ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.278
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2011/09/09_Extraordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.43.827/4.2011-09-09_Extraordinaria

  • Título Acta de sesión 2011/09/09_Extraordinaria

  • Data(s) 2011-09-09 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión. 33 follas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A C T A Da sesión extraordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 9 de setembro de 2011 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e cinco minutos do día nove de setembro do ano dous mil once, baixo a Presidencia do Sr. Vicepresidente D. José Manuel Figueroa Vila, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona María Isaura Abelairas Rodríguez (PSdeG-PSOE), Don Pablo Baquero Álvarez (PP), Don José María Bello Maneiro (PP), Don Uxío Benítez Fernández (BNG), Don José Antonio Cacabelos Rico (PSdeG-PSOE), Don José Crespo Iglesias (PP), Don Jorge Domínguez Rosal (PP), Dona Begoña Estévez Bernárdez (PP), Dona Ornela Fernández Salgado (BNG), Don Arturo Grandal Vaqueiro (PP), Dona Marta Iglesias Bueno (PP), Don José Carlos López Campos (PP), Don D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo (BNG), Don José Alberto Pazos Couñago (PP), Dona María Pilar Ramallo Vázquez (PP), Don Eduardo José Reguera Ocampo (PSdeG-PSOE), Don Severino Reguera Varela (PP), Don Santos Héctor Rodríguez Díaz (PSdeG-PSOE), Don José Nelson Cándido Santos Argibay (PP), Don Alberto Valverde Pérez (PP), Don Jesús Vázquez Almuíña (PP), Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo (PP), Don Francisco Andrés Veiga Soto (PSdeG-PSOE) e Dona Iolanda Veloso Ríos (BNG), co obxecto de celebrar sesión extraordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Non asisten o Ilmo. Sr. Presidente, D. Rafael Louzán Abal (PP) nin o Sr. Deputado D. Juan Antonio González Pérez (PSdeG-PSOE). Da fé do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- … en susbtitución da ordinaria de agosto, o Pleno da Deputación convocado para as once horas do día 9 de setembro. Desculpar a ausencia do Presidente, que ten un compromiso, e que en calquera caso, bueno, pois, se lle dese tempo se incorporaría ó Pleno. 1.6106.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Orde do día. Punto número 1. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión, extraordinaria, do día 29 de xullo de 2011. ¿Algunha intervención?. Votamos. ¿Votos en contra?. Non hai ningún. ¿Abstencións?. Tampouco.Todos a favor. Acórdase por unanimidade, aprobar o borrador da acta da sesión extraordinaria do día 29 de xullo de 2011. a) Parte resolutiva: 2.6107.- SOLICITUDE DE AXUDA Á “FUNDACIÓN BIODIVERSIDADE” DO MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE E APROBACIÓN DO PROXECTO “PONTEVEDRA StopCO2-BANCO DE BONOS DE CARBONO” PARA A COMPENSACIÓN VOLUNTARIA DE EMISIÓNS DE GASES DE EFECTO INVERNADOIRO Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Punto 2. Solicitude de axuda á Fundación Biodiversidade do Ministerio de Medio Ambiente e aprobación do proxecto “Pontevedra StopCO2-Banco de bonos de carbono” para compensación voluntaria de emisións de gases de efecto invernadoiro. ¿Algunha intervención?. Non hai intervencións. Pois votamos. ¿Votos en contra?. Non hai ningún. ¿Abstencións?. Todos a favor. Vista a documentación do proxecto, o informe de Intervención ó respecto e o ditame favorable da Comisión Informativa de Cooperación Municipal, o Pleno acorda por unanimidade: 1º.- Aprobar a solicitude dunha axuda para o Proxecto denominado "Pontevedra StopCO2 - Banco de bonos de carbono para a compensación voluntaria de gases de efecto invernadoiro", a presentar á convocatoria 2011 de axudas para a realización de actividades no ámbito da Biodiversidade, o Cambio Climático e o Desenvolvemento Sostible da Fundación Biodiversidade, dependente do Ministerio de Medio Ambiente, e cuxas bases reguladoras foron aprobadas polo Padroado da Fundación Biodiversidade o 1 de febreiro de 2010 e publicadas na súa páxina web. O importe total do Proxecto ascende a cento noventa e tres mil cincuenta e catro euros con noventa e un céntimos (193.054,91€). A cantidade a solicitar á Fundación Biodiversidade como axuda é de 119.500,00€, que representa o 61,90% do Proxecto. A cantidade restante financiarase con achegas propias da Deputación Provincial por un importe de 73.554,91€, o que supón un 38,10% do gasto previsto total. 2º.- Aprobar o citado proxecto denominado "Pontevedra StopCO2 - Banco de bonos de carbono para a compensación voluntaria de gases de efecto invernadoiro", por un importe total de cento noventa e tres mil cincuenta e catro euros con noventa e un céntimos (193.054,91€) e que terá por obxectivo estratéxico a redución e compensación da emisión de gases de efecto invernadoiro na provincia de Pontevedra. 3.6108.- APROBACIÓN INICIAL DO PROXECTO “MELLORA E AMPLIACIÓN EP-9305 COIRÓN-RIBADUMIA-LEIRO. LUGAR DE PADRENDA (MEAÑO)”. EXPOSICIÓN PÚBLICA DO MESMO E DO EXPEDIENTE DE EXPROPIACIÓN. DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA DA OBRA. SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DA DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN. MOTIVACIÓN DA URXENCIA Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Punto 3. Aprobación inicial do proxecto “Mellora e ampliación da estrada provincial 9305 Coirón-Ribadumia-Leiro. Lugar de Padrenda (Meaño)”. Exposición pública do mesmo e do expediente de expropiación. Declaración de utilidade pública da obra, e solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación. Motivación da urxencia. Intervencións. Sr. Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Moi bos días a todos. Aínda que este proxecto xa foi levado ó Pleno da Corporación quedou pendente sobre a Mesa para a elaboración por parte dos técnicos, como dixéramos na Comisión Informativa, do Servizo de Infraestruturas, dos flecos que lle faltaban a este proxecto. Xa subsanados eses flecos, tráese ó Pleno xa conxuntamente de acordo co concello de Meaño, onde o mesmo, de acordo co propio convenio, a Deputación aporta o 70% e o 30% para poder executalo. O concello de Meaño o día 8 de agosto deste ano prestou a aprobación ó convenio, a Deputación levouno á Xunta de Goberno local, á Xunta de Goberno, perdón, e aprobámolo o día 2 de setembro de 2011. Polo tanto, que é a mellora e ampliación na estrada provincial 9305, en Coirón-Ribadumia-Leiro, no lugar en concreto de Padrenda, no concello de Meaño, abarca a realización de melloras nun tramo de dita estrada de aproximadamente 600 metros. Este tramo foi un tramo que quedou a medio facer debido a que é unha vía, que xa o propio Alcalde e Deputado Provincial nestes momentos explicou na Comisión Informativa ós distintos membros da mesma, que quedou pendente por culpa de que, se ben o concello puxera a disposición os terreos a esta casa, logo na execución do mesmo producíronse unha serie de problemas e unha familia pois non puxo a disposición os terreos, motivo polo que houbo que orixinar o expediente de expropiación. O concello así o fixo e polo tanto o tramo que quedaba cun ancho insuficiente pois agora queda totalmente dotado. Polo tanto, trátase da execución, de poñer a exposición pública o expediente de expropiación e a declaración de utilidade pública da mesma obra e declarar a urxente ocupación e motivar a urxencia da mesma. Eu creo que neste caso pois non hai nada máis que dicir, creo que na Comisión Informativa xa foi obxecto de debate o mesmo e creo que quedou suficientemente claro. Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Moi ben. ¿Máis intervencións?. D. Francisco Veiga. Sr. Veiga Soto.- Bos días. Bos días señores e señoras Deputados. Este tema, como di o Sr. Crespo, foi tratado e debatido na Comisión Informativa porque non deixa de despertar curiosidade, despertar curiosidade porque fai preto de catro anos nesta mesma, neste mesmo foro, nesta mesma sesión, quedou establecido que a Deputación ía a pedir a disposición total e absoluta dos terreos para realizar as obras deste tipo, de mellora e ampliación de estradas provinciais, algo totalmente lóxico porque estabamos acostumados a que centos e centos de obras da Deputación quedaran a medio facer, como é esta no caso de Meaño, estaba a medio facer, non é un convenio para facer unha obra, é que é unha modificación, non se di a palabra modificación, é unha corrección de erros do anterior, por non facer ben o trámite administrativo previo, porque se se di expresamente que os terreos teñen que estar a disposición do ente provincial para poder facer esta obra, non ten moito sentido que agora esteamos corrixindo algo que tiña que estar feito. Isto que noutros casos se estaba pedindo, e, home, molestando porque non era a forma habitual, pero entendendo e sendo estritos, facilitaba e melloraba moito os trámites que se tiñan que facer dende esta casa. Pois nuns casos parece que se facía e noutros casos parece que non se facía, curiosamente parece que non se facía sempre nos mesmos casos, pero bueno, á marxe diso aplaudimos que se solicitase esa posta a disposición dos terreos para a Deputación, para poder levar a cabo as obras e que non quedaran a medio facer como estaban quedando todas, todas. Neste caso estamos traendo aquí este novo convenio de mellora e ampliación no lugar de Padrenda, para corrixir precisamente que nese momento non se puxeran a disposición os terreos, que non se puxeran de forma documental como esixe a Deputación noutros