ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.838
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2011/07/29_Extraordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.43.827/4.2011-07-29_Extraordinaria

  • Título Acta de sesión 2011/07/29_Extraordinaria

  • Data(s) 2011-07-29 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión. 34 follas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A C T A Da sesión extraordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 29 de xullo de 2011 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e cinco minutos do día vinte e nove de xullo do ano dous mil once, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona María Isaura Abelairas Rodríguez (PSdeG-PSOE), Don Pablo Baquero Álvarez (PP), Don José María Bello Maneiro (PP), Don Uxío Benítez Fernández (BNG), Don José Antonio Cacabelos Rico (PSdeG-PSOE), Don José Crespo Iglesias (PP), Don Jorge Domínguez Rosal (PP), Dona Begoña Estévez Bernárdez (PP), Dona Ornela Fernández Salgado (BNG), Don José Manuel Figueroa Vila (PP), Don Juan Antonio González Pérez (PSdeG-PSOE), Don Arturo Grandal Vaqueiro (PP), Dona Marta Iglesias Bueno (PP), Don José Carlos López Campos (PP), D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo (BNG), Don José Alberto Pazos Couñago (PP), Dona María Pilar Ramallo Vázquez (PP), Don Eduardo José Reguera Ocampo (PSdeG-PSOE), Don Severino Reguera Varela (PP), Don Santos Héctor Rodríguez Díaz (PSdeG-PSOE), Don José Nelson Cándido Santos Argibay (PP), Don Alberto Valverde Pérez (PP), Don Jesús Vázquez Almuíña (PP), Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo (PP), Don Francisco Andrés Veiga Soto (PSdeG-PSOE) e Dona Iolanda Veloso Ríos (BNG), co obxecto de celebrar sesión extraordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Vamos a dar comezo á sesión extraordinaria do Pleno da nova Corporación Provincial. 1.6086.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Ten como primeiro punto a aprobación da acta da anterior sesión do día 24 de xuño 2011. Que se non hai ningunha alegación propoñemos a súa aprobación. Dáse conta da acta da sesión de constitución da Corporación Provincial celebrada o día 24 de xuño de 2011. 2.6087.- MOCIÓN DA PRESIDENCIA SOBRE RÉXIME DE SESIÓNS DO PLENO E COMISIÓNS INFORMATIVAS Sr. Presidente.- Punto número 2. Moción da Presidencia sobre réxime de sesións do Pleno e Comisións Informativas. Ten a palabra o Señor Secretario. Sr. Secretario.- La moción que somete la Presidencia al Pleno es la siguiente: “As sesións ordinarias do Pleno terán lugar o último venres de cada mes, ás 11:00 horas. Se a data prevista de celebración coincidira con festivo, será a Xunta de Portavoces a que establecerá o día de celebración. Os Plenos correspondentes ós meses de xullo, agosto e decembro, previo acordo da Xunta de Portavoces, poderán celebrarse, con carácter extraordinario, noutras datas. Así mesmo as Comisións Informativas ordinarias celebraranse os venres da semana anterior á de celebración do Pleno, a partir das 12,00 horas. Se a data prevista de celebración coincidira con festivo, será a Xunta de Portavoces a que establecerá o día de celebración”. Sr. Presidente.- Moitas grazas. Polo tanto se aproba. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno acorda por unanimidade aprobar a moción da Presidencia sobre réxime de sesións do Pleno e Comisións Informativas. Dita moción é como segue: “O Pleno deberá resolver, de conformidade cos arts. 58 e 134 do R.d. 2568/1986, de 28 de novembro, o réxime de sesións do mesmo, e a periodicidade das sesións ordinarias das Comisións Informativas. En consecuencia, sométese á aprobación do Pleno o seguinte acordo: “As sesións ordinarias do Pleno terán lugar o último venres de cada mes, ás 11:00 horas. Se a data prevista de celebración coincidira con festivo, será a Xunta de Portavoces a que establecerá o día de celebración. Os Plenos correspondentes ós meses de xullo, agosto e decembro, previo acordo da Xunta de Portavoces, poderán celebrarse, con carácter extraordinario, noutras datas. Así mesmo as Comisións Informativas ordinarias celebraranse os venres da semana anterior á de celebración do Pleno, a partir das 12,00 horas. Se a data prevista de celebración coincidira con festivo, será a Xunta de Portavoces a que establecerá o día de celebración”. 3.6088.- MOCIÓN DA PRESIDENCIA SOBRE CREACIÓN E COMPOSICIÓN DAS COMISIÓNS INFORMATIVAS Sr. Presidente.- Punto número 3. Moción da Presidencia sobre a creación e composición das Comisións Informativas que en principio está pactada cos portavoces. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Eu digo, se queren os demais voceiros, facer unha intervención única para todos os puntos e despois votámola, se lles parece oportuno, ¿eh?, pois veña. Sr. Presidente.- Non, di que imos a facer unha intervención dos puntos 3, 4, o 4, Moción da Presidencia sobre nomeamento de representantes da corporación en órganos colexiados; punto número 5, “Moción da Presidencia sobre réxime de dedicación exclusiva de cargos da Deputación e persoal eventual”; e tamén o punto número 6, “Moción da Presidencia sobre asignación de dotación económica ós grupos políticos”; e 7º, “Dar conta das resolucións presidenciais”, que xa lle tocará ó Secretario. Polo tanto, puntos 3, 4, 5 e 6 que son os que nos afectan agora, pois teñen a palabra os portavoces dos grupos. Comezamos polo partido do Bloque Nacionalista Galego, ten a palabra D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. Bos días a todos e a todas. Bueno, igual era mellor pasar ó 4, bueno deixar o 3 á parte, pero bueno, vamos a tratalo todo xunto. Ben, estamos ante o Pleno de organización e obviamente cando as cousas van ben economicamente, nas Institucións nunca chegan os recursos, pero en principio hai relativa abundancia