ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.150
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Acta de sesión 2011/04/29_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.43.827/3.2011-04-29_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2011/04/29_Ordinaria

  • Data(s) 2011-04-29 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión. 51 follas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A C T A Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 29 de abril de 2011 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas do día vinte e nove de abril do ano dous mil once, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Francisco Xabier Alonso Pérez, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, Dona Francisca Canal Gómez, D. Carlos Comesaña Abalde, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Pauliño Damián Del Río Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. José Amador Eiras Paz, D. Jesús María Fernández Portela, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Emilio González Iglesias, D. Juan A. González Pérez, D. Salvador González Solla, D. Rafael Lores Rosal, D. Gabriel Martínez Giráldez, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. José Antonio Olmedo Granja, D. Juan Luciano Otero Besada, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. Severino Reguera Varela, D. Daniel Rodas Chapela, D. Perfecto Rodríguez Muíños, D. José Enrique Sotelo Villar e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Moi bos días. 1.6064.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Primeiro punto da orde do día do Pleno da corporación provincial. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 25 de marzo de 2011. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 25 de marzo de 2011. a) Parte resolutiva: 2.6065.- INFORME SOBRE CUMPRIMENTO DE PRAZOS EN RELACIÓN Ó DISPOSTO NA LEI 15/2010, DE MODIFICACIÓN DA LEI 3/2004, POLA QUE SE ESTABLECEN MEDIDAS DE LOITA CONTRA A MOROSIDADE NAS OPERACIÓNS COMERCIAIS Sr. Presidente.- Punto número 2. Informe sobre cumprimento de prazos en relación ó disposto na lei 15/2010, de modificación da lei 3/2004, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. Non hai ningunha intervención, polo tanto … ¡ah! ... adiante D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. Bos días a todos e a todas. Ben, a lei esta, 15/2010, introduciu unha serie de mecanismos de control da morosidade de, bueno, todos os sectores, pero, neste caso, nas administracións públicas, no que parte delas pois, en principio, non o viron con bos ollos, e de feito me parece que na provincia de Pontevedra, pois pola información que teño, creo que o levou dúas veces xa, dous trimestres, o concello de Pontevedra e o trae agora a Deputación, me parece que non hai ningunha administración máis que o levara, ningunha, senón me engano, queda unha idea, digamos, da pouca acollida que tivo entre … por un motivo bastante claro e hoxe o informe que vén aquí, pois digamos que é, o informe que trae a Deputación, é un informe pois, a ver, pois reticente, reticente a cumprir, ou as consecuencias que ten, a obriga de facer este informe. ¿Por que digo reticente?. Porque obrigar a facer o informe con todos e cada un dos requisitos que esixe a lei, supón na práctica, nunha administración grande como pode ser esta Deputación, pois que seguramente un, senón máis funcionarios ou funcionarias, tiñan que dedicarse case en exclusiva a isto, co cal pois aquí faltan, pois, as relacións de facturas que pasaron dos días que obriga a poñelo, dos días, que vamos, dos 90 días ou dos 55, segundo os casos, etc., entón nominalmente pode estar moi ben isto pero na práctica hai certos problemas para efectivizalo, sorprende que nunha institución como esta traia un informe tan pobre. Dito isto, queremos dicilo, que nestes momentos pois, hai moi poucas administracións que operen na provincia, na provincia de Pontevedra, que de maneira xenérica, non digo en casos puntuais, se estean cumprindo os prazos que dá esta lei, curiosamente, digamos que as administracións que teñen que tutelar o seu cumprimento, ou sexa, enténdase o Estado e Comunidade Autónoma, non o fan, non cumpren eses prazos, non cumpren eses prazos nin de lonxe, nin de lonxe. Dito isto, é dicir, a situación en canto a morosidade desta casa ou de todas as administracións, digamos que dentro da situación xenérica que existe, con problemas de financiamento e problemas de ingresos das administracións, pois hai 3 ou 4 administracións, polo menos das que teñen un orzamento superior a 30 millóns de euros, por exemplo, que están cumprindo en xeral con esta morosidade, que son o concello de Vigo, concello de Pontevedra e Deputación de Pontevedra. E despois, xa digo, pode haber concellos que si están cumprindo no mes, máis pequenos, pero bueno habería que facer un relatorio, outros evidentemente non. Ou sexa, que esta lei, en xeral, os prazos os está cumprindo, ou sexa o Estado non está cumprindo, a comunidade autónoma non está cumprindo, pero dalgunha maneira bastante multiplicado, os prazos que se dan, e polo menos as tres administracións locais que parece que é ó que se dirixía isto, curiosamente, que non era a todos, pero vaia, o que se coñeceu publicamente que era ó que se refería isto, pois, as tres administracións locais máis grandes da provincia de Pontevedra si están cumprindo en xeral. E por último, a min gustaríame, reproducirlle o que uns datos moi similares, creo a Deputación está pagando nun prazo de 66 días de media, máis ou menos, e uns prazos moi similares, e cunhas facturas e a porcentaxe de facturas moi similar, que pasa dos 90 días, moi pouquiñas, neste caso 4, é un 0,05%, gustaríame reproducir a intervención que os seus colegas de partido, do Partido Popular, fixeron en Pontevedra, asegúrolle que cos mesmos datos, practicamente os mesmos, mellores nalgunhas cousas, algo peores noutras, e bueno, practicamente, viñeron a dicir que o concello de Pontevedra está na ruína, que somos uns puferos, que non pagamos, que non sei cantas cousas. Obviamente, como non se corresponde coa realidade, pero aínda non manexamos nos Plenos certas tecnoloxías, porque senón gustaríame traerlle a cinta e pasarlla para ver como se poden dicir auténticas barbaridades que non corresponden á realidade. Ben, eu quería, queríamos que quedara constancia disto, ou sexa, este informe a medias, as administracións non o están facendo, que dentro das administracións que teoricamente teñen que tutelar, porque isto agora hai que mandalo á Comunidade Autónoma e o Estado, non o están cumprindo nin de lonxe, e que as administracións locais que parece que eran, polo menos así se vendeu en xeral, teñen problemas, pero dentro da provincia de Pontevedra as administracións locais máis grandes son precisamente as que mellor están pagando, incluída esta casa. E como os feitos son así, pois os reflexamos así, non se trata de dicir o contrario só o que é obxectivo e claro, ¿non?. E como este informe tráese a este pleno por demanda deste grupo, pois comentámolo, e dicimos o que hai, como intentamos facer sempre. Moitas grazas. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Ten a palabara o Sr. Otero Besada. Sr. Otero Besada.- Si bos días a todos. Pois agradecer este informe que é preceptivo por lei e nos parece ben, pero tamén nos parecería ben que se nos contestara a outros informes, que hai máis dun mes que está pedido, e é obrigatorio por lei, porque está pedido con todas as firmas suficientes, e vai alá máis dun mes, e estamos esperando a contestación, e ten o mesmo dereito que este informe que se acaba de facer. En canto ó informe, vén a demostrar que as palabras que moitas veces o noso Presidente di por alí, de que somos os mellores pagadores, que pagamos a 30 días, e aquí vén a demostrar que a maior parte das facturas están pagadas a 66 días, en fin, nada máis. Gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Otero, pobre discurso, pero bueno, si iso é o que ten que dicir, moitas gracias. Sr. Vázquez Almuíña. Sr. Vázquez Almuíña.- Moitas gracias Presidente. Non, simplemente por aclarar, porque parece que fóra de Pontevedra e Vigo non hai vida, entón, eu creo que, D. Cesáreo Mosquera, nos gustaría que pedira información, porque hai máis concellos, bastante máis na provincia de Pontevedra, que están cumprindo con este informe trimestral, que é trimestral, non é o primeiro, xa hai varios, e que sería bo de dar a información, dala ben, o que pasa é que ás veces, Sr. Mosquera, parece que quere, se sente aludido de cousas que lle pasan en Pontevedra, e quere no Pleno da Deputación dicir que Pontevedra cumpre e os demais non cumpren. Baiona, concretamente, está cumprindo dende que entrou en vigor a lei, entón eu pediría iso, que pedira información ou senón citara/nombrara só o seu concello, e así quedamos todos mellor. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sentiuse, o Sr. Mosquera, parece. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non é que, sentinme, sentímonos, digamos, a ver, como diría, explicámonos mal, explicámonos mal, obviamente cónstanos que o concello de Vigo non levou o informe a Pleno, entón, non nos estabamos referindo a quen levara o informe ou non, entón Sr. Almuíña, non nos estamos referindo a iso, ¿vale? E xa dixen, ás administracións que teñen máis de 30 millóns de euros, e dixen, haberá concellos que teñen menos que cumpran, e outros que non, creo que o dixen claramente, entón aí, explicámonos moi mal, ou sexa, dentro dos que é a obriga de levalo ó Pleno, pois haberá os que o leven e os que non, a maioría non o levaron, pero bueno, pero parte si, pero a iso non me referín, dixen, entre as administracións grandes o levaron tal, e o de Vigo non o levou, por exemplo, ou sexa que non me estou referindo a Pontevedra e Vigo. E despois como tamén podía dicir, os que claramente non pagan nese período que todos o sabemos, nese período nin o dobre, nin o triple, nin demais, porque a cifra máxica, que eran 55 días, ou se é en 90, é unha cifra máxica, o problema é que hai que pagar nun tempo razoable, e esta casa, pois bueno, non cumpre coa media dos 55, pois bueno, se cumpre co 66 e demais, pois pódese dicir que en xeral está cumprindo, como outras administracións, digamos as locais, e creo que fun máis agresivo porque é así en realidade, foi ás administracións superiores que agora hai que mandarlle este informe, a ver se o facemos ben ou mal, cando eles non o están facendo, nin o informe nin os prazos, nin de lonxe. Por iso digo que nos explicamos mal. Moitas grazas. Sr. Presidente.- Bueno, pois, por dar, evidentemente os datos e dar por concluído este informe, no cal hai que seguir traballando, dicir que dende que se rexistra na Intervención desta institución as facturas, neste caso certificacións, se poidan entender, dicir, que dun total de 8.126 facturas, que teñen un montante global cercano ós 18 millóns de euros, en 30 días se xestionaron 6.143, que supón o 75,6%, 55 días 1.830 facturas, e máis de 55 días 153, que supón practicamente o 1%. Queremos dicir con todo isto, que dalgunha maneira a Deputación está cumprindo claramente con ese obxectivo que nós propuxéramos, que temos que seguir intensificando e mellorando, sen dúbida, pero hai que dicir que a media, no que se refire a pagos, se temos en conta dende a súa entrada en Intervención, é neste caso de 21 días, o cal polo volume global das 8.126 facturas, que creo que nese sentido non está nada mal, e polo tanto hai que felicitar tamén a todos e cada un dos funcionarios desta casa que velen polo cumprimento e pola mellora neste ámbito, por iso que os datos son moito máis contundentes que as palabras, e sobre todo para que as empresas que teñen relacións con esta institución pois se sintan respaldadas na hora da eficacia do cobro, neste caso do pago dos seus haberes. Polo tanto nada máis. D. Cesáreo. Sr. Mosquera Lorenzo.- A ver, Sr. Presidente, ¿por que a lía?, ¿por que a lía de maneira absurda?. Vamos a ver, esta casa ¿como funciona?, é que as facturas entréganas nas dependencias, pasan de media 45 días nas dependencias, e despois ó rexistro de Intervención, o cal dá unha media de pago de 66 días, dende que a entregan aquí que non é un prazo disparatado, pero non a líe, dende que entre en Intervención, porque o informe haberá que, subsanen ese fallo como sexa para facer as contas, que segue sendo unha boa cifra, non cumpre coa media pero o segue sendo, xa o dixen antes, pero non é certo, quero dicir, dende que a empresa, dende que o subministrador, de que o provedor entrega aquí a factura, a media son 66 días, e non son esas cifras que está dicindo vostede, pasan de media nas dependencias 45 días, e despois chegan ó rexistro de Intervención, vale ¿e que?. Pero a empresa non cobrou, e os días pasaron, entón non a líe. Eu creo que votando man desa parte de informe pois a está liando dunha maneira absurda, e repito, o prazo é, con todo o que é a burocracia administrativa, que se se entrega, que se se mira, que se pasa non sei que, o prazo é razoable, cumpra estritamente ou non cumpra cos prazos marcados pola lei, o prazo é razoable, para tal como están as cousas, e xa o dixen antes, pero non me intente terxiversar a realidade. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera, por recoñecer, evidentemente, o labor que fai esta casa, de pagar e pagar en tempo e forma, reitérolle que o prazo é o que eu dixen e non o que vostede acaba de dicir, aquela que expide a certificación oportuna ou expide unha factura oportuna, pon un día de expedición que cando chega aquí pode ser, unha semana despois, 15 días despois, etc., polo tanto, vostede está falando diso, e eu estoulle falando dende o momento en que ten entrada, neste caso, no departamento de Intervención para o seu pago, se todo estivera perfecto, ese é o día que conta, dalgunha maneira, para a partir de aí facer o procedemento de pago, que a media é 21 días, e polo tanto vostede me fala, evidentemente, doutra cousa que é dende o momento da expedición da factura. Non, non, pero ese é o momento da expedición da factura, neste caso da empresa correspondente, que pode evidentemente, emitila hoxe e mandala á Deputación por correo, chega aquí dentro de 10 ou 15 días, ou a presenta pois cando vén a Pontevedra, etc., etc. Polo tanto para nós, evidentemente, o que consta é dende que entra en Intervención, que vostede xa acaba de dicir e acaba de recoñecer, do cal me alegro, que sempre me falou de catastrofismo dende o punto de vista económico, etc., do que o prazo é moi razoable, do cal, evidentemente nos alegramos. Polo tanto, iso é o realmente importante, espero que sigamos nesta liña, porque é o necesario e é o que neste momento é importante. Vamos a proceder neste caso, non hai votación, se dá por enterado. Polo tanto pasamos ó punto número 3. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, queda enterado do informe de Tesourería e Intervención sobre cumprimento de prazos, en relación ó disposto na Lei 15/2010, de modificación da Lei 3/2004, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. Dito informe é como segue: “INFORME DE TESOURERÍA E INTERVENCIÓN En cumprimento do artigo cuarto e quinto da Lei 15/2010, de 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004, de 29 de decembro, polo que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais e no previsto na Resolución Presidencial nº 13459, de 6 de outubro de 2010, e en relación co cumprimento dos prazos previstos nesta Lei para o recoñecemento e pago das obrigas da Deputación, emítese o seguinte informe: Primeiro. Cumprimento dos prazos de pago previstos. No apartado tres do artigo catro dise que o Tesoureiro elaborará trimestralmente un informe sobre o cumprimento dos prazos previstos nesta Lei para o pago das obrigas de cada Entidade local, que incluirá necesariamente o número e importe global das obrigas pendentes de pago, nas que se estea incumprindo o prazo de pago previsto, para cada anualidade, no apartado terceiro do artigo terceiro da Lei 15/2010, de 5 de xullo (Disposición transitoria oitava da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público). Dos gastos realizados no exercicio de 2010 (07/07/2010 a 31/12/2010), pagáronse (número, importe e porcentaxe do número e porcentaxe do importe) nos prazos que de seguido se sinalan, a contar dende a data de expedición dos xustificantes do gasto: DÍAS FACTURAS % IMPORTE % 30 1.261 15,52% 4.787.073,75 27,00% 55 3.011 37,05% 5.861.126,64 33,06% +55 3.854 47,43% 7.081.823,44 39,94% 8.126 17.730.023,83 media 66 días - Non existen facturas pendentes de pago a 31 de marzo de 2011, das anteriormente referenciadas. Non se xunta relación máis detallada dos pagos realizados e pendentes dende a data de expedición, por non existir. Dos gastos realizados no exercicio de 2010 (07/07/2010 a 31/12/2010), pagáronse (número, importe e porcentaxe do número e porcentaxe do importe) nos prazos que de seguido se sinalan, a contar dende a data de rexistro dos xustificantes do gasto: DÍAS FACTURAS % IMPORTE % 30 6.143 75,60% 13.499.035,89 76,14% 55 1.830 22,52% 3.773.299,66 21,28% +55 153 1,88% 457.688,28 2,58% 8.126 17.730.023,83 media 21 días - Non existen facturas pendentes de pago a 31 de marzo de 2011, das anteriormente referenciadas. Non se xunta relación máis detallada dos pagos realizados e pendentes dende a data de rexistro, por non existir. Segundo. Cumprimento dos prazos para o recoñecemento das obrigas previstos. En cumprimento do disposto no apartado cuarto do artigo quinto da Lei 15/2010, de 5 de xullo, a Intervención incorporará o informe trimestral ó Pleno que ten que elaborar o Tesoureiro sobre o cumprimento dos prazos de pago, unha relación dos xustificantes de gasto que non foran aprobados (recoñecida a obriga) no prazo de tres meses a contar dende a data de rexistro no rexistro contable. Dos gastos realizados no exercicio de 2010 (07/07/2010 a 31/12/2010), recoñeceuse a obriga (número, importe e porcentaxe do número e porcentaxe do importe) nos prazos que de seguido se sinalan a contar dende a data de rexistro: DÍAS FACTURAS % IMPORTE % 30 7.325 90,14% 15.970.297,37 90,07% 60 727 8,95% 1.549.853,28 8,74% 90 70 0,86% 207.445,37 1,17% +90 4 0,05% 2.427,81 0,01% 8.126 17.730.023,83 media 14 días - Non existen facturas pendentes de recoñecer a obriga a 31 de marzo de 2011. Terceiro. Remisión ó Ministerio de Economía e Facenda e Comunidade Autónoma. Este informe deberá remitirse, en todo caso, ós órganos competentes do Ministerio de Economía e Facenda e, no seu respectivo ámbito territorial, ós das Comunidades Autónomas que teñan atribuídas a tutela financeira das Entidades locais. Cuarto. Publicación de informe agregado polo Pleno. De conformidade co previsto no apartado cuarto do artigo quinto da Lei 15/2010, do 5 de xullo, o Pleno, no prazo de 15 días, contados dende o día da sesión na que teña coñecemento de dita información, publicará un informe agregado da relación de facturas (das que non foron aprobadas no prazo de tres meses dende a data de rexistro) e documentos que se teñan presentado agrupándoos segundo o seu estado de tramitación. En Pontevedra, a 19 de abril de 2011 O XEFE DO SERVIZO DE CONTABILIDADE, CONFORME CONFORME O TESOUREIRO, O INTERVENTOR,” 3.6066.- MODIFICACIÓN DO FINANCIAMENTO DO PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN ÁS OBRAS E SERVIZOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL E DA REDE VIARIA LOCAL PARA O EXERCICIO 2011 Sr. Presidente.- Punto número 3. Modificación do financiamento do plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal e da rede viaria local para o exercicio 2011. Non hai intervencións. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Resultando que o Pleno, na sesión ordinaria do día 25 de febreiro de 2011, acordo número 2.6046, aprobou o Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal e estradas do ano 2011-PPC/11, prevíndose no mesmo unha achega da Administración Central de dous millóns douscentos corenta e dous mil cincocentos setenta e seis euros con setenta e oito céntimos (2.242.576,78€). Resultando que con data 1 de abril de 2011, número rexistro de entrada 14040, recíbese escrito da Dirección Xeral de Cooperación Local comunicando que a subvención asignada ó PPC/11 é de dous millóns douscentos vinte e catro mil cento cincuenta e seis euros con sesenta e seis céntimos (2.224.156,66€), o que supón unha minoración de dezaoito mil catrocentos vinte euros con doce céntimos (18.420,12€) con respecto á cantidade consignada inicialmente. Como consecuencia disto, o servizo de Infraestruturas propón modificar o financiamento da obra número 74, denominada “Pavimentación EP-8503 Cordeiro-Senín (Valga) PK 0+00 a 2+800”, de xeito que se incremente o financiamento da Deputación en dita obra no mesmo importe que se reduce o financiamento do Estado. Visto o informe da Intervención e de conformidade co ditame favorable da Comisión informativa de Cooperación, de data 26 de abril de 2011, o Pleno acorda por unanimidade: - Modificar o financiamento da obra número 74 “Pavimentación EP-8503 Cordeiro-Senín (Valga) PK 0+00 a 2+800”, que queda do seguinte xeito: Achega do Estado (MPT) 81.579,88€ Achega da Deputación 100.000,00€ Achega da Deputación (GNE) 18.420,12€ TOTAL 200.000,00€ - Modificar o financiamento do Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal e estradas do exercicio 2011 que queda como segue: Achega do Estado (MPT) 2.224.156,66€ Achega da Deputación 1.834.835,59€ Achega dos Concellos 1.223.223,77€ Outras achegas 220.587,33€ TOTAL 5.502.503,35€ A cantidade que figura noutras achegas é cofinanciada a maiores polos concellos de Catoira, O Porriño, Salvaterra de Miño e a propia Deputación Provincial. En consecuencia, na aplicación 2011/942.453.611.09 “Plan Provincial de Cooperación, Rede Viaria Provincial”, procede declarar créditos non dispoñibles por un importe total de 169.388,17€, mantendo créditos dispoñibles: 1.414.000,00€. Na aplicación 2011/942.942.762.01 “Plan Provincial de Cooperación, obras municipais”, procede declarar créditos non dispoñibles por un importe total de 796.840,53€, mantendo créditos dispoñibles por un importe de: 4.681.771,30€, (destes 4.088.803,35€ corresponden ó importe total das obras municipais do Plan e 592.967,95€ ó exceso de financiamento presupostado con fondos propios da Deputación que pode destinarse a outras finalidades). O financiamento do MPT recóllese no concepto: 2011/942.720.01, por un importe de 2.224.156,66€ (638.843,34€ menos do previsto inicialmente), para cuantificala contabilizaranse os correspondentes “compromisos de ingresos”, polo importe do financiamento real, para cada unha das obras, segundo determine cada certificado de adxudicación. Respecto do financiamento municipal, se recolle no concepto: 2011/942.762.00, por un importe de 1.234.614,64€ (327.385,36€ menos do previsto inicialmente), para cuantificala contabilizaranse os correspondentes “compromisos de ingresos”, polo importe de financiamento real, para cada unha das obras segundo determine o correspondente certificado de adxudicación (sumando o total de financiamento tanto para os gastos elixibles como non elixibles). O resto do acordo número 2.6046 do Pleno de 25 febreiro de 2011 permanecerá invariable. 4.6067.- CAMBIO DE TITULARIDADE E POSTERIOR ENTREGA Ó CONCELLO DE FORCAREI DA ESTRADA PROVINCIAL “EP-7208 INTERIOR DÚAS IGREXAS” E DE VARIOS TRAMOS DOUTRAS ESTRADAS PROVINCIAIS Sr. Presidente.- Punto número 4. Cambio de titularidade e posterior entrega ó concello de Forcarei da estrada provincial “EP-7208 interior Dúas Igrexas” e de varios tramos doutras estradas provinciais. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Sr. Muradas, si. Sr. Muradas Ramos.- Para solicitar que el asunto quede sobre la mesa, porque observamos 2 irregularidades. Una, que tenemos seria duda de que la Junta de Gobierno sea la competente para solicitar el cambio de titularidad. Sr. Presidente.- Junta de Gobierno del ayuntamiento … Sr. Muradas Ramos.- Del ayuntamiento, tenemos seria duda. Y por otro, de que aquí, no se acuerda lo solicitado, es decir, ellos solicitan el cambio de titularidad previa preparación de las vías, las vías no se repararon, entonces no se da cumplimiento a lo pedido, no se está dando cumplimiento. Entonces yo pido que quede sobre la mesa con el objeto de garantizar que la Junta de Gobierno es la competente a pedirlo, y que si la Diputación no está dispuesta a reparar las vías, que soliciten exclusivamente el cambio de titularidad. Nada más. Espero que le haya gustado la fortaleza del discurso en este caso. Sr. Presidente.- Si, todo o que sexa enriquecedor é bo, pero nós, en todo caso, non creo que sexamos nós quen debemos de valorar se é competente ou non a Xunta de Goberno dese concello, ¿non?. Sr. Muradas Ramos.- Mire, yo es que le aconsejo, porque en otros temas más candentes…. Sr. Presidente.- Pero bueno… Sr. Muradas Ramos.- Por no garantizar … por no garantizar, ustedes tienen un problema, el estado democrático … Sr. Presidente.- Sr. Muradas … Sr. Muradas Ramos.- No, mire, estamos debatiendo … Sr. Presidente.- Non, pero … Sr. Muradas Ramos.- A ver, ¿se puede hablar o no se puede hablar?. Sr. Presidente.- É que vostede falou, terminou, e agora quería falar eu, e non me deixa … eu, lle estaba preguntando iso ó Secretario e me di tamén que coincide nese planteamento, home, non sei se somos nós quen debemos de valorar se é competente ou non a propia Xunta de Goberno para solicitalo, outra cousa é o fin, ó final deste tema, ó principio, eu, agora mesmo, non sabería dicirlle se está feita a reparación que demanda o concello, pero o fin, creo que se xustifica perfectamente, pero bueno, non sei se ten, se podemos analizar máis en profundidade, se acaba de transferir unha estrada ó concello de Poio, no anterior pleno, ou no anterior, e non houbo ningún problema. Sr. Muradas Ramos.- ¿Quen o solicitou?. Sr. Presidente.- ¿Quen o solicitou daquela?. Non o sei, habería que velo. Sr. Muradas Ramos.- A lo mejor también estaba mal, si fue a la Junta de Gobierno, ¿entiende?. Cuando intervienen otras administraciones, esta administración tiene que garantizar que el trámite corresponde al ayuntamiento, es el correcto, no aprendieron, no aprendieron con el puerto de Marín, no aprendieron con el polígono de Barro-Meis, y seguimos con la misma matraca, tienen dificultad con el estado de derecho, o sea la finalidad es buena, pero hay una normativa que hay que cumplir, que esta casa obvia, no se, si usted no tiene la garantía de que quien le pide es el que tiene la competencia para hacerlo, pues no creo que, aunque el fin sea muy bueno, no se garantice de que el peticionario sea el adecuado, después pasa lo que pasa, nada más. Democráticamente tiene los votos, que se quieren ajustar a derecho, bien, que no, pues tiren para adelante como siempre. Sr. Presidente.- Moi ben Sr. Muradas, eu lle propoño, que me parece ben todos os planteamentos que se poidan facer neste ámbito, de que dalgunha maneira poidamos aprobar este asunto condicionado a que dalgunha maneira, si non é, o Secretario di que non hai, que haberá que revisar esa cuestión, pero vamos, para facilitarlle as cousas ós concellos debemos colaborar, e porque paralizar calquera trámite nese sentido que é un beneficio dun concello, se o fin é o realmente importante, pois se dalgunha maneira debe de ser o Pleno da corporación municipal, pois que sexa, e se lle reclamará como tal, o cal haberá que volver a traelo, si fose, e si non fose así, se é competente ou suficiente a petición por parte, neste caso do concello, pois, e por parte da Xunta de Goberno, pois xa o deixamos como está. Entón a nosa proposta é que se vaia propoñer a súa aprobación, condicionado a que se faga esa revisión que vostede aporta, me parece razoable. Bueno, me di o responsable deste tema, ademais, que en principio o acordo foi, xa que se lle transfire tal e como están. Polo tanto, que se lle transfiren as carreteras no seu estado actual, …, iso xa foi acordado precisamente co concello, ¿non?, ..., bueno, en principio, bueno pero, non hai ningún problema en ter en consideración eses dous comentarios que nos fai o Sr. Muradas. En principio, o que é a Deputación se lle traslada ó concello que se aproba, vamos, se todos os grupos así o deciden, con eses dous matices de que hai que supervisar, porque non creo que teñan ningún problema, porque ademais teñen maioría para iso, dá igual que o faga a Xunta de Goberno que neste caso o Pleno municipal, pero se o ten que facer, dá igual, me refiro, que se vai a aprobar igual por parte deles, home, a ver si me entende ben. Entón, aprobado iso, pois tamén se lle comunica que será en principio a transferencia inmediata no estado actual das mesmas, punto. Pois primeiro votamos o que el propón. Primeiro votar a súa proposta. ¿Votos en contra?. PP. ¿Abstencións?. BNG. ¿A favor?. PSdeG-PSOE. Votamos entón o punto con eses dous matices. Punto número 4. Cambio de titularidade con eses dous antecedentes. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Visto o escrito remitido dende o concello de Forcarei a través do cal solicita á Deputación Provincial de Pontevedra o cambio de titularidade e posterior entrega da seguinte estrada e tramos doutras: 1.