Fondos
2010-05-28_Ordinaria. Acta de sesión 2010/05/28_Ordinaria
Acta de sesión 2010/05/28_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.43.827/1.2010-05-28_Ordinaria
Título Acta de sesión 2010/05/28_Ordinaria
Data(s) 2010-05-28 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión. 55 follas
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A C T A Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 28 de maio de 2010 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e dez minutos do día vinte e oito de maio do ano dous mil dez, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Francisco Xabier Alonso Pérez, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, Dona Francisca Canal Gómez, D. Xosé Crespo Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. José Amador Eiras Paz, D. Jesús María Fernández Portela, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Emilio González Iglesias, D. Juan A. González Pérez, D. Salvador González Solla, D. Rafael Lores Rosal, D. Gabriel Martínez Giráldez, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. José Antonio Olmedo Granja, D. Juan Luciano Otero Besada, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. Severino Reguera Varela, D. Daniel Rodas Chapela, D. Perfecto Rodríguez Muíños, D. Xosé Carlos Silva Mariño, D. José Enrique Sotelo Villar e D. Jesús Vázquez Almuiña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Non asiste o Sr. Deputado D. Pauliño Damián Del Río Iglesias. Da fé do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Bos días. Vamos a dar comezo á celebración do Pleno ordinario da Corporación Provincial, non sen antes darlle a benvida ós cativos e cativas do centro CEIP de Campolongo Pontevedra. Bos días a todos e a todas que estades aí tamén. 1.5955.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Vamos a dar comezo o primeiro punto da orde do día. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 30 de abril 2010. ¿Votos en contra?. ¿ Abstencións?. ¿A favor?. Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 30 de abril de 2010. 2.5956.- EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS NÚMERO 3/2010 DO ORGANISMO AUTÓNOMO PROVINCIAL DE XESTIÓN DE RECURSOS LOCAIS (ORAL) Sr. Presidente.- Punto número 2. Expediente de modificación de créditos número 3/2010 do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL).¿Votos en contra?. ¿ Abstencións?. ¿A favor?. O Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 19 de maio de 2010 acordou aprobar o expediente de modificación de créditos número 3/2010, por importe global de 695.500,00 euros, motivado pola necesidade de atender a unha serie de gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte. Resultando que ó non existir consignación suficiente no vixente orzamento do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) para atender estes gastos é necesario suplementar, polos importes que se relacionan, os créditos das seguintes aplicacións orzamentarias: APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE 10/893.932.213.00 Reparacións-Maquinaria, instalación e utillaxe 35.000,00 € 10/893.932.222.00 Servizo de Telecomunicacións 5.000,00 € 10/893.932.222.01 Comunicacións postais 300.000,00 € 10/893.932.226.04 Xurídico-Contencioso 20.000,00 € 10/893.932.226.06 Reunións, conferencias e cursos 5.500,00 € 10/893.932.227.06 Estudos e traballos técnicos 300.000,00 € 10/893.932.352.00 Intereses de demora-Devolucións de ingresos 30.000,00 € Resultando que este expediente de modificación de créditos número 3/2010 se financia con cargo ó remanente de tesourería procedente da liquidación do orzamento do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) correspondente ó exercicio de 2009. Resultando que no informe de Intervención de data 14 de maio de 2009, figura que este expediente cumpre cos requisitos previstos na normativa de aplicación, tanto en relación cos gastos que se pretenden financiar como cos recursos que os financian, así como que o expediente respecta o equilibrio orzamentario. Considerando o disposto no artigo 177 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, nos artigos 34 a 38 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril e na base 8ª de execución do vixente orzamento do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), en canto a competencia e tramitación a seguir na aprobación do expediente de modificación de créditos número 3/2010 do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría de votos a favor do PP e coas abstencións do PSdeG-PSOE e do BNG: 1. Aprobar o expediente de modificación de créditos número 3/2010 do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) por un importe global de 695.500,00 euros, que resumido por capítulos presenta a seguinte estrutura: Capítulo 2º Gastos en bens correntes e servizos 665.500,00 euros Capítulo 3º Gastos financeiros 30.000,00 euros Total variacións por capítulos………………… 695.500,00 euros O detalle do expediente é o seguinte: Suplementos de crédito: APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE SUPLEMENTO 10/893.932.213.00 Reparacións-Maquinaria, instalación e utillaxe 35.000,00 € 10/893.932.222.00 Servizo de Telecomunicacións 5.000,00 € 10/893.932.222.01 Comunicacións Postais 300.000,00 € 10/893.932.226.04 Xurídico-Contencioso 20.000,00 € 10/893.932.226.06 Reunións, conferencias e cursos 5.500,00 € 10/893.932.227.06 Estudos e traballos técnicos 300.000,00 € 10/893.932.352.00 Intereses de demora-Devolucións de ingresos 30.000,00 € Total suplementos de crédito…………………….. 695.500,00 € 2. O expediente de modificación de créditos número 3/2010 do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) será exposto ó público, para efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. 3.5957.- RESOLUCIÓN DAS ALEGACIÓNS PRESENTADAS Ó PROXECTO “TERMINACIÓN DO ENSANCHE E MELLORA DA EP 2501 SALCEDA-PICOÑA (SALCEDA DE CASELAS)”. APROBACIÓN DEFINITIVA DO PROXECTO E DA RELACIÓN DE PROPIETARIOS E BENS AFECTADOS. RATIFICACIÓN DA SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DA DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN Sr. Presidente.- Punto número 3. Resolución das alegacións presentadas ó proxecto “Terminación do ensanche e mellora da EP 2501 Salceda–Picoña (Salceda de Caselas)”. Aprobación definitiva do proxecto e da relación de propietarios e bens afectado. Ratificación da solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación. ¿Votos en contra?. ¿ Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno da Corporación Provincial na sesión celebrada o 26 de marzo de 2010 adoptou, entre outros, o acordo de aprobación inicial do proxecto “Terminación do ensanche e mellora da EP 2501 Salceda- Picoña” (Salceda) que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 245.016,42 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 207.060,00 euros e capítulo de expropiacións por importe de 37.956,42 euros. Someténdose a información pública o proxecto técnico e o expediente de expropiación que leva consigo, durante o período legal establecido, en virtude de Edicto publicado no Boletín Oficial da Provincia de data 15 de abril do 2010 (BOP nº 70), no taboleiro de anuncios do concello de Salceda de Caselas e en varios periódicos da localidade, á vista do informe emitido polo Servizo de Infraestruturas e co fin de dar continuidade ó expediente de expropiación iniciado no seu día, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Infraestruturas e Servizos Xerais, acorda por unanimidade: 1. A resolución das alegacións presentadas ó proxecto e ó expediente de expropiación segundo o seguinte detalle: Estimar as alegacións presentadas por Dona Angeles Vaqueiro Rodríguez, propietaria da parcela nº 16 no expediente de expropiación, xa que unha vez comprobada in situ a afección das obras inclúense na relación definitiva de bens afectados dúas maceiras; en canto ó outro cordón de viña que nun principio non resulta afectado, a empresa adxudicataria adoptará as oportunas medidas para que non se vexa afectado de xeito prexudicial para a propiedade, ofrecendo en caso contrario a correspondente indemnización económica. Estimar parcialmente as alegacións presentadas por D. Francisco Rodríguez Muñoz, propietario das parcelas nº 22, 23 e 29 no expediente de expropiación, xa que as obras complementarias que sexan necesarias para unha correcta execución do proxecto atenderanse na medida do posible pola dirección técnica. 2. A aprobación definitiva do proxecto “Terminación do ensanche e mellora da EP 2501 Salceda-Picoña” (Salceda) que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 245.016,42 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 207.060,00 euros e capítulo de expropiacións por importe de 37.956,42 euros. 3. A aprobación definitiva da relación de propietarios e bens afectados segundo o seguinte detalle PROPIETARIO PARCELA BENS AFECTADOS Dª Carmen Pérez Rodríguez Carballida nº 1. Salceda de Caselas 1 91 m2 de terreo 8 m2 de muro de pedra 30 m2 de rede 4 postes de granito e14 cepas 3 postes de brazo de formigón 3,25 m2 de peche de pastas 8,8 m2 de muro de pedra 13,2 m2 de muro de bloques 1 árbore ornamental 6,6 m2 de galpón (derrubo e reparación paredes e tellado). Dª Gabina Vaqueiro Rodríguez Picoña-Ataud nº 10-B. Salceda de Caselas 2 26 m2 de terreo 8 vimbias grandes 15 vimbias pequenas 1 froiteiro 4 postes de granito 16 ml de arame D. José Martínez Rodríguez Camiño Pertegueira nº 11, Alcabre. Vigo 3 38 m2 de terreo 2 vimbias grandes D. Salvador Muñoz Nogueira 4 17 m2 de terreo 6 postes de granito Dª Anabel Carracedo Bourdieu Blanc, La Grace. 47300 Villeneuve Sur - FRANCIA 5 32 m2 de terreo 3 piares de 0,38x0,26 de ladrillo revestido 30,6 m2 de muro de bloques 3 piares de 0,38x0,26 de ladrillo revestido 22,5 m2 de muro de bloques 32 ml cimentación 0,50x0,40 D. Faustino Fernández Pérez e Dª Mercedes Martínez Rodríguez Picoña nº 6. Salceda de Caselas. 6 12 m2 de terreo D. Eugenio Besteiro Lourenzo Rúa Argentina nº 7, 2º C. Salceda de Caselas 8 30 m2 de terreo 16 cepas 10 postes D. José Sanjuan Rodríguez Ataude nº 4. Salceda de Caselas. 9 51 m2 de terreo D. José Domínguez Lorenzo Picoña nº 6. Salceda de Caselas. 10 12 m2 de terreo 7 postes 5 cepas D. José Sanjuan Rodríguez Ataude nº 4. Salceda de Caselas. 11 294 m2 de terreo 12 postes de granito Dª Gabina Vaqueiro Rodríguez Picoña - Ataude nº 10-B. Salceda de Caselas. 12 30 m2 de terreo 15,18 m2 de galpón D. José Rodríguez Sanjuan/ Dª Gabina Vaqueiro Rodríguez- Ataude nº 10-B. Salceda de Caselas 13 18 m2 de terreo Dª Gabina Vaqueiro Rodríguez Picoña - Ataude nº 10-B. Salceda de Caselas. 14 45 m2 de terreo 5 palmeiras D. José Rodríguez Sanjuan e Dª Gabina Vaqueiro Rodríguez Picoña - Ataude nº 10-B. Salceda de Caselas 15 11 m2 de terreo 1 ud. de rampla de formigón Dª Ángeles Vaqueiro Rodríguez Ataude nº 30. Salceda de Caselas 16 250 m2 de terreo 2 maceiras 70 cepas 10 postes de formigón Dª Teófila Carracedo Fernández Picoña nº 8. Salceda de Caselas 17 89 m2 de terreo Dª Victoria Rodríguez Rodríguez Carballal 3A. Salceda de Caselas 17A 63 m2 de terreo D. Salvador Muñoz Nogueira 18 50 m2 de terreo 1 ud. traslado contador de auga D. Antonio Lorenzo Gil A Rotea nº 13 – Picoña. Salceda de Caselas 19 9 m2 de terreo D. Manuel López Loureiro nº 6 – Picoña. Salceda de Caselas 20 6 m2 de terreo D. Salvador Muñoz Nogueira 21 12 m2 de terreo 4 postes 5 cepas D. Francisco Rodríguez Muñoz Ataude nº 2, Picoña. Salceda de Caselas 22 24 m2 de terreo 1 ud. traslado portal ferro 2 follas 4,20x1,90 2 ud. piar 0,25x0,25x1,60 13,44 m2 de muro mampostería 10,4 ml de varanda aluminio 4 piares 0,20x0,20x1,40 1 ud. traslado portal aluminio 0,90x1,00 1 ud. traslado portal 2 follas 1,80x1,30 D. Francisco Rodríguez Muñoz Ataude nº 2. Salceda de Caselas 23 16 m2 de terreo 5,5 m2 de muro de mampostería D. Antonio Carracedo Rodríguez Picoña - Arrotea nº 2. Salceda de Caselas 24 49 m2 de terreo D. Antonio Martínez Comesaña Outeiro nº 10, San Xurxo. Salceda de Caselas 25 37 m2 de terreo D. José Rodríguez Besteiro 26 38 m2 de terreo Dª Marina Cabaleiro Fernández Carballal nº 4. Salceda de Caselas 27 37 m2 de terreo Dª Adelaide Besteiro Bargiela Coto - Picoña nº 18. Salceda de Caselas 28 21 m2 de terreo D. Francisco Rodríguez Muñoz Ataude nº 2, Picoña. Salceda de Caselas 29 2 m2 de terreo D. Antonio Carracedo Rodríguez Picoña-Arrotea nº 2. Salceda de Caselas 30 36,50 m2 de terreo 2 ud. palmeiras 3 plantas 30 mirtos 2,16 m2 de muro de pedra 18,08 m2 de muro de bloques granulados 4 piares 0,25x0,30x1,60 10,20 m2 de muro de bloques granulados 2 ud. piar redondo 0,20x1,60 1 ud. piar 0,25x0,30x1,60 1 piar 0,20x0,60x1,60 balaustre pedra 10,2x0,5,x0,16 1 ud. traslado contador 2 ud. de traslado de escaleiras Dª Dulzura Juste Rodríguez Picoña - Coto nº 9. Salceda de Caselas 31 33 m2 de terreo 4 postes 18 ml de arame 6 cepas D. José Rodríguez Besteiro 32 20 m2 de terreo 3 cepas 4 postes de granito 0,20x0,20 Dª Marina Cabaleiro Fernández Carballal nº 4. Salceda de Caselas 33 42 m2 de terreo Dª Adelaide Besteiro Bargiela Coto - Picoña nº 18. Salceda de Caselas 34 31 m2 de terreo Dª Josefina Fernández Fernández Picoña - Ataude nº 2. Salceda de Caselas 35 3 m2 de terreo D. Rogelio Besteiro Ferreira 36 5 m2 de terreo 4. A ratificación da solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación, xa que a execución deste proxecto vén xustificada pola necesidade de mellorar os anchos primitivos e así evitar, na medida do posible, os accidentes e o perigo que o estado actual da estrada supón para a circulación, xa que o feito de terse mellorado a maior parte dos tramos do vial implica un aumento de velocidade na circulación de vehículos, cuxos condutores, ó atoparse co deficiente trazado dos tramos intermedios obxecto do presente proxecto, poñen en perigo tanto a súa integridade física como a dos peóns. Neste sentido non hai que esquecer que calquera mellora nunha estrada vai supor a minoración de riscos de accidentes e, en consecuencia, nunha materia na que está en xogo a vida humana a utilidade pública da obra e a urxencia na súa execución está sempre xustificada. 4.5958.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA LEVAR A CABO A REPARACIÓN DE DANOS OBRA DE FÁBRICA NA EP 7207 CACHAFEIRO-VILAPOUCA (FORCAREI) Sr. Presidente.- Punto número 4. Aprobación do convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e a Deputación Provincial de Pontevedra para levar a cabo a reparación de danos obra de fábrica na EP 7207 Cachafeiro-Vilapouca (Forcarei). Sr. Otero Besada. Sr. Otero Besada.- Si, bos días Presidente, e a todos. Eu quería saber se neste convenio que se prevé unha reparación, se ademais do socavón e a ponte esa famosa, que leva tempo sen reparar, inclúe tamén o asfaltado dos 7 km que van dende Cachafeiro a Vilapouca, que é algo que se ten prometido, que a carretera está en, teño fotos aquí, en moi malas condicións, e quería saber si ademais este convenio prevé tamén ese asfaltado. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Bueno dicir que, xa vamos un pouco por diante neste convenio de colaboración, ponse en marcha a transferencia á Xunta de Galicia en base a un anteproxecto que existe para a mellora de toda a estrada. Polo tanto, ese é o compromiso que figura ademais neste convenio de colaboración, que vai a financiar esta actuación, debido a, bueno, pois foi unha actuación producida polos temporais pasados e que é asumida practicamente na súa totalidade pola Xunta de Galicia. Polo tanto procedemos á votación desta aprobación de convenio. ¿Votos en contra?. ¿ Abstencións?. ¿A favor?. Os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a cooperación en cuestións de interese común, tal e como establecen os artigos 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. Con tal motivo preténdese asinar un convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para levar a cabo a reparación do vial provincial EP 7207 Vilapouca-Cachafeiro (Forcarei) afectado pola inundación que produciu o río Ventoxo por mor do colapso da obra de drenaxe existente. O custe total do convenio ascende a seiscentos mil euros (600.000,00€) cuxa cantidade será financiada pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, da Xunta de Galicia, Administración que asumirá a titularidade do vial Vilapouca-Cachafeiro unha vez rematadas as obras e tras a publicación do preceptivo Decreto, prestando a Deputación Provincial de Pontevedra a súa conformidade á devandita transferencia coa sinatura deste Convenio. Polo Sr. Secretario emítese informe favorable ó presente convenio de colaboración. Por todo o exposto e considerando que de acordo co disposto no artigo 70.14 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado polo Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, correspóndelle ó Pleno a adquisición de bens e toda transacción sobre os mesmos, así como o seu alleamento e calquera outro acto de disposición, e visto o ditame da Comisión Informativa o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSdeG-PSOE e coas abstencións do BNG: Aprobar o convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para levar a cabo a reparación de danos obra de fábrica na EP 7207 Cachafeiro- Vilapouca (Forcarei). Así mesmo facúltase ó Presidente da Deputación para a formalización do mencionado convenio mediante a súa sinatura. Dito Convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS E A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA LEVAR A CABO A REPARACIÓN DE DANOS OBRA DE FÁBRICA NA EP-7207 CACHAFEIRO-VILAPOUCA (FORCAREI) Santiago de Compostela, de 2010 REUNIDOS Dunha parte, don Agustín Hernández-Fernández de Rojas Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, facultado para a formalización deste convenio pola Lei 1/1983, de 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa presidencia. Doutra parte don Rafael Louzán Abal na súa condición de presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 34.1 b) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local. Ambas as dúas partes recoñécense mutuamente na calidade en que interveñen con capacidade legal suficiente e necesaria para o outorgamento do presente convenio de colaboración e a tal efecto EXPOÑEN A estrada EP-7207 dende Cachafeiro a Vilapouca no concello de Forcarei, viuse afectada pola inundación que produciu o río Ventoxo por mor do colapso da obra de drenaxe existente. Como consecuencia disto, é preciso a reparación do firme así como a sinalización do treito da estrada afectada dende o PK:0+140 ó PK:0+320. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ten entre os seus obxectivos a mellora da rede viaria de Galicia, de xeito que se proporcione ós usuarios da rede unhas condicións de condución cómodas e seguras, mellorando os déficits na seguridade viaria e facilitando o acceso ós distintos equipamentos na procura e no fomento dun desenvolvemento harmónico. Neste contexto, a Xunta de Galicia en colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra, trata de fomentar aqueles investimentos que resolvan problemas nas infraestruturas, coa finalidade dun desenvolvemento económico e social que aporte unha maior calidade de vida ós seus cidadáns. Constatada a necesidade de levar a cabo as obras recollidas neste convenio a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e a Deputación Provincial de Pontevedra deciden formalizar un convenio para o financiamento das mesmas. A Deputación de Pontevedra levará a cabo as mesmas, mediante contrato de obra ou execución cos medios propios. Constitúe unha actuación a executar pola propia deputación e o seu obxectivo consiste en incorporar ó patrimonio público e poñer a disposición da sociedade as infraestruturas que se describen, o que xustifica o interese xeral e o carácter público das actuacións. Todo isto constitúen as razóns, de acordo co artigo 26.2 a) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, que xustifican a dificultade de promover a concorrencia pública pola especificidade do obxecto e o feito de ser a Deputación Provincial de Pontevedra a única destinataria posible. En consecuencia, considerando a confluencia dos intereses das partes comparecentes, faise preciso artellar as bases para a óptima coordinación e así regular a colaboración nas súas actuacións entre ambas as dúas administracións. Para o fin mencionado, formalízase o presente convenio con suxeición ás seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA. OBXECTO O obxecto do presente convenio é establecer as bases de colaboración técnica e económica entre a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Pontevedra que permitan realizar a obra de “Reparación de danos obra de fábrica na EP-7207 Cachafeiro-Vilapouca (Forcarei)”. O orzamento de execución destas obras estímase en SEISCENTOS MIL EUROS (600.000,00 €). Este importe inclúe a execución das obras, modificados, revisións de prezos e liquidación de obra. SEGUNDA. COMPROMISOS DA DEPUTACIÓN A Deputación Provincial de Pontevedra, obrígase a: 1. Elaborar e aprobar o documento técnico que contemple as obras previstas no presente convenio. 2. Constatar a previa dispoñibilidade dos terreos necesarios para o cumprimento dos obxectivos deste convenio. 3. Executar as obras segundo o proxecto técnico elaborado e aprobado pola Deputación Provincial. 4. Asumir a realización das xestións pertinentes ante os organismos que correspondan para a obtención dos permisos, licencias e autorizacións regulamentarias, correndo cos custos que se xeren. 5. Levar a cabo as actuacións de contratación, execución, dirección, control das obras descritas no documento técnico e formalizar os actos de recepción das mesmas de ser o caso, así como asumir as obrigas económicas que excedan do importe consignado na cláusula terceira. 6. Comunicar á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a data de recepción das obras para o efecto de que envíen un representante se así o estima oportuno. 7. Segundo o disposto no artigo 27.5 da Lei 9/2007, a deputación asume, na súa condición de beneficiario, a total responsabilidade das execucións ante a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Tamén se compromete a establecerlle ó contratista, encargado de executar as obras, a obriga de colaboración, para o exercicio das funcións de control previstas no artigo 45 da citada lei. 8. Realizar ante a Dirección Xeral de Infraestruturas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a correspondente rendición da conta xustificativa do cumprimento das condicións e consecución dos obxectivos da axuda, presentando para iso a seguinte documentación: Copia compulsada dos xustificantes de gasto, certificacións ou calquera outro documento con validez xurídica que permita a acreditación do cumprimento da finalidade da subvención. A estes documentos deberase unir tamén a certificación ou acto de aprobación/conformidade do órgano provincial que corresponda. Ditas xustificacións deberán ser feitas con anterioridade á primeira semana do mes de decembro do ano correspondente. Para os efectos do artigo 29.2 da Lei 9/2007, a documentación citada considérase gasto realizado ou xustificado, de acordo co sinalado neste parágrafo. Unha vez finalizadas as obras incluirase nesta documentación as actas de recepción. 9. Facilitar, se fose o caso, toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Cuentas e polo Consello de Contas de Galicia, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas obxecto do presente acordo. 10. Comunicar á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, se fose o caso, as alteracións nas condicións tidas en conta para a concesión da axuda obxecto do presente acordo e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións, entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais ós efectos de propoñer, se procede, a modificación das condicións establecidas neste convenio. 11. No caso de incumprimento das condicións establecidas neste convenio, reintegrarase á Comunidade Autónoma, de acordo co artigo 33 da Lei 9/2007, a cantidade total ou parcial da axuda establecida e dos xuros de demora devengados dende o momento do pagamento. 12. Asumir pola súa consideración de beneficiario segundo o artigo 8 da Lei 9/2007, todas as obrigas que, para o mesmo, establece o artigo 11 da mencionada lei. 13. Unha vez executadas as obras, e logo da súa comunicación á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a deputación será a responsable da explotación, mantemento e conservación, en tanto non se produza o cambio de titularidade da estrada prevista no punto 15 desta mesma cláusula. 14. As determinacións do presente convenio son obxecto de inscrición no rexistro público de axudas, subvencións e convenios segundo se establece nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006. En consecuencia, a Deputación Provincial de Pontevedra, coa sinatura do convenio, dá o seu consentimento expreso á Xunta de Galicia para incluír e facer públicos, nos rexistros regulados no decreto 132/2006, os datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, se é o caso. 15. Co acto da sinatura deste convenio, a Deputación provincial de Pontevedra dá a súa conformidade á transferencia da titularidade da estrada EP-7207 Cachafeiro-Vilapouca. A sinatura deste convenio implica o acordo ó que se fai referencia no artigo 5 da Lei 4/1994 do 14 de setembro de estradas de Galicia. A transferencia da titularidade da estrada será efectiva polo acordo do Consello da Xunta de Galicia de conformidade coa Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia e o Decreto 308/2003, do 26 de xuño, polo que se aproba a relación de estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia. TERCEIRA. COMPROMISOS DA XUNTA DE GALICIA A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, asume os seguintes compromisos: 1.- Financiar as obras, obxecto deste convenio, segundo o proxecto, destinando para iso ata un máximo de SEISCENTOS MIL EUROS (600.000,00 €) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma, a cargo da partida orzamentaria 2010 07 04 512B 760.0, código de proxecto 1999-06714 distribuídos do seguinte xeito: Anualidade 2010 ...................................................600.000,00€ Con tal fin, esta consellería realizará as correspondentes transferencias de capital á Deputación Provincial de Pontevedra. Estas transferencias realizaranse no marco da anualidade programada cando sexan solicitadas pola entidade local coa documentación á que se fixo referencia no apartado 8 da cláusula segunda. Os libramentos parciais terán a condición de aboamentos a conta e, por iso, supeditados á acreditación do cumprimento da finalidade da axuda. Esta achega financiará só as obras que se realicen, non incluíndo a taxa de dirección da obra. 2.- O importe consignado para a execución das obras e actuacións previstas obxecto deste convenio, inclúe os posibles modificados, revisións de prezos e liquidacións das obras. 3.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas reservarase o dereito de inspeccionar as obras, tanto durante a súa execución como ó seu remate. 4.- A Consellería de Medio Ambiente tramitará o procedemento administrativo relativo ó troco da titularidade da EP-7207 Cachafeiro-Vilapouca a prol da Xunta de Galicia segundo o establecido no Decreto 308/2003 de 26 de xuño e o recollido na cláusula segunda “COMPROMISOS DA DEPUTACIÓN”. 5. Unha vez executadas as obras e tras a publicación do Decreto correspondente ó cambio de titularidade da estrada sinalada corresponderalle á Xunta de Galicia todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación do vial e as demais funcións que puideran corresponderlle como nova administración titular da estrada. CUARTA. COMISIÓN DE SEGUIMENTO Constituirase unha comisión de seguimento formada por un representante da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e outro representante da Deputación Provincial de Pontevedra. As súas funcións, entre outras serán as seguintes: -Impulsar e avaliar o cumprimento do presente convenio naqueles aspectos técnicos obxecto deste, propoñendo as actuacións que se consideren precisas. -Propoñer a interpretación, en caso de dúbida, do contido do presente convenio. -Propoñer ás partes a resolución das posibles controversias que puideran xurdir na aplicación do convenio. Esta comisión reunirase as veces que se estimen oportunas para o cumprimento do presente convenio. En todo caso, a solución das incidencias estará condicionada polas limitacións orzamentarias indicadas na cláusula terceira. QUINTA. NATUREZA DO CONVENIO Este convenio ten natureza administrativa, rexendo na súa interpretación e desenvolvemento o ordenamento xurídico administrativo, con expresa submisión das partes á xurisdición contencioso- administrativa. O desenvolvemento dos compromisos, obrigas e demais actuacións contidas no presente convenio rexeranse polo establecido nas cláusulas do mesmo e, para o non establecido nelas, seralle de aplicación: • a Lei 9/2007, de 13 de xuño de subvencións de Galicia. • o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño , de subvencións de Galicia. • demais lexislación que sexa de aplicación vixente. SEXTA. OBRIGAS TRIBUTARIAS E DE ORDE SOCIAL Pola natureza das actuacións subvencionables e o destinatario da mesma, de acordo co apartado 2 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, xeral de subvencións de Galicia e o artigo 48 da Lei 9/2009 de 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 2010, a entidade local queda exenta da obriga de acreditar estar ó corrente das súas obrigas tributarias estatais, autonómicas e da Seguridade Social, así como non ter pendente de pago ningunha outra débeda coa administración pública da Comunidade Autónoma Galega. SÉTIMA. INTERPRETACIÓN E INCUMPRIMENTOS 1.- As dúbidas que se presenten na súa interpretación, caso de discrepancias serán resoltas, visto o informe da Comisión de Seguimento, polo Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, poñendo así fin á vía administrativa. 