deles, pois gastar é moi fácil, cando hai que recortar e demais cousas complícanse e necesitan esforzos extraordinarios, empezando por este Pleno. É a primeira vez, que recorde, había que mirar as actas, nas que se esgoten o prazo máximo legal para facer o Pleno de organización, normalmente iso faise pois á semana seguinte da constitución da corporación. Creo que a ninguén se lle escapa que se levou tanto tempo é precisamente polos problemas para facer axustes e demais, que levan moito máis esforzo que gastar cando hai cartos, cando hai que axustar a cousa é moito máis complicada. Ben, hai unha proposta, falada na Xunta de Portavoces sobre unha base, digamos, a proposta do grupo de goberno que é facer un recorte forte nos gastos da corporación. Ben, non temos nada en contra, imos a apoialo en xeral, pero creo que non está nada mal, aínda que vaia a ter a repercusión que teña ou non vaia a chegar a quen ten que chegar, facer unha serie de consideracións. A primeira, por exemplo, no punto catro, se se suma o punto catro con, que son os representantes da corporación en órganos colexiados, con outras representacións, que son directas da Presidencia e outras que son institucionais, pois resulta que, nesta corporación vai a haber pois se cadra como cen representacións, cuarta arriba, cuarta abaixo, setenta, cen, e unha serie de organismos nos que leva o seu tempo, obviamente, coñecer e ser, digamos, fixar un criterio dunha maneira correcta para que a xestión de asuntos públicos vaia o mellor posible. Aquí hai dende os organismos autónomos desta casa ata, non sei, a Comisión de Patrimonio Provincial, Servicio de extinción de Incendios, Cruz Vermella, Comisión Superior de Urbanismo de Galicia, Xestur, etc., obviamente, iso leva o seu tempo e demais, digo isto porque estamos nunha época que parece que os cargos de representación temos a obriga, e digo temos colectivamente, de atinar en todo, de ser axustados en todo, pero despois parece que o traballo que hai que facer cando se toman unha serie de decisións pois non se valora para nada, e polo tanto, pois se fan todos os aplausos habidos e por haber cando representantes públicos parece que, en fin, debíamos en ratiños libres, un cachiño así, pois impartir esa xustiza ou administrar desa maneira tan eficaz, que se demanda loxicamente, que todos aspiramos, pero é contraditorio, o adicarlle tempo, coñecemento dos asuntos e criterio e estudo para poder decidir, con non ter ese tempo ou telo que adicar a outras cuestións, ¿non?, paréceme profundamente desafortunado esa contradición que ó final creo que vai absolutamente en contra de todos. E dito isto, pois entramos en fariña nalgúns detalles, un que xa leva, coñézome a Administración Local hai moitísimo tempo, pois había unha Escola de Secretarios hai anos, había una Escola que dicía que os gastos dunha corporación debían estar dunha maneira saudable entre o 1,5 % e o 2% do orzamento da Deputación, bueno, da institución que fora. Ben, pois esta casa está nestes momentos, neste mandato por debaixo do 1%, por debaixo do 1%, todos os gastos da corporación, da corporación digo está bastante por debaixo do 1%. Ben, se a alguén lle pode parecer excesivo que intentar racionalizar o gasto, mover toda esta administración e demais se leve menos do 1%, cando axustaron a disfunción nun servizo que aforre infinitamente máis que ese 1%, pois bueno, non sei en que mundo se vive, pero creo que vamos, non é moi lóxico, ou sexa, non é moi lóxico que unha institución de ámbito provincial, que polo tanto hai, come moito tempo ir dun lado para outro, e coñecer os asuntos dun lado e outro, ou despois tomar decisións, pois o gasto da corporación estea por debaixo do 1%, dígoo e está claramente por debaixo. Ben, ¿que hai que recortalo?, recortémolo, pero hai outras institucións deste tipo que están no 4%, o 3 e pico, claro, hai que recortar, é moi fácil, aquí é francamente difícil, agora o grupo de goberno ten esa proposta, aceptámola e farase ese recorte que imos a votar hoxe, que, repito, agardo, agardamos, e así llo dixemos no Pleno de investidura, que a mesma proporción na que se recorta hoxe os gastos da corporación, que imos a apoiar, se faga en todo o resto desta casa, porque obviamente os gastos da corporación non era un problema desta casa, senón chegan ó 1% , non chegan ó 1%, claramente, debe andar no 0,8%, máis ou menos, pois, e que se faga noutra tal, por poñer un exemplo, por poñer un exemplo, os gastos de toda a corporación, dos que estamos aquí, os corporativos, pode andar sobre, con todos os gastos, pode andar sobre un millón de euros anual, sobre cento corenta e un millóns, obviamente é bastante menos do 1%, os gastos de promoción da corporación pasan do 2%, pasan do 2%. Ben, eu repito, repetimos, vámola a apoiar pero, digamos en certo modo, coa condición de que é un detalle simbólico, é un aviso para navegantes, de que os recortes irán na mesma proporción ou maior a outros gastos que ten esta casa, que son francamente máis elevados e menos xustificados, e menos xustificados do que é a representación e demais. E tamén en liña co que dixemos no Pleno de investidura, aínda que, normalmente a oposición aquí, pois en cantidade de temas, se ten moi pouco en conta, se van a facer unha política dese tipo, de reaxuste de gastos, evitar duplicidade, racionalización, etc., pois conten con nós, se é que realmente van en serio e hoxe o que facemos é un, digamos un xesto simbólico que non real, porque claro, baixar sobre o que está moi baixo dificilmente dá grandes cifras, porque non pode dalas, non as hai, polo tanto, non hai maneira de recortalas. Hai un recorte efectivo e claro, pois, conten con nós para ese traballo, que si cremos que esta casa ten moito onde racionalizar, moitísimo onde racionalizar, moitísimo onde priorizar, moitísimo