ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.278
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2011/10/28_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.43.827/4.2011-10-28_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2011/10/28_Ordinaria

  • Data(s) 2011-10-28 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A C T A Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 28 de outubro de 2011 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e cinco minutos do día vinte e oito de outubro do ano dous mil once, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona María Isaura Abelairas Rodríguez (PSdeG-PSOE), Don Pablo Baquero Álvarez (PP), Don José María Bello Maneiro (PP), Don Uxío Benítez Fernández (BNG), Don José Antonio Cacabelos Rico (PSdeG-PSOE), Don José Crespo Iglesias (PP), Don Jorge Domínguez Rosal (PP), Dona Begoña Estévez Bernárdez (PP), Dona Ornela Fernández Salgado (BNG), Don José Manuel Figueroa Vila (PP), Don Juan Antonio González Pérez (PSdeG-PSOE), Don Arturo Grandal Vaqueiro (PP), Dona Marta Iglesias Bueno (PP), Don José Carlos López Campos (PP), D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo (BNG), Don José Alberto Pazos Couñago (PP), Dona María Pilar Ramallo Vázquez (PP), Don Eduardo José Reguera Ocampo (PSdeG-PSOE), Don Severino Reguera Varela (PP), Don Santos Héctor Rodríguez Díaz (PSdeG-PSOE), Don José Nelson Cándido Santos Argibay (PP), Don Alberto Valverde Pérez (PP), Don Jesús Vázquez Almuíña (PP), Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo (PP), Don Francisco Andrés Veiga Soto (PSdeG-PSOE) e Dona Iolanda Veloso Ríos (BNG), co obxecto de celebrar sesión ordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Bos días. 1.6129.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Aprobación do borrador da acta da anterior sesión extraordinaria do día 9 de setembro de 2011. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, extraordinaria, do día 9 de setembro de 2011. a) Parte resolutiva: 2.6130.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE BAIONA A FAVOR DO ORAL PARA EXERCER AS FACULTADES DE COLABORACIÓN NA TRAMITACIÓN DE EXPEDIENTES SANCIONADORES EN MATERIA DE TRÁFICO E O EXERCICIO DIRECTO DAS FACULTADES DE RECADACIÓN EN PERÍODO VOLUNTARIO E EXECUTIVO DAS DÉBEDAS CORRESPONDENTES A SANCIÓNS POR INFRACCIÓN Á NORMATIVA XERAL REGULADORA DO TRÁFICO, CIRCULACIÓN DE VEHÍCULOS A MOTOR E SEGURIDADE VIARIA E ÁS ORDENANZAS MUNICIPAIS DE CIRCULACIÓN Sr. Presidente.- Punto número 2. Delegación de competencias do concello de Baiona a favor do ORAL para exercer as facultades de colaboración na tramitación de expedientes sancionadores en materia de tráfico e o exercicio directo das facultades de recadación en período voluntario e executivo das débedas correspondentes a sancións por infracción á normativa xeral reguladora do tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria e ás ordenanzas municipais de circulación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno do concello da Baiona na sesión ordinaria celebrada o día 6 de agosto de 2011 acordou a delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de colaboración na tramitación dos expedientes sancionadores en materia de tráfico, e o exercicio directo das facultades de recadación en período voluntario e executivo, das débedas correspondentes a sancións por infracción á normativa xeral reguladora do tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria, e ás ordenanzas municipais de circulación. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 21 de outubro de 2011 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do concello da Baiona para exercer as facultades de colaboración na tramitación dos expedientes sancionadores en materia de tráfico, e o exercicio directo das facultades de recadación en período voluntario e executivo das débedas correspondentes a sancións por infracción á normativa xeral reguladora do tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria e ás ordenanzas municipais de circulación. Considerando o previsto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e tendo así mesmo en conta que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1.- Aceptar a delegación que en materia de recursos locais realizou o concello da Baiona, por acordo do Pleno de data 6 de outubro de 2011, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de colaboración na tramitación dos expedientes sancionadores en materia de tráfico, e o exercicio directo das facultades de recadación en período voluntario e executivo das débedas correspondentes a sancións por infracción á normativa xeral reguladora do tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria, e ás ordenanzas municipais de circulación. 2.- Esta delegación do concello de Baiona, será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) e sométese ás condicións establecidas nas bases para prestación do servizo aprobadas polo Pleno desta Deputación en sesión de data 20 de xullo de 1992, á Ordenanza Reguladora da taxa por prestación de servizos polo ORAL aprobada polo Pleno desta Deputación en sesión de data 22 de decembro de 2009 e publicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 81 de data 30 de abril de 2010, e ós Estatutos do organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) publicados no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra en data 26 de agosto de 2004. 3.- Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente para que formalice o correspondente convenio co concello de Baiona así coma os demais documentos que procedan. 4.- A delegación efectuada polo Pleno do concello de Baiona, para exercer as facultades de colaboración na tramitación dos expedientes sancionadores en materia de tráfico, e o exercicio directo das facultades de recadación en período voluntario e executivo das débedas correspondentes a sancións por infracción á normativa xeral reguladora do tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria e ás ordenanzas municipais de circulación, publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 3.6131.- EXPEDIENTE DE SUPLEMENTO DE CRÉDITO NÚMERO 4/2011 DO ORGANISMO AUTÓNOMO PROVINCIAL DE XESTIÓN E RECADACIÓN DE RECURSOS LOCAIS (ORAL) Sr. Presidente.- Punto número 3. Expediente de suplemento de crédito número 4/2011 do Organismo Autónomo Provincial de Xestión e Recadación de Recursos Locais-ORAL. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 21 de outubro de 2011 acordou aprobar o expediente de suplemento de créditos número 4/2011, por importe global de 467.437,90 euros, motivado pola necesidade de atender a unha serie de gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte. Resultando que este expediente de suplemento de créditos número 4/2011 finánciase con cargo ó remanente de tesourería procedente da liquidación do orzamento do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) correspondente ó exercicio de 2010. Resultando que no informe de Intervención de data 18 de outubro de 2011, figura que este expediente cumpre cos requisitos previstos na normativa de aplicación, tanto en relación cos gastos que se pretenden financiar como cos recursos que os financian, así como que o expediente respecta o equilibrio orzamentario. Considerando o disposto no artigo 177 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, nos artigos 34 a 38 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril e na base 8ª de execución do vixente orzamento do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), en canto a competencia e tramitación a seguir na aprobación do expediente de suplemento de créditos número 4/2011 do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSdeG-PSOE e coas abstencións do BNG: 1. Aprobar o expediente de suplemento de créditos número 4/2011 do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) por un importe global de 467.437,90 euros, que resumido por capítulos presenta a seguinte estrutura: Capítulo 2º Gastos en bens correntes e servizos…………... 145.439,66 euros Capítulo 3º Gastos financeiros……………………………. 222.000,00 euros Capítulo 6º Investimentos reais…………………………… 99.998,24 euros Total variacións por capítulos…………… 467.437,90 euros O detalle do expediente é o seguinte:  Suplementos de crédito: APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE SUPLEMENTO 11/893.932.220.02 Material informático non inventariable 8.000,00 € 11/893.932.221.00 Enerxía eléctrica 20.000,00 € 11/893.932.226.02 Publicidade e propaganda 3.000,00 € 11/893.932.227.23 Mantemento programas informáticos 114.439,66 € 11/893.932.310.00 Intereses conta operación tesourería 210.000,00 € 11/893.932.352.00 Intereses de demora - devolucións de ingresos 12.000,00 € 11/893.932.623.01 Adquisicións maquinaria, instalación e utillaxe 99.998,24 € Total suplementos de crédito…………………….. 467.437,90 € 2. O expediente de suplemento de créditos número 4/2011 do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) será exposto ó público, para efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. 4.6132.- EXPEDIENTE DE SUPLEMENTO DE CRÉDITO NÚMERO 2/2011 DO ORGANISMO AUTÓNOMO LOCAL MUSEO DE PONTEVEDRA Sr Presidente.- Punto número 4. Expediente de suplemento de crédito número 2/2011 do Organismo Autónomo Local Museo de Pontevedra. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Consello Reitor do Organismo Autónomo Local “Museo Provincial de Pontevedra” da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión que tivo lugar o 21 de outubro de 2011 acordou aprobar o expediente de suplemento de créditos número 2/2011, por importe global de 48.000,00 euros, motivado pola necesidade de atender a unha serie de gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte. Resultando que este expediente de suplemento de créditos número 2/2011 finánciase con cargo ó remanente de tesourería procedente da liquidación do orzamento do Organismo Autónomo Local “Museo Provincial de Pontevedra” correspondente ó exercicio de 2010. Resultando que no informe de Intervención de data 11 de outubro de 2011, figura que este expediente cumpre cos requisitos previstos na normativa de aplicación, tanto en relación cos gastos que se pretenden financiar como cos recursos que os financian, así como que o expediente respecta o equilibrio orzamentario. Considerando o disposto no artigo 177 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, nos artigos 34 a 38 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril e na base 8ª de execución do vixente orzamento do Organismo Autónomo Local “Museo Provincial de Pontevedra”, en canto a competencia e tramitación a seguir na aprobación do expediente de suplemento de créditos número 2/2011 do Organismo Autónomo Local “Museo Provincial de Pontevedra”, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1. Aprobar o expediente de suplemento de créditos número 2/2011 do Organismo Autónomo Local “Museo Provincial de Pontevedra”, por un importe global de 48.000,00 euros, que resumido por capítulos presenta a seguinte estrutura: Capítulo 2º Gastos en bens correntes e servizos…………... 48.000,00 euros Total variacións por capítulos……………… 48.000,00 euros O detalle do expediente é o seguinte:  Suplementos de crédito: APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE SUPLEMENTO 11/833.333.221.00 Subministración de enerxía eléctrica …… 48.000,00 € Total suplementos de crédito…………………….. 48.000,00 € 2.- O expediente de suplemento de créditos número 2/2011 do Organismo Autónomo Local “Museo Provincial de Pontevedra” será exposto ó público, para efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. 5.6133.- EXPEDIENTE DE SUPLEMENTO DE CRÉDITO NÚMERO 1/2011 DO INSTITUTO PARA A PROMOCIÓN E EQUIPAMENTO DO SOLO INDUSTRIAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA (IPESPO) Sr. Presidente.- Punto número 5. Expediente de suplemento de crédito número 1/2011 do Instituto para a Promoción e Equipamento do Solo Industrial da Provincia de Pontevedra (IPESPO). Ten a palabra Don Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bos días a todos e todas, grazas Sr. Presidente. Para dicir, no punto anterior votamos a favor porque subiu a factura da corrente e hai que dotar de crédito para facelo, e neste caso temos un expediente de suplemento de crédito, ou sexa, dotar de máis cartos no IPESPO, 465.000 euros, para urbanización, ¿non?, e bueno, o volume do que se vai á urbanización é o custe do IPESPO, do polígono de Barro-Meis, vaia, en relación co orixinal, co presupostado, pois empeza a ser como relativamente preocupante. Hai toda unha serie de gastos a maiores que parecen como excesivos, ou as contas, ou a asistencia técnica, ou quen fixo os orzamentos, o fixo francamente mal, ou a adxudicación está mal feita, ou a empresa está metendo novas unidades de obra, ou novas actuacións que fan un exceso de obra, pois, relativamente alto, por desgraza pois neste caso, vamos, no polígono de Barro-Meis a sentenza que hai non axudou nada, e sobre todo a crise económica tremenda que estamos a padecer, pois menos; fixo a cousa peor e estamos nunha situación neste polígono francamente pouco boiante por desgraza, un polígono que apoiamos, que apoiou todo o mundo, e que queremos, todos queremos que vaia adiante, ímonos a abster neste expediente de suplemento de créditos e pediríamos, en principio quedaramos para esta semana, non foi así, que se fixeran todas as xestións para despexar as posibles, os nubarróns que sobrevoan sobre o futuro deste polígono, en todo caso reiterar publicamente no Pleno, pois a nosa disposición para axudar a despexar eses nubarróns, xa o fixemos no seu momento, non se nos fixo caso, pero bueno, estamos na situación na que estamos, hai que retomar o asunto, conten coa nosa colaboración, e se queren, pois, xestionar esa posible saída pois aquí estamos no que poidamos axudar, porque o certo é que o motivo ese, que todos estamos convencidos de que non é o fundamental, pero é o motivo da sentenza que suspende o Plan Parcial, pois está sendo usado por empresas para intentar ou para desadxudicar, para renunciar ás parcelas, na práctica, nestes momentos hai menos parcelas adxudicadas das que había hai un ano, polo cal estamos retrocedendo en vez de avanzando, os tempos son difíciles e eses nubarróns, vostede e todo o mundo, bueno, os que estamos no IPESPO sabemos, pois está sendo usado como motivo para renunciar a parcelas, para irse e demais, se queren, por un lado hai un gasto moi forte por parte do IPESPO, por parte desta Deputación, no fondo, para, vamos, no polígono, unha aposta na que todos estivemos de acordo pero que se está indo de custe con respecto o que era o inicial. E por outro lado, hai unha situación na que se están desadxudicando, está habendo unha resistencia tremenda a, vamos, a seguir adiante cos proxectos empresariais nesas parcelas, pola crise económica, pero tamén coa desculpa ou co motivo deses, do nubarrón da sentenza, a ver se o podemos resolver. En fin, non estamos convencidos de que aínda que se resolva, esa vai a ser gran panacea, tal e como están os tempos, pero polo menos subsanar ese problema que temos enriba da mesa. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Bueno, eu o que teño que manifestar en relación ó Parque empresarial de Barro-Meis é que vai a ser, e ten que ser ademais, a esperanza, para xerar riqueza e emprego das comarcas de Pontevedra, da comarca de Caldas e da comarca do Salnés incluso, e nese camiño vai. Polo tanto, son consciente da importancia deste desarrollo industrial, que tanto necesitamos, porque creo que esta comarca, a comarca de Pontevedra en concreto, se de algo careceu na última década é precisamente de ter, pois, solo industrial dispoñible, sobre todo nun núcleo de boas comunicacións. En Galicia, agora mesmo, non hai un espazo industrial tan ben comunicado como está este, e mellor que vai a estar, o polígono industrial de Barro-Meis, me refiro a comunicacións de todo tipo, non só comunicacións viarias, senón de infraestruturas vitais como son novas tecnoloxías e tamén gas, etc. Polo tanto, nese sentido non hai ningunha dúbida de que unha vez que se poida deixar atrás esta estremada dificultade económica, que está lastrando sen dúbida o inicio e a posta en marcha de moita da actividade económica deste polígono, pois ese vai a ser o referente industrial de Pontevedra, da comarca de Caldas e tamén da comarca do Salnés. É certo, é unha realidade de que nos próximos días, así nos chega a información dende o concello de Barro, se vai a iniciar, iniciar, ¡eh!, e digo iniciar, e digo iniciar a actividade industrial de tres novas empresas que van a empezar a construír as súas naves nos próximos días, nos próximos días, o cal nos fai claramente xerar esperanzas do que eu dicía. Non é menos certo de que aproveitando a dificultade económica algunha das empresas que ten solicitado e que tiña solicitado, neste caso, solo industrial en Barro-Meis, pois debido á circunstancia da adversidade económica, pois se ve obrigado a renunciar nalgún caso, pero en paralelo a isto, como digo, hai de tres a cinco empresas que nos próximos días van a iniciar a súa actividade económica, porque teñen licenza para iso do concello de Barro, por iso que eu estou plenamente convencido de que isto debe ser o revulsivo necesario para xerar emprego e riqueza nesta comarca. E en relación ás obras, están nun noventa e tantos por cento practicamente concluídas, chegamos creo que a un acordo, que é importante no que se refire ó subministro eléctrico tamén deste polígono, e de aí que as cousas van como inicialmente estaban previstas, non, claro, están exentas das dificultades técnicas dunha obra destas características, polo tanto, xa digo, eu espero contar como acaba de dicir o portavoz do Bloque Nacionalista Galego, coa súa colaboración, que foi ofrecida en varias ocasións, e que agora imos a concretar, co fin de desbloquear, pois, unha situación que se nos dou en relación a esa sentenza de todos coñecida, de fai uns meses. E polo tanto, sei da boa intención, neste caso do portavoz do Bloque Nacionalista Galego, D. Cesáreo Mosquera, co fin de que entre todos poidamos chegar a un acordo cos propietarios próximos ó polígono, que nalgún momento puideron ver ou entender que pois podían ser prexudicados coa posta en marcha do solo industrial de Curro-Barro. Creo que neste caso é todo o contrario, que van a ser moi beneficiados, e creo que unha sociedade avanzada necesita de espazos como este para xerar emprego e riqueza, e de aí que reitero o meu agradecemento, neste caso, ó portavoz do Bloque Nacionalista Galego, co fin de que poidamos chegar a un acordo exitoso, que dalgunha maneira vaia polo bo camiño para desbloquear xa definitivamente, aínda que unha vez que se corrixan esas deficiencias que se desprendían desa sentenza, pois xa quedaría totalmente legalizada esa situación, que vai a quedar dunha maneira ou doutra. Polo tanto, o que necesitamos dende aquí é xerar confianza absoluta para que os empresarios ocupen, porque eu sei que vai a estar ocupado, tardará máis ou menos, pero ocupen xa definitivamente a totalidade do solo dispoñible en Barro-Meis, e iso é o que, neste caso, dende o grupo de goberno, queremos trasladar no día de hoxe. Moi ben, pois polo tanto, procedemos á votación deste punto importante que é o expediente de suplemento de crédito número un, punto número cinco, 1/2011 do IPESPO, para seguir desenvolvendo a actividade prevista neste polígono. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. O Consello Reitor do Organismo Autónomo Local Instituto para a promoción e o equipamento do solo industrial da provincia de Pontevedra (IPESPO), na sesión que tivo lugar o 21 de outubro de 2011 acordou aprobar o expediente de suplemento de créditos número 1/2011, por importe global de 465.000,00 euros, motivado pola necesidade de atender a unha serie de gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte. Resultando que este expediente de suplemento de créditos número 1/2011 finánciase con cargo ó remanente de tesourería procedente da liquidación do orzamento do IPESPO, correspondente ó exercicio de 2010. Resultando que en sendos informes de Intervención de data 14 de outubro de 2011, figura que este expediente cumpre cos requisitos previstos na normativa de aplicación, tanto en relación cos gastos que se pretenden financiar como cos recursos que os financian, así como que o expediente respecta o equilibrio orzamentario. Considerando o disposto no artigo 177 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, nos artigos 34 a 38 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril e na base 8ª de execución do vixente orzamento do IPESPO, en canto a competencia e tramitación a seguir na aprobación do expediente de suplemento de créditos número 1/2011 do Organismo Autónomo Local Instituto para a promoción e o equipamento do solo industrial da provincia de Pontevedra (IPESPO), o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría de votos a favor do PP e coas abstencións do PSdeG-PSOE e do BNG: 1.- Aprobar o expediente de suplemento de créditos número 1/2011 do Organismo Autónomo Local Instituto para a promoción e o equipamento do solo industrial da provincia de Pontevedra (IPESPO), por un importe global de 465.000,00 euros, que resumido por capítulos presenta a seguinte estrutura: Capítulo 6º Investimentos reais ………………… 465.000,00 euros Total variacións por capítulos…… 465.000,00 euros O detalle do expediente é o seguinte:  Suplementos de crédito: APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE SUPLEMENTO 11/815.156.680.02 Investimentos en polígonos industriais………… 465.000,00 € Total suplementos de crédito……………………. 465.000,00 € 2.- O expediente de suplemento de créditos número 1/2011 do Organismo Autónomo Local Instituto para a promoción e o equipamento do solo industrial da provincia de Pontevedra (IPESPO), será exposto ó público, para efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. 6.6134.- REVERSIÓN Ó CONCELLO DA CAÑIZA DA PARCELA NA QUE SE UBICA O PARQUE COMARCAL DE MAQUINARIA DENOMINADA “MOLIDEIRA DE ARRIBA” Sr. Presidente.- Punto número 6. Reversión ó concello da Cañiza da parcela na que se sitúa o Parque Comarcal de Maquinaria denominada Molideira de Arriba, e que estaba utilizado pola Deputación, e que agora se entendía que non era necesario e polo tanto, se entende que quen o debe recibir é neste caso o propio concello de A Cañiza para a súa adecuación. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. Imos a ver, aquí hai, asáltannos dúas dúbidas que xa plantexamos na Comisión; a primeira, que ninguén o dou aclarado, que en todo o caso serían cuestións do concello da Cañiza, de que pola descrición que aparece da finca, pois todo apunta que é un monte comunal que no seu momento o concello cedeu á Deputación para facer este parque, non é pola época na que foi cedido, e pola descrición, todo apunta, non o sabemos e en todo caso será un problema do concello da Cañiza cos comuneiros, pero igual había que telo en conta; en segundo lugar, hai aí unha nave, descrita como unha nave de douscentos metros cadrados, que se valora en 46.000 euros e que se lle cede gratuitamente ó concello da Cañiza. Os concellos nestes momentos non están sobrados de cartos como para poder indemnizar dalgunha maneira esta nave, que aínda que a Deputación non a está usando pois é da súa propiedade e que dalgunha maneira, pois podía, se cadra, sacar algún tipo de compensación polo valor, aínda que non estean sobrados, tampouco a Deputación está sobrada para regalar este tipo de propiedade e de valores. Parece un pouco simple devolvelo así, porque está nun contrato, entendido desa maneira, sen ningún tipo de negociación, e ademais parece, a nós parécenos un pouco simple, ¿non?, é un ben que cando o concello reclamou a súa devolución será porque quere dar un uso e un valor que hai aí, e que a Deputación se desfaga del gratuitamente, pois xéranos dúbidas, ¿non?. Tampouco, teño que recoñecer que tampouco o asunto, ou controlamos o asunto ata o estremo de saber, bueno, pois que destino ou que tipo de convenios se podían facer, bueno, pois non sei eu se sentar un precedente dese tipo, porque aquí houbera, que me acorde, algunha cesión ó concello de Lalín, pero é dun terreo que é propiedade da Deputación, levara unhas cantas voltas porque era para un fin determinado, non sei se era ampliar un paseo na zona verde, unha praia fluvial senón me acordo mal, etc., bueno, ó final era para un uso público, un destino que todos entendemos que ó final podía ser, pero aínda levou unhas cantas voltas. Agora así, o concello da Cañiza, así sen, porque está con informe, se lle dá un ben que está valorado niso, imaxino que valerá bastante máis, pero bueno, tampouco hai unha descrición exacta do estado no que está. Se está en bo estado, se está regular, se ese valor é moi nominal pero na práctica hai que meterlle moitos cartos para que funcione para algo, e que realmente así é cando xera moitas dúbidas. Se manteñen o punto …, sen máis información, nós abstémonos. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Cesáreo Mosquera. Bueno, vostede é coñecedor desta situación, hai que situarse no que estamos falando, estamos falando dunha superficie de 2.100 metros cadrados, unha parcela situada na carretera nacional e que dende o ano 1972 ou sexa hai 40 anos foi cedida á Deputación de Pontevedra para construír aí un parque de maquinaria para esa zona. A imaxe que está dando agora mesmo esta parcela, hai que dicilo, a verdade é que non é a mellor en relación a que se está utilizando conxuntamente entre a Deputación e o concello, maioritariamente o concello xa propiamente da Cañiza, porque aquí estamos para colaborar, e como digo, a imaxe que dá non é a mellor, en todo caso o que podemos dicir dende aquí, unha vez que pasemos a cederllo, pois que o concello se encargue de ordenar e ter aquilo pois medianamente, podemos dicir a palabra, decente. Isto é certo que non nos pasa soamente aquí, nos pasa nalgún outro parque de maquinaria destas características, onde habitualmente é o almacén de coches do concello, almacén de coches me refiro de coches abandonados, e que ás veces por parte da institución, co fin de colaborar, se dá todo tipo de facilidades. Neste caso, neste concretamente, cremos que non ten sentido xa a súa cesión á Deputación, hai outro parque en Ponteareas, en todo caso para subministrar árido, etc., é suficiente, e polo tanto, cremos que o máis normal é que isto, primeiro, o xestione o concello, pero ademais llo comuniquemos así, que o ordene, o poña de maneira decente, porque agora mesmo está fachada cunha carretera nacional e a imaxe que dá é bastante lamentable, pero non polo mal uso que lle dá a Deputación, senón polo, porque teño as fotos aquí diante, que o coñezo perfectamente, pois material e maquinaria en desuso do concello, porque teñen alí, e que creo que era bo pois ordenalo. En definitiva, vostede di a cesión dese valor, desa nave que se construíu, pois ten practicamente os corenta anos. Polo tanto, cremos que é un tema que non ten relevancia, creo que para o concello vai a ser máis útil do que poida selo para a Deputación, que non ten, xa digo, ningún uso a día de hoxe, practicamente, e polo tanto, facemos o que toca, á parte a maiores de sacarlle o cartel que aínda ten por alí, que pon Deputación, porque ás veces o cartel creo que non é o máis axeitado tampouco, e polo tanto, que se lle faga esta cesión para que poñan ó día este ben, que xa era do concello da Cañiza, e que nos cedeu á Deputación, e que agora lle devolvemos. Polo tanto, se pon en marcha a súa reversión, é o que eu teño que dicir, creo que facemos o que é razoable, e polo