ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.965
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.660

Acta de sesión 2014/12/19_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.43.833/1.2014-12-19_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2014/12/19_Ordinaria

  • Data(s) 2014 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e vinte e cinco minutos do día dezanove de decembro do ano dous mil catorce, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Crespo Iglesias, Dna. Begoña Estévez Bernárdez, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Carlos López Campos, D. José Luis Pérez Estévez, Dna. María Pilar Ramallo Vázquez, D. Moisés Rodríguez Pérez, D. Alberto Valverde Pérez e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. José María Bello Maneiro, D. Horacio Gil Expósito, D. Fernando Guitián Guitián, Dna. Marta Iglesias Bueno, D. Severino Reguera Varela e D. Alejandro Rodríguez Rodríguez. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D.Antonio Graña Gómez. Non asiste a Deputada Dna. Ana Isabel Vázquez Reboredo. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.22910.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da sesión ordinaria do día 5 de decembro de 2014. 2.22911.- INFORME SOBRE A MODIFICACIÓN DOS ESTATUTOS DO CONSORCIO CONCA DO LÉREZ Dada conta da comunicación da Presidencia do Consorcio “Conca do Lérez”, do 1 de decembro de 2014 (con núm. de entrada no Rexistro Xeral da Deputación de Pontevedra 2014120537, de data 02/12/2014), pola que se remite a certificación do acordo de modificación dos seus Estatutos e se solicita á Deputación de Pontevedra que emita o preceptivo informe esixido no artigo 143 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. Visto o informe da Secretaría Xeral da Deputación de Pontevedra, do 11 de decembro de 2014, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestarlle conformidade e posteriormente remitir ó Consorcio “Conca do Lérez” o mencionado informe da Secretaría Xeral da Deputación de Pontevedra, que di como segue: “En relación coa petición de informe da Xefa do Servizo de Cooperación sobre a modificación dos Estatutos do Consorcio Local Conca do Lérez, maniféstase o seguinte: 1.- A citada modificación dos Estatutos está derivada do establecido na Disposición Transitoria 6ª da Lei 27/2013, de 27 de decembro, de racionalización e sostenibilidade da Administración Local e na Lei 15/2014, de 16 de decembro, de racionalización do Sector Público e outras medidas de reforma administrativa. 2.- O Consorcio adscríbese ó Concello de Cotobade (art. 1). Toda vez que cada órgano de goberno ten a súa competencia, non hai ningún órgano máximo (28.2). 3.- A citada modificación enténdese correcta xuridicamente para os fins previstos. 3.22912.- INFORME SOBRE A APROBACIÓN DA MODIFICACIÓN DOS ESTATUTOS DO CONSORCIO PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO Dada conta da solicitude da Presidencia do Consorcio Provincial de Pontevedra para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento, do 3 de decembro de 2014 (con núm. de entrada no Rexistro Xeral da Deputación de Pontevedra 2014121877, de data 05/12/2014). Visto o informe da Secretaría Xeral da Deputación de Pontevedra, do 16 de decembro de 2014, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestarlle conformidade e posteriormente remitir ó Consorcio Provincial de Pontevedra para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento o mencionado informe da Secretaría Xeral da Deputación de Pontevedra, que di como segue: “En relación coa petición de informe da Xefa do Servizo de Cooperación sobre a modificación dos Estatutos do Consorcio Provincial de Pontevedra para a prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento, maniféstase o seguinte: A citada modificación é debido ó establecido nos arts. 12 e seguintes da Lei 15/2014, de 16 de setembro. O procedemento para a súa aprobación é o establecido no art. 143 por remisión do artigo 151 ambos da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. A citada modificación de Estatutos considérase correcta xuridicamente. Tal é o noso parecer.” 4.22913.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE PONTEAREAS PARA A REALIZACIÓN DO INVESTIMENTO DENOMINADO “OBRAS DE HUMANIZACIÓN RÚA PASEO MATUTINO”, INCLUÍDA NO PLAN URXENTE DE MANTEMENTO DE SERVIZOS E INFRAESTRUTURAS MUNICIPAIS 2014 (PUSIM/14) Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención con cargo á cantidade que lle corresponde ó Concello de Ponteareas no Plan urxente de mantemento de servizos e infraestruturas municipais 2014 (PUSIM/14) polo procedemento ordinario de concorrencia competitiva, para financiar o investimento, denominado “Obras de humanización no Paseo Matutino”; á vista dos informes do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, En virtude das competencias que lle confiren os artigos 35 e 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, e 30 do R.d.l. 781/86, de 18 de abril, da Base 16.2 das de execución dos Orzamentos provinciais e a restante normativa local vixente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó Concello de Ponteareas con CIF núm. P3604200J, a cantidade de cento noventa e nove mil oito euros con cincuenta e seis céntimos euros (199.008,56 €), dos cales 76.996,60 € foron outorgados directa e nominativamente con cargo ó crédito reservado á concesión directa no PUSIM/14, para a realización do investimento (Ref.: PUSIM/14/00943/201400358), denominado “Obras de humanización no Paseo Matutino ”, cun orzamento polo mesmo importe, é dicir, de 199.008,56€. Non obstante, convén recordar a obriga dos concellos de posuír as licenzas e permisos sectoriais necesarios para a normal execución dos investimentos; de feito esta concesión non exime das autorizacións sectoriais oportunas e do cumprimento da normativa urbanística vixente. - Esta subvención, contabilizarase con cargo á aplicación 2014/942.942.762.45 do Orzamento provincial para o presente exercicio 2014. - A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do PUSIM/14, aprobadas en acordo plenario o 28 de febreiro de 2014 e publicadas no BOP núm. 44 do 5 de marzo de 2014 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións. - Asemade, ó abeiro da base décimo sexta do PUSIM/14, o investimento deberá estar executado e xustificado, na súa totalidade, o 31 de decembro de 2015. O incumprimento desta obriga poderá dar lugar á revogación da subvención concedida. 5.22914.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE TOMIÑO PARA A REALIZACIÓN DO INVESTIMENTO DENOMINADO “SANEAMENTO PARA OS NÚCLEOS DE CAMIÑO NOVO, REXIDOURO, VAL E CONEXIÓN CO SANEAMENTO DE TOMIÑO (FASE I)”, INCLUÍDA NO PLAN URXENTE DE MANTEMENTO DE SERVIZOS E INFRAESTRUTURAS MUNICIPAIS 2014 (PUSIM/14) Resultando que o Concello de Tomiño solicitou formalmente unha subvención con destino ó financiamento do investimento “Saneamento para os núcleos de Camiño Novo, Rexidouro e Val e conexión co saneamento de Tomiño (Fase I)”; vista a solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión de subvención con cargo á cantidade reservada á Presidencia para a súa concesión directa por libre disposición no Plan urxente de mantemento de servizos e infraestruturas municipais 2014 (PUSIM/14), e á vista dos informes do Servizo de Infraestruturas e da Intervención. En virtude das competencias que lle confiren os artigos 35 e 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, e 30 do R.d.l. 781/86, de 18 de abril, da Base 16.2 das de execución dos Orzamentos provinciais e a restante normativa local vixente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó Concello de Tomiño con CIF núm. P3603100C, a cantidade de cento cincuenta mil euros (150.000,00 €), para a realización do investimento, denominado “Saneamento para os núcleos de Camiño Novo, Rexidouro e Val e conexión co saneamento de Tomiño (Fase I)”, cun orzamento polo mesmo importe, é dicir, de (150.000,00 €). - Esta subvención, contabilizarase con cargo á aplicación 2014/942.942.762.45 do Orzamento provincial para o presente exercicio 2014. - A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do PUSIM/14, aprobadas en acordo plenario o 28 de febreiro de 2014 e publicadas no BOP núm. 44 do 5 de marzo de 2014 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións. - Asemade, ó abeiro da base décimo sexta do PUSIM/14, o investimento deberá estar executado e xustificado, na súa totalidade, o 31 de decembro de 2015. O incumprimento desta obriga poderá dar lugar á revogación da subvención concedida. 6.22915.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA PARA A REALIZACIÓN DO INVESTIMENTO DENOMINADO “HUMANIZACIÓN RÚA RAMÓN Y CAJAL”, INCLUÍDA NO PLAN URXENTE DE MANTEMENTO DE SERVIZOS E INFRAESTRUTURAS MUNICIPAIS 2014 (PUSIM/14) Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención con cargo á cantidade que lle corresponde ó Concello de Vilagarcía de Arousa no Plan urxente de mantemento de servizos e infraestruturas municipais 2014 (PUSIM/14) polo procedemento ordinario de concorrencia competitiva, para financiar o investimento, denominado “Humanización da Rúa Ramón y Cajal”; e á vista dos informes do Servizo de Infraestruturas e da Intervención. En virtude das competencias que lle confiren os artigos 35 e 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, e 30 do R.d.l. 781/86, de 18 de abril, da Base 16.2 das de execución dos Orzamentos Provinciais e a restante normativa local vixente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó Concello de Vilagarcía de Arousa con CIF núm. P3606000B, a cantidade de cento tres mil seiscentos cincuenta e nove euros con un céntimo (103.659,01€), para a realización do investimento (Ref.: PUSIM/14/00989/201400356), denominado “Humanización da Rúa Ramón y Cajal”, cun orzamento polo mesmo importe, é dicir, de 103.659,01 €. - Esta subvención, contabilizarase con cargo á aplicación 2014/942.942.762.45 do Orzamento Provincial para o presente exercicio 2014. - A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do PUSIM/14, aprobadas en acordo plenario o 28 de febreiro de 2014 e publicadas no BOP núm. 44 do 5 de marzo de 2014 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións. - Asemade, ó abeiro da base décimo sexta do PUSIM/14, o investimento deberá estar executado e xustificado, na súa totalidade, o 31 de decembro de 2015. O incumprimento desta obriga poderá dar lugar á revogación da subvención concedida. 7.22916.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN E APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE SANXENXO PARA LEVAR A CABO O PROXECTO “URBANIZACIÓN DA AVENIDA LUIS ROCAFORT - SANXENXO” Dada conta da proposta de convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Sanxenxo para levar a cabo a obra denominada “Urbanización da avenida Luis Rocafort-Sanxenxo” sendo o obxecto do mesmo, no marco da cooperación económica entre as distintas administracións, executar unha serie de actuacións necesarias para acometer reparacións varias e a urbanización da estrada. Vista a solicitude formulada polo Concello de Sanxenxo ó abeiro do Plan urxente de mantemento de servizos e infraestruturas municipais 2014 (PUSIM/14) para a concesión dunha subvención con destino á obra referida supra. Á vista da documentación obrante no expediente, do proxecto técnico e dos informes do Servizo de Cooperación, da Secretaría Xeral e da Intervención Provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Conceder ó Concello de Sanxenxo con CIF núm. P-3605100A a cantidade de catrocentos noventa e cinco mil setecentos corenta e nove euros con sesenta e oito céntimos (495.749,68 €), imputables á aplicación orzamentaria 14/942.942.652.45 , no marco do Plan urxente de mantemento de servizos e infraestruturas municipais 2014 (PUSIM/14), que se destinarán a realización da obra “Urbanización da avenida Luis Rocafort-Sanxenxo”, cun orzamento total que ascende a 1.102.289,39 €. O financiamento desta obra realízase segundo o previsto no convenio de colaboración referido, o cal distribúe os gastos do seguinte xeito: 606.539,71€ por conta da Deputación con cargo á aplicación 14/456.453.612.02; e 495.749,68 € por conta do Concello con cargo á subvención outorgada no parágrafo anterior e imputables á aplicación orzamentaria 14/942.942.652.45. 2. Aprobar o Convenio de colaboración entre a Deputación provincial de Pontevedra e o Concello de Sanxenxo para levar a cabo a obra denominada “Urbanización da avenida Luis Rocafort-Sanxenxo”, cuxo texto di como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE SANXENXO PARA LEVAR A CABO O PROXECTO “URBANIZACIÓN DA AVENIDA LUIS ROCAFORT-SANXENXO” En Sanxenxo, a ……………………………… REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude da competencia que lle atribúe o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do Réxime local. A Sra. Dª. Catalina González Bea, alcaldesa-presidenta do Concello de Sanxenxo, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do Réxime local. Ambas partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. MANIFESTAN I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases do Réxime local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración local de Galicia. II.- Que segundo dispoñen os artigos 25 e 26.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do Réxime local e os artigos 80 e 81 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración local de Galicia, os municipios deberán prestar ós seus cidadáns, determinados servizos públicos en función da súa poboación. III.- Que o artigo 36 da Lei 7/1985 e os artigos 109 e 110 da Lei 5/1997 encomendan ás deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, é polo que instrumenta dito convenio dirixido ó cumprimento das obrigacións impostas pola normativa vixente. Dentro da extensa rede de estradas pertencentes á Deputación de Pontevedra atópase a E.P. 9204 Avenida de Luis Rocafort que discorre polo Concello de Sanxenxo, constituíndo unha das arterias principais do concello. Dada a súa ubicación, comunicando o paseo de Silgar e centro de Sanxenxo coa a estrada autonómica PO-308, dito vial soporta diariamente unha elevada intensidade de tráfico de vehículos de todo tipo do que deriva que o firme atópase na actualidade nun avanzado estado de deterioro, dificultando tanto o tránsito de vehículos como peóns. En concreto a realización da obra que se describe no proxecto “Urbanización da Avenida Luis Rocafort-Sanxenxo” ten por obxecto executar unha serie de actuacións necesarias para acometer reparacións varias e dotar de beirarrúas ó vial; asemade dada a antigüidade das redes de servizos urbanos preténdese a substitución das actuais e a dotación de recollida de pluviais. IV.- Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- Obxecto: O presente convenio ten por obxecto facilitar a necesaria colaboración entre as administracións asinantes para promover as actuacións necesarias para levar a cabo o proxecto “Urbanización da Avenida Luis Rocafort-Sanxenxo”. Dito proxecto ten por fin acometer distintas reparacións, tales como: pavimentación e sinalización reordenando os espazos públicos e aparcadoiros, substitución da actuais redes de abastecemento e saneamento, pavimentación e sinalización, dotación de bocas de rego, hidrantes, rede de saneamento de pluviais, beirarrúas, mobiliario urbano e axardinamento, luminarias, etc; todo para mellorar o estado do vial e proceder á súa urbanización, así como para manter a súa funcionabilidade no futuro. Segunda.- Importe: O importe o que se refire o presente convenio ascende a un millón cento dous mil douscentos oitenta e nove euros con trinta e nove céntimos (1.102.289,39 €) e comprenderá todos os gastos que derivan da obra a realizar, incluídos os gastos de dirección de obra e de seguridade e saúde; sendo a cargo do Concello e excluídos do presente convenio os honorarios correspondentes á redacción do Proxecto. Terceira.- Financiamento: Os investimentos necesarios para a realización das mencionadas obras serán financiados pola Deputación de Pontevedra e Concello de Sanxenxo mediante a achega das cantidades relacionadas deseguido: Achega % Deputación de Pontevedra 606.539,71 € 55 Concello de Sanxenxo 495.749,68 € (PUSIM/14) 45 Total Investimento 1.102.289,39 € 100 A Deputación financiará 606.539,71 € (55%) con cargo á aplicación 14/456 453 612.02 do vixente orzamento provincial. O concello achegará 495.749,68 € (45%) coa cantidade que ten concedida polo procedemento de concorrencia competitiva no marco das axudas do Plan urxente de mantemento de servizos e infraestruturas municipais 2014 (PUSIM/14), aplicación 14/942.942.652.45 do vixente Orzamento provincial. No caso de que o investimento realizado teña un custo inferior ao inicialmente previsto e sempre que isto non supoña unha execución deficiente da totalidade do proxecto, a contía da subvención reducirase proporcionalmente, manténdose constante a porcentaxe da axuda con respecto ó custo total do investimento. Cuarta.- Incidencias no desenvolvemento da obra: Calquera incidencia que poida xurdir no desenvolvemento das obras, por causas imprevistas, e que obriguen a unha modificación dos proxectos, ou se produza un incremento ou diminución do seu custo, será financiado por ambas Institucións na proporción que se acorde pola Comisión de Seguimento. Quinta.- Licitación e dirección das obras: Á Deputación Provincial de Pontevedra correspóndelle a licitación, dirección, execución e recepción das obras contempladas no proxecto técnico do investimento obxecto deste convenio. Ó concello de Sanxenxo correspóndelle a redacción do proxecto técnico, descritivo das actuacións a levar a cabo. Unha vez recepcionada a obra pola Deputación, realizarase un acto formal de entrega ó Concello; e detallándose na acta de entrega o ben en cuestión, a súa valoración, así coma os demais aspectos que sexan necesarios para a súa inclusión no inventario do Concello. Sexta.- Obrigas do Concello: O Concello de Sanxenxo obrígase a: Poñer a disposición da Deputación Pontevedra os terreos e as instalacións para poder levar a cabo a execución das obras relacionadas na cláusula primeira. Obter as correspondentes licenzas e tramitar ante outros organismos as autorizacións pertinentes que fosen precisas. Levar a cabo o mantemento da infraestrutura obxecto deste convenio, tendo a asunción da dita responsabilidade desde o día seguinte ó da formalización da acta de recepción de obras. Comunicarlle á Deputación de forma inmediata, a obtención doutras subvencións ou axudas para a mencionada finalidade procedentes de calquera administración pública ou ente privado nacional ou internacional, con expresión da súa contía. Darlle a adecuada publicidade a este convenio, de tal xeito que quede constancia que a remodelación da infraestrutura se levou a cabo en colaboración coa Deputación de Pontevedra. Sétima.- Entrega: Unha vez ,completamente, rematadas e recepcionadas as obras, o concello de Sanxenxo comprométese a solicitar expresamente da Deputación de Pontevedra a iniciación do procedemento para transferir a titularidade do vial. Oitava.- Compensación de débedas: O Concello de Sanxenxo faculta expresamente á Deputación para reter e compensar con cargo ás cantidades que lle poidan corresponder no novo Plan urxente de mantemento de servizos e infraestruturas municipais 2014 (PUSIM/14) ou noutros programas de subvencións con toda clase de débedas vencidas e pendentes pago. Novena.-Comisión de seguimento e control: Para o seguimento e control do cumprimento do presente convenio, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constitúese unha Comisión de Coordinación da que forman parte os presidentes, ou persoas en quen deleguen. As súas funcións, entre outras, serán as seguintes: Impulsar e avaliar o cumprimento do presente convenio, propoñendo as actuacións que se consideren precisas. Propoñer a interpretación, en caso de dúbida, do contido do mesmo. En caso de que xurdiran controversias na aplicación do convenio, propoñer ás partes a resolución das mesmas. Esta comisión reunirase dentro do prazo de tres días, a contar dende a petición expresa realizada por calquera delas. Décima.- Vixencia do convenio: O presente convenio entrará en vigor na data da súa firma e terá vixencia ata o remate das obras obxecto do convenio. Non obstante, no marco do PUSIM/14, cuxa regulamentación afecta ó presente convenio por financiarse unha parte a través da concesión dunha subvención con cargo a este plan, fíxase un prazo máximo de execución ata o 31 de decembro de 2015. A vixencia do presente convenio poderá prorrogarse coa conformidade expresa das partes intervenientes. Undécima.- Resolución: Serán causas de resolución o incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. Duodécima.- Normativa aplicable: O presente convenio ten natureza administrativa, rexéndose polas cláusulas establecidas nel e: - Bases reguladoras da execución do orzamento da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2014 e, no seu caso, as que se aproben para o exercicio 2015. - Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. - Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei, 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. - Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. - Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local. - Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia. - Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. - Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público. - E demais normativa de obrigado cumprimento. Asemade, as partes quedan sometidas á Xurisdición Contencioso-Administrativa, a falta de entendemento previo pola comisión citada na cláusula novena, na resolución de posibles controversias que puideran suscitar o incumprimento ou interpretación do convenio. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e na data sinalados no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial de Pontevedra Polo Concello de Sanxenxo Asdo. D. Rafael Louzán Abal Asdo. Dna. Catalina González Bea” 3. Facultar ó presidente da Deputación para formalizar o presente convenio mediante a súa sinatura. 8.22917.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DO “PLAN CULTURAL 2015” A Deputación de Pontevedra pon en marcha o Plan Cultural-2015, e fiscalizadas as bases polo Servizo de Secretaría así como visto o informe favorable de Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as bases que rexerán o citado Plan e que son do seguinte teor: “PLAN CULTURAL 2015 BASES 1. Obxecto: A Deputación de Pontevedra, no seu afán de impulsar e fomentar a cultura popular nas múltiples e variadas expresións artísticas, en colaboración cos concellos, as agrupacións, as entidades e as asociacións culturais, pon en marcha o Plan cultural. A través deste Plan retribuirase ós grupos da provincia polas actuacións autorizadas e realizadas ó longo do ano 2015 no ámbito territorial da provincia de Pontevedra coas contías que se establecen para este fin na base VII e que se imputarán con cargo á aplicación 15/330.3340.226.09 do Orzamento provincial. 2. Destinatarios: Poderán solicitar a inclusión neste Plan cultural as seguintes agrupacións provinciais: bandas de música, masas corais, grupos folclóricos, grupos de gaitas, bandas de gaitas, agrupacións de música tradicional, de música clásica ou de teatro, entre outros; co fin de contribuír a difundir e promover a música, o folclore, o teatro, a danza e as demais manifestacións artísticas. 3. Lugar e prazo de presentación: As solicitudes formalizaranse no modelo normalizado que se facilita no Rexistro xeral da Deputación, no Servizo de Cultura ou na web www.depo.es, e presentaranse, xunto coa documentación prevista na base VIII; no Rexistro xeral da institución provincial: - Sede de Pontevedra: avda. de Montero Ríos, s/n (de luns a sábado) - Sede de Vigo: rúa Oporto, núm. 3 (de luns a venres.) Tamén poden entregarse de calquera das maneiras que se establecen no art. 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e rematará o 2 de febreiro de 2015. As agrupacións sen CIF achegarán unha acta de constitución asinada polos seus compoñentes onde conste a designación do representante e a certificación da conta bancaria aberta a nome do grupo. 4. Documentación: Para seren incluídos nas respectivas epígrafes presentarán a seguinte documentación: a. Fotocopia do CIF da entidade. b. Certificación da conta bancaria. c. Relación nominal de compoñentes e o seu DNI. d. Fotografía da agrupación en soporte dixital con formato JPG. De conformidade co establecido no art. 35.f da Lei 30/1992, de 26 de novembro, a documentación sinalada nos apartados anteriores non terá que se presentar se xa se entregou no Servizo de Cultura desta Deputación nos últimos dous anos e sempre que non houbese variación nela. 5. Clasificación: As agrupacións incluídas no plan clasificaranse do seguinte xeito: 1. Bandas de música, as que teñan: a) un mínimo de 65 membros e unha escola de música. b) un mínimo de 50 membros. c) un mínimo de 35 membros. Ademais da documentación requirida na base IV deberán presentar a relación de alumnos e de profesorado da escola de música, facendo constar, se procede, o seu recoñecemento oficial. 2. Masas corais, as que teñan: a) un mínimo de 50 membros. b) un mínimo de 30 membros. 