- Estrada provincial EP-7208 Interior Dúas Igrexas, con 900 metros de lonxitude. 2.- Tramo da estrada provincial EP-7201 Cachafeiro-Silleda que comprende a rúa Dúas Igrexas e o Treito antigo da Ponte, de 1.050 e 400 metros de lonxitude respectivamente. 3.- Tramo da estrada provincial EP-7001 A Estrada-Forcarei que comprende as rúas Progreso e Regueira de 1.200 metros de lonxitude. Visto o informe emitido o 5 de abril de 2011 pola Enxeñeira T. Xefa da Zona Norte favorable ó cambio de titularidade solicitado, xa que tanto a estrada provincial EP-7208 Interior Dúas Igrexas como o tramo da estrada EP-7201 Cachafeiro-Silleda que comprende a Rúa Dúas Igrexas e o Treito antigo da Ponte, se corresponden con estradas provinciais nas que se realizaron variantes de trazado que unicamente dan servizo ás propiedades lindantes e que son susceptibles de ser transferidas por non dar continuidade ó itinerario actual da estrada Cachafeiro-Silleda. Ademais, desta forma, o concello de Forcarei podería garantir o seu mantemento e levar un control máis directo para evitar posibles ocupacións indebidas do dominio público. Pola súa banda o tramo da estrada provincial EP-7001 A Estrada-Forcarei que comprende as rúas Progreso e Regueira adquiriu características netamente urbanas con presenza de edificacións consolidadas a ambas marxes do viario sen que xa reúnan as condicións propias dunha estrada provincial. Todas estas notas aconsellan o seu cambio de titularidade a favor do concello de Forcarei de acordo co disposto nos artigos 54 da Lei 4/1994, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia e 2 da Ordenanza Reguladora do Uso e Defensa das Estradas Provinciais. Considerando que de acordo co disposto no artigo 70.14 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado polo Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, correspóndelle ó Pleno a adquisición de bens e toda transacción sobre os mesmos, así como o seu alleamento e calquera outro acto de disposición, o Pleno de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Infraestruturas e Servizos Xerais, acorda por maioría de votos a favor do PP e coas abstencións do PSdeG-PSOE e do BNG: Primeiro. O cambio de titularidade e posterior entrega a favor do concello de Forcarei da seguinte estrada e tramos doutras: 1. Estrada provincial EP-7208 Interior Dúas Igrexas, con 900 metros de lonxitude. 2. Tramo da estrada provincial EP-7201 Cachafeiro-Silleda que comprende a rúa Dúas Igrexas e o Treito antigo da Ponte, de 1.050 e 400 metros de lonxitude respectivamente. 3. Tramo da estrada provincial EP-7001 A Estrada-Forcarei que comprende as rúas Progreso e Regueira de 1.200 metros de lonxitude. Ditos viarios incorporaranse á relación de estradas de titularidade do concello de Forcarei tal e como sinala o artigo 4 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de Estradas de Galicia. Correspóndelle ó concello de Forcarei, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación da vía, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova administración titular da estrada. Segundo. Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra para a sinatura da acta de entrega que con tal fin se elabore. 5.6068.- MODIFICACIÓN DA RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO DO ORAL Sr. Presidente.- Punto número 5. Modificación da relación de postos de traballo do ORAL. Sr. Otero Besada. Sr. Otero Besada.- Si, vamos a ver. Preséntasenos esta modificación que xa foi a unha comisión informativa e ó consello do ORAL, e a verdade é que se presenta como unha modificación de posto de traballo, pero que conleva bastantes máis cousas, que aquí non se dixeron, e que hoxe teño algunha información máis. A ver, esta modificación faise porque no seu día deixouse amortizar unha praza para unha persoa que agora se reincorpora, e hai que buscarlle unha praza. Eu non sei se legalmente isto se pode facer, sen pasar pola mesa de negociación, senón, en concreto esta é unha modificación que vostedes pretenden facer, por algo que ó mellor antes se fixo mal. Nós o que pedimos é que a persoa que realmente vai a optar a este posto de traballo, que se lle faga con todas as garantías e se lle poña no mesmo posto no que estaba, sen que lle repercuta economicamente absolutamente no que estaba cobrando a, entón en base a iso, nós vámonos a abster, …, si que pode haber, pero bueno, o Interventor o sabe, …, pola nosa parte vámonos a abster. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Otero. Bueno eu creo que este tema foi debatido xa o outro día ampliamente no consello do ORAL e aínda que aparece modificación da relación de postos de traballo, concretamente se explícita un único posto de traballo, polo tanto en base á proposta dos técnicos que saben, evidentemente, desta situación, pois creo que fan a mellor proposta. Fixemos a mención de que esperamos que isto non sirva de ningún tipo de precedente, e polo tanto cremos que é o máis axeitado neste momento, ¿non?. Polo tanto vamos a proceder á súa votación, dándolle a palabra previamente ó Sr. Pauliño del Río. Sr. Del Río Iglesias.- Si, bos días. Simplemente é para explicar o sentido da votación do Grupo do BNG, vaise a abster, porque como xa manifestamos na comisión informativa, esta modificación da relación de postos de traballo debería de pasar pola mesa de negociación cos sindicatos, porque entre outras cousas, como lles dixen na mesa, é bo que as cuestións de persoal se fagan baixo unha negociación e baixo un clima de acordo e sobre todo de consenso para que logo non haxa casuísticas que se poidan aproveitar a posteriori. Polo tanto, o BNG ó non pasar isto pola mesa de negociación co sindicato, vaise a abster. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Pauliño. Polo tanto, procedemos á votación deste punto número 5. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. De conformidade co disposto no artigo 126.3 e 129.3 do Real Decreto Lexislativo 781/86, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais vixentes en materia de Réxime Local, artigo 70.5 do Regulamento de Organización e Funcionamento das Entidades Locais, e artigos 4.1 e 33.2 da Lei 7/85 de 2 de abril Reguladora das Bases de Réxime Local, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Réxime Interior e Persoal, acorda por maioría de votos a favor do PP e coas abstencións do PSdeG-PSOE e do BNG, modificar a Relación de postos de traballo de persoal laboral fixo do ORAL por cambio de adscrición do posto de traballo de “Xefe de Negociado de Coordinación de oficinas periféricas”, do Servizo Xurídico á oficina de Cangas do Morrazo, pasando a denominarse “Xefe de Negociado da Oficina do Morrazo”, por redistribución de efectivos e para atender necesidades de persoal, con motivo da delegación de facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación da taxa de recollida de lixo e a recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que estean pendentes de cobro na Tesourería da Mancomunidade de concellos do Morrazo (Bueu, Cangas e Moaña) así como a próxima entrada en funcionamento do módulo de xestión de taxas GTT (Xestión Tributaria Territorial). 6.6069- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO BLOQUE NACIONALISTA GALEGO RELATIVA Á ESTRADA PROVINCIAL EP-2302 GONDOMAR-CHAÍN-MORGADÁNS (GONDOMAR) Sr. Presidente.- Punto número 6. Moción do Grupo Provincial do Bloque Nacionalista Galego relativa á estrada provincial Gondomar-Chaín-Morgadáns. O Sr. Pauliño ten moita actividade hoxe, a el tócalle debater esa moción. Sr. Del Río Iglesias.- Xa sei Sr. Presidente que cada vez que me dá a palabra ponse nervioso, pero é inevitable, vostede non se preocupe. Hoxe vai ver que como cando os políticos que estamos para solucionar os problemas e se solucionan, e os políticos que vostede designa, pois ás veces desgobernan, este é un caso bastante evidente. Non vou a repetir aquí a moción, sabemos o que hai aquí, é un problema, é unha estrada propiedade da Deputación provincial con gravísimos problemas de seguridade, hai recollidas, neste momento, 2000 sinaturas para que se arregle esta estrada provincial que non ten, pasa por varios núcleos de poboación, non ten beirarrúas, non ten beirarrúas, incluso a xente ten que ir polo medio da estrada, os nenos alí, da escola, pasa exactamente o mesmo, e hoxe mesmo aparece nos xornais a preocupación dos veciños para o arreglo deste vial. En concreto falan incluso que os afectados móstranse desesperados pola falta de resposta do ente provincial, e lamentan que ó final, coma sempre, terá que pasar algo moi grave para que nos fagan caso, isto din na prensa os veciños e veciñas da parroquia. E eu creo que hoxe lle vamos a dar solución a isto, porque é evidente que este ente provincial está para dar solución ós problemas dos veciños e veciñas, e polo tanto, na Comisión Informativa, esta moción foi ditaminada unanimemente por todos os grupos políticos, hai unha emenda que fixo o Sr. Crespo, porque parece ser, que había algún tipo de problema á hora de financiamento a través do Plan de investimentos da Deputación. Dende logo, a este grupo dálle igual esa ou outra partida orzamentaria, o que lle importa é que se arregle este tema, que se acometa por fases, parécenos correcto, dado que é un volume importante de cartos o que hai que empregar na seguridade, e polo tanto si lle pediríamos ó goberno provincial e ó Sr. Louzán, que a primeira fase do arreglo da estrada e da seguridade se acometa coa urxencia, así quedou reflectido, e esperemos que o cumpra coa urxencia e a necesidade que demandan os veciños, e que polo tanto se poñan, dende logo, a facer o traballo, que se poñan a facer o anteproxecto e que se tomen as primeiras medidas e que se amañe o primeiro tramo, coa urxencia que estes veciños nos demandan. Polo tanto, pouco máis teño que dicir, espero que cumpra vostede o compromiso que aquí adquiriu. Sr. Presidente.- Moitas gracias, Sr. Pauliño. Sr. Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Bos días. Ben, tal e como quedamos na Comisión Informativa, e aínda que o Sr. Pauliño o pon en plan drástico, non é tan drástico como el o pon, pero si que é certo que somos sensibles ó problema que ten esa carretera, esa estrada provincial, pero loxicamente o conduto é o conduto regulamentario que hai para todos os concellos, entón o primeiro que hai que elaborar é un anteproxecto para saber os custos exactos do mesmo, porque as actuacións non son liñales nos catro, aproximadamente 4 km., que tería que ser a actuación, porque hai casas moi metidas na rúa, e polo tanto nalgún caso terán que ser beirarrúas, e noutro, pois terán que ser actuacións distintas, en todo caso o importante é que si que ten que ser unha actuación de aproximadamente 4 km. de longo, e como saben vostedes a actuación ten que ser cofinanciada co concello respectivo, polo tanto do que se trataría é de, sendo sensibles a esa problemática que ten esa carretera, como amosan os veciños, pois que se elabore ese correspondente anteproxecto, e unha vez que saibamos canto custa, pois intentar asinar primeiro o convenio co concello, e a partires de alí, de acordo co orzamento preciso, pois empezalo por fases, e acometer unha primeira fase de acordo coas posibilidades económicas desta casa e máis do propio concello, neste caso de Gondomar. Polo tanto, estamos de acordo cambiando eses dous últimos puntos, os primeiros fan mención á necesidade da mesma obra, e o terceiro é que se elabore o correspondente anteproxecto das obras, e que se prepare para asinar co concello de Gondomar, o oportuno convenio para levalas a cabo tal e como se fai habitualmente en casos similares. E logo, o punto cuarto, é que as obras se acometan en fases, comezando coa primeira delas o antes posible e que se habilite unha partida orzamentaria para tal fin, que é o que acordamos na Comisión Informativa. Sr. Presidente.- Bueno, moitas gracias, Sr. Crespo. A verdade é que o Sr. Pauliño é un home esixente no cumprimento, a verdade é que cando fixen, en reiteradas visitas a Gondomar, igual que vostede nos esixe a nós, me dicían, que cando vostede estaba no goberno lle esixían un montón de cousas e sen embargo facían oídos xordos a esas cuestións que vostede ben dicía, de que está para resolver os problemas dos veciños, e eu lle dixen, cousa estraña, cousa estraña que iso sucedera, tendo un goberno, era minoritario, eran 5 no goberno e 12 na oposición, pero iso pode pasar, que ás veces non se dá solucionado todo o que un quere, pero alí eran moitas demandas e me dicían, non, pero é que todo está paralizado, non se resolve nada, falamos, falamos, pero non se resolve, eu quérolle dicir, que en relación con que hai que ser xusto tamén á hora de demandar dos demais o que un non fai. Entón, vostede nos demanda a nós dicindo, eu espero que vostede cumpra, vostede tal, e tal, e claro, se vostede me houbera dado un bo exemplo me vería obrigado a cumprir, pero como vostedes o exemplo que nos deron non foi o axeitado nin moito menos, por iso llo reitero tamén na mesma liña de consideración que vostede ten para con esta casa, a consideración que nós lle temos para con vostede, porque como xa pasaron polo goberno pois xa saben como son estas cousas, ¿non?. Eu tamén lle traslado moitas das reivindicacións que os veciños plantexaron e que nunca se atenderon e nunca se resolveron. Pero bueno, lle dou en todo caso a palabra, para que teña en consideración moitas destas peticións que vostedes no seu día non foron quen de resolver. Sr. Pauliño del Río. Sr. Del Río Iglesias.