2.- Serán causas de extinción deste convenio: • O non cumprimento do seu obxecto. • A inviabilidade da realización das actuacións descritas neste convenio, por causas non imputables as partes. • O incumprimento de carácter total ou parcial de calquera das cláusulas do presente convenio. Entenderase por incumprimento parcial aquel que implica en maior ou menor grao a non consecución dos fins propios do convenio ou impidan de xeito directo ou indirecto as actuacións previstas no presente convenio. • Denuncia por causas de interese público, ou a instancia de calquera das partes. Cada unha das situacións descritas por si soa é causa suficiente de rescisión do mesmo. 3.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, limitará en todo caso a súa achega económica ó pactado no presente convenio, polo que non asumirá os aumentos que se produzan por reformados ou por calquera outra causa, o que non implicará subrogación desta e ningún dereito nin obriga que se deriven da titularidade das obras, que corresponderá á Deputación Provincial de Pontevedra. OITAVA. VIXENCIA DO CONVENIO Este convenio producirá efecto a partir da súa sinatura. A vixencia manterase ata a entrega das obras no prazo sinalado no documento técnico ou no que, por motivos debidamente xustificados, poida esta Consellería e a Deputación acordar, se así se estimase, tras a correspondente solicitude a través da comisión de seguimento citada na cláusula cuarta, unha ampliación dos prazos. En todo caso, a eficacia do presente convenio será ata o 31 de decembro de 2010, non obstante seguirá producindo efectos en tanto en canto non se liquiden as obrigas que puideran quedar pendentes. O presente convenio obriga a cumprir o expresamente pactado, someténdose ambas as dúas partes ó acordado en todas as estipulacións. Así o outorga no lugar e data do encabezamento, subscribindo o presente convenio por triplicado exemplar. O CONSELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA Agustín Hernández-Fernández de Rojas Rafael Louzán Abal.” 5.5959.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO BLOQUE NACIONALISTA GALEGO SOBRE A NECESIDADE DE ESTABLECER UN CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS PARA O DESENVOLVEMENTO CONXUNTO DO TRANSPORTE METROPOLITANO DE GALICIA, NA ÁREA DE VIGO E PONTEVEDRA Sr. Presidente.- O punto número 5. Moción do Grupo Provincial do Bloque Nacionalista Galego sobre a necesidade de establecer un convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para o desenvolvemento conxunto do transporte metropolitano de Galicia, na área de Vigo e Pontevedra. Ten a palabra o Sr. Daniel Rodas. Sr. Rodas Chapela.- Bos días a todos. Este é un tema que consideramos que é importante, dado que xa ten moitísimo recorrido. Eu levo aquí, na política activa, unicamente 7 anos, e dende entón xa pasaron por aquí 6 directores xerais, xa pasaron con esta proposta Presidentes como Fraga Iribarne, xa pasaron Conselleiros como o actual Presidente, xa pasou Touriño, e agora o Sr. Feijoo, polo tanto é unha proposta que xa leva moitisimos anos, e que agora volve outra vez nas mesmas condicións, ou en condicións similares. E o que pretendemos con esta moción é buscar unha proposta que lle dea un pouco de sentido e que axude a solucionar un pouco o modelo que plantexa, que os concellos deben asumir un 20% nas aportacións. Nos momentos que estamos creemos que non é asumible, polo tanto paso a ler a moción. Presentamos a seguinte moción para o seu tratamento, nesta sesión relativa ó compromiso de establecer un convenio de colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, para o desenvolvemento conxunto do transporte metropolitano de Galicia, na área de Vigo e Pontevedra. O modelo de mobilidade actual baséase fundamentalmente no desprazamento individual, isto trae consigo unha elevada aglomeración de vehículos nas zonas urbanas, atascos, contaminación, e a perda dunha elevada cantidade de horas produtivas. Dende fai varios anos, a dirección xeral de transporte, intenta presentar unha proposta que pretende racionalizar o funcionamento do transporte público como alternativa ó uso particular que aporte redución do número de vehículos, menos contaminación, aforro do consumo, diminución do ruído, redución da ocupación, do espazo urbano, etc. Esta alternativa vénse concretada nos últimos días na remisión ós concellos, dun convenio de colaboración para o desenvolvemento conxunto do transporte metropolitano de Galicia, nas areas de Vigo e Pontevedra, cos diferentes concellos que entregan ditas areas. O convenio proposto pola administración autonómica ten por finalidade o fomento do transporte público con medidas de discriminación positiva a favor do transporte público fronte ó particular, a mellora da conectividade entre as distintas redes do transporte público, mellora de interacción entre o transporte urbano de Vigo e as diferentes liñas de incorporación ó mesmo, incremento da oferta, creación de liñas de interese municipal, servizos dentro dos propios concellos, e interese metropolitano, servizos especias directos, melloras das infraestruturas de transporte público, marquesiñas, estacións, zonas de reserva, etc. Promoción de transporte metropolitano con horarios campañas de promoción, páxinas web, etc. Todo iso co obxectivo de contribuír ó fomento da mobilidade, favorecer a coordinación entre as diferentes redes, mellorar a calidade de información e unificar e ordenar a oferta conquerindo un abaratamento do custe da viaxe ós usuarios, implantando un sistema tarifario integrado, onde se bonifica a diferenza entre o custe real e o custo efectivo aguado polos usuario, sendo asumida a diferenza polas diferentes administracións públicas, porcentualmente sobre criterios de competencia, administración competente colaboradora, natureza de etapa, transbordo ou non, e uso do concello de orixe na primeira etapa e concello destino da última. Establecendo unhas obrigas para financiar dita bonificación, en achegas repartidas no convenio actual entre a administración autonómica 80% e administración local, 20% con carácter xeral, quedando a Deputación Provincial excluída de participar en dito convenio. Lembremos que é competencia exclusiva da comunidade autónoma o transporte terrestre que se desenvolve integramente no seu territorio, consorte o artigo 27 da lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, polo que se aproba o estatuto de autonomía de Galicia, pero tamén a obriga das Deputacións, ou colaborar en aqueles servizos que, lle sexan prestados a varios concellos e que teñan por finalidade articular os servizos básicos a nivel intermunicipal. Debe ser obxecto, pois, das Deputacións, conveniar e coordinar políticas coa Xunta de Galicia, naqueles ámbitos nos que teñan competencias, e debe contribuír cos recursos necesarios a apoiar aquelas iniciativas que queiran aportar solucións ós graves problemas da cidadanía, intentando darlle solución a unha parte importante do territorio. Nos tempos que corren, coa debilidade de financiamento das corporacións locais, polos baixos ingresos, polos descenso da participación do Estado a causa da crise, promovida polo sector financeiro, non é de recibo que os concellos asuman unha parte tan elevada das achegas en porcentaxes, e en anos sucesivos. O novo sistema proposto de integración tarifaria determina que as cantidades previstas a aportar, se reparte porcentualmente en administracións implicadas, correspondéndolle nesta proposta ós concellos, asumir o seguinte compromiso, con respecto á bonificación zonal 20% con carácter xeral, 100% naqueles viaxes urbanos realizados en concesións urbanas ou en liñas declaradas de funcionalidade urbana, cando o concello carece de concesión urbana a pesar de estar obrigado a iso. Con respecto á bonificación por transbordo, 0% con carácter xeral, a Xunta asumiría o custe do transbordo, e o 100% os concellos, e a etapa forma parte dunha viaxe urbana realizada en concesión ou en liñas de funcionalidade urbana, cando o concello carece de concesión urbana a pesar de estar obrigado a iso. Dado o enorme esforzo económico a que se ven sometidos os concellos na actualidade, en aras de encontrar unha solución que faga factible, crible, apostar por un novo modelo de transporte público, é razoable pensar que a administración provincial debe apostar decididamente por respaldar dita iniciativa. Por iso, trasladámoslle ó Pleno desta corporación a adopción do seguinte acordo. Un, que a Deputación provincial se pronuncie a favor de participar nos convenios de colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para o desenvolvemento conxunto do transporte metropolitano de Galicia na área de transporte de Vigo a Pontevedra cunha achega equivalente a que teñan que facer os concellos o 50%, menores de 50.000 habitantes. Dous, que se inclúan en dito convenio o transporte de ría que une as localidades de Cangas Moaña e Vigo por ser un nudo de comunicación importante dentro da área metropolitana de Vigo e un modelo de transporte sostible que marca un modelo de indentidade que conforma a singularidade de modelo de transporte entre ambas marxes da ría e pon en valor o novo modelo de mobilidade. O segundo punto vén a cabo, dado de que nesta nova proposta de convenio no ven especificado que figura o transporte de ría. Moitas gracias. Sr. Presidente.- ¿Algo máis? Bueno, pois a palabra neste caso D. José Enrique Sotelo. Aínda que antes ten pedida a palabra D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Bos días Presidente. E para anunciar o voto favorable do Grupo Socialista á esta proposta. Sr. Presidente.- Ten a palabra D. José Enrique Sotelo. Sr. Sotelo Villar.- Sr. Rodas, coincido con vostede, en que sen dúbida estamos a tratar un tema importante sobre todo para os que vivimos nesa, non nata, haberá que analizar, por que non nata, area metropolitana de Vigo. E coincido tamén con vostede que é un tema que leva moitísimo recorrido, moitísimo. Pero xa foi o Presidente Fraga quen gobernou Galicia mentres se iniciaron as xestións para a creación desa area metropolitana, e tamén a posibilidade de poñer en marcha ese billete do transporte metropolitano. Cada un ten a súa parte, cada un ten a súa parte, e o Partido Popular, ten claro, tiña e tan claro de que o intervalo de Vigo, debía prestar unha serie de servizos comúns, un deles, sen dúbida é o de transporte, como di vostede, transporte combinado ou transporte metropolitano, non lle poñemos en dúbida a importancia deste tema, pero tamén lle digo con toda a claridade, o que non se pode, é firmar protocolos na campaña electoral, facer paseos pola ría, e logo, e logo, cando reciban as cifras das aportacións, que teñen que facer os concellos, non o digo por un en concreto, o digo por varios que vostede coñecede coma min ou mellor, logo néganse a asinar eses convenios, e mesmo non asisten a reunións que os convocan para tratar este asunto. Polo tanto cada un debe de asumir a súas responsabilidades, e debe de ser coherente co que di e co que fai. E a marxe das intencións loables que vostede manifesta na exposición de motivos desta moción, eu creo que o primeiro que temos que facer, e vostede tamén, é non confundir obxectivo con obriga, pode ser un obxectivo da Deputación, ou intentar axudar a conveniar e coordinar políticas, como di vostede, coa Xunta de Galicia, nalgúns dos ámbitos onde ten competencia, pero eu creo que non é unha obriga da Deputación, prestar algúns servizos como este, non ten obriga, non ten obriga de colaborar. E despois fala vostede, nesa exposición de motivos que é, bueno pois, a diminución de participación nos fondos do estado, obriga a que os concellos se midan, bueno, o Partido Popular vén avisando desta situación dende fai moito tempo, e tamén lle recordo que vostede forma parte dunha formación política, polo menos ata este, momento apoiou os orzamentos do estado, apoiou a un goberno que esta levando a ese abismo ós concellos e tamén, porque non dicilo, tamén a outras institucións, a outras administracións como a Deputación, que hai que dicilo, as diminucións das aportacións dos fondos do Estado. Se mal non recordo, neste ano son os recortes de 31 millóns de euros, o cal tamén é unha contía creo que de suficiente importancia. O tema do transporte marítimo, home, ninguén puxo en dúbida a súa inclusión nese transporte metropolitano, eu o coñecemento que teño, as cifras que se manexaban polo menos no concello ó cal eu pertenzo e no que vostede pertence creo que as contías que se manexaban, eran de certa importancia debido á inclusión do transporte marítimo dentro do billete metropolitano, creo, Presidente, interrompemos. Sr. Presidente.- Non, xa nos abandonan os cativos, porque é normal, teñen máis cousas que facer que estar a escoitarnos, entón, ¿máis?. D. José Enrique Sotelo. Sr. Sotelo Villar.