3. Grupos folclóricos, os que teñan: a) 30 membros, grupo instrumental propio e escola de baile e que acrediten mediante un documento a realización de actividades de investigación ou etnografía, entre outros. b) 20 membros, grupo instrumental propio e escola de baile. c) 16 membros e grupo instrumental propio. Ademais da documentación requirida na base IV deberán presentar: - a relación nominal dos compoñentes do grupo folclórico co seu DNI. - a relación nominal dos compoñentes do grupo instrumental co seu DNI. - a relación de alumnos da escola de baile. 4. Grupos de teatro: Para seren incluídos nesta epígrafe, ademais da documentación requirida na base IV, deberán presentar unha proposta de programación e o custo da montaxe. 5. Música clásica: a) Grupo A: grupos de cámara. b) Grupo B: solistas, dúos, tríos, cuartetos e quintetos. c) Orquestras: as que teñan a distribución instrumental orquestral (corda e vento). 6. Música tradicional e outros: Bandas de gaitas, grupos de gaitas, grupos folk, rondallas, pandeireteiras, animación infantil, baile moderno, humoristas ou poetas, entre outros. 6. Selección: A selección e a inclusión dos grupos solicitantes levaraas a cabo o Servizo de Cultura, que poderá asesorarse a través dos informes dos técnicos e dos profesionais expertos en cada unha das materias que avalían os expedientes para efectos de clasificación, propoñéndolle ó órgano competente a súa aprobación definitiva. 7. Retribución: Cada actuación retribuirase cos seguintes importes: Tipo de grupo Importe Tipo de grupo Importe Bandas de música (a) 600,00 € Grupos folk 270,00 € Bandas de música (b) 500,00 € Pandeireteiras 240,00 € Bandas de música (c) 450,00 € Rondalla 240,00 € Masas corais (a) 270,00 € Outros grupos: Masas corais (b) 240,00 € Animación infantil 210,00 € Grupos folclóricos (a) 270,00 € Baile moderno 210,00 € Grupos folclóricos (b) 210,00 € Ballet 240,00 € Grupos folclóricos (c) 170,00 € Cantautores 210,00 € Grupos de teatro (a) 500,00 € Grupos de playback 210,00 € Grupos de teatro (b) 375,00 € Grupos músico-vocais 210,00 € Maxia 300,00 € Humoristas 210,00 € Clásicos (a) 240,00 € Majorettes 210,00 € Clásicos (b) 210,00 € Outros folclores 210,00 € Orquestras clásicas 340,00 € Poetas 210,00 € Bandas de gaitas 240,00 € Grupos de pop-rock 210,00 € Grupos de gaitas 170,00 € 8. Solicitudes das actuacións: As entidades solicitantes, como organizadoras dos actos, débense poñer en contacto coas agrupacións acollidas a este Plan cultural para concretar a data da actuación, coñecer as condicións e facilitarlles o concerto ou a escenificación da obra. Os grupos disporán dun escenario ou marco adecuado para que estes poidan efectuar a súa actuación sen ningún impedimento. As solicitudes para as actuacións destes grupos realizaranse cunha antelación superior ós 30 días da data da súa realización e deberán vir acompañadas da copia do DNI do representante da entidade, excepto no caso das entidades locais. Os adxudicatarios de cada actuación están obrigados a facer mención, na propaganda e na publicidade oral e escrita que confeccionen, ó patrocinio do acto por parte da Deputación de Pontevedra, obriga que, de non se cumprir, deixaría sen efectos a concesión realizada. 9. Obrigas das agrupacións: As agrupacións seleccionadas comprométense a realizar as actuacións que lles asigne a Deputación nos distintos municipios e centros culturais da provincia e, soamente en casos de forza maior debidamente xustificados, quedarán exentas da súa realización. 10. Pagamento: O pagamento das actuacións efectuarase unha vez acreditada a súa realización no modelo oficial de factura, facilitado polo Servizo de Cultura, debidamente cuberto e coa conformidade do organismo, asociación ou entidade beneficiaria. Esta documentación presentarase no prazo máximo de 30 días, a contar desde a data de comunicación da autorización da actuación. Para tramitar as facturas das diferentes agrupacións, estas deberán ser emitidas polo titular que figura no CIF facilitado pola Axencia Estatal Tributaria e deberán vir asinadas pola persoa que solicitou a actuación ou por un representante da entidade solicitante, debidamente acreditado. Os solistas e as agrupacións representadas por persoas individuais practicarán na factura a retención do IRPF, aplicable segundo a lexislación vixente (R. d. l. 3/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei do imposto sobre a renda das persoas físicas) e a lexislación de desenvolvemento. 11. Selección e adxudicación das actuacións: A selección das actuacións determinarase aplicando os seguintes criterios e porcentaxes: - Adecuación da actuación ó interese provincial …………………….….. 30 % - Importancia e magnitude do ciclo ou acto …………… 30 % - Número posible de beneficiarios do evento 20 % - Dispoñibilidade das agrupacións solicitadas para realizaren a actuación 20 % As agrupacións acollidas a este Plan realizarán un máximo de dez actuacións anuais. Non obstante, ó longo do ano poderán autorizarse aquelas que, por circunstancias excepcionais, sexan necesarias e imprescindibles para o bo desenvolvemento do acto. 12. Vixencia: Este Plan cultural terá vixencia durante todo o ano 2015 e estará condicionado á existencia de consignación orzamentaria. 13. Normativa supletoria: Para o non establecido nas presentes bases teranse en conta as bases de execución do Orzamento provincial.” 9.22918.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DE “SUBVENCIÓNS DE APOIO Á CULTURA DIRIXIDAS A ENTIDADES PARA ACTIVIDADES E INVESTIMENTOS, ANO 2015” A Deputación de Pontevedra, a proposta do Servizo de Cultura, establece as bases reguladoras para a concesión de subvencións de apoio á cultura, dirixidas a Entidades para actividades e investimentos ano 2015, nas que se convocan os programas: A/15 “Actividades culturais”, B/15 “Instrumentos e vestiario” e C/15 “Infraestrutura”, e fiscalizadas as bases polo Servizo de Secretaría así como informe favorable de Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as bases de subvencións de apoio á cultura, dirixidas a Entidades para actividades e investimentos ano 2015 e que son do seguinte teor: “BASES DE SUBVENCIÓNS DE APOIO Á CULTURA, DIRIXIDAS A ENTIDADES PARA ACTIVIDADES E INVESTIMENTOS. ANO 2015 A Deputación establece as bases reguladoras de concesión de subvencións públicas destinadas a promover e fomentar actividades culturais, segundo os principios de obxectividade, concorrencia competitiva, publicidade e transparencia. 1. Obxecto: A Deputación de Pontevedra concederá subvencións para promover, fomentar e difundir as actividades culturais que organicen as persoas físicas e xurídicas sen fin de lucro no seu ámbito territorial e, excepcionalmente, fóra deste, cando teñan relevancia para os intereses provinciais, durante o exercicio actual, así como as destinadas a recuperar e conservar o patrimonio provincial. Serán prioritarias nesta convocatoria as accións tendentes a mellorar a calidade de todas as manifestacións culturais para que acaden os obxectivos que lles son propios, contribuíndo deste xeito á modernización e recuperación da nosa cultura, así como as tendentes a xerar beneficios no seu contorno. A concesión das subvencións estará suxeita á dispoñibilidade orzamentaria para o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2015, convocándose con cargo ó Orzamento da Deputación para o ano 2015 as subvencións que a continuación se detallan: Materia Programa Aplicación orzamentaria Cultura A/15 Actividades culturais 15/330.3340.489.05 B/15 a. Instrumentos b. Vestiario 15/330.3340.789.00 C/15 Infraestrutura 15/330.3340.789.04 O programa A/15, de actividades culturais, diríxese a entidades culturais da nosa provincia para o financiamento de concursos literarios, periodísticos, festivais folclóricos, intercambios culturais, certames, exposicións e outros. O programa B/15, de instrumentos ou vestiario, diríxese a financiar os grupos e as asociacións musicais da nosa provincia para a adquisición, a recuperación e o arranxo de instrumental ou vestiario propio, debendo indicar na solicitude unicamente un dos conceptos, ou ben instrumentos ou ben vestiario. O programa C/15, de infraestrutura, diríxese ó financiamento para a construción ou a rehabilitación de centros culturais ou restauración de monumentos, entre outros. Quedan excluídos desta convocatoria e, polo tanto non serán obxecto de subvención, as seguintes actividades e investimentos: - As actividades ou investimentos subvencionados, no mesmo exercicio, a través doutras convocatorias de subvencións ou plans provinciais da Deputación e as asociacións de veciños que soliciten subvención polo PAC. - Os gastos de funcionamento das entidades, os gastos correntes, os gastos de persoal da propia entidade e as actividades xerais que se realizan ó longo de todo o ano. - As viaxes de lecer, as excursións, as festas gastronómicas e as festas populares. - A edición de libros, revistas, a gravación de CD, os obradoiros e os cursos. - Os gastos gastronómicos, agás cando garden relación directa coa actividade e sexan necesarios para o seu desenvolvemento. 2. Beneficiarios: Poderán solicitar estas subvencións as persoas físicas e xurídicas que reúnan os seguintes requisitos: 1. Carecer de fins de lucro (acreditándoo cunha declaración responsable do representante). 2. Desenvolver as súas actividades no ámbito territorial da provincia de Pontevedra ou, excepcionalmente, fóra deste cando versen sobre temas de interese para a provincia. 3. Non estar incurso en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para percibir subvencións públicas. 4. Estar ó corrente coas obrigas tributarias, coa Seguridade Social e coa Facenda autonómica. Non poderán ser beneficiarios destas subvencións as ANPAS nin as asociacións que teñan pendente de xustificar subvencións concedidas no exercicio anterior no mesmo programa. 3. Solicitudes e documentación: Os interesados poderán presentar unha única solicitude por cada programa. Por cada solicitude que realicen deben presentar os expedientes completos. As solicitudes formalizaranse nos modelos normalizados que se facilitarán no Rexistro xeral da Deputación, no da súa sede de Vigo, no Servizo de Cultura ou na páxina web da Deputación (www.depo.es), achegando ademais a seguinte documentación: - Fotocopia da tarxeta de identificación fiscal da entidade, actualizada (coa sinatura dixital). - Fotocopia cotexada do DNI do representante legal. - Memoria explicativa dunha actividade concreta ou do investimento a que se realizará, asinada polo representante. No caso das actividades culturais xerais deben indicar unha única actividade. En ningún caso se subvencionan as actividades que se realizan ó longo de todo o ano, debe ser unha actividade concreta, que se terá que indicar o lugar e a data de realización. - Orzamento detallado e totalizado (incluíndo as cantidades, os prezos unitarios e o IVE detallado) dunha actividade concreta e determinada ou, no seu caso, do investimento a realizar, asinado polo representante. - A entidade terá que solicitar, cando menos, tres ofertas de distintos provedores no caso de que o gasto sexa superior a 50.000,00 euros, para realizar obras, ou superior a 18.000,00 euros para adquirir equipamento. - No caso de obras ou investimentos, a acreditación da titularidade ou, no seu caso, a cesión de uso do ben para o que se solicita a subvención. Non se admitirán os arrendamentos nin a cesión de uso por persoas físicas particulares. - Cando se trate de obras de reforma ou ampliación de instalacións e edificacións xa existentes deberán presentar fotografías e planos da situación actual. - O beneficiario deberá acreditar, no momento da solicitude, a obligatoriedade ou non de obter licenzas, autorizacións ou permisos. - No suposto de adquisición, construción, rehabilitación e mellora de bens inventariables, o beneficiario deberá destinar os bens ó fin concreto para o que se lle concedeu a subvención, durante un período non inferior a dez anos no caso de bens inscribibles nun rexistro público, nin a cinco para o resto dos bens. (art. 31.4 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións LXS). - Declaración na que conste se se solicitaron outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien a actividade ou o investimento para subvencionar. - Declaración de que a entidade non está incursa en causas de incapacidade ou incompatibilidade para percibir axudas ou subvencións públicas e de aceptar as bases da convocatoria. - Certificación ou declaración responsable de estar ó corrente das obrigas tributarias coa Axencia Estatal Tributaria, coa Seguridade Social e coa Facenda autonómica. - Declaración do número de socios da entidade. - Certificación orixinal dos datos bancarios ou copia cotexada co nome da entidade peticionaria. As entidades poderán autorizar a Deputación para solicitar as certificacións de estar ó corrente das obrigas tributarias coa Axencia Estatal Tributaria, coa Seguridade Social e coa Facenda autonómica. En caso de non reunir a solicitude os datos esixidos ou calquera dos previstos no art. 70 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, requiriráselle ó interesado que, nun prazo de 10 días hábiles, emende as faltas ou presente os documentos preceptivos, indicando que, en caso de non facelo, se terá por desistido, arquivándose sen máis trámites. Naqueles casos nos que, despois de requirirlle documentación, sigan sen completala, arquivarase a solicitude sen máis trámites. 4. Lugar e prazo de presentación: As solicitudes presentaranse no Rexistro xeral desta institución de luns a sábado, no da súa sede de Vigo de luns a venres ou a través de calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992. O prazo de presentación de solicitudes remata o día 2 de febreiro de 2015. 5. Valoración e concesión: A concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva, tendo en conta para a adxudicación das subvencións os seguintes criterios: 1) Difusión da actividade: de ámbito local, provincial, nacional, internacional, ata 15 puntos. 2) Número de persoas que participan e se benefician da actividade, ata 15 puntos. 3) Número de socios da asociación, ata 10 puntos. 4) Orzamento total da actividade ou investimento e porcentaxe solicitada de financiamento, ata 30 puntos. 5) Adecuación das actividades ou investimentos ó interese provincial, ata 30 puntos. A concesión destas subvencións é compatible con outras que se reciban para o mesmo fin, tendo en conta que o conxunto de todas elas en ningún caso poderá superar o 100 % do custo da actividade ou investimento que desenvolva o beneficiario. 6. Procedemento de concesión: A instrución do procedemento de concesión de subvencións correspóndelle ó xefe do Servizo de Cultura, quen realizará de oficio cantas actuacións estime necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales debe formularse a proposta de resolución, de conformidade co previsto no artigo 24 da LXS. As solicitudes de subvención para cada un dos programas serán avaliadas conforme ós criterios sinalados anteriormente pola Comisión de valoración, órgano colexiado composto por: PRESIDENTE: A Deputada Presidenta da Comisión de Cultura VOGAIS: Dous técnicos do Servizo de Cultura Un técnico do Servizo de Intervención SECRETARIO: Actuará como secretario, sen voto, un funcionario do Servizo de Cultura. A Comisión de valoración poderá: 1) Acadar cantos informes estime necesarios para resolver. 2) Emitir un informe a respecto das solicitudes de subvención. O procedemento ordinario de concesión das subvencións é o de concorrencia competitiva. Non obstante, ó longo do exercicio orzamentario poderanse resolver aquelas solicitudes que, por circunstancias novas ou por causas imprevisibles e excepcionais, non puidesen presentarse no prazo sinalado, reservando para estes efectos a Presidencia ata un 20 % do crédito total destes programas para a súa concesión directa, tal como se establece na base 25.2ª das de execución do vixente Orzamento provincial. As propostas de concesión de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente. A resolución do procedemento notificaráselles ós interesados conforme ó previsto no art. 58 da Lei 30/1992. Logo de transcorridos seis meses a partir do día seguinte ó que remate o prazo de presentación da solicitude sen notificarse a resolución os interesados estarán lexitimados para entender como desestimada por silencio administrativo a solicitude de subvención. 7. Modificación da resolución: Tal como se establece no artigo 64 do Regulamento da LXS (R. d. 887/2006, de 21 de xullo), unha vez notificada a resolución de concesión, despois da solicitude razoada, o beneficiario da subvención poderá solicitar a modificación do seu contido sempre que se manteña a finalidade da axuda, que poderá autorizarse sempre que non se danen dereitos de terceiros. Esta solicitude de modificación deberá presentarse no prazo dun mes desde a notificación da concesión e será obxecto de Resolución da Presidencia, logo da proposta previa da Comisión avaliadora que deberá ter en conta as seguintes circunstancias: • Se o orzamento da nova actividade ou investimento é superior ou igual ó subvencionado inicialmente, manteranse as condicións da subvención concedida en canto ó importe da subvención e orzamento subvencionado. • Se o orzamento da nova actividade ou investimento é inferior ó subvencionado inicialmente a Comisión avaliadora, logo do informe previo do Servizo de Cultura, deberá determinar o novo importe da subvención e o novo orzamento subvencionado, que serán inferiores ós inicialmente establecidos. 8. Xustificación: Unha vez notificada a aprobación das subvencións concedidas e realizada a actividade ou o investimento os beneficiarios deberán xustificalas antes do 31 de marzo de 2016. Os gastos xustificados deberán axustarse ós conceptos establecidos no orzamento inicial e, con carácter xeral, non se admitirán como válidos os xustificantes referidos a alimentos e bebidas. Para cobrar a subvención as entidades deberán presentar a seguinte documentación: a. Facturas ou documentos análogos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo, orixinais ou copias cotexadas, polo importe da subvención concedida, indicando en cada factura o número de unidades, os prezos unitarios destas e mais o custo total de cada unidade. Non se admitirán para xustificar as nóminas de persoal propio da entidade. As facturas presentadas para xustificar as subvencións con data posterior á finalización do prazo de xustificación en ningún caso terán carácter de gasto subvencionable. b. Conta xustificativa dos gastos, na que se determinará o custo ou gasto total da finalidade subvencionada, detallando as facturas ou documentos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo, na que se poña de relevo que os gastos que figuran na antedita conta xustificativa se aplicaron á finalidade para a que foi concedida a axuda, indicando que o resto dos xustificantes da conta se encontran no domicilio da entidade beneficiaria a disposición da Deputación para o seu exame, tal como se establece na base 25.8ª. 2.c das de execución do vixente Orzamento provincial. c. Os gastos xustificados deberán axustarse no posible ós conceptos incluídos no orzamento inicial, sen que se aboe máis que o importe xustificado co límite da subvención concedida. d. Os gastos que figuren na conta xustificativa serán aboados preferiblemente para os beneficiarios antes da presentación da xustificación da subvención pero, en todo caso, deben aboarse no prazo máximo dun mes desde a percepción dos fondos. O gasto non pagado ou pagado fóra deste prazo non se considerará subvencionable. e. Os beneficiarios das subvencións provinciais deben empregar, con carácter xeral, formas de pagamento a terceiros que poidan acreditarse mediante un documento expedido por unha entidade financeira no que quede identificado o beneficiario, o importe e a data de pagamento (tarxetas bancarias de crédito ou débito, talóns nominativos, transferencias bancarias, etc.), e só excepcionalmente poderá empregarse o pagamento en metálico cando non sexa posible outra forma alternativa. O incumprimento desta disposición para algún gasto implicará que ese gasto se considere non subvencionable, sempre supere o importe de 900,00 euros. f. No caso de subvencións de execución de obras ou instalacións que superen os 12.000,00 euros poderase esixir un informe previo do técnico provincial correspondente. g. Declaración de que non se recibiron outras subvencións de administracións públicas ou entidades privadas para a finalidade subvencionada ou, no seu caso, detalle do financiamento obtido e declaración responsable de que os ingresos non superan o custo da finalidade subvencionada. h. Para cobrar a axuda concedida as entidades deberán estar ó corrente das súas obrigas fiscais coa Axencia Estatal Tributaria, coa Facenda autonómica, coa Seguridade Social e coa Deputación, situación que determinará de oficio a propia institución. i. Memoria xustificativa do cumprimento das condicións establecidas na solicitude de subvención, debidamente asinada, na que se indiquen as actividades ou investimentos realizados e os resultados obtidos. j. Acreditar a debida divulgación do financiamento por parte da Deputación da actividade ou investimento subvencionado, sendo suficiente a declaración responsable do representante conforme se realizou. 9. Pagamento: Para pagar a subvención terase en conta o seguinte: - No caso de que se xustifiquen gastos polo 100 % do orzamento subvencionado, aboarase a totalidade da subvención. - No caso de que se xustifiquen gastos inferiores ó 100 % aboarase a parte proporcional da subvención, que non será de aplicación cando esta sexa de importe inferior a 600,00 €. O pagamento efectuarase por transferencia á conta bancaria indicada polo perceptor. 10. Incumprimento: Logo de vencido o prazo de xustificación sinalado na base oitava ou, no seu caso, o establecido na prórroga sen que a entidade beneficiaria presentase a documentación xustificativa, o Servizo de Cultura requiriralle que a presente no prazo improrrogable de quince días. A falta de presentación da documentación neste prazo suporá a perda da subvención e demais responsabilidades previstas na LXS. 11. Devolución e reintegro: As subvencións concedidas deberán ser devoltas ou reintegradas nos seguintes casos: a. Por obtelas falseando as condicións requiridas. b. Por non aplicalas ós fins para os que foron concedidas. c. Por incumprir o beneficiario as obrigas asumidas e as condicións fixadas nestas bases. 12. Órgano de aprobación: De acordo co establecido na base 16.2 das de execución do Orzamento para o ano 2015 e cumprindo o establecido no artigo 18 da LXS, o órgano competente para a aprobación destas bases é a Xunta de Goberno. 13. Xurisdición aplicable: Contra estas bases e as resolucións administrativas que se adopten na súa execución poderá interpoñerse un recurso potestativo de reposición ante o órgano que a ditou no prazo dun mes, entendéndose como desestimado se transcorre este período de tempo sen contestar; neste caso poderá interpoñerse un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, como se prevé no artigo 8 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses. Igualmente, contra esta resolución tamén poderá interpoñerse directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo indicado. En todos os casos os prazos contaranse a partir do día seguinte ó da recepción da correspondente notificación ou da data na que o recurso de reposición se entende desestimado. 14. Dereito supletorio: Para o non disposto nestas bases contemplarase o establecido nas de execución do Orzamento xeral da Deputación do exercicio 2015, na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións e na demais lexislación de desenvolvemento.” 10.22919.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DE “SUBVENCIÓNS A ENTIDADES E CLUBS DEPORTIVOS PARA APOIAR Ó DEPORTE DE COMPETICIÓN FEDERADO, ANO 2015” A Deputación de Pontevedra, a proposta do servizo de Deportes establece as bases reguladoras para a concesión de subvención a entidades e clubs deportivos para o apoio ó deporte de competición federado ano 2015 na que se convoca o programa F/15 “Deporte federado”, e unha vez fiscalizadas ditas bases polo servizo de Secretaría así como o informe favorable de Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, aprobar as bases de subvencións a entidades e clubs deportivos para o apoio ó deporte de competición federado ano 2015 e que son do seguinte teor: “BASES DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES E CLUBS DEPORTIVOS PARA APOIAR O DEPORTE DE COMPETICIÓN FEDERADO, ANO 2015 Dentro do labor de fomento e apoio ás iniciativas das entidades sen ánimo de lucro que ten atribuído esta Deputación, consciente da importancia de fomentar o deporte en todas as súas facetas e coñecedora das carencias que teñen aqueles que desexan realizar a súa práctica, establece subvencións para paliar ese déficit, que se rexerán polas seguintes: BASES 1. Finalidade e obxecto: 1.1 Esta convocatoria, destinada a clubs deportivos federados, ten como obxectivo específico apoiar as entidades deportivas nas actividades derivadas da participación en ligas ou competicións oficiais de ámbito comarcal, provincial, autonómico ou nacional, convocadas por organismos oficiais ou federacións deportivas galegas, nas modalidades deportivas con implantación na provincia de Pontevedra, conforme ó disposto na Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e demais normativa de aplicación. 