Fondos
2011-01-28_Ordinaria. Acta de sesión 2011/01/28_Ordinaria
Acta de sesión 2011/01/28_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.43.827/3.2011-01-28_Ordinaria
Título Acta de sesión 2011/01/28_Ordinaria
Data(s) 2011-01-28 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión. 44 follas
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A C T A Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 28 de xaneiro de 2011 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e quince minutos do día vinte e oito de xaneiro do ano dous mil once, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, Dona Francisca Canal Gómez, D. Carlos Comesaña Abalde, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Pauliño Damián Del Río Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. José Amador Eiras Paz, D. Jesús María Fernández Portela, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Emilio González Iglesias, D. Juan A. González Pérez, D. Salvador González Solla, D. Rafael Lores Rosal, D. Gabriel Martínez Giráldez, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. José Antonio Olmedo Granja, D. Juan Luciano Otero Besada, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. Severino Reguera Varela, D. Daniel Rodas Chapela, D. Perfecto Rodríguez Muíños, D. José Enrique Sotelo Villar e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Non asiste o Deputado Provincial D. Francisco Xabier Alonso Pérez. Da fé do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Vamos a dar comezo á sesión ordinaria do Pleno da corporación provincial co primeiro asunto. 1.6035.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Aprobación do borrador da acta da anterior sesión, extraordinaria, do día 30 de decembro de 2010. Que non habendo ningún comentario, apróbase, ningunha alegación. Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, extraordinaria, do día 30 de decembro de 2010. 2.6036.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DA MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS DO MORRAZO A FAVOR DO ORAL PARA EXERCER AS FACULTADES DE XESTIÓN, INSPECCIÓN, LIQUIDACIÓN E RECADACIÓN DA TAXA POR RECOLLIDA DE LIXO E RECADACIÓN EN VÍA EXECUTIVA DOS INGRESOS DE DEREITO PÚBLICO QUE SE ATOPEN PENDENTES DE COBRO NA TESOURERÍA DA MANCOMUNIDADE Sr. Presidente.- O segundo é: Delegación de competencias da Mancomunidade de Concellos do Morrazo a favor do ORAL para exercer as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación da taxa por recollida de lixo e recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que se atopen pendentes de cobro na tesourería da mancomunidade. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. A Xunta de Goberno da Mancomunidade de Concellos do Morrazo integrada polos concellos de Bueu, Cangas e Moaña, na sesión celebrada o día 18 de novembro de 2010 acordou a delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación da taxa por recollida de lixo e a recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que se atopen pendentes de cobro na Tesourería da Mancomunidade. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 22 de decembro de 2010 acordou aceptar a delegación efectuada pola Xunta de Goberno da Mancomunidade de Concellos do Morrazo para exercer as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación da taxa por recollida de lixo e a recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que se atopen pendentes de cobro na Tesourería da Mancomunidade. Considerando o previsto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e tendo así mesmo en conta que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1. Aceptar a delegación que en materia de recursos locais realizou a Mancomunidade de Concellos do Morrazo, por acordo da Xunta de Goberno de data 18 de novembro de 2010, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación da taxa por recollida de lixo e a recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que se atopen pendentes de cobro na Tesourería da Mancomunidade. 2. Esta delegación da Mancomunidade de Concellos do Morrazo, integrada polos concellos de Bueu, Cangas e Moaña, será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) e sométese ás condicións establecidas nas bases para prestación do servizo aprobadas polo Pleno desta Deputación en sesión de data 20 de xullo de 1992, á Ordenanza Reguladora da taxa por prestación de servizos polo ORAL aprobada polo Pleno desta Deputación en sesión de data 22 de decembro de 2009 e publicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 81 de data 30 de abril de 2010 e ós Estatutos do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) publicados no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra en data 26 de agosto de 2004. 3. Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente para que formalice o correspondente convenio coa Mancomunidade de Concellos do Morrazo así coma os demais documentos que procedan. 4. A delegación efectuada pola Xunta de Goberno da Mancomunidade de Concellos do Morrazo, para exercer as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación da taxa por recollida de lixo e a recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que se atopen pendentes de cobro na Tesourería da Mancomunidade, publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 3.6037.- RECTIFICACIÓN DO INVENTARIO XERAL DE BENS E DEREITOS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA CON EFECTOS DO 31 DE DECEMBRO DE 2010 Sr. Presidente.- Punto número 3. Rectificación do Inventario xeral de bens e dereitos da Deputación provincial de Pontevedra con efectos do 31 de decembro de 2010. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra na sesión ordinaria que tivo lugar o día 4 de febreiro de 2009 acordou aprobar a rectificación do Inventario xeral de bens e dereitos da Deputación de Pontevedra con efectos 31 de decembro de 2007 por un importe global de 57.740.698,14 euros. O Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais establece no seu artigo 33 que a rectificación do inventario de bens das entidades locais debe verificarse anualmente e nel reflectiranse as vicisitudes de toda índole sufridas polo conxunto de bens e dereitos. Co fin de dar cumprimento ó disposto no citado Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, elaborouse a preceptiva relación de variacións producidas no inventario durante os anos 2008, 2009 e 2010, cuxo detalle é o seguinte: EPÍGRA-FE BENS VALOR ALTAS VALOR BAIXAS 1 Inmobles 947.384,18 € 3 Mobles de carácter histórico, artístico ou de considerable valor económico 24.200,00 € 4 Valores mobiliarios, créditos e dereitos de carácter persoal da Corporación 466.001,82 € 5 Vehículos 628.292,37 € 164.686,57 € 6 Semovientes 19.200,00 € 7 Mobles non comprendidos nos anteriores enunciados 1.142.486,36 € 69.749,38 € TOTAL……………………………… 3.227.564,72 € 234.435,95 € O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSdeG-PSOE e coas abstencións do BNG: • Aprobar o expediente de rectificación do Inventario xeral de bens da Deputación Provincial de Pontevedra durante o período comprendido entre o día 1 de xaneiro de 2008 ata o 31 de decembro de 2010, cunha variación de altas producidas en dito período valorada en 3.227.564,72 euros, unhas baixas cifradas en 234.435,95 euros, e cun valor do Inventario a data 31 de decembro de 2010, por un importe global de 60.733.826,91 euros, de acordo co seguinte detalle: 4.6038.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR SOBRE A MODIFICACIÓN DE TARIFAS E CONDICIÓNS DOS BONOS MULTIVIAXE NO CORREDOR FERROVIARIO VIGO-A CORUÑA Sr. Presidente.- Punto número 4. Moción do Grupo Provincial do Partido Popular sobre a modificación de tarifas e condicións dos bonos multiviaxe no corredor ferroviario Vigo-A Coruña. D. José Crespo ten a palabra. Sr. Crespo Iglesias.- Bos días a todos. Ben, o que pretendemos con esta moción, é que, dende distintos foros vénse incidindo na importancia de fomentar o uso do transporte colectivo como alternativa ó vehículo privado de cara a conseguir un tipo de mobilidade máis sostible, basicamente por todo o derivado no tema de coidar o medio ambiente, e o propio goberno da nación aprobou a estratexia española da mobilidade sostible, na que se recollen, basicamente, unhas directrices que deben seguir todos os axentes implicados na mobilidade para o necesario cambio de modelo, e de todas as directrices, faise especial mención na de incentivar o transporte público, e solucionar as conxestións nas carreteras, e mellorando a seguridade vial, e emitir menos contaminantes á atmosfera. De acordo con todos eses criterios, o ferrocarril, sen dúbida, é a mellor opción, xa que o tren, está claro que é o medio de transporte con menos ratio de emisión de CO2 por pasaxeiro, é sen dúbida o que menos degrada a paisaxe e é o máis seguro, pero na práctica, a realidade é que se producen distorsións e incluso contradicións coas propias indicacións, e a desmedida subida de prezos, neste caso que imos tratar aquí, en torno a un 20%, recollida nas novas tarifas, aplicadas ó corredor do ferrocarril atlántico Vigo-A Coruña, dende o pasado 20 de xullo, e a substitución dos bonos comercializados ata esa data, por outro menos vantaxoso, supón un claro prexuízo cara os usuarios, e un lastre para o Fomento do uso deste transporte. Para xustificar esta decisión, Renfe, alegou que os antigos trens rexionais, que foron substituídos por un modelo máis avanzado, o chamado R599, e di que tomou como base para calcular o prezo dos billetes e dos bonos a tarifa aplicada a media distancia en detrimento da rexional que se viña empregando ata esta data, e sen embargo os horarios, e as frecuencias, e os tempos de viaxe, seguen a ser practicamente os mesmos, e aínda máis, non parece moi lóxico que se obrigue a pagar máis ós usuarios por un idéntico servizo, e que non se tivera en conta, pois, nin a redución do número de kilómetros, que iso si é certo, no trazado ferroviario trala entrada en funcionamento dos novos tramos do Ave atlántico. E por outra banda, enténdese que é a obriga de Renfe, como concesionario dun servizo público, de manter e modernizar os trens para garantir o servizo, que o servizo sexa prestado en óptimas condicións, e en ningún caso se debería repercutir no prezo dos billetes. No caso das novas tarxetas, 10 e 40 que teñen unha validez limitada ó mes natural, e habería que indicar que non responden ó servizo demandado pola maioría dos viaxeiros, porque os antigos bonos permitían un número ilimitado de viaxes no prazo dun mes, mentres que o bono 40 só permite facer 40 viaxes, en consecuencia, resultan insuficientes para aqueles usuarios que utilizan o tren para ir ó traballo en meses de máis de 20 días laborais, ou para quen traballan tamén os sábados. Por todas estas razóns, o que propoñemos dende o Grupo Popular, ó Pleno desta Deputación, é un acordo de instar ó Goberno a manter a tarifa nacional, a tarifa rexional, perdón, aplicada ata o 20 de xullo de 2010, como base para calcular os prezos dos billetes e dos abonos multiviaxe no corredor ferroviario Vigo-A Coruña, e dar cabida nos novos bonos multiviaxe á antiga fórmula dos bonos mensuais, que permitían un número ilimitado de viaxes durante o prazo dese mes, basicamente isto é o que pedimos nesta moción. Sr. Presidente.- Moitas gracias. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Ben, grazas Sr. Presidente, bos días a todos e a todas. Antes de nada, destacar ou poñer en evidencia esa deriva nacionalista do Sr. Crespo, cando traduce rexional por nacional, cousa que, pois tecnicamente, é … Renfe chámalle así, pero politicamente está ben que se lle chame nacional. Pero bueno, con respecto ó fondo da cuestión, en certo modo, pois hai algunhas imprecisións na moción, e tamén é certo que chega relativamente tarde, non é certo que a subida sexa do 20%, acumulando as subidas en certos casos pode chegar ó 73, o cal é unha auténtica barbaridade, e disfrazada coas, bueno co cambio de trens, ou con modificación e tarxetas ou coas subidas periódicas, o certo é que hai que ir quitando, parece que quitando a, vamos, certa administración, sobre todo local, as demais entidades, incluso administracións, pois aproveitando a época de crise, ou ben soben disparatadamente todas esas, os custes dos servizos, véxanse eléctricas, véxase calquera outro tipo de tarifa, ou véxase o IVE, ou, ben, autorízanos como é neste caso. Ben, dixen antes que chegaba un pouquiño tarde, pero nunca é tarde se a dicha é boa, porque xa despois de moitas voltas, pois isto está presentado o 26 de novembro no Congreso dos Deputados, por Francisco Xesús Jorquera Caselas, e creo que incluso é bastante máis preciso, realmente non foi o Goberno quen é o que subiu as tarifas, foi Renfe, evidentemente coa autorización do Goberno, polo tanto algo terá que dicir o Goberno, pero tal e como o ten redactado quizás, non sexa o máis preciso. Pero bueno, de todas maneiras, o que si está claro é que é un servizo público, pois transcendente por moitos motivos, que algúns xa se dixeron aquí, outra máis, pois resulta que ten unha suba disparatada e absolutamente desorbitada na época de crise na que estamos, e todos os esforzos son bos para poñer de manifesto isto, e para protestar por este feito. Polo tanto nos en consonancia, está presentado xa no Congreso, o noso Grupo político, e polo cuestionamento que fomos tendo con respecto a esta suba dos prezos, vamos a votar a favor. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Dona Isaura Abelairas. Sra. Abelairas Rodríguez.