ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.514
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2010/11/26_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.43.827/2.2010-11-26_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2010/11/26_Ordinaria

  • Data(s) 2010-11-26 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A C T A Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 26 de novembro de 2010 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e cinco minutos do día vinte e seis de novembro do ano dous mil dez, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Francisco Xabier Alonso Pérez, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, Dona Francisca Canal Gómez, D. Carlos Comesaña Abalde, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Pauliño Damián Del Río Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. José Amador Eiras Paz, D. Jesús María Fernández Portela, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Emilio González Iglesias, D. Juan A. González Pérez, D. Salvador González Solla, D. Rafael Lores Rosal, D. Gabriel Martínez Giráldez, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. José Antonio Olmedo Granja, D. Juan Luciano Otero Besada, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. Severino Reguera Varela, D. Daniel Rodas Chapela, D. Perfecto Rodríguez Muíños, D. José Enrique Sotelo Villar e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Sr. Presidente.- Damos comezo á sesión ordinaria da corporación provincial. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.6017.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Primeiro punto. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión ordinaria, do día 29 de outubro de 2010. Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 29 de outubro de 2010. 2.6018.- ADHESIÓN DO CONCELLO DE MOS Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN EN MATERIA DE XESTIÓN CATASTRAL ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A DIRECCIÓN XERAL DO CATASTRO Sr. Presidente.- O segundo punto. Adhesión do concello de Mos ó convenio de colaboración en materia de xestión catastral entre a Deputación de Pontevedra e a Dirección Xeral do Catastro. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O concello de Mos na sesión plenaria que tivo lugar o día 29 de xullo de 2010, acordou solicitar a adhesión do concello de Mos ó convenio de colaboración en materia de xestión catastral subscrito entre a Secretaría de Estado de Facenda (Dirección Xeral do Catastro) e a Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) o 13 de xuño de 2001. Resultando que o concello de Mos delegou na Deputación Provincial de Pontevedra as facultades de xestión do Imposto sobre Bens Inmobles, delegación aceptada polo Pleno desta Corporación Provincial e efectuada polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL). Considerando que a cláusula décimo quinta do mencionado convenio de colaboración en materia de xestión catastral determina que, unha vez levada a cabo a delegación da xestión do Imposto sobre Bens Inmobles na Deputación Provincial de Pontevedra, entenderase que o concello delegante atópase dentro do ámbito de aplicación do convenio. Visto o acordo do Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), adoptado na sesión do día 20 de outubro de 2010, polo que se acepta a petición do concello de Mos, de adhesión ó Convenio de colaboración en materia de xestión catastral subscrito entre a Secretaría de Estado de Facenda (Dirección Xeral do Catastro) e a Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) o 13 de xuño de 2001. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade ratificar o referido acordo do Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), aceptando a adhesión do concello de Mos ó Convenio de colaboración en materia de xestión catastral. 3.6019.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE SANXENXO A FAVOR DO ORAL PARA EXERCER AS FACULTADES DE INSPECCIÓN E POSTERIOR LIQUIDACIÓN E RECADACIÓN DA TAXA POLA UTILIZACIÓN PRIVATIVA OU APROVEITAMENTO ESPECIAL DO DOMINIO PÚBLICO LOCAL POLAS EMPRESAS EXPLOTADORAS DOS SERVIZOS DE TELEFONÍA MÓBIL Sr. Presidente.- Punto número 3. Delegación de competencias do concello de Sanxenxo a favor do oral para exercer as facultades de inspección e posterior liquidación e recadación da taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local polas empresas explotadoras dos servizos de telefonía móbil. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno do concello de Sanxenxo na sesión celebrada o día 9 de novembro de 2009 acordou a delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de inspección e posterior liquidación e recadación da taxa por utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local polas empresas explotadoras de servizos de telefonía móbil. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 21 de xullo de 2010 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do concello de Sanxenxo para exercer as facultades de inspección e posterior liquidación e recadación da taxa por utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local polas empresas explotadoras de servizos de telefonía móbil. Considerando o previsto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e tendo así mesmo en conta que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1. Aceptar a delegación que en materia de recursos locais realizou o concello de Sanxenxo, por acordo do Pleno de data 9 de novembro de 2009, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de inspección e posterior liquidación e recadación da taxa por utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local polas empresas explotadoras de servizos de telefonía móvil. 2. Esta delegación do concello de Sanxenxo será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) e sométese ás condicións establecidas nas bases para prestación do servizo aprobadas polo Pleno desta Deputación en sesión de data 20 de xullo de 1992, á Ordenanza Reguladora da taxa por prestación de servizos polo ORAL aprobada polo Pleno desta Deputación en sesión de data 22 de decembro de 2009 e ós Estatutos do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) publicados no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra en data 26 de agosto de 2004. 3. Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente para que formalice o correspondente convenio co concello de Sanxenxo así coma os demais documentos que procedan. 4. A delegación efectuada polo Pleno do concello de Sanxenxo, para exercer as facultades de inspección e posterior liquidación e recadación da taxa por utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local polas empresas explotadoras de servizos de telefonía móbil, publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 4.6020.- ADXUDICACIÓN DE OPERACIÓN DE PRÉSTAMO, CON PREVIA APERTURA DE CRÉDITO, POR IMPORTE DE 10.000.000,00 EUROS, PARA FINANCIAR PARTE DOS INVESTIMENTOS PREVISTOS NO ORZAMENTO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA O EXERCICIO DE 2011 Sr. Presidente.- Punto número 4. Adxudicación de operación de préstamo, con previa apertura de crédito, por importe de 10.000.000,00 euros, para financiar parte dos investimentos previstos no orzamento da Deputación provincial de Pontevedra para o exercicio de 2011. Ten a palabra D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bos días a todos e a todas, grazas Sr. Presidente. Ben, isto é unha trampa que consiste en pedir o crédito que estaba previsto para o ano que vén, durante este ano, para evitar, que como esta casa ten unha porcentaxe de débeda que supera o 75%, pois, evitar escapar da limitación que puxo a administración central de imposibilidade de ir a crédito para o ano que vén. Tal e como están as cifras nesta institución, que despois falaremos amplo e tendido disto, e dada a situación real deste plan, que para o que vai a financiar este plan de investimentos 2009-2011, pois, cremos moito máis razoable, así o dixemos, así o reiteramos, que esa parte dese plan, que eran 14 millóns, que quedaban para o sacrosanto do dedo do Presidente, pois se anulara, e polo tanto, non había necesidade deste crédito, e polo tanto, a carga financeira e a débeda desta Deputación non subiría de 10 millóns máis, e en principio non pasaría absolutamente nada máis que entrar nunha vía de regularizar, normalizar as contas desta Deputación, e non seguir tirando do gasto absurdamente, é dicir, que quede claro que estes 10 millóns son para que o Sr. Presidente teña, a marxe dos baremos que se fixeron, que xa eran bastante arbitrarios, pois teña 10 millóns máis, para repartir segundo a inspiración que teñan cada día, ou sexa, segundo os seus intereses ou os intereses do seu partido, e obviamente fan falta investimentos, pero por este procedemento e dado a situación económica desta institución, creemos que non. Polo tanto, vamos a votar en contra, como xa votamos cando se abriu o procedemento para sacar estes a concursos, este crédito. Moitas grazas. Sr. Presidente.- Moitas gracias, Sr. Mosquera. Non hai ningunha intervención por parte do Partido Socialista. Ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Bos días a todos e a todas. Bueno este tema, pois dá clara mostra da solvencia que ten esta institución, queda perfectamente reflexado neste préstamo de 10 millóns de euros que o cobren as 10-11 entidades financeiras máis importantes do país, e que ademais fan unha proposta moi vantaxosa para os intereses desta Deputación, con diferenciais realmente interesantes, de 1,15%, hai que dicir que en Cataluña ultimamente están por riba do 7% algunhas propostas que se fixeron destas características, e polo tanto, primeira conclusión clara, que demostra a solvencia desta institución e a confianza que teñen as entidades financeiras nesta institución, e por suposto, bueno pois, dende o equipo de Goberno vamos a seguir traballando nesta mesma dirección, facendo proxectos importantes para a nosa provincia, parece que é unha contradición, cando o Sr. Mosquera, falábamos do plan de investimentos, quería traer un plan de investimentos por riba do 250 millóns de euros, se fixo un plan de investimentos razoable entorno ós 70 millóns de euros e agora cuestiona ata esta situación. Polo tanto, eu creo que, bueno, pois, unha crítica política única e exclusivamente, que non ten fundamento, en calquera caso, queda reflexado nos datos, a garantía e a solvencia e a confianza que teñen as entidades financeiras nesta institución, eu creo que é o relevante neste asunto, despois supoño que entraremos no fondo doutras cuestións, pero en calquera caso o que hai que trasladarlle á cidadanía é que cando esta institución abre un proceso de concurso, e a el acoden máis de once entidades financeiras, e con propostas diferenciais, eu creo que moi interesantes, quere dicir, que teñen plena confianza nesta institución e na solvencia que ten esta institución. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si moi brevemente. Agradezo ó Sr. Figueroa a súa intervención, porque non negou os dous elementos centrais que constitúen este crédito; primeiro é unha trampa, por dicilo dalgunha maneira, para soslayar que non se pode pedir crédito no 2011, así vén anunciado, primeira cuestión, andar con triquiñuelas e trampas a estas alturas non parece moi razoable; e segundo, que o destino é os investimentos que van extraordinarios, ó dedo do Presidente, a repartir, porque dentro dese plan hai 14 millóns, polo tanto deixaban 4, non facía falta este crédito. Ben, sobre a solvencia falaremos despois. Moitas grazas. Sr. Presidente.- Moitas gracias, D. Cesáreo Mosquera. Procedemos polo tanto á votación. ¡Ah!, Sr. Figueroa, perdón. Sr. Figueroa Vila.- Soamente unha cuestión. Sr. Mosquera, vostede estes días está facendo roldas de prensa dicindo que esta institución non facilita o labor nin o apoio ós concellos, hoxe acaba de delatarse, estes 10 millóns son para ese plan de investimentos para os concellos, polo tanto non pode dicir unha cousa e o contrario ó mesmo tempo, está perfectamente demostrado, o acaba de dicir vostede, caeu seguramente na trampa, caeu vostede, porque acaba de dicir, evidentemente, un plan de infraestruturas para inversión nos concellos, trampa seguramente será reflexar nos presupostos 17 millóns de euros de patrimonio do solo, cando non se van a recadar nunca, seguramente, pero diso falaremos despois. Sr. Presidente.- D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- A ver, me parece que lle falta un …, vamos a ver, que eu sepa a Deputación ten o territorio dos concellos, ¿verdade?, entón, todo investimento que faga a Deputación faino nalgún concello, obviamente, e estes cartos vanse a gastar no territorio dalgún concello, pero vaino a gastar a Deputación, non o vai a transferir ós concellos, ¿a que si?, entón, é para gasto directo da Deputación, elixido polo dedo do Presidente, sen ningún criterio, e que obviamente, que eu sepa, a Deputación non ten un territorio fóra dos concellos, e que se o tivera, gastaría todo alí, pero non, ten que facelo nalgún punto xeográfico da provincia, ou sexa en algo que estea dentro dun concello, se se refire a iso é certo, pero que vaia para os concellos nada de nada, e sábeo perfectamente, sábeo perfectamente. Moitas grazas. Sr. Presidente.- Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- O que ten a democracia é que hai testigos, que son os medios de comunicación, que son os notarios da actualidade, vostede fixo unha rolda de prensa esta semana, dicindo que ós concellos só ían destinados 3 millóns de euros, pois mire, xa hai 10 máis, os que van nos presupostos deste ano, polo tanto, ¿como é aquel refrán?, se colle máis pronto a un mentiroso que a un coxo. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Procedemos á votación. Queda claro polo tanto, que a Deputación pon en marcha un financiamento máis para, neste caso, os concellos da provincia de Pontevedra. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno da Deputación Provincial na sesión que tivo lugar o día 29 de outubro de 2010 aprobou inicialmente o expediente de modificación de créditos número 4/2010 dentro do vixente orzamento provincial, incluíndo en dito acordo a autorización para a concertación dunha operación de crédito/préstamo por importe de 10.000.000,00 euros, para financiar parte da anualidade 2011 do “Plan de investimentos para os concellos 2009-2011”. Resultando que o Ilmo. Sr. Presidente elaborou as bases para a contratación da referenciada operación de préstamo, con previa apertura de crédito, por importe de 10.000.000,00 euros, destinada a financiar parte da anualidade 2011 do “Plan de investimentos para os concellos 2009-2011”. Resultando que se enviaron invitacións a un total de vinte e seis entidades financeiras que operan na provincia de Pontevedra, para que formularan ofertas de acordo coas citadas bases. Resultando que o día 15 de novembro de 2010, se reuniu a Mesa de Contratación para examinar a documentación e proceder á apertura das ofertas presentadas polas entidades financeiras, Bankinter; Banco Pastor; Banco Bilbao Vizcaya Argentaria; Banco de Galicia; Dexia Sabadell; Caja Madrid, Banco Santander; Caixanova e “La Caixa” , as cales foron admitidas, pasándose o expediente a informe dos técnicos de Intervención. Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 16 de novembro de 2010 formula proposta para adxudicar a operación de préstamo, con previa apertura de crédito, por importe de 10.000.000,00 euros, á oferta da entidade financeira Banco de Santander, S.A., ó considerar que o “Euribor 3 meses + 1,15%”, é o mellor tipo de interese dos ofertados. Considerando que esta operación de préstamo, con previa apertura de crédito, por importe de 10.000.000,00 euros, supera o 10% dos recursos ordinarios do orzamento do exercicio de 2010, e que de conformidade co establecido no artigo 52.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais a competencia para adxudicar este contrato é do Pleno. Considerando que para contratar esta operación de préstamo, por importe de 10.000.000,00 euros, se levou a cabo un procedemento de concorrencia garantindo os principios xurídicos de publicidade, competencia, contradición e igualdade de oportunidades dos licitadores, en base a que este tipo de contratos quedan excluídos do ámbito de aplicación da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, de conformidade co previsto no artigo 4.1.l) da mesma. Visto así mesmo o informe de Intervención de data 17 de novembro de 2010 onde consta que a Deputación de Pontevedra conta con recursos suficientes para facer fronte ás obrigas que se derivan deste contrato e que a súa tramitación se suxeitou á normativa vixente. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría de votos a favor do PP, cos votos en contra do BNG e coas abstencións do PSdeG-PSOE: 1. Aprobar o contrato de préstamo e adxudicar á entidade financeira BANCO SANTANDER, S.A. (CIF-A-39000013), a operación de préstamo, con previa apertura de crédito, por importe de 10.000.000,00 euros, para financiar parte da anualidade 2011 do “Plan de Investimentos para Concellos 2009-2011”, de acordo coas seguintes condicións: Tipo de interese variable.- a) Importe: Ata 10.000.000,00 euros. b) Prazo total da operación: 12 anos. c) Período de disposición e carencia: Dous anos dende a data de formalización do contrato. d) Tipo de interese: Euribor a tres meses. Revisión trimestral. MARXE: • Con financiamento Banco Europeo de Inversións: +1,15 %. e) Liquidación de intereses: Trimestral (Base de 365 días). f) Prazo de amortización: 10 anos. 40 cotas trimestrais constantes – naturais e vencidas- de amortización de capital, a partir do remate do período de carencia. g) Comisións e gastos: Exento. h) Intereses de demora: 15 puntos por encima do tipo de interese vixente. 2. Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente para que formalice o correspondente contrato de préstamo, con previa apertura de crédito, por importe de 10.000.000,00 euros, coa entidade financeira BANCO SANTANDER, S.A. (CIF-A-39000013), así coma os demais documentos que procedan. 5.6021.- RESOLUCIÓN DO RECURSO DE REPOSICIÓN INTERPOSTO FRONTE Ó ACORDO PLENARIO, DE DATA 24 DE SETEMBRO DO 2010, POLO QUE SE RESOLVÍAN AS ALEGACIÓNS PRESENTADAS Ó PROXECTO “REMATE DAS OBRAS DE ACONDICIONAMENTO E ENSANCHE DA EP-0507 PORTELA-VALIÑAS-PORTAS”, APROBÁBASE DE FORMA DEFINITIVA O DEVANDITO PROXECTO E A RELACIÓN DE BENS E PROPIETARIOS AFECTADOS E RATIFICÁBASE A SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DA DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN DOS BENS E DEREITOS AFECTADOS POLA EXECUCIÓN DO PROXECTO Sr. Presidente.- Punto número 5. Resolución do recurso de reposición fronte ó acordo plenario, de data 24 de setembro do 2010, polo que se resolvían as alegacións presentadas ó proxecto “Remate das obras de acondicionamento e ensanche da EP-0507 Portela-Valiñas-Portas”, aprobábase de forma definitiva o devandito proxecto e a relación de bens e propietarios afectados e ratificábase a solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O proxecto “Remate das obras de acondicionamento e ensanche da EP-0507 Portela-Valiñas-Portas”, que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 221.625,78 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 139.420,40 euros e capítulo de expropiacións por importe de 82.205,38 euros, ten por obxecto o remate das obras de mellora e ampliación da estrada provincial EP-0507 Portela-Valiñas-Portas. Coa finalidade de contribuír ó gran desenvolvemento que experimentou nos últimos anos a comarca do Umia, a Deputación Provincial de Pontevedra realizou numerosas actuacións nas distintas infraestruturas da zona, entre elas a EP-0507, estrada de gran importancia porque comunica o lugar de Portela, desde a estrada Fachendoso-Portela, ata o lugar de Portas, atravesando a estrada Goulla-Porráns. A urxencia de acometer canto antes as obras vén xustificada pola necesidade de mellorar os anchos primitivos e así evitar, na medida do posible, os accidentes e o perigo que o estado actual da estrada supón para a circulación, xa que o feito de terse mellorado a maior parte dos tramos da citada estrada implica un aumento de velocidade na circulación de vehículos, cuxos condutores, ó atoparse co deficiente trazado dos tramos intermedios obxecto do presente proxecto, poñen en perigo tanto a súa integridade física como a dos peóns. Neste sentido non hai que esquecer que calquera mellora nunha estrada vai supor a minoración de riscos de accidentes e, en consecuencia, nunha materia na que está en xogo a vida humana a utilidade pública da obra e a urxencia na súa execución está sempre xustificada. Sometido a información pública o proxecto e o expediente de expropiación en virtude do edicto publicado no Boletín Oficial da Provincia nº 46, de data 9 de marzo do 2010, no taboleiro de anuncios dos concellos de Barro e Portas, en varios xornais da localidade e notificándose individualmente ós afectados, presentáronse unha serie de alegacións que foron resoltas polo Pleno da Corporación Provincial na sesión celebrada o 24 de setembro do 2010. Notificado o devandito acordo ós propietarios que formularon alegacións, preséntase un recurso de reposición que é obxecto do presente expediente. Por todo iso e co fin de continuar o expediente de expropiación derivado do proxecto “Remate das obras de acondicionamento e ensanche da EP-0507 Portela-Valiñas-Portas”, o Pleno acorda por unanimidade: Primeiro. A resolución do recurso de reposición presentado fronte ó acordo plenario de data 24 de setembro do 2010 polo que se resolvían as alegacións presentadas ó expediente de expropiación e ó proxecto de referencia, aprobábase de forma definitiva o mesmo e a relación de propietarios e bens afectados e ratificábase a solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación, segundo o seguinte detalle: Desestimar o recurso de reposición interposto por D. Jaime Abal Maquieira e Dona María Seijo Fernández, titulares das parcelas nº 6 e 14 (antes a nome de Dona Selva Maquieira Bolo) en virtude das escrituras que obran no expediente administrativo, con motivación nos seguintes fundamentos xurídicos: a)O proxecto de referencia, obra pública de interese xeral de acordo co disposto no artigo 20 da Lei 4/1994, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, non repercutirá de xeito directo nunha vivenda que quedará protexida no seu fronte por unha beirarrúa cun ancho que vai dos 1,20 (no tramo no que a vivenda está máis próxima