tanto, xa digo, se contamos co apoio de todos os grupos, pois creo que vai a ser para un ben xusto, que é que o concello utilice de maneira axeitada esta instalación. Polo tanto, ¿votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno do concello da Cañiza, en sesión ordinaria do día 3 de agosto de 1972, adoptou o acordo de ceder gratuitamente á Deputación de Pontevedra unha parcela de 2.100 m2 de superficie co fin de establecer nela un parque comarcal de maquinaria para a conservación das vías provinciais. A situación, cabida e lindeiros da parcela cedida foi a seguinte: “situación, lugar: “Molideira de Arriba”; cabida: 2.100 metros cadrados; lindeiros: Norte: terreo do mesmo monte, en liña 35 metros. Sur: máis terreo do mesmo monte, en igual liña 35 metros, Este: máis terreo do mesmo monte, en liña 60 metros. Oeste: carretera nacional nº 120, en igual liña de 60 metros”. En dito acordo plenario establecíase que esta cesión quedaría sen efecto e revertería ó patrimonio municipal no caso de que non se destinara ó fin expresado. Posteriormente a esta cesión, no ano 1973 a Deputación de Pontevedra realizou nesa parcela as obras de construción dunha nave de 200 m2 de planta destinada ó parque comarcal de maquinaria. A nave construída foi adxudicada por importe de 1.781.374 pesetas por acordo plenario de data 30-10-73. Esta nave figura rexistrada no Inventario de Bens e Dereitos desta Deputación co código 1.1.00049 como ben de servizo público. O concello da Cañiza presentou con data 16-09-11 unha resolución ditada pola alcaldía pola que se solicita da Deputación de Pontevedra a reversión da citada parcela. A valoración actual da nave é de 46.572,00€, segundo informe do aparellador da sección de mantemento da Deputación de Pontevedra. Considerando os informes do técnico adxunto do Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio, e do xefe de Servizo de Infraestruturas da Deputación de Pontevedra, nos que queda plenamente acreditado que dita parcela e a nave construída nela non se destinan na actualidade ós fins para os que foi cedida polo concello da Cañiza, e ó que quedou condicionada dita cesión. Considerando o informe do Secretario Xeral de data 20 de outubro de 2011 no que se conclúe a procedencia da reversión solicitada e o informe do Interventor de data 26 de outubro de 2011. Considerando os termos do acordo de cesión, e o establecido no artigo 111.1 e 111.3 do Real Decreto 1372/1986 de 13 de xuño polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría de votos a favor do PP e do PSdeG-PSOE e coas abstencións do BNG: Primeiro: aprobar a reversión a favor do concello da Cañiza do pleno dominio e gratuitamente da parcela cuxa situación, cabida e lindeiros é a seguinte: “situación, lugar: “Molideira de Arriba”; cabida: 2.100 metros cadrados; lindeiros: Norte: terreo do mesmo monte, en liña 35 metros. Sur: máis terreo do mesmo monte, en igual liña 35 metros, Este: máis terreo do mesmo monte, en liña 60 metros. Oeste: carretera nacional nº 120, en igual liña de 60 metros”, que fora cedida por ese concello á Deputación de Pontevedra por acordo do Pleno do concello da Cañiza en sesión ordinaria do día 3 de agosto de 1972. Inclúese nesta reversión a nave de 200 m2 de planta construída sobre a parcela pola Deputación de Pontevedra durante o prazo de duración da cesión. Segundo: dar de baixa no Inventario de Bens e Dereitos da Deputación dito inmoble. Terceiro: autorizar ó Sr. Presidente para outorgar a correspondente escritura pública de reversión. 7.6135.- CAMBIO DE TITULARIDADE E POSTERIOR ENTREGA Ó CONCELLO DE PONTECESURES DA ESTRADA PROVINCIAL EP-8601 RÚA DEPUTACIÓN Sr. Presidente.- Punto número 7. Cambio de titularidade e posterior entrega, posterior, eu diría inmediata entrega ó concello de Pontecesures da estrada provincial 8601, coñecida ademais como Rúa Deputación, actuación que ademais a Deputación acaba de facer alí, en convenio co concello, unha importantísima mellora dende o punto de vista de seguridade e de humanización desta estrada provincial. Polo tanto, cremos que é o razoable, o axeitado, por iso o traemos aquí, e ojalá puideramos ter moitos máis casos coma este, onde, pois un convenio entre o concello e a Deputación nos permite ter unha estrada como lle gustaría a todos os cidadáns. A verdade é que esta, podemos dicilo sen lugar a equivocarnos, que quedou unha actuación moi razoable para o ben dos veciños de Pontecesures. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Visto o acordo adoptado por unanimidade polo Pleno do concello de Pontecesures, na sesión ordinaria celebrada o 26 de setembro de 2011, a través do cal solicita á Deputación Provincial de Pontevedra o cambio de titularidade e posterior entrega da estrada provincial EP-8601 Rúa Deputación. Visto o informe emitido o 10 de outubro de 2011 polo Enxeñeiro técnico xefe da Zona Centro no que se sinala, “que o concello de Pontecesures e a Deputación Provincial de Pontevedra asinaron no seu día un Convenio de colaboración para levar a cabo as obras de mellora da estrada provincial EP-8601 Rúa Deputación financiadas con cargo ó Plan de Inversións da Administración Provincial e que a actuación desenvolvida deixou un único carril de circulación na estrada cunha calzada de 2,90 metros e beirarrúas variables; estas condicións técnicas unidas a que o viario, que ten unha lonxitude de tan só 250 metros, adquiriu características netamente urbanas, aconsellan informar favorablemente o seu cambio de titularidade a favor do concello de Pontecesures de acordo co disposto nos artigos 5 e 54 da Lei 4/1994, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia e o artigo 2 da Ordenanza Reguladora do Uso e Defensa das Estradas Provinciais”. Considerando que de acordo co disposto no artigo 70.14 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado polo Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, correspóndelle ó Pleno a adquisición de bens e toda transacción sobre os mesmos, así como o seu alleamento e calquera outro acto de disposición, o Pleno de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Infraestruturas e Servizos Xerais, acorda por unanimidade: Primeiro. O cambio de titularidade e posterior entrega a favor do concello de Pontecesures da estrada provincial EP-8601 Rúa Deputación que ten unha lonxitude de 250 metros. Dito viario incorporarase á relación de estradas de titularidade do concello de Pontecesures tal e como sinala o artigo 4 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de Estradas de Galicia. Correspóndelle ó concello de Pontecesures, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación da vía, así como o exercicio nela das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular da estrada. Segundo. Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra para a sinatura da acta de entrega que con tal fin se elabore. 8.6136.- RESOLUCIÓN DAS ALEGACIÓNS PRESENTADAS Ó PROXECTO “MELLORA E AMPLIACIÓN EP-9305 COIRÓN-RIBADUMIA-LEIRO. LUGAR DE PADRENDA (MEAÑO)”. APROBACIÓN DEFINITIVA DO PROXECTO. APROBACIÓN DEFINITIVA DA RELACIÓN DE BENS E PROPIETARIOS AFECTADOS. RATIFICACIÓN DA SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DA DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN DOS BENS E DEREITOS AFECTADOS POLA EXECUCIÓN DAS OBRAS Sr. Presidente.- Punto número 8. Resolución das alegacións presentadas ó proxecto “Mellora e ampliación EP-9305 Coirón-Ribadumia-Leiro. Lugar de Padrenda”, toda ela no termo municipal de Meaño, e aprobación definitiva do proxecto, e aprobación tamén definitiva da relación de bens e propietarios afectados, ratificación da solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución das obras. Esta é unha mellora tamén moi necesaria, debido a que afecta ó entorno dun polígono industrial, e que a densidade de vehículos é altísima, a inseguridade é bastante alta, e polo tanto, en colaboración co financiamento tamén do concello de Meaño, preténdese acometer unha obra fundamental, é dicir, que de acordo co noventa e nove por cento dos veciños, nos quede un, e polo tanto, por iso temos que probablemente ir á expropiación dun caso, que é neste caso, o titular de maior número dos terreos afectados por esta actuación, peor, bueno, ás veces pasan estas circunstancias, e polo tanto, non nos vemos máis que na obriga precisamente de traelo previamente aquí. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O proxecto Mellora e ampliación EP-9305 Coirón–Ribadumia–Leiro. Lugar de Padrenda (Meaño), que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 265.182,39 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 235.826,49 euros e capítulo de expropiacións por importe de 29.355,90 euros, foi aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación Provincial na sesión extraordinaria celebrada o 9 de setembro de 2011. Coa finalidade de contribuír ó gran desenvolvemento que experimentou nos últimos anos a comarca do Salnés, a Deputación Provincial de Pontevedra realizou unha serie de actuacións tendentes a mellorar as distintas infraestruturas da zona, entre elas a EP-9305 Coirón-Ribadumia-Leiro. Este viario, cun trazado que supera os nove quilómetros, ten unha gran importancia ó servir de rede arterial de comunicación do Polígono de Pedreiras en Meaño co concello de Ribadumia, soportando na actualidade un intenso tráfico rodado. Os tramos de estrada comprendidos entre os p.k. 0+000 e 1+588 e entre os p.k. 2+787 e 9+534 xa se atopan executados, polo que o presente proxecto abarca a realización de melloras nun tramo de aproximadamente 600 metros, comprendido entre os p.k. 1+588 a 2+787, sen acabar ata o momento por motivos orzamentarios e que agora se dota de servizos, como o saneamento, mellorándose así mesmo a seguridade viaria. O tramo da dereita da estrada dótase con beirarrúas, pluviais e canalización eléctrica mentres que no da esquerda realízase un paseo de formigón que diferenza circulación de vehículos e peóns. Neste sentido non hai que esquecer que calquera obra de seguridade viaria nunha estrada vai supor minorar o risco de accidentes e, en consecuencia, nunha materia na que está en xogo a vida humana a utilidade pública do proxecto e a urxencia na súa execución está sempre xustificada. Para levar a cabo as obras é necesario ocupar terreos particulares ante a imposibilidade a acadar un acordo amigable cos propietarios, a diferenza do acontecido no resto da estrada que, na súa maior parte, foi mellorada grazas á colaboración desinteresada dos veciños. Aínda que este proxecto foi levado ó Pleno da Corporación Provincial o pasado mes de marzo para a súa aprobación, o mesmo quedou sobre a mesa pendente dun mellor estudo por parte dos técnicos do Servizo de Infraestruturas. Ademais, dado que os tramos da estrada obxecto de mellora dotaranse de beirarrúas e da instalación de servizos complementarios, como o saneamento, o financiamento deste proxecto levarase a cabo conxuntamente, como é habitual nestes casos, pola Deputación de Pontevedra e o concello de Meaño achegando o 70% e o 30% respectivamente cada unha destas Entidades. O concello de Meaño, o día 8 de agosto de 2011, prestou aprobación a este convenio de colaboración mentres que a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobouno o 2 de setembro de 2011. O financiamento levarase a cabo en dúas anualidades segundo o seguinte detalle: 2011 2012 TOTAL Deputación (70%) 109.192,75 € 76.434,92 € 185.627,67 € Concello de Meaño (30%) 46.796,90 € 32.757,82 € 79.554,72 € INVESTIMENTO 155.989,65 € 109.192,74 € 265.182,39 € Despois de someterse a información pública o proxecto e o expediente de expropiación en virtude do Edicto publicado no Boletín Oficial da Provincia nº 182 de data 21 de setembro de 2011, no taboleiro de anuncios do concello de Meaño, en varios xornais da localidade, e despois de notificarse individualmente ós afectados a apertura do devandito período de información pública, e visto o informe emitido polo Servizo de Infraestruturas advertindo da necesidade de acometer canto antes a obra, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Infraestruturas e Servizos Xerais, acorda por unanimidade: Primeiro. A resolución das alegacións presentadas ó proxecto e ó expediente de expropiación, tendo en conta o informado ó respecto polo Servizo de Infraestruturas, segundo o seguinte detalle: a) Estimar parcialmente as alegacións presentadas por Dª. María Eugenia García Castro xa que efectuado o oportuno replanteo sobre o terreo rectificouse a afección concreta respecto ás fincas nº 1 e nº 3, segundo se detalla na relación definitiva de bens e dereitos obxecto de expropiación. En relación á solicitude relativa ó emparrado existente nos terreos nº 2 e nº 10, accédese á mesma reflectíndose ambos os dous bens como obxecto de expropiación (non reposición) sen que en consecuencia teña lugar a excepción formulada pola propietaria respecto ás cepas de caíño e ás columnas existentes na parcela nº 2 na que aumenta a superficie afectada; por outra banda procederase ó traslado das pedras existentes na parcela nº 3 acopiando as mesmas no lugar sinalado pola propietaria no seu escrito. A canalización eléctrica levarase a cabo no tramo de estrada dotado de beirarrúas e tamén se estudará a posibilidade de canalizar o servizo de telefonía. b) Estimar parcialmente as alegacións presentadas por Dª Elvira Castro Castro, finca nº 7, xa que se procederá ó traslado da pedra do lagar existente nesa propiedade acopiando a mesma no lugar sinalado no seu escrito. Non se accede á petición relativa á reposición do muro existente na citada parcela que será obxecto de expropiación debendo valorar o seu custo a propietaria no momento procedemental oportuno. A canalización eléctrica levarase a cabo no tramo de estrada dotado de beirarrúas e tamén se estudará a posibilidade de canalizar o servizo de telefonía. Segundo. A aprobación definitiva do proxecto “Mellora e ampliación EP-9305 Coirón–Ribadumia–Leiro. Lugar de Padrenda (Meaño)” que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 265.182,39 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 235.826,49 euros e capítulo de expropiacións por importe de 29.355,90 euros. Terceiro. A aprobación definitiva da relación de propietarios e bens afectados segundo o seguinte detalle: PROPIETARIO Nº FINCA BENS AFECTADOS Dª. María Eugenia García Castro A Bouza nº 8, Padrenda 36968 - Meaño 1 15,61 m2 de terreo ocupado 3 ud. de eucaliptos vellos. 