- Ben, bo día a todos. A ver, costa traballo falar agora mesmo desta moción, presentada polo Grupo do Partido Popular, porque unha liña que están pedindo, que se baixe o billete, é deficitar entre outras cousas, porque eles deixaron de subvencionala, a ver, ser Presidente da Xunta de Galicia, neste caso unha Comunidade Autónoma importante, ou ser Conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, que considero que é un cargo moi importante, supón algo máis que poñer debaixo da tarxeta, Presidente ou Conselleiro, supón tomar decisións e supón gobernar. O Partido Popular aproveita esta moción para ocultar o abandono que ten en canto a mobilidade, en Galicia, somos, entre outras competencias, Fomento, quero lembrarlle, que o Conselleiro Hernández anunciou no Parlamento o día … de novembro do 2010, que retiraba a subvención que se ía, deixaba de subvencionar ese transporte deficitario, a través dun convenio que estaba firmado dende o ano 1995, e eu creo que un conselleiro serio e un Presidente serio, antes de abandonar un convenio que viña subvencionando a forma de transporte, debería sentarse a reflexionar e buscar unha alternativa. E voulles ler textualmente, o que di o Sr. Hernández, o que dixo no seu momento: Deixará de subvencionar as liñas deficitarias de Renfe que operan na nosa comunidade, pero garantirá a mobilidade de todos os galegos con independencia do seu lugar de residencia. Non quero pensar que se o transporte o subvenciona a Xunta de Galicia, os galegos son importantes, entón non queremos que poñan cartos eles, pero se o subvenciona o Estado, os galegos son menos importantes pero os cartos seguen saíndo do mesmo bolsillo. Trátase do único goberno autonómico que non quere facer ningunha achega ó transporte ferroviario, argumentando que son deficitarias, pois se son deficitarias haberá que facer un estudo e ver como se pode solucionar o problema. Creo que se de verdade queren arranxar o problema, se de verdade lles interesan os viaxeiros, se de verdade lles interesa, se se preocupan vostedes pola mobilidade dos galegos, séntense, fagan un estudo, fagan unha proposta ó Ministerio de Fomento, incluso se poden facer cargo das competencias, como ten feito Cataluña. De todas formas anunciarlle que nos imos a abster. Sr. Presidente.- Moitas gracias Dona Isaura. Don José Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Ben, en primeiro lugar agradecer o voto favorable do BNG, que di que imos tarde, pero eu creo que vale máis tarde que nunca, e o que non cabe dúbida é que a nosa intención, e creo que queda claro na moción, é que non cabe dúbida, que cando se actualizan as cousas, todo sube, porque a enerxía eléctrica sube, os arranxos das vías custaron cartos, a amortización das mesmas etc., … se ti queres poñer os prezos da amortización, obviamente non quedaría máis remedio que subilo, pero se ti queres potenciar o uso do transporte público non che queda máis remedio que poñerlle algún incentivo e que mellor incentivo que poñer un prezo competitivo, e un prezo que sexa apetecible para o que o utilice, eu creo que se o que queremos é potenciar os transportes colectivos, precisamente para fomentar que haxa menos contaminación ambiental, para fomentar todo tipo de melloras que produce, todo tipo de melloras que pode producir, que o utilicemos, non cabe dúbida que é a ferramenta máis adecuada, entre outras cousas sería neste momento de crisis ademais, porque ademais axudarían a paliar as maltreitas economías familiares, sen dúbida sería unha ferramenta moi ben aplaudida por todos, por deixar conxelar os prezos e manter os prezos que había antes. Creo que o aplaudiríamos todos, e tampouco sería unha carga excesiva para, neste caso, os propietarios do tren. Polo tanto, eu creo que podería ser perfectamente asumible, ou pode ser perfectamente asumible, e encima sería o momento de facer algo definitivo, ou polo menos importante, pola utilización do transporte público. E con respecto ó PSOE, dicirlle a Isaura, que eu creo que non se pode botarlle a culpa sempre ós demais, neste caso ó Conselleiro, eu creo que cada un ten a súa responsabilidade, e cada pau debe aguantar a súa vela, e a responsabilidade é do ADIF e de Renfe, tena quen a ten, e non a ten precisamente o Conselleiro de Medio Ambiente, eu creo que non se pode, a responsabilidade que agora mesmo ten, o que é ou o que a ten é o Partido Socialista, é o Goberno da nación que lle toca rexer ese partido, e creo que se alguén ten que sentarse para poder chegar a algún tipo de acordo, é precisamente o Adif, terá que sentarse coa Xunta de Galicia, e se quere algún convenio terá que ser dende o Adif á Xunta de Galicia, ó revés, pois bueno, eu creo que por parte da Consellería non haberá ningún inconvinte en sentarse, pero cando alguén que é o que está explotando esa liña, neste caso a liña Vigo–A Coruña, é o que ten a responsabilidade, é o que ten, quen lle toca chamar á porta é precisamente a eles, polo tanto eu non creo que o Conselleiro salga, escape da súa responsabilidade, pero creo que ten que ser o Adif, neste caso, quen mova a ficha. Polo tanto, Isaura, cada pau debe de aguantar a súa vela, e neste caso, pois o goberno ten que aguantar a súa. Creo que é o momento, pola situación económica que estamos a vivir, de que o transporte público teña melloras para maltreitas economías familiares e despois por riba a maiores de coidar o medio ambiente e neste momento, pois viríalles ben ós usuarios dese corredor Vigo-A Coruña. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Crespo. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, vamos a ver. Dúas precisións. Dende logo, que se en Galicia o corredor Vigo–A Coruña é tan tremendamente deficitario, non digamos como será o resto, ou sexa que case mellor, ou unha de dúas, ou metemos nas arcas dos fondos públicos o manter o tren ou haberá que pechalo, ¿non?. Obviamente a situación non é así, cando se fala en liña deficitaria estase falando doutras, pero en todo caso e a parte dos vaivéns que poida ter o posible convenio ou non convenios, ou axudas ou non axudas, o que está claro é que hai un feito que, nunha época tremenda para as economías familiares ou das persoas, meterlle unha suba deste calibre, non parece ser o momento oportuno, independentemente, xa digo, de vaivéns, se cadra hai que replantexarse toda a política de mobilidade, é posible, de feito estase replantexando, se están quitando ás veces estacións, que o único que facía é molestar ó 99,9%, a cambio dun hipotético 0,1%, etc., pero, precisamente a liña Santiago-Coruña senón a damos mantido, non a dá mantido nunha situación máis ou menos equilibrada, entón o resto das liñas, pois non digamos, e obviamente con esta política tarifaria, xa digo, nesta época, pois mal. E con respecto ó das subvencións ou non subvencións de cada quen, este non é o momento de discutilo, pero é bastante disparatado, porque polo mesmo, mañá chegamos ó transporte metropolitano de autobús, pois en Galicia alguén se queixa que é moi caro, entón pedímoslle ó Estado que o subvencione, obviamente iso nunca pasa, pídese ós concellos, sempre se vai cara abaixo, o Estado pídelle á Comunidade Autónoma, e a Comunidade Autónoma ós concellos, etc. Mire, as cousas hai que ter certa racionalidade e demais, non é o momento de facer un plantexamento, repito, de toda a mobilidade en Galicia, nin do eixe atlántico nin tan sequera, pero o que si parece claro que unha suba deste calibre, que xa digo, para algún tipo, que en principio só se está falando dos usuarios que usan o tren de maneira intensiva, ou dos bonos, non estamos falando dos billetes nin nada diso, está falando só dos bonos, ou sexa, xente que está usando dunha maneira continua o tren. Nalgúns casos, repito, chega a suba, só o cambio de rexional a media distancia, supuxo o 20%, pero outra serie de alteracións nas tarifas, nesa condición nalgún caso chega ó 73%. No caso, na época na que estamos, cando menos demostra unha falta de sensibilidade, e paréceme que vén un pouquiño, igual, as razóns, que tampouco son exactamente as que se dixeron aquí, son outras, ou sexa, e se hai déficit, xa o había antes, obviamente, ou habería máis, en época de crise, leña ó usuario, recorte no fondo das condicións de vida, do poder adquisitivo, e isto segue tendo carácter de servizo público ou debería telo, e non cremos que sexa o momento pare tales subidas. Moitas grazas. Sr. Presidente.- Dona Isaura Abelairas. Sra. Abelairas Rodríguez.- A ver, foi o Conselleiro quen dixo, que garantizará a mobilidade de todos os galegos con independencia do seu lugar de residencia, e repito que me parece, ou nos parece unha irresponsabilidade deixar de subvencionar unha liña ferroviaria ou dúas sen ter absolutamente ningunha outra alternativa, traspasan vostedes o problema, nós non lle damos a subvención que viñamos tendo dende o ano 1995, pasámoslla ó goberno central, e que o goberno central subvencione esas liñas que para nós son deficitarias, son deficitarias para todos, se de verdade lles interesaba a mobilidade dos galegos, fagan o que fixo Cataluña, pidan as competencias, séntense, discútano, reestruturen, ¿quen mellor coñece a comunidade autónoma que o Presidente da Comunidade Autónoma, neste caso o Conselleiro?. Fagan vostedes unha proposta, non trasladen o problema, e o que están demostrando vostedes é que lles importa absolutamente nada, simplemente nós ímonos aforrar os 4,6 millóns, que por certo, era a metade do que estaban pagando de subvención, ímolos a meter e non sei que, podemos incluso aproveitar para o que sexa, e que iso que o faga o Estado. Oiga, mire, sexamos serios, se de verdade o conselleiro quere cumprir co que di, que garantizará a mobilidade de todos os galegos, e vamos a fomentar a ecoloxía, o transporte colectivo, o coidado do medio ambiente, etc., sentémonos, e fagan unha reestruturación, fagan unha proposta, non simplemente digan, “nós non subvencionamos isto, que o subvencione o Estado”. Sr. Presidente.- Moitas gracias Dona Isaura. Ten a palabra D. José Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Cesáreo, probablemente no que digas con respecto ós outros sitios por onde circula o tren, ás outras liñas, teñas razón, non digo que non, é un tema que habería que estudar dun xeito global, pero é agora mesmo neste tramo onde hai máis reclamacións. Isaura, a diferenza entre nós e os cataláns, é que a agresividade que hai do Goberno da nación ó goberno da Xunta é manifesta, é manifesta, perdoa, é manifesta. Sen embargo, o goberno do Estado ó goberno catalán o único que fai é facer de lambe fístulas, por non dicirlles doutras partes, lambe fístulas, é un lambe fístulas do goberno catalán, entón claro, como lle anda lambendo as fístulas constantemente, pois, é probable, que nalgunha lambedura desas lle lambera o transporte ferroviario. Polo tanto, a diferenza é que o goberno catalán se pode sentar co goberno da nación noutras condicións que non o pode facer o goberno galego, porque a austeridade é manifesta en todo, chámese no tema dos medicamentos, chámese en calquera outra parcela. Polo tanto, o conselleiro catalán teno tremendamente fácil sentarse co goberno da nación, o conselleiro galego non o ten tan fácil, e vostede sábeo, e senón o quere recoñecer, pois, é porque non lle dá a gana de recoñecelo, polo tanto, a situación é razoablemente distinta, e vostede sabe que é así, por desgraza para os galegos. Polo tanto, eu creo que isto está claro, está suficientemente, e pola nosa parte, pois, eu lamento que o PSOE non dixo cal era a súa intención de voto, o Bloque dixo que ía a votar a favor, ¡ah!, que se abstén, vale, pois moi ben … Sr. Presidente.- Participa, non quere saber nada … Sr. Crespo Iglesias.- … perfecto. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Bueno, moitas gracias D. José Crespo. É cuestión de vontade política, vamos a defender, evidentemente, algo que nos parece razoable, e por iso vamos a proceder á votación deste punto, que entendemos importante para as persoas que utilizan este tipo de bonos multiviaxe no corredor ferroviario Vigo–A Coruña. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Partido Socialista ¿A favor?.Partido Popular e Bloque Nacionalista Galego. De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Infraestruturas e Servizos Xerais, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do BNG e coas abstencións do PSdeG-PSOE, aprobar a moción do grupo provincial do Partido Popular sobre a modificación de tarifas e condicións dos bonos multiviaxe no corredor ferroviario Vigo–A Coruña. Dita Moción é como segue: “O grupo provincial do Partido Popular (PP) na Deputación de Pontevedra, ó abeiro da lexislación vixente, presenta diante do Pleno da Corporación Provincial esta moción relativa á modificación de tarifas e condicións dos bonos multiviaxe no corredor ferroviario Vigo-A Coruña. Exposición de motivos. 1.- Dende distintos foros vénse incidindo na importancia de fomentar o uso do transporte colectivo como alternativa ó vehículo privado de cara a conseguir un tipo de mobilidade máis eficiente e sostible. O propio Goberno da Nación aprobou a Estratexia Española de Mobilidade Sostible na que se recollen as directrices fundamentais que deben seguir todos os axentes implicados na mobilidade para o necesario cambio de modelo. De todas as directrices, faise especial énfase na necesidade de incentivar o transporte público para solucionar a conxestión nas estradas, mellorar a seguridade vial e reducir as emisións contaminantes. 2.