- Dicía que, creo que ninguén, na dirección xeral de mobilidade nin a Consellería, por suposto medio ambiente, transporte e infraestruturas, na cal depende a dirección xeral de mobilidade do coñecemento que eu teño, puxen e dúbida a inclusión do transporte marítimo neses futuros convenios. Polo tanto, teño que dicirlle tamén, que as hemerotecas están cheas de noticias relacionadas co que fixeron uns, e tamén co que fixeron outros, porque hai que lembrarse aquí, despois de moitas polémicas que houbo, unha Conselleira que o último día do seu mandato pois chegou a dicir: “El transporte marítimo a partir de fin de año, puede volver a ser público”, o, “La Unión Europea permite que una sola empresa preste el servicio de ría entre Vigo y O Morrazo. La Xunta afirma que un reglamento de la Unión Europea permitirá sacar a concurso el transporte de ría”. Iso é o que dicía no seu último día de mandato a anterior Conselleira. En definitiva, tendo en conta esa importancia que ten, como dicía antes, este asunto para os concellos que formamos parte desa futura, esperemos, área metropolitana de Vigo, o Grupo Popular, o Grupo Provincial do Partido Popular, pídelle que retire esta moción neste momento, que a deixe sobre a mesa, que nun prazo razoable de dous ou tres meses se faga unha valoración das aportacións que teñen que facer os concellos e da colaboración previsible que tería que facer a Deputación, porque é lóxico. A Deputación neste momento non ten ningunha partida prevista para asinar ningún convenio, haberá antes que facer un análise, saber do que estamos a falar, da contía económica, e despois tomar a decisión. A política da Deputación, sempre foi de axudar ós concellos, e dende logo, non vai a variar neste momento, de non ser así, evidentemente, non podemos votar favorablemente unha cuestión que non sabes da contía económica da cal estamos a falar. E tamén lle diría, que este tema, pois que se plantexara noutros lugares, como pode ser outras Deputacións, porque como sabe vostede hai outros lugares de Galicia, onde implantado o billete metropolitano, e que saibamos non aporta ningunha Deputación nin un so euro, entendemos e comprendemos e compartimos os problemas que teñen de financiamento os concellos, os momentos son difíciles para todos, pero evidentemente a Deputación antes de darlle o visto bo a unha proposta, deber saber da contía da cal estamos a falar. E de principio nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias, D. Jose Enrique Sotelo. Ten a palabra D. Daniel Rodas. Sr. Rodas Chapela. A moción que traemos hoxe aquí, fai referencia a proposta de convenio que existe enriba da mesa, por parte da dirección xeral, vostede facía referencia ó convenio do transporte da ría, pero que afloxe a memoria, que eu quixera recordarlle, que efectivamente, o protocolo e o convenio do plan piloto do transporte da ría, que suporía a rebaixa do billete nun 50% financiado pola Xunta e concellos, foi aprobado polo goberno anterior cun orzamento de 1.300.000 euros, en anualidades para o período 2009-2013. O actual goberno, esta proposta volveuna a presentar con leves correccións, nos custes, acórdase, en agosto do 2009, no momento en que a empresa Mar de Ons, comunicou a supresión efectiva da liña de Moaña, xa daquela o concello de Moaña, aprobara por unanimidade no Pleno do 9 de setembro a sinatura de dito convenio nas mesmas datas, sorprendentemente, o Goberno da Xunta suprimiu a partida orzamentaria correspondente no proxecto de orzamentos para o ano 2010, que pouca memoria. En decembro, o Sr. Presidente da Xunta, ¿recorda?. No acto inaugural da piscina municipal do Moaña, declarou publicamente que o convenio non se firmaba porque o transporte da ría estaría incluído, no plan de transporte metropolitano, e que sería realidade en marzo do 2010. ¿Xa non recorda?. Que pouca memoria hai. Por fin, na proposta que se nos remite do plan de transporte metropolitano de Vigo, presentado no mes de abril, o transporte de ría desaparece, a única referencia é a previsión dunha futura e hipotética proposta da Dirección Xeral. Que no seu anexo fai referencia, que é a única referencia que existe o transporte marítimo, e di, para o efecto a Dirección Xeral de transporte presentará a comisión de seguimento deste convenio ó proxecto de fixación de tarefa técnica, de equilibrio, máxima e os condicionantes técnicos que terán que cumprir as empresas operadoras de transporte marítimo que se integren no sistema do transporte metropolitano de Vigo. Polo tanto, esa é a realidade que neste proposta que vostedes presentan, o transporte da ría de Vigo queda fóra, e entón unha dos postulados da proposta é que iso que se inclúa e a outra é que a Deputación que teña a vontade de participar dentro dese convenio. No que si coincido totalmente é que a proposta de convenio que nos foi remitida é un borrador que non deixa nada claro cales son as aportacións, cales deben ser as aportación que poñen o concello, non o deixan nada claro, no sentido de que, non está xustificado, así aparecen concellos como o de Cangas que fan unhas aportacións, pois bastantes considerables, e aparecen outros concellos onde as aportación son bastantes pequenas, e non se sabe con claridade cales son os criterios, porque non se corresponden os criterios de representatividade cos criterios de poboación e cos criterios de aportacións. Efectivamente, pero iso é algo que xa lle temos remitido tamén, xa llo temos remitido á Dirección Xeral a ata o día de hoxe, pois non se ten avanzado nada ó respecto e lémbrolle que tamén a Dirección Xeral quedou comprometida cos concellos, a volver a ter unha reunión para ver de avanzar e para ver de recoller as suxerencias que plantexaban os concellos, e ata o momento non temos noticias de que iso se vaia a producir, en todo caso o que traemos aquí, que nos parece razoable, é que levamos moitisimos anos tratando de facer realidade unha proposta para o transporte, para o transporte público, esta proposta que hai aquí, é totalmente insuficiente, porque unicamente contempla o transporte de carretera, queremos que nesa proposta se contemple o transporte de carretera e o transporte de ría. No caso da ría de Vigo, digo, porque para nos é fundamental, vainos niso a vida, e o que é importante é que queremos que a Deputación que sexa parte implicada, para que os concellos, a súa aportación sexa máis reducida que o plantexamento que se fai agora. A proposta que vostede fai, poderíamos tela en consideración, primeiro se se acepta que se inclúa o do transporte da ría, e segundo se realmente coincide con nós, de remitirlle á dirección xeral que xustifiquen as aportacións que teñen que facer, e que efectivamente se comprometan a que dentro desas aportacións a Deputación, pois asumira o 50% que lle corresponda ós concellos. Sr. Presidente.- Sr. Sotelo. Sr. Sotelo Villar.- Que estamos a falar do sistema tarifario integrado, e ese sistema chamado pola dirección xeral de mobilidade, sistema tarifario integrado. Inclúe clarisimamente, Sr. Rodas, inclúe o transporte marítimo, como non podía ser de outro xeito, eu creo que iso é unha demanda histórica sobre todo de Moaña e de Cangas, pero é que os convenios dos cales estamos a falar, non so é Moaña e Cangas, estamos a falar de Baiona, de Gondomar, de Mos, de Nigrán, de Porriño, de Redondela de Salceda, e tamén de Vigo, que como saben, fíxose a foto campaña electoral e logo parece ser, das noticias que temos, non asumen, as contías que lles corresponde seguindo uns criterios, seguindo uns criterios. Non é alegremente, a Cangas lle toca tanto e a Vigo tanto, hai uns criterios, que creo que llos explicaron nas reunións que vostedes mantiveron, e o que hai unhas estimacións que corresponden ó 20% do custe que se estima e vai a ter ese sistema tarifario integrado, que insisto, no caso de Cangas e Moaña, inclúe o transporte marítimo. Dicía vostede do compromiso do Presidente, de que se vai a poñer en marcha no ano 2010, eu creo que nos compromisos do Presidente, creo e estou seguro de que vai a ser así, pero o ano 2010, ten 12 meses, 12, e eu creo que as cantidades, que vostede, estou seguro que coñece, que lle remitiron ó concello de Moaña, igual que ós outros concellos, figura a parte correspondente ó último trimestre do ano, que é cando se estima que vai a estar en marcha a prestación deste servizo, deste, como lle dicía, sistema tarifario integrado no último trimestre. Polo tanto eu creo, que o Presidente se comprometeu, e estou seguro que a Consellería de Medio Ambiente, Transportes e Infraestruturas, vai facer todo o posible para que se cumpra ese compromiso. Xa veremos se o cumpren os concellos que alegremente asinaron protocolos e agora se botan as mans á cabeza e néganse de forma sistemática, xa non digo afirmar, senón mesmo asistir ás seguintes reunións ás cales son convocados. Eu insisto, a Deputación non se nega a participar, pero o primeiro, que ten saber é, do que estamos a falar, do que estamos a falar, vostedes aluden ás dificultades económicas que teñen os concellos, que ninguén as nega, pero tamén hai que dicilo, a Deputación ten os ingresos que ten, e o que non se vai a comprometer a facer algo, a facer algo que logo non pode cumprir. Primeiro, é o que pedimos, é o que pedimos, que se estude, que se analice, que se saiba do que estamos a falar, de cal é a contía que terían que aportar os concellos, a Xunta, e se participa a Deputación, se participa, terá que analizalo, terá que analizalo, en definitiva, volvo a insistir, por suposto, por suposto que o compromiso de que ese transporte marítimo estea incluído nese suposto convenio, esa é unha cuestión, que eu creo que ninguén pon en dúbida, polo menos os que somos de Cangas ou de Moaña, é dicir, que de pouco serviría o transporte terrestre se non está incluído o transporte marítimo. Todos sabemos da importancia, e non vou eu aquí, Sr. Rodas, a falar quen foron os culpables de que deixaran a Moaña sen transporte marítimo, todos sabemos o que pasou, unha falla total de negociación da xunta de Galicia coa Unión Europea, coa Unión Europea que é allea ó problema, pois, considerou, debía pensar que o transporte Moaña-Vigo, Cangas-Vigo, era un transporte de transatlánticos, cada un ten que asumir as súas responsabilidades, e durante catro anos, neste senso, non se deu ningún paso ó fronte, máis ben, paralizáronse os pasos co anterior Goberno do Presidente Fraga, ó cal vostede fixo referencia, había dado, neste senso, sobre todo no último ano, cando era conselleiro de obras públicas e transportes o actual Presidente da Xunta, os pasos que se habían dado durante 4 anos, paralizáronse, porque a min me gustaría saber, cales foron as medidas que tomou o Goberno Bipartito, porque proxectos, meter en orzamentos, cantidades ficticias, deso sabemos moito, tamén meteron 10.000.000 de euros para un parque industrial, imputados a uns ingresos de 82.000.000 de euros e resulta que logo nesa partida se recadan 2.000.000 de euros, e por iso e por outros temas, temos a Xestur na situación en que a temos. Partidas virtuais, proxectos virtuais, xa mostraron a capacidade para facelos, xa mostraron a capacidade para facelos. Pero a realidade é outra, e a realidade é que este tema está exactamente igual que estaba cando o deixou o actual Presidente de Galicia naquel momento Conselleiro de obras públicas. Insisto, a Deputación non descarta colaborar, como colabora con outras cuestións con outras necesidades que teñen os concellos, sabemos da importancia deste tema que ten para determinados concellos, pero tamén lle digo con toda claridade, primeiro temos que saber do que estamos a falar, do que estamos a falar, das cantidades que estamos a falar, e para iso creo é necesario, se as previsións son poñer en marcha no último trimestre do ano ese servizo tarifario integrado, temos cando menos 2 ou 3 meses, para analizar este tema, e despois tomar decisión, e o que lle pedimos é que se deixe enriba da mesa para, pois, ter esas xuntanzas coa Xunta, e cos concellos e analizar e estudar en profundidade este tema. Sr. Presidente.- Moitas gracias, Sr. Sotelo. Ten a palabra o Sr. Rodas. Sr. Rodas Chapela.- No que si coincidimos, é que estamos de acordo con vostede, que non sabemos as cantidades como están xustificadas, e iso o que lle pedimos nós á Xunta, á Dirección Xeral, que xustificara con que criterios, establece unha táboa, onde figuran as aportacións que deben facer cada concello, que nós dudemos…é normal, que o dubiden vostedes, non me parece tan normal. En todo caso quixera facer unhas aclaracións, porque o que está dicindo vostede non é do todo correcto, no convenio non figura para nada, non figura para nada, o do transporte da ría, por unha razón, fala unicamente do transporte público, o do transporte da ría non é un transporte público. Cando nós plantexamos as dúbidas das aportacións, é porque no anterior, na anterior proposta do plan piloto, existían, viña pormenorizada, e o número de viaxes, o número de horas e a cantidade que iso supoñía, recordo que na anterior proposta, viñan 20 viaxes 10 horas e saía por un custe de 130.000 euros, agora nesta proposta da dirección xeral toda a ría , si lle fixeramos caso ó que di vostede, toda a ría e os autobuses sairían nunha cantidade de 130.000 euros, é dicir, dobramos o que son o modelo e os servizos e non se compatibiliza nin viaxes, nin horarios, nin nada, e as cantidades están aproximadamente nas mesmas contías. Polo tanto, é unha cuestión de maxia, maxia coa cal estamos acostumados pero na que non cremos. Polo tanto, hai que deixar as cousiñas ben claras, neste convenio fala única e exclusivamente do transporte por carretera, porque do marítimo non fala absolutamente nada. Efectivamente, o dicía vostede, ten moi pouca memoria, recorda quen realmente da Unión Europea plantexou que para ir de Moaña a Vigo era igual que ir de Vigo a Nueva York e que iso que era cabotaxe, xa non recorda, xa non recorda. Entón, en principio a proposta que vostede nos fai parécenos interesante sempre e cando iso, a responsabilidade de quen ten que facer as análises, de quen ten que concretar as aportacións que deben facer cada quen, é a Dirección Xeral, pero tamén isto ten que ter un prazo, ten que ter unha medida concreta e debe ter un compromiso, e o compromiso debe ser que a Deputación está disposta, efectivamente, sempre que a Dirección Xeral xustifique o modelo, a colaborar e asumir o 50% que neste caso lle corresponde ós concellos. Sr. Presidente.- Sr. Sotelo. Sr. Sotelo Villar.- Simplemente unha pequena, creo que precisión. Sr. Rodas, dificilmente se pode dicir que os horarios non compatibilizan, que non se compatibiliza os horarios, cando vostede está afirmando aquí que non se sabe cales son os criterios que se seguen, é dicir, senón figuran os traxectos nin horarios dificilmente se pode saber, ben, iso en primeiro lugar, iso si que é maxia Sr. Rodas. Mire, eu do pouco que coñezo das cifras doutros concellos, podía referirme a un concello, por exemplo, senón estivera incluído o transporte marítimo, como ben vostede di, como Moaña, vostede fixo referencia a unha cantidade que tiña que aportar no ano 2011, entendo, non no 2010, de 130.000 euros, cando outro concello limítrofe, por exemplo, Porriño, ten que aportar 66.000 euros, sencillamente vostedes aportarán máis porque está incluído o transporte marítimo, ¿ou é que a frecuencia Vigo-Porriño é menor que Vigo-Moaña?. Non, non, é porque está incluído o transporte marítimo, e ademais eu lle podo dicir que persoalmente falei co Director Xeral de Mobilidade, e non fai dous anos, fai días, e me transmite a seguridade de que se inclúe o transporte marítimo. E non veña aquí a falar do que consideran uns e outros sobre o transporte, porque eu lle podo dicir aquí o que reflexa, como dicía, as hemerotecas son moi amplas e o Partido Popular no seu momento, e lémbrome moi ben, porque naquel momento era eu Deputado, en conxunto, todos, conseguiu un acordo na cámara galega, no ano 99, onde co apoio do BNG e tamén do Partido Socialista, pois se considerou que era un servizo de interese público, e en virtude desa normativa se fixo unha concesión, que funcionou máis ou menos axeitadamente durante moitos anos, ata que houbo unha sentencia da Unión Europea, onde, bueno, pois se consideraba que era un monopolio que dalgunha forma, dalgún xeito pois houbo que caducalo, pero algunhas das formacións políticas que hoxe se sentan nesas bancadas aplaudían coas orellas a liberalización do transporte marítimo. Polo tanto, non lle vai dicir ó Partido Popular, neste caso concreto, que sempre o tivo moi claro, moi claro, moi claro, esta cuestión do transporte marítimo, sempre o tivo moi claro, a quen se debe que se viviran as situacións, que esperemos que non se volvan a vivir, que vivimos nos últimos meses ou no último ano en tanto ó transporte marítimo de ría. Non, non, pode culpabilizar ó Partido Popular desa situación, sabe que non debe facelo. Mire, en definitiva eu creo que este tema está suficientemente debatido, se vostedes queren que se estude este tema con seriedade, con rigor, para saber o que temos que facer, pois lle pedimos que quede sobre a mesa e senón, pois evidentemente, o Partido Popular, pois votará en contra da proposta tal e como está reflexado na Moción que vostede presenta aquí. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Sotelo. Sr. Rodas, a última intervención. Sr. Rodas Chapela.- Gracias. Seguir dicindo que a cuestión non é tanto falar senón é concretar. O tema de que estea incluído ou non, non é que o diga eu nin que o diga vostede, nin que fale cuns ou con outros, é que aquí existe unha proposta de convenio, a proposta de convenio non fai nin unha soa referencia ó transporte marítimo, nin unha soa referencia, está meridianamente claro que fala do transporte público por carretera, a día de hoxe o transporte marítimo non é público, non é público. Vostedes xa tiveron oportunidade de emendar os problemas que tiña o transporte marítimo, e a única emenda que fixeron, aínda o dicía onte o seu compañeiro alí no concello de Moaña, vostedes trouxeron unha empresa para facer o transporte de Moaña a Vigo, esa é a súa gran aportación ó problema do transporte de ría, polo tanto as cousas clariñas, nesta proposta de convenio non vén absolutamente nin unha liña que faga referencia ó transporte de ría, unicamente no anexo, e xa lle lin antes o que poñía no anexo, se considerará, se considerará. Polo tanto as cousas claras, meridianamente claras, efectivamente nós estamos dispostos, estamos dispostos a chegar a un entendemento porque cremos que é fundamental para que esta proposta de transporte metropolitano e de transporte de ría teña futuro, porque xa levamos un montón de anos dándolle voltas, dándolle voltas, dándolle voltas, pero para chegar a algo hai que concretar, entón para concretar é, efectivamente establecemos un prazo de dous meses, tres meses, onde a Dirección Xeral nos remita á xustificación dos custes que ten o servizo, e a partir de aí a Deputación asume o compromiso de participar, e por outro lado é fundamental na zona de Vigo asumir o transporte de ría, con eses criterios estamos totalmente de acordo, senón da outra maneira votamos a moción tal é como está presentada. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Rodas. Dicirlle que a Deputación non vai asumir ningún compromiso neste momento, o compromiso único que asume é o de estudar, como vostede acaba de dicir, está bastante verde este asunto. Ademais, vostede dicía que levamos un montón de anos, e é ben certo, os catro últimos anteriores a este último do goberno, neste caso do Sr. Feijoo, onde gobernou un goberno bipartito do cal vostedes formaban parte, e a solución que deron foi ningunha. Polo tanto, se quere, evidentemente, a proposta de que o deixe sobre a mesa, co fin de que entre a Deputación, Dirección Xeral e Concellos, se estuden posibilidades de chegar a un acordo, pero ningún compromiso de financiamento por parte desta institución. Se está de acordo moi ben e senón procedemos xa á votación. Si. Sr. Lores Rosal.- Quédame clarisimo, ningún compromiso, vamos a seguir estudando que é o mesmo que levades facendo as últimas tres lexislaturas. Gracias, moitas gracias. A votar. Sr. Presidente.- Iso foi o que fixo o goberno bipartito con vostedes. Procedemos á votación. Primeiro votamos a proposta de retirada da mesa, que se deixe sobre a mesa. A favor o Partido Popular, en contra, primeiro vamos a votar iso e despois vamos a votar a súa proposta, é o que me di o Secretario, a ver, póñanse de acordo. A ver, Sr. Secretario, aclárese. Sr. Secretario.- Ha hecho una propuesta primero para que quede sobre la mesa, si quería, el Presidente se lo dijo a usted, pero hay que votarla. Sr. Presidente.- O Partido Popular vota a favor da proposta de deixalo encima da mesa, vostedes están en contra de deixalo encima da mesa. ¿Están en contra?. Ben, nós facemos unha proposta alternativa á súa, e esa vamos a votala, tranquilo. Sr. Secretario, tome nota. ¿Votos a favor da proposta de deixalo encima da mesa?, Partido Popular, Partido Socialista. ¿En contra?, o Bloque en contra, polo tanto xa está. Votos en relación á Moción, ¿votos en contra da Moción?, Partido Popular. ¿En contra?. Por conseguinte, queda rexeitada, por maioría de votos en contra do Partido Popular e cos votos a favor do BNG e do PSdG-PSOE, a Moción do Grupo Provincial do Bloque Nacionalista Galego sobre a necesidade de establecer un convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para o desenvolvemento conxunto do transporte metropolitano de Galicia, na área de Vigo e Pontevedra. 6.5960.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO BLOQUE NACIONALISTA GALEGO EN RELACIÓN COAS MEDIDAS ECONÓMICAS ADOPTADAS POLO GOBERNO Sr. Presidente.- Punto número 6. Moción do Grupo Provincial do Bloque Nacionalista Galego en relación coas medidas económicas adoptadas polo Goberno. ¿Quen a firma?. Sr. Secretario.- El Sr. Mosquera. Sr. Presidente.- D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. Bos días a todos e a todas. Levamos unha traxectoria, que xa vai para dous anos, no que a crise pois foi voluíndo, e, bueno, pois vai tendo distintos episodios, o problema é que a intensidade, digamos, das fases, fai que se perda un pouquiño a perspectiva e se perda un pouquiño a memoria do que empezou a suceder e sigue a suceder nestes momentos. Esta mesma, esta mesma corporación, aprobou por unanimidade unha proposta, no seu momento, que consistía basicamente, e á parte a proposta do PP, cunha engádega na que non se podía recortar o gasto social. Iso foi como a finais do 2008, despois tivemos que escoitar por esa altura máis ou menos, incluso propostas tan fortes como aquela de Sarkozy de que isto non ía, e polo tanto había que reformular o capitalismo, ou sexa había que plantexarse seriamente certos peares de cómo estaban funcionando as cousas. Obviamente, aquilo quedou parece que en nada e despois a preocupación máxima de todo o mundo, creo que correctamente, era o paro, eran as dificultades que tiñan os cidadáns para chegar ó final do mes, para manter o seu posto de traballo ou para manter a flote a súa empresa. Creo que ese discurso durou bastantes meses, e creo que dunha maneira máis ou menos correcta, que se pode compartir, porque ante todo creo que o que nos debe preocupar, ou o que nos debería preocupar a todos e a todas, é o benestar da xente, ou preocuparnos e lamentar o sufrimento que poida ter. Ben, iso de repente desapareceu do debate político, desapareceu, nestes momentos parece que a ninguén lle preocupa o paro, a ninguén lle preocupan as dificultades das empresas, e de repente virouse en, ¿que din os mercados?, ¿que din os mercados?. E resulta que un Estado que non se caracteriza precisamente por ter a débeda máis alta de toda a Unión Europea, nin nada parecido, nin tan sequera o déficit, pois ten que, non se sabe de onde saíu a decisión, verdade, non sería de Obama, Estados Unidos está tirando do déficit coma unha fiera, para reanimar a economía e recuperar o traballo. De repente non se sabe de onde sae a mensaxe máis cruel, máis inxusta, e dende logo impresentable, que se pode dar, hai que cebarse cos débiles, esa é a mensaxe que pide o mercado. Claro, cando se escoita dicir, que claro, que todo é o mesmo, non é o mesmo, un empresario se ten que despedir a un traballador pois igual o fai polas súas contas, pero normalmente moléstalle, dóelle, dóelle, etc., pero cando estamos falando do gran capital financeiro, eses centros de decisión que parece que sobardan estados, comunidades europeas e demais, aí é a friaxe, a friaxe é absoluta e demais, entón a medida, hai que, baixo a desculpa de recortar o déficit público, unha mera desculpa, porque as cifras que dan, que resultan do paquete de medidas este, é absolutamente ridícula, podíase sacar de calquera lado, de calquera lado, de calquera lado, de calquera. Pois resulta que non, ese non é o asunto, non é recortar o déficit 6.000 millóns, 4.000 millóns ou 10.000 millóns, non, iso sacábase de calquera lado, o asunto é que o Estado Español, a Unión Europea toda, ten que mandar ó mercado a ese Leviatán descoñecido e demais, a mensaxe de que se vai a cebar cos débiles, exactamente esa é a que quería escoitar, e iso foi o que se adoptou, iso foi o que se adoptou, cos débiles en todos os aspectos, primeiro apartado, ou sexa, vamos, funcionarios, pensionistas, administración local –a máis débil de todas as administracións-, evidentemente, e estamos nesa fase que xa sabemos o que vén na seguinte, a seguinte é que, mire, quitando o capital financeiro especulativo que anda por aí o demais abróchense todos os cinturóns, recorten salarios no sector privado, que é a mensaxe, porque isto realmente só é un paso, etc., etc. Dende logo se o terrible é que no fondo, quitando formas e demais, pois parece, parece que todo o mundo o asume, todo o mundo o asume, quitando algúns que cremos noutra posible maneira de funcionar e non dende logo nesta. Dende logo mirando cun pouco de obxectividade, incluso no propio discurso que foi habendo coa crise, a preocupación é o paro, a reactivación económica, tómanse unhas medidas que van aumentar o paro e van a diminuír a reactivación económica. Estados Unidos, xa digo, está facendo reactivación económica e a loita contra o paro, e lle importa o débil, coa desculpa do déficit porque non é real, e se houbera cortado, hai cincuenta sitios onde cortalo sen iso, ou sexa, a mensaxe que querían, ese Leviatán terrorífico, é, hai que cebarse cos débiles, ou sexa, toda a parte salarial, toda a parte salarial directa ou inducida, as administracións máis débiles, as empresas máis débiles, hai que mandar a mensaxe de que se lle vai a meter a tesoira, se lle vai a meter a tesoira. Dende logo, aceptar iso creo que é radicalmente, creo que repugna a máis mínima sensibilidade, xa non digo política nin nada, digo que ata incluso esa que tan denostada da caridade, ou sexa, creo que repugna, o máis mínimo e demais, as medidas concretas; e a moción ten unha liña, está moi pensado porque ten unha liña, obviamente, e creo que o fondo da cuestión, calquera persoa cun mínimo de sensibilidade, creo que lle debe repugnar duramente, logo non hai maneira de xustificar, que nin por cifras, nin por situación económica xeral, nin polas prioridades que debe ter calquera Estado, calquera, non hai maneira de xustificar estas medidas, por ningún lado. Só se xustifican polo que dixen antes, hai que mandarlle a ese Leviatán que parece que manda sobre todos, e se acepta, verdade, coa orella gacha que mande, a mensaxe de que os estados europeos, non só o español, os estados europeos se van a cebar cos débiles, e lle van garantizar a ese Leviatán que custe o que custe no futuro, van a poder seguir especulando ou ter beneficios garantizados dese capital financeiro. Francamente, para min é un tema que creo moi, moi desagradable, moi, moi preocupante, terriblemente preocupante, mecanismos deste tipo, de aceptar algo en contra dos principios básicos remataron en cuestións moi fastidiadas historicamente, agardemos que neste caso non suceda, pero cando menos nós nos vemos na obriga de dar a batalla, alertar do que significa, non, repito, non en liñas concretas, nin as grandes cantidades que supón, porque non son ese o problema, non é ese o problema, senón o fondo da cuestión de que se mañá ese sacrosanto mercado pois di que, bueno, pois a saber que se lle ocorre, pois baixar a orella e ir en contra de todos os principios, de todo o mundo, porque vostedes aquí, xa digo, propuxeron non á redución do gasto social, etc., e agora están de acordo, digo o Partido Popular, etc., etc., aínda que despois nos teñen unha moción de urxencia só, ou sexa, unha moción tremendamente demagóxica, que é a ver se co das pensións axeitamos, o resto estamos de acordo, só co das pensións. De verdade, creo que a cuestión é moito máis de fondo e polo tanto pois nós propoñemos rexeitar todas as medidas, todas e cada unha, hai que poñer todas e cada unha, para que non haxa ningunha dúbida, polo que significan de fondo, polo que significan de fondo e polo que significan de falta, de violación dos principios mínimos, incluso de sentimentos que creo que calquera sociedade debe ter. Nada máis por agora. Sr. Presidente.- Bueno, en relación ó comentario do Sr. Mosquera, eu quérolle pasar a palabra aquí a D. José Crespo. D. Emilio quere falar. Ten a palabra D. Emilio González. Non, non, pero así contestámoslle ós dous, porque así ten un pouco máis de enxundia o asunto. Sr. González Iglesias.- Vamos a ver, realmente eu creo que sería moi difícil, moi difícil, topar a alguén que lle gustara o que se está facendo, é dicir, o mesmo goberno ou os mesmos deputados socialistas que onte votaron a favor da convalidación dese decreto, loxicamente fixérono pois dende a dureza que significa facer iso, e a nós mesmos nos pasa igual, pero claro, entre adoptar unha medida dura e ter a responsabilidade de adoptala pois hai que quedarse coa responsabilidade e hai que adoptala. Probablemente, probablemente, e ó longo do debate seguramente, nos enteremos de que é o que farían outros ante esa situación, a realidade é que en España se está facendo exactamente o mesmo que se está facendo en toda a Unión Europea, si, en toda a Unión Europea, é dicir, miren, hai un mes a primeira ministra alemana dicía que ía baixar os impostos, hai un mes, non hai un ano, non, hai un mes, e ás dúas semanas seguintes dixo que diso nada e está plantexando, si que o dixo publicamente, o incremento dos impostos. Isto é así, pero medidas dese tipo se acaban de anunciar no Reino Unido, anunciáronse en Francia, estanse a adoptar en Italia e noutros países da Unión Europea, Portugal mesmo, etc., etc., hai unha diferenza fundamental, iso é certo, fundamental en todos os países da Unión Europea, e é que aquí só hai unha forza política que tira do carro, unha, o resto están a outra cousa, curiosamente nesa outra cousa non sabemos cal é o fondo do que están dicindo, porque claro, eu onte escoitaba á algún líder político dicir que rexeitaba as medidas do goberno porque eran improvisadas e insuficientes, claro, a improvisación creo que xa falei antes dela, é dicir, tanta improvisación como a de Alemania, de Francia, de Italia, etc., etc., etc., é dicir, é tan cambiante e tan rápido o que está pasando que hai que ás veces adoptar as medidas a toda velocidade. Pero o de insuficientes a min si que me preocupa, porque claro, estar en contra dunha medida porque é insuficiente significa que ti farías bastante máis que iso que se está facendo aí, irías máis a fondo, e claro, cando quen o di, di iso acompañado de dicir que é o maior recorte social da historia de España, pois home tamén curioso, porque as cifras dende logo son, están aí, e efectivamente, a primeira vez que se plantexa unha baixada de salarios para os funcionarios, é certo, bueno, hai países en Europa, e países ós que poñemos como gran exemplo, que en grandes empresas privadas adoptaron esa baixada de salarios, hai dous anos e tres. Pero claro, quen sosteñen esta tese resulta que empezan a gobernar no ano 96 e conxelan os salarios dos funcionarios, os conxelan dous anos, e a partir de aí o incremento salarial dos funcionarios é por debaixo do IPC, cousa que curiosamente do 2004 ata aquí non se dá. E claro, se vamos a cifras e vemos que, e non vou a falar das pensións, porque hai unha moción despois co cal vouno a deixar para a moción de despois, pero vemos que o incremento do gasto social en Educación, en becas concretamente, vamos en Educación, é do 100% a partir do ano 2004, que en becas é do 67%, que en desemprego é do 173%, porque, home, é certo que como hai moitos máis desempregados hai que facelo, pero tamén é certo que é a primeira vez na historia de España que o 80% dos desempregados teñen cobertura de paro, teñen algunha cobertura, 80%, é a primeira vez que se dá unha cifra dese tipo. Ou que en vivenda se incrementou o gasto no 124%, pois algo disto quere dicir que si houbo un gasto social moi importante nestes últimos cinco anos, e que, ¿cal sería a diferenza se seguira gobernando coa mesma traxectoria de ata o 2004?. A incidencia agora sería bastante maior, bastante maior, porque todas estas coberturas sociais que se incrementaron, estarían reducíndose bastante máis. Polo tanto, volvo a repetir, entendo que a nadie lle gustan estas medidas, pero cando hai que adoptalas hai que adoptalas, e de verdade, díganme algún país da Unión Europea onde non se estean plantexando medidas tan duras como esta, e nalgún caso máis, noutros menos, porque loxicamente estamos falando de diferentes economías. Por agora loxicamente nós vamos a estar en contra do que plantexan na Moción, con toda a dor ademais, votamos en contra. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Emilio González. Voulle dar a palabra a D. José Crespo, pero antes quixera facer unha moi breve reflexión, de que os políticos somos persoas normais, eu creo que debemos ser persoas normais, pero a vostede Sr. González é que lle dá, danlle un papelón, ten que defender un papelón, entón eu creo que podemos ser normais, e para ser normais haberá que ter un pouco de sentido común, e sentido común é, oe, mira, pois a situación é a que é, houbo erros que se cometeron, e non me veña agora a falar de que se gastou máis en becas ou se gastou máis en desemprego. Home, se se gastou máis en desemprego, ¿que será mellor, crear riqueza ou crear máis desemprego?. Sr. González, os políticos temos que ser persoas normais, porque os problemas reais están na calle, sexamos normais, hai que recoñecer, mira, nos equivocamos, nos equivocamos en todo, equivocouse a Ministra Salgado recortándolle ós concellos a partir do 1 de xuño, e ela ademais, a min o máis doloroso de todo iso é que mentira, porque mentiu, porque despois saíu o Presidente do Goberno dicíndolle, non, rectificar é de sabios e ela dixera que fora un erro do Boletín Oficial do Estado. Sr. González, os socialistas dunha vez por todas admitan que se equivocan, e se equivocaron drasticamente coa sociedade española en xeral, é a realidade, é a triste realidade, e agora o problema pois o temos todos, e quen mellor que a sociedade, sobre todo os que están no paro, para visualizar todo isto que está pasando. Dunha vez sexamos normais, os políticos, sobre todo neste caso do seu partido, sexan realistas, hai un gravísimo problema e vostedes evidentemente son os responsables en gran medida deste problema, e non falen de que nós subimos en becas, subimos en gasto social, pero que maior garantía de gasto social, hai que crear riqueza, e crear emprego, e ter traballo para a xente, hai algunha riqueza maior, que vostedes falan, sempre se lles enche a boca, dicindo que nós somos a garantía da política social deste país, pero que política social con 5 millóns de parados, que política social teñen vostedes, ou sexa, de pagarlle ós que están no paro, e despois aínda quere criticar que na etapa do 96 ó 2004, a etapa do 96 ó 2004, Sr. González, foi a mellor etapa da historia da democracia deste país, e tocoulle neste caso ou a soubo liderar un goberno do Partido Popular. Polo tanto, iso pódese recoñecer e non pasa nada, eu creo que ademais ata lle iría mellor, se dalgunha maneira recoñecen onde e cando se equivocan, que é practicamente sempre, pero bueno, esa é a realidade, e non queren asumila, e andan aí, si, xa escoitei eu ó Presidente do Goberno onte dicindo o das becas, teñen que recorrer ás becas, pero claro, estábamos na Champions League, íamos superar a Italia, a Francia e non sei quen máis, pero, pero vamos a ver, e despois vamos por aí presumindo de que lle queremos dar diñeiro a Haití, a Grecia e máis a non sei quen máis. E comentaba eu agora co Interventor, e dicía a Vicepresidenta Salgado, dicía, “nós non estamos”, non estaremos nunca como Grecia, cando dalgunha maneira Grecia lle fai unha baixada de soldos ós funcionarios, e de alí a pouco resulta que lla teñen que facer tamén en España. Pero, pero, a onde vamos, por que non somos normais, somos persoas de sentido común, vostedes queren ser extraterrestres e ó final o que son é peores, evidentemente, bastante peores, bastante peores que o que dalgunha maneira intentan demostrarlle á xente porque así non van a ningunha parte, e ogallá llo demostre a sociedade cando teña que facelo, que será nas urnas. Sr. Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Bos días a todos. Despois do que dixo o Presidente pouco me queda que engadir, simplemente dicirlle ó BNG que, a verdade é que debe ser a moción máis breve da historia, ten un, dous, tres, catro, cinco, seis ringlóns, pero bueno, non estamos de acordo coas medidas adoptadas polo Goberno, está claro, e quedou palpable onte, polo tanto nós non estamos de acordo e polo tanto vemos ben a moción. Agora ben, o argumentario que utilizou o Sr. Mosquera, no argumentario si que non estou de acordo en moitas das afirmacións que fixo, e non vou a entrar en todas elas, pero que diga que o problema non é o déficit público, é certo que o sector privado ten moita débeda, pero si que é un problema o déficit público, o que pasa é que vostedes ás veces dá a sensación de que pensan que todo se arregla dende as administracións, e creo que precisamente ó mellor ese se cadra foi o erro de moitos dos problemas que estamos padecendo. O problema de todo isto é que o Goberno está totalmente desnortado, nadie o cuestiona, eu creo que iso ata os propios socialistas, aínda que o Sr. González como dixo o Presidente teña que asumir aquí un papelón, pero eu creo que lle podía dicir ó Sr. Mosquera o que lle dixo onte Griñán a Zapatero, o que lle dixo onte Griñán ós nosos, que Zapatero é malo non os fai a vostedes bos, foi un lapsus probablemente, pero admitía Griñán que Zapatero é malo, eu creo que é malísimo, pero bueno o dicía, non, non, Griñán onte, é o que vén recollido nos diarios, Griñán, o Presidente, ¿chámase Griñán?, si, José Antonio Griñán, o Presidente de Andalucía, dixo, que Zapatero sexa malo, primeiro, pero vamos a ver, el por primeira vez, un Presidente dunha autonomía socialista, importante, admite que Zapatero é malo, eu creo que é peor, pero en todo caso xa o propio PSOE condiciona o propio futuro de Zapatero. Eu creo que non sei a onde vamos, porque o problema é que estas medidas, se realmente arranxaran o problema, aínda podería ser a solución, pero sabemos todos que é a primeira fase e que terá unha segunda, e unha terceira, e sabe Deus cantas. Só había unha solución, a solución é que se foran e que deixaran paso a outros, que convocaran eleccións como require un país democrático coma o noso, e senón fora así polo menos co actual equipo de goberno que hai en España, que deixara paso dentro do propio PSOE a outros, porque seguro que calquera o pode facer igual. Eu creo que se o Partido Socialista vai á súa lista de afiliados e collen un dedo e poñen así encima de calquera, calquera que sala de todos os afiliados que hai en España é imposible que o faga peor que Zapatero, farao tan mal se cadra, pero peor é imposible. Eu creo que con este goberno desnortado, dando tombos, que ademais o futuro que se aveciña é preocupante, onte quedou patente no Parlamento, cos apoios que tivo, aínda que saíu por un voto, quedou patente que non lle arrendamos a ganancia para elaborar os orzamentos do mes de outono que está aí á volta da esquina, e non se lle vai arrendar a ganancia porque o que dixo Converxencia, está claro e ó final senón se dan elaborado os orzamentos vai haber igual que facer eleccións. Polo tanto, o máis fácil sería que deixaran paso a outras alternativas, que foran máis acordes coa realidade, porque o problema dos soñadores é que en política é bo ter algo de soños, porque os soños senón os soñamos nunca os poderemos facer, pero se só se vive de soños malamente se vai, ó final pasou o que pasou, estiraron o pé máis que a manta, quedounos o pé fóra e agora estamos nunha situación caótica e ademais o problema é que estamos todos desencantados. Así que nós vamos apoiar a moción do Bloque Nacionalista Galego aínda que non compartimos na súa totalidade, as medidas obviamente non son as máis adecuadas e son insuficientes seguro, pero non compartimos con el o razoamento, que non vén aquí na exposición de motivos, pero que fixo o Sr. Mosquera. Sr. Presidente.- Bueno, moitas gracias Sr. Crespo. Ten a palabra neste caso o Sr. Mosquera que antes non fixen unha alusión, pero para darlle invitación a que me conteste, vostedes son corresponsables do que está pasando, Sr. Mosquera, porque o seu voto, agora non, agora colleron e sacáronllo, retiráronlle o apoio, pero o seu voto foi o que nos levou durante moito tempo a esta situación. E vostedes son corresponsables co Partido Socialista do que está pasando, o que pasa é que agora meteron o pé no charco e agora quéreno retirar, e iso é a realidade, por iso que vostedes de pouco poden presumir Sr. Mosquera, de moi pouco poden presumir, pero bueno, como vai a ter a posibilidade de contestarme, aínda que niso eu creo que por moitos argumentos que teña non, porque a realidade é evidente e os votos están aí cando llos deron, neste caso ó goberno socialista. Ten a palabra D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Sr. Presidente, eu estou notando ultimamente como, non sei se é que vostedes non saben se largar a campaña electoral ou non largala, como certo nerviosismo, estamos falando dun asunto, estamos falando dun asunto, que ogallá dependese, dependese de que tacticamente nalgún momento un adoptara un posicionamento ou outro, co goberno do Estado, PP, BNG, ou quen fora, por desgraza vostedes queren encubrilo así, pero non é así, non é así, sábeno de sobra, sábeno de sobra. E claro, a min que nestes momentos, pois agradezo o voto favorable, pero é que resulta que a mesma proposta a semana pasada contou co seu voto en contra no concello de Pontevedra, as declaracións súas, alégrome, alégrome, rectificar é de sabios, as declaracións súas en todos os aspectos e a defensa que fan do sistema este de, de ogro, de Leviatán, ultraliberal, neoliberal ou o que sexa, pois resulta máis sorprendente, eu sempre souben que no PP galego pois hai varias concepcións, e obviamente pois hai xente que non ten esa concepción que teñen noutras partes, pero por desgraza, repito, isto non depende da contradición ou non contradición, supostas contradicións, que tiveron a forza política, que as puido ter, calquera, calquera, pero non dependen diso, non depende diso, porque entón eu que sei, pois un bo exemplo para vostedes, Berlusconi, verdade, non chegaría a eses problemas e chegou. Igual o fixo mellor ou peor, iso pódese discutir, pero estamos falando do problema, do problema de fondo, eu intentei falar do problema de fondo e o problema de fondo é que a Unión Europea decidiu, decidiu que a mensaxe que hai que mandarlle a todos os Estados, uns máis e outros menos, todos os Estados, a eses, a quen manda, o mercado, xa se recoñece que é o mercado o que manda, abertamente, abertamente, porque reúnense co fin de urxencia, por mandarlle esas mensaxes ó mercado, porque é quen manda, é que tal, é que hai que cebarse cos débiles. E todos os Estados europeos están procedendo con fluición, uns mellor, outros peor, uns escenifican un acordo, outros desacordo, ti fumaches en pipa, non, eu fumo puros, vale, pero o problema de fondo ó que me quero referir é ese, porque se falamos de rigor e de contradición pois mire, a mesma moción que era rexeitar as medidas no concello de Pontevedra o outro día votárona en contra, ou pois non hai máis que ver, ¿cando foi?, o mércores, o mércores, o seu grupo en Pontevedra dicindo que pedía un 15% de baixada a todos, senón ía a levantar Pontevedra casa por casa, e vostede dicindo que o que se vai aplicar sensatamente é que o que acordou a FEMP e a FEGAMP, verdade, porque hai xente que está nesa categoría e cobra 20.000 euros, entón aplicámoslle o 15 ou o 50, segundo cadre, verdade, iso é o que din, o que din aí ó lado, nunha sede e noutra, bueno, se entramos por aí vamos finos, vamos finos e vostedes precisamente non poden falar en exceso disto. Eu obviamente é un discurso no que se topan por un lado moi incómodos, moi incómodos, porque a súa sumisión ó neoliberalismo do mercado é absoluta, e por outro lado cómodos porque se adican a arrearlle estopa ó goberno central en plan floreado, verdade, e algúns motivos teñen, obviamente, en plan floreado, fantástico e demais. Entón tópanse as dúas cousas, escapan da cuestión de fondo e entran na cuestión máis táctica-política e demais. Miren, repito, a min como persoa, e ó noso grupo en conxunto, pero a min como persoa francamente revólveme o máis básico dos sentimentos, o posicionamento político. Dende logo que nestes momentos o discurso non sexa a preocupación de que a economía se reactive, de que a xente non sufra estando no paro, as empresas non tal, senón o problema é ese sacrosanto déficit que é falso, repito, esas cifras de déficit recortábanse de calquera lado, que se houbera, xa o dixen, se houbera que recortalo recortábase de calquera lado. A ver, vamos ás contas xerais do Estado, no Estado a metade de ano, normalmente cando se fan os axustes se hai máis ingresos ou máis gastos, houbo anos que houbo axustes máis gordos que estes e non por iso tomaron estas medidas, se pode reaxustar de mil sitios, perfectamente, non, non, ese non é o problema, aceptemos que sexa o déficit, que eu non o acepto, pero aceptémolo, aínda así o déficit, pódese recortar perfectamente esas cifras sen tocar o que tal. A mensaxe que había que mandar, pero non ó Estado español, a toda Europa, é que había que cebarse coas partes máis débiles da sociedade, e todos o están facendo, e iso a min, francamente pode estar toda Europa de acordo, todo o mundo, pero a min non me van a convencer, poden estar seguros que non me van a convencer, non me van a convencer, ou sexa, como se é, se esta medida a adoptara o Banco Central Europeo e fora de aplicación e non fora ó Parlamento, non tiña nada que ver a política estatal disto. Non me van a convencer, francamente, porque é un auténtico dislate, por certo, e si creo que distorsiona un pouco, pero vostedes son especialistas en distorsionar, por certo, non sei exactamente con respecto á baixa de salarios que van aplicar, se o da sede da Oliva ou o da sede de Rosalía de Castro, quería sabelo tamén por actuar en consecuencia. Sr. Presidente.