1 ud. de piñeiro novo Dª. María Eugenia García Castro A Bouza nº 8, Padrenda 36968 - Meaño 2 73,54 m2 de terreo ocupado Expropiación de emparrado Dª. María Eugenia García Castro A Bouza nº 8, Padrenda 36968 - Meaño 3 23,41 m2 de terreo ocupado 10,92 m2 de vivenda en estado ruinoso (traslado de pedras) Dª. Teresa Barreiro Meis A Bouza nº 21, Padrenda 36968 – Meaño 4 66,61 m2 de terreo ocupado 1 ud. de retirada, traslado e reposición do emparrado 5 uds. de árbores ornamentais 1 ud. de banco de pedra de 1,50 metros 8,75 m.l. muro mampostería 8,75 m.l. aramado metálico 1 portón de ferro Dª. Dolores Barreiro Meis A Bouza nº 22, Padrenda 36968 – Meaño 5 16,70 m2 de terreo ocupado 1 ud. de retirada, traslado e reposición do emparrado D. Ángel Meis Torres A Baiuca nº 7, Padrenda 36968 – Meaño 6 42,30 m2 de terreo ocupado 1 ud. de retirada, traslado e reposición do emparrado 23 m.l. de aramado metálico de 1,50 m. de altura 23 m.l. de muro bloques de 0,50 m. de altura 2 m.l. de muro pastas de pedra de 2 m. de altura Dª. Elvira Castro Castro A Bouza nº 8, Padrenda 36968 – Meaño 7 175,30 m2 de terreo ocupado 7,71 m2 de lagar en estado ruinoso (traslado de pedras) 2 m.l. de muro de ladrillo de 4 m. de altura 34,80 m.l. de muro de mampostería en mal estado de 1,50 metros de altura 5 m.l. muro mampostería en mal estado de 3,50 m2 de altura 1 ud. de columna de pedra de 0,20x0,20x2,00 metros D. Eulogio Pomares Zárate A Bouza nº 24, Padrenda 36968 – Meaño 8 212,00 m2 de terreo ocupado 1 ud. de retirada, traslado e reposición do emparrado 102 m.l. de muro de formigón de 1 metro de altura Dª. María Meis Sanmartín A Bouza nº 19, Padrenda 36968 - Meaño 9 29,30 m2 de terreo ocupado 1 ud. de retirada, traslado e reposición do emparrado 8 m.l. de muro de formigón de 1 m. de altura Dª. María Eugenia García Castro A Bouza nº 8, Padrenda 36968 - Meaño 10 55,20 m2 de terreo ocupado Expropiación de emparrado 4,00 m.l. de muro de pastas de pedra de 1,00 m. de altura Dª. Teresa Barreiro Meis A Bouza nº 21, Padrenda 36968 – Meaño 11 59,00 m2 de terreo ocupado 1 ud. de retirada, traslado e reposición do emparrado 34,27 m.l. de muro de pastas de pedra de 1,50 m. de altura Dª. Dolores Barreiro Meis A Bouza nº 22, Padrenda 36968 – Meaño 12 66,50 m2 de terreo ocupado 1 ud. de retirada, traslado e reposición do emparrado 7 uds. de árbores ornamentais Dª. María Carmen Lago Castro A Bouza nº 26, Padrenda 36968 - Meaño 13 90,70 m2 de terreo ocupado 1 ud. de retirada, traslado e reposición do emparrado Cuarto. Ratificar a solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación dos bens e terreos afectados pola referida obra xa que coa mesma inténtase mellorar a seguridade viaria na estrada provincial EP-9305 Coirón- Ribadumia- Leiro, de grande importancia para a zona ó servir de rede arterial de comunicación do Polígono de Pedreiras en Meaño co concello de Ribadumia. Os tramos de estrada comprendidos entre os p.k. 0+000 e 1+588 e entre os p.k. 2+787 e 9+534 xa se atopan executados, polo que o presente proxecto abarca a realización de melloras nun tramo de aproximadamente 600 metros, comprendido entre os p.k. 1+588 a 2+787, sen acabar ata o momento por motivos orzamentarios e que agora se dota de servizos, como o saneamento, mellorándose así mesmo a seguridade viaria. O tramo da dereita da estrada dótase con beirarrúas, pluviais e canalización eléctrica mentres que no da esquerda realízase un paseo de formigón que diferenza circulación de vehículos e peóns. Neste sentido non hai que esquecer que calquera obra de seguridade viaria nunha estrada vai supor minorar o risco de accidentes e, en consecuencia, nunha materia na que está en xogo a vida humana a utilidade pública do proxecto e a urxencia na súa execución está sempre xustificada. 9.6137.- MOCIÓN DA PRESIDENCIA SOBRE NOMEAMENTO DE REPRESENTANTES DA CORPORACIÓN EN ÓRGANOS COLEXIADOS Sr. Presidente.- Punto número 9. Moción da Presidencia sobre o nomeamento de representantes da Corporación en órganos colexiados, no Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, Marta Iglesias Bueno; no Padroado da Escola Universitaria de Enfermería, Ana Isabel Vázquez Reboredo; no Padroado da Fundación Democracia e Goberno Local, neste caso é quen lles fala; e na Sociedade de Garantía Recíproca, Severino Reguera Varela. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Réxime Interior e Persoal, acorda por maioría de votos a favor do PP e coas abstencións do PSdeG-PSOE e do BNG, aprobar a Moción da Presidencia sobre nomeamento de representantes da Deputación en órganos colexiados. Dita Moción é como segue: “MOCIÓN DA PRESIDENCIA SOBRE NOMEAMENTO DE REPRESENTANTES DA DEPUTACIÓN EN ÓRGANOS COLEXIADOS O art. 58 c) do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais determina que corresponde ó Pleno a designación de representantes da Corporación en órganos colexiados. Por todo iso, a Presidencia somete á consideración do Pleno a adopción do seguinte acordo: “Desígnanse representantes da Deputación Provincial de Pontevedra nos Organismos que seguidamente se relacionan ós/ás seguintes Sres. e Sras. Deputados/as: - Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade: Dona Marta Iglesias Bueno - Padroado da Escola Universitaria de Enfermería: Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo - Padroado da “Fundación Democracia y Gobierno Local”: D. Rafael Louzán Abal - Sociedade de Garantía Recíproca da Pequena e Mediana Empresa de Pontevedra e Ourense (SOGARPO): D. Severino Reguera Varela 10.6138.- ASUNTOS FÓRA DA ORDE DO DÍA Previa unánime declaración de urxencia, adoptáronse os seguintes acordos: A) APROBACIÓN INICIAL DO PROXECTO “ELIMINACIÓN DE PASO ESTREITO NA EP-7016 ESTRADA-VINSEIRO-AS CASETAS, PK 2+570 (A ESTRADA)”. EXPOSICIÓN PÚBLICA DO MESMO E DO EXPEDIENTE DE EXPROPIACIÓN. DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA DA OBRA. SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DA DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN. MOTIVACIÓN DA URXENCIA Sr. Presidente.- Fóra da orde do día temos o informe … ¡ah, non!. Bueno, este era un proxecto que debeu haber xa pasado pola Comisión Informativa, en principio, se pensou ademais que non habería ningún problema, pero aparentemente, finalmente apareceu un problema cun propietario. É aprobación do proxecto de eliminación de paso estreito na estrada provincial Estrada-Vinseiro-As Casetas, no término municipal da Estrada, exposición pública do mesmo e do expediente de expropiación, declaración de utilidade pública da obra, solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación e motivación da urxencia. Isto, se trata dunha actuación nunha ponte, fundamental, que dende aquí xa digo, a “mea culpa”, porque a Deputación xa debeu haber actuado en todo caso hai tempo. Intentouse por activa e por pasiva chegar a un acordo co propietario afectado, e a contestación que nos dou en varias ocasións non a vou a dicir aquí porque sería demasiado forte, pero bueno, o importante é que a actuación é imprescindible, esta obra está incluída no Plan Provincial de Cooperación para actuar, e vamos, é unha demanda de seguridade totalmente necesaria, e por iso pedimos neste caso a aprobación da urxencia do mesmo, e que, xa digo, é unha obra que está aprobada, e así o acordamos no Plan Provincial de Cooperación, pero xa está acordada como tal, pero temos que acordar isto para facer a actuación, que é, como digo, unha mellora dunha ponte, que nestes momentos só se cruza un vehículo e que é imprescindible. Polo tanto, ¿votos en contra da urxencia?. ¿En contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. E bueno, o tema como digo é este que lles acabo de comentar, que é a eliminación dese paso estreito no municipio da Estrada, é polo que temos aquí dotado, dun orzamento da Administración de 27.510 euros, desglosado en orzamento de execución por contrata, de 20.630, e capítulo de expropiacións por importe de 6.880 euros. E o proxecto que está aprobado no Plan Provincial de Cooperación ascende, bueno, aquí está só a valoración da, como digo, da expropiación e reposición dos bens afectados, pero vamos, non temos aquí o importe da obra en si mesma, de toda actuación, que comprende máis tramo desa carretera pero que está incluída no Plan Provincial de Cooperación ano 2011. Don Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, dúas cousiñas, non pasou pola Comisión, peor vamos, iso si ten a urxencia, deixamos; e segunda, unha pregunta, a obra, digamos, da mellora desa estrada, do entorno da ponte do río Liñares e tal, ¿está adxudicada?. Sr. Presidente.- Non, non. Bueno, creo que non, vamos, está dentro do Plan Provincial de Cooperación, dentro deses que se aprobaron aquí no Pleno e tamén na Comisión correspondente, no seu momento, estou falando de hai dous ou tres meses, polo menos, e, ¿se está adxudicada a día de hoxe?, quero entender que aínda non, agora debe de estar a punto de, porque o prazo remata pois nos próximos días, me imagino, para contratar todas as obras do Plan Provincial de Cooperación. Sr. Mosquera Lorenzo.- A ver, entón vimos expedientes distintos, porque aí ... Sr. Presidente.- Este é un expediente só de expropiación. Sr. Mosquera Lorenzo.- Pero estaba, eu creo que no expediente, nalgún papel poñía que era de fondos propios. Sr. Presidente.- Non, non. Bueno, aquí pon fondos propios, o que é o expediente de expropiación, pero o que é o expediente de execución da obra é Plan Provincial de Cooperación 2011. Sr. Mosquera Lorenzo.- Pero, ¿pode dicirme se está adxudicada ou non?. Sr. Presidente.- Pois non sabería, teríamos que velo, pero está dentro desas, relacionada, como o prazo remata estes días para a adxudicación, son obras en todo caso de menor contía, e polo tanto, se fixo un expediente á parte, polo que se entendía que ía a haber, neste caso, colaboración, que eu sempre o dubidei, por parte do propietario afectado, porque estiven alí en dúas ocasións, e polo tanto, coñezo a actuación que se pretende, que é máis que xustificada, pois o que vai de fondos propios, o que digo é a inversión da reposición e dos bens afectados e o outro vai dentro do Plan Provincial de Cooperación. Polo tanto, procedemos tamén á votación deste punto que como digo é a eliminación de paso estreito na estrada Vinseiro-As Casetas. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O proxecto “Eliminación de paso estreito na EP-7016 Estrada-Vinseiro-As Casetas, p.k. 2+570, A Estrada”, está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 27.510,92 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 20.630,22 euros e capítulo de expropiacións por importe de 6.880,70 euros. A Deputación Provincial de Pontevedra na súa intención de mellorar as infraestruturas nos distintos concellos da provincia redactou o proxecto “Ampliación de ponte e mellora de trazado na EP-7016 Estrada-Vinseiro-As Casetas”, incluído no Plan Provincial de Cooperación 2011. No devandito proxecto contémplanse, entre outras actuacións, o ensanche ata os nove metros da plataforma da ponte que cruza o río Liñares xa que na actualidade presenta unhas dimensións de aproximadamente catro metros e medio que apenas permite o paso de dous vehículos á vez, estreiteza que ademais xa provocou varios sinistros nese tramo de estrada. Como queira que na execución deste proxecto ocúpanse varias leiras de titularidade privada, técnicos provinciais conseguiron que os distintos propietarios aceptasen ceder o terreo necesario para levar a cabo dita actuación. Non obstante o anterior e aínda que nun principio contábase con esa disposición, agora faise preciso tramitar un expediente de expropiación forzosa ante a negativa dun propietario, titular da finca contigua á ponte, a ceder o terreo necesario para ensanchar a estrada nese tramo ata os nove metros que esixe a nova plataforma da ponte. A urxencia de acometer canto antes as obras vén xustificada pola necesidade de ensanchar o tramo de estrada contiguo á ponte que cruza o río Liñares xa que o seu estado actual supón un grave risco para a seguridade viaria e nunha materia na que está en xogo a vida humana a utilidade pública da obra e a urxencia na súa execución está sempre xustificada. Visto o informe emitido polo Servizo de Infraestruturas advertindo da necesidade de tramitar canto antes o expediente de expropiación forzosa para acometer a devandita obra, o Pleno acorda por unanimidade: 1.-A aprobación inicial do proxecto “Eliminación de paso estreito na EP-7016 Estrada-Vinseiro-As Casetas, p.k. 2+570, A Estrada”, dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 27.510,92 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 20.630,22 euros e capítulo de expropiacións por importe de 6.880,70 euros. 2.-A exposición pública do mesmo e do expediente de expropiación que leva consigo polo prazo regulamentario, a efectos de posibles reclamacións, entendéndose aprobado definitivamente, de forma automática, en caso de non producirse as mesmas. 3.-A declaración de utilidade pública da obra con base no informe emitido polo Servizo de Infraestruturas advertindo da premura que reviste a execución da obra. 4.-A solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación dos bens e terreos afectados pola referida obra. 5.