casos, e de forma documental só hai unha forma de facelo, que é a través do Rexistro e a través da Notaría, a través deses medios que garantiza que os terreos que se poñen a disposición da Deputación realmente están a disposición e se pode facer a obra que estaba planificada. Neste caso parece que non foi así, parece que a cesión non foi así e non foi de forma documental como esixe a Deputación, pasando polo Rexistro, ou polo menos como esixía nalgúns casos. Nós vamos a absternos neste punto porque queremos que todas as obras que fai este ente rematen, rematen e se fagan como se teñen que facer, pero dende logo non estamos de acordo co procedemento, procedemento que parece que para uns é dun modo e para outros doutro, se fai máis de catro anos xa se estableceu que todo o mundo tiña que poñer a disposición os terreos, o lóxico sería que eses terreo estiveran postos a disposición, e que non se fagan para uns unhas excepcións e para outros outras, que non se comecen unhas obras cando non están postos a disposición os terreos, que creo que ó mellor dende Secretaría habería que facer algún tipo de informe respecto a esta solución, ou que noutros lados se esixa toda e a completa disposición dos terreos para poder levar a cabo calquera obra. Por favor, dende xa, mantede o mesmo criterio para todo o mundo, se hai que poñer os terreos a disposición como é obrigado, que se teña que poñer e que se estableza claramente como se teñen que poñer, o que non podemos é andar con eses remendos, o que non podemos é iniciar obras que van a estar inacabadas nun futuro, o que non podemos é estar facendo catro veces o mesmo trámite administrativo, porque ó final estamos gastando recursos deste ente. Se había un expediente para realizar as obras, se había unha posta a disposición que tiña que ser real destas obras, non ten por que vir aquí un expediente de corrección catro anos despois do mesmo convenio. Fagámolas cousas ben, fagámolas cousas ben, como se estaba pedindo dende a Deputación, e fagámolo xa, é dicir, nós, o noso grupo vaise abster neste punto porque como digo o que queremos é que se remate esa obra, que se remate e que se remate nos termos que estaban recollidos no convenio, coa posta a disposición dos terreos. Gracias. Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Moitas gracias D. Francisco Veiga. ¿Algunha intervención máis?. Sr. Crespo. ¿O BNG quere intervir?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bos días a todos e todas. Sr. Presidente, bueno, este é un tema eterno, está sempre dando voltas, tamén estivo no Pleno de marzo, creo, e tiña unha serie de defectos que puxemos de manifesto naquela ocasión o BNG e que se corrixiu. A verdade é que houbo un certo avance en determinado momento con respecto ás urbanizacións mediante convenio, que en principio se foi respectando e demais. O que é obvio é que este mecanismo de suposto aforro, que é a cesión para urbanizar, ó final convértese nun auténtico procedemento de inxustiza e de atrancar absolutamente todo, de inxustiza porque os que ceden, ceden, e os que din que ceden, ou non ceden, ó final cobran vía expropiación; e de atrancar, porque hai que andar para adiante e para atrás e demais, e o resultado final sempre é unha chapucilla. ¿Por que?. Porque se un colle e di, non, eu cedo pero ata aquí, eu non cedo e tal, ó final, e non hai máis que ver o plano, non, desta, desta vamos votar a favor, corrixíronse os defectos, e houbo máis, como fixemos sempre, pero ó final pois queda unha vía dunha urbanización onde ten unha beirarrúa de medio metro, despois anchea a dous, despois fai unha esquina, despois fai non sei que, despois, etc., que están para ver aí todas as que se fixeron. Tense falado aquí, o Sr. Crespo ten dito aquí, que a partir de agora, a partir de agora, e van alá uns cantos anos, ían a facer todas mediante un proxecto ben elaborado, en fin, centrado no proxecto e non en quen cede ou non cede, e con todos os elementos, bueno, pois do tratamento da travesía ou da ampliación da vía, segundo sexa, e con expediente de expropiación completo, despois se hai avenencia ou hai cesión gratuíta, pois vale e demais, ó final non se aplicou e bueno. Por outro lado é unha decisión complexa, eu o que pediría, e que se é posible, que se fixera un criterio de por vida, é dicir, que nos sentáramos, que houbera unha proposta, e fixar un criterio para o futuro, para facer as cousas como hai que facelas, ás veces as vías máis curtas rematan sendo máis complicadas, e xa é, digamos, paradigmático nesta Deputación, é un cachiño nun ano, dentro de dous anos outro cachiño, dentro de dous anos outro cachiño, que precisamente nin creo que, vamos, sexa un bo procedemento, nin creo que dea boa imaxe das obras que fai a Deputación. Este é un caso que vén aí atravesado por ese procedemento, pero habería que discutir o procedemento en serio e poñelo, e incluso máis cousas, porque urbanízase, e aquí, na inmensa maioría dos casos, unha vez urbanizada, polo tanto é un vial claramente urbano, este non é o caso, pero noutros casos si, pois despois os concellos nono aceptan, seguen sendo da Deputación, o deshumanizado. Bueno, hai mil casos, hai unha casuística variadísima, que obviamente creo que quen, se hai alguén que teña a responsabilidade disto dentro da Deputación, pois tiña que facer un esforzo para poñelo, para poñer certa orde, polo menos cara ó futuro, algo mellorou, pero, con estas todas herencias ou todas estas excepcións, que non teñen moito sentido e que crean, eu creo que dan unha imaxe bastante penosa das obras que se fan, e á parte dan unhas solucións, xa digo, francamente regulares, por non dicir algo máis forte, iso creo que o sabemos todos, pero hai que poñerlle o cascabel ó gato e debería intentar poñerse. Aí queda a proposta e senón seguiremos Pleno tras Pleno, que aínda así, seguiríamos unha temporada, polas herencias que hai atrás, pois con estes … para solucionar problemas, que ó final é profundamente inxusto, porque os que cederon non cobraron, bueno, ó final cobran vía muro e ó final sae máis caro, e o muro non vai onde debe ir, bueno, cousas deste tipo, e os que dixeron que cedían, ou dixeron que non, bueno, dixeron que cedían e se volveron atrás, despois ó final cobran, igual é profundamente inxusto, é moi estraño todo o procedemento. Eu entendo, entendemos a filosofía que é aforrar o máis posible nas expropiacións, pero ó final dá estas situacións e creo que o balance non é positivo, creo que o balance non é positivo, o resultado final, sería moito mellor ir polo dereito, con proxecto, con expropiacións, e parecería bárbaro, ben feito, que leve o que teña que levar, que teña as aliñacións como teña que telas, excepto excepcións, que haxa unha casa ou así, e ó final facer unha obra ben feita e sen andar para adiante e para atrás con todos estes trámites. Xa digo, como é unha cousa que vén de atrás e xa sempre fixemos esta advertencia, e á parte votamos a favor, por sacar adiante as obras e demais, vamos a votar a favor. Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Moitas gracias Sr. Mosquera. Sr. Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- É certo que co ánimo de abaratar os custes dun modo habitual víñase facendo nesta casa, nas vías provinciais, un sistema que pode resultar un pouco perverso, porque lonxe de abaratar moitas veces igualábamos ou incluso nos saía máis caro, e hai que recoñecelo, pero é certo que o ánimo inicial era sempre abaratar custos, ¿por que?, porque os terreos son bastante custosos, e despois tamén hai que recoñecer, que non pasa nada, que expropiar sempre é algo habitualmente incómodo para calquera político, porque parece que o feito de a palabra expropiación leva sempre aparellado algo de ofensa, ¿non?, que non debe ser así, porque é para algo público, e o interese público está por encima do interese particular, e todo aquilo que non sexa expropiar e de mutuo acordo parece que soa moito mellor. Pois con ese ánimo funcionaba esta casa, pero, ó final démonos conta e así resulta que no feito de chegar a mutuos acordos, pois realmente como sempre hai algún que aínda que inicialmente pois di que pode estar de acordo, pero despois resulta que na execución da obra por calquera motivo, por un “quítame de aí esas pallas”, pois non se pon de acordo, por algún cabreo con algún outro veciño ou por calquera outra historia, pois di que non está de acordo e non hai ningún documento firmado, ocorría que de repente di que as máquinas non entren no seu eido e ten toda a lexitimidade para facelo, e ó final, quedaban as obras incompletas, coma un serrucho, e ademais, despois, para executala, había que facer o correspondente expediente de expropiación, co cal había igual que expropiar, as obras eternizábanse no tempo, e encima podíase xerar algún agravio comparativo. E a isto había que engadir que cando as “donacións” dos eidos cos que se aforraba un custo para esta casa, despois os aforros non son tantos na realidade, porque as reposicións dos muros existentes, etc., etc., pois custan, ás veces, nalgún caso, máis que o propio terreo en si, co cal temos claro, temos claro, dende hai un tempo, que cada proxecto debe levar aparellado o correspondente expediente de expropiación, iso témolo perfectamente claro, dixémolo aquí hai un par de anos e dende entón estámolo cumprindo. Pero é que aquí trátase dunha vía, dunha carretera que se executou hai catro anos, e isto foi o que quedou sen executar, é dicir, esta carretera en concreto, este tramo en Meaño, é unha carretera que se