1.2 A concesión das subvencións estará suxeita á dispoñibilidade orzamentaria para o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2015, convocándose con cargo ó Orzamento da Deputación para o 2015 a subvención que a continuación se detalla: Materia Programa Importe Aplicación orzamentaria Deportes F/15 Deporte federado 400.000,00 € 15/340.341.489.23 2. Beneficiarios: Poderán optar a estas subvencións as entidades e clubs deportivos que cumpran os seguintes requisitos: 2.1. Carecer de fins de lucro (acreditarase cunha declaración responsable do solicitante) 2.2. Estar ó corrente coas obrigas tributarias con Facenda e coa Seguridade Social. 2.3. A modalidade practicada polos clubs federados ten que ter implantación na provincia de Pontevedra. 2.4. Estar inscritos no rexistro de asociacións deportivas da Dirección Xeral para o Deporte 2.5. Non estar incurso en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas. Non poderán ser beneficiarios destas subvencións as entidades ou clubs deportivos que teñan pendente de xustificar subvencións concedidas no ano 2014 polo mesmo programa. 3. Solicitudes e documentación: Cada club só poderá formular unha única solicitude dunha modalidade deportiva concreta. Esta realizarase nos modelos normalizados, que se facilitarán no Rexistro xeral, no Servizo de Deportes ou na páxina web www.depo.es. Ademais, achegarase a seguinte documentación: 3.1. Fotocopia actualizada do CIF da entidade ou club deportivo (coa sinatura dixital). 3.2. Fotocopia cotexada do DNI do representante legal. 3.3. Certificación orixinal dos datos bancarios da entidade ou copia cotexada. 3.4. Orzamento asinado estimativo de gastos, referido á modalidade deportiva correspondente á temporada 2014 ou 2014/2015, segundo a modalidade deportiva. 3.5. Declaración na que conste se se solicitaron outras axudas ou subvencións coa mesma finalidade. 3.6. Declaración de que a entidade non está incursa en causas de incapacidade ou incompatibilidade para percibir axudas ou subvencións públicas, así como aceptar as bases da convocatoria. 3.7. Certificación ou declaración responsable de estar ó corrente coas obrigas tributarias coa Axencia Estatal Tributaria, coa Facenda galega e coa Seguridade Social. 3.8. Certificado de estar inscritos no rexistro de asociacións deportivas da Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. 3.9. Certificación da Federación Galega ou nacional correspondente, na que se especifique: 3.9.1. A participación do equipo en competición na temporada 2014/2015. 3.9.2. O número de equipos participantes por categoría do equipo, nivel da competición e sexo. 3.9.3. O número de licenzas por categoría e sexo que participan en competición na temporada 2014/2015. 3.9.4. A participación do equipo sénior en competición de ámbito nacional na temporada 2014/2015, con denominación da competición e grao de nivel nacional Excepcionalmente, aquelas entidades ou clubs de modalidades deportivas que se desenvolvan durante o ano natural deberán presentar o certificado da federación correspondente ó ano 2014. A documentación que se entregue fotocopiada deberá estar debidamente cotexada. As entidades poderán autorizar a Deputación para solicitar as certificacións de estar ó corrente das obrigas tributarias coa Axencia Estatal Tributaria, Facenda galega e coa Seguridade Social. En caso de que a solicitude non reúna os datos esixidos ou calquera dos previstos no art. 70 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, requiriráselle ó interesado que nun prazo de 10 días hábiles emende as faltas ou presente os documentos preceptivos, indicando que, en caso de non facelo, se terá por desistido da súa petición, arquivándose sen máis trámites. 4. Lugar e prazo de presentación de solicitudes: 4.1. Lugar: As solicitudes poderán presentarse no Rexistro xeral da Deputación: - Sede de Pontevedra: avda. Montero Ríos, s/n (de luns a sábado). - Sede de Vigo: rúa Oporto, 3 (de luns a venres). Tamén de calquera das maneiras que se establecen no artigo 38.4 da Lei 30/1992. No caso de presentar a solicitude nunha oficina de Correos, farase en sobre aberto para que as solicitudes sexan datadas e seladas polo funcionario correspondente. 4.2. Prazo: O prazo de presentación de solicitudes remata o día 2 de febreiro de 2015. 5. Valoración das solicitudes: A concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva. A selección das peticións e a contía das subvencións determinarase unha vez consideradas as actividades que se van realizar e ponderaranse as seguintes circunstancias: a. Nivel de competición da agrupación ou club: ata 25 puntos. b. Número de licenzas federativas: ata 25 puntos. c. Número de equipos participantes por categorías na actual temporada: ata 25 puntos. d. Equipo sénior en categoría nacional: 5 puntos. e. Adecuación das actividades que se van realizar ó interese da promoción do deporte base na provincia: ata 20 puntos. As propostas da concesión de subvencións someteranse á aprobación do órgano de goberno competente. Transcorridos seis meses a partir do día seguinte ó do remate do prazo de presentación da solicitude sen que os interesados obteñan unha resposta expresa entenderase desestimada a petición. A concesión destas subvencións é compatible con outras que reciban para o mesmo fin, tendo en conta que o conxunto de todas elas en ningún caso poderá superar o 100 % do orzamento que presente o club ou entidade. 6. Procedemento de concesión: A instrución do procedemento de concesión de subvencións correspóndelle ó xefe do Servizo de Deportes, que realizará de oficio cantas actuacións estime necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales debe formularse a proposta de resolución, de conformidade co previsto no art. 24 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. As solicitudes de subvención para cada un dos programas serán avaliadas conforme ós criterios sinalados anteriormente, pola Comisión de valoración, órgano colexiado composto por: Presidente: -A deputada presidenta da Comisión de Deportes e Xuventude. Vogais: -Dous técnicos do Servizo de Deportes -Un técnico do Servizo de Intervención Secretario: - actuará como secretario, sen voto, un funcionario do Servizo de Deportes A Comisión de Valoración poderá: 1. Acadar os informes que estime necesarios para resolver 2. Emitir un informe respecto das solicitudes de subvención O procedemento ordinario de concesión das subvencións é o de concorrencia competitiva. Non obstante, ó longo do exercicio orzamentario poderanse resolver aquelas solicitudes que, por circunstancias novas ou por causas imprevisibles e excepcionais, non se puidesen presentar no prazo sinalado, polo que non procedería a convocatoria pública, reservando para estes efectos a Presidencia ata un 20 % do crédito total destes programas para a súa concesión directa, tal como se establece na base 25.2ª das de execución do vixente Orzamento provincial. As propostas de concesión de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente. A resolución do procedemento notificaráselles ós interesados conforme ó previsto no art. 58 da Lei 30/92. Despois de transcorridos seis meses a partir do día seguinte de que remate o prazo de presentación da solicitude, sen notificarse a resolución, os interesados quedarán lexitimados para entender como desestimada por silencio administrativo a solicitude de subvención. 7. Xustificación e pagamento: Unha vez notificadas as subvencións concedidas os clubs beneficiarios deberán xustificalas antes do 31 de marzo de 2016. Para cobrar estas subvencións as entidades deberán estar ó corrente das súas obrigas tributarias coa Axencia Estatal Tributaria, coa Facenda galega, coa Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra, situación que determinará de oficio a propia Deputación a través do Servizo de Intervención. O aboamento da subvención materializarase mediante transferencia bancaria na conta sinalada pola entidade. O beneficiario da subvención, para efectos de xustificación e de acordo co establecido na base 25.8ª-2º.f de execución do Orzamento de 2015, deberá remitir un certificado acreditativo de toma de razón na contabilidade da entidade ou club e declaración de se recibiron ou non outras subvencións ou axudas coa mesma finalidade. Nas subvencións que superen os 1.200,00 € deberán presentar, xunto cos documentos anteriores, o estado das contas da entidade do exercicio corrente ou un estado de execución do orzamento de gastos e ingresos. Ademais, os clubs ós que se lle outorguen subvencións por un importe igual ou superior a 6.000 € quedan na obriga de inserir na súa vestimenta o anagrama de Deputación cunhas medidas aproximadas de 20 cm. Tamén deberán aparecer nos paneis publicitarios ou pancartas das súas instalacións deportivas, acreditando mediante fotografías nítidas ou recortes de prensa da presentación do equipo esa circunstancia. Os logotipos oficiais que se deben inserir están dispoñibles na páxina web www.depo.es (área de descargas-imaxe corporativa). 8. Incumprimento: Unha vez vencido o prazo de xustificación sinalado na base 7ª ou, no seu caso, o establecido na prórroga sen que a entidade beneficiaria presentase a documentación xustificativa, o Servizo de Deportes requiriralle que a presente no prazo improrrogable de quince días. A falta de presentación da documentación neste prazo suporá a perda da subvención e as demais responsabilidades previstas na Lei 38/2003. 9. Devolución e reintegro: As subvencións concedidas deberán ser devoltas ou reintegralas polos seguintes motivos: a. Obtelas falseando as condicións requiridas. b. Non aplicalas ós fins para as que foron concedidas. c. Incumprir o beneficiario as obrigas asumidas e as condicións fixadas nestas bases. 10. Órgano de aprobación: De acordo co establecido na base 16.2 das de execución do orzamento para 2015 e cumprindo o establecido no artigo 18 da Lei 38/2003, o órgano competente para a aprobación destas bases é a Xunta de Goberno. 11. Xurisdición aplicable: A resolución do procedemento notificaráselles ós interesados conforme ó previsto no art. 58 da Lei 30/92. Unha vez transcorridos seis meses contados desde o día seguinte ó do remate do prazo de presentación da solicitude sen notificarse a resolución os interesados quedarán lexitimados para entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de subvención. Contra estas bases e as resolucións administrativas que se adopten na súa execución poderá interpoñerse, no prazo dun mes, un recurso de reposición perante o órgano que a ditou e entenderase como desestimado se transcorre este período sen recibir contestación. Neste caso poderá interpoñerse un recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do Contencioso Administrativo, como se prevé no artigo 8 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses. Contra esta resolución tamén se poderá interpoñer directamente un recurso contencioso-administrativo no prazo indicado. En todos os casos os prazos contaranse a partir do día seguinte ó da recepción da correspondente notificación ou da data na que o recurso de reposición se entenda desestimado. 12. Dereito supletorio: Para o non disposto nestas bases aplicaranse as normas incluídas nas bases de execución do Orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2015 e na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.” 11.22920.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DO “PROGRAMA DE ACCIÓN MUNICIPAL, SECCIÓN ACTIVIDADES (PAM-ACTIVIDADES), ANO 2015” Dada conta das Bases Reguladoras do Programa de Acción Municipal-Sección Actividades (PAM), para o exercicio 2015, para apoiar e contribuír ó desenvolvemento social, cultural e deportivo dos concellos e demais entidades locais da provincia cunha poboación de entre 1.000 e 50.000 habitantes; á vista dos informes da Secretaría Xeral e da Intervención Provincial, e en virtude das competencias que lle confiren os artigos 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, e 30 do R.d.l. 781/86, de 18 de abril, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as Bases Reguladoras do Programa de Acción Municipal, Sección Actividades (PAM), para o exercicio 2015, condicionadas á existencia de crédito suficiente logo da aprobación definitiva do Orzamento para o ano 2015 e á súa entrada en vigor, e cuxo teor literal di como segue: “BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE ACCIÓN MUNICIPAL (PAM), SECCIÓN DE ACTIVIDADES, PARA O ANO 2015 Primeira. Obxecto: A finalidade desta convocatoria é apoiar e contribuír ó desenvolvemento social, cultural e deportivo dos concellos e demais entidades locais da provincia cunha poboación de entre 1.000 e 50.000 habitantes. Para iso, subvencionarase a realización, durante o ano 2015, de actividades culturais, deportivas e, especialmente, de contido social, relacionadas con servizos sociais comunitarios tanto básicos coma específicos e servizos sociais especializados, con atención especial á igualdade, á loita contra a violencia de xénero e á exclusión social, á axuda no fogar, á atención a dependentes, maiores, discapacitados e menores, hábitos saudables e loita contra as drogodependencias, situacións de emerxencia ou de urxente necesidade social e, en xeral, calquera outra actividade relacionada cos servizos sociais. Estas, xestionadas libremente polas entidades locais, insírense dentro deste Programa de acción municipal, sección actividades, co obxectivo de asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal. Poderán ser obxecto da subvención as seguintes actividades organizadas polas entidades locais: 1. As que contribúan ó desenvolvemento cultural, educativo e social das persoas do municipio ou da entidade local beneficiaria ou que teñan relación con estes e que está proxectado que se realicen entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2015. En xeral, o tipo de actividades susceptibles de subvención son as que deseguido se relacionan: I. De difusión cultural, favorecedoras da extensión e divulgación da cultura: proxeccións de cine e vídeo, representacións teatrais, música, folclore e tradición, viaxes estritamente culturais dun ou máis días de duración e outros eventos semellantes. II. Artísticas, favorecedoras da creatividade e da iniciativa cultural: fomento dos grupos de teatro e musicais, creacións literarias como revistas (culturais, científicas e outras), recitais, concursos sobre literatura, etc. III. Lúdicas, favorecedoras do esparexemento e do lecer: festexos tradicionais folclóricos ou semanas culturais, entre outras. IV. Formativas, favorecedoras da promoción educativa, cultural e profesional das persoas do municipio/entidade local: cursos de formación xeral, ciclos culturais, conferencias socioculturais ou encontros e xornadas de estudo, entre outras. V. Calquera outra actividade cultural semellante ás anteriores. 2. As que contribúan ó desenvolvemento e promoción do deporte dentro da provincia de Pontevedra e que estea proxectado que se realicen entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2015. En xeral, o tipo de actividades que se detallan a continuación: I. Organizativas de eventos deportivos puntuais, como campionatos, ligas e outras. II. Participativas en eventos deportivos, de carácter puntual e extraordinario. III. De fomento do deporte, que teñan como finalidade a promoción, o fomento e a formación deportiva con carácter específico ou inespecífico. IV. Calquera outra actividade deportiva semellante ás anteriores. 3. As que contribúan ó desenvolvemento no ámbito social, a paliar situacións de emerxencia social e á mellora dos servizos sociais comunitarios, básicos, específicos e especializados, poñendo especial atención na igualdade, na axuda no fogar, na loita contra a violencia de xénero, na inclusión social, na atención á dependencia, no voluntariado social, no apoio a colectivos e familias necesitados como os discapacitados, nos nosos maiores, na infancia e na xuventude, en hábitos saudables e na loita contra as drogodependencias, na inmigración, en situacións de emerxencia social e, en xeral, calquera outra área ou sector de carácter social que teña cabida dentro do concepto de servizos sociais e que estea proxectado que se realicen entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2015. En xeral, o tipo de actividades susceptibles de subvención son as que deseguido relacionamos: I. As dirixidas a persoas en risco de exclusión social: inmigrantes, discapacitados, persoas maiores, vítimas da violencia de xénero, infancia, xuventude e outros. II. As destinadas a promover hábitos saudables e á prevención, ó tratamento e á reinserción das persoas drogodependentes e toxicómanas. III. As que teñan por obxecto a valoración e a detección dunha situación de emerxencia social ou de urxentes necesidades sociais, así como a prestación de servizos de orientación, asesoramento e/ou asistencia para paliar os seus efectos. IV. As formativas, divulgativas e/ou de promoción de carácter social. V. Calquera outra actividade de carácter social semellante ás anteriores que teña por obxecto desenvolver servizos sociais comunitarios, básicos ou específicos, e/ou especializados. Segunda. Financiamento: Tanto o seu financiamento coma o seu réxime acomodaranse ó determinado nestas bases. Este programa, por importe de un millón de euros (1.000.000,00 €) de, financiarase con cargo ó proxecto de gasto denominado “Programa de acción municipal, sección actividades, 2015”, do Orzamento de 2015, nas aplicacións 942.9420.462.00, 942.2311.462.00 (actividades de acción social), 942.3340.462.00 (actividades culturais) e 942.3410.462.00 (actividades deportivas), e poderá incrementarse mediante suplementación de créditos. O 80 % deste crédito, é dicir, oitocentos mil euros (800.000,00 €), repartirase por concorrencia competitiva e o 20 % restante, douscentos mil euros (200.000,00 €), resérvase para a súa concesión polo procedemento de concesión directa. A axuda económica poderá acadar ata o 100 % do importe solicitado ata esgotar o crédito orzamentario autorizado para a convocatoria. Terceira. Requisitos: As actividades sociais, culturais e deportivas de ámbito local caracterizaranse pola concorrencia dos seguintes requisitos: a) Libre determinación das entidades locais na elección das actividades que desexan realizar. b) Voluntariedade na participación e liberdade das entidades locais de organización destas actividades. Cuarta. Beneficiarios: Poderán solicitar estas axudas todos os concellos da provincia cunha poboación de entre 1.000 e 50.000 habitantes que desexen acollerse a esta convocatoria e que teñan previsto realizar actividades sociais, deportivas e/ou culturais no período comprendido desde o 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 2015. Os beneficiarios da subvención estarán obrigados ó seguinte: a) Comunicarlle á Deputación de Pontevedra a obtención doutras subvencións ou axudas propias para a mesma finalidade, procedente de calquera Administración, incluída o propio organismo provincial, ou outros entes públicos ou privados, nacionais ou estranxeiros. b) Difundir convenientemente e facer constar en toda a información que a actividade está subvencionada pola institución provincial nos termos e condicións que se establecen na base décimo primeira desta convocatoria. c) Comunicarlle ó Servizo de Cooperación calquera eventualidade na actividade ou programa subvencionado, cando afecte a tal subvención e no momento en que aquela se produza. d) Proporcionar toda a información que lle sexa requirida polo Servizo de Cooperación, encargado do seguimento e da evolución das subvencións. Quinta. Solicitudes e documentación: As solicitudes formalizaranse nos modelos normalizados que se facilitarán no Rexistro xeral da Deputación (de luns a venres de 8:30 a 14:30 h e de 17:00 a 19:00 h, e o sábado de 9:00 a 13:00 h), no da súa sede de Vigo (de luns a venres de 9:00 a 14:00 h), no Servizo de Cooperación ou na páxina web www.depo.es, achegando, ademais, a seguinte documentación: a) Memoria explicativa da actividade a desenvolver, debidamente asinada polo representante b) Orzamento da actividade a realizar no que apareza o IVE, detallado e debidamente asinado polo representante. c) Resolución ou certificación do acordo do órgano competente da entidade local no que se determine a actividade e se solicite a subvención para a súa realización. d) Certificación do secretario (ou interventor) na que conste se a entidade local obtivo ou solicitou calquera outra axuda, subvención, ingresos ou recursos que financien a actividade a subvencionar e o compromiso de lle comunicar á Deputación as que se obteñan nun futuro (anexo I). e) Certificación do secretario (ou interventor) de non estar incurso en causas de prohibición para a percepción de axudas ou subvencións públicas e de aceptación das bases da convocatoria, asumindo o compromiso de cumprir as condicións da subvención (anexo I). As entidades locais deberán presentar as solicitudes especificando as actividades concretas e a súa tipoloxía e sinalando, na medida do posible, o prazo para a súa execución, debendo presentar expedientes completos por cada solicitude e especificando unha soa actividade por solicitude. A falsidade de calquera dos datos presentados dará lugar á perda da subvención concedida, ademais doutras medidas que para o caso poida arbitrar a institución provincial. Se o escrito de solicitude non reunise os datos de identificación ou calquera dos previstos no art. 70 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, requiriráselle ó interesado que, nun prazo de 10 días hábiles, emende as faltas ou presente os documentos preceptivos indicando que, en caso de non o facer, terase por desistida a súa solicitude, arquivándose sen máis trámites. Sexta. Lugar e prazo de presentación: As solicitudes irán dirixidas ó presidente da Deputación de Pontevedra e presentaranse no Rexistro xeral da institución provincial e no da súa sede de Vigo, no horario arriba indicado, ou nos lugares establecidos no art. 