no resumo global, pois resulta que ó gasto corrente lle meten unha subida de case 4.000.000 de euros, de case 4, entre capítulo 2 e o 4, o capítulo 2 e o 4, ó de investimentos reais lle meten entre investimentos e transferencias pois 7, e basicamente aí se van os 11, pero lle meten 4.000.000 ó gasto corrente despois de acordar hai catorce días que había que recortar o gasto corrente. Iso é a política, esa é a coherencia, esa é a coherencia que hai e demais, e agora, hoxe mesmo nos deleitan cun discurso no que o investimento, a activación da economía, parece ser o seu eixe central cando hai catorce días nin o citan, nin o citan no seu acordo, nin o citan, o de activar a economía a través da actuación da administración, nin o citan hai catorce días, e hoxe é o eixe central parece ser desta modificación. Segundo o vento vén un día ou outro, vén un día ou outro e demais, por non falar, por non falar de que nunhas cousas seguen ó pé da letra o que lle manda a súa sede central en Madrid, que di replantexar absolutamente todos os gastos e aquí seguen exactamente cos mesmos, exactamente cos mesmos. Pero bueno, iso en todo caso serán problemas internos. O que si temos nesta modificación de créditos, o que si temos, é moito máis do mesmo, máis de gasto corrente, máis de subvencións, máis de actividades exactamente en contra do que aprobaron, e máis de buscar cartos para fóra de programa e fóra de toda Intervención darlle ós concellos que gobernan vostedes. Claro as transferencias ós concellos xunto co que aparece como PAM máis o que aparece no resto, pois se quere lle digo todo o relatorio, e todo o que vai aquí fóra de programa, buscado, é todo, ¡oh casualidade!, para concellos gobernados polo Partido Popular, ou sexa, máis, máis do mesmo, exactamente máis do mesmo. Ben, evidentemente pois isto vistas ... e traxectoria pois é algo que non sabemos onde ubicar no sentido de que hoxe din unha cousa, hai catorce días din outra, un día toman unha decisión aparente, ó día seguinte toman a contraria e ó final pois seguen facendo o mesmo de sempre. Nós cremos e crémolo profundamente que non se pode facer o mesmo de sempre, non se pode facer o mesmo de sempre. Vostedes fano, nós vamos a intentar non facelo, vamos a intentar non facelo. Saben que por norma votamos en contra das modificacións de crédito que son como consecuencia dun orzamento e dunha xestión desta casa que non compartimos, e moito menos nin participamos, nin compartimos. Dende logo a propia modificación, se vostedes lle recortan, lle recortan, o que é o aumento de gasto corrente en partidas de futuro, que francamente, de futuro que igual se gastan, que non é certo, a versión que están dicindo non é certo e senón ó contrario, si recortan as partidas, recortan ou suprimen, as partidas 111.26, 111.27, a outra de millón e medio que, a ver, isto non hai quen, ou está moi mal feito o orzamento ou tiraron do pichi dunha maneira absolutamente desmesurada, sabemos que subiu o pichi, evidentemente que subiu o subministro, pero de todas maneiras non hai maneira, e así se a modificación de crédito, xa sen entrar, xa nas cacicadillas, de que se vai para aquí ou para alá, se centra en investimento e cubre os criterios que vostedes propuxeron hai catorce días estaríamos dispostos a votar a favor, e non só iso, non só iso, senón que conten coa disposición deste grupo se queren para facer un plan de verdade e incluso con cambios en posicionamentos, que vamos, históricos, un plan de verdade, de recorte do gasto corrente, de limpeza dunha serie de partidas por aí, que teñen unha función máis que discutible e si son bastante perversas, de centrar o investimento e demais. Aí queda a proposta, aí queda o noso posicionamento que en consonancia co que facemos noutros lados e facemos aquí é o posicionamento xeral que defendemos, vamos a soster, estamos dispostos a votarlle a favor desta modificación de crédito, a pesar das versións que ten, se se centra en recortar o gasto corrente e en investimento real de verdade. O investimento real pode ser para pagar a revisión de prezos do Museo, hai que pagalo, correcto, do que sexa, pero en investimento real, capítulo 6 e no seu defecto o 7, transferencias de capital, activar a economía, pagar, facer pagos e licitar obra pública, isto con respecto á modificación e con respecto ó futuro, se queren, se queren é responsabilidade súa, estamos dispostos a sentarnos e asumir, a asumir e participar nunha proposta de actuacións desta casa, da Deputación, que realmente responda a eses criterios, ós que aprobamos no pasado Pleno e ós que poidan, centrar na activación da economía, licitar obra pública e demais, incluso dispostos a votar a favor de medidas que noutros momentos obviamente non compartiríamos e moito menos avalaríamos. Conten coa nosa axuda se van nesta dirección, conten coa nosa axuda, pero teñen que demostrarnos que van nesta dirección. Dende logo se vamos a recortar o gasto corrente, e a primeira oportunidade que temos lle metemos 4.000.000 máis en cousas máis que discutibles, dende logo, non, para esas contradicións obviamente nós non vamos a avalalas, non temos por que, e nos están demostrando que unha cousa é o que se di, o que se dixo hoxe, que non se dixo hai catorce días, e outra cousa é o que se fai, e aí claro, obviamente non temos en fin, ningunha posibilidade de avalar que vostedes fagan o contrario do que din, agora, se queren facer, a primeira parte do seu discurso Sr. Figueroa, se queren ir por esa liña conten con nós, incluso para votar medidas que ata poden ser impopulares e demais, estamos dispostos a mollarnos en axudarlle ou colaborar ou pactar medidas que poidan ir nesa dirección, conten con nós. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Cesáreo Mosquera. Ten a palabra D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Bos días. Home, realmente esta modificación de crédito ía vir ó Pleno anterior, de feito na Comisión que informou, na Comisión Informativa de Economía que informaba os asuntos que viñan ó Pleno anterior retirouse a modificación de crédito. E ilusos de nós pensamos que a retirada viña en función de que xa que se adoptaba un acordo de conxelación de capítulo 2 e demais historias, pois que ían a axustar o tema. É máis, fixémoslle unha proposta no Pleno, recordará Sr. Figueroa, fixémoslle unha proposta para que de cara ó último trimestre deste ano fixeran efectivo aquel acordo, cousa que por certo, vostedes dixeron non no Pleno, pero si ós medios de comunicación, dixeron que non era posible, que non había recorrido para facer caso a esa proposta que lle facíamos hai sete días, posto que só queda un trimestre realmente. Bueno, a realidade é que queda menos dun trimestre, porque estamos diante dun expediente que cando acabe a información pública quedaranlle dous meses e medio para poñelo en práctica. E recoñecerá, Sr. Figueroa, recoñecerá comigo e con todos, que en dous meses e medio facer fronte a un incremento de máis de tres millóns e medio de euros en gasto corrente, en capítulo 2, é difícil que se produza, bueno, sería difícil en teoría, a realidade, a realidade, é que é certo que non podían facer fronte ó que lle plantexabamos porque gran parte do gasto está feito, ese é o tema, porque supoño, supoño eu, que cando aparece como gasto dese capítulo 2, cando aparece facerlle fronte a gasto corrente de apertura da sede de Vigo, loxicamente, unha de dúas, ou o gasto está feito ou fixeron mal a previsión no orzamento de cara a este ano e non lle chegou a previsión. Eu me inclino porque o gasto estea feito, me inclino por aí, e iso nas demais cuestións tamén, polo tanto estamos ante unha actuación típica do Partido Popular na Deputación que é o dicir unha cousa e facer no mesmo día, ou neste caso na semana seguinte exactamente o contrario do que se di, e non só na semana seguinte senón no mesmo día, é dicir, o Sr. Figueroa aparece na súa intervención, empeza a súa intervención facendo referencia á difícil situación dos concellos e de toda a administración local por falta de cartos para inversións, etc., etc. E claro, un cando estaba oíndo esa parte do discurso pensaba que entón o que se plantexa aquí para concellos, que é pouco máis ou menos, pouco máis ou menos non, é practicamente o 5% pelado de todo o importe do expediente, pois pensaba que ían incluso “in voce” agora mesmo, o Sr. Presidente da Comisión de Economía, ía a retocalo, ía a dicir que, que bueno, que o pensaran e que o facían doutro xeito, pero non, ó final da súa intervención seguiu dicindo que mantiña ese 5%. Polo tanto, Sr. Figueroa, non se pode estar facendo discurso sobre unha cousa que en realidade no papel está demostrando o contrario do que di, é dicir, volvo a repetir, nunha, unha semana despois cambia de opinión, e noutra no mesmo día, en minutos. Polo tanto, isto realmente non ten moito sentido, e isto non é que sexa diferente a outros expedientes que viñeron aquí, é dicir, só polo feito do expediente como tal daría para votar en contra sen estas dúas cuestións, daría para votar en contra porque seguir sen dicirnos, sen ir poñendo cartos enriba da mesa para temas de carreteras provinciais, expropiacións, etc., etc., con partidas xenéricas, sen facelo cun documento enriba da mesa, para que de verdade miremos a onde van eses cartos dunha vez, e de verdade se mire se están priorizadas as inversións ou non en función a criterios obxectivos. Bueno, pero iso segue sen darse aquí agora mesmo, e segue sen darse en montóns de cuestións, e probablemente non lle vou a dicir que non, nós estaríamos de acordo pois co 20% do gasto desta modificación de crédito. Pero estar de acordo co 20 e en desacordo co 80, á marxe, á marxe, volvo a repetir do tema do plantexamento do Partido Popular de hai unha semana e do que vostede dicía hoxe no discurso xa valía para votar en contra. Polo tanto vamos a seguir mantendo o mesmo voto que no orzamento e votamos en contra. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Emilio González. Ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Bueno, dende logo eu esperaba que os grupos da oposición pois fixesen outro tipo de argumentos ou desen outro tipo de argumentos e de plantexamentos. Ó final dan os mesmos de sempre, e os mesmos de sempre pero claro, Sr. Mosquera, é moi difícil entender a vostede que critique o que hai aí na porta cando vostedes, nós somos humildes, collemos todo o que temos por aí de todas as actividades deportivas, o xuntamos e comprámolos durante o ano para toda a actividade de dous o tres anos, e pomos unhas pancartas, pero vostedes teñen todo o luxo, que hoxe vén a Conselleira, claro, sabendo que hoxe facíamos un acto pola tarde vén a Conselleira de Deportes, que non vou a falar dela porque non é o motivo, e monta aí unha carpa superluxosa, iso si que é luxo, é dicir, non está noutro lado, póñena ó lado da porta da Deputación, que pode vostede mirar, “Xunta de Galiza”, “Galiza con Pekín”, é dicir, vostedes critican que algúns acudan a axudar ós nosos deportistas e vostedes resulta que montan unha carpa, poden mirala os periodistas aí fóra, poden ir, vostedes teñen dentro de todo tipo, é dicir, actividades, de, din aquí teatro, non sei se terán teatro ou o que teñen, pero algo máis que, dende logo nós somos humildes e o que fixemos é as corenta pancartas que temos distribuídas en todas as instalacións deportivas pois hoxe dixemos hai que traer todas para aquí para aforrar, e ó final puxemos o globo que xa o temos, e temos todo de actividades do ano. ¿Pregunte canto custa esa carpa vostede?. ¿Pregunte?. Se quere llo pregunto eu, ou senón lle digo eu canto custa, porque home, algo diso tamén sabemos, eu creo que, facer ese argumento para intentar desvirtuar unha modificación de créditos que pensamos que é coherente, razoable, e vou a entrar en máis detalles, porque eu creo que de vez en cando é bo facer algún discurso político tamén económico, pero ese dende logo non serve, eu creo que aí se equivocou, hoxe serrou, non mirou a súa, ó mellor non a mirou, eu non sei se está tapada con algunha das nosas cuestións e ó mellor a que teñen vostedes, o Bloque, a Consellería de Cultura, seguramente non a mirou, ¡pois é grande de carai!. Pero digo isto, Sr. Mosquera, mire, eu levo aquí xa case cinco anos, e ó principio un cando chega a unha administración e non a coñece pois empeza a reflexionar sobre o que din os compañeiros, eu procuro escoitar ou me gusta escoitar, e ás veces digo, oe pois, tamén aprendes o que din as persoas que están, fas reflexións, dis en voz alta “estaremos facendo ben, non facendo ben”, se escoita ós compañeiros e eu a vostede o escoitaba, o escoitaba, me parecía unha persoa con experiencia na vida municipal, na vida nesta casa, pero hai xa un par de anos empezo a ver que vostede ten pois un discurso único e exclusivamente demagóxico de cara á galería, de cara á prensa, é dicir, ten a habilidade de filtrar ben cando lle interesa, é dicir, móvese ben, saca o discurso do contexto, etc., etc. E aquí sacouno moitas veces no tema económico, pero claro, chega un momento que a realidade salta, é dicir, un non pode ampararse só nos discursos demagóxicos, seguramente cando está na oposición ben, pero cando ten que gobernar élle complicado, e cando goberna e toma decisións e esas decisións no transcurso dos tempos pois se dá un conta que son trampas “legais”, é dicir, argumentos políticos que se utiliza para facer o discurso de cara á galería, pois evidentemente un empeza a analizalo e claro cando lle chega a un un expediente como o que teñen vostedes de doce millóns de euros no concello de Pontevedra e non vou a falar de nada politicamente do que vostede di, de paliar a crise, e leo nunha parte dese documento que un técnico di “xa por último no suposto de, se crean partidas para posibilitar no seu día o recoñecemento extraxudicial de crédito de diversos gastos que non foron tramitados de acordo ó procedemento legalmente establecido, omisión da fiscalización de Intervención, falta de consignación orzamentaria, incumprimento do establecido na Lei de Contratos”, un di, home, ¿que pasa aquí?, iso se chama, o recoñecemento extraxudicial de crédito é iso, e entón un vai ás partidas e di, home, de 12.000.000 de euros seis son destinados a iso, é dicir, a pagar cuestións que vostedes non fixeron nin contratos, é dicir, pufos, o que lle chaman actualmente os cidadáns pufos, é dicir, cando non facemos unha contratación e deixamos algo pendente, chamamos a alguén e dicímoslle, “fainos isto, xa che pagarei que agora non teño diñeiro”, e vostede, claro, despois de tres ou catro anos ten que pagar, ten que pagar dese discurso que vostedes falan de legalidade, de se estaba non sei que ou non sei canto. De doce millóns, e isto é para os cidadáns e para a prensa, de doce millóns seis son de pufos. Que leccións vai a dar vostede, claro, pero iso non é o máis grave de todo, vostede vén aquí e di “é que o noso concello non está endebedado, ten un endebedamento, estamos facendo inversións”, claro, e un chega e di, home, fala cos Interventores de Vigo, de onde ten relación, da casa, doutros concellos e di, ¿oe, vos permitides nos ingresos aceptar ventas de parcela ou ingresos urbanísticos para ingresos?, e claro, chegas ó Interventor de Vigo e che di, “estás tolo, ti estás tolo, como vas a afectar ventas de parcelas a favor de ingresos hipotéticos”, non cho admite ningún Interventor, pero vostedes non, claro, vostedes meten no capítulo de ingresos cando fan os presupostos, meten, afectan a parcelas, a ventas de parcelas que saben que despois son irrealizables, como estes 10.000.000 de euros que hoxe aparecen na prensa, que di “o concello pecha o proceso de venta das parcelas da Eiriña sen comprador”, vamos a ver que fan vostedes dentro duns anos con estes 10.000.000 de euros que tiñan afectados a ingresos e que agora non poden telos, pois un déficit de 10.000.000 de euros. ¿Que ocorre con isto?. O lóxico cando se fai un orzamento é que vostedes acudan a préstamo ou a financiamento, claro, o endebedamento non lle baixa e acométeno como ingreso, a venta de parcelas, saben que non é irrealizable, e claro, dentro de dous ou tres anos virá o déficit do concello. Iso é algo que nesta casa non se fai, e claro vostede fala de situación económica, esta casa ten mellor situación económica que moitos concellos e que moitas administracións gobernadas por vostedes, ¿sabe por que?, porque o que hai é real, non enganamos a nadie, é real, e se temos un endebedamento x o temos real, e se temos uns ingresos previstos os temos reais, e se temos uns gastos previstos os temos reais, e vostedes non, vostedes enganan, porque o endebedamento non é o real, porque están afectando a ingresos parcelas que saben que non van a vender e polo tanto, e o gasto tampouco, porque agora claro, me dá moito a min a risa que vostedes falen de discurso de paliar a crise cando teñen seis millóns para pagar pufos. Sr. Mosquera, esta é a realidade e agora se lle descubriu e como se lle vai a descubrir dentro duns meses ou duns anos esas ventas de parcelas que non van a poder facer, e máximo agora, porque como os ingresos normais, tradicionais, vía impostos, van a baixar, porque vai a incrementar a morosidade, porque os cidadáns van a facer cada día menos, máis posibilidades para esquivar eses impostos, pois van a ter un problema, van a ter un problema, seguramente ó mellor cando non gobernen, como fan sempre. Que o PP lle deixa a xestión económica máis ou menos enfocada e vostedes a destrozan, esa é a situación, porque se repasamos concellos onde gobernan vostedes pois sempre pasa exactamente igual, e din vostedes, “abrimos a hucha”, claro, a hucha das trampas, a hucha das trampas, que ningún concello nin ningún Interventor permite esa situación. E esa é a realidade, e esa é as comparacións que temos que facer despois de certo intervalo de tempo. E claro, e falan vostedes de sectarismo, home, eu sinceramente, e llo digo co máximo respecto, co máximo respecto político, hai que ter cara dura para falar de sectarismo, vostedes despois de gobernar tres anos e medio a Xunta de Galicia. E lle vou a dar só algúns datos, só algúns datos, reais, sacados das páxinas web das súas consellerías, nin nosos, nin de prensa, estes son, calquera periodista pode acudir ás páxinas dos datos que lle vou a dar e xa verá como son reais. E mire, das Consellerías de Presidencia, Política Territorial, Sanidade e Medio Ambiente, gobernadas polo PSOE e as Consellerías de Vicepresidencia, Industria, Cultura, Medio Rural e Vivenda, gobernadas polo BNG, repartiron no ano 2007, 32,8 millóns de euros, en subvencións falo. E di, concellos do PP, recibiron 6,8 millóns de euros, é dicir, o 20,27% do diñeiro repartido, e o PP goberna no 51,4% dos concellos de Galicia; concellos do PSOE, recibiron 16,3 millóns de euros, é dicir, o 48,79% das cantidades repartidas, o PSOE goberna no 32% dos concellos galegos; o BNG recibiron 9,7 millóns de euros, é dicir, o 28,85% do diñeiro repartido, o BNG goberna no 10,5% dos concellos galegos. Reparto por consellerías, en Presidencia, PSOE, o 93% dos fondos que conveniou foron con concellos do PSOE, os gobernados polo PP e polo Bloque, xa os meto ós dous xuntos, chega ó 5%, ó 5%, o 95% é para concellos gobernados polo PSOE, polo PSOE. En Política Territorial, o PSOE o 80% dos diñeiros dos convenios foron asinados para os concellos do PSOE, os do BNG e os do PP recibiron o 20%. En Cultura, o BNG, claro, aquí xa cambia, aquí a porcentaxe xa variou, aquí é o 60% para os concellos gobernados polo BNG, que só goberna o 10,5% dos concellos, como vostedes poden ver, e de verdade, llo digo co máximo respecto persoal, pero claro politicamente non, a cara dura política de vir a esta Deputación a criticar políticas de sectarismo, con estes datos, con estes datos, sáquenos da páxina web, que non fixemos nada máis que iso, tardamos media hora en facelo, hoxe pola mañá o fixemos. Como poden vostedes, volvo a repetir, cando aquí hai alcaldes que saben que se lle nega absolutamente todo, ata o respecto institucional, que non se lle recibe en ningún lado. Poden vostedes vir a criticar aquí, e claro, a maior parte dos convenios son 100% Xunta de Galicia, 0% os concellos respectivos, que esa é a segunda parte aínda. Ós do PP xa non lle dan nada, pero cando lle dan algo é o 40 ou o 50% dos convenios, vostedes non, vostedes 100%. Non poden vir aquí a dar exemplo de nada con estes datos, pero absolutamente de nada, e esa é a parte política deste tema que vostedes sacaron, porque falaron de sectarismo, porque falaron de situacións que nós creo que non temos absolutamente nada que esconder, todo o contrario, os presupostos da Deputación son transparentes, coas decisións políticas que nós consideramos, evidentemente, porque para iso estamos aquí, aquí estamos para gobernar e para tomar decisións políticas, as que nós consideramos máis correctas, e evidentemente como comprenderá vostede algo de reequilibrio haberá que facer, haberá que facer, porque con estes datos os concellos onde goberna o Partido Popular, polos criterios que vostedes están adoptando na Xunta e no Goberno Central, pois quedarían con reparto 0, ou quedarían totalmente discriminados. Pero o problema non é que queden os nosos alcaldes nin os nosos gobernos, o problema é que quedan os veciños e as veciñas de máis do 50% dos concellos de Galicia que son os gobernados polo Partido Popular. E para rematar con respecto a esta modificación de crédito, mire, nós volvemos a repetirlle que esta modificación de crédito está moi ben pensada e con moita coherencia, feita con moito rigor, e vostedes saben perfectamente, é dicir, porque sempre critican o tema do parque de Vías e Obras, ¿que queren?, que os 150 traballadores que están facendo un magnífico traballo os poñamos na calle, porque iso é o que vostedes queren. Se nós somos capaces de ter gasto, ese gasto, é que a ver se se entende dunha vez por todas, porque xa, o discurso do chapapote xa o esqueceron, agora xa non existe para vostedes. Se nós temos un departamento nesta casa, un departamento que é capaz de xestionar gastos para melloras de viais e de infraestruturas por iniciativa propia e por xestión propia, quere dicir que están facendo un bo traballo, quere dicir que eses traballadores están rendabilizando os seus ingresos e a súa nómina e o seu traballo, porque o diñeiro non se tira, quere dicir que se fai falta subministro para esas máquinas e para eses traballadores de material, quere dicir que eses traballadores están facendo viais, carreteras, mellorándoas, etc., etc., porque senón evidentemente estarían a un rendemento menor. Eu creo que é bastante lóxico e bastante razoable, pero se vostedes queren chamen ó Presidente do Comité de Persoal e díganlle que non queren, que queren pechar o departamento de Vías e Obras, que queren pechar o parque de maquinaria, coma algúns concellos que eu coñezo, que no parque de maquinaria a metade da maquinaria está parada, e se queren lle dou datos, parada, hai concellos na provincia de Pontevedra que algunhas máquinas das que teñen as teñen paradas, vamos alí agora mesmo e igual teñen quince ou vinte máquinas paradas, ¿por que?, porque teñen outras políticas, de privatizacións, de mantemento de rúas con privatizacións, bueno, pois aquí non, aquí o departamento de Vías e Obras, guste ou non lles guste, funciona pois bastante ben, e evidentemente se a nós nos piden dese departamento que aínda poden facer máis infraestruturas e máis viais e mellorar os que temos, pois evidentemente, pois temos que darlle subministro de material, porque senón nos quedaría unha solución, coller, chegar alí, pechalos e ós 100 traballadores pois quedarían sen posibilidade de traballar ou telos aí parados, como fan outros, pois mire, esa é a situación, e nós vamos a seguir apostando por iso. E por suposto que tamén vamos a seguir apostando polas actividades, é que vostedes se contradín tamén no seu discurso, non din en Madrid que hai que potenciar e premiar o gasto social, eu creo que o gasto social, as actividades deportivas, culturais e sociais de todo tipo pois é gasto social, claro que é gasto social, claro que nós estamos tremendamente orgullosos do departamento de Deportes e do departamento de Cultura e do departamento de Benestar Social desta casa, quizais sexan dos departamentos que máis alegrías e máis satisfaccións dan ós veciños e veciñas desta provincia, porque se está dando cobertura, porque se está atendendo a todos os colectivos, como nalgúns casos vostedes non fan dende o goberno da Xunta de Galicia, e esa é a política que nós temos, e por suposto que vamos a seguir incidindo nesas políticas de apoio social, cultural, deportivo, turístico, etc., etc., á parte evidentemente das inversións, home, Sr. Mosquera, só faltaba que vostede non defendera a inversión no Museo e a inversión en Pasarón, é que se hai un exemplo dun concello que non está discriminado e que está ben atendido por esta casa é Pontevedra, e eu como vigués pois me sinto orgulloso de que se lle axude ó concello de Pontevedra, por suposto ó de Vigo tamén, ó de Vigo tamén, pero como comprenderá vostede, é difícil que vostede faga un discurso cando este concello ou esta Deputación co concello de Pontevedra creo que está tendo un comportamento exquisito, á marxe das diferenzas e das polémicas políticas que poidan xurdir que tamén son boas. Creo que aí están os datos e cando queiran facemos un debate sobre esas cuestións, podíamos dicir nós agora, pois mire, debido á situación económica que se paralice no Museo de Pontevedra a inversión, que se paralice o campo de Pasarón, que se paralice a ponte que se vai a construír proximamente e que xa está adxudicada e consignada, ou podíamos facer outra estratexia que é a de vostedes, facer un expediente anticipado de gasto e non ter consignado por exemplo a Ponte do Lérez, ou facer o mesmo co Museo, ¿que pasaría?, que dentro de dous anos habería que pagar os pufos como fan vostedes. Porque claro, eu cando vostedes fan a presentación mediática de que as medidas que vostedes teñen é para paliar a crise, home, eu non tendo coñecemento digo, home, pois vale, pois politicamente é unha posta en escena correcta, pero claro, cando me pasan este documento e me din que dos doce millóns, seis son para recoñecementos extraxudiciais de créditos, é dicir, para pagar pufos, chamo a Teresa e lle digo, pero Teresa, pero ¿é verdade que son capaces de vender a todos os veciños e as veciñas que invisten doce millóns para paliar a crise, pero que a verdade é que seis millóns son para pagar pufos de expedientes que non teñen contabilizados?, e me di, si, é verdade, e eu lle digo, bueno, estes son uns maestros, hai que quitarse o sombreiro, é imposible que se poida vender desa maneira doce millóns de euros para paliar a crise, é que aínda hai a persoas que vaian ós seus despachos, ou de verdade, ou non coñecen isto ou é totalmente imposible, de verdade, os teñen vostedes perfectamente controlados a todos os sectores, porque que persoas poidan dicir que as demais institucións temos que seguir exemplos de como o concello de Pontevedra adopta medidas para paliar a crise, e volvo a repetir porque é moi importante, moi importante, doce millóns de euros, seis son para pufos, é dicir, para obras que xa se fixeron, non para obras que van a facer. Pois nos reafirmamos aínda moito máis Sr. Presidente, que eu creo que as decisións que está tomando este equipo de goberno, e neste caso con esta modificación, son non só as correctas senón que nós si que podemos dar exemplo do que estamos facendo con coherencia e con rigor, e con rigor, porque aquí non vai nin unha soa partida para gasto superfluo ou para gasto que non sexa necesario e imprescindible, senón todo o contrario, e que a maior parte das partidas están xerando emprego, están xerando riqueza e sobre todo están tendo nestes momentos que é un tema tamén importante, que esta casa creo que no prazo que está pagando hai poucas institucións que o fagan, en menos de tres meses, en menos de tres meses, pois sigamos, sigamos con esta política, pensamos que é mellor ter que facer modificacións de créditos para previsións ou provisións, incluso que se poidan facer a medio ou a longo prazo que como fan vostedes, non facer as previsións, enganar nos ingresos e despois facer recoñecementos extraxudiciais de créditos con modificacións de crédito. Nós polo menos facémolo ó revés, facemos a previsión, a contemplamos, a traemos ó Pleno con total transparencia e ó final as executamos, porque esa é outra das cuestións, nós a porcentaxe de execución dos presupostos é elevadísima, polo tanto creo que despois das dúas intervencións e dos argumentos que acabamos de dar nos parece que aínda nos reafirmamos máis nesta modificación de créditos, nós dende logo non vamos a variar absolutamente nada porque consideramos que estamos na liña correcta e que non entramos en contradicións senón todo o contrario, non hai gasto superfluo e todo o que hai é para gasto imprescindible, para inversións e para demandas que teñen os colectivos de veciños de toda a nosa provincia. Polo tanto, vamos a pedir o voto a favor desta modificación de créditos que é importante para a economía da nosa provincia e sobre todo para atender e para que esas pequenas e medianas empresas, que poden ter problemas, que esta casa siga cumprindo como está facendo ata o día de hoxe. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Ten a palabra D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. Toda esta discusión no fondo, no fondo o que agacha é unha diferenza total e absoluta de plantexamentos en relación á economía, a como debe de funcionar e que función cumpren as Administracións Públicas neste caso. Podemos ir a exemplos moi claros, ou sexa, pode unha empresa particular estar en crise que a administración sexa a de Bush, a española, ou a europea non lle vota unha man. Sen embargo se é o capital financeiro, o capital especulativo, non produtivo, aí si saímos no seu socorro. Ultraliberalismo fronte a un tímido keynisienismo, nada máis, ou sexa, Keynes que era un señor bastante prudente, nada de revolucionario, nestes momentos soa a revolucionario. Ben, resulta que as teorías económicas que defenden que cando hai crise ten que ser a administración pública a que adopte medidas para soster dentro das súas posibilidades a actividade económica mediante investimentos, pois non é o que está de moda e aínda non o escoitamos, e resulta, resulta que o Partido Popular nas medidas estas de Rajoy non o cita para nada, son todo o contrario, todo o contrario, di “restrinxir as modificacións de crédito e replantexar os investimentos”, ou sexa, reducilos. Isto, isto é o que está de fondo e é o que vostedes non logran entender, ou sexa, non logran entender. Mire vostede, mire vostede, dicir, estar preocupados porque a patronal estea de acordo con estas medidas, pois eu estaríao, estaríao porque vai en contra das súas receitas económicas, evidentemente, estaríao. E xa chega, xa chega a súa preocupación ó extremo de que están cuns plantexamentos económicos que o aparato produtivo, a patronal do aparato produtivo non pode compartir, non pode compartir que se poida defender o capital especulativo en contra do que está producindo co seu beneficio, que teñen que terxiversar a realidade dunha maneira absolutamente feroz e fan, como vostede fixo referencia ó concello de Pontevedra, e laméntoo, pero como é un paquete de medidas do concello de Pontevedra que fixo referencia, digo, a ver se o entende, porque me parece que non o entendeu. A modificación de crédito que se vai debater no Pleno que temos agora a unha, podíamos aforrar falar aquí pero vostede parece que ten moito interese, está acordada dende abril, dende abril, non ten nada que ver con este tipo de tal, está acordada e, por xunta de goberno de que se actualizaran todos os pagos. Ben, o que houbo, o que houbo foi unha modificación, o que houbo foi unha modificación, ¡eh!, precisamente como medidas da crise, de meter todo en investimento, meter todo en investimento, e é curioso por exemplo que se diga que son gastos, ou sexa modificados ou gastos feitos cando aquí nos traen o do Museo ou o de Pasarón. Evidentemente, que eu saiba é favorable para a economía estar inxectando cartos ou pagar a tempo, bueno, o do funcionario xa o falaremos, que non ten pés nin cabeza sacar un informe dun funcionario doutra administración aquí, porque podíamos falar tamén incluso de que responsabilidades poden ter algúns funcionarios aí. Pero vostedes non entenderon nada, absolutamente nada, a decisión é que vamos a forzar ó máximo a capacidade de investimento do concello, se está a falar entre directos e inducidos duns cento cincuenta millóns de euros, se está falando duns cento cincuenta millóns de euros. Por exemplo, onte mesmo unha urbanización, digo que se fai público, unha urbanización que se vai a tres e pico millóns de euros estaba parada e se instou a quen a están facendo para que a axilicen, e a van axilizar, iso é actividade económica, iso é utilizar a administración para xerar actividade económica, e repito, un paquete de medidas que vai bastante, curiosamente, Sr. Figueroa, curiosamente do decálogo máis un que presentan vostedes en Vigo recollen perfectamente, entendérono, parece ser que o entenderon, ou sexa, cando o collen das medidas que se adoptaron en Pontevedra para copialas para Vigo parece ser que o entenden, parece ser que o entenden, aquí parece ser que non o entenden, debe ser ó cruzar o Verduxo as entendedeiras se aclaran, mire, claro que está de acordo o sector produtivo en que se adopten estas medidas, que non é esa modificación de crédito, que é para pagar reformados ou pagar obras que no seu momento puideron ter, pero que están feitas e hai que pagalas, entón vostedes enganchan cunha serie de cuestións que son absolutamente, o que está de fondo, o que está de fondo é que vostedes non apostan por iso, se queren apostar, díxenllo antes e non quero entrar a discutir que se unha carpa vén itinerante e outra vén, se concentran ou non, simplemente digo que hai certas actuacións que son así chocantes cando se fala de austeridade no gasto público, entón como argumenta vostede, porque recorta, por que di que recorta os gastos en protocolo, é que non dá traballo, claro que dan traballo, o problema é que todo o que fai a administración pública dá traballo, todo, todo, directa ou indirectamente, o problema é onde, onde se prioriza, ese non é o problema, claro que si, e se vostedes nomean cincuenta asesores son cincuenta postos de traballo, e se gastan en publicidade o triple, pois mire, alguén vivirá diso, obviamente, o asunto é onde se prioriza, entón nos sae cun discurso absolutamente confundido. E dígalle que lle dean ben os datos, síntoo porque di, hai que escoitar cada cousa, no concello de Pontevedra o ano pasado orzamentou setenta e nove millóns de euros, ¿sabe canto ingresou realmente, canto ingresou realmente sen facer ventas?, noventa e sete, noventa e sete. Que aprendan, porque enganchan nunhas, teñen aí unha cuestión, non me estraña, non me estraña, vostedes teñen un problema grave en Pontevedra, teñen un problema grave, e no seguinte punto da orde do día virá, ou sexa, nin máis nin menos que fai o ridículo de parar a ponte a ver, porque a alguén se lle ocorre, se lle metemos dez carrís e máis unha avioneta, a ponte de Monteporreiro, claro, ó final houbo que gañar un pouco de tempo para non desautorizalo frontalmente, desas teñen así, teñen así. Pero estamos falando un pouquiño máis serio, estamos falando cun pouquiño máis de nivel, ou creo eu, polo menos así debería ser, así debería ser Sr. Figueroa, repito, se queren, se queren facer un plan de intervención desta institución na economía real mediante os criterios que vostedes, que aprobamos todos hai quince días, máis un plan de intervención de fomento da economía, da economía vía investimento, conten con nós. Se queren seguir por esa liña de, a crise para vostedes aquí parece ser que foi no 2005, cando perderon a Xunta, entón si que empezaron a tirar aquí da economía desta institución a tope, se queren, se realmente cren que hai crise e que hai que utilizar as institucións a fondo para tal e comparten o plantexamento que acabamos de facer, que polo menos na primeira intervención parece que dixo que si, conten con nós, senón, evidentemente, máis do mesmo, e á parte absolutamente contraditorio incluso co que din vostedes, non vamos a apoialo, obviamente, obviamente, porque non compartimos esta maneira de actuar. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Cesáreo Mosquera, ten a palabra D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Eu teño que recoñecer que eu non vin a debater aquí ningún punto da orde do día do pleno de Pontevedra, da cidade de Pontevedra, non vin a iso, porque contando polo reloxo se tirou dez minutos falando dese tema e eu recoñezo que non viña para iso, procurarei, procurarei nos próximos plenos de Deputación falar antes cos meus compañeiros en Pontevedra para que me aleccionen do que vai ó seu pleno, ó pleno do seu concello para poder chegar a debater cousas que non veñen ó pleno da Deputación pero que as mete o Sr. Figueroa, nin por suposto viña a debater como se resolve a crise financeira a nivel mundial, pero bueno, podemos cada un dar a súa opinión, e cada un dirá o que lle pete nesta cuestión, pero o que si é certo, mirando o seu discurso, é que eu teño que asumir o meu papel, o papel que me atribúe de cara dura político, porque dende logo entre cara dura político e mentiroso hai unha diferenza importante e eu prefiro asumir o de cara dura político, o outro quédalle para quen o utilice normalmente, porque claro, a ver, se un está criticando que nun concello determinado haxa un recoñecemento de créditos extraxudicial por seis millóns de euros e resulta, e resulta que trae aquí no seu expediente catro millóns de euros, que dito doutro xeito van a ser para o mesmo, si, mire, si Sr. Figueroa, e lle vou a dicir por que, lle vou a dicir por que Sr. Figueroa, porque é materialmente imposible en dous meses que quedan de exercicio gastar eses catro millóns de euros, porque recoñecerá comigo que os gastos que hai, a partida que hai para pagar os gastos da sede de Vigo están feitos, xa se produxeron, si, si, Sr. Figueroa, e como iso moitas máis cousas, pero bueno, o que xa é sorprendente, sorprendente, en intervencións como a do Sr. Figueroa é que nos saque o relatorio das inversións da Comunidade Autónoma en diferentes concellos, e digo que é sorprendente porque iso é practicar a política de chámalle antes de que te chamen, claro, é que se facemos iso mesmo coas inversións da Deputación, coas que non din, porque lle podo recordar, vinte veces ademais e máis de vinte veces lle pedimos, lle pedimos, montóns de veces, que se nos dera a relación de subvencións diferentes, e non se dá, e se tarda, é dicir, esas vostede sácaas da páxina web, aquí de ningún sitio, aquí é a ocultación dos datos pola ocultación, tan sinxelo como iso, cantas veces lle pedimos Sr. Figueroa que nos dixeran con que criterio se dan unhas subvencións a asociacións e a outras non se lle dan e por que non se lle dan. ¿Cantas veces?. Lle digo que se facemos esta pregunta pleno por pleno non resiste, vamos, non hai un só pleno que non se dea esta circunstancia, nin un só. Home, Sr. Figueroa, hai cousas que de verdade non se poden facer, nin se pode dicir, ter o descaro de dicir que “non, non, nós investimos en Vigo, claro que investimos en Vigo”, si, claro que invisten en Vigo, pero curiosamente, curiosamente de xeito diferente a cando gobernan e cando non gobernan, ¿ou non?, ¿ou non?, ou cando gobernan non se multiplica por vinte, ou por cen incluso, vamos, é que xa está ben, é que xa está ben de ter que oír tonterías deste tipo por parte do Sr. Figueroa. E isto é como sempre, como sempre, a fórmula de intervención que ten vostede, é dicir, nin máis nin menos. Pero mire, xa que falaba dos actos que se fan esta tarde, unha pregunta, ¿como lle chama vostede a que ós Deputados da oposición se lles invite ó acto de hoxe ás seis da tarde, hoxe pola mañá. ¿Como lle chama vostede a iso?. Bueno, por certo, efectivamente non é invitación sequera, nin sequera é invitación, home, por Dios, por Dios, cando se fala, como fala vostede de utilizar os cartos das institucións de xeito partidista vostedes dan, Sr. Figueroa, dan exemplo do que vostede está dicindo, porque non me diga Sr. Figueroa que isto é unha invitación, non mo diga, e lle chegou hoxe a todos os Deputados do Grupo Socialista, hoxe, esta mañá, creo que fun o primeiro que a recibín, que a recibín ás nove menos cuarto, por Dios, xa está ben, xa está ben Sr. Figueroa. Ben, sinceramente isto non supón nada diferente ó xeito de facer política que teñen vostedes e que ten o Sr. Figueroa concretamente dende sempre nesta institución, polo tanto o que dicía antes, á marxe, á marxe de que aprobara unha cousa, hai unha semana que non lle fan caso, por suposto, e á marxe de que contradi o seu propio discurso de hoxe, cando fala de darlle máis cartos ós concellos e lle dedica menos do 5%, á marxe diso, simplemente por facer o mesmo de sempre merécese o que vamos a facer, votar en contra. Sr. Presidente.- Moitas gracias. D. José Manuel Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Si, bueno, primeiro eu estiven nunha Comisión Informativa onde se deu conta do acto do día de hoxe, en calquera caso, mire, ¿sabe cal é a diferenza?, que no suposto de que chegase, no suposto de que chegase a invitación hoxe, Dona Anxela Bugallo non sei se está aí, a nós aínda non nos chegou a da Conselleira, é dicir, non nos chegou aínda a da Conselleira. Pero neste tema, esa é unha cuestión menor, importante pero menor, mire, o importante de todo isto é que de once millóns de euros, máis do 90%, máis do 90% van dirixidos a inversións destinadas ós concellos, é dicir, porque supoño que o Museo de Pontevedra é unha obra que aínda que sexa nosa está no concello de Pontevedra; Pasarón tamén; as estradas e os viais, expropiacións serán propias dos concellos, é dicir, iso supoño que non me van a contradicir ningún de vostedes. En calquera caso, claro o das políticas sectarias e políticas asfixiantes, iso vostedes o practican habitualmente e o que pretenden é que os concellos gobernados polo Partido Popular pois desaparezan, é dicir, das inversións e das políticas da Xunta de Galicia, que é o que están facendo, ¿que é o que están facendo?. Evidentemente os Alcaldes, os Alcaldes, bueno pois se queixan porque non lles chegan as inversións que lles chegan ós concellos onde goberna o BNG e o Partido Socialista. Pero deste tema haberá tempo para discutir. En calquera caso aquí se dixo tamén que dende abril xa había previsto esta modificación de crédito do concello de Pontevedra. Se poño o concello de Pontevedra, Sr. González, é por algo importante, porque non se pode vir aquí a dar exemplo de nada, é dicir, cando un vén a dar exemplo de algo pois evidentemente ten que pensar que os adversarios políticos tamén poden contrarrestar, pois ese tipo de políticos e ese tipo de afirmacións, e claro, agora aínda me reafirmo moito máis no noso discurso, se resulta que en abril estaban xa preparadas estas modificacións de crédito, e o presuposto se aprobou no mes de xuño, o primeiro que ten que facer un responsable político cando ten recoñecementos extraxudiciais de crédito é metelo no presuposto, iso é unha máxima política, é unha máxima técnica, que vostede o sabe, que todas as Intervencións cando temos algunha débeda anterior nos obrigan a metela no presuposto. Entón ¿como se pode facer ese discurso que en abril xa tiñamos pensado pagarlle seis millóns de euros de recoñecemento extraxudicial de crédito e agora vir cunha modificación de crédito cando é a nº 5?. Por iso que vostedes non teñen, moralmente, moralmente, moralmente, politicamente poden facer o que queiran, pero persoalmente e moralmente non poden facer ningunha crítica nin dar exemplo ó que estamos facendo nesta casa, senón todo o contrario, e lle volvía a repetir que ó final as trampas acaban saíndo, porque os números son os números e os ingresos son os ingresos, e non hai máis tu tía, e non hai máis tu tía, e se vostedes intentan esconder unha débeda que hai ó final acaba aflorando, acaba aflorando, claro, é moi fácil dicir, confecciono un presuposto, non me endebedo pero a débeda que teño a meto como recoñecemento extraxudicial de crédito e na modificación de crédito, iso é falsear a realidade, e despois veñen aquí a dar exemplo da situación económica desta casa, que non, que non home que non, que non, que a situación económica desta casa é inmellorable e é real e a que algúns fan non é real, e ese é o problema, e iso é enganar ós cidadáns, e enganar ós medios de comunicación e ós veciños e ás veciñas nos seus plantexamentos, porque claro, vostedes o saben tamén, e claro, que me veña a dicir que se están facendo con aproveitamentos urbanísticos urbanizacións, pero iso é o que esixe a Lei e os convenios cando se fan, que se contemplan para iso, como facemos todos os concellos, porque senón os concellos, senón tivesen a posibilidade deses ingresos a través de aproveitamentos urbanísticos pecharíamos as portas todos, pero claro, o problema é cando se inclúe un ingreso para a venta dunha parcela e esa parcela non se pode vender, bueno, pois iso é falsear, porque se está falseando, porque ó final vai aflorar ese dato, e claro, as triquiñuelas de non buscar endebedamento, de non buscar endebedamento incrementando os gastos que non son reais e afectados a unha cuestión que sabemos que non vai a ingresarse, pois iso é outra trampa, outra trampa, que algún día aflorará, e chegaremos a un momento, que non sei cal é a débeda agora mesmo do concello x, pois será máis, en catro, ou cinco, ou seis, ou sete, ou oito puntos e entón virán os problemas. Pois aquí non, aquí o que temos é o que temos, temos os remanentes que temos, temos a débeda que temos e temos o financiamento que temos para esa débeda. Iso é o que nós non lle vamos a permitir e a partir de agora menos, menos, porque cando volvo a repetir que di vostede, claro, vostedes nos critican que de once millóns de euros, segundo vostede, que é mentira, que non é verdade, que catro sexan para gasto corrente, é que non é verdade, é que lle estou dicindo que non é verdade, se vostedes consideran que facer unha actividade deportiva, ou unha actividade cultural, ou queren unha previsión para que o edificio do lado o poidamos poñer en marcha, pois é un gasto superfluo, pois entón están errados, están errados, pero claro que cando de doce, pero que cando de doce millóns de euros, cando de doce millóns de euros, seis son para pagar o recoñecemento extraxudicial de crédito, iso si que é un 50% de cuestións, e punto, e claro que hai que falar de todo o que está pasando, é dicir, porque vostedes cando lles interesa falan de todo e cando non lles interesa din que hai que falar só da Deputación de Pontevedra. Pois non, non hai que falar só da Deputación de Pontevedra, hai que falar da filosofía e dos conceptos que vostedes barallan como vontade política, porque nós non vamos a permitir que nos fagan acusacións cando non son certas e sobre todo cando nos dean exemplos que non son tampouco certos. E bueno, eu creo que nós damos por rematado este debate, poñemos a votación esta modificación de crédito e dende logo eu creo que é importante, e bueno, quero explicar que as partidas, bueno, pois están aí, as máis importantes son para Pasarón, son para o Museo, son para expropiacións e para creación de novos viais e tamén loxicamente para adecentamento dos que temos agora mesmo en marcha; para actividades culturais, actividades deportivas e actividades sociais que tamén é unha cuestión que demandan dunha maneira prioritaria os nosos veciños. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Mire, é profundamente preocupante que o Presidente firme no expediente “gasto corrente 3.202.000 máis 575, que da 3.800.000” dixen catro, é o único, non, firma o Presidente o expediente, bueno, ese é o gasto corrente, bueno, pois entón como é tan terriblemente preocupante, como é tan terriblemente preocupante, pois saltarse, inventarse unhas cifras da Xunta, inventalas, que queren dar vostedes na súa campaña publicitaria, que non teñen nada que ver para desvíar do obxectivo fundamental. Aí, nós temos unha proposta enriba da mesa, contéstennos si realmente responde ós obxectivos e ó que acordamos hai catorce días, a modificación, que non responde esta, e se cara ó futuro queren ir por esa liña conten co noso non, e incluso hai unha proposta en concreto con respecto a esta modificación, por se queren aceptala, ben, ou senón, iso non se contestou en ningún momento, iso é o que parece que vostedes non queren nin entrar a falar. Falan de todo, do habido e por haber, dunhas barbaridades, tanto en técnica administrativa, como politicamente, como os acordos, ou sexa, terxiversando todos os acordos. Pero todo o que está acordado noutras administracións, pero o que é en concreto e polo miúdo é iso, teñen unha oferta enriba da mesa, saben perfectamente que cando nós facemos unha oferta cumprimos, se queren e o levan por esa vía saben que contan con nós para esta situación de emerxencia, que cada vez vai ser máis de emerxencia, vai ser máis de emerxencia e aí conten con nós. Se o que queren é seguir repartindo como lle parece, mantendo exactamente todo o que tiñan aquí e, non, e como está funcionando, sen darse por enterados de que estamos nunha situación que vai haber recortes de financiamento, que, as administracións, que a economía real vaise a resentir terriblemente a curto prazo, xa se está resentindo e queremos actuar nesa dirección conten con nós, fagan o que queiran, senón queren contar nós non podemos obrigarlles, alá vostedes. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Cesáreo Mosquera. D. José Manuel Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Unha matización. Sr. Mosquera, home, vostede acaba de poñer o exemplo claro de, bueno, eu llo digo con todo o respecto, é dicir, a nivel persoal espero que non se moleste, senón a nivel político, é dicir, acaba de utilizar outra vez outro argumento demagóxico que vostede sabe que non é real, porque vostede sabe perfectamente que nesas partidas que van incluídas como gasto, como o que vostede di gasto corrente, hai partidas loxicamente que non son do que vostede quere trasladar á opinión pública, vostede o que quere trasladar á opinión pública é que eses gastos son innecesarios, que son gastos que non son habituais, gastos de publicidade, de propaganda, que non é certo, e vostede está enganando, porque sabe vostede perfectamente que aí está dende o tema dos subministros do parque de maquinaria, que son imprescindibles para seguir traballando, e que iso xera inversión e xera emprego, que vostede o sabe perfectamente, sabe perfectamente que son actividades culturais, sabe que son actividades deportivas, sabe que son actividades sociais, e polo tanto está trasladando á opinión pública, enganando, manipulando a información e iso é o que eu lle voto en cara a vostede, se vostede me di, pois hai esta partida concreta que pode ser deste tema de gasto corrente superfluo, pois dígao, pero eu lle digo que esa non é o que vostede, vostede quere trasladar gasto corrente, tres non sei que, despois llo dará á prensa ese papeliño, e iso non é verdade, non é verdade, e vostede o sabe, e o que me molesta é que o sabe, porque senón o soubera pois entón non me molestaría, pero vostede traslada ese discurso para que se reflicta, bueno de once, catro son de gastos correntes, non, mire, vostede sabe que non é así, sabe que partidas de actividades culturais que facemos nós propiamente, como son o tema das bandas de música, van incluídas aí, póñolle o exemplo, como esa actividade que se pode realizar hoxe na porta, van incluídas aí, como outro tipo de actividades de calquera tipo, pois de concentracións, ou de apoio ó deporte, ou cuestión que fagamos nós pola nosa iniciativa, torneos que facemos nós de, para nenos e para nenas, é dicir, a inauguración por exemplo do campo de fútbol que se fixo o outro día de herba sintética, é dicir, ese tipo de actividades e de conceptos van incluídas no capítulo 2 e polo tanto non sexa demagogo nese sentido, é dicir, eu llo pido porque senón nos fai contestarlle, se vostede encontra unha partida desas que vostede quere trasladar á opinión pública, que son superfluas, pois dígao, pero é que non as hai, o problema é que non as hai neste expediente, e ademais benvido que non as haxa, que todos empecemos a corrixir esas cuestións, canto menos partidas vaian neses conceptos moito mellor para todos, para as administracións e para os veciños e para a economía de cada unha das institucións, pero non faga ese discurso, porque entón nos molesta, a min me molesta, polo menos a nivel persoal. Se non hai máis nós, por nós damos por pechado o debate. Sr. Presidente.- D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si, vamos a ver, dúas cuestións sobre a intervención do Sr. Figueroa. Sr. Figueroa non se pode estar metendo no mesmo saco, e é cousa que vostede fai habitualmente, a economía dos concellos coa da Deputación, non se parecen en nada, en nada. Á Deputación os ingresos véñenlle dados, nun 99% e os concellos teñen que conseguilos. O esforzo fiscal da Deputación é 0 practicamente, o dos concellos non é así, e sábeo perfectamente. Polo tanto, nunca se pode comparar a economía municipal coa das Deputacións, nada que ver, nada que ver Sr. Figueroa, nada que ver, e ten tendencia a facelo sistematicamente. E mire, isto era a miña intervención nada máis, pero acaba de dicir, de darme a razón agora mesmo, agora mesmo, na miña intervención de antes, acaba de dicir vostede que este acto de aquí ó lado, acaba de dicilo, vai con cargo a isto, vai con cargo a isto, acaba de dicilo Sr. Figueroa, e iso quere dicir, e iso quere dicir, porque isto, hoxe se aproba pero hoxe non está en vigor, hoxe se aproba pero non está en vigor, me está dando a razón na miña intervención de antes. Nada máis Sr. Figueroa. É así, acaba de recoñecelo vostede na súa intervención. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- O grado de demagoxia á que se pode chegar. Creo que dixen claramente que por exemplo actos como ese, actos como ese, ou como outros similares están incluídos no capítulo 2, non dixen que este, mire, este acto de aquí non custa nada, ¿entende?, porque se trouxo de todos os temas que temos por aí repartidos, non custa nada, dixen que por exemplo, por exemplo, un acto como este ou outros actos de actividades ou de torneos que facemos, de eventos van incluídos no capítulo 2, é o que quixen por como exemplo, non o saque vostede de contexto porque lle adianto e lle demostrarei que ese acto non custa absolutamente nada. ¿Vale?. Ese acto non está incluído nin nesta modificación, nin na anterior, nin na do concello, ¿por que sabe o que ocorre?, mire, este acto se está facendo, se está facendo cos medios propios que nós temos, ¿vale?, e esas pancartas que están aí xa están compradas e requetepagadas hai tempo, a diferenza é que seguramente a ver se nos dan o que custa o do lado, iso ó mellor é a cuestión, polo tanto non fagan, están facendo demagoxia, están desvíando a atención, desvíando a atención dos temas, é dicir, están desvíando a atención dos temas, eu quixen por como exemplo ese e outros máis que facemos para dicirlle ó Sr. Mosquera que ese non é un gasto superfluo, que sería un gasto que se incluiría dentro do capítulo 2 e para expresalo graficamente así o fixen saber. Polo tanto, eu creo que se está demostrando unha vez máis que non teñen argumentos, é dicir, que intentan buscar argumentos demagóxicos cando non existen, pero eu creo que xa está máis que debatido este tema, e dende logo, ¿sabe o que é importante para nós?, que o Museo se remate, que é unha obra importante para Pontevedra, que Pasarón se remate, que é unha obra importante para Pontevedra, que os viais provinciais se poidan ir mellorando todos cada día máis, que é importante, e sobre todo que se poidan ir facendo proxectos importantes de cara ó futuro e iso é o que inclúe esta modificación de crédito. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Polo tanto, procedemos á votación do punto número seis, do expediente de modificación de crédito nº 3/2008. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Ilmo. Sr. Presidente da Deputación de Pontevedra a través de escrito de data 19 de setembro de 2008, propón ó Pleno a aprobación do expediente de modificación de créditos número 3/2008, dentro do vixente orzamento provincial, por un importe total de 10.955.070 euros, motivado pola necesidade de realizar gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte e ó non existir consignación suficiente no estado de gastos do orzamento corrente ou sendo esta insuficiente para facer fronte ós mesmos. Resultando que o detalle do expediente é o seguinte: 1. Créditos Extraordinarios: PARTIDA DENOMINACIÓN IMPORTE 125-121-215.00 Reparación de mobiliario e enseres (Sede de Vigo) 100,00 € 125-121-221.00 Subministro de enerxía eléctrica (Sede de Vigo) 2.500,00 € 125-121-221.01 Subministro de auga (Sede de Vigo) 150,00 € 125-121-221.03 Subministro de combustibles e carburantes (Sede de Vigo) 3.000,00 € 125-121-221.08 Subministro de vestiario (Sede de Vigo) 1.000,00 € 125-121-221.08 Subministro de produtos de limpeza e aseo (Sede de Vigo) 120,00 € 125-121-221.14 Outros subministros (Sede de Vigo) 150,00 € 125-121-222.00 Comunicacións telefónicas (Sede de Vigo) 1.500,00 € 125-121-222.01 Comunicacións postais (Sede de Vigo) 500,00 € 125-121-226.19 Gastos diversos – outros (Sede de Vigo) 350,00 € 125-121-227.00 T. realizados por outras empresas – limpeza e aseo (Sede de Vigo) 10.000,00 € 125-121-227.01 T. realizados por outras empresas – seguridade (Sede de Vigo) 1.000,00 € 131-121-634.01 Adquisición Parque Móbil 70.000,00 € 432-432-622.05 Adquisición de maquetas 9.000,00 € 432-451-623.01 Maquinaria instalacións e utillaxe (Adecuación do transformador eléctrico do novo Arquivo Provincial) 30.000,00 € 451-451-226.00 Gastos diversos canons (Sociedade Xeral de Autores) 6.000,00 € 911-441-762.00 Transferencias a municipios (Subministro eléctrico á estación depuradora de augas residuais de Losón - Vila de Cruces) 40.700,00 € 911-521-227.06 Estudos e traballos técnicos (Proxecto “Wimaxrural” financiamento Deputación 2008) 20.081,91 € 911-751-227.06 Estudos e traballos técnicos (Proxecto “Pousadas” financiamento Deputación 2008) 60.600,00 € Total créditos extraordinarios 256.751,91 € 2. Suplementos de Crédito: PARTIDA DENOMINACIÓN IMPORTE 111-111-226.19 Gastos diversos 400.000,00 € 111-111-227.09 Traballos realizados por outras empresas 600.000,00 € 422-422-622.03 Edificios e outras construcións, melloras CIP Felipe 300.000,00 € 422-422-625.01 Mobiliario e enseres, adquisición 90.000,00 € 470-327-131.01 Persoal laboral eventual (Proxecto “Aquelando II”, subvencionado polo FSE no 80%, achega Deputación 2008) 45.553,64 € 470-237-160.01 S. Social persoal laboral (Proxecto “Aquelando II”, subvencionado polo FSE no 80%, achega Deputación 2008) 19.500,00 € 432-451-622.01 Edificios e outras construcións (Revisión de prezos contrato: ampliación Museo) 1.300.000,00 € 451-451-227.25 Traballos realizados por outras empresas, desenvolvemento de actividades culturais 360.000,00 € 451-451-489.05 Transferencias a familias e institucións sen fins de lucro, para actividades culturais 90.000,00 € 451-452-226.14 Gastos diversos, actividades deportivas e xuvenís 200.000,00 € 451-452-227.06 Estudos e traballos técnicos (Cultura e Xuventude) 30.000,00 € 451-452-489.04 Transferencias a familias e institucións sen fins de lucro, para Deporte e Xuventude 275.000,00 € 451-452-489.20 Transferencias a familias e institucións sen fins de lucro, a clubs e deporte base 150.000,00 € 451-452-662.02 Investimentos de proxectos xestionados (Revisión de prezos “Novo Pasarón”) 400.000,00 € 451-452-789.04 Transferencias a familias e institucións sen fins de lucro (Convenio con Fundación Guláns- Ponteareas) 120.00,00 € 454-451-623.01 Maquinaria instalacións e utillaxe (Aire acondicionado sala servidor do servizo de Tecnoloxía do Arquivo) 30.000,00 € 511-511-210.00 Reparacións, mantemento e conservación de infraestruturas e bens naturais. Rede provincial. 1.500.000,00 € 511-511-612.02 Estradas, expropiacións, proxectos e outras obras 4.000.000,00 € 511-511-662.02 Investimentos xestionados. Convenio con Caixanova para instalación de marquesiñas (Ampliación contrato) 60.000,00 € 711-711-213.00 Reparacións, mantemento e conservación de maquinaria, instalacións e utillaxe 5.000,00 € 844-842-413.02 Transferencias correntes ó OO.AA. Escola de Canteiros 60.000,00 € 844-842-713.02 Transferencias de capital ó OO.AA. Escola de Canteiros 175.000,00 € 911-441-762.45 Transferencias a concellos – saneamento e abastecemento de augas (Saneamento en San Pedro – O Covelo) 30.000,00 € 911-911-662.09 Investimentos en cooperación cos municipios (Convenio co concello das Neves para compra dun tractor) 45.000,00 € 911-911-662.07 Investimentos de modernización administrativa 120.000,00 € local (Proxecto GIS EIEL HACIA UNHA IDE HIPERLOCAL, cofinanciado polo MAP no 50%) 911-911-762.45 Transferencias a concellos – Acción Municipal (MONDARIZ - BALNEARIO – Humanización r/Branca Nájera e San Pedro: 58.000€; OIA – Centro Cultural de Pedornes: 60.000€; PORTAS – construción rampla na azucreira: 24.000€; TUI – Ampliación de instalacións Club Autopistas Kaiak: 60.000€; PONTECALDELAS – II Fase saneamento en Taboadelo: 60.000€; BAIONA – 1ª fase saneamento en Anunciada: 60.000€; AS NEVES – Centro Cultural de Rivarteme: 10.000€; CERDEDO – Urbanización Avenida rúas do casco. 61.000€; COVELO – Centro Socio Cultural de Prado: 80.000€; Construción de muro en Barciademera: 41.000€ e compra tractor desbrozadora: 45.000€) 559.000,00 € Total suplementos de créditos 10.964.053,64 € Resultando que o expediente de modificación de créditos número 3/2008, finánciase con baixas de créditos de partidas de gastos non comprometidos (08/470.470.762.50) e con cargo ó remanente líquido de tesourería para gastos xerais, por importe global de 10.955.070 euros, nas partidas 08/611.870.00 e 08/611.870.01 por importes de 176.070 e 10.779.000 euros, respectivamente. Resultando que no informe de Intervención de data 19 de setembro de 2008, figura que este expediente cumpre cos requisitos previstos na normativa de aplicación, tanto en relación cos gastos que se pretenden financiar como cos recursos que os financian, así como que o expediente respecta o equilibrio orzamentario. Considerando o disposto no artigo 177 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, nos artigos 34 a 38 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril e na base 8ª de execución do vixente orzamento provincial, en canto a competencia e tramitación a seguir na aprobación do expediente de modificación de créditos número 3/2008, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría de votos a favor do PPdeG e cos votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG, aprobar o expediente de modificación de créditos número 3/2008, por un importe total de 10.955.070 euros, que resumido por capítulos presenta a seguinte estrutura: Capítulo 1° Gastos de persoal 65.053,64 € Capítulo 2° Gastos en bens correntes 3.202.051,91 € Capítulo 4° Transferencias correntes 575.000,00 € Capítulo 6° Investimentos reais 6.454.000,00 € Capítulo 7° Transferencias de capital 658.964,45 € Total variacións por capítulos 10.955.070,00 € Dito expediente será exposto ó público, para efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. 7.5740.- APROBACIÓN DO ESTUDO DE IMPACTO AMBIENTAL DA OBRA “ACCESO OESTE A MONTECELO. TRAMO II: PO-223 PORTA DO SOL-N550 AVDA. MÉDICO BALLINA”. EXPOSICIÓN PÚBLICA DO MESMO Sr. Presidente.- Punto número sete da orde do día. Aprobación do estudo de impacto ambiental da obra “Acceso oeste a Montecelo. Tramo II: PO-223 Porta do Sol-N-550 Avda. Médico Ballina”. Exposición pública do mesmo. ¿Algunha intervención?. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Este é un exemplo da xestión desta casa, dunha obra que está en proceso de estudo de impacto ambiental, agora virán as expropiacións, pero que xa está adxudicada e consignada. Esa é a diferenza, mentres outros non son capaces nin de adxudicar nin de consignar as obras, esta obra, pois, a obra da ponte está adxudicada e está consignada nos presupostos e iso vai contra o endebedamento desta casa. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Perdón, Sr. Figueroa está hoxe vostede especialmente desafortunado, esta obra é o tramo II que non está adxudicado, nin tan sequera licitado, si, pero a orde do día di tramo II, tramo II. Mire, de todas maneiras, e perdoe e demais, pero é que non teño gañas de irme fóra da orde do día, pero se votamos as contas nos últimos catro anos, do que é inversións que se pode entender municipais, ou para municipios en convenio, ata hai un ano levouse Vigo catro ou cinco veces máis que Pontevedra, e xa está ben a ladaíña de que en Pontevedra están metendo, quitando o Museo e Pasarón que foi un compromiso seu, o que con respecto a asunto municipal xa está ben a ladaíña. Se quere votamos as contas algún día, votamos as contas algún día, votámolas, porque xa está ben a ladaíña de dálle que che pego cando é un acordo exemplar que non beneficia para nada a Pontevedra senón que como moito dálle o que lle correspondía e cunhas contraprestacións ben fortes, xa está ben a ladaíña, xa lle chega, porque ó final á base de repetir algo que é radicalmente falso, nós entón vamos a sacar as contas do que fixeron vostedes en Vigo, ata o 2007, e vamos a estar todos os días repite, repite, repite, vamos a ver quen sae beneficiado. Dígoo porque xa o repetiu varias veces e agora aproveita incluso para intervir e para meter o dedo no ollo. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Cesáreo Mosquera. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Vamos a ver, Sr. Figueroa, aclárese, porque senón nós non votamos este tema. Claro, non, non, a ver, a orde do día di claramente o que di, “Aprobación do estudo de impacto ambiental da obra tal”, e vostede acaba de dicir que está adxudicada. Bueno, mire, a ver, aclárese, é que se está adxudicada nós non podemos colaborar nestas historias. ¿Pero está adxudicada ou non está adxudicada?. A ver. É dicir, eu podo, vamos a ver, eu podo entender que o Sr. Figueroa se equivoque unha vez, neste pleno xa leva, leva dúas intervencións e cinco errores, neste pleno, e podo entendelo tamén ... Sr. Figueroa Vila.- A ver, ¿cales son os errores?. Sr. González Iglesias.- Pero claro, Sr. Figueroa, se ademais diso, se ademais diso resulta que está facendo falcatruadas e quere que os demais as fagamos, non, é dicir, entón aclárese, recoñeza que se equivocou no que dixo e punto, e senón ... Sr. Figueroa Vila.- Vamos a ver Sr. González e Sr. Mosquera, eu creo que vostedes hoxe non queren entender porque non teñen argumentos, e claro é moi difícil, é moi difícil cando un ten de doce millóns de euros seis para pagar de créditos e de pufos que teña argumento contra unha modificación de créditos que é coherente. Mire, nos catro millóns de euros de expropiacións que van ... (deixa de escoitarse a gravación durante uns segundos) ... Pero me deixa por favor Sr. Presidente terminar. Eu non vou a entrar en debate. Mire, a ponte está adxudicada, a ponte, o primeiro tramo que é a ponte está adxudicada, está adxudicada e está consignado o diñeiro, mire, déixeme acabar, está consignado o diñeiro e está aprobado, cousa que vostedes non farían, xa está consignada, e nos catro millóns de euros que van hoxe para expropiacións vai unha partida para esa parte do segundo tramo. Miren, vostedes como non teñen nin idea, os que están errados son vostedes, e por iso lle digo que está adxudicada e que a segunda, lle matizo, a segunda, llo digo claramente, a segunda, mire, vai contra a partida, contra a partida, llo vou a dicir, é que vostedes non len os expedientes e non teñen nin idea do que temos previsto, polo tanto llo vou a explicar, dos catro millóns que pon estradas, expropiacións, proxectos e outras obras, pois unha parte, unha parte vai para ese tramo, polo tanto, a partir de agora, a partir de agora, dentro dun mes, coa exposición ó público, hai consignación para ese tramo, mire cal é a diferenza, mire cal é a diferenza, hai consignación para ese tramo. Pero, é que de verdade que utilizan unha demagoxia, unha demagoxia ... Sr. González Iglesias.