ó vial) ós 1,80 metros; por outra banda a devandita vivenda, como na actualidade, seguirá estando afectada polas limitacións ó dereito da propiedade que ó respecto establece a Lei 4/1994, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia. Neste sentido é preciso lembrar que a vivenda en cuestión atópase situada a 3,80 metros da aresta exterior da explanación, é dicir, no ámbito de influencia da liña límite de edificación definida no artigo 35 da citada Lei de Estradas e no que están prohibidas calquera tipo de obras de construción, ampliación e reconstrución, agás as que resulten imprescindibles para a mera conservación e mantemento das construcións existentes que precisarán autorización do órgano competente da Administración titular da estrada. En consecuencia non é certo que a consecuencia das obras de mellora do vial a vivenda quede completamente inutilizable para calquera uso e disfrute senón que a devandita edificación manterá as mesmas condicións de uso que ten na actualidade, xa que as obras non implicarán afección algunha sobre a súa estrutura tal e como se observa no plano que, respecto da leira nº 6, figura no proxecto. En relación á afección prevista sobre a construción situada na parcela nº 14, sinalar que no proxecto existe unha partida orzamentaria que contempla o traslado da mesma mantendo o seu uso actual no caso de que o propietario queira facer valer esta opción. En caso contrario a devandita construción será obxecto de valoración no trámite procedimental oportuno como é a peza separada de prezo xusto. b) En relación as alegacións relativas ó demérito que sofren as fincas pola aplicación da Lei 25/1988, de 29 de xullo de Estradas, reiterar que as parcelas en cuestión non sufrirán o devandito demérito xa que seguirán afectadas, igual que na actualidade, polas limitacións ó dereito da propiedade reguladas no Capítulo III, sección primeira, da Lei 4/1994, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, (normativa de aplicación ás Entidades Locais titulares dunha rede de estradas con itinerario comprendido integramente na Comunidade Autónoma de Galicia como sucede coa Deputación Provincial de Pontevedra), sen que neste expediente sexan de aplicación os artigos da Lei 25/1988, de 29 de xullo, de Estradas e Camiños que os interesados mencionan no seu recurso referidos á franxa de tres metros de dominio público, oito de servidume e cincuenta de afección. c) Rexéitase a solicitude de expropiación total das fincas en cuestión xa que non está acreditado polos propietarios que no presente suposto concorran os requisitos materiais e formais, que se derivan do xogo combinado do artigo 23 da Lei de Expropiación Forzosa e o artigo 22 do seu Regulamento, relativos a acreditar o carácter antieconómico da conservación da parte da finca non expropiada. Así, de acordo coa xurisprudencia do Tribunal Supremo (entre outras, sentencia do 12 de xullo de 1994), a conservación dunha parte de leira sobrante dunha expropiación é antieconómica cando de acordo coa forma normal e razoable de explotala e tomando así mesmo en conta o aproveitamento a que anteriormente estaba destinada, o propietario non pode alcanzar unha utilidade suficiente que xere nel un interese en manter o inmoble dentro do seu patrimonio. No caso da parcela nº 6, onde se ubica a vivenda, é evidente que a expropiación parcial de 40,48 m2 de superficie (dun total de 222 m2 e non afectando as obras de xeito directo á vivenda que mantén os 78 m2) non fai antieconómica para o propietario manter na súa posesión o resto da parcela. En canto á finca nº 14 (cunha afección de 370,70 m2) tampouco está acreditado que resulte antieconómica para o propietario a conservación do resto da finca non expropiada que non esgota todos os seus beneficios ( sentencia do Tribunal Supremo de 8 de outubro de 1998) tendo en conta o fin ó que anteriormente estaba destinada (froiteiras, secano e improdutivo segundo a escritura de propiedade e a realidade física do predio), sen prexuízo da indemnización por demérito da parte non afectada ou pola perda de aproveitamento xerada pola expropiación parcial que, no seu caso, o propietario poderá esixir como parte do xusto prezo. 6.6022.- APROBACIÓN INICIAL DO ORZAMENTO XERAL DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E DOS SEUS ORGANISMOS AUTÓNOMOS PARA O EXERCICIO DE 2011 Sr. Presidente.- Punto número 6. Aprobación inicial do orzamento xeral da Deputación provincial de Pontevedra e dos seus Organismos Autónomos para o exercicio de 2011. Ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Ben, hoxe traemos en tempo e forma, como lle corresponde a unha administración seria e que ten os obxectivos claros, o presuposto de orzamentos. Creo que calquera institución que se precie, calquera entidade, calquera concello, calquera administración, a base fundamental, o eixo fundamental da súa política, e da súa actuación, e do seu traballo, é ter os presupostos en tempo e forma cada ano, cada ano sucesivamente, para que entren en vigor a partir do un de xaneiro, neste caso o 2 de xaneiro, porque o que procede é dicir, unha institución que non ten orzamentos é unha institución pouco seria, é unha institución que seguramente non ten os obxectivos claros, e seguramente é unha institución que ten cousas que esconder, esta é todo o contrario, esta é unha institución seria, unha institución rigorosa, unha institución que ten transparencia, unha institución que quere trasladarlle a toda a cidadanía, pois, a súa credibilidade, e por iso, despois de 4 anos de mandato, hoxe podemos aparecer ante esta sesión plenaria e ante os grupos políticos e ante a cidadanía en xeral, a través dos medios de comunicación, para expresar que a Deputación de Pontevedra neste mandato cumpriu en tempo e forma cada unha das propostas dos orzamentos. E hoxe, traemos de novo o cuarto orzamento deste mandato, e que aparece reflexado como o presuposto do ano 2011, é un punto de partida para a elaboración deste presuposto, hai que analizar, evidentemente, a situación da crise económica, coas dificultades polas que atravesamos todas as administracións e respecto da crise, evidentemente, hai que dicir, que todos os sectores se ven afectados por ela, que ten unha repercusión que atinxe, loxicamente e directamente, a cada unha das actividades económicas e sociais e de todo tipo, e evidentemente, esta crise vén dada pola redución da demanda e consumo, por problemas para acceder dunha maneira clara, que teñen moitos emprendedores e moitos concellos, ó crédito. E despois, pois é unha característica fundamental, importante, que estamos nun momento de crise cun un incremento do paro importante, e isto loxicamente nos ten que facer reflexionar a todas as administracións. Despois as administracións tamén teñen, ou temos, un problema importante en canto a todo tipo de ingresos, dende as transferencias do estado, as propias taxas e atributos de cada unhas das propias administracións, e evidentemente, as administracións ó dispoñer de menos ingresos por tributos vencellados, evidentemente, á renda, ó emprego, á actividade económica, pois temos que ser consecuentes á hora de elaborar uns presupostos. Por iso, os criterios fundamentais, polos cales marcamos as directrices políticas deste presuposto, están perfectamente claros: contención do gasto; austeridade no gasto; e priorización de investimentos, transferencias e subvencións á entidades, a colectivos e sobre todo dunha maneira especial ós propios concellos, que son o eixo fundamental da nosa política, da política desta Deputación de Pontevedra, intentando levar a cabo inversións produtivas en busca de fórmulas, que a través da mellora de servizos, evidentemente, xeren confianza nos cidadáns, é que o nivel de servizos desta administración é o que é, e as inversións que se poidan facer, pois teñan retorno en canto ó emprego e, evidentemente, un retorno directo ós propios concellos, para intentar axudarlles a mellorar eses servizos que directamente hai que prestarlle ós propios cidadáns, e por iso o proxecto de presupostos, pois ó final, contempla unha cantidade de 137 millóns de euros do presuposto consolidado, onde, evidentemente, se reflexan perfectamente as características do que acabo de dicir, contención do gasto, incremento dunha partida importante para a xeración de emprego, dun importe de 2,5 millóns de euros, que vamos a destinar a xerar aproximadamente, uns 315 máis a partir do 1 de febreiro, é moi fácil dicilo, pero difícil concretalo, que unha administración coma a nosa, de ámbito provincial, poida destinar nos seus presupostos, pois unha contía importante, e xerar, directamente, pois, eses 315 empregos, a maiores dos empregos que se están xerando por outros programas dos cales despois falarei, e polo tanto, a característica fundamental está, estes si que son uns presupostos dirixidos dunha maneira clara á xeración de emprego e a intentar a paliar a crise da mellor maneira posible, cunha cooperación e un traballo directo cos propios concellos. Polo tanto, as características fundamentais deste presuposto, volvo a repetir, é a xeración de emprego, contención do gasto público e inversións a través deste plan de infraestruturas que se fixo, 2009-2010-2011, directo ós concellos, en canto a poboación, e uns criterios marcados, onde os concellos da nosa provincia reciben unhas contías, e esas contías son distribuídas despois polos propios concellos en base ós seus criterios, é dicir, o criterio de autonomía, independencia do propio concello, o cal nos leva evidentemente a confeccionar uns presupostos con inversións produtivas e un claro reflexo de apoio ós propios concellos. A característica, tamén fundamental, do presuposto deste ano 2010, é que vamos a amortizar en torno ós 12 millóns e medio de euros da débeda, é dicir, vamos a amortizar por un importe de 12 millóns, seguimos nese criterio, tamén, de evidentemente acudir a préstamos para intentar facer programas e propostas de inversións, pero tamén contemplar e seguir amortizando a débeda, para que evidentemente poidamos ter, pois o que dicía antes, unha institución solvente, unha institución con liquidez, e unha institución, tanto as entidades financeiras como o entramado empresarial, económico-social, e por suposto os propios cidadáns, teñan a suficiente confianza en nós, para poder seguir traballando con eles, poder, pagándolle as facturas como estamos facendo a 30 días, etc., etc. Tamén unha característica fundamental deste presuposto 2011 é que non se acude a préstamo, préstamo é 0, por iso fixemos esta operación, para intentar, pois, que esas inversións se puideran axilizar ó máximo, e evidentemente, pois iso, pois demostra unha clara vontade por parte do equipo de goberno, por parte da Presidencia, por parte deste grupo, que apoia ó equipo de goberno da Deputación, do Partido Popular, dunha maneira de facer política clara, de apoio a todos os colectivos e a todo o entramado empresarial, e para iso, pois, evidentemente, pois hai que facer un repaso minucioso do que contemplan estes presupostos, porque algúns responsables políticos se quedan, única e exclusivamente, nas formas, pero non entran no fondo para que están destinados eses 137 millóns de euros. É moi fácil facer un discurso demagóxico, manipulado, intentar confundir á opinión pública dicindo que nestes presupostos só van contemplados 3 millóns de euros para os concellos, é rotundamente falso e mentira, é dicir, hai un plan de infraestruturas do ano 2009-2010-2011, que contempla aproximadamente uns 70 millóns de euros, máis outro tipo de inversión que fan, van por fóra dese plan de investimentos, que estamos próximos ós 130-140 millóns de euros de investimentos, pero en calquera caso alá cada quen coa súa conciencia e coa súa forma de actuar. Pero dicía que hai que facer un repaso, porque este, seguramente é o momento máis importante de calquera institución, de calquera equipo de goberno, cando ten que elaborar os presupostos para saber en que os prioriza, e nós temos moi claro que hai unha priorización importante, á parte da axuda, da cooperación ós propios concellos, pois, hai apartados fundamentais que neste momento de crise se están resentindo moito máis, porque reciben cada vez menos subvencións, e nós podemos facer unha afirmación rotunda, rotunda, é que, os apartados ou sectores sociais, económicos, culturais, deportivos, da nosa provincia, non van a ver diminuídos os seus presupostos nin as súas axudas nun só euro, senón todo o contrario, nos casos que non se mantén se incrementa, pois, razoablemente para que este tipo de axudas poidan chegar, chegar ós colectivos, e así podemos falar de departamentos, como departamentos de Acción Social, onde esta casa destina no seu conxunto, próximo, en torno ós 20 millóns de euros, é moi fácil dicilo, pero hai que concretalo, e seguramente nisto non entra a oposición, á oposición non lle preocupa o aspecto social, fai demagoxia, fai demagoxia pero non entra no fondo do tema, no di destes presupostos, e iso hai que trasladarllo ós veciños e ás veciñas. Contemplan 20 millóns de euros para un dos departamentos máis necesitados, e para unhas das demandas máis acuciantes que temos, o departamento de Acción Social, cunha política clara de apoio incuestionable a un centro como é Príncipe Felipe, onde temos, pois unha serie de políticas e de compromisos sociais, que aí están, pero non só iso, senón programas sociais de todo tipo, é dicir, esta casa ten o privilexio de poder dicir, que estes programas socias, como son programas diúrnos de Balnearios, ou programas de teleasistencia domiciliaria, programas Ti tamén contas, programas Pensa en ti, programas Semanas brancas, programa O meu primeiro voo, Contactos coa natureza, programa Coñece a túa provincia, programa de Cursos de inglés, programa Actívate, programa Camiña con nós, programa Saúde e benestar, programa de asociacións e de apoio ás mulleres, programa de subvencións dirixidas á entidades de iniciativa social, programa de arranxo de vivendas; pois, estes programas van dirixidos aproximadamente a unhas 50 mil persoas, que directamente se ven beneficiados destes programas sociais, pero non quedamos aí, no apartado social, evidentemente, temos que seguir atendendo o compromiso con todos os centros especializados, centro de adiccións de ludopatías, convenios co Proxecto home, con Agaja, con Alborada, coa Asociación Española contra o cáncer, coa asociación de Parkinson, con Aira, con Alento …, é dicir, todos os colectivos sociais que hai na nosa provincia reciben unha axuda por parte da nosa Deputación. Non lle mirei nunca a ningún Deputado da oposición que falara de aspectos sociais, nunca, en sete anos que levo aquí, nunca se fixo unha rolda de prensa, nin para dicir que si, nin que non, quere dicir, que todo funciona non ben, moi ben, porque para que a oposición non diga nin pío, estean muditos nun dos apartados máis importantes, que eles sempre intentan defender, como que din que son os partidos do progreso, do progreso da labia, do progreso da labia, pero despois cando chegan á hora da verdade, non fan mencións a todas estas cuestións. Rinse, rinse, pero eu tamén me río, porque en sete anos que levo aquí ninguén falou destes temas, pero para nós si son importantes, porque cando acudimos a eses centros sociais, e a eses colectivos, ben que agradecen a axuda desta Deputación, ben que a agradecen, e moi ben, porque en moitos casos lle resolvemos moitos problemas, hai persoas que gracias a estas axudas, van a comedores, e acoden todos os días, que ojalá que non tiveramos esa necesidade nin esa cuestión. Pero, podía continuar e vou a continuar, porque este é o momento onde temos que falar de todas estas cuestións, programas tamén de cooperación nacional, programas e premios a todo tipo de ocio e tempo libre, de comercio, etc., programas, por suposto Sen violencia convivencia 2011, do Día do neno, é dicir, conciliación da vida familiar, axudas ás familias que teñen problemas, formación de xóvenes, etc. Polo tanto, a min gustaríame felicitar nestes momentos á responsable, á responsable neste apartado, que son a Vicepresidenta Teresa Pedrosa, e a á compañeira Paqui Canal, no seu traballo, magnífico traballo desta Deputación no apartado social, eu creo que somos exemplo a nivel nacional do que hai que facer e de cómo se están facendo as cousas. Tamén hai un apartado onde merece mención especial esta Deputación, é a implicación e compromiso que ten este equipo de goberno, que é o apartado cultural, eu creo que xa ninguén cuestiona, xa ninguén cuestiona a dedicación e o compromiso que ten esta institución con todo o ámbito e con todo o sector cultural. Máis de 5 millóns de euros van destinados nestes presupostos directamente a temas culturais, máis de 5 millóns, non contemplo o Museo nin o Arquivo, senón o que é a actividade puramente cultural, ríase Sr. Mosquera, ríase, ríase, pero aquí hai máis de 1.500 colectivos detrás que seguramente vostedes nin se dan conta diso, porque non o coñecen, porque non patean a provincia, vostedes patean ós papeis e nada máis, a provincia non a patean. Pois no presuposto cultural podemos estar falando de máis de 5 millóns de euros en actividades directas, hai moito máis presuposto se metemos Museo, Arquivo, etc., pero en actividades directas máis de 5 millóns, en presupostos destinados ás escolas de música e a conservatorios; ó Plan cultural, onde o conforman máis de mil grupos culturais na provincia, están adheridos ó convenio da Deputación, todos reciben algún tipo de axuda, certames de todo tipo, de bandas de música, de actividades culturais de instrumentos, infraestrutura para os centros culturais, seminarios, exposicións, premios, subvencións, apoio á UNED, a estudos de deseño téxtil, a universidade de verán, escola de gaita, é dicir, é outra actividade importantísima tamén dentro das nosas actividades culturais, en definitiva, eu creo que a Deputación de Pontevedra, convenios con fundacións de todo tipo, de Camilo José Cela, Valle-Inclán, Alfredo Brañas, o MARCO de Vigo, etc., creo que dende logo o resume da política cultural durante estes últimos anos é dun acerto absoluto. E, polo tanto, hoxe toca o momento de agradecementos, é ó compañeiro Durán, en hora boa tamén polo seu traballo e a todo o seu equipo, créoo importante e a un se lle alegra, pois a súa actividade política cando mira este tipo de cuestións, son fundamentais, despois a maiores deste apoio á cultura, temos un Servizo de publicacións excepcional, que ninguén fala del, pero é un Servizo de publicacións onde estamos falando de máis de 40 exemplares, de 40 libros editados ó ano, dende a súa creación estamos en torno ás setecentas publicacións, é moi fácil dicilo, é moi fácil falar do que pode ser o acercamento ós cidadáns, a través de experiencias de libros de persoas que ó final nos dan unha formación e unha información a todos os cidadáns, pero falar de setecentas publicacións ó longo da súa existencia e entorno a 40 anuais, parécenos, dende logo un gran acerto. Aí están, tamén dentro dese apoio, as bienais, as dúas bienais que se celebraron, Norte de África e Centro América e o Caribe, con total e rotundo éxito. Bueno, se falamos do Museo de Pontevedra, eu creo que, o traballo desta Deputación non foi bo, foi excepcional, creo que é un acerto pleno, e aí están os números, podemos dicir a día de hoxe que o Museo de Pontevedra superou as 225.000 visitas no ano 2010, isto é histórico, histórico que se triplique case o número de visitas nos últimos 3 anos, eu creo que non ten precedentes, dende logo, do que pode ser un apoio total ó Museo de Pontevedra. Despois, isto é o que falamos de actividades, despois xa falaremos cando corresponda do Museo, das súas inversións, que evidentemente este ano se van a completar as inversións e o apoio decidido con respecto ó Museo de Pontevedra. Temos que falar evidentemente do que significa o apartado e o compromiso que hai tamén dende este equipo de goberno co deporte da nosa provincial. Sr. Mosquera, eu sinto moito que a vostede lle moleste, que vostede só fala de chapapote, é o único que sabe falar, nada máis, pero isto é actividades, pregúntelle vostede ós clubs, ós máis de 500 clubs da provincia de Pontevedra, que vostede se estivera rindo deles, porque nós falamos de deporte nesta Deputación, estes son os presupostos, presupostos tamén son isto, tamén son cultura, son actividades e o deporte, e ó deporte se lle está destinando dende esta Deputación 6 millóns de euros para as súas actividades, 6 millóns de euros, dos cales unha parte importante van para o deporte base a través de subvencións, de axuda ós equipos menos importantes da nosa provincia, o deporte base, e tamén ás escolas deportivas. Mire, un programa que se implantou fai dous anos e medio, nestes momentos podemos dicir, que temos máis de tres mil nenos e nenas de toda a provincia que fan deporte gratuíto, gratuíto, bueno di José Enrique que seis mil, pois son seis mil se o dis ti José Enrique, máis de seis mil nenos e nenas que na nosa provincia fan deporte gratuíto, de todos os rincóns da nosa provincia, non só nas capitais, non só onde teñen o transporte e as instalacións preto das súas casas, non, o importante é levar as actividades deportivas fóra dos núcleos de poboación, e iso é o que estamos a facer, en todo tipo de modalidades, que é o que ó final se concreta nunha grande actividade deportiva. Pero non só iso, en canto ás inversións, estanse desenvolvendo infraestruturas de todo tipo na nosa provincia, de toda a provincia, e algúns que sigan criticando os campos de fútbol, nos dá exactamente igual, que os sigan criticando, pero as entidades deportivas, os concellos, e todos os colectivos seguen reivindicando este tipo de instalacións modernas, instalacións que ó final dan unha demanda de 300 ou 400 rapaces cada semana deses clubs que participan na nosa provincia. Eu creo que aquí tamén hai outro éxito rotundo en canto a actividade deportiva, proba diso é que vostedes en 4 anos, non fixeron nin unha sola crítica, de todos estes tres apartados, nin unha, hai que preguntarlle ós medios de comunicación se a oposición fixo algunha vez algunha crítica con respecto ó apartado e ó compromiso desta institución e deste equipo de goberno co deporte, coa cultura ou cos temas sociais, en definitiva coas persoas, que é o que nos preocupa, e é o que vostedes se lles enche a boca sempre de falar de progreso, pero resulta que os equipos, os partidos que din chamarse de progreso non falan das persoas, falan do chapapote, que é o único que lle preocupa, é falar de infraestruturas, que curioso, como son as circunstancias como está cambiando a sociedade, debe ser dende que gobernaron se lle contaxiaron as alfombras, debe de ser iso, eu creo que debe ser iso, que non se acostumaron ás alfombras, as alfombras deberon de producirlle repelús a alguén, e por iso agora xa o aspecto social, cultural e deportivo, non lles interesa. Pois miren, dentro destes 137 millóns tamén estamos falando destas cuestións. E, que dicir doutros temas, miren o ORAL, de verdade iso é exemplo, non sei se quero comer, pero me preocupa o que son os presupostos da Deputación, me preocupan o que son os presupostos da Deputación…. Sr. Presidente.