Fondos
2008-07-23_Ordinaria. Acta de sesión 2008/07/23_Ordinaria
Acta de sesión 2008/07/23_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.43.826/2.2008-07-23_Ordinaria
Título Acta de sesión 2008/07/23_Ordinaria
Data(s) 2008-07-23 (Creación)
Volume e soporte Acta de sesión. 35 follas
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A C T A Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 23 de xullo de 2008 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e cinco minutos do día vinte e tres de xullo do ano dous mil oito, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Julio Alén Montes, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Pauliño Damián Del Río Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. José Amador Eiras Paz, D. Jesús María Fernández Portela, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Emilio González Iglesias, D. Juan A. González Pérez, D. Rafael Lores Rosal, D. Gabriel Martínez Giráldez, Dona María Xosé Méndez Piñeiro, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. José Antonio Olmedo Granja, D. Juan Luciano Otero Besada, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, Dona María Corina Porro Martínez, D. Agustín Reguera Ocampo, D. Severino Reguera Varela, D. Daniel Rodas Chapela, D. Xosé Carlos Silva Mariño, D. José Enrique Sotelo Villar e D. Jesús Vázquez Almuiña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.5712.- ADHESIÓN DO CONCELLO DE CAMBADOS Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN EN MATERIA DE XESTIÓN CATASTRAL ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A DIRECCIÓN XERAL DO CATASTRO Sr.Presidente.- Adhesión do concello de Cambados. Bueno, bos días ante todo, e imos a dar comezo. Como digo o primeiro punto é adhesión do concello de Cambados ó Convenio de colaboración en materia de Xestión Catastral entre a Deputación de Pontevedra e a Dirección Xeral do Catastro. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. O concello de Cambados na sesión plenaria que tivo lugar o día 21 de abril de 2008 acordou solicitar a adhesión do concello ó Convenio de colaboración en materia de xestión catastral subscrito entre a Secretaría de Estado de Facenda (Dirección Xeral do Catastro) e a Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) o 13 de xuño de 2001. Resultando que o concello de Cambados delegou na Deputación Provincial de Pontevedra as facultades de xestión do Imposto sobre Bens Inmobles, delegación aceptada polo Pleno desta Corporación Provincial e efectuada polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL). Considerando que a cláusula décimo quinta do mencionado convenio de colaboración en materia de xestión catastral determina que, unha vez levada a cabo a delegación da xestión do Imposto sobre Bens Inmobles na Deputación Provincial de Pontevedra, entenderase que o concello delegante atópase dentro do ámbito de aplicación do convenio. Visto o acordo do Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), adoptado na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 28 de maio de 2008, polo que se acepta a petición do concello de Cambados, de adhesión ó Convenio de colaboración en materia de xestión catastral subscrito entre a Secretaría de Estado de Facenda (Dirección Xeral do Catastro) e a Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) o 13 de xuño de 2001. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade ratificar o referido acordo do Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), aceptando a adhesión do concello de Cambados ó Convenio de colaboración en materia de xestión catastral. 2.5713.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE SUPLEMENTO AUTÓNOMO PROVINCIAL “INSTITUTO PARA A PROMOCIÓN E EQUIPAMENTO DO SOLO INDUSTRIAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA DE CRÉDITO NÚMERO 1/2008, DO ORGANISMO (IPESPO)” Sr. Presidente.- O punto número dous é a aprobación do expediente de suplemento de crédito número 1/2008, do Organismo Autónomo Provincial IPESPO. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. O Sr. Presidente do Organismo Autónomo “Instituto para a promoción e o equipamento do solo industrial da Provincia de Pontevedra (IPESPO)”, a través de escrito de data 4 de xuño de 2008, propón a aprobación dun expediente de suplemento de crédito coa finalidade de incrementar en 9.849.989,23 euros o crédito da partida 08/882.432.680.02 para realizar gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo “Instituto para a promoción e o equipamento do solo industrial da Provincia de Pontevedra (IPESPO)”, na sesión que tivo lugar o día 18 de xullo de 2008 acordou a aprobación do expediente de suplemento de crédito número 1/2008, por un importe total de 9.849.989,23 euros, coa finalidade de efectuar gastos de inversión en polígonos industriais. Resultando que o expediente de suplemento de créditos número 1/2008 do Organismo Autónomo “Instituto para a promoción e o equipamento do solo industrial da Provincia de Pontevedra (IPESPO)” finánciase con aforro propio procedente do remanente líquido de tesourería para gastos xerais, por importe global de 9.849.989,23 euros. Resultando que no informe de Intervención de data 4 de xuño de 2008, figura que este expediente cumpre cos requisitos previstos na normativa de aplicación, tanto en relación cos gastos que se pretenden financiar como cos recursos que os financian, así como que o expediente respecta o equilibrio orzamentario e expón unhas consideracións en relación á avaliación do cumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria. Considerando o disposto no artigo 177 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, nos artigos 34 a 38 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril e na base 8ª de execución do vixente orzamento provincial, en canto a competencia e tramitación a seguir na aprobación do expediente de suplemento de crédito número 1/2008 do Organismo Autónomo “Instituto para a promoción e o equipamento do solo industrial da Provincia de Pontevedra (IPESPO)”. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría de votos a favor do PP e coas abstencións do PSdeG-PSOE e do BNG, aprobar o expediente de suplemento de crédito número 1/2008 do Organismo Autónomo “Instituto para a promoción e o equipamento do solo industrial da Provincia de Pontevedra (IPESPO)”, por un importe total de 9.849.989,23 euros, que resumido por capítulos presenta a seguinte estrutura: Capítulo 6º Investimentos reais ................................... 9.849.989,23 € Total variacións por capítulos .... 9.849.989,23 € Dito expediente será exposto ó público, para efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. 3.5714.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE SUPLEMENTO DE CRÉDITO NÚMERO 3/2008, DO ORGANISMO AUTÓNOMO PROVINCIAL DE XESTIÓN DE RECURSOS LOCAIS (ORAL) Sr. Presidente.- Punto número tres é aprobación do expediente de suplemento de crédito número 3/2008, do Organismo Autónomo Provincial ORAL. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. O Sr. Director do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) a través de escrito de data 17 de xuño de 2008, propón ó Consello Reitor de dito Organismo Autónomo a aprobación dun expediente de suplemento de crédito coa finalidade de incrementar a dotación económica das seguintes partidas: Partida Denominación Importe 08/861.611.212.00 Reparacións edificios e outras construcións 12.000,00 € 08/861.611.213.00 Reparacións maquinaria, instalacións e ferramentas 13.000,00 € 08/861.611.220.02 Material informático non inventariable 10.000,00 € 08/861.611.221.00 Enerxía eléctrica 18.000,00 € 08/861.611.222.01 Comunicacións postais 400.000,00 € 08/861.611.227.06 Estudos e traballos técnicos 11.000,00 € 08/861.611.623.01 Adquisición maquinaria, instalacións e ferramentas 168.000,00 € 08/861.611.625.01 Adquisición mobiliario e aparellos 57.000,00 € Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), na sesión que tivo lugar o día 18 de xuño de 2008 acordou a aprobación do expediente de suplemento de crédito número 3/2008, por un importe total de 689.000,00 euros, coa finalidade de facerlle fronte ós gastos que aparecen detallados na proposta do Director e que non se poden demorar ata o exercicio seguinte. Resultando que o expediente de suplemento de créditos número 3/2008 do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), finánciase con aforro propio procedente do remanente líquido de tesourería para gastos xerais, por importe global de 689.000,00 euros. Resultando que no informe de Intervención de data 17 de xuño de 2008, figura que este expediente cumpre cos requisitos previstos na normativa de aplicación, tanto en relación cos gastos que se pretenden financiar como cos recursos que os financian, así como que o expediente respecta o equilibrio orzamentario e cumpre co obxectivo de estabilidade orzamentaria. Considerando o disposto no artigo 177 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, nos artigos 34 a 38 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril e na base 8ª de execución do vixente orzamento provincial, en canto a competencia e tramitación a seguir na aprobación do expediente de suplemento de crédito número 3/2008 do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL). O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría de votos a favor do PP e coas abstencións do PSdeG-PSOE e do BNG, aprobar o expediente de suplemento de crédito número 3/2008 do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), por un importe total de 689.000,00 euros, que resumido por capítulos presenta a seguinte estrutura: Capítulo 2º Gastos de bens correntes e servizos ........ 464.000,00 € Capítulo 6º Investimentos reais ................................... 225.000,00 € Total variacións por capítulos .... 689.000,00 € Dito expediente será exposto ó público, para efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. 4.5715.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE SUPLEMENTO DE CRÉDITO NÚMERO 1/2008, DO ORGANISMO AUTÓNOMO PROVINCIAL “ESCOLA DE CANTEIROS DE PONTEVEDRA” Sr. Presidente.