- Atendendo ós anteditos criterios, o ferrocarril é, sen dúbida, a mellor opción pois o tren é o medio de transporte cunha ratio de emisións de CO2 por pasaxeiro máis baixo, o que menos degrada a paisaxe e o máis seguro. Na práctica, sen embargo, prodúcense distorsións e incluso contradicións coas propias indicacións do Goberno. 3.- A desmedida subida de prezos de case un 20%, recollida nas novas tarifas aplicadas no corredor de ferrocarril atlántico Vigo-A Coruña dende o pasado 20 de xullo, e a substitución dos bonos comercializados ata esa data por outros menos vantaxosos, supoñen un claro prexuízo para os usuarios e un lastre para o fomento do tren como medio de transporte. Ante a disconformidade coa inxustiza que supoñen estes cambios, os colectivos de usuarios habituais da liña mobilizáronse na búsqueda do apoio cidadán para reverter esta situación e conseguiron máis de 2.300 sinaturas de apoio. 4.- Para xustificar esta decisión, Renfe alega que os antigos trens rexionais foron substituídos por un modelo máis avanzado -o chamado R-599- e di que tomou como base, para calcular o prezo do billete e dos bonos, a tarifa aplicada a media distancia en detrimento da rexional, que se viña empregando ata a antedita data. 5.- Sen embargo, os horarios, as frecuencias e os tempos de viaxe seguen a ser practicamente os mesmos. E aínda máis: non parece lóxico que se obrigue a pagar máis ós usuarios por un idéntico servizo nin que non se tivera en conta a redución do número de kilómetros no trazado ferroviario trala entrada en funcionamento dos novos tramos do AVE Atlántico. Doutra banda, enténdese que é obriga de Renfe, como concesionaria dun servizo público, manter e modernizar os trens para garantir que o servizo sexa prestado en óptimas condicións e, en ningún caso, se debe repercutir ese custe no prezo dos billetes. 6.- En canto ás novas tarxetas 10 e 40, que teñen unha validez limitada ó mes natural, cabe indicar que non responden ó servizo demandado pola maioría dos viaxeiros. Os antigos bonos permitían un número ilimitado de viaxes no prazo dun mes, mentres que o bono 40 só permite facer 40 viaxes. En consecuencia, resultan insuficientes para quen utilizan o tren para ir ó traballo en meses de máis de 20 días laborables ou para quen traballan tamén os sábados. Polas anteditas razóns, o Grupo Provincial do Partido Popular (PP) somete á consideración do Pleno da Deputación esta moción para que se adopte o seguinte acordo: - A Deputación de Pontevedra insta ó Goberno da Nación a manter a tarifa rexional aplicada ata o pasado 20 de xullo de 2010 como base para calcular os prezos dos billetes e os abonos multiviaxe no corredor ferroviario Vigo-A Coruña e a dar cabida nos novos Bonos Multiviaxe á antiga fórmula dos bonos mensuais que permitían un número ilimitado de viaxes nese prazo.” 5.6039.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PSdeG-PSOE SOBRE A MELLORA DUN TRAMO DA ESTRADA EP-2102 VINCIOS-NIGRÁN (NIGRÁN) Sr. Presidente.- Punto número 5. Moción do Grupo provincial do PSdeG-PSOE sobre a mellora dun tramo da estrada EP-2102 Vincios-Nigrán (Nigrán). Ten a palabra D. Juan Antonio González Pérez. Sr. González Pérez.- Bueno, bos días. A moción que traemos hoxe, insta a dar os pasos necesarios para mellorar o trazado desta estrada provincial, 2102 Vincios-Nigrán, nun tramo, no tramo de Pracíns, na parroquia de Chandebrito. Estamos a falar dunha estrada provincial que une os municipios de Nigrán e Gondomar, e pola súa parte interior unha estrada, como moitas outras, da rede provincial, chea de curvas e cunha importante carencia de seguridade viaria. A Deputación provincial xa ten un proxecto, un proxecto para anchear e reducir o número de curvas, pero de toda a estrada, dende Vincios a Nigrán, e cun custe económico realmente moi elevado, polo tanto consideramos que neste momento pouco realizable. A petición que hoxe traemos ó Pleno, é para actuar sobre un tramo concreto da mesma, o tramo entre comiñas, porque estamos nunha zona rural, o tramo máis urbano que é nesta parroquia de Chandebrito, neste barrio de Pracíns, que ademais é unha petición moi demandada ante esta casa, e tamén ante o concello polas diferentes entidades veciñais da parroquia. Dende o Partido Socialista comprendemos que para iniciar este proceso é necesario facer un novo proxecto, un proxecto que se dirixa simplemente a esta zona de actuación, un proxecto valorado, concreto para este ámbito, e a partir de aí, pois, dar eses pasos necesarios para chegar á súa realización final, a través, pois co pertinente convenio entre concello e Deputación provincial de Pontevedra. Polo tanto, dunha maneira moi simple e sencilla dar os pasos, repito, necesarios, para a mellora do trazado da estrada provincial 2102 Vincios-Nigrán, no tramo de Pracíns, na parroquia de Chandebrito, Nigrán. Gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Ten a palabra D. José Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Ben, o outro día nas Comisións Informativas xa quedou claro máis ou menos como estaba o asunto, e o que acordamos un pouco, quero pensar por unanimidade dos tres grupos políticos, é que vista a proposta que formulaba o deputado do Partido Socialista, pois visto o caso que el acaba de describir, que dende a Deputación provincial, a través dos técnicos nosos, que se elaborara un anteproxecto, relativo ó arranxo do tramo a Estrada- Vincios (Nigrán), pero o tramo en concreto que discorre polo barrio de Pracíns, en Chandebrito, que, valorando así mesmo o seu custe económico, a partires de aí, unha vez que tivéramos ese anteproxecto feito, que o concello de Nigrán debería chegar a un acordo cos veciños, á fin de obter os terreos necesarios, como así o afirmaba o Deputado, que non habería problema, en principio os veciños estaban dispostos a cedelos. Polo tanto, ese acordo correspóndelle ó concello, a chegar ó acordo cos veciños referidos, e unha vez obtidos os terreos cedidos, pois, nun futuro, firmar o convenio de colaboración estándar, que hai entre esta casa e mailo propio concello, para executar as devanditas obras. Polo tanto, as fases serían as seguintes: o primeiro, elaborar ese estudo e anteproxecto relativo a ese tramo, non a toda a estrada, senón a ese tramo, a partires de aí, unha vez sabido o que custa e as condicións do mesmo, que o concello puidera chegar a un acordo cos veciños sobre a cesión dos terreos, e a partires de aí o seguinte paso xa sería a firma do convenio entre a Deputación e o concello para a execución dese trazado, dese proxecto. Un pouquiño o que habíamos acordado, ¿non?, pois ben. Sr. Presidente.- Pois se iso foi, dalgunha maneira, o consenso, eu creo que estamos diante dunha boa oportunidade de levar a cabo esa primeira actuación, como ben dixo neste caso o poñente, en relación a esta estrada hai un proxecto xa importante cun custe económico que gastou a Deputación para elaborar ese proxecto, para toda a actuación de toda a estrada, fíxose unha primeira actuación, e agora preténdese facer unha segunda, que sería esta, que se está consensuando, previo estudo este que se vai a facer agora, e esperemos que dalgunha maneira nos permita, pois adelantalo e facelo coa máxima urxencia. Polo tanto, ese é o noso compromiso e así quedamos. ¿De acordo?. ¿Algunha intervención máis?. Senón hai, entón, se aproba nos termos que acaban de facer tanto o poñente, como quen dalgunha maneira fixo, trasladou o sentir responsable de Vías e obras da Deputación. ¿Unanimidade entón?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Infraestruturas e Servizos Xerais, o Pleno acorda por unanimidade, aprobar a moción do grupo provincial do PSdeG-PSOE sobre a mellora dun tramo da estrada EP-2102 Vincios-Nigrán (Nigrán). Dita Moción é como segue: “O Grupo Provincial Socialista, presenta, diante do Pleno da Corporación Provincial esta Moción, en base a seguinte Exposición de motivos A Asociación Veciñal e Cultural “Chandebrito 1807” do Concello de Nigrán ten remitido diversos comunicados á Deputación Provincial de Pontevedra dende maio de 2010 nos que expón unha serie de melloras levadas a cabo no ano 2008 na estrada provincial 2102 “Nigrán-Vincios” pero que non dan unha solución definitiva a un grave problema de comunicación da parroquia de Chandebrito co resto do municipio de Nigrán. Dita entidade veciñal e o Concello de Nigrán solicitan unha mellora da estrada ensanchando dito vial e así substituír curvas perigosas no mesmo así como substituír a maltreita barreira metálica da estrada ou reparar as cunetas no barrio de Pracíns. O 1 de xuño de 2010 o Director de Infraestruturas D. Manuel González Juanatey, resposta indicando que o proxecto de ampliación do vial ten un notable custo económico pero que poderían iniciarse tramos concretos sempre que os terreos estiveran á disposición. A Asociación Veciñal volta a comunicarse coa Deputación Provincial indicando que os terreos marcados no plano adxunto están á disposición da Deputación de Pontevedra no tramo do Barrio de Pracíns (Chandebrito), un dos tramos máis urbanos, de dito vial EP-2102 Vincios-Nigrán. Por todo elo o Grupo Provincial Socialista solicita ó Pleno da Corporación da Deputación Provincial de Pontevedra a adopción do seguinte acordo: A Deputación Provincial de Pontevedra, a través dos técnicos provinciais, elaborará un anteproxecto relativo ó arranxo do tramo da estrada Vincios-Nigrán que discorre polo Barrio de Pracíns, Chandebrito, valorando así mesmo o seu custe económico. A partir de aí o concello de Nigrán deberá chegar a un acordo cos veciños co fin de obter os terreos necesarios e posteriormente, nun futuro, procederase á firma dun Convenio entre a Deputación provincial de Pontevedra e o Concello para executar as devanditas obras.” 6.6040.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Punto número 6. Comunicacións. Sr. Secretario.- En primer lugar, los extractos de las resoluciones presidenciales dictadas entre el 27 de diciembre y el 25 de enero. Y luego, asimismo, otra resolución presidencial de fecha 27 de enero, en la que se declaran de emergencia determinadas obras, con motivo de las riadas durante la primera semana del mes de enero. Sr. Presidente.- Aí quixera facer unha salvidade, en relación a iso, e para a aprobación tamén de todos, que se inclúa o estudo e sobre todo a realización urxente dunha actuación que se vai, probablemente pechar ó tráfico pesado, que é na estrada 2304 Mañufe-Borreiros, á proposta, neste caso, de Pauliño del Río, en relación a esta moción, que se acaba de aprobar, ademais de urxencia, no concello de Gondomar e que se inclúa esta actuación tamén, porque aquí vese perfectamente nas fotos o deterioro que está sufrindo unha ponte romana, sobre a cal se colocou unha plataforma e que agora mesmo debido tamén, de maneria especial, aínda que xa tiña un desgaste importante, ás últimas riadas, é que se inclúa tamén esta actuación, como digo, da ponte de Mañufe en Gondomar. Entón, se hai unanimidade de todos os grupos, apróbase esta moción e se incorpora a esta relación de danos que xa sabía Pauliño …, bueno, fóra da orde do día, e decídese incorporar despois a isto … Sr. Secretario.- Si, si. Sr. Presidente.- Si, D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. Con respecto ás comunicacións, ben, dásenos conta aquí das actuacións de emerxencia que se ordenaron por parte desta casa, con esta nova que se incorpora agora, e cos gastos extraordinarios que puideron facer as brigadas de obra, ben directamente, ben mediante subministros menores e demais, debemos de andar rondando os 5 millóns de euros, no que viña a aprobar eran 4.235.000, se contamos gastos extraordinarios e demais, e co cal pois facendo unha moi elemental dedución, pois os danos reais, pois, facilmente andarán nos 15 ou 20 millóns … Sr. Presidente.- Hai unha parte que están facendo e seguen facendo aínda as brigadas provinciais … Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, pero un pavimento que quedou bastante deteriorado, como non se arranxa agora, é un dano, que senón se arranxa agora, arránxase dentro de 6 meses, e que vai a haber que pagar, cando senón igual aguantaba 3 anos. Empece a sumar cousas desas, e vamos a ver, o muro que non caeu agora, pero quedou moi abaneado, vamos a ver se, que teña unha duración de anos, igual de pasar a ter unha desgraza, pero bueno, non estamos con iso. Eu digo, que con este volume de gastos, que, obviamente, na provincia, pois, sumando todo o dos concellos e Deputación e demais son moi elevados, se se considerou a posibilidade de pedir á administracións superiores, sexa Xunta ou Estado, pois, algún tipo de axudas, dado que ás administracións locais que tivemos que votar man, neste caso a Deputación, destes problemas, pois, incluso de recortar incluso doutras cousas, e isto en principio vamos a ver como vén o resto do ano, pero como se lle ocorra meter, outra choiva que caiga sobre esta, probablemente isto se multiplique, porque os pavimentos, por exemplo que poden durar 12 anos, unha choiva destas cando lle cae ben, pois, igual a deixan 5 anos ou cousas así, isto vai a ser un gasto tremendo, digo, se se contemplou por parte do goberno a posibilidade de pedir axudas a outras administracións superiores para que colaboren na porcentaxe que fose con estas, vamos, a reparar, nestes gastos extraordinarios que se derivaron das chuvias. Sr. Presidente.