- Moitas gracias. Eu tomarei en consideración esas palabras, que me parecen moi sabias. Efectivamente, había un goberno minoritario pero a palabra clave é goberno, despois vostede veu e se inventou os 12 magníficos, e sabe cal é o resultado dos 12 magníficos que agora gobernan, vou facer como fai algunhas veces o Sr. Chema Figueroa e vou tirar do periódico. Periódico de hoxe: la fiscalía investiga las licencias otorgadas sin supervisión de la secretaria en Gondomar. Outro periódico: Gondomar pierde 3 millones por no aprobar sus cuentas a tiempo. Outro periódico: o alcalde de Gondomar se niega a demoler una obra ilegal. Simplemente o de hoxe, non os quero aburrir, este, os doce magníficos que vostede puxo a intentar gobernar cando gobernaba un goberno minoritario, que si é certo que era minoritario pero gobernaba, ese é o problema que ten vostede, vostede ten un problema en Gondomar, vostede cada vez, si hubiera una moviola y una máquina do tempo vostede volvería atrás, porque hoxe en día, sabémolo, que está arrepentido de facer o gambazo que fixo en Gondomar, o resultado está aí, o resultado é que a acción do goberno, dese goberno que vostede puxo, está aí. Que hoxe en día nin sequera lle vale ó Partido Popular para levalo á próxima candidatura, este que lle fala do goberno minoritario, si vai a ir a refrendar ós cidadáns eses dous anos de goberno, vostede non foi quen, nin o Partido Popular, de refrendar ante a cidadanía dentro dun mes a súa xestión de goberno e tivo que cambiar a todo o mundo, tivo que facer unha limpeza importante, debeu usar unha desbrozadora de 2500 polo menos, pero isto é simplemente para que sepa que, evidentemente, se este problema o temos encima da mesa, é, evidentemente, porque o goberno dos doce magníficos, que vostede puxo, non falou con vostede deste problema e tivo que ser a veciñanza, ¿verdade?, que farta da ineficacia dese goberno tivera que facer e recoller firmas, e este grupo a través da súa oposición, que lle toca no concello de Gondomar, e a través deste grupo provincial, atende ás demandas dos veciños, e vostede e eu, que somos persoas sensatas e razoables e podemos chegar a acordos, chegamos a un acordo para solucionar, igual que cando nós gobernábamos, o problema é que vostede en dous anos se negou a recibir ó seu daquela alcalde, o Sr. Antonio Arauxo, pero en canto houbo a moción de censura os tránsfugas empezaron a correr por este pasillo que daba xenio velos, esa é a diferenza Sr. Louzán, despois falaremos do uso patrimonialista e partidista desta Deputación, depende de que cor, nós pensamos que non depende ou non debería depender, ¿verdade?, as infraestruturas e a colaboración entre institucións, da cor de cada unha, e por iso estamos aquí, e por iso hoxe imos a chegar a un acordo. Entón, eu voulle pedir un favor, imos a deixar este tema aquí, imos a mirar en positivo, imos a mirar adiante, vostede como representante do goberno desta institución, e este grupo, e o Partido Socialista vai a votar unha moción dunha proposta de mellorar as condicións de vida da cidadanía, creo que é o que hai que facer, cremos que é o que hai que facer, e despois eu recollo, ¿verdade?, ese invite que vostede lanza, e non se preocupe, que no próximo goberno municipal de Gondomar e nesta Deputación, tempo teremos de chegar ós acordos e a ser responsables. De todas formas volvo, acabo recordándolle o que sempre lle digo, “vostede toca de oída en Gondomar”, e é malo porque me dá a impresión de que ten, esa nota está desafinada, procure afinala canto antes porque moito tempo non lle queda. Gracias Sr. Louzán. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Pauliño. A verdade é que vostede iso que chama goberno ou que chamou goberno de dous anos debía ser moi fráxil, ¿non?, debía ser moi fráxil porque só durou o apoio que lle deron os catro compañeiros do Partido Socialista, durou vinte minutos, foi o apoio que dende Santiago lle mandaron para que os apoiaran, dixéronlle, vostedes teñen que tal, e a partir de aí non houbo máis acordo, e despois quedaron os cinco eses da apocalipsis, que vostede chamaba do goberno. Entón, ó final o resultado foi, veciños demandan unha serie de cuestións que non se atenden, non se resolven, nin nadie dá conta do recado, a xente me dicía esa palabra, aquí vas alí e nadie dá conta do recado; e claro, vostede di sentirse lexitimado nese goberno, vamos, que dalgunha maneira era o goberno que resolvía, e vostedes queren dicir que ese era o exemplo que debe predicar en Gondomar, é dicir, aquilo era un goberno. ¿Vostede cre que un goberno de 5, con doce na oposición, é un goberno iso?. A verdade é que hai que ser moi iluso para pensar unha cousa coma esa, ¿non?. Polo tanto, xa digo, o que vostedes non foron capaces de resolver, porque en certa maneira é lóxico, ¿que van a resolver 5 tendo 12 na oposición?, ¿que van a resolver?. O problema nace no momento que vostedes fan, evidentemente, eses acordos despois de que os cidadáns, acordos de despacho, despois de que os cidadáns xa houberan votado, acordos falsos, falsos acordos, que, ademais isto que estou dicindo é verídico, é real, porque sucedeu, e os veciños de Gondomar saben que sucedeu exactamente así, que vostedes perderon as eleccións, e despois de perder as eleccións dixeron hai que apartar ó PP do goberno municipal de Gondomar, e facer todo o posible para que non goberne, entón, van, a pesar de que os cidadáns maioritariamente votaron ó PP, dixeron: imos a aliarnos, aínda que isto só dure vinte minutos. E foi xusto o que durou o Pleno de constitución da corporación e do goberno de Gondomar, e a partir de aí se acabou. Iso chámase fraude, fraude ós veciños de Gondomar, fraude que ó final levou a dous anos perdidos, dous anos que dalgunha maneira Gondomar non recuperará. Polo tanto, Sr. Pauliño, eu tamén lle digo que debe revisar ben os seus pronósticos, tenos que revisar moi ben, porque despois da estela deixada, deses dous anos, ¿non?, creo que independentemente do ruído, porque ruído si é certo que fixeron bastante, ¿non?, ruído fixeron bastante, pois poidan confiar en alguén. Así que non foi quen, primeiro, de ter un apoio considerado, maioritario, e sobre todo de resolverlle os problemas, pero neste sentido eu teño que dicirlle que este equipo de goberno resolveu conxuntamente co concello de Gondomar, en relación ó último Plan de Investimentos, pois moitas das demandas que este concello tiña, era un plan que se aprobou pola corporación provincial, onde Gondomar saíu tamén moi ben beneficiada, de aí que se puideran resolver moitas cousas en Gondomar, e habería que repasar qué foi o que se resolveu con vostedes, un goberno de 5, e qué foi o que se resolveu cun goberno maioritario. Polo tanto, xa digo, estea tranquilo e revise ben os seus pronósticos, porque me parece que a súa quiniela se lle vai a vir abaixo. Entón, vaian prometendo que é o que son capaces de facer, pero non creo que teñan moita crenza por parte dos veciños de Gondomar. No que se refire a nós imos a intentar cumprir os nosos compromisos, como este, para dar resposta a esta demanda, que me parece en todo caso razoable pero que moitas delas xa foron atendidas en Gondomar por parte desta casa e do actual goberno municipal, e non precisamente polo goberno municipal de aquel entonces, senón polo goberno municipal existente actualmente. ¿Algo máis que dicir Sr. Pauliño? Sr. Del Río Iglesias.- Ben, a verdade é que estou asombrado das súas palabras. Sr. Presidente.- Eu xa o cría así. Sr. Del Río Iglesias.- Estou realmente asombrado, que fale vostede de componendas de despacho ¡eh!, Sr. Louzán, de componendas de despacho, hai que votarlle lacha ó asunto, hai que ter lacha para dicir o que dixo, vexo que está todavía, ía a usar unha palabra inadecuada, fastidiado polo tema de Gondomar, e cada vez que sae aquí Gondomar, vostede en vez de tratar o asunto que é, imos a poñernos todos os grupos de acordo para resolver un problema, nos lanza unha filípica electoral aquí fantástica, o problema é que dentro dun mes vamos ver que pasa, e que o seu goberno, o que puxo vostede, non lle valeu nin ó PP para repetir, esa é a valoración da xestión do goberno que fixo o partido en Gondomar. Non valen, fixérono mal, veremos que din os cidadáns dos novos que puxeron, pero vostede xa os condenou, polo tanto isto é o que hai. E en canto a gobernos de maiorías ou minorías, componendas de despacho, a verdade é mellor 5 en minoría e honrados que 12 e tránsfugas. Vaiamos á votación e vaiamos a solucionar os problemas dos cidadáns Sr. Louzán. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Pauliño, pero recórdolle que os tránsfugas primeiro foron aqueles que alteraron a democracia despois de votar os cidadáns, ¿sabes quen foron?, os cinco máis os catro, que ó final os catro decidiron votalos á rúa, non se olvide diso Sr. Pauliño. Polo tanto, é a máxima do que pasou alí, que ó final fixeron xustiza, xa que non a fixo, evidentemente, vostede, cando os apoiaron dende fóra, a tivo que facer o Partido Socialista poñéndoos fóra, primeiro dentro e despois fóra. Polo tanto imos a proceder á votación deste punto no cal creo que imos a estar de acordo, porque é algo para a defensa dos intereses dos veciños de Gondomar, tamén, e nós probablemente con tempo, imos a cumprir o que se pide nesta moción, por iso que estea tranquilo nese sentido. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Infraestruturas e Servizos Xerais, acorda por unanimidade, aprobar a Moción do Grupo Provincial do Bloque Nacionalista Galego relativa á estrada provincial EP-2302 Gondomar-Chaín-Morgadáns (Gondomar). Dita Moción é como segue: “Pauliño del Río Iglesias, na súa condición de Deputado Provincial membro do Grupo Provincial do BNG, por medio do presente propón ó Pleno para o seu debate e aprobación se procede, a seguinte Moción. Con data de 14 de marzo de 2011 entrou por rexistro desta Deputación Provincial, número de entrada 001746, escrito sobre a estrada propiedade desta Deputación, EP-2302, que literalmente di: 1. No tramo da estrada provincial (EP-2302) comprendido entre Gondomar a Morgadáns, ó seu paso polos lugares de: Abelar (pertencente ó termo municipal de Gondomar) e Zapa, Brea, Mourisca, Loureiro, Pedrouco, Iglesia, Seara e Fouco (na parroquia de Chaín), consideramos que existen numerosos tramos que precisan ser tidos en consideración polo seu alto índice de perigosidade. 2. Que somos moitas persoas que nos desprazamos a pé ata Gondomar diariamente, entre elas moitos nenos, e que teñen que facelo invadindo a estrada pois non hai beiravía nin espazo físico para os peóns. Ademais hai colocadas unhas barreiras quitamedos (biondas) mesmo enriba da liña que delimita a estrada. Isto supón un grao de dificultade altísimo para as persoas que van camiñando. Os peóns quedan totalmente desprotexidos á hora de terse que apartar, cousa que non entendemos podendo haber retranqueo no momento que as instalaron. A isto súmase a existencia de valados por unha banda e de terrapléns pola outra; por este motivo as persoas que vaian camiñando, ou cunha carretilla non teñen cara onde apartar cando pasan os coches, co perigo que isto supón, posto que teñen que desprazarse pola rúa propiamente dita. A consecuencia disto, os coches invaden o carril de sentido contrario, para poder desviarse dos peóns. Consideramos esta manobra moi perigosa, sobre todo, cerca dalgunhas curvas porque hai un alto risco de producirse un accidente. De feito, xa en moitas ocasións, houbo accidentes porque ó non haber beirarrúa nin cuneta, fáisenos incompatible a convivencia simultánea de peóns e máis de vehículos. Neste tramo de estrada xa houbo varios accidentes (algún deles mortal), ademais de grandes sustos levados polos veciños, de teren que saltar para onde puideron e incluso lastimarse por escapar da ameaza dalgún vehículo. 3. Que, estamos falando dunha estrada de carácter provincial, cun alto volume de tráfico de vehículos particulares, así como tamén de autobuses de transporte de viaxeiros cunha periodicidade horaria, os de transporte escolar, os camións de reparto, etc. Falamos, polo tanto, dunha estrada cun tránsito de tráfico de automóbiles, camións, autobuses, e peonil cada vez máis numeroso. Que nas rectas de dito tramo, os vehículos circulan cun exceso de velocidade co perigo que isto supón. Concretamente, nunha destas rectas atópase o colexio infantil “Antía Cal”, un punto moi perigoso, sobre todo, na entrada e saída dos nenos de dito recinto, polo que se debería tratar de reducir a velocidade dos vehículos dalgún xeito (por exemplo con algúns pasos de peóns resaltados no firme da estrada). Ademais os sinais de limitación de 50km/h son suficientes pois existen moitas incorporacións á estrada sen sinalización de limitación; a lexislación vixente obriga a reiterar esta limitación nas ditas áreas. Insistimos no perigoso que resulta iso non só para os condutores senón para os peóns. Tamén, con relación á sinalización, queremos mencionar que existen varios sinais de recomendación a 50 km/h cando nesta vía a velocidade está limitada a 50 km/h, o que xera confusión. A pesares da sinistralidade, nunca houbo ningún tipo de vixilancia por parte da Garda Civil nin da Policía Local. 4. Que existen varias arquetas de recollida de augas residuais (dúas reflectidas nas fotos que achegamos) mesmo na liña de delimitación da rúa, as cales a pesares das múltiples peticións cursadas, segue sen arranxar. Isto provoca a caída das rodas dos vehículos nelas, coa repercusión que isto implica de ter que solicitar o servizo de grúa para retiralos de dito “burato”. Xa caeron camións de reparto de gas butano, camións formigoneira, vehículos particulares … e mesmo peóns. Así mesmo tamén existen outros puntos “negros” como tapas de formigón que dificultan o tránsito dos peóns (reflectidos na foto). 5. Que, temos constancia de que houbo varios informes sobre a perigosidade desta estrada emitidos pola Garda Civil de Tráfico de Porriño sen que xurdiran efecto. 6. Que achegamos fotografías comentadas do tramo sinalado e máis un plano de situación da estrada citada. 7. Este documento está respaldado por centos de usuarios e/ou damnificados que presentaron as súas solicitudes ante a Deputación de Pontevedra. Por todo isto SOLICITAMOS Que se constrúan unha beirarrúa, beiravía ou senda peonil ó longo destes 4 quilómetros, para así diminuír o risco de atropelos e/ou accidentes (lembramos que ten habido accidentes mortais), xa que estamos falando dun tramo de estrada que atravesa varios núcleos de poboación e, ó mesmo tempo, que se solucionen os puntos de perigo comentados na exposición con probas fotográficas. Este escrito está avalado por un milleiro de sinaturas dos usuarios, residentes, ou damnificados das parroquias de Chaín e Morgadáns. Coa mesma data da entrega na Deputación de Pontevedra, foinos remitido ó BNG o devandito escrito para que tivésemos constancia e actuáramos en consecuencia. Con posterioridade á presentación desta mesma Moción por urxencia no Pleno da Deputación do mes de marzo e do seu rexeitamento polos votos en contra do Grupo Provincial do PP, o Pleno da Corporación Municipal de Gondomar, na súa sesión ordinaria do día 31 de marzo de 2011, acordou por unanimidade dirixirse a esta Deputación de Pontevedra para que atendera ás demandas dos veciños e arranxara esta estrada, a instancias dunha moción do BNG. Atendendo tanto a esta petición da cidadanía, como ó acordado unanimemente por todas as forzas políticas presentes na Corporación municipal de Gondomar, este Deputado presenta a seguinte proposta de ACORDO 1. Que se teña en conta o escrito remitido polos veciños e veciñas do Concello de Gondomar relativo ás medidas de seguridade e mellora por eles esixidas da estrada EP-2302 e cantas outras medidas os técnicos da Deputación Provincial estimen oportunas e necesarias. 