- Número catro. Aprobación do expediente de suplemento de crédito número 1/2008, do Organismo Autónomo Provincial Escola de Canteiros de Pontevedra. ¿Votos en contra?, ¿Abstencións?, ¿Votos a favor?. O Sr. Presidente efectivo do Organismo Autónomo Escola de Canteiros de Pontevedra a través de escrito de data 14 de xullo de 2008, propón ó Consello Reitor de dito Organismo Autónomo a aprobación dun expediente de suplemento de crédito coa finalidade de incrementar a dotación económica das seguintes partidas: Partida Denominación Importe 08/844.422.226.06 Reunións e conferencias 35.000,00 € 08/844.422.226.15 Feiras e exposicións 12.000,00 € 08/844.422.227.18 Cursos de formación 30.000,00 € Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Escola de Canteiros de Pontevedra, na sesión que tivo lugar o día 18 de xullo de 2008 acordou a aprobación do expediente de suplemento de crédito número 1/2008, por un importe total de 77.000,00 euros, coa finalidade de facerlle fronte ós gastos que aparecen detallados na proposta do Presidente efectivo e que non se poden demorar ata o exercicio seguinte. Resultando que o expediente de suplemento de créditos número 1/2008 do Organismo Autónomo Escola de Canteiros, finánciase con aforro propio procedente do remanente líquido de tesourería para gastos xerais, por importe global de 77.000,00 euros. Resultando que no informe de Intervención de data 14 de xullo de 2008, figura que este expediente cumpre cos requisitos previstos na normativa de aplicación, tanto en relación cos gastos que se pretenden financiar como cos recursos que os financian, así como que o expediente respecta o equilibrio orzamentario e cumpre co obxectivo de estabilidade orzamentaria. Considerando o disposto no artigo 177 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, nos artigos 34 a 38 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril e na base 8ª de execución do vixente orzamento provincial, en canto a competencia e tramitación a seguir na aprobación do expediente de suplemento de crédito número 1/2008 do Organismo Autónomo Escola de Canteiros de Pontevedra. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría de votos a favor do PP e coas abstencións do PSdeG-PSOE e do BNG, aprobar o expediente de suplemento de crédito número 1/2008 do Organismo Autónomo Escola de Canteiros de Pontevedra, por un importe total de 77.000,00 euros, que resumido por capítulos presenta a seguinte estrutura: Capítulo 2º Gastos de bens correntes e servizos ........ 77.000,00 € Total variacións por capítulos .... 77.000,00 € Dito expediente será exposto ó público, para efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. 5.5716.- APROBACIÓN DEFINITIVA DA CONTA XERAL DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, QUE INCLÚE A DOS SEUS ORGANISMOS AUTÓNOMOS, CORRESPONDENTE Ó EXERCICIO 2007 Sr. Presidente.- O punto número cinco é aprobación definitiva da Conta Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra, que inclúe a dos seus organismos autónomos, correspondente ó exercicio 2007. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Ditaminada favorablemente pola Comisión Especial de Contas, en sesións celebradas os días 21 de maio e 18 de xullo de 2008, a Conta Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra e os seus Organismos Autónomos, correspondente ó exercicio de 2007, ó non producirse reclamacións, reparos ou observacións contra a mesma, durante o prazo regulamentario que estivo exposta ó público, e a teor do disposto nos artigos 116 da Lei 7/1985 de 2 de abril, en concordancia co artigo 212 - 3º do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, O Pleno acorda por maioría de votos a favor do PP e coas abstencións do PSdeG-PSOE e do BNG: - Aprobar a Conta Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra correspondente ó exercicio de 2007, e que a forman a da propia Deputación e a dos organismos autónomos seguintes: Escola de Canteiros, Museo Provincial, Escola Universitaria de Enfermería, Turismo “Rías Baixas”, Caixa de Anticipos de Cooperación, Instituto para a Promoción e o Equipamento do Solo Industrial da Provincia de Pontevedra (IPESPO) e Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), integradas polo balance de situación final (Composición e situación do patrimonio), a conta de resultados económicopatrimonial, o estado de liquidación do orzamento, a memoria, o estado de tesourería e o estado da débeda. Así mesmo incorpóranse certificacións de entidades financeiras cos saldos existentes nas mesmas a favor da Deputación referidos ó fin do exercicio, de conformidade co establecido nas regras 97 a 103 da Orde EHA/4041/2004, de 23 de novembro, polo que se aproba a instrución do modelo normal de contabilidade local. 6.5717.- APROBACIÓN INICIAL DO PROXECTO “INTERSECCIÓN DA EP 9701 BAIÓN-ANDRÁS COA PO-301 (VILANOVA DE AROUSA). EXPOSICIÓN PÚBLICA DO MESMO E DO EXPEDIENTE DE EXPROPIACIÓN. DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA DA OBRA. SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DA DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN. MOTIVACIÓN DA URXENCIA Sr. Presidente.- O punto número seis e aprobación inicial do proxecto “Intersección da EP 9701 Baión-András coa PO-301, (Vilanova de Arousa)”. Exposición pública do mesmo e do expediente de expropiación. Declaración de utilidade pública da obra. Solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación e motivación da urxencia. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. O proxecto “Intersección da EP 9701 Baión-András coa PO-301(Vilanova de Arousa)” que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 114.218,20 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 97.301,65 euros e capítulo de expropiacións nunha contía que ascende a 16.916,55 euros, ten por obxecto a construción dunha glorieta na intersección de ambos viarios que permita regular eficazmente e con total garantía o tráfico rodado e ó mesmo tempo sirva para reducir o índice de sinistralidade existente na zona, ademais de incrementar a seguridade dos peóns nun lugar cunha importante densidade de poboación. Á vista dos informes emitidos polos Servizos de Intervención e de Infraestruturas, advertindo este último da necesidade de acometer canto antes a devandita obra, o Pleno acorda por unanimidade: 1. A aprobación inicial do proxecto “Intersección da EP 9701 Baión-András coa PO-301 (Vilanova de Arousa)” que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 114.218,20 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 97.301,65 euros e capítulo de expropiacións nunha contía que ascende a 16.916,55 euros. 2. A exposición pública do mesmo e do expediente de expropiación que leva por prazo regulamentario, a efectos de posibles reclamacións, entendéndose aprobado definitivamente de forma automática en caso de non producirse as mesmas. 3. A declaración da utilidade pública da obra de acordo co exposto no informe emitido polo Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona e que serve para motivar a urxencia que se pretende dar ás expropiacións. 4. A solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación dos bens e terreos afectados pola referida obra. 5. A motivación da urxencia que se pretende dar ás expropiacións que xera dita obra, en base ó informe emitido polo Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona no que se sinala que “o proxecto Intersección da EP 9701 Baión-András coa PO301 (Vilanova de Arousa)” enmárcase dentro das actuacións que a Deputación Provincial de Pontevedra vén acometendo para o ensanche e mellora da capa de rodaxe da EP 9701 Baión-András, obras que se realizan en dúas etapas: o primeiro tramo Baión-Sixto a piques de terminarse e o segundo Sixto-Baión xa iniciado e moi avanzado. Estes traballos coinciden no tempo cunha actuación similar por parte da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes na estrada PO-301 Pontearnelas-Vilagarcía destinada a incrementar a seguridade viaria. As melloras que se están realizando nestas infraestruturas provocarán un considerable aumento da intensidade de tráfico en ámbalas vías de circulación, de maneira que o perigo na intersección das mesmas -que xa existía anteriormente rexistrándose varios accidentes na zona- verase moi acrecentado. É por iso que para garantir a seguridade viaria na devandita intersección a construción dunha glorieta configúrase como a solución técnica máis adecuada, xa que permitirá regular eficazmente e con total garantía o tráfico rodado e ó mesmo tempo servirá para reducir o índice de sinistralidade existente na zona, ademais de incrementar a seguridade dos peóns nun lugar cunha importante densidade de poboación. Por todo iso e como queira que a obra leva a afección de terreos de particulares resulta imprescindible iniciar un expediente de expropiación forzosa cuxo carácter urxente queda sobradamente xustificado polos motivos antes expostos. 7.5718.- MOCIÓN DO DEPUTADO PROVINCIAL D. JOSÉ ANTONIO OLMEDO GRANJA DO GRUPO PROVINCIAL SOCIALISTA EN RELACIÓN CON OBRAS DE MELLORA NA ESTRADA PROVINCIAL CERQUIDO-BUDIÑO Sr. Presidente.- Punto número oito, moción da Presidencia para a concesión da medalla de ouro da Provincia. Sr. Secretario.- O sete, o sete. Sr. Presidente.- O sete, perdón. Punto número sete primeiro. Moción do Deputado Provincial D. José Antonio Olmedo Granja do Grupo Provincial Socialista en relación con obras de mellora na PO-8250. Ten a palabra D. José Antonio Olmedo. Sr Olmedo Granja.- Bos días señores Deputados, señor Presidente, a moción é moi sinxela e trátase de, digamos que pedimos concluír na maior brevidade posible as obras da mellora da PO-8250 que vai dende o enlace autovía Porriño-Tui ata o barrio de San Blas e polígono industrial de, se denomina plan parcial industrial residencial número sete e a motivación da presentación desta urxencia é o remate da urbanización das últimas parcelas deste polígono que colindan co barrio de San Blas en Porriño. Sr. Presidente.