executou máis ou menos, está aquí o alcalde e pódeme corrixir, sobre catro anos, e isto é o que quedou sen executar, que é o que se expropia agora para poder acabar a obra, polo tanto non é unha obra recente de agora. E con respecto ó que di o Deputado de Marín, dicirlle que o concello ou os concellos en xeral poñían a disposición os terreos e non lle esixíamos un rigor nesta casa, pero vostede a alusión que fai, que eu sei por que vostede a fai, e vostede tamén o sabe, os temas son razoablemente distintos, aquí tratamos a todos igual e a todos por igual, e iso que vostede di de que non tratamos a todos igual vén motivado por unha alusión concreta, fai alusión a unha situación concreta, onde, mire, neste caso o concello de Meaño puxo a disposición desta casa os terreos, os terreos da estrada neste tramo, despois resultou que o concello poñendo a disposición desta casa os terreos, pois, os veciños, un veciño, volveuse para atrás e non puidemos dispoñer deles, pero o concello puxo a disposición. O caso que vostede fala puxo a disposición, poñía a disposición os terreos de titularidade municipal, o cal é razoablemente distinto, cambia moito, poñer a disposición os terreos, aínda que despois pois se volvera atrás un veciño, que esa é outra historia, en poñer a disposición os terreos de titularidade municipal, cando ó mellor o concello ten unha ou dúas fincas, cambia moito a tocata, son fariñas de distintos costais, sabemos todos do que falamos. Polo tanto, aquí trátase a todos polo mesmo raseiro, o que pasa, é que a situación foi razoablemente distinta nos casos ós que vostede fai alusión. Nós tratamos a todos exactamente igual, pero entre o caso de Meaño e o caso ó que vostede encubertamente fai alusión, son casos totalmente distintos, e a xestión por parte dos respectivos concellos foi razoablemente distinta, foi totalmente distinta, a disposición nosa, que o concello de Meaño mandou para aquí un informe, é certo que sen ningún refrendo notarial, é certo, pero non llo pedíamos a ningún concello, tampouco llo íamos a pedir a vostedes, pero no caso en concreto ó que vostede fai alusión poñíanos a disposición os terreos municipais, non me compare, non compare unha cousa con outra, por favor, sexamos serios. En todo caso, eu creo que é unha obra que lle hai que dar para adiante, esta é unha obra que como digo desas xa históricas, porque, executada hai catro anos, e agora hai que rematala, queda ese anaquiño de seiscentos e pico de metros, e nós temos claro e así o estamos facendo, de que todo o proxecto que conleve unha mellora no ancho ou nalgunha curva, en definitiva, todo proxecto que necesite dispoñer de terreos, o propio proxecto debe levar aparellado o correspondente expediente de expropiación. Que despois por unha razón ou por outra, cando empezas co expediente se chega a un acordo co propietario e en vez de expropiarlle pois é mellor cambiarlle un muro que ten, un valo que ten, ou unha cancela que ten para atrás e se chega a un mutuo acordo, perfecto, non hai ningún problema, pero senón se chega a acordo execútase de acordo coa normativa vixente o correspondente, dáselle para adiante ó correspondente expediente e listo. Polo tanto, témolo perfectamente claro e creo que a liña a seguir vai ser esa, pero que quede claro que se se viña facendo historicamente así era por unha boa intención de abaratar custes, que en moitos casos hai que recoñecer que si, que se abarataron moitos custes, en moitos casos, pero tamén é certo que a xente hai anos daba de bo grao os terreos para anchear unha carretera e cada paso pois dáo de peor gana, tamén é certo, iso tamén hai que recoñecelo e sobre todo que á administración sempre parece que lle sobran os cartos e cando toca a facer unha obra, á administración sempre parece que se lle pode quitar o máximo posible. Polo tanto, no que antano se aforraba unha cantidade importante de diñeiro hoxe non se aforra practicamente nada. Polo tanto, os tempos, o que hai uns anos valía, hoxe pode non valer, polo tanto a filosofía de hai dez anos para aquí pode non ser válida nestes momentos. Así que, o que, se hai dez anos aforrabamos unha cantidade importante en vías e obras neste apartado de cesión voluntaria de terreos, hoxe afórrase máis ben pouco, e sobre todo un problema importante é que demoramos moito e eternizamos as vías provinciais, a execución das obras nas mesmas. Moitas gracias. Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Moitas gracias Sr. Crespo. ¿Máis intervencións?. Sr. Veiga Soto. Sr. Veiga Soto.- Sr. Crespo, eu de verdade, que encubertamente non, abertamente, a falar do tema, se quere das aceras de San Xulián, podemos falar se quere agora mesmo, pero non era a miña intención, pero non hai nada de encuberto, porque son trámites totalmente iguais, iguais, non hai diferencia algunha, o de titularidade municipal foi algo que aprobou o Pleno de Marín, o Pleno de Marín aprobouno, os catros grupos do Pleno aprobaron esa cesión unicamente dos bens de titularidade municipal, pero curiosamente chegamos a esta casa e no convenio que se puxo a firmar iso estaba fóra, había que ceder todos, iso non aparece no convenio, non aparece porque ese punto, expresamente, esta Deputación e esta casa ocupouse de quen non aparecera no convenio final que se firmou aquí na sala de prensa, ou sexa, que de titularidade municipal non, tiñamos que poñer todos, e poñelos todos con documentación, documentación que lle fora válida para realizar a obra completa, completa, e agora sen embargo se vai a realizar sen estar a obra completa, ou sexa, que isto debe ser como algo así como tratar desigual ós iguais para chegar a ser iguais, no seu argot, porque aquí igualdade non, porque antes apuntaban algo, unha chapuza, si, isto é unha chapuza, pero ademais é unha golfada, é unha golfada, que se actuou aquí así nesta casa segundo de quen fora o concello ou de quen fora a obra, se interesaba máis ou menos ó Presidente ou ó delegado de turno, para facer unha obra ou non, ou sexa, aquí houbo unha clara golfada, golfada, si, si, ademais da chapuza que estamos intentando solucionar agora, chapuza que aquí se iniciou fai catro anos, pero que noutros concellos empezou máis tarde, porque tamén hai unha obra parada en Cangas, e hai outras obras que non se quixeron iniciar no Grove, ou outras que non se quixeron iniciar en Marín, na mesma situación, na mesma situación na que está esta, por iso o que pedimos dende aquí é saber como se vai actuar a partir de agora, se o que antes valía xa non vale agora ou se se vai a iniciar un procedemento novo, como se pedía por parte do Bloque Nacionalista Galego, que sería lóxico, se hai que facer todas con expropiación, fagámolas todas con expropiación, porque estamos falando ademais de viais provinciais nos que a competencia é total e absoluta deste ente. Entón, se temos que chegar a facer os expedientes con ese expediente anexo de expropiacións, sempre salvando as posibilidades que teñamos de non maltratar ós propietarios ou ós veciños desa zona en demasía, pois fagámolo, pero non, aquí nuns momentos se opta por empezar as obras aínda que non estean os terreos a disposición e para iso tamén hai un control previo dos secretarios de cada concello, que firman ou non firman esa dispoñibilidade, e dudo moito que o documento que chegou aquí por parte do concello de Meaño neste caso, noutros, noutros casos, estivese refrendado polo Secretario do concello, ou, noutros casos onde se pide, que esa cesión documental sexa validada polo Secretario, e se pode ser, expresamente polo notario e o rexistrador da propiedade, para evitar casos como este, casos como este, porque ese aforro, ese aforro ó final o que se converteu foi en sucesivas chapuzas, en sucesivas obras inacabadas, en ampliación de partidas para conseguir expropiar eses terreos, en cabreo ós outros propietarios que non lle pagaron nada por eses terreos e que cederon gratuitamente as súas propiedades, cando se podía ter feito todo tal e como dicía este ente e este órgano que se ía a facer, cun expediente de expropiación anexo ó expediente construtivo e de licitación desa obra. Tratemos a todos igual, a todos, porque os casos son os mesmos, os mesmos, entón, non empecemos agora a dar volta atrás, se hai unha idea por parte deste delegado de Infraestruturas, que eu aprecio, realmente que si vexa que realmente hai que cambiar e que hai que facer as obras doutro modo e incluíndo ese expediente, fagámolo, vai ter o noso apoio, fagámolo así, e entón deixaremos de ter obras inacabadas e poderemos estar falando doutras cousas nos Plenos desta Deputación, comecemos así, acabemos esta obra agora, acabémola. Gracias. Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Moitas gracias Sr. Veiga. ¿Máis intervencións?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Non, só un detalle. Esta obra leva non sei canto tempo sen acabar e hai os problemas que hai, e exactamente o que vamos aprobar agora son 235.000 euros para obra e menos de 30.000 para expropiacións, ou sexa, o 13% vaise en expropiacións. Bueno, obviamente un murete que haxa que facer, que se fai a maiores, sae infinitamente máis caro, un muro para desviar, para conter terras, o que sexa, que non existía, non houbera que pagar. Reafirmando o que dicía antes, os procedementos son os que son e é mellor facelo e haberá que cambialo nalgún momento, é dicir, ter, polo 13% da obra que seguramente se gastaría nas que non foi, digo se se mantivera ó mellor a proporción en toda a obra, polo 13% nas expropiacións para a obra, que seguro que se foi noutras cousas máis, digo de compensar todo este follón, eu creo que o criterio este de que toda obra se faga mediante o procedemento que haxa que facelo de expropiación e de ocupación e demais, salvo que haxa vivendas ou outras cousas, que se complica, creo que sería o máis razoable e apliquémolo, en principio está acordado aplicalo, apliquémolo, porque senón isto dá un desgaste na obra, un desgaste de xestión, e unhas inxustizas, bueno, o que se dixo antes que non ten, non ten moito sentido, entón, apliquémolo e bueno, esta obra tal e como vén saquémola adiante. Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Moitas gracias Sr. Mosquera. Sr. Crespo para terminar o turno de intervencións. Sr. Crespo Iglesias.- Si, a ver, creo que temos claro que é o que hai dez anos valía e era rendible dende o punto de vista económico, pois hoxe cambiaron as tornas, polo tanto témolo todos claro, así o faremos. Eu o que non podo permitir é que o meu compañeiro de Marín diga que isto foi unha golfada, porque nós dende aquí non temos culpa da incapacidade total, política, dun goberno como o de Marín, e digo incapacidade política, acaso por iso hoxe non estean gobernando. Eu sinto dicirllo así, pero en dous anos non foron capaces, non foron capaces de poñer de acordo a uns veciños, creo que a miña compañeira aquí da dereita, a actual alcaldesa, creo que xa o ten medio resolto, o mesmo convenio, fíxese ben, sen expropiar creo que xa o ten resolto, sen expropiar, sen expropiar, vaise ver en poucos días, me parece, polo tanto vostede vai ver o que é a competencia política. Eu lamento que ó mellor cando se perden unhas eleccións, ás veces, un queda mancado, e é normal, porque todos os que somos políticos pois sabemos que ás veces cando nos pasa unha cousa desas a alguén lle hai que votar a culpa, pero os que neste momento nos toca gobernar, nós non temos culpa da súa incapacidade política. Mire, o concello de Meaño entre o concello de Meaño, neste caso, e o concello de Marín hai unha razoable diferenza, e é que o concello de Meaño remitiu aquí unha certificación, que resultou non ser efectiva, pero remitiu unha certificación de que os terreos todos, os terreos todos, estaban a disposición desta casa, e vostedes remitiron unha certificación que soa un pouco a pitorreo, onde di, que poñen a disposición desta casa os terreos de titularidade municipal, iso é tomarnos a pitorreo. Pero bueno, non vou a entrar, eu creo que non vou a entrar ó trapo, simplemente que creo que non é de recibo que vostede afirme que tratamos mal a Marín. Mire, o convenio que está firmado entre esta casa e mailo concello de Marín nas mesmas, nas mesmas exactas condicións que está firmado vaise executar, aí é onde se ve a capacidade política dun goberno e doutro, é dicir, vostede non foi quen de convencer ós veciños en que donaran os terreos gratuitamente, María Ramallo parece ser que vai ser quen, bueno, pois se vostedes en dous anos non moveron ficha e agora en dous ou tres meses o arranxan. Pois bueno, creo que probablemente ó mellor por iso houbo un cambio político, non o sei, iso non me toca a min valoralo, eu simplemente o que lle digo é que nós aquí tratamos a todo o mundo por igual e a todos os alcaldes por igual, outra cousa é que cada un é dun grupo político distinto. Eu pódolle asegurar que aquí hai alcaldes do Partido Popular e do Bloque Nacionalista Galego e do PSOE que teñen convenios firmados con esta casa e que, pódelle vostede preguntar a colegas seus, do seu partido político, se teñen algún problema connosco nese sentido, independentemente de que publicamente digan outra cousa, fale con eles a nivel persoal e verá que non. No caso de Marín e deste caso concreto, desa vía provincial que vostede me fala é unha clara incompetencia, foi unha clara incompetencia do goberno municipal de Marín, e verá vostede, verá vostede como iso se resolve ipso facto, xa está practicamente resolto, por algo será, por algo será, sen cambiar o convenio, por certo, e ata sen expropiar, supoño que para algo valeremos os políticos, digo eu, á parte de para ladrar nun hemiciclo. Gracias. Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Sr. Crespo moitas gracias. Vamos a …, bueno, pois por alusións, pero breve Sr. Veiga. Sr. Veiga Soto.- Sr. Crespo, o mellor para evitar esa suposta incompetencia da que vostede fala, vale de algo que os técnicos provinciais, a pesares de estar solicitado que viñeran dende fai un ano a unha reunión a Marín cos veciños, para falar das reposicións pois non foran nunca, non foran nunca, ó mellor iso algo ten que ver, e agora foron, e agora resulta que algo que non cambiou no tempo en absoluto, agora si se vai a iniciar e si se vai a iniciar sen estar todas as propiedades cedidas, todas as propiedades cedidas que era o que se pedía antes, agora se vai a iniciar dando igual se queda un terreo sen facer ou non, polo menos é o que din os medios de comunicación, que ó mellor queda algo sen facer, antes iso non valía, entón, ¿onde está a incapacidade?, ¿onde está a mala intencionalidade?, ¿onde está?, porque cando se pedía que foran alí os técnicos da Deputación era para intentar resolver un problema que existía, e que existe, e que se está vendo que existe, porque hai propietarios que non queren ceder, entón, falemos claro, ¿incapacidade ou mala intencionalidade?. Eu, precisamente, mire, por iso seguramente perdemos as eleccións, pero é que non quero que lle pase o mesmo, e quero que solucionen tamén iso, e que o solucionen ben, como esixían vostedes. Nós xa sabemos que estamos agora na oposición, xa o sabemos e non queremos que lle pase o mesmo, de verdade, non queremos que lle pase o mesmo, entón, modifiquen iso, arréglenlo, soluciónenlo, consiga a cesión de todos os terreos ou a expropiación nos lugares onde é necesario, nesta obra e en todas, porque aquí non só falamos de Marín, falamos de toda a provincia, e eu aquí veño a intentar defender os intereses de toda a provincia, ademais dos de Marín, claro está. Entón, hai moitos casos en toda a provincia como este, hai moitos casos como este nos que se inician ou non se inician segundo a intencionalidade que teñan, entón vamos a poñer as cousas claras, vamos a facer os convenios todos igual, vamos a poñer as regras iguais para todos e despois falámolo. Moitas gracias Sr. Presidente. Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Moitas gracias Sr. Veiga. Sr. Crespo, quere … Pois vamos a votar o punto 3, Aprobación inicial do proxecto “Mellora e ampliación EP-9305 Coirón-Ribadumia-Leiro. Lugar de Padrenda (Meaño)”. ¿Votos en contra?. Non hai. ¿Abstencións?. Partido Socialista. E a favor os demais. Polo tanto queda aprobado o punto 3 con vinte votos a favor e cinco abstencións. O proxecto “Mellora e ampliación EP-9305 Coirón–Ribadumia–Leiro. Lugar de Padrenda (Meaño)” está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 265.182,39 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 235.826,49 euros e capítulo de expropiacións por importe de 29.355,90 euros. Coa finalidade de contribuír ó gran desenvolvemento que experimentou nos últimos anos a comarca do Salnés, a Deputación Provincial de Pontevedra realizou unha serie de actuacións tendentes a mellorar as distintas infraestruturas da zona, entre elas a estrada provincial EP-9305 Coirón-Ribadumia-Leiro. Este vial, cun trazado que supera os nove quilómetros, ten unha gran importancia ó servir de rede arterial de comunicación do Polígono de Pedreiras en Meaño co concello de Ribadumia, soportando na actualidade un intenso tráfico rodado. Os tramos de estrada comprendidos entre os p.k. 0+000 e 1+588 e entre os p.k. 2+787 e 9+534 xa se atopan executados, polo que o presente proxecto abarca a realización de melloras nun tramo de aproximadamente 600 metros, comprendido entre os p.k. 1+588 a 2+787, sen acabar ata o momento por motivos orzamentarios e que agora dótase de servizos, como o saneamento, mellorándose así mesmo a seguridade viaria. O tramo da dereita da estrada dótase con beirarrúas, pluviais e canalización eléctrica mentres que no da esquerda realízase un paseo de formigón que diferenza circulación de vehículos e peóns. Neste sentido non hai que esquecer que calquera obra de seguridade vial nunha estrada vai supor minorar o risco de accidentes e, en consecuencia, nunha materia na que está en xogo a vida humana a utilidade pública do proxecto e a urxencia na súa execución está sempre xustificada. Para levar a cabo as obras é necesario ocupar terreos particulares ante a imposibilidade a acadar un acordo amistoso cos propietarios, a diferenza do acontecido no resto da estrada que, na súa maior parte, foi mellorada gracias á colaboración desinteresada dos veciños. Aínda que este proxecto foi levado ó Pleno da Corporación Provincial o pasado mes de marzo para a súa aprobación, o mesmo quedou sobre a mesa pendente dun mellor estudo por parte dos técnicos do Servizo de Infraestruturas. Ademais, dado que os tramos da estrada obxecto de mellora dotaranse de beirarrúas e da instalación de servizos complementarios, como o saneamento, o financiamento deste proxecto levarase a cabo conxuntamente, como é habitual nestes casos, pola Deputación de Pontevedra e o concello de Meaño achegando o 70% e o 30% respectivamente cada unha destas entidades. O concello de Meaño, o día 8 de agosto de 2011, prestou aprobación a este convenio de colaboración mentres que a Xunta de Goberno Local da Deputación de Pontevedra o aprobou o 2 de setembro de 2011. O financiamento levarase a cabo en dúas anualidades segundo o seguinte detalle: 2011 2012 TOTAL Deputación (70%) 109.192,75 € 76.434,92 € 185.627,67 € Concello de Meaño (30%) 46.796,90 € 32.757,82 € 79.554,72 € INVESTIMENTO 155.989,65 € 109.192,74 € 265.182,39 € Por todo iso e como queira que a obra leva a afección de terreos de particulares, polo cal resulta imprescindible iniciar un expediente de expropiación forzosa cuxo carácter urxente queda sobradamente xustificado polos motivos antes expostos, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do BNG e coas abstencións do PSdeG-PSOE: 1. A aprobación inicial do proxecto “Mellora e ampliación EP-9305 Coirón–Ribadumia–Leiro. Lugar de Padrenda (Meaño)”, que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 265.182,39 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 235.826,49 euros e capítulo de expropiacións por importe de 29.355,90 euros. 