- A min paréceme razoable, ademais da proposta, eu tiven conversas co Conselleiro da Presidencia, Conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia en relación a este tema, que tamén eles, evidentemente, teñen, sobre todo, incluso na nosa provincia, e se lle vai a remitir, de feito xa se remitiu un previo informe para que, ver as posibilidades de que nos poidan dar unha achega mediante un convenio de colaboración, a situación é a que todos saben. Polo tanto, vamos a actuar na prioridade das emerxencias e bueno, a ver se alguén pode colaborar dende esa óptica, ben do goberno da Xunta, ou ben do goberno central, a situación todos sabemos cal é, a min tamén me gusta ser consecuente coa realidade, e bueno, agora, eu creo que algo que nos poidan axudar, pois neste sentido, ben vido sexa. Pero non queda en saco roto ese tema, de que tamén ó mesmo tempo se reitere unha petición para eles, para que pidamos dalgunha maneira, por escrito, que agora se lle manda, ademais con datos programados para que nos poidan axudar. ¿Algunha cuestión máis? Queda enterado o Pleno das seguintes: A) De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas pola Presidencia entre os días 27 de decembro de 2010 e 25 de xaneiro de 2011, e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. B) De Resolución Presidencial de data 27 de xaneiro de 2011, declarando a tramitación de emerxencia de obras necesarias para solventar situacións de perigo nas vías provinciais, debido a condicións meteorolóxicas adversas na provincia. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia, adoptáronse os seguintes acordos: 7.6041.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO BNG EN RELACIÓN CO ESTADO DA PONTE DE MAÑUFE NO CONCELLO DE GONDOMAR Sr. Presidente.- Fóra da orde do día, hai a primeira moción de urxencia que é esta, como dixéramos, da Ponte de Mañufe. Polo tanto aprobamos a urxencia e aprobamos a súa inclusión dentro desta actuación previa, coa unanimidade dos tres grupos. O Pleno acorda por unanimidade aprobar a Moción do grupo provincial do BNG en relación co estado da Ponte de Mañufe no concello de Gondomar. Dita Moción é como segue: “Pauliño del Río Iglesias, na súa condición de Deputado Provincial membro do grupo provincial do BNG, por medio do presente propón ao Pleno para o seu debate e aprobación se procede, a seguinte MOCIÓN DE URXENCIA. S.O.S. PONTE DE MAÑUFE. Non é a primeira vez que o BNG presenta nesta Deputación Provincial suxestións, peticións ou denuncias, a respecto da crítica situación na que se encontra a vella ponte románica (probablemente de orixe romana) de Mañufe, en Gondomar. Unha ponte con preto de 1000 anos de antigüidade que, malia ao maltrato recibido nos últimos corenta anos, que mesmo poderíamos calificar de intentos por facela desaparecer, conseguiu manterse en pé. O lamentábel estado dun dos elementos patrimoniais de máis valor histórico que ten o concello de Gondomar, di moi pouco a favor dos representantes públicos que ao longo dos últimos anos pasamos por esta Corporación, cómpre lembrar que se trata dunha ponte que soporta o paso da E.P. nº 2304, Mañufe-Borreiros, propiedade desta Deputación Provincial. A favor do BNG teño que dicir que xunto a esta iniciativa que hoxe traemos ao pleno, houbo outras que lle precederon nos anos 2002 e 2004, a última acompañada dun informe técnico e historiográfico que, desgrazadamente non tiveron éxito. Pois ben, as últimas enchentes puxeron de manifesto o perigo real de derrube que a ponte ten, un dos tallamares xa cedeu sendo derrubado pola forza da auga. Se a isto lle engadimos a maleza e o lixo alí amoreados ou a existencia doutras fendas na base da ponte, pódese dicir que por primeira vez na súa historia o futuro da Ponte de Mañufe corre un perigo real de desaparecer, e mentres os vehículos de todo tipo, especialmente os de grande tonelaxe, seguen a pasar por riba súa danándoa irreversiblemente. O BNG coida que chegou o momento de iniciar a recuperación deste importante elemento patrimonial no que a Deputación ten que tomar a iniciativa poñendo os recursos necesarios para facelo, entre outras razóns porque é da súa propiedade. Por todo isto propónselle ao Pleno a aprobación das seguintes iniciativas. 1ª.- Proceder á realización urxente dos estudos técnicos, históricos, etc., que sexan necesarios sobre a situación actual da Ponte de Mañufe, co obxecto de definir as actuacións a levar a cabo. 2ª.- Como medidas iniciais proceder á limpeza da contorna da ponte, eliminando a maleza que impide o paso da auga e retirando aqueles elementos que a están agredindo, así como regulando o tránsito rodado que pasa por riba da mesma. 3ª.- Realizar con urxencia as intervencións que sexan necesarias para a consolidación da ponte, previos, á súa restauración e posta en valor definitivos. 4ª.- Iniciar conxuntamente coas demais Administracións con competencias no asunto os trámites necesarios e as achegas de recursos para a construción dunha nova ponte en Mañufe que libere a actual, despois de 1000 anos, dos servizos que presta.” 8.6042.- MOCIÓN PRESIDENCIAL PARA O NOMEAMENTO DE REPRESENTANTE DA DEPUTACIÓN NA COMISIÓN GALEGA DE VALIDACIÓN E ADAPTACIÓN TELEMÁTICA DE PROCEDEMENTOS DA ADMINISTRACIÓN LOCAL PARA A TRAMITACIÓN ELECTRÓNICA Sr. Presidente.- A segunda é nomeamento de representantes na Comisión Galega de validación e adaptación telemática de procedementos, nomeando a un funcionario, a Bernardo Sartier. Pois votamos a urxencia, para nomeamento de representante na Comisión Galega de validación e adaptación telemática de procedementos na tramitación local, para tramitación electrónica. Votamos a urxencia. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. E votamos, polo tanto, o punto, que é o nomeamento, como digo, deste representante, deste funcionario como representante. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno acorda, por maioría de votos a favor do Partido Popular e coas abstencións do PSdeG-PSOE e do BNG, aprobar a Moción presidencial para o nomeamento de representante da Deputación na Comisión galega de validación e adaptación telemática de procedementos da Administración local para a tramitación electrónica. Dita Moción é como segue: “Dada conta da comunicación do Director Xeral de Administración Local da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, de data 17 de xaneiro de 2011, núm. rexistro entrada 1832 de data 19 de xaneiro seguinte, solicitando o nomeamento dun representante desta Deputación na Comisión galega de validación e adaptación telemática de procedementos da Administración local para a tramitación electrónica. Considerando que a Resolución do 29 de decembro de 2010 da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se crea a citada Comisión, establece que un representante de cada unha das deputacións provinciais, designados por elas, formaran parte da citada Comisión. Considerando que o art. 58 c) do R.d. 2568/1986, de 28 de novembro, determina que corresponde ó Pleno a designación de representantes da Corporación en órganos colexiados. Esta Presidencia somete á consideración do Pleno a adopción do seguinte acordo: - Nomear representante da Deputación Provincial de Pontevedra na “Comisión galega de validación e adaptación telemática de procedementos da Administración local para a tramitación electrónica” ó Asesor Xurídico D. Bernardo Sartier Boubeta.” 9.6043.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO BNG EN RELACIÓN COA CAIXA DE AFORROS GALEGA Sr. Presidente.- E temos neste caso unha moción de urxencia, tamén neste senso, presentada polo Bloque Nacionalista Galego, en relación ó intento do Goberno do Estado e do Banco de España de expropiarlle a Galicia as súas Caixas de aforros. Para a cal votamos a urxencia. Bueno, se quere motivar a urxencia, D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas, Sr. Presidente. Neste caso hai que razoar a urxencia na anterior, non a había que razoar, porque xa era obvio que era urxente. Bueno, non temos por iso ningún problema. Creo que a urxencia está clara dos dous movementos, cada vez máis acelerados, con anuncios todos moi concomitantes, todos na mesma liña, de que o mundo financeiro, especialmente o mundo das caixas de aforros, pois estase movendo, porque se lles está obrigando, o cernes sobre elas, ameaza de que vai haber movementos claros para cambiar o seu estatus actual, creo que non se lle escapa a ninguén, e polo tanto creo que está suficientemente xustificado que esta entidade, a Deputación provincial, que ó fin e ó cabo ten algo que dicir, e bastante, a caixa de aforros, a Novacaixagalicia nestes momentos, sexa o resultado da confluencia dunha ducia, ou por aí, de entidades, pero con fusións previas, non sei se se me escapa algunha, en Lugo había dúas, creo que chegou a haber dúas, porque confluíu nunha, pero son unha serie de confluencias que, bueno, unha delas, deses regatos, que …, ó río do que hoxe é a Caixa Galega, pois a Caixa de Pontevedra, que foi fundada, botada a andar, tanto de xestión como de financiación, por esta Deputación, Deputación Provincial de Pontevedra. Polo tanto, creo que é algo en xeral, creo que algo ten que dicir esta casa, digo, unha corporación ante un envite dunha transcendencia que ten o das caixas, e en particular, porque esta entidade, a Deputación provincial foi quen a creou, pois unha sétima parte, unha oitava, pero unha parte significativa do que hoxe é a Caixa Galega, que está, bueno, cun horizonte cando menos complicado, en todo caso se entramos no fondo, pois debateríamos o fondo. Sr. Presidente.- Moi ben, pois procedemos, polo tanto, á votación da urxencia en relación a un tema de extremada actualidade. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Polo tanto, D. Cesáreo Mosquera ten a exposición da propia moción. Sr. Mosquera Lorenzo.- Ben, grazas Sr. Presidente. Vamos a ver, obviamente estamos en crise, nunha crise profunda, pero o feito dos detalles diarios, da crise e das medidas, contramedidas, situacións económicas e demais, parece que nos fai esquecer, ou hai un intento claro de facer esquecer, de onde naceu a crise, e por que estamos en crise. Que se saiba, está documentado, historiado o obxectivo, a crise naceu, basicamente, de que o capital financeiro, pois, non topaba onde investir estas millonadas, que é tremendo os cartos que andan por aí circulando, é tremendo, xa nos gustaría á maioría da poboación cheiralos de lonxe, pois non tiñan onde investir cunha rendabilidade satisfactoria para ese capital. E entón, para conseguir esa rendabilidade, adicouse a meterse en aventuras, cunha solvencia extraordinariamente comprometida, pero cunha rendabilidade de expectativas moi altas, as famosas suprains, ou outro tipo de investimentos que levou a que, vamos, en certo momento entrar en crise, case todo o sistema financeiro, o que estaba ben e máis o que non estaba, por rebote, e iso foi avanzando e rematou na crise real da economía, e nas condicións de vida dos cidadáns. Xa temos falado isto aquí, estamos nunha situación, en que a saída da crise é intentar buscar nichos para que o capital financeiro que nos meteu na crise pois, logre volver a ter os beneficios que, en fin, que estiman eles que lle son rendibles. Ben, tomamos unha serie de medidas, e resulta que hai un bocado, vémolo no estado español, en Galicia incluso máis potente, que é o propio negocio financeiro, que non está nas mans do capital financeiro, senón que é semipúblico, cooperativo, como se queira chamar, ou sexa, as caixas. Ben, para despistar deste designio de que do que se trata no fondo é buscarse onde meter o capital financeiro privado para que teña beneficios, entón empezamos con florituras de todo tipo, temos escoitado de todo tipo, a culpa da crise é de Zapatero, puido xestionala mal, a culpa da crise non é de Zapatero, niso podemos estar de acordo, a culpa é que as caixas estaban mal xestionadas, o milagro, e resulta que o Banco de España ten un funcionario que cambia cada pouco tempo, en cada entidade, supervisando, non se coñece caso de que expedientara a ningún, non se coñece caso, ou sexa, o organismo regulador, que agora nos vén dando leccións do que hai que facer, resulta que o que tiña que controlar non controlou nada, e resulta que agora nos vén dando leccións e demais. Mire, deixémonos de coñas, estas son decisións políticas e o resto máis que se adornan, ou que os xerentes das caixas fixeron auténticas atrocidades, pode ser, pero quitando algún que se negou conforme coa caixa de Castilla-La Mancha, a ningún expedientaron, a ningún, pode ser. Todas estas cousas poden ter algo de verdade, algo, pero tamén é certo que as caixas pasaron épocas peores, e non se lle dou este destino que se pretende agora, pasaron épocas peores, incluso algunha para sacalas adiante, como puido ser aquela Caixa Rural de Ourense, pero ó final sobreviviron, sen maiores problemas, agora parece que é unha cuestión de Estado, o meterlle o dente, entón estamos na situación que se anuncia, que as caixas van ter unhas condicións máis duras se seguen sendo cooperativas ou semipúblicas ou o que sexa, a que se lle pasa á privada. Se iso non é, claro, o que se pretende, entón, non é sequera unha cuestión das condicións, porque estamos convencidos, estamos convencidos de que, se estas condicións as salvan máis caixas, as salva a Caixa Galega, cambiarana para que a salven, xa as cambiaron, e volverllas a cambiar, o problema de fondo non é ese, o problema de fondo é o que dixemos antes, ¿cal é o problema?, o que forzou na primeira fase, que co se pretendía, díxose así claramente, díxose claramente, por que o deber coas caixas, e perderan a base territorial, primeira fase, unha fase, unha vez que perden a base territorial xa ninguén as vai defender, co cal, votámoslle o guante e tan ricamente. A primeira fase saíu mal, a maioría mantiveron a súa base territorial, e a galega mantivo a súa base