- Ten a palabra José Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Tal e como faláramos na Comisión Informativa, fíxose un estudo sobre o tema, pediuse un informe ós técnicos da casa sobre o tema do tráfico, e aínda que a idea é desvíalo por outro lado, xa hai alí dúas zonas elevadas para que obviamente non pase por alí o tráfico pesado, eu creo que a moción podémola aprobar. O punto un, pois non hai dúbida ningunha, e o punto dous, pois deixalo sen efecto porque xa a intención é, precisamente, desviar todo o tráfico de alí, pero agora mesmo, tomar a determinación de non deixar por alí ós camións pode xerar un pequeno agravio. A nós dende a Deputación, estase pretendendo desviar todo o tráfico por fóra, tanto se estamos de acordo, pois podemos votar a favor. Sr. Presidente.- Moi ben, pois polo tanto procedemos á votación, neste caso da proposta de D. José Antonio Olmedo en relación ás obras de mellora desta estrada provincial. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Infraestruturas e servizos xerais o Pleno acorda por unanimidade aprobar a Moción do Deputado Provincial D. José Antonio Olmedo Granja do Grupo Provincial Socialista en relación con obras de mellora na estrada provincial Cerquido-Budiño. Dita Moción é como segue: “José Antonio Olmedo Granja Deputado do Grupo Provincial Socialista na Deputación Provincial de Pontevedra ó abeiro da lexislación vixente presenta a seguinte Moción diante do Pleno da Corporación en base ós motivos e consideracións seguintes: A Deputación de Pontevedra vén desenvolvendo na estrada PO-8205 na parroquia de Budiño (O Porriño) unha serie de obras de mellora que levan paralizadas dende o ano 2003. O Barrio de San Blas leva sufrindo o retraso das obras e un incesante tráfico que aumenta ano a ano, sobre todo, de camións que se achegan ó polígono. A estrada PO-8250 presenta un estado lamentable de conservación con baches, mal firme, mala sinalización das obras o que fai aumentar a perigosidade da vía que mírase incrementada polos innumerables camións que a transitan. É por todo o exposto con anterioridade polo que presento a seguinte MOCIÓN: Primeiro.- Concluír á maior brevidade as obras de mellora da PO-8250. Segundo.- Limitar o tráfico de camións pola estrada.” 8.5719.- MOCIÓN DA PRESIDENCIA PARA A CONCESIÓN DA “FROIZ” MEDALLA DE OURO DA PROVINCIA Ó GRUPO Sr. Presidente.- Punto número oito. Entón é a Moción da Presidencia para a concesión da Medalla de Ouro da Provincia ó grupo empresarial Froiz. Bueno dicir que, os méritos xa coñecidos, evidentemente, deste grupo empresarial destaca precisamente a súa implantación na cidade propia de Pontevedra, pero en toda a Provincia, incluso en Galicia, deste importantísimo grupo empresarial que neste caso conta con máis de 4.000 traballadores e traballadoras na provincia de Pontevedra, e que precisamente con isto o que se destaca é unha traxectoria dende o ámbito empresarial impecable, nacida e erradicada en Pontevedra e que como digo, creo que merece ese recoñecemento por parte, neste caso desta Institución, así como xa se ten feito tamén por outras. Polo tanto, neste sentido dende esta Presidencia queremos tamén que por unanimidade, se podería conceder, unanimidade de todos os grupos, esta importante medalla que esta Institución concede cada ano. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente, bos días a todos e a todas. Miren podería dicir que nos remitíamos á acta do ano pasado, que acabamos antes e non lle dabamos máis voltas, pero é que vostedes cando no 2004 implantaron así pola porta de atrás estas medallas, pois durante os dous primeiros anos poñíase que sería, por présa ou o que sexa saltáronse os, violentamente o que é os trámites de calquera tipo de distinción. Inxenuamente cremos que era por iso, evidentemente é obvio que non, é obvio que non, é obvio que queren utilizar esta institución para outros fins metendo en líos a todos os grupos e ós propios propósitos, e neste caso chegou o escándalo de que na Comisión estaba a proposta do Partido Popular, despois a retiraron e puxeron proposta da Presidencia, evidentemente alegrámonos moitísimo, alegrámonos moitísimo de que se acorden de darlle algunha distinción a Froiz, nós xa nos acordamos hai moito tempo, hai moito tempo, e propuxémolo no concello de Pontevedra e saíu, peor era unha proposta dun xurado, de todos os grupos, e non unha proposta dun Partido Político que utiliza os premios para a súa rendabilidade absurda, problemática, pero que é o que están vostedes a facer, pero neste caso, igual que no do ano pasado, non temos nada que dicir sobre os méritos dos premiados, só que se violentou sistematicamente os trámites, é unha proposta do Partido Popular que vai a votar o Partido Popular e que está afeando profundamente, afeando profundamente a propia concesión, pero iso é responsabilidade súa, avisados están, se dixo o ano pasado, hai dous anos, hai tres, etc., é obvio que vostedes o fan con premeditación e alevosía, sáltanse os trámites, isto ten que haber unha proposta conxunta, todos os anos fixeron unha reunión da Xunta de Portavoces como mínimo para facer a proposta, que fora conxunta, obviamente non tivo ningunha intención, e polo tanto nós non vamos a entrar en votación. Os méritos deste Señor este grupo político xa os ten recoñecidos amplamente pero en forma, en tempo, en forma, como hai que ser, pero non dende logo en plan sectario e metendo nun lío, ós demais grupos, vamos, ó Pleno da Corporación e ó propio premiado. Nada máis, nos gustaría non darlle máis voltas e si isto se afea parcialmente por culpa da súa actitude pois alá a súa responsabilidade, avisados están, prometeron neste Pleno unha Comisión, un ano tras outro que se ía a cambiar o método, obviamente eran desculpas para saír, o teñen decidido e ben decidido, utilizar esta Institución para partir e repartir premios e que non sexan premios da institución, sexan premios do Partido Popular, alá vostedes. Vostedes avisaron, prometeron que ían a cambiar e non o fan, e non o fan, e non o fan, porque teñen decidido facer outras cousas. Bueno, lamentámolo moito dende logo, e preferimos non ter, non darlle máis voltas, que realmente é un exemplo tráxico de como vostedes utilizan esta institución dunha maneira francamente desafortunada, desprestixiando todo o que fan, moitas gracias. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera, ten a palabra D. José Manuel Figueroa, ¡ah!, bueno, D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si, imos a ver Sr. Presidente, eu creo que na intervención anterior xa dixeron o que pensamos todos deste tema, todos dende a oposición, isto non é novo, o ano pasado volveron a facer o mesmo, e loxicamente o Grupo Socialista o ano pasado abstívose e este ano vaise a abster outra vez, sendo conscientes de que nós politicamente estamos de acordo con esta concesión pero a realidade é que a utilización institucional que fan vostedes da Deputación Provincial leva a estas cousas, é curioso, curioso, pero, por exemplo, cando se dá a elixir un deportista da Provincia participamos todos os grupos, algo coa transcendencia que ten este tema, non hai dereito de participación dos grupos, tamén é curioso, porque dende hai un tempo vostedes para a orde do día do Pleno convocan ós Portavoces, e home, enterarse pola prensa deste tipo de cuestións non parece moi normal, de todos os xeitos como non queremos no fondo afear para nada unha concesión deste tipo, imos a absternos e non imos a intervir máis no tema, poden dicir o que queiran do tema, absolutamente o que queiran, non imos a entrar. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Emilio González. D. José Manuel Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Bos días, é difícil ás veces que se poida entender, polo menos dende o noso grupo, que alguén queira xustificar un enfrontamento cun goberno en base a buscar xustificacións que non existen, porque se acaba de dicir algo hoxe aquí neste Pleno que é mentira, é mentira, a información non saíu á prensa antes de que os grupos políticos xa a coñeceran, é profundamente falso, falso, e aí están os medios de comunicación que o poden saber, tivemos unha Comisión Informativa o mércores pasado onde se plantexou esta posibilidade e a partir de aí se deu conta despois na Comisión, pero D. Emilio, é totalmente falso o que vostede acaba de dicir. É que como vostede non ten xustificación teñen que buscala, é dicir, ó final, mire, o procedemento foi o correcto, é impecable, o goberno ten que facer unha proposta, e ¿a proposta sabe onde a fai?, na Comisión Informativa onde están todos os representantes dos grupos políticos, que a Comisión Informativa supoño que ten máis rango aínda que a Xunta de Voceiros e polo tanto se fai na Comisión Informativa, e se di a proposta que fai o goberno é esta, e vostedes automaticamente como queren estar enfronte do Goberno rexeitan calquera posibilidade de alternativa nin de dicir nin que si nin que non, din que non se pronuncian, ese foi o seu posicionamento, e o que estou contando é certo, verdadeiramente certo, tal cal se produciu, porque senón, collan vostedes os medios de comunicación e a ver se algún medio de comunicación, nalgún medio de comunicación desta cidade, desta provincia se publicou que se ía dar a medalla de ouro da provincia ó Sr. Froiz ou a empresa Froiz, é mentira, polo tanto, claro, non teñen xustificación, ¿como queren vostedes que o fagamos?, ¿en privado?, non, nunha Comisión Informativa onde están representados todos os grupos políticos, e isto é tal cal se produciu, polo tanto esta vez buscaron a xustificación de dicir que non llo comentáramos e que se enteraran pola prensa, eu non sei porque están xustificando, vostedes queren xustificar un enfrontamento co Goberno e están de acordo co fondo, de verdade é que é dun nivel político pero que moi, moi, moi baixo, porque se vostedes se enteraran pola prensa ó mellor aínda podían ter unha xustificación, pero miren esta vez se equivocaron, porque tivemos bastante coidado, fomos bastante coidadosos en que non se filtrara a ningún medio de comunicación esta proposta, polo tanto os primeiros que se enteraron foi a Comisión Informativa, e na Comisión Informativa xa vostedes non quixeron entrar no debate, nin