2. A exposición pública do mesmo e do expediente de expropiación derivado do mesmo polo prazo regulamentario, a efectos de posibles reclamacións, entendéndose aprobado definitivamente, de forma automática, en caso de non producirse as mesmas. 3. A declaración de utilidade pública da obra derivada do proxecto “Mellora e ampliación EP-9305 Coirón–Ribadumia–Leiro. Lugar de Padrenda (Meaño)”. 4. A solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación dos bens e terreos afectados por dita obra. 5. A motivación da urxencia que se pretende dar ás expropiacións que xera o presente proxecto xa que co mesmo se busca mellorar a seguridade vial na estrada provincial EP-9305 Coirón-Ribadumia-Leiro, de gran importancia para a zona ó servir de rede arterial de comunicación do Polígono de Pedreiras en Meaño co concello de Ribadumia. Os tramos de estrada comprendidos entre os p.k. 0+000 e 1+588 e entre os p.k. 2+787 e 9+534 xa se atopan executados, polo que o presente proxecto abarca a realización de melloras nun tramo de aproximadamente 600 metros, comprendido entre os p.k. 1+588 a 2+787, sen acabar ata o momento por motivos orzamentarios e que agora dótase de servizos, como o saneamento, mellorándose así mesmo a seguridade viaria. O tramo da dereita da estrada dótase con beirarrúas, pluviais e canalización eléctrica mentres que no da esquerda realízase un paseo de formigón que diferenza circulación de vehículos e peóns. Neste sentido non hai que esquecer que calquera obra de seguridade vial nunha estrada vai supor minorar o risco de accidentes e, en consecuencia, nunha materia na que está en xogo a vida humana a utilidade pública do proxecto e a urxencia na súa execución está sempre xustificada. 4.6109.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DA LAMA A FAVOR DO ORAL PARA EXERCER AS FACULTADES DE XESTIÓN, INSPECCIÓN, LIQUIDACIÓN E RECADACIÓN DAS ALTAS DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Punto número 4. Delegación de competencias do concello da Lama a favor do ORAL para exercer as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación das altas do imposto sobre vehículos de tracción mecánica. ¿Algunha intervención?. Non hai. ¿Votos en contra?. Tampouco. ¿Abstencións?. Todos a favor. Queda aprobado por unanimidade. O concello da Lama, na sesión ordinaria celebrada o día 29 de xullo de 2011 acordou a delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación das altas no imposto sobre vehículos de tracción mecánica. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 9 de setembro de 2011, acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do concello da Lama para exercer as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación das altas no imposto sobre vehículos de tracción mecánica. Considerando o previsto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e tendo así mesmo en conta que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1. Aceptar a delegación que en materia de recursos locais realizou o concello da Lama, por acordo do Pleno de data 29 de xullo de 2011, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación das altas no imposto sobre vehículos de tracción mecánica. 2. Esta delegación do concello da Lama, será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) e sométese ás condicións establecidas nas bases para prestación do servizo aprobadas polo Pleno desta Deputación en sesión de data 20 de xullo de 1992, á Ordenanza Reguladora da taxa por prestación de servizos polo ORAL aprobada polo Pleno desta Deputación en sesión de data 22 de decembro de 2009 e publicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 81 de data 30 de abril de 2010 e ós Estatutos do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) publicados no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra en data 26 de agosto de 2004. 3. Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente para que formalice o correspondente convenio co concello da Lama así coma os demais documentos que procedan. 4. A delegación efectuada polo Pleno do concello da Lama, para exercer as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación das altas no imposto sobre vehículos de tracción mecánica, publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 5.6110.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE VILA DE CRUCES A FAVOR DO ORAL PARA EXERCER AS FACULTADES DE XESTIÓN, INSPECCIÓN, LIQUIDACIÓN E RECADACIÓN DAS ALTAS DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Punto número 5. Delegación de competencias do concello de Vila de Cruces a favor do ORAL para exercer as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación das altas do imposto sobre vehículos de tracción mecánica. ¿Algunha intervención?. Non hai. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Todos a favor. O concello de Vila de Cruces na sesión ordinaria celebrada o día 27 de xuño de 2011 acordou a delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación das altas no imposto sobre vehículos de tracción mecánica. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 9 de setembro de 2011 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do concello de Vila de Cruces para exercer as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación das altas no imposto sobre vehículos de tracción mecánica. Considerando o previsto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e tendo así mesmo en conta que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1.- Aceptar a delegación que en materia de recursos locais realizou o concello de Vila de Cruces, por acordo do Pleno de data 27 de xuño de 2011, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación das altas no imposto sobre vehículos de tracción mecánica. 2.- Esta delegación do concello de Vila de Cruces, será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) e sométese ás condicións establecidas nas bases para prestación do servizo aprobadas polo Pleno desta Deputación en sesión de data 20 de xullo de 1992, á Ordenanza Reguladora da taxa por prestación de servizos polo ORAL aprobada polo Pleno desta Deputación en sesión de data 22 de decembro de 2009 e publicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 81 de data 30 de abril de 2010 e ós Estatutos do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) publicados no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra en data 26 de agosto de 2004. 3.- Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente para que formalice o correspondente convenio co concello de Vila de Cruces así coma os demais documentos que procedan. 4.- A delegación efectuada polo Pleno do concello de Vila de Cruces, para exercer as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación das altas no imposto sobre vehículos de tracción mecánica, publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 6.6111.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE BARRO A FAVOR DO ORAL PARA EXERCER AS FACULTADES DE XESTIÓN, INSPECCIÓN, LIQUIDACIÓN E RECADACIÓN DAS ALTAS DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Punto número 6. Delegación de competencias do concello de Barro a favor do ORAL para exercer as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación das altas do imposto sobre vehículos de tracción mecánica. ¿Intervencións?. Non hai. ¿Votos en contra?. Tampouco. ¿Abstencións?. Tampouco. Todos a favor. O concello de Barro na sesión ordinaria celebrada o día 12 de xullo de 2011 acordou a delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación das altas no imposto sobre vehículos de tracción mecánica. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 9 de setembro de 2011 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do concello de Barro para exercer as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación das altas no imposto sobre vehículos de tracción mecánica. Considerando o previsto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e tendo así mesmo en conta que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1.- Aceptar a delegación que en materia de recursos locais realizou o concello de Barro, por acordo do Pleno de data 12 de xullo de 2011, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación das altas no imposto sobre vehículos de tracción mecánica. 2.- Esta delegación do concello de Barro, será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) e sométese ás condicións establecidas nas bases para prestación do servizo aprobadas polo Pleno desta Deputación en sesión de data 20 de xullo de 1992, á Ordenanza Reguladora da taxa por prestación de servizos polo ORAL aprobada polo Pleno desta Deputación en sesión de data 22 de decembro de 2009 e publicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 81 de data 30 de abril de 2010 e ós Estatutos do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) publicados no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra en data 26 de agosto de 2004. 