onde de traer recursos para fins máis prioritarios ós que se están adicando nestes momentos, se, repito, como hoxe imos a votar a prol deste recorte, posto na medida en que acabamos de dicir. E por último, nesta casa era tradición creo que moi lóxica e moi razoable, que, ben directamente dos propios concellos, ben indirectamente que tanto Vigo como Pontevedra, Pontevedra como Vigo, contaran cunha Vicepresidencia, ten a súa lóxica, non é o caso, non é o caso, e cremos que é un erro, que obviamente poden substituír ou poden subsanar cando queiran, en calquera momento, pero aí queda a nosa queixa, porque parece que non ten moito sentido, non ten moito sentido, é unha cuestión de que son relacións con dúas institucións, as institucións locais máis grandes da provincia, obviamente son as tres; a Deputación, concello de Vigo, concello de Pontevedra e parece que esas relacións que levan os Alcaldes-Presidente directamente, pois o razoable é que conten cun interlocutor que teña rango de Vicepresidente ou Vicepresidenta, que sería o razoable e así foi ata agora, non sabemos exactamente cal é o motivo que neste caso non o haxa, cremos que é un erro que debían subsanar. Nada máis por agora. Moitas grazas. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera, ten a palabra D. Héctor Santos, que está aquí. Sr. Rodríguez Díaz.- Gracias Presidente. Bos días. Ben, o anunciabamos no Pleno de investidura, de que podiamos e queriamos colaborar con propostas para mellorar o funcionamento da Deputación. Hoxe, o que nos trae aquí nesta agrupación de puntos, é, garantizar o funcionamento do goberno da Deputación, pero tamén garantizar que os Deputados e as Deputadas da oposición poidamos exercer esa laboura que nos encargaron os cidadáns. Nós, vemos que a supresión dos 5 organismos autónomos que hoxe van aquí, que é un bo, están no bo camiño, é un bo inicio, o cal ben a dicir, a demostrar que xa non eran necesarios nos anteriores catro anos. Por iso dende o Grupo Socialista, dicimos, que vai no bo camiño, polo tanto a intención, a intención de redución de gastos de funcionamento vai no bo camiño, pero tamén se pode mellorar, porque miren vostedes, en tempos de escasez é cando hai que xestionar mellor e cando hai que aproveitar máis e mellor os recursos, e aquí, quizá o verdadeiro debate para, virá nos presupostos, que terán que ser aprobados neste Pleno para 2012, é onde temos que ver realmente se este é o bo camiño, estas intencións que agora se están a dar van a dar resultado, polo tanto, tocará o debate neses plenos, tocará ese debate. Hoxe, o que nos toca, como dicía, é dar o visto bo a garantizar o funcionamento do goberno, pero tamén dos que estamos na oposición. Dende o noso grupo, insistimos, podía facerse un esforzo maior, pero insistimos, vai no bo camiño, e polo tanto, imos a apoiar tamén estes puntos que veñen hoxe na orde do día. Sr. Presidente. Moitas gracias, ten a palabra José Manuel Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Bueno, nós queríamos comezar agradecendo, tanto ó BNG como ó Partido Socialista, este apoio que nos van a dar nesta organización do goberno, e por suposto, como dicía o Sr. Santos Héctor, tamén do traballo da oposición. Dende logo, creo que despois dos discursos tanto do BNG como do Partido Socialista, nos sentimos satisfeitos porque parece que iniciamos un bo camiño, parece que dende o goberno, pois acertamos nas liñas que temos que seguir. Xa o Presidente da Deputación no seu discurso de investidura falaba de cales eran os criterios que íamos a manter ó longo destes catro anos, e por suposto que cando se fala da organización dunha Corporación, Corporación é goberno máis oposición, ó acertar pois quere dicir que é moi positivo. Polo tanto, nós así fixemos ese plantexamento, un plantexamento que nos trasladou o Presidente a todo o equipo de goberno do Partido Popular, onde se nos marcaba como un criterio fundamental a austeridade, austeridade, racionalizar o gasto, e intentar que o gasto sexa o máis produtivo e o máis rentable para defender os intereses xerais da nosa provincia. Damos hoxe un primeiro paso, un primeiro paso importante, onde se fan reducións considerables, dende preto do 50% no equipo de goberno, o 57,11% en persoal eventual e de confianza, reducimos cinco organismos autónomos, e dende logo, creo que trasladamos unha mensaxe á cidadanía de austeridade, de intentar que a cidadanía entenda que as administracións estamos para defender os intereses xerais, os intereses de todos e todas, e polo tanto nos congratula, nos congratula que este Pleno, pois ó final houbésemos acercado, acértase tamén a oposición nos plantexamentos que está a facer, creo que nós dende o goberno tendemos a man, tendemos a man á oposición para seguir traballando nesta dirección. É certo que este é un primeiro paso, un primeiro paso importante, porque quere trasladar á opinión pública e á corporación cales son os criterios fundamentais sobre os que imos a dirixir as nosas políticas nos próximos catro anos. E, evidentemente, Sr. Mosquera, hai que seguir dando pasos, este é única e exclusivamente un Pleno de organización da Corporación e a partir de aí empezaremos a falar dos presupostos, empezaremos a falar das políticas que imos a implantar nos próximos catro anos, eu creo que no discurso de investidura do noso Presidente está o resume do que queremos facer, de como o queremos facer, e por suposto o equipo de goberno non o quere facer só, se é posible que a oposición se sume ós nosos plantexamentos, e dende logo, tamén dende o goberno, aceptamos e somos capaces de entender aquelas mensaxes que nos pode trasladar a oposición para entre todos construír unha mellor provincia ou facer un mellor traballo. Dende logo, nesa liña vamos a traballar, dende logo que eu creo que é un bo inicio, é un bo inicio de