- Un momento Sr. Figueroa, pedir á Sra. Abelairas que se tranquilizara, porque xa leva un tempo aí, eu creo que merece todo o respecto que escoitemos, digo eu, independentemente do que poidamos pensar cada quen. ¿Verdade?. Bueno, pois, moitas gracias. Siga Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Mire, me preocupan os presupostos da Deputación, e me preocupa que un organismo como é o ORAL, que ó final creo que se acertou, que se acertou na liña que ten que seguir e cales son os seus obxectivos, e aquí está claro, é que o informe é demoledor, se falamos de xestión catastral, no exercicio 2011 asináronse convenios coa Dirección xeral do Catastro ós que se adheriron paulatinamente ata o ano 2007, 41 concellos, concellos que xeraron 6.230.000€ en liquidacións adicionais en dito período. Podemos falar de concellos, é dicir, hoxe a maioría dos concellos da provincia de Pontevedra están adheridos ó ORAL, porque o ORAL está facendo unha xestión magnífica, unha xestión que evidentemente merece destacar, en canto ó tema da xestión tributaria podemos estar falando dun incremento de pasar de 31 millóns de euros, que se podían cobrar no ano 2007, a 79 millóns, é dicir, se duplicou. En canto a recadación executiva eu creo que isto xa, estes parámetros son máis espectaculares, de 5 millóns no ano 2007, pasouse a 12 millóns e medio o 25 novembro deste ano, é dicir, estase multiplicando por 2 e por 3 en calquera dos criterios e dos parámetros, a xestión do ORAL. E a maiores, creo que se tomou unha decisión fundamental nos últimos días, é acudir a unha operación de préstamo de 20 millóns de euros para adiantar ós concellos, iso é facer política e iso é intentar facer xestión a través deste ORAL, é utilizar o ORAL como ferramenta de traballo importante para axudar ós concellos, se lle vai a adiantar ós concellos en 2 millóns de euros, que se pediu de préstamo para que se poidan adiantar as recadacións e os impostos, debido á situación que están atravesando estes concellos, en definitiva, que creo que é outra ferramenta de traballo fundamental para esta institución. Mire, poderíamos seguir falando doutros centros e da súa forma de xestionalo nesta casa, dende a Caixa de anticipos que fai un magnífico traballo, pero hai tamén outros centros que nalgúns momentos pois non se lle deu a importancia que tiñan que ter, e podemos falar por exemplo do turismo. É curioso, que nas últimas datas pois, agora xa se empeza a recoñecer, dende logo é gratificante para calquera responsable político, para calquera equipo de goberno e calquera Presidente, que cando se fai unha aposta por un sector evidentemente teña a súa recompensa. Nos últimos días aparece reflexado nos medios de comunicación, e non é nos medios de comunicación senón que é unha información que dá o Instituto Nacional de Estadística, onde di claramente que as Rías Baixas está no sétimo lugar entre os destinos nacionais, colocados por primeira vez entre os dez primeiros de preferencia nacional, isto o di o Instituto Nacional de Estadística, volvo a repetilo, por se alguén non o escoitou, ou senón o leu ou non ten a información, a primeira vez na historia desta provincia, que o noso destino Turismo Rías Baixas, está situado no sétimo lugar, entre os dez primeiros de preferencias nacionais, en número de pernotacións, incluso superan en 300.000 pernotacións á cidade de Santiago, etc. Polo tanto, podería falar deste centro que o coñezo ben, evidentemente, da formación dos plans de calidade, do apoio ó sector, dos apoios a sectores importantes como poden ser a conserva a través de ANFACO, da denominación de orixe de Rías Baixas, o apoio á sinalización turística, programas de proximidade, etc., isto tamén é, tamén está contemplado nos presupostos, porque aquí están máis de 2 millóns e pico de euros destinados a este apartado. Podía falar de fondos europeos, e claro, cando un empeza a criticar tamén proxectos europeos importantes que agora mesmo temos en marcha, pois, tamén ten que dar a súa explicación, e creo que hai proxectos europeos exemplares, proxectos europeos que nesta casa estamos falando de máis de 30 millóns de euros, acadados a través de proxectos europeos nos últimos tempos, internet, ninguén fala diso, é que ninguén fala diso, é que non lle preocupa á oposición todo o relacionado con wimax e con todos estes proxectos, despois aquí se está investindo en torno a 10 millóns de euros. A min gustaríame que algunha vez falaran destas cuestións, de novas tecnoloxías, polo menos modernizarnos un pouco, é o primeiro. Un proxecto fundamental, porque agora se demostra, o tema das Pousadas, que algúns critican, e algúns queren boicotear, eu creo que isto é exemplo de turismo de accesibilidade, estou totalmente convencido, e aquí quero felicitar, porque esta é unha idea deste equipo de goberno e da Presidencia, de cando se presentou este proxecto, pois evidentemente, se facía cun proxecto, pois, de modernidade, de intentar captar un público e uns viaxeiros e uns turistas determinados, que tiveran posibilidade de accesibilidade, persoas con discapacidade. E, bueno, pois seguramente non había moitas expectativas de que se acadara este premio, pero en Europa mirárono como un dos proxectos singulares, singulares a nivel europeo, de intentar captar un turismo de accesibilidade, que ademais ten un nivel medio-alto de gasto, así está nos estudos, en todos os estudos turísticos que se lle asigna a este tipo de persoas. Polo tanto, aí hai unha inversión de 8 millóns de euros, iso non o din tampouco, iso non é para os concellos, iso non é para nadie, iso é, bueno, pois, diñeiro que queda aí no tinteiro. Proxectos de cursos de Aquelando para 500 desempregados, que se dá formación a 500 desempregados desta casa; cursos a inmigrantes a través de programas para formación de 100 inmigrantes; illas atlánticas, que se conseguiu un premio hai pouco, cun millón de euros tamén; Mobilia, Nea, etc., etc., pois aquí están contemplados tamén nos presupostos 30 millóns, 30 millóns de euros. Creo que, bueno, en definitiva podía seguir falando de centros, bueno, eu creo que hoxe xa nadie cuestiona os proxectos de I+D+I, investigación que se está facendo en Areeiro, eu creo que somos exemplo, é dicir, somos exemplo, exemplo a nivel nacional, que veñen aquí científicos e persoas cualificadisimas a aprender dos traballos que se están facendo, que se están facendo no centro de Areeiro, eu creo que é un centro singular, que algún día debería merecer un recoñecemento de todos nós e de todos os cidadáns. Ás veces hai unha falta de descoñecemento, por iso, porque algúns só se empeñan en falar de chapapote, pois non, esta Deputación tamén ten un centro de investigación exemplar e pioneiro a nivel nacional. Podíamos falar de Mouriscade, igual, outro proxecto singular, a min me sonrroxa que algúns deputados pois non queiran escoitar isto, é dicir, pero senón os queren escoitar eles o falo para os demais, e dende logo para a cidadanía en xeral, a través de vostedes, os medios de comunicación. Esta é a Deputación de Pontevedra, nadie fala de Areeiro, nadie fala de Mouriscade, pois estes son centros singulares que son pioneiros a nivel nacional, nacional, e iso hai que telo en conta. En definitiva, eu creo que fixemos, fixen un reflexo de ó que van destinados os cartos desta Deputación, á parte desa grande inversión do plan de infraestruturas de máis de 70 millóns de euros, creo que hai unha serie de actividades que merecen o recoñecemento, e eu dende logo agradézollo. Soutomaior, outro centro singular, eu agradézolle, algún que me quedara atrás, non me queda, os teño aquí, pero evidentemente por unha cuestión de tempo, bueno, pois vou a ir rematando a miña primeira intervención. A min me gustaría que algún día se lle fixera un recoñecemento a todos estes centros e sobre todo a estes departamentos desta Deputación, que son departamentos eu creo que especialisimos e departamentos que fan un magnífico traballo. Dende logo, eu me sinto moi gratificado, como responsable económico desta casa, do traballo que están facendo todos os compañeiros en cada un dos seus apartados, algúns con máis dedicación, outros con menos dedicación, e dunha maneira especial á dirección de todos nós no noso Presidente, que algún día, estou totalmente convencido, porque isto nunca se recoñece, cando un fai as cousas, senón cando pasa o tempo e cando se compara, pois seguramente haberá un antes e un despois de moitas políticas innovadoras desta Deputación, que evidentemente esta é unha Deputación que ten moitisimo sentido, unha institución que xoga un papel fundamental na nosa provincia e dende logo nós vamos a seguir traballando, a pesar de que algúns cren que os momentos de crise, é de cobardes políticos o darlle para atrás, é dicir, facer menos cousas, non facer nada, é dicir, proxectos europeos non aplicalos, non ir a buscalos, é dicir, a maioría fai iso, nós non. Eu creo que nós temos unha política clara, valiente, de que canta máis crise máis oportunidades, e esas oportunidades hai que buscalas, e dende esta casa, dende logo sempre se buscaron, se están a buscar e se seguirán buscando, e iso evidentemente só o configura un equipo de goberno e unha dirección axeitada, e eu aquí non teño porque facelo, sábeno todos vostedes, pero quero felicitar ó Presidente polas directrices e polos obxectivos que nos marcou dende o principio, e que creo que están altamente cumpridos despois de catro anos de mandato, que evidentemente nos congratulan a todos, que esta é a política que hai que seguir, e que estou convencido que os cidadáns van a respectar e apoiar, e ser capaces de visualizar este traballo que se fixo, e que ten unha dirección moi clara, política, do noso Presidente. Polo tanto, síntoo se fun un pouco á largo, pero creo que estes son os presupostos, e é o Pleno realmente onde hai que dicirlle ós cidadáns o que ten contemplado este documento de presupostos, non é só catro números, hai moito detrás disto, moito traballo, e eu lle pediría á oposición, polo menos, que falen dalgún destes temas e un respecto a moitas persoas que están traballando nesta casa, dende políticos ata técnicos, ata persoas que nos apoian, e por suposto dunha maneira especial á cidadanía en xeral, porque si que a cidadanía coñece estes programas. O vergonzoso de todo e ás veces o triste, é que a oposición, a maioría destes programas, estou convencido que se lle preguntaran un a un non teñen nin idea. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Ten a palabra D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. Hai uns días, con moito boato e moita celebración pola súa parte, houbo a visita do Papa, creo que vostedes o celebraron e foron alí, entón, a min gustaríame iniciar a intervención cunha cita evanxélica na que di, referida ós fariseos, na que Jesús di que “fagan o que lle escoitan dicir pero nin se lle ocorra mirar o que fan”, os fariseos, porque fan o contrario do que din. Non sei se lle pode prestar ou non, pero eu creo que debían votar un pouquiño man desta sentenza bíblica, para, digo, se lle prestou en algo. Ben, o Sr. Portavoz do PP, como era previsible, cando fan os orzamentos que nin tan sequera se atreve a presentar, e o que pretende é que cheguen aquí, pasen nun debate plenario, que el xa se encargará de embarullar, como fixo, e non teñen ningunha relevancia, pois era previsible o que ía a suceder, ou sexa, son uns orzamentos absolutamente vergonzantes pola súa parte, que non se atreven nin a presentar, por primeira vez na historia. E nos vén aquí vendendo que fixo un préstamo, que non van os préstamos do 2011, claro, está prohibido por lei, claro, ou dicindo xa algunha cuestión que francamente, francamente é un, a un lle entran dúbidas e, ¿a que demonio xogamos?, oiga, vostede creo que foi o responsable económico desta casa, teoricamente o responsable dos orzamentos, fixéronos todos en tempo e forma, ¿verdade?, se aprobou o do 2009 en abril, claro, todos en tempo e forma, todos no ano, ou sexa, falso, ou sexa, xa empezamos cun fallo dese tipo. Pero mire, dos orzamentos practicamente non falou, máis ben fixo un mitin de final de mandato e cunhas cousas bastante graves, porque cando un non quere falar de algo e se dedica a dar voltas, pois comete erros gravisimos, por exemplo, vostede fixo unha gran felicitación a unha serie de deputados, parece que é que lle puxo a cruz, que é que se marchan todos, ata o Presidente, coidado, eu no seu caso temblaría, porque os que foi citando son, os outros nos citou. E tivo omisións clamorosas, que ese é o problema, que o subconsciente o traiciona, non falou de Príncipe Felipe, non falou da brigada de obras, si falou claro que si, todo o tempo, xa, non falou, senón de certo tipo de programas e demais. Pero mire, non vou a entrar, o único que quero dicir é que se dedicou a falar dunha valoración do que sucedeu, pero non, non dos orzamentos. Mire, vou a votar man do seu, da súa teórica política, aquí nos pasamos escoitando, na toma de posesión do Presidente, no 2003, no 2007 reiterouno, declaracións cada dous por tres, de que esta casa é o concello de concellos, que está para axudar ós concellos, especialmente ós máis pequenos, iso parece un axioma. E por outro lado, o 12 de setembro de 2008, nos presentaron aquí unha moción, ante a crise, que xa era evidente que estaba enriba, na que propoñían unha contención ou baixa do gasto corrente, ¿acórdanse?, dígoo porque, presentárona aquí, e por certo aprobámola creo que por unanimidade. Mire, ¿sabe que pasou?, iso, o acordo do 2008 era para aplicar ó orzamento do 2009 e sucesivos. ¿Sabe que pasou no 2009?. O ano do recorte do gasto corrente, que foi o récord de gasto corrente desta casa, o record, só entre o capítulo 2 e 4, xa quitando o 1 e o 3, se cepillaron máis de 50 millóns de euros. Non sei se a cita de Jesús, a cita bíblica lle di algo, ou sexa, anuncian que van a recortar o gasto corrente e o ano que o van recortar temos record de gasto corrente, ¿verdade?, ata ese ano. Pero este ano, que se reducen os orzamentos bastante, no 2011, resulta que aínda sube o gasto corrente con respecto ó 2009, ou sexa, viva a coherencia, ou sexa, traen unha moción, van recortar en gasto corrente, e, ¿sabe?, por exemplo, capítulo 2, dende ese acordo que vostedes trouxeron aquí, de recortar o gasto corrente, ¿sabe canto subiu o peso no orzamento?, un 63%, o peso que tiña porcentualmente no orzamento, ¿verdade?. Hinchámonos todos os días a escoitar, xa é irritante a cantinela, de que os outros gobernos que non son seus, despilfarran, manirroto, gasto corrente, o que sexa, pero comparen con calquera institución un pouco grande desta provincia, compárena, o despilfarro está aquí, o gasto sen control está aquí, sen comparación, e para iso que foron, viñeron coa moción, e votaron en contra do despilfarro e demais. ¡Ah!, pero si que son temibles, no que din abertamente e repiten, xa se sabe que van facer o contrario, iso é todos os días, agora si que son temibles, cando anuncian, cando ensinan a pata, porque naquel acordo do 12 de setembro do 2008, non sei se se acordan, na primeira redacción dixeron que os concellos tiñan que facer o mesmo, ó final quitouse, porque, é dicir, home, non somos quen para dicir ós concellos, que xa farán o que ben entendan. ¡Ah!, pero ós concellos si lles obrigaron a facer o mesmo mediante uns recortes absolutamente brutais, a narices llo están facendo, llo están facendo e demais, e as transferencias, as transferencias, Sr. Figueroa, eu supoño que cos anos que leva sabe distinguir perfectamente entre o capítulo 2 e 4, entre o 6 e o 7, sabe de sobra, entón se o sabe de sobra está terxiversando a realidade, se é o capítulo 6 inviste a Deputación directamente e se é o 7 transfírello ós concellos, é igual que o 2 e que o 4, e entón as cifras que estamos facendo son sobre os seus datos, non sobre teorías e demais. Ben, eu creo que non está mal, porque vostede non falou para nada, para nada diso, de falar das grandes cifras do orzamento. Mire, non me negará, non me negará que vostedes tiñan decidido de non facer orzamento porque non hai maneira de casar as contas, cando lle chegaron os 8 millóns de financiación complementaria foi cando á presa e correndo decidiron facelos. E tan, tan maravillosamente a fixeron, que é a primeira vez na historia que se ve un orzamento que ten seis ceros, seis ceros, ou sexa, foi as contas do gran capitán, ¿que curioso?, ou sexa, ou hai unha probabilidade entre 1 millón de que a rematen en seis ceros, 128.000.000, ala, é igual, xa o que está claro é que as contas están ben feitas, a conciencia e demais, ou sexa, é as contas do gran capitán e demais. ¡Ah!, pero segue a subir o gasto corrente, segue a subir todo, os catro primeiros capítulos, segue incumprindo a súa proposta e o acordo deste Pleno, sígueo a facer continuamente, pois é un acordo que propuxeron vostedes, propuxo o Partido Popular aquí. ¿E onde recortan?, recortan en investimentos, despois de meterlle un tixereitazo ós investimentos dun 43% do ano pasado respecto a este, e xa baixaban do anterior, nos vén a dicir a grande capacidade inversora da Deputación que vai a facer, bueno, está aí, entón, e nas transferencias ós concellos que iso si que xa é absolutamente escandaloso. Colla o capítulo 7, colla o 4, súmeos, résteos, divídaos, multiplíqueos, quítelle se quere o PPC, métalle o PPC, o que vén do Estado, o que vén do Estado, non o que aporta a Deputación, etc., e resulta que en cinco anos, ou en catro anos, ou en tres, ou en dous, ou o que sexa, os recortes son cada ano do 50 ou 60%, son absolutamente brutais, ou sexa, recortan exactamente no contrario do que dixeron, no contrario do que dixeron, ¿verdade?. Bueno, con respecto ó endebedamento, mire, eu, ¿que quere?, son as cifras que hai, evidentemente non me negou que van ter que devolver 40 millóns do ano 2009, da liquidación do 2009, e falta por caer a do 2010, falta por caer a do 2010. ¿E hai que devolvelos?, e se hai que devolvelos pois sexan a cinco anos ou sexan a dous, ou sexan a 10, como é a débeda, pois hai que devolvelos e polo tanto esta institución a día de hoxe ten comprometidos, para devolver, de diñeiro pois 177.000.000 de euros, máis a liquidación negativa do 2010, que xa, segundo os avances, todos sabemos que vai ser negativa, non tanto como a do 2009, pero vai ser negativa. Mire, advertímosllo, mire, é que hai unha dimensión, digamos de traxectoria política, e outra técnica xa dos feitos, levámosllo advertindo algúns anos, están comprometendo moi seriamente o futuro desta Deputación e a súa solvencia, ¿non?, se chega a ser un concello ou unha comunidade autónoma isto estaría en quebra técnica, estaría en quebra técnica. Home, a ver, non se me contradigan, vostedes están dicindo en concellos que teñen unha carga financeira do 30, do 40%, que non chega ningún ó 50, que están feitos un desastre, e aquí que andan no 100, no 150, e resulta que está ben, home, a ver, a ver, non se pode dicir nun lado unha cousa e noutro lado de un e tal. Pero, o ano pasado xa lle advertiu o informe de Intervención, que o futuro desta casa estaba moi comprometido, este ano vólvello, vólvello a reiterar. Esta casa tivo anos de gasto galopante e sobre todo corrente, pero, e en, nunha época de crise, vou a intentar abreviar veulle, mire, para a xestión económica desta casa, para a xestión económica desta casa, para o que estaba, empezaron a facer no 2006-7 e seguiron despois, a crise veulle fantástica para encubrir o que estaban a facer, veulle fantástica. Están xustificando unha política que non ten ningún futuro e é contraria da que predican. Voulle facer o seguinte exercicio, voulle a facer o seguinte exercicio, vamos a coller un ano no que esta casa recibiu, tivo un orzamento similar ó deste ano, ó do 2011, e recibiu do Estado máis ou menos por transferencias, a mesma cantidade que vai recibir no 2011, ese exercicio é o 2006, vale, moi ben, máis ou menos coinciden. ¿Sabe canto transferiron ós concellos no ano 2006, esta casa, canto transferiron entre o capítulo 4 e o capítulo 7?. 53 millóns de euros; ¿sabe canto van a transferir se lle sumamos os dous do Estado, senón son 3,3, para o 2011?. 