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, (na súa redacción segundo o Real decreto lei 8/2011, de 1 de xullo). O prazo de presentación de solicitudes de subvencións que se acollan a este programa finalizará o 10 de febreiro de 2015. Sétima. Compatibilidade: As axudas serán compatibles con outras achegas ou subvencións concedidas por outras entidades para a mesma actividade, pero en ningún caso o seu volume conxunto poderá superar o 100 % do custo real da actividade subvencionada. Para tal efecto comunicaráselle ó organismo provincial a obtención doutras achegas para a mesma finalidade, procedente de calquera Administración e/ou outros entes públicos ou privados, nacionais ou estranxeiros. Estas axudas non son compatibles con outras concedidas no exercicio 2015 por outros servizos da institución provincial para a mesma finalidade, polo que as entidades locais deberán comunicarlle, de se dar o caso, á Deputación tal circunstancia. Oitava. Criterios de concesión: Un importe fixo de cincocentos noventa mil euros (590.000,00 €) repartirase de forma lineal entre os concellos da provincia que se adhiran a este plan, correspondéndolle a cada un deles dez mil euros (10.000,00 €). A cantidade restante, douscentos dez mil euros (210.000,00 €), repartirase da forma seguinte: Poboación Grupo 1 De 1.000 a 10.000 Grupo 2 De 10.001 a 20.000 Grupo 3 De 20.001 a 50.000 Porcentaxe 20 % 40 % 40 % Cantidade por grupo 42.000,00 € 84.000,00 € 84.000,00 € Total 210.000,00 € Ó grupo 1, cunha poboación de entre 1.000 e 10.000 habitantes, aplícaselle unha porcentaxe do 20 %, polo que lle corresponden corenta e dous mil euros (42.000,00 €). Ó grupo 2, cunha poboación de entre 10.001 e 20.000 habitantes, aplícaselle unha porcentaxe do 40 %, polo que lle corresponden oitenta e catro mil euros (84.000,00 €). Por último, ó grupo 3, cunha poboación de entre 20.001 e 50.000 habitantes, correspóndenlle oitenta e catro mil euros (84.000,00€). Estas cantidades repartiranse entre o número de concellos que forman o grupo proporcionalmente á poboación de dereito. Para estes efectos a poboación da entidade local a considerar será a última publicada polo INE na data de publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO). En consecuencia, cada concello coñecerá as cantidades que lle corresponden dentro dos cinco primeiros días hábiles seguintes ó da publicación destas bases no BOPPO. Ademais de recibiren a correspondente notificación poderán ser informados dirixíndose ó Servizo de Cooperación. Unha vez feito o reparto cada beneficiario presentará as actividades ás que vai destinar o importe da axuda que lle corresponde. Non poderá concederse subvención para un investimento que teña un orzamento inferior a mil euros (1.000,00 €), incluído o IVE. Novena. Instrución e resolución: A instrución do procedemento de concesión de subvencións correspóndelle ó xefe do Servizo de Cooperación, que realizará de oficio as actuacións que estime necesarias para a determinación, o coñecemento e a comprobación dos expedientes. Así mesmo, deberá elaborar un informe-proposta provisional explicando e motivando a aplicación do criterio de concesión establecido na base oitava. Este informe-proposta será sometido a estudo e avaliación pola Comisión de valoración, órgano colexiado composto por: Presidente: -O da Deputación ou o Deputado en quen delegue. Vogais: -O Presidente da Comisión informativa de Cooperación Municipal e o Xefe do Servizo de Cooperación Secretario: -Un funcionario do Servizo de Cooperación, que non disporá de voto A Comisión de valoración poderá acadar os informes que estime oportunos para resolver e deberá emitir un informe respecto das solicitudes de subvención. Non se subvencionarán actividades que teñan un orzamento inferior a mil euros(1.000,00€). O procedemento ordinario de concesión das axudas é o de concorrencia competitiva. Non obstante, o órgano competente poderá resolver ó longo do exercicio orzamentario aquelas solicitudes de concellos e demais entidades locais da provincia cunha poboación inferior a 50.000 habitantes que teñan un interese público, social, económico ou humanitario excepcionais, reservando para estes efectos a Presidencia ata un 20 % do crédito total deste programa para a súa concesión directa, tal e como se prevé na base 25.3 das de execución do vixente Orzamento provincial. As propostas de concesións de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente, previo informe de fiscalización do Servizo de Intervención. Transcorridos seis meses a partir do día seguinte ó que remate o prazo de presentación da solicitude sen que os interesados obteñan unha resposta expresa, entenderase desestimada a petición. Décima. Publicidade: As entidades locais que sexan beneficiarias deberán darlle a adecuada publicidade do financiamento concedido pola Deputación da actividade subvencionada do seguinte xeito: • Deberá facerse constar en todas as accións de comunicación ou publicidade (carteis, folletos, programas, placas, cartas, páxina web e outras) o apoio que recibe por parte da institución provincial. Isto farase incluíndo o seu logotipo nun lugar visible en todas as comunicacións tal e como se indica no anexo de publicidade. • Obrigatoriamente, ó remate da actividade subvencionada, deberá acreditarse o cumprimento desta cláusula coa presentación dunha breve memoria das accións de comunicación realizadas. • No anexo de publicidade e na páxina web (www.depo.es) atópase o exemplo de tratamento que se lle debe dar á imaxe institucional da Deputación. • Para dúbidas e/ou aclaracións pódese contactar co Servizo de Comunicación Institucional a través do correo electrónico comunicacion@depo.es ou do teléfono 986 804 100. Décimo primeira. Modificacións das subvencións: As subvencións concedidas entenderanse aceptadas se os beneficiarios non se opoñen ou as rexeitan expresamente no prazo de dez días hábiles, contados desde a súa notificación. Unha vez recaída a resolución de concesión poderase solicitar o cambio ou a modificación do seu contido se concorren circunstancias excepcionais, axeitándose ó establecido nas distintas normas desta convocatoria. Ademais, só se admitirá un cambio ou modificación no contido da resolución. As circunstancias excepcionais serán as seguintes: - Non dispor de crédito suficiente para levar a cabo a actividade. - Ter recibido axudas ou subvencións doutros organismos públicos ou privados que cubran o importe da actividade. - Ter prioridade na realización doutra actividade e non se conte con crédito de financiamento para levalo a cabo. - Algún impedimento administrativo ou doutro tipo que impida a súa realización. O cambio de aplicación ou modificación da actividade subvencionada terá que ser solicitado antes do día 1 de decembro do 2015 e sempre que existan razóns excepcionais que o aconsellen e así o decida o presidente ou o deputado en quen delegue. Décimo segunda. Xustificación e aboamento: 1. Unha vez notificadas as axudas concedidas e realizada a actividade os beneficiarios deberán xustificalas no prazo de tres meses desde a súa finalización e, en todo caso, antes do 31 de marzo de 2016. 2. No caso de non poder presentar a xustificación na data establecida no apartado anterior as entidades beneficiarias poderán solicitar unha ampliación do prazo establecido para a xustificación sempre que non exceda da metade deste e, en todo caso, non se superen os tres meses, ademais de que non prexudique dereitos de terceiros. 3. A solicitude de prórroga deberá obrar nesta Deputación o 1 de marzo de 2016. Esixirase a xustificación do 100 % do orzamento presentado para recibir a totalidade da subvención. No caso de que se xustifique un gasto inferior ó 100 % do orzamento subvencionado aboarase a parte proporcional da subvención. 4. Para recibir as subvencións concedidas, de acordo con estas bases, cómpre presentar directamente na institución provincial os seguintes documentos: a. Conta xustificativa dos gastos, na que se determinará o custo ou o gasto total da finalidade subvencionada, detallando as facturas ou documentos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo, identificando acredor e documento, importe, data de emisión, se é posible, data na que se pagou e información, no seu caso, das desviacións con relación ó orzamento que serviu de base á concesión (anexo da conta xustificativa). b. Os gastos xustificados deberán axustarse ós conceptos incluídos no orzamento, e non se aboará máis que o importe xustificado co límite da subvención concedida. c. Facturas orixinais ou fotocopias compulsadas, debendo corresponder o gasto coa actividade subvencionada, con data comprendida entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do 2015, ambas as dúas incluídas. A xustificación con facturas será, como mínimo, polo importe da subvención concedida. d. Memoria explicativa e detallada da realización da totalidade da actividade, con expresa mención dos resultados obtidos, debidamente asinada polo representante. e. Certificación do secretario ou interventor (ou funcionario competente) acreditativa de que os gastos que figuran na conta xustificativa son reais e se aplicaron á actividade subvencionada, quedando a disposición da Deputación para o seu exame, de se considerar oportuno, os xustificantes correspondentes. f. Declaración do concello/entidade local de lle dar difusión á actividade subvencionada, na que fará constar a colaboración da Deputación a través do Servizo de Cooperación (anexo da conta xustificativa), ademais de cumprir co disposto na base décimo primeira sobre a publicidade (anexo de publicidade). A este respecto o Servizo de Fiscalización da Deputación poderá comprobar, en calquera momento, se se fixo a publicidade da subvención concedida e, de non ser así, non se procederá ó libramento desta. g. Declaración de que non se recibiron outras subvencións de administracións públicas para a finalidade subvencionada ou, no caso de recibilas, detalle do financiamento obtido e declaración responsable de que os ingresos non superan o custo da actividade subvencionada (anexo da conta xustificativa). h. Declaración responsable de se realizar a actividade de acordo coa finalidade para a que se concedeu a subvención (anexo da conta xustificativa). i. Acordo do órgano competente aprobando as facturas ou ben certificación acreditativa do acordo. O aboamento da subvención practicaráselle directamente á entidade local beneficiaria da subvención. Décimo terceira. Devolución e reintegro: As axudas concedidas deberán devolverse ou reintegrarse nos seguintes casos: a. Por obtelas falseando as condicións requiridas. b. Por non aplicala ós fins para os que foi concedida. c. Por incumprir o beneficiario as obrigas asumidas e as condicións fixadas nestas bases. As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na Lei 30/1992, de 26 de novembro. Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento xeral de recadación. Décimo cuarta. Aprobación das bases: De acordo co establecido na base 16.2 das de execución do orzamento para o 2015, e cumprindo o establecido no artigo 18 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, o órgano competente para a aprobación destas bases é a Xunta de Goberno. Décimo quinta. Dereito supletorio: Para o non disposto nestas bases contemplarase o establecido nas de execución do Orzamento xeral da Deputación para o exercicio 2015, na Lei 38/2003, de 17 de novembro, na Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia e demais lexislación aplicable. Décimo sexta. Recursos: Contra o acordo da aprobación destas bases, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer un recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que o ditou, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó desta publicación (artigos 107 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro), ou ben directamente a través dun recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, segundo o disposto nos artigos 8 da Lei 29/1988, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo establecido no artigo 46 da citada lei. Todo isto sen prexuízo de que poida interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente.” “ANEXOS DA CONVOCATORIA E MODELOS DE PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN: Todos os anexos referidos nestas bases ou modelos normalizados para a solicitude e a xustificación destas subvencións serán facilitados no Rexistro xeral da Deputación, no da súa sede de Vigo, no propio Servizo de Cooperación ou ben a través da páxina web www.depo.es.” 12.22921.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DO “PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA (PAC), ANO 2015” Dada conta das Bases Reguladoras do Programa de Acción Comunitaria (PAC), para o ano 2015 sendo o obxecto das mesmas, no marco das competencias que ten atribuídas a Deputación, cooperar e apoiar as Entidades, Agrupacións e Asociacións de veciños na realización de investimentos, tanto obras como adquisicións, considerados de interese público que se impulsen no exercicio 2015; á vista dos informes da Secretaría Xeral e da Intervención Provincial, e en virtude das competencias que lle confiren os artigos 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, e 30 do R.d.l. 781/86, de 18 de abril, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, aprobar as Bases Reguladoras do Programa de Acción Comunitaria (PAC), para o ano 2015, condicionadas á existencia de crédito suficiente logo da aprobación definitiva do Orzamento para o ano 2015 e á súa entrada en vigor, e cuxo teor literal di como segue: “BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA (PAC), PARA O ANO 2015 Primeira. Finalidade e obxecto: A Deputación de Pontevedra, no marco das competencias que ten atribuídas, destina importantes recursos a apoiar as agrupacións e asociacións de veciños (en adiante agrupacións) na realización de investimentos, tanto obras coma adquisicións, considerados de interese público, que se impulsen no exercicio 2015. Os obxectivos dos investimentos que se financiarán con cargo a este programa serán os seguintes: a) A mellora do medio rural e de barriadas urbanas mediante un mellor aproveitamento dos recursos dispoñibles que lles permita ós seus habitantes unhas adecuadas condicións de vida. b) O desenvolvemento das propias agrupacións co obxecto de aumentar a súa capacidade de xestión e resolución de problemas, fomentar a súa participación nos distintos ámbitos de actuación e propiciar a súa sustentabilidade. Esta solución requirirá a unión de recursos, esforzos e vontades. Poderán ser obxecto da subvención: - Investimentos (obras e adquisicións de bens duradeiros) que estean relacionados coas competencias establecidas nos artigos 25 e 26 da Lei 7/85 de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, agás a compra de terreos. O importe total da axuda económica concedida para esta finalidade utilizarase exclusivamente: - No caso de obras, na adquisición de materiais e/ou alugamento de maquinaria. - No caso de subministracións, na adquisición destas. Quedan excluídas deste programa as asociacións de maiores, culturais, deportivas e empresariais, entre outras, xa que dispoñen da súa propia convocatoria de axudas. Só, excepcionalmente, se poderá valorar que outras entidades sen ánimo de lucro distintas das veciñais participen nesta liña de subvencións, sempre e cando voluntaria e decididamente se organicen para participar na vida da comunidade para acadar un fin e benestar común e o obxecto e finalidade da subvención se axuste ó disposto nestas bases. Segunda. Financiamento: O seu financiamento e réxime acomodaranse ó determinado nestas bases. O referido programa de subvencións, por importe dun millón euros (1.000.000,00 €) de, financiarase con cargo ó Orzamento de 2015, aplicación 942.4590.789.07, que poderá incrementarse mediante suplementación de créditos. Terceira. Requisitos: As actuacións comunitarias caracterizaranse pola concorrencia dos seguintes requisitos: a) Libre determinación das agrupacións na elección dos investimentos que desexen realizar. b) Voluntariedade na participación e liberdade sobre a forma de organizarse. Cuarta. Beneficiarios: Poderán solicitar estas axudas aquelas agrupacións que reúnan os seguintes requisitos: 1. Carecer de fins de lucro. 2. Desenvolver as súas actuacións no ámbito territorial do municipio ó que pertence 3. Non estar incursas en causas de prohibición para ser beneficiarias ou percibir subvencións da Administración pública. 4. Estar ó corrente coas obrigas tributarias (Estado e Comunidade Autónoma), coa Tesourería da Seguridade Social e non ter débedas coa Deputación. Ó abeiro do disposto no artigo 11.3 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, poderán acceder á condición de beneficiarios agrupacións de persoas físicas carentes de personalidade xurídica que cumpran os requisitos anteriores e que poidan levar a cabo os proxectos obxecto desta liña de subvencións. Quinta. Solicitudes e documentación: As solicitudes, cubertas en todos os seus extremos, formalizaranse nos modelos que se facilitarán no Rexistro xeral da Deputación (de luns a venres de 8:30 a 14:30 h e de 17:00 a 19:00 h, e o sábado de 9:00 a 13:00 h), no rexistro da súa sede de Vigo (de luns a venres de 9:00 a 14:00 h), no Servizo de Cooperación ou na páxina web www.depo.es, achegando ademais a seguinte documentación: a) Memoria explicativa do investimento a realizar que será asinada polo representante da agrupación, na que se fará constar a data, e que irá acompañada dun esbozo de situación. Cando se trate de obras de reforma ou ampliación de instalacións ou edificacións existentes deberán incluírse entre a documentación fotografías que evidencien a situación da instalación antes da execución da obra. b) Orzamento do investimento ou da adquisición a realizar, que deberá describir con claridade conceptos e cantidades (número de horas de alugamento, número de pezas, metros cúbicos ou lineais de material, etc.) e o seu prezo unitario. O orzamento, no que se fará constar a data e que será asinado polo representante da asociación, debe aplicar o IVE do 21 %. Só será subvencionable o IVE que non sexa deducible, e deberá sinalar expresamente a agrupación esta circunstancia (se o IVE é deducible ou non) na solicitude. Cómpre sinalar que, de acordo co disposto na base primeira, con cargo a este programa de axudas non se financia a man de obra, soamente a adquisición de material, subministracións ou o alugueiro de maquinaria. c) Declaración responsable na que conste o acordo adoptado polos membros da agrupación para a realización do investimento en réxime de acción comunitaria, co nomeamento dun representante único e identificación deste, sinalando expresamente o compromiso de completar o financiamento do investimento mediante a achega do traballo, transporte, maquinaria ou metálico, así como de asumir os riscos que puidesen xurdir con ocasión da prestación antes citada (anexo III). d) Acta de nomeamento dos representantes da agrupación (anexo II) ou, de ser unha asociación constituída, fotocopia compulsada da acta de nomeamento da xunta directiva actual. e) Fotocopia cotexada do CIF, no caso de contar con el. f) Fotocopia cotexada do DNI do representante. No caso de agrupacións carentes de personalidade xurídica, unha fotocopia cotexada do DNI de, cando menos, tres titulares que figuren na acta de nomeamento dos representantes desta. g) Declaración responsable na que conste se a agrupación obtivo ou solicitou calquera outra axuda, subvención, ingresos ou recursos que financien o investimento a subvencionar e compromiso de lle comunicar á Deputación as que se obteñan nun futuro (anexo I). h) Declaración responsable de estar ó corrente das obrigas tributarias co Estado, coa Comunidade Autónoma e coa Seguridade Social, así como de non ter débedas de ningún tipo coa Deputación na que tamén se autorice á institución provincial para obter as correspondentes certificacións (anexo I). i) Declaración de non estar incurso en causas de prohibición para a percepción de axudas ou subvencións públicas e de aceptación das bases da convocatoria, asumindo o compromiso de lles dar cumprimento ás condicións da subvención (anexo I). j) Certificación, da sucursal correspondente, da conta bancaria na que haberá de ingresarse o importe da subvención, que debe estar a nome da agrupación ou, como mínimo, de tres titulares que figuren na acta de nomeamento dos representantes desta. Incúmbelles ás agrupacións obter as licenzas necesarias para acometer as obras solicitadas e o cumprimento das normas contractuais e urbanísticas, consonte ó disposto na Lei 9/2002, de 30 de decembro, do solo e urbanismo de Galicia, e o Decreto 28/1999, de 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de disciplina urbanística e demais disposicións aplicables. Solicitarán licenza do Concello sen prexuízo das autorizacións ou concesións que sexan necesarias outorgar polos organismos competentes. Se non se precisan autorizacións farase constar expresamente. Cando a actuación se realice sobre instalacións deportivas, administrativas, relixiosas ou edificacións de calquera uso deberase acreditar a titularidade do ben en cuestión ou achegar un documento con valor probatorio (convenio, contrato, acta, acordo plenario) que confirme a cesión da instalación á agrupación así como que esta asume os custos derivados da súa rehabilitación, mantemento, mellora e conservación. Non se concederán subvencións se non queda debidamente acreditado que o beneficiario é a agrupación. Ademais, nos casos de subvencións concedidas para a rehabilitación, mellora, construción e adquisición de bens inventariables, deberán manter a súa adscrición ó fin que fundamentou a concesión durante un período non inferior a dez anos. O incumprimento desta obriga, que se producirá en todo caso co alleamento do ben, dará lugar ó reintegro da subvención percibida. No caso de agrupacións que presenten varias solicitudes de subvención achegarán un expediente completo por cada unha delas. Non obstante, no procedemento ordinario, que é o de concorrencia competitiva, so participará unha das solicitudes achegadas e desestimaranse as demais. Nestes casos a agrupación deberá establecer unha prelación nas solicitudes, indicando a de maior preferencia. Se a solicitude remitida, acompañada da documentación, non reunise os requisitos da convocatoria ou calquera dos previstos no art. 70 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, requiriráselle ó interesado para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende as faltas ou presente os documentos preceptivos, indicando que, en caso de non o facer, terase por desistido, arquivándose sen máis trámites. Sexta. Lugar e prazo de presentación: As solicitudes irán dirixidas ó presidente da Deputación de Pontevedra e presentaranse no Rexistro xeral da Deputación (de luns a venres de 8:30 a 14:30 h e de 17:00 a 19:00 h, e o sábado de 9:00 a 13:00 h), no rexistro da súa sede de Vigo (de luns a venres de 9:00 a 14:00 h) ou nos lugares establecidos no art. 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro (na súa redacción segundo o Real decreto lei 8/2011, de 1 de xullo). O prazo de presentación de solicitudes de subvencións para este programa comezará o día seguinte ó da publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e rematará o 2 de febreiro de 2015. Sétima. Compatibilidade: Estas axudas serán compatibles con outras axudas ou subvencións concedidas por outras entidades para o mesmo investimento, pero en ningún caso a contía delas poderá superar o custo real do investimento subvencionado. Para tal efecto comunicaráselle á Deputación de Pontevedra a obtención doutras subvencións ou axudas propias para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou estranxeiros. Así mesmo, estas axudas non son compatibles con outras concedidas por outros Servizos da Deputación para a mesma finalidade no exercicio 2015, polo que as agrupacións deberán comunicarlle á Deputación tal circunstancia, de darse o caso. Oitava. Criterios de concesión: A asignación de axudas ou subvencións dos distintos investimentos (obras ou adquisicións), farase en función dos seguintes criterios: 1º. Por realizar investimentos en servizos básicos para a comunidade, contemplados no artigo 26 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, valorarase ata 10 puntos, asignando a máxima puntuación ás obras incluídas no citado artigo 26. 2º. O número de membros que compoñen a agrupación, que se valorará con ata 10 puntos, asignando maior puntuación ás agrupacións con maior número de membros. 3º. A repercusión social e incidencia nos habitantes da actuación solicitada, que se valorará con ata 10 puntos, asignando maior puntuación canto maior sexa o número de habitantes do municipio ou da comunidade beneficiados coa realización do investimento. 4º. O grao de eficacia na xestión de actuacións subvencionadas en exercicios anteriores, que se valorará con ata 5 puntos, asignando a máxima puntuación a aquelas agrupacións que executaron e xustificaron correctamente actuacións precedentes e menor a aquelas que as xustificaron con requirimentos previos. 5º. A importancia do investimento, que se valorará con ata 25 puntos, empregando como indicadores: - Tipo de investimento, asignando maior puntuación ás actuacións que teñan por obxecto a execución e a mellora de infraestruturas básicas, a recuperación e posta en valor do patrimonio ou a recuperación e mellora do contorno medioambiental. - Carácter innovador, asignando maior puntuación ás propostas novas que as que supoñan unha continuación de actuacións desenvolvidas en anos anteriores. - Impacto e alcance territorial (zona rural, municipio, capital de provincia), priorizándose actuacións desenvolvidas nas áreas rurais con menor capacidade económica e de xestión. - Cooperación e coordinación, tamén con outras entidades (de ser o caso), e calquera outro indicador que permita valorar a súa incidencia de cara ó fomento do investimento, que a xuízo da Comisión de avaliación se deba considerar. Novena. Instrución e resolución: A instrución do procedemento de concesión de subvencións correspóndelle ó xefe de Servizo de Cooperación Municipal, quen realizará de oficio cantas actuacións estime necesarias para a determinación, o coñecemento e a comprobación dos expedientes. Así mesmo, deberá elaborar un informe-proposta provisional, explicando e motivando a aplicación dos criterios de concesión establecidos na base oitava. O informe-proposta provisional será sometido a estudo e será avaliado pola Comisión de valoración, órgano colexiado composto por: Presidente: -O da Deputación ou o deputado en quen delegue. Vogais: -O presidente da Comisión informativa de Cooperación Municipal e a xefa do Servizo de Cooperación. Secretario: -Actuará como secretario, sen voto, un funcionario do Servizo de Cooperación. A Comisión de valoración poderá solicitar cantos informes estime necesarios para resolver e deberá emitir un informe-proposta definitivo no que se concrete o resultado da avaliación efectuada. O procedemento ordinario de concesión das axudas é o de concorrencia competitiva. Non obstante, o órgano competente poderá resolver, ó longo do exercicio orzamentario, aquelas solicitudes que, tralo seu exame, se acrediten como razóns de interese público ou social que xustifiquen a súa concesión, reservándose para estes efectos a Presidencia ata un 20 % do crédito total deste programa para a súa concesión directa, tal como se prevé na base 25.2 das de execución do vixente Orzamento provincial. As propostas de concesións de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente, previo informe de fiscalización do Servizo de Intervención. Transcorridos seis meses a partir do día seguinte en que remate o prazo de presentación da solicitude, sen que os interesados obteñan unha resposta expresa, entenderase desestimada a petición. Décima. Reformulación de subvencións: Os beneficiarios poderán solicitar a reformulación da súa petición cando o importe da axuda económica proposta sexa inferior á solicitada e soamente poidan asumir o financiamento da actuación se se produce un axuste dos compromisos e condicións da subvención outorgable. Neste caso, para manter o financiamento público sen a necesidade dun novo proceso selectivo será necesario formalmente cumprir os seguintes trámites: 1. No momento da comunicación da proposta provisional de concesión os beneficiarios poderán reformular a solicitude para axustar os compromisos á subvención asignada, sempre antes de que o órgano competente resolva a concesión definitiva. 