3.- Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente para que formalice o correspondente convenio co concello de Barro así coma os demais documentos que procedan. 4.- A delegación efectuada polo Pleno do concello de Barro, para exercer as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación das altas no imposto sobre vehículos de tracción mecánica, publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 7.6112.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DAS NEVES A FAVOR DO ORAL PARA EXERCER AS FACULTADES DE XESTIÓN, INSPECCIÓN, LIQUIDACIÓN E RECADACIÓN DAS ALTAS DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Punto número 7. Delegación de competencias do concello das Neves a favor do ORAL, para exercer as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación das altas do imposto sobre vehículos de tracción mecánica. ¿Algunha intervención?. Non hai. ¿Votos en contra?. Tampouco. ¿Abstencións?. Todos a favor. O concello das Neves na sesión ordinaria celebrada o día 26 de xullo de 2011 acordou a delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación das altas no imposto sobre vehículos de tracción mecánica. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 9 de setembro de 2011 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do concello das Neves para exercer as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación das altas no imposto sobre vehículos de tracción mecánica. Considerando o previsto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e tendo así mesmo en conta que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1.- Aceptar a delegación que en materia de recursos locais realizou o concello das Neves, por acordo do Pleno de data 26 de xullo de 2011, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación das altas no imposto sobre vehículos de tracción mecánica. 2.- Esta delegación do concello das Neves, será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) e sométese ás condicións establecidas nas bases para prestación do servizo aprobadas polo Pleno desta Deputación en sesión de data 20 de xullo de 1992, á Ordenanza Reguladora da taxa por prestación de servizos polo ORAL aprobada polo Pleno desta Deputación en sesión de data 22 de decembro de 2009 e publicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 81 de data 30 de abril de 2010 e ós Estatutos do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) publicados no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra en data 26 de agosto de 2004. 3.- Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente para que formalice o correspondente convenio co concello das Neves así coma os demais documentos que procedan. 4.- A delegación efectuada polo Pleno do concello das Neves, para exercer as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación das altas no imposto sobre vehículos de tracción mecánica, publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Pasamos á parte de información e control. b) Parte de información e control: 8.6113.- DAR CONTA DE RESOLUCIÓNS PRESIDENCIAIS Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Punto número 8. Dar conta das Resolucións Presidenciais. Sr. Secretario. Sr. Secretario.- En primer lugar una Resolución por la que se delega en el Diputado Provincial José Manuel Figueroa Vila a sinatura desta Presidencia en todo tipo de documentos e expedientes de trámite, agás en materia de procedemento de gastos que se rexerá polo regulado nas bases de execución do orzamento. Así mismo, otra delegación en la que se delega en las Sras. Diputadas Provinciales Doña Begoña Estévez Bernárdez y Doña Ana Isabel Vázquez Reboredo, la sinatura de esta Presidencia en todo tipo de documentos e expedientes de trámite. Otra Resolución en la que se delega las atribuciones de la Presidencia durante su ausencia entre los días 16 y 23 de agosto, ambos inclusive, en el Vicepresidente Sr. Figueroa. Resolución en la que se nombra Presidentes efectivos de las distintas Comisiones Informativas. Y así mismo, extractos de las Resoluciones Presidenciales dictadas entre el 27 de julio y el 5 de setiembre de este año. Sr. Mosquera Lorenzo.- A propósito das Resolucións Presidenciais e incluso do debate que acabamos de ter, aí vótase en falta algo que vostedes anunciaron, que é que había unha serie de delegacións territoriais e que a organización do goberno ía por delegacións territoriais, resulta que para sorpresa esa Resolución non está aí, ou sexa, entendemos que non existe, ou sexa, que o goberno da Deputación nestes momentos é o Presidente, os dous Vicepresidentes, dúas persoas con firma en temas rutinarios e acabouse, e Xunta de Goberno, acabouse, home, a ver, xa non falemos de delegacións, quen é o Deputado ou Deputada pois que leva a Lanzada ou que leva Príncipe Felipe, ou que leva Cultura, ou que leva Deportes, ou que leva Vías e Obras, non existe en ningún lado. E, para a nosa sorpresa, primeiro, non existe, non pasa nada, ¡eh!, o goberno de Bélxica leva dous anos sen constituír e non pasa nada. E a Deputación obviamente pode non ter goberno que xa sabemos como funcionan as Deputacións, e realmente non o ten e non pasa nada, é unha demostración de que non o tendo non pasa nada, pero é que despois é todo de palabra porque non existen as Resolucións, resulta que cada Deputado ía levar as cuestións do seu territorio, non se sabe cal é, polo menos formalmente non está, e resulta que eu sepa, que eu sepa, o territorio de Meaño non o leva o Sr. Crespo, que eu sepa, como non hai Resolución oficial, pois non sei. ¿Sr. Crespo, vai ser vostede o Deputado que se encargue dos asuntos de Meaño?, non, creo que de Dozón ou por alá segundo lin, que non sei tampouco, de Lalín seguro pola conta que lle ten, do resto non o sei, pero de Meaño me parece que non. Entón, estamos escoitando todos os días, non, non, non vai haber delegacións de non sei que, que vai a ser cada Deputado ou Deputada que leve na súa área xeográfica todos os asuntos, todos, todos, e resulta, é dicir, bueno, como non hai resolución non o sei, por iso pregunto se é que o Sr. Crespo vai levar os asuntos de Meaño, non sei se tamén os do Grove ou de Cambados, Sanxenxo, ou só Meaño, non sei, bueno. Creo que se entende perfectamente, estamos, están sen goberno, din unha cousa e fan outra, din unha cousa e fan outra, e nas Resolucións Presidenciais vese perfectamente. Eu creo que aínda o outro día aquí o Sr. Presidente, o Sr. Louzán, volveu a explicar que era iso das delegacións territoriais, que están sen facer, que están sen escribir, están, na administración o que non está escrito é como senón existira, pois resulta que ía levar todos os asuntos que competen á súa área xeográfica. O primeiro Pleno que teñen, raca, xa iso non existe nin o cumpren. Agardemos que nas próximas Resolucións Presidenciais pois apareza algo que realmente sexa digno de tal nome, de que sexa un goberno constituído. As persoas andan por agora un tanto despistadas, os cidadáns, e nós temos esa presión, preguntas, ¿en Cultura con quen falamos?, pois non o sei, pregunte, esa é unha investigación, porque como non está nas Resolucións, igual alguén sabe, pero non se sabe, bueno, pois a ver, dígoo incluso para nós os Deputados, para saber a quen dirixirnos. Eu agora, se tivéramos unha pregunta sobre, a ver, por exemplo, ¿canto pagou o PP polo cónclave o outro día en Soutomaior?, ¿a quen nos diriximos para preguntarllo?, non, ¿pero canto pagou, quero dicir?, ¿a quen nos diriximos para preguntarllo?. Como que non, Soutomaior que eu sepa é desta casa, ¡ai non!, non é desta casa. Non é, ¿o Castelo de Soutomaior xa non é da Deputación?, ¿non é da Deputación xa?, ¡ah!, pero digo, non, é por se quixera facer esa pregunta, ¿a quen lla fago?, ó Presidente directamente, porque senón non sei exactamente quen é o que o leva. Se quero preguntar algo sobre Príncipe Felipe ¿a quen lle pregunto?, ou sobre Areeiro, ou sobre a Lanzada, ó Presidente, ¡ah!, ou sexa que o único goberno que hai nesta Deputación é o Presidente, vale, vale, entendido, vale, vale, bueno, a ver se no próximo Pleno, nas Resolucións, nos aclaramos algo, porque así francamente, ou sexa, queda claro, a resposta é ó Presidente todo, todo, vale, correcto, entón queda claro que o único goberno que hai nesta Deputación é o Presidente, xa sabemos algo polo menos, xa avanzamos, non sei se durará moito tempo ou será só, ¿é ata este Pleno ou será tamén para o futuro?. Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Sr. Mosquera ¿acabou?. Mire, somos un goberno moi unido, plural e cohesionado, unido, plural e cohesionado, funcionamos perfectamente, imaxínense vostedes se funcionamos mellor que de 17 teremos 20, entón, eu creo que, mire, agora en serio xa, Sr. Mosquera, a distribución desta casa está feita, nós empezamos cunha nova etapa, unha nova etapa de austeridade, que hai que suprimir organismos, que estamos traballando nesa dirección, e polo tanto, eu creo que na dirección na que se está traballando é na correcta, na correcta, nós consideramos que era mellor facer unha división territorial e competencias territoriais que por áreas, por unha cuestión de proximidade, porque queremos chegar ás nosas accións políticas, canto máis próximas ós veciños mellor, como comprenderá vostede, pois é moito máis rentable politicamente, na hora de xestionar, que un Deputado xestione a súa zona, que a coñece perfectamente, que un Deputado, que eu por exemplo que son de Vigo, que teña que ir a Lalín a un tema dunha competencia dun área, a nós nos parece que ese é o sentido da Deputación. A Deputación ten que ter proximidade, vostede sabe que nós somos elixidos indirectamente a través dos concellos, por unha cuestión puramente territorial e a partir dos partidos xudiciais. Pois eu creo que é un novo enfoque que lle estamos dando a esta casa, a supresión, hoxe, sabe vostede que vamos a constituír uns organismos para suprimilos tamén, para facer a tramitación, iniciala, e como vostede comprenderá un proceso desta magnitude non se fai da noite á mañá, ten uns pasos procedimentais, administrativos, técnicos, de axustes, evidentemente, iso é no que estamos traballando. Polo tanto, levamos un mes e medio, dous meses, as cousas están funcionando razoablemente ben, eu diría que ben non, diría que moi ben, con este novo sistema, pois vamos a seguir aplicándoo, é dicir, eu creo que aquí hai un goberno claro, un goberno claro cunha Presidencia, que non a discute absolutamente nadie, senón todo o contrario, que saíu reforzada destas últimas eleccións, e polo tanto eu creo que nós temos a posibilidade, temos o dereito, porque o gañamos nas urnas, de poder facer o cambio de sistema e de funcionamento desta casa. Vostede, moitas veces eu escoitei aí dicir que esta casa non funcionaba, que esta casa tiña uns métodos non sei que, non sei canto, patatín, patatán, todo ese discurso que vostede fai de vez en cando. Pois, eu lle digo, queremos modernizarnos, queremos actualizarnos, queremos austeridade e queremos poñernos ó día, é dicir, e ó día, vostede sabe que hai unha situación económica complicada en todas as administracións, e que todas as administracións necesitamos uns reaxustes. ¿A vostede que lle gustaría?, que este goberno non evolucionase, que seguise facendo o mesmo, da mesma maneira que hai vinte anos, pois non, eu creo que debería de felicitarnos por ser innovadores, por dar un paso máis adiante, por cambiar os sistemas e o método de traballo, eu creo que iso pasa incluso en todas as empresas, onde se innova, se mellora, e se moderniza un, e iso é no que estamos nesta casa, supoño que o haber suprimido os organismos autónomos, o que levamos a cabo, facer unha política de austeridade que é no que vamos a seguir, eu creo que é boa señal. Polo tanto, a señal, o inicio, se comezou, e home, déixenos unha marxe de tempo prudencial, eu creo que vostede ademais o sabe porque coñece perfectamente esta casa, sabe que para axustar métodos de traballo, sistemas de traballo hai que contar cunha unidade presupostaria. Vostede sabe que agora mesmo facer un cambio total na unidade presupostaria é totalmente imposible ata rematar cun presuposto, que se iniciará agora a confección nestes próximos días e que remataremos coa aprobación definitiva do presuposto. Eu lle aseguro, eu lle aseguro que dende este goberno, cando estea rematado o presuposto estarán rematados todos os cambios administrativos, todos os cambios de sistema, todos os cambios políticos, e esta casa empezará o 1 de xaneiro cunha nova forma de funcionar na súa globalidade. Eu creo que é razoable, ¿non?, non sei como fan os outros, pero me parece que cambiar da noite á mañá unha forma de traballar de 20 ou 25 ou 30 anos, pois bueno, supoño que nos dará os cen días de cortesía que aínda non nolos deu. Non sei se algún compañeiro meu quere ampliar un pouco máis. Sr. Mosquera Lorenzo.- ¡Ah!, agora si. Ou sexa, temos un goberno en funcións, é dicir, un goberno embrionario, de futuro, nalgún momento chegará a ser goberno. Mire, non hai só iso senón que hai vinte anos nesta casa había delegados por territorio, entón non me diga, si, como hai 20 anos non, volven a fórmulas, pero non estou entrando niso, estou entrando en que, están dicindo que non hai un goberno constituído, non o hai, ¿onde está a delegación, onde está a delegación das competencias territoriais?, ¿onde está?, ¿onde está?. Non está feita, non está feita. Segundo, acaba de explicarse que cada un no seu territorio, que non sabemos cal é, pero igual algún de palabra estará feito, vale, que leva todos os asuntos, primeiro asunto que sae, o Sr. Crespo, como leva Meaño, explícase coma un libro aberto sobre o asunto de Meaño, que corresponde, porque leva todos os asuntos de Meaño, segundo a súa teoría. ¡Ah!, vale, vale, é que había, en fin, aí había unha mosca o meu can tiña un mosca, si, si, si, si, si, … entón esa é a situación, esa é a situación na que está. Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Sr. Mosquera, está entrando nas anécdotas, parece que, de verdade que o estamos facendo ben, creo, porque … Sr. Mosquera Lorenzo.- E despois, con respecto a suprimir organismos, despois falaremos, que hai a reunión deses, miren, son vostedes dun mecánico, dun mecánico con respecto ás consignas que lle chegan, que como agora, vamos, a denuncia que hai é que Comunidades Autónomas e Entidades locais teñen chiringos, pois entón resulta que a Deputación de Pontevedra ten que eliminar chiringos, só que hai un pequeno matiz, que na Deputación de Pontevedra o que son chiringos entendidos como empresas de xestión, que non teñen o control da administración ou teñen o control muy lapso, non existen, non existen. Agora, había que suprimir algo, bueno, entón, a Escola de Canteiros, por exemplo, que tiña un órgano reitor, con profes, director e catro ou cinco Deputados, para seguir os asuntos da xestión, nada máis, pois vai a seguir igual gastando o mesmo só que non vai haber ese órgano ou será directamente o Pleno, exactamente, non sei que ten que ver isto con eliminar estas empresas, non ten nada que ver, agora, dixéronlle hai que eliminar, hai que dar imaxe de que se eliminan chiringos, ala, vamos alá a eliminar chiringos, pero é que non os había, entendido como esas empresas público-privadas, fundacións, etc., que escapan ó control da xestión …, non existía na Deputación de Pontevedra. Bueno, pois agora os suprimiu, vamos a ver, dende logo aforro ningún, e de xestión o único é que a xestión vai quedar unipersoal e tal, e se suprime, se suprime un órgano de xestión ou de control, que con maior ou menor fortuna pois logrou por exemplo, pois que a Escola de Canteiros sexa un referente en canto á súa calidade e demais, vamos a ver agora se se mantén ese nivel ou igual con respecto a outros organismos. Pero bueno, iso falarémolo, falarémolo despois, pero de todas maneiras tampouco sabemos quen é responsable, por escrito, de xestionar estes organismos, o Presidente, Sr. Louzán, ¿quen é o responsable?, dígoo por enterarnos, é que non sabemos a quen dirixirnos, todos, ¡ah!, vale, vale, respondida a pregunta. Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- ¿Rematou?. Sr. Mosquera, eu creo que está perfectamente claro. Mire, nós somos un goberno unido, plural, e que persegue catro eixes fundamentais, que é a austeridade, xeración de emprego, máxima transparencia e modernización desta administración paulatinamente, que o vamos a acadar, iso é o que queremos, e para iso funcionamos pois os 17, cun Presidente á cabeza, que coñece perfectamente esta casa, que lle dedica moitas horas a esta casa, cun equipo mínimo de persoas liberadas, e os demais lle acompañamos na xestión, e iso é o que procede e cada un coñece perfectamente o seu territorio, e consideramos que a mellor maneira de xestionar esta casa é o territorio. Evidentemente hai temas puntuais, o Sr. Crespo defende isto porque é Presidente de Vías e Obras, como o pode defender calquera das compañeiras, pois algún departamento, porque preside esa Comisión. Eu creo que ese é un funcionamento que pode ser correcto, que pode ser adecuado, e a experiencia nos di que vai a ser, dende logo levamos dous meses traballando e traballando con bo tino, traballando na boa dirección, e vamos a conseguir os obxectivos que perseguimos. Home, eu creo que cando un equipo de goberno ou un partido que respalda ós membros desta Deputación pasa de 14 a 17 Deputados é porque algo fixo ben, ese é o discurso que fan vostedes onde gobernan, algo fixo ben, eu me empezaría a preocupar Sr. Mosquera, que a próxima lexislatura en vez de 17 sexamos 20 ou sexan 20, iso é o importante, non, algo fixemos ben, ¿fixemos ben algo ou non?, supoño que si. Bueno, pois polo tanto, eu creo que queda perfectamente contestado e déanos a marxe tamén dunha reestruturación dun funcionamento de moito tempo nesta casa, pois tense que ir acomodando paulatinamente, non hai unha varita máxica que diga, suprimo tal organismo e isto funciona, nós, ¿que intentamos coa nosa forma de facer política e coa forma de xestionar esta casa?, que as cousas funcionen mellor, ese é o obxectivo que intentamos acadar. Queda enterado o Pleno das seguintes: A) De Resolución Presidencial, de data 27 de xullo de 2011, número de rexistro de saída 10887, delegando a sinatura da Presidencia en todo tipo de documentos e expedientes de trámite, agás en materia de procedemento de gastos, en D. José Manuel Figueroa Vila. B) De Resolución Presidencial, de data 5 de agosto de 2011,número de rexistro de saída 11277, delegando a sinatura da Presidencia en todo tipo de documentos e expedientes de trámite, agás en materia de procedemento de gastos, en Dona Begoña Estévez Bernárdez e Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo. C) De Resolución Presidencial, de data 12 de agosto de 2011, número de rexistro de saída 11494, delegando as atribucións da Presidencia entre os días 16 ó 23 de agosto, ambos inclusive, no Sr. Vicepresidente D. José Manuel Figueroa Vila. D) De Resolución Presidencial, de data 5 de setembro de 2011, número de rexistro de saída 12284, nomeando Presidentes efectivos das distintas Comisións Informativas. E) De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas pola Presidencia entre os días 27 de xullo e o 5 de setembro do ano 2011 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. 