5,3. Ben, vostede quéreme entrar a discutir outra serie de cuestións, pero mire, dígolle o seguinte, outro datiño, ¿sabe canto se levaba, canto se levaba o funcionamento da Deputación, incluídas as transferencias internas, no ano 2006?, un orzamento similar se lle quitamos o crédito; ¿sabe canto se levaba?, o 38%; ¿sabe canto se vai levar para o ano 2011?, o 62%. Iguais orzamentos, igual previsión de ingresos, pero o que cambiou radicalmente é a política desta casa, cambiou radicalmente. E vostedes se imaxinan que o Estado, que efectivamente, hai uns recortes, preocupantes e o que sexa, que o Estado chegara a recortar as transferencias na súa, na proporción que vostedes dixeron, isto sería o caos, isto sería o caos. Entón, ¿que é o que está a suceder aquí?, está a suceder que vostedes queren dende aquí controlar todo, queren facer programas propios para todo; ¿iso que supón?, máis estrutura, máis gasto, e menos eficiencia. O caso paradigmático por exemplo foi o Plan de investimentos, a ninguén, no seu san xuízo, se lle ocorre intentar xestionar o que era moi fácil que xestionaran os propios concellos, iso a ninguén se lle ocorrería, só se lle ocorre a vostedes; ¿por que?, porque están, metéronse nunha política absolutamente entolecida, absolutamente entolecida, de intentar que a Deputación non fora o concello de concellos, senón que a Deputación fora outro concello dentro da provincia, de ámbito territorial toda a provincia. Entón, reventaron todo o que tiñan pensado, polo menos o que dicían, e incluso os acordos que adoptaron, e entón isto convirtiuse nunha máquina de gastar, absolutamente disfuncional, cada vez máis disfuncional, obviamente, porque xestionar unha obra un concello é transferir os cartos e que xestione, xestionar todas aquí dos concellos é disfuncional, de todo, de control, de seguimento, de todo, ¿verdade?, controlar todas esas transferencias que fan e demais, pois é transferilo e que o xestionen os concellos e demais. Eu, exactamente, as razóns saberanas vostedes pero o que están, o que empezou sendo, coa toma de posesión do Sr. Louzán no ano 2003, un anuncio de que este ía a ser o concello de concellos, que ía aportar, axudarlle a todos e o que sexa, está convertido nunha máquina diabólica de estrangular ós concellos, porque se os concellos teñen dificultades e esta casa o que fai é abrochar todo e ter un gasto estrutural, ou sexa, un gasto propio de funcionamento absolutamente brutal, cada vez maior e demais, pois obviamente as cifras están aí e moi dificilmente se pode rebater, porque están aí, de feito o portavoz do PP non as rebateu para nada. Están creando vostedes un mónstruo, unha máquina de gastar, están creando un híbrido, a ver, para que simbolicemos así dous exemplos moi claros, un híbrido entre a técnica Baltar en Ourense, ¿verdade?, intentar colocar a todos na Deputación de Ourense e facelo un mónstruo en comparación ó que debía ser; e a técnica Martín en Sanxenxo, non, arrasar gastando todo ata que se acabe o mundo, ¿verdade?, e deixar todo comprometido, máis ou menos é a mestura que están aplicando. Ben, o que xa parece absolutamente, o que xa parece absolutamente digamos irritante, e cónstame que hai alcaldes seus que están irritados con isto, porque é lóxico, é que a gran axuda que van facer é adiantarlle uns meses os tributos, con ese crédito do ORAL, se esa é unha póliza de crédito para en vez de que o reciban en agosto o reciban en febreiro, ben, algo lle pode aliviar, agora, se pasamos, se pasamos, á igualdade de orzamentos 2006-2011, xa digo, collín un que era igual, podíamos coller outros, 2006-2011, pero collino por similitude, de que esta casa, a Deputación lle transfire ós concellos 53 millóns de euros para este ano que vén, ¿que lle pasa?, e fago as contas sumado o POL e o PPC, que agora non hai POL, para que tal, porque senón aínda saen peor, que quitarllo, lle pasamos a décima parte neste ano, e iso arreglámolo con, en vez dos cartos, que son do concello, adiantarllos uns meses, francamente, francamente que iso non chega, nin unha tirita para un cancro, ou sexa, é menos que aplicarlle unha tirita a un cancro. Miren, se nós presentamos unha emenda que obviamente vai na dirección que estamos dicindo na intervención, que é que se recorten unha serie de partidas, que se recorten unha serie de partidas e que se faga un fondo de, bueno, en principio proponse 6 millóns e medio para as transferencias ós concellos. O outro día na Comisión votaron que non, e francamente pois coa súa traxectoria case o podemos entender, a traxectoria de recortar cada ano os fondos ós concellos e tamén a traxectoria que tiveron de gasto aquí. Eu, de verdade, de verdade, estou profundamente enoxado, enfadado, sonroxado, e como se queira dicir, coa deriva que ten esta casa, pero xa algunhas cousas pasan de castaño escuro, que no ano 2009, o ano do recorte, se pase a partida de promoción da Corporación de 180.000 euros, pase a 2 millóns de euros, teoricamente a Corporación somos todos, ¿verdade?, se pasa 2 millóns de euros. A verdade, vostedes estarán promocionadisimos, estarán promocionadisimos, pero non nos metan nese saco, digan, é que o Presidente se quere promocionar, pois métano na do Presidente ou métano onde queiran. Ou coller e manter as asistencias dos Deputados nun millón cen, nun millón douscentos, nun millón trescentos, ¿verdade?, que é o que sae publicamente de entrada, cando na práctica as asistencias están na metade, un pouquiño máis da metade, é unha tomadura de pelo, xa sabemos para que meten estas partidas, para despois gastalos vostedes onde lle dá a gana, onde lle dá a gana, mediante modificacións internas. Oiga, pero non se lle pode faltar ó respecto ós membros desta Corporación un ano si e outro tamén, desta maneira, é unha auténtica tomadura de pelo, é que vostedes están saqueando esta institución para os seus fins, está claro, a verdade é que a estrutura provincial do PP é dunha voracidade, co Sr. Louzán ó frente, para controlar todo a través desta casa e incluso deixar ós alcaldes á parte, tamén o sabemos, esa é unha senvergonzada política, pero xa meternos a todos no saco de que estamos aquí saque, non, estana saqueando vostedes, esta casa estana saqueando vostedes, para os seus fins partidarios, non, pero non somos todos, nin é a Corporación, ou sexa, é unha tomadura de pelo, por favor quítena, quítena, que resulta que aparece medio millón de euros de asistencias para os Deputados, cando despois ese medio millón de euros o gastan vostedes nos seus saraos de publicidade e do que queiran. É unha tomadura de pelo para esta Corporación, avisouselle moitos anos e seguen, seguen erre que erre facéndoo, ó igual que se metan dous millóns de euros, nin máis nin menos o primeiro ano que vostedes ían recortar, para promoción da Corporación, miren, promocionarase o Presidente, a súa presidencia provincial do PP e vostedes, pero dende logo esta Corporación non necesita esa promoción, para nada, é unha tomadura de pelo. Miren, recorten que teñen de sobra onde recortar, de sobra onde recortar, e fagan un fondo para os concellos, para que gasten onde ben necesiten, onde ben entendan. Agora ben, todos sabemos onde nace isto, por iso os datos do 2006 son moi representativos, ou sexa, cando no 2007 perderon, non puideron gobernar aínda que foran a forza máis votada na inmensa maioría dos concellos máis poboados, entón decidiron estrangular ós concellos e que a Deputación substituíra ós concellos, por iso vén esta máquina de gastar absolutamente disfuncional, absolutamente disfuncional, están creando un mónstruo, crearon un mónstruo e me parece que alguén terá que poñer coto nisto e demais, supoño que a crúa realidade do que teñen que pagar por todos os créditos que adiantaron, e a crúa realidade dos ingresos que, o horizonte pois obrigaralle a poñer coto, obrigaralle a poñer coto. Agora, usar a crise económica para dicir que non hai fondos, cando teñen os mesmos, cando había os mesmos fondos dedicaban dez veces máis ás transferencias a concellos do que lle dedican este ano, os ingresos eran os mesmos, os mesmos, polo tanto se podía gastar, os gastos son os mesmos, ¿en que os gastan?, en inchar, en pagar, inchar, este mónstruo que crearon aquí, e despois temos que escoitar pois que traen propostas aquí de recorte do gasto corrente, ou temos que escoitar todos os días a cantinela de que as outras institucións que non gobernan vostedes son manirrotas, despilfarradores, tiran do gasto, etc., etc., cando non resiste ningunha, senón compáreo co concello de Vigo ou de Pontevedra e a ver quen está tirando do gasto de maneira entolecida e quen está creando un mónstruo absolutamente disparatado. E as cifras cantan, as cifras cantan, e aquí vostedes é para gasto propio desta casa, dinlle antes os datos do funcionamento, que son espeluznantes, como sigamos así esta casa dentro de dous ou tres anos se vai gastar case o 100% no seu funcionamento interno e nos seus programas, e para fóra nada, este concello de concellos, están anulando as deputacións, estanas anulando, para iso está a Xunta ou están os concellos, para que se necesita se esta casa non axuda ós concellos pequenos, fai obras propias, ou non transfire un duro, para que se necesita, para maior loa do PP provincial, porque ¿para que?, ¿vostedes son grandes defensores das deputacións?, estanas anulando, ou anulando como institución, usándoas para os seus fins e tal, son unha máquina de gastar, aumentar o gasto corrente e demais. Ou sexa, volvo ó inicio, a vostedes en política económica nunha institución hai que aplicarlle aquilo que aplicaba Jesús de Nazaret ós fariseos, “faga o que lle escoites dicir, pero nin se lle ocorra, nin se lle ocorra mirar o que fan”, nin se lle ocorrra, porque fan exactamente sempre o contrario do que din, ou sexa, son textualmente, pódollo dicir, cita por se acaso, por se acaso non a sabe, cita bíblica, “rásganse as vestiduras por pequeneces pero non teñen escrúpulos en cometer os máis graves pecados. Amén.” Sr. Presidente.- Bueno, Sr. Mosquera, despois dese periplo agora adaptado por vostede á teoría cristiana, o cal non vén mal que se dea un repaso por aí, dámoslle a palabra a D. Juan Luis Otero Besada. Sr. Otero Besada.- Luciano. Si, bos días a todos. En primeiro lugar, quero manifestar a miña sorpresa pola presentación destes orzamentos para o 2011, cunha semana de antelación, un pouco con nocturnidade e alevosía. Eu dígolle a vostedes que se no meu concello presento os orzamentos unha semana antes os seus compañeiros do PP seguro que se levantaban do Pleno, se teñen levantado por cousas menos graves. No noso concello levaremos os orzamentos en xaneiro e xa ós portavoces dos distintos grupos da oposición se lle comunicou, en fin. Empezou o Sr. Figueroa dicindo que esta era unha institución seria e con transparencias, eu penso que a maior parte dos deputados que estamos nestas bancadas temos preguntas pendentes, eu concretamente teño unha do mes de decembro, vai facer un ano e téñoa sen contestar, se isto é seriedade e transparencia que veña alguén e o vexa. Bueno, dito isto, entraremos a falar dos orzamentos, para min teñen un titular moi claro, son uns orzamentos electoralistas e caciquís, completamente. En primeiro lugar fan, unha rebaixa considerable que nos leva a estar por debaixo dos orzamentos do ano 2006, cun aumento considerable da débeda. En termos porcentuais voulles a indicar a situación nos últimos cinco anos, xa sei que non son porcentaxes, que as marca a Lei, pero si que son unhas porcentaxes que se ve a traxectoria desta casa. No ano 2007 o orzamento desta casa eran 148.000.000, case 149.000.000 euros, a débeda estaba en 91 millóns de euros; no ano 2008 tiñamos 145.500.00 euros e a débeda estaba no 96%, un 66% porcentual co orzamento; no 2009 o orzamento era de 173.250.000, a débeda xa pasaba a 111.248.000 euros, o 64%; no ano 2010 o orzamento era de 153.240.616 e a débeda xa estaba en 117 millóns de euros, ou sexa, o 76% do endebedamento en relación co presuposto; para o ano 2011, báixase o orzamento a 128.000.000 de euros e a débeda pasa a 105.615.490 euros, o 82%, o 82,51 se se chega a cumprir, se se chega a cumprir, porque eu teño as miñas dúbidas. No informe que se fai por Intervención faise figurar con letra pequena, porque o ordenador é así, que o endebedamento da Deputación é do 87%, o que non se di e moito menos á opinión pública, é que este endebedamento é cos datos consolidados e referidos ó ano 2009, porque senón fose así e contásemos o préstamo que vostedes acaban de aprobar, este endebedamento andaría cerca do 98%. E se añadimos a débeda que ten o IPESPO penso que estaríamos rodando o límite legal do 110%, non andaríamos moi lonxe. Tamén chama a atención no informe, que coa operación que hoxe acaban de aprobar, non habería necesidade de endebedarse no ano 2011, tamén o destaca o Sr. Figueroa no seu discurso, “estes orzamentos son claros e non temos necesidade de endeudarnos”, non é que non teñan necesidade, é que non van a poder facelo, o endebedamento tal e como está non lle vai a permitir a Lei facer un endebedamento doutro préstamo como acaban de facer. Outro tema que a min me destaca nos orzamentos é o cálculo para o pago da deuda, que está estimado nun cálculo de interese ó tipo do 2,20%, todo o mundo o sabe e o Interventor o recoñece no seu informe, que este tipo de interese vai a subir e a moi curto prazo, entón eu non sei se, aí non hai previsión para isto, o mesmo Interventor o recoñece, non se prevé que van a aumentar os tipos de interese e non vai haber fondos para pagalos. En canto ós gastos correntes, é curioso, que descende un 10% o presuposto, os orzamentos, e o gasto corrente segue aumentando. Na Deputación de Lugo, acaban de aprobar os seus orzamentos, baixa o gasto corrente e manteñen as axudas ós concellos, cousa que aquí aumenta o gasto corrente e descenden as axudas ós concellos. O noso grupo propuxo xa no seu día pactar un plan de saneamento para rebaixar o gasto corrente, e estamos dispostos a mantelo, e repetímolo, queda un mes para acabar o ano, tiren estes orzamentos e pacten un plan de saneamento coa oposición, acaba de facelo a Deputación da Coruña. A Deputación da Coruña acaba de aprobar os seus orzamentos por unanimidade de todos os grupos, penso que deberían de tomar exemplo. Gastos de persoal, seguen aumentando os gastos de persoal, a pesares de que baixaron un 5% a mediados do ano pola rebaixa á que a Lei obrigaba, rebáixanse as inversións propias da Deputación nun 43%, que é de vergonza, non se fai previsión algunha para as devolucións que haberá que facer ó Estado nos próximos anos, menciónanse de pasada pero non se fai previsión ningunha, e saben que as hai que devolver. No capítulo de contratacións temporais, isto si que chama a atención, aquí é onde vén que estes orzamentos son electoralistas e caciquís, non entendemos o por que de 61 contratacións que se fan. No apartado das Pousadas do Salnés, unhas Pousadas, curiosamente destacábaas o Sr. Figueroa no seu discurso como un logro importantisimo as Pousadas do Salnés. As Pousadas do Salnés están sendo un problema onde se están facendo, un problema Sr. Louzán, un problema, non teñen máis que ver o problema do Grove, non levan tempo no Grove, ata hai unha plataforma en contra, e non forma parte nin o PSOE nin o BNG, son os veciños os que forman parte. Sr. Otero Besada.- Non, non, non se ría, así de clarisimo. Intentaron facer unha Pousada en Vilanova e non foron capaces, intentárona facer en Ribadumia e tivo que a Deputación chegar a un acordo, e hai que ver a que acordos, coa Igrexa, para que lle facilitara os terreos. En Meis, tivo que volver a comprar máis terreos o concello de Meis, e aínda así vamos a ver se dan conta de facelas, porque os prazos están aí e as esixencias de Europa son moi, moi severas con este tema, ojalá sexan capaces de cumprilas. De internet, é outra das cousas que falaba o Sr. Figueroa, un logro o de internet, o de internet o logro verase cando se empecen a facer as contratacións, entréganselle 7 millóns de euros a unha empresa privada, como se vai facer coas Pousadas do Salnés, 7 millóns de euros públicos a unha empresa privada, para que cobre unha cuota como mínimo de 20 euros ou de 34 euros se é de dez megas. Calquera, calquera empresa nestes momentos, calquera empresa nestes momentos está por debaixo desa cuota. ¿Como podemos meter 7 millóns de euros de fondos públicos a unha empresa para non beneficiar para nada ós contribuíntes, absolutamente para nada?, calquera empresa, lle digo así mesmo, calquera. Eu estiven facendo consultas con Vodafone, con Telefónica, con Ya.com, están por debaixo dos 20 euros que vai cobrar Iberbanda. Comentario á parte meréceme a min a Cidade Infantil “Príncipe Felipe”, con Príncipe Felipe, que tamén se destaca moitisimo, é un saco sen fondo que non sei como lle van a poñer vostedes freo, é un saco sen fondo, baixan os alumnos, aumentan as contratacións, xa parece que hai poucas contratacións en Príncipe Felipe, parece que hai poucas, pero auméntanse en 57 máis contratacións. Está claro que a maquinaria electoral empeza a funcionar, clarísimo. Do IPESPO mellor non lle falar porque lle poría a cara colorada a todos, mellor non falar, reserváronse parcelas que logo foron anuladas, non sei se está no 50% as parcelas que se fixeron, e dende logo xa veremos como se paga a débeda deste concello. Do ORAL, me parece ben que o Sr. Figueroa destacaba os logros do ORAL, presúmese de que se lle dean cartos ós concellos, vénse facendo todos os anos, dende hai máis de dez anos, é unha función do ORAL, o ORAL creouse para iso, podemos destacar que se lle vaia a adiantar ós concellos cartos do ORAL, normal, fíxose todos os anos absolutamente. En canto a que se aumentou a recadación, el di as cantidades que se recadaron pero non di as porcentaxes, porque estabamos nunha porcentaxe baixísima, efectivamente é un logro importante que se aumentara, pero non di as porcentaxes nas que estabamos. Eu, ¿que lle vou dicir das subvencións nominativas?, porque isto si que é grave, ou eu considéroo moi grave. Mantéñense subvencións nominativas a Cruz Vermella, a Cáritas, á Asociación contra o cáncer, ó Proxecto Home, que nos parece moi normal, é máis, pensamos que incluso se deberían aumentar, porque nestes momentos de crise son precisamente as organizacións que máis o merecen, agora, auméntanse ou mantéñense ás Escolas Deportivas, ó Deporte Federado, tampouco ningún deles alcanza máis dos 30.000 euros, pero, ¿que me din das subvencións a entidades privadas?, como por exemplo, un club de campo, 18.000 euros; un Real Club Naútico, 5.000 e 25.000 euros; un Círculo Mercantil, 30.000 euros; uns amigos da Zarzuela ou da Ópera, 30.000 euros; outras asociacións tamén dunha cidade importante da provincia; Asociación Eduardo non sei que, 30.000 euros; Agrupación de Centros, 40.000 euros; Peña Recreativa El Olivo, 20.000 euros; Asociación da zona x, 50.000 euros; Asociación do Cristo de non sei que, 20.000 euros; Irmandade da Festa de Santa, 50.000 euros, unha asociación que fai unha festa, 50.000 euros; a Cáritas 30.000; unha Mancomunidade de Montes, mancomunidade de montes que presumen de facer moitos cartos coas vendas dos piñeiros, pois mire, comunidade de montes desta mesma zona, 30.000 euros; e unha CVC, non sei se é unha comunidade ou o que é, 97.000 euros, da mesma zona, 97.000 euros. ¿Que lle vou a dicir das parroquias?, en Galicia temos 670 parroquias, pero parece ser que non existen, os Deputados que están aí enfrente, que teñen moitas parroquias algúns deles, non sei se saberán estes datos, parroquia de San Salvador, 90.000 euros; parroquia de San Andrés, 90.000 euros; parroquia de San Xurxo, 45.000 euros; parroquia x, 20.000 euros; parroquia x, 20.000 euros; parroquia x, 20.000 euros; parroquia x, 24.000 euros. Mire, soamente en 18 entidades desta zona, que son todas da mesma zona, por iso digo eu que os compañeiros Deputados de enfronte teñen moitas máis parroquias que esta zona, só con estas 18 entidades vanse 724.000 euros. Está claro que as enquisas nesta zona non lle deben de pintar ben ó Partido Popular, seguramente, pero é un verdadeiro despilfarro, sobre todo nestes momentos en que moita xente está pasando moi mal. Mire, voulle a recordar aquí unhas palabras do discurso do Sr. Figueroa do pasado ano, que tamén as volveu a repetir este ano, os comedores, os comedores sociais cada día incrementan a súa demanda e nós estamos aquí para axudalos, estamos aquí para axudalos. O comedor de San Francisco, desta cidade, que eu paso por aí e vexo moitas veces á unha da tarde a cantidade de xente que vai alí a comer, pois esta institución dálle 6.000 euros, 6.000 euros ó comedor de San Francisco. Os amigos da Zarzuela e da Ópera pois non sei, 50.000 porque ó fin e ó cabo é máis importante que comer, claro. Están a tempo de frear todas estas axudas, están en tempo, rebáixenas e atendan outras causas como servizos sociais, que logo veremos o que destacan, están bastante máis necesitados. En distintas roldas de prensa o Sr. Louzán dicía que a crise é galopante, claro, a culpa é de Zapatero, pero vostedes esta crise con este despilfarro non a axudan para nada, absolutamente para nada. Os orzamentos da Xunta de Galicia no ano 2011 fan un recorte do 92% en deportes, un 40,6% en cultura, pero aquí nesta casa vostedes seguen entregando cheques todos os días polos distintos pobos de Galicia. Nós presentamos 4 emendas que esperamos que algunha delas teñan o valor de aprobalas, unha fundamentalmente vai sobre o desemprego, o asunto máis importante que nestes momentos se debería atender dende esta casa. O Sr. Feijoo cansouse de dicir na campaña do pasado ano, acompañado en moitos casos polo Sr. Louzán, que en seis meses acabaría co paro en Galicia, van alá dezaoito e somos a comunidade onde máis creceu. Por iso nós presentamos unha emenda a este orzamento para propoñer, que se dote un fondo como mínimo de 5 millóns de euros, vostedes estano prometendo de 2 e medio, para promover o emprego nos concellos igual que se fixo o pasado ano e que estas contratacións se leven a cabo de inmediato. Este fondo para o desemprego nós propoñemos que vaia a esa disposición que ten o Presidente para o Plan anticrise. Xa sabemos que as emendas da oposición non lles gustan, esta é unha delas que nós consideramos máis razoable, insistimos que modifiquen esta cantidade destinada ó Plan provincial de emprego. Vostedes propoñen unha contratación de 5 persoas por concello, igual que se fixo o ano pasado, acaban de envíar xa, aínda está sen aprobar, non se acabou este Pleno, vostedes xa están envíando cartas ós concellos para que presenten a solicitude para 5 empregados por concello, igual que se fixo o pasado ano. Vostedes pretenden que este plan empece a funcionar o 1º de febreiro e as contratacións son por 6 meses, estas contratacións ó levalas á cabo o día 31 de xullo acabáranse. Unha das funcións que vostedes poñen, que é para paliar, é para a limpeza de praias, unha delas, para coidado do medio ambiente e para limpeza de praias, xa me dirán os concellos da provincia costeiros se se lle acaban as contratacións o 31 de xullo que é o que van a facer, estuden isto, admitan a nosa emenda, dupliquen os fondos e contraten esas 5 persoas todo o ano e non 6 meses, desta forma votaríanlle unha man ó Sr. Feijoo, a aliviar un pouco que o desemprego sega crecendo en Galicia. Outra das nosas emendas que presentamos, é que se destine a subvencionar o noitebús. A Xunta de Galicia acaba de suprimir o noitebús, esa axuda que tiña para todos os concellos da provincia, en moitos sitios moi necesarios, sabemos como se xoga a vida a xuventude a altas horas da mañá, e con isto paliaríase moitísimo, evitaríanse posibles mortes que xa sucederon en distintos lugares da provincia. Propoñemos que esta partida, 200.000 euros, que non é cantidade se vemos as que se acaban de adxudicar a distintas entidades, non son cartos para este fin. Igualmente propoñemos noutra emenda, destinar 3 millóns de euros á creación dun liña de axudas ós concellos da provincia para potenciar os servizos sociais, pero para potencialos os concellos. Logo veremos, sabemos que os concellos foron asumindo cada vez máis os servizos sociais e cada vez están máis desbordados e teñen moitisima falta de fondos. Felicitaba, o Sr. Figueroa ós servizos sociais que se están facendo dende aquí, eu pódolle dicir que non cumpren esa función, vostedes non dixeron, non dixo absolutamente nada dos programas que fixeron e tiveron que retirar, nin os anunciaron, si, si, miren as xuntas de goberno onde se retiran fondos dun programa para outro porque non se cumpriu, míreno, míreno, porque eu mireino nas actas da xunta de goberno. E sorpréndenos, sorpréndenos que feliciten á Sra. Pedrosa e á Sra. Canal, porque é sorprendente, parece ser que non van contar con elas nun futuro. Tamén felicitaron ó Sr. Durán, supoño que con el polo menos seguirán contando, porque polo menos coas outras dúas persoas parece que non van seguir contando con elas. E vou a recordar aquí unhas palabras do discurso do Sr. Figueroa do pasado ano, porque tamén repaseino un pouco, aínda que sabémolo porque se repite moi a miúdo, e neste dicía, “no contexto desta extrema gravidade os concellos, a razón de ser das deputacións, a Deputación debe levar a cabo dous principios, en primeiro lugar contribuír a paliar os efectos negativos que a grave situación económica provoca na sociedade en xeral e sobre todo nos sectores menos favorecidos, e, en segundo lugar, cooperar máis que nunca cos propios concellos”. Isto subscribímolo, subscribímolo, pero vostedes cúmprano, é o que lle pedimos. Falando de axudas ós concellos tamén me gustaría recordar, ¿que pasou con aquel consorcio provincial de recollida de lixo que anunciaron hai máis de 2 anos e medio e non se volveu a saber nada máis?. Pasou como cunha promesa de facer unha contratación conxunta da Deputación e 43 concellos da provincia para a enerxía eléctrica, tampouco se volveu a saber absolutamente nada máis. Resumindo, repetimos o noso ofrecemento para pactar uns orzamentos serios, encamiñados a buscar unha solución real para os concellos, razón de ser desta casa como acostuman a dicir, e isto pasou na Coruña, aprobouse por unanimidade, retiren os orzamentos e se queren podémonos sentar a falar. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Otero. Ten a palabra neste caso o Portavoz do grupo provincial do Partido Popular, Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Bueno, eu creo que despois de escoitar ós dous Voceiros, do BNG e do Partido Socialista, eu pensei que do Partido Socialista ía a vir o Sr. Pose, porque onte fixo unha rolda de prensa manipulando a información, dicindo que esta casa só contemplaba nos seus presupostos un incremento de 61 persoas de contratación, é dicir, nas Pousadas do Salnés, nada máis, é o único que se refería na rolda de prensa que fixo onte, pero bueno, pero non. Mire, é difícil que a un, Sr. Mosquera, lle dean leccións políticas cando vostede de catro anos só aprobou os presupostos dúas veces, e este ano tomou a decisión de prorrogalos. Mire, cando un goberno toma a decisión de prorrogalos é, ou que non ten votos, que supoño que a Sra. Casal lle votaría os presupostos, ou que ten algo raro por aí, é dicir, moitas facturas agachadas, moitas facturas nos caixóns. Mire, esa é a forma de facer política, hai uns que facemos política con transparencia, temos o que temos no presuposto e punto, e outros que ó mellor buscan triquiñuelas, claro, é difícil entender cando un analiza os presupostos de Pontevedra, e ten que vir a colación porque vostede é o exemplo, está dándonos exemplo do que vostede non fai. É dicir, ¿como o concello de Pontevedra contemplou nos presupostos ingresos por 17 millóns de euros de patrimonio do solo, cando despois non foi capaz de sacalos a concurso?, é dicir, fixo unha trampa, incrementou os ingresos para poder equilibrar os gastos, iso é un tramposo, e agora se dá conta evidentemente que non o ten, bueno, pois algún día aflorará. Pero tamén poden aflorar as expropiacións, por exemplo, que vostedes fixeron sen contemplar ningún expediente e que van a ser 5 ou 6 millóns de euros, ou tamén se podía ver como vostedes no seu concello levan 11 millóns de euros en recoñecementos extraxudiciais de débedas, é dicir, expedientes que non tramitan, aquí non sucede isto neste concello, ou nesta Deputación, non está a suceder, é dicir, vostede está agachando as facturas que despois o que veña detrás terá que afloralas, iso é o que hai que dicirlle. Sogama, que lle deben 5 ou 6, ían a facer un plan non sei de que, de recollida, vostedes cando estaban na oposición, bueno, pois todas estas cuestións, todas estas cuestións que vostede ten agachadas nos caixóns algún día van aflorar e iso non é, Sr. Mosquera, transparencia, esta casa ten unha virtude, o que temos é o que temos, e o temos loxicamente nos presupostos contemplado, non hai ningunha factura agachada, aquí se pagan as facturas ós 30 días. A vostedes lle van ós plenos con carteis para que lle paguen as facturas ós provedores, a nós non, de momento aquí, algún día veñen algúns, manipulados ou controlados por algúns grupos, a facer outro tipo de trifulcas, pero de momento esta casa paga, paga relixiosamente. Mire, os criterios de solvencia desta casa están perfectamente reflexados, vostede non lle di á oposición que hai un aforro neto de 32 millóns de euros, non lle di á prensa iso vostede, non o di aquí no discurso; vostede non di que hai unha liquidación do ano 2009, de remanentes de Tesourería, de 27 millóns de euros, iso non o di vostede, só fala da liquidación do ano 2010, ¿por que non fala da do 2009, que vostede sabe que son 27 millóns de euros?, claro, diso non lle interesa a vostede, pois eses son os criterios de solvencia, os criterios de solvencia están perfectamente reflexados neses parámetros, e a maiores vostede tampouco di que este ano se vai a reducir a deuda en 12 millóns de euros, diso vostede non fala absolutamente nada. Pois mire, os criterios de solvencia son eses, desta casa, e por iso esta casa ten, as entidades teñen confianza nela, por iso temos credibilidade, e por iso cando hai un concurso público como houbo pois ó final se presentan 11 entidades e fan unha oferta moi vantaxosa para os intereses desta casa, de diferenciais, que non o fan en ningunhas outras institucións, iso é o que se fixo e o que se está a facer. Vostede, vostede, non fala tampouco, Sr. Mosquera, que hai un plan de investimentos de 70 millóns de euros, vostede quería que fose de douscentos e pico, se lle facemos caso a vostede imaxínese como estaría esta casa, como estaría esta casa se lle chegamos a facer caso a vostede, pois hai un plan de investimento, agora mesmo podemos dicir e afirmar que senón fora polas obras da Deputación, nestes momentos habería poucas obras na provincia de Pontevedra. Temos en marcha preto de 450 obras en todos os concellos e con criterios, se adxudicou con criterios de poboación e con criterios de territorio ese diñeiro. A vostede non, vostedes evidentemente, claro, ó Partido Socialista tampouco lle interesa falar do que nos retirou o goberno central do POL, do famoso POL, 10 millóns de euros cada ano, ¿sabe o que significaría iso nos últimos anos que vostedes están falando?, 60 millóns de euros, iso non lle interesa a vostede dicilo, pois á prensa hai que dicirlle que o goberno do Estado lle retirou a esta institución durante os últimos anos 60 millóns de euros. Se tivésemos ese ingreso do POL esta institución non tería o endeudamento que ten, ¡eh!, Sr. Mosquera e voceiro tamén do Partido Socialista. Iso hai que dicirllo á oposición, 10 millóns de euros por ano, uns 60 millóns de euros que xa ve nos retiraron do POL, e vostedes non queren entrar no discurso, no discurso, vostede minte Sr. Mosquera, porque está collendo o presuposto, nos órganos de goberno non hai ningún incremento neste presuposto, é cero incremento, cero, está dicindo mentiras, está mentindo, está mentindo, e iso non se pode consentir, non pode vostede dicir que se está saqueando a esta Deputación. Mire, nós temos transparencia, todos os datos nosos están reflexados na contabilidade desta Deputación, vostede non o fai, llo dixen no presuposto do concello, ¿por que non fai vostede o presuposto do concello de Pontevedra?. ¿Sabe o que lle digo ós medios de comunicación?. O Sr. Mosquera non fai os presupostos do concello de Pontevedra porque ten facturas nos caixóns que van aflorar cando deixen de gobernar, esa é a única verdade, esa é a verdade, esa é a diferencia, nós somos transparentes, llo dicimos á cidadanía, o reflexamos nos números, non temos recoñecementos extraxudiciais de crédito, facemos o presuposto que consideramos que politicamente é o que temos que facer, porque é o que reclaman e demandan os concellos e os cidadáns, iso é o que estamos facendo. Pero vostede non, vostede xa verá como cando deixen de gobernar, moi pronto, dentro de cinco ou seis meses, van aflorar todos eses datos, e entón o Sr. Mosquera terá que aparecer pois cunha modificación de crédito ou un presuposto cambiado e modificado no mes de setembro ou de outubro, é o que están esperando, senón, ¿que explicación ten?, que se tendo maioría, ou non teñen votos, ou non teñen votos, ou dende logo hai moitas facturas nos caixóns do concello do Sr. Mosquera, moitas. Mire, nós o importante é que temos uns presupostos que ó final, mire, hai un plan de investimentos en infraestruturas que están en marcha, que agora mesmo podemos facer outra afirmación, hai máis de 180 millóns de euros en marcha, de inversións nos concellos, entre o plan de investimentos e investimentos que hai a maiores. Iso non mo pode rebater vostede, Sr. Mosquera, e lle vou a dar os datos, lles vou a dar os datos, do PPC 6 millóns de euros; de obras no concello de Pontevedra, que non lle vou a dicir cales porque tampouco fala desas, claro, vostede non fala de que esta institución apoiou a que vostedes tiveran unha instalación modélica como é un recinto como o de Pasarón, diso non falan vostedes, non lle interesa ó Sr. Mosquera falar de Pasarón; ó Sr. Mosquera non lle interesa falar da inversión que está a facer esta institución no Museo de Pontevedra; ó Sr. Mosquera non lle interesa falar, nin ó Grupo Socialista, de máis de 70 instalacións modélicas. Que siga criticando o Partido Socialista, que siga criticando que van ben, xa verán eses 70 colectivos que teñen detrás se lle van a dar a razón, máis de 70 instalacións deportivas modélicas, que as piden todos os concellos e todas as entidades sociais; vostede non fala da ponte de Monteporreiro, iso tampouco lle interesa, en torno a 7 millóns de euros, iso tampouco son concello, iso non é o concello de Pontevedra; que máis dá que a inversión se faga polo capítulo 6 ou 7, Sr. Mosquera, ¿que quere trasladar vostede?, ¿a ver que é o que quere trasladar vostede?. Sabemos cal é o contido e o obxectivo do capítulo 2 e do capítulo 4, e o do 6 e o do 7, pero o importante é que se fagan os proxectos, veñan de onde veñan, vostedes están mentindo, non pode dicir que neste presuposto só hai 3 millóns de euros para os concellos, porque é unha mentira, unha mentira, é unha calumnia, está calumniando e mentindo, cando vostede sabe que todos, estes plans de infraestruturas se están destinando ós concellos; vostede non fala que do proxecto Wimax caen 10 millóns de euros, claro, por suposto que houbo un concurso, evidentemente que houbo un concurso e se presentaron as empresas que quixeron, e loxicamente se elixiu a mellor; vostede non fala, Sr. Mosquera, do plan de actividades que temos cos concellos; non fala dun plan de emprego, iso non, que cousa máis rara, membros dos medios de comunicación, que o Sr. Mosquera e o Portavoz do Partido Socialista non falen dun plan de emprego que ten esta Deputación, que está contemplado nos presupostos, que vai a dar cobertura a trescentas e pico persoas, iso non lle interesa, non, a única crítica que hai, miren vostedes a onde chega a cuestión e raia a cuestión política, a crítica é que nós estamos facendo un expediente anticipado de gasto, evidentemente, para que empecen a traballar o antes posible cando se aprobe o presuposto, iso é a única crítica que fan vostedes do plan de emprego. Vostedes non falan, que volvo a repetirlle do que se está facendo en todos os departamentos, sociais, culturais, deportivos, iso non lle interesa a vostede para nada, é dicir, parece mentira que vostedes iso non o teñan claro. Dende logo, mire, nós podemos facer unha afirmación, é que dende esta Deputación, directa e indirectamente se están beneficiando e se está dando emprego a preto de 6.000 persoas, é unha afirmación rotunda, e non ten ningunha contestación por parte de vostedes. Mire, os empregos directos que temos, os indirectos das empresas que están a traballar neste plan que se está pondo en marcha, un plan de emprego de 2 millóns de euros para 300 e pico persoas, o obradoiro Mobilia, 40 persoas, os cursos Aquelando, cursos de formación a 500 persoas; o curso Actívate, 1.600 xóvenes; e os cursos de inmigrantes aproximadamente outras 100 persoas. Iso é o que se está a facer nesta institución. Mire, Partido Socialista, home, vostedes que son os campións do paro, home, que nos veñan a dar leccións, é que é duro, é que é duro, é durísimo, é durísimo que nun espazo de tempo tan corto, teñen vostedes e van a chegar ós 5 millóns de parados neste país, que vostedes nos poidan dar algunha lección de como hai que tratar a crise, home, eu me poría a temblar, dende logo ó Bloque aínda lle podo permitir o beneficio da duda porque non tivo a posibilidade de gobernar nunca, pero vostedes, se cada vez que deixan o goberno deixan o país saqueado, saqueado, é que o saquean, vostedes saquean o país por todos os lados, ¿como vostedes poden dar leccións en ningunha institución?. Mire, teño aquí un exemplo das súas xestións, concello de Vilagarcía, perden 135.000 euros por non presentar un proxecto nesta institución, 135.000 euros, o Sr. Pose, que vai ser un dos grandes responsables, gurus, de toda esa zona, manda narices, manda narices, que perdan, cos tempos que estamos, un concello, 135.000 euros, por non ser capaz de xustificar un proxecto, pois bueno, pois miren vostedes cal é a situación que nos están presentando. Mire, eu creo que estes presupostos son os presupostos que necesita a provincia de Pontevedra, son os presupostos equilibrados, son os presupostos que nun momento, nun momento de crise, loxicamente, bueno, pois, é difícil, é difícil ás veces confeccionar, con toda a situación que se está a producir, pero o que si temos claro é que esta institución ten unha solvencia garantizada, ten unha liquidez a proba de bomba, é dicir, sería imposible, senón tivésemos liquidez que se puidese estar pagando a 30 días as facturas nesta institución. Creo que é perfectamente xustificable, que evidentemente nós teñamos que defender pois estes presupostos, porque estes son os presupostos que necesitamos, que necesitan os concellos, e mire, se os 70 millóns de euros que están destinados ós concellos non é inversión nos concellos, eu non sei que é o que é inversión nos concellos Sr. Mosquera, non son, os 70 millóns de euros non están investidos nos concellos; 450 proxectos en marcha a día de hoxe, iso é o que ten esta institución cos concellos, e eu creo que a axuda que se lle está prestando ós concellos está perfectamente reflexada nestes orzamentos. Vostedes falan que non queren as Pousadas, pero se é un exemplo de inversión innovadora e moderna de cara ó futuro, ademais un proxecto que tivo o respaldo da Unión Europea, que ten fondos europeos, o que pasa que a vostedes o único que lle interesa é o boicot. Mire, eu non me creo que non estean vostedes detrás, llo digo con total rotundidade, están detrás como están na PLISAN do proxecto de Salvaterra-As Neves, o Partido Socialista e o Bloque, e o digo con toda rotundidade, pero agora, ¿sabe o que lle está pasando?, que lle estando mirando as orellas ó lobo, empezan a rectificar, carai, como escapan vostedes, manipulan, confunden á opinión pública, paran os proxectos, e cando os proxectos son realidade entón escapan, iso é de cobardes políticos, dean a cara, que é un proxecto importante para esta provincia, moi importante para esta provincia, un dos máis importantes despois de estar aquí instalada Citroën, pero o Partido Socialista e o Bloque están detrás, están detrás, négueno, xa a evidencia, xa está, a evidencia xa está clara, iso é o que vostedes intentan facer e o que fan coas súas políticas, boicotear e manipular proxectos importantes, un proxecto de máis de 500 millóns de euros de inversión, con máis de 2.000 empregados, que o digo con rotundidade, para que os medios de comunicación o recollan, digo que o Bloque e o PSOE están detrás do boicot da PLISAN de Salvaterra-As Neves, o digo así con rotundidade, lles doe, pois a min non me doe, ¿sabe por que non me doe?, porque esa é unha inversión moi importante, moi importante para a provincia de Pontevedra. Eu creo que podía seguir con máis temas dos que falaron, por suposto que hai subvencións nominativas, como non vai haber subvencións nominativas, hainas e haberaas para intentar equilibrar as inversións en toda a provincia, e iso, vostedes non falan das inversións no concello de Pontevedra, supoño que será porque son boas para o concello de Pontevedra, non falan do plan de 70 millóns de euros que lle corresponde a cada concello. Bueno, pois claro que hai inversións de colectivos, colectivos importantes, e colectivos que necesitan axudas, e en toda a provincia, non hai só nunha zona, hainas en toda a provincia, non sei que queren vostedes dicir, seguramente había que preguntarlle a eses colectivos, dende logo, ¿sabe o que vou a facer?, lle vou a levar a súa intervención a todos eses colectivos, a ver o que van a pensar de vostedes, a ver que van a pensar do Partido Socialista, que pide axudas desta institución, e vostedes as critican, vou a facelo, mire que ben, supoño que como está gravada esta intervención vou a recollerlla e lla vou a repartir a todos eses colectivos, un a un, a ver o que van a pensar de vostedes. Cando un colectivo deses proteste e diga que non se lle dá subvención ou que o Partido Socialista protesta, vou a coller o recorte deste Pleno e llo vou a trasladar, a ver como van a quedar vostedes, subvencións que nalgúns casos están acordadas cos propios concellos, porque hai subvención do concello tamén, nalgún deses casos, polo tanto vamos a ver como o Partido Socialista vai a poder xustificar eses argumentos. En calquera caso, eu creo que é importante resaltar a filosofía destes presupostos, e volvo, volvemos a reafirmarnos, nadie pode negar, e vou a facer unha serie de afirmacións que supoño que, para que quede constancia neste Pleno. Primeiro, que este presuposto ten contención do gasto; que este presuposto incrementa as inversións produtivas a curto e a medio e a longo prazo; que hai un plan de investimentos de 185 millóns de euros, contemplados entre estes últimos anos de, 70 millóns de euros do Plan de infraestruturas; do PPC neste ano 6 millóns de euros; para o Estadio de Pasarón, 18 millóns de euros; o Museo de Pontevedra, contempláronse 30 millóns de euros; 70 campos de fútbol que superan os 30 millóns de euros; internet no rural que son máis de 10 millóns de euros; as Pousadas, inversións de fondos europeos, que están contemplados 8 millóns de euros; ponte de Monteporreiro, 7 millóns de euros; cooperación cos concellos, dentro do Plan de investimentos, Plan de acción municipal, Caixa de anticipos, Plan de emprego, que superan os 30 millóns de euros; área social, unha inversión de máis, un gasto de máis de 14 millóns de euros, dende Príncipe Felipe a todos os programas de Acción Social, que van destinados a máis de 50.000 persoas; en Medio Ambiente, construcións de depuradoras, 4 millóns de euros; áreas, o proxecto de Areeiro, que está contemplado máis de 1 millón e medio de euros; proxecto de Mouriscade e todos os relacionados con este centro, máis de 1 millón de euros; que damos emprego directa e indirectamente a preto de 6.000 persoas, con todos os proxectos de cursos de formación, e de obradoiros, e plan de emprego, que están en marcha e cos funcionarios que están nesta casa; que na área de Deportes hai contemplado unha inversión de máis de 5 millóns de euros atendendo a todos os colectivos; na área de Cultura máis de 6 millóns de euros; e no apartado social, xa o dixen, en torno a 14 millóns de euros; de fondos europeos aproximadamente 30 millóns de euros, é dicir, en definitiva que creo que estes presupostos son presupostos exemplares nun momento de crise, e son presupostos que a oposición o único que intenta é manipular cos datos, confundir á opinión pública. E miren, os grados de solvencia, volvo a repetir, están nestes parámetros, nestes parámetros que lle vou a dar, aforro neto máis de 32 millóns de euros, a liquidación do ano 2009, por riba dos 27 millóns de euros, que aquí non fala o Sr. Mosquera, só fala do 2010, e redución da deuda este ano 12 millóns de euros. Os parámetros da liquidez están perfectamente claros, se está pagando, se está pagando en torno ós 30 días a provedores, e creo que iso é realmente o que nos congratula do noso traballo e das políticas que estamos a levar a cabo. Mire, Sr. Mosquera, os compañeiros que están aquí, todos facemos un traballo, porque nós somos un equipo, nós somos un equipo perfectamente coordinado, perfectamente dirixido polo noso Presidente, que ademais vai a continuar sendo Presidente desta casa, por moito que lle pese a algúns de vostedes, sobre todo a algún que non está por aquí, porque o Partido Socialista ten non sei cantos candidatos, agora pelean por ser candidatos, bueno, peleaban, hai uns meses peleaban por ser candidatos, agora xa parece que están desaparecidos, xa, creo que xa se deron conta de que era un discurso valeiro, vostedes xa non se pelean ¿saben por que?, porque non teñen oportunidade, porque vostedes son uns advenedizos onde non están no goberno, onde non están no goberno critican ás deputacións, e onde están no goberno, onde están no goberno, entregan os pens ó lado dos Presidentes da Deputación, eu supoño que, hai que ter un pouco de coherencia, se vostedes non cren na Deputación o lóxico que tiñan que facer, pois é non participar, non participar, ou non participar nos gobernos como, pois, un simbolismo de que non coinciden, non, pero vostedes non, onde están no goberno con todas as consecuencias e onde están na oposición que hai que desaparecer. O Partido Socialista, o Sr. Caballero, que hai que desaparecer as deputacións, o Sr. Pose que non, que non, porque bueno, eu creo que, bueno, xa vai sendo hora de que se deixen de trangalladas e ó final pois teñan unha política clara do que queren con esta Deputación. Nós dende logo vamos a pedir o apoio para estes presupostos porque nos parece que son os presupostos