mandato, é un bo inicio dos traballos que temos que facer durante os próximos catro anos, e dende logo, que a oposición se sume ó goberno para sumar a facer o seu traballo, eu creo que iso é o que queren os cidadáns e estamos convencidos, totalmente convencidos, que hoxe estamos dando unha lección todos do que quere a cidadanía nun momento de tantas dificultades como están pasando moitas familias. Eu dende logo, me sinto tremendamente satisfeito e en nome de todos os meus compañeiros e do Presidente, pois agradecer este espírito de colaboración, imos a estar, intentar estar á altura das circunstancias tamén dende o goberno, para que esta colaboración, e esta cooperación, e este consenso, se manteña durante os catro anos, e niso vamos a traballar, para acertar niso, e dende logo, para acertar na defensa, que creo que é o que nos leva aquí ós 27, que estamos na defensa dos intereses de todos os cidadáns da provincia de Pontevedra. Eu só quero trasladar tamén unha mensaxe de agradecemento ó noso Presidente, ó noso Presidente, por deixarnos traballar ós 16 compañeiros restantes nesta liña e pois desexar tamén que o Presidente teña o bo camiño como o iniciou, é dicir, da austeridade, da defensa dos intereses de todos e todas os/as cidadáns da nosa provincia, e dende logo empezar un bo camiño neste mandato. É difícil ter máis palabras de agradecemento, polo tanto eu creo que se iniciamos ben o mandato, estou convencido que ó final podemos rematalo mellor. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Bueno, houbo algunhas cuestións das que se comentaron na primeira intervención, que non están contestadas, pero bueno, supoño que intencionadamente. Ben, recollemos, como para os acordos de hoxe así o fixemos, recollemos o guante, como era aquilo de a Dios rogando co mazo dando, ¿non?, entón pedimos expresamente neste Pleno que se o recorte que se está facendo nos gastos de funcionamento da Corporación e do goberno, vía retribucións, vámolo a cifrar, imos a poñer unha cifra menor incluso, pois que haxa unha proposta enriba da mesa de grandes cifras, senón pode ser para o próximo Pleno, para o seguinte, pedimos expresamente, porque senón o xesto que facemos agora aquí non tería ningunha transcendencia. É un bo paso, que todos nos poñamos de acordo nunha dirección, xesto simbólico, importante, pero haberá que ter enriba da mesa, agora que estamos nesta fase de teitos de gasto, horizontes de gasto, etc., pois que haxa unha proposta, se o grupo de goberno se compromete a traela, ben, senón nós presentarémola vía moción, para ir fixando claramente unha liña que non quede nun brindis ó sol, interesante, sen quitarlle a relevancia que poida ter, pero facer ese tipo de labor, porque repito, unha cuestión, houbera o de antes, non é precisamente nesta casa onde, que si ten moitísimo gasto, e algúns de difícil xustificación, cos tempos que corren, non é precisamente na Corporación onde hai ese exceso de gasto, hoxe damos este paso e pedimos expresamente que avancemos no seguinte, que realmente non vai a ser fácil como todos sabemos, e polo tanto pois empecemos canto antes para podelo efectivizar. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Bueno, eu creo que despois da exposición xa de todos os grupos políticos, queda perfectamente clara e patente a vontade de colaboración nun momento de extremada dificultade, e polo tanto, iso é o máis significado que podemos sacar do día de hoxe, adelgazando, claro está, o gasto propio da Corporación, do equipo de goberno e do persoal de confianza, tanto do equipo de goberno como dos grupos da oposición. Polo tanto, esta casa ten a idea clara de cal é o momento e o que debe facer, e do cal nos alegramos tamén do apoio dos dous grupos políticos da oposición, precisamente para facer máis doado un camiño que vai a ser tremendamente difícil e complicado, o está sendo para as familias, para as empresas, en definitiva para a sociedade, e por iso nós temos que ser os primeiros en estar á altura destas circunstancias, e esperamos poder cumprir coa nosa misión, que é a defensa xeral dos intereses deste millón de habitantes que vivimos nesta provincia de Pontevedra. Polo tanto, imos a proceder á votación dos puntos 3, 4, 5 e 6, que son deste Pleno de organización da nova Corporación Provincial para o período 2011-2015. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno acorda por unanimidade aprobar a Moción da Presidencia sobre creación e composición das Comisións Informativas. Dita Moción é como segue: “Á vista da experiencia obtida durante o pasado mandato da Corporación Provincial e como consecuencia dos novos obxectivos que pretenden lograrse neste novo mandato, é intención desta Presidencia modificar a denominación existente ata agora dos órganos asesores da Corporación Provincial, que teñen por obxecto o estudo, informe ou consulta dos asuntos que deben ser sometidos á consideración do Pleno. Por iso, sométese á decisión do Pleno a seguinte proposta de acordo: En cumprimento do disposto nos artigos 58, 124, 125 e 127 do Real Decreto 2568/86, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, o Pleno acorda aprobar a Moción da Presidencia segundo a cal: Primeiro: Créanse, atendendo ás grandes áreas en que se estruturan os servizos provinciais, ademais da Comisión Especial de Contas, é de existencia preceptiva, as seguintes Comisións Informativas Permanentes: 1 - Benestar Social e Muller 2 - Cooperación Municipal 3 - Cultura 4 - Deportes e Xuventude 5 - Desenvolvemento Agrogandeiro 6 - Desenvolvemento Industrial, Urbanismo e Vivenda 7 - Economía, Facenda e Turismo 8 - Infraestruturas e Servizos Xerais 9 - Medio Ambiente 10 - Pesca e Asuntos Mariños 11 - Recursos Externos, Promoción Económica, Emprego e Comercio 12 - Réxime Interior e Persoal Segundo: As citadas Comisións Informativas