- Sentido común. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bueno, a alguén lle falla. Sr. Presidente.- Sentido común. Sr. Mosquera Lorenzo.- A alguén lle falla. Eu xa sei a quen lle falla, neste caso non lle falla a vostede, fállalle a outro, pero bueno. Sr. Presidente.- Vostede tranquilo. Sr. Mosquera Lorenzo.- Fállalle a outro e ben fallado, como vén sendo habitual. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. D. José Crespo. ¡Ah!, perdón. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Home, Sr. Presidente, se a definición de papelón é a de estar de acordo que haxa que adoptar unhas medidas por moi duras que sexan, pois asumo ese papel, son duras pero hai que adoptalas, e eu estou de acordo. Ó mellor noutros momentos, quero ver o que fan vostedes noutros momentos. Mire, di o do sentido común, home, sentido común, realmente, realmente neste país non é o PSOE precisamente a quen se acusa dese tema, agora mesmo, hoxe, a día de hoxe, en todos os medios de prensa estranxeiros a quen están acusando de falta de sentido común é a vostedes, é curioso, pero é así, é así. Home, non sei, supoño que a felicitación de onte do goberno alemán, ou do goberno español, por haber sacado o tema, non se produxo no PP, e son os seus socios, que quere que lle diga. Home, me di o Sr. Louzán, me fala, de que como o que se lle fai ós concellos, pois mire, probablemente, probablemente se vostede fixera caso, que nunca o fixo, digo onde vostede é responsable, que é nesta casa, e nunca o fixo, eu quero recordarlle, é unha moción miña de hai dous meses, para que se debata, tróuxoa a Pleno, dixo que se ía a debater en Comisión, e seguimos igual, co tema do problema económico dos concellos, a ten aí gardada no sono dos xustos. Pero claro, o problema económico dos concellos, dalgúns concellos máis que doutros, vai haber que empezar a medir efectivamente quen foron os xestores deses concellos, e iso mesmo vale para a Deputación, Sr. Louzán, iso mesmo vale para a Deputación, é dicir, ó colocar a Deputación no nivel de endebedamento que se lle coloca, coas operacións feitas e previstas para este ano e o ano que vén, pois mire, a responsabilidade é de vostede, que aquí si que se lle dixo por parte do Grupo Socialista, de estar dispostos a chegar a un acordo para facer un plan de saneamento e a chegar a un acordo para que todos os concellos, todos os concellos, puideran ir a unha harmonización fiscal dentro da provincia, dixémosllo en varias ocasións, pero iso non dá votos segundo vostede, entón vamos por outro sitio. Home, Sr. Louzán, a verdade, a verdade, é que falar do tema do paro acusando a Zapatero, cando nesta mesma casa, neste mesmo Pleno, vostede, hai dous anos acusaba diso a Zapatero e a Touriño, claro, agora só é Zapatero. Pero é que resulta, resulta Sr. Louzán que durante o exercicio pasado, durante o ano pasado, o maior crecemento, o segundo maior crecemento de paro en España, porcentualmente, dáse en Galicia, e gobernan vostedes, e as competencias están transferidas absolutamente todas, todas. Claro, debe ser por iso, debe ser por iso que o Sr. Louzán cando trouxo o orzamento a esta casa o primeiro que fixo foi recortar o Plan de emprego provincial, é unha medida absolutamente lóxica en vostedes, lóxicamente. E, di vostede, ou din vostedes que o problema é que se ten que ir Zapatero, o di o Sr. Crespo, home, a min isto sóame, é vello xa, en vostedes é vello, é a mesma táctica, absolutamente a mesma que utilizaron, recorda, no 92 empezaron con ela, 93 empezaron con ela e estiveron tres anos, tres anos co mesmo sonsolete, daquela era váiase Sr. González e agora tócalle a Zapatero, o que pasa, mire, a aquel custoulle tres, case catro anos e a este vaille custar seis mínimo, seis mínimo, seguro. Eu, de verdade o que me asombra, o que me asombra por parte do Grupo Popular nos seus plantexamentos, e non só aquí senón en toda España, é o plantexamento que fan, é dicir, miren, empezaron dicindo a semana pasada que isto, a ver, anulando dous Ministerios e unha Vicepresidencia, xa tiñan o tema arranxado, claro, resulta que dous Ministerios e unha Vicepresidencia eran sobre 160 millóns de euros, porque supoño que iso non sería votar ós funcionarios deses Ministerios, supoño. Bueno, iso non chegou e entón hai uns días, mira que o Presidente do seu partido, di que, retirando as subvencións que hai, a partidos políticos, sindicatos e demais, tema solventado. Debe ser porque algúns o financiamento téñeno resolto bastante mellor que outros, debe ser por iso Sr. Louzán, debe ser por iso. Mire, a verdade, volvo a repetir, é dicir, eu non entendo a posición do Partido Popular, supoño que hoxe, hoxe, a día de hoxe, Europa non a debe entender nadie, ninguén a entende, ninguén, é dicir, vostedes teñen moi claro cal é o seu obxectivo agora mesmo, o seu obxectivo é gañar as eleccións, impórtalle tres cominos a situación do país, non lle importa absolutamente nada, válelle todo para conseguir o seu fin. Pero bueno, en ese vale todo sigan vostedes, nós dende logo non vamos a coincidir con vostedes. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. González. Eu sei que ten un papelón difícil, complicadísimo, eu lle dou a receita, ou sexa, persoa que traslade a realidade da rúa de que os políticos, sobre todo socialistas, tamén se equivocan, e entón estou de acordo con vostede en que os de fóra de España non coñecen ó Sr. Zapatero, máis lle vale non coñecelo, porque como ben dicía neste caso D. José Crespo, non hai solución, con este señor ó fronte do goberno de España non hai solución, iso é evidente, e polo tanto non lle queda outra alternativa máis que aquela frase célebre, váiase Sr. Zapatero. D. José Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Ben, para terminar, pola nosa parte dicirlle ó Sr. Mosquera que nós aquí facemos política provincial que é a que nos toca facer, a que fan aí na casa do lado, pois fan a local, e eu en Lalín fago a miña, en Redondela fan a súa, cada un facemos a nosa segundo nos vai na feira, hai un refrán que di que “cada un fala da feira segundo lle vai nela”, pois cada un ten que aguantar, “cada pau debe aguantar a súa vela”. Nós o que defendemos aquí, defendemos o que defendemos, e o que defenden noutro sitio, cada un é responsable do que defende. Eu simplemente recórdarlle ó Sr. Mosquera que, a ver, porque o paso seguinte vai ser facer os orzamentos do outono, o goberno moitos apoios polo que se ve non ten, a ver se no último minuto non nos convencen a vostedes, por un chupalito, que ó final nunca nolo dan porque cando o Bloque pon unha condición para dar o voto favorable ós orzamentos do Estado a cambio dun chupalito, que normalmente é un chupalito que vén para Galicia, ó final aínda por riba nunca se materializa, porque eses cartos, eses cartos que en teoría ían vir para algunhas cousas que condicionou o Bloque o seu voto, ó final nunca chegaron. Este ano quedámonos sen PEIN, o PEIN ese que pediran vostedes cando gobernaban a Xunta para Medio Rural, para facer pistas no rural, déronlle eses cartos e o ano pasado non viñeron, e este ano tampouco. Home, se van a pedir algún, pidan algún chupalito dese estilo a ver se polo menos nos dan algo, así que non nos convenzan, porque os de Converxencia xa foron suficientemente críticos, os do PNV parece que están un pouco desgustados, polo tanto que non nos vaian convencer a última hora para aprobar unha vez máis un orzamento nefasto para o noso país. Sr. González, a verdade é que non é cómodo estar nesa bancada hoxe, supoño, con esta moción. Pero vénseme á mente unha cousa que dixo Felipe González nunha universidade, alá en USA, non sei se era en Minesota ou por alá era, estaba Henry Kissinger, no medio Baltasar Garzón e á dereita Felipe, presentábaos a ámbalos dous ou facía de moderador, hai anos, e entón preguntoulle un alumno de Estados Unidos, daquela Universidade que non me lembro cal é, creo que era Minesota, Sr. González ¿cal é a diferenza real entre a esquerda e a dereita en España?, porque aquí temos unha dificultade para entendelo. E díxolle algo Felipe González que eu subscribo totalmente, está recollido, di, “mire, para que vostede me entenda, mentres que a dereita é capaz de crear riqueza e nunca encontra o momento adecuado de distribuíla, nós sabemos distribuíla como Dios pero non somos capaces de xerala”, nestes momentos facéndolle caso a Felipe González, non hai riqueza para distribuír, o hórreo non ten, normalmente no hórreo sempre se deixan unhas espigas para os ratos, non hai nin un millo para os ratos, xa non queda nin unha espiga no hórreo. Polo tanto, neste momento, de acordo con iso que dixo Felipe González, e que eu estou de acordo, como fai falta crear riqueza e o PSOE non é capaz de creala, que se vaia. Mire, durante varios anos pasou Aznar dicindo “váiase Sr. González, váiase Sr. González”, e foise, e que ben nos foi, foise e quedamos como Dios, por que, porque mire, reduciuse todo o que había que reducir e volvéuselle a dar un pulo ó país. Obviamente despois de que o grameiro o puxemos outra vez cheo xa viñeron vostedes a distribuílo, aínda que só sexa por un ciclo lóxico, fai falta que volva o PP para precisamente volver a encher ese graneiro, senón non hai para repartir, e como non hai para repartir creo que vostedes teñen agotado o seu mandato porque o único que saben facer é repartir. E o difícil non é repartir o que hai, o difícil é crealo, ese é o que dá traballo, repartir reparte calquera, é tremendamente fácil, e se eres maniroto como Zapatero aínda repartes moito mellor e con moita alegría, pero ó final daquelas alegrías veñen agora estes choros, e temos que asumilo o mellor que podamos. Pero mire, senón fora porque estamos no euro, estaríamos na quebra técnica do país, e aínda así case estamos, pero grazas ó euro, agora claro senón houbera o euro devaluamos a moeda un 20%, despois o franco e o marco sería máis caro, pero non importaba, non se notaba moito, pero como agora iso non se pode facer, ¡ah!, agora á esquerda véselle o plumeiro aí. Polo tanto, eu creo que resumindo, Sr. Mosquera, nós non estamos de acordo con esas medidas que tomou o goberno, coma vostedes, aínda que en parte por distintas razóns, e nós o que queremos loxicamente é que este país non se funda, e como isto está fatal e cada día vai peor e non se xera ningunha ilusión, por responsabilidade, por responsabilidade con este país eu creo que se debería dar paso a sangue renovada, a xente nova que faga as cousas doutra maneira, porque este modelo está totalmente equivocado, totalmente acabado, agotado, está de “corpore insepulto”, polo tanto cando unha cousa está de “corpore insepulto” o mellor é enterrala e outra para o sitio. Nada máis. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Crespo. Última intervención do Sr. Mosquera porque o tema non dá moito máis de si, ¿verdade?. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, agardo que sexa a última co locuaz … Sr. Presidente.- Bueno, pódelle dar unha voltiña máis se quere … Sr. Mosquera Lorenzo.- Non, como propoñente da moción é a última, como o Sr. Presidente está moi locuaz, pois igual … Sr. Presidente.- Eu sempre son xeneroso en iso, noutros sitios … Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, non, non, é que eu prefiro, creo que o Presidente ten compromisos, se está alargando isto tontamente. Sr. Presidente.- Non hai problema. Sr. Mosquera Lorenzo.- En todo caso dicir dúas cousiñas sobre o … O caso é agradecer profundamente todos os consellos que dende a Presidencia e dende a portavocía tal se están dando ó BNG, transmitireino, eu non teño tal, pero todos eses consellos que son moi ilustrativos dos problemas que ten o PP, en todo caso a nós o que nos preocupa é esa especie de desesperanza que se está transmitindo á sociedade, de que non hai nada que facer e isto, se está transmitindo unha idea que francamente non resiste por ningún lado, que é que estabamos vivindo por riba das nosas posibilidades, non sei das de quen, porque os funcionarios a día de hoxe, a día de hoxe, aínda non recuperaron o poder adquisitivo do ano 96, non o recuperaron, e entón resulta que, ¿que pasa?, ¿no 96 vivían aínda máis por riba das posibilidades?, a ver, estarían vivindo por riba das súas posibilidades quen ten eses salarios blindados de 4 millóns de euros, eses beneficios especulando, o que sexa, pero dicir que estabamos vivindo todos por riba das posibilidades, entón, ¿que levamos, cincuenta anos vivindo por riba das posibilidades?. Por favor, ese tipo de discursos xa sabemos a que responden, a que estease caladiño, quen manda, manda, e vostede, mire, bastante lle tocou con algo que lle tocou, estéase quieto e demais, iso é a mensaxe que se está mandando con isto de que se está vivindo por riba das posibilidades, ¿por riba das posibilidades de quen?, pode ser cando unha administración, por exemplo, está cada ano subindo os ingresos un 10%, non era moi real, tiñan que frear, pero, por exemplo o dos funcionarios, que é unha medida que fai, ¿por que?, ¿por que?, ¿que levan, vinte anos vivindo por riba das súas posibilidades todos?. Por favor, eu quero dicir que, o que quero dicir con isto é que a argumentación que se está utilizando ten un fin clarisimo que, xa o dixen antes, que é mandarlle a ese Leviatán dos mercados, a ese saturno que devora a todos os seus, ós que permiten, ¿verdade?, vivir, pois a mensaxe de que hai que cebarse cos débiles, e iso é o que está, evidentemente o que vai vir detrás, o que vai vir detrás vai ser bo, digo con respecto á parte salarial dos traballadores e ás empresas pequenas e medias, vai vir fino, isto só é un detalle. En todo caso agradecer o voto favorable do PP, e bueno, e creo que podemos proceder a votar. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Non vou a dicirlle moito máis porque eu creo que xa abonda, pero bueno, a vostedes xa lle dixen antes que teñen unha cooparticipación negativa neste asunto, o cal os fai dalgunha maneira tamén coorresponsables, pero bueno, ogallá esteamos diante dalgún viso de solución, pero con este goberno, está claro, co goberno central que temos será matematicamente imposible. Polo tanto procedemos á votación. ¿Votos a favor da moción presentada polo Bloque Nacionalista Galego?. ¿Votos en contra?. O Pleno de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo acorda por maioría de votos a favor do PP e do BNG e cos votos en contra do PSdeG-PSOE, aprobar a Moción do Grupo Provincial do Bloque Nacionalista Galego en relación coas medidas económicas adoptadas polo goberno. Dita Moción é como segue: “O Grupo Provincial do Bloque Nacionalista Galego propón ao Pleno da Deputación, para a súa aprobación, a seguinte Moción: EXPOSICIÓN DE MOTIVOS Despois de escoitar ao presidente do Goberno anunciar as medidas contra a situación económica que está a padecer o Estado. Solicito do Pleno da Deputación Provincial a adopción do seguinte acordo. ACORDO: 1.