que necesita esta provincia, son os presupostos axeitados a un momento de crise, que teñen como obxectivo fundamental a contención do gasto, e que ó final teñen inversións produtivas como aquí se acaba de demostrar. Os presupostos, Sr. Mosquera, vostede o sabe, o sabe, que é moi fácil, moi fácil falar só de números, pois os números quedan aí, pero a credibilidade, a confianza e a liquidez dunha institución ou de calquera outra empresa, non se mide única e exclusivamente polos números, se mide sobre todo pola traxectoria, e sobre todo polos programas, as propostas e os proxectos que cada grupo político ten de cara ó futuro. E nós temos clara unha cousa, nun momento de crise é cantos máis proxectos hai que facer e oportunidades hai que darlle ás persoas e ós cidadáns, e nós dende logo, si que temos claro que as persoas son fundamentais, para vostede que máis lle dá falar de números, se total vostede cando deixe o goberno de Pontevedra, todas esas facturas, eu non sei cantos caixóns debe ter, pero todas esas facturas cando empecen a aflorar, esa é unha maneira de facer política tamén, agachar os gastos, agachar as facturas, non contemplar, home, a min os compañeiros me din un tema de expropiacións que vostedes fan, ¿como se chama?, río dos Gafos, pois en río dos Gafos, me din que ocupan parcelas que non expropian e que non inclúen o pago das expropiacións nos presupostos. ¿Vostede como vai a facer iso?, ¿dígame?, ¿dígame?, a ver, dígallo á opinión pública como vai a facelo, ¿como o vai facer senón expropian os terreos?, ocupan eses terreos, ¿como van aflorar iso?, se iso ten un custe, ó mellor un valor de 4, 5 ou 6 millóns de euros, ¿como van afloralos?, claro, como van a ter vostedes deuda, ¿se vostedes non pagan?, e non teñen o compromiso nin a consignación, ¿como narices van a ter a deuda?, iso hai que explicarllo ós medios de comunicación, a ver, que lle explique o Sr. Mosquera, cando despois ós of the record lle conta, ¿como fai el para aflorar 5 millóns ou 6 de euros dunha expropiación que non fixo e que ocupou os terreos?, ou, ¿como van a facer para pagarlle as facturas de Sogama que non llas pagan?, só ó mellor entre Sogama e esta expropiación pois estamos falando de 10 millóns de euros, claro, o dobre da inversión contemplada que son 5, a ver Sr. Mosquera, explíquello, explíquello of the record despois á prensa, non, explíquello, a min me gustaría que llo explicara, me gustaría mañá ver nos periódicos como o Sr. Mosquera explica onde se mete ese diñeiro. Non, pero é que non se poden dar leccións, leccións se dan cando evidentemente un cumpre cos seus obxectivos, por iso claro, el compara e di, a Deputación está non sei que, o concello é brillantísimo, claro. Bueno, eu creo que xa vai sendo hora de rematar, polo tanto nós pedimos o apoio ós nosos presupostos, ós presupostos que se plantexaron dende o equipo de goberno para toda a provincia de Pontevedra, e dende logo nos parece que son uns presupostos axeitados, trasladarlle á cidadanía que vamos a seguir cumprindo coas demandas que nos plantexan, e dende logo, que esta casa ten solvencia garantizada, liquidez a proba de bomba, mellor do que algúns cren e pensan, e dende logo que vamos a ser, nas nosas políticas vamos a seguir arriscando, vamos a seguir presentando proxectos e non nos vamos a parar, é dicir, nós estamos aquí para traballar, para facer o que consideramos mellor para a nosa provincia, para os veciños e veciñas, e dende logo esa vai ser a nosa política no futuro, cos obxectivos claros que xa marcamos, contención de gasto e presupostos que xeren emprego, que son as características que teñen estes presupostos. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Ten a palabra D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. Mire, isto parece, parece que a ilusión por ser oposición en Pontevedra é rotatoria, a Sra. Pedrosa estivo de Presidente, despois o Sr. Louzán estaba todos os días con iso, agora parece que lle pasou un pouco esa fiebre, agora éntralle ó Sr. Figueroa, eu entendo, entendo que ser oposición en Pontevedra é algo moi atractivo para o PP e creo que debía mirar de selo. Mire, con respecto a eses temas que está falando, xa foron plantexados no concello de Pontevedra e os repasos que levaron forman parte dos anales, forman parte dos anales da, non dos, de cando un sae por, vai por lan e sae trasquilado. Obviamente … Sr. Presidente.- Repasos. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, repasos de datos dialécticos, uns bos repasos, … Sr. Presidente.- Electorais. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non, non, repasos cando se plantexaron estes asuntos. Pero hai que ter un valor, hai que ter un valor enorme, para dicir, para traer isto aquí, para empezar. En segundo lugar, nós podíamos perfectamente dicir, mire, non estou aquí, este señor agora está aquí como portavoz do grupo de, e non está como concelleiro. Pero mire, voulle a entrar, e síntoo polos demais, porque non fomos nós quen o trouxemos, voulle a entrar, non hai ningún problema. Hai que ter valor Sr. Presidente, para dicir que en Pontevedra, dicir que en Pontevedra, que levamos 11 millóns a recoñecemento extraxudicial, por excesos en obras ou por malos trámites, cando Pasaron só xa foi máis de 11 millóns, ou cando o Museo só xa foi máis de 11 millóns, ou sexa, só unha obra súa desborda todo, a suma do que se desborda no concello de Pontevedra ou cando Barro-Meis se lle vai ir máis de 11 millóns, ou sexa, só unha obra súa, só unha, un pouco gorda, supera todos os excesos que hai no concello de Pontevedra. Hai que ter valor, hai que ter valor para traer isto aquí, hai que ter un valor, dende logo que non falte, valor que non falte. E hai que ter valor para falar de facturas agachadas cando resulta que o concello de Pontevedra no Pleno pasado levou toda a relación de facturas pagadas, como é obriga legal, e esta institución non as trouxo, cando é obriga legal, non as trouxo, hai que ter valor, hai que ter valor para meterse nestes patacais, hai que ter valor, agora, cando estamos falando de cousas absolutamente indirectas, de segundas e demais, pois pasa o que pasa, pasa o que pasa. Miren, ¿por que non traen a relación de facturas?, que é a obriga e tiña que vir a este Pleno como moi tarde, ¿por que?, e resulta que lle dan leccións de facturas a outros cando a transparencia e demais é absolutamente, non ten comparación. Podíamos falar das liquidacións e verían vostedes o que se topaban de liquidacións dos orzamentos e demais. E mire, Sr. Figueroa, eu só lle remato cun par de cousas, si o que vostede di, que non ten nada que ver co orzamento, tivera algo de verosimilitude, tivera algo, un pouquiño, eu se fora funcionario … desta casa estaría temblando, porque resulta que do orzamento deste ano, que é o que estamos falando, do 2011, vostede di que van a investir 250 millóns, cando resulta que só ingresan 128, ou sexa, que non se vai pagar a ninguén. Ben, póñollo polo contrario, non está falando do orzamento, está falando dos orzamentos de hai tres anos, de hai catro anos, de hai cinco anos, de hai sete anos, de hai dez anos, bueno, ou de 50, ou de 50 anos como nos deleitou antes falando con iso. Mire, non lle vou a entrar a explicar máis detalles, pódolle asegurar que o concello de Pontevedra me parece que é case o único da Galicia que está ó día con Sogama, hai unha discrepancia por un convenio, que é unha cousa distinta, pero practicamente é único, etc., pero non lle vou, que non creo que sexa o sitio e demais. Eu comprendo que a Sra. Pedrosa sufra, porque no concello de Pontevedra non a deixan falar e o que din sempre é o contrario do que ela ten que votar aquí, iso é un desastre, a pobre, e agora quere aproveitar para facer oposición, dígalle, chúcelle, a ver, entre os dous, fágana conxuntamente. Pero vaian un día ó Pleno e deixámoslle falar e xa está, home, o Sr. Martín na deixa falar, deixámoslle nós, non se preocupe, e tamén que veña o Sr. Figueroa e falan os dous, sen ningún problema, sen ningún problema. Podía dicir, eu invito á Sra. Pedrosa que diga cantas veces tivo que agachar a man e facer que non votaba porque aquí votaba unha cousa distinta ó que mandaba o Sr. Martín alí, ¿verdade?, e alí non lle deixa. A ver, pois vaian, Sr. Figueroa, está convidado, e Sra. Pedrosa, dámoslle a palabra aínda que o Sr. Martín non lle deixe falar, non se preocupe, falan alí, explícanse como libros abertos e total tranquilidade, non hai problema, deixe de chuzar aquí, que seguro que, suponse que é o que é, verdade. Mire, eu só remato cunha cousa, que creo que isto non ten moito sentido. Mire, na campaña electoral de Estados Unidos, creo que do ano 72, houbo un candidato que se presentou que se chama Humphrey Humbert, fronte a Nixon, era o favorito, pero o home aquel tiña unha serie de características, ¿verdade?, que todos podemos padecer nalgún momento, e a señora, a súa señora, á saída dun acto, non só Fidel Castro padecía eses excesos verbais, díxolle, mire, para facer un discurso inmortal non fai falta ser eternos, non, dígoo porque o Sr. Figueroa agotou máis tempo que os dous portavoces da oposición e se nos descoidamos aínda nos deleitará con outra media hora, dando a varrida, falando de todo menos dos orzamentos, claro. Moitas grazas. Sr. Presidente.- Moitas gracias pola súa brevidade D. Cesáreo Mosquera. Ten a palabra o Sr. Otero Besada. Sr. Otero Besada.- Vou a intentar tamén ser breve, pero … a catro cousas que dixo o Sr. Figueroa, o Sr. Pose non é Deputado nesta casa, pode dicir o que queira. Vostede podía, marchouse a prensa e é unha pena porque vostede falou moi claramente hacia a empresa, deses 10 millóns que o Estado lle recortara a esta casa, non é certo, eses millóns foron a parar ós concellos, ós concellos de máis de 20.000 habitantes, e están bastante mellor empregados, porque se foran a esta casa investíanos vostedes e non os concellos. Por outra parte, fala vostede, destas asociacións que eu non nombrei, máis que polo aire, pero pode dicirllo ás asociacións, pero dígallo tamén ó comedor escolar de San Francisco, dígallo a Cáritas, dígallo a Cruz Vermella, dígallo ó Proxecto Home, dígallo, dígallo que non nos importa. ¿Quen está detrás do boicot de Salvaterra?, eu sei quen está detrás de Gondomar, de Mos, de Silleda, de Porriño, non sei, en fin, non quero entrar máis nese debate, si quero resumir, dicíndolles unha cousa, vostedes non están capacitados para levar este barco, está claro, fixeron un plan de estabilidade en abril, modificouse o mes pasado en outubro e o único que fixeron foi meterlle máis cargo a este barco, escoralo máis, cada vez máis hacia estribor, que é a parte dereita do barco, cada vez vai escorado máis á dereita, e vostedes a verdade é que non están capacitados para levalo. Estamos no aniversario do Prestige e como isto siga así vaise fundir coma o Prestige, vostedes poderán dicir despois que sólo son unos hilitos y que no pasa nada. Eu dígolle que neste barco hai mariñeiros expertos que poden axudarlle a levalo a cabo, nesta bancada hai mariñeiros expertos, o Presidente é de terra a dentro, tamén sabe algo de mar porque están cerquiña, pero conten con nós, retiren os orzamentos e colaboremos todos como se fixo na Deputación da Coruña e poderemos falar. De todo o contrario o noso voto vai ser en contra. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Otero Besada. Sr. Figueroa para pechar. Sr. Figueroa Vila.- Eu creo que xa damos por rematado o debate, e, bueno, esperemos aprobar os presupostos para poñelos en funcionamento o antes posible que é o que queren os cidadáns, que ó final é o que realmente lle preocupa. E dicirlle con respecto, bueno, as emendas do BNG xa están rexeitadas na Comisión, polo tanto non haberá que votalas, Sr. Secretario, supoño; as do PSOE haberá que votalas, e en calquera caso, bueno, dicir que, unha cuestión só técnica, é dicir, evidentemente cando se fai unha proposta hai que dicir de onde se saca a partida, non se fai a proposta, pero bueno, nós vamos a votala en todo caso. Sr. Otero Besada.- Máis claramente con cargo ó 20% dos 11 millóns e medio do Presidente. Sr. Presidente.- É evidente. Bueno, pois polo tanto procedemos neste caso, antes de votar a aprobación do presuposto, as emendas presentadas polo Grupo Socialista. Sr. Muradas Ramos.- Una cuestión de orden. ¿No había que votar la inclusión en el orden del día de este presupuesto?. Sr. Secretario.- Si, la ratificación. Sr. Muradas Ramos.- A ver, que llevamos aquí unas cuantas horas con el muñeco y resulta que no estábamos, estábamos fuera de norma para hacer lo que hicimos. Un pequeño detalle, no, a lo mejor no tiene importancia, no lo se. Es una … importante para este presupuesto. Sr. Presidente.- Entonces que, ¿votamos la ratificación?. Sr. Secretario.- Si, si, la ratificación en el orden del día se vota. Sr. Presidente.- ¿Que?. Non, non, xa votamos a ratificación, non, non, non estamos … nada, votamos primeiro a ratificación da inclusión destas e … Sr. Muradas Ramos.- No, no, yo es para destacar la lealtad de la oposición en esta cuestión. Sr. Presidente.- ¡Ah!, bueno. Iso non se duda, iso non se duda. Sr. Muradas Ramos.- No se ponga chistoso. Mire, si no se llega a votar eso estaríamos hablando de un presupuesto que encajaría en los tres supuestos de su impugnación, ¿entiende?. Si existe este … Sr. Presidente.- Pero eu sei da súa boa fe. Sr. Muradas Ramos.- … con una impugnación a este presupuesto habría que volver a traerlo al Pleno y a usted le hace gracia. Sr. Presidente.- Non, non, pero eu entendo a súa boa fe para este tema e a lealtade. Sr. Muradas Ramos.- Nos reímos todos, nos reimos todos, hombre … Sr. Presidente.- Non, home, non, pero eu lle digo, eu llo digo con sinceridade, non vamos a facer un debate por iso, que non creo. Bueno. Sr. Secretario.- Entonces sería votar la ratificación de la inclusión de la aprobación inicial del orzamento por cuanto la Comisión Informativa fue posterior a la convocatoria. Sr. Presidente.- Vale, pues votamos la ratificación. ¿A favor?. ¿En contra?. Non hai nadie. A favor da inclusión. E agora, ¿hai alguén que se absteña?, non, pero se é que vamos a estar todos de acordo, ¡ah!, absterse. Por maioría de votos a favor do PP e do BNG e coa abstención do PSdeG-PSOE. E agora votamos entón as emendas que son, como digo, catro, que non fai falta, que xa son coñecidas, que xa foi debatido na Comisión polo que me di o Secretario. ¿Incorporámola igual?. Bueno, pois incorporamos tamén a … Sr. Secretario.- Vale, me dijeron que en la Comisión se había desestimado. Sr. Presidente.- Pois votamos as catro, primeiro do Partido Socialista. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Votamos a do Bloque Nacionalista Galego. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Por maioría de votos en contra do PP e cos votos a favor do PSdeG-PSOE e do BNG. E agora procedemos finalmente á votación do punto número 6 da orde do día, que é a aprobación inicial do orzamento xeral da Deputación Provincial de Pontevedra e dos seus organismos autónomos para o exercicio 2011. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Por maioría de votos a favor do PP e cos votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG. Sr. Secretario.- ¿En contra?. Los dos. Ditaminándose favorablemente pola Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo a aprobación inicial do Orzamento Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra para o exercicio de 2011, e ó obxecto de atender as diversas obrigas de competencia provincial e dado que o mesmo se elaborou con observancia das prescricións legais e regulamentarias relativas ó mesmo, o Pleno acorda por maioría de votos a favor do PP e cos votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG, a aprobación inicial do Orzamento Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra e dos seus Organismos autónomos para o exercicio de 2011, que comprende: -O Orzamento da Deputación, por importe de............ 128.000.000,00 Euros -O Orzamento dos Organismos Autónomos polos importes que se sinalan: -Escola de Canteiros.............................................. 682.945,00€ -Museo Provincial.................................................. 4.144.182,00 € -IPESPO ................................................................. 1.965.000,00 € -Turismo “Rías Baixas”......................................... 3.058.579,00 € -Caixa de Anticipos de Cooperación................... 1.790.000,00 € -ORAL. ……………………………………... 8.141.800,00 € -O orzamento da Fundación Escola Universitaria de Enfermería por importe de 478.500,00 euros. - O Orzamento Xeral consolidado, por importe de: -En Ingresos .................................................................... 137.047.040,00 Euros -En Gastos ...................................................................... 137.047.040,00 Euros -Apróbanse as Bases de Execución do Orzamento Xeral da Deputación, as específicas dos Organismos Autónomos e as da Fundación Escola Universitaria de Enfermería. -Apróbase o organigrama da Deputación, o dos seus Organismos Autónomos e o da Fundación Escola Universitaria de Enfermería. -Apróbanse os cadros do persoal funcionario, as relacións de postos de traballo e os cadros do persoal laboral da Deputación, o dos seus Organismos Autónomos, e o da Fundación Escola Universitaria de Enfermería. -Apróbase o Anexo de investimentos para o exercicio 2011. -Apróbase os resumes por capítulos dos Estados de Gastos e Ingresos dos orzamentos indicados, que son os seguintes: ORZAMENTO DA DEPUTACIÓN ESTADO DE GASTOS Capítulo 1º.- GASTOS DE PERSOAL 35.464.900,00 € Capítulo 2º.- GASTOS DE BENS CORRENTES E SERVIZOS 19.356.740,00 € Capítulo 3º.- GASTOS FINANCEIROS 2.891.751,00 € Capítulo 4º.- TRANSFERENCIAS CORRENTES 19.157.968,00 € Capítulo 6º.- INVESTIMENTOS REAIS 26.490.615,00 € Capítulo 7º.- TRANSFERENCIAS DE CAPITAL 12.460.598,00 € Capítulo 8º.- ACTIVOS FINANCEIROS 240.400,00 € Capítulo 9º.- PASIVOS FINANCEIROS 11.937.028,00 € TOTAL 128.000.000,00 € ESTADO DE INGRESOS Capítulo 1º.- IMPOSTOS DIRECTOS 11.280.900,00 € Capítulo 2º.- IMPOSTOS INDIRECTOS 9.421.510,00 € Capítulo 3º.- TAXAS E OUTROS INGRESOS 2.542.781,00 € Capítulo 4º.- TRANSFERENCIAS CORRENTES 96.114.617,00 € Capítulo 5º.- INGRESOS PATRIMONIAIS 2.371.370,00 € Capítulo 6º.- ALIENACIÓN DE INVESTIMENTOS REAIS 2.100,00 € Capítulo 7º.- TRANSFERENCIAS DE CAPITAL 6.026.672,00 € Capítulo 8º.- ACTIVOS FINANCEIROS 240.050,00 € TOTAL 128.000.000,00 € ORZAMENTOS DOS ORGANISMOS AUTÓNOMOS: FUNDACIÓN ESCOLA UNIVERSITARIA DE ENFERMERÍA Estado de Gastos Capítulo 1º.- GASTOS DE PERSOAL 430.000,00 € Capítulo 2º.- GASTOS DE BENS CORRENTES E SERVIZOS 45.400,00 € Capítulo 3º.- GASTOS FINANCEIROS 100,00 € Capítulo 6º.- INVESTIMENTOS REAIS 3.000,00 € TOTAL 478.500,00 € Estado de ingresos Capítulo 3º.- TAXAS E OUTROS INGRESOS 92.074,00 € Capítulo 4º.- TRANSFERENCIAS CORRENTES 380.426,00 € Capítulo 5º.- INGRESOS PATRIMONIAIS 3.000,00 € Capítulo 7º.- TRANSFERENCIAS DE CAPITAL 3.000,00 € TOTAL 478.500,00 € INSTITUTO PARA A PROMOCIÓN E EQUIPAMENTO DO SOLO INDUSTRIAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA (IPESPO) Estado de Gastos Capítulo 1º.- GASTOS DE PERSOAL 85.560,00 € Capítulo 2º.- GASTOS DE BENS CORRENTES E SERVIZOS 103.750,00 € Capítulo 3º.- GASTOS FINANCEIROS 163.556,00 € Capítulo 6º.- INVESTIMENTOS REAIS 717.134,00 € Capítulo 9º.- PASIVOS FINANCEIROS 895.000,00 € TOTAL 1.965.000,00 € Estado de Ingresos Capítulo 3º.- TAXAS E OUTROS INGRESOS 1.134,00 € Capítulo 4º.- TRANSFERENCIAS CORRENTES 333.989,00 € Capítulo 5º.- INGRESOS PATRIMONIAIS 350.000,00 € Capítulo 6º.- ALIENACIÓN DE INVESTIMENTOS REAIS 320.000,00 € Capítulo 7º.- TRANSFERENCIAS DE CAPITAL 959.877,00 € TOTAL 1.965.000,00 € ESCOLA DE CANTEIROS Estado de Gastos Capítulo 1º.- GASTOS DE PERSOAL 295.005,00 € Capítulo 2º.- GASTOS DE BENS CORRENTES E SERVIZOS 275.120,00 € Capítulo 3º.- GASTOS FINANCEIROS 20,00 € Capítulo 4º.- TRANSFERENCIAS CORRENTES 83.800,00 € Capítulo 6º.- INVESTIMENTOS REAIS 23.000,00 € Capítulo 8º.- ACTIVOS FINANCEIROS 6.000,00 € TOTAL 682.945,00 € Estado de Ingresos Capítulo 3º.- TAXAS E OUTROS INGRESOS 78.100,00 € Capítulo 4º.- TRANSFERENCIAS CORRENTES 570.845,00 € Capítulo 5º.- INGRESOS PATRIMONIAIS 5.000,00 € Capítulo 7º.- TRANSFERENCIAS DE CAPITAL 23.000,00 € Capítulo 8º.- ACTIVOS FINANCEIROS 6.000,00 € TOTAL 682.945,00 € MUSEO PROVINCIAL Estado de Gastos Capítulo 1º.- GASTOS DE PERSOAL 2.323.577,00 € Capítulo 2º.- GASTOS DE BENS CORRENTES E SERVIZOS 1.543.932,00 € Capítulo 3º.- GASTOS FINANCEIROS 1,00 € Capítulo 4º.- TRANSFERENCIAS CORRENTES 55.070,00 € Capítulo 6º.- INVESTIMENTOS REAIS 201.602,00 € Capítulo 8º.- ACTIVOS FINANCEIROS 20.000,00 € TOTAL 4.144.182,00 € Estado de Ingresos Capítulo 3º.- TAXAS E OUTROS INGRESOS 8.601,00 € Capítulo 4º.- TRANSFERENCIAS CORRENTES 3.888.979,00 € Capítulo 5º.- INGRESOS PATRIMONIAIS 25.000,00 € Capítulo 7º.- TRANSFERENCIAS DE CAPITAL 220.282,00 € Capítulo 8º.- ACTIVOS FINANCEIROS 1.320,00 € TOTAL 4.144.182,00 € TURISMO “RÍAS BAIXAS” Estado de Gastos Capítulo 1º.- GASTOS DE PERSOAL 743.646,00 € Capítulo 2º.- GASTOS DE BENS CORRENTES E SERVIZOS 526.333,00 € Capítulo 3º.- GASTOS FINANCEIROS 100,00 € Capítulo 4º.- TRANSFERENCIAS CORRENTES 1.575.000,00 € Capítulo 6º.- INVESTIMENTOS REAIS 115.500,00 € Capítulo 7º.- TRANSFERENCIAS DE CAPITAL 90.000,00 € Capítulo 8º.- ACTIVOS FINANCEIROS 8.000,00 € TOTAL 3.058.579,00 € Estado de Ingresos Capítulo 3º.- TAXAS E OUTROS INGRESOS 2.000,00 € Capítulo 4º.- TRANSFERENCIAS CORRENTES 2.840.079,00 € Capítulo 5º.- INGRESOS PATRIMONIAIS 3.000,00 € Capítulo 7º.- TRANSFERENCIAS DE CAPITAL 213.500,00 € TOTAL 3.058.579,00 € CAIXA DE ANTICIPOS Estado de Gastos Capítulo 1º.- GASTOS DE PERSOAL 27.000,00 € Capítulo 2º.- GASTOS DE BENS CORRENTES E SERVIZOS 23.000,00 € Capítulo 8º.- ACTIVOS FINANCEIROS 1.740.000,00 € TOTAL 1.790.000,00 € Estado de Ingresos Capítulo 4º.- TRANSFERENCIAS CORRENTES 35.000,00 € Capítulo 5º.- INGRESOS PATRIMONIAIS 30.000,00 € Capítulo 7º.- TRANSFERENCIAS DE CAPITAL 600.000,00 € Capítulo 8º.- ACTIVOS FINANCEIROS 1.125.000,00 € TOTAL 1.790.000,00 € ORGANISMO AUTÓNOMO PROVINCIAL DE XESTIÓN DE RECURSOS LOCAIS (ORAL) Estado de Gastos Capítulo 1º.- GASTOS DE PERSOAL 5.154.040,00 € Capítulo 2º.- GASTOS DE BENS CORRENTES E SERVIZOS 2.517.750,00 € Capítulo 3º.- GASTOS FINANCEIROS 56.800,00 € Capítulo 4º.- TRANSFERENCIAS CORRENTES 73.210,00 € Capítulo 6º.- INVESTIMENTOS REAIS 276.000,00 € Capítulo 8º.- ACTIVOS FINANCEIROS 64.000,00 € TOTAL 8.141.800,00 € Estado de Ingresos Capítulo 3º.- TAXAS E OUTROS INGRESOS 6.706.800,00 € Capítulo 4º.