estarán integradas por 17 Sres. e Sras. Deputados/as, representando a todos os Grupos Políticos na seguinte proporción: 11 membros do Grupo Provincial do PP; 4 membros do Grupo Provincial do PSdeG-PSOE e 2 membros do Grupo Provincial do BNG. Terceiro: A composición concreta das citadas Comisións Informativas será a seguinte: - Benestar Social e Muller 1 D. Pablo Baquero Álvarez 2 D. José María Bello Maneiro 3 D. José Crespo Iglesias 4 D. Jorge Domínguez Rosal 5 Dona Begoña Estévez Bernárdez 6 D. Arturo Grandal Vaqueiro 7 Dona Marta Iglesias Bueno 8 D. José Carlos López Campos 9 Dona María Pilar Ramallo Vázquez 10 D. José Nelson Santos Argibay 11 Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo 12 Dona María Isaura Abelairas Rodríguez 13 D. José Antonio Cacabelos Rico 14 D. Juan Antonio González Pérez 15 D. Eduardo José Reguera Ocampo 16 Dona Ornela Fernández Salgado 17 Dona Iolanda Veloso Ríos - Cooperación Municipal 1 D. Pablo Baquero Álvarez 2 D. José María Bello Maneiro 3 D. José Crespo Iglesias 4 D. Jorge Domínguez Rosal 5 Dona Begoña Estévez Bernárdez 6 D. Arturo Grandal Vaqueiro 7 D. José Carlos López Campos 8 D. José Alberto Pazos Couñago 9 Dona María Pilar Ramallo Vázquez 10 D. Severino Reguera Varela 11 D. José Nelson Santos Argibay 12 Dona María Isaura Abelairas Rodríguez 13 D. Eduardo José Reguera Ocampo 14 D. Santos Héctor Rodríguez Díaz 15 D. Francisco A. Veiga Soto 16 D. Uxío Benítez Fernández 17 D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo - Cultura 1 D. Pablo Baquero Álvarez 2 D. Jorge Domínguez Rosal 3 D. José Manuel Figueroa Vila 4 D. Arturo Grandal Vaqueiro 5 Dona Marta Iglesias Bueno 6 D. José Carlos López Campos 7 D. José Alberto Pazos Couñago 8 D. Severino Reguera Varela 9 D. Alberto Valverde Pérez 10 D. Jesús Vázquez Almuíña 11 Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo 12 Dona María Isaura Abelairas Rodríguez 13 D. Juan Antonio González Pérez 14 D. Eduardo José Reguera Ocampo 15 D. Santos Héctor Rodríguez Díaz 16 D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo 17 Dona Iolanda Veloso Ríos - Deportes e Xuventude 1 D. Pablo Baquero Álvarez 2 D. José María Bello Maneiro 3 D. José Crespo Iglesias 4 D. Jorge Domínguez Rosal 5 Dona Begoña Estévez Bernárdez 6 D. Arturo Grandal Vaqueiro 7 D. José Alberto Pazos Couñago 8 Dona María Pilar Ramallo Vázquez 9 D. Severino Reguera Varela 10 D. José Nelson Santos Argibay 11 Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo 12 Dona María Isaura Abelairas Rodríguez 13 D. Eduardo José Reguera Ocampo 14 D. Santos Héctor Rodríguez Díaz 15 D. Francisco A. Veiga Soto 16 D. Uxío Benítez Fernández 17 Dona Ornela Fernández Salgado - Desenvolvemento Agrogandeiro 1 D. Pablo Baquero Álvarez 2 D. José María Bello Maneiro 3 D. José Crespo Iglesias 4 D. Jorge Domínguez Rosal 5 Dona Begoña Estévez Bernárdez 6 D. Arturo Grandal Vaqueiro 7 Dona Marta Iglesias Bueno 8 D. José Alberto Pazos Couñago 9 Dona María Pilar Ramallo Vázquez 10 D. Severino Reguera Varela 11 D. José Nelsón Santos Argibay 12 Dona María Isaura Abelairas Rodríguez 13 D. José Antonio Cacabelos Rico 14 D. Eduardo José Reguera Ocampo 15 D. Santos Héctor Rodríguez Díaz 16 Dona Ornela Fernández Salgado 17 Dona Iolanda Veloso Ríos - Desenvolvemento Industrial, Urbanismo e Vivenda 1 D. José María Bello Maneiro 2 D. José Crespo Iglesias 3 D. Jorge Domínguez Rosal 4 D. José Manuel Figueroa Vila 5 D. Arturo Grandal Vaqueiro 6 Dona Marta Iglesias Bueno 7 D. José Carlos López Campos 8 D. José Alberto Pazos Couñago 9 D. Severino Reguera Varela 10 D. Jesús Vázquez Almuíña 11 Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo 12 D. José Antonio Cacabelos Rico 13 D. Juan Antonio González Pérez 14 D. Eduardo José Reguera Ocampo 15 D. Francisco A. Veiga Soto 16 D. Uxío Benítez Fernández 17 D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo - Economía, Facenda e Turismo 1 D. Pablo Baquero Álvarez 2 D. José María Bello Maneiro 3 D. Jorge Domínguez Rosal 4 Dona Begoña Estévez Bernárdez 5 D. José Manuel Figueroa Vila 6 D. José Carlos López Campos 7 D. José Alberto Pazos Couñago 8 D. Severino Reguera Varela 9 D. Alberto Valverde Pérez 10 D. Jesús Vázquez Almuíña 11 Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo 12 Dona María Isaura Abelairas Rodríguez 13 D. José Antonio Cacabelos Rico 14 D. Juan Antonio González Pérez 15 D. Santos Héctor Rodríguez Díaz 16 D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo 17 Dona Iolanda Veloso Ríos - Infraestruturas e Servizos Xerais 1 D. Pablo Baquero Álvarez 2 D. José María Bello Maneiro 3 D. José Crespo Iglesias 4 D. José Manuel Figueroa Vila 5 D. Arturo Grandal Vaqueiro 6 Dona Marta Iglesias Bueno 7 D. José Alberto Pazos Couñago 8 D. Severino Reguera Varela 9 D. José Nelson Santos Argibay 10 D. Alberto Valverde Pérez 11 Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo 12 Dona María Isaura Abelairas Rodríguez 13 D. José Antonio Cacabelos Rico 14 D. Juan Antonio González Pérez 15 D. Francisco A. Veiga Soto 16 D. Uxío Benítez Fernández 17 Dona Ornela Fernández Salgado - Medio Ambiente 1 D. Pablo Baquero Álvarez 2 D. José María Bello Maneiro 3 D. José Crespo Iglesias 4 D. José Manuel Figueroa Vila 5 D. Arturo Grandal Vaqueiro 6 D. José Alberto Pazos Couñago 7 Dona María Pilar Ramallo Vázquez 8 D. Severino Reguera Varela 9 D. Alberto Valverde Pérez 10 D. Jesús Vázquez Almuíña 11 Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo 12 D. José Antonio Cacabelos Rico 13 D. Juan Antonio González Pérez 14 D. Santos Héctor Rodríguez Díaz 15 D. Francisco A. Veiga Soto 16 D. Uxío Benítez Fernández 17 Dona Iolanda Veloso Ríos - Pesca e Asuntos Mariños 1 D. Pablo Baquero Álvarez 2 D. José María Bello Maneiro 3 D. José Manuel Figueroa Vila 4 D. Arturo Grandal Vaqueiro 5 Dona Marta Iglesias Bueno 6 D. José Alberto Pazos Couñago 7 Dona