territorial, saíu mal cos designios que había, e que todos sabemos que papel se xogou cada un, que non é, que non lle voto a culpa nin ó PSOE nin ó PP, son os designios do gran capital, en todo caso como se coloca cada quen. É obvio, por exemplo, que na primeira fase, o PP de Madrid non se colocou igual que o PP galego, é obvio, non se colocou igual, entón, aquí cada un, entón, a primeira fase saíu mal, segue habendo unha base territorial moi forte, segue habendo quen ten, ou sexa, que hai esa relación entre a economía territorial autonómica e as caixas, con esa base territorial. E polo tanto, pasamos á segunda fase, que é darlle o machetazo por outra vía, e senón vai por esta vía, irá por outra, ou intentarano, intentarano polo menos por outra. Entón, esa é a situación, e isto é precisamente o gordo do que se está discutindo nestes momentos polos medios máis centralistas, que son o estado das autonomías e as competencias da autonomía. Miren vostedes, isto que é ter unha certa base, un certo apoio, para que as accións sociais, sobre todo a economía galega, teña posibilidades de funcionar ou ter algunhas resistencias a todo o que veña de fóra, mínimas, pero ter algún tipo de dinámica propia. Obviamente, pois non é xestionar a sanidade, porque non creo que a ninguén en Madrid lle pase pola cabeza recuperar a sanidade, porque o cravo para o Estado sería monumental, ía a ser moito máis caro, iso é un cravo que non quere ninguén, porque é deficitario sempre, estamos falando destas cousas, e que son as cousas de comer, a outra, a sanidade se xestionará, poño ese exemplo como podería poñer outros e demais, cando estamos debatendo, estamos debatendo estas cuestións que son absolutamente transcendentes, e xa sei que se vai a dispersar o debate público, como se fixo da outra vez, en que se un xestionou mellor, o outro peor, que senón sei que, que se nos vamos para fóra ou nos vamos para dentro, porque, bueno, pois haberá que despistar como se queira. Dixen na moción, e isto, obviamente non é cuestión de forza política, é cuestión do que pensa este portavoz, a min isto paréceme unha requisa, ou sexa, o aforro dos galegos, as empresas e demais, que están na Caixa de Aforros, trátase de requisalo para regalarllo a algún banco, a algún banco, a un capital privado, para que faga negocios, para que teña beneficios a conta diso, ou sexa de Robin Hood ou Curro Jiménez, ó revés, ou sexa, roubarlle ós pobres para pasarlle ós ricos, exactamente ó revés. Eu, é unha valoración persoal, pero estou absolutamente convencido, de que a situación é así, a situación é así, e por desgraza, e vainos no envite, nós estamos convencidos un montón, ou sexa, bueno, Fenosa, pasou a depender de fóra, bueno, a mellora foi fastuosa, ou sexa, foi un desastre en maiúscula, outras poden pasar tal, pero o propio sector financeiro, a metade do sector financeiro, do que se move en Galicia, que desapareza a súa base territorial, pode ser un golpe de gracia, se xa estamos perdendo poboación, perdendo peso económico relativo dentro do Estado, ou sexa, se estamos nun estado relativamente catatónico, quen o queira ver, pois alá el, pero estamos nunha situación relativamente catatónica, bueno isto pode ser xa o golpe de gracia, en fin, ben forte, en definitiva. Na primeira fase houbo capacidade, eu creo que vai ser optimista, de que a sociedade galega, complexa, con moitas lecturas, con moitos enfoques, con moitos plantexamentos diferentes, foi capaz, foi quen de superar a primeira fase sorteando os designios de que era extraterritorializar as dúas, e xa quedamos sen caixas e punto, fomos capaces, fomos quen, cada un dende o seu punto de vista, de acadar sortear esa segunda fase, se se repite a división inicial da primeira fase non vamos a sortear a segunda, se se acada o apoio, dunha conxunción de forzas, políticas, sociais, económicas, empresariais, etc. Estamos convencidos de que se pode sortear tamén esta, esta é unha medida política, que só se pode enfrontar con medidas políticas, non hai outra vía, se na Caixa, xa se aceptan as condicións, non é que non se acepten, é a súa política, é a súa política, non lle custa nada, é máis, probablemente estivera na propia xestión da proposta que está facendo, probablemente este, é outra situación totalmente distinta, aquí en Galiza ten que ser máis, descaradamente política, ou sexa, máis unha confrontación política clara, forte e definida, ou senón pois será o 8% de …, bueno, vamos a estar enteradísimos todos do que é previsións, bueno, la repera, vamos a estar enteradísimos, pero é igual, se despois consigue o 8,5 ou 9, entón, xa non valerá, entón, ten que ser que se ten a sede en non sei que, entón, cumpren condicións ou non as cumpren, cambian todos os días. Pois por todo iso nós presentamos a moción que, bueno, os termos están aí, son coñecidos, e pedimos o voto farovable, obviamente, se hai algún término lingüístico ou de expresión que non guste, haxa que modificar, creo que na parte dispositiva, por, en fin, porque algunha forza política ou algunha persoa, pois, non lle guste, pois obviamente estamos dispostos, o que nos importa é o fondo da cuestión. Moitas grazas. Sr. Presidente.- Moitas gracias, D. Cesáreo Mosquera. O Partido Socialista, Sr. Otero Besada. Sr. Otero Besada.- Si, bos días a todos. Vamos a ver, esta moción presentada así por urxencia, sobre unhas medidas que se tomaron onte, parécenos un pouco precipitada, de todas formas, cualificar a situación catastrófica que está poñendo o BNG, é dicir, que hai unha intención de facer desaparecer a Caixa Galega, parécenos un pouco esaxerado, ¡ah!, advertencias ás caixas, eu pódolle asegurar, ó Portavoz do Bloque, que o Banco de España as advertencias das Caixas fainas cada ano, que se cumpran ou que non se cumpran é responsabilidade dos dirixentes de cada caixa. A Caixa Castilla la Mancha estaba sendo advertida, había varios anos, non se tomaban as medidas, ó final tivo que ser intervenida, este, falar das caixas galegas, pois vamos a ver, ¿por que as caixas galegas non cumpren, e cumpren as vascas ou Unicaja, ou incluso unha caixiña moi pequeniña de Cataluña?. Algunha responsabilidade terán os dirixentes que dirixían Caixanova e Caixa Galicia. Cargarlle todo o morto ás medidas que se toman agora, paréceme un pouco esaxerado. Vamos a ver, a nós impórtanos a Caixa Galega, tenos que importar, pero parece que agora estamos defendendo un galeguismo, estámoslle dando a razón ós que defendían o viguismo, ós que defendían o coruñesismo, e ó final houbo que chegar a un acordo, e chegouse e non pasou nada, e aplaudimos todos. A ver, nós defendemos unha Caixa Galega, está claro, pero tamén defendemos a Galicia, e defendemos ós galegos, e na situación actual, na que está a actual Caixa Galega, non pode dar créditos, e levamos máis dun ano e pico sen poder dar créditos, se con esta situación, que tampouco se di que vaia a desaparecer, vánselle facer unhas esixencias, que outras cumpriron e que esta caixa pode cumprir, se se toman as medidas suficientes, haberá que tomalas, non se tomaron antes, haberá que tomalas agora que vai a desaparecer, nós non pensamos que vai a desaparecer, haberá que tomar as medidas suficientes, nós xa digo, con esta urxencia con que se presenta, nós vámonos a abster na votación. Sr. Presidente.- Bueno, moitas gracias, neste caso ó Partido Socialista por este comentario¸pero que non nos aclara tampouco a súa situación, en relación á defensa que se pretende sobre este ámbito. Por parte do Partido Popular, ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Bos días. Nós, loxicamente, aceptamos a urxencia desta moción, porque nos parece que este é un dos temas importantes que estamos a vivir nestes momentos e nestes días, en Galicia e en cada unha das cidades, e por suposto a Deputación de Pontevedra, dunha maneira especial, por ser de representación, nestas caixas, xa no seu día en Caixa Pontevedra, despois en Caixanova, e agora en Novacaixagalicia, eu dende logo, a min non me sorprende absolutamente nada das decisións que acaba de tomar o Goberno de España e o Banco de España, non me sorprende, porque xa neste Pleno, nós, no seu momento, denunciamos que esta era unha primeira fase, era unha primeira fase, que viría unha segunda, e que o obxectivo fundamental era a bancalización das caixas, o dixemos por activa e por pasiva dende este grupo, como se acaba de dicir agora aquí, houbo unha primeira fase, e nesa primeira fase, intentouse dividir o sistema financeiro galego, intentouse dividir á sociedade galega, intentouse dividir en xeral cada un dos veciños e veciñas, neste caso, galegos e de cada unha das localidades. E miren, señores do Partido Socialista, vostedes foron os únicos que en cada sitio tiveron un discurso distinto, os únicos, mire, eu non vou a defender ó BNG, pero non coincidindo con eles tiveron a súa teses e a súa opinión en todo os lados, dicían o mesmo en Vigo, en Pontevedra, que na Coruña, e o Partido Popular fixo o mesmo, fixo o mesmo, aínda que algúns nos insultasen, aínda que algúns nos chamasen de todo, anti non sei que, pero, ¿por que?, porque sabíamos que a única maneira de aguantar o envite do Goberno Central e do Partido Socialista en Madrid era estar unidos, unidos, era o máis importante, a unidade era o máis importante, porque vostedes querían dividir para o que acaba de dicir o Sr. Mosquera, para atraparnos e absorbernos, e que os poderes de decisión que poidamos ter aquí, en cada unha das cidades ou de Galicia, os tiveran en Madrid ou os tiveran en Cataluña. Miren, é curioso, é curioso, e iso gustaríame trasladarllo ós medios de comunicación, é curioso, eu creo que xa todos sabemos que España esta intervida de feito, e que está mandada dende fóra, iso está claro, pero é curioso, que hai 48 horas, o Goberno de España e o Gobernador do Banco de España, toman unha decisión de case supresión ou ataque ás caixas para bancalizalas, é que é curioso, La Caixa en 24 horas se converte en Banco, que curioso, é dicir, que tiña unha información ou foron eles os que o dirixiron dende Cataluña, operación a Madrid, ó resto de España, eu creo que iso é o que está sucedendo, o Goberno de España está intervido por axentes externos pero tamén está dirixido polos cataláns, e por culpa dos cataláns estamos padecendo os demais, porque é curioso, unha vez máis, dende La Caixa, tómase unha decisión, o sospeitoso é o que nos cheira a todos, o que percibimos, é que La Caixa inflúe dunha maneira definitiva na decisión que toma o Goberno de España, iso está cantado, é dicir, non fai falta ser moi listos, 24-48 horas, todo o que está dicindo o Banco de España e o Goberno de España, resulta que o está facendo La Caixa. Bueno, pois, que quere que lle digamos ós cidadáns, ós veciños e as veciñas, que temos que seguir unidos, á marxe das diferenzas ideolóxicas, políticas e sociais, temos que seguir unidos, e agora hai un reto importante, como dicía, salvouse o primeiro asalto, o primeiro asalto salvouse, que foi pola unidade dos galegos, por estar todos unidos, senón nestes momentos non teríamos ningunha Caixa en Galicia. Plantexábase naquel momento, que fusións, que SICS, se o que querían era SICS, se o Banco de España quería o SIC, para debilitar cada unha das entidades financeiras de cada un dos territorios, evidentemente, ó final é triste e lamentable, É sorpresivo que o que valía hai un mes, cos criterios marcados polo Banco de España como aquí se di, e co Banco de España ten un controlador, un auditor en cada unha das Caixas, e que non ten que pedir información ás Caixas, se fai ben o seu traballo tenas que ter controladas e fiscalizadas. Ou, ¿que pasa?, ¿que o Banco de España non é responsable da fiscalización e control de cada unha das Caixas?. Pois, entón que di, que ten que pedir a ver como están as Caixas, supoño que terá información de cómo están cada unha das Caixas, e senón, é que non fixeron ben o seu traballo. Eu Sr. Mosquera, non lle boto a culpa ós dirixentes das Caixas, bótolle a culpa ó Banco de España, que ten a fiscalización e o control sobre cada unha das Caixas. Ese é o gran problema que está a suceder, pero isto o denunciamos algúns, e nos chamaron de todo. ¿Sabe cal é o único problema, Sr. Mosquera?. Que algúns mediron mal os tempos, pensaron que esta decisión non se tiña que tomar antes das próximas eleccións, e xogaron á manipulación, ó engano, á mentira, á ocultación de datos, e a trasladar unha mensaxe que non era real, e lle estallou nas mans, agora vamos a ver como fai o discurso o Partido Socialista de volver para atrás, tíñano perfectamente orquestrado, como fixeron coa crisis, ou ¿non nos acordamos, que non había crisis neste país?; ¿ou non nos acordamos, que estabamos na Champions league?; ¿ou non nos acordamos, que estabamos mellor que Francia e que Alemania?; ¿ou non nos acordamos, que nos dixeron en debates públicos, antes das eleccións, que eramos uns antipatriotas os que diciamos que a situación económica era mala?, enganáronos, gañaron as eleccións, e despois saíu a verdade. Pois, coas caixas e cos bancos, e co control financeiro para, exactamente igual, quixeron enganarnos antes dunhas eleccións para trasladarlle á opinión pública que non pasaba absolutamente nada, e agora, encóntranse coa desfeita enriba da mesa, desfeita, primeiro por falta de control, porque o Banco de España tiña que ter o control das caixas e da situación de cada unha das caixas. Segundo, sorprendente, o Banco de España, á nosa Caixa, á Novacaixagalicia lle dá o visto bo da súa viabilidade e a súa solvencia hai 28 días, e en 28 cambian de opinión, curioso, que