- Sr. Figueroa, Sr. Figueroa. ... sen consignación, por riba é máis grave. Sr. Figueroa Vila.- Pero ¿que está dicindo?, pero é que non se entera ... Sr. González Iglesias.- Non, eu me entero, pero é que vostede recoñeza que se equivocou na primeira intervención e xa está. Sr. Figueroa Vila.- Déixeme, cando poida quero rematalo eu. Sr. Presidente.- Ten a palabra. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Mire, Sr. González e Sr. Mosquera, eu creo que están hoxe demasiado alterados porque claro, é difícil para o Sr. Mosquera defender que para Pontevedra neste expediente, neste expediente van tres millóns de euros, dos once, tres van para o concello de Pontevedra, iso é difícil entendelo, eu entendo que é difícil votar en contra de algo do que se van a beneficiar os meus veciños, iso é difícil e terá que argumentar e contraargumentar e intentará buscar titular mañá de non sei que e non sei canto e patatín e patatán, que é o único que persigue con este pleno, é o único que persigue con este pleno, cambiar os titulares de mañá, pero eu lle digo e lle volvo a repetir, que nós actuamos con seriedade, e mire, o concello de Pontevedra un millón trescentos para o Museo e catrocentos mil para Pasarón, e unha parte deses catro millóns á que corresponda a anualidade para sacar licitación porque o vamos a facer, tan pronto como poidamos, tan pronto como poidamos, dese segundo tramo que é un millón de euros aproximadamente, pois facer a consignación e a licitación correspondente e a partir, e a partir, a partir destes momentos cando se expoña ó público, xa teremos diñeiro para facer a consignación, e incluso antes no sentido de poder facer un expediente de gasto anticipado, primeira cuestión. Segunda, a ponte, a ponte, a ponte actual que é a outra parte dese proxecto, que é a opción un, o apartado 1, está consignado, está adxudicado e está para empezar tan pronto como os expedientes administrativos de expropiación, e poidan entrar as máquinas, vale, ¿entedeuno perfectamente?. E tamén se quere máis, con ese millón e medio que temos para o noso parque de Vías e Obras tamén estamos en disposición de que cando nos cedan os terreos para o Hospital, tamén empezar coas máquinas nosas propias. ¿Entende?, iso é a previsión e iso é o que di esta modificación de créditos, iso é a lectura pequena, a letra pequena, a que vostedes non sacan á prensa, a que vostedes non queren sacar á prensa porque non lles interesa, entón esa é a forma, e, ¿sabe cal é a vantaxe diso?, que así non temos que ir a ningún recoñecemento extraxudicial de crédito, porque témolo todo, e, ¿sabe cal é a diferenza?, que nós sabendo que a ponte aínda está en proceso de expropiación, en proceso de estudo informativo, podíamos non tela nin consignada, nin adxudicada, nin licitada, ¿e sabe o que significaría iso?, pois que tres ou catro millóns de euros, podíamos destinalos a outros concellos ou a outras cuestións. Pois non, pois non, ese é o rigor, ese é o rigor que eu lle falaba da parte económica desta casa, e claro, non o queren entender, iso non o queren entender, que lle vamos a facer, e por iso digo que nós podíamos non traer este expediente ou demoralo, ou demoralo, ou non meter a partida deses catro millóns, é dicir, para que vamos a facer a previsión se total non se vai a facer e se total é un concello de Pontevedra que xa se fará cando, prometemos e xa o faremos e senón non o facemos, pois non, esa é a diferenza que eu lle quería demostrar, así que non veñan con historias raras, hombre, é que xa está ben de tanta demagoxia, sei perfectamente o que estou dicindo e sei perfectamente o que significa a modificación porque a fixemos con Intervención e cos departamentos económicos e mailo Presidente e dende logo coñezo perfectamente o que vai nesta modificación de crédito. Perfectamente, o que pasa é que lles molesta que lles diga, que si, lle digo ós medios de comunicación que o segundo tramo dese trazado ten xa a consignación presupostaria a partir do día de hoxe, bueno, a partir do día que se publique dentro dun mes. Punto. ¿Lle molesta iso?. Pois voten, sigan votando en contra, o que hai que dicirlle ó Sr. Mosquera que siga votando en contra do seu concello, porque ó mellor haberá que levar a partir de agora modificacións de crédito partida a partida, ¿a ver o que fai?. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, moi brevemente, esa técnica de consignar é a que utilizamos todos, pero só lle digo unha cousa, non se pelexe polo titular, nin eu vou a pelexar, o titular de mañá é que a parte que vostedes non queren aplicar certas medidas económicas é que obra que xestionan, sexa Pasarón, sexa o Museo, son un pozo sen fondo, son un pozo sen fondo, iso é o titular de mañá, obviamente que se lle están disparando esas obras. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si, mire, Sr. Figueroa, eu, de verdade, aquí hai un problema serio, é dicir, primeiro que vostede debe ter algún trauma cos medios de comunicación ou algo, porque, mire, no punto anterior, no punto anterior, fíxolle o seu traballo, segundo vostede, xa lle deu, é dicir, mire isto é o que sae na páxina web, aquí teñen como facer o seu traballo e tal, fíxolle vostede no punto anterior. Neste punto o Sr. Figueroa segue falando do punto anterior, bueno non sei cal é a razón pero segue vostede co punto da modificación de crédito, non está neste. E por certo, se nós imos a votar a favor é porque sabemos o que imos a votar, pero vostede, me dá a sensación, e volvo a repetir que cada vez que fala se equivoca, está errando, e agora o acaba de facer unha vez máis, porque mire, sexamos serios, ¿de verdade que se pode adxudicar unha obra sen ter rematado o expediente de expropiacións?, ¿de verdade?. Mire Sr. Figueroa, mellor eu me calo con este tema e cando teñamos enriba a acta do mes que vén, no Pleno que vén, mirará vostede o que dixo, ¿eh?. Nada máis. Sr. Presidente.- Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Eu, de verdade, non sei si entrar no debate ou calarme, porque a ponte está adxudicada, está sen facer o expediente de expropiación, si, si, si, está adxudicada, é que vostede non se entera do que está pasando nesta casa, é grave, é grave que o representante do Partido Socialista, é moi grave, que o representante do Partido Socialista non saiba que a ponte sobre o Lérez, que vai a construír esta Deputación, está adxudicada, é que non se entera de nada, o que non se entera de nada é vostede, claro que está adxudicada e estamos empezando co expediente de expropiación, pois mire a axilidade que temos nesta casa, claro non facemos o que fan vostedes co hospital que intentan votarlle a responsabilidade ós demais, pois está adxudicada, está consignada e adxudicada, e por iso lle estou dicindo das xestións que estamos facendo, e que nós non facemos demagoxia, facemos plantexamentos serios, e cando queremos e cando concretamos algo con outra Administración, se chame o concello de Pontevedra ou se chame o concello que se chame intentamos cumprilos, que adquire o Presidente ou o equipo de goberno, cumprilos, e por iso lle estaba dicindo, e que non se enteraron, por iso lle estaba dicindo que esta modificación de crédito cando eu fixen a primeira intervención neste punto, era, unha parte era porque xa estaba adxudicada, é que non se enterou, agora llo explico, está adxudicada a ponte e agora queda o segundo tramo que é un compromiso, que estamos no proceso de estudo informativo, entón unha parte dese diñeiro que queda que é moi pequena, con respecto ó montante total, está previsto no capítulo de inversións de carreteras que vostedes critican, que vostedes critican, iso é o que lle quería dicir, por iso pedín a palabra para intervir, para demostrarlle con feitos reales e obxectivos o que estábamos facendo, e vostede non, se adxudicou, mire, é moi grave, iso quere dicir que vostede non lee nin unha soa Comisión de Goberno, que é bo tamén porque así non se entera de nada, é moi grave que vostede non se lea os medios de comunicación, porque aínda saíu publicado no Diario Oficial de Galicia, entón Sr. González, eu creo que póñase na realidade desta Deputación, de verdade llo digo con todo o respecto, pero póñase na realidade e non acuse ós demais do que vostede non ten coñecemento, porque está demostrando que unha inversión de catro millóns de euros para o concello de Pontevedra vostede non ten nin idea nin que existe. Pero como vai a facer vostede un discurso dunha modificación de crédito e do que necesita a Provincia se non sabe que hai unha adxudicación feita de case catro millóns de euros para unha ponte sobre o Lérez e está adxudicada a unha empresa, en concreto á empresa Sercoisa?, e que saíu publicado o outro día e terminou o proceso de estudo de impacto ambiental, está en proceso para alegacións o expediente de expropiación, é que de verdade, é que eu creo que é mellor non debater aquí neste Pleno, é mellor non debater, é mellor coller, facer roldas de prensa e se acabou, porque claro que vostede nos estea dando, criticando e acusando de algo cando vostede non ten coñecemento desa situación, si lle digo está sen expropiar e está adxudicada, llo digo, mire que axilidade e que rapidez. E tamén lle digo, cando nos cedan os terreos, mire cando nos cedan os terreos para o hospital, ó día seguinte entran as máquinas tamén, ó día seguinte, tan pronto como chegue aquí o papel, en menos de vinte e catro horas entran as máquinas para facer o compromiso que ten o Presidente coa Conselleira de Sanidade e co concello de Pontevedra, que tamén xeraron unha polémica dicindo que a culpa a tiña a Deputación. ¿Pero como poden facer ese discurso?, é que hai tantos temas Sr. González para debater neste concello, Pasarón está case rematado o un tercio e non expropiaron nin a casa, o concello que teñen ó lado, o compromiso cando se firmou Pasarón co complexo deportivo de A Parda, o concello de Pontevedra nin o empezou, ¿pero cantos exemplos queren?, é que non nos fagan facer debates, é que van a saír mal parados, e cada día máis, porque todos os exemplos que hai de xestión co concello de Pontevedra están cumpridos, e vén a Conselleira de Sanidade a dicir en titulares que non se pon en marcha as obras do hospital do complexo hospitalario porque a Deputación non cumpre os seus compromisos, a ver, contésteme a iso, hai que ter cara dura home, cara dura para dicir iso, ¿que queren facer debate?, nós non temos ningunha presa, queremos que os veciños aclaren, se aclaren todas as situacións, e agora se acaba de demostrar, e virá aínda algún expediente máis que se demostre para que é esta modificación de crédito, pero claro non o queren entender, iso non o din, non din que dentro de eses catro millóns, pois vai unha parte para acabar ese segundo tramo, e que está consignada, claro que si, claro que si. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Figueroa. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Eu de verdade que empezo a asustarme do que lle oio dicir, pensei dende o principio que se trataba dun erro de vostede na súa intervención primeira, pensei iso de verdade, pero cando ó final acaba dicindo que segue mantendo, mire se alguén ten adxudicada unha obra sen rematar o expediente de expropiacións, o final, o final esa obra transfórmase en algo de perda continua de cartos para a Administración, por unha razón moi sencilla, porque os prazos non se van a cumprir Sr. Figueroa, e ó non cumprirse os prazos hai que pagar máis pola obra Sr. Figueroa, isto é así, isto é así, pero ben, alá vostedes se seguen mantendo iso que están dicindo. Volvo a repetir, creo que o Sr. Figueroa se está equivocando, e, Sr. Figueroa, iso non ten nada que ver co punto da orde do día, nin ten nada que ver a modificación de crédito que era o punto anterior. Mire, a miña intervención foi simplemente porque vostede dixo unha barbaridade, unha auténtica barbaridade, si que estaba adxudicada sen haber terminado o que se vén a aprobar agora mesmo, e que é o estudo medio ambiental, e por iso foi a intervención, e a partir de aí seguiu nun absoluto tobogán de loucura, siga por aí. Mire, no que é no punto imos a votar a favor, aclarado que foi un erro e que non dixo o que lle oímos todos na súa primeira intervención. Nada máis. Sr. Presidente.- Bueno, moitas gracias D. Emilio González. A ponte de Pontevedra, importante para Monteporreiro está adxudicada e iso é o realmente importante, iso é o realmente importante, a tramitación segue o seu curso, e polo tanto esperemos que para ben porque é unha obra importante para os veciños, pois podela ter a disposición. Sr. Figueroa Vila.- Non, só me queda unha intranquilidade, e iso que o Sr. González ten bo trato, temos bo trato, que esa segunda parte, considere que non é un erro e que eu sei o que estaba dicindo, pois me alivia un pouco, porque se vostede pensa que estou tolo, pois entón me preocuparía un pouco, quero dicir, non sei se me entende, estoulle dicindo que pode ser un erro ou non administrativo, que non o é, que está adxudicado, pero que vostede o que interpretou non é un erro do que eu dixen, me parece que, polo menos me alivia. Sr. González Iglesias.- Mire, Sr. Figueroa, entendemos todos o que dixo a primeira vez, a segunda, a terceira e o que sigue dicindo, o entendemos todos perfectamente. Sr. Figueroa Vila.- Me alivia, polo menos pensar, que non pense vostede que eu estou tolo. Sr. Presidente.- Moitas gracias e polo tanto, como digo, como é unha obra de moita importancia para Pontevedra, que iso é o que realmente é destacable deste asunto, imos a proceder a súa votación, do punto número sete. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O proxecto "Acceso oeste a Montecelo. Tramo I: PO-223 á Avda. de Bos Aires. Tramo II: PO-223 Porta do Sol- N-550 Avda. Médico Ballina", que está dotado dun orzamento de 4.773.140,98 euros para o primeiro tramo e de 1.000.000,00 euros para o segundo, foi aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación Provincial o 30 de novembro de 2007. A posta en marcha deste acceso, que leva consigo a execución dun vial no que é necesaria a construción dunha nova ponte sobre o río Lérez e a urxencia da cal fora manifestada polo concello de Pontevedra, requiriu a cooperación da Deputación Provincial de Pontevedra ó exceder a súa execución as posibilidades municipais, para o cal se articulou un Convenio de colaboración aprobado polas respectivas Corporacións, sendo incluída a devandita obra dentro de plan de vías provinciais -período 2007/2011-. Nesta segunda fase o proxecto define as obras necesarias para conectar a PO-223 coa N-550 Avda. Médico Ballina, dando desta forma continuidade ó eixe que partindo da Avda. de Bos Aires e atravesando o río Lérez, a través dunha ponte, accede á Porta do Sol ( PO-223) - primeira fase- . Tendo en conta o artigo 18 da Lei 4/1994, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia en relación co disposto no Real Decreto Lexislativo 1/2008, de 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Avaliación de Impacto Ambiental de proxectos, Lei 9/2001, de Conservación da Natureza, a Lei 1/1995, de Protección Ambiental de Galicia e o Decreto 442/1990 do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, e o Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia, faise necesaria a redacción dun estudo de impacto ambiental desta segunda fase da obra. A finalidade do devandito estudo é recoller e analizar a influencia do futuro proxecto sobre o medio (flora, fauna, xeoloxía, infraestruturas existentes, medio social, patrimonio cultural, etc.), co fin de establecer as medidas correctoras, protectoras ou conservadoras que procedan co fin de compatibilizar a futura infraestrutura co medio. En consecuencia e ó obxecto de continuar a tramitación administrativa xerada polo proxecto de referencia, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Infraestruturas e Servizos Xerais, acorda por unanimidade: 1. Aprobar o estudo de impacto ambiental da obra "ACCESO OESTE A MONTECELO. TRAMO II: PO-223 PORTA DO SOL- N-550 AVDA. MÉDICO BALLINA". 2. Someter o devandito estudo de impacto ambiental ó trámite de información pública, durante 30 días hábiles, logo de anuncio no Diario Oficial de Galicia. 8.5741.- APROBACIÓN INICIAL DO PROXECTO “TERMINACIÓN DAS OBRAS DE MELLORA DE PAVIMENTO E DOTACIÓN DE SERVIZOS NA EP 3302 TABAGÓN-ROSAL”. DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA DA OBRA. EXPOSICIÓN PÚBLICA DO PROXECTO E DO EXPEDIENTE DE EXPROPIACIÓN. SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DA DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN. MOTIVACIÓN DA URXENCIA Sr. Presidente.- O punto número oito é a aprobación inicial do proxecto de terminación das obras de mellora de pavimento e dotación de servizos na estrada provincial 3302 Tabagón-Rosal. Declaración de utilidade pública da obra. exposición pública do proxecto e do expediente de expropiación. Solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación. Motivación da urxencia. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O proxecto "Terminación das obras de mellora de pavimento e dotación de servizos na EP 3302 Tabagón-Rosal", que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 34.800,28 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 23.227,02 euros e capítulo de expropiacións por importe de 11.573,26 euros, ten por obxecto levar a cabo as obras necesarias para mellorar o pavimento do citado vial e dotar ó mesmo de servizos básicos, comprendendo a instalación da rede de sumidoiros, a rede de abastecemento, a iluminación pública, a rede de media e baixa tensión ou a construción de beirarrúas, nun tramo aproximado de 100 metros de lonxitude. Á vista do informe emitido polo Enxeñeiro Técnico de Vías e Obras, advertindo da necesidade de acometer a devandita obra, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Infraestruturas e Servizos Xerais acorda por unanimidade: 1. A aprobación inicial do proxecto "Terminación das obras de mellora de pavimento e dotación de servizos na EP 3302 Tabagón-Rosal", que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 34.800,28 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 23.227,02 euros e capítulo de expropiacións por importe de 11.573,26 euros. 2. A exposición pública deste e do expediente de expropiación que leva consigo, polo prazo regulamentario, para os efectos de posibles reclamacións, entendéndose aprobado definitivamente, de forma automática, en caso de non se producir as mesmas. 3. A declaración de utilidade pública da obra con base no informe emitido polo Enxeñeiro Técnico de Vías e Obras, advertindo da présa que reviste a execución da obra. 4. A solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación dos bens e terreos afectados pola referida obra. 5. A motivación da urxencia que se pretende dar ás expropiacións que xera o proxecto xa que este naceu co fin de executar as obras necesarias para mellorar o pavimento do citado vial e dotar a este de servizos básicos, comprendendo a instalación da rede de sumidoiros, a rede de abastecemento, a iluminación pública, a rede de media e baixa tensión ou a construción de beirarrúas, obras moi demandadas polos veciños da zona que, conscientes da importancia de dispoñer de servizos básicos na zona, colaboraron de xeito desinteresado na execución do proxecto. Non obstante o anterior existe un tramo da estrada no que se sitúan varias parcelas, os titulares das cales non cederon os terreos necesarios para finalizar os traballos descritos, negativa que obriga a esta entidade local a incoar o presente expediente de expropiación. O devandito expediente, guiado polos principios de eficiencia e servizo ós cidadáns, vén motivado porque o tramo en cuestión está moi poboado, con vivendas a ambos os dous lados da estrada e cunha circulación de vehículos moi importante, polo que é necesario acometer urxentemente as obras ó obxecto de finalizar a urbanización iniciada no seu día e dotar á devandita zona de beirarrúas que mellorarán notablemente a seguridade duns peóns que, nestes momentos, poñen en constante perigo a súa integridade física xa que ó transitar por este tramo deben invadir parte da zona de circulación co risco que iso leva consigo. 9.5742.- APROBACIÓN DO PROXECTO DE ESTATUTOS DO ORGANISMO AUTÓNOMO LOCAL “CAIXA DE ANTICIPOS DE COOPERACIÓN” E DESIGNACIÓN DOS MEMBROS DO CONSELLO REITOR Sr. Presidente.- O punto número nove é a aprobación do proxecto dos estatutos do Organismo Autónomo Local Caixa de Anticipos de Cooperación e designación dos membros do Consello Reitor, que xa neste caso foron aportados por cada un dos grupos. Ten a palabra o Sr. Otero Besada. Sr. Otero Besada.- Si, gracias Presidente, bos días a todos. Eu vou a ser moi breve non vou a falar nin da festa olímpica nin do concello de Pontevedra, nin de Vigo nin sequera do concello da Illa de Arousa, vou a ser moi breve a falar do tema que nos compete. En primeiro lugar, agradecer que por fin se trouxera a este Pleno o proxecto de Estatutos do Organismo Autónomo Caixa de Anticipos de Cooperación, gracias por traelo, porque xa era hora de que por fin a oposición poidamos ter voz e voto neste Organismo. En segundo lugar, criticar un pouco a composición do Consello Reitor, porque non nos parece que nos demais organismos autónomos teñamos un Presidente e un Vicepresidente e neste Organismo se meta tamén un Presidente Executivo, co cal o Partido Popular, o partido do goberno vai a ter cinco representantes, por dous a oposición, non sei por que nestes estatutos se mete un Presidente Executivo, que podería ser ó mesmo tempo Vicepresidente e nos outros organismos non. Nada máis moitas gracias. Sr. Presidente.- Bueno, imos a ver, era eu creo que necesaria tamén ata agora, hai que dicilo que funcionou de maneira correcta, dando colaboración a todos aqueles concellos que nos pedían a axuda dende este organismo, á hora de financiar importantes actuacións nos concellos e de aí que neste momento, para incluso maior axilidade e funcionalidade deste importante departamento desta casa, pois se constituíra como tal cuns novos estatutos, con maior flexibilidade, e dentro do que é neste caso a distribución, o importante creo, é que están representadas todas as forzas políticas que hai nesta corporación, e polo tanto, neste caso o grupo de goberno lle toca a maior representación, porque de algunha maneira así ten a maior representación no Pleno da Corporación e creo que ademais que esta circunstancia se da tamén noutros organismos onde hai un Presidente Executivo, ¿non?, no caso do Padroado de Turismo e outros onde hai unha función específica para, neste caso, o Presidente Executivo, por iso é a nosa aclaración, pero bueno, eu creo que, xa digo, vai a seguir funcionando e funcionando incluso con maior axilidade para dar cobertura ás peticións, que ademais nestes momentos, queremos entender que os concellos van a demandar a colaboración desta Caixa de Anticipos, que como saben pois está para prestar a interese cero ós concellos colaboración económica naquelas obras, obras ou actuacións de importancia para ese concello. Polo tanto, procedemos á votación do punto número nove. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Dada a necesidade de renovación dos Estatutos do Organismo Autónomo Local “Caixa de Anticipos de Cooperación”, debido á publicación da Lei 38/2003 Xeral de Subvencións, o Real Decreto 887/2006, polo que se aproba o regulamento da Lei 38/2003, Xeral de Subvencións, e a Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e outras normas complementarias, así como a fin de acadar unha maior transparencia e obxectividade no ámbito das concesións de subvencións mediante unha convocatoria pública e tamén, de establecer unha normativa organizativa común entre todos os Organismos Autónomos da Deputación; o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Cooperación, acorda por maioría, cos votos a favor do PPdeG e do BNG e coas abstencións do PSdeG-PSOE: 1. Aprobar provisionalmente, os Estatutos do Organismo Autónomo Local “Caixa de Anticipos de Cooperación”. No caso de que non se presentaren reclamacións nin suxerencias no prazo de información e audiencia ó interesado previsto no artigo 49 la Lei 7/1985, de 2 de abril, entenderanse definitivamente aprobados. 2. Nomear ós seguintes membros que deben compoñer o Consello Reitor. - Presidente Executivo: D. Julio Alén Montes - Vicepresidente: D. José Manuel Figueroa Vila Vogais: Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, polo Grupo Popular. Don José Juan Durán Hermida, polo Grupo Popular. Don Juan Luciano Otero Besada, polo Grupo Socialista. Don Pauliño Damián Del Río Iglesias, polo Bloque Nacionalista Galego. O texto dos Estatutos do Organismo Autónomo Local “Caixa de Anticipos de Cooperación” é o trasncripto a continuación: ESTATUTOS DO ORGANISMO AUTÓNOMO LOCAL “CAIXA DE ANTICIPOS DE COOPERACIÓN” CAPÍTULO I DISPOSICIÓNS XERAIS Artigo 1.- Natureza xurídica. A Deputación de Pontevedra, no exercicio das competencias que lle son propias, de acordo cos artigos 26 a 36 da Lei 7/1985, reguladora das bases do réxime local (LBRL), e o artigo 30 do Real decreto lexislativo 781/1986, de 18 de abril, crea un organismo autónomo, con suxeición ó disposto no artigo 85.2 b) e 85 bis da citada lei, segundo a redacción dada a estes pola Lei 57/2003, de 16 de decembro, de medidas de modernización do goberno local, coa finalidade de cooperar ó financiamento das obras de competencia municipal, fundamentalmente as incluídas nos plans provinciais de Cooperación. Artigo 2.- Denominación. Este organismo autónomo provincial denominarase “Caixa de Anticipos de Cooperación” e, como entidade de dereito público, goza de personalidade xurídica propia e independente, plena capacidade xurídica e autonomía económica e administrativa para cumprir os seus fins con suxeición ás leis. Este organismo, creado e tutelado pola Deputación de Pontevedra, adscríbese á área de Cooperación da Deputación, dependente do deputado delegado de Cooperación. Artigo 3.- Domicilio. O domicilio da Caixa de Anticipos de Cooperación queda establecido no Pazo da Deputación, rúa de Montero Ríos s/n, Pontevedra. Artigo 4.- Obxecto. O obxecto primordial da Caixa de Anticipos de Cooperación será a de facilitarlles ós Entes Locais (mancomunidades, concellos, etc … ) cunha poboación inferior á que en cada momento se sinale nas bases ou normas reguladoras da concesión dos anticipos, financiamento para investimentos e operacións de tesourería en concepto de anticipo reintegrable sen xuros a curto, medio e longo prazo. Artigo 5.- Réxime xurídico. 1) A Caixa de Anticipos de Cooperación ten personalidade xurídica propia e patrimonio propio, goza de autonomía administrativa e económica e posúe plena capacidade de obrar tanto no campo do dereito público coma no do dereito privado para o cumprimento dos seus fins con suxeición á lexislación que lle sexa aplicable. Así mesmo, goza das prerrogativas e beneficios fiscais que se establezan nas Leis para as administracións públicas de tal natureza. En consecuencia co anterior o organismo autónomo provincial poderá: a) Adquirir, vender, posuír, reivindicar, permutar, ceder, alugar e administrar o seu patrimonio. b) Constituír, modificar, pospoñer e cancelar hipotecas e demais dereitos reais. c) Conceder subvencións, créditos e empréstitos así como subsidiar os intereses devengados polos préstamos concedidos para as actuacións protexibles en materia de vivenda. d) Concertar créditos e empréstitos para financiar as súas actividades nos termos establecidos na normativa de aplicación. Estes créditos poderán ir avalados nos termos de dita normativa. e) Celebrar contratos e convenios. f) Constituír e participar en sociedades, empresas, consorcios ou asociacións. g) Interpoñer os recursos establecidos e exercer as accións previstas nas leis. A Caixa de Anticipos de Cooperación rexerá o seu funcionamento segundo a normativa fixada nos presentes estatutos, polo regulamento orgánico e funcional que se aprobe e polas disposicións da lexislación sobre réxime local aplicables ás deputacións provinciais. CAPÍTULO II ORGANIZACIÓN Artigo 6.- Órganos. Por razón da súa competencia os órganos do organismo autónomo provincial serán os seguintes: a) Órganos de Goberno: • Consello reitor. • Presidente/a nato/a. • Presidente/a executivo/a. • Vicepresidente/a. b) Órganos de Dirección e Administración: • Director/a do Organismo Autónomo Caixa de Anticipos de Cooperación, que será o que exerza a xefatura do Servizo de Cooperación. SECCIÓN 1ª Do Consello reitor Artigo 7.- Composición do Consello reitor: O Consello reitor estará formado polos seguintes membros: a) Presidente/a nato/a: O/a da Deputación de Pontevedra. b) Presidente/a executivo/a: O/a Presidente/a da Comisión de Cooperación ou o/a deputado/a provincial que designará o Pleno de entre os seus membros. c) Vicepresidente/a: un/unha deputado/a provincial, que designará o Pleno da Deputación de entre os seus membros. d) Vogais: catro deputados/as provinciais, que designará o Pleno da Deputación de entre os seus membros, con presenza dos grupos políticos en proporción á súa representación no Pleno. Ademais asistirán ás sesións con voz pero sen voto o/a secretario/a, interventor/a e o/a director/a. Artigo 8.- Funcións do Consello reitor e dereitos dos seus membros. 1.- Son funcións do Consello reitor, ademais da organización e a alta dirección do organismo, as seguintes: a) Aprobar o programa de actuación. b) Aprobar a memoria anual da xestión realizada, así como o inventario de bens. c) Aprobar o organigrama e o cadro de persoal. d) Aprobar a proposta de modificación dos estatutos. e) Aprobar as bases ou normas reguladoras para a concesión e xustificación dos anticipos. f) Aprobar a proposta inicial do orzamento do organismo, así como a proposta das súas modificacións cando requiran a aprobación do Pleno da Deputación, en virtude do disposto no artigo 18.2 do TRLHL. g) Aprobar anualmente a conta xeral para os efectos previstos no artigo 212 TRLHL, para a súa tramitación conxunta coa conta xeral da Deputación. h) A resolución de expedientes por faltas graves ou moi graves cometidas polo persoal do organismo. i) Aprobar, no seu caso, os criterios para asignarlle incentivos ó persoal cos límites das dotacións orzamentarias. j) A concesión de anticipos reintegrables ós concellos. k) Acordar que os recursos das entidades locais afectados en garantía se apliquen ó reintegro dos anticipos. l) As demais que, non atribuídas especificamente nestes estatutos a algún dos órganos de goberno ou dirección, lle correspondan ó Pleno da Deputación, entre elas a creación ou participación en sociedades mercantís. ll) As equivalentes ás establecidas no réxime xurídico local para o Pleno da Deputación, coas excepcións previstas nestes estatutos e as que se poidan, en materia económica, establecer a través das bases de execución do orzamento, e nas bases reguladoras da concesión dos anticipos. 2.- Os membros do Consello Reitor terán os seguintes dereitos: a) Asistirán con voz e voto ás reunións do Consello. b)Poderán examinar os expedientes e cantos antecedentes se relacionen con asuntos comprendidos na orde do día co fin de coñecelos antes das deliberacións. c) Poderán elevar ó Consello as mocións e propostas que estimen pertinentes, relativas ós fins do organismo. d) Poderán solicitar coa suficiente antelación, petición de inclusión de asuntos na orde do día. e) Terán dereito ás asistencias que se fixen nas bases do orzamento, incluídos todos os asistentes. SECCIÓN 2ª Do/a presidente/a nato/a Artigo 9.- Atribucións do/a presidente/a nato/a. O/a presidente/a nato/a da Caixa de Anticipos de Cooperación é o/a presidente/a da Deputación, e como tal terá as seguintes atribucións: a) Representar á Caixa de Anticipos nos actos ou reunións ós que asista. b) Presidir, cando asista, as sesións do Consello reitor e demais actos que teñan lugar. SECCIÓN 3ª Do/a presidente/a executivo/a Artigo 10.- Atribucións do/a presidente/a executivo/a. O/a presidente/a executivo/a da Caixa de Anticipos de Cooperación será o/a presidente/a da Comisión de Cooperación ou o/a deputado/a provincial que designe o Pleno de entre os seus membros, e como tal terá as seguintes atribucións: a) Representar á Caixa de Anticipos de Cooperación e presidir as sesións dos órganos colexiados cando non o faga o/a presidente/a nato/a. b) Dirixir o goberno e a administración da Caixa e, en xeral, as equivalentes ás establecidas no réxime xurídico local para o/a presidente/a da Deputación, coas excepcións previstas nestes estatutos e as que se poidan, en materia económica, establecer a través das bases de execución do orzamento, e nas bases reguladoras da concesión dos anticipos. SECCIÓN 4ª Do/a vicepresidente/a Artigo 11.- Atribucións do/a vicepresidente/a. O/a vicepresidente/a da Caixa de Anticipos de Cooperación, que será un/unha deputado/a provincial designado polo Pleno da Deputación de entre os seus membros, terá as seguintes atribucións. a) Substituír ó/á presidente/a executivo/a nos casos de ausencia, vacante, ou enfermidade, asumindo as súas funcións con carácter provisional cando o titular cesase no cargo. b) Exercer todas aquelas funcións que lle delegue o/a presidente/a executivo/a e, de ser o caso, o/a presidente/a nato/a. SECCIÓN 5ª Do/a director/a Artigo 12.- O/a director/a do organismo autónomo será o que exerza a xefatura do Servizo de Cooperación. Correspóndenlle ó/á director/a as facultades seguintes: a) Todas aquelas que, no seu caso, lle sexan expresamente atribuídas polo regulamento orgánico ou calquera outra encomendada polo Pleno da Deputación, polo Consello reitor ou polo/a presidente/a. b) A inmediata dirección e administración do organismo, da que lle dará conta periodicamente ó Consello reitor e, a continuación, ó/á seu/súa presidente/a. c) Cumprir e facer cumprir os acordos do Consello reitor e dos/as presidentes/as. d) En particular, son funcións propias do/a director/a: 1) Ditar actos administrativos, en relación ó exercicio das funcións de xestión que lles correspondan. 