María Pilar Ramallo Vázquez 8 D. Severino Reguera Varela 9 D. Alberto Valverde Pérez 10 D. Jesús Vázquez Almuíña 11 Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo 12 Dona Isaura Abelairas Rodríguez 13 D. José Antonio Cacabelos Rico 14 D. Eduardo José Reguera Ocampo 15 D. Francisco A. Veiga Soto 16 Dona Ornela Fernández Salgado 17 D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo - Recursos Externos, Promoción Económica, Emprego e Comercio 1 D. Pablo Baquero Álvarez 2 D. José María Bello Maneiro 3 D. José Manuel Figueroa Vila 4 D. Arturo Grandal Vaqueiro 5 Dona Marta Iglesias Bueno 6 D. José Carlos López Campos 7 D. José Alberto Pazos Couñago 8 D. Severino Reguera Varela 9 D. José Nelson Santos Argibay 10 D. Alberto Valverde Pérez 11 D. Jesús Vázquez Almuíña 12 D. Juan Antonio González Pérez 13 D. Eduardo José Reguera Ocampo 14 D. Santos Héctor Rodríguez Díaz 15 D. Francisco A. Veiga Soto 16 D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo 17 Dona Iolanda Veloso Ríos - Réxime Interior e Persoal 1 D. Pablo Baquero Álvarez 2 D. José María Bello Maneiro 3 D. Arturo Grandal Vaqueiro 4 Dona Marta Iglesias Bueno 5 D. José Carlos López Campos 6 D. José Alberto Pazos Couñago 7 Dona María Pilar Ramallo Vázquez 8 D. Severino Reguera Varela 9 D. José Nelson Santos Argibay 10 D. Alberto Valverde Pérez 11 D. Jesús Vázquez Almuíña 12 D. José Antonio Cacabelos Rico 13 D. Juan Antonio González Pérez 14 D. Santos Héctor Rodríguez Díaz 15 D. Francisco A. Veiga Soto 16 D. Uxío Benítez Fernández 17 Dona Ornela Fernández Salgado - Comisión Especial de Contas 1 D. Pablo Baquero Álvarez 2 D. José María Bello Maneiro 3 D. Jorge Domínguez Rosal 4 Dona Begoña Estévez Bernárdez 5 D. José Manuel Figueroa Vila 6 D. José Carlos López Campos 7 D. José Alberto Pazos Couñago 8 D. Severino Reguera Varela 9 D. Alberto Valverde Pérez 10 D. Jesús Vázquez Almuíña 11 Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo 12 D. José Antonio Cacabelos Rico 13 D. Juan Antonio González Pérez 14 D. Santos Héctor Rodríguez Díaz 15 D. Francisco A. Veiga Soto 16 D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo 17 Dona Iolanda Veloso Ríos 4.6089.- MOCIÓN DA PRESIDENCIA SOBRE NOMEAMENTO DE REPRESENTANTES DA CORPORACIÓN EN ÓRGANOS COLEXIADOS O Pleno acorda por unanimidade aprobar a Moción da Presidencia sobre nomeamento de representantes da Corporación en órganos colexiados. Dita Moción é como segue: “O art. 58 c) do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais determina que corresponde ó Pleno a designación de representantes da Corporación en órganos colexiados. Esta representación pode plantexarse dende dúas perspectivas: representación en órganos colexiados que dependen da propia Corporación (Organismos Autónomos) e representación en órganos nos que debe haber representantes da Corporación pero que non dependen dela. En todo caso, o nomeamento é sempre competencia do Pleno. Por todo iso, a Presidencia somete á consideración do Pleno a adopción do seguinte acordo: “Desígnanse representantes da Deputación Provincial de Pontevedra nos Organismos que seguidamente se relacionan ós/ás seguintes Sres. e Sras. Deputados/as: Consello Reitor do Organismo Autónomo Local “Caixa de Anticipos” Presidente: D. Rafael Louzán Abal Presidente executivo: D. José Crespo Iglesias Vicepresidente: D. José Manuel Figueroa Vila Vogais: Dona Begoña Estévez Bernárdez Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo D. Juan Antonio González Pérez D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo Consello Reitor do Organismo Autónomo Local “Escola de Canteiros” Presidente: D. Rafael Louzán Abal Presidente executivo: D. José Crespo Iglesias Vogais: D. José Manuel Figueroa Vila Dona Begoña Estévez Bernárdez Dona María Isaura Abelairas Rodríguez D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo Consello Reitor do Organismo Autónomo Local Instituto para a Promoción e Equipamento do Solo Industrial da Provincia de Pontevedra (IPESPO) Presidente: D. Rafael Louzán Abal Vicepresidente: D. José Manuel Figueroa Vila Vogais: D. José Crespo Iglesias Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo D. Santos Héctor Rodríguez Díaz D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo Consello Reitor do Organismo Autónomo Local “Museo de Pontevedra” Presidente: D. Rafael Louzán Abal Presidenta executiva: Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo Vogais: Dona Begoña Estévez Bernárdez D. José Manuel Figueroa Vila D. Juan Antonio González Pérez Dona Ornela Fernández Salgado Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión e Recadación de Recursos Locais (ORAL) Presidente: D. Rafael Louzán Abal Vicepresidente: D. José Crespo Iglesias Vogais: D. José Manuel Figueroa Vila Dona Begoña Estévez Bernárdez Dona María Isaura Abelairas Rodríguez D. Uxío Benítez Fernández Consello Reitor do Organismo Autónomo Local “Turismo Rías Baixas” Presidente: D. Rafael Louzán Abal Presidente executivo: D. José Manuel Figueroa Vila Vogais: Dona Begoña Estévez Bernárdez D. Jesús Vázquez Almuíña D. José Antonio Cacabelos Rico Dona Iolanda Veloso Ríos Consello de Administración do Centro Provincial da Asesoramento Municipal (CPAM) Presidente: D. Rafael Louzán Abal Vicepresidente: D. José Crespo Iglesias Vogais: D. José Manuel Figueroa Vila Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo D. Eduardo José Reguera Ocampo D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo - Comisión Superior de Urbanismo de Galicia: D. José Manuel Figueroa Vila - Comité Provincial de Caza: D. Severino Reguera Varela - Comité Provincial da Cruz Vermella Española: Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo - Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual de Galicia: Titular: Dona Begoña Estévez Bernárdez Suplente: Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo - Consello de Goberno do Organismo Autónomo “Pazo da Cultura de Pontevedra”: Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo - Consello Provincial de Servizos Sociais: Titular: Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo Suplente: Dona Begoña Estévez Bernárdez - Consello Técnico Asesor da Misión Biolóxica de Galicia: Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo - Consello Territorial da Propiedade Inmobiliaria de Pontevedra: D. Arturo Grandal Vaqueiro - Consello Territorial da Propiedade Inmobiliaria de Vigo: D. Jorge Domíngez Rosal - Consorcio para o Servizo contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Baixo Miño, Condado e Louriña: Titular: D. José Nelson C. Santos Argibay Suplente: D. Pablo Baquero Álvarez - Consorcio para o Servizo contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Deza, Tabeirós e Terra de Montes: Titulares: D. José Crespo Iglesias e D. José Carlos López Campos Suplentes: D. José María Bello Maneiro e Dona Marta Iglesias Bueno No Consello Consultivo: Os mesmos. - Consorcio para o Servizo contra Incendios e Salvamento da Comarca do Morrazo: Titulares: Dona Begoña Estévez Bernárdez Dona María Pilar Ramallo Vázquez e Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo Suplentes: D. Severino Reguera Varela, D. José Manuel Figueroa Vila e D. Jorge Domínguez Rosal - Consorcio para o Servizo contra Incendios e Salvamento da Comarca do Salnés: Titulares: D. Jorge Domíngez Rosal, Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo e Dona Begoña Estévez Bernárdez Suplentes: Dona Marta Iglesias Bueno, D. Jesús Vázquez Almuíña e D. José Manuel Figueroa Vila - Consorcio Provincial de Pontevedra para a prestación do servizo contra incendios e salvamento: Dona Begoña Estévez Bernárdez e Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo - Consorcio Zona Franca de Vigo: D. Rafael Louzán Abal - Instituto Feiral de Vigo (IFEVI): D. José Manuel Figueroa Vila - Padroado da Fundación Semana Verde de Galicia: D. José Crespo Iglesias e D. José Carlos López Campos - Padroado da Mellora de Vivenda Rural: D. Pablo Baquero Álvarez - Padroado Municipal “Monte Santa Tegra” (A Guarda): D. Pablo Baquero Álvarez - Padroado da Universidade Nacional de Educación a Distancia: Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo - Padroado do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia: Dona Begoña Estévez Bernárdez - Sección Provincial do Consello de Empadroamento do INE: Titular: Dona Begoña Estévez Bernárdez Suplente: Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo - Sociedade de Garantía Recíproca da Pequena e Mediana Empresa de Pontevedra e Ourense (SOGARPO): D. Severino Reguera Varela e D. Alberto Valverde Pérez - Xestur Pontevedra, S.A.: D. José Manuel Figueroa Vila - Xunta Consultiva do Parque Natural do Monte Aloia: D. Pablo Baquero Álvarez 5.6090.- MOCIÓN DA PRESIDENCIA SOBRE RÉXIME DE DEDICACIÓN EXCLUSIVA DE CARGOS DA DEPUTACIÓN E PERSOAL EVENTUAL Vista a moción da Presidencia de data 20 de xullo, pola que se somete ó Pleno da Corporación Provincial a aprobación do réxime de dedicación exclusiva dos cargos da Deputación Provincial, retribucións, indemnizacións e relación de persoal eventual, de conformidade co disposto no artigo 75 da Lei 7/85, reguladora das bases de réxime local, artigo 225 da Lei 5/97, de réxime local de Galicia e segundo o artigo 13 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais vixente, así coma artigos 176 do RDL 781/86, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto refundido de disposicións legais vixentes en materia de réxime local, e 104 da Lei 7/85, de 2 de abril, con respecto ó persoal eventual, o Pleno acorda por unanimidade: PRIMEIRO: Establecer para os membros electivos da Deputación Provincial de Pontevedra, as seguintes retribucións e indemnizacións previstas no vixente orzamento provincial para o ano 2011, polos importes que a continuación se determinan: 1. Número e retribucións de altos cargos con dedicación exclusiva CARGO CON DEDICACIÓN Retribución/ano Seg. Social TOTAL Nº TOTAL ANUAL Presidente 71.593,20 € 9.767,76 € 81.360,96 € 1 81.360,96 € Vicepresidente ou Deputado 59.818,48 € 9.767,76 € 69.586,24 € 3 208.758,72 € TOTAL 290.119,68 € Para tal efecto, o Pleno modifica o número de cargos que se van a exercer en réxime de dedicación exclusiva, reducindo un cargo con relación ó mandato anterior. O custo salarial total e de seguridade social que deriva da asignación de catro dedicacións ó Presidente e tres Vicepresidentes ou Deputados para o ano 2011, tomando como data de efectos o 24 de xuño de 2011 e por un período de 6 meses e 7 días, ascende a un total de 150.700,68 €, cantidades que se imputarán ás aplicacións orzamentarias 11/900.912.100.00 e 11/900.912.160.01. Os cargos con dedicación percibirán, ademais, a antigüidade que lles corresponda pola súa condición de persoal en situación de servizos especiais segundo o artigo 29-2 da Lei 30/84, de medidas para a reforma da función pública e, no seu caso, artigo 8 do Regulamento de situacións administrativas, aprobado polo R.d. 365/1995 de 10 de marzo. Estas retribucións imputaranse á aplicación orzamentaria 11/900.912.100.10 De acordo co indicado na Resolución Presidencial de data 24 de xullo, a asignación do réxime de dedicación exclusiva ó Presidente e as Deputadas Provinciais Dona Begoña Estévez Bernárdez e Dona Marta Iglesias Bueno ten efectos retroactivos dende a data de toma de posesión e aceptación dos seus cargos, así como os nomeamentos do persoal eventual que continúa prestando as súas funcións de confianza e asesoramento especial. Para tal efecto o Pleno queda enterado de ditas asignacións e aceptacións. O terceiro cargo de Deputado Provincial en réxime de dedicación exclusiva terá efectos dende a data de aceptación e se comunicará ó Pleno da Corporación na próxima sesión que se celebre. 