España, loxicamente está controlada e dominada polos sistemas externos, iso xa non hai ninguén que o dude, tampouco que está intervida de feito, non de dereito pero de feito si. E cuarto ou quinto, que curioso, que os cataláns en 24 horas toman a decisión do que decide o Banco de España e o Goberno de España, que rapidez, rapidez extraordinaria e creo que non hai precedentes, en 24 horas, eu creo que ó revés, mire o que digo, vou facer unha afirmación, creo que La Caixa, os cataláns influíron na decisión, orientaron ó que tiña que tomar a decisión, da Ministra e do Gobernador do Banco de España. Polo tanto, nós como galegos, creo que o papel das caixas ninguén o duda, miren, eu teño aquí algúns datos, algúns datos importantes do que significan as caixas nos territorios, sobre todo da Novacaixagalicia, no noso territorio, case o 90% das Pimes galegas teñen créditos con Novacaixagalicia, case o 22% dos clientes teñen ingresos por debaixo do salario mínimo interprofesional, que financia o 70% do capital riesgo, que impulsa ás empresas de nova creación. Pero miren, este dato, o 22% dos clientes están por debaixo do salario mínimo interprofesional, este é un dato moi significativo da importancia que teñen as caixas e que ten Novacaixagalicia para os galegos e as galegas e por suposto para todos os pontevedreses, e que o 70% do capital impulsa ás empresas de nova creación, o que ten activos, participacións, capital de empresas galegas por valor de catro mil millóns de euros, e que con estes datos temos a obriga de intentar todos estar unidos, e traballar para defender esta Nova Caixa Galega, a caixa de todos os galegos, e dende logo, dende o Partido Socialista están moi calados ultimamente, e non sei como non fan máis manifestacións agora, para dicirlle ó Sr. Zapatero, hai que saír á rúa agora, para dicirlle ó Sr. Zapatero, que nos está atacando, estanos acosando, están maltratando ós galegos, que é o que nos preocupa a nós, non din nada, están todos caladiños, todos os do Partido Socialista, agora si que están unidos, están unidos no silencio, é a primeira vez, nos temas das caixas e da reestruturación do sistema financeiro, que o Partido Socialista está unido en ser mudos, ata agora non. Pero, Sr. Mosquera, ten explicación o que non estiveran mudos, porque nos querían dividir, e case o conseguen, pero temos unha sorte, que temos unha sociedade galega moi intelixente, moi intelixente, porque vostedes, o Bloque Nacionalista Galego, á marxe de que nós non coincidamos con vostedes, tiveron un discurso, o que tiveran, pero un, o Partido Popular tivo un, claro, concreto e contundente, e algúns intentaron dividirnos, que si herculinos, que si vigueses, que si pontevedreses, que si non sei que, non, defendíamos todos porque sabíamos que o ataque era dende fóra para dentro, nos estaban atacando dende fóra, pero, ¿o Partido Socialista que fixo?, porse en mans dos dirixentes de Madrid, dos dirixentes de Madrid, segundo lles interesaba, e por iso agora ten a explicación, que en Vigo dixeron unha cousa, que en Pontevedra dicían outra, que en Coruña dicían outra distinta, e que o Sr. Patxi Vázquez non dicía nin unha cousa nin outra, porque non sabía o que dicía, e agora ten a explicación, ¿que lle van a dicir agora os galegos e as galegas?, que van a seguir mudos e calados ante Madrid. ¿Que non van a dicir nada do que está facendo o Sr. Zapatero e a Ministra e o Gobernador do Banco de España?. Vaia papelón que ten o Partido Socialista agora cos galegos e coas galegas, agora din que hai que inxectar capital á Nova Caixa, esa é a última alternativa, a última proposta do Sr. Patxi Vázquez. Eu creo que isto dá para moito, pero o que non nos vamos é a arrodillar, iso o teño claro, dende o Partido Popular vamos a seguir defendendo a Novacaixagalicia, vamos a seguir defendéndoa ata ó final, ata o final, a operatividade, e que a Novacaixagalicia, é fundamental para os intereses de todos os galegos e de todas as galegas, e vamos a defender o mesmo en Vigo, en Pontevedra, en Coruña, que en Vilagarcía, en calquera rincón da nosa xeografía galega, pero o que lle temos que dicir ós galegos e ás galegas, que ou quen quere suprimir as caixas, e quen quere atacar ás caixas galegas, é un partido que se chama PSOE, eu dicía o P de premeditación, a S de supresión das caixas, a O da ocultación dos datos e da información e o E do engano, iso é o que son vostedes para todos os galegos. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Está vostede moi brillante, quérenlle aplaudir dende a bancada do Bloque Nacionalista Galego, a non, era o Deputado de Nigrán que quería aplaudir, porque eu creo que foi moi contundente, moi clarificador, pero ante todo iso, creo que o Sr. Mosquera, pois ten probablemente algo máis que engadir, o cal eu creo que é importante e enriquecedor tamén. Ten a palabra o Sr. Mosquera Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. Sr. Figueroa, eu creo que dixen antes, dixémolo antes bastante claro, e o repetimos, aquí acadamos que as forzas ou as maiorías das forzas actuantes en Galicia, se poñan, logren unha liña de actuación conxunta para salvar a caixa, o temos crudo, a súa intervención paréceme que foi, no fondo, de salvar a caixa, todos de acordo, pero na forma parece que foi un pelín temeraria e un pelín inoportuna. Vamos por partes, un pelín temeraria, porque que se sepa, o de privatizar as caixas, senón está acordado, está acordado entre o PP e o PSOE, entre o PSOE e o PP en Madrid, que se sepa, entón, que vostedes aquí collan e desmarcándose do que di o seu partido en Madrid o fagan, para nós todos aplausos, teñen todos os aplausos, pero, pero, digamos que, neste caso vostedes están actuando moito máis, actuaron na primeira fase, e agora parece, vamos a ver o tempo, están actuando moito máis como Coalición Galega ou como Ciu que como o PP, que noutros moitos aspectos, e sen obediencia de Madrid, entón un pouquiño temerario e desenfocado, ou sexa se queremos ir todos xuntos, haberá que dicir, digan en Madrid o que digan, as direccións respectivas, que nós a temos, obviamente, pois, aquí temos que defendelo, todos, e o outro me parece que é, digamos facer uns pasos un pelín tal, entón eu creo que é temeraria porque vostedes teñen a súa historia neste caso, aínda o outro día a Sra. Currás, a Conselleira, saíu dicindo: “bueno vamos a ver si en Madrid se pacta, (como senón estivera pactado), e entón en función diso a ver como evolucionamos”. Por non falar, non, a pobre muller estaba entre dúas augas, a ver que facemos, a ver por onde vai isto, por non falar de que vostedes saben de sobra que a postura, á parte, está publicada e demais, do seu partido en Madrid. Entón, digo, un pelín temeraria e un pelín imprudente, porque se o que queremos é lograr unha boa, sumar pois, esas arremetidas me parece que son un tanto inoportunas. Bueno, a min o do catalán me parece sublime, o que escoitei que Aznar, que fala catalán na intimidade, é que me parece sublime, é algo que sempre me impón moitisimo, e non é só iso, senón que agora resulta, que a caixa, o señor …, ou os cataláns, ou o que sexa, non é que manden, son o capital financeiro internacional quen mandan en todo, ou sexa mandan en todo, absolutamente, dunha maneira absolutamente tremenda, xa desapareceu a trilateral, a trilateral aquela famosa, ¿acórdanse?, pois desapareceu e foi substituída polos cataláns, os cataláns que, bueno xa colleu, colleuna Aznar con aquilo de falar catalán na intimidade, é o seu presidente estrela, o seu presidente estrela, este é o santo, porque vamos, venerado, que van vostedes alí facer rogativas ó Sr. Aznar, pois resulta que non lle pasou ningún mal cando gobernou cos cataláns, non é só iso, senón que fixo un sistema de diferenciación autonómica á medida dos cataláns, e agora son orixe de todos os males, xa digo o que é, nós, os que nos críamos con aquilo da trilateral, que era a representación da forza do capitalismo no mundo, agora desapareceu, e agora descubriron vostedes que era a trilateral, nós críamos que era o fondo monetario internacional, e son os cataláns. Repito, creo que o mecanismo está lanzado, lanzado hai case 2 anos, un do seu partido tivo bastante que ver en Madrid, e a causa de fondo é a que é, que a expliquei antes, e non vamos a reiterar, e estamos profundamente convencidos, hai un mes o Banco de España di que o plan de, de viabilidade da Caixa Galega, é impecable, lle dá o visto bo, e ó cabo duns días, pois xa lle cambia totalmente as condicións, e pois, estamos convencidos que se supera estas condicións, van a meter outras, se o panorama das caixas no Estado non saíu na primeira fase como querían, e se agora, se acaso se salvara esta segunda, van a meter outras, van a meter outras, é un bocado no que de inversión de capital financeiro con rendabilidade, que nestes momentos non a ten, porque non, non está privatizada, e polo tanto, van ir a por el, e, sabe que lle digo unha cousa, que é a diferenza que tiñamos, probablemente, que tiñamos uns e máis outros. Miren, gobernara o PSOE ou gobernara o PP en Madrid, ía a pasar o mesmo, esa é a desgraza, esa é a desgraza. En todo caso, repito, creo que hai que agradecerlle que por unha vez, por unha vez, neste caso si, xa lle tivo que apretar a zapatilla ben, houbo vitalidade na sociedade galega como para presionar ó PP galego para que non actuara como correa de transmisión do Estado, traducido por unha vez, vostedes responderon ós intereses na primeira fase, e agardo que sigan respondendo nesta segunda, que temos aí enriba, o tempo nolo dirá, toda presión que se faga será necesaria, e toda a corporación, toda coordinación, todo reunir esforzos, vai a ser absolutamente necesario. É curioso, por exemplo, que se un colle o discurso do noso Presidente, o seu Presidente Feijóo, practicamente na valoración que fai ó final de ano, a súa medida estrela ou gran éxito, fora manter a caixa, practicamente a única, tamén é verdade, case é a única que se pode vender, pero iso nestes momentos non vai a chegar con vendelo, vai haber que poñerse duros e fortes para poder facelo. Agardemos que sexan capaces a manter o plantexamento que fixeron na primeira fase, ou sexa, non dobregarse ó que diga o seu partido en Madrid, e agardo que co PSOE suceda igual, e logremos salvar a caixa na forma que está actualmente, non digo exactamente na forma, senón na función que ten nestes momentos en Galicia. Moitas grazas. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Sobre todo nesa alabanza de recoñecer que somos un partido pegado á terra, un partido galeguista propio, o cal, o partido máis galeguista que existe en Galicia, iso é moi importante, espero que o siga mantendo no tempo. Pero bueno, agora lle dou a palabra, neste caso ó Partido Socialista que ten un papel difícil nesta cuestión, pero bueno, algo nos poderá explicar. Dous papeis, pois ten dous papeis difíciles ante esta contestación. Sr. Otero Besada. Sr. Otero Besada.- Dúas cousas nada máis, para contestar ó discurso demagóxico do Sr. Figueroa, porque sempre fala o mesmo, é igual que fale de fútbol, non mezclou chapapote neste de casualidade, pero o discurso sempre é igual, sempre é igual, a culpa sempre é Zapatero e nada máis, Zapatero ataca ós galegos, ¿sabe quen ataca ós galegos Sr. Figueroa?, ós galegos atácaos o Partido Popular e o Sr. Feijóo, ese si que ataca ós galegos, o Sr. Feijóo ía acabar co paro en 45 días, sabe con cantos parados cerrou Galicia este ano, con 238 mil parados, 238 mil; e ía a acabar con eles o Partido Popular, iso é atacar ós galegos, ¿quén defendeu no seu día que Fenosa lle fora vendido ós madrileños?. O Partido Socialista lle vendeu Fenosa ós madrileños, iso paréceme moi ben. Mire, outra cousa, vostede fala dos cataláns, os cataláns van moitísimo por diante de nós, moitísimo, e eu pódolle dicir, moitísimo, cando a Caixa de Galicia, Caixanova ou Caixa Pontevedra, andaban por aí agrupadas nunha chamada confederación galega, que agrupaba a todas as caixas de España, os cataláns ían por libres, moito por encima de todos os demais, iso hai que recoñecelo, que esteamos dirixidos por eles, pois prefiro estar dirixido por eles, que polos populares valencianos, ¿sabe?. ¿Dígalle como está Bancaixa?. ¿Dígame como está Caja Madrid?. ¿Vostede sabe que dixo Rato ás medidas que tomou a Ministra?, e ten a responsabilidade que foi Ministro de Economía. ¿Que dixo Rato a esas medidas?. ¡Ah!, vostede fala aquí que defende, ¿pero falou con eles?; iso quería saber eu, se vostede falou con eles, a ver se lle ían deixar facer ese discurso. Por outra parte, se a situación das caixas é a que é, por que gastou a Xunta un millón e pico de euros nunha auditoría que demostrara que eramos o melloriño do mundo, e gastáronse un millón e pico de euros, Sr. Figueroa, iso é atacar ós galegos. Eu dígolle unha cousa e remato, nós estamos a favor dunha Caixa Galega, pero estamos a favor de Galicia e dos galegos, e se estas medidas serven para que a Caixa Galega se teña que adaptar e xere crédito, que flúa o crédito para as empresas e para os galegos, nós aplaudirémolo, pero que se adapten, nadie di que vaia a desaparecer a Nova Caixa Galega, que se adapte e que se cumpra a función que ten que cumprir para Galicia. Nada máis. Sr. Presidente.