- Rexeitar todas as medidas adoptadas polo goberno de España para paliar o déficit do Estado.” 7.5961.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Comunicacións. Sr. Secretario.- En primer lugar, los extractos de Resoluciones Presidenciales dictadas entre el 27 de abril y el 22 de mayo del 2010. Luego tenemos una Resolución Presidencial en relación con la tramitación de emergencia de obras de reparación de daños en la carretera Cachafeiro-Vilapouca, con motivo de las ríadas. Y luego también tenemos una comunicación del Diputado Sr. González Iglesias, manifestando que dimite como Portavoz del Grupo Socialista y que en lo sucesivo las reuniones de la Junta de Portavoces se comuniquen al Viceportavoz. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Queda enterado o Pleno das seguintes: A) De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas pola Presidencia entre os días 27 de abril e 22 de maio do ano 2010 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. B) De escrito do Deputado do Grupo Provincial Socialista, D. Emilio González Iglesias, de dimisión como Voceiro do mesmo na Deputación de Pontevedra. C) De Resolución Presidencial de data 11 de maio de 2010, declarando a tramitación de emerxencia das obras de reparación de danos na EP 7207 Cachafeiro-Vilapouca (Forcarei), p.k. 0+255 e adxudicando a realización das mesmas. Sr. Presidente.- Rogos e Preguntas. ¿Hay una moción?. Sr. Secretario.- Si, fuera del orden del día. Sr. Presidente.- Fóra da orde do día hai unha moción do Grupo Provincial do Partido Popular para rexeitar o anuncio do goberno no que se propón, neste caso, bueno, o de todos coñecido, que é a conxelación das pensións. Perdón. D. Cesáreo. Sr. Mosquera Lorenzo.- Mire, francamente, eu cando vin a moción, eu sei que esa moción lla mandaron circular dende Génova e teñen que presentala e esas cousas. Sr. Presidente.- Non, aquí tamén somos intelixentes, non fai falta … Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, non, non, xa a vimos noutros sitios, home, e é o mesmo texto, que xa non é tal. Ben, eu digo que se é unha das medidas e vostedes antes votaron en contra de todas as medidas, debater isto me parece un pouquiño absurdo. Sr. Presidente.- Bueno, pois non a debatemos pero podémola votar. Sr. Mosquera Lorenzo.- Eu cando a vin, supuxen que ían votar en contra da anterior, digo eu, agora alá vostedes. Sr. Presidente.- Como dalgunha maneira está feita aquí a proposta, evidentemente, pois tamén podemos, xa vostedes coñecen o texto, non sei se foi á Comisión Informativa, ¿foi?, non foi á Comisión Informativa, entón deixámola para a Comisión Informativa e xa está. Está con data de hoxe. Queda para a Comisión Informativa. 8.5962.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Rogos e preguntas. Xa vexo aquí. D. Rafael Lores. Adiante. Sr. Lores Rosal. Sr. Lores Rosal.- Bos días a todos. Fai uns días, un xornal facíase eco dun accidente dun traballador nunha tala de árbores no concello de Mondariz. O traballador, polo que dicía o periódico, carecía de contrato e só tiña un acordo verbal co alcalde deste concello para retirar troncos que eran cortados por operarios municipais, na ampliación da pista Cavada Nova-Riofrío … Nesta obra e no propio accidente, existen varias incógnitas sobre a participación e responsabilidade desta Deputación, parece que nesta obra existía a participación de maquinaria da institución provincial e incluso puido ser manexada por este traballador, sen contrato, que sufriu o accidente, o cal podería, a propia Deputación, ter algunha responsabilidade no accidente. Por todo iso, o grupo provincial, o grupo non, eu, vou a facer a seguinte pregunta ó Presidente da Deputación. ¿Prestou a Deputación Provincial algunha maquinaria ó concello de Mondariz entre os meses de setembro e outro de 2009?; e nese caso, ¿cales foron estas máquinas?; ¿Ten a Deputación algunha relación coa obra de ampliación desta pista entre Cavada Nova-Riofrío ata Gargamala?; ¿Iniciou a Deputación algunha actuación unha vez coñecido o accidente?; ¿Que controles ten establecido a Deputación sobre o uso da maquinaria que cede ós concellos e ás mancomunidades?; ¿Ten a Deputación algún control sobre o persoal que usa esta maquinaria cedida?; ¿Ten constancia dos permisos, licenzas e plans de previsión de riscos das obras que se realizan coa maquinaria da Deputación?; ¿Existe algunha póliza de seguros que cubra os riscos relacionados coa manipulación e manexo da maquinaria cedida a outras institucións?. Iso é todo. Gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Lores Rosal. Isto vai na mesma dirección que a pregunta que fai por escrito D. Gabriel Martínez, as cales vou a contestar por escrito. Xa contestei o outro día, pero se queren máis información lle contestarei por escrito a cada unha delas. ¿Máis preguntas?. Sr. Olmedo, Sr. Muradas. Sr. Muradas Ramos.- Si, es para reiterar la pregunta que le formulé el Pleno pasado sobre la adjudicación de las obras del Plan anticrisis. ¿Qué criterios se están utilizando a la hora de priorizar la adjudicación de unas sobre otras?; digo esto para evitar que le vayan a caer aquí todos los alcaldes y entonces pues usted pida los expedientes, y entonces le prometa que los va a meter en la próxima Junta de Gobierno, o sea, evitar esa imagen de cacique, ¿entiende?, por respecto a la Institución. Si hombre si, si aquí en Pleno yo le formulo esa pregunta, y viene aquí un alcalde, usted no puede darle la respuesta que le dio, no puede actuar así. Entonces le reitero la pregunta, reitero otra, de ya ni me acuerdo cuándo, referido a la sentencia del puerto, y si no me va a contestar dígamelo para intentar adoptar otro tipo de medidas para conseguir esa información. Muchas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Muradas. Reitérolle que agora mesmo hai licitadas obras neses concellos que vostede dicía, na Estrada, Illa de Arousa, Redondela, Vilagarcía, Poio, Moraña, Pontecesures, Salceda e Tomiño, entre outros, máis de 4.000.000 de euros nestes concellos, polo tanto xa poderá entender que isto está en licitación. Pero bueno, se hai máis información lla transmitirei por escrito. Vostede me preguntou, ¿que ayuntamientos?, non vamos a estar a discutir aquí, eu lle contestarei por escrito. Pois calcule vostede eu non lle vou a calcular. Catro millóns de euros. ¡Ah!, bueno, pero ese é o seu problema non é meu. Si, pero vai ó seu ritmo, eu creo que vai a un bo ritmo. Si, dígame. Sr. Muradas Ramos.- Digo que la falta de confianza en los ayuntamientos u otro tipo de intereses, llevó a este sistema de adjudicación y entonces que se está viendo en la prensa, que es lamentable, esa imagen de cacique barato, de cacique barato que usted da cuando viene un alcalde aquí a interesarse por su obra, las obras de su municipio, y usted se compromete a que en la próxima Junta de Gobierno se van a incluír. Entonces si, hombre, entonces tenga usted el respeto institucional de que cuando un Diputado de esta cámara le haga una pregunta contestarla en tiempo y forma. Sr. Presidente.- Moi ben, moitas gracias. Sr. Muradas Ramos.- Es lo que le reitero, ¿qué volumen va contratado y qué criterios se están utilizando a la hora de adjudicarlo?. Sr. Presidente.- De acordo. Moitas gracias Sr. Muradas. D. José Antonio Olmedo. Sr. Olmedo Granja.- Si bos días Sr. Presidente. Mire, eu só teño unha pregunta e levo feito algunhas intervencións ó respecto deste mesmo asunto, pero vexo no plan, na relación de obras do plan da Deputación, que aparece o alumeado e os vestiarios do campo de fútbol de Oia. Eu xa lle teño avisado por activa e por pasiva, creo que son catro intervencións xa, que o campo de fútbol de Oia, unha parte non é de titularidade municipal, polo tanto todos sabemos que non se poden aceptar bens e servizos que non sexan de titularidade municipal, polo tanto, a ver, dígame como vai a facer, porque vostede non pode facer posesión de algo que non é seu, ¿de acordo?, esa é a pregunta. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Olmedo, terei en consideración iso, pero esa pregunta non ma ten que facer a min, en todo caso lla terá que facer ó alcalde que é o destinatario final desta actuación. Moitas gracias. D. Pauliño. Si, tomamos nota, tomamos nota diso, xa te informarei. D. Pauliño non está pero está no seu sitio o Sr. Giráldez. Sr. Martínez Giráldez.- Bos días a todos e a todas. Sr. Presidente presentei por escrito como vostede di, unhas preguntas pero aínda que eu creo que non ten relación co que presentou o compañeiro do PSOE, non sei, falo dunhas obras que se están levando a cabo en Cavada Nova-Cernadela e Gargamala en Mondariz, e nas mencionadas obras segundo puiden comprobar, aparece maquinaria e varios carteis relacionados coa Deputación de Pontevedra e non aparece o cartel anunciando a obra, proxecto e orzamento, eu o que lle pido é que, ¿quen está executando a obra?, se a Deputación ou o concello; ¿se existe proxecto e quen o redactou?; ¿cal é o orzamento da obra?; e, se conta con impacto ambiental sobre o medio natural. Sr. Presidente.- Lle contestarei. Moitas gracias. Sr. Otero Besada. Sr. Martínez Giráldez.- Por favor Sr. Louzán, que non acabei. Dentro desas preguntas fago outra en relación ás actuacións arqueolóxicas na Lanzada. Segundo a información recollida nos medios de comunicación, a Deputación Provincial vai levar a cabo unhas obras arqueolóxicas na Lanzada. Pregunto, ¿existe algún proxecto?; ¿que tipo de actuación arqueolóxica está previsto levar a cabo?; ¿quen vai executar as obras?; e, ¿cal é o orzamento da actuación?. Sr. Presidente.- Lle daremos por escrito todo, llo daremos por escrito, porque está publicado ademais, o que pasa é que vostede non está moi atento ás noticias. Sr. Martínez Giráldez.- Mire, outra, no Pleno do 26 de marzo pregunteille cal era o criterio que se seguía para nomear por parte da Deputación ós funcionarios para formar parte dos diferentes tribunais nas prazas, nos concellos. Dende o 26 de marzo, esta tamén ma quedou de contestar e sigo esperando esa contestación. Sr. Presidente.- Estou pendente de informe de Intervención, de Persoal, perdón. Sr. Martínez Giráldez.- Ben, recentemente tamén lle pedín acceso ó expediente dunha traballadora do ORAL, á cal incluso no Pleno de fai un mes llo recordei, onde lle solicitaba información sobre o expediente da contratación da muller do alcalde de Mondariz. Sigo esperando. En relación á pregunta que lle formulei tamén no Pleno anterior, coa maquinaria, por parte da Deputación, que estaba traballando nunha parcela privada en Tui, vostede me di que esa maquinaria pertencía á Mancomunidade. Recórdolle, porque así me consta, que non é responsabilidade do Presidente da Mancomunidade, senón do concello onde estaba asignada esa maquinaria, esa maquinaria estaba asignada ó concello de Tui, para que o saiba tamén. Sr. Presidente.- Non vou a discutir con vostede pero está equivocado. Sr. Martínez Giráldez.- Bueno, pois iso é o que me informa o Presidente da Mancomunidade. Sr. Presidente.- Pero póñanse de acordo vostede e mailo Presidente da Mancomunidade. Sr. Martínez Giráldez.- Non, vostede e mailo Presidente da Mancomunidade. Sr. Presidente.- Pero estoulle dicindo que a maquinaria non era nosa, eu non o entendo, que … a Mancomunidade, o que faga a Mancomunidade e mailo alcalde de turno con ela, pois será problema do Presidente da Mancomunidade e mailo alcalde de turno, pois pregúntelle a eles. Sr. Martínez Giráldez.- Non se cabree por iso. Sr. Presidente.- Non, pero é que, estame preguntando unha cousa que é tan reiterativa. Vamos. Máis. Sr. Martínez Giráldez.- Eu creo que non é para tanto, simplemente é unha pregunta, póñanse vostedes de acordo, os dous presidentes, o da Mancomunidade e mailo da Deputación. Sr. Presidente.- Pero fale vostede con el, que me di a min, que non é un problema meu. Sr. Martínez Giráldez.- Por último para rematar, recentemente é coñecido por todos os medios de comunicación e por todos, a fuxida e retorno dunha concelleira do Partido Popular de Salvaterra en menos dunha semana. A súa visita a Salvaterra entre o 5 e o 11 de maio, para arranxar esta situación, fíxose en calidade de Presidente da Deputación ou en calidade de Presidente do PP. Sr. Presidente.- A miña visita a Salvaterra. Voulles facer unha axenda a ver onde estou eu en cada momento para que teña información veraz e exacta. Pero bueno, me confire vostede unha, como adalid de resolver os problemas que poidan xurdir, o cal non é unha mala cuestión, cando teña algún problema no Bloque Nacionalista Galego avíseme que podo chegar eu alí e seguro que resolvelo, serei capaz incluso e todo. Sr. Otero Besada. Sr. Otero Besada.- Si, bos días, gracias Presidente. A miña pregunta vai en relación cunhas manifestacións que fixo vostede en setembro de 2008, onde anunciaba que ía a facer unha nova capa de rodadura na carretera que vai de Cerdedo ata Pesqueiras. A pesares de que pasaron dous anos, este tramo do vial non só non conta coa capa de rodadura necesaria senón que ademais carece de bionda, sinalización vertical e pintado, e sinalización horizontal. Por iso despois de facer esta pregunta que lle fago por escrito, e lle agradezo que ma contesten por escrito, e me diga, ¿que actuacións se levaron a cabo e por que importe nos catro anos?; e, ¿se pensa a Deputación levar a cabo algunha actuación no presente ano para mellorar a lamentable situación do vial?. Sr. Presidente.- Pois así o faremos, pasámolo ó departamento técnico de vías e obras e que me digan. Sr. Otero Besada.- E agora un rogo Sr. Presidente. Era que trate a estes Deputados, como mínimo, como está tratando ós ouvintes da Opinión e ós internautas que acceden á páxina da Deputación. As preguntas que lle fan a vostede na Opinión contéstallas ó momento, na páxina web da Deputación en dez días tamén lle contesta, e estes señores Deputados, que estamos aquí, levamos algúns cinco meses esperando por unha resposta. Sr. Presidente.- Pero é que ás veces preguntan moitas cousas que non teñen contestación fácil, hai que buscala, hai que buscar os informes e todo. Sr. Otero Besada.- Sr. Presidente, teño unha pendente dende decembro que é darlle a unha tecla e saír un resume de concellos, iso lévalle a calquera funcionario cinco minutos, e levo cinco meses esperando. Sr. Presidente.- Intentaremos revisar todo iso. Moitas gracias e moi bos días. Levántase a sesión. Gracias. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as trece horas do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. O Presidente, O Secretario, Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. Carlos Cuadrado Romay
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Pleno (Tema)