facer propostas alternativas, nin dicir que si, nin dicir que non, querían o lío e o fan sempre, pero bueno alá vostedes, eu creo que a cidadanía tamén se dá conta destas cuestións ¿por que o importante de todo sabe cal é?, que a empresa se merece este premio, que xa algúns recoñeceron esta empresa, e parece unha contradición que algúns recoñecen á empresa e que agora digan que non están de acordo ou que non contan, dende logo o nivel que están demostrando político é bastante baixo, e nós, aí están os medios de comunicación de testigo, é dicir, porque son testigo, é dicir, nos saquen vostedes algún recorte de prensa onde antes de plantexala na Comisión Informativa saíran nun medio de comunicación, miren non queren votar vostedes, non queren estar de acordo co Goberno, queren buscar un lío co Goberno e como non teñen moita máis xustificación porque ata nin iso son capaces, é dicir, dende a oposición a este Goberno pois parece que non teñen vostedes maneira de articular unha crítica coherente e razoable porque non hai motivos, pois o máis mínimo que poden encontrar, é dicir “aquí coidado, alerta, non pasou pola Xunta de Voceiros, saíu ós medios de comunicación antes”, pois ata niso están mentindo e están engañando no seu discurso, vostedes os grupos políticos foron os primeiros en enterarse de cal é a proposta, e dende logo o lóxico é que o Goberno faga a proposta ou a Presidencia, é dicir alguén ten que facer unha proposta, e vostedes tamén poden facela, pero de momento dende esa Comisión ata o día de hoxe, que sepamos non hai ningunha proposta, ningunha alternativa por parte da oposición, polo tanto eu creo que se fixo correctamente e dende logo o que non debería desmerecer a unha empresa tan importante con 4.000 traballadores e unha facturación importante, é unha empresa exemplar nesta provincia, que vostedes afeen este premio, alá vostedes coa súa responsabilidade, coa súa forma de actuar, e dende logo en política non vale todo e se demostra en casos como este. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Mire, esta retahíla, da parte que agora engancha de cando se publicou ou non, levámola escoitando dende que se crearon estes premios, e son os premios da Corporación, non do Goberno, isto se esta convertendo en premios do Goberno. Poño un exemplo, as medallas da Xunta, do Goberno da Xunta, os do Goberno, pero non di que os dá o Parlamento, ben, ou provincia de Pontevedra, o que queira, o que queira, polo tanto, polo tanto o normal é que creen un xurado, unha Comisión que o faga, todos os anos din que o van a facer, si realmente á parte de declaracións ocas que están facendo teñen esa vontade, miren nós estamos dispostos a votarlle a favor se din que para o ano que vén, vai haber un xurado, incluso con persoas alleas, que vai a facer a proposta, porque estamos ano tras ano, ano tras ano, da igual que o votemos a facer, en contra, directo ou circunstancial, dá igual, queren darlle berniz, desexo en Pleno da Corporación o que non é máis que un premio do Partido Popular pervertendo o que é, desvalorizando o que é, se están de acordo en que vaia, pero firmen porque iso xa o prometeron o ano pasado e hai dous anos, como non vamos a votar, se o procedemento fora mínimamente decente a favor desta proposta, igual que a do ano pasado, cando xa dixen antes que xa o temos proposto hai moitos anos para outros premios, pero con xurado que sexa do xurado, proposta do xurado, non proposta dun grupo político porque senón queda parcial e devaluado, se están dispostos a tomar o acordo agora, firme de que vai a haber un xurado con intervención externa ou non, para o ano que vén, que é o que vai a facer a proposta e as propostas se fan alí, nós votamos a favor, senón non participamos nesta, porque home, levámolo advertindo ano tras ano e sempre nos din o mesmo e seguen a facelo, entón aí demostrarían que realmente, bueno pois foi un erro, pero non, estamos convencidos de que non, demóstrenos que foi un erro e nós non temos ningún problema, somos xenerosos, xa o fixemos varios anos e o seguiremos facendo. Nada máis. Sr. Presidente.- D. José Manuel Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Si, Sr. Mosquera, e non hai ningún erro, é que é unha proposta coherente afable, porque é unha proposta da Corporación, non vota un xurado vota a Corporación, os 27 representantes que temos elixidos democraticamente son os que fan a proposta dos premios. Polo tanto, non hai ningún premio, non hai nada que rectificar, todo o contrario ratificar na nosa postura, ¿pero sabe vostede o que pasa Sr. Mosquera?, que o cinismo político dos seus grupos chega a tanto, chega a tanto que vostedes na cidade de Vigo plantexaron unha proposta dos premios con votación, houbo votación e non pasou absolutamente nada, ¿que pasa, que para vostedes a democracia vale nuns lugares e noutros non vale?, mire, o Goberno si que é o que ten que facer a proposta, para iso é o Goberno, para iso é Goberno, e vostedes poden presentar as alternativas que consideren oportunas, non presentan ningunha, vostedes queren a confrontación e punto, se a vostedes lle dá igual, se dá igual que sexa Froiz, que sexa quen sexa, vostede quere a confrontación co Goberno, polo tanto non temos nada que rectificar, absolutamente nada, todo o contrario, creo que é o correcto, ¿Onde se plantexa esta proposta?, na Comisión Informativa, non se plantexa nos medios de comunicación, nin se dá por feito nos medios de comunicación, hai unha proposta evidentemente do Goberno que é o que ten que facela, e pode asumir a Corporación ou podemos discutila, se vostedes naquel momento, plantexan e nos din, é que consideramos que esta empresa non é a correcta, por isto, por isto e por isto pois ó mellor o Goberno rectificaría e buscaría unha proposta de consenso, pero vostedes non queren o consenso, ¿que queren vostedes?, ¿que a proposta da Corporación a faga un xurado?. É que non ten ningún sentido, somos os 27 que estamos aquí quen temos a obriga e temos o compromiso de facer, de entregar eses premios, e de dar eses premios, e así o facemos, e así o facemos Sr. Mosquera, é que non sei por que agora buscar esta liorta, ¿queren buscala?, pois afeen vostedes os premios, será responsabilidade do Bloque e do Partido Socialista, non nosa, non nosa, porque nós fixemos a proposta na Comisión Informativa, e se vostede me saca só un recorte de prensa ou un medio de comunicación onde esa proposta foi feita antes da Comisión Informativa, nós estamos dispostos a rectificar, pero como non foi así, porque coidámonos moi ben de que esta vez non sucedera o de anos pasados, pois levámola a onde a temos que levar, ¿que diferencia hai de levala a unha Xunta de Voceiros ou a unha Comisión Informativa?, ningunha, pero vostedes tan pronto como escoitaron a proposta xa se escudaron e dixeron, non nos pronunciamos, bueno, pois alá vostedes coa súa responsabilidade e volvo a repetir, esperemos que actúen igual en todos os lados, estes son os premios da Corporación, da Corporación Provincial, non son os premios de ningún xurado, aquí non estamos buscando a puntuación de ningún xurado nin ningunha cuestión, estamos buscando os que os grupos políticos da Corporación decidimos que consideramos que son as persoas idóneas para entregarlle uns premios da Corporación Provincial, que representamos a toda a nosa provincia, e punto, e non hai máis, e non cometemos ningún erro, xa digo o próximo ano volveremos a facelo igual, exactamente igual, o Goberno tomará a decisión e dirá hai esta proposta, ¿vostedes teñen alternativa?, as estudamos, e se teñen alternativa pois recollemos, se hai alguén que mellora o que temos pois evidentemente é lóxico que poidamos rectificar, senón non o imos a facer, polo tanto xa lle anunciamos que non é só que non cometamos ningún erro, é que nos ratificamos todo o que fixemos durante este ano, o ano pasado seguramente houbo algunha filtración, este ano como non a houbo a actuación do Goberno e do Presidente é impecable. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Dona María Méndez. Sra. Méndez Piñeiro.- Mire, só por excepcionalidade, e porque se mencionou Vigo, e porque fai anos que hai vigueses distinguidos, e a medalla de ouro da cidade se está dando en Vigo, e porque o Sr. Figueroa e o grupo do Partido Popular estiveron no poder, saben perfectamente que non é exactamente como dixo, non é o que dixo o Sr. Figueroa, non é certo que se faga como nesta Corporación, como nesta Deputación, como se entrega a medalla de ouro da Cidade, alí se poñen de acordo, primeiro os voceiros, van varias propostas, ¡eh!, nos poñemos de acordo entre os voceiros e se transmite ós diferentes grupos, aprobamos entre os grupos e logo se eleva ó Pleno, pero previamente hai acordo, e sempre houbo acordo, e isto é como se trata, sempre foi así, que eu saiba. Sr. Presidente.- Moitas gracias Dona María Méndez. D. José Manuel Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- A Sra. Méndez omite un dato importante, cando eles quixeron facer unha proposta, colleron o BNG e o Partido Socialista e como tiñan máis votos que o Goberno fixeron a proposta e gañaron a votación, e eles elixiron os que unilateralmente lle deu a gana, é dicir, sen contar co Goberno, porque o Goberno non estaba de acordo, polo tanto Sra. Méndez sabe vostede que iso non é certo, vostedes como tiñan os votos, fixeron unha proposta votaron e gañaron, e nós tivemos que entregarlle uns premios a uns colectivos que evidentemente defenderon vostedes, polo tanto punto, e asumimos democraticamente, o asumimos, asumimos democraticamente que non tiñamos os votos suficientes para darlle os premios ós que nós queríamos, polo tanto iso é o que eu quería dicir, polo tanto aquí non hai ningún problema, se vostedes están de acordo voten, e senón están de acordo dígano, pero non utilicen o cinismo, é dicir, estamos de acordo pero as formas, ¿que formas?, as formas son impecables, volvo a repetir, mire, non só foron a unha Comisión, senón que foron á Comisión Informativa correspondente onde están todos os representantes dos grupos políticos, e iso é o que fixo este goberno, polo tanto vostedes gañaron unha votación, a gañaron democraticamente, e nós asumímola e entregamos o premio e non pasou absolutamente nada, é dicir, polo tanto acepten vostedes que o Goberno desta Deputación pode facer unha proposta, ¿pero entón quen vai a facer a proposta?, ¿que a van a facer?, todos vostedes saben que hai premios, presenten por rexistro algunha proposta, a día de hoxe o Rexistro non tivo ningunha proposta feita por vostedes para nada. Sr. Presidente.