- Bueno, pois, falamos das caixas e falamos do paro, pero a verdade é que non concretamos, é difícil o papel do Partido Socialista nesta situación, e polo tanto entendemos que ten que ser breve para non meter moitas veces a pata seguido, e creo que é o normal. Pero ten a palabra para iso, o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Bueno, xa vexo que non son capaces de rebater os argumentos que acabamos de poñer enriba da mesa. É difícil, é difícil porque, vólvolle a repetir os datos, Novacaixagalicia, mire, na cuarta parte dos municipios galegos, na cuarta parte dos municipios galegos é a única entidade financeira que existe, o 22% dos clientes de Novacaixagalicia teñen ingresos por debaixo do salario mínimo interprofesional, o 70% do capital riesgo que impulsan ás empresas de nova creación, e os que teñen os seus activos en participacións, en capital de empresas por valor de máis de catro mil millóns de euros, e que estes datos son tan contundentes, que nós temos que defender a nosa caixa, temos que defender a Nova Caixa de recente creación, e vostedes teñen que dicirlle ós galegos e ás galegas, que o Banco de España, que ten un control e un auditor en cada unha das caixas, pois non debeu de facer o seu traballo, pero é que isto non é o grave da situación, é que hai 28 días o Banco de España deu viabilidade á operación de fusión das dúas caixas galegas, e agora en menos de 28 días, cambian as regras do xogo. É que vostedes cambian as regras do xogo, é que, ademais non saben cales son as regras do xogo aínda a día de hoxe, pero porque trasladan esta mensaxe, vostedes trasladan esta mensaxe porque están intervidos dende fóra, porque non teñen autonomía propia, porque son unha desfeita como goberno, e porque hoxe din unha cousa e mañá din outra, e pasado dirán outra totalmente distinta. E a maiores, pois claro que si, que a caixa está incidindo nas políticas do gobernador do Banco de España, no goberno de España, porque senón non é de recibo, que vostedes trasladan unha idea, unha mensaxe á sociedade española, e a caixa en 24 horas está facendo o que vostedes acaban de dicir, é ó revés, é ó revés, e iso é o que nos molesta, que nós non temos porque estar dirixidos polos cataláns, porque temos un goberno de España, porque temos un goberno galego e porque temos un goberno en cada unha das Comunidades, en cada un dos municipios, e claro que nós defendemos a postura en Galicia dende o Partido Popular, dende a unidade, e cunha unidade de criterio dende o noso Presidente, tanto a nivel institucional como Presidente da Xunta de Galicia, como a nivel de partido, cousa que vostedes non poden dicir, e agora terán que explicarlle ós cidadáns porque dixeron unha cousa distinta en Vigo, outra en Coruña, outra en Santiago, e o Sr. Patxi Vázquez non tiña discurso, é que teñen que dicilo, e, ¿saben por que llo teñen que dicir?, porque vostedes tiñan unha estratexia a medio prazo que tiveron que adiantala, e, ¿saben cal era a estratexia a medio prazo?, que as caixas se converteran en Bancos, que é o que está pasando, pero lles fallou o tempo, ¿e sabe porque lle fallou o tempo?, porque en Cataluña xa se produciron as eleccións, ¿entende?, e porque dende fóra, está España intervida e non teñen máis remedio que actuar desta maneira. Entón, algúns quedaron descolgados, supoño que algún alcalde do seu partido, chamará a Madrid e dirá: ¿pero por que me metestes neste lío?, ¿que fago eu agora?, ¿qué digo eu agora?, ¿estou mudo?, ¿ou dígolle que fale Feijóo?, que é o que di, ese é o papelón que teñen vostedes, teñen un papelón complicado, dende logo compadézoos ós compañeiros do Partido Socialista de Galicia, a todos, compadézoos, é difícil facer un discurso, claro, vostede agora sae con outro discurso doutros temas, que cando queira o discutimos tamén, pero non me fale das caixas, non me fale por que o Banco de España toma esa decisión, non me fale por que La Caixa en 24 horas toma a decisión do que acaba de dicir o Banco de España, e non me di se van a axudar a Galicia e ó Presidente Feijóo a saír deste acoso e deste ataque do goberno de España, iso vostedes non o din nin o prenuncian. Pois nós si, nós vamos a estar ó lado do Presidente da Xunta de Galicia á nivel institucional e ó lado de todos os grupos sociais, políticos e económicos que queiran salvar a nova Caixa Galega, ó lado deles vamos a estar nós, como estiveron ata agora, e como ben dicía o Sr. Mosquera salvamos o primeiro asalto, polos pelos, e con intoxicación de vostedes, e enfrontamentos e confrontacións de parte do Partido Socialista, pero o salvamos, e seguro que se os galegos, se estamos unidos, salvaremos tamén este segundo “round”, o salvaremos, porque non terá máis remedio, porque senón terán que dar explicacións, vostedes os Socialistas, dende Madrid, en Galicia, da desfeita para Galicia e para o sistema financeiro galego, e iso non o perdoarán os galegos nunca, nunca, xa de mentiras e enganos, xa estamos cansados, nunca os galegos lle perdoarán ó Partido Socialista a política que están cometendo, porque mire, estes son datos, o 22% da poboación con salario mínimo interprofesional, mínimo, están, son clientes da nova Caixa Galega, e iso é un dato super relevante, que vostedes enganaron, que os enganaron, e a xente seguramente non fala, non fan como vostedes que fan as manifestacións, a xente está calada e é respectuosa, pero é intelixente e sabe o que están facendo, e sabe o que están a facer vostedes. A ver, é de recibo que hai 28 días tiñamos uns criterios e agora teñamos …, bueno, Sr. Mosquera, é que non sabemos cales son os criterios aínda, seguramente a caixa ós porá, o que lle interesa a eles. Que vergonza, que o Partido Socialista Galego estea dominado por Madrid, dirixido por Madrid, enmudecido por Madrid, e sobre todo polos cataláns, máis grave aínda, máis grave que os cataláns, sexan os que tomen as decisións do que temos que facer en Galicia, nós vamos a estar ó lado dos que, a boa fe e con bo criterio, intenten defender a esta Caixa Galega que temos. Dende logo, dende o primeiro ata o último minuto, vamos a ver o que pasa, o partido hai que xogalo, é dicir, e polo tanto, o que si temos claro, é que dende o Partido Popular, e dende esta institución, dende a Deputación de Pontevedra, estamos á disposición e estamos a favor de apoiar propostas positivas para intentar que a desfeita do goberno de España que temos, e o ataque frontal que se lle está facendo a Galicia dende o Presidente do Goberno e o Gobernador do Banco de España, non se concrete, non se concrete, porque iso sería calamitoso para os intereses de Galicia e por suposto para os intereses da nosa provincia de Pontevedra. Polo tanto, nós con algunha matización de redacción, nada máis, de, bueno, de conformar a nomenclatura de Novacaixagalicia, é dicir, nós temos aquí unha proposta que podía quedar, o espírito é o mesmo, sería: A Deputación de Pontevedra manifesta o seu rexeitamento á intención do goberno do Estado de facer desaparecer a referencia financeira máis importante que ten Galicia, que é a Novacaixagalicia, polas negativas consecuencias que vai a traer tanto para a economía como para o labor social de Galicia. Como institución promotora e fundadora dunha das caixas que hoxe están fusionadas na Nova Caixa Galega, acorda trasladar todo o seu apoio, para que dende a institución representativa do noso país, a Xunta de Galicia, o Parlamento Galego, se leve a cabo unha defensa rotunda e xeral dos intereses socioeconómicos de Galicia. E, acorda tamén apelar á unidade de todas as forzas políticas de Galicia, en pro das iniciativas que as nosas institucións representativas realicen en defensa da institución de aforro dos galegos. Máis ou menos é o mesmo, é dicir, ¿se quere matizar algo? Pásello alí. Sr. Presidente.- Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- A verdade é que, non sei se a antena colleu ben, que a megafonía hoxe funciona bastante ben, e para cambiar iso, é por dicir que cambian algo, máis ou menos… Sr. Figueroa Vila.- É a proposta … Sr. Mosquera Lorenzo.- Nada, ningún problema, do que se trata aquí é de sumar forzas, sumar propostas e intentar, como dixemos antes, salvar o aforro, a xestión do aforro galego, e para iso van facer falta todas as enerxías. Repetimos, estamos ante un asunto sumamente grave, que vai, pode decidir o futuro do noso país, porque isto non ten volta atrás, se desaparece non ten volta atrás, que é sumamente grave, a situación é preocupante, e cremos que por un, quítame unha coma ou pon unha coma, dende logo non debería haber esa discusión. En todo caso, agradecer o apoio do Partido Popular, e, pois nada máis, agardemos que teñamos o mesmo empuxe que, por exemplo, o Sr. Figueroa, que mostrou neste debate vehemencia á hora de defender, e que non haxa polo camiño ningunha silva ou ningunha orde, que faga que se cambie o rumbo, que o rumbo se manteña, porque van facer falta todas as enerxías, e para esta defensa da Caixa Galega estamos á disposición, ¡como non!, presentamos a moción, como non podía ser doutra maneira. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Pode dicir incluso a brillante defensa que fixo o Sr. Figueroa deste tema. Estivo a punto de dicilo, pero non quería, entón eu, empuxalo un pouco, estaba na palabra empuxar. Sr. Otero Besada. Sr. Otero Besada.- Eu non espero un piropo de vostede hoxe, tal como está indo, non espero un piropo de vostede. Nós a isto mantemos a nosa abstención, porque a ver, seguen, nas dúas mocións que presentan, a intención do Goberno de facer desaparecer a Novacaixagalicia, eu non sei onde leron vostedes que a intención do Goberno é que desapareza a Novacaixagalicia. A intención do Goberno é que estas caixas sexan máis fortes, e o que quere o Partido Socialista é que a Caixa Nova ou a NovaCaixa de Galicia sexa máis forte e que dea crédito ós galegos, e que cumpra coa función que ten que cumprir unha entidade financeira en Galicia, iso é o que queremos, agora, que vostedes vexan unha intención, pois me parece que son moi mal intencionados. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Otero. Pero vostede, eu non sei como andará de vista, pero tanto, neste caso, ó Bloque Nacionalista Galego e ó Partido Popular dános a impresión do mesmo. Entón, vostede debe ser que está noutra órbita e non ve ese tema, pero nós propoñemos, evidentemente, creo que é un acordo, que sería bo que todas as forzas políticas, neste caso Bloque Nacionalista Galego e Partido Popular, se suman. É unha pena que neste caso o Partido Socialista, unha vez máis, quede illado e quede ausente da defensa xeral dos intereses económicos de Galicia. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, gracias Sr. Presidente. Vamos a ver, creo que como autor ou como grupo autor da proposta, nos corresponde pechar. E sempre tiven curiosidade por case todo, e senón, pero en particular pola economía, pero resulta que eu creo que os tres peares desa, como se chama, axustes estruturais, para ser fino, parece que son, están definidos, publicitados por todos os responsables, a reforma laboral, a reforma das pensións e a privatización das caixas, está en todos os lados, por certo, o primeiro que votou a andar foi o da privatización das caixas, con acordo, con acordo cando, foi o FROB, entre os dous partidos, PP e PSOE, creo que, e por outro lado, é que non se fala nas páxinas económicas dos periódicos e nos periódicos de vocación económica, non se fala doutra cousa, ou sexa, que está aí enriba e incluso hai quen se fixa o horizonte, aquí deben quedar dúas ou tres caixas fortes bancalizadas, e o resto absorbidas polos bancos, ese horizonte se está fixando, como se dixo que a primeira volta ían quedar 17 ou 15, ou quedaron 17 ou 15, ¿verdade?, agora se está falando dese horizonte. Está, creo que está absolutamente claro que esa é a vocación, como que ía haber unha reforma do mercado laboral, como que ía haber unha reforma das pensións, e a primeira que se votou a andar das tres foi a privatización das caixas, son os tres peares desas reformas estruturais, ese eufemismo para dicir, vámoslle a recortar ós pobres para que poida gañar máis o capital, vamos, traducido. O que pasa é que cada vez inventan termos moito máis finos, esas reformas estruturais, queda finísimo, queda francamente fino, pero na práctica é o que significa, non, e no caso das caixas foi o primeiro que se votou a andar, non o último, foi o primeiro que se votou a andar, o FROB, reestruturación e toda esa causa, que iso creo que está claro por onde van os tiros. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Polo tanto, procedemos á votación con esta proposta de acordo, ¿estamos de acordo, verdade, Sr. Mosquera?, si, sen ningún problema, perfecto. Entón aprobamos a moción, que por iniciativa do Bloque Nacionalista Galego e con esta proposta que agora fai o Partido Popular, que é coincidente practicamente, con algunhas variacións, que se aproba por parte ... ¿Votos a favor?. Partido Popular e Bloque Nacionalista Galego. ¿En contra?. ¿Abstencións?. Partido Socialista. Dáse conta da Moción do grupo provincial do BNG en relación coa Caixa de Aforros Galega cuxo texto é o seguinte: “O abaixo asinante, Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, en nome propio e en representación do grupo provincial do BNG, presenta a seguinte moción de urxencia relativa ao intento do Goberno do Estado e do Banco de España de expropiarlle a Galiza a súa Caixa de Aforros. Exposición de motivos 1.- A actual crise económica estivo provocada pola burbulla financeira, pola voracidade do capital financeiro en acadar marxes de beneficios máis alá do que a economía real permitía. As incursións en negocios de todo tipo, sobre todo inmobiliario, de moi dubidosa solvencia e menos perspectivas de futuro, foi o detonante da crise financeira, e, á postre, da crise económica que estamos a padecer. 2.