2. Que se proceda en consecuencia a realizar un estudo de seguridade vial da estrada provincial EP-2302. 3. Que se elabore o correspondente anteproxecto das obras e se prepare para asinar co concello de Gondomar o oportuno Convenio para levalas a cabo tal e como se fai habitualmente en casos similares. 4. Que as obras se acometan en fases comezando coa primeira delas o antes posible e que se habilite unha partida orzamentaria a tal fin.” 7.6070.- ASUNTOS FÓRA DA ORDE DO DÍA Sr. Presidente.- Fóra da orde do día. Sr. Secretario.- No hay nada. Sr. Presidente.- Non. Rogos e preguntas. Non houbo. b) Parte de información e control: 8.6071.- DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS PRESIDENCIAIS Sr. Presidente.- Primeiro dar conta das Resolucións. Sr. Secretario. Sr. Secretario.- Los extractos de las Resoluciones Presidenciales dictadas entre el 23 de marzo y el 25 de abril. Queda enterado o Pleno das seguintes: - De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas pola Presidencia entre os días 23 de marzo e o 25 de abril do ano 2011 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. 9.6072.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Sr. Mosquera ten a palabra. Rogos e preguntas, entramos. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. É que non ía, teño catro, tres preguntas e un rogo, e gustaríame que me fora contestando unha a unha. ¿Está de acordo?. Sr. Presidente.- Sen problema. Sr. Mosquera Lorenzo.- Ben. Sr. Presidente.- Vostede dispare e eu contraataco. Sr. Mosquera Lorenzo.- Ben. A primeira é, a primeira é mostrar a preocupación pola situación económica do Sr. Presidente e ofrecer facer unha cuestación, ¿non?, porque eu supoño que o Sr. Presidente está totalmente de acordo co uniforme que usa o PP en Pontevedra, e que hoxe agardabamos que viñera con ese uniforme, pero como custaba 100 euros, estamos convencidos de que ía vir, pero como custaba 100 euros, parece ser, pois resulta que non o vemos co uniforme este da procesión, e quedamos moi sorprendidos, e a única explicación que podemos dar, que podemos topar é que sexa pola cuestión económica, en todo caso, avisara antes, que facíamos unha cuestación para que puidera vostede levar o uniforme ese da procesión, non sei se ese foi o motivo ou non, non sei se ten algo que contestar, e senón paso a outra pregunta. Sr. Presidente.- De que analice o uniforme. Sr. Mosquera Lorenzo.- ¿De por que non o trae?. Sr. Presidente.- ¡Ah!, ¿por que non o traemos nós aquí?, di, o traeremos a partir do 22. Sr. Mosquera Lorenzo.- O uniforme. Vale, vale. Sr. Presidente.- Porque falaba o Sr. Pauliño de que hai que ser mellor cinco en equipo, e nós aí temos un extraordinario equipo, e que agora decidimos uniformarnos, o cal eu creo que é procedente para coñecer, para que se visualicen perfectamente por aí. Sr. Mosquera Lorenzo.- ¡Ah!, correcto, correcto, non era polo problema económico, ¿non?, non hai que facer a cuestación nin nada. Vale. Correcto. A segunda cuestión, é unha pregunta sobre un gazapo que vostede, coa súa experiencia sorprendeu moitísimo que o fixera, e entón é quén lle colou o gazapo e quén lle botou a bronca, ¿non?. Vostede apareceu á altura de xaneiro alá no vial que une Monteporreiro con, en primeira instancia, con San Bieito, dicindo que o 28 de marzo ía a estar acabado, obviamente ninguén vía que puidera estar acabado, pero alguén lle colou ese gazapo e vostede reproduciu esas palabras. Digo, ¿quén foi o que lle colou ese gazapo e que medidas tomou coa persoa que fixo, que lle fixo dicir algo, que obviamente era inviable, e qué tiña un tufillo absolutamente fóra de lugar e moi electoral?, porque ese día era cando se acababan as inauguracións, que despois estaban prohibidas e demais, ¿non?. ¿Contesta?. Sr. Presidente.- Si, bueno, eu nunca fixei prazos que, dalgunha maneira entendía que íamos andar pois o máis rápido posible, é unha obra bastante complexa, das máis complexas probablemente das que se levan feito aquí na cidade de Pontevedra, case todas elas, eu diría que a gran maioría as fixo a Deputación, en prazo, home, marzo, evidentemente pasou, pero para ser unha obra dese volume e dese impacto, que vai a ter para os veciños de Monteporreiro, creo que o tempo vai a ser o necesario. A pesar diso, sei que vostede confía moito na capacidade de xestión desta casa, sabe que somos eficaces, rápidos e resolutivos, igual que imos a resolver iso, vai a ir en paralelo a resolución da segunda conexión dende o Monasterio de Lérez á estrada nacional, a Médico Ballina, creo que así se chama. Polo tanto, iso estase redactando, o anteproxecto que sairá a licitación de maneira inmediata, e eu sei que vostede vai a aplaudir todo o que, dalgunha maneira, estamos facendo para con Pontevedra, así o ten dito en reiteradas ocasións, creo que agora non pode dicir o contrario, e do cal nos felicitamos todos. Pero a min me gustaría que todos cumpriran en prazo máis menos como cumpre o goberno da Deputación para con Pontevedra, cumpre cos compromisos e tamén cumpre practicamente nos prazos, aínda que si é ben certo que estamos falando dunha obra moi complexa, vostede sabe, e faremos dentro dunha semana unha visita para ver a complexidade da unión de ambas as dúas marxes do río Lérez, para que se vexa realmente aí a complexidade da construción da propia obra, que está moi avanzada e que vai a bo ritmo. É o que lle podo dicir a día de hoxe. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non, si, iso cónstame, pero non me contesta. Polo menos nos medios de comunicación apareceu que vostede dicía que era o 28 de marzo e lle fixeron facer un gazapo, entón, ¿quén foi?, non me contesta, bueno deixámolo. Terceira, no mandato pasado, no mesmo escano no que esta nestes momentos D. Salvador González Solla, había un Deputado que puxo un papel diante, unha pancarta ademais, que sorprendentemente, sorprendentemente, porque non é o estilo desta Deputación, polo menos dende que a coñezo, que xa van case 20 anos, pois nunca pasara, e o Presidente jaleou, veu como moi …, si Sr. Louzán, se a memoria non me falla, clavado alí, no segundo pola esquerda, había un Deputado cunha pancarta que non tiña nada que ver con esta Deputación pero que estaba feliz ademais con ela, vostede se acorda. Ben, ese Deputado resulta que fixo unha, a sabendas, advertido pola Xunta de que estaba facendo mal, e sendo moi fácil de subsanar, pois non quixo modificalo e lle pasou a tramitación do polígono de Barro cun defecto grave, que por desgraza, repito, por desgraza, rematou nunha suspensión, ou sexa, que o Sr. Landín meteu a esta casa nun lío, meteuse el, bueno, pero en todo caso, como alcalde, non estamos aquí para xulgar o que fixo, obviamente fixo mal, pero meteu a esta casa nun lío, creo que non sería prudente que a solución dese posible lío que ten, e agardemos que sen grandes repercusións, pois volva a quedar na man, aínda que el ten que facer as tramitacións segundo a vía que se escolla, de alguén que, en fin a pancarta a puxo moi ben, e rompendo todas as normas, pois a tramitación a fixo exactamente igual de ben, ou sexa rompendo todas as normas. E polo tanto, meteu a esta casa nun lío, agardemos que se faga dende esta casa, se induza, porque nós capacidade para obrigar non temos, se induza a que a solución se faga o mellor posible, dende logo non sei os trámites nos que está, alegrounos o outro día que o van a estudar, despois de dicir, despois desa absurda arremetida, que non tiña nin pés nin cabeza, que lle fixo dicir cousas que non teñen pés nin cabeza, e agardo que teña en conta a traxectoria do Sr. Landín. ¿Por que?. Por exemplo non concello de Barro a aprobación inicial e a aprobación provisional contou co apoio de todos os grupos e na definitiva non contou, porque había un informe da Xunta advertindo que había que resolver uns problemas, que non se resolveron, entón botar agora a culpa, iso é moi o estilo do Sr. Landín, pero creo que os feitos son obxectivos, están aí, e polo tanto se se quere resolver, deixar a solución na man do Sr. Landín, pode ser un auténtico perigo para esta casa. Non sei como están os trámites, gustaríame que informara agora, que pasaron uns días, que xa se enfriou a cabeza, que informara de como están, e obviamente pois se quere contar coa nosa colaboración, non se fixo no seu momento, pois estamos dispostos para o que queira, preocupados porque vaia a levar a solución a todo isto o señor, o da pancarta, non é o Sr. Salvador, é o que estaba aí no seu momento. Preocupados por iso, porque xa fixo unha gorda en contra do informe da Xunta co cal estaba, se había alguén que recorrera, estaba claro que ía a caer, e vamos, pode discorrer calquera cousa ou volver a facer calquera disparate, que ó final líe máis o que en principio é un contratempo moi preocupante, pero que ten solución, o que haberá é que buscala de maneira tranquila, sosegada, e poñendo todas as cuestións enriba da mesa, estamos falando de algo moi transcendente tanto para o sector privado como para a propia administración, tanto o concello de Barro como esta Deputación. Sr. Presidente.- Bueno, como fai referencia a un exdeputado, actual Alcalde, que non está presente e non pode contestar eu intentarei contestar por el, cuestión non fácil, non fácil, me refiro, por non estar presente, senón porque a contestación é moi práctica, moi sencilla, moi fácil, porque a intención dese goberno municipal, e despois coa colaboración deste, é poñer en marcha algo que en Pontevedra, na súa área de influencia, foron incapaces outros, que é precisamente poñer en marcha chan industrial que nos permita asentar empresas, que creo que é algo que licitamente debíamos todos defender e todos traballar para iso, parece que non é así, aínda que, xa digo, agradezo por parte da súa formación política, do Bloque Nacionalista Galego, se rectifique en relación a este tema, porque creo que é importante, independentemente de apreciacións que puidera haber doutra índole, e que rectifique, e pensar que hai que estar ó lado daqueles que poñen en marcha cuestións fundamentais para o progreso de Pontevedra e a súa área de influencia, porque non hai que olvidar que vostedes e o Partido Socialista en reiteradas ocasións, cando había intereses, posibilidades de que puidera haber unha empresa importante para aquí, oye, pois Barro-Meis debe ser o axeitado para instalar esa empresa, etc., etc. Falemos de Mitsubishi e tantas outras, o cal me parece ben, que tomaban Barro-Meis como exemplo, ¿non?, unha vez que hai algo así, que dalgunha maneira, desas pequenas trabas sistemáticas que se poñen no camiño, ó final aproveitan ese momento, sacan a cabeciña un pouco pero volvena a agachar outra vez, porque saben que para a cidadanía en xeral isto é prexudicial, é prexudicial porque agora mesmo non hai expectativas, porque non hai confianza tampouco de que se asenten empresas, e se a única que hai, porque estratexicamente é unha das mellores ubicadas de Galicia, polo acerto de poñela alí, pois vostedes saben que no fondo teñen que aplaudir, evidentemente, esa ubicación, o que pasa é que eu sei que é difícil para vostedes sorber e soplar ó mesmo tempo, é unha cousa complicada, é complicado sorber e soplar ó mesmo tempo, ¿verdade?, polo tanto, teñen que andar con moito coidado. Onte apareceron por aquí uns Deputados socialistas e tal, claro que non fixeron nunca nada, por certo, e claro, viñeron a falar desta cuestión, imos a ver se sacamos algún rédito electoral disto, pero falaron coa boca pequena, tivo que vir ata unha señora que é da provincia da Coruña, que nada sabe disto, téñena medio apartada no seu partido, etc., e vén aquí tamén a alarmar de que ten que haber indemnizacións millonarias, etc., etc., cando non ten ningunha idea da realidade, do impacto social, económico e da creación de emprego que ten evidentemente este polígono. Pero bueno, así lles vai, así os botaron fóra ós catro anos do goberno de Galicia, e claro, e os botarán fóra de máis sitios, porque claro andan de maneira sistemática enganando ós cidadáns porque están asentados no engano masivo, e esa é a realidade desta situación. Pero eu Sr. Mosquera me alegro de que rectifique e que se poña ó lado dos que queren contribuír a buscar solucións a este tema, que rectifique o Bloque é bo, eu xa pensei que o haberían feito, pero claro, o outro día o vin e dixen, claro, están aínda asentados na prehistoria, na idade de pedra, cando non había carreteras nin cousas parecidas, e bueno, non había evolución, pois a verdade é que non houbo evolución no Bloque Nacionalista Galego, porque volven sistematicamente, e claro, despois cando aparecen na sentenza pois que, ademais aparece alí que o avogado dos demandantes é o Sr. García Legísima, tal candidato número 6 do Bloque Nacionalista Galego, dixemos, ¡ah!, mira onde está o aparato do Bloque artellando para que isto non tal, hai que poñer trabas pero dicir que si queremos Barro, pero si podemos darlle un capotazo, pero tal, contra o Sr. Landín, pois ímoslle dar aí un bo tal. En definitiva, xa digo Sr. Mosquera, me alegro de que rectifique pero o problema é que é tarde, eu dígolle que aprendan destas cosas, que cando son cousas favorables ós intereses xerais, porque isto non era unha disputa de políticos contra políticos, esta era unha disputa de cuestións fundamentais para a sociedade de hoxe en día, que é a creación de emprego e riqueza, e nesa creación de emprego e riqueza é onde todos os partidos políticos teñen que estar unidos para sacar adiante esas cuestións. E polo tanto, esta era, precisamente, unha desas máximas, o que pasa é que vostede, xa digo, ás veces, ás veces, ¿non?, pensei que xa evolucionaran, pero non evolucionaron, seguen asentados na idade de pedra, e esa é a realidade ¿entende?. Polo tanto, sinto que o Sr. Landín non estivera hoxe, pero espero que houbera clarificado o que el máis ou menos diría, porque este é un tema que afecta ó concello de Barro, indirectamente á Deputación, pola posta en marcha do polígono, pero non é un trámite que esta casa fixera como vostedes saben. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, Sr. Presidente, mire, cando un fai unha película, e parece que segue coa mesma película da pancarta, jaleando un comportamento que aquí nunca existiu e agora volvemos ó mesmo. Mire, infórmese de todo, repítolle, parece que hai unha amnesia selectiva, ofreceuse colaboración de todo tipo, dende o concello de Pontevedra, o BNG en Barro votou a favor, agora felicita a un avogado porque 96 veciños foron a xunto del, no seu exercicio, e resulta que parece ser que é moi bo. Teña coidado con iso porque eu podo dicir con iso que o seu Asesor Xurídico de aquí, perdeu, entón, teña coidado da man de quen está. Mire, iso non é de recibo, non é de recibo, ou sexa que de rectificar nada de nada, o que ten que rectificar vostede é con quen anda e de quen se fia, non sabe, por exemplo, que hai un precedente bastante gordo que é o outro polígono en Barro, onde está a ITV, xa está tumbado por unha sentenza tamén, e aí non tivo que ver ningún avogado e ninguén que se lle pareza, foi directamente os da ITV que queren opoñerse, que non queren porque crea problemas, ¿vale?. Entón, mire, en mans de quen se pon, mire vostede en mans de quen se pon. Entón, entérese de todo, porque as batalliñas que lle contan son como a pancarta, son un auténtico desastre. Ben, agora o que non contestou é o ofrecemento que se fixo de colaboración, toda a que queira, e, Sr. Presidente, a min hai algo que me senta mal de todo, o que está dicindo, xa como grupo e persoalmente, vostede preside o IPESPO, eu estou como representante do BNG no IPESPO, ¿cando lle puxen algún problema, cando vostede sabe perfectamente que llo podía poñer?, ¿cando?. A tramitación deste polígono e os pagos, pregúntolle, ¿cando?, e sabe, que como en toda administración, houbo ocasións nas que puiden contar con máis razóns, por exemplo, pola que os seus colegas de Pontevedra levaron ó xulgado a …, e nunca o fixen, e sábeo perfectamente, entón paréceme mal, hai certas cousas de comportamento que están aí, e creo que ten que haber certo respecto, polo que fai cada quen, como nós no seu momento, este polígono rematou na Deputación porque quen era naquel momento o Conselleiro do ramo, que era Núñez Feijóo, non quixo tramitalo e nós apoiamos que o collera a Deputación, e despois ofrecéuselle que o volvera a coller a Consellería, e ofrecéuselle todo o apoio, e na xestión do IPESPO nunca se lle puxo ningún problema. Dicir agora que rectificamos ou cousas que está insinuando, francamente paréceme mal, e vostede sabe perfectamente, sabe perfectamente de que estou falando, sabe perfectamente cál é a traxectoria de cada quen e demais. É dicir, meteulle un gazapo por cabezón, porque o é, porque o é, porque aquí incluso nesta sala de Plenos cantidade de veces dicir, mira iso …., non, non, eu xa farei, eu xa fago …, o Sr. Landín, bueno, meteullo. Pois mire, teña coidado para outra vez, ás veces o fogo amigo é moito peor que o inimigo, e non dispare contra quen non ten culpa, cando o problema foi o fogo amigo, por facer as cousas mal, e repítolle, o outro polígono de Barro, onde está a ITV, alí tamén está tumbado por unha sentenza, tamén está. Entón, non me veña que parece ser que unha man escura, negra, dunha forza política, que lle estivo votando a favor e colaborando en todo o que puido, e se non se colaborou máis foi porque vostedes non quixeron esa colaboración, Sr. Louzán, sabe perfectamente cales son os feitos. Polo tanto, se quere colaboración e se lle parece ben, toda a que queira, senón pois siga e encoméndese, encoméndese ó alcalde de Barro, que os dous polígonos que tramitou, os dous están tumbados polo Xulgado. Bueno, e métase a tramitar un terceiro nas mesmas condicións se quere, que imos a facer, cada un pode tropezar dúas veces, tres ou cincuenta na mesma pedra, e aínda por riba despois votarlle a culpa de que a pedra aparece cada vez, e a culpa foi de que a puxo alguén alí, cando a pedra está alí xa hai moito tempo, iso xa é un problema que vostede pode levar como queira. En fin, por desgraza, na comarca tamén hai, na comarca tamén hai, e solta afirmacións que demostran outra vez un descoñecemento e un apriorismo. Mire, na comarca de Pontevedra hai cinco anos existían catalogados como industriais e para usos industriais uns ó redor de tres millóns de metros cadrados, ¿sabe vostede onde estaban todos?, no concello de Pontevedra, ben, non había ningún metro en ningún dos concellos de arredor, ningún, quitando se se entende a parte do porto de Marín, ningún, ¿vale?. Entón, hoxe hai algúns en tramitación e outros feitos, todos eles non suman os que hoxe existen non concello de Pontevedra, ¿que ten que haber máis?, terá que haber, terá que haber, entón non empece a soltar tinta de calamar para outros lados, se hai un problema concreto afrontémolo, ten toda a nosa colaboración e demais, e se o que lle sentou mal é que se dera a coñecer, porque parece que todo o problema de fondo é iso, creo que entre as obrigas dun Deputado desta casa, se hai algo tan transcendente como o é, tan importante como o é, algunha incidencia grave e moi preocupante sobre algo que está tramitando esta casa, home, pois, que quere que lle diga. E por último, Sr. Presidente, o día, o día, mira si se actuou con lealdade que o día que se ía a dar a coñecer a sentenza vostede sabe que pedín a sala de prensa desta casa, estou agardando a que me conteste se se pediu sala ou non, e se pide a sala de prensa desta casa para facelo, será para comentar antes, que non teño ningún problema, en dicir de que vou a falar, estou agardando a súa chamada, a súa, persoal, porque despois de moitas voltas aquí empezou a falar, non, non, é que isto non sei que, non é que queda a sala de comisións, queda a de prensa, non queda, bueno, xa te chama directamente o Presidente e demais, estou agardando, estou agardando. Mire, se se actuou con lealdade, como para andar agora con estas trapalladas de que si foi o avogado, que foron dous, foron tal, foi o da Deputación, foi non sei quen, andar con esas trapalladas ou andar con que si rectificamos e demais. E tamén me pode contestar, a ver porque aquí hai que presentar cincuenta instancias para poder nunha sala destas dar unha rolda de prensa, e cando se fixo, repito, foi porque se pensaba comentar antes que é o que se ía a falar e nos termos que se ía falar, estou agardando Sr. Presidente, estou agardando. Se ten algo que dicir, ben, se non paso a outra pregunta. Sr. Presidente.- Non, Sr. Mosquera vostede fala de tinta de calamar, e tinta de calamar é aquela que dalgunha maneira, vostede di o obxectivo, é o concello de Barro e de paso …, porque foi quen dalgunha maneira, desa aprobación dese Pleno, onde sae esta sentenza, e dixeron, vamos á Deputación tamén, porque así dalgunha maneira metemos ó concello de Barro, á Deputación e todo o demais. Sr. Mosquera, eu sei que ten remordemento de conciencia do que se puido haber feito e non se fixo, vostede fala de tres millóns de metros cadrados, vostede chega unha empresa agora aquí, e chegou por exemplo a empresa Mitsubishi, e se vostede tivera tres millóns de metros cadrados xa lle houbera ofertado vostede e non lle houberan falado do polígono de Barro-Meis. Polo tanto, ¿que me está a dicir?, ¿que me está a dicir?, teño tres millóns de metros cadrados, a ver, ¿onde están?. Cando vostedes dixeron que viña para Pontevedra Mitsubishi, Barro-Meis, ¡vamos, home!, pero non enganemos, os cidadáns son sumamente intelixentes e saben que vostedes en doce anos que levan no goberno foron incapaces de xestionar nin un só metro cadrado de solo industrial en Pontevedra, e son unha cidade de oitenta mil habitantes, que hai que pensar na xeración de emprego e riqueza para esta zona, para Pontevedra en particular. E polo tanto, hai remordemento de conciencia, vostede foi responsable de urbanismo en Pontevedra, etc., e tantas outras cousas, polo tanto, pero bueno, tamén agradecemos a súa man tendida a colaborar, pero xa lle digo. A disposición de salas ou do que sexa, o que pasa é que vostede quería, eu non o sabía, eu estaba nunha reunión coas bodegas precisamente, cando me trasladan esa inquietude. Polo tanto, tinta de calamar era, a que vostede reivindica de nós, é aquela que expande o concello de Barro, Deputación, todos xuntos tal, aínda que despois en voz baixa di, eu estou aquí para colaborar, eu sei que probablemente vostede ten ou vai a ter boa intención para colaborar, porque hai unha débeda, vostede ten unha débeda pendente da súa incapacidade, da súa nulidade para poñer en marcha solo industrial, para o cal, por certo, temos que traballar todas as Administracións e todas as organizacións políticas, de que hai que cambiar o proceder, non se pode entender que para tramitar, neste caso, para ter dispoñible para os empresarios, que poidamos tardar once anos en ter a disposición solo industrial para os empresarios, así é que moitas empresas tiveron que ir a Portugal e outros sitios por culpa, evidentemente, do ámbito propiamente político de todos, de que non se pode tardar, xa digo, na tramitación e execución once anos para ter dispoñible solo industrial, así nos vén agora que temos unha sentenza, seis anos ou cinco anos despois da aprobación dese plan, isto é algo inaudito, que pasa neste país e que todos debemos tratar de cambiar, de mudar esas formas de procedemento administrativo, hai que simplificar o ámbito administrativo para facilitar, ós creadores de emprego e de riqueza, ubicacións posibles e sobre todo cando nos colle, ademais que houbo unha etapa de bonanza, agora hai unha etapa durísima de recesión, onde claro, non hai confianza nas empresas e os empresarios non teñen confianza na situación que estamos a vivir e aí que chegamos á disposición de solo e chegamos os que o teñen en marcha, pois agora chegan tarde. ¿Por que?, por ese largo proceder, polo tanto xa digo, ¿a quen lle pode prexudicar que un solo, neste caso, de monte rústico e demais, pois os beneficiarios teñen unha indemnización de dez millóns de euros, que creo que é unha suma importantísima e creo que moi xenerosa por certo, que tamén neste caso a propia sentenza do Xurado de expropiación valorou como tal, partindo de nove que era o inicial, pasar a vinte e dous, case catro mil pesetas metro cadrado, pois creo que é unha valoración sumadamente xenerosa para tres comunidades de montes e aproximadamente setenta propietarios, ¿a quen pode prexudicar?, a quen pode prexudicar que se poñan en marcha centenares de postos de traballo aí, que se cree riqueza para eles, en definitiva, para os que están nese entorno e para os que viven na propia comarca de Pontevedra, ¿a quen pode prexudicar?. Por iso, que eu sei que hai unha voz total en relación a que hai que defender a capa e espada precisamente esta actuación, porque é a máis importante que hai na comarca de Pontevedra para a creación de solo industrial, e nese sentido eu sei que hai, pois iso, remordementos de conciencia de non haber feito nada nese ámbito, que non é fácil, porque non é fácil, porque tramitar, xa digo tarda tanto tempo, pois, pero claro vostedes, xa digo, non hai iso que me fala de tres millóns de metros cadrados, non é certo, e vostede sabe que é mentira, polo tanto non hai, non se fixo, se ó mellor fixeron outras cousas pois habería que discutilo, pero neste tema a nulidade foi toda por parte do grupo de goberno de Pontevedra. Pero xa digo, poderíamos estar aquí falando moito tempo e o importante é que o que teña que corrixir, neste caso o concello de Barro, estou convencido de que o vai a corrixir para que dalgunha maneira, porque agora xa está corrixido, porque o tempo xa puxo as cousas, que naquel entonces se demandaban mediante un papel, agora xa están practicamente corrixidas na realidade, non corrixidas senón postas a disposición dese chan industrial que agora está dispoñible para os empresarios. Polo tanto, imos a entender que isto é importante e isto é fundamental para o desenvolvemento desta comarca. Sr. Mosquera Lorenzo.- Por iso ofrecemos toda a colaboración no seu momento que non quixeron. Pero mire, a ver, Sr. Louzán, unha cousa é que haxa solo industrial en Pontevedra e outra cousa é que non haxa ou haxa pouco libre, pero catalogado como industrial hai, iso non o imos a discutir, porque é algo obxectivo e non hai nada que discutir. Unha advertencia, ó concello de Barro paréceme que gústalle moito a proposta de ir por un proxecto sectorial, despois de dicir que non pasaba nada, agora parece que lle vai por esa idea, unha advertencia; ós tribunais lle vai a corno queimado, á xustiza, que se fagan trampas para evitar as sentenzas, para evitar o cumprimento de sentenzas cando neste caso é moi fácil, dígoo porque como non tivemos ningunha chamada nin se falou, pois teño que dicilo aquí, parece que quere ir por esa vía, ou sexa botarlle o can á Xunta para que faga o proxecto sectorial e imos a ver, non é así ou tal, é unha vía, pero digo ollo, ollo, xa sabemos que é bastante irracional o funcionamento do urbanismo e a xustiza, xa o sabemos, pero están ata o gorro e actúan, o malo é que actúan e os tribunais rematan sempre a facelo cumprir, de que algo, porque despois é legalizable, e collen e din se no momento no que se fixo non era, non me faga trampas agora, por dicir agora que é legalizable, iso valía ata hai quince anos hoxe non vale. Entón o digo como advertencia de que se busque unha vía pola comodidade, ala, que a Xunta, un proxecto sectorial, igual é unha vía, igual o é, pero eu asesoraríame por medios xudiciais claramente, a ver que demonio pode pasar, e senón pode saír un rebote por aí. Se quere sentámonos e falámolo con quen haxa que falalo, senón, pois fágano vostedes. A vez pasada o fixo o Sr. Landín, como lle deu a gana, en contra de todo e do informe da Xunta, en contra do informe da Xunta, ou sexa un señor que fai as cousas en contra do informe da Xunta agora anda buscando por aí conspiracións, vaia, vaia. Bueno, e vou coa última, despois desta discusión, empecei cunha cousa máis lixeira e remato cunha máis lixeira, mire Sr. Louzán, no pasado Pleno dixo que ía a falar co Sr. Agustín Hernández porque andaba facendo unhas andanzas moi pouco respectuosas co concello de Pontevedra, oiga, parece que fixo efecto, agradézollo, dende logo, dende a última non veu por aí a entrar de ocupa nunha casa de cultura sen pedir permiso, que se lle daría ¡eh!, nin veu a falar de proxectos que afectan ó concello de Pontevedra sen comunicalo e demais, parece que fixo efecto, agradézolle a xestión e agardemos que sirva para o futuro, moitas grazas. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera, en relación á súa dispoñibilidade de colaboración, atendendo tamén a ese comentario, que a min tamén me parece razoable, en relación ó tema anterior de diversas propostas que se comentaron por aí, ¿non?, bueno, pois neses temas si é certo que se hai boa vontade ó final se chega, boa vontade de todos me refiro, se pode chegar a bo porto. Polo tanto, eu espero que os técnicos desta casa, que están apoiando na medida do posible, administrativos, xurídicos, ó concello de Barro, por carecer tamén de medios nese ámbito, incluso técnicos externos, acerten tamén na proposta que deben levar adiante neste ámbito e por iso, xa digo, que agradecemos ademais esa proposta de opinións en relación a cal debe ser o camiño. Pero xa digo, o camiño máis real é o existente na actualidade, que todo aquilo que se pedía que se documentase para que o día que estivera o polígono en marcha estivese feito hoxe, podemos dicir que xa é unha, practicamente unha realidade. En relación á visita do Sr. Hernández, creo, que é sen dúbida dos mellores xestores que ten o actual goberno de Galicia e polo tanto sabe ben como debe proceder e como debe actuar neste sentido, igual que co concello de Pontevedra, que por certo, creo que hai en marcha un proxecto de saneamento do seu departamento para con Pontevedra, vai a seguir nesa liña de colaboración para con esta provincia e en particular coa cidade de Pontevedra porque a coñece ben, coñece cales son as súas demandas e tamén as súas necesidades. Polo tanto, agradezo as preguntas do Sr. Mosquera e a súa dispoñibilidade de colaboración, e agora lle dou a palabra tamén ó Sr. Pauliño del Río, que seguramente ten cousas importantes que trasladar de novo no día de hoxe. Sr. Del Río Iglesias.- Ben, gracias Sr. Presidente. Vamos ver, en principio quería facerlle unha pregunta para que vostede a rectifique ou a ratifique, vostede iniciou unha campaña de agrupamento do Partido Popular. Sr. Presidente.- ¿De agrupamento?. Sr. Del Río Iglesias.- Si, si, de agrupamento de distintas candidaturas da provincia de Pontevedra, e no concello de Tomiño fixo vostede primeiro un acordo con Alternativa de Tomiño e despois outro con Centristas … Sr. Presidente.- Está perfectamente enterado vostede. Sr. Del Río Iglesias.- Moitas gracias Sr. Presidente. Sr. Presidente.- Así me gusta. Sr. Del Río Iglesias.- O curioso é que Centristas de Tomiño ó aceptar a proposta feita por vostede manifesta que a proposta avalada polo Presidente Provincial do Partido Popular, Rafael Louzán, inclúe ademais unha serie de compromisos de xestión, de inversións, para o caso de resultar vencedores nas eleccións de maio, do 22 de maio. Gustaríame saber se vostede evidentemente se dedica a usar os recursos e os medios desta casa con uso partidista e patrimonial, porque os veciños de Tomiño, independentemente de quen goberne despois do 22 de maio, supoño que terán os mesmos dereitos ó saneamento, o chan industrial ou as infraestruturas necesarias para o municipio, ¿verdade?, independentemente de quen estea no goberno. Entón, usar a Deputación para este tipo de chalaneos parécenos grave, e por iso lle pregunto se vostede rectifica ou ratifica estas palabras que os Centristas de Tomiño manifestan á hora de integrarse na candidatura do Partido Popular en Tomiño. Sr. Presidente.- Bueno, pois entramos na parte política, ¿non?, parece que non deixa de ser menos interesante, pero vexo que está moi ben enterado, vexo que molestou que o Partido Popular agrupara, temos capacidade importante, aínda que poida haber algún caso tamén, que vostede mencionou antes, pero aínda así temos moita capacidade e vostede pode dar boa fe diso, e fomos quen de incorporar na lista do Partido Popular a un partido que gobernou con vostedes, fíxese, iso chámase capacidade de diálogo e de entendemento, e resulta que, aínda o ensinaba esta mañá, esta mañá me deron outras cousas, hoxe me deron, aínda que eu non vou por aí queixándome como vai a veces o Partido Socialista, queixándose, “non, é que …”. Nestes intres escoitase falar varias persoas pero non se percibe o que din. Sr. Presidente.- Por favor estou no uso da palabra, eu estoume referindo ó que hai por aí nos medios de hoxe. Despois terán vostedes tempo a falar, home, claro, pero teñen tempo a falar que aquí non se lle impide a nadie utilizar a voz, polo tanto, Dona Isaura. Entón digo, que utilizan ás veces “ó que ameazaron, non sei que”, ameazaron, insultaron, sen embargo, sempre os agredidos de maneira directa ó final son compañeiros do Partido Popular, e vostede supoño que se refire a un papelillo que distribúen por alí así como este, que me deron alí o outro día e pon, ¿canto pagou Louzán por comprar ó CDT?, algo así, entón, pon aquí, os compañeiros do partido que gobernou con vostede, os pon aquí nunha foto e tal, e despois poñen aquí un billete, non sei se son vostedes, non sei, eu non podo dicir nada de quen foi, pero eu sei que hai alguén que se molestou, entón, tamén segue nesta mesma liña de molestarse, pero é que incluso van máis alá, porque en Tomiño hai que ver como se las gastan, porque esta mañá, tamén lle ensinaba aí a uns compañeiros as pintadas que lle fixeron a un compañeiro, que agora vai na lista do Partido Popular, que gobernou con vostedes, pero é como aquilo de que ou comigo ou contra min, me dá a min a impresión, aínda que eu teño que dalgunha maneira reprobar que se fagan ese tipo de cuestións, porque lle pintaron o baixo, lle pintaron a portada da casa e lle pintaron absolutamente todo, entón eu creo que esas preguntas que vostede fai non teñen moito sentido, que na lóxica de que cada un no seu programa electoral, pois proporá, pois o Partido Popular, Bloque Nacionalista Galego, Partido Socialista, o que estime conveniente, e eu que teño que defender que Tomiño teña o que realmente se merece, en xustiza, na medida que nós poidamos axudar, como contribuímos ata o de agora. Polo tanto, xa digo, non sei concretamente a que se refire nese ámbito, porque o Partido Popular é quen de chegar a entendementos, a acordos con moita xente, a pesar de que ás veces se poida dicir que nós non, nós chegamos a acordos antes de, para ensinar as credenciais antes de, non como outros que despois se acaban unindo, despois de, despois de que os cidadáns votaran, nós chegamos a acordos antes, por iso estamos lexitimados para gobernar porque ensinamos as credenciais antes de e non despois de, non despois de, esa é unha cuestión moi importante que o Partido Popular fai, e que creo que acertadamente, para que os cidadáns saiban a quen teñen que votar. Polo tanto, no caso que me comenta, non teño, a min me plantexaron as cuestións que Tomiño pode necesitar e me parecen xustas, outra cousa é a posibilidade de quen teña a responsabilidade de goberno, ver que esas cosas xustas poidan ser levadas a cabo, os tempos non son bos para iso e haberá que analizala no seu momento e iso é todo o que lle podo dicir. Sr. Del Río Iglesias.- Ben, entendo, polo tanto, que vostede parece ser que nega aquí que nese pacto haxa unha serie de investimentos en saneamentos, solo industrial ou infraestruturas para o caso de que se gañe. Dende logo, dende aquí gustaríanos que esas necesidades que vostedes miran necesarias para Tomiño se fixeran públicas e que se comprometeran a facelas independentemente da cor política, porque iso se chama xestión, ¿correcto?, o resto pois mire é o famoso maletín, o famoso maletín, si ó mellor hai deses e ó mellor non hai deses, e en todo caso calquera … Supoño que non votará vostede ó BNG ou a este Deputado. Sr. Presidente.- Non Sr. Del Río Iglesias.- ¡Ah!, ¡ah!, entón o dixo por dicir … Sr. Presidente.- Nada máis lexos. Sr. Del Río Iglesias.- O dixo por dicir, por falar, imos falar de algo, ben. Polo tanto, en fin, Sr. Louzán, esa é a súa forma de actuar e está aquí, non o di o BNG o di Centristas de Tomiño, ¿verdade?, polo tanto, queda ben claro cal é a súa forma de utilización desta casa. Por outro lado, gustaríame saber, aquí se aprobou unha moción, no tema da ponte de Mañufe, recórdollo, unha ponte de máis de mil anos, para que se desbrozara, se limpara, se atendera, e cando menos se impedira o tránsito de vehículos pesados, independentemente, doutras medidas que haberá que por de acordo a distintas administracións, dáme a impresión que non se fixo nada diso, e gustaríame dende aquí reiterarlle ese rogo, estamos falando dun patrimonio importantísimo e gustaríame, Sr. Louzán, que o tomara en conta. Sr. Presidente.- Non, non, lle podo contestar xa a iso. Sr. Del Río Iglesias.- Pois adiante. Sr. Presidente.- Xa aquel día díxenlle que a incorporaríamos a eses danos que se produciron, está incorporado aí, e para que vexa que estou enterado, estamos pendentes dunha autorización de Patrimonio para poder actuar aí, que eu non o sabía cando se comentou aquí, que era unha ponte que tiña elementos a conservar. Polo tanto, a información última que teño é que están precisamente pendentes de poder actuar por un tema de Patrimonio, que xa tivo algún problema no seu día, e polo tanto iso é o que eu sei, xa digo, si realmente nos comprometemos, como aquí habíamos adquirido o compromiso para actuar e para proceder así o imos a facer, estea tranquilo e seguro que se vai a facer como tal. Sr. Del Río Iglesias.- Ben, espero que o faga, canto antes mellor, e supoño que desbrozar e poñer uns sinais limitativos de tonelaxe non necesitan o permiso de patrimonio e xa o deberían de facer. E por último, simplemente dicirlle se cando nos acusou de facer ruído, cando na aprobación da moción anterior, referido á miña lectura de prensa, ¿non estaría vostede equiparando o ruído á prensa?. Sr. Presidente.- Ruído, non sei de que ruído me fala. Non facía ruído, me refiro, eran bastante ruidosos, eran poucos pero ruidosos. Contestado entón o tema. Creo que me preguntaba o Sr. Martínez Giráldez en relación a un tema, a unha actuación en Covelo-Barciademera, ¿non?, creo que era vostede o que me preguntaba, ¿non?. Sr. Martínez Giráldez.- Bos días Sr. Presidente. A verdade é que non lle preguntei nada, pero bueno, un funcionario pola mañá me dixo que me ían a dar vostedes a información, pero entendía que era unha información que tiña solicitado por escrito e que ma ían a entregar, entón, bueno, se quere contarma encantado. Sr. Presidente.- Aclaremos ben, vostede me preguntou por iso. Sr. Martínez Giráldez.- Non, eu solicitei por escrito o día seis de abril o acceso a unha documentación en relación a unhas obras que a Deputación estaba levando a cabo na estrada provincial 5106 Covelo-Barciademera. Si me dá a información pois … Sr. Presidente.- Non, a información xa lle vai no papel, pero supoño que vostede non está en contra de que se faga esa actuación, quero entender, ¿non?. Sr. Martínez Giráldez.- Preguntaba simplemente que tipo de obra, no papel que presentei. Sr. Presidente.- Aí xa lle pon que é unha brigada propia da Deputación, con medios do propio Parque de Maquinaria, que é unha actuación, se vostede coñece o lugar, sitio, pois sabe que é imprescindible, e que non se empezou antes porque, aínda agora, pois houbo alí un pequeno inconveniente que ó final se resolveu, pero creo que era unha cuestión moi, moi demandada, polo tanto, aí a información, se quere máis información eu lla daría tamén para iso. Sr. Martínez Giráldez.- Si, mire, xa que estou vendo que a contestación que vostedes me dan, eu tamén si que pido, é copia do proxecto da obra, e bueno, aquí realmente non me dá copia do proxecto, si que me gustaría que me deran copia dese proxecto. Sr. Presidente.- Moi ben, señor … Sr. Martínez Giráldez.- Mire, por favor, que tampouco tiña pensado xa falar, pero bueno, antes creo que dixo unha afirmación, ou deixou entrever, que un profesional como é un avogado, o cal está contratado por unhas persoas, non tiña que defender a esas persoas, me parece moi grave o que vostede insinuou na súa afirmación. Sr Presidente.- Eu non dixen iso. Sr. Martínez Giráldez.- Si Sr. Louzán, me parece moi grave o que vostede insinuou. Un profesional eu creo que se debe ó seu traballo e debe defender ás persoas que está representando por encima dos intereses do partido ou o que sexa, creo que debería retirar a afirmación que fixo antes, polo ben de todos os profesionais, tanto os da prensa, avogados, calquera profesional que haxa, revise a gravación por favor. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Martínez Giráldez, pero non teño, como me dicía o Sr. Mosquera antes, non teño nada que revisar, porque teño moi boa memoria, el dicía, non teño nada que rectificar, e eu lle digo exactamente o mesmo, porque na copia da sentenza figura ese señor, nada máis, eu dixen que figura ese señor na copia da sentenza, como avogado dos demandantes nese caso. Polo tanto, está aí, se quere unha copia da sentenza lla dou e a revisa e a ve, e ve quen é, evidentemente, o avogado do demandante, está aí, non é alguén que eu dixera, “non, é que contactaron con el”, non, entón non está vostede ben informado, polo tanto, xa digo, no meu caso estou perfectamente informado e documentado, non hai nada máis. Sr. Martínez Giráldez.- Eu estou perfectamente informado, que aparece ese señor como avogado, el ten que cumprir coa súa obrigación como avogado. Sr. Presidente.- Nadie di o contrario, ¿quen dixo o contrario?. Sr. Martínez Giráldez.- Non, non, vostede deixou entrever que como, que tiñan que prevalecer outros intereses en vez de defender os intereses dos afectados, que se estaba representando, ou iso é o que entendín, e iso é o que está na gravación, por iso lle digo revise a gravación, e despois retire o que dixo. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Martínez Giráldez, pero non vale a pena discutir máis sobre o tema porque vostede di ben, non sei se foi o que entendín, vostede non entende ben, se lee os documentos, dáse a coincidencia que nese documento de sentenza figura ese señor, que ademais é o mesmo que figura no Boletín Oficial da Provincia, na lista número seis, do Bloque Nacionalista Galego, nada máis, son dous documentos, un e outro nada máis, un e outro, non hai nada máis e iso é o realmente relevante. Sr. Olmedo. Sr. Olmedo Granja.