2) Dirixir, organizar e xestionar o organismo, supervisar e inspeccionar as actividades que constitúen o seu obxecto. 3) Autorizar, por delegación da Presidencia para realizar horas extraordinarias, comisión de servizos con dereito a indemnización así como a resolver os expedientes de devolución de ingresos indebidos. 4) Exercer a representación do organismo por delegación da Presidencia. 5) Realizar a xestión económica de acordo co orzamento aprobado e de acordo coas competencias que se lle atribúan nas bases de execución do orzamento. SECCIÓN 6ª Das funcións de Secretaría, Intervención e Tesourería Artigo 13.- Secretaría, Intervención e Tesourería. As funcións propias de Secretaría, Intervención desempeñaranas os/as titulares da Deputación Provincial ou, mediante delegación, por funcionarios/as da Deputación ou do propio organismo. As funcións de Tesourería desempeñaranse, no seu caso, de acordo co que se estableza nas bases de execución do orzamento. CAPÍTULO III RÉXIME DE SESIÓNS Artigo 14.- Sesións. 1. O Consello reitor reunirase, previa convocatoria efectuada a iniciativa do seu/súa presidente/a ou a petición de tres dos seus membros, tantas veces como sexa necesario para o bo funcionamento do organismo e, ordinariamente, polo menos una vez cada tres meses (trimestre). 2. A convocatoria do Consello reitor, salvo en casos de urxencia apreciada polo seu/súa presidente/a executivo/a, cursaranse por escrito, directa e persoalmente, polo menos con dous días hábiles de antelación e irá xunto coa orde do día da sesión. 3. O Consello reitor quedará validamente constituído cando concorran ás reunións, polo menos, tres deputados/as membros, sempre que un deles sexa o/a presidente/a (nato/a, executivo/a ou vicepresidente/a) e asista o secretario. Non poderá ter lugar ningunha sesión sen a asistencia do/a presidente/a e do/a secretario/a ou das persoas que legalmente os substitúan. 4. Os acordos adoptaranse por maioría de votos dos asistentes. En caso de empate o/a presidente/a terá voto de calidade. 5. No non previsto aplicarase a normativa sobre o funcionamento e réxime de sesións do Pleno da Deputación, segundo determina a lexislación de réxime local, excepto no relativo á súa publicidade e da información e participación cidadá. CAPÍTULO IV ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA Artigo 15.- Persoal. O persoal do organismo estará integrado por: a) Funcionarios/as propios do organismo. b) Persoal laboral contratado polo organismo. c) Persoal funcionario ou laboral adscrito á Deputación. d) Outro persoal colaborador da Deputación. Artigo 16.-Regulación do persoal. 1. O persoal funcionario quedará sometido á mesma regulación que os funcionarios da propia Deputación. Dependerán funcionalmente do/a presidente/a do organismo e percibirán as súas remuneracións do organismo autónomo. 2. O persoal laboral quedará sometido á mesma regulación có persoal laboral da propia Deputación. Dependerán funcionalmente do/a presidente/a do organismo e percibirán as súas remuneracións do organismo autónomo. 3.- A contratación ou nomeamento como persoal propio do organismo autónomo non lles conferirá ós empregados a condición de persoal funcionario ou laboral da Deputación de Pontevedra, tendo en conta a natureza xurídica do organismo e da relación contractual existente. Artigo 17.- Retribucións. As retribucións de todo o persoal fixaranse cada ano no orzamento do organismo, respectando os límites legais e os acordos regulados en convenio nas normas emanadas da Deputación. CAPITULO V RÉXIME PATRIMONIAL Artigo 18.- Patrimonio. Constitúe o patrimonio da Caixa de Anticipos de Cooperación. a) Os bens que son titularidade do organismo. b) Os bens que a Deputación de Pontevedra lle transfira ó organismo. c) Os bens que adquira por calquera título lexítimo e que sexan convenientes ou necesarios para a consecución dos seus fins. d) Os produtos, rendas e incrementos do seu propio patrimonio. e) Calquera outro que se lle poida atribuír segundo as disposicións en vigor. Artigo 19.- Recursos. Os recursos financeiros da Caixa de Anticipos de Cooperación estarán integrados por: a) Achegas da Deputación. b) Produto de operacións de crédito. c) Rendementos do patrimonio do organismo e outros de dereito privado. d) Taxas e prezos públicos. e) Calquera outro recurso que lle poida ser legalmente atribuído. Artigo 20.- Inventario. A Caixa de Anticipos formará e manterá actualizado un inventario da totalidade dos seus bens e dereitos que constitúan o seu patrimonio, así como os que lle foran adscritos para o cumprimento dos seus fins, coa única excepción dos de carácter funxible. O inventario revisarase, no seu caso, anualmente con referencia ó 31 de decembro de cada ano, e remitiráselle á área económico-financeira da Deputación. CAPÍTULO VI RÉXIME ECONÓMICO-FINANCEIRO SECCIÓN 1ª: Contratación, financiamento e planificación. Artigo 21.- Réxime de contratación. A contratación da Caixa de anticipos réxese pola normativa de contratos aplicable ós contratos da Deputación. Artigo 22.- Operacións financeiras. A Caixa de Anticipos poderá concertar operación de crédito en tódalas súas modalidades. Non obstante, precisará a autorización previa do Pleno da Deputación e o informe de Intervención para a concertación de operacións de crédito a longo prazo, conforme o disposto no R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de facendas locais (no sucesivo TRLHL). SECCIÓN 2ª: Contabilidade e control. Artigo 23.- Contabilidade. 1- A Caixa de Anticipos estará sometida ó réxime de contabilidade pública nos termos establecidos no TRLHL, nas bases de execución do orzamento da Deputación e nas específicas do propio organismo autónomo. 2- Sen prexuízo da facultade de fiscalización que lle corresponde á Intervención serán competencias desta levar a contabilidade pública establecida pola citada lei e as disposicións que a desenvolvan. Para a retirada ou saída de fondos ou cargos nas contas bancarias do organismo son necesarias as sinaturas que se determinen nas bases de execución do orzamento. 3- A contabilidade do organismo levarase a cabo axustándose ó plan de contas e outras normativas aplicables ós organismos autónomos locais dependentes da Deputación. 4- As contas do organismo terá que rendelas o presidente e someteranse ó Consello reitor, órgano que as aprobará inicialmente, elevándoas á Deputación para que poidan ser integradas na conta xeral da entidade. Artigo 24.- Réxime de control. A Deputación de Pontevedra exercerá, coa extensión e efectos que se determina no TRLHL e nas bases xerais e específicas de execución do orzamento xeral, as funcións de control interno na súa triple acepción: función interventora, función de control financeiro e función de control de eficacia. SECCIÓN 3ª: Réxime orzamentario. Artigo 25.- Elaboración do orzamento. O Consello reitor aprobará inicialmente o orzamento anual da Caixa de Anticipos, que lle será remitido antes do 15 de setembro de cada ano á Deputación co fin de que poida ser integrado no seu orzamento xeral e aprobado polo Pleno da Deputación. CAPÍTULO VII FACULTADES E TUTELA DA DEPUTACIÓN Artigo 26.- Tutela. 1. A función tutelar do organismo autónomo será exercida pola Deputación de Pontevedra, que a levará a cabo por medio dos seus órganos competentes de área á que queda adscrito o organismo. 2. As facultades tutelares acadarán todos aqueles actos que requiran a aprobación do Pleno da Deputación, enumerados ó longo dos presentes estatutos e os que estableza a lexislación de réxime local. 3. O/a presidente/a da Deputación poderá suspender os acordos do organismo autónomo cando se refiran a asuntos que non sexan da súa competencia, constituíndo unha infracción manifesta das leis ou por calquera causa que atente gravemente os intereses da Deputación. Así mesmo, poderá reclamar dos seus órganos de goberno a emisión de toda clase de informes e documentos, así como ordenar as inspeccións que considere oportunas. CAPÍTULO VIII MODIFICACIÓN E DISOLUCIÓN Artigo 27.- Modificación. A aprobación das propostas de modificación destes estatutos esixirá o voto favorable da maioría absoluta legal dos membros do Consello reitor. Artigo 28.- Disolución. 1. A Caixa de Anticipos terá unha duración indefinida, determinada polo cumprimento das finalidades recollidas nos presentes estatutos. 2. O organismo autónomo provincial poderá disolverse por: a) Imposibilidade legal ou material de realizar os seus fins. b) Acordo do Pleno da Deputación de Pontevedra. c) E calquera outra circunstancia legal. No caso de extinción da Caixa de Anticipos a Deputación será o sucesor universal. Declarada a disolución o Consello reitor transformarase en comisión liquidadora do organismo autónomo co obxecto de determinar e valorar os bens, dereitos e obrigas que constitúen o seu patrimonio e, no prazo máximo de tres meses, elevará a súa proposta á consideración da Deputación de Pontevedra. CAPÍTULO IX RÉXIME XURÍDICO DOS ANTICIPOS REINTEGRABLES SECCIÓN 1ª:Natureza, normativa aplicable e procedemento de concesión. Artigo 29.- Natureza e réxime xurídico dos anticipos. Os anticipos reintegrables participan dunha dobre natureza xa que por un lado se trata da concesión dunha operación de crédito, e como estes anticipos se conceden sen esixir xuros, tamén teñen natureza de subvención (artigo 2-4, h da Lei xeral de subvencións). En termos puramente financeiros trátase dunha operación de crédito e non de préstamo xa que se entrega por disposicións e caduca o contrato se non se dispón no período de disposición. Artigo 30.- Normativa aplicable. Esta dobre natureza xurídica determina que os anticipos reintegrables deban dar cumprimento á seguinte normativa: a) En canto operación de crédito: a normativa reguladora destas operacións aplicable á Deputación. b) En canto subvención: a normativa reguladora das subvencións aplicable á Deputación. c) Con carácter xeral deberán cumprir coa normativa prevista nestes estatutos e nas normas reguladoras que se aproben cada ano para a súa concesión. Artigo 31.- Procedemento de concesión dos anticipos reintegrables. A concesión dos anticipos reintegrables farase, con carácter xeral, polo procedemento de concorrencia competitiva; non obstante, poderase, nas normas reguladoras do procedemento de concesión reservar unha parte do crédito para a súa concesión directa, para aqueles supostos nos que proceda de acordo coa normativa reguladora das subvencións que concede a Deputación. Os demais aspectos propios do procedemento de concesión de anticipos; tales como; entidades locais que poden recibir anticipos reintegrables, requisitos que deben cumprir as entidades locais, prazos (presentación de solicitudes, de resolución do procedemento, etc…), criterios de concesión e cuantificación, procedemento e xustificación; regularanse nas bases ou normas reguladoras da concesión que se aprobarán e publicarán en cada exercicio. SECCIÓN 2ª: Finalidades e características dos anticipos reintegrables. Artigo 32.- Finalidades para as que se poden conceder anticipos reintegrables. Os anticipos reintegrables pódense conceder para as seguintes finalidades: - Para facer fronte ás achegas dos entes locais ós investimentos incluídos en plans provinciais de cooperación, en investimentos financiados con fondos FEDER ou outros fondos comunitarios, así como naqueles outros investimentos financiados pola Administración do Estado ou a Comunidade Autónoma. - Para o resto de investimentos en obras e servizos dos entes locais. - Operacións de tesourería. Artigo 33.- Características dos anticipos reintegrables. Os anticipos reintegrables que concede a Caixa de Anticipos terán as seguintes características: - Importe máximo que se pode conceder: nas normas ou bases reguladoras da concesión poderase fixar unha limitación en termos relativos co total custo do investimentos ou en termos absolutos. - Prazo máximo para dispoñer do anticipo: o prazo para dispoñer do crédito será como máximo de dous anos, a contar dende a sinatura do contrato. En casos especiais, debidamente xustificados, poderase prorrogar por un período máximo de ata un ano. - Prazo máximo de amortización: o prazo máximo de amortización será de ata 15 anos, excepto os anticipos para xustificar subvencións, nos que o prazo será como máximo de dous anos. Nas bases reguladoras da concesión poderanse establecer outros prazos máximos. - As amortizacións faranse por períodos naturais anuais ou fracción. - O importe de cada amortización anual será o resultado de dividir o saldo disposto entre os anos ou fracción dos anos nos que se pretenda facer a amortización. - Prazo de inicio de amortización: a amortización das cantidades dispostas comezará no exercicio no que finalice a disposición do anticipo, no que finalice o prazo para a disposición do anticipo ou, de ser o caso, ó finalizar o período de carencia. - Período de carencia: nas bases ou normas reguladoras poderase establecer a posibilidade de fixar un período de carencia para a amortización dos anticipos. - Xuros: os anticipos que se concedan non reportan xuros. - Comisións: o 2 por cento, por unha soa vez, para facer fronte ós gastos de administración e esixirase antes da formalización do contrato. As demais características dos anticipos reintegrables regularanse nas bases ou normas reguladoras que se aproben en cada exercicio para a concesión de anticipos reintegrables. DISPOSICIÓN FINAL ÚNICA En todo o que non estea expresamente regulado nos presentes estatutos resultará de aplicación a lexislación de réxime local aplicable ás deputacións e, de modo supletorio, as normas que configuran o réxime xurídico dos organismos autónomos do Estado. 10.5743.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE PONTEAREAS PARA A “REHABILITACIÓN DO AUDITORIO REVERIANO SOUTULLO” Sr. Presidente.- Aprobación do Convenio de colaboración entre a Excma. Deputación de Pontevedra e o concello de Ponteareas para a rehabilitación do auditorio Reveriano Soutullo, que neste caso é titularidade deste concello. Ten a palabra Gabriel Martínez Giráldez. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Si, bueno, dicir que este é un convenio que nós consideramos imprescindible, sobre todo por un concello de case 25.000 habitantes, nunha obra que se fixo no ano 86, que ten xa aproximadamente máis de vinte anos e que loxicamente, é que bueno as obras daquel momento tiñan unha serie de características ás de agora, hai que dicir que este auditorio foi un dos referentes en Galicia, é dicir, non só na provincia de Pontevedra, eu creo que foi un dos primeiros auditorios que naquel momento a corporación e o goberno de Ponteareas plantexou como unha magnífica idea, sempre todos falábamos, eu me acordo hai anos, que para referencia dun auditorio, incluso para escoitar música, para actos, era Ponteareas, non o había, incluso non había unha sala desas características nin en Vigo, que agora bueno, porque hai algunhas privadas, porque públicas tampouco, pero nin en Coruña nin en Pontevedra, era un referente, á parte daqueles famosos cines que facían un pouco de todo que había en Vigo, en Pontevedra e incluso en Coruña e en Santiago, pois non había un auditorio propiamente dito, eu creo que había que felicitar agora despois de pasados moitos anos, pois a aquela corporación e a aquel alcalde que tiveron unha idea, eu creo que brillante, de levar a cabo aquel auditorio, o que agora é algo habitual e normal que aquel concello incluso pequeno, pois ten este tipo de instalacións, e bueno, pois despois de vinte e tantos anos, home, iso segue facendo unha función, pero está bastante deteriorado, é dicir, as butacas están todas totalmente tal, aínda que se fixeron algunhas pequenas reformas e é certo que dende o concello de Ponteareas se pediu axuda a outras administracións, bueno parece que hai a contestación, é negativa, e nós consideramos que esta Deputación por todo o que acabo de dicir, e porque loxicamente é un auditorio singular en Galicia, neste caso en Ponteareas, pois a facer un esforzo, un esforzo que o faríamos con calquera outro concello con características similares porque nos parece que esta é unha actuación puntual, singular, que creo que esta casa tamén ten que atender, nos parece que unha institución tamén ten que estar aberta a que se unha situación destas se pode dar en calquera concello, pois dende logo imos a facer un convenio 80% - 20% cun millón cen mil euros, un millón douscentos mil euros aproximadamente na súa totalidade porque eu creo que é necesario, é dicir, a nós nos parece que é de xustiza, xa non é unha cuestión nin política nin de xestión, senón de xustiza, que Ponteareas e todo o condado pois poida ter ese auditorio que foi un referente, eu diría que en Galicia e se van alí vostedes e o comproban eu creo que agora mesmo está nun estado lamentable, e dende logo nos parece que é oportuno por parte desta casa facer ese esforzo, que iso non quere dicir que teña que ser a liña singular en todos os casos, pero nesta se dan todas estas circunstancias, que se inaugurou no ano 86, miren vostedes o que significa un auditorio, e que non había ningún, é dicir, non había nin en Coruña, nin en Santiago, nin en Vigo, nin en Pontevedra, había os cines famosos, que nos suplían un pouco, volvo a repetir, pero auditorio destas características non, e eu creo que merece a pena e dende logo, eu lle pediría o voto a todos os grupos políticos porque nos parece que neste caso estamos facendo unha obra con coherencia e con rigor á marxe de calquera outra circunstancia e bueno, e dende logo, se vostedes consideran que é necesario e tamén fixeran un esforzo para que algunha Consellería aportara pois unha parte deste Convenio, nós encantados ¡eh!, é dicir, se o Bloque ou PSOE miran a que a través da Consellería de Cultura nos poden dar o 40% ou 50 % deste Convenio, agora mesmo firmamos. Sr. Presidente.- Moitas gracias, ten a palabra D. Gabriel Martínez Giráldez. Sr. Martínez Giráldez.- Gracias Sr. Presidente, bos días a todos e a todas. Home coincido co Sr. Chema que o auditorio é do ano 86 e que realmente pois fan falta unhas obras, ¿non?, non sei aquí incluso nalgún momento lle plantexei algunha pregunta á Presidencia por unhas obras e uns compromisos que había por parte da Presidencia de levalas a cabo, o que si, claro, o que me pregunto ou nos preguntamos, é si realmente ese criterio se vai a seguir con todos os concellos que necesiten este tipo de obra, e por outra parte tamén, se conta con algún tipo de informe que aconselle esta inversión que se vai a levar a cabo nun auditorio que ó noso entender está totalmente desfasado, se nos vamos incluso á documentación que aparece no borrador do Plan Xeral de Ponteareas, pois recomenda unha nova ubicación do auditorio, como ven coñece Chema e os demais da Corporación, esta ubicación nunha praza moi reducida, sen espazo de aparcamento, non hai realmente, pois que ó mellor ese non é o mellor sitio para manter ese auditorio aí. Entón pois, nós non podemos votar a favor de facer unha inversión dun millón e pico de euros, cando realmente os informes son de ir hacia outro sitio, de plantearse de facer un auditorio novo noutra zona, entón bueno por iso, digamos que non compartimos, pois, está inversión de diñeiro nunha obra que está desfasada, de facela aí onde está. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Bueno, mire eu de verdade non sei, non sei se é que hai concellos que compran todos os boletos e lle toca sempre, que parece que é o caso, e hai outros que parece que son uns desgraciados, e nunca lle toca, porque claro, aquí agora mesmo vén con convenio con Ponteareas para arreglar o auditorio Reveriano Soutullo, por certo mire, Sr. Figueroa, un ten memoria, un ten memoria, e resulta que a obra comeza no ano 86 pero é certo que isto é, é dicir, a historia do concello de Ponteareas, neste tipo de actuacións, é a historia de como non se debe facer política municipal, ou de como fai política municipal o Partido Popular nos concellos. Mire, este auditorio nace, nace dedicando o concello de Ponteareas naquel momento da comarcación especial e cartos do plan de obras e servizos a unha obra deste tipo, curioso pero naceu así, feito por certo, criticado naquel momento por todos os grupos da oposición nesta casa, naceu naquel momento absolutamente sobredimensionado, naquel momento, Ponteareas non tiña os habitantes que ten hoxe, e Ponteareas sábeo vostede igual que eu, e coincidirán comigo, é dicir, se chega ós 25.000 habitantes foi froito dunha política urbanística absolutamente louca, onde se fixeron as maiores ilegalidades do mundo, e onde o mesmo Partido Popular gobernando na Xunta suspendeu as actuacións do concello de Ponteareas en materia urbanística, ¡eh!. Entón claro, en Ponteareas, mira un edificios que non permiten que o sol dea nas rúas de Ponteareas, mira que se facía ese esforzo de especulación, e non se cambiaban as tuberías de saneamento e auga, pero claro non pasaba nada, porque resulta que o ano pasado esta casa, por iso falaba eu antes de que a algúns lle toca sempre a lotería e deben comprar todos os boletos. Esta casa o ano pasado, nun convenio tamén co concello de Ponteareas faise cargo do tema do saneamento no casco urbano de Ponteareas, e agora para remate, nos aparece o tema do auditorio, entón bueno, miren, imos a ser serios, vostede estaba dicindo hai un momento que se hai algún concello nas mesmas circunstancias que votarían unha man, home, pois probablemente no tema do auditorio non, porque ningún concello foi tan louco, tan louco, para gastarse cartos de plans para servizos básicos, nun tema como o do auditorio, pero tamén é certo que como vostedes antes deste convenio, no convenio anterior lle arreglan o tema do saneamento, pois mire, aí nesa circunstancia están moitos concellos desta provincia, entón bueno, pois pedimos exactamente o mesmo para os demais concellos, e fíxese, imos a facer o esforzo de non votar en contra, de absternos, en previsión de que no futuro, nos próximos meses, no próximo orzamento miremos unha liña de crédito, de convenios da Deputación cos concellos, sempre que se dean as circunstancias de ter o saneamento en malas condicións, etc., etc., o mesmo que lle dan vostedes a Ponteareas, nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Emilio González. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Mire, Sr. González, vou a quitar un pouco a tensión, ¿sabe cal é a diferenza?. Ponteareas tivo un Ministro que se chamaba Abel Caballero e Redondela tivo un Conselleiro que se chamaba Pérez Varela, vostede me entende perfectamente. Eu creo que cada un intenta buscar o financiamento posible, o concello de Ponteareas está buscando o financiamento na Xunta, non o encontra, e llo digo xa con absoluta tranquilidade, por iso lle lin, a redacción anteriormente na modificación que agora podería vir ó caso outra vez e podería volver a lela outra vez, non o vou a facer loxicamente, pero esa é a diferenza. Miren vostedes, por exemplo un concello similar un pouco maior como o de vostedes tivo un financiamento dun auditorio, que é bo, é dicir, que fai unha función importante nun concello similar como pode ser Redondela, eu creo que Ponteareas á marxe do que vostedes acaban de dicir, eu creo que o alcalde naquel momento da corporación, que tomou aquela decisión, era unha decisión acertada, valente, a medio e longo prazo, mira que vostedes, durante vinte anos non se fixeron alí actuacións e o auditorio de Ponteareas sempre foi un referente, polo menos eu sempre o recordo como un referente, cando alguén quería ir a un acto importante, ir ó concello de Ponteareas era un referente de avance cultural e social e incluso urbanístico, porque tomaron unha decisión, no centro do pobo, facer unha praza, facer un auditorio, que os veciños van andando e camiñando, a veces incluso nas políticas urbanísticas, pois cada un ten o seu discurso, eu dende logo, eu se son veciño de Ponteareas prefiro que o auditorio que se poida utilizar todos os fins de semana estea no centro e non teña que coller o coche para ir ó extraradio. Esas son as políticas, é dicir, eu polo menos prefiro iso, é dicir, eu creo que o sitio, a ubicación que ten ese auditorio é extraordinaria, extraordinaria, porque ten unha praza que seguramente, bueno, pois ó mellor o concello terá que adecentala ou darlle outros usos, pero o que está claro é que ter un auditorio no centro, no núcleo urbano dunha poboación como Ponteareas, ese é un privilexio, un luxo que non o pode ter absolutamente nadie, e o que dicía que se outras administracións lle votaran unha man, pois ó mellor igual non tiñamos nós que facelo, pero a nós nos parece que é de recibo que ese auditorio que está nunhas condicións lamentables, que están lamentables, pois que fagamos un esforzo e que lle votemos unha man, e punto, e a partir de aí, bueno pois eu creo que o problema que hai é que a esta administración igual lle toca a lotería, un ou dous, pero é que hai a outras que lle toca só dunha cor, é dicir, entón é bastante complicado, collendo un pouco o seu discurso, eu creo, de verdade, eu creo que fan ben polo menos senón queren votar a favor, absterse, porque eu creo que é unha obra de xustiza. E fora no concello que fora eu creo que calquera administración coherente tiña que votarlle unha man para resolver este problema, e nós así o imos a facer dunha maneira singular e cun esforzo puntual, porque consideramos que é importante para toda esa comarca e que nós dende logo, defendemos, ó contrario do que se dixo aquí, que ese auditorio siga permanecendo na ubicación actual, iso dende logo, ten un auditorio nun núcleo urbano eu creo que hai poucos concellos que se poidan permitir ese luxo, Redondela tamén o ten, é dicir, super ben situado. Pode discutir vostede que pode estar mellor ou peor urbanisticamente ou que ó mellor faríano noutro lado, pero eu dende logo se fora veciño de Redondela tamén me sentiría orgulloso dese auditorio que teñen vostedes, e perdoe a comparación anterior pero bueno púxomo bastante fácil, ¿non?. Sr. Presidente.- Moitas Gracias Sr. Figueroa. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si, home, Sr. Figueroa, eu mireille facer moitas barbaridades a Ministros do Partido Popular, pero dende logo non lle mirei a ningún, facer, a un Ministro de Transportes facer un auditorio, lle recordo que Abel Caballero era Ministro de Transportes ¡eh!, nada máis que iso. Sr. Figueroa Vila.- Digo eu que os Ministros inflúen no goberno, vostede cando goberna en Redondela e vén un compañeiro e lle di “oe, dálle unha man alí ó choco”, vostede é concelleiro de urbanismo, pero se pode e ten máis poder que el o fai, ¿non?. ¿Non o fai?. Bueno, pois eu si que o faría. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Procedemos polo tanto á votación da aprobación deste convenio, importante, de colaboración para poñer en marcha de novo, unha rehabilitación total do auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Dada conta do Proxecto de Convenio entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Ponteareas para a rehabilitación do Auditorio Municipal “Reveriano Soutullo”, sendo o obxecto do mesmo, no marco da cooperación económica entre ambas administracións, posibilitar a rehabilitación do mencionado Auditorio cun custo de un millón cento oitenta e sete mil cento corenta e catro euros (1.187.144,00€). Vistos os informes elaborados polo Secretario e a Intervención desta Deputación e de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Cooperación, o Pleno acorda por maioría de votos a favor do PPdeG e coas abstencións do PSdeG-PSOE e do BNG: - Aprobar o Convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o concello de Ponteareas para a Rehabilitación do Auditorio Municipal “Reveriano Soutullo”. O Convenio é o transcripto a continuación: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE PONTEAREAS PARA A REHABILITACIÓN DO AUDITORIO MUNICIPAL REVERIANO SOUTULLO. En Pontevedra, a ………de …………. de 2008 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúen o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. E D. Salvador González Solla, na súa condición de Alcalde-Presidente do concello de Ponteareas, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, coa modificación dada pola Lei 57/2003, de 16 de decembro, de medidas de modernización do Goberno Local. Ambas partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. MANIFESTAN I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. II.- Que segundo dispoñen os artigos 25 e 26.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e os artigos 80 e 81 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, os municipios deberán prestar ós seus cidadáns os servizos públicos. III.-Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, é polo que instrumenta dito convenio dirixido ó cumprimento das obrigacións impostas pola normativa vixente. IV.- Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- O obxecto do presente convenio no marco da cooperación da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o concello de Ponteareas é a REHABILITACIÓN DO AUDITORIO MUNICIPAL REVERIANO SOUTULLO, cun custo de un millón cento oitenta e sete mil cento corenta e catro euros (1.187.144,00 €). Segunda.- O importe a que se refire o presente convenio comprenderá todos os gastos que derivan da obra a realizar, incluídos os gastos de dirección de obra e de seguridade e saúde, sendo a cargo do concello e excluídos do presente convenio os honorarios correspondentes á redacción do proxecto. Terceira.- Os investimentos necesarios para a realización das mencionadas obras serán financiados coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o concello de Ponteareas, mediante a achega das cantidades relacionadas de seguido: 2008 2009 2010 TOTAL Deputación Provincial de Pontevedra 100.000,00 € 500.000,00 € 349.715,20 € 949.715,20 € Concello de Ponteareas 60.000,00 € 100.000,00 € 77.428,80 € 237.428,80 € Investimento total 1.187.144,00 € As cantidades a achegar polo concello, que son un ingreso de dereito público, xerarán crédito na partida 08/911.911-662.09 debendo ingresar a cantidade correspondente á anualidade 2008 á sinatura do convenio e, en todo caso, antes da aprobación do expediente de contratación. As cantidades das anualidades 2009 e 2010 deben ser ingresadas no primeiro trimestre dos exercicios correspondentes, e en todo caso, unha vez notificado, nos prazos de pago que establece o artigo 62 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria. No caso de falta de ingreso destas cantidades ou incumprimento de achegar a documentación requirida, a Deputación poderá reter ou compensar con calquera saldo a favor do concello que houbese na entidade provincial. No caso de que se produza unha baixa na adxudicación, unha modificación ou revisión de prezos do contrato, aplicarase ou financiará nas mesmas porcentaxes das achegas iniciais das entidades. Cuarta.- Á Excma. Deputación Provincial de Pontevedra correspóndelle a licitación, dirección, execución e recepción das obras contempladas no proxecto técnico que serán financiadas, na súa anualidade 2008, con cargo á partida 08/911.911-662.09 do vixente orzamento provincial. As anualidades de 2009 e 2010 financiaranse con cargo ás partidas correspondentes dos exercicios futuros, quedando condicionado á aprobación dos orzamentos. Quinta.- O concello de Ponteareas obrígase a poñer a disposición da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, os terreos necesarios para poder levar a cabo a execución das obras relacionadas na cláusula primeira, así como de obter a correspondente licenza municipal e tramitar ante outros organismos as autorizacións pertinentes que foran precisas. A entidade deberá dar ó convenio a conveniente publicidade. Sexta.- Unha vez recepcionada a obra pola Deputación, realizarase un acto formal de entrega da mesma ó concello de Ponteareas. O concello de Ponteareas comprométese ó mantemento do inmoble obxecto deste convenio, tendo a asunción de dita responsabilidade dende o día seguinte ó da realización da acta de entrega. Sétima.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente acordo, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constituirase unha Comisión de Coordinación da que forman parte os Presidentes, ou persoas en quen deleguen e un técnico de cada entidade, que se reunirá dentro do prazo de tres días, a contar dende a petición expresa realizada por calquera delas, na sede do organismo requirido. Oitava.- O presente convenio entrará en vigor na data da súa sinatura e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2010. Novena.- Serán causas de resolución o incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. Décima.- O presente convenio ten natureza administrativa, rexéndose polas cláusulas establecidas nel, e quedando sometido á Xurisdición Contencioso-Administrativa, a falta de entendemento propio pola comisión citada na cláusula sétima, na resolución de posibles controversias que puideran suscitar o incumprimento ou interpretación do convenio. Undécima.- Será de aplicación ó presente convenio a seguinte normativa: - Bases Reguladoras da Execución do Orzamento da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2008, así como as que se aproben para os exercicios 2009 e 2010. - Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. - Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de Lei, 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. - Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia. - Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. - Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. - Lei 30/1992, de 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. - Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. - Demais normativa de aplicación a este convenio. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data reseñada no seu Pola Deputación de Pontevedra Polo Concello de Ponteareas Rafael Louzán Abal Salvador González Solla” encabezamento. 