- TRANSFERENCIAS CORRENTES 920.000,00 € Capítulo 5º.- INGRESOS PATRIMONIAIS 175.000,00 € Capítulo 7º.- TRANSFERENCIAS DE CAPITAL 300.000,00 € Capítulo 8º.- ACTIVOS FINANCEIROS 40.000,00 € TOTAL 8.141.800,00 € O ORZAMENTO CONSOLIDADO ESTADO DE GASTOS Capítulo 1º.- GASTOS DE PERSOAL 44.523.728,00 € Capítulo 2º.- GASTOS DE BENS CORRENTES E SERVIZOS 24.392.025,00 € Capítulo 3º.- GASTOS FINANCEIROS 3.112.328,00 € Capítulo 4º.- TRANSFERENCIAS CORRENTES 12.050.740,00 € Capítulo 6º.- INVESTIMENTOS REAIS 27.826.851,00 € Capítulo 7º.- TRANSFERENCIAS DE CAPITAL 10.230.940,00 € Capítulo 8º.- ACTIVOS FINANCEIROS 2.078.400,00 € Capítulo 9º.- PASIVOS FINANCEIROS 12.832.028,00 € TOTAL 137.047.040,00 € ESTADO DE INGRESOS Capítulo 1º.- IMPOSTOS DIRECTOS 11.280.900,00 € Capítulo 2º.- IMPOSTOS INDIRECTOS 9.421.510,00 € Capítulo 3º.- TAXAS E OUTROS INGRESOS 9.431.490,00 € Capítulo 4º.- TRANSFERENCIAS CORRENTES 96.189.627,00 € Capítulo 5º.- INGRESOS PATRIMONIAIS 2.962.370,00 € Capítulo 6º.- ALIENACIÓN DE INVESTIMENTOS REAIS 322.100,00 € Capítulo 7º.- TRANSFERENCIAS DE CAPITAL 6.026.673,00 € Capítulo 8º.- ACTIVOS FINANCEIROS 1.412.370,00 € TOTAL 137.047.040,00 € Ditos orzamentos exporanse ó público, a efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobados no caso de non producirse estas. 7.6023.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Comunicacións. Sr. Secretario.- Si. Los extractos de las Resoluciones Presidenciales dictadas entre el 26 de octubre y el 22 de novembro. Queda enterado o Pleno das seguintes: - De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas pola Presidencia entre os días 26 de outubro e o 22 de novembro do ano 2010 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. FÓRA DA ORDE DO DÍA e previa declaración da urxencia adoptouse o seguinte acordo: 8.6024.- APROBACIÓN DO CONVENIO A FORMALIZAR ENTRE O IPESPO E A COMPAÑÍA UNIÓN FENOSA DISTRIBUCIÓN S.A. PARA A CONSTRUCIÓN DUNHA LIÑA DE ALTA TENSIÓN E UNHA SUBESTACIÓN NA ZONA DE BARRO Sr. Presidente.- Fóra da orde do día hai a aprobación, que haberá que aprobar a súa urxencia, aprobación do convenio a formalizar entre o IPESPO e a compañía Unión Fenosa Distribución SA, para a construción dunha liña de alta tensión e unha subestación na zona de Barro, para dar cobertura, evidentemente, ó Polígono Barro-Meis. Algo que xa foi debatido ademais no Consello Reitor do IPESPO e que, bueno, votamos primeiro a súa urxencia. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. E agora, Sr. Otero. Sr. Otero Besada.- Esa é unha contratación con Fenosa para dotar ó Polígono de Barro-Meis, ¿de que importe é esa, ese convenio que se fai?, iso estaba previsto, xa sei, xa sei, ¿iso estaba previsto anteriormente?, ¿é algo que vai a máis?. Sr. Presidente.- Non. Sr. Otero Besada.- ¿Estaba prevista esa cantidade?. Sr. Secretario.- Está incluído. Sr. Presidente.- Si. Sr. Interventor.- Si, pero o Sr. Otero non está no Consello Reitor de … Sr. Presidente.- ¿Votos en contra entón?, da aprobación deste convenio. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Consello Reitor do IPESPO, en sesión extraordinaria celebrada o día 5 de novembro de 2010, adoptou o acordo de aprobar un convenio a formalizar entre o IPESPO e a Compañía Unión Fenosa Distribución S.A., para a construción dunha liña de alta tensión e unha subestación na zona do Polígono Outeda-Curro, na zona de Barro. Con respecto a este asunto, existen os seguintes antecedentes: 1.- O Administrador do IPESPO, con data 27 de outubro de 2010 emitiu un informe proposta que, literalmente di: “Por la Presidencia del IPESPO se cursaron las órdenes oportunas a esta Administración, a efectos de determinar la viabilidad jurídica de la propuesta de Convenio a suscribir entre el IPESPO y la Empresa mercantil Unión Fenosa Distribución, S.A., para la construcción de una Subestación Eléctrica y de una Línea Subterránea de Alta Tensión, en el SRAU Industrial Outeda-Curro, en el Municipio de Barro, Pontevedra, titularidad del IPESPO, por el que UFD se comprometería a realizar dichas infraestructuras (excepto la obra civil de canalización de la infraestructura de Alta Tensión que correría a cargo del IPESPO) y el IPESPO a costearlas, según presupuesto de ejecución descrito en el borrador de Convenio, y a ceder el uso de la parcela/s libre de cargas y gravámenes por imperativo del apartado 5, último inciso, del artículo 47 del R.D. 1955/2000, de 1 de diciembre, por el que se regulan las actividades de transporte, distribución, comercialización, suministro y procedimientos de autorización de instalaciones de energía eléctrica, que literalmente dice: “...En los supuestos de actuaciones urbanísticas, el suelo necesario para subestaciones y el suelo o locales destinados a centros de transformación, no computando a efectos de volumetría, se definirán como servicios dotacionales, en su caso infraestructuras básicas de suministro y serán costeados por el promotor o urbanizador...” Con fecha 25 de octubre de 2010, el Secretario del IPESPO emite informe favorable al borrador de Convenio. Con fecha 26 de octubre de 2010, el Director de Trabajos del Proyecto de Urbanización del SRAU Industrial Outeda-Curro, emite informe técnico favorable a la viabilidad y conveniencia técnica de la implantación de dichas infraestructuras en parcelas del Polígono.” Por otra parte, el Administrador que suscribe y haciendo suya la nota informativa emitida por el Despacho Garrigues, emite el siguiente: “En primer lugar y si bien es cierto que el convenio se configura de tal forma que existirían obligaciones recíprocas para ambas partes –UNIÓN FENOSA DISTRIBUCIÓN, S.A. ejecutaría la subestación eléctrica y la línea de alta tensión, mientras que el IPESPO abonaría por ello una contraprestación económica-, sin embargo, la propia finalidad y los objetivos perseguidos con el convenio, podrían llegar a justificar que el mismo estuviese excluido del ámbito de aplicación de la LCSP. En efecto, el artículo 4 de la LCSP, en su apartado 1, letra d) dispone que “1. Están excluidos del ámbito de la presente Ley los siguientes negocios y relaciones jurídicas: “...d) Los convenios que, con arreglo a las normas específicas que los regulan, celebre la Administración con personas físicas o jurídicas sujetas al derecho privado, siempre que su objeto no esté comprendido en el de los contratos regulados en esta Ley o en normas administrativas especiales...” En este sentido, podría sostenerse que, en tanto en cuanto el convenio tuviese por objeto la concreción de obligaciones procedentes de fuentes no puramente contractuales, en este caso la Ley 54/1997, de 27 de noviembre, del Sector Eléctrico (en lo sucesivo, LSE), y del Real Decreto 222/2008, el mismo podría tener cabida dentro de la excepción contemplada en el artículo 4.1. d) de la LCSP. Es decir, podría entenderse que el convenio a suscribir entre el IPESPO y UNIÓN FENOSA DISTRIBUCIÓN, S.A. no vendría más que a concretar de forma pormenorizada las obligaciones establecidas a cada una de las partes tanto por la LSE como por el Real Decreto 222/2008, de tal forma que ninguna suerte de obligaciones recíprocas se establecerían entre las partes en virtud del convenio, sino que simplemente se limitarían a completar y detallar las legalmente previstas. Y ello teniendo presente que el régimen de reciprocidad obligacional que ha de concretarse en un convenio de estas características, presenta un contenido complejo, toda vez que en el mismo, además de regularse la ejecución de la subestación eléctrica y la línea de alta tensión, tiene que regularse la posterior cesión de las infraestructuras al distribuidor de zona y la repercusión de sus costes de ejecución a futuros terceros usuarios que puedan hacer uso de las mismas. De manera que, atendiendo a lo manifestado con anterioridad, podría sostenerse la posibilidad de suscribir el convenio al que nos venimos refiriendo. En este sentido, y dadas las especificidades técnicas que condicionan inequívocamente la construcción y puesta en funcionamiento de unas instalaciones eléctricas tan complejas como las que aquí nos ocupan, debemos indicar que ante supuestos de hecho muy parecidos al ahora analizado, ha sido una práctica relativamente frecuente, seguida por las Administraciones públicas, la suscripción de distintos convenios con las empresas suministradoras de energía eléctrica, con el objeto de articular, precisamente, el modo en que habría de ejecutarse la implantación de las infraestructuras eléctricas del polígono por dichas empresas suministradoras, semejando ser dichos convenios un cauce óptimo que permita garantizar que la implantación de estas infraestructuras se lleve a cabo con estricto sometimiento a las prescripciones técnicas impuestas por el gestor de red, al ser él mismo y no un tercero quien asuma directamente su ejecución. Como conclusión, decir que la celebración del Convenio por el que el IPESPO concierte con el distribuidor de zona la construcción de las nuevas instalaciones, su posterior cesión y la repercusión de los costes de las infraestructuras a futuros terceros usuarios, podría tener lugar siempre que a través del Convenio no se establezca un régimen recíproco de obligaciones, sino que se concreten y detallen las obligaciones que tanto el IPESPO como la distribuidora de zona (UFD) tienen en virtud de la legislación vigente.” 2.- Solicitado informe ó Sr. Secretario do IPESPO, este emíteo con data 25 de outubro de 2010 e di: “1.- La obra civil de canalización es ejecutada por el IPESPO, si bien Unión Fenosa Distribución (UFD) gestionará las autorizaciones para la obra. 2.- El quinto pago no se entiende desde cuándo se abonará (cláusula sexta). 3.- La parcela (anexo 3) se cede a UFD. Libre de cargas para la subestación a efectuar si bien es sólo para prestar servicios al polígono del IPESPO. En caso de pretender prestar servicios a terceros requerirá consentimiento expreso por parte del IPESPO. La cesión es con carácter indefinido, mientras UFD continúe prestando los servicios de suministro eléctrico reflejado en el convenio.” 3.- Con data 26 de outubro de 2010, o Director de Traballos do Polígono emite informe en relación á parcela RI-01 e parte da E-20 onde se pretende implantar a subestación, e no que se recolle a idoneidade dende o punto de vista topográfico; que a zona do polígono no que se atopa non interfire nas demáis zonas; que é un punto estratéxico no desenvolvemento actual e futuro de toda a zona industrial e que permitirá o acceso a través de vías periféricas de todos os servizos que alí cheguen ou que aquí deriven. 4.- Con data 2 de novembro de 2010 o Sr. Interventor do IPESPO emite informe favorable e no que explica a estrutura de custos para as partes: “Este proxecto e convenio presenta a seguinte estrutura de custos: Promotor Obra civil O. eléctrica Total IPESPO 1.142.798,14 4.882.607,39 6.025.405,53 Areas S.L. 317.318,01 1.355.741,84 1.673.059,85 Portela Barro 149.309,46 637.924,96 787.234,42 Total 1.609.425,61 6.876.274,18 8.485.699,79 Estas cantidades xa teñen o IVE incorporado. Parte da obra civil que vai a realizar o IPESPO por importe total de 1.609.425,61€, repercúteselle ós promotores privados na cantidade de 466.627,47€, para iso UFD cóbralla a eles e descóntalla ó IPESPO na obra eléctrica, xa que nos corresponden uns custos de 4.882.607,30€, pero só nos cobrarán 4.415.979,92€. Na partida 10/156-680.03 existe crédito suficiente para facer fronte ó gasto que estimamos se puidera imputar ós exercicios de 2010, así mesmo facemos RC para facer fronte ó investimento que vai a executar o IPESPO (1.609.425,60€) e para facer fronte ó primeiro, segundo e terceiro pago a UFD. Estimamos que os gastos e pagos se realizarán nos seguintes exercicios: 2010, coa sinatura do convenio 214.356,44€ 2011, ó comezo das obras eléctricas 428.712,88€ 2012, coa acta de posta en marcha 1.844.712,88€ 2013, ó ano seguinte 964.098,58€ 2014, ó ano seguinte 964.098,58€ Total pagos a UFD 4.415.979,35€ Execución da obra civil polo IPESPO, farase básicamente no exercicio de 2011, é dicir, executarase obra por valor de 1.609.425,61€. Este convenio supón un gasto total para o IPESPO de 6.025.404,97€ (IVE incluido), unha vez descontada a achega dos dous promotores privados para o financiamento da obra civil que vai a realizar o IPESPO. Estamos en presenza dun gasto plurianual que estimamos que comeza no exercicio de 2010 e finaliza no exercicio de 2014, gasto plurianual que non respecta os límites porcentuais previstos no artigo 174-3 do RDLex 2/2004, de 5 de marzo (TRLRFL).” Os RC con cargo á aplicación 10/156-68003/2008, son os seguintes: Importe Nº Operación Data 1.609.425,60€ 201000000637 2-11-2010 214.356,44€ 201000000638 2-11-2010 428.712,88€ 201000000639 2-11-2010 1.844.712,88€ 201000000640 2-11-2010 964.098,59€ 201000000641 2-11-2010 964.098,59€ 201000000642 2-11-2010 5.- O texto do borrador do Convenio a asinar con UFD é o seguinte: “CONVENIO PARA A CONSTRUCIÓN DUNHA LIÑA DE ALTA TENSIÓN E UNHA SUBESTACIÓN NA ZONA DE BARRO ENTRE O IPESPO E UNIÓN FENOSA DISTRIBUCIÓN, S.A. En Pontevedra a ___ de novembro de 2010. COMPARECEN Dunha parte, Don Rafael Louzán Abal, con DNI nº 35.451.643-H, en nome e representación do Instituto para a Promoción e o Equipamento do Solo Industrial na provincia de Pontevedra, en diante IPESPO, CIF P3600024-H. Comparece na súa calidade de Presidente do IPESPO. E doutra, o Sr. Don Fernando Val López, con DNI n.º 02603475-J, en nome e representación de Unión Fenosa Distribución, SA, con CIF núm. A-82153834, en diante UFD, domiciliada en Madrid, Avda. San Luis, 77. Actúa como Xefe de Distribución Sector Pontevedra, na súa calidade de apoderado, e resultan as súas facultades de escritura de poder outorgada o 8 de outubro de 2007 ante o Notario do Ilustre Colexio de Madrid, Don Fernando de la Cámara García, núm. 3030 do seu protocolo. Ambas as dúas partes recoñécense capacidade legal abondo para subscribir o presente Convenio, e para tal efecto, EXPOÑEN PRIMEIRO.- Que o IPESPO está levando a cabo a urbanización e construción do polígono industrial SRAU Industrial Outeda-Curro, no termo municipal de Barro. SEGUNDO.- Que así mesmo se está a levar a cabo a urbanización, mediante promoción privada, doutros dous polígonos industriais no termo municipal de Barro. TERCEIRO.- Que para atender a subministración do polígono a que fai referencia o Expoñendo Primeiro do presente documento, así como para futuras actuacións de promoción de solo industrial nos concellos de Barro e de Meis, o IPESPO presentou en UFD solicitudes por unha potencia total de 20.168 kw. recollidas no Anexo 2. Inicialmente o IPESPO executará o polígono SRAU Industrial Outeda-Curro, cunha potencia total de 7.300 kw., quedando para actuacións futuras o resto de ámbitos. CUARTO.- Que para atender a subministración dos dous polígonos de promoción privada a que se refire o Expoñendo Segundo do presente documento teñen presentado en UFD as seguintes solicitudes: - 248307030036 por unha potencia de 5.600 kw. - 248307020337 por unha potencia de 2.635 kw. O total da potencia solicitada ascende a 8.235 kw. QUINTO.- Que para poder atender as necesidades do conxunto de polígonos referidos nos Expoñendo Primeiro e Segundo do presente documento é necesario realizar a seguinte actuación na rede de distribución de UFD: 1) Construción dunha Subestación eléctrica 66/20 KV, 2 x 15 MVA, no Polígono P.I. SRAU Industrial Outeda-Curro do IPESPO e un tramo de liña subterránea de Alta Tensión en Dobre Circuíto (Entrada/Saída) 66 kv., duns 3,45 km. de lonxitude, que con orixe na LAT Tibo-Mourente fará entrada e saída na nova Subestación de Barro anteriormente citada. 2) Construción das alimentacións exteriores en Media Tensión dende a nova subestación antes mencionada a cada un dos polígonos citados e desenvolvemento das infraestruturas eléctricas interiores a estes (redes eléctricas de Media Tensión, centros de transformación e redes de distribución de enerxía eléctrica en baixa tensión). SEXTO.- As alimentacións exteriores en Media Tensión a cada un dos polígonos citados e desenvolvemento das infraestruturas eléctricas interiores a estes (redes de Media Tensión, Centros de Transformación e Redes de Baixa Tensión) quedan excluídos do presente Convenio. SÉTIMO.- O orzamento de execución das infraestruturas eléctricas descritas no Expoñendo Quinto, apartado 1), presentado por UFD ó IPESPO ascende á cantidade de 7.191.270,82€ (máis o IVE correspondente), que se distribúe do seguinte xeito: * Liña de Alta Tensión ………………………………….. 4.297.281,48€ * Subestación en 66 kv.…….…………………………….. 2.893.989,34€ Estas cantidades son sen IVE e reflíctense no estudo técnico-económico recollido en documento relativo ós expedientes do IPESPO, números 248307030031, 248307030033 e 248306100012, realizado por UFD, que se achega ó presente convenio como ANEXO I. Da cantidade correspondente á liña de alta tensión, 1.363.920,00€ corresponden á obra civil da canalización do dobre Circuíto de 66 kv. a executar por IPESPO (a escavación e formigonado do apoio PAS (paso aéreo-subterráneo), mentres que a perforación para a posta a terra das autoválvulas, será realizada por UFD, valorándose esta actuación en 42.000,00€). OITAVO.- Que ó IPESPO, a teor do disposto no artigo 22 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, nos artigos 14 e 16 do Real Decreto Lexislativo 2/2008, do 20 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Solo e nas determinacións do Real Decreto 222/2008, do 15 de febreiro, correspóndelle a execución e o pagamento da nova instalación de rede (por ende, da subestación eléctrica e da liña de alta tensión anteriormente mencionada). NOVENO.- O presente convenio non ten máis obxecto que concretar as obrigas de carácter non contractual que dimanan da normativa do Sector Eléctrico, en concreto da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do Sector Eléctrico e a súa normativa de desenvolvemento, de tal xeito que o mesmo, a teor do disposto no artigo 4.1 d) da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, estaría excluído do ámbito de aplicación da citada norma en materia de contratación pública. Partindo do anteriormente exposto, as partes pactan as seguintes CLÁUSULAS Primeira.- REDACCIÓN E CONTIDO DOS PROXECTOS. UFD redactará e tramitará ante a Delegación Provincial en Pontevedra da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia o Proxecto Eléctrico das instalacións eléctricas de Alta Tensión (LIÑA 66 kv. e SUBESTACIÓN 66/20 kv. con dous transformadores de 15 MVA) que é necesario executar para atender as provisións de servizo solicitadas polo IPESPO, recollidas no ANEXO 2, ademais das outras dúas de iniciativa privada recollidas no Expoñendo Segundo. Segunda.- UBICACIÓN DA SUBESTACIÓN. O IPESPO, en cumprimento do disposto no RD 1955/2000, comprométese a ceder mediante o presente convenio á UFD as parcelas RI-01 (2.419,79 m2) e parte da E20 (2.185,31 m2), ubicadas no polígono de Outeda-Barro (Expte 248307030031), cunha superficie útil total de 4.605,10 m2, coa cualificación urbanística adecuada para usos de infraestrutura eléctrica, capaz de albergar a instalación da nova Subestación, cumprindo os requisitos técnicos establecidos por UFD. Achégase plano de situación da parcela prevista para instalación da Subestación (ANEXO 3). Terceira.- EXECUCIÓN. Mediante o presente convenio UFD, logo do pagamento do presuposto recollido no ANEXO 1, e en función do baremo establecido no ANEXO 2, comprométese a executar as seguintes obras: - Circuíto de alimentación en 66 kv. con orixe LAT Tibo-Mourente apoio 268, exceptuando a execución da partida de Obra civil da canalización para o dobre circuíto en 66 kv. segundo estudo achegado por Unión Fenosa Distribución, que será executada polo IPESPO conforme ó estipulado no Expoñendo Sétimo e á Cláusula Cuarta correspondente do presente convenio. - Subestación de 66/20 kv. con dous transformadores de 15 MVA, así como as posicións de MT necesarias para atender a todos os polígonos industriais referidos nos Expoñendo Primeiro e Segundo do presente documento. Podendo executar Unión Fenosa Distribución máis obra sen que supoña ningún custo adicional ós asinantes do presente convenio. Cuarta. - EXECUCIÓN DAS OBRAS. Dado que o IPESPO é un organismo autónomo adscrito á Deputación de Pontevedra e que esta conta con medios propios, realizando habitualmente actuacións de infraestruturas que supoñen a execución de canalizacións e obras lineais, para optimizar a intervención de ambas as dúas partes, o IPESPO encargarase de executar a obra civil da Canalización do Dobre circuíto da liña de alta tensión correspondendo a este a obtención dos permisos e autorizacións necesarias para iso. A devandita actuación executarase directamente polo IPESPO, ou a través dun terceiro, seguindo as indicacións de UFD e conforme ós capítulos correspondentes do proxecto indicado na cláusula primeira. Así mesmo, os devanditos traballos realizaranse baixo a supervisión de UFD que deberá prestar a súa conformidade coa obra executada. UFD será a responsable da xestión das autorizacións para a execución da obra da Subestación, a cal se realizará nun prazo máximo de 24 meses a contar dende a sinatura do presente Convenio. Este prazo de 24 meses condiciónase así mesmo á obtención dos permisos e licenzas necesarias, así como á cesión das parcelas e á execución da canalización da LAT que, en todo caso, estará finalizada seis meses antes da posta en servizo da Subestación. Unha vez que o IPESPO finalice a obra, deberá cedela á UFD coa dirección facultativa da obra executada sobre a base do proxecto recollido na Cláusula 1. Quinta.- REPARTO DE CUSTOS. Dado que as provisións de servizo que se citan nos Expoñendo Terceiro e Cuarto son simultáneas no tempo, e afectan ó IPESPO e ós Polígonos de promoción privada mencionados nos Expoñendo Segundo e Cuarto, establécese unha repartición do presuposto establecido para o desenvolvemento das infraestruturas reflectidas no Expoñendo Sexto, de forma proporcional entre todos eles, tomando como base a potencia futura necesaria solicitada, tanto para os polígonos do IPESPO (20.168 kw.) como para os de iniciativa privada (8.235 kw.), fixando sobre a base diso un baremo por kw. demandado de 253,187€. Este importe unitario implica unha imputación total ó IPESPO, pola potencia total demandada, de 5.106.275,40€ (máis o IVE correspondente) e un custo total, unha vez descontado o importe total da obra civil a acometer polo IPESPO, de 3.742.355,40€ (máis o IVE correspondente) e unha imputación total ós Parques de Promoción Privada, pola potencia total solicitada, de 2.084.994,94€ (máis o IVE correspondente), que ha de ser aboada por estes en función da potencia demandada para cada un dos desenvolvementos mencionados no presente Convenio. Sexta.