9.6114.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Bueno, pasamos ó punto de Rogos e preguntas. ¿Algún rogo ou algunha pregunta?. Si, Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, a ver, non, só dúas preguntas, na Administración, eu entendo que vostedes confunden absolutamente o que é o Partido coa Administración e o que é a Presidencia do PP provincial co que é a Presidencia da Deputación. Pero na Administración as cousas fanse por resolucións e por escrito, como vostede asegura que existe, ¿onde está?, a pregunta é ¿onde está ese escrito con esas delegacións territoriais?, ¿onde está?. E, segunda cuestión, como tiveron tan grande éxito, ou sexa, vostedes estanlle faltando ós seus propios compañeiros, porque quen sacaron os votos son os que se presentaron nos concellos, pero non están todos aquí nin nada diso, parece que o mérito é do Sr. Louzán, a pregunta é, exactamente, ¿por que o Sr. Louzán?, o Sr. Louzán, e vostede, exactamente, para a Deputación ¿en que lista se presentaron para conseguir os votos?, digo os votos directamente, ou sexa, ó PP foille moi ben na provincia, que é distinto a que vostedes conseguiran os votos para ser Deputados, agora, presumen diso, pero, ¿onde está o goberno por escrito?, como di que o hai contésteme onde está o escrito. Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Sr. Mosquera, mire, de 17 membros desta casa 9 son alcaldes, un, dous, tres, catro, cinco, seis, sete, oito, nove; maioría de alcaldes nesta Corporación, lle contesto á súa pregunta. Con respecto á segunda lle volvo a repetir Sr. Mosquera, nós temos un goberno que está funcionando correctamente, funcionando para intentar acadar os obxectivos, levamos un mes e medio, dous meses, traballando a pleno rendemento, sabe vostede que agora se inicia o curso político, se inicia a elaboración dun presuposto, nese presuposto irán contempladas nas bases todas as modificacións, irá contemplado un novo presuposto, unha nova forma de facer política, unha nova forma de entender a política, cos reaxustes que hai que facer, e xa lle dixen que son os catro eixes fundamentais: austeridade, xeración de emprego, transparencia e modernidade, que é o que temos que acadar. Polo tanto, ¿quen nos vota?, nos votan os veciños e veciñas en cada Corporación local e desa Corporación local a través dos partidos xudiciais, por iso nós entendemos que se debe defender a territorialidade, pois ó final aclaramos así. Pero, eu non sei cantos alcaldes ten vostede aí, bueno, ten un, bueno, un, o seu alcalde e os demais, non sei, vostedes non teñen alcaldes nesta Corporación, nós temos de 17, somos 9, sumei ben, maioría, sodes maioría os alcaldes, os demais acompañamos ós alcaldes que son os que gañan as eleccións. Sr. Veiga Soto.- Moitas gracias. Eu teño dúas preguntas para facerlle. En primeiro lugar, precisamente falando desa división territorial, gustaríame saber se no novo presuposto que se vai a realizar ou que se empeza xa a xestionar, se vai a responder tamén a esa estrutura territorial, porque xa que eses delegados territoriais van a ter as competencias sobre todo nesas áreas, supoño que sería convinte que nesas áreas estivese representando tamén territorialmente no presuposto, para poder xestionar ese presuposto en cada área, gustaríame saber se esta estrutura nova deste novo presuposto, vai a responder precisamente á división territorial ou van a seguir respondendo á división dos presidentes das comisións. En segundo lugar, no Pleno anterior pregunteille ó Sr. Presidente polos criterios para outorgar os proxectos dese fondo de libre disposición que ten do Plan anticrisis, quedou perfectamente claro que é algo a dedo e seguindo uns criterios que soamente el coñece, pois de urxencia e necesidade, que el coñece. Entón gustaríame saber a partir de agora, tamén, ¿se se van adxudicando novos proxectos con cargo a eses catorce millóns de euros?, e se se adxudican ¿cales son os criterios de urxencia e necesidade que cada un dos proxectos avala, para que sexan incorporados nese fondo de 14 millóns?. Moitas gracias. Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Con respecto á súa primeira pregunta, nós estamos traballando loxicamente nun novo modelo de administración interna e xestión desta casa, como comprenderá non me pida agora mesmo, que se estamos traballando cos técnicos e cos responsables políticos, pois que lle diga agora o que vamos a facer, porque, evidentemente, nos gustaría facelo concretado nunha acción concreta e nunha proposta concreta, que vostedes coñecerán cando lle presentemos os presupostos, incluso antes na Comisión, e incluso seguramente en aras da vontade que temos, de intentar buscar consensos, pois seguramente a través da Xunta de Voceiros, lle explicaremos primeiro, para que vostedes sexan os primeiros en enterarse de como queremos que funcione esta casa. Temos que saber cal é a situación económica que vamos a ter para anos seguintes, estamos máis ou menos coas informacións, a través dos Ministerios e do Goberno Central, e da posibilidade e ingresos que temos para ver como redistribuímos e como confeccionamos o novo presuposto. Eu o único que lle digo é que o novo presuposto vai ser un modelo novo de traballar, e dentro dese axuste pois miraremos, seguramente haberá que compatibilizar as dúas cuestións, as comisións, co territorio, e evidentemente nós primamos o territorio, ¿por que primamos o territorio?, porque queremos estar próximos dos veciños e das veciñas, é un obxectivo que temos marcado, sabemos que cada día máis os veciños e veciñas necesitan da resposta inmediata nos novos tempos que estamos a vivir, que vai haber demandas distintas, totalmente distintas, seguramente cando empecemos no contacto permanente con todos os colectivos nos daremos conta que hai algunhas prioridades agora que antes non había. Bueno, pois eu só se me, polo que miro dos últimos días, o tema social, pois seguramente vai a ter unha repercusión importante, vai a ter un peso importante, porque hai moitas familias que están necesitadas, que teñen problemas, e esta casa, eu creo que as administracións debemos adaptarnos ós novos tempos e ás novas demandas que se poidan plantexar, que se están plantexando, pero non é unha cuestión só da Deputación de Pontevedra, eu supoño que todos os que estamos aquí, que xa temos certa experiencia política, nos daremos conta que temos que cambiar as nosas formas de traballar, os nosos métodos, e hoxe, pois lía un decreto no concello de Vigo, que se suprimiron pois cursos de natación, pois ó mellor hai que suprimilos, pois igual hai que suprimilos, e ó mellor hai que dedicar máis a comedores, ó mellor pois temas culturais excepcionais, pois ó mellor hai que recortalos e primar pois axudas a asociacións culturais da nosa terra, que precisamente sen a axuda da Deputación, ou do concello de turno, ou da Xunta de Galicia, non poderían sobrevivir e ó mellor fan un labor importante de 40, 80, 90 ou 100 familias detrás. Bueno, pois todas esas cousas eu creo que están en ebullición, é dicir, supoño que lle pasará a vostedes, a nós dende logo nos pasa, que estamos preocupados pola situación e os novos tempos que estamos a vivir, evidentemente que estamos preocupados. Polo tanto, bueno, eu creo que no próximo presuposto daremos un avance, que non vai a ser definitivo tampouco, pero si o daremos de cómo temos que xestionar, seguramente subvencións ou axudas que viñan de épocas anteriores, pois haberá que facer recortes e haberá que implementar outras porque son necesarias, bueno, pois nesa liña estamos a traballar. E con respecto ós fondos de libre designación, mire, eu, que coñezo ó Presidente bastante ben, estou convencido que o fai co mellor criterio e dentro dos criterios que vostede acaba de dicir, nalgúns casos de emerxencia, de necesidade e de prioridade. Estou totalmente convencido que o fai desa maneira, e ademais o fai sabendo que iso vai ter unha rendabilidade, e que vai ter un beneficio ou unha demanda que plantexe pois o colectivo correspondente ou o territorio correspondente. Polo tanto, eu non teño ningunha dúbida de que eses fondos son ben empregados, que eses fondos están ben distribuídos, e que eses fondos pois responden ás demandas que se plantexan en cada un dos concellos ou en cada unha das comarcas ou dos territorios, ou nalgúns casos de colectivos que o necesitan. Eu teño fe cega e o coñezo, que nesta casa non se tira nin un só euro sen que teña algunha rendabilidade social, o teño perfectamente claro. ¿Algunha pregunta máis?. Pois se non hai máis preguntas, pois moitas gracias e rematamos a sesión. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as doce horas e catorce minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. O Presidente, O Secretario, Asdo. José Manuel Figueroa Vila Asdo. Carlos Cuadrado Romay

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Pleno (Tema)

Área de control da descrición