- As caixas de aforros galegas, nacidas co impulso institucional e cooperativo, foron levantadas e mantidas co aforro de todos os galegos/as; hoxe fusionadas nunha única caixa, constitúe o único instrumento financeiro que, aínda sendo autónomo, ten os seus centros de decisión e intereses en Galiza e non responde ao único obxectivo de máximo lucro do capital financeiro; teñen desempeñado antes e agora unha importantisima función no desenvolvemento económico de Galiza e na acción social. 3.- Cando se obrigou ao proceso de fusión, era evidente, e o BNG xa o anunciou, que a pretensión era un proceso en dous pasos: o primeiro, des-territorializar as caixas, como previo ao segundo, que sería regalalas aos bancos, privatizalas. 4.- Superado o primeiro paso coa fusión das caixas galegas, as cousas non foron na dirección que pretendía o capital financeiro. Acadouse unha fusión galega, co cal Galiza seguía a contar con un instrumento moi positivo para a súa economía. Pero si foi positivo para Galiza, non resultou o que pretendía o Banco de España nin o gran capital financeiro, moi envalentonado e disposto a presionar para que os seus intereses se impoñan por enriba de todo. 5.- Co negocio financeiro en problemas, coa intención de buscar beneficios onde sexa, as caixas de aforros, levantadas cos aforros de milleiros de persoas, pasaron a ser un bocado apetitoso para o gran capital financeiro. O Goberno do Estado, ao parecer coa aquiescencia do Partido Popular, pretende dar o paso definitivo para entregarlle de xeito fraudulento e case gratuíto as caixas de aforros. 6.- Para este fin parece non importar toda unha serie de feitos: se algunha caixa ou entidade está en mala situación, nunca se buscaron responsábeis polos graves fallos na supervisión (ninguén foi cesado no Banco de España) nin na xestión (ningún directivo das caixas ou bancos foi cesado ou expedientado); a normativa modifícase cada pouco con condicións cambiantes coa única intención de estrangular ás caixas; preténdese poñer diferentes condicións ás entidades financeiras segundo sexan caixas, semipúblicas, ou bancos, privados, etc. 7.- Estamos pois ante decisións claramente políticas, de submisión do Estado aos designios, á voracidade do grande capital financeiro. Estamos ante un intento, unha vontade política de expropiar, de usurpar, de apropiarse indebidamente das caixas de aforros, substraéndollas aos seus lexítimos propietarios, as institucións e impositores, para entregarllas ao capital financeiro. Con esta actuación, o Estado Español, que debería redistribuír a favor de todos, sobre todo dos menos poderosos, está actuando como unha especie de Robin Hood ou Curro Jiménez ao revés, ou sexa, roubándolle aos pobres para darllo aos ricos. 8.- A Deputación de Pontevedra, institución fundadora de Caixa Pontevedra, unha das hoxe integradas na Caixa galega, debería posicionarse claramente ante este intento de desposuíla dos dereitos que ten na Caixa galega. Parece ter máis dereitos e méritos quen ten un banco para aumentar os seus beneficios que a Deputación de Pontevedra que, altruistamente, axudou a montar unha caixa. Por todo o exposto, proponse ao Pleno a adopción, previa declaración de urxencia, do seguinte: Acordo: 1.- A Deputación de Pontevedra manifesta o seu máis enérxico rexeitamento á intención de facer desaparecer a Caixa Galega, polas negativas consecuencias que vai traer para a economía como para a acción social en Galiza. 2.- Como institución promotora e fundadora dunha das Caixas que hoxe están fusionadas na Caixa Galega, acorda adoptar todas as medidas que estean ao seu alcance para evitar que este patrimonio común poida ser enaxenado para ser entregado ao gran capital financeiro. 3.- Así mesmo, acorda apoiar todas as medidas de presión social e política que se poidan adoptar e, no seu ámbito territorial, ofrécese a colaborar na organización destas medidas. Comuníquese este acordo aos Grupos Parlamentarios do Congreso, Senado e Parlamento de Galicia, á Xunta de Galiza, e ao Goberno do Estado.” Vista a Moción do grupo provincial do BNG en relación coa Caixa de Aforros Galega, e como consecuencia da modificación proposta, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do BNG e coas abstencións do PSdeG-PSOE, aprobar o seguinte: 1.- A Deputación de Pontevedra manifesta o seu rexeitamento á intención do Goberno do Estado de facer desaparecer a referencia financeira máis importante que ten Galicia, que é a Novacaixagalicia, polas negativas consecuencias que vai traer tanto para a economía como para o labor social en Galicia. 2.- Como institución promotora e fundadora dunha das Caixas que hoxe están fusionadas na NovaCaixaGalega, acorda trasladar todo o seu apoio para que dende as institucións representativas do noso país, a Xunta de Galicia e o Parlamento Galego, se leve a cabo unha defensa rotunda e xeral dos intereses socioeconómicos de Galicia. 3.- E acorda tamén apelar á unidade de todas as forzas políticas de Galicia en pro das iniciativas que as nosas institucións representativas realicen en defensa da institución de aforro dos galegos. 10.6044.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Seguimos a orde do día prevista. Rogos e Preguntas. Sr. Muradas. Sr. Muradas Ramos.- Entramos en la fase de control y fiscalización al gobierno, que es el turno de ruegos y preguntas. Como además aquí hoy se utilizó un argumento curioso, es decir, los órganos que tienen la capacidad de controlar y fiscalizar, cuando algo va mal, son los responsables, para que eso no nos pase y dado que hay preguntas reiteradas, y si la memoria no me traiciona, desde hace catorce meses, catorce Plenos, catorce veces formulando la misma pregunta, y dado que en este afán ocultista del Presidente de no informar de ciertos gastos de libre designación, el Grupo Socialista anuncia que a partir del Pleno de hoy, llegado este momento y en tanto no sean contestadas las preguntas que tiene formuladas se va a ausentar dado que no tiene ningún sentido este turno. Nada más. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Muradas. D. Gabriel Martínez. Adiante. Sr. Martínez Giráldez.- Bos días a todos e a todas. Reincidir na pregunta que lle fixen xa fai, en outubro, acerca de ¿cantos libros editou a Deputación a través da Imprenta, no ano 2009 e no 2010?, ¿cantos se fixeron en galego?, e, ¿se a Deputación pagou ou está pagando a algún dos seus autores?. Despois, con respecto a un libro que fixo a Deputación, que se titula “O Salnés”, ¿cantos exemplares se editaron?, ¿foi unha proposta dos autores ou unha petición do equipo de goberno a edición dese libro?, ¿canto custou esa edición?, e, ¿canto se lle pagou ós autores dese libro?. Despois, tamén me gustaría saber, que me dixeran, ¿que departamento se encarga do soporte dixital do Boletín Oficial da Provincia e que persoa se encarga diso?. E por último, ¿canto diñeiro recibiu a Deputación no ano 2010 destinado á financiación, a través das subvencións que se piden, destinados á financiación dos plans de formación, no marco do acordo de formación para o emprego da administración pública?. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Pauliño. Sr. Del Río Iglesias.- Bos días. En principio, nada, agradecerlle o respaldo do seu grupo á proposta e á celeridade esperemos que na toma de medidas urxentes; recordarlles que obra en poder da Deputación dende o ano 2004, coa memoria-informe do Instituto de Estudos Miñoranos ó respecto desta … Sr. Presidente.- Sabe que somos un matrimonio ben avenido, unha maridaxe perfecta e polo tanto debemos aproveitar esa conxuntura para que este matrimonio, esta maridaxe, dure moito tempo, e nese sentido non hai ningún problema, ve que somos persoas, pero tamén teño que dicirlle que, sabe vostede, que xa llo aclarou aquí o técnico, que era unha cuestión de Patrimonio que decidiu, sabe que aí hai moita retórica, moita historia e que tal. Pero agora con este novo goberno, no concello e en Santiago, vamos a sacalo con rapidez. Vostede déixeo da miña man, sabe que vamos a ser xenerosos con iso. Sr. Del Río Iglesias.- Eu agradézolle a proposta de matrimonio, pero digamos que xa estou ocupado, xa sei que ten problemas de listas en Gondomar e non dan feito, pero eu xa estou ocupado. Agradézolle de todas formas o ofrecemento. Moitas gracias, pero alguén han de atopar por aí. Despois dicirlle que o goberno, este goberno que ten agora en Gondomar, este que nos salvou de todos os males, xa sabe vostede cal é, ¿verdade?, pois informou, acabamos de aprobar un proxecto, por unanimidade, para un saneamento, que seica de palabra, a Deputación Provincial de Pontevedra, supoño que o seu Presidente en fronte, está disposto a respaldar; é un saneamento no barrio das Rasas, por importe de 85.000 euros, que é unha ampliación dun PAM 2004-2006, dende este Deputado quero manifestarlle o seu apoio a ese proxecto e que vostede o teña en consideración. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Pauliño. Descoñezo, agora mesmo, ese tema, pero nesta cuestión de conveniencia, porque están os intereses dos afectados, traballaremos en buscar unha fórmula para poder lograr poñer en marcha esa actuación, que se vén xa do ano 2004, pois non sei se está dentro do plan de inversións, este que queríamos agora, pero bueno, de todas maneiras non queda en saco roto, é máis, lle pediría que nos traslade por escrito esa petición, que nós poidamos defender para a mellor inclusión a maiores nesa partida de libre disposición, ¿de acordo?. Sr. Del Río Iglesias.- Ben, si, simplemente dicir que me sorprende esta contestación, porque o manifestado polo goberno de Gondomar, foi que xa estaban en tratos con vostede e que estaban, digamos, nalgún tipo de negociacións. Supoño que … Sr. Presidente.- Eu teño unha cabeza ampla, son 538 proxectos, e, o meu disco duro dá para moito, pero non chega a saber exactamente se está aí dentro deses tal, pero sabe que o vou a ver con cariño, e senón está, podemos amplíalo incluso, para metelo dentro dese plan que temos de libre disposición. Sr. Del Río Iglesias.- Pois eu agradézolle esa mostra de cariño. Moitas gracias Sr. Louzán e que lle dure moito. Sr. Presidente.- Moitas gracias. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Sr. Presidente, a pregunta que quería facer era, a ver, enténdase ben, esta administración, esta Deputación, é accionista e membro o Sr. Presidente, … accións, do Consello de administración do Pontevedra Club de Fútbol. Ben, en fin, se vostede está aí pois é por ese feito que acabo de dicir, polo tanto, creo que non estaría demais que explicara a este Pleno, indudablemente, ¿cal é a situación?, ¿por que se chegou a ela?, ¿se o Consello de Administración xa está renovado?, ¿que horizonte hai?, ¿se esta casa prevé aumentar a súa participación ou non?, ¿se vai a meter máis …?; bueno, en xeral, ¿que é o que pasou e está sucedendo co Pontevedra?, porque de primeirísima man, tanto polo Consello de Administración como por outras reunións que consta publicamente que existiron, pois tivo unha participación directa, como son cartos de todos os cidadáns os que están nesas accións, pois creo que no Pleno non estaría mal que nos fixera esta explicación de cómo vén o asunto e que pasos se deron. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Bueno, dicir que vostede é coñecedor de primeira man, ademais das frutíferas negociacións que se están levando a cabo para salvar unha das institucións deportivas máis importantes, non só da capital da provincia senón do que é a súa área de influencia, e creo que nese sentido as cuestións van por bo camiño. Polo tanto, bueno, non foi un traballo fácil, de chegar ata aquí, pero bueno, isto pasa como nas mellores empresas, hai situacións que van ben, outras que non van tan ben, e cando hai crise, neste caso tamén lle afecta ó eido deportivo e ó eido económico. E creo que o máis importante, igual que apelabamos aí no tema das caixas, foi á unidade das forzas políticas, das tres forzas políticas tamén, en respaldar esa cuestión de salvación dunha entidade e unha institución practicamente legendaria, como digo, en Pontevedra. Creo que as cuestións van por bo camiño e polo tanto, bueno, pois agora o que falta é concretar iso, despois ademais da ambiciosa, eu diría, ambiciosa rehabilitación que se fixo do estadio de Pasarón, creo que esa importante actuación que levou a cabo a Deputación, en colaboración, todo hai que dicilo, co concello de Pontevedra, foi posible e agora tamén é posible, como digo, esa cohabitación para que esta situación se poida sacar adiante, que creo que é o que están pedindo todas as persoas, incluso non só as que son afeccionadas ó fútbol senón as que non o son tamén, creo que pretenden que as cousas se dialoguen, se consensuen e se busquen solucións, e nese camiño estamos e esperemos que se poida lograr, sobre todo no apartado de viabilidade. No apartado deportivo, pois xa non depende tanto de nós, depende de se a bola entra ou non entra, pero iso xa serán outras cuestións, que como digo, xa non podemos nós decidilas. Polo tanto, eu espero que esa viabilidade na cal, como digo, está traballando esta institución, tamén o máximo representante do concello de Pontevedra, coas dúas forzas políticas, a forza maioritaria e tamén a outra forza que compón o goberno, pois creo que pódenos dar fundadas esperanzas de que as cousas van por bo camiño. Moitas gracias, moi bos días e levántase a sesión. Gracias. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as trece horas e oito minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe.
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Pleno (Tema)