- Si, bos días Sr. Presidente. Eu quería preguntarlle pola sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que fai referencia á anulación do planeamento no concello de Oia, de decembro de 2009, xa que entra dentro do ámbito competencial desta casa o axudar ós concellos pequenos a dotar dos servizos básicos. A sentenza consiste na anulación de dúas licenzas no casco urbano, por carecer de auga municipal, e parafraseándoo a vostede, que fixo unha referencia anterior a que as decisións en política non só teñen que ser acertadas senón oportunas, vostede e eu estábamos hai once anos na presentación, por parte do Sr. Fraga Iribarne, do proxecto de rehabilitación do Mosteiro de Oia por parte da Fundación Barrié de la Maza, e despois de aquilo todos pensamos que este ía a ser unha realidade, a recuperación de patrimonio histórico vinculada á xeración de riqueza e emprego nunha zona que ademais o necesita, pasaron once anos e o concello de Oia segue sen auga municipal no núcleo urbano, como lle reitero hai unha sentenza que anula a concesión de licenzas por esta causa, e ademais hai unha obra que é o carril-bici, Baiona-A Guarda, que en principio tería que vincularse á execución do abastecemento de auga ata Oia, a min non me consta que o Alcalde de Oia, o Pleno da Corporación ou a Xunta de Goberno, solicitase á Consellería de Medio Ambiente a execución desa obra, aprobación da execución, das condicións técnico-xurídico-administrativas do proxecto, e polo tanto, entendo que estamos perdendo unha grande oportunidade de aforrar moitos cartos, cumprindo o principio de eficacia da administración, de aproveitar o carril-bici para traer a mangueira que abastece de auga ó concello de Oia dende o concello de A Guarda, que ademais xa ten un segundo depósito feito polo Bipartito con idea de captar a auga do concello de Tui e levala hacia Oia. Eu quería preguntarlle se o Presidente da Deputación é consciente desta situación, e, se ten pensado dalgunha maneira influír positivamente para que aproveitando as obras do carril-bici se leve definitivamente a auga do concello de A Guarda ata o concello de Oia, moitas gracias Sr. Presidente. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Olmedo. Bueno, se nalgún caso coñecedor dalgunha destas circunstancias, por suposto son cuestións de actualidade, de certa maneira Oia ten un problema importante en relación a captación e subministro de auga, que estamos traballando en coordinación coa persoa que fixen antes mención que é o Conselleiro de Medio Ambiente, Infraestruturas e Territorio da Xunta de Galicia, para resolver ese problema, sei que o Alcalde está moi preocupado polo mesmo, e na medida do posible intentaremos entre todos dar unha solución. Eu non sei agora mesmo, non é unha, evidentemente non se trata de escorrer a responsabilidade, porque temos que implicarnos todos, e nese ámbito pois intentaremos, na medida do posible, nun tempo prudencial, pois dar unha solución, pero xa se leva traballando, hai dúas, neste momento, propostas, hai dúas solucións posibles e espero que se poidan concretar á maior brevidade posible, porque niso se está traballando, e xa digo é un dos temas que por parte tamén do goberno de Galicia, se lle queira dar tamén solución, eu é todo o que lle podo dicir, non teño moito máis, son coñecedor, xa digo, en boa parte dos problemas que pasan na provincia pero tamén nese concello en particular, ¿non?. Sr. Olmedo Granja.- Dígolle, se mo permite, porque despois da visita do ano 2000, vostede, estaba presente o Sr. Fraga Iribarne, era Director de Turismo Aurelio Miras Portugal no Parlamento de Galicia, o Grupo Parlamentario Socialista presentou varias iniciativas, concretamente na Comisión de Infraestruturas e na de Turismo, despois tamén tomou o relevo María Antonia Vilaxoán, me parece que era a responsable, e o compromiso do Partido Popular fai dez anos era, efectivamente, que estaban de acordo con estas propostas, dun convenio Xunta de Galicia-concello de Oia para dotar o núcleo urbano de auga municipal e saneamento, que é o que é o meollo da sentenza da paralización do planeamento. Polo tanto, eu reitero e parafraseos a vostedes, dez anos para solucionar un problema de auga, de abastecemento de auga municipal dun concello, me parece excesivo, polo tanto, eu rogaríalle que aproveiten a conxuntura do carril-bici, que é o que realmente encarece esa obra, non é a tubería nin o material, senón é a zanxa, son dez quilómetros, creo que se cumpriría co principio de eficacia. Polo tanto, pediríalle que o Presidente da Deputación se puxese un pouquiño ó fronte desta cuestión e que impulsase este proxecto para adiante. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias, dalgunha maneira recollo esa inquietude, pero as dúas solucións propostas que se está traballando nelas, non sei se agora mesmo contemplan utilizar parte do carril-bici, creo que non, porque se pretende dar servizo precisamente dende outras dúas zonas, ¿non?, pero bueno, queda aí tamén, que me parece ben, que ademais cando se fan unhas infraestruturas desas características se poidan utilizar para xa colocar outro tipo de servizos, o cal tamén trasladarei en certa maneira esa inquietude, que vin en varias ocasións, agora, a execución da mesma, que se está facendo agora mesmo, polo tanto, me parece unha cuestión razoable tamén, ¿non?. Sra. Abelairas. Sra. Abelairas Rodríguez.- Moitas gracias Sr. Presidente. Bo día. A ver, espero que a miña, que non é unha pregunta é unha solicitude, un rogo, que non teña unha hora de debate, verá como nos poñemos todos de acordo. Solicito que o Pleno desta Deputación mostre o absoluto rechazo ás ameazas recibidas por Rebeca Costas, candidata socialista de Covelo, e ó mesmo tempo solicito a reprobación das actitudes machistas en torno ás candidatas mulleres de toda a provincia de Pontevedra. Sr. Presidente.- Sen ningún problema, pero sen ningún problema non só iso, espero que tamén dentro desa mesma tal, pois isto, é máis, unha copia que lle podía traer agora dos candidatos do Partido Popular, dos cales non só verbalmente, como puido ser ese caso que vostede ben di, senón que este non lle quedará máis remedio que pintar ou despintar, máis ben diría, pois, o que lle pintaron e o que lle fixeron na súa casa, etc., etc. Polo tanto, hai que reprobar dalgunha maneira calquera tipo de actitude nese sentido que poida haber, non só do Partido Socialista senón do Partido Popular, que eu tamén teño probas evidentes, e se quere llas dou agora, que creo que lle din ós compañeiros esta mañá, e creo que todos temos que dalgunha maneira facelo mesmo, ¿non?, non pode ser neste caso do Partido Socialista que se poida sentir aludido, que eu podo entendelo, senón que tamén o Partido Popular non só se sinte aludido senón que o demostra con feitos, moi ben. Fala a Sra. Abelairas sen o micrófono aberto, facendo referencia á segunda parte do seu rogo, en referencia á reprobación das actitudes machistas en torno ás candidatas mulleres de toda a provincia de Pontevedra. Sr. Presidente.- Moi ben, pois sen ningún problema, e ademais me parece o máis razoable. Sr. Otero Besada. Sr. Otero Besada.- Si, gracias Presidente. É unha pregunta moi corta e moi directa, pero como vexo que vostede as intervencións cortas e directas non lle gustan moito, pois vouna alargar un pouco, voulle a empezar a falar de Vigo. Vigo, vostede sabe que é unha gran cidade, é a primeira cidade de Galicia, é unha cidade industrial, ten un aeroporto, ten unha universidade, ten o mar de Vigo, que cantou Martín Codax, ten un equipo de fútbol en segunda división, que posiblemente ascenda este ano, ten un goberno socialista onde está participando moi activamente a compañeira Isaura, ten moitas praias, ten a praia América, ten a praia de Samil e chegando á praia de Samil, que é onde me quero concretar, a ver se vostede se ubica, na praia de Samil hai un Salón de Bailes, un Salón de Festas que lle chaman Río Mar, por certo está en fronte ás pistas de tenis. Nesta sala Río Mar de Vigo, pois por exemplo, o sábado día 2, actuou Kalú, o día 3 … Sr. Presidente.- ¿Actuou que?. Sr. Otero Besada.- Actuou Kalú, ó mellor non lle sona, isto é publicidade da Deputación, o día 3 actuou Suavecito, o día 9 actuou Ismael, o día 10 Los Huracanes, o día 16 Arena, o día 17 Miramar, o día 23 Ciudad Cristal, o día 24 Las Chicas de Oro, o día 30, pasado mañá M3, e o domingo día 1 Nevada. Todo isto supoño que custará unha porrada de cartos, e, cando a Deputación non recibe a algúns alcaldes nestas épocas, podería nomearlle uns cantos que teñen necesidades importantes, que se poderían cubrir con estes cartos, pois vostedes están gastando os cartos nestas chorradiñas, en Chicas de Oro e Suavecito e cousas desas. A miña pregunta é moi concreta, dígame, cando poida, ¿canta xente asistiu a estes bailes e cantos cartos lle custou a esta casa?, porque se podían dedicar sen dúbida a cousas bastante mellores. Nada máis moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Otero. A verdade é que é un programa variado, un programa moi variado, non sei, averiguaremos toda esa información e se podo pasarei eu tamén para poder comprobar a asistencia e a afluencia, bueno pois averiguarei ben ese dato e esa información. Moi ben, Sr. Muradas. Sr. Muradas Ramos.- Desexarlle sorte ó compañeiro na información que acaba de pedir. Yo en esta casa ya me rindo, ya me rindo, después de año y medio preguntando por esa libertad presupuestaria que usted tiene, que es el equivalente al presupuesto del ayuntamiento de Marín y que se niega a informar sistemáticamente en que está gastando esos 14 millones, agotar toda la parte política después de año y medio, yo creo que fue una exhibición de paciencia importante, con abandono del Pleno como modo de protesta, tampoco surtió efectos, pasamos a la parte administrativa que tampoco, y eso ya me preocupa más, tuvo los efectos oportunos, quiero decir que este es el máximo órgano de representación de esta casa y que un tercio de sus diputados directamente le pidió a un funcionario el informe, de acuerdo como está establecido en el ROF, y a día de hoy tampoco hemos recibido respuesta, quiero decir que agotada la vía política, agotada la vía administrativa, al grupo socialista no le queda más remedio, lamentablemente, que recurrir a otras instancias, porque entendemos que este escándalo es de tal magnitud que no podemos dejarlo aparcado, lo siento profundamente, siempre a lo largo de mi vida política me opuse a judicializar la vida política, pero en ese caso, insisto, me produce tal indignación el hermetismo de esta casa, el blindaje de esta casa, el control de las instituciones de esta casa, que no nos queda más remedio. Nada más. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Muradas. Bueno, eu xa lle reiterei en varias ocasións que toda a información, porque esta casa é transparente, a ten na páxina de información da Deputación, en relación a como vai o Plan de Investimentos, en relación a ese Plan de Investimentos hai esas actuacións, que estará moito pendente para un próximo mandato, imaxínese que se son vostedes ós que lle toca administrar, iso vaille a quedar para poder xestionar, me dá a impresión de que posibilidades, como me dicía algún amigo meu, son cero, pero posibilidades son cero, as posibilidades son cero, pero independentemente diso eu lle digo o que se fará cando se faga, porque xa digo, hai actuacións que todavía non se comprometeron nin se farán, polo tanto, a marxe que vai a quedar é moi ampla, por iso pode estar tranquilo, que non se lle vai a facer un mal uso de cuestións que non se deben facer, senón todo o contrario, e que o que dalgunha maneira nós procedemos, e facemos neste sentido os alcaldes, que ó final pois son aquelas actuacións e incluso outras actuacións que derivan de actuacións en estradas provinciais, que temos que meter por aí, porque entendemos que a necesidade de poder sacalas adiante … ¡ah!, si … Sr. Muradas Ramos.- Que me preocupa mucho que insista en non contestar, me preocupa, me preocupa que no conteste. Sr. Presidente.- Cando queira nos sentamos vostede máis eu, repasamos e vostede pode comprobar comigo. Sr. Muradas Ramos.- Pero si usted y el Sr. Interventor, que tiene al lado, lo que tienen que hacer es dar cumplimiento al ROF, nada más, no me cuente eso. No, ahí hay algo que me huele a podrido, si, me huele a podrido, hombre, además es que se contradice, o sea, me está diciendo que de esa partida prácticamente no hay nada gastado, y es para correrlo a gorrazos, porque esa partida, ese plan se creó para invertir y generar empleo y resulta que usted me está diciendo aquí ahora que no gastó casi nada, está tomándole el pelo a todo el mundo, sí está tomándole el pelo a todo el mundo, Sr. Louzán, contésteme, contésteme a lo que le pregunto, y el Sr. Interventor igual, y ya nos veremos en otro sitio, aquí la línea está, en esta casa está agotado el tema, está agotado, está agotado el tema. Sr. Presidente.- Sr. Muradas vamos a ver, ese plan … Sr. Muradas Ramos.- ¿Cómo se puede negar a explicar públicamente en que se gasta usted dos mil millones de pesetas? ¿Pero cómo se niega sistemáticamente?. Sr. Presidente.- Pero como se va a explicar Sr. Muradas. Sr. Muradas Ramos.- ¿Cómo se niega sistemáticamente?. Pero si hay testigos aquí, todos los medios de comunicación. ¿Qué está diciendo?. Sr. Presidente.- Tranquilícese por favor. Sr. Muradas Ramos.- Usted es tonto o nos quiere hacer tontos a los demás, es tonto o nos quiere hacer tontos, no hay otra explicación, es que no hay otra explicación. Sr. Presidente.- Sr. Muradas, de gastar podemos darlle leccións, do que fixeron vostedes, de gastar, de gastar, do Secretario Xeral do Partido Socialista mentres era responsable de Medio Ambiente do seu partido. Entón, ten que predicar co exemplo, sexa moderado, sexa moderado, el non só daba sen ningún tipo de transparencia senón que adxudicaba polo procedemento de emerxencia, como unha depuradora que adxudicou en Cangas, creo que foi, e aínda a día de hoxe, aínda non se fixo, e iso que era para emerxencias, e eran case dous millóns de euros. Polo tanto, estea tranquilo que todo se vai a facer baixo tal e vostede se senta comigo, co Interventor, e revisa toda a información, e o Plan está en marcha, o Plan de Investimentos está en marcha, está todo en marcha Sr. Muradas. Sr. Muradas Ramos.- Esa partida, yo afirmo públicamente que hay chanchullo, que huele a podre, que huele a podre, que usted se niegue y que controle que los funcionarios de esta casa cumplan con su obligación, el tema debe de ser gordo. Sr. Presidente.- Pode estar moi, moi, moi, moi, moi tranquilo nese sentido. Sr. Muradas Ramos.- Tranquilo estoy, estoy indignado que en la democracia se puedan dar estas situaciones en una Diputación. Sr. Presidente.- Usted estese tranquilo por eso. Sr. Muradas Ramos.- Estoy tranquilo, estoy indignado pero tranquilo estoy, no se si usted lo estará. Sr. Presidente.- Nos sentaremos a abordar este tema con tempo. Sr. Muradas Ramos.- Contésteme, yo no me quiero sentar con usted, usted contésteme. Sr. Presidente.- Pero vén alí e ve os documentos todos home. Sr. Muradas Ramos.- No hombre no, usted deme una relación y en que obras lo gastó, nada más, para eso no hace falta sentarse. Sr. Presidente.- Bueno, moitísimas gracias, moi bos días e levántase a sesión, gracias. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as trece horas e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe.

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Pleno (Tema)

Área de control da descrición