- CONDICIÓNS DE PAGAMENTO. Establécese, para o IPESPO, os seguintes prazos e condicións de pagamento: - Primeiro pagamento: Á sinatura do convenio, por un importe de 181.658,00€. - Segundo pagamento: Co comezo da obra por parte de UFD, por un importe de 363.316,00€. -Terceiro pagamento: Coa consecución da acta de posta en marcha da Subestación, por un importe de 1.563.316,00€. - Cuarto pagamento: 817.032,70€ ó ano do fito anterior. - Quinto pagamento: 817.032,70€ ó ano do fito anterior. Se na data de cumprimento do quinto pagamento, o IPESPO non tivese demandado a totalidade da potencia prevista no presente convenio, é dicir os 20.168 kw., este pagamento fraccionarase en dous iguais, o segundo dos cales se aboaría ó ano seguinte do cumprimento do fito. Todas as cantidades se incrementarán co IVE vixente no momento do pagamento. Sétima.- CESIÓN DE PARCELA. Por virtude do presente Convenio, IPESPO e UFD estipulan libremente o réxime contractual que ha de rexer a cesión do uso da parcela mencionada na Cláusula Segunda deste Convenio, propiedade do IPESPO, todo iso con arranxo ó seguinte réxime de reciprocidade obrigatoria: VII. I) Constitúe o obxecto do presente convenio: 1. A cesión de uso do terreo, e 2. A cesión da Subestación de 66/20kv. con dous transformadores de 15 MVA, referido nos expositivos anteriores, que se situará no terreo antes referido, libre de cargas e gravames e explanada a cota cero. Ditas cesións realízanse coa finalidade de que dita subestación subministre enerxía eléctrica ó polígono industrial SRAU Outeda-Curro, en Barro, así como ós Polígonos de promoción privada limítrofes a este sector que poidan promoverse nun momento posterior á sinatura do presente Convenio, descritos nos Expoñendo Segundo e Cuarto do mesmo. A Subestación permitirá a UFD prestar subministración eléctrica ó citado polígono industrial. VII.II) A citada Subestación eléctrica descrita no punto 1) do Expositivo Quinto, será sufragada polo IPESPO, pero será executada na súa totalidade por UFD. VII.III) Serán en todo caso a cargo de UFD os labores de conservación, mantemento, reparación, mellora e explotación, tanto ordinarios como extraordinarios, do terreo cedido e da subestación situada no mesmo e dos anexos e accesorios que nel se atopan. Así mesmo, serán do seu cargo as consecuencias derivadas da falta de mantemento dos mesmos, incluíndo os danos que se puideren ocasionar a terceiros como consecuencia da actividade. A obrigación de conservación e mantemento, leva á asunción de calquera dano ou menoscabo que se produciu, tanto na parcela como na subestación e dos anexos e accesorios que nel se atopan, con independencia de que a causa do dano, deterioración ou menoscabo obedeza a circunstancias alleas á órbita de UFD ou se ocasionen por forza maior. VII.IV) O presente contrato terá unha duración temporal indefinida, manténdose a súa vixencia a condición de que continúe UFD prestando os servizos de subministración eléctrica acordados e cumpran as condicións establecidas no presente documento e calquera outras se establezan no futuro. VII.V) UFD só poderá transmitir os seus dereitos e obrigacións derivadas do presente contrato no referente á subestación eléctrica, a favor de quen lles sucedan lexitimamente por razón de fusión, absorción ou escisión, a condición de que se subroguen expresamente nas obrigacións dimanantes do presente contrato. VII.VI) As partes, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles, sométense ós Xulgados e Tribunais da orde civil da cidade de Pontevedra para a resolución de calquera controversia que do presente acordo puidese derivarse. Oitava.- OPERACIÓN E MANTEMENTO DAS INSTALACIÓNS. A operación e mantemento das instalacións obxecto deste Convenio serán realizados por UFD, de acordo coas súas necesidades de explotación e dos criterios de seguridade e fiabilidade esixibles á rede de distribución da súa propiedade, garantindo en calquera caso o seu correcto funcionamento e o cumprimento de todas as normas legal e regulamentariamente establecidas. Todos os custos derivados do mantemento e conservación destas instalacións correrán a cargo de UFD. UFD garante, dentro dos límites regulamentarios e de acordo coa normativa e procedementos propios da actividade de distribución, o correcto funcionamento que permitirá atender a subministración de enerxía eléctrica solicitado para os polígonos industriais do IPESPO. Novena.- LEGALIZACIÓN DAS INSTALACIÓNS. UFD legalizará ó seu nome as instalacións realizadas para o desenvolvemento da electrificación contida neste Convenio, quedando estas na súa propiedade, atendendo ó seu mantemento e explotación. Décima.- VARIACIÓNS DE POTENCIA. O presente Convenio establécese para a potencia solicitada polo IPESPO. Calquera modificación que afecte á potencia total solicitada deberá formularse por escrito por parte do IPESPO, dando lugar ó establecemento dun novo baremo, recollido na Cláusula TERCEIRA, modificando a repartición de custos totais. E, en proba de conformidade, asínase o presente Convenio, por triplicado exemplar, no lugar e data indicados no encabezamento. IPESPO UNIÓN FENOSA DISTRIBUCIÓN S.A. D. Rafael Louzán Abal D. Fernando Val López” O Pleno, previa unánime declaración de urxencia, de conformidade co acordo do Consello Reitor do IPESPO relativo ó convenio a formalizar entre o IPESPO e a Compañía Unión Fenosa Distribución SA, para a construción dunha liña de alta tensión e unha subestación na zona do Polígono Outeda-Curro, na zona de Barro, e á vista dos informes do Administrador, do Secretario e do Interventor do IPESPO, así como do Director de Traballos do Polígono, acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o Convenio entre a Compañía Unión Fenosa Distribución SA e o IPESPO para a construción dunha liña de Alta Tensión e unha Subestación na zona de Barro, que supón un gasto total para o IPESPO de 6.025.404,97€, IVE incluído, unha vez descontada a achega dos dous promotores privados para o financiamento da obra civil que vai a realizar o IPESPO, cuxo texto é o seguinte: “CONVENIO PARA A CONSTRUCIÓN DUNHA LIÑA DE ALTA TENSIÓN E UNHA SUBESTACIÓN NA ZONA DE BARRO ENTRE O IPESPO E UNIÓN FENOSA DISTRIBUCIÓN, S.A. En Pontevedra a ___ de novembro de 2010. COMPARECEN Dunha parte, Don Rafael Louzán Abal, con DNI nº 35.451.643-H, en nome e representación do Instituto para a Promoción e o Equipamento do Solo Industrial na provincia de Pontevedra, en diante IPESPO, CIF P3600024-H. Comparece na súa calidade de Presidente do IPESPO. E doutra, o Sr. Don Fernando Val López, con DNI n.º 02603475-J, en nome e representación de Unión Fenosa Distribución, SA, con CIF núm. A-82153834, en diante UFD, domiciliada en Madrid, Avda. San Luis, 77. Actúa como Xefe de Distribución Sector Pontevedra, na súa calidade de apoderado, e resultan as súas facultades de escritura de poder outorgada o 8 de outubro de 2007 ante o Notario do Ilustre Colexio de Madrid, Don Fernando de la Cámara García, núm. 3030 do seu protocolo. Ambas as dúas partes recoñécense capacidade legal abondo para subscribir o presente Convenio, e para tal efecto, EXPOÑEN PRIMEIRO.- Que o IPESPO está levando a cabo a urbanización e construción do polígono industrial SRAU Industrial Outeda-Curro, no termo municipal de Barro. SEGUNDO.- Que así mesmo se está a levar a cabo a urbanización, mediante promoción privada, doutros dous polígonos industriais no termo municipal de Barro. TERCEIRO.- Que para atender a subministración do polígono a que fai referencia o Expoñendo Primeiro do presente documento, así como para futuras actuacións de promoción de solo industrial nos concellos de Barro e de Meis, o IPESPO presentou en UFD solicitudes por unha potencia total de 20.168 kw. recollidas no Anexo 2. Inicialmente o IPESPO executará o polígono SRAU Industrial Outeda-Curro, cunha potencia total de 7.300 kw., quedando para actuacións futuras o resto de ámbitos. CUARTO.- Que para atender a subministración dos dous polígonos de promoción privada a que se refire o Expoñendo Segundo do presente documento teñen presentado en UFD as seguintes solicitudes: - 248307030036 por unha potencia de 5.600 kw. - 248307020337 por unha potencia de 2.635 kw. O total da potencia solicitada ascende a 8.235 kw. QUINTO.- Que para poder atender as necesidades do conxunto de polígonos referidos nos Expoñendo Primeiro e Segundo do presente documento é necesario realizar a seguinte actuación na rede de distribución de UFD: 1) Construción dunha Subestación eléctrica 66/20 KV, 2 x 15 MVA, no Polígono P.I. SRAU Industrial Outeda-Curro do IPESPO e un tramo de liña subterránea de Alta Tensión en Dobre Circuíto (Entrada/Saída) 66 kv., duns 3,45 km. de lonxitude, que con orixe na LAT Tibo-Mourente fará entrada e saída na nova Subestación de Barro anteriormente citada. 2) Construción das alimentacións exteriores en Media Tensión dende a nova subestación antes mencionada a cada un dos polígonos citados e desenvolvemento das infraestruturas eléctricas interiores a estes (redes eléctricas de Media Tensión, centros de transformación e redes de distribución de enerxía eléctrica en baixa tensión). SEXTO.- As alimentacións exteriores en Media Tensión a cada un dos polígonos citados e desenvolvemento das infraestruturas eléctricas interiores a estes (redes de Media Tensión, Centros de Transformación e Redes de Baixa Tensión) quedan excluídos do presente Convenio. SÉTIMO.- O orzamento de execución das infraestruturas eléctricas descritas no Expoñendo Quinto, apartado 1), presentado por UFD ó IPESPO ascende á cantidade de 7.191.270,82€ (máis o IVE correspondente), que se distribúe do seguinte xeito: * Liña de Alta Tensión ………………………………….. 4.297.281,48€ * Subestación en 66 Kv.………………………………….. 2.893.989,34€ Estas cantidades son sen IVE e reflíctense no estudo técnico-económico recollido en documento relativo ós expedientes do IPESPO, números 248307030031, 248307030033 e 248306100012, realizado por UFD, que se achega ó presente convenio como ANEXO I. Da cantidade correspondente á liña de alta tensión, 1.363.920,00€ corresponden á obra civil da canalización do dobre Circuíto de 66 kv. a executar por IPESPO (a escavación e formigonado do apoio PAS (paso aéreo-subterráneo), mentres que a perforación para a posta a terra das autoválvulas, será realizada por UFD, valorándose esta actuación en 42.000,00€). OITAVO.- Que ó IPESPO, a teor do disposto no artigo 22 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, nos artigos 14 e 16 do Real Decreto Lexislativo 2/2008, do 20 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Solo e nas determinacións do Real Decreto 222/2008, do 15 de febreiro, correspóndelle a execución e o pagamento da nova instalación de rede (por ende, da subestación eléctrica e da liña de alta tensión anteriormente mencionada). NOVENO.- O presente convenio non ten máis obxecto que concretar as obrigas de carácter non contractual que dimanan da normativa do Sector Eléctrico, en concreto da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do Sector Eléctrico e a súa normativa de desenvolvemento, de tal xeito que o mesmo, a teor do disposto no artigo 4.1 d) da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, estaría excluído do ámbito de aplicación da citada norma en materia de contratación pública. Partindo do anteriormente exposto, as partes pactan as seguintes CLÁUSULAS Primeira.- REDACCIÓN E CONTIDO DOS PROXECTOS. UFD redactará e tramitará ante a Delegación Provincial en Pontevedra da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia o Proxecto Eléctrico das instalacións eléctricas de Alta Tensión (LIÑA 66 kv. e SUBESTACIÓN 66/20 kv. con dous transformadores de 15 MVA) que é necesario executar para atender as provisións de servizo solicitadas polo IPESPO, recollidas no ANEXO 2, ademais das outras dúas de iniciativa privada recollidas no Expoñendo Segundo. Segunda. - UBICACIÓN DA SUBESTACIÓN. O IPESPO, en cumprimento do disposto no RD 1955/2000, comprométese a ceder mediante o presente convenio á UFD as parcelas RI-01 (2.419,79 m2) e parte da E20 (2.185,31 m2), ubicadas no polígono de Outeda-Barro (Expte 248307030031), cunha superficie útil total de 4.605,10 m2, coa cualificación urbanística adecuada para usos de infraestrutura eléctrica, capaz de albergar a instalación da nova Subestación, cumprindo os requisitos técnicos establecidos por UFD. Achégase plano de situación da parcela prevista para instalación da Subestación (ANEXO 3). Terceira.- EXECUCIÓN. Mediante o presente convenio UFD, logo do pagamento do presuposto recollido no ANEXO 1, e en función do baremo establecido no ANEXO 2, comprométese a executar as seguintes obras: - Circuíto de alimentación en 66 kv. con orixe LAT Tibo-Mourente apoio 268, exceptuando a execución da partida de Obra civil da canalización para o dobre circuíto en 66 kv. segundo estudo achegado por Unión Fenosa Distribución, que será executada polo IPESPO conforme ó estipulado no Expoñendo Sétimo e á Cláusula Cuarta correspondente do presente convenio. - Subestación de 66/20 kv. con dous transformadores de 15 MVA, así como as posicións de MT necesarias para atender a todos os polígonos industriais referidos nos Expoñendo Primeiro e Segundo do presente documento. Podendo executar Unión Fenosa Distribución máis obra sen que supoña ningún custo adicional ós asinantes do presente convenio. Cuarta.- EXECUCIÓN DAS OBRAS. Dado que o IPESPO é un organismo autónomo adscrito á Deputación de Pontevedra e que esta conta con medios propios, realizando habitualmente actuacións de infraestruturas que supoñen a execución de canalizacións e obras lineais, para optimizar a intervención de ambas as dúas partes, o IPESPO encargarase de executar a obra civil da Canalización do Dobre circuíto da liña de alta tensión correspondendo a este a obtención dos permisos e autorizacións necesarias para iso. A devandita actuación executarase directamente polo IPESPO, ou a través dun terceiro, seguindo as indicacións de UFD e conforme ós capítulos correspondentes do proxecto indicado na cláusula primeira. Así mesmo, os devanditos traballos realizaranse baixo a supervisión de UFD que deberá prestar a súa conformidade coa obra executada. UFD será a responsable da xestión das autorizacións para a execución da obra da Subestación, a cal se realizará nun prazo máximo de 24 meses a contar dende a sinatura do presente Convenio. Este prazo de 24 meses condiciónase así mesmo á obtención dos permisos e licenzas necesarias, así como á cesión das parcelas e á execución da canalización da LAT que, en todo caso, estará finalizada seis meses antes da posta en servizo da Subestación. Unha vez que o IPESPO finalice a obra, deberá cedela á UFD coa dirección facultativa da obra executada sobre a base do proxecto recollido na Cláusula 1. Quinta.- REPARTO DE CUSTOS. Dado que as provisións de servizo que se citan nos Expoñendo Terceiro e Cuarto son simultáneas no tempo, e afectan ó IPESPO e ós Polígonos de promoción privada mencionados nos Expoñendo Segundo e Cuarto, establécese unha repartición do presuposto establecido para o desenvolvemento das infraestruturas reflectidas no Expoñendo Sexto, de forma proporcional entre todos eles, tomando como base a potencia futura necesaria solicitada, tanto para os polígonos do IPESPO (20.168 kw.) como para os de iniciativa privada (8.235 kw.), fixando sobre a base diso un baremo por kw. demandado de 253,187€. Este importe unitario implica unha imputación total ó IPESPO, pola potencia total demandada, de 5.106.275,40€ (máis o IVE correspondente) e un custo total, unha vez descontado o importe total da obra civil a acometer polo IPESPO, de 3.742.355,40€ (máis o IVE correspondente) e unha imputación total ós Parques de Promoción Privada, pola potencia total solicitada, de 2.084.994,94€ (máis o IVE correspondente), que ha de ser aboada por estes en función da potencia demandada para cada un dos desenvolvementos mencionados no presente Convenio. Sexta.- CONDICIÓNS DE PAGAMENTO. Establécese, para o IPESPO, os seguintes prazos e condicións de pagamento: - Primeiro pagamento: Á sinatura do convenio, por un importe de 181.658,00€. - Segundo pagamento: Co comezo da obra por parte de UFD, por un importe de 363.316,00€. -Terceiro pagamento: Coa consecución da acta de posta en marcha da Subestación, por un importe de 1.563.316,00€. - Cuarto pagamento: 817.032,70€ ó ano do fito anterior. - Quinto pagamento: 817.032,70€ ó ano do fito anterior. Se na data de cumprimento do quinto pagamento, o IPESPO non tivese demandado a totalidade da potencia prevista no presente convenio, é dicir os 20.168 kw., este pagamento fraccionarase en dous iguais, o segundo dos cales se aboaría ó ano seguinte do cumprimento do fito. Todas as cantidades se incrementarán co IVE vixente no momento do pagamento. Sétima.- CESIÓN DE PARCELA. Por virtude do presente Convenio, IPESPO e UFD estipulan libremente o réxime contractual que ha de rexer a cesión do uso da parcela mencionada na Cláusula Segunda deste Convenio, propiedade do IPESPO, todo iso con arranxo ó seguinte réxime de reciprocidade obrigatoria: VII. I) Constitúe o obxecto do presente convenio: 1. A cesión de uso do terreo, e 2. A cesión da Subestación de 66/20kv. con dous transformadores de 15 MVA, referido nos expositivos anteriores, que se situará no terreo antes referido, libre de cargas e gravames e explanada a cota cero. Ditas cesións realízanse coa finalidade de que dita subestación subministre enerxía eléctrica ó polígono industrial SRAU Outeda-Curro, en Barro, así como ós Polígonos de promoción privada limítrofes a este sector que poidan promoverse nun momento posterior á sinatura do presente Convenio, descritos nos Expoñendo Segundo e Cuarto do mesmo. A Subestación permitirá a UFD prestar subministración eléctrica ó citado polígono industrial. VII.II) A citada Subestación eléctrica descrita no punto 1) do Expositivo Quinto, será sufragada polo IPESPO, pero será executada na súa totalidade por UFD. VII.III) Serán en todo caso a cargo de UFD os labores de conservación, mantemento, reparación, mellora e explotación, tanto ordinarios como extraordinarios, do terreo cedido e da subestación situada no mesmo e dos anexos e accesorios que nel se atopan. Así mesmo, serán do seu cargo as consecuencias derivadas da falta de mantemento dos mesmos, incluíndo os danos que se puideren ocasionar a terceiros como consecuencia da actividade. A obrigación de conservación e mantemento, leva á asunción de calquera dano ou menoscabo que se produciu, tanto na parcela como na subestación e dos anexos e accesorios que nel se atopan, con independencia de que a causa do dano, deterioración ou menoscabo obedeza a circunstancias alleas á órbita de UFD ou se ocasionen por forza maior. VII.IV) O presente contrato terá unha duración temporal indefinida, manténdose a súa vixencia a condición de que continúe UFD prestando os servizos de subministración eléctrica acordados e cumpran as condicións establecidas no presente documento e calquera outras se establezan no futuro. VII.V) UFD só poderá transmitir os seus dereitos e obrigacións derivadas do presente contrato no referente á subestación eléctrica, a favor de quen lles sucedan lexitimamente por razón de fusión, absorción ou escisión, a condición de que se subroguen expresamente nas obrigacións dimanantes do presente contrato. VII.VI) As partes, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles, sométense ós Xulgados e Tribunais da orde civil da cidade de Pontevedra para a resolución de calquera controversia que do presente acordo puidese derivarse. Oitava.- OPERACIÓN E MANTEMENTO DAS INSTALACIÓNS. A operación e mantemento das instalacións obxecto deste Convenio serán realizados por UFD, de acordo coas súas necesidades de explotación e dos criterios de seguridade e fiabilidade esixibles á rede de distribución da súa propiedade, garantindo en calquera caso o seu correcto funcionamento e o cumprimento de todas as normas legal e regulamentariamente establecidas. Todos os custos derivados do mantemento e conservación destas instalacións correrán a cargo de UFD. UFD garante, dentro dos límites regulamentarios e de acordo coa normativa e procedementos propios da actividade de distribución, o correcto funcionamento que permitirá atender a subministración de enerxía eléctrica solicitado para os polígonos industriais do IPESPO. Novena.- LEGALIZACIÓN DAS INSTALACIÓNS.´ UFD legalizará ó seu nome as instalacións realizadas para o desenvolvemento da electrificación contida neste Convenio, quedando estas na súa propiedade, atendendo ó seu mantemento e explotación. Décima.- VARIACIÓNS DE POTENCIA. O presente Convenio establécese para a potencia solicitada polo IPESPO. Calquera modificación que afecte á potencia total solicitada deberá formularse por escrito por parte do IPESPO, dando lugar ó establecemento dun novo baremo, recollido na Cláusula TERCEIRA, modificando a repartición de custos totais. E, en proba de conformidade, asínase o presente Convenio, por triplicado exemplar, no lugar e data indicados no encabezamento. IPESPO UNIÓN FENOSA DISTRIBUCIÓN S.A. D. Rafael Louzán Abal D. Fernando Val López” 2.- Facultar ó Sr. Presidente para a súa sinatura. 9.6025.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Rogos e preguntas. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Só dúas, unha cousiña, estou afónico, porque senón votáballe a canción aquela de que sempre anda dicindo para o Pleno que vén. No Pleno pasado intenteino, pero estaba algo menos afónico e canto moi mal, con respecto a ese que vén do Pleno de setembro, e iso ía ser uns días despois que íamos acometer algo máis, de agosto, perdón, de agosto do ano pasado, si, non, sempre se marca un día. Sr. Presidente.- Non, pero quedaron mércores ás nove. Ben, ten razón e cando ten razón hai que, mércores ás nove, ademais, eu creo que é interesante ademais. ¿Algunha pregunta máis?. ¿Algún rogo?. Hai aquí unha pregunta tamén do Partido Socialista que intentaremos contestala por escrito, porque pregunta varios datos. Moitas gracias e moi bos días. Levántase a sesión. Gracias. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as trece horas e vinte e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. O Presidente, O Secretario, Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. Carlos Cuadrado Romay

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Pleno (Tema)

Área de control da descrición