11.5744.- ADDENDA Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE DA XUNTA DE GALICIA, O CONCELLO DE AGOLADA E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA LEVAR A CABO A RESTAURACIÓN E REHABILITACIÓN DOS PENDELLOS DA FEIRA ANTIGA DE AGOLADA DECLARADOS CONXUNTO HISTÓRICO Sr. Presidente.- O punto número once é a Addenda ó Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, o concello de Agolada e a Deputación Provincial de Pontevedra para levar a cabo a restauración e rehabilitación dos pendellos da feira antiga de Agolada, declarados conxunto histórico. ¿Algunha intervención a este, importante tamén, Convenio de recuperación do noso patrimonio?. Non hai. Polo tanto, ¿votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Cultura, o Pleno acorda por unanimidade, aprobar a Addenda ó Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, o concello de Agolada e a Deputación Provincial de Pontevedra para levar a cabo a restauración e rehabilitación dos pendellos da feira antiga de Agolada declarados conxunto histórico, que é do seguinte teor: ADDENDA Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE DA XUNTA DE GALICIA, O CONCELLO DE AGOLADA E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA LEVAR A CABO A RESTAURACIÓN E REHABILITACIÓN DOS PENDELLOS DA FEIRA ANTIGA DE AGOLADA DECLARADOS CONXUNTO HISTÓRICO En Pontevedra, REUNIDOS Dona Anxela Bugallo Rodríguez, actuando en representación da Consellería de Cultura e Deporte, en virtude do seu cargo de conselleira, en exercicio das facultades que lle confire o artigo 34 da Lei 1/1983, de 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu Presidente, así como o artigo 7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia. Don Ramiro Varela Peón, Alcalde-Presidente do concello de Agolada en virtude do nomeamento efectuado polo pleno da Corporación na súa sesión constitutiva e actuando en virtude das facultades representativas que lle outorga o artigo 21 da Lei 7/1985 do 2 de abril reguladora das Bases de Réxime Local. Don Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúen o artigo 34.1b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. Todas as partes comparecentes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das administracións públicas e por tanto, EXPOÑEN: PRIMEIRO.- O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 24 de abril de 2008, autorizou a sinatura dun convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, o concello de Agolada e a Deputación Provincial de Pontevedra para levar a cabo a restauración e rehabilitación dos pendellos da feira antiga de Agolada, declarados conxunto histórico. SEGUNDO.- O convenio de colaboración foi asinado por todas as partes o 22 de maio de 2008. TERCEIRO.- A cláusula 2ª, apartado 2) do convenio, establece o seguinte: “2.- No ano 2008, a Consellería de Cultura e Deporte desenvolverá as seguintes actuacións: • Licitación, dirección, execución e recepción das obras de rehabilitación contempladas nos Proxectos básicos e de execución de: Rehabilitación da capela das Virtudes como local multiusos e Rehabilitación da Casa “das Neves” como centro expositivo. Custe: 167.577,68€, aplicación orzamentaria: 12.03.433A.632.1. Custe: 8.568,18€, aplicación orzamentaria: 12.03.433A.628.1.” CUARTO.- Por razóns técnicas foi imposible licitar esta contratación, polo que non é posible executar a anualidade prevista no convenio asinado. Vistas as razóns expostas, as partes deciden subscribir a presente addenda e ACORDAN Modificar a cláusula 2ª, apartado 2) do convenio, que queda redactada como segue: Nos anos 2008 e 2009, a Consellería de Cultura e Deporte desenvolverá as seguintes actuacións: Licitación, dirección, execución e recepción das obras de rehabilitación contempladas nos proxectos básicos e de execución de: Rehabilitación da Capela das Virtudes como local multiusos e Rehabilitación da Casa “das Neves” como centro expositivo, de acordo coa seguinte desagregación: Descrición Aplicación 2008 2009 Obra 12.03.433A.632.1 47.577,68 120.000,00 D.O. Arquitecto 12.03.433A.632.1 1.044,00 2.610,00 Dirección execución e coord. s.s. 12.03.433A.632.1 1.376,18 3.538,00 Sumas 49.997,86 126.148,00 TOTAL INVESTIMENTO 176.145,86 POLA CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA POLO CONCELLO AGOLADA DE Ánxela Bugallo Rodríguez Rafael Louzán Abal Ramiro Varela Peón 12.5745.- DAR CONTA DA RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA DE PROVISIÓN DOS POSTOS DE TRABALLO DE VICESECRETARIO E VICEINTERVENTOR Sr. Presidente.- Punto número doce dar conta da resolución da convocatoria de provisión dos postos de traballo de vicesecretario e viceinterventor. Sr. Muradas. Sr. Muradas Ramos.- Si, precisamente, porque como es dar cuenta, desde la oposición queríamos saber cuales fueron las razones para que en la plaza de vicesecretario se hayan presentado tres aspirantes que reúnen los requisitos y se ha declarado desierta. Sr. Presidente.- Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Vamos a ver, se presentaron tres aspirantes, este hai que dicir que é un cargo de libre designación, polo tanto, pois é unha decisión que ten o partido, o partido no goberno, é dicir, loxicamente, novo equipo de goberno, fixéronse as valoracións, as valoracións se presentaron libremente, as persoas que consideramos oportunas, e nós políticamente tomamos unha decisión, políticamente porque é de libre designación, que consideramos que a persoa que tiña os méritos e os baremos para estar, non procedía neste momento facer este nomeamento, é dicir, nos parecía que en aras dun respecto institucional, político, e polo significado que podería darse, entendemos que era mellor deixalo deserto e non tomar esa decisión, que é unha decisión ó final pois en base a uns argumentos técnicos, unha xestión política, porque é de libre designación, é dicir, como outros cargos. Nós, polo tanto, entendemos que é mellor pois esa cuestión deixala deserta e non tomar esa decisión. Se se tomase esa decisión se malinterpretaría, se entendería mal, eu creo que ás veces cando os responsables políticos, pois tamén actuamos coa coherencia e co sentido común, vamos a ver, isto é aplicar o sentido común, é unha cuestión de respecto institucional e político, nos parece que incluso se debería de valorar, que ás veces me parece que non se valora, porque se se tomase a decisión, seguramente vostedes estarían hoxe de uñas aquí, dicindo que é unha decisión partidista, que ó final é unha persoa vinculada a un partido, e nós entendemos que non é o momento nin se debe de producir. Evidentemente todas as persoas son libres, cando sae unha praza, de presentarse, e creo que a persoa elixida tería, que ten máis méritos e máis baremo por cuantificación pura e dura e técnica. Pois a nós nos parece que este non é o momento en aras de ter unha tranquilidade e unha situación de respecto institucional, incluso con vostedes, é dicir, tanto co Partido Socialista como o Bloque Nacionalista Galego, o que está claro e que tamén a veces condenamos ás persoas porque teñan unha representación, neste caso coincide que hai unha persoa que ten unha representación nun partido e que evidentemente é un funcionario dese nivel. El ten todo dereito a nivel persoal a facer esa solicitude, e nós temos tamén, eu creo que a obriga de ser cuidadosos á hora de tomar esas decisións, e por iso se deixa o tema sen tomar a decisión. Eu creo que é unha decisión correcta, acertada, tanto no sentido político como loxicamente na cuestión técnica, e por iso, hoxe se vén a dar conta desta maneira. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Sr. Muradas. Sr. Muradas Ramos.- Es que acaba de dar una justificación que no figura en el expediente, es decir, cuando estas plazas son de libre designación como su nombre indica son para designar, no para dejar vacante, deben de ser justificadas. Porque si ustedes tienen unos criterios, a ver, como le diría, es un tema complicado de explicar, es la diferencia que hay entre la discrecionalidad y la diferencia que hay con la arbitrariedad, y ustedes aquí actuaron arbitrariamente y por encima si me lo justifica desde el punto de vista político, pero me lo pone, porque “sensu contrario” ese aspirante adolece de todas las virtudes que tiene este gobierno provincial, léase respecto institucional, coherencia, sentido común, ética, etc., ¿entiende?, si, “sensu contrario”, claro, porque, el aspirante, porque el aspirante, porque si fuera un militante de a pié del Partido Popular, pues se podría entender, se podría entender, un militante de a pié y tal, pero quién representa, quién tiene un título representativo muy destacado dentro de ese partido no debería de haberlos violentado a ustedes, no debería de haberlos violentado, es decir, yo soy Secretario General del PP, si me presento a la Diputación, bueno pues porque la teoría de los puntos y méritos tampoco vale, tampoco vale. Es decir, ustedes sacrifican ahora a otros dos aspirantes que si esa persona, por las razones que acabo de explicar entiende que no le deben de dar el puesto, pues déselo a otros de esos señores, o ¿a qué se espera entonces?, ¿se va a convocar otra vez a ver si este señor no se presenta y los libera de esa carga y entonces nombran a otro?, o sea, ¿cuál es la razón para que se quede desierta?, porque no estamos hablando de un concurso, esa teoría que me acaba de decir que tiene más mérito y tal podría valer para un concurso. Como estamos hablando de la libre designación y estamos hablando de una actuación discrecional por parte del gobierno, pues lo que hay que hacer es, pues mire, como este señor pues iba a dar que hablar, iba a dar que hablar, pues entonces nombraremos al siguiente que nos parezca más oportuno, pero en ningún caso sacrificar a esta institución dejando vacante un puesto principal de esta casa, hablando de generación de empleo como usted utilizaba anteriormente. Sr. Presidente.- Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Si, Sr. Muradas, mire, nós creo que tomamos a decisión correcta, é dicir, ás veces cando na vida política se vai de fronte, se toman as decisións coherentes, é dicir, parece que tamén reciben críticas, é dicir, se vostedes hoxe aquí, nós fixésemos o nomeamento que loxicamente sae da dedución deses baremos e deses méritos, hoxe habería aquí un follón neste pleno de coidado. Mire, o que non pode ser tampouco é que os que estamos na vida política ó final acabemos condenándonos todos, porque esa persoa é unha persoa que sacou as súas oposicións, ten o seu mérito, chegou ó posto que chegou en base ós seus coñecementos e á súa formación e a partir de aí pois un partido toma a decisión de nomealo, pode ser Secretario, pode ser Presidente, pode ser concelleiro ou pode ser deputado, e é moi grave e moi triste que por toda esa circunstancia e por ese condicionante se lle poida coartar a carreira persoal e profesional a unha persoa. E nós, volvo a repetir, fixemos esa praza, esa persoa considerou que a nivel persoal el tiña que presentarse e quería presentarse e o fixo libremente, o fixo libremente como podía facer calquera dos que tiveran esas condicións. Ben, se esa praza fose un concurso, bueno, pois ó mellor tería que quedarse, se daría, como esa praza é unha praza de libre designación, que é unha decisión que ten que tomar o goberno, o goberno toma a decisión en aras, primeiro de non xerar conflitividade; segundo, en aras de non xerar ningunha falta de respecto institucional a vostedes que podían entender, podían entender que unha persoa desas ocupase un posto significado nesta casa, e nós entendemos que é a mellor decisión e a decisión máis correcta. ¿É ser valentes tomar esta decisión?, si que é ser valentes, pero ademais se di con toda a tranquilidade, é dicir, non estamos ocultando absolutamente nada, non estamos ocultando absolutamente nada, só dicimos que hai unha persoa que se presenta que se dá a circunstancia que é o que ten o mellor mérito e o mellor, os maiores méritos e o baremo mellor cuantificado e que politicamente pois nós consideramos que non é oportuno facelo, incluso para cabreo del ó mellor nun momento determinado, eu creo que esa é a situación, é dicir, Sr. Muradas, é dicir, eu creo que ten que entenderse e ademais hai que falalo con claridade, non pasa absolutamente nada, porque esa persoa non gañou a praza despois de ser Secretario do Partido Popular, gañouna hai moito tempo, fixo o seu traballo, fixo as súas oposicións, como vostede e como calquera outro funcionario. Eu, de verdade, sinceramente me parece que deberíamos de ter un respecto por esta decisión e valorala positivamente, eu creo que son desas decisións que na vida política hai que valoralas positivamente, porque é inxusto o que estamos facendo, porque ó final parece que se o nomeamos se montaría aquí un lío de coidado, porque claro un señor que ocupa un cargo, tería que pedir unha excedencia e dirían, bueno, xa lle están preparando o posto, bueno, parecería un pouco de broma. Senón o facemos vostedes deixan entrever que, pois non, mire, hai boa relación con este señor, se lle falou, se lle dixo, o entendeu, pero el tamén tiña o seu dereito a poder presentarse, porque é evidente que é o seu futuro, home, é o seu futuro, el mañá vai a deixar de ser Secretario xeral, calquera día, cando o Partido considere que non debe seguir, e terá a súa vida profesional e a súa vida persoal, como lle pasa a vostede, é dicir, non, digo vostede porque é funcionario, non o entenda no sentido persoal, digo que vostede está nunha institución ou nun posto funcionarial, que bueno, que podía pedir excedencia, estar aquí, mañá volver para alí, o compatibiliza e non pasa absolutamente nada, eu creo que merecen un respecto todos vostedes, os que teñen esa situación. Polo tanto, eu lle pediría, de verdade, e llo digo, este tema, ó mellor outros hai que facer política deste, eu creo que sinceramente nós actuamos coa máxima responsabilidade, coa máxima coherencia e en ánimos de non xerar ningún tipo de crispación, nin dun respecto, que lle podíamos ó mellor facer contra vostedes, incluso ós membros da oposición e á cidadanía en xeral que ó mellor non o entendería, é dicir, eu creo que estamos actuando neste caso correctamente, correcta non, correctisimamente, eu creo que se lle deu unha explicación, se entendeu e bueno, e punto. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Sr. Muradas. Sr. Muradas Ramos.- Vamos a ver, yo en ningún momento cuestiono que el Secretario General del PP tenga su plaza por méritos propios, yo estoy en un puesto de libre designación, yo, mi puesto de trabajo es de libre designación, y no entiendo que esté faltándole al respeto a la Subdelegación del Gobierno ni esas historias que me acaba de contar. En cualquier caso ustedes anteponen ese problema político personal, vamos a definirlo así, con la Institución, con las necesidades de la Institución, o sea, si a ustedes, porque a mi me llegó otra teoría, pero bueno, vamos a quedarnos con que le entró vértigo, le entró vértigo nombrar Vicesecretario de esta casa al Secretario General del PP, le dio un ataque de vértigo. Bueno, muy bien, pues no lo nombren, son conocedores de otras fórmulas, vía asesoramiento, personal eventual y tal, para alegrarle la vida a la gente, ese es otro tema que ya entraremos otro día a ver cuál es la bolsa de empleo que tiene esta casa por esa vía, ya entraremos ahí. Pero en este caso concreto yo creo que aquí lo que prima es la Institución, y ustedes cometen la osadía, la osadía, que como le da un ataque de vértigo, o no quieren nombrarlo, yo casi me quedo con lo otro, como le pegue un ataque de vértigo, coge y dejan desierta la plaza, habiendo dos aspirantes más que reúnen los requisitos, ¿aquí que es lo que impera?, los intereses particulares de un señor, los intereses del grupo o la Institución. Porque aquí ¿qué se va a hacer con esa plaza, se va a amortizar?, ¿se va a amortizar esa plaza?, porque claro la otra, se presenta uno y se la da, que por cierto oyéndole ese comentario de antes, de que si los presupuestos se financian con la venta de solares, al que ficharon ahora, que viene para aquí de Viceinterventor, es el que hizo el presupuesto del ayuntamiento de Pontevedra que usted criticaba antes, así que cuidadín, no se, a ver lo que viene por ahí. Pero, insisto, aquí lo que impera es la plaza, es el puesto de la administración, y ustedes dejan vacante no se con que perspectiva y sigue sin justificarse administrativamente en el expediente la razón, la justificación por qué esa plaza no la cubren y la dejan desierta, esa es mi preocupación, lo otro son sus problemas, pero insisto sensu contrario, sensu contrario, ese señor aspirante, y me baso en sus razonamientos, adolece de esos conceptos, de respeto institucional, coherencia, sentido común y ética, que es la que tienen ustedes pero que el se ve que no la tuvo cuando optó a la plaza. Sr. Presidente.- Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Mire, Sr. Muradas, con toda a tranquilidade, non lle vou a permitir a última parte da súa intervención, vostede pode dicir o que queira, pero basta, e parece mentira que vostede sexa un funcionario de libre designación, de verdade, se vostede é un funcionario de libre designación e non entende esta situación pois mal vamos, mal vamos, entón temos que empezar ó mellor nós a facer outro tipo de críticas e dende logo de buscar outro tipo de situacións, é dicir, eu creo, eu creo que está perfectamente claro, entendible e ademais con absoluta transparencia, transparencia, con absoluta transparencia, e cando unha administración actúa así e un equipo de goberno actúa así, eu creo que se debería de aplaudir, e eu de verdade, eu neste tema non pensei que vostedes ían a facer ningún tipo de intervención, porque o entendería perfectamente como faríamos nós, como faríamos nós se vostedes o chegan a facer en calquera outro lado, porque entón, vamos a ver, ó final estamos mezclando absolutamente todo, absolutamente todo, esa persoa se presenta libremente porque considera que detrás dunha vida política hai unha vida profesional, e porque se gañou ademais o posto cunhas oposicións como fixo vostede e o fan todos os que optan a esas prazas, punto. A partir de aí pois se lle fai ver, se lle fai ver que non é prudente porque é un posto de libre designación e que consideramos que iso loxicamente, que iso loxicamente non sería bo de cara a manter unha situación de normalidade. Cando ese señor deixe de ser Secretario Xeral do Partido Popular poderá ir a onde considere oportuno, e de feito xa estaba nun concello, volverá o día que lle toque a ese concello, ou volverá a outro concello, ou volverá a onde teña o posto correspondente. E dende logo a min me parece de baixo nivel que vostedes poidan argumentar unha crítica a unha decisión que é o máis transparente posible e que é o máis coherente posible. E a partir de aí pois se tomará a decisión e se verá, dende logo se verá o que se fai no futuro, é dicir, pero eu creo que, home, enténdano, é dicir, eu creo que é máis entendible que nada esta situación e esta toma de decisións, é dicir, porque é transparente, limpa, correcta, aplicando o sentido común, aplicando a coherencia e loxicamente porque é un cargo de libre designación, senón fora un cargo de libre designación pois ó mellor a decisión sería outra, pero como é un cargo de libre designación, e as libres designacións as tomaron os equipos de goberno e se toman politicamente, pois nós entendemos que politicamente non debemos tomar esta decisión, punto. E non vamos a entrar en máis debate porque eu creo que está perfectamente explicado, con todos os dereitos que ten que ter esa persoa e que deben ter todos os funcionarios, sexan do partido político que sexan, e ocupen o posto que ocupen, porque ó final senón a vida política, pois será difícil que un funcionario que está na vida política cando retorne pois vai a estar sempre condicionado ás decisións que tome, porque sexa ou non funcionario e teña que representar a unha institución. Ese señor pois ogallá que moi tarde, ogallá que moi tarde, moi tarde, porque para nós é un magnífico Secretario Xeral e é unha persoa que está facendo un magnífico traballo, pois ogallá que moi tarde, pero terá que volver algún día, ó mellor non, pero seguramente volva á administración, imaxínense vostedes que a este señor lle toca ir a unha administración onde goberna un alcalde Socialista ou goberna un alcalde do Bloque Nacionalista Galego, ¿que pasaría?, ¿que sería?, estaría apestado, ese señor estaría apestado xa automaticamente porque tivese que ir a unha institución onde gobernase outra persoa que non fose do Partido Popular. A min me parece que sería inxusto Sr. Muradas, de verdade, llo digo, llo digo, de verdade, con absoluta tranquilidade, llo digo co máximo respecto para todos, é dicir, eu creo que nós vamos a dar por zanxado este tema con esta explicación porque se considera que debemos dar esta explicación. Sr. Presidente.- Si. Moitas gracias. Sr. Muradas. Sr. Muradas Ramos.- Mire, toda esa argumentación me vale y creo que ahí es dónde puede haber la confusión, en que creo que usted no distingue, no lo tiene claro, no lo tiene claro, no lo tiene claro, lo que es un libre nombramiento y lo que es la libre designación. Yo creo que ahí es dónde está la cuestión, es dónde está la cuestión. Efectivamente, los puestos de libre designación tienen una connotación política, tienen una connotación política para quién gobierna o deja de gobernar. En esta casa hay puestos de libre designación que yo estoy convencido que el día que haya un cambio de gobierno esos señores se le ha modificado de sus puestos, igual que los hay en la Xunta, igual que los hay en el Estado, igual que los hay en todos los sitios. Aquí la cuestión es que se presentan tres señores, uno de ellos es el Secretario General, y a ustedes le da un ataque de vértigo o lo que sea y deciden, no tienen más reflejos, no tienen más reflejos que dejarla desierta la plaza y los otros dos señores pues como no tienen carné o no son próximos a nadie, que también son funcionarios, que también reúnen los requisitos, pues no son considerados en absoluto, en absoluto, y usted lo acaba de decir, como hilan esto con el cargo de ese señor dentro del Partido Popular, y las razones que ustedes dan son de coherencia, de respeto institucional, etc., y lo acaba de decir, se le hace ver, se le hace ver que no podía ser, coño, es que ese cargo tendrán que revisarlo, porque si una cosa que ustedes ven tan obvia se la tienen que hacer ver, eso es el lado político, ahora, el lado administrativo, institucional de la casa es por qué no se cubre con uno de los otros dos, y qué se va a hacer con esa plaza, plaza fundamental dentro de esta institución, como no tienen más visión, y como le entra el ataque de pánico ahí. Si es otra cuestión, pues venga, vía gabinete, ahí hay una bolsa de empleo buena, metemos otra más, metemos uno más, que ya hablaremos de esa bolsa. Nada más. Ahora crítica, yo creo que pública, en esta institución sería difícil, en esta institución es que es muy difícil, un funcionario que reúne unos requisitos, que opta a una plaza de libre designación, que no a un concurso, que se le de, jo… pero es que eso lo hizo la Xunta, lo está haciendo la Xunta, lo hace el Estado, lo hizo el PSOE, lo hace el Bloque, lo hace el PP, y cuando cambien los gobiernos se volverá a hacer, se volverá a hacer. Yo no se aquí por qué le entró ese ataque de pánico a ustedes y ese ataque de ética, honestidad, respeto institucional, no se que, vamos, es que no lo entiendo, y sobre todo que la dejen vacante, sobre todo que la dejen vacante, nada más, y que figuren en el expediente las razones, que eso desde el punto de vista jurídico tiene que estar justificado por qué no se cubre esa plaza. Nada más. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Como era dar conta non hai nada que votar, pero como sempre o Partido Popular está aberto a calquera aclaración e creo que foron claras e contundentes as aclaracións aportadas polo grupo de goberno. Dando cumprimento ó disposto no artigo 28.3 do Real Decreto 1732/1994, de 29 de xullo, sobre provisión de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración Local con habilitación de carácter nacional, en redacción dada polo Real Decreto 834/2003, de 27 de xuño e artigo 49.2 da Lei 7/85, de 2 de abril, de Bases do Réxime Local, queda enterado o Pleno da Corporación Provincial da resolución da convocatoria de provisión dos postos de traballo de Vicesecretario e Viceinterventor desta Deputación, publicados no DOG nº 58, de data 26 de marzo de 2008, e extracto no BOE nº 105 de 1 de maio de 2008, nos seguintes termos: VICESECRETARIO: Resolución Presidencial de data 19 de xuño de 2008, número 09573: “(...) Unha vez finalizado o prazo de presentación de instancias, revisadas as solicitudes presentadas, a documentación e méritos achegados polos candidatos, así como os requirimentos esixidos, de acordo co previsto no apartado 2.4 da convocatoria e en virtude das competencias que me outorga o artigo 99.2, parágrafo cuarto da Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local RESOLVO declarar deserta dita convocatoria, por non quedar acreditado no expediente a idoneidade dos candidatos presentados.” VICEINTERVENTOR: Resolución Presidencial de data 19 de xuño de 2008, número 09574: “(...) Unha vez finalizado o prazo de presentación de instancias, revisada a solicitude presentada, a documentación e méritos achegados polo candidato, así como os requirimentos esixidos, de acordo co previsto no apartado 2.4 da convocatoria e en virtude das competencias que me outorga o artigo 99.2, parágrafo cuarto da Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local RESOLVO nomear a D. Miguel Angel Santirso Fernández, funcionario con habilitación de carácter estatal, Viceinterventor da Deputación Provincial de Pontevedra, ó quedar acreditado no expediente o cumprimento dos requirimentos esixidos e a idoneidade do candidato presentado.” 13.5746.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR SOBRE A ENTRADA EN VIGOR DA LEI 9/2008 DO 28 DE XULLO DE MEDIDAS TRIBUTARIAS SOBRE SUCESIÓNS E DOAZÓNS Sr. Presidente.- Punto número 13. Moción do Grupo Provincial do Partido Popular para solicitarlle ó Goberno a reforma urxente do financiamento local e que non diminúan os ingresos locais polas transferencias do Estado nos orzamentos xerais para o ano 2009. Ten a palabra D. José Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Bos días. En primeiro lugar é conveniente recordar que a reforma deste imposto xa foi inicialmente acometida polo anterior goberno alá polo ano 2002. É certo que a reforma deste imposto non foi suficiente pero naquel momento o Goberno Galego foi pioneiro. A partir de aí outras Comunidades Autónomas do resto de España empezaron a facer reducións e en moitos casos pois moi superiores ás que facía a Xunta de Galicia, motivo polo cal pois dende o Partido Popular se intentaba, precisamente en aras do que facían outras Comunidades, basicamente, non todas, pero a maioría do Partido Popular, suprimir este imposto, iso era polo que estabamos traballando nese momento. Lóxicamente co Goberno bipartito inicialmente se propuxo, quedou enriba da mesa e agora o que fan é unha redución que é certo que é unha redución, pero que é cativa, nós consideramos que é insuficiente porque trata basicamente dun xeito distinto ós que son iguais e iguala ós que son diferentes e por que montou unha campaña de publicidade que non é veraz porque se fixeron uns folletos, despois publicáronse nos medios de comunicación propaganda pagada por terra, mar e aire, follas enteiras nos periódicos, nos xornais de todo tipo e máis nos medios de comunicación como a radio, a televisión, etc., dicindo que xa practicamente non tes que pagar o imposto de sucesións e iso é razoablemente falso, porque aínda que nalgúns casos mellorouse o que é certo é que estamos moi lonxe de Comunidades Autónomas, neste caso deben ser case catorce ou quince as que, son once Comunidades as que suprimiron este imposto, algunha delas por certo como Castilla-La Mancha do Partido Socialista, as outras son case todas do Partido Popular e a Comunidade Canaria tamén. Iso loxicamente é unha discriminación con respecto a outros territorios, porque os nosos empresarios e os nosos veciños, o feito de vivir en Galicia ou vivir por exemplo no Bierzo significa que nun sitio teñen que pagar e noutro non teñen que pagar nada. Nós o que avogamos é pola supresión ou senón polo menos porque se amplíen as exencións de pago do imposto ata lograr a práctica supresión total, dentro da Lei, ó mellor ten que quedar aí unha pequena porcentaxe, pero facer o que fan outras Comunidades Autónomas. En suma, hai once Comunidades Autónomas que suprimiron o imposto, nós queremos ser a doce e como digo non é que fora un invento do PP, pero si fomos os que primeiro naquel momento, a Xunta de Galicia no ano 2002, puxo enriba da mesa esa rebaixa importante, que por certo nalgún caso considerarase, cando o Partido Popular presentou esta iniciativa se dixo por parte do actual Goberno bipartito que practicamente o 80% estaban exentos, que non é así. Bueno, se estaban exentos o 80% e agora é o 90% pois só é un 10%, non é como se di nos medios de comunicación. En todo caso calquera das afirmacións non é certa e nós o que avogamos é por pedirlle á Xunta de Galicia que se amplíen estas exencións no pago do imposto de sucesións e doazóns ata lograr a práctica supresión deste gravame como xa fixeron outras Comunidades Autónomas. En liñas xerais é o que temos que pedir dende aquí. Sr. Presidente.- Bueno, dicir que este é o punto número 13 exactamente, que é o que agora mesmo Pepe Crespo acaba de dicir, en relación ás sucesións e doazóns que presenta tamén o Partido Popular e que despois virá o das Facendas Locais. Ten a palabra Dona María Méndez. Sra. Méndez Piñeiro.- Pois bos días a todos e a todas. Sr. Presidente, Sres. Deputados, Sras. Deputadas. Bueno, como nos explicaba o Sr. Crespo, as concepcións, acaba de definir un pouco o que son as concepcións do que o Partido Popular entende como o tema das sucesións e doazóns, en definitiva a política fiscal. Ben, as concepcións sociais e políticas e fiscais do PP defiren considerablemente do proxecto e as concepcións do Bloque Nacionalista Galego. Esta moción que se presenta nesta Deputación, se está presentando en todos os concellos e se presentou tamén na Xunta de Galiza como unha modificación que propuxeron, dalgunha forma forma parte desa política propagandística que dalgunha maneira evidentemente estamos nas futuras eleccións autonómicas e é absolutamente electoralista. Isto non se corresponde coa política que viña mantendo o PP ata isto cos impostos. Miren, o BNG pensa, pensou e seguiremos pensando que senón eu non estarei tampouco nesta organización política, que os impostos xustos e progresivos son necesarios para manter os servizos públicos, son necesarios para manter os servizos públicos. Nós pensamos que os impostos son un elemento redistributivo, precisamente redistributivo da riqueza para os que teñan máis, non teñan máis, senón que os que teñan menos teñan un pouco máis. Dalgunha maneira, por iso nós sempre defendemos os impostos directos, e o Partido Popular defendeu sempre os impostos indirectos. Léase política do Goberno Aznar. Recorden, o Sr. Aznar fixo unha serie de reformas fiscais entres as cales dalgunha maneira os impostos directos non contaban, contaban os impostos indirectos, eses que toda a cidadanía ten que pagar por igual, e o que fixo foi reducir a nivel financeiro as grandes empresas, cotizaban moitísimo menos. Nós cremos que os impostos directos, que neste caso esta Lei é necesaria porque se queremos precisamente non reducir ese gasto social ante esta crise que estamos a vivir, crise por outra parte da política neoliberal, política neoliberal que sempre defenderon vostedes. Nesta política neoliberal que dalgunha forma o que fixeron foi incrementar as desigualdades. Vostedes si que estiveron pola privatización e a realidade social que hoxe estamos a vivir en Galiza, é que non temos servizos públicos acaídos, e que se queremos poñer en marcha unha Lei de Dependencia non a damos posto acaídamente porque resulta que non temos infraestruturas que neste momento se están a xerar. Verán, a reforma do imposto de sucesións nós cremos que é necesaria, porque dalgunha forma beneficia á maioría social. Nós pensamos, ademais voulles dar uns datos que dalgunha maneira, bueno, dalgunha maneira non, a reforma beneficia concretamente ó 90% das persoas que ata agora debían tributar por este imposto. ¿Por que?, porque unha das tributacións que se elimina son as herdanzas inferiores de 125.000 euros, entre cónxuxes, ascendentes, descendentes, adoptados e adoptadas. Reduce o 99% da cota de herdanza de empresas, negocios ou explotacións domiciliadas en Galiza, co cal dalgunha maneira está beneficiando que as empresas se queden no noso país. Reduce ó 100% na adquisición por herdanza de vivenda habitual para ascendentes, descendentes ou persoas adoptadas. E por outra banda ten unha especial consideración das doazóns realizadas dentro da familia para adquisición de vivenda habitual. Estamos dalgunha maneira beneficiando esas políticas de vivenda, esa política social que nunha situación de crise como a que levou, repito, o modelo neoliberal, son necesarias. Dalgunha maneira nós o que cremos é que o que hai que manter é o imposto de sucesións como un imposto que é progresivo e que beneficia á maioría das persoas, polo tanto non estamos de acordo coa súa moción. Dalgunha forma eu quérolle expoñer aquí a súa contradición, porque o Sr. Orza Fernández, que foi Conselleiro de Economía durante tantos anos na Xunta de Galicia, durante os dezaseis anos do Goberno do Partido Popular, non defendía a supresión do imposto, senón a súa reforma en sentido favorable ós que máis posuían, e por exemplo eliminando os límites cuantitativos nas herdanzas do núcleo familiar para a aplicación do 99%. Non é de estrañar dalgunha maneira que durante os dezaseis anos do Partido Popular non se introducira nin unha sola reforma no imposto de doazóns e agora vostedes queren que de pronto se eliminen por completo, dezaseis anos para modificar algo que non deron modificado e agora queren que se eliminen. Di vostede que hai once Comunidades Autónomas beneficiadas, si Sr. Crespo, ten toda a razón, probablemente haxa once Comunidades Autónomas e nós seriamos a doce, pero hai unha historia, tamén somos, ¿sabe cal?, somos a número dezasete, creo que hai, pois somos a número dezaseis pola cola en servizos sociais, a todos os niveis, ate que nós cheguemos a estar un pouquiño máis arriba, imaxínese canta estrutura pública hai que xerar para estar por arriba. Eles o teñen eliminado, probablemente porque durante os dezaseis anos anteriores se fixera unha política máis acaída nesas Comunidades. Este non é o momento para eliminar o imposto de doazóns, nós defendemos que este imposto de doazóns beneficie á maioría social e polo tanto vamos a votar en contra da súa emenda. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Dona María Méndez. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si, ben, Sr. Crespo, loxicamente entenderá que nós vamos a estar en contra da súa petición, e vamos a estar en contra fundamentalmente e para empezar por unha cuestión que digamos que cumprir a palabra dada aquí en política é algo importante, digo isto porque a Lei responde ó acordo de medidas pola competencia e ideais que emana entre o Presidente da Xunta de Galicia e os Axentes sociais. Polo tanto, este era un compromiso e o compromiso faise e apróbase. Loxicamente vostede está dicindo, están pedindo vostedes a supresión e punto, pero claro, quen estivo durante anos e anos e anos gobernando en Galicia non pode dicirnos agora, como nos acaba de dicir vostede, que hai seis anos xa entraron e empezaron a andar por este camiño, e que non tiveron tempo para facer cando estaban no goberno o que agora plantexan. Parecía bastante máis lóxico que se esa era a súa posición que o houberan feito naquel momento e dende logo non foi así. Ben, eu creo que hai razóns que xa lle dixeron, a persoa que interviu antes que eu, pero eu quixera profundizar nun par de cuestións máis nada máis. É dicir, mire, esta Lei non só fai os beneficios dos 120.000.000 euros que falábamos, etc., etc., senón que recolle a equiparación das parellas de feito, a exención a persoas con discapacidade superior ó 75%, etc., etc., é dicir, estamos diante dunha Lei absolutamente progresista na que vostedes parece ser que teñen outro criterio e me parece perfectamente defendible dende a súa óptica política, é dicir, o seu partido político ten unha óptica absolutamente diferente á que mantemos nós e eu entendo que sexa así e entendo que vostedes queiran outra cousa, pero, volvo a repetir, non entendo moi ben que non o fixeran no momento que estaban gobernando, iso é algo que se me escapa. Porque claro, estamos empezando a ver unha serie de mocións de vostedes por este tema e por outros temas onde piden ó Goberno de Galicia que faga algo que vostedes que estiveron dezaseis anos gobernando ano tras ano non fixeron, entón parece que é unha contradición importante neste tema. De todos os xeitos hai unha cuestión que si quería aclarar, porque eu ó mellor lle entendín mal e case prefiro facerlle a pregunta, é dicir, eu creo que vostede dicía, que bueno, que se esta Lei responde, significa unha minoración para o 90% das herdanzas, coa Lei de vostedes era o 80% e que en todo caso se incrementa un 10. Non dixo iso. Entón xa non digo nada máis e retíroo. Vamos loxicamente a votar en contra. Sr. Presidente.- Sr. Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Ben, eu non esperaba outra cousa, ou sexa, tampouco non nos estrañemos nada, cada un defende o que estima oportuno, pero vostedes o que non poden pretender é enganar á xente. Xa sabemos que o bipartito ten un magnífico aparato de propaganda, gasta moito carto e moito tempo en propaganda, en xestión pouco, en xestión razoablemente pouco, algunha cousa farán, normal, para iso están, pero en propaganda dende logo que á parte de gastar cartos que gastan máis que gastábamos nós e estase vendo todos os días nos medios de comunicación, á parte de gastar máis cartos dende logo dedícanlle moitísimo tempo a articular medidas, eu creo que cando van poñer en marcha unha medida o primeiro que miran vostedes é como podemos vender o produto, e logo se poden vender o produto fan a xestión senón xa non xestionan nada, xa o aparcan e listo. Polo tanto, eu creo que a demagoxia tiña que ir unida, sabemos que vai xunguida á acción política pero ata unha certa dose, non ata o punto que o levan vostedes. Dicía Dona María Méndez que nós dicimos iso agora porque estamos na oposición, non é certo, nós unha das cousas estrela, eu levei a última campaña do Partido Popular e dentro daquelas dez medidas estrelas a primeira era a supresión do imposto de sucesións. ¿Que ocorre?. Había dez medidas estrelas se vostedes se acordan, eu acórdome perfectamente, a primeira era esa, ¿que ocorre?, que eu cando puxemos esa medida enriba da mesa foi pactada con Orza, non se preocupe, que a quen llo consultamos foi a Orza, se era posible esa supresión, se eses 165 millóns de euros, máis ou menos, que se estaban recadando, se se podían sacar doutro sitio ou como se podía facer. Ben, nós puxémolo como medida, unha das medidas estrela era iso, ¿que ocorre? que non gobernamos, gobernan vostedes, ó non gobernar nós intentamos metelo para que o bipartito pois se fixera un pouquiño eco e a ver que é o que se podía facer. Entón, bueno, a realidade é que a nós non nos poden pedir a responsabilidade de dicir que non o fixemos porque non tivemos responsabilidade. Mire, e aí respóndolle tamén ó Sr. González, nós non o fixemos en dezaseis anos porque no ano 2002 xa fixemos algo que naquel momento foi pioneiro, naquel momento foi pioneiro, insuficiente pero pioneiro. E logo agora o que nos tocaba dende o ano 2002 darlle outra volta de torca, que é o que íamos facer se tiveramos a opción de gobernar. Para a súa tranquilidade tamén lle direi que nas vindeiras eleccións, con case total seguridade, aínda que loxicamente non vai depender de min, con case total seguridade vamos a levar dentro das nosas medidas a supresión do imposto de sucesións, ímolo a levar igual que o levamos hai catro anos. Dicirlle que, home eu non sei, entendo que para facer cousas fan falta cartos, o problema, e fan falta medios, o problema é que nós buscamos outra fórmula distinta de sacalos, eu creo que o razoamento que dá o Partido Socialista cáese un pouco do seu peso cando varias Comunidades gobernadas por vostedes como é o caso de Cantabria, etc., ou concretamente unha gobernada por vostedes con maioría importante como é Castela-La Mancha o aplican igual que Castela-León. Quero pensar que Castela-La Mancha, o goberno do Sr. Bono pertencía ó Partido Socialista, polo tanto non é algo que se poida achacar a un partido ou outro. É certo que hai máis Comunidades do PP, a práctica totalidade que o suprimiron, pero tamén hai algunhas do Partido Socialista. Entón o Partido Socialista non pode dicir nada diso. O Bloque pode dicilo porque loxicamente pois non está nada máis que co Goberno de Galicia e esa é outra historia. A verdade é que dá a sensación que cando nós presentamos unha moción sempre buscan a forma de darlle a volta á tortilla e votarnos a culpa ó PP, é que temos a culpa de todo, ata temos a culpa, entre o PP e Bush teñen a culpa do desastre mundial e se algún día se produce unha hecatombe atómica, que Dios queira que non se produza, a culpa seguro que en España vai ser do PP e se Bush aínda está vivo aínda será tamén de Bush. Polo tanto, home, nin tanto nin tampouco, nós non somos perfectos gobernando nin xestionando, pero algunhas cousas non as faremos tan mal, a culpa non pode ser sempre do PP, agora mesmo os que gobernan, os que teñen a responsabilidade de gobernar, son os que teñen que dar respostas axeitadas. E a verdade, aínda que lles custe recoñecelo e non o recoñecerán, é que co PP economicamente polo menos vivíase mellor, vivíase mellor economicamente, por moitas pegas que se lle poña ó sistema que nós utilizamos, o que non cabe dúbida é que o cidadán de a pé vivía mellor, con menos propaganda na rúa, iso si, pero a nivel de andar, de vivir o día a día tiña menos dificultades que ten agora e que vai ter no futuro. Eu remato dicindo que o problema, o que lle quería dicir do 100% D. Emilio, era que en repetidas ocasións o Conselleiro e os Voceiros do bipartito argumentaron que a reforma esta que pretendía o Partido Popular, porque a levabamos no programa, non era urxente porque na práctica o texto anterior, do 2002, o 80% dos galegos non tributaban polo imposto, o novo texto, como dicía Touriño, di que practicamente afecta ó 90%, eu facía a explicación que el daba, non a que eu daba, iso foi o que dixo o Presidente da Xunta, dicía, practicamente isto non é urxente porque xa o 80% están, agora di, quero dicir que non cadran as cousas. En todo caso o que é é que os galegos seguimos en peor posición respecto a esas doce Comunidades Autónomas que suprimiron o imposto, polo tanto a competencia fiscal territorial non se soluciona, e logo que xa se entramos polo miúdo na Lei hai moitas particularidades que non vale a pena entrar pero que trata de xeito totalmente distinto ós que son, é dicir, ós que son iguais, ou sexa, trata dun xeito distinto ós que son iguais e iguala ós que son diferentes. Póñolle un exemplo, un matrimonio, unha parella, que teña dous fillos, o seu patrimonio está formado por exemplo por dous pisos, dúas vivendas, que valan x cartos, o fillo que reciba a vivenda habitual da parella non paga nada e o outro que é exactamente igual vai a pagar, ou sexa, algún lapsus hai, por poñerlle un exemplo dos moitos que podiamos comentar. É dicir, agora mesmo tal e como está a Lei e vista por xuristas, por certo, porque está perfectamente claro, un matrimonio con dous pisos e dous fillos na herdanza o da vivenda habitual non paga e o da vivenda non habitual paga. Polo tanto, fallan cousas dende o punto de vista técnico, pero o problema é o fondo da cuestión e o fondo da cuestión é que Galicia está discriminada porque esta reforma é cativa, é insuficiente, podiámoslle chamar unha reformiña. En todo caso é o sentir do Partido Popular, é certo que é unha moción que presentamos sistematicamente en todos os concellos e organismos e deputacións de Galicia, pero o que non é menos certo é que é o que sentimos e o que houbéramos feito se houbéramos tido a responsabilidade de gobernar que non a tivemos. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Crespo. Dona María Méndez. Sra. Méndez Piñeiro.- Bueno, a verdade é que como discurso está ben, a min me gusta moito escoitalo a vostede Sr. Crespo porque ten un discurso moderado, un día destes invitámolo a vir a esta banda de aquí. Bueno, ten un discurso moderado e a min me gusta pois non entrar nesa dinámica, non, de ataque, porque non é o meu estilo nin o noso estilo, en ocasións. Mire, vostedes din que o bipartito gasta os cartos en propaganda, e bueno, eu creo que nese aspecto, como dicía, “quen estea libre de culpa que tire a primeira pedra”, e para darlle un exemplo pois temos, bueno, claro, cada un coñece os exemplos da súa área, e neste caso da súa área, da súa comarca, do seu concello, e neste caso propagandiña en Vigo tivémoslle moita, eu coñezo o do goberno pasado e entón propaganda en Vigo tivemos moita, e por exemplo, sen ir máis lonxe, páxinas enteiras do Faro de Vigo, da Voz de Galiza, falando de plans maravillosos, un deles por exemplo o Plan Coia, dentro do Plan, e bueno, carteis moi grandes por Coia, e ademais, como se di, os dípticos por toda a poboación. Nunha poboación, Coia debe ter agora da orde de 40.000-50.000 habitantes se metemos a Navia, pois se lles mandaron a todas as casas, do ben, do bo que se fixera en Coia, da maravilla que se fixera en Coia e do que se ía a facer. Mire, ¿sabe que poñía nesa propaganda electoral?, nesa propaganda, dígoo polo de publicidade, entre outras cousas poñía un centro de día para Coia, un parking, etc., etc., por non darlles a coñecer máis interioridades de Vigo. Ben, iso tamén é propaganda porque ningunha desas cousas Sr. Crespo estaba feita, non dubido de que houbera boas intencións de facela, pero senón está feita non o vendan como feito. Mire, o Partido Popular fixo a propaganda de Coia, o bipartito, o bipartito, o bipartito está facendo neste momento a través da Vicepresidencia, do Consorcio de Igualdade e Benestar o Centro de Día para Coia, hai que recoñecerlle á Sra. Porro que foi o suficientemente intelixente políticamente, e chapó por ela, eu a felicitei, e as dúas estivemos en colaboración ademais, para ser quen de firmar un Protocolo que lle pediu ó Sr. Vicepresidente da Xunta para que Vigo entrase por exemplo no sistema galego de benestar e no futuro tivésemos eses recursos, si señor, tivo a intelixencia suficiente para ser quen de dicir, isto vai vir bo para Vigo, e chapó nese aspecto. Pero non foi quen aínda porque non lle dou tempo, probablemente, entre outras razóns, de firmar un convenio, e é este bipartito da Xunta e o bipartito de Vigo, o que está poñendo a disposición os terreos que quedaran sen poñer en marcha todo o que significa o sistema galego de benestar, publicidade, onde, aínda non fixemos ningunha, fíxese, a semana pasada o Vicepresidente da Xunta veu a inaugurar o primeiro centro do Alzheimer desta provincia, o primeiro centro de Alzheimer, vírono publicitado por todo Vigo, ¿había campaña electoral ó respecto?, ¿onde están os carteis ou as mupis anunciando que se inauguraba o primeiro centro de Alzheimer?. Que por certo vostedes se dedicaron a dicir que estaba mal feito e non é certo. Ben, iso non é propaganda, eses son feitos, pero para facer todas esas cousas son necesarios os impostos e os impostos non poden ser indirectos, necesitamos os impostos, perdón, os impostos si, directos, porque son aqueles que son redistributivos, porque son aqueles que levan á práctica a xustiza social, con eliminar os impostos non conseguimos nada, porque os que máis teñen sempre van a seguir tendo máis e os que menos teñen van a seguir tendo menos. Mire, a Sra. Corina Porro pretendeu eliminar o imposto da limpeza en Vigo, non foi posible, non foi posible, non foi posible eliminar o imposto, porque ningún imposto é posible eliminalo, é necesario para as arcas municipais, e iso é a política social, a iso se lle chama política social e de esquerdas, non é a política de vostedes da privatización e a política neoliberal que nos está levando a esta crise. Dicía, todos nos votan a culpa a nós, e seguirán votándonos a culpa, de verdade que dentro de dezaseis anos nos van a caer un montón de culpas a nós, pero cando dentro de dezaseis anos esteamos no goberno, se estiveron dezaseis anos no goberno deste país lles tocan as culpas como a nós nos tocarían dentro de dezaseis anos porque haberá un montón de cousas que probablemente non vaiamos a facer. Eu inicialmente non teño nada máis que dicir, nós consideramos que este imposto é xusto e vostedes tiveron moitísimo tempo para cambialo e fixeron unha reformiña, pretenderon facer unha reforma lixeira no 2002. Esta é unha reforma en regra e cremos que é acaída e por iso a vamos a defender. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias Dona María Méndez. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si. Sr. Crespo, eu recoñezo a súa habilidade para plantexarnos un caso como o que acaba de plantexar aquí na súa intervención, e a continuación dicirnos, mira como a Lei falla aquí, porque falla aquí, bueno, pero, a ver, conte o tema, hai que contalo completo, é dicir, nos está falando dun matrimonio con dous fillos, con dúas casas, ben, e é certo o que di, é certo o que di, que hai unha redución do 99% na transmisión da vivenda habitual, iso é verdade, pero tamén é verdade e esa parte a cala, Sr. Crespo, que as porcións hereditarias inferiores a 125.000 euros están practicamente exentas, polo tanto, mire, unha cousa corríxese coa outra no suposto práctico, sen ningún problema ademais. Pero, claro, cando vostede nos fala como nos está falando de publicidade, home, eu de verdade que non vou a entrar na publicidade do concello de Lalín, porque non entro, a ver o que gastan en publicidade os concellos, pero dende o goberno desta casa falar de publicidade, de gastos en publicidade, non é, a verdade é que hai que poñerse un pouco colorado cando un fala así, ou se quere, home, Crespo, Sr. Crespo, eu non teño ningún problema en falar agora mesmo do último convenio con Telesalnés, etc., etc., podemos falar de vinte mil cousas, e vemos como se gastan os cartos en publicidade e noutras historias nesta casa e na administración de Galicia. É que, hai temas duros, duros, e por certo, home, é que vostedes gobernaron antes na Xunta e gobernaron no Estado, e vendo o despregue de publicidade que facían tanto nun sitio coma noutro, os demais son todos aprendices, ou somos todos aprendices, Sr. Crespo, por Dios, que en fin, non é por nada, ou teñen moi fráxil memoria ou isto non, empeza a non entenderse moi ben. Mire, por suposto, por suposto que vostedes seguramente no seguinte programa electoral volverán a levar a mesma oferta electoral, por suposto, pero estamos absolutamente tranquilos, as seguintes eleccións tamén as perden, e téñeno tan claro vostedes coma nós que as gañamos, tan clariño como iso. E así andamos con estas cuestións, e claro, home, a estas alturas seguir falando vostedes de crise e de historias, Sr. Crespo, por Dios, vamos a ver, aquí ou non temos memoria neste país ninguén, ou aquí está empezando a pasar algo grave, é dicir, a ver, é que a foto das Azores non a fai quen a fai, é que detrás daquela foto non se entra na guerra, e é que no Parlamento do Estado alguén do Partido Popular, non xustificou que se entraba na guerra para conseguir petróleo máis barato, ¿ou é que mo invento eu?. Miren, ¿cal é o resultado final dese petróleo barato, cal é?, que custe catro, cinco, e ata chegou a custar seis veces máis do que estaba naquel momento, por Dios, por Dios. Miren, claro que son responsables de crise e de moitas cousas, claro que si. Ben, mire, o que dicíamos antes, nós vamos a manter o sentido do voto que lle anunciamos e nada máis. Votamos en contra. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. González. Sr. Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Ben, para rematar, eu creo que tanto o Partido Socialista como o Bloque Nacionalista cando non teñen argumentos, neste caso, saen por peteneras con outros asuntos, que loxicamente, pois bueno, eu entendo que en Coia pois quería o que había que ter, só sei pola prensa que Corina e máis o Vicepresidente Quintana firmaron un Protocolo, que foi a primeira pedra do que despois hai que desenvolver, obviamente Corina non o puido desenvolver que non está gobernando agora, polo tanto, e Corina firmaron un Protocolo e agora, pois puxeron, por así dicilo, a primeira pedra, a nós invitáronos ós Deputados, por primeira vez, á primeira pedra, a todos, supoño que a vostedes tamén, a poñer unha primeira pedra este sábado en Vigo, ás once me parece, a Conselleira e mailo o Alcalde, invitáronos a poñer a primeira pedra dunha humanización ou non sei que. Quero dicir, bueno, eu non sabía, vin agora a invitación aí cando cheguei ó meu despacho, para as primeiras pedras tamén se invita, pero a primeira pedra dese proxecto social de Coia, etc., á parte que a piscina si quedou adxudicada polo noso goberno, o resto non quedou adxudicado, pero iso non é o motivo do debate desta moción, esta moción é algo tan distinto como nós queremos un trato igualitario. Podíamos falar, podíamos falar, María Méndez, compañeira, que ó mellor habería que falar do imposto de sucesión en toda España, e podería ser discutible moitas cousas, o problema é que na terra dos lobos hai que ouvear coma todos, e outros colléronos a dianteira e entón claro que podíamos dicir, pois mira, o imposto de sucesións, o que é un cachondeo é que no Bierzo pois non pagues nada e uns quilómetros para aquí pagues, iso é o que é triste e iso é o que hai que arranxar, por iso algunhas cousas tiñamos que ter algún pacto de Estado que puidéramos falar das cousas de comer, pero aínda parece que non se deu momento propicio. Polo tanto o problema é que moitas Comunidades non cobran e polo tanto os veciños que alí viven e as veciñas teñen un trato preferente, polo tanto non lle deamos máis voltas, podíase falar se todos, eu era partidario dun debate a nivel nacional e dicir si ou non ó imposto de sucesións, pero que fora igual en todas as Comunidades Autónomas, simplemente iso, e entón podiamos dicir pois si ata aquí, ou ó mellor chega o que hai agora en Galicia, pero agora mesmo, co que hai agora aquí pois loxicamente nós preferimos que sexa exención total para ser competitivos con outros sitios. Eu non quero alargarme máis porque senón este Pleno creo que vai con bastante rollo e polo tanto creo que están claros os posicionamentos de cada quen. Só unha reflexión, D. Emilio, vai acabar unha lexislatura, catro anos de goberno, a memoria di vostede que nós a temos fráxil, non a temos tan fráxil, é dicir, é un cuarto do que gobernou Fraga, un cuarto, unha cuarta parte. Eu acórdome o primeiro goberno Fraga, aqueles catro anos foron un terremoto, cambiouse Galicia. ¿Que se fixo en catro anos que vai haber?, case nada, polo tanto eu creo que hai unha diferenza substancial, porque se hai novos métodos e novos políticos para un goberno tamén debía haber uns resultados totalmente distintos dos que está habendo. Polo tanto, di vostede que non vamos a gañar as eleccións, non lle quepa a menor dúbida, aseguro e poño a man no lume, que imos gañar as eleccións, xa as gañamos hai catro anos, faltounos un pisquiño de nada para gobernar, pero gañar gañámolas por goleada, eu creo que non hai ningún caso en España onde levándolle doce puntos ó seguinte non gobernáramos, faltounos un pisquiño e agora non sei se nos faltará un pisquiño, vamos a intentar que non, estou convencido que se dende logo o galego, os galegos e as galegas son capaces de ver o que se fixo e o que fixemos nós, que temos serias posibilidades, estou convencido de sacar maioría absoluta, non de gañar, gañar dámolo xa por sentado, para min iso é un axioma, outra cousa é que gobernar, xa sabemos que nós para gobernar ou temos maioría absoluta ou non gobernamos, pero vamos a intentar tela e estou convencido de que si. Non nos repitan máis esa foto das Azores, D. Emilio, porque concho é que aquilo parece a orixe de todos os males do mundo mundial, a foto das Azores. Mire, a min dáme moita máis vergonza ver nos xornais hoxe, e que me digan, porque no fondo como galego e español pois dóeme, que hoxe comentaban nalgunha tertulia de radio que un periódico inglés e outro americano coincidían dicindo, titulando por Zapatero, onte, “un paleto en Nueva York”, polas burradas que lles dixo alí ós empresarios, éramos os reis do mambo, díxolle, é que en España somos os reis do mambo, non o cre nin el, pero pensa que é así. Bueno, pois a min dóeme que dous periódicos prestixiosos de América e de Inglaterra titulen un paleto en Nueva York, porque cando eu vaia a dar un paseo por Londres, se digo que son español, bueno, con que fale o mesmo que Zapatero, con que diga as mesmas cousas que el pois non o vamos a crer nada. Hai que ser un pouco coherentes e non pensar que somos o embigo do mundo, porque Zapatero ás veces pensa que somos o embigo do mundo, esas cousas hai que telas en consideración e non parecer que estamos sempre, despois claro, despois somos o “hadme reír” cando vamos por aí, internacionalmente, somos o “cachondeo padre”, non me estraña, ben, e nós vamos a poñer esta moción para adiante, xa sabemos que non temos o seu apoio, tampouco o esperábamos, así que Presidente pola miña parte creo que podemos votar. Sr. Presidente.- ¿Podemos votar?. Non. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Sr. Crespo, home, efectivamente non sei, o de paleto non sei por onde vai, se polo que di que somos os “reis do mambo” ou por aquel que ten un, que fala un castelán con acento mexicano, ou texano, non, creo que ía por aí o tema, máis ou menos. Ben, apunta, ou pon os pés enriba da mesa, iso significa ser paleto noutros sitios, á parte, mire, o de paleto non é malo, o de paleto non é malo, proceder do pobo e iso non é tan malo, ou polo menos eu non o teño por malo, non sei se vostede, ó mellor vostede xa empezou a cambiar de sitio, pero, de verdade ten que recoñecer comigo, que aquela frase de que nos metíamos para conseguir o petróleo máis barato pois tivo éxito, é certo que si, e mire, será paleto o Sr. Zapatero, será o embigo do mundo como di vostede, pero unha cousa que estaba dicindo onte é absolutamente certa, e os feitos están aí, é dicir, ata hoxe, ata hoxe ningunha institución financeira española se foi abaixo, noutros países, onde por certo goberna a dereita máis dereita e que fan plantexamentos moi cercanos ós que fan vostedes, pois practicamente se caeu todo o tinglado, é dicir, a diferenza é importante. Sr. Presidente.- Sr. Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Eu creo que xa está todo dito, non nos vamos a poñer de acordo, e eu non lle chamei paleto a Zapatero, digo que é o titular de dous periódicos, non eu, eu simplemente me fixen eco do que din outros, que quede claro. Eu creo que está todo o pescado vendido, votémolo. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Procedemos polo tanto á votación do punto número 13, que era a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular sobre a entrada en vigor da Lei 9/2008 de medidas tributarias sobre sucesións e doazóns. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, o Pleno acorda por maioría de votos a favor do PPdeG e cos votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG, aprobar a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular sobre a entrada en vigor da Lei 9/2008 do 28 de xullo de medidas tributarias sobre sucesións e doazóns. Dita Moción é como segue: “O pasado día 7 de agosto o Diario Oficial de Galicia publicaba a Lei 9/2008, sobre medidas tributarias en relación co imposto sobre sucesións e doazóns en Galicia, que entrou en vigor o día 1 de setembro. En primeiro lugar é conveniente recordar que a primeira reforma deste imposto foi acometida polo PPdeG cando gobernaba a Xunta de Galicia no ano 2002, (lei 3/2002 de 29 de abril de medidas de réxime fiscal e administrativo, e lei 7/2002 de 27 de decembro de medidas fiscais e réxime administrativo) convertendo a Galicia en comunidade autónoma pioneira en acometer rebaixas fiscais no imposto de sucesións e doazóns. REFORMA CATIVA E INSUFICIENTE Pola contra, e a pesar dos esforzos propagandísticos da actual Xunta de Galicia por dar a entender outra cousa, o certo é que as medidas tributarias acometidas neste imposto na súa recente reforma publicada no DOG o 07.08.08, se por algo destacan é por ser insuficientes, incompletas e discriminatorias respecto ás comunidades autónomas case todas gobernadas polo PP, nas que este imposto xa non existe. Así, moitos galegos e galegas xa se viñan beneficiando dende o ano 2002 de rebaixas impositivas presentadas agora como novidades como o caso das transmisións das pequenas e medianas empresas. O alcance, máis propagandístico que real da reforma evidénciase nas propias cifras, nos números. Así, o impacto económico da reforma revela que a perda de recadación prevista é apenas dun 35%, moi lonxe do 90 % que a Xunta de Galicia intenta “vender”. REFORMA INCOMPLETA Deste xeito, cando case o 70% das CC.AA. teñen suprimido de feito o imposto, entre os membros da unidade familiar básica, en Galicia seguimos tendo que tributar. A día de hoxe, once Comunidades Autónomas xa suprimiron o imposto de sucesións e doazóns: Cantabria, A Rioxa, Baleares, Castela e León, Castela-A Mancha, Madrid, Murcia, Valencia, Canarias, País Vasco e Navarra. Por conseguinte, os galegos e galegas seguimos a estar en peor posición respecto ós cidadáns daqueles territorios que xa non tributan, que son máis de 23 millóns en todo o Estado. As doazóns de pais a fillos seguen gravadas na súa totalidade, constituíndo un motivo máis para a deslocalización dos patrimonios familiares. Por iso, a reforma non soluciona o principal problema que tiña este tributo, posto que aínda permanecen as diferenzas entre Galicia e moitas comunidades onde practicamente é gratis herdar. REFORMA DISCRIMINATORIA A nova norma, trata de xeito distinto ós que son iguais e iguala ós que son diferentes. Ademais da discriminación territorial, é discriminatoria no trato persoal ós contribuíntes, pois trata de xeito distinto a aqueles que teñen os mesmos dereitos derivados da mesma situación xurídica (porque ocupan a mesma posición na liña hereditaria ), e polo tanto deberían ser tratados de igual xeito. Polo anteriormente exposto, o Grupo Provincial do Partido Popular presenta a seguinte MOCIÓN para a súa consideración e aprobación polo Pleno da Deputación de Pontevedra: Instar á Xunta de Galicia para que se amplíen as exencións no pago do impostos sobre sucesións e doazóns ata lograr na práctica, a supresión total deste gravame, como xa fixeron outras Comunidades Autónomas de España.” 14.5747.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR PARA SOLICITARLLE Ó GOBERNO A REFORMA URXENTE DO FINANCIAMENTO LOCAL E QUE NON DIMINÚAN OS INGRESOS LOCAIS POLAS TRANSFERENCIAS DO ESTADO NOS ORZAMENTOS XERAIS PARA O ANO 2009 Sr. Presidente.