2. A solicitude de reformulación irá acompañada dunha nova memoria e dun novo orzamento (ambos os dous asinados e con data); o novo orzamento deberá indicar aquelas actuacións contempladas no orixinal ás que desexa aplicar a axuda económica que se lle outorgue. O novo orzamento e a nova memoria informaráselles ós servizos correspondentes e deberá respectar o obxecto e a finalidade da solicitude orixinal e demais requisitos e condicións previstos nas bases desta convocatoria e demais normas reguladoras de subvencións. No caso de non achegar o impreso de reformulación, e sen prexuízo da posibilidade de modificar o acordo de concesión cando concorre algunha das circunstancias previstas na base décimo segunda, entenderase que o beneficiario está conforme co importe da axuda económica concedida. Décimo primeira. Comprobación da situación inicial dos investimentos: No caso de axudas destinadas á execución de obras, unha vez realizada a proposta provisional de concesión, e necesariamente antes do acordo de concesión definitiva, a Deputación, de oficio, a través do Servizo de Infraestruturas, comprobará a realidade e a situación destes así como a súa viabilidade. Décimo segunda. Publicidade: As asociacións e agrupacións que sexan beneficiarias desta liña de axudas deberán darlle a adecuada publicidade ó financiamento dado pola Deputación para a realización da actividade subvencionada do seguinte xeito: • Deberá facerse constar en todas as accións de comunicación ou publicidade (carteis, folletos, programas, placas, cartas, páxina web e outros) o apoio que recibe por parte da Deputación de Pontevedra. Isto farase incluíndo o logotipo da institución provincial nun lugar visible tal e como se indica no anexo de publicidade. • Obrigatoriamente, ó remate da actividade subvencionada, deberá acreditarse o cumprimento desta cláusula coa presentación dunha proba gráfica que certifique a difusión da actuación subvencionada. • No anexo de publicidade e na páxina web www.depo.es atópase o exemplo de tratamento que se lle debe dar á imaxe institucional da Deputación. • Para dúbidas ou aclaracións cómpre contactar co Servizo de Comunicación Institucional da Deputación a través do correo electrónico comunicacion@depo.es ou do teléfono 986 804 100. Décimo terceira. Modificacións de subvencións: As subvencións concedidas entenderanse aceptadas se os beneficiarios non se opoñen ou as rexeitan expresamente no prazo de dez días hábiles contados desde a notificación do acordo de concesión definitivo. Unha vez recaída a resolución de concesión poderase solicitar un único cambio ou modificación do seu contido, sempre e cando non se prexudiquen dereitos de terceiros e concorran circunstancias excepcionais que o aconsellen e así o decida o presidente ou deputado en quen delegue. As circunstancias serán as seguintes: - Ter recibido axudas ou subvencións doutros organismos públicos ou privados, que cubran a totalidade do investimento. - Ter prioridade a realización doutro investimento que precise cometer a agrupación. - Algún impedimento administrativo ou doutro tipo que impida a súa realización. Non se admitirá o cambio de aplicación ou modificación do investimento subvencionado se non se solicita formalmente antes do día 28 de febreiro de 2016, xa que os investimentos deberán estar completamente rematados nos prazos establecido nestas bases. Décimo cuarta. Xustificación e aboamento das subvencións: 1. Os investimentos deberán estar executados na súa totalidade a 30 de xuño de 2016. As facturas acreditativas do gasto efectuado que contemplen unha data posterior á citada en ningún caso terán o carácter de gasto subvencionable. Non obstante, se se producisen circunstancias imprevistas que lle impidan ó beneficiario rematar en prazo o investimento este poderá solicitar unha prórroga. A petición de prórroga formularase por escrito explicando as razóns que deben xustificar o seu outorgamento. A petición achegarase con data límite o 10 de xuño de 2016, co obxecto de que o órgano encargado de resolver poida, con suficiente antelación, proceder á modificación dos prazos de execución e xustificación dos correspondentes gastos. A prórroga non poderá exceder da metade do prazo estipulado para a execución da actuación. 2. O prazo para presentar a documentación xustificativa do gasto realizado remata o día 30 de setembro de 2016. Nos casos de concesión dunha prórroga na execución o prazo de xustificación ampliaríase proporcionalmente sen que en ningún caso poida exceder de 3 meses desde a data límite de finalización contemplada na prórroga. Esixirase a xustificación do 100 % do orzamento presentado para recibir a totalidade da subvención. No caso de que se xustifique un gasto inferior ó 100 % do orzamento subvencionado aboarase a parte proporcional da subvención. 3. Para percibir as subvencións concedidas, de acordo con estas bases, cómpre presentar directamente na Deputación os seguintes documentos: a. Conta xustificativa dos gastos no modelo normalizado, na que se relacionarán as facturas ou documentos con valor probatorio no tráfico mercantil e administrativo (identificarase o provedor, o CIF, o número da factura, o concepto e o importe) ata completar a totalidade do orzamento que serviu de base á concesión. Os gastos xustificados deberán axustarse ós conceptos incluídos no presuposto inicial, non aboándose máis que o importe xustificado co límite da subvención concedida. b. Facturas orixinais, ou fotocopias compulsadas, con data comprendida entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 30 de xuño de 2016, conformadas polo presidente da agrupación veciñal, indicando o DNI. Só se admitirán aquelas que inclúan a adquisición de materiais, subministracións ou alugueiro de maquinaria de acordo co orzamento achegado. Deben achegarse facturas, como mínimo, polo importe da subvención concedida. As facturas que se presenten como xustificación dos gastos realizados deberán detallar unidades (cantidades, pezas, metros lineais e cúbicos, etc.) e os prezos unitarios. De non vir correctamente tipificado o gasto as facturas non se admitirán a trámite, dando lugar á perda da subvención concedida. c. Memoria explicativa do investimento realizado e dos resultados obtidos. Memoria na que se indicará a data e asinaraa o representante da agrupación veciñal. d. Se o importe do gasto subvencionable supera a contía de cincuenta mil euros (50.000,00€), nos casos de obras, ou de dezaoito mil euros (18.000,00 €), nos casos de subministracións, a agrupación debe achegar tres orzamentos para verificar a asignación eficiente dos recursos económicos outorgados. e. Declaración responsable de non ter recibido outras subvencións de administracións públicas ou detalle do financiamento obtido para a finalidade subvencionada e declaración responsable de que os ingresos obtidos non superan o custo desta (conta xustificativa). f. Certificación de estar ó corrente das súas obrigas tributarias co Estado, coa Comunidade Autónoma, coa Seguridade Social (situación que se determinará de oficio polo Servizo de Cooperación) e de non ter débedas de ningún tipo coa Deputación de Pontevedra, situación que determinará de oficio a propia institución provincial a través do Servizo de Intervención. g. Proba gráfica de darlle difusión ó investimento subvencionado, facendo constar a colaboración da Deputación e do Servizo de Cooperación, ademais de cumprir co disposto na base décimo primeira sobre a publicidade (anexo de publicidade). A este respecto o Servizo de Infraestruturas supervisará que foi posto o cartel ou a placa de publicidade da subvención concedida e, de non ser así, non sé procederá ó libramento desta. Será necesario tamén o informe dos técnicos provinciais correspondentes, que será solicitado polo Servizo de Cooperación, ó obxecto de comprobar a realidade do investimento, e de que o executado se axusta ó previsto na memoria e no orzamento. A documentación acreditativa do gasto efectuado debe remitirse ó Servizo de Cooperación como data límite o 30 de setembro de 2016, agás nos casos de solicitude de prórroga na execución. Transcorrido este prazo sen a achegar os servizos administrativos do Servizo de Cooperación requiriranlle ó beneficiario para que no prazo improrrogable de quince días emende esta situación. A presentación da xustificación no prazo adicional establecido neste apartado non eximirá ó beneficiario das sancións que, conforme á Lei 38/2003, de 17 de novembro, lle correspondan. A finalización do prazo adicional sen achegar a documentación xustificativa dará lugar á perda do dereito ó cobro da subvención. O aboamento da subvención practicaráselle directamente á agrupación na conta bancaria indicada por esta. As agrupacións son responsables de efectuar o pagamento ó provedor da subministración no prazo máximo dun mes, a contar desde as transferencias dos fondos por parte da Deputación, e de custodiar aqueles documentos (copias de transferencias bancarias, talóns nomitativos, extractos de tarxetas bancarias…) que acrediten o pagamento realizado. Se, como consecuencia das actuacións de comprobación ou de control financeiro realizadas pola Deputación, se constata o incumprimento destas obrigas, dará lugar ó reintegro da subvención percibida. Décimo quinta. Devolución e reintegro: As axudas concedidas deberán devolvelas ou reintegralas nos seguintes casos: a. Por obtelas falseando as condicións requiridas. b. Por non aplicalas ós fins para os que se concederon. c. Por incumprir o beneficiario as obrigas asumidas e as condicións fixadas nestas bases. As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na Lei 30/1992, de 26 de novembro. Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento xeral de recadación. Décimo sexta. Aprobación das bases: De acordo co establecido na base 16.2 das de execución do orzamento para o 2015, e cumprindo co establecido no artigo 18 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, e demais lexislación aplicable, o órgano competente para a aprobación destas bases é a Xunta de Goberno. Décimo sétima. Dereito supletorio: Para o non disposto nestas bases contemplarase o establecido nas bases de execución do Orzamento xeral da Deputación para o exercicio 2015, na Lei 38/2003, de 17 de novembro, no Real decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, e demais lexislación aplicable. Décimo oitava. Recursos: Contra o acordo da aprobación destas bases, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que o ditou, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó desta publicación (artigos 107 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro), ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, segundo o disposto nos artigos 8 da Lei 29/1988, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo establecido no artigo 46 da citada lei. Todo isto sen prexuízo de que poida interpoñerse calquera outro recurso que se considere pertinente.” “ANEXOS DA CONVOCATORIA E MODELOS DE PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN Todos os anexos referidos nestas bases ou modelos normalizados para a solicitude e a xustificación destas subvencións serán facilitados no Rexistro xeral da Deputación, no da súa sede de Vigo, no propio Servizo de Cooperación ou ben a través da páxina web www.depo.es.” 13.22922.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DA CONCESIÓN POR CONCORRENCIA COMPETITIVA DE “ANTICIPOS A MUNICIPIOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, ANO 2015” Dada conta das Bases Reguladoras para a concesión por concorrencia competitiva de anticipos a municipios da provincia de Pontevedra 2015, sendo o obxecto das mesmas, no marco da cooperación cos concellos da provincia, regular a concesión de préstamos a longo prazo sen xuros, destinados a financiar os investimentos dos concellos necesarios para promover actividades e prestar o servizos públicos que contribúan a satisfacer as necesidades e aspiracións da comunidade veciñal e, excepcionalmente, operacións de tesourería para facer fronte a necesidades urxentes ou desfases transitorios. Vistos o informe da Secretaría Xeral e o da Intervención Provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar as Bases reguladoras para a concesión por concorrencia competitiva de anticipos a municipios da provincia de Pontevedra 2015 co texto que se desenvolve deseguido, que, en todo caso, quedaran condicionadas á aprobación definitiva do orzamento 2015. Ditas bases son do seguinte teor: “BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN POR CONCORRENCIA COMPETITIVA DE ANTICIPOS A MUNICIPIOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, ANO 2015 Primeira. Obxecto: Estas bases teñen por obxecto regular a concesión de préstamos a longo prazo, sen xuros, destinados a financiar os investimentos dos concellos e mancomunidades de municipios que reúnan os requisitos e as condicións establecidos nelas. Segunda. Natureza xurídica: A Deputación de Pontevedra subvenciona a totalidade dos xuros destes anticipos polo que, de acordo co disposto no artigo 2.4.h da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (LXS), se rexerán por esta lei e terán a consideración xurídica de subvencións. Así mesmo, será aplicable o Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei reguladora das facendas locais (TRLRFL). Terceira. Beneficiarios: Poderán solicitar estas axudas todos os concellos da provincia de Pontevedra cunha poboación inferior ós 25.000 habitantes, de acordo co último Padrón ou actualización publicados polo INE; tamén poderán solicitar axudas por concesión directa as mancomunidades de municipios da provincia. Ademais, as entidades locais solicitantes deben cumprir os seguintes requisitos: - Ter aprobado o orzamento para o exercicio corrente ou, no caso de prórroga, cumprir co previsto no artigo 50 do TRLRFL. - Non ter pendentes de pagamento as cotas de amortización vencidas de exercicios anteriores ou a comisión de formalización dalgún anticipo xa concedido. Cuarta. Financiamento: Para financiar este programa existe consignación na aplicación 942.9420.821.20 do Orzamento provincial do exercicio 2015, cun crédito inicial de un millón cincocentos mil euros (1.500.000,00 €). Excepcionalmente, en caso de non esgotarse este crédito poderíase crear unha nova convocatoria con estrita suxeición a estas bases e, asemade, o crédito pode ser ampliado a través dunha nova convocatoria en caso de producírense modificacións na aprobación do orzamento ou nos distintos expedientes de modificacións de crédito, todo isto, conforme ó disposto nos artigos 58 e 59 do R. d. l 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da LXS. Quinta. Finalidade para a cal se poden conceder anticipos reintegrables. Con cargo a este programa pódense conceder anticipos para as seguintes finalidades: - Con carácter preferente, para facerlle fronte á achega dos beneficiarios ós investimentos incluídos nos plans provinciais de cooperación, ós investimentos financiados con fondos FEDER ou outros fondos comunitarios así como a outros investimentos financiados pola Administración do Estado ou a Comunidade Autónoma. - Para o resto de investimentos en obras e servizos dos entes locais beneficiarios. - Con carácter excepcional poderanse conceder anticipos para operacións de tesourería, para facerlles fronte a necesidades urxentes ou desfases transitorios, previo informe dos servizos de Cooperación e de Intervención da Deputación, cando o considere así o órgano competente para conceder. Sexta. Características dos anticipos: Os anticipos que concede a Deputación a través do Servizo de Cooperación terán as seguintes características: - Importe máximo que se pode conceder: o 80 % do custo do investimento, sen que supere os 400.000 €. En casos especiais o órgano competente para resolver poderá, motivadamente, incrementar a porcentaxe e o importe absoluto. Así mesmo, cando tras a asignación, de acordo cos límites anteriores, haxa excedente de crédito poderánselles incrementar os importes inicialmente concedidos a todos os solicitantes ata o esgotamento do crédito sobrante ou proceder a unha nova convocatoria - Xuros: os anticipos que se concedan non reportan xuros. - Comisións: o 2 %, por unha soa vez, para facerlles fronte ós gastos de administración; esixiranse antes da formalización do contrato e ingresaranse na conta de Abanca número 2080.5401.57.3110106612. Sétima. Solicitude e documentación: As solicitudes formalizaranse nos modelos normalizados que se entregarán totalmente cubertos e que se facilitarán no Rexistro xeral da Deputación de luns a sábado, no da súa sede de Vigo de luns a venres, no Servizo de Cooperación ou na páxina web www.depo.es; achegarase ademais a seguinte documentación: a) Solicitude asinada polo alcalde do Concello ou polo presidente do ente local na que se indiquen con claridade o orzamento e o importe do anticipo que se solicita (anexo I). b) Proxecto do investimento que se vai realizar, cando sexa necesario segundo o previsto no Texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP), no seu regulamento ou nas normas complementarias. En caso de non ser necesario, unha memoria explicativa e un orzamento detallado da obra ou o do servizo que se vai realizar. c) Certificación da entidade local solicitante pola cal: o Se aproban as condicións do contrato de anticipo. o Se compromete a consignar nos seus orzamentos, nos exercicios nos que estea vixente o anticipo, a cantidade necesaria para proceder á súa amortización, agás a destinada a operacións de tesourería (anexo III). o Se faculta á Deputación para reter ou compensar calquera saldo que teña ó seu favor con toda clase de débedas vencidas e pendentes de pagamento (anexo III). d) Certificado do esforzo fiscal, do número de habitantes e de ter o orzamento municipal aprobado para o exercicio corrente ou, no seu defecto, de telo prorrogado de acordo co previsto no artigo 50 do TRLRFL (anexo II). e) Certificado de ter pagadas as cotas de amortización vencidas e, no caso de que algunha delas venza antes da sesión de concesión do préstamo, o compromiso de proceder ó seu pagamento sen exceder esa data (anexo II). f) Certificación na que conste se se obtivo ou se solicitou calquera outra axuda, subvención, ingreso ou recurso que financie o investimento que se vai subvencionar, así como o compromiso de comunicarlle á Deputación os que se obteñan nun futuro (anexo II). g) Certificación de non estar incurso en ningún dos supostos de incompatibilidade, incapacidade ou prohibición para percibir subvencións (anexo II). h) Compromiso de cumprir as condicións da subvención, coa aplicación do anticipo á finalidade subvencionada e de darlle a difusión necesaria (anexo II). i) Compromiso de comunicarlle á Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro a solicitude da operación de crédito e, se é o caso, a súa concesión, así como calquera outro requisito establecido na normativa reguladora das operacións de crédito no ámbito local (anexo II). j) Datos bancarios para, se é o caso, realizar o aboamento do anticipo (anexo II). k) Certificado sobre o aforro neto, de acordo coa última liquidación do seu orzamento, e sobre a débeda viva pendente de amortizar na data da solicitude. A documentación que se presente será orixinal ou, no caso de estar fotocopiada, deberá ir cotexada. Nos casos de defecto, erro ou ausencia na presentación da documentación á que se refire esta base ou de incumprimento do previsto no artigo 70 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, requiriráselle ó interesado que emende as faltas no prazo máximo de 10 días hábiles, indicándolle que, de non o facer, se terá por desistido da súa solicitude, previa resolución, que deberá ditarse nos termos previstos no art. 42 da Lei 30/92. Oitava. Forma e prazo de presentación: As axudas que se contemplan nesta convocatoria poderán solicitarse a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e ata o día 2 de febreiro de 2015. As solicitudes irán dirixidas ó presidente da Deputación de Pontevedra e presentaranse no Rexistro xeral desta institución de luns a sábado, no da súa sede de Vigo de luns a venres ou a través de calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992. Novena. Criterios de concesión e cuantificación dos anticipos: Os anticipos que se concedan por concorrencia competitiva concederanse de acordo coas seguintes normas: - Achegas a plans provinciais de investimentos (PID), convenios e investimentos financiados con fondos FEDER ou outros fondos comunitarios, así como outros investimentos financiados pola Administración do Estado ou da Comunidade Autónoma, valoraranse ata 20 puntos. - Investimentos en servizos públicos contemplados nos artigos 25 e 26 da Lei 7/1985, de 2 abril, de bases de réxime local (LBRL), valoraranse ata 15 puntos. - Interese provincial: proxectos que primen o desenvolvemento sostible, a eficiencia enerxética, o abastecemento e o saneamento da auga, a xeración de infraestruturas ou a creación de emprego valoraranse ata 30 puntos. - Achega do Concello ó investimento, valorarase ata 10 puntos. - Esforzo fiscal per cápita, valorarase ata 5 puntos. - Número de habitantes do ente local, valorarase á inversa, ata 20 puntos. Décima. Instrución, comisión de valoración e resolución: A instrución do procedemento de concesión dos anticipos correspóndelle á xefa do Servizo de Cooperación, que realizará de oficio cantas actuacións estime necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes. Así mesmo, deberá elaborar un informe-proposta no que aplique os criterios de concesión e cuantificación establecidos na base novena. O informe-proposta, fiscalizado polo Servizo de Intervención, estudarao e avaliarao unha Comisión de valoración que, ademais, poderá recabar cantos informes estime necesarios e emitirá unha proposta na que lle suxerirá motivadamente ó órgano competente a concesión e/ou desestimación das solicitudes de anticipos tramitadas. A Comisión de valoración é un órgano colexiado composto por: - Presidente: -O da Deputación ou o deputado en quen delegue - Vogais: -O Presidente da Comisión informativa de Cooperación Municipal e a xefa do Servizo de Cooperación - Secretario: -actuará como secretario, sen voto, un funcionario do Servizo de Cooperación. O procedemento ordinario de concesión destes préstamos é o de concorrencia competitiva. Non obstante, o órgano competente poderá resolver, ó longo do exercicio orzamentario, aquelas solicitudes nas que se acrediten razóns de interese público, social, económico ou humanitario; reservándose para estes efectos a Presidencia un 20 % do crédito total deste programa para a súa concesión directa, tal e como se prevé na base 25.2 das de execución do vixente Orzamento provincial. As propostas de concesión someteranse á aprobación do órgano competente previo informe do Servizo de Cooperación e fiscalización do Servizo de Intervención. Despois de transcorrer seis meses a partir do día seguinte ó remate do prazo para presentar a solicitude sen que os interesados obteñan resposta expresa entenderase desestimada a petición. Décimo primeira. Modificación dos anticipos: Unha vez adoptado o acordo ou a resolución de concesión poderase solicitar un único cambio ou modificación do seu contido se concorren circunstancias excepcionais, segundo o establecido nas distintas normas desta convocatoria. Estas circunstancias poderán ser: - Recibir axudas ou subvencións doutros organismos públicos ou privados que cubran a totalidade do investimento. - Ter prioridade na realización doutro investimento que teña que acometer a entidade local e non conte con crédito suficiente para levalo a cabo. - Algún impedimento administrativo ou doutro tipo que impida a súa realización. O cambio de aplicación ou modificación da finalidade do anticipo deberase solicitar antes de que finalice o prazo de disposición. Décimo segunda. Publicidade: As entidades locais que sexan beneficiarias da concesión dun préstamo deberán darlle a adecuada publicidade ó financiamento obtido da Deputación: • En todas as accións de comunicación ou publicidade (carteis, folletos, programas, placas, cartas, páxina web e outras) deberán facer constar o apoio que reciben por parte da Deputación de Pontevedra. Isto farano incluíndo o logotipo da institución provincial nun lugar visible en todas as comunicacións, tal e como se indica no anexo de publicidade. • No citado anexo e na páxina web www.depo.es atópase o exemplo de tratamento que se lle debe dar á imaxe institucional da Deputación. • Para dúbidas e/ou aclaracións pódese contactar co Servizo de Comunicación Institucional do organismo provincial a través do enderezo electrónico comunicacion@depo.es ou do teléfono 986804100. Décimo terceira. Xustificación, pagamento e disposición do anticipo: O pagamento das disposicións do anticipo farase a medida que se xustifique a realización dos investimentos que se financian con este; aboarase para cada xustificación que se presente a parte proporcional en relación co custo total do investimento. Para percibir o importe do anticipo, de acordo con estas bases, é necesario presentar ante a Deputación os seguintes documentos: a) Conta xustificativa dos gastos (anexo IV) na que relacionarán as certificacións, facturas ou documentos con valor probatorio no tráfico mercantil e administrativo, identificando o provedor, CIF, número de factura ou certificación, concepto e importe. b) Certificacións de obra, facturas orixinais ou cotexadas, debidamente dilixenciadas, cos