- Dona María Méndez. Sra. Méndez Piñeiro.- En toda a historia da entrega da medalla da cidade só un ano non se estivo de acordo e se refire vostede á memoria histórica que o Partido Socialista e o Bloque Nacionalista Galego queríamos dar un ano de vinte, creo de dezaoito que levamos dando, sempre foi por unanimidade, falado democraticamente e acordados todos os grupos democraticamente, non como se está a facer aquí. Sr. Presidente.- Bueno, moitas gracias Dona María Méndez. Se falamos de democracia imos a dala por ben entendida, pero eu me alegro e creo que, e eu quero invitar a todos a traballar e a distinguir ós traballadores da provincia de Pontevedra, pero me alegro neste caso Sr. Mosquera que rectifique, que rectifique nesa dirección, primeiro dixo unha cousa e logo dixo que estaría disposto, que é o máis normal, que vostede este disposto e o seu partido a votar a favor de algo que vostede sabe que precisamente eu creo que nadie pode discutir esta concesión, no sentido que creo que é acertada. Pero, Sr. Mosquera, teño que dicirlle de verdade que vostede cre que aínda está na oposición, é certo que aquí está na oposición pero están gobernando tamén. Eu teño un papel diante meu, porque o problema é que ás veces hai que acudir ós documentos, ¿verdade?, di a medalla de ouro de Galicia 2008, medalla de ouro de Galicia, non de ningún goberno, eu lle pregunto a vostede con quen foi consensuada a concesión desta medalla, ¿con quén?, ¿foi consensuada con alguén esta medalla de ouro de Galicia?, que podemos estar de acordo tamén con ela, por favor, o problema é que vostedes cren que aínda seguen na oposición Sr. Mosquera, ¡eh!, ou coma os premios que concedeu a Consellería de Cultura fai pouco tempo, Sr. Mosquera, ¿quere que falemos diso?, por favor, por favor, sexamos minimamente coherentes co que facemos e non digamos unha cousa e fagamos a contraria, sexamos minimamente coherentes e o exemplo o teño aquí na miña man, este documento que teño na miña man, vostedes forman parte do goberno de Galicia, e aquí di medalla de ouro de Galicia, non do Goberno, ¿vale?, home, por favor, sexamos minimamente sensatos e serios e non sigan instalados constantemente que están na oposición, porque sei que teñen que facer de goberno e de oposición ó mesmo tempo, pero hai que ser minimamente serios e sensatos, e no caso que vostede dicía, que xa lle recoñeceron tamén ese labor a este empresario, que creo que a ten máis que merecida, ese recoñecemento a todo un labor, pois tamén nesta Deputación e este grupo político concretamente, aínda a propuxo non fai moito tempo para ser neste caso representante dunha parte da Corporación en Caixanova, dunha parte da Corporación en Caixanova e xa o propuxo hai catro anos tamén, polo tanto niso non hai ningunha dúbida nin dos méritos, que vostedes, e todos os que estamos aquí lle queremos dar a este empresario. Agora, o que lle digo a vostede é que hai que ser minimamente coherente, o problema claro, é que ás veces como xa se dicía por aí non hai memoria, pero si hai papeis, pero os papeis falan claramente do que poden dicir un e máis outro, polo tanto lle pido coherencia e lles invito a todos a que traballemos, neste caso, distinguir a aquelas persoas que creo que se merecen o recoñecemento de todos, porque ademais creo que tiveron unha acertadisimo labor no seu eido profesional. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, Sr. Presidente, dende logo a falta de rigor nesta casa, nestes debates, que é altamente preocupante, sei que vostedes saben que do barullo, dicindo, terxiversando todo, cren que deben gañar algo, díxeno antes, se a Comisión de Goberno desta Deputación dera os premios alá ... punto. ¿De acordo?. Se a Consellería de Cultura dá os premios, nomean un xurado, pois foi a Consellería de Cultura, pois foi a Consellería de Cultura que o nomea, ¿vale?. Polo tanto faríao ben ou mal, pero foi a Consellería de Cultura, ninguén se pode acordar que foi o Parlamento de Galicia nin foi a Corporación que sería equivalente, ¿vale?. Se a medalla de ouro a dá a Xunta, pois a dá a Xunta, o Goberno da Xunta non o Parlamento, ¿vale?. Faríano ben ou mal, pero o fixo, pero o fixo a Xunta, pero non cambian o regulamento e din, queremos dar a nosa proposta dentro da Xunta de Goberno, e lla dan e chámana medalla de ouro da Provincia e lla dan, punto. Pero non estean aquí de comparsas de que veñen cunha proposta que se fai unha en contra, publicamente se está afeando e non lle facemos a da Corporación, queren pasalo pola Corporación, é obvio, claro que si, e se o Deputado de Vías e Obras quere dar o asfalto de ouro, e llo quere dar el, llo dá e bueno, nos gustará ou non, pero bueno non nos veña aquí e diga voulle dar o asfalto de ouro a vostedes porque me dá a gana, e senón quedan mal, non nos metan neses líos, que iso precisamente é o que queren facer, caramba, iso é intencionado e premeditado, iso é intencionado, a ver se nos aclaramos, é como se chegamos, falan vostedes da Xunta, sempre falan por arriba e por abaixo, nomean ós concellos e á Xunta, parece que a Deputación para vostedes non existe, sempre teñen que recorrer a outro lado, entón a ver se queda claro dunha vez, vostede quere que se dea un premio, quere o Partido Popular, á parte a moción é do Partido Popular, queren darlle un premio a quen vostedes propoñen co aval da Corporación, e iso é profundamente incorrecto, a proposta nos honores e distincións pódea facer quen lle dea a gana pero a proposta conxunta, oficial, que vén aquí debe ser ou dos tres grupos ou dun Xurado, e iso é así en todos os lados, agora xa digo calquera de vostedes se quere darlle ou en Pontevedra, pois eu quero dar ordenación do territorio de bronce, bueno pois o invento e o fago, agora o que non vou a pedir á Corporación que diga, agora apláudame o que eu decidín, non, iso é incorrecto, as propostas deste tipo de honores e distincións veñen de propostas conxuntas e se queren que sexa unha proposta da Corporación, iso sucede en todos os Parlamentos, en todas as Corporacións, se a proposta é dun goberno, aquí da Xunta de Goberno, bueno, pois alá vostedes, diríamos nos parece ben, nos parece mal e punto, e tanto é así que eu estou profundamente contento deste debate porque nos anos anteriores non quixeron ensinar as súas cartas, dixeron si, non hai problema, agora falamos os portavoces e facemos alí a proposta e sacámola conxunta e ó ano seguinte igual, este ano é obvio que nos estiveron enganando, porque ¿que problema teñen?, imos a ver que máis quixéramos nós, o ano pasado era Pescanova creo, que máis quixéramos nós, que que fora unha proposta conxunta e me dá igual que a anunciara antes que a proposta inicial, que na cita foran vostedes ou que sexa, e votar a favor, pero se nós a propuxemos para o premio Cidade de Pontevedra, e se propuxo nun xurado que ó final o xurado asumiu a proposta e foi a proposta que foi á Corporación porque o dá a Corporación, iso é o procedemento, vostedes están, o asunto é porque temos que, estamos, que estar discutindo porque ó final se embarullan os méritos do premiado que vostedes propoñen, que o problema é de forma que é o queren vostedes, é obvio que o quere, ¿por que non llo dá vostede?, ¿por que non lle chama medalla de ouro da provincia, cambia o nome, que ten maior nidio?, o Presidente dállo a quen lle parece ben, punto, dállo vostede e nós diremos nos gusta, llo dou ou non, pero non nos faga votar, non faga participar en comparsas, en algo de honores e distincións que non é un punto da orde día ordinaria e de xestión, é de honores e distincións desta casa, desta Corporación, modifique doutra maneira, non sei se é posible, imposible ou non, pero é así, eu creo que este debate está absolutamente agotado, xa se deu hai dous anos, hai tres anos, o único novedoso é que este ano vostedes ensinan a pata claramente, ou sexa, queren facer unha proposta e queren que a proposta se embarulle. Hai unha vantaxe niso, hai unha vantaxe niso, que tamén o vou a recoñecer, que é que teñen que intentar saír ..., entón, digamos que a quen lle gustaría, ¿verdade?, para recoñecerlle méritos no partido etc., pois tense que emitir porque entón pódese quedar moi mal, dado que non era unha proposta conxunta, é unha das desvantaxes que ten, esta saíndo relativamente ... Nada máis. Sr. Presidente.- Sr. Mosquera, vostede segue anquilosado no pasado, e polo tanto non avanzou e considera que está aínda na oposición, mire, pero eu os invito de todas maneiras a que participen e rectifiquen dalgunha maneira en algo que é coherente e serio, e ¿a única gran diferencia sabe cal é?, medalla de ouro da provincia de Pontevedra, medalla de ouro de Galicia, a medalla de ouro de Galicia consensuouna pois supoño que o Sr. Presidente, non sei se coa parte do Bloque ou non, pero no caso da medalla de ouro da Provincia que exactamente igual, da provincia de Pontevedra, pois falada previamente cos grupos da oposición, falada, unha proposta do Partido Popular, que xa llo reiterou o portavoz, o portavoz lle dixo que con vostedes falou, con vostedes falou cunha proposta antes de saír nos medios de comunicación Sr. Mosquera, non utilicen a demagoxia, non utilicen a demagoxia Sr. Mosquera, non utilicen a demagoxia, a única diferencia que hai é que esta non foi consensuada con ninguén, esta foi unha decisión evidente do Goberno, pero pon medalla de ouro de Galicia e a outra pon medalla da provincia de Pontevedra, é a única diferencia, polo tanto ¿como se fixo unha e como se fixo outra?. Pois se fixo así, exactamente, nós previamente antes de traela aquí ó Pleno, foi falada con vostedes, no caso do Partido Popular de Galicia que segue sendo o partido maioritario en Galicia o que lle chegou foi a invitación, igual que na Deputación de Pontevedra, chegoulle a invitación para asistir como é, pois preceptivo e normal, evidente, pero vostedes agora aquí pois para enmascarar e para buscar desculpas pois teñen que dalgunha maneira buscar este tipo de tal. Sr. Mosquera non hai máis debate neste tema, está máis que debatido e polo tanto este tema se vai a proceder á súa votación, cada un dixo o que creía conveniente neste tema e creo que neste sentido, polo tanto non vai a haber máis debate porque xa está perfectamente debatido este asunto. Polo tanto imos a proceder á votación neste caso. D. Emilio González vostede xa dixo que non ía a intervir máis neste tema, polo tanto este tema está suficientemente debatido, non hai máis intervencións neste tema. ¿Cal é a cuestión de orde?. Sr. González Iglesias.