- Agora vén a moción tamén do Partido Popular en relación ó financiamento das corporacións locais. Neste caso ten a palabra D. José Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Ben, esta moción é unha moción tamén que presentamos o Partido Popular neste caso en Galicia e tamén no resto do Estado, relacionada co financiamento local. Ben, saben vostedes que o Ministro Solbes no seu avance dos Presupostos Xerais do Estado conxélanos á Administración Local os ingresos do 2009, iso poderíase entender se fora xeneralizado, pero está demostrado que ás Comunidades Autónomas non se lle van a conxelar, non se sabe aínda, pero previse que poidan aumentar, nalgún caso o 8%, noutros moito máis, pero previse que pode estar entorno ó 6 e 8%, díxonos que ós concellos non se nos vai deixar. Dicía, que Solbes di que os concellos non imos a percibir menos co 2009, pero iso é enganoso, porque o que pretende no avance de presupostos de orzamentos é conxelalo e logo dicir que recibimos máis dun 6% con respecto ó ano 2008 no 2009, porque suma aí a liquidación do 2007, a liquidación do 2007 é aproximadamente uns 1.100 millóns de euros, porque foi un ano bo. ¿Saben vostedes que o que se fai?. É que tanto o IVE como o IRPF, como impostos especiais, téñense os datos exactos deles en xuño do ano que vén, mentres tanto o que se fai ós concellos e á Administración Local en xeral, ás Deputacións, é un anticipo a conta, logo en xuño do seguinte ano xa se sabe o que se recadou exactamente e logo faise a liquidación, ben, o problema é que no ano 2008 non vai a haber unha liquidación positiva, porque ben vedes que caeu todo, e no ano 2009, pois peor, probablemente, probablemente, co cal ¿que vai a ocorrer?, que se agora no 2009 imos a vivir mal a Administración Local, no 2010 pode haber un colapso total, e hai que previlo, aí eu creo que todos os municipalistas debemos estar de acordo, hai un debate importante no seno da FEM, este día 30, martes que vén, a executiva da FEM que vai a estar bastante caldeada, e digo que vai a estar bastante caldeada debido a que por parte do PSOE hai bastantes alcaldes que están, case tan cabreados como os do PP, véxase por exemplo o alcalde de Zaragoza que como fixo unha movida, á parte do seu partido por certo, recoñecendo que sen o visto bueno de Ferraz, e recoñecendo que lle habían chamado a atención, está firmada de momento por Madrid, Málaga e máis Zaragoza e aínda que loxicamente eles defenden os seus intereses, porque hai que recoñecer que a FEM basicamente vale para defender os intereses das cidades, cousa onde saímos bastantes prexudicados Galicia, porque grandes cidades temos poucas e case todos somos concellos pequenos e a FEM nunca se ocupou de nós, e hai que recoñecelo, aínda que eu estou alí en representación do Partido Popular, pola parte que lle toca a Galicia, teño que dicir que pinto bastante pouco, porque alí cando falas da distribución por superficie e poboación, que teñen en conta o avellentamento da poboación, o que levamos piando dende hai moitos anos aquí en Galicia, un acordo plenario total no Parlamento Galego, ou un acordo total nos tres grupos na Federación Galega de Municipios e Provincias, o que é certo é que a día de hoxe nós xa somos discriminados porque non é o mesmo darlle servizos á poboación concentrada en poucos núcleos, que como temos escagallado Galicia, que temos máis da metade dos núcleos de poboación de todo o Estado, esa discriminación positiva que queremos, tampouco se vai a producir nos orzamentos deste ano, nin imos a ter unha prima por avellentamento, aínda que se di que se vai a estudar, non se vai, no avance non está ningunha prima polo avellentamento da poboación e pola dispersión, non temos ningunha prima aí de momento, entón do que se trata, eu supoño que as augas volverán ó seu cauce porque xa vos digo, está tremendamente enfadado o Partido Popular, está moi enfadada a vicepresidenta segunda da FEM, a alcaldesa de Córdoba, que é de Izquierda Unida, e moitos alcaldes do PSOE, uns que o din como Belloch, claramente, non sei se o di porque quería ser Presidente da FEM e non o nomeastes, ou se o di porque realmente o sinte, en todo caso o di, pero moitos outros alcaldes do POSE que eu coñezo no resto de España, pois tamén o din, quero pensar que a gran maioría dos municipalistas teñen claro que iso non pode ser así, teñen claro que o financiamento ten que ir parello ás Comunidades Autónomas, e para iso fixemos unha moción, digamos estándar que presentamos en todos os sitios, pero basicamente o que vén a dicir é, por certo, un apunte, Zapatero no seu discurso de investidura, vendo que somos a cenicienta das Administracións e que levábamos moitos anos piando por el, dixo, esta lexislatura vai a ser a lexislatura dos concellos e das Deputacións, ou sexa da Administración Local, dixo esta lexislatura vai a ser a do mundo local, pois a primeira na fronte, porque Solbes uns meses despois eméndalle a plana e di, non, non, as Comunidades Autónomas van crecer en torno a un 6%-8% e os concellos nada, intentando enganarnos, dicindo non, non, crecen un 6%, é que o 6% é o que nos deben da liquidación do 2007, polo tanto iso non hai que telo en conta, polo tanto eu supoño que isto se reconducirá, supoño que se fará un esforzo, pero en todo caso imos a tomar acordos plenarios no máximo número de concellos de España, recordándolle ó Ministerio que ten que cumprir connosco, é unha obriga, é unha obriga, primeiro é un compromiso do Presidente Zapatero, despois é unha obriga coa Administración Local que foi sempre discriminada durante os trinta anos de democracia, se poñan en pé de igualdade, agora mesmo estamos rexendo, os concellos, aproximadamente o mundo local, está rexendo o 13% do total dos recursos, o 13%, somos os que estamos na cola de Europa, ben é certo que por exemplo hai que recoñecer que como non ten estado das autonomías, Francia, os concellos están en torno a un 28%, aí está xustificado porque non hai autonomías, aquí hai autonomías, non pretendemos un 28% pero coincidiamos todos os municipalistas que o ideal sería estar en torno a un 18 ou 20%, estamos no 13%, ben, pois se o proxecto de orzamentos do Estado vai adiante, no 2010 nós estaremos nun 12, baixaremos un punto, porque a liquidación do 2008 vai a ser 0, e a do 2009 vai a ser negativa, é dicir, probablemente aínda teñan que, do anticipo a conta que nos fan, nos teñan aínda que detraer do seguinte, polo tanto iso supón o 20% máis ou menos dos orzamentos dun concello grande, mediano, máis ben grande-mediano, eu coñezo o meu, está en torno a un 23% no caso de Lalín, ou sexa que nas cidades estará un pouquiño menos, pero é que hai concellos pequenos, que é o problema de moitos, é un grande problema en Galicia, que si lle recortan os fondos do Estado algún non vai a ter para pagarlle ó persoal, algún vai a ter quebra técnica, porque por moito que queira incrementar impostos non ten, primeiro que non é o momento e segundo que non ten, porque hai concellos con moi pouca poboación e iso suporía un debate totalmente distinto, pero a realidade é que, a realidade é que no 2009, co que nos deben do 2007 poderíamos vivir pero moi mal, pero é que no 2010 hai un colapso, porque é que aí non vai a haber liquidación e vamos a ter conxelado. Polo tanto, eu creo que, como digo, aínda que non o digan os do Partido Socialista, vai a haber unha marcha atrás nese Plan, pero eu estou convencido que temos que dar guerra para que así sexa, porque si estamos calados, as comunidades autónomas, o que non chora non mama, polo tanto os concellos que sempre estivemos caladiños, porque parecemos o club dos caladiños, será porque sempre temos os nosos xefes por riba noutras administracións, chámese gobernos autónomos, chámese Estado e moitas veces non podes piar o que che apetecería piar pero o certo é que se facemos, se nos pasamos ó Plan dos caladiños non imos a ter un can para defender a xestión que é máis importante para o cidadán, porque eu vexo que cando cae algo no concello, onde primeiro veñen é o concello, dá igual que sexa un problema do AVE e que lle digas que é do Ministerio, dá igual, dá igual que sexa un problema de autoestradas, de estradas da Xunta, o veciño vén ó concello, e onde primeiro alí, somos os que temos que facer a primeira de choque, bueno pois precisamente por ter o alento dos veciños na caluga, necesitamos como sufridores, máximos sufridores da política sen dúbida, a Administración Local, necesitamos ter recursos para dar os servizos e mellorar os que estamos dando, senón non poderemos nin dar os que estamos dando, e moitos deles son de carácter social, xa non falamos de luxos, senón simplemente para manter o de diario, e logo levaremos o adebedado, se é certo eu creo que case é certo que o 30% das competencias son impropias, que é certo que o fixemos porque nos dou a gana, pero porque outras Administracións non as atendían, senón nola dotan economicamente dificilmente imos a sobrevir, polo tanto aquí trátase da supervivencia do mundo local, hai un mundo autonómico que vive razoablemente ben, que ninguén o cuestiona, foi un bo invento, pero agora tócanos a nós, e todo o mundo recoñece que nos toca a nós, concellos, e non o estamos tendo, e encima como digo, á parte de discriminados somos os que temos voz, con estas mocións pretendemos facernos oír no Ministerio, como digo eu espero que o martes día 2 o Presidente da FEM traia algún compromiso ministerial, supoño que si, porque tardouse en convocar a Executiva e ó final convocouse en Valladolid e polo tanto supoño que virá con algo debaixo da man, pero en todo caso nós imos a protestar polo que entendemos que é noso e nos corresponde. Gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Crespo, ten a palabra D. Daniel Rodas. Sr. Rodas Chapela.- Bos días a todos, quixera recordar que os concellos galegos que representamos aproximadamente o 6,5% da poboación do Estado percibimos un 5,27 % da participación dos ingresos do Estado, mentres que os concellos de Galiza reciben 176,54 € por habitante, a media do conxunto do Estado recibe 221,01 €, ademais Galiza conta coa metade dos núcleos de poboación que son 36.000, dispersión, que encarece o costo da prestación de servizos, o financiamento dos concellos do Estado é insuficiente como dicía o Sr. Crespo e encima inxusto. Só ten en conta a poboación, o 75%, e o esforzo fiscal, 25%, e non ten en conta que os custes dos servizos en Galiza son máis altos que no resto do Estado pola dispersión poboacional, extensión territorial e envellecemento da poboación, incluso o reparto do 75% que se atribuía á poboación pondérase negativamente para os concellos pequenos, máis de 50.000 habitantes o 1,40 %, de 20.000 a 50.000 o 1,30 %, de 5.000 a 20.000 o 1,17 % e de menos de 5.000 habitantes o 1%. Polo tanto, cos criterios actuais prexudícase máis ós concellos pequenos en poboación que son a maioría dos concellos galegos, en conclusión, os gobernos do Estado veñen discriminando sistematicamente ata hoxe ós concellos galegos con respecto ós demais concellos do Estado aportándolles unha cantidade insuficiente para afrontar as súas necesidades, por iso imos a intentar engadir a seguinte proposta: A insuficiencia financeira, resólvese con novos criterios de reparto entre as Entidades Locais dos impostos que cobra o Estado, novos criterios na participación dos concellos galegos nos tributos do Estado. A vella e xusta rectificación dos concellos, plantexada no seu día polo BNG, sempre foi apoiada por todas a forzas políticas, máis sempre foi rexeitada polos partidos de ámbito estatal, especialmente cando lles toca gobernar en Madrid. A nosa proposta xa foi formulada en varias ocasións e aceptada sempre pola FEGAM, entre os criterios para os concellos de menos de 75.000 habitantes, e polo tanto son os que no teñen cesión de impostos do Estado, computa a superficie nun 10% e o número de núcleos noutro 10%, ademais da poboación o 65% e o esforzo fiscal co 15%, polo tanto reduce a poboación do 75 ó 65, e o esforzo fiscal do 25 ó 15%, en beneficio de criterios que inciden no custo dos servizos e ó tempo recoñecen a realidade galega, a superficie territorial e o número de núcleos, ademais proponse tamén que se tome en consideración o envellecemento da poboación, que se pondere este factor como elemento a ter en conta nos criterios de reparto, polo tanto asumindo a proposta que facía o Sr. Crespo na súa totalidade, creo que engadíndolle, se lle engadimos os criterios de reparto, que a proposta sae máis consolidada e estamos falando xa de algo real, non unicamente do principio dun proceso, polo tanto eu creo que iso é facilmente compatible se a poñemos dende a nosa óptica. Sr. Crespo Iglesias.- Mire por favor, e que aquí se oe bastante mal con este cacharro, ¿a proposta concreta?, fágama concreta sen a literatura, ou sexa o 10%, que se teña o 10% a superficie, o 10% a dispersión, e o 65% a poboación, e ¿que máis?. Sr. Rodas Chapela.- Si, a ver, poboación 65, superficie 10, número de núcleos 10, e esforzo fiscal o 15, e que se teña tamén en consideración o envellecemento. Sr. Crespo Iglesias.- Para os menos de 75.000. Sr. Rodas Chapela.- Correcto. Sr. Crespo Iglesias.- Neste caso serían menos as 7 cidades, en toda Galicia. Sr. Rodas Chapela.- Efectivamente. Sr. Crespo Iglesias.- Ben, continúa. Sr. Presidente.- Si, quizá porque nos prexudica de certa maneira o tema do esforzo fiscal, se comparativamente o vemos co resto doutras autonomías, neste caso outros concellos, pois probablemente estamos por debaixo e iso si nos pode prexudicar, ó mellor en todo caso habería que ver a eliminación do tema do esforzo fiscal, e nas outras medidas eu creo son razoables, pero ó mellor no esforzo fiscal, non dende o punto de vista político, senón dende o punto de vista de interese propiamente para os concellos de Galicia, e de Pontevedra, polo tanto eu creo que sería razoable. Sr. Rodas Chapela.- Si, que fale o Partido Socialista, e despois intentamos mirar a taxa opcional esa. Sr. Presidente.- Adelante, D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si, vamos a ver, é que un escoitando a intervención do Sr. Crespo e senón lera a moción pois case estaba por votarlle a favor do que vostede di, pero claro como un le a moción ve que ademais de reivindicar para os concellos maior aportación do Estado, cousa que estamos todos de acordo, e ademais plantexar que o que di o Vicepresidente Solbes na discusión da negociación, pois non nos convence para nada ós concellos, sexan da cor que sexan, ademais diso claro, hai máis cuestións que aparecen na moción ás que vostede non fai ningunha referencia, digo que non fai ningunha referencia nin sequera na súa intervención, e que a nós nos impide votar a moción, e voulle a dicir moi claramente o tema, é dicir, se vostedes manteñen o punto número un da moción, e se me permite llo leo, e dicir, “reclamarlle ó Goberno de España un acordo simultáneo e vencellado co das Comunidades Autónomas e os Entes Locais para realizar unha reforma urxente do financiamento local paralela á do financiamento autonómico e para establecer as bases do pacto local, de forma que os entes locais poidan contar, antes de que finalice este ano, cunhas normas claras e precisas que se adecúen ás súas necesidades reais de financiamento, teñan maior capacidade normativa e solucionen o déficit arrastrado pola prestación de servizos impropios”. Máis se eliminaría o parágrafo segundo, a proposta número dous e vou a dicir o por que, se mantería o punto terceiro que sería, “Esixirlle ó Goberno da Nación un incremento na participación en ingresos do Estado por parte dos entes locais para o exercicio 2009”. E se eliminaría: “Solicitarlle ó presidente da Federación Española de Municipios e Provincias, a celebración dunha asemblea extraordinaria da Federación Española de Municipios e Provincias que reivindique a reforma do financiamento local, a súa estabilidade orzamentaria e o saneamento das facendas locais, de forma que poidan os entes locais garantirlle tal, tal, tal, ...” ¿por que digo iso?, porque mire, volvo a repetir, da súa intervención se recolle no punto un e no punto tres, e aí estamos todos de acordo, pero non é unha intervención do Partido Popular nin unha proposta do Partido Popular iso, é, son exactamente os acordos da Federación Española de Municipios, os acordos de Zaragoza, do 13 de setembro, e deses acordos se recolle que se siga negociando, se recolle a negociación vinculada coa das Comunidades Autónomas, e se recolle o pedir máis aportación do goberno ós concellos, pero sorprendentemente vostede, que por certo votaron a favor deses acordos, e aprobáronse por unanimidade, e resulta que sorprendentemente hai uns días presentan, o Partido Popular, presenta no Senado, unha proposta na que se sacan da manga algo que por certo contradí a súa intervención de hai un momento. Sr. Crespo Iglesias.- Que vostedes votaron a favor no Senado. Sr. González Iglesias.- Perdón, non, contradí a súa intervención hai un momento, e o que se sacan da manga é o seguinte, que é xusto o punto segundo, perdón o punto terceiro, que é onde plantexan o Consello... Sr. Crespo Iglesias.- Non, o terceiro non. Sr. González Iglesias.- O segundo, a creación dun Consello Local de Política Financeira que se reunirá trimestralmente coa Administración Xeral do Estado e no que participarán a Federación Española de Municipios e Provincias, os seis maiores municipios de España e unha representación de municipios medianos e pequenos. Mire Sr. Crespo, hai un momento vostede estaba dicindo que hai un problema serio porque resulta que na FEM quen están realmente ben representadas son as cidades, e resulta, e iso formaba parte da súa crítica, e resulta que agora nos está plantexando que se monte un Consello Local e Financeiro onde estean representadas a FEM por unha parte, a FEM por unha parte e as seis grandes cidades do Estado, mire, gran contradición co que dicía antes, e dende logo nós non estamos de acordo cunha operación deste tipo, e non estamos de acordo porque ademais iso significaría sacar algo que a FEM está intentando dende sempre, que é estar presente no Consello Territorial de Política Financeira xunto coas Comunidades Autónomas para que o financiamento sexa en pé da igualdade, e que ó mesmo tempo que se negocie nas Comunidades Autónomas, negocia a Federación Española de Municipios, por iso se fala no punto primeiro de vostedes tamén de negociación vinculada, claro, se vamos a un Consello diferente, onde por certo volvo a repetir se prima de xeito importante ás seis grandes cidades do Estado, pois señores estamos noutra historia, e noutra historia que no fondo o que significa é a degradación do papel da Federación Española de Municipios e Provincias, e por certo, e volvo xa ó final de todo e se seguen mantendo o punto cuarto, mire simplemente aquí hai algo que chirría, unha de dúas, ou vostedes cesan ou lle retiran a confianza ós seus representantes, representantes do Partido Popular, na reunión do Consello Territorial de Zaragoza do día 13 de setembro, ou lla sacan ós seus representantes na Asemblea da Federación Española de Municipios e Provincias, porque ata agora a Federación Española está facendo exactamente o que se plantexou na Asemblea. Sr. Crespo déixeme rematar. Polo tanto, Sr. Crespo, se un se está inventado un órgano diferente, se un non, non é vostede o que o inventa, é o Partido Popular quen quere inventar un órgano diferente porque quere por primeira vez romper o municipalismo en España, isto é así de claro e así de duro, por certo, por certo, se esquece na súa intervención Sr. Crespo, e volvo á miña tese do punto anterior, e que vostedes gobernaron, claro que si, claro que si e se hoxe significa a participación dos concellos o 13% de cooperación, coa proposta do Sr. Solbes se vai ó 12%, esquécese de dicir o Sr. Crespo que na época do Partido Popular chegou a estar no 11%, ¿verdade que si Sr. Crespo?, entón mire, aquí cada un conta a película como cree conveniente e dende logo se manteñen a moción tal é como está na súa totalidade nós imos a votar en contra e non imos a seguir discutindo neste tema porque é perder o tempo xa. Sr. Presidente.- Sr. Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- A min paréceme razoable que non queira discutir deste tema pero isto é o que hai, eu non vexo que problema ten, mire o máximo órgano é a Asemblea Xeral, se nós pedimos unha convocatoria da Asemblea Xeral para tratar única e exclusivamente un tema monograficamente que é o financiamento local é porque sabemos que hai moita xente, moitos alcaldes do partido que goberna España que están en desacordo e polo tanto pode saír un acordo maioritario de financiamento local dunha vez por todas, porque senón somos sempre a cincenta das Administracións e seguirémolo sendo, nós non é que queiramos torpedear a FEM nin moito menos, non é a nosa intención, simplemente é que hai moitos aspectos que non son entendibles porque ás veces da a sensación que o Presidente da FEM está máis ós intereses de Ferraz que ós intereses do municipalismo pero non o digo eu, que o dixo Belloch e Belloch non é do Partido Popular que eu saiba, polo tanto cando se lle preguntou: oiga, ¿por que vostede a esta movida con Barcelona, Valencia e tal se o Presidente da Federación Española di outra cousa?. O que diga o Presidente da Federación é un tema de Ferraz eu falo como municipalista. Creo que aí hai algo que non funciona, polo tanto imos a ver, eu creo que coas cosas de comer non se debe xogar, os concellos temos moi poucos recursos e como temos a presión cidadá detrás de nós mesmos por iso collemos competencias impropias, que ninguén nos obrigou pero senón as facíamos quedaban sen facer e os nosos veciños non ían a ter eses servizos. Fíxese por exemplo nos Servizos Sociais, primeiro empezamos pagando, a autonomía dábanos unha cousiña, logo cando tíñamos a necesidade de creala tivemos que financiala os concellos, o problema é que os concellos fomos collendo competencias impropias porque os veciños as demandaban e había que darlle resposta, porque a Administración Local e a que da a resposta nun tempo máis rápido que ningunha outra Administración, eu creo que pedir a Asemblea, que ó mellor non se produce porque pódese chegar a un acordo, eu calculo, xa lle estou dicindo que en principio, penso que o martes na executiva da FEM algo sairá, algo sairá con respecto a este tema do financiamento, e algo sairá porque o Presidente ía a falar con Solbes, isto arréglase dándonos unha porcentaxe similar ó que van a levar, o crecemento que van a ter as Comunidades Autónomas e acabouse, non ten tanta complicación, pero nós queremos que non sexa unha limosna para un día, queremos sentarnos e por iso temos que ter o noso propio órgano, o Partido Popular quere ter o seu propio órgano, por iso queremos a creación urxente dun cursiño local de política financeira e para iso, e para iso e para falar con voz propia e dirixirnos directamente ó Ministerio e ter un interlocutor directamente co Ministerio, senón parece que somos sempre os irmáns pobres, os irmáns pobres das autonomías e non somos unha administración totalmente independente, hai o poder local, o poder autonómico e o poder central, punto, pero somos un poder máis, non somos un poder supeditado ó poder autonómico, polo tanto, mire nós imos a manter a moción que obviamente non é miña, é do Partido Popular, ímola manter tal e como o tíñamos previsto imos engadirlle o de solicitar ó Presidente da Federación Española, que tamén o imos a solicitar á FEGAMP, que non se producirá pero o imos a solicitar, á Federación Española e á FEGAMP, asembleas xerais polo tema do financiamento, nada máis por estes temas que poñemos aquí. E logo a transacional que nos propón o Bloque sería aumentar un punto cinco, que en principio, eu non sei Presidente como non foi falado, creo que podemos estar de acordo con el, é o que levamos dito todos, é dicir, o noso, o problema de Galicia é o que é, que temos unha dispersión de poboación bestial, que temos unha poboación maioritariamente vella, por desgraza e sobre todo, que non ocorre tanto na franxa cantábrico-atlántica, pero si no resto, que estamos indo a menos, a poboación estase mermando considerablemente, creo que esa é a transacional que se podería admitir como punto quinto. Ou se queredes metémoslle outro, dá igual, ou se a poñemos noutro sitio e estamos dispostos en principio a votala, e estamos de acordo con ela, independentemente de que poidamos facer no futuro unha moción conxunta, que habería que facer específica para Galicia, polos problemas que aludía o do Bloque, eu o dixen na miña intervención inicial, pola miña parte eu creo que nada máis Presidente. Sr. Presidente.- Pois moitas gracias, procedemos polo tanto á votación, imos a, como digo a proceder á votación entón con esa, con engadir un novo punto que recolle precisamente o que falamos antes e o que propoñía o portavoz, neste caso do Bloque Nacionalista Galego en relación a incorporar esas demandas a maiores. Polo tanto procedemos á votación desa moción conxunta, presentada neste caso polo Partido Popular pero coa incorporación desas emendas do Bloque Nacionalista Galego. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Por conseguinte, a proposta do BNG engádese á moción presentada un quinto apartado que di: “Quinto.- Solicitar ós Presidentes da FEMP e FEGAMP, respectivamente, que entre os criterios de reparto para os municipios de menos de 75.000 habitantes compute a superficie nun 10%, a dispersión nun 10%, a poboación un 65% e o aforro fiscal un 15%, tendo tamén en consideración o envellecemento da poboación.” De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PPdeG e do BNG e cos votos en contra do PSdeG-PSOE, aprobar a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular para solicitarlle ó Goberno a reforma urxente do financiamento local e que non diminúan os ingresos locais polas transferencias do Estado nos orzamentos xerais para o ano 2009. Dita Moción é como segue: “MOCIÓN: Vulnerabilidade financeira dos municipios ante a crise económica O actual momento de crise económica está poñendo de manifesto unha vez máis os desequilibrios no modelo de financiamento local que pode afectar moi gravemente á forma e calidade da prestación dos servizos ós veciños por parte dos concellos. A situación financeira de moitos municipios é difícil e agravouse substancialmente nos últimos meses. A caída xeneralizada da economía española ten unha especial incidencia nas arcas municipais, onde, por exemplo, os ingresos locais vencellados á actividade urbanística están diminuíndo e xa deixaron de situarse no 20% do total de ingresos dos municipios. A isto hai que engadir a dificultade de acceso ó crédito, que é maior que outras administracións, así como o difícil cumprimento dos requisitos de estabilidade orzamentaria mailos plans de austeridade que moitos municipios xa teñen aprobado. Se a iso se engade o problema estrutural do financiamento local que ten España nos últimos 30 anos, debido, entre outras causas, ós servizos que prestan os concellos sen ser da súa competencia, por ser a administración máis próxima ós veciños e sensible á súa demanda. Por iso, faise obrigatorio poñer en marcha de xeito inmediato reformas institucionais e no ámbito do financiamento que permitan empezar a dar solución a este problema. O Goberno ten que recoñecer neste sentido o importante labor e esforzo económico que en materia de dependencia están desenvolvendo os municipios na actualidade. É por iso que a negociación e a execución dun novo modelo de financiamento local ten que ser inminente e simultáneo á reforma autonómica. Así mesmo, debe establecer as bases do pacto local para o traspaso de competencias e financiamento desde as comunidades autónomas ós entes locais. Xa o pasado 27 de maio o Comité Executivo da FEMP aprobou unha resolución na que se reiteraba a necesidade de abordar a reforma do financiamento local de forma global e no seu conxunto, manifestando así mesmo que esta negociación debía realizarse de forma simultánea e vencellada ó financiamento autonómico. Todo iso no marco dos compromisos expresados polo Goberno. • Preocupación polas previsións orzamentarias para 2009 en canto á participación dos entes locais nos ingresos do Estado, que avanzou o Ministerio de Economía e Facenda. O incremento da taxa de paro rexistrado que incide maioritariamente no sector da construción, a escasa evolución do emprego, o recorte nas previsións de crecemento do PIB, xúntanse cunhas previsións de crecemento para 2009 de só un 1%. Neste contexto, as cifras avanzadas polo Ministerio de Economía e Facenda para a participación dos entes locais en ingresos do estado de 2009 son moi preocupantes e poñen as arcas locais ó bordo do abismo (xa que os ingresos fiscais se ven sensiblemente reducidos pola crise inmobiliaria, do mesmo xeito que a venda do solo municipal, e o recurso ó endebedamento é moito máis inaccesible que para o Estado ou as CC.AA.). Se se materializa esta previsión as EELL van perder financiamento en termos reais en case 700 M€ (uns 690 M€) pola práctica conxelación das entregas a conta en 2009, dado que o IPC pode situarse probablemente nun 4%. Por iso, se somete á consideración do Pleno a aprobación dos seguintes acordos: Primeiro.- Reclamarlle ó Goberno de España un acordo simultáneo e vencellado co das Comunidades Autónomas e os Entes Locais para realizar unha reforma urxente do financiamento local paralela á do financiamento autonómico e para establecer as bases do pacto local. De forma que os entes locais poidan contar, antes de que finalice este ano, cunhas normas claras e precisas que se adecúen ás súas necesidades reais de financiamento, teñan maior capacidade normativa e solucionen o déficit arrastrado pola prestación de servizos impropios. Igualmente insta ó Goberno para que a futura reforma da Lei de Bases de Réxime Local aborde definitivamente a delimitación precisa das competencias dos concellos e deputacións provinciais co obxecto de evitar a situación actual de asunción de competencias impropias. Segundo.- Esixirlle ó Goberno da nación a creación urxente dun Consello local de política financeira, que se reunirá trimestralmente coa Administración Xeral do Estado e no que participarán a Federación Española de Municipios e Provincias, os seis maiores municipios de España e unha representación de municipios medianos e pequenos para tratar os temas de interese bilateral: actualización do catastro, transferencias estatais, xestión dos convenios e cooperación administrativa. Terceiro.- Esixirlle ó Goberno da Nación un incremento na participación en ingresos do Estado por parte dos entes locais para o exercicio 2009. Cuarto.- Solicitarlle ó presidente da Federación Española de Municipios e Provincias, a celebración dunha asemblea extraordinaria da FEMP que reivindique a reforma do financiamento local, a súa estabilidade orzamentaria e o saneamento das facendas locais, de forma que poidan os entes locais garantirlles ós cidadáns os servizos que necesitan en condicións de igualdade e equidade, e para acadar o peso político e institucional que lles corresponde ós entes locais como administración máis próxima.” Quinto.- Solicitar ós Presidentes da FEMP e FEGAMP, respectivamente, que entre os criterios de reparto para os municipios de menos de 75.000 habitantes compute a superficie nun 10%, a dispersión nun 10%, a poboación un 65% e o aforro fiscal un 15%, tendo tamén en consideración o envellecemento da poboación. 15.5748.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR DEMANDANDO A RETIRADA DO PLAN VIGO INTEGRA DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL E OBRAS PÚBLICAS E A SÚA SUBSTITUCIÓN POR UN PLAN SECTORIAL VIARIO DE VIGO Sr. Presidente.- Punto quince da orde do día. Moción do Grupo provincial do Partido Popular demandando a retirada do plan Vigo-Integra da Consellería de Política Territorial e Obras Públicas e a súa substitución por un Plan Sectorial Viario de Vigo. Ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Imos a ver se somos capaces de resumir o máximo posible esta moción, o que pasa é que bueno, é un contido importante. Hoxe seguramente sexa un deses Plenos onde os temas que estamos tratando, pois teñen contido e sobre todo a corto, a medio e longo prazo. Este é un proxecto chamado Vigo-Integra, que nós fixemos as alegacións correspondentes, que remataron o 17 de setembro, pero estamos a partir de aí, pois recibimos unha serie de peticións de concellos, incluso de corporativos, e bueno co resumo de prensa que fomos sacando e analizando en cada un dos concellos implicados, que isto non só é de Vigo, senón é que é de case toda provincia, da Zona Sur, da área metropolitana, pois consideramos que aínda se ten que dar un paso máis alá, e ese paso creo que é unha decisión política. A técnica está reflectida nos argumentos, nós fixemos un informe técnico creo que con moito contido e ademais moi ben analizado, e dende logo queremos felicitar ó Director de Infraestruturas porque creo que fixo un magnífico traballo que nos axuda ós responsables políticos a facer as valoracións ata o máis axeitadas e máis acertadas posibles, pero creo que hai que dar un paso máis alá, hai que dar un paso máis alá porque esta moción, que é unha moción loxicamente de contido político, nos parece que ten que haber a vontade da propia Consellería, da propia Conselleira, de retirar este documento, e de retiralo porque só fai falta ler nos medios de comunicación e facer un resumo do que pensa cada concello, e bueno, aquí dende Nigrán e Gondomar presentan hoxe as súas alternativas ó Plan VigoIntegra, o BNG esixe a retirada do Plan Vigo-Integra neste caso, e creo que en Gondomar, os alcaldes de Nigrán e Gondomar están en desacordo co Plan Vigo-Integra, Gondomar se subleva contra o Plan Vigo-Integra, o BNG presenta en Ponteareas contra Vigo-Integra, o goberno da oposición de Marín consensúa unha moción contra o proxecto da PO-313, que está no Vigo-Integra, a Xunta somete a información pública o Vigo-Integra que produce gran rechazo, Vigo non está tampouco de acordo co Vigo-Integra porque se contradí co Plan Xeral, opositores do Plan Vigo-Integra entregaron alegacións conxuntas, ben, etc., etc, etc., etc., tres mil dos doce mil veciños de Gondomar marchan contra un Plan de Viais da Xunta. Bueno, eu creo, aquí di Viéitez, afirma que “o VigoIntegra ten un alto custe social e ecolóxico para Moaña e Cangas”, que é un concelleiro independente. Bueno, eu creo que todas estas afirmacións nos levan a facer unha petición clara de solicitude de retirada deste documento e sobre todo baseado na inexactitude, a falta de rigor do propio documento, onde os datos que se recollen para elaborar este documento son datos de anos atrás, incluso de poboación, de mobilidade, tamén de emigración, datos que loxicamente veñen do ano 2004-2005, neste Plan tampouco se contempla ningunha cuestión relacionada co ferrocarril, bueno eu creo que poderíamos seguir estendéndonos en cales son os motivos e incluso ir a cada unha das peticións e das propostas que presenta cada un dos concellos, pero dende logo nos levaría bastante tempo, porque evidentemente é un documento amplo, pero nós entendemos que de entrada senón houbese máis debate, solicitar con absoluta normalidade á Conselleira que retire este documento, que chame ás partes implicadas, tanto ós colectivos, á sociedade civil, como á representación de cada un dos concellos, e que poidamos consensuar un documento que sexa viable para os concellos, que sexa viable e que de solucións ós problemas que demandan as comunicacións de toda a zona sur do entorno de Vigo, e de todos os seus concellos, e dende logo brindarnos dende esta Deputación a poñer todos os servizos técnicos a disposición da Consellería para que aquelas alegacións ou aquelas propostas que poidamos facer, que se poidan contemplar nun novo documento, eu creo que sería bo, por unha cuestión social, por unha cuestión política e sobre todo para a tranquilidade de moitos veciños e veciñas que están inquietos, e que dende logo os representantes de cada un dos concellos e por suposto esta Deputación que é a representante do maior de todos os concellos, pois que loxicamente poidamos darlle unha satisfacción e polo menos unha tranquilidade de que os temas se traten, se consensúen cos propios concellos e ó final que se poida ter un documento, pois en base ó diálogo, en base a acordos previos, e dende logo que non teña o rechazo e a confrontación tan importante que ten, eu podería estenderme e demais, pero eu creo que é máis que suficiente, está perfectamente argumentado e en calquera caso o espírito da moción é positivo, porque creo que sería bo para a provincia de Pontevedra, para a zona de Vigo, a súa área metropolitana e sobre todo para estes concellos e veciños e veciñas que están inquietos, o que é bo para algúns concellos, pois loxicamente prexudica a outros, pero eu creo que hai fórmulas de buscar consensos, e dende logo polo que analizamos a maior parte dos concellos teñen algunha problemática puntual. Eu creo que se se quere algún detalle máis o podemos dar pero eu creo que está perfectamente explicado con este resumo moi, loxicamente moi axustado e moi concretizado que podemos ampliar en calquera momento. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. ¿Algunha intervención?. D. Pauliño del Río. Sr. Del Río Iglesias.- Ben, boas tardes, hai que dicir xa, Sr. Presidente, señoras e señores Deputados. Home é evidente que hai unha gran interdependencia e unha forte relación entre os distintos concellos que integran este proxecto, ¿verdade?. Esa é a primeira evidencia, é que necesitábamos un proxecto urxente para acometer unha serie de medidas, unha serie de medidas de carácter multisectorial que permitiran dar resposta ós problemas do día a día do conxunto da poboación, das persoas usuarias desta área xeográfica, da área metropolitana. Ben, isto creo que era unha reivindicación das distintas administracións e das entidades sociais e económicas. Ben, a Consellería de Ordenación do Territorio presenta o Plan Vigo-Integra, é evidente que hai cousas positivas nelas, hai cousas incluso que xa están feitas, e hai cousas que son un auténtico disparate, ben, a partir de aí, a partir de que é interesante solucionar determinados problemas na área metropolitana de Vigo, na súa zona de influencia, que é evidente que hai un problema de mobilidade e de infraestruturas, tamén é evidente que este plano ten unha forte contestación social, política, que é un plano que adolece de moitos defectos, ¿verdade?, mesmo xa na cartografía, unha planimetría que presenta, non nos imos a estender moito neste tema, ¿verdade?, creo que tampouco atende a criterios de substentabilidade, ou criterios de mobilidade non están ben recollidos. Nós, e ademais tendo en conta a intervención do portavoz do PP, o Sr. Figueroa, imos a intentar emendar esta resolución no sentido de que parécenos, estamos de acordo en instar á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, a retirar o Vigo-Íntegra, como dixo. ¿Para qué?. Para a súa reformulación e negociación cos concellos afectados. O outro que di na súa proposta de resolución de acordo para reiniciar, parécenos que nin é procedente e incluso unha vez feitas todas as alegacións por parte de concellos, grupos políticos, organizacións sociais, veciñais, e de todo tipo, parecería que debería de atender estas reclamacións e non volver a reiniciar todo o proceso. Polo tanto, que o Partido Popular atendera a nosa emenda no sentido de instar á Consellería de Política Territorial e Obras Públicas a retirar o Plan-Integra para a súa reformulación e negociación cos concellos afectados, parécenos máis atinado que a moción presentada polo Partido Popular nesta Deputación. Gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Pauliño. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si, imos a ver, eu creo que, unha cousa que é certa é que hai un plan presentado, e un plan que está a exposición pública e que pode conter erros, loxicamente, pode ter cousas que non nos gustan, pero é evidente, volvo a repetir é que hai un plan, é evidente que hai un plan que pasou por un período de exposición pública, hai concellos nos que plantexamos, mesmo nun concello que plantexou algunha alegación ó documento, hai plantexamentos que ían no documento, que a propia conselleira antes de rematar o período de exposición pública plantexou que estaban mal e que había que retiralos, é dicir, digamos que, era un documento para que se alegase, para que se mirara, etc. etc. Un bota en falta, bota en falta que nese momento, nese período de alegación que era de dous meses, esta Deputación non intentara coordinar eses concellos para chegar a unha alegación conxunta, é dicir, hai dúas formas de facer as cousas, unha é esperar a que remate a exposición pública e pedir a retirada co cal o único que facemos é pois seguir cun problema ó que ninguén lle plantexa unha solución, e outra é, bueno, pois nese período de alegacións imos a xuntarnos e a ver que poñemos en común entre todos, que é difícil, eu recoñezo tamén, porque concretamente eu estou nun concello que fai unha alegación nun sentido que é contraria a alegación que fai, a que fai a propia Deputación, entón dificilmente íamos a coordinar ou a casar os intereses das dúas administracións, non sei se é que unha era intereses de partido e noutra intereses de concello, noutra da institución como a Deputación e outro caso de partido como nós no concello, calquera das cuestións podería ser válida, pero o que realmente non nos parece razoable, é que unha vez rematado ese período de exposición ó público se plantexe a retirada do Plan, aínda que sexa para reformulalo, porque se se retira para reformulalo hai que volver á exposición pública e volvemos á circunstancia de sempre, que é que toda esa área de Vigo segue sen ter ningunha resposta, absolutamente ningunha, e aquí hai unha, e nós entendemos que hai que aproveitar un período de exposición pública para tratar de darlle a volta no que sexa posible e de facelo mellor, non que todos consideremos o que está mal, polo tanto non compartimos nin unha formulación nin a outra, votaríamos en contra do que estades plantexando aquí e nada máis. Sr. Presidente.- Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- A nós, imos a aceptar a matización que fai o Bloque, porque o espírito da moción é precisamente esa, un problema de redacción, é dicir, nós non queremos que se retire, loxicamente o espírito é que se consensúe con todos os concellos e cos colectivos, e que se reformule, nos parece correcto unha proposta que intente vir do consenso e do diálogo con todos os concellos e con todos os colectivos, polo tanto imos a aceptalo, que lea o Secretario o que acaba de dicir o representante do BNG, e nós estamos de acordo en instar á Consellería a retirada do documento, reformulando, escoitando ós concellos, ós colectivos para a súa reformulación, nos parece que bueno, que ó final o espírito é o que nós pretendíamos, nós o que queremos e que se arranxe un problema grave que teñen moitos concellos e que teñen moitos colectivos, polo tanto, nos parece que esa pode ser unha vía para buscar unha solución. Sr. Presidente.- Estamos entón de acordo ambas dúas formacións políticas, Partido Popular e Bloque Nacionalista Galego, e non está de acordo parece se o Partido Socialista, ¿non?. Iso é o que acabo de entender coa incorporación diso, polo tanto, igual que no caso anterior procedemos á votación do número 15, coa incorporación desa emenda que fai o Bloque Nacionalista Galego. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Infraestruturas e Servizos Xerais, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PPdeG e do BNG e cos votos en contra do PSdeG-PSOE, aprobar a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular demandando a retirada do Plan Vigo Integra da Consellería de Política Territorial e Obras Públicas e a súa substitución por un Plan Sectorial Viario de Vigo. Dita Moción é como segue: “O Grupo provincial do Partido Popular (PP) na Deputación de Pontevedra, en base á lexislación vixente, presenta diante do Pleno da Corporación Provincial esta moción demandando a retirada do Plan Vigo Integra da Consellería de Política Territorial e Obras Públicas e a súa substitución por un Plan Sectorial Viario de Vigo. EXPOSICIÓN DE MOTIVOS 1.- A Consellería de Política Territorial e Obras Públicas da Xunta de Galicia presentou o denominado Plan Vigo Integra que afecta ó sistema de comunicacións de Vigo e a súa área de influencia. 2.- O citado plan manexa datos sen actualizar. Entre outros, datos de tráfico de 2005 e 2006; datos de poboación do 2005; datos do mercado de traballo unicamente de xaneiro de 2005 a agosto de 2006; datos de emigración do 2004; idade da poboación do 2005; tráfico portuario de 2005 sen estimación da evolución; e tráfico aeroportuario de 2004 sen evolución no futuro. 3.- Ademais do antedito, o Plan Vigo Integra non utiliza cartografía actualizada. Non realiza unha análise profunda da mobilidade do ámbito afectado. Non xustifica as razóns polas que se considera ese ámbito concreto, pois está incluído Marín e non Mondariz, por exemplo. Non inclúe previsións de futuro das infraestruturas ferroviarias. Non sistematiza nin realiza labor algunha de homoxeneización dos datos e dos documentos recopilados. Non ten en conta os viarios da Deputación Provincial nin plantexa actuación algunha nos mesmos a pesar de que a institución provincial é titular de 456 quilómetros de rede no ámbito que determina a Consellería. Non establece un calendario de actuacións. E non aclara, finalmente, as fontes de financiamento do Plan. 4.- A maiores das deficiencias plantexadas, o Plan Vigo Integra pretende ser un plan sectorial viario de incidencia supramunicipal. Esta circunstancia implica unha normativa legal de aplicación que, literalmente, di así: - 1.- As determinacións contidas nos plans sectoriais de incidencia supramunicipal terán forza vinculante para as administracións públicas e para os particulares e prevalecerán sobre as determinacións do planeamento urbanístico vixente. - 2.- Os concellos nos que existen as infraestruturas, dotacións ou instalación obxecto do plan sectorial deberán adaptar o seu planeamento urbanístico ó contido do citado plan, no prazo que determine este último e, en todo caso, na primeira modificación ou revisión do planeamento urbanístico. - 3.- A execución das infraestruturas, dotacións ou instalacións obxecto dun plan sectorial requirirá a previa aprobación dun ou varios proxectos sectoriais. No caso do Plan Vigo Integra, a Consellería, como consecuencia do feito de que o Plan foi amplamente cuestionado ou rexeitado -entre outras entidades por diversas asociacións de Vigo, a súa área e O Morrazo, grupos ecoloxistas como Adega ou formacións políticas como o PP de Vigo, o PSOE de Redondela ou o BNG de Gondomar- está a eliminar actuacións previstas no plan para deixar o seu deseño nas mans de cada concello, vía o planeamento municipal. Isto supón unha evidente deixación de funcións pois presenta un Plan que ten carácter executivo sobre os diferentes planeamentos e, en vista do rexeite que suscita, o anula e di que a planificación a realice cada un dos concellos. 5.- No caso concreto da cidade de Vigo, o Plan non recolle actuacións previstas no Plan Xeral de Vigo que, paradoxicamente, foi aprobado recentemente pola propia Consellería de Política Territorial e Obras Públicas. Polas anteditas razóns, en vista de que o Plan Vigo Integra non reúne as condicións mínimas para poder ser aprobado, sometemos á consideración do Pleno da Deputación de Pontevedra esta moción para que se adopten os seguintes acordos: 1.- Instar á Consellería de Política Territorial e Obras Públicas a retirar o Plan Vigo Integra para a súa reformulación e negociación cos concellos afectados, redactando un novo documento sobre o sistema de comunicacións de Vigo e o seu entorno que xurda do consenso e da negociación de todas as partes implicadas.” 16.5749.- MOCIÓN DA PRESIDENCIA SOBRE NOMEAMENTO DE REPRESENTANTE DA DEPUTACIÓN NO PADROADO DA FUNDACIÓN SEMANA VERDE DE GALICIA Sr. Presidente.- Punto número 16. Moción da Presidencia sobre nomeamento de representante da Deputación no Padroado da Fundación Semana Verde. Procedemos á votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Réxime Interior e Persoal, o Pleno acorda por maioría de votos a favor do PPdeG e coas abstencións do PSdeG-PSOE e do BNG, aprobar a Moción da Presidencia sobre nomeamento de representante da Deputación no Padroado da Fundación Semana Verde de Galicia. Dita Moción é como segue: “Dada conta da comunicación do Secretario Xeral da Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, manifestando a modificación dos Estatutos da Fundación Semana Verde de Galicia, en cuxo artigo 12 se establece que o Padroado, como órgano de goberno da Fundación estará composto entre outros, por un patrón en representación da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra. Considerando que o art. 58 c) do RD 2568/1986, de 28 de novembro determina que corresponde ó Pleno a designación de representantes da Corporación en órganos colexiados. Esta Presidencia somete á consideración do Pleno a adopción do seguinte acordo: Nomear representante da Deputación Provincial de Pontevedra no Padroado da Fundación Semana Verde de Galicia ó Sr. Vicepresidente desta Deputación D. Xosé Crespo Iglesias.” 17.5750.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL SOCIALISTA INSTANDO A EXECUCIÓN INMEDIATA DAS OBRAS DE MELLORA E ACONDICIONAMENTO DA ESTRADA PO-7004 Sr. Presidente.- Punto número dezasete. Moción do grupo provincial socialista instando a execución inmediata das obras de mellora e acondicionamento da estrada Pontevedra 6004, ten a palabra dona Isaura Abelairas. Sra. Abelairas Rodríguez.- Ben, bos días a todas e todos. Imos a ver, un pouco, supoño que non haberá ningún problema na aprobación desta moción para axilizar, porque despois do que dixo o Sr. Figueroa en todo o debate anterior, pois na modificación de presupostos, seguramente se dará conta da necesidade que ten de arranxar esta institución a carretera provincial, oficialmente é a PO-7004, que vai da Gran Vía á Avda. de Madrid. O Sr. Figueroa ben sabe que alí hai unha vella reivindicación dos veciños e das veciñas, que hai dous colexios alí na zona, que hai unha vía moi utilizada que é de titularidade da Deputación e seguindo coa argumentación que facía antes seguramente, que non hai ningún problema para que o Partido Popular vote a favor. Sr. Presidente.- Moitas gracias ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Nós imos a votar esta moción, porque dicirlle que na modificación de crédito do día de hoxe na partida de mellora de viais e outras obras vai precisamente contemplado este vial, xa na Xunta de Goberno, por iso o outro día cando presentou a moción lle aceptamos a moción, porque na Xunta de Goberno xa se tomou unha decisión de levar a cabo esta obra, están co proxecto que está case rematado, e cando teñamos o proxecto llo pasaremos ó concello para que lle dea o visto bo e facer a remodelación dese vial, que é un vial provincial que nos parece que hai que axeitar, e dende logo, é dicir, esta é a maneira de traballar, volvendo ó discurso inicial, desta institución, que xa temos a consignación suficiente para esa obra dentro dese proxecto de melloras, non facemos as cousas porque si, nin a capricho, nin sen previsión, a previsión está contemplada, e hai unha partida xa reservada na modificación de crédito que aprobamos o día de hoxe. Sr. Presidente.- Moitas gracias, Dona Isaura. Sra. Abelairas Rodríguez.- Si, si, non, darlle as gracias ó Sr. Figueroa, pero se me permite Presidente unha pequena broma. Sr. Presidente.- Si. Sra. Abelairas Rodríguez.- Figueroa, Chema, eu estou aquí que son a que presentei a moción non estou alí. Sr. Figueroa Vila.- O que pasa é que María me pon nervioso. Sr. Presidente.- Moi ben, aclarada esa cuestión procedemos á votación deste tema, que é como digo de importancia tamén, o cal poñemos en marcha e procedemos á súa votación porque ademais a Deputación ten practicamente rematado o proxecto desta actuación importante que é a mellora do pavimento e urbanización de toda esa estrada. ¡Ah!, D. Pauliño, perdón. Sr. Del Río Iglesias.- Non, simplemente para manifestar o sentido do BNG que é de apoio á moción presentada polo Partido Socialista. Gracias Sr. Presidente.- Moi ben, pois como estamos de acordo as tres forzas políticas. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Infraestruturas e Servizos Xerais, o Pleno acorda por unanimidade aprobar a Moción presentada por Dona Isaura Abelairas Rodríguez do PSdeG-PSOE instando a execución inmediata das obras de mellora e acondicionamento da estrada PO-7004. Dita Moción é como segue: “ANTECEDENTES No artigo 7.2.2, apartado “c” das Normativas Urbanísticas do PXOU de recente aprobación parcial, figuran relacionadas as vías da Rede da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, entre as que figura a denominada PO7004 Gran Vía-Avda. de Madrid, comunmente coñecida como “Carretera Provincial”. O abandono por parte desta institución é manifesto, sen se preocupar dos milleiros de persoas que transitan pola devandita vía, ademais da existencia de dous colexios na zona, coa consecuente inseguridade que supón para os nenos facer uso da mesma cada día. Por estas razóns: “Instamos á Deputación á execución inmediata das obras de mellora e acondicionamento da estrada PO-7004 (Carretera Provincial).” 18.5751.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Comunicacións. Sr. Secretario.- Si, en primer lugar un acuse de recibo de la Secretaría Xeral da Presidencia de la Xunta de Galicia, en relación con el traslado del acuerdo de la moción que se le envió sobre la creación de una Facultad de Enología en la Provincia de Pontevedra. Una resolución Presidencial delegando las atribuciones de la Presidencia entre los días 15 a 24 del mes de agosto en el Vicepresidente Sr. Figueroa, y los extractos de las Resoluciones Presidenciales dictadas entre el 18 de julio y 23 de septiembre. Queda enterado o Pleno das seguintes: A) De acuse de recibo da Secretaría Xeral da Presidencia da Xunta de Galicia en relación co traslado do acordo da Moción que se lle enviou sobre a creación dunha Facultade de Enoloxía na provincia de Pontevedra. B) De Resolución Presidencial delegando as atribucións da Presidencia entre os días 15 a 24 do mes de agosto no Vicepresidente Sr. Figueroa. C) De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas pola Presidencia entre os días 18 de xullo e o 23 de setembro do ano 2008 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia, tratouse o seguinte asunto: 19.5752.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL SOCIALISTA EN RELACIÓN CO APOIO Á XORNADA MUNDIAL POLO TRABALLO DECENTE Sr. Presidente.- Fóra da orde do día hai unha Moción do Grupo Provincial Socialista en relación, pois, como o tema está no texto, en apoio á xornada mundial polo traballo decente. Ten a palabra o D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- En todo caso a urxencia vén dada porque celébranse manifestacións o día 7 de outubro e bueno, non hai outro Pleno. Sr. Presidente.- Foi presentada onte. Sr. González Iglesias.- Xa, bueno, pero vamos a ver Presidente, eu comenteillo ó seu portavoz o outro día na Xuntanza de Portavoces, que había esta moción que chegou dende as organizacións sindicais UXT e Comisións Obreiras á propia Deputación, e senón a metedes vós nós a temos que meter, nos dá igual, é dicir, nos dá o mesmo que apareza como Grupo Socialista, que apareza como declaración institucional se se quere, é dicir, o tema é mostrar o apoio e colaborar co que eles plantexan, nada máis. Sr. Presidente.- Sen ningún problema, eu creo que estamos de acordo todas as forzas, quero entender que todas as forzas políticas, non sei se a coñece o Bloque Nacionalista Galego pero María Méndez quere intervir, adiante. Sra. Méndez Piñeiro.- Si, coñecemos a moción, e de feito nós imos a propoñer algunha modificación que de feito o Partido Popular parecía que estaba de acordo. Hai cousas desa moción nas que nós non estamos de acordo, por exemplo, cando se fala das centrais sindicais, se refire unicamente ás centrais españolas, e en Galiza temos unha central sindical, polo tanto nós queríamos introducir modificacións respecto ós acordos, falando de que cando fala do día 7, as centrais sindicais, etc., etc., eu agora non teño aquí a moción, pero habería que introducir o de que aquí hai unha central e logo hai outras cousas que, por exemplo aquí o Partido Popular comentou o outro día que nós estamos de acordo, que é que o Goberno non ten que liderar, en tal caso seremos todos. Hai un punto concretamente da moción en que se dá, pero o de liderando non estábamos tampouco de acordo, nós tiñamos de feito unhas tal, pero non as teño aquí agora mesmo, é dicir, aceptaríamos a moción de fondo cunhas lixeiras modificacións, unha delas sería que se recoñecese a existencia da central nacionalista, que ese día do traballo está posto por todos os demais, é isto que me acaban de pasar aquí. Sr. Presidente.- Bueno, antes de nada imos a votar a urxencia. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. E ten a palabra D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Imos a ver, unha cuestión, eu creo que a Sra. Méndez confunde esta moción con outra que se presentou noutros foros, aquí en ningún momento se plantexa que o Goberno lidere nada, senón é pedir ó goberno de España que promova o respecto ás normas fundamentais do traballo, o traballo decente e traballe activamente para a execución dos obxectivos de desenvolvemento ... Probablemente noutras Administracións se fale de liderar, aquí non se fala en absoluto, volvo a repetir, esta moción presentada por Comisións Obreiras e UXT, e que nós fixemos nosa porque non aparecía dentro da orde do día, se hai máis actos na celebración do traballo decente nós non temos ningún inconveniente en apoiar eses actos, pero si en que este sexa tamén a petición que plantexan os dous sindicatos representados na Confederación Sindical Internacional. Sr. Presidente.- Ben, o único problema é que neste caso o Bloque Nacionalista non sei se ten copia aí, Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Imos a ver, Dona María Méndez está falando doutra moción que seguramente se presentou no concello de Vigo que non é esta, é dicir, é algo parecido pero non é esta, nós alí tamén dixemos que non estabamos de acordo cos antecedentes porque bueno, falaba dalgunhas cuestións políticas, esta é unha declaración internacional do traballo, bueno, nós non temos ningún inconveniente en apoiar esta moción, é dicir, a que está plantexada no concello, Dona María, é outra onde fala do Goberno de non sei que, fala dunhas cuestións políticas tamén e que nós dixemos que estabamos de acordo nos plantexamentos, nas propostas, pero non nos antecedentes. Polo tanto, nós en calquera caso o que votamos nesta moción é o acordo niso, estamos totalmente en liña de apoialo e punto. Eu creo que as matizacións non sei, os antecedentes quedan aí, pero o importante é o acordo da moción, nós non temos ningún inconveniente, dende logo. Dona María, eu creo que está ben, non ten nada que ver esta coa outra. Sra. Méndez Piñeiro.- Un segundiño só. Imos a ver no concello de Vigo se presentaron dúas mocións, nós o que pedimos é que se refundira nunha, porque practicamente son idénticas estas mocións, efectivamente as aclaracións veñen ben e o que dixemos aquí mantémolo, porque exactamente di, o di a que figura como acordo, que é o día sete para as mobilizacións e que fala das dúas centrais. Nós aquí temos unha central nacionalista que é a CIGA, polo que queremos que neste acordo que se acaba de presentar nesta Deputación, porque o acabamos de ler, se recolla que todas as mobilizacións convocadas tamén pola central que existe aquí, só pretendemos introducir isto nada máis. Sr. Presidente.- Estamos todas as forzas de acordo, aceptamos entón esa incorporación. Ben, aprobamos a moción é facémolo extensivo. Sr. González Iglesias.- Facémolo extensivo a calquera outro acto que convoque calquera central sindical. Sr. Presidente.- E así queda aberto a todos. Si, non, que aprobamos a moción e facémolo extensivo de que apoiamos calquera outra. Bueno, procedemos logo á votación. ¿Votos en contra?, con esas consideracións que se falaban agora. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno acorda por unanimidade aprobar a Moción do Grupo Provincial Socialista en relación co apoio á Xornada Mundial polo Traballo Decente. Dita Moción é como segue: “A declaración da Organización Internacional do Traballo (OIT) relativa ós principios e dereitos fundamentais no traballo, adoptada en 1998, obriga a respectar e promover entre todos os Estados membros da organización a liberdade de asociación e a liberdade sindical, o recoñecemento efectivo da negociación colectiva e o dereito de folga, a eliminación do traballo forzoso e infantil así como a eliminación de toda discriminación en materia de emprego. A OIT introduciu en 1999 o concepto “Traballo Decente” como aquel que permite vivir dignamente, integrado por catro compoñentes –emprego, dereitos laborais, protección social e diálogo social-, sendo os catro necesarios para crear perspectivas de progreso social e desenvolvemento. Por outro lado, os obxectivos de desenvolvemento do milenio, baseados na Declaración do Milenio de Nacións Unidas (2000), que deben ser cumpridos antes do ano 2015, establecen, entre outras cuestións, a erradicación da pobreza extrema e a fame, a extensión do ensino universal, a redución da mortalidade infantil ou a promoción da igualdade entre os xéneros. Así mesmo, e segundo diferentes órganos, axencias e programas de Nacións Unidas, a metade da forza laboral mundial gaña menos de 1,3 euros diarios; 12,3 millóns de persoas traballan en condicións de escravitude; 200 millóns de nenos menores de 15 anos traballan en lugar de ir á escola, e 2,2 millóns de persoas morren a causa de accidentes e enfermidades laborais cada ano. Visto que nos países desenvolvidos increméntase a precariedade laboral, e que a Unión Europea encamíñase cara unha desregulación de normas sociais comunitarias. Por todo o exposto con anterioridade presento a seguinte MOCIÓN Primeiro.- Mostrar o apoio á Xornada Mundial polo Traballo Decente, convocada para o 7 de outono pola Confederación Sindical Internacional (CSI) da que forman parte as organizacións sindicais máis representativas de España. A tal efecto este Pleno apoia e invita a participar ós cidadáns na manifestación a celebrar en Vigo o día sete de outono ás 20,00 horas, facéndoo extensivo ás demais mobilizacións que se convoquen. Segundo.- Pedir ó Goberno de España que promova o respecto ás Normas Fundamentais do Traballo, o Traballo Decente e traballe activamente para a consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio. Terceiro.- Trasladar esta moción ós interlocutores sociais, ó Ministerio de Traballo, á oficina de España da OIT e ás representacións en España da Comisión Europea e do Parlamento Europeo.” 20.5753.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Temos aquí unha pregunta por escrito, neste caso do Grupo Provincial Socialista, que creo que xa se contesta sola porque en relación coa proposta de Carlos Mantilla que renuncia ás retribucións correspondentes a dito posto de traballo, polo tanto non dá lugar. Aquí fixeches unha pregunta en relación á proposta de incorporación de Carlos Mantilla, pero que en relación á contención do gasto, pero no mesmo nomeamento xa aparece, lle daremos copia agora, que esta persoa renuncia ás retribucións correspondentes a dito posto de traballo, así que non ten, non hai ningún tipo de remuneración, ademais está todo, pedín que me trouxeran unha copia, está todo aquí. ¿Máis preguntas ou rogos?. D. Gabriel, adiante. Sr. Martínez Giráldez.- Si, bo día outra vez, con respecto a un pago que fixo a Deputación en relación a unha fonte que está por construír en Ponteareas na Praza do Comerciante, era preguntarlle que nas contestacións que vostedes fixeron na prensa din que xa estaba resolto ese tema, que xa devolveran o diñeiro, me gustaría que dixeran cando o devolveron. Sr. Presidente.- ¿Que devolveron o diñeiro? Sr. Martínez Giráldez.- Si, iso é o que din as manifestacións que saen na prensa. Mire explíqueme un pouco como está o tema. Sr. Presidente.- Non, eu explico en relación cunha pregunta que vostede facía nun medio de comunicación e resulta que ese mesmo día que vostede facía esa pregunta dunha subvención concedida ó concello de Ponteareas, ese mesmo día saía no Boletín Oficial da Provincia onde o concello saca a licitación desa obra, non sei se o viu ou non, polo tanto, ademais dáse a casualidade que ese mesmo, vostede facía esa mención, sae publicado, que non é cuestión da Deputación que ademais é cuestión do concello de Ponteareas, polo tanto ese mesmo día sae publicado no Boletín Oficial da Provincia, creo que foi o martes ou algo así desta semana cando se fixo esa pregunta, ou sexa que ese tema xa está contestado, pero vamos que lle darei incluso copias, ou vamos, se busca por aí, está no Boletín Oficial da Provincia. ¿Máis?. Sr. Martínez Giráldez.- Creo que non me está contestando ó que lle estou preguntando, aquí imos a ver se nos facemos ós feitos no expediente co PAM do 2008, vostedes lle conceden a Ponteareas sesenta mil euros, sesenta mil novecentos e pico euros, os cales vostedes, no expediente aparece un documento onde vostede como Presidente, creo recordar, non o podo tampouco nestes momentos, lle pide ó concello de Ponteareas que devolva eses sesenta mil euros que lle ingresaron indebidamente. Iso está no expediente, entón a miña pregunta é ¿quén certificou esa obra?, ¿como se lle fai o ingreso ó concello de Ponteareas dunha obra que non existe?, ou sexa, está sen facer, alí o único que hai feito é un cartel dunha obra que se vai a facer. Sr. Presidente.- Imos a ver, aí ten que haber un erro na propia documentación que vostede ten, porque xa lle digo eu lle darei despois a copia onde no Boletín Oficial da Provincia sae a licitación pública desa obra por parte do concello de Ponteareas, eu a tramitación do concello non a coñezo, polo tanto despois se quere comprobámolas in situ e revisámola aí no Boletín Oficial da Provincia. Sr. Martínez Giráldez.- Sr. Louzán, eu entendo perfectamente que hai ese estudo publicado no Boletín, agora estoulle falando doutra documentación que existe no expediente, vostedes ingresáronlle ó concello de Ponteareas sesenta mil euros ¿eh?, hai unha carta dirixida por vostede ó concello de Ponteareas esixíndolle que devolvera ese diñeiro fai tres meses, e a día de hoxe ese diñeiro non se devolveu, nin se devolveu nin se xustificou por que non se devolve nin cal é o motivo, esa é a explicación que quero que me conteste, non me conteste que está publicado no Boletín Oficial a licitación desa obra, iso xa o sei ou non me importa, a min me importa realmente por que motivo se lle ingresou ese diñeiro e non o devolveron, que eu entendo que pode haber un erro administrativo, por parte de que pode haber un erro no ingreso, pero o que non pode ser é que pasen tres meses e iso non estea resolto, esa é a miña pregunta, ó que quero chegar, ó fondo da cuestión, eu acepto un erro, porque sei que na administración todos cometemos erros, eu son funcionario tamén e podo cometer un erro en calquera momento. Sr. Presidente.- ¿Terminou?. Agora llo aclaro, me di o Interventor que ademais é un erro de Intervención desta casa, polo tanto, eu sei que lle gusta a vostede adornar a situación, e polo tanto non hai máis nada, no caso meu está a actuación, está perfectamente correcta, no caso do concello creo que tamén, sinceramente ó mellor con algún retraso pero nada máis, de que sacaran a licitación pública a obra e punto, ou sexa que non hai que buscarlle peras ó olmo porque non vai a dar peras, polo tanto aí non hai ningunha dúbida. ¿Máis?. Sr. Martínez Giráldez.- Sr. Louzán, ¿como que está correcto?, ¿que me está dicindo?, ¿que agora que sacaron a obra xa non van a devolver o diñeiro? Sr. Presidente.- O que lle estou dicindo é ... Sr. Martínez Giráldez.- ¿Cál vai a ser a fórmula para solucionar o problema?. Sr. Presidente.- Pero como lle gusta embarrar situacións que non teñen ningún tipo de explicación, estalle dicindo o Sr. Interventor, que está aquí ó meu lado, se quere lle poño o micrófono para que lle conteste, que o Sr. Interventor di que foi un erro da administración desta casa e que polo tanto o procedemento está totalmente correcto e que como nos pagos que se fai, nesta casa lle fixeron un pago, porque eu desta situación me entero ademais agora, ou sexa ma traslada o Interventor, fíxese máis coa transparencia que lle estou dicindo como está a situación, que eu por parte, dese tema o único que sei é cando lle preguntamos en relación á súa pregunta que fixo nos medios de comunicación, lle preguntei ó Alcalde ¿que hai disto?, e o Alcalde me dixo, e o comprobamos nós a posteriori, está en licitación no Boletín Oficial da Provincia no día de hoxe, pero despois, aparentemente Intervención lle ingresou indebidamente unha cantidade que non procedía. Vamos a ver, sexamos serios, non sexamos demagogos, porque ó final coa demagoxia non se vai a ningún lado, a transparencia é máis clara, e polo tanto está o Interventor aquí para contestarlle, ¿quere que lle conteste o Interventor?, ¿pois entón?. Sr. Martínez Giráldez.- Pero hai tres meses que foi isto, ou sexa a miña pregunta é, hai tres meses que se detectou ese erro, eu acepto ese erro, o acabo de dicir, hai tres meses que se detectou ese erro e o concello de Ponteareas segue sen ingresar ese diñeiro que cobrou indebidamente. Sr. Presidente.- Pero vostede está ensañado co concello de Ponteareas, quere que ingrese rapidamente home, tranquilo que xa vai a ingresar supoño que non vai a haber ningún problema en que ingrese, e o interventor di que xa está arreglado, e eu xa lle digo eu me entero deste tema ademais hoxe, eu só sabía da pregunta que vostede dixo, non sabía disto, porque sabía que ese tema tiña que ser en todo caso un erro, polo que se me di agora ademais, porque eles agora non a fixeron, porque eu son consciente ademais que non a fixeron, ou sexa que non hai ningunha dúbida. ¿Máis cuestións?, se non teñen máis. D. Pauliño del Río. Sr. Del Río Iglesias.- Ben, rapidamente, gustaríame saber cales foron os criterios de selección e elección do persoal da Deputación na Delegación de Vigo. En segundo lugar, gustaríame que se me contestara, soliciteino hai dous o tres plenos, quero recordar que vostede dixo que me contestaría por escrito e a día de hoxe, salvo erro ou omisión non me chegou a min. Si, que criterios había, ou se había algún criterio para a utilización por parte de todos os grupos políticos desta Deputación das instalacións da sede en Vigo, da Deputación en Vigo. A terceira, é unha pregunta recorrente, que é ¿cando vai o Sr. Louzán a asinar o convenio, o convenio de colaboración co concello de Gondomar polo tema do campo de fútbol de Chaín?. E agora voulle a facer un rogo Sr. Louzán. Mire nunha nota de prensa aparecida o día once de setembro, aparece unha ameaza da Deputación ó concello de Gondomar, a Deputación ameaza a Gondomar con retirar a subvención da piscina, este é o titular de prensa, o expediente administrativo do día anterior é que se nos concede unha prórroga dun ano desa subvención, polo tanto habería que gardar as formas en determinados temas Sr. Louzán, sería bo para vostedes e sería bo para a colaboración entre distintas administracións. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Pauliño, non creo que ese titular o escribira eu nin aparecera entrecomiñado que eu dixen ameaza, non son palabras textuais miñas, supoño que na información que vostede ten non aparecerá así de todas formas. Bueno, revisarei iso e tamén miraremos en todo caso esas cuestións que vostede plantexa para intentar contestarllas coa maior rapidez. D. Emilio González. Sr. González Iglesias. Sr. Presidente eu teño varias cuestións, preguntas presentadas ó longo dos meses anteriores que non aparecen hoxe no Pleno, rógolle simplemente que para o próximo Pleno as traia e mas conteste. Sr. Presidente.- Si, Si. Sr. González Iglesias.- Nada máis, gracias. Sr. Presidente.- Bueno, pois moitas gracias, moi bos días e levántase a sesión. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as quince horas e quince minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. O Presidente, O Secretario, Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. Carlos Cuadrado Romay
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Pleno (Tema)