requisitos que lles dean validez, aprobadas polo órgano competente da entidade local. No caso de investimentos achegaranse o contrato e a acta de comprobación de replanteo cando este requisito sexa esixible de acordo co disposto no R. d. l. 3/2011, de 14 de novembro; ademais, a última certificación acompañarase da acta de recepción. Tratándose da adquisición de bens inmobles debe achegarse a escritura pública do contrato de compravenda. Neste caso poderase presentar a documentación xustificativa do gasto despois da disposición do anticipo. Declaración acreditativa de que os gastos que figuran na conta xustificativa son reais e se aplicaron á finalidade subvencionada, quedando á disposición da Deputación para o seu exame se esta entidade o considerase oportuno (anexo IV). c) Certificación de que se lle deu a debida divulgación do financiamento obtido da Deputación con indicación dos medios onde se publicitou. A Deputación poderá comprobar, a través dos servizos de inspección, que se lle deu a adecuada publicidade; de non ser así non se procederá ó libramento do anticipo. d) Declaración de que as axudas recibidas non superan o custo do investimento para o cal se concedeu o anticipo (anexo IV). Esixirase a xustificación do 100 % do orzamento ou do proxecto que serviu de base para a concesión do anticipo; en caso de xustificarse un gasto inferior ó 100 % aboarase a parte proporcional do préstamo. Non se procederá ó libramento do anticipo no caso daqueles concellos que teñan pendentes de pagamento cotas de amortización de préstamos contraídos en exercicios anteriores. O prazo de disposición será, como máximo, de dous anos contados desde a sinatura do contrato. Só en casos especiais debidamente xustificados se poderá prorrogar por un período máximo dun ano. O prazo para xustificar o anticipo será o mesmo que para a súa disposición. Décimo cuarta. Amortización do anticipo: Teranse en conta as seguintes indicacións: - Amortización: non pode superar os 15 anos dende o ano seguinte ó da formalización do contrato, excepto para as operacións a curto prazo concertadas para corrixir os déficits transitorios de tesourería, que, de conformidade co disposto no artigo 51 do TRLRFL, deberán quedar canceladas no exercicio (o 31 de decembro). Así mesmo, agás para as operacións de tesourería, as entidades locais poderán solicitar un período de carencia que non excederá os tres anos desde a formalización do contrato. - As amortizacións serán por períodos naturais anuais e faranse efectivas na conta de Abanca número 2080.5401.57.3110106612. - O importe de cada amortización anual será o resultado de dividir o saldo disposto entre os anos que falten para finalizar a amortización. - Inicio da amortización: o ano seguinte ó da formalización do contrato, salvo para aquelas entidades locais que, despois de transcorrer este prazo, aínda non dispuxesen do anticipo, en cuxo caso a amortización comezará o ano seguinte a aquel no que se realice a primeira disposición e non poderá superar o prazo de quince anos. - No caso de que as mancomunidades de municipios non aboen as amortizacións correspondentes a responsabilidade será mancomunada; serán os respectivos concellos que compoñen a mancomunidade os que terán que afrontar as débedas contraídas coa Deputación, ben procedendo voluntariamente ó seu pagamento, ben detraendo a propia Deputación de Pontevedra a cantidade adebedada mediante os sistemas de compensación que considere axeitados. Décimo quinta. Compatibilidade con outras subvencións: Os anticipos son compatibles con calquera outra subvención ou axuda pública ou privada, nacional ou comunitaria, destinada a financiar o investimento, sempre e cando o importe agregado das subvencións e o anticipo non superen o custo total do investimento. No caso de que o importe agregado das subvencións e o anticipo superen o importe do custo do investimento recortarase o importe do anticipo. Décimo sexta. Réxime sancionador: Será de aplicación o réxime sancionador previsto na LXS, coas especificacións indicadas na súa disposición adicional décimo cuarta. Décimo sétima. Reclamacións: Contra estas bases e as resolucións administrativas que se adopten na súa execución poderá interpoñerse un recurso de reposición ante o órgano que as ditou no prazo dun mes. Entenderase desestimado se transcorre outro mes sen que haxa contestación; neste caso poderá interpoñerse un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, tal e como se prevé no art. 8 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses. Así mesmo, contra esta resolución poderá interpoñerse directamente o antedito recurso contencioso-administrativo no prazo indicado. En todos os casos os prazos contarán a partir do día seguinte ó da recepción da correspondente notificación ou, se é o caso, á publicación no BOPPO ou á data na que o recurso de reposición se entenda desestimado. Décimo oitava. Dereito supletorio: Para o non previsto nestas bases contemplarase o establecido nas de execución do Orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2015, na LXS (BOE núm. 276, de 18 de novembro de 2003), no seu regulamento (BOE núm. 176, de 25 de xullo de 2006), na Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no R. d. l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o TRLRFL e nas demais disposicións vixentes que resulten de aplicación.” “ANEXOS DA CONVOCATORIA E MODELOS DE PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN Todos os anexos referidos nestas bases ou os modelos normalizados para a solicitude destas subvencións facilitaranse no Servizo de Cooperación ou ben a través da páxina web www.depo.es.” 14.22923.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DO “PLAN DE PRÁCTICA LABORAL NA DEPUTACIÓN E CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 2015” Con fundamento no artigo 35.2 b) da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e en virtude do disposto na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións e Real decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se proba o regulamento da referida Lei, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a convocatoria de 198 bolsas de práctica laboral, nas diferentes liñas de actuación que se desenvolven en Centros dependentes deste organismo Provincial e nos concellos da provincia. Dita convocatoria rexerase polas bases que se achegan a este informe. Ditas bases son como seguen: “CONVOCATORIA DE 198 BOLSAS DE PRÁCTICA LABORAL NA DEPUTACIÓN E EN CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Con fundamento no artigo 35.2 b da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local (LRBRL), a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, na sesión do 19 de decembro de 2014, acorda aprobar a convocatoria de 198 bolsas de práctica laboral na Deputación e en concellos da provincia de Pontevedra, que se rexerá conforme ás seguintes: BASES Primeira. Obxecto: Estas bases teñen por obxecto convocar, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade e publicidade, 198 bolsas de práctica laboral relacionadas no anexo I desta convocatoria e destinadas a titulados universitarios ou de formación profesional, segundo os casos, sen experiencia laboral previa no ámbito da súa titulación, coa finalidade de promover e completar a súa formación en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa incorporación ó mercado laboral. Segunda. Condicións dos aspirantes: Poderán ser beneficiarios destas bolsas as persoas físicas que, con plena capacidade de obrar e sen estaren inhabilitadas para obter axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes requisitos: 1. Ter a nacionalidade española 2. Estar en posesión do título esixido no anexo I para cada unha das bolsas convocadas na data en que remate o prazo de presentación de instancias. 3. Estar en posesión dos títulos correspondentes ós estudos obxecto da bolsa con posterioridade ó 1 de xaneiro de 2007. 4. Non estar incapacitado fisicamente nin padecer ningunha enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade obxecto da bolsa. 5. Non ser beneficiario na actualidade dunha bolsa dos plans de práctica laboral da Deputación nos distintos centros ou servizos, nin nos concellos ou empresas da provincia, tomándose como referencia para tal efecto o período de tempo que transcorre desde a data da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO), ata o día en que teña lugar a adxudicación das bolsas. 6. Non ser con anterioridade beneficiario dunha bolsa de duración superior a seis meses dos plans de práctica laboral da Deputación nos distintos centros ou servizos, nin nos concellos ou empresas da provincia. 7. Non ser con anterioridade beneficiario dunha bolsa remunerada de duración superior a seis meses na Deputación de Pontevedra nin nos organismos autónomos. 8. Estar empadroado en calquera termo municipal da provincia de Pontevedra con anterioridade ó 1 de xuño do ano 2014 ou acreditar unha antigüidade no padrón dun mínimo de cinco anos. 9. Estar inscrito no Servizo Público de Emprego como demandante ou en mellora de emprego. 10. Non ter experiencia laboral previa na profesión ou área de coñecementos, entendendo por isto que non estivese contratado polos grupos de cotización correspondentes ós niveis formativos da titulación esixida nin de alta como autónomo por un período de tempo de duración superior a seis meses en actividades relacionadas co obxecto da bolsa. 11. Acreditar o nivel Celga IV nas bolsas de titulados universitarios e o Celga III nas bolsas destinadas a ciclos superiores de formación profesional. 12. Estar disposto a asumir os gastos de desprazamento ó centro de traballo de destino. 13. Non estar incurso nalgunha das prohibicións sinaladas no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (LXS). Terceira. Dotación económica: A dotación económica das bolsas, determinada polo nivel de titulación, será de oitocentos (800,00) euros ó mes para os titulados universitarios e de setecentos euros (700,00 €) ó mes para os titulados de ciclos superiores de formación profesional, cantidades que se imputarán ás aplicacións orzamentarias 921.241.481.45 e 921.241.160.45. O pagamento das bolsas realizarase a partir da data de incorporación da persoa beneficiaria, por mensualidades completas ou a parte proporcional. Esta cantidade será incompatible con calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a súa natureza. Non obstante, a entidade adxudicataria das bolsas de prácticas deberá sufragar os gastos de desprazamento e estancia orixinados pola realización, fóra do lugar da residencia, de determinados estudos e informes relacionados coa formación práctica do bolseiro, de acordo cos límites previstos no Real decreto 462/2002, de indemnizacións por razón do servizo. Cuarta. Presentación de solicitudes: 1. As solicitudes de participación nesta convocatoria deberán presentarse da seguinte forma: 1) En primeiro lugar será necesario realizar unha preinscrición a través da páxina web da Deputación de Pontevedra (www.depo.es), debendo, para tal efecto: • Cubrir os datos solicitados na páxina web, correspondentes ó modelo oficial de solicitude do anexo I e premer o botón enviar. • Descargar e imprimir o xustificante electrónico xerado pola páxina web tras realizar o envío. Este xustificante incluirá un código único de preinscrición. 2) A continuación deberase presentar o xustificante electrónico xerado durante o proceso de preinscrición, debidamente asinado, no rexistro da Deputación, dentro do prazo establecido no apartado dous, xunto coa seguinte documentación: a) Fotocopia do documento nacional de identidade en vigor ou calquera outro que o substitúa. b) Certificado ou volante de empadroamento actualizado con data posterior ó 1 de xuño do 2014 no que se acredite a data de alta ou antigüidade no padrón municipal. c) Documento acreditativo da titulación esixida ou de estar en condicións de obtela na data en que remate o prazo para presentar as solicitudes. d) Certificado do expediente académico no que conste a nota media, calculada segundo o sistema establecido no R. d. 1125/03, de 5 de setembro, para a súa valoración na fase de concurso, ou o que corresponda para os ciclos formativos segundo o previsto no R. d. 1147/2011, de 29 de xullo. e) Certificado acreditativo do nivel correspondente de coñecemento da lingua galega. f) Declaración xurada na que a persoa interesada se compromete a renunciar, en caso de ser seleccionado, a calquera tipo de actividade remunerada durante a vixencia da bolsa. g) Certificado que acredite non estar incapacitado fisicamente nin padecer ningunha enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade que constitúa o obxecto da bolsa, ou declaración xurada da persoa solicitante de que cumpre este requisito. h) Informe de vida laboral da Tesourería Xeral da Seguridade Social actualizado con data posterior ó 1 de novembro do 2014. É preciso entregar todas as páxinas e, en caso de ter experiencia laboral no mesmo grupo de cotización non relacionada coa titulación, débese entregar tamén unha fotocopia do contrato de traballo e certificado das tarefas realizadas. i) Fotocopia da tarxeta de demanda ou mellora de emprego actualizada. j) Declaración xurada de non ser beneficiario na actualidade dunha bolsa dos plans de práctica laboral da Deputación nos distintos centros ou servizos, nin nos concellos ou empresas da provincia, tomándose como referencia para tal efecto o período de tempo que transcorre desde a data da publicación desta convocatoria e ata o día en que teña lugar a adxudicación das bolsas. k) Declaración xurada de que non foi beneficiario anteriormente dunha bolsa de duración superior a seis meses dos plans de práctica laboral da Deputación nos distintos centros ou servizos, nin nos concellos ou empresas da provincia. l) Declaración xurada de non ser beneficiario anteriormente dunha bolsa remunerada nos extinguidos organismos autónomos, de duración superior a seis meses. m) Declaración xurada de estar disposto a asumir os gastos de desprazamento ó centro de traballo de destino. 2. O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta convocatoria no BOPPO. 3. Os solicitantes para presentaren as instancias estarán ó disposto no artigo 23, nos apartados 3, 4 e 5 da LXS, en todo o que sexa de aplicación, ademais do recollido no apartado primeiro desta cláusula. Quinta. Emendas: 1. Unha vez expirado o prazo de presentación de instancias a Deputación ditará unha resolución na que se declarará aprobada a lista de admitidos e excluídos, especificando, no seu caso, os motivos de exclusión. Este documento publicarase na páxina web e no taboleiro de anuncios da Deputación de Pontevedra. 2. Os aspirantes excluídos ou omitidos disporán dun prazo de cinco días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación da resolución, para poder emendar, no seu caso, o defecto que motivase a súa exclusión. No suposto de producirse reclamacións deberá ditarse unha nova resolución, estimándoas ou desestimándoas e aprobando a lista definitiva, que será publicada na web e no taboleiro de anuncios da institución provincial. Dentro deste prazo poderán emendar os defectos formais da documentación acreditativa dos méritos alegados na presentación de instancias. Sexta. Comisión de selección: Para a selección dos bolseiros constituirase unha comisión, que estará integrada polos seguintes membros: - Presidente: Un Xefe de servizo ou centro da Deputación. - Vogais: Un funcionario técnico superior, un representante da universidade e un representante dos concellos. - Secretario: O da Deputación ou un funcionario de carreira con titulación superior en quen delegue. Sétima. Selección dos bolseiros: 1. O proceso de selección desenvolverase en dúas fases. A primeira, de concurso e valoración da documentación presentada polos aspirantes admitidos e, a segunda, de entrevista persoal cos candidatos que superen o corte establecido na primeira fase. 2. Primeira fase: baremo de méritos. Os méritos acreditados polos interesados serán valorados conforme ós seguintes criterios: a) Expediente académico: ata un máximo de 4,00 puntos, segundo a nota media calculada para as titulacións universitarias polo R. d. 1125/03, de 5 de setembro, e para os ciclos de formación profesional polo R. d. 1147/2011, de 29 de xullo. No caso de que algunha das titulacións convocadas non estea calculada polas referidas normas ou estas non se especifiquen valorarase con 0,00 puntos. b) Por ter un doutoramento relacionado co contido da bolsa, 2 puntos. c) Por cada máster universitario relacionado co contido da bolsa, 0,50 puntos por máster, ata un máximo de 2 puntos. d) Por transcorrer catro ou máis anos desde a finalización dos estudos universitarios: 1 punto. e) Por transcorrer entre tres e catro anos desde a finalización dos estudos universitarios: 0,90 puntos. f) Se transcorreron entre dous e tres anos desde a finalización dos estudos universitarios: 0,80 puntos. g) Se transcorreron menos de dous anos desde a finalización dos estudos universitarios: 0,70 puntos. h) Se transcorreu menos dun ano desde a finalización dos estudos universitarios: 0,60 puntos. i) Por posuír unha titulación académica distinta e relacionada coas prácticas a desenvolver, de nivel igual ou superior á esixida no expediente da bolsa á que opta, 0,50 puntos por título ata un máximo de 1 punto (neste apartado non se terán en conta as titulacións de nivel inferior que sexan necesarias para a obtención doutras de nivel superior). As puntuacións outorgadas serán publicadas no taboleiro de anuncios da Deputación e na páxina web, polo menos con tres días hábiles de antelación á data en que terá lugar a entrevista. 3. Segunda fase: entrevista persoal. A entrevista terá lugar cando conclúa a valoración de méritos e realizarase unicamente cos candidatos que acaden a maior puntuación total na fase de concurso e nunha porcentaxe que garanta un mínimo de tres candidatos por bolsa. Poderá ampliarse esta porcentaxe en caso de estimarse conveniente. Por Resolución da Presidencia convocarase ós candidatos para a entrevista persoal, nun único chamamento, quedando decaídos no seu dereito aqueles que non comparezan no lugar e día sinalado. A entrevista versará sobre o seu currículo, obxectivos profesionais, dispoñibilidade, etc., e permitirá comprobar a preparación dos candidatos en materias correspondentes coa súa titulación nas entidades de destino. A entrevista valorarase de cero a dous puntos. 4. En caso de empate nas puntuacións dos aspirantes, a orde de prelación determinarase pola maior puntuación acadada na nota media global do expediente académico. 5. Despois de rematar as entrevistas e no prazo máximo de 10 días hábiles a comisión publicará no taboleiro de anuncios e na páxina web da Deputación as puntuacións outorgadas e as propostas de adxudicación, xunto coa relación de candidatos seleccionados por orde decrecente para cada unha das bolsas convocadas, indicando os candidatos seleccionados e os correspondentes suplentes. 6. Os aspirantes seleccionados, por orde de maior a menor puntuación, deberán elixir a entidade na que desenvolverán as prácticas entre aquelas que figuran no anexo I como destinatarias das bolsas convocadas. Sen prexuízo de aplicar o sistema indicado no apartado anterior, na elección da entidade daráselles preferencia ós candidatos do plan anterior pendentes de reasignación por causa xustificada apreciada pola Comisión de seguimento. 7. Nos procesos en que se convoca máis dunha bolsa por titulación, a elección dunha entidade polo primeiro aspirante elimina esta opción para os restantes, e así sucesivamente ata esgotar as bolsas desta titulación e entidades destinatarias. 8. Atendendo ás características ou perfil da bolsa convocada, con carácter excepcional e por razóns de urxencia, poderase recorrer ós servizos públicos de emprego para a preselección de candidatos que reúnan os requisitos esixidos nestas bases. Oitava. Adxudicación das bolsas: O Servizo de Recursos Humanos e Formación, á vista das actas das comisións seleccionadoras constituídas por titulacións e a elección realizada polos bolseiros nos procesos de máis dunha titulación, formularalle as propostas de adxudicación das bolsas convocadas ó órgano competente para a resolución do procedemento, especificando bolseiros titulares e candidatos suplentes para os casos de renuncia, incumprimento de obrigas, incapacidade sobrevida ou calquera outra causa que implique a perda da condición de bolseiro. A resolución, que porá fin á vía administrativa, publicarase na páxina web da Deputación, con expresión da identidade do bolseiro, entidade de destino, contía das bolsas, duración e data de efectos. Contra esta resolución poderase interpoñer un recurso potestativo de reposición de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXAP/PAC), ou, directamente, un recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da notificación da Resolución, de conformidade coa Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora desa xurisdición. Por outra parte, ó estar adherida a Deputación de Pontevedra á Estratexia de emprendemento e emprego xoven, desenvolvida polo Goberno de España, con recoñecemento expreso por parte do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias do Plan de práctica laboral autorizan, polo feito de participar nel, a remisión dos datos que requira o Ministerio con fins estatísticos. Novena. Condicións xerais: Establécense as seguintes condicións xerais: 1. As bolsas terán unha duración de 6 meses, contados desde a data na que a persoa adxudicataria comece o seu labor na entidade correspondente, e poderán ser prorrogadas por outros 6 meses por acordo da Xunta de Goberno, cumprindo o disposto na cláusula décima destas bases e sempre que exista dotación orzamentaria. En caso de urxencia poderán prorrogarse por Resolución presidencial dando conta á Xunta de Goberno. 2. As bolsas serán incompatibles con calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a súa natureza, excepto as indemnizacións por razón do servizo que deberá sufragar a entidade. 3. As persoas beneficiarias comprometeranse a observar o horario de traballo e a disciplina da Administración onde se desenvolva a súa práctica laboral co fin de non entorpecer o labor do persoal do centro, sen que poida superar as 37,50 horas semanais. 4. O feito de aceptar e facer uso destas bolsas non xera ningunha relación laboral nin funcionarial coa Deputación de Pontevedra nin cos concellos nos que se desenvolvan as actividades da práctica laboral, polo que non implica, en consecuencia, ningún tipo de compromiso para un posterior contrato ou vinculación con este organismo provincial nin cos concellos. 5. O pagamento do importe da bolsa realizarase por mensualidades vencidas. As cantidades correspondentes estarán suxeitas ás retencións que procedan, de conformidade co previsto no R. d. 439/2007, de 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do imposto sobre a renda das persoas físicas, así como na orde pola que se desenvolven as normas reguladoras da cotización á Seguridade Social para o ano 2015. 6. As bolsas que queden vacantes despois do período de prórroga non se cubrirán cos candidatos suplentes. Décima. Xustificación e renovación da bolsa: 1. Para tramitar a prórroga do bolseiro será necesaria a seguinte documentación: - Memoria do bolseiro sobre o conxunto dos traballos realizados, especificando os obxectivos conseguidos, a metodoloxía empregada e os principais resultados dos estudos practicados. - Informe de avaliación do titor no que deberá indicar se procede ou non a prórroga. Esta documentación (memoria e informe) deberá presentarse no Rexistro xeral da Deputación cun mes de antelación á data prevista de finalización. 2. A Xunta de Goberno, previo informe da xefa do Servizo de Recursos Humanos e Formación, resolverá esta solicitude, tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias e o aproveitamento demostrado polo bolseiro. Décimo primeira. Revogación e reintegro da bolsa: En calquera momento, a Xunta de Goberno poderá, a proposta dos xefes de Servizo da Deputación ou concellos e mediante resolución motivada, revogarlle a bolsa á persoa adxudicataria que non cumpra debidamente as condicións esixidas nestas bases ou as normas xerais de funcionamento da entidade de destino, aténdose ó establecido nos artigos 36 e seguintes da LXS, e suspendendo o aboamento da bolsa. Neste senso, daranse por finalizadas as prácticas do bolseiro cando concorran algunha das seguintes causas: 1. Renuncia voluntaria por parte do bolseiro. A renuncia implicará a perda dos dereitos formativos e económicos que puidesen corresponderlle. 2. Renuncia do Concello á bolsa solicitada e adxudicada. A renuncia quedará supeditada á existencia de motivos xustificados, previamente aceptados pola Deputación. De non existir causa xustificada penalizarase ó Concello coa imposibilidade de participar en próximas convocatorias ou de obter calquera outro tipo de axuda ou subvención desta institución, quedando sometidos ás responsabilidades e ó réxime sancionador que, sobre infraccións administrativas en materia de subvencións, establecen os artigos 52 a 69 da LXS. 3. Incumprimento das obrigas dalgunha das partes. En caso de incumprimento grave das obrigas esenciais por parte do Concello adxudicatario resolverase a bolsa, podendo adxudicárselle a outra entidade que solicitase esa titulación e estea en condicións de incorporar ó bolseiro afectado por esta situación durante o tempo restante. 