- Eu dixen que non ía a intervir no punto, non vou a intervir sobre o punto, para nada, vostedes serán responsables se recordan o que plantexaron hai dous anos ou non, e se pediron desculpas ou non, e serán responsables vostedes, o que non lle admito é que minta na súa intervención, o último que dixo vostede é mentira, mentira, e sábeo, non houbo ningunha consulta previa ós grupos, non é certo, punto. Sr. Presidente.- D. Emilio González, non hai máis uso da palabra, non se poña así que con esa cara non dá a sensación do que realmente é, está realmente mentindo, si, é certo que minte vostede, porque o Sr. Portavoz, o Portavoz do Partido Popular estivo no meu despacho previamente, antes de reunirse cos portavoces neste caso do Partido Socialista e do Bloque Nacionalista Galego, iso si é verdade, non imos a discutir máis, se termina o debate e non imos a discutir máis, de mentir vostedes saben bastante diso, de mentir vostedes saben bastante, saben bastante de mentir, non imos a entrar nese tema que de mentir saben vostedes bastante, teñen largo carrete, largo carrete, e non se poña así con esa cara como si, realmente vostede está mentindo, non. Eu podo preguntarlle que eu son testigo, antes de reunirse con vostede e co Sr. Portavoz do Bloque, que si que é verdade, polo tanto non se poña así con esa cara de susto, de susto, que habitualmente nos ten acostumados, porque non é verdade, e xa estamos cansados evidentemente desa cantareira, polo tanto imos a proceder á votación porque creo que é moito máis importante que calquera discusión ou calquera reglamento que vostedes... Votación, neste caso, do punto oito, da concesión, que alguén intenta afear, pero creo que ten máis que merecida neste caso e polo tanto imos a proceder á votación do mesmo. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Réxime Interior e Persoal, o Pleno acorda por maioría de votos a favor do PP e coas abstencións do PSdeG-PSOE e do BNG, aprobar a Moción da Presidencia relativa á concesión da Medalla de Ouro da Provincia ó Grupo “FROIZ”. Dita Moción é como segue: “De conformidade co disposto nos artigos 2º e 3º do vixente Regulamento de Honores e Distincións teño a ben propoñer á Comisión de Réxime Interior e Persoal a seguinte Moción: CONCESIÓN DA MEDALLA DE OURO DA PROVINCIA Á EMPRESA “FROIZ” O grupo Froiz ten o seu punto de arranque no ano 1968. É en 1970 cando Magín Alfredo Froiz Planes faise co traspaso dun pequeno supermercado da rúa Cobián Roffignac da cidade de Pontevedra. Tiña 26 anos cando se fixo cargo deste pequeno supermercado que empregaba daquela a 12 persoas. Tras 40 anos de existencia, ese supermercado matriz sufriu unha reforma integral a finais de 2003 converténdose hoxe en día nun hipermercado urbano de 4.400 metros cadrados e parking subterráneo. A firma pontevedresa Distribuciones Froiz está fortemente asentada no mercado galego da distribución alimentaria. De feito, na actualidade sitúase entre as vinte primeiras empresas do sector a nivel nacional e na segunda no ranking da Comunidade de Galicia con capital enteiramente galego. Dende os seus inicios no ano 1968, por parte do seu actual xerente Magín Alfredo Froiz Planes, Distribuciones Froiz creceu sen perder de vista a súa máxima comercial de servizo ó cliente, de aí o seu lema: “Siempre a su servicio”. A firma forma parte da primeira central de compras de España: Euromadi Ibérica e cumpre este ano 40 anos de existencia. En 2007 facturou 460 millóns de euros netos, dá emprego a 3.900 profesionais e conta con máis de 240 puntos de venda entre tendas propias e establecementos en réxime de franquicia. Existen centros Froiz en Castela, Castela A Mancha, Castela-León, norte de Portugal e neste ano por vez primeira na Comunidade de Madrid. Froiz é unha empresa comprometida co seu entorno social e económico máis directo. A empresa apoia economicamente aqueles proxectos deportivos, culturais, educativos, lúdico-festivos, así como aquelas iniciativas parroquiais, veciñais, escolares ou administrativas que se desenvolven ó longo e ó ancho das zonas xeográficas onde existe algún centro Froiz. Dende a década dos anos 80 Froiz posúe un equipo ciclista propio, Super Froiz. O labor de apoio ó deporte esténdese tamén ó deporte base e ó escolar. En canto a equipos profesionais, Froiz axuda tempada tras tempada a clubs galegos tales como o Pontevedra C.F. ou á Sociedade Deportiva Teucro, entre outras. Consciente da necesidade de proxectar a imaxe de Galicia ó exterior, Froiz comprometeuse coa Comunidade Autónoma Galega en todos aqueles eventos culturais máis destacados dos últimos anos. Forma parte do Padroado da Fundación Galicia-Emigración dende o seu nacemento. Froiz solidarizouse coas xentes do mar e os miles de voluntarios doando todo tipo de material e produto alimenticio que nos solicitaron. Son moitas as ONGs, que pasan polo almacén central de Froiz cada ano a recoller lotes de produtos para levar ás expedicións. O apoio maniféstase con colaboracións coas APAS de colexios, pequenas produtoras de cine e rapaces estudantes con proxectos culturais de toda índole. Ademais forma parte do Padroado do Pazo da Cultura de Pontevedra financiando a súa programación sociocultural. O seu apoio tamén se estende a aquelas actividades que organizan distintas parroquias, concellos e comunidades de festas con pequenos donativos para que os seus programas se leven a cabo co mellor resultado. Por conseguinte, proponse ó Pleno da Corporación Provincial a concesión da Medalla de Ouro á Empresa “Froiz”.” 9.5720.- MOCIÓN DA PRESIDENCIA SOBRE A CREACIÓN PROVINCIA DE PONTEVEDRA DUNHA FACULTADE DE ENOLOXÍA NA Sr. Presidente.- Punto número nove. Moción da Presidencia sobre a creación dunha facultade de enoloxía na Provincia de Pontevedra. Ten a palabra D. José Balseiros. Sr. Balseiros Guinarte.- Gracias Sr. Presidente. Bos días señoras e señores Deputados. “O Grupo Provincial do Partido Popular de Galicia (PPdeG) na Deputación de Pontevedra, en base á lexislación vixente, presenta diante do Pleno da Corporación Provincial esta moción para crear unha Facultade de Enoloxía na provincia de Pontevedra. 1.- A denominación de orixe Rías Baixas é a maior produtora de viño de Galicia, a que ocupa a máis viticultores, a que dispón de maior número de bodegas, a que conta coa maior superficie de cultivo e a que xera maior volume de venta de viño, en litros, e, en consecuencia, a que xera máis exportacións. 2.- Os datos comparativos das cinco denominacións de orixe de viños galegos falan por si solos. Na de Ribeira Sacra, a produción en quilos é de 4.533.000, na de Monterrei de 1.303.000, na de Valdeorras 4.853.734, na de O Ribeiro 12.815.000 e na de Rías Baixas 18.736.895 quilos. O número de viticultores que ocupan é, respectivamente, de 2.870, 621, 2.024, 6.022 e 6.511 na DO Rías Baixas. O número de bodegas de cada unha, respectivamente, é de 102,720, 1.351, 2.731 e 3.500 na DO Rías Baixas. O número de hectáreas de cultivo, tamén respectivamente, é de 1.222, 720, 1351, 2.731 e 3.500 na DO Rías Baixas. En canto ás ventas en litros os datos son, respectivamente, 2.852.001, 547.500, 3.498.198, 9.700.000 e 17.410.032 na DO Rías Baixas. Finalmente, o volume de exportacións é do 10% (285.000) na Ribeira Sacra, o 10% (54.750) en Monterrei, 121.160 en Valdeorras, sen datos en O Ribeiro e 3.278.937 na DO Rías Baixas. 3.- Doutra banda, a DO Rías Baixas ocupa a 200 entre enólogos, técnicos de bodega e técnicos de viticultura e conta con 20 empresas adicadas profesionalmente a prestar diversos servizos en viticultura e enoloxía. 4.- Finalmente, como é sabido, ó longo dos últimos anos, o sector vitivinícola sufriu en España unha importante transformación e profesionalización. En Galicia, esa transformación foi substancial e, en concreto, na provincia de Pontevedra, o sector está en constante auxe. Nalgunha Comunidade de España, o sector estase a regularizar a través da creación de centros de ensinanza a nivel medio ou superior, algo que levou á creación de sete Facultades de Enoloxía ó longo da xeografía española e de diversos centros de ensino medio. En Galicia, na actualidade, o único centro de FP que imparte as devanditas ensinanzas é o de A Granxa, en Ponteareas, o que, a todas luces, resulta insuficiente para atender a gran demanda existente nun sector cada vez máis puxante. Polas anteditas consideracións, sometemos ó Pleno da Deputación de Pontevedra esta moción para que se adopten os seguintes acordos: - Que a Deputación de Pontevedra inste á Universidade de Vigo e á Xunta de Galicia para que creen unha Facultade de Enoloxía na provincia de Pontevedra.” Sr. Presidente.- Moitas gracias, D. José Balseiros. ¿Algunha intervención?. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Xa anunciamos o noso voto, xa o fixemos en Comisión, pero dados os antecedentes e o texto da Comisión creo, creo que non sobran algunhas matizacións. Primeira, a exposición de motivos é profundamente desafortunada porque tantos datos quere dar que ó final estropea, porque resulta que quere dar tantos volúmenes, entón parece que na provincia de Pontevedra hai menos volume que noutras se sumamos, entón sobraba, eu creo que sobraba e é desafortunada. En segundo lugar, din que hai un problema, claro, claro, por parte desta casa, de credibilidade nestes asuntos, porque está moi ben demandar a outras administracións pero esta casa tamén ten os seus recursillos, os seus recursillos e eses son os que brillan pola ausencia, nin se adquiriu nin se cumpren compromisos existentes dende hai tempo coa Universidade nin para o tema que nos ocupa se fai ningunha mención ó compromiso desta casa de implicarse neste asunto, co cal pois parece que a oportunidade desta moción é a única e exclusivamente de montar certo barulliño, certo barulliño, porque cando parece que hai a decisión de dotar de tecnoloxía na provincia de Pontevedra, entón entramos, esta moción me parece, e polas declaracións públicas, parece que é a guerra se é unha Facultade ou non é unha Facultade, sen entrar a valorar cuestións técnicas bastante complexas, bastante complexas, hai que ter o soporte, o custe e incluso o funcionamento das Facultades para optar por unha vía ou outra, ¿non?, o fundamental é ¿que estudos de enoloxía de rango superior no ramo universitario pode haber e cales poden funcionar?. Iso de demandar que haxa algúns, cales poden funcionar mellor, pois me parece que é algo bastante técnico, bastante técnico, e bastante difícil de avaliar e moito menos por esta Corporación. Ben, con esas precisións entendido, se solicita a Facultade de Enoloxía, nós entendemos que pode ser unha das opcións, como outras opcións, para que o obxectivo sexa que haxa realmente uns estudos superiores de enoloxía na provincia, e que funcionen, ¿verdade?, e que funcionen canto antes, pois imos a votar a favor. Sr. Presidente.- Moitas gracias. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Non é a primeira vez que este tema se plantexa na Corporación, na outra ocasión que plantexou fixemos, votamos a favor e loxicamente desta vez imos a seguir votando a favor. Simplemente hai unha cuestión que me chama a atención e é que se o Sr. Presidente le a orde do día aparece Moción da Presidencia sobre a creación dunha Facultade de Enoloxía na provincia de Pontevedra. Si o Sr. Presidente escoita a intervención do voceiro do Partido Popular neste tema, estaba falando do grupo do Partido Popular, aquí foi onde houbo o erro, é dicir, vostedes levaban a unha Comisión Informativa este asunto como Moción da Presidencia e a outra Comisión Informativa diferente a mesma Moción pero do Partido Popular, non sigan confundindo o seu papel nesta institución, é diferente, O Sr. Presidente é Presidente do Partido Popular e é Presidente da Deputación pero moitas veces a verdade é que se confunde os papeis, nada máis. Sr. Presidente.- Don José Balseiros. Bueno antes de nada, antes de darlle a palabra dicir que me acaba de comentar o Secretario que en todo caso é un erro de Secretaría non vontade política de ningún partido, polo tanto mo traslada neste sentido o propio Secretario. A ver, D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si, o ponente nos pasa o texto que acaba de ler verá que el dixo claramente, falaba do grupo do Partido Popular, é dicir, había dúas, a Moción da Presidencia e a Moción do Partido Popular, non utilice como desculpa ós funcionarios home. Sr. Presidente.- Xa nos coñecemos home, xa nos coñecemos, por favor. Sr. Balseiros. Sr. Balseiros Guinarte.- Gracias Sr. Presidente. Bueno, Sr. Mosquera, eu realmente non esperaba que realmente vostede aprobase o que nós dicimos aquí e moito menos o que di este humilde e novato Deputado, doulle a razón no de que realmente hai moita falta de rigor nos debates, pero vostede tamén aguante a súa vela, cada pau que aguante a súa vela. Mire, eu os datos que dei, que mencionei aí, son os que figuran na páxina da Consellería de Agricultura da Xunta de Galicia, púidenos dar máis ou menos atropelados e ó mellor vostede non foi capaz de entendelos. Tamén cando fala moito e tanto, cústame verdadeiramente seguirlle o fio, entón pídolle desculpas e noutra ocasión fareino moitísimo máis despacio, pero en calquera caso os datos son os que dá a Consellería de Agricultura, en canto ó que menciona desta casa de posicionarse esta casa, mire, nós temos claro que fai falta a Facultade de Enoloxía para Galicia, pola importancia que ten o sector do viño economicamente, socialmente, estratexicamente, etc., pero claro, reclamámola para a provincia de Pontevedra en base ós datos que facilitamos anteriormente e tamén porque é a nosa obriga traballar e loitar polos intereses dos cidadáns da provincia de Pontevedra como nos corresponde a nós. Sr. González, a Moción, a proposta faina o Presidente, pero o que a elabora é o Grupo Popular, o Grupo Provincial do Partido Popular e o que ten claro que fai falta esa Facultade como xa as hai no resto de España, se cadra non dei os datos suficientes pero hai Facultades de Enoloxía, por exemplo, en Orihuela, en Valencia, seguro que estamos de acordo que a importancia do sector do viño en Galicia non ten nada que ver co de Valencia ou en Extremadura, e por certo en Castilla y León, en Valladolid, xa hai unha Facultade hai máis de dez anos, eu creo que é hora de que nos poñamos ó día e que nos poñamos de acordo para solicitar todos conxuntamente esa Facultade, ¿estamos de acordo ó principio?. Vale, pero o caso é enredar e o caso é buscar sempre unha mala interpretación, e o caso é votarlle a culpa ó Partido Popular, ó Grupo de Goberno. Mire, nós témolo moi claro, absolutamente claro, de que fai falta esa Facultade, de que é necesaria, de que será un revulsivo para o sector do viño, de que mellorará substancialmente dende a produción ata a calidade e incluso as exportacións. Mire, e non o dicimos nós só, non o dicimos nós, mire, a Asociación Empresarial do Viño de Galicia, di públicamente que o valor estratéxico do sector do viño de Galicia e o valor desta actividade para o desenvolvemento do medio rural e a protección do medio ambiente na nosa Comunidade é extraordinario. Mire, no Vigo metropolitano.com, dise, en marzo do 2007, “del vino en Galicia viven muchas más familias que de la Citroën”, estamos de acordo con Citroën por suposto. O Xornal.com, o 18 de febreiro do 2008, di “que Suárez Canal, o Conselleiro de Medio Rural di que o seu departamento pretende tratar a reconversión e reestruturación do viño e mellorar a estrutura produtiva, comercial e de promoción da calidade”. Que mellor que poñendo en funcionamento unha Universidade, unha Facultade de Enoloxía. Mire, Galicia para PYMES, di, o 18 de marzo de 2008, tamén recolle unhas intervencións de Suárez Canal na que reproba a repartición realizada polo Estado do viño por non ser xusto e proporcionado, xa que a viticultura galega supón o 10% do emprego en denominacións de orixe e representan o 32% das exportacións do Estado. O 26 de marzo do 2007 a Presidenta do Parlamento di, en Ourense, “A importancia do sector vinícola galego, que cualificou como o noso mellor embaixador no exterior, é un dos compoñentes fundamentais da gastronomía da cultura da Comunidade Galega. Ademais Villarino sinalou que o viño e a uva representaban a vanguardia da modernización e valorización integral do medio rural. As Universidades, xa lle dixen que había máis de sete no territorio español, e tamén sabemos que, -moitas grazas Sra. Deputada, eu estou tratando de poñerlle rigor ó debate que reclamaba o Sr. Mosquera, vostede non ten obriga de atender, eu soamente trato de poñer rigor con datos, vostedes poden opinar e dicir o que queiran loxicamente-. Miren, nós tamén xa sabemos que para implantar unha carreira ten que abrirse o mapa de novas titulacións, que está previsto que se faga no 2010 e no 2011. E sabemos tamén que para implantar unha carreira fai falta un mínimo de corenta alumnos, pero tamén sabemos, porque o día así a páxina da Universidade de Galicia, que aínda que o documento que recolle só “durante este período se adaptara o mapa ó actual espazo europeo”, tamén contempla a posibilidade de implantar titulacións novas se existe un acordo unánime entre as Universidades e a Consellería, en tal caso de que sexan estudos de especial importancia para a Comunidade, un dos requisitos para autorizar o título será que se xustifique detalladamente o número de alumnos, que para a súa aprobación será dun mínimo non inferior a 40 estudantes. Eu creo que co número de bodegas que hai en Galicia e sobre todo na provincia de Pontevedra, queda máis que xustificada a creación desta Facultade. Repito, eu agradézolle a todos a atención, o que non queira escoitar está no seu dereito, eu procuro ser respectuoso e dende logo non ando escribindo en pizarras nin en papeis faltándolle ó respecto a ninguén, seguramente me pasei, pero insisto, era polo do rigor. Miren, se estamos todos de acordo ¿para que enredamos logo o debate?, ¿enredámolo todos? ¿non é verdade?, nós tamén temos dereito a opinar, vostedes opinan e nós dámoslle datos, ou sexa, rigor, e xa para non estenderme máis, mire, o tema do viño élle coma o dos homes, xa o dicía Cicerón, “los hombres son como los vinos, la edad agría a los malos y mejora a los buenos”. Nada máis e moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Ten a palabra D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, gracias Sr. Presidente. Agradécese moitísimo este tratado e o final foi brillante, agradécese. Pero, eu non sei se se confunde, igual a palabra non é exacta, entón, rigor con precisión, e con, ¿por que digo isto?, ¿por que digo isto?, porque ninguén discutiu, ninguén discutiu as, vamos a necesidade que pode haber de estudos superiores de enoloxía. E o que se plantexou é o seguinte, esta casa, esta casa, cando se creou a Universidade de Vigo e cando se instalaron os campus implicouse económicamente dunha maneira directa, e posiblemente se hoxe temos as Facultades que temos e demais, foi en gran parte debido a esta casa. Ben, podemos aquí facer declaración de principios e vostedes teñen a responsabilidade do goberno, pero, non parece que haxa esa decisión de implicarse para que novos estudos que se estimen necesarios poidan votar a andar, co cal por un lado estamos aumentando o risco de que vaian para outra provincia e laiándonos e facendo declaracións antisonantes de que queremos que veña para esta. É o único que se estaba plantexando, o único, iso evidentemente como non hai consigna política, o Sr. Deputado, neste caso Portavoz do PP trae os seus escritos, nolos dá, pero iso non contesta, evidentemente, nin vai a contestar, obviamente. Porque cando se demanda e con posibilidades e coa historia que ten esta casa e as outras Deputacións, en implicarse, pois o lóxico é dicir, demandamos e estamos dispostos a, iso é o lóxico, iso foi o único que se quixo plantexar, polo menos dende este grupo á parte desas cifras que eu creo que sobran, nunca dixen que foran incorrectas, digo que sobran, porque alguén pode sumalas e resulta que hai máis produción noutra provincia que nesta. Entón sobran, simplemente con dicir que é máis, a máis importante e a que máis ten, chéganos de sobra de motivación e igual as cifras sobraban, só o facía por iso, non, por que, dicir que foran imprecisas nin nada diso. Pero a cuestión central é, esixamos, demandamos, pidamos, a ver se metemos o dedo no ollo a non sei quen, pero isto e ademais plantexado por vostedes, están gobernando aquí, e vostedes mesmos noutras épocas, que parece que a ilustración se lle daba moito máis que agora, se implicaron directamente nos campus da provincia de Pontevedra e dunha maneira moi forte e demais. E agora parece que non está polo labor, non están cumprindo os compromisos que adquiriron e cando fan estas mocións nin citar que está disposta esta casa a implicarse na proporción que se implicou noutra. Por iso digo que a credibilidade é floxiña, é floxiña é unha pena por outro lado que sigan así. É o único ó que me quería referir, se me pode contestar e se me contestara que esta Deputación vai a poñer o que faga tanto comparativamente se alguén compite, como que obxectivamente sexa necesario para que isto vaia adiante, estaríamos encantados, encantados, encantados, e vamos, e se xa a maiores din, os compromisos adquiridos coa Universidade no seu momento vamos a cumprilos tamén, bueno, entón xa sería a felicidade completa, que non sería máis que volver hai dez ou quince anos cando esta casa si, si se implicou directamente cos campus da provincia de Pontevedra. Moitas gracias. Sr. Presidente.- D. José Balseiros. Sr. Balseiros Guinarte.- Si, gracias Sr. Presidente. Mire, moi brevemente, xúrolle que estiven atento como é a miña obrigación e ás veces falar non custa nada, non ten cancelas, non, nós aquí o que plantexamos é unha Moción para instar á Universidade e á Xunta de Galicia á creación desa Facultade, que cremos necesaria e na que en principio creo que estamos todos de acordo. Nós non queremos empezar a casa polo tellado, e primeiro eu creo que haberá que esperar que nos contesta a Xunta de Galicia e a Universidade e logo será o tempo de negociar e de tratar todas esas cousas que vostede di, pero neste momento estamos ó que estamos e pedímoslle con claridade o seu voto. Nós témolo moi claro. Por certo, creo que xa non fai falta máis debate e eu non vou a volver a intervir, e cando digo que non vou volver a intervir non o fago. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. José Balseiros. Bueno, eu creo que quedou perfectamente claro, os datos se aportaron e só hai unha cuestión que añadirlle ó Sr. Mosquera en relación ó financiamento, vostede sabe, vostede recordará que dende esta institución no tema de Deseño e Moda sabe que aportamos, polo tanto non somos dubidosos nese sentido de que non vaiamos a facelo, unha cuestión que ademais polo que vexo hai consenso de toda a Corporación en poñelo en marcha. Á parte que é unha necesidade como creo que xa o Deputado dou con claridade todos os datos, pois non fai falta amplialos, quero dicir que haberá que esperar, agora si pedimos tamén o compromiso de todos os grupos políticos á hora de pedir tanto á Universidade como á Xunta de Galicia a súa implicación, porque se isto queda só nunha mera cuestión dunha Moción debatida no Pleno da Corporación Provincial e aprobada polos tres grupos pois non valería de nada, o que si cremos é que é unha necesidade e esa necesidade debe vir avalada como digo, primeiro pola Universidade de Vigo, para que se poida pois implantar o que aquí se pide. Por iso que despois se falará e nós pois estaremos á altura das circunstancias cando se concrete neste caso este momento, pero xa digo, queremos ademais que non quede só nunha mera cuestión dunha moción presentada e apoiada, neste caso, ou respaldada por todos os grupos aquí na Corporación Provincial, senón que vaiamos un pouco máis alá e poidamos apoiar, como digo, aprobar proximamente ou moi pronto, o inicio desta importante Facultade en Pontevedra. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Desenvolvemento Agrogandeiro o Pleno acorda por unanimidade aprobar a Moción da Presidencia sobre a creación dunha Facultade de Enoloxía na provincia de Pontevedra. Dita Moción é como segue: “O Grupo Provincial do Partido Popular de Galicia (PPdeG) na Deputación de Pontevedra, en base á lexislación vixente, presenta diante do Pleno da Corporación Provincial esta Moción para crear unha Facultade de Enoloxía na provincia de Pontevedra. EXPOSICIÓN DE MOTIVOS 1.- A Denominación de Orixe Rías Baixas é a maior produtora de viño de Galicia, a que ocupa a máis viticultores, a que dispón de maior número de bodegas, a que conta coa maior superficie de cultivo e a que xera maior volume de venta de viño, en litros, e, en consecuencia, a que xera máis exportacións. 2.- Os datos comparativos das cinco Denominacións de Orixe de viños galegos falan por si solos. Na de Ribeira Sacra, a produción en quilos é de 4.533.000, na de Monterrei de 1.303.000, na de Valdeorras 4.853.734, na de O Ribeiro 12.815.000 e na de Rías Baixas 18.736.895 quilos. O número de viticultores que ocupan é, respectivamente, de 2.870, 621, 2.024, 6.022 e 6.511 na DO Rías Baixas. O número de bodegas de cada unha, respectivamente, é de 102,720, 1.351, 2.731 e 3.500 na DO Rías Baixas. O número de hectáreas de cultivo, tamén respectivamente, é de 1.222, 720, 1351, 2.731 e 3.500 na DO Rías Baixas. En canto ás ventas en litros os datos son, respectivamente, 2.852.001, 547.500, 3.498.198, 9.700.000 e 17.410.032 na DO Rías Baixas. Finalmente, o volume de exportacións é do 10% (285.000) na Ribeira Sacra, o 10% (54.750) en Monterrei, 121.160 en Valdeorras, sen datos en O Ribeiro e 3.278.937 na DO Rías Baixas. 3.- Doutra banda, a DO Rías Baixas ocupa a 200 entre enólogos, técnicos de bodega e técnicos de viticultura e conta con 20 empresas adicadas profesionalmente a prestar diversos servizos en viticultura e enoloxía. 4.- Finalmente, como é sabido, ó longo dos últimos anos, o sector vitivinícola sufriu en España unha importante transformación e profesionalización. En Galicia, esa transformación foi substancial e, en concreto, na provincia de Pontevedra, o sector está en constante auxe. Nalgunha Comunidade de España, o sector estase a regularizar a través da creación de centros de ensinanza a nivel medio ou superior, algo que levou á creación de sete Facultades de Enoloxía ó longo da xeografía española e de diversos centros de ensino medio. En Galicia, na actualidade, o único centro de FP que imparte as devanditas ensinanzas é o de A Granxa, en Ponteareas, o que, a todas luces, resulta insuficiente para atender a gran demanda existente nun sector cada vez máis puxante. Polas anteditas consideracións, sometemos ó Pleno da Deputación de Pontevedra esta moción para que se adopten os seguintes ACORDOS: - Que a Deputación de Pontevedra inste á Universidade de Vigo e á Xunta de Galicia para que creen unha Facultade de Enoloxía na provincia de Pontevedra.” 10.5721.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Punto número 10. Comunicacións. Sr. Secretario.- Dar cuenta de los extractos de las Resoluciones Presidenciales dictadas entre el 24 de xuño y el 17 de xullo. Queda enterado o Pleno da seguinte: - De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas pola Presidencia entre os días 24 de xuño e 17 de xullo do ano 2008 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. 11.5722.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Rogos e preguntas. D. Gabriel Martínez Giráldez. Sr. Martínez Giráldez.- Bos días Sr. Presidente. Era para reiterar que fixen unha serie de preguntas nos últimos dous Plenos e que están sen contestar. Me gustaría que por favor, o antes posible, que procederan a contestarme a esas preguntas. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas grazas. D. Pauliño Del Río. Sr. Del Río Iglesias.- Bos días. Eu simplemente era para facerlle un rogo. En primeiro lugar para informarlle das malas condicións nas que se atopan actualmente as estradas provinciais número 2304 e 2305, Paradela-Borreiros e Mañufe-Nande, por mor do escaso mantemento que nas mesmas fai esta Deputación. Hai maleza e broza na beirarrúa e foxos sen limpar, isto provoca unha situación de considerable perigo tanto para as persoas coma para os vehículos que polas mesmas transitan. Estamos no verán, o tránsito aumenta e polo mesmo aumentan os perigos, polo que lle rogo que dispoña as medidas oportunas para resolver esta situación. Moitas grazas. Sr. Presidente.- Moitas grazas D. Pauliño. Sr. Otero Besada. Sr. Otero Besada.- Si, bos días. A miña pregunta refírese a, tiña que habela planteado no anterior Pleno pero non estiven, é en relación cunhas subvencións que se lle dou a unhas asociacións por Cooperación, que se nos informou nas Comisións Informativas do 18 de xuño. Alí puiden ver como a unha asociación denominada Asociación San Xulián da Illa de Arousa, se lle daba unha subvención de 3.000 euros. Eu pediría que me facilitasen copia deste expediente e que me contestasen por escrito, se pode ser, as subvencións que se lle deron nos últimos cinco anos a esta asociación. Sr. Presidente.- Moitas grazas. Non habendo máis rogos e máis preguntas levántase a sesión. Moi bos días e moitas grazas. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as doce horas e vinte e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe.
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Pleno (Tema)