-A motivación da urxencia que se pretende dar ás expropiacións que xera dita obra que vén xustificada pola necesidade de ensanchar o tramo de estrada contiguo á ponte que cruza o río Liñares xa que o seu estado actual supón un grave risco para a seguridade viaria e nunha materia na que está en xogo a vida humana a utilidade pública da obra e a urxencia na súa execución está sempre xustificada. B) MOCIÓN DA PRESIDENCIA SOBRE ADHESIÓN DA DEPUTACIÓN Á REDE DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA Sr. Presidente.- Outro punto que está fóra da orde do día, que é a moción da Presidencia sobre adhesión á rede de dinamización lingüística. Neste caso, o que sería é acordar a nosa adhesión a esta rede, creada mediante a Orde do 14 de setembro do 2010 e publicada no Diario Oficial de Galicia, aceptando expresamente os requisitos e as normas da organización e funcionamento establecidas na devandita Orde; designar neste caso representantes da Deputación, como titular a Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo e como suplente a Dona Begoña Estévez, e neste caso tamén como representación técnica a Dona Celia Soto Espiña e Mónica Monteagudo Gamallo. Polo tanto, votamos a urxencia. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. E, o punto en si mesmo é este que lle acabo de dicir, que non ten, dalgunha maneira, trasladar á Xunta de Galicia, para no caso de aceptar adherirse á Rede, se poña en marcha o proceso requirido, para darlle unha resposta e que se faga efectiva de maneira oficial a nosa adhesión. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, dúas cousiñas, unha de forma que vén isto aquí, vamos, así fóra da orde do día, non estaba, eu mirei o expediente ás dez e vinte ou así, non estaba aínda, ou sexa, que é metido e demais, e hai que metelo dentro da categoría das mocións políticas, ideolóxicas, de última hora, e incluso a propia proposta, Sr. Presidente, ¿vostede pensou ben, pensou ben a quen nomea de Deputados?. Con todos os respectos, con todos, enténdase ben, aquí dentro dos Deputados e Deputadas hai quen fai un uso do galego ritual, quen o fala bastante habitual, quen o fala case sempre e que non o fala nunca, nunca, nunca, nunca, e me parece que foi a escoller aí. Sr. Presidente.- Vostede sabe que eu faría ben un bo uso. Sr. Mosquera Lorenzo.- Ben, ben, hai bastantes que fan un bo uso, peor, a ver, a ver, resulta que vai a escoller a persoas que lexitimamente, que supoño que será para dinamización lingüística, el castelán, el español. Sr. Presidente.- Non, era para que se empapen máis aínda. Sr. Mosquera Lorenzo.- ¡Ah!, bueno, pois hai cursos e sobre todo hai ideoloxía e demais, entón, hai actitudes e demais, e xa digo con todos os respectos, pero estamos falando do que estamos falando e obviamente o que están facendo é, bueno, pois agora é intentar tapar esas medidas tan agresivas que tomaron con respecto á lingua, que aquí internamente se notaron, cada vez se ven máis actas, cada vez se ven máis actas en castelán, e non pretenderá, non pretenderá iso, eu diría que o retirara e o pensara un pouquiño, e digo iso en canto ás formas, porque senón ás formas de presentalo, e no fondo, dos nomeamentos que fai, en todo caso supoño que van a aplicar a maioría, e unha orde que teñen de Santiago, que alguén aquí se esqueceu, nos resulta un tanto sorprendente que o metan agora no Pleno sen poñelo antes, un tanto sorprendente. Imaxínome incluso que entre vostedes habería certas resistencias, tanto a adherirse como a que ían a facer, pero bueno, iso son cousas súas, eu diríalle cando menos que o pensara e retirara e cambiara, digo, por darlle un pouquiño así de presentación, de presentación. Xa sabemos a que responde, un adorno que queren facer, ¿non?, despois das medidas que tomaron contra a normalización lingüística, por certo, contra a normalización lingüística de Fraga, aí niso fóronse moito máis en contra do galego, agora veñen con esta historia desa rede, pero Presidente, home, eu lamento se a risa súa significa que digamos que é tan obvio, que non queda máis que rirse, porque claro, unha cachada de tal calibre, que non queda máis que rirse, se é que se está rindo do asunto, que agardo que non, pois a cousa sería máis grave. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. A verdade é que eu sei que vostede o está facendo con cariño, o comentario, non quero pensar máis alá, pero vostede debe de ser o primeiro en valorar, porque xa leva tantos anos na institución, que forma parte do paisaxe aquí, pero me refiro á transformación que sufriu esta casa, tamén para ben, para ben de que todo, eu creo que todo o que se fai nesta casa, practicamente o 99,9%, se fai en galego, falamos en galego, aquilo de “galego coma ti”, que dicía Fraga, ¿non?, e ó final o logramos. Polo tanto, eu sei que vostede no fondo está recoñecendo ese gran labor que vén facendo a Deputación, de anos, anos e anos, para fomentar o galego, non só falalo, senón dalgunha maneira, nas propias actividades diarias desta institución lideramos como nadie, neste caso, a defensa do noso galego. Estou plenamente convencido que nesa mesma situación o vai a facer tanto a Deputada como a representante técnica desta casa, que traballa no Servizo de Normalización Lingüística, e que son grandes defensoras da nosa lingua, como vostede di. Polo tanto, eu me sorría nese sentido, porque non, sei que o facía con cariño, probablemente, en todo caso, xa digo, elas van a formar parte desta nova, bueno, pois nova adhesión a esta Rede de Dinamización que se pon en marcha, polo tanto, eu creo que é unha boa nova que a Deputación que lidera coma nadie, xa digo, en Galicia, como institución, en defensa do noso idioma, ademais teño un Deputado que tamén quere facer unha aportación enriquecedora neste sentido, polo labor que vimos facendo. Don Jesús Vázquez Almuíña. Sr. Vázquez Almuíña.- Moitas gracias Sr. Presidente. Eu quería, a verdade que as intervencións de D. Cesáreo Mosquera sempre son moi interesantes, nos gustaría saber, porque é a primeira vez que pasa, polo menos no tempo que eu levo aquí na Deputación, que se fai discriminación polos coñecementos que ten un Deputado sobre unha materia determinada. Eu creo que se a sociedade, esta Comisión fora normalización de lingua castelán igual tiña que estar o Sr. Mosquera nela, porque creo que se estás nun extremo é bo tamén facer ese equilibrio, eu creo que a valía das señoras Deputadas está por enriba de todo, o que estamos falando, e me parece unha discriminación intolerable o que fai, pero si me parece moi boa proposta a que fai o señor Mosquera de que podemos nomear cun título especial a Don Manuel Fraga, porque acaba de recoñecer un representante do Bloque Nacionalista Galego, o gran labor que fixo o anterior Presidente da Xunta. Entón, bueno, como nalgún sitio hai propostas de nomeamento para Don Manuel Fraga, poderíamos aproveitar a ocasión, que parece ser que o Bloque está de acordo en poder facelo, pero sobre todo o que me parece máis grave é iso, que se intente dicir que un Deputado, unha Deputada, non está preparado para a representación que o Presidente desta casa vai a facer. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Vázquez Almuíña. Non sei que dicía, por iso lle dicía que era en tono cariñoso, por iso llo tomei así, senón xa lle tiña dito esa proposta, pero me parece acertada a proposta que di o Sr. Almuíña, que llo imos a trasladar ó concello e o Sr. Mosquera, para unha calle, por exemplo, podemos facer tamén igual que en Santiago, para referenciar o labor que fixo Fraga aquí en relación ó tema do Galego, que creo que é importante. Sr. Mosquera, ¿algunha cuestión?, adiante. Sr. Mosquera Lorenzo.- A ver, estanse metendo polos, por uns bos charcos. Mire, os que xa nos preocupou isto hai tempo, non sei se se acordan, algúns se acordarán, aquilo do espírito do 12 de febreiro, non sei se se acordan, había un señor que se chamaba Arias Navarro, que colleu a Presidencia do Goberno no franquismo, e era aperturista, non se sabe exactamente en que, pero era aperturista e houbo unha serie de, vamos, de compañeiros do Goberno naquel momento, do Goberno franquista, que boicotearon todo aquilo e fixeron unha involución, e deixaron aquilo en nada. Dicir que Arias Navarro era aperturista, pois en comparación cos outros si, dicir que era aperturista non, era un franquista de pro, cerril ata dicir basta, dicir que Fraga, que o Sr. Fraga era un señor defensor do galego a ultranza, etc., pois non é certo, agora, en comparación ós que viñeron despois do PP, si, en comparación a eses si, é o que quixen dicir, porque vostedes, vostedes, digo o novo goberno da Xunta, se cargou, se cargou a propia normativa que fixo o Sr. Fraga, o goberno da Xunta no seu momento, e fixo retrocesos sobre o que fixera o bipartito e incluso sobre iso. Con respecto á discriminación, home, que é o que quere que lle diga, eu por exemplo, de alemán non sei nada, nada de nada, de francés sei aquilo de, ¿como era?, ai!, ai!, como é, cheguei ata aí; de inglés, pois bueno, algunha cousiña sei e demais; pero de alemán non; e incluso estudei libros técnicos en italiano, en francés ou en inglés; de alemán, nomearme a min para unha comisión de fomento do alemán, que quere que lle diga, ¿non?, nomearme é unha profunda discriminación, obviamente, faltaría máis, unha discriminación moi profunda. Se aquí ten vostede un señor que anda todos os días de zapato de charol e o que lle gusta é, ¿verdade?, pois andar, non sei, de yate, ou máis, non sei que, é máis, unha señora que anda cun abrigo de visón, e cunha gasa e con zapato de tacón, nomealo para representar ós señores gandeiros, uns a outros, cando hai algún que igual mamou e estivo todos os días, ¿que quere que lle diga?, home, pois alguén que se coñeza algo, pois non, non é unha discriminación, home, vaia, vaia, éche boa!, que aquí collen ós que están aquí do PP, e os comportamentos que saben que teñen algunha relación co galego, comportamento que ten a xente con respecto ó galego, o señor tal agacha a cabeza, non me estraña, non me estraña que agache a cabeza, a desculpa do móbil é boa, pero non me estraña que agache a cabeza, pero non me estraña, porque claro o que acaba de dicir hai moi pouco foi moi gorda, porque claro, aquí que teñen vostedes, os dezasete que están collen e din, quen seleccionamos que con respecto ó galego ten unha aptitude e un comportamento como eu con respecto ó alemán ou o chino, ¡bumba!, escollen exactamente, pois mire se iso é discriminación, hai que ser valentes para sacar esa, esa argumentación, pero bueno, en todo caso pódese sacar a que ben se entenda, eu repito, vostedes nomean, agora eu o que pido, cando haxa unha sobre o chino ou o alemán, noméenme a min, porque senón sentireime profundamente discriminado como parece que acaba de dicir o, vamos, quen falou, á veces hai ocasións únicas de estarse calado, perdeu unha ocasión extraordinaria. Sr. Presidente.- Nunca mellor dito Sr. Mosquera, a verdade é que ó Deputado lle dea unha febre ou na punta sensible, ¿non?, no sitio delicado do Sr. Mosquera, pero el ó castelán non fixo mención, igual dá o alemán ou algo así, pero quería facer algún añadido a Deputada, parece ser, pero bueno, o Sr. Almuíña quere aportar algunha cousiña. Sr. Vázquez Almuíña.- Si, a verdade é que ten razón o Sr. Mosquera, valería ás veces mellor estar calado e non meterse nun novo charco, porque se meteu en dous charcos novos, que é complicado, cada vez vai a estar máis salpicado con tacóns ou sen tacóns, vai a dar igual, mire, comparar o galego co alemán para unha persoa da provincia de Pontevedra, creo que non ten lóxica, o galego é parte da nosa cultura, e dende logo, me parece que é discriminatorio, é dicir, que unha persoa da provincia de Pontevedra para ela é igual o alemán que o galego, me parece que aí perdeu o norte, e despois cando empezou a comparar o tema da gandería cos tacóns, coas peles e demais, eu creo que tamén dentro de pouco acabamos falando do sexo dos anxos, pero en principio eu creo que non é así. Entón, non, senón está de acordo pode votar en contra, como pode facer, pero evidentemente, non trate de dicir aquí o que non é, e o alemán, o castelán, e o galego, levan convivindo séculos en Galicia e nunca houbo problemas, é certo que as zonas costeiras teñen unha implicación maior co castelán que co galego pero dende logo, tanto un coma outro conviven perfectamente en todos os lados, e dende logo, na Deputación creo que tamén debería ser así. Moitas gracias Presidente. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Almuíña, Sra. Estévez. Sra. Estévez Bernárdez.- Gracias señor Presidente, quisiera responder además en castellano al señor Mosquera. Yo llevo únicamente cuatro meses como Diputada provincial, pero desde luego, no espero formar parte del paisaje, del paisanaje de la corporación provincial tantos años como usted. Y, cuando se designan miembros de una corporación, de una constitución de un patronato, de una comisión, la corporación, en este caso el grupo de gobierno popular, lo hace por razón de competencia técnica, desconozco cuál es su perfil, su currículum, lo mismo que el resto de los compañeros diputados de la oposición, pero mi compañera Diputada, Ana, es licenciada en Filología, por si no lo sabía, es filóloga, además usa y conoce el gallego perfectamente, a lo mejor mejor que usted. Yo no lo suelo usar públicamente, y lo reconozco, aunque he nacido en una aldea, me comunico con mis padres en gallego, tengo mi curso de iniciación y perfeccionamiento, y se hablarlo, y lo entiendo, y escribirlo perfectamente, sin ninguna errata. Eso es lo que quería decir muchas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sra. Estévez. Bueno, Sr. Mosquera, eu creo que quedou claro, ve que somos plurilingüistas, non temos ningún problema co galego, castelán, dixeron o outro día, doulle unha referencia, dicíao ademais a Directora da UNED, non, non era a Directora do Centro, que nos fará falta o chinés, o chinés fará falta para o cal temos que ir preparándonos. Non sei se a vostede e máis a min nos chegará un pouco tarde, pero bueno, por se acaso, hai que ir preparándose. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Mire, a intervención esta paréceme absolutamente clarificadora e tráxica, díxeno antes sen ter tanto coñecemento a quen estaba nomeando, a compañeira que falou veu a dar exactamente con cal é o problema, se ela domina perfectamente o galego, ou sexa, ten unha aptitude belixerante contra o uso público, por exemplo neste mesmo foro, do galego, bueno, pois se eu teño manía, por exemplo ós mexilloeiros, represénteseme para o sector, xa falando de sectores, ou sexa, se o coñece perfectamente, non o usa intencionadamente, é un problema de aptitude lexítima, pero dende logo, que iso sexa, esa dinamización do galego que se pretende, en fin, creo que está claro e nos entendemos perfectamente. Ou sexa, antes tiña dúbidas sobre a súa competencia na lingua co cal, o da aptitude deixeino un pouco de lado, pero agora está claro que é un problema de aptitude, ou sexa, ten unha aptitude contra o uso do galego, non o usa intencionadamente, eses son os representantes de boa, ¿que vai a facer para dinamizar o uso do galego?, será para que desapareza o uso do galego, que exactamente, e falando Vázquez Almuíña, non, non houbo ningún conflito, este señor ten atrapado máis dun sopapo por falar galego na escola, pero bueno, non houbo nunca ningún conflito, eh!, foi absolutamente isto, foi pacífico e conviviu de maravilla, vamos, sempre, de maravilla, agora se o seu deseño, e con estes actos como o que toman hoxe, vai a ser ese, pronto non vai a haber ningún conflito, simplemente o galego vai a desaparecer, polo menos do uso público, como as señoras que nomean agora e digo, é lexitimamente, que é desafortunado o nomeamento. Pois fágana. Sr. Presidente.- Vostede estea tranquilo, que imos a defender o galego por encima de todo. Sra. Estévez, quería, a ver, a última intervención. Sra. Estévez Bernárdez.- Baixo ningún xeito lle vou a consentir que diga iso, ademais eu durante os meus anos de traballo na Deputación de Pontevedra colaborei directamente coa técnico do Servizo de Normalización Lingüística, que é Celia, que é unha excelente profesional, de feito conseguimos subvencións da Xunta de Galicia para poder normalizar o uso da lingua nesta institución, e poder publicar máis do que se facía. Traballei directamente con ela dende que me incorporei a esta institución, e ó non falar galego non é un tema de postura, é un tema de expresión, e considero que teño o mesmo dereito a expresarme en lingua galega como en lingua castelán, por escrito, evidentemente, temos a obriga de comunicarnos en galego e o levo facendo dende a miña incorporación á Administración Pública no ano 94, pode demostrarse ademais en todos os expedientes nos cales participei. Moitísimas gracias Presidente. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sra. Estévez, ó final, o Sr. Mosquera xa o conseguiu, ¿non ves?, que quería que falaras tamén galego e décheslle unha lección de galego tamén, de galego, de castelán, o castelán non lle gustou moito, pero o galego gustoulle, ¿verdade?, ¿lle pareceu oportuno?, e inglés tamén. Bueno, imos a aprobar despois desta distendida e oportuna aclaración por parte da Deputada, da Sra. Estévez, en relación con ese plurilingüismo que domina esta casa. ¿Votos en contra para a incorporación entón a Rede de Dinamización da Xunta de Galicia?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSdeG-PSOE e cos votos en contra do BNG, aprobar a Moción da Presidencia sobre adhesión da Deputación á Rede de Dinamización Lingüística. Dita Moción é como segue: “Dada conta da creación da Rede de Dinamización Lingüística, mediante Orde do 14 de setembro de 2010 da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, coa pretensión de congregar as institucións con competencia na promoción do uso do galego no ámbito local, proponse ó Pleno a adopción do seguinte acordo: 1.- Acordar a adhesión da Deputación Provincial de Pontevedra á Rede de Dinamización Lingüística, creada mediante Orde do 14 de setembro de 2010, publicada no DOG nº 182, de 21 de setembro de 2010, aceptando expresamente os requisitos e normas de organización e funcionamento establecidas na devandita orde. 2.- Designar como representantes da Deputación na citada Rede, ás seguintes persoas: a) Consello de Membros: - Titular: Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo, deputada provincial. - Suplente: Dona Begoña Estévez Bernárdez, deputada provincial. b) Representación técnica: - Dona Celia Soto Espiña, Xefa do Gabinete Lingüístico. - Dona Mónica Monteagudo Gamallo, Técnico Lingüista.” b) Parte de información e control: 11.6139.- INFORME SOBRE CUMPRIMENTO DE PRAZOS EN RELACIÓN Ó DISPOSTO NA LEI 3/2004, DE 29 DE DECEMBRO, POLA QUE SE ESTABLECEN MEDIDAS DE LOITA CONTRA A MOROSIDADE NAS OPERACIÓNS COMERCIAIS Sr. Presidente.- Puntos 11 e 12. Bueno. Informe sobre cumprimento de prazos en relación ó disposto nesa Lei 3/2004, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, aí está a información a disposición de todos os membros da corporación, en principio, e ademais dar conta tamén das Resolucións Presidenciais. ¿Hai?. Espera, o Sr. Mosquera quere intervir algo en relación á parte anterior, ¿si?. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, gracias Sr. Presidente. Mire, para non entrar nunha discusión de se estamos, esta casa paga de media a 65 días, a 17, o que sexa, é que non tería moito sentido, en todo caso, si hai que recoñecer que é unha institución, xa lle gustaría á Xunta por exemplo, pagar igual, por exemplo, que paga ben igual que o concello de Pontevedra igual que outras, das poucas que están pagando en orde, pero bueno, para non entrar en discusión, en iso o que si pediría é que cando menos, por exercicio do ano, que ben que xa empeza agora, que todas as facturas se presentaran por Rexistro, a Administración, os escritos á Administración non son cartas de amor, nin son sobres en man, nin son escritos que se dan nun servizo, que recolle un, que despois non se sabe onde anda. Hai un Rexistro Xeral que é a única constancia de que iso entrou nesta casa, e polo tanto, á aparte non ten ningún sentido que as facturas pasen polos servizos, nos servizos están o tempo que lle parece ben, e despois o propio servizo mete en Rexistro. Quen ten que meter en Rexistro é o señor, empresa, señora, ou sexa, quen prestou o servizo, é quen se comunica coa Administración, e polo tanto iso, adóptese esa medida, de que todas e cada unha das facturas as presente o provedor desta casa, o método normalizado, oficial, gustáravos ou non, é que entre por Rexistro, o resto, é dicir, e que eu lle deixei a factura en man, ¿quedou?, ¿non quedou?, ¿deixou de quedar?, iso, despois podemos pasarnos aquí discutindo se se perdeu, non se perdeu, se está no caixón ou está na consola ou na mesa de noite, o sexa, se entra por Rexistro, que é a única maneira de comunicarse oficialmente con calquera administración, e eu creo que deberían adoptar esa medida, adoptouse noutras administracións, en xeral con bo resultado, e non nos poñemos a discutir se aquí se paga a 67 días, se paga a 65, se entran as facturas, senón entran, se pagan a 15 días, se pagan a 8, e demais. Pediría que se fixera así, parece o máis importante, que as datas, os prazos en xeral non son malos, non son malos, xa lle gustaría á Administración Central, a Autonómica, a Autonómica non acepta xa que se presenten facturas no servizo, dende o 30 de setembro. Para o ano que vén, ¡ala!, claro, así recortamos a morosidade que mete medo; un traballo que está feito en agosto vai o un de outubro a presentar a factura, ¡non!, non ma presentes, para o ano que vén, co cal catro, seis meses que está de retraso non constan. Bueno, esas trampas son tal, nesta casa en épocas fixéronse, agora non me consta que se estea facendo, polo tanto non podo dicir que se fagan, pero iso a única maneira de resolvelo é por Rexistro e punto, e problema resolto. É a petición que facemos e agardamos que se teña en conta porque creo que é o procedemento correcto. Sr. Presidente.- Unha vez máis é de agradecer que neste caso o portavoz do Bloque Nacionalista Galego, pois nesta institución, que coñece a realidade da mesma, pois felicite ós traballadores desta casa por facer ben as cousas, que é a súa obriga, polo tanto xa digo, de que estamos pagando en tempo e forma, incluso sempre se pode mellorar pero somos unha referencia no ámbito das institucións en Galicia, tamén neste apartado e polo tanto xa digo, estamos contentos, pero teño que dicirlle máis, que en relación a esa cuestión que vostede plantea non nos quedamos aí, xa se presenta en cada un dos Centros Xestores e alí hai Rexistro de facturas presentadas, porque vostede está de acordo comigo, pois aquilo que dalgunha maneira se pon en marcha dende un centro, como pode ser Mouriscade, pois podémoslle evitar perfectamente a esa persoa, a esa empresa, pois que teña que vir a presentalo aquí, o presenta diante do Centro Xestor, que neste caso é Mouriscade, así como pode ser calquera outro dos que hai na provincia de Pontevedra, que son da institución, e con iso o que facilitamos é a axilidade e un pago máis rápido dese traballo feito para coa institución. Polo tanto, eu creo que a media é óptima, sempre se debe ir mellorando, creo que o momento require que se fagan esforzos nese sentido para pagar, pois incluso canto antes, e creo que se está cumprindo claramente. O Xefe do Servizo de Contabilidade elaborou con data 11 de outubro de 2011 un informe no que figura o conforme do Sr. Interventor e do Sr. Tesoureiro, aportando datos e porcentaxes sobre o cumprimento, durante o terceiro trimestre do ano 2011, dos prazos previstos na Lei 3/2004, de 29 de decembro, polo que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, para o recoñecemento e pago das obrigas da Deputación. A Comisión de Economía, Facenda e Turismo na reunión ordinaria que tivo lugar o día 21 de outubro de 2011 quedou enterada do contido deste informe que presenta como detalles máis relevantes os seguintes: Dos gastos realizados no terceiro trimestre de 2011 (01/07/2011 a 30/09/2011), recoñecéronse as obrigas seguintes: Con referencia á data de rexistro da factura a media establécese en 10 días de acordo cos seguintes datos: DÍAS FACTURAS % IMPORTE % 30 3.582 95,57% 6.053.901,26 € 90,07% 60 166 4,43% 169.643,50 € 2,73% 90 +90 3.748 6.223.544,76 € Dos gastos realizados no terceiro trimestre de 2011 (01/07/2011 a 30/09/2011), pagáronse as seguintes facturas: Con referencia á data de emisión da factura a media establécese en 65 días de acordo cos seguintes datos: DÍAS FACTURAS % IMPORTE % 30 747 23,39% 1.740.869,32 € 30,76% 50 834 26,12% 1.389.953,21 € 24,56% +50 1.612 50,49% 2.528.966,69 € 44,68% 3.193 5.659.789,22 € Con referencia á data de rexistro da factura a media establécese en 17 días de acordo cos seguintes datos: DÍAS FACTURAS % IMPORTE % 30 2.922 91,51% 5.295.560,34 € 93,56% 55 120 3,76% 244.787,88 € 4,33% +55 151 4,73% 119.441,00 € 2,11% 8.126 5.659.789,22 € O Pleno queda enterado do informe de Tesourería e Intervención en relación co cumprimento, durante o terceiro trimestre de 2011, dos prazos previstos na Lei 3/2004, para o recoñecemento e pago das obrigas da Deputación Provincial de Pontevedra. 12.6140.- DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS PRESIDENCIAIS Sr. Presidente.- Ben, feito este comentario, hai dúas resolucións. Sr. Secretario.- La primera es delegar las atribuciones de la Presidencia en relación con la Estación Fitopatológica de Areeiro, en favor de la Diputada Doña Begoña Estévez Bernárdez; y, así mismo, extractos das Resolucións Presidenciais ditadas entre os días 27 de setembro e o 24 de outubro do presente ano. Queda enterado o Pleno das seguintes: A) De Resolución Presidencial de data 5 de outubro de 2011, delegando as atribucións da Presidencia en relación co centro Estación Fitopatolóxica Areeiro, a favor da Sra. Deputada Dona Begoña Estévez Bernárdez. B) De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas pola Presidencia entre os días 27 de setembro e o 24 de outubro do ano 2011 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. 13.6141.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Moi ben pasamos ó apartado de Rogos e Preguntas. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, Sr. Presidente, a pregunta ou rogo, pregunta. Mire, dende aquí, no Pleno de novembro do ano pasado acordamos unhas medidas de seguranza viaria; en xaneiro presentouse unha moción moi detallada sobre o asunto, van alá nove meses e todos os plenos, e o pleno que vén, o pleno que vén, o pleno que vén, mellor non fagamos referencia a certos feitos actuais de accidentes e demais, porque non se trata diso, trátase de adiantarse, ¿non?, agora aproveitar, que se houbo ou non houbo, estiven dubidando se facer a pregunta ou non, precisamente porque houbo o accidente, pero é que, ¡caramba!, son nove meses, son nove meses, e claro, e que eu sepa a razón que dan para aprobar unha ordenanza de seguranza viaria nesta institución é que se hai algún técnico que lle gusta, que non lle gusta, un está de acordo, outro non está, oia, se hai un accidente ou hai un sitio malo, ninguén lle vai a preguntar se é o técnico quen ten a responsabilidade de dar as ordes para que se faga ou non se faga, ou aprobar o marco, é esta corporación, é o grupo de goberno, non vai a ser o técnico. Entón, pediría que se a ver no Pleno que vén pois se mete e tal, senón teremos que presentala como moción para votala no Pleno e punto. E, voten ou non voten, despois dun acordo unánime, pois efectivizalo parece que é imposible, e ademais vai un ano do acordo unánime e nove meses, dende que se presentou a moción. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Teño que dicir que ten toda a razón, e polo tanto, asumo a parte de culpa que me toca. Encarguei aquí a unha persoa, ós técnicos xa o falamos con eles, claro está, pero ademais creo que nesa liña o que debemos facer é poñer en marcha, porque coñezo un pouco o fondo do que vostede quería propoñer en relación a ese tema, e creo que era bo poñer en marcha unha Comisión de Seguridade Viaria, formada polos tres grupos, por representantes dos tres grupos, cos técnicos nosos, para que iso avance. Polo tanto, con esa fórmula nos vai a permitir establecer un período de xuntanzas, onde aí cada grupo fai, dalgunha maneira, a súa proposta, se analizan, dalgunha maneira, tamén os problemas que poida haber en relación a este asunto, que ás veces non son poucos, estamos falando dos mil quilómetros de rede viaria provincial e apoio da rede viaria local, que bueno, estaríamos falando de miles máis de quilómetros de rede viaria, que nós estamos para isto e tamén para estar en apoio dos concellos. Polo tanto, convocaremos neste caso a vostede e máis ó outro grupo político, conxuntamente cos técnicos desta casa, a unha Comisión de Seguridade Viaria, que queremos poñer en marcha e que ademais creo que é boa para que aí se discuta que podemos facer en relación a problemas que poidan acontecer e acontecen a diario nas distintas estradas. É ben certo que houbo melloras substanciais nas estradas provinciais, pero aínda quedan cousas por facer e haberá que mellorar, e polo tanto, a finais do mes de novembro poñeremos en marcha esta Comisión, na cal eu estarei sobre todo nesa primeira xuntanza, e aí debateremos sobre estes temas. D. Francisco Veiga Soto. Sr. Veiga Soto.- Moitas gracias, bos días Sr. Presidente. Faltan escasamente dous meses para o remate do Plan de Investimentos da Deputación, o PID 2009-2011, cun orzamento que ascende a 70 millóns de euros, dos cales o Presidente da Deputación, vostede, dispón dunha partida de libre uso de 14 millóns de euros. Este grupo provincial a día de hoxe carece de datos de execución deste plan, agás dos facilitados o pasado mes de maio, tras máis dun ano de reclamacións por parte do noso grupo. Polo tanto, dadas as datas nas que nos atopamos, a piques de rematar o plan, este grupo provincial quere insistir unha vez máis no feito de que esta Presidencia lle facilite os seguintes datos: ¿que proxectos faltan por executar ou por adxudicar, se é que queda algún do Plan de Investimentos da Deputación Provincial?; e, ¿que proxectos foron financiados con cargo á partida de libre disposición do señor Presidente, con posterioridade a ese mes de maio?, que é a última referencia que temos dos proxectos dese fondo de libre disposición. Eu agradeceríalle que estes datos nolos facilitara por escrito Sr. Presidente. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Bueno, pois non houbo grandes variacións en relación a ese tema, teñen toda a información. Polo tanto, se houbera algo que non estivera suxeito ó dereito o houberan denunciado, creo que non hai por que, aí están os datos perfectamente contrastados, incluso do que se fixo, de parte desa libre disposición. En todo caso, buscaremos a información e lla intentaremos dar o antes posible para que teña coñecemento. D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Si, gracias Sr. Presidente, bos días. En realidade son dúas preguntas, ¿non sei se xa a inclúo aquí ou fago unha e despois outra?. Sr. Presidente.- Adiante. Sr. Rodríguez Díaz.- Ben, estamos a ver nestes meses que hai unha publicación, por escrito, que se reparte polo sur da provincia, polos distintos concellos e establecementos que se chama Xornal Galicia Sur. Este xornal, pois aínda que aparece cun prezo de 1,20 euros, o certo é que se reparte en paquetes, pois por estes concellos e por establecementos tamén deles. A pregunta é, ¿que participación ten aquí a Deputación, na súa edición ou na súa financiación ou no seu apoio?. Sr. Presidente.- Xa lle digo, téñoo fácil, cero. Sr. Rodríguez Díaz.- Ben, entón algún problema ten que haber porque son traballadores da Deputación, que chegan co coche da Deputación para deixar os paquetes deste xornal. Sr. Presidente.- Dígame quen. Sr. Rodríguez Díaz.- Ben, nos concellos se reparte con persoal desta Deputación, de aí a pregunta. Sr. Presidente.- Lle digo, estou sumadamente interesado en que me diga quen, nada máis. Sr. Rodríguez Díaz.- Llo diremos. Sr. Presidente.- Sumadamente interesado, ademais para que lle quede claro, a financiación desta Deputación en relación a ese medio en concreto é cero. Sr. Rodríguez Díaz.- Moi ben, a segunda cuestión que leva tempo pero está moito máis de actualidade, ten que ver co aeroporto desta provincia. Estamos a ver, cos datos e co apoio que está facendo o goberno do Partido Popular, o goberno de Feijóo na Xunta de Galicia, se está a potenciar Santiago cunha financiación importantísima para voos de baixo custe que ademais conlevan que voos, tráfico que ten o aeroporto de Vigo como é Madrid ou Barcelona, o ofrezan tamén estas compañías a un prezo inferior, o que está levando ó noso aeroporto, pois a unha situación de menos pasaxe e dunha situación realmente complexa. E aquí, cando sabemos que fai uns meses se montou unha comisión, ademais onde participaban empresarios, un comité para potenciar o aeroporto de Vigo, nós non sabemos se se chegou a constituír, se chegou a funcionar, pero en todo caso o plantexamento é, ¿que está a facer a Deputación para que o aeroporto da provincia de Pontevedra, que está situado en Vigo, non estea a sufrir os problemas que está a ter, con falta de pasaxeiros, pola falta de financiación da Xunta de Galicia, e un trato discriminatorio co aeroporto de Santiago?. Agora, vemos tamén como de novo a Confederación de Empresarios de Pontevedra, pois monta de novo, ou trata de montar un organismo, onde a Deputación tamén parece que participa, o certo é que estamos a ver, que hai montóns de cuestións, de comités e demais, onde non están a facer o que é importante, conseguir que o aeroporto de Vigo recupere os pasaxeiros que tiña. É certo, e mo pasa o meu compañeiro Fran, de que houbo un informe deste comité, por parte do portavoz do Partido Popular, pero, ¿cal é a postura agora da Deputación?, ou, ¿que vai a facer a Deputación con respecto a estes feitos?. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Santos Héctor. Ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Bueno, é realmente sorprendente que o Partido Socialista faga esta pregunta e saque a debate este tema, un tema delicado, sobre todo para a incompetencia do Partido Socialista. Mire, cando o Sr. Caballero chegou á cidade de Vigo o aeroporto de Peinador tiña 1.600.000 pasaxeiros, agora non chega ó millón, 2007-2011 unha redución de 500.000 pasaxeiros, para que saiban, saiban todos os Deputados. Segundo tema, que nós saibamos a inversión do aeroporto de Santiago de preto de 300 millóns de euros é dun Ministro que se chama Sr. Blanco, ¿esta inversión para que é?, ¿para paxaros ou para avións?. No aeroporto de Vigo, un mal aparcamento durante todos estes anos de goberno Socialista en España. Terceiro tema, liñas de baixo custo, nós xa dixemos claramente que non íamos a financiar liñas de baixo custe porque nos parece un erro dende a Deputación. E cuarto tema, se queren, poden comparar os traballos que fixo a Deputación historicamente co aeroporto de Peinador e os avances e apoios que se fixeron en rutas como Air France Vigo-París, que se consolidou dende aquí, ou Air Europa as conexións Vigo-Madrid, Madrid-Vigo, que se consolidaron dende esta Deputación. Eu creo que o problema que teñen vostedes é que a incompetencia na falta de xestión en certos temas pois lle leva a disparar contra todos, e disparar contra todos é malo, é malo porque ó final o único que se consegue, o único que se acada, é que se ille a cidade, que se paralice a cidade, ó final o único que vostedes acadan son confrontacións e enfrontamentos con todo o mundo, ese é o problema. A Fundación Pro Vigo, funcionaba, tiña un xerente que era un responsable, un profesional de temas aeroportuarios, pois resulta que vostedes o botaron e agora a Fundación Pro Vigo non ten contido de ningún tipo. Eu creo que son moitos argumentos os que hai enriba da mesa, para rebater e para dicirlles claramente que o que non poden facer, D. Héctor, é que a falta de xestión do alcalde lle leve a todos vostedes a intentar disparar absolutamente contra todos, e esa é a situación, o aeroporto de Peinador está arruinado por culpa do Partido Socialista, non hai máis. ¿A inversión de Santiago quen a fixo?, o Sr. Blanco e o Partido Socialista. Vostede vai hoxe á terminal de Santiago e se dará conta que tecnicamente pois ó mellor é mellor que a T-4, bueno, pois supoño que iso sería para potenciar o aeroporto de Santiago. E, o Sr. Caballero, home, eu creo que pode dicir pouco, porque eu non sei se vostede sabe que é fillo adoptivo da cidade da Coruña, por apoiar o aeroporto de Alvedro, en detrimento do de Vigo, iso sábeo vostede e están aí as hemerotecas que se poden confirmar e ratificar estas afirmacións. Con respecto ó que está facendo a Deputación, a Deputación ten un estudo, un estudo con liñas, con propostas e con conclusións, que lle pasou ós axentes sociais, económicos, e por suposto ás persoas relacionadas co sector turístico da nosa provincia, e nós non nos imos a mover de aí, xa o dixemos, financiación a liñas de baixo custe non, porque nos parece un erro, se quere lle conto, lle conto como acadaron vostedes a liña Vigo-Londres, que pagaron 700.000 euros, ¿quere que llo diga?, pois mire llo vou a contar, porque o sei. Resulta que estaban negociando Vueling co aeroporto de Santiago e con outras Administracións, e Vueling tiña ese vo enriba da mesa e lle pediu 300.000 euros para por en marcha esa liña, bueno, pois resulta que o concello de Vigo fai un contacto con Vueling e alguén de Vueling, importante, lle di a un dos subdirectores, “pídelle 700.000 euros para quitárnolo do medio porque esa liña non nos interesa”, e curiosidade, en 24 horas o concello de Vigo lle contesta afirmativamente ós 700.000 euros. Esa é a negociación que vostedes fixeron e que fan e que están a facer, é dicir, tirar o diñeiro, criticar a todo o mundo, e ó final a única conclusión é que o aeroporto de Peinador ten cada día menos viaxeiros, dun millón e medio a un millón. Eu dende logo, se fora o responsable da cidade de Vigo me preocuparía tremendamente, que durante a miña xestión, a xestión de catro anos e pico que leva o Sr. Caballero, que se poidan reducir 500.000 pasaxeiros, algo está facendo mal, dende logo, como xestor da cidade máis importante de Galicia. Eu creo que deberían de mirarse un pouquiño para si mesmo, reflexionar e pensar que é o que está pasando para que os demais aeroportos sigan crecendo e o de Vigo siga decrecendo, eu creo que esa é a conclusión máis importante á que temos que chegar. Nós imos a seguir traballando na mesma dirección que o fixemos ata agora, sen moitos medios, sen moitas fotografías, porque o problema que ten o Sr. Alcalde é que prometeu plans estratéxicos, prometeu crecemento do aeroporto de Peinador, prometeu liñas de baixo custe, prometeu absolutamente de todo e ó final non hai nada, e esa é a conclusión que creo que estamos a chegar todos, dun millón e medio a menos dun millón en menos de catro anos, esa é a radiografía. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Bueno, mire, vostede recoñece que o Partido Socialista fai inversións en Galicia, a propia inversión do aeroporto, vostede o di, despois noutros foros se di que non se inviste nada, pero no aeroporto de Peinador, á parte dun parking de corenta millóns de euros, se está ampliando a terminal, ten que ir alí para ver como se está ampliando a terminal, e tamén, hai dotación económica para ampliar a pista, pero o problema, o problema da falta de pasaxeiros do aeroporto de Vigo, non é un problema de que xa Santiago estea con mellores dotacións en infraestruturas, non é ese o problema, e curiosamente a baixada de pasaxeiros no aeroporto de Peinador coincide coa entrada do Partido Popular no goberno da Xunta de Galicia, exactamente coincide con ese período, ¿e saben vostedes por que?, vostede o dicía, unha das liñas máis rentable do aeroporto de Vigo é a de París con Air France, empeza a ter unha competencia dende Santiago porque a Xunta de Galicia, gobernada polo Partido Popular, está a financiar xustamente voos que compiten directamente co aeroporto de Vigo. E con Madrid, que tamén era outra das liñas rentables, esa é a realidade e a pregunta, a pregunta que eu facía é, ¿que imos a facer ante esa falta de dotacións económicas para o aeroporto de Vigo, que non fai a Xunta de Galicia, e se a Deputación vai a facer algo nese sentido?. Porque vostedes falan de que non van a financiar liñas de baixo custo, iso é o que está financiando un goberno do seu mesmo partido en Santiago, e, ¿por que non lle piden que as financie aquí no aeroporto da provincia de Pontevedra?. Porque vostede sitúao nun problema dun alcalde dunha cidade concreta, pero é un problema, é un problema de toda a provincia, e isto é un problema de primeiro orde, da área metropolitana de Vigo, que, ademais, vostedes teñen competencia turística, comercial, igual que ten a Xunta, ¡eh!, e teñen os fondos e os medios; e me resposta que vostedes teñen feito un estudo que lle deron ós axentes sociais, e, ¿a partir de aí que?, seguimos mirando para outro lado, esperando a ver que pasa, que xurda un milagre. Creo que poderá vostede falar, que se o alcalde de Vigo é fillo adoptivo do concello da Coruña, tamén é fillo adoptivo da cidade de Granada e doutras máis cidades da súa etapa de Ministro, evidentemente, non por potenciar un aeroporto contra outro, porque iso sábeno vostedes perfectamente, e aquí o debate é, ¿vai a facer algo a Deputación para que Vigo recupere eses pasaxeiros, que se perderon xustamente cando entra o goberno do Partido Popular, o goberno do Sr. Feijóo na Xunta de Galicia?, que é cando deciden, ademais o din claramente, cando deciden potenciar o aeroporto de Santiago en detrimento do de Alvedro e do de Vigo. Se van a facer algo, ademais do estudo e entregarllo ós axentes sociais, dígannos, a nosa proposta é que deben vostedes tomar accións neste asunto, precisamente para que esa competencia desleal que fan a voos regulares, con voos subvencionados dende Santiago, pois deixen de ser, e polo menos, que estes estudos que teñan unha aplicación instantánea, e vostedes teñen medios económicos para poder facelo, e que este aeroporto, reitero, de toda a provincia, teña o peso que deba de ter. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Santos Héctor, ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Nada, moi breve, porque eu creo que isto non dá máis de si, cando a incompetencia dalgúns para xestionar certos temas leva á crítica permanente ós demais, iso se converte en políticas minoritarias e ó final eu creo que esta provincia, e a cidade de Vigo, e as demais cidades, necesitan outro tipo de políticas con vocación de maiorías e de resolver os problemas. Mire, hai un alcalde de Vigo, que había un Comité de Rutas creado por Aena que o boicoteou, porque o problema que hai é o de sempre, é o mesmo, resulta que este señor o que quere é a confrontación permanente, lle dá igual, a el non lle preocupa a rentabilidade da cidade nin a defensa dos intereses, dos intereses da cidade, nin da provincia, nin o aeroporto, non lle preocupa nada diso, lle preocupa única e absolutamente o seu rédito electoral a curto prazo. Pero mire, D. Santos Héctor, ¿sabe cal é a cuestión?, que agora veñen os problemas das promesas e da cantidade de incumprimentos que hai enriba da mesa, non só co aeroporto senón podo falarlle de moitos máis; a UNED, que temos aquí persoas moi competentes, que saben deses temas, xa estaba instalada na cidade de Vigo hai oito meses, é dicir, todos os alumnos da UNED, que quixeran, de Vigo, poder estudar en Vigo, xa estaba, porque o alcalde fixera a xestión e estaba resolto. Resulta que hoxe temos, nin aula temos, lle poño ese exemplo concreto; pero lle podo por outro, a Biblioteca, do Estado hai dez millóns de euros nos presupostos, do estado, do goberno central, e resulta que barallaron sete ubicacións e non teñen ningunha. Eu vin esta mañá e xa pasei pola ampliación da ponte de Rande en infografías; pero se é continuo, a autovía de Pontevedra con Vigo, continuo, ¿onde está?, estaba o proxecto hai dous anos ou tres anos, etc., etc., etc., é que é mentira tras mentira, engaño tras engaño, manipulación tras manipulación, e así non poden ir a ningún lado porque ó final os pillan, tarde ou temprano te pillan. Porque, home, unha mentira piadosa vale, a podemos dicir todos, pero é que son tantas e tantas e tantas historietas que ó final, claro que si, que o aeroporto de Santiago, a potenciación do aeroporto de Santiago en infraestruturas a fixo o goberno central, pero iso vai en detrimento do aeroporto de Peinador dunha maneira clara e rotunda, e iso os vigueses teñen que sabelo, porque a vostedes se lle enche a boca a dicir, “non, estamos investindo no aeroporto de Vigo”, non, o aeroporto de Vigo está á cola das súas inversións e das súas planificacións, xa me contará vostede para que sirve un aparcamento senón son capaces de darlle servizo nin ó IFEVI, que non se pode conectar dende o aeroporto con IFEVI, que unha persoa que vaia en taxi cóbralle unha tarifa como se fose ó centro de Vigo, non hai nin Vitrasas para ir do aeroporto a IFEVI, e non se pode nin trasladar ese medio quilómetro que hai nin camiñando. É mentira o que di vostede, que dende a Xunta de Galicia foi o ano que máis diñeiro se lle dou ó aeroporto de Peinador para liñas de baixo custe, que foi 1.200.000 euros, o que pasa é que vostedes están instalados nesa política, pois siga nesa política, siga nesa política a ver a onde vai a chegar a cidade, cando a cidade estea totalmente illada e estea paralizada, entón, bueno, pois supoño que vostedes o deixarán e entrará outro goberno, e terá que facer como fan cando vostedes gobernan, desfeitas, arruinar a xestión, e despois os gobernos do Partido Popular terán que vir a resolver os problemas. Esa é a cuestión e non hai máis, vostedes se dedicaron única e exclusivamente co diñeiro que lle dou o goberno central a cambiar losetas e alá vostedes, alá vostedes, vostedes díganme algunha obra importante na cidade de Vigo que fixeran vostedes, por iniciativa propia ou por xestión propia de vostedes. Ningunha, ningunha, e agora veñen, claro, agora veñen todos os problemas estes, problemas de que non temos infraestruturas, problemas do aeroporto de Peinador, problemas da Biblioteca que non existe, problemas da UNED que non está instalada na cidade, problemas de ampliación da ponte de Rande, problemas co AVE, que Vigo por Cerdedo deixan tirado unha vez máis, etc., etc., etc., e 30.000 parados, e vostede sabe disto bastante, 30.000 parados, 17.000 cando chegaron vostedes ó goberno, 13.000, é dicir, 30.000, e o outro día escoitaba ó representante do BNG que di, que deses 30.000 o 37% non ten ningún tipo de prestación. Bueno, pois esa é a cidade, entón vostede agora vén aquí cun debate do aeroporto, claro que nós queremos axudar ó aeroporto, pero con políticas serias, con propostas serias, eu lle fago unha pregunta, ¿cal é a proposta do alcalde de Vigo para o aeroporto de Peinador?, dígama, a proposta concreta, ¿cal é?, ¿cal é?, que é o máximo rexedor da cidade, debería de ser o que tivese que capitanear esa proposta, ¿dígame cal é?, ¿cal é?, ¿saír na foto?. Bueno, pois o criticar, di Marta moi ben, “depende do día, como se levante”, un día, un plan estratéxico, outro día voos de baixo custo, outro día criticar á Xunta, e agora, lle toca criticar á Deputación de Pontevedra. Mire, a Deputación de Pontevedra, con respecto ó aeroporto de Peinador, é a institución que máis tranquila ten que ter a súa conciencia e o seu traballo, porque fixo os deberes sempre, e seguramente seguiremos facendo os deberes, porque nós cando fagamos algo o imos a facer con rigor, con seriedade e cun proxecto serio a curto, a medio, e a longo prazo, aí está, dúas liñas, Air Europa, conexións con Madrid levan 5 anos funcionando con custe cero de subvencións; Air France, que se conseguiu desta casa o voo Vigo-París, París-Vigo segue funcionando con custe cero de subvención, eses son os exemplos, e loxicamente estamos traballando e seguiremos traballando, pero non a calquera prezo. Non á chantaxe permanente das compañías aéreas, non, nós non entramos nesas liñas. ¿Vostede cree que fixo ben o concello de Vigo financiar un voo por 700.000 euros, que custaba cada voo máis de cento e pico euros ó concello?; iso é despilfarro, despilfarro, e, ¿para que?. Para que esa liña agora xa non exista, e os voos medios vacíos, bueno, pois se vostedes consideran que esa é a política que teñen que facer sígana facendo, pero bueno, non nos estraña nada, porque o alcalde mañá sairá con calquera outra …, o que me estraña é que lle deixara falar a vostede aquí, porque só fala el destes temas. Sr. Presidente.- D. Santos Héctor, eu creo que temos que algún día deixar a política á parte e facer unha sentada, o que pasa é que hai que instruírlle aí o Alcalde para que se relaxe un pouco. Sr. Rodríguez Díaz.- Si, eu vou a ser breve, vou a ser breve e non vou a facer coma o seu portavoz, que anunciou que ía a ser breve, pero debeu pasarlle coma ó resto do contido, non tiña que ver coa realidade, nin o contido, que dixo igual que ía a ser breve. Sr. Presidente.- ¡Foi moi clarificador, eh! Sr. Rodríguez Díaz.- Isto, mire, se pode mezclar todo, todo o que queira o pode mezclar aquí, pero o certo é que o goberno Socialista do Estado foi o maior inversor da historia en Galicia e nesta provincia, incluída a cidade de Vigo, incluída a cidade de Vigo, cousa que vostedes non poden dicir o mesmo. Acabamos de ver os presupostos, todos, da Xunta de Galicia de Feijóo, e estamos vendo os de 2011, e estamos vendo os resultados para esta provincia, ou para Vigo, ou nas políticas de emprego. Sr. Figueroa, nas políticas de emprego poñen unha cousa nos presupostos, fan unha orde en decembro do ano pasado, e despois sacan outra para recortar en emprego, en asuntos sociais, en dependencia, porque teñen competencias en emprego vostedes. Feijóo parece que o sabía na campaña de fai dous anos e pico, que dicía que ía a rematar co paro e coa crisis económica en 15 días, pero agora, durante dous anos e pico non é das competencias do emprego, agora xa empeza a ser competencia … Pero mire, eu non vou, vou a ser breve de verdade, eu o que digo é que hai unha dificultade no aeroporto de Peinador o sabemos, e sabemos todos, porque a Xunta de Galicia está a potenciar con cartos o aeroporto de Santiago, e que ademais en clara competencia, vostede o dixo moi ben, co voo de Air France a París, onde o deles é subvencionado e o de Vigo non, co cal se perden pasaxeiros, eu digo, ¿que vai a facer a Deputación con este estudo? ¿vai a poñer en práctica algo?, e nós lle apoiaremos aquí, para que poidamos resolver os problemas que temos en Peinador, que non son os de Vigo, que son os da provincia, nada máis Presidente. Gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Santos Héctor. Pero eu lle digo que nós traballamos en silencio e ata agora non houbo nadie, nadie, ningunha institución, que dera os resultados que deu, dende o ano 2007, que empezamos a negociar, e estes resultados aínda seguen vixentes hoxe. Polo tanto, ademais eu digo, e creo que é bo, non sei se sucederá ou non, pero tamén depende de vostedes, de que hai que sentarse dunha vez e non andar botándolle os trastos constantemente, porque alí o seu alcalde, teñen un altavoz permanente, que os trastos para un …., pero eu creo que se vai a acabar ese rollo, porque non hai, o carrete non dá para máis e a situación é a que é, e polo tanto, como sigamos tirándonos os trastos, así non vamos a ningunha parte e ó final os prexudicados somos nós, ¿verdade?, porque é a provincia, porque é un aeroporto provincial, que temos aí e que temos que entre todos darlle solución, e fala quen dende aquí, con el ó frente, o Sr. Figueroa, negociamos e foi eficaz, a negociación, e aí están os datos e aí está a realidade hoxe, pero xa digo, olvidándonos xa diso, eu creo que hai que sentarse e falar, porque senón non imos a ningunha parte, porque ó final pois iso, para mellor gloria do Sr. Ministro, que investiu o que investira, o que sexa, que nós aplaudiremos todo o que faga, porque mellor que o faga, aínda que despois hai que pagalo, o problema é facelo, faino calquera, o caso é quen o paga, pero bueno, diso haberá que falar outro día largo e tendido. E agora o Sr. Mosquera quería darnos un último comentario. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, é un rogo directamente ó Presidente. De que antes houbo que escoitar aquí que, non entendín moi ben, que había tanto tempo formando parte da paisaxe, da paisanaxe, non entendo ese insulto, paisano, así, dito antes. Sr. Presidente.- Non, era en término coloquial. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, si, pero o asunto é que, por exemplo, indo así, ¿verdade?, o Sr. Figueroa leva máis anos de concelleiro ca min, supoño que se daría por aludido; o Sr. Crespo entrou na Deputación canda min, supoño que se daría por aludido. Sr. Presidente.- Non, non, non. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, si, si, entrou canda min. Sr. Presidente.- Pero el fixo un parénteses. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non, un corchete, fixo un corchete, vale, e leva de alcalde máis tempo do que tal, o Sr. Jorge Domínguez me parece que igual está na mesma situación. Sr. Presidente.- Non, tampouco. Sr. Mosquera Lorenzo.- De concelleiro, ¿dende cando leva de concelleiro?, 87, creo, alcalde dende o 87, ou dende o 91. Sr. Presidente.- 91. Sr. Mosquera Lorenzo.- Vale, ben, digo que se daría por aludido, tamén, o Sr. Louzán é o Presidente máis lonxevo. Sr. Presidente.- Máis novo e máis lonxevo. Sr. Mosquera Lorenzo.- Máis lonxevo e demais. O Sr. Rajoy me parece que leva dende o ano 81 en cargos públicos, digo eu que tamén forma parte da paisaxe, da paisanaxe, ¡home!, digo que se sexa un pouco prudente á hora de facer expresións dese tipo. Sr. Presidente.- Alguén di, “este leva máis tempo”. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, leva máis tempo, lle digo, porque houbo que escoitar aquí hoxe, e xa non é a primeira vez, cousas dese teor, unha parte con esa variante, formar parte da paisaxe está ben, pero da paisanaxe, non entendín moi ben o que quixo dicir, e supoño que alguén, supoño que antes, antes de darme por aludido, coma se levara 50 anos, é que se é un problema de que en Galicia, e que ademais hai quen se ten que dar por aludido, digo eu, por se alguén se deu; que se sexa prudente nese tipo de expresións, porque igual, en fin, se cre que se están metendo con un, e estanse metendo con outros. Eu creo que un dos máis antigos que hai nestes momentos en activo debe ser Mariano Rajoy. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Moi bos días, moitas gracias e levántase a sesión. Gracias. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as doce horas e corenta e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. O Presidente, O Secretario, Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. Carlos Cuadrado Romay

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Pleno (Tema)

Área de control da descrición