2.- Indemnizacións por asistencia a sesións de órganos colexiados. Estas indemnizacións serán as actualmente vixentes, cuxos importes veñen establecidos nas bases de execución do orzamento. Por cada sesión do Pleno 475,00 € Por cada sesión da Xunta de Goberno e Comisións Informativas 200,00 € As asistencias só serán compatibles cos gastos de locomoción e non se poderán percibir polos membros con dedicación exclusiva ou parcial (art. 75-3 da Lei 7/85). 3.- Indemnizacións por gastos de asistencia a actos fóra do pazo provincial no exercicio das súas funcións ou en representación da Deputación. a) Réxime de axudas de custo e gastos de locomoción. Tal e coma establecen as Bases de execución do vixente orzamento provincial, todos os membros da Deputación terán dereito a percibir indemnizacións polos gastos efectivos ocasionados no exercicio dos seus cargos segundo as normas de aplicación xeral nas administracións públicas, contidas basicamente no R.d. 462/2002, e actualizacións posteriores e orde de 8 de novembro de 1994, sobre xustificación, quedando todos incluídos no grupo I para efectos de axudas de custo, todo isto en aplicación do art. 75-4 da Lei 7/85, reguladora das bases de réxime local, art. 13-5 do Regulamento de organización, funcionamento, e réxime xurídico das entidades locais, aprobado polo R.d. 2568/86, de 28 de novembro, e art. 225-21 da Lei 5/97, de Administración local de Galicia. Os membros da Deputación poderán optar polo reintegro dos gastos efectivamente realizados, caso no que achegarán os correspondentes xustificantes da totalidade dos seus gastos, (facturas ou documentos equivalentes segundo a normativa xeral). Os servizos con dereito a indemnizacións disporaos ou ratificaraos o Presidente da Deputación. b) Xustificación. Efectuarase segundo a normativa de carácter xeral anteriormente indicada para as administracións públicas, mediante conta rendida polo interesado, á que se unirán os xustificantes que sexa necesario en cada caso, entre eles, a disposición de servizo ou ratificación deste, e sempre coa conformidade do Ilmo. Sr. Presidente, cando non sexa este o propio interesado, caso no que se limitará á conta ou declaración das circunstancias que motivaron o devengo en cada caso concreto, achegando os xustificantes que procedan. SEGUNDO: Determinar o número, denominación e retribucións dos postos de traballo de persoal eventual, en cumprimento do previsto nos citados artigos 176 do RDL 781/86, de 18 de abril, e artigo 104 da Lei 7/1985, de 2 de abril, de forma que se manteñen os seguintes postos de traballo de persoal eventual adscritos ó Gabinete da Presidencia, con efectos dende a toma de posesión da nova Corporación: DESCRIPCION Nº R G Niv Retribucións anuais XEFE GABINETE DA PRESIDENCIA 1 PE A1 29 55.990,45 € XEFE GABINETE DE PRENSA 1 PE A1 29 55.990,45 € DIRECTOR DO GABINETE DA PRESIDENCIA 1 PE A1 29 55.990,45 € COORDINADOR RÉXIME INTERNO 1 PE A1 29 55.990,45 € COORDINADOR CENTRO PRÍNCIPE FELIPE 1 PE A1 29 55.990,45 € ASESOR PRESIDENCIA 1 PE A2 24 39.103,02 € XEFE GABINETE DE COMUNICACIÓN 1 PE A2 24 39.103,02 € COORDINADOR GRUPO 1 PE C1 22 32.839,47 € ADMINISTRATIVO 6 PE C1 22 32.839,47 € A través deste acordo amortízanse un total de 7 postos de traballo de persoal eventual, producíndose un aforro que suma un total de 348.934,07 €/ano en concepto de salarios e seguridade social. 6.6091.- MOCIÓN DA PRESIDENCIA SOBRE ASIGNACIÓN DE DOTACIÓN ECONÓMICA ÓS GRUPOS POLÍTICOS O Pleno acorda por unanimidade aprobar a moción da Presidencia sobre asignación económica ós grupos políticos. Dita moción é como segue: “O artigo 73.3 da Lei 7/85, Reguladora das Bases do Réxime Local establece que o Pleno da Corporación poderá asignar ós Grupos Políticos unha dotación económica que deberá contar dun compoñente fixo, idéntico para todos os Grupos, e outro variable, en función do número de membros de cada un deles. De acordo coa citada norma, elévase ó Pleno a proposta de asignar unha dotación económica con arranxo ás seguintes contías: A) Compoñente fixo Unha dotación mensual de 3.000,00 € por Grupo. B) Compoñente variable Unha dotación mensual de 158 € por cada membro do Grupo.” 7.6092.- DAR CONTA DE RESOLUCIÓNS PRESIDENCIAIS Sr. Presidente.- Punto número 7. Dar conta das Resolucións Presidenciais. Sr. Secretario.- Si, en primer lugar la Resolución Presidencial por la que se establece la composición de la Junta de Gobierno, así como las sesiones ordinarias que serán semanalmente. Resolución Presidencial en la que se constituye la Junta de Portavoces de esta Diputación y Resolución Presidencial designando Vicepresidentes de la Corporación. Queda enterado o Pleno das seguintes Resolucións Presidenciais: A) De Resolución Presidencial, de data 1 de xullo de 2011, número de rexistro de saída 9794, de nomeamento de membros da Xunta de Goberno e do réxime de sesións das mesmas. B) De Resolución Presidencial, de data 1 de xullo de 2011, número de rexistro de saída 9802, sobre a constitución da Xunta de Portavoces. C) De Resolución Presidencial, de data 26 de xullo de 2011, número de rexistro de saída 10686, designando Vicepresidentes da Corporación Provincial ós Sres. Deputados D. José Manuel Figueroa Vila e D. José Crespo Iglesias. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sendo este un Pleno extraordinario e non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión. Moitas gracias e moi bos días. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as once horas e corenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. O Presidente, O Secretario, Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. Carlos Cuadrado Romay

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Pleno (Tema)

Área de control da descrición