4. Baixa por incapacidade temporal de duración superior a trinta días ou, no caso de maternidade, de duración superior a seis semanas. 5. Acordo entre a entidade e o bolseiro. En caso de concorrer algunha das causas previstas no artigo 37 da LXS, poderá esixirse o reintegro total cando o beneficiario incumpra as condicións impostas para a concesión e a execución da bolsa. No caso de que a entidade renuncie á bolsa concedida sen causa xustificada a Deputación realizará as xestións oportunas para poder destinar o bolseiro a outra entidade, co fin de darlle continuidade á bolsa de prácticas convocada pola Deputación. Entre tanto a bolsa quedaría en suspenso durante un período que non poderá exceder os tres meses e o bolseiro pasará a ocupar o primeiro lugar da lista de candidatos suplentes nesa titulación. Procederase do mesmo xeito nos casos de resolución da bolsa por causas xustificadas non imputables ó bolseiro. Transcorridos os tres meses perderá o dereito a bolsa. Décimo segunda. Suspensión: En caso de maternidade, enfermidade ou accidente, o bolseiro percibirá a prestación correspondente da Seguridade Social. Nese caso, a Deputación non complementará ningunha cantidade adicional á citada prestación. Esta situación non ocasionará a finalización das prácticas, salvo que a ausencia exceda ós trinta días nos casos de enfermidade ou accidente e de seis semanas no caso de maternidade. No suposto de que se supere este prazo, a Deputación poderá dar por concluída a práctica laboral do bolseiro. Décimo terceira. Renuncia: No caso de que o bolseiro renuncie antes da finalización do período de prácticas deberá informar previamente o seu titor e presentar no Rexistro xeral da Deputación a correspondente solicitude, dirixida ó Servizo de Recursos Humanos e Formación. En tal situación a entidade poderá solicitar que se cubra a bolsa que queda vacante polo tempo restante (sempre que sexa igual ou superior a seis meses) cun candidato suplente, segundo a orde de puntuación obtida no proceso de selección. Décimo cuarta. Bolsas desertas: De non chegar a cubrirse o número total de bolsas convocadas para unha determinada titulación por falta de candidatos os concellos afectados poderán solicitar que se lles adxudiquen as bolsas vacantes que teñen outorgadas a aspirantes suplentes doutros procesos ou titulacións seguindo a orde de puntuación establecida. Décimo quinta. Obrigas e dereitos do bolseiro: Son obrigas dos bolseiros as seguintes: 1. Incorporarse á entidade na data sinalada. 2. Respectar, en todo momento, a normativa da entidade, seguindo as instrucións que lle sexan dadas e cumprir o programa formativo. 3. Desenvolver unha actitude favorable e aplicarse con total dilixencia e aproveitamento. 4. Observar e cumprir o horario das prácticas co fin de non entorpecer o labor do persoal do centro. 5. Cumprir as medidas de prevención que en cada caso se deban adoptar, pola súa propia seguridade e saúde e pola de aquelas outras persoas ás que poida afectar a súa actividade a causa dos seus actos ou omisións. 6. Usar adecuadamente as máquinas, aparatos, ferramentas, sustancias perigosas, etc. que utilice no seu proxecto, de acordo coas instrucións do fabricante ou responsable das prácticas. 7. Utilizar correctamente os medios e equipos de protección facilitados pola entidade, de acordo coas instrucións recibidas. 8. Gardar con absoluto rigor o secreto profesional sobre as informacións que poidan chegar a coñecer en relación coa actividade que desenvolvan. 9. Asistir ás accións formativas relacionadas coas súas prácticas que organice a Deputación dentro da xornada laboral. 10. En caso de enfermidade ou accidente, o bolseiro deberá comunicarlle a súa situación á Deputación, presentando o oportuno parte médico xustificativo. 11. En caso de renuncia, o bolseiro está obrigado a comunicarllo á entidade na que realiza as prácticas e ó Servizo de Recursos Humanos e Formación da Deputación con 3 días hábiles de antelación. 12. Achegar á Deputación unha copia da vida laboral actualizada transcorridos tres meses dende a finalización das prácticas. Son dereitos dos bolseiros os seguintes: 1. Ser informados sobre a forma de proceder en caso de emerxencia, primeiros auxilios ou evacuación. 2. Recibir formación en materia preventiva e sobre as instalacións nas que se desenvolven as prácticas. 3. Gozar do permiso necesario para a realización de exames de carácter oficial, achegando a correspondente xustificación. 4. Gozar dun permiso de 2 días hábiles de descanso por mes de prácticas, que se poderán solicitar de forma independente por meses ou ó final do período. Décimo sexta. Responsabilidades: Os beneficiarios destas bolsas estarán sometidos ás responsabilidades e o réxime sancionador que, sobre infraccións administrativas en materia de subvencións, establecen os artigos 52 a 69 da LXS. Décimo sétima. Devolución da documentación: Transcorridos seis meses desde o final do proceso selectivo destruirase a documentación presentada, excepto a instancia, polo que se lles recomenda ós interesados que a retiren dentro dese prazo. Décimo oitava. Comisión de seguimento: Para a supervisión e control das prácticas constituirase unha Comisión de seguimento coa finalidade de resolver as incidencias e dúbidas que se produzan no seu desenvolvemento. A comisión estará presidida por un deputado provincial ou a persoa en quen delegue, e estará integrada por tres técnicos da Deputación. A comisión terá as seguintes competencias no desenvolvemento do programa de prácticas: 1. Garantir que as prácticas se corresponden cos compromisos asumidos polas entidades. 2. Resolver os problemas que se susciten na súa execución. 3. Propoñer medidas en relación ás incidencias que xurdan durante a súa realización. A comisión reunirase cando o considere necesario con calquera das partes, como mínimo unha vez antes de que finalice o período de duración das prácticas. Décimo novena. Dereitos supletorios: A convocatoria, a selección das persoas candidatas e a realización dos traballos que dan dereito ás bolsas suxeitaranse ó previsto nestas bases, á Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (LXS) e á Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXAP/PAC). Pontevedra, 17 de decembro de 2014 A Deputada delegada O Secretario Asdo.: Dna. Begoña Estévez Bernárdez Asdo.: D. Carlos Cuadrado Romay” O anexo é como segue: Anexo I Expediente Titulación Núm. de Bolsas Concello ou servizo Bolsas por titulación e centro de traballo D01 Ciclo superior en administración de sistemas informáticos en rede 1 Vilagarcía de Arousa 1 D02 Ciclo superior en administración e finanzas 18 A Estrada 1 Caldas de Reis 1 Campo Lameiro 1 Lalín 3 Marín 1 Meaño 1 Moaña 1 Moraña 1 Nigrán 2 O Rosal 1 Oia 1 Pazos de Borbén 1 Pontecesures 1 Salceda de Caselas 1 Sanxenxo 1 D03 Ciclo superior en animación sociocultural e turística 10 A Guarda 1 As Neves 1 Catoira 1 Nigrán 1 Pontevedra 2 Ribadumia 2 Tui 1 Vilanova de Arousa 1 D05 Ciclo superior en desenvolvemento de aplicacións web 1 Lalín 1 D06 Ciclo superior en educación infantil 2 Agolada 1 Moaña 1 D08 Ciclo superior en produción de audiovisuais e espectáculos 1 Cangas do Morrazo 1 D10 Ciclo superior en proxectos de obra civil 1 Soutomaior 1 D11 Ciclo superior en saúde ambiental 3 Deputación-Estación Fitopatolóxica do Areeiro 2 Moaña 1 D12 Ciclo superior en secretariado 1 Gondomar 1 D13 Ciclo superior en xestión comercial e márketing 1 Deputación Servizo Turismo 1 D14 Ciclo superior en xestión forestal e do medio natural 1 Salvaterra do Miño 1 D15 Diplomatura en biblioteconomía e documentación/grao en información e documentación 10 Gondomar 1 Marín 1 Nigrán 1 Deputación Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico 2 Pontevedra 1 Tui 1 Vigo 3 D19 Diplomatura/grao en dirección e xestión pública 11 Bueu 1 Marín 1 Moaña 1 Deputación - ORAL 1 Ponte Caldelas 2 Sanxenxo 2 Tomiño 1 Tui 1 Vigo 1 D20 Diplomatura/grao en educación social 4 Mos 1 O Rosal 1 Rodeiro 1 Tomiño 1 D22 Diplomatura/grao en fisioterapia 1 Cangas do Morrazo 1 D23 Diplomatura/grao en maxisterio de educación infantil 2 Arbo 1 O Grove 1 D24 Diplomatura/grao en maxisterio de educación primaria 2 Vilagarcía de Arousa 1 Vilanova de Arousa 1 D25 Diplomatura/grao en relacións laborais/relacións laborais e recursos humanos 5 Mos 1 O Porriño 3 Vigo 1 D27 Diplomatura/grao en traballo social 13 A Cañiza 1 A Illa de Arousa 1 Barro 1 Cangas Do Morrazo 1 Deputación - Centro Príncipe Felipe 1 Forcarei 1 Fornelos de Montes 1 O Grove 1 Redondela 2 Sanxenxo 1 Soutomaior 1 Vilagarcía de Arousa 1 D32 Enxeñería industrial 1 Redondela 1 D33 Enxeñería industrial, orientación en instalacións e construción 2 Baiona 1 Silleda 1 D37 Enxeñería técnica de obras públicas/grao en enxeñería de obras públicas 6 Caldas de Reis 1 Deputación - Centro Príncipe Felipe 1 Crecente 1 Marín 1 Mos 1 Portas 1 D40 Enxeñería técnica en informática de xestión 1 A Guarda 1 D41 Enxeñería técnica forestal, especialidade en explotacións forestais 2 Meaño 1 Poio 1 D42 Enxeñería técnica industrial en electricidade 2 Silleda 1 Tomiño 1 D46 Enxeñería/grao en informática 1 Baiona 1 D47 Grao en enxeñería de edificación/arquitectura técnica 2 A Cañiza 1 Poio 1 D49 Licenciatura en dereito, rama económico-empresarial 1 Moaña 1 D50 Licenciatura en filoloxía inglesa/grao en lingua e literatura inglesas 1 Vila de Cruces 1 D51 Licenciatura en psicopedagoxía 1 Mos 1 D52 Licenciatura/grao en administración e dirección de empresas 5 Cotobade 1 O Porriño 1 Deputación - ORAL 1 Poio 1 Vilaboa 1 D53 Licenciatura/grao en arquitectura 2 Caldas de Reis 1 Gondomar 1 D55 Licenciatura/grao en bioloxía 4 Estación Fitopatolóxica do Areeiro 1 Salvaterra do Miño 1 Tomiño 1 Deputación – Convenio Estación de Hidrobioloxía “Encoro do Con” 1 D56 Licenciatura/grao en ciencias da actividade física e do deporte 4 A Guarda 1 Sanxenxo 1 Vilagarcía de Arousa 1 Vilanova de Arousa 1 D57 Licenciatura/grao en ciencias políticas e da administración 1 A Estrada 1 D59 Licenciatura/grao en dereito 17 A Estrada 1 Bueu 1 Cangas Do Morrazo 1 Deputación Servizo Cooperación 1 Covelo 1 Dozón 1 Gondomar 1 Marín 1 Mondariz - Balneario 1 Nigrán 1 O Porriño 1 Deputación - ORAL 2 Poio 1 Ponteareas 1 Salceda de Caselas 1 Valga 1 D60 Licenciatura/grao en economía 7 A Estrada 1 O Grove 1 Deputación - ORAL 1 Ponteareas 3 Vilagarcía de Arousa 1 D63 Licenciatura/grao en historia 3 Deputación - Museo 1 Deputación Servizio de Patrimonio Documental e Bibliográfico 2 D64 Licenciatura/grao en historia da arte 5 A Estrada 1 Deputación - Museo 3 Vilanova de Arousa 1 D65 Licenciatura/grao en historia da arte especialidade arqueoloxía 2 Deputación - Museo 1 Valga 1 D67 Licenciatura/grao en pedagoxía 1 Deputación - Centro Príncipe Felipe 1 D68 Licenciatura/grao en psicoloxía 2 Caldas de Reis 1 O Grove 1 D69 Licenciatura/grao en publicidade e relacións públicas 2 Deputación Servizo Comunicación Institucional 1 Redondela 1 D70 Licenciatura/grao en química 4 Deputación - Finca Mouriscade 4 D72 Licenciatura/grao en xornalismo 6 A Guarda 1 A Lama 1 Bueu 1 Cangas Do Morrazo 1 Ponteareas 1 Tui 1 D73 Diplomatura/grao en turismo 18 A Illa de Arousa 1 Baiona 2 Bueu 1 Cerdedo 1 Lalín 1 Mondariz 1 Mos 1 Poio 1 Pontevedra 2 Redondela 1 Tui 1 Deputación Servizo Turismo (Aeroporto) 2 Deputación Servizo Turismo (CPAE-Cambados) 1 Vila de Cruces 1 Vilaboa 1 D75 Licenciatura/ grao en veterinaria 1 Deputación - Finca Mouriscade 1 D76 Ciclo superior en deseño e edición de publicación impresas e multimedia 1 Deputación Servizo Comunicación Institucional 1 D77 Ciclo superior en laboratorio de diagnostico clínico 1 Deputación - Estación Fitopatolóxica do Areeiro 1 D78 Ciclo superior en química ambiental 1 Deputación - Estación Fitopatolóxica do Areeiro 1 D79 Licenciatura/grao en filoloxía 1 Deputación - Servizos Lingüísticos 1 P80 Ciclo superior en información e comercialización turística 1 Deputación Servizo Turismo 1 D81 Licenciatura/ grao en ciencias ambientais 1 Deputación – Convenio Estación de Hidrobioloxía “Encoro do Con” 1 15.22924.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DO PROGRAMA “COIDARTE 2015” A Deputación de Pontevedra convoca para o ano 2015 unha nova edición do programa diúrno de balnearios de carácter lúcido “Coidarte”, atendendo ó alto nivel de satisfacción que amosan as enquisas dos participantes no programa en edicións pasadas, o cal cualifican de altamente positivo. Para levar a cabo este programa o Servizo de Servizos Sociais e Promoción de Emprego elaborou unhas bases para regular a concesión de axudas que van destinadas a fomentar o envellecemento activo e a mellora da calidade de vida das persoas, potenciando movementos de participación e cooperación social. O programa diúrno de balnearios de carácter lúcido “Coidarte”, poden adherirse os concellos da provincia de Pontevedra e os beneficiarios son persoas nacidas antes de 1965, xubilados e pensionistas ou persoas con necesidades de respiro familiar, para que poidan ter a oportunidade de pasar cinco mañás ou tardes de luns a venres nun dos establecementos tipo balneario, spa ou talaso que teñan as súas instalacións na Provincia de Pontevedra. Resultando que con data 27 de novembro de 2014 o Sr. Secretario informa favorablemente as bases reguladoras do programa “Coidarte” para o exercicio 2015. Resultando que con data 27 de novembro de 2014 a Xefa do Servizo de Fiscalización emite informe sobre a tramitación do expediente para aprobación das citadas bases, deixando constancia dunha serie de observacións, así como de que a aplicación orzamentaria proposta 15/232.2311.227.07, considérase correcta, quedando condicionada á existencia de crédito, por importe de 105.000,00€, e á aprobación definitiva do Orzamento da Deputación de Pontevedra para o exercicio de 2015. Considerando que o órgano competente para a aprobación das bases reguladoras do Programa “Coidarte” para o exercicio 2015, é a Xunta de Goberno, de conformidade co estipulado nas bases de execución do orzamento provincial. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar as bases reguladoras do Programa “Coidarte” para o exercicio 2015. 2. Que a eficacia deste acordo quede condicionada a aprobación definitiva do orzamento da Deputación de Pontevedra para o exercicio de 2015 e a existencia de crédito na aplicación orzamentaria 15/232.2311.227.07, por importe de 105.000,00 €, para facer fronte ás obrigas recollidas nas bases reguladoras do Programa “Coidarte” para o exercicio 2015. Ditas bases son como seguen: “BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DIÚRNO DE BALNEARIOS DE CARÁTER LÚDICO “COIDARTE” 2015 No artigo 2 da Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, defínense os servizos sociais como un conxunto coordinado de prestacións, programas e equipamentos destinados a garantir a igualdade de oportunidades no acceso á calidade de vida e á participación social de toda a poboación galega mediante intervencións que permitan o logro dos obxectivos marcados nesta lei. A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Servizos Sociais, convoca unha nova edición do programa “Coidarte”, atendendo ó alto nivel de satisfacción que amosan nas enquisas os participantes en edicións pasadas, onde o cualifican moi positivo. BASES Primeira. Obxecto: Constitúe o obxecto destas bases a regulación da convocatoria pública por parte da Deputación do programa “Coidarte”, que ten por finalidade fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas, establecendo novas relacións sociais e favorecendo a participación en actividades que favorezan o seu estado anímico, potenciando movementos de participación e cooperación social, promovendo espazos de encontro e intercambio de experiencias e evitando o illamento e as situacións de soidade que poidan levar á vulnerabilidade dos usuarios. “Coidarte” dálles a posibilidade ás persoas usuarias de participar nun programa de balnearios ó tempo que lles fan fronte as súas obrigas persoais e cargas familiares. Procura, ademais, ser un programa dinamizador da economía da provincia, impulsando a creación e o mantemento de postos de traballo no sector turístico durante os períodos de menor actividade, para así desestacionalizar a demanda. Trátase, xa que logo, dun programa cun claro obxectivo social, xa que facilita o acceso ó turismo de saúde a persoas que doutro modo non poderían beneficiarse da súa dobre función, como forma de descanso e tamén como tratamento sanitario, pero que ofrece tamén bos resultados en termos de sustentabilidade económica para a provincia. Poderán adherirse a este programa os concellos da Provincia de Pontevedra co número de prazas que estimen oportunas. Segunda. Adhesión dos concellos: Todos os concellos da Provincia de Pontevedra poderán sumarse ó programa mediante un acordo de adhesión adoptado polo órgano competente, remitindo unha certificación expedida polo secretario do concello dentro dos 20 días naturais seguintes á publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO). Nesa certificación deberá figurar o número de prazas que se subvencionarán e a existencia de crédito suficiente nas respectivas aplicacións dos orzamentos municipais para lles facer fronte ás obrigas do contrato. Se o último día do prazo coincidise en festivo este prorrogarase ata o seguinte día hábil. Unha vez transcorrido este prazo de 20 días sen enviar a adhesión entenderase que o concello non desexa participar no programa, sen que o teña que facer constar por escrito. Os concellos que se adhiran ó programa financiarán os seus respectivos beneficiarios, atendendo á cláusula décima. Actuarán como entidades colaboradoras na xestión do programa e deberán cumprir coas obrigas que se establezan nas bases reguladoras segundo o disposto na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. As persoas interesadas en participar no programa de concellos non adheridos deberán entregar a solicitude no Rexistro xeral da Deputación ou en calquera das oficinas de rexistro da institución provincial que se detallan na cláusula cuarta e participarán tan só coa subvención da Deputación. Terceira. Beneficiarios: Poderán beneficiarse do programa as persoas empadroadas na provincia de Pontevedra que cumpran algún dos seguintes requisitos: a) Ser nacidos antes de 1965, feito que deberá acreditar cunha fotocopia do documento nacional de identidade (DNI) ou número de identidade de estranxeiro (NIE), segundo o caso. b) Ser pensionista. Neste caso deberán achegar unha fotocopia do certificado correspondente. c) Precisar dun respiro familiar, o que se acreditará mediante un informe do traballador social dos servizos sociais comunitarios básicos. É requisito indispensable non padecer ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do programa. Cuarta. Lugar e prazo de presentación de solicitudes: Para os participantes de concellos adheridos ó programa o lugar de presentación de solicitudes será o departamento de Servizos Sociais do propio concello. Poderase consultar esta adhesión na páxina web da Deputación a partir da finalización do prazo de adhesións dos concellos. Para os participantes dos concellos non adheridos ó programa o lugar de presentación de solicitudes será o Rexistro xeral da Deputación ou calquera das oficinas de rexistro da institución provincial que se detallan na seguinte táboa: Denominación Enderezo Horario Rexistro xeral Pazo da Deputación Avda. de Montero Ríos, s/n Pontevedra De luns a venres, de 8:30 a 14:30 h e de 17:30 a 19:00 h Sábados, de 9:00 a 13:00 h Rexistro da Sede de Vigo Rúa Oporto, núm. 3 De luns a venres, de 9:00 a 14:00 h Rexistro do ORAL en Pontevedra Avda. de Marín, núm. 9, baixo De luns a venres, de 9:00 a 14:00 h Rexistro do ORAL en Arbo Rúa Luis Cubelas, núm. 2 Mércores, de 9:00 a 13:30 h Rexistro do ORAL en Bueu Eduardo Vicenti, núm. 8 Luns e xoves, de 8:30 a 14:30 h Rexistro do ORAL en Caldas de Reis Rúa José Salgado, núm. 19 De luns a venres, de 9:00 a 14:00 h Rexistro do ORAL en Cambados Rúa Ourense, núm. 8 De luns a venres, de 9:00 a 14:00 h Rexistro do ORAL en Cangas Edificio do Concello Rúa Castelao, s/n De luns a venres, de 8:30 a 14:30 h Rexistro do ORAL na Cañiza Edificio dos Xulgados Rúa Progreso Martes e xoves, de 9:00 a 13:30 h Rexistro do ORAL en Crecente Rúa Solis Ruiz, nº5 Venres, de 9:00 a 13:30h Rexistro do ORAL en Covelo Praza do Mestre Cerviño, núm. 2 Luns, de 9:00 a 13:30 h Rexistro do ORAL na comarca de Deza Edificio Castro Tecnolóxico Praza de Galicia, núm. 1 De luns a venres, de 9:00 a 14:00 h Rexistro do ORAL na comarca do Val Miñor Rúa Damas Apostólicas, núm. 1 De luns a venres, de 9:00 a 14:00 h Rexistro do ORAL na Estrada Avenida Benito Vigo, núm. 47, baixo De luns a venres, de 9:00 a 14:00 h Rexistro do ORAL en Moaña Rúa Almansa, núm. 7 De luns a venres, de 8:30 a 14:30 h Rexistro do ORAL nas Neves Praza da Cristiandade, núm. 1 Venres, de 9:00 a 13:30 h Rexistro do ORAL en Ponteareas Rúa Daniel Ojea, baixo De luns a venres, de 9:00 a 14:00 h Rexistro do ORAL en Ponte Caldelas Edificio do Concello Avda. de Galicia, núm. 17 Venres, de 9:00 a 13:30 h Rexistro do ORAL no Porriño Rúa O Pinar, núm. 5 De luns a venres, de 9:00 a 14:00 h Rexistro do ORAL no Rosal Edificio do Concello Praza do Calvario, núm. 1 Martes e xoves, de 9:00 a 14:00 h Rexistro do ORAL en Sanxenxo Rúa Carlos Casas, núm. 8 De luns a venres, de 9:00 a 14:00 h Rexistro do ORAL en Tomiño Praza do Seixo, s/n Primeiro e último mércores de mes, de 9:00 a 13:30 h Rexistro do ORAL en Tui Rúa Coruña, núm. 26 De luns a venres, de 9:00 a 14:00 h Rexistro do ORAL en Vilanova de Arousa Rúa Cruceiro, núm. 26 De luns a venres, de 9:00 a 14:00 h Tamén se poderán presentar a través de calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. En caso de enviarse por correo postal (ó Rexistro da Deputación) este deberá ser certificado, co selo de Correos no formulario da solicitude para garantir que a data de remisión está incluída no prazo de presentación de solicitudes da orde de convocatoria. O prazo de inscrición será de 30 días naturais a partir do día seguinte ó da finalización da data de adhesión dos concellos publicada nestas bases. No suposto de que as prazas ofertadas non queden cubertas esta institución reservarase o dereito a abrir un novo prazo de inscrición para os participantes, dando conta ós concellos adheridos do número de prazas sobrantes da primeira campaña para a recepción de novas solicitudes. En caso de que os concellos adheridos non desexen continuar participando na segunda campaña deberán comunicalo por escrito a través dunha certificación expedida polo secretario. Quinta. Documentación dos participantes: As solicitudes deberán formularse seguindo o modelo que se facilitará nos concellos incorporados ó programa, no Rexistro xeral da Deputación ou en calquera das oficinas de rexistro da institución provincial sinaladas na cláusula cuarta destas bases. Este formulario estará tamén dispoñible na web www.depo.es. Deberanse cubrir todos os apartados da solicitude sinalando un só establecemento termal, achegar unha copia do DNI ou NIE e, segundo o caso, o certificado da pensión ou o informe do traballador social do seu concello. Sexta. Documentación dos concellos adheridos: Os concellos participantes, logo de finalizado o prazo de recepción de solicitudes, deberán remitir ó Servizo de Servizos Sociais da Deputación de Pontevedra: a) Unha relación nominal, en formato de Excel, dos solicitantes, con todos os campos cubertos, segundo o modelo remitido ós concellos polo persoal técnico responsable da institución provincial. Este documento remitirase ó Servizo de Servizos Sociais da Deputación de Pontevedra por correo electrónico (servizos.sociais@depo.es). b) Os orixinais das solicitudes presentadas no concello coa documentación requirida. Esta documentación remitirase ó Servizo de Servizos Sociais, a través do Rexistro xeral da Deputación ou das oficinas de rexistro da institución provincial sinaladas na cláusula cuarta destas bases. Sétima. Procedemento de concesión: A concesión destas subvencións realizarase segundo o réxime de concorrencia competitiva. Correspóndelle a instrución ó Servizo de Servizos Sociais e a adxudicación á Xunta de Goberno. A institución provincial establece a convocatoria de prazas do programa diúrno de balnearios “Coidarte” no marco de actividades para as persoas maiores, ofertando inicialmente un máximo de 2.625 prazas, que se lles outorgarán ás persoas que reúnan os requisitos sinalados na cláusula terceira e presenten o formulario debidamente cuberto e acompañado da documentación sinalada nestas bases. O procedemento de concesión levarase a cabo na seguinte orde: 1. Solicitantes xubilados e pensionistas, con prioridade para os de pensións con menor importe e para os de maior idade. 2. Solicitantes a través de informe do traballador social por respiro familiar, con prioridade para os de maior idade. 3. Solicitantes non encadrados nos apartados anteriores, con prioridade para os de maior idade. No caso de que fose preciso teríase en conta a orde de presentación das solicitudes. Oitava. Obrigas dos participantes: Os participantes aboarán, o primeiro día do programa, a cantidade resultante do proceso de adxudicación para o balneario escollido, descontadas as subvencións do Concello e da Deputación (se o seu Concello está adherido) ou só a subvención da Deputación (se o seu concello non o está). Esta cantidade entregaráselles directamente ós responsables da empresa adxudicataria ou ás persoas en que deleguen, que lles expedirán o correspondente xustificante de pagamento. Novena. Condicións do programa: A metodoloxía do programa consiste en pasar cinco mañás ou tardes, de luns a venres, nun dos establecementos escollidos, facilitando o transporte desde os concellos ata o establecemento e viceversa. Ofertarase un mínimo de catro establecementos (do tipo balneario, talaso ou spa) que teñan as súas instalacións na provincia de Pontevedra. Os participantes do programa poderán escoller, indistintamente, o que máis lles satisfaga de todos os ofertados. O uso das instalacións do balneario, spa ou talaso será dun mínimo de dúas horas cada día e facilitaránselle unhas chancletas e un gorro de auga a cada persoa. As saídas poderán realizarse ó longo de todo o ano, exceptuando o mes de agosto, en función da demanda e da dispoñibilidade dos establecementos. Será o organismo municipal, no caso dos concellos adheridos, o que determine as paradas (dúas como máximo) para a recollida de participantes no programa, que deberán dispoñer de espazos amplos onde os autobuses poidan entrar e manobrar. Nos autocares irá un guía oficial responsable de lle entregar a cada persoa o bono de viaxe, coa data e a hora de recollida para toda a semana. Esta persoa informará tamén das coberturas do seguro para o programa e resolverá todas as dúbidas ó respecto. A Deputación de Pontevedra ofertará o programa a través dunha empresa especializada na materia, responsable da súa execución, coordinación e avaliación e con persoal especializado. Tamén disporá dun servizo de atención ó público por vía telefónica para calquera dúbida que puidese xurdir. Calquera anomalía que se advirta sobre o bo desenvolvemento do programa deberá comunicárselle ó Servizo de Servizos Sociais da institución provincial. Décima. Orzamento e financiamento: A Deputación establece a convocatoria do programa “Coidarte” no marco de actividades para as persoas maiores, xubiladas e pensionistas ou para persoas con necesidade dun respiro familiar, ofertando inicialmente un total de 2.625 prazas. A contía consignada para este programa ascende a cento cinco mil euros (105.000,00€), con cargo á aplicación orzamentaria 15/232.2311.227.07 do Orzamento ordinario da Deputación, sen prexuízo de que este crédito se amplíe. O programa será cofinanciado polo organismo provincial, polos usuarios e polos concellos adheridos: • A Deputación achegará 40,00 € por praza. • O concello adherido achegará 10,00 € por praza. • O usuario aboará a cantidade resultante de descontar a subvención da Deputación e do seu concello (de estar este adherido) do prezo do balneario escollido. Os prezos de cada establecemento (spa, talaso ou balneario) expoñeranse ó público na páxina web da institución provincial (www.depo.es) e daranse a coñecer a través dos medios de comunicación unha vez rematado o proceso de contratación. Décimo primeira. Publicidade: En toda a publicidade que se elabore débese facer constar a organización e a colaboración do organismo provincial mediante a inclusión da súa imaxe institucional. Para todo o relacionado coa publicidade poden dirixirse ó seguinte enderezo de correo electrónico: comunicacion@depo.es. Décimo segunda. Prazo de vixencia: As bases que regulan este programa estarán vixentes ata o 31 de decembro de 2015. Décimo terceira. Lexislación aplicable: • Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. • Real decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei xeral de subvencións. • Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia. • Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local. • Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. • Bases de execución do vixente orzamento provincial para o ano 2015.” 16.22925.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DO PROGRAMA “COÑECE A TÚA PROVINCIA 2015” A Deputación de Pontevedra convoca para o ano 2015 unha nova edición do programa “Coñece a túa provincia”, que ten por finalidade fomentar a convivencia e o asociacionismo de distintos colectivos de persoas (maiores, mulleres, mozos, persoas con diversidade funcional, familias e menores) e contribuír ó seu enriquecemento cultural, a través de visitas diarias guiadas a centros integrantes do patrimonio da Deputación de Pontevedra e ós principais recursos turísticos da provincia de Pontevedra. Para levar a cabo este programa o Servizo de Servizos Sociais e Promoción de Emprego elaborou unhas bases para regular a concesión de axudas que van destinadas a todas as entidades de iniciativa social da provincia Pontevedra. Resultando que con data 26 de novembro de 2014 o Sr. Secretario informa favorablemente as bases reguladoras do programa “Coñece a túa provincia” para o exercicio 2015. Resultando que con data 9 de decembro de 2014 a Xefa do Servizo de Fiscalización emite informe sobre a tramitación do expediente para aprobación das citadas bases, deixando constancia dunha serie de observacións, así como de que a aplicación orzamentaria proposta 15/232.2311.227.07, considérase correcta, quedando condicionada a existencia de crédito, por importe de 238.500,00 €, e á aprobación definitiva do orzamento da Deputación de Pontevedra para o exercicio de 2015. Considerando que o órgano competente para a aprobación das bases reguladoras do Programa “Coñece a túa provincia” para o exercicio 2015, é a Xunta de Goberno, de conformidade co estipulado nas bases de execución do Orzamento provincial. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar as bases reguladoras do Programa “Coñece a túa provincia” para o exercicio 2015. 2. Que a eficacia deste acordo quede condicionada a aprobación definitiva do orzamento da Deputación de Pontevedra para o exercicio de 2015 e a existencia de crédito na aplicación orzamentaria 15/232.2311.227.07, por importe de 238.500,00 €, para facer fronte as obrigas recollidas nas bases reguladoras do Programa “Coñece a túa provincia” para o exercicio 2015. Estas bases son como seguen: “BASES REGULADORAS DO PROGRAMA “COÑECE A TÚA PROVINCIA 2015” No artigo 2 da Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, defínense os servizos sociais como un conxunto coordinado de prestacións, programas e equipamentos destinados a garantir a igualdade de oportunidades no acceso á calidade de vida e á participación social de toda a poboación galega, mediante intervencións que permitan o logro dos obxectivos marcados nesta lei. Así mesmo, dispón que os poderes públicos fomentarán, no ámbito dos servizos sociais, o desenvolvemento de actuacións solidarias por parte de entidades de iniciativa social, sempre que se axusten ós requisitos de autorización, calidade e complementariedade establecidos na citada lei. A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Servizos Sociais, convoca unha nova edición do programa “Coñece a túa provincia”, atendendo ó alto nivel de satisfacción que amosan nas enquisas os participantes en edicións pasadas, onde o cualifican como moi positivo. BASES Primeira. Obxecto: Constitúe o obxecto destas bases a regulación da convocatoria pública, por parte do organismo provincial, do programa “Coñece a túa provincia”, que ten por finalidade fomentar a convivencia e o asociacionismo de distintos colectivos de persoas (maiores, mulleres, mozos, persoas con diversidade funcional, familias e menores) e contribuír ó seu enriquecemento cultural, a través de visitas diarias guiadas a centros integrantes do patrimonio da Deputación e ós principais recursos turísticos da provincia de Pontevedra. A dinamización económica e social constitúen o obxectivo prioritario que persegue a institución provincial mediante o desenvolvemento deste programa. Segunda. Beneficiarios: Poderán ser beneficiarias do programa todas as entidades de iniciativa social da provincia de Pontevedra. Terceira. Lugar e prazo de presentación de solicitudes: As solicitudes presentaranse no Rexistro xeral ou en calquera das oficinas de rexistro da Deputación que se detallan na seguinte táboa: Denominación Enderezo Horario Rexistro xeral Pazo da Deputación Avenida de Montero Ríos, s/n Pontevedra De luns a venres, de 8:30 a 14:30 h e de 17:30 a 19:00 h Sábados, de 9:00 a 13:00 h Rexistro da Sede de Vigo Rúa Oporto, núm. 3 De luns a venres, de 9:00 a 14:00 h Rexistro do ORAL en Pontevedra Avda. de Marín, núm. 9, baixo De luns a venres, de 9:00 a 14:00 h Rexistro do ORAL en Arbo Rúa Luis Cubelas, núm. 2 Mércores, de 9:00 a 13:30 h Rexistro do ORAL en Bueu Eduardo Vicenti, núm. 8 Luns e xoves, de 8:30 a 14:30 h Rexistro do ORAL en Caldas de Reis Rúa José Salgado, núm. 19 De luns a venres, de 9:00 a 14:00 h Rexistro do ORAL en Cambados Rúa Ourense, núm. 8 De luns a venres, de 9:00 a 14:00 h Rexistro do ORAL en Cangas Edificio do Concello Rúa Castelao, s/n De luns a venres, de 8:30 a 14:30 h Rexistro do ORAL na Cañiza Edificio dos Xulgados Rúa Progreso Martes e xoves, de 9:00 a 13:30 h Rexistro do ORAL en Covelo Praza do Mestre Cerviño, núm. 2 Luns, de 9:00 a 13:30 h Rexistro do ORAL na comarca de Deza Edificio Castro Tecnolóxico Praza de Galicia, núm. 1 De luns a venres, de 9:00 a 14:00 h Rexistro do ORAL na comarca do Val Miñor Rúa Damas Apostólicas, núm. 1 De luns a venres, de 9:00 a 14:00 h Rexistro do ORAL na Estrada Avenida Benito Vigo, núm. 47, baixo De luns a venres, de 9:00 a 14:00 h Rexistro do ORAL en Moaña Rúa Almansa, núm. 7 De luns a venres, de 8:30 a 14:30 h Rexistro do ORAL nas Neves Praza da Cristiandade, núm. 1 Venres, de 9:00 a 13:30 h Rexistro do ORAL en Ponteareas Rúa Daniel Ojea, baixo De luns a venres, de 9:00 a 14:00 h Rexistro do ORAL en Ponte Caldelas Edificio do Concello Avda. de Galicia, núm. 17 Venres, de 9:00 a 13:30 h Rexistro do ORAL no Porriño Rúa O Pinar, núm. 5 De luns a venres, de 9:00 a 14:00 h Rexistro do ORAL no Rosal Edificio do Concello Praza do Calvario, núm. 1 Martes e xoves, de 9:00 a 14:00 h Rexistro do ORAL en Sanxenxo Rúa Carlos Casas, núm. 8 De luns a venres, de 9:00 a 14:00 h Rexistro do ORAL en Tomiño Praza do Seixo, s/n Primeiro e último mércores de mes, de 9:00 a 13:30 h Rexistro do ORAL en Tui Rúa Coruña, núm. 26 De luns a venres, de 9:00 a 14:00 h Rexistro do ORAL en Vilanova de Arousa Rúa Cruceiro, núm. 26 De luns a venres, de 9:00 a 14:00 h En caso de enviarse por correo postal (ó Rexistro da Deputación) este deberá ser certificado, co selo de Correos no formulario da solicitude para garantir que a data de remisión está incluída no prazo de presentación de solicitudes da orde de convocatoria. O prazo de inscrición será de 30 días naturais a partir do día seguinte ó da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO). No suposto de que as prazas ofertadas non queden cubertas esta institución reservará para si o dereito de abrir un novo prazo de inscrición. Cuarta. Documentación das entidades: As solicitudes deberán realizarse seguindo o modelo que se facilitará no Rexistro xeral da Deputación, no da súa sede de Vigo ou na páxina web, www.depo.es. Xunto coa solicitude terán que presentar: - O modelo certificado de acreditación do cargo, cubrindo todos os apartados. - Unha fotocopia do CIF da entidade. - Unha fotocopia do DNI do presidente da asociación. Quinta. Procedemento de selección: A concesión destas subvencións realizarase polo réxime de concorrencia competitiva. Correspóndelle a instrución ó Servizo de Servizos Sociais e a adxudicación á Xunta de Goberno. O mínimo de prazas para participar será de 20 por cada entidade solicitante. No caso de non chegar a completar un autocar (55 pasaxeiros) a empresa adxudicataria resérvase o dereito a unificar esta petición coa doutra asociación para a mesma ruta. Para colectivos con mobilidade reducida que precisen de cadeiras ou outras axudas técnicas as prazas por autocar serán 45. Para optar á posibilidade dun segundo autocar deberase completar o total de prazas, que normalmente ascende a 110 (55 pasaxeiros por autocar). No caso de colectivos con mobilidade reducida o total ascendería a 90 prazas (45 por autocar). Por norma xeral, non se subvencionarán máis de dous autocares. Soamente se concederá unha ruta por asociación e CIF. A institución provincial establece a convocatoria de prazas do programa “Coñece a túa provincia” no marco de actividades para os colectivos de entidades de iniciativa social, ofertando inicialmente un máximo de 21.681 prazas, que serán outorgadas seguindo a seguinte orde de prevalencia: 1º. Entidades de iniciativa social que xunten unha relación nominal (especificando o DNI e o teléfono de contacto) de 110 participantes. Este número reducirase a 90 no caso de colectivos con mobilidade reducida. 2º. Entidades de iniciativa social que xunten unha relación nominal (especificando o DNI e o teléfono de contacto) de 55 participantes. Este número reducirase a 45 no caso de colectivos con mobilidade reducida 3º. Entidades de iniciativa social que xunten unha relación nominal (especificando o DNI e o teléfono de contacto) de menos de 55 e máis de 20 persoas. No caso que o número de persoas participantes superen os rangos anteriormente sinalados formarán parte da lista de agarda, tendo sempre en conta a orde na que veñen relacionados. As solicitudes que non inclúan a dita relación nominal non terán as prioridades sinaladas. De ser preciso teríase en conta a orde de rexistro de entrada das solicitudes. Sexta. Obrigas dos participantes: Os participantes de cada unha das entidades solicitantes aboarán o primeiro día do programa a cantidade de doce euros. Esta pagaráselle directamente ós responsables da empresa adxudicataria ou ás persoas en quen deleguen, que lles expedirán o correspondente xustificante de pagamento. Sétima. Condicións do programa: Ofertarase un mínimo de doce rutas por lugares emblemáticos da nosa provincia, que se relacionarán no modelo de solicitude. No prezo que pagará cada un dos participantes inclúese o traslado en autocar de ida e volta desde os seus concellos, a visita guiada por unha persoa que conte coa habilitación como guía de turismo especializado de Galicia e o xantar (cada menú constará, polo menos, de dous pratos, sobremesa, café e bebidas). Os autocares non poderán ter unha antigüidade maior de cinco anos e estarán totalmente adaptados ás limitacións físicas que poidan presentar os participantes integrantes dos colectivos beneficiarios do programa. Cada entidade poderá escoller por orde de preferencia tres rutas entre as ofertadas e sinalar o mes e o día da semana preferente para realizar a actividade. Para maior información sobre cuestións relativas ás características das rutas poderán dirixirse á empresa adxudicataria. A metodoloxía do programa consiste en pasar un día coñecendo os lugares sinalados na ruta indicada mediante o acompañamento dun guía oficial e incluíndo o xantar e o transporte. Finalizado o proceso de inscrición a empresa adxudicataria porase en contacto co representante da entidade co fin de definir a ruta elixida e marcar a data para a súa realización, intentando respectar a opción escollida en primeiro lugar e as datas preferentes. Unha vez marcado o día para a realización da ruta a empresa adxudicataria porase en contacto con todos os participantes da relación anexa á solicitude, co fin de lles facilitar a información precisa para o día da excursión. A empresa será a encargada da recadación do pago do programa, entregándolle un xustificante de pagamento a cada un dos participantes. O horario das saídas coordinarase cos representantes das entidades ou, no seu defecto, coas persoas en quen deleguen esta función. Será o representante da entidade o que determine as paradas, dúas como máximo e que deberán dispoñer de espazos amplos onde os autobuses poidan entrar e manobrar, para a recollida de participantes. Nos autocares irá un guía oficial que informará das coberturas do seguro para o programa e resolverá todas as dúbidas ó respecto. A Deputación ofertará o programa a través dunha empresa especializada na materia, que será responsable da súa execución, coordinación e avaliación e que disporá de persoal especializado, con atención ó público vía telefónica, para calquera dúbida que puidese xurdir. Calquera anomalía que se advirta sobre o bo desenvolvemento do programa deberá comunicárselle ó Servizo de Servizos Sociais desta institución provincial. Oitava. Orzamento e financiamento: A contía consignada para este programa ascende a douscentos trinta e oito mil cincocentos euros (238.500,00 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15/232.2311.227.07 do orzamento ordinario da Deputación, sen prexuízo de que este crédito se amplíe. O programa será cofinanciado pola institución provincial e os usuarios: • O usuario aboará 12,00 €. • A Deputación asumirá a cantidade restante do prezo de adxudicación. Novena. Publicidade: De conformidade co artigo 31 do RLXS débese facer constar a organización e a colaboración do organismo provincial mediante a inclusión da súa imaxe institucional en toda a publicidade que se elabore. Para máis información sobre este tema dirixiranse ó seguinte enderezo de correo electrónico: comunicacion@depo.es. Décima. Prazo de vixencia: As bases que regulan este programa terán vixencia ata o 31 de decembro de 2015. Décimo primeira. Lexislación aplicable: • Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. • Real decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei xeral de subvencións. • Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia. • Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local. • Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. • Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. • Bases de execución do orzamento provincial vixente.” 17.22926.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DAS “SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS ÁS ENTIDADES DE INICIATIVA SOCIAL NO MARCO DA PRESTACIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS DE ATENCIÓN ESPECIALIZADA PARA O ANO 2015” A Deputación de Pontevedra convoca para o ano 2015 unha liña de subvencións para darlles un maior apoio ás entidades de iniciativa social que prestan servizos sociais especializados na provincia de Pontevedra. A convocatoria ten por obxecto regular o procedemento de solicitude, réxime de concesión, xustificación e pagamento de subvencións destinadas a entidades de iniciativa social que realicen proxectos ou actividades de prestación de servizos sociais na provincia de Pontevedra, a través de intervencións que favorezan a integración social e/ou laboral dos grupos máis vulnerables ou en risco de exclusión social. Resultando que con data 1 de decembro de 2014 o Sr. Secretario informa as bases reguladoras das subvencións dirixidas ás entidades de iniciativa social no marco da prestación de servizos sociais de atención especializada para o exercicio 2015. Resultando que con data 11 de decembro de 2014 a Xefa do Servizo de Fiscalización emite informe sobre a tramitación do expediente para aprobación das citadas bases, deixando constancia dunha serie de observacións, así como de que a aplicación orzamentaria proposta 15/232.2313.480.02, considérase correcta, quedando condicionada a existencia de crédito, por importe de 450.000,00 €, e á aprobación definitiva do Orzamento da Deputación de Pontevedra para o exercicio de 2015. Considerando que o órgano competente para a aprobación das bases reguladoras das subvencións dirixidas ás entidades de iniciativa social no marco da prestación de servizos sociais de atención especializada para o exercicio 2015, é a Xunta de Goberno, de conformidade co estipulado nas bases de execución do Orzamento provincial. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar as bases reguladoras das subvencións dirixidas ás entidades de iniciativa social no marco da prestación de servizos sociais de atención especializada para o exercicio 2015. 2. Que a eficacia deste acordo quede condicionada á aprobación definitiva do orzamento da Deputación de Pontevedra para o exercicio de 2015 e á existencia de crédito na aplicación orzamentaria 15/232.2313.480.02, por importe de 450.000,00 €, para facer fronte ás obrigas recollidas nas bases reguladoras das subvencións dirixidas ás entidades de iniciativa social no marco da prestación de servizos sociais de atención especializada para o exercicio 2015. Ditas bases son como seguen: “BASES DAS SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS ÁS ENTIDADES DE INICIATIVA SOCIAL NO MARCO DA PRESTACIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS DE ATENCIÓN ESPECIALIZADA PARA O ANO 2015. En virtude da Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, na que se establece a atención especializada como un dos niveis nos que se estrutura o sistema de servizos sociais, a Deputación de Pontevedra, no marco das súas competencias, préstalles o seu apoio ás entidades de iniciativa social no ámbito dos servizos sociais especializados. Estas entidades teñen por obxecto a realización de proxectos ou actividades dentro da provincia orientadas á intervención, asistencia, integración social e laboral, prevención e promoción do benestar daqueles colectivos que, atendendo ás súas especiais circunstancias, precisan dunha maior especificación técnica e interdisciplinar na súa intervención. Tendo en conta o exposto con anterioridade e ó abeiro da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións; da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e do Decreto 254/2011, de 23 de decembro, relativo ó rexistro de entidades prestadoras de servizos sociais, a Deputación de Pontevedra convoca esta liña de subvencións para darlles un maior apoio ás entidades de iniciativa social que prestan servizos sociais especializados, de acordo coas seguintes BASES Primeira. Obxecto e ámbito de aplicación: 1. Esta convocatoria pública ten por obxecto regular, por parte da Deputación, o procedemento de solicitude, réxime de concesión, xustificación e pagamento de subvencións destinadas a entidades de iniciativa social que realicen proxectos ou actividades de prestación de servizos sociais na provincia de Pontevedra, a través de intervencións que favorezan a integración social e/ou laboral dos grupos máis vulnerables ou en risco de exclusión social. 2. Os proxectos ou actividades obxecto de subvención executaranse durante o período que vai do 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 2015, no ámbito do territorio da provincia de Pontevedra. Segunda. Entidades beneficiarias e requisitos: 1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades de iniciativa social legalmente constituídas que acrediten a realización de actividades de servizos sociais, que teñan a súa razón social ou sede permanente na provincia de Pontevedra e que cumpran os seguintes requisitos: - A prestación dirixirase a calquera dos colectivos das distintas áreas de actuación propias dos servizos sociais; primarase a realización de programas para aqueles colectivos e persoas que, por razóns obxectivas de índole económica, de saúde ou pola concorrencia de circunstancias sociais, étnicas ou culturais, estean en risco de exclusión ou sexan vulnerables desde o punto de vista social e precisen de actuacións específicas para o acceso ó gozo dos dereitos económicos, laborais e sociais recoñecidos no ordenamento xurídico. - Os servizos serán prestados de xeito altruísta e desinteresado, sen ánimo de lucro. - As entidades de iniciativa social deberán estar legalmente constituídas e rexistradas con anterioridade á data de finalización do prazo de solicitude no rexistro único de entidades prestadoras de servizos sociais da Xunta de Galicia. - Non poderán incorrer en ningún dos casos de prohibición para recibir subvencións previstos no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. - No caso dos centros ou servizos sociais especializados será requisito imprescindible dispoñer da correspondente autorización da Xunta para a súa creación e/ou inicio de actividades antes de que finalice o prazo de solicitude. - As entidades solicitantes deberán cumprir, en todos os casos, os requisitos para obter a condición de beneficiarias esixidos no artigo 10 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia. - No suposto de que se recibisen anteriormente subvencións desta Deputación non poderán existir incumprimentos das obrigas derivadas da súa concesión. - As entidades deben estar ó corrente das súas obrigas coa Deputación de Pontevedra. - O funcionamento da entidade deberá ser de carácter democrático, garantindo a participación dos usuarios. - No expediente de solicitude da subvención o interesado deberá consignar se o IVE relacionado co obxecto desta ten carácter deducible ou non, xa que en caso de que sexa susceptible de dedución non terá a consideración de gasto subvencionable. - As entidades deberán facer constar expresamente e de xeito visible, en calquera dos medios que empreguen para a difusión do proxecto ou das actividades, que estas se realizan co financiamento da Deputación, incorporando para iso o logo institucional. As normas de imaxe institucional pódense consultar a través do seguinte enderezo: comunicacion@depo.es. 2. Quedan excluídas as asociacións de maiores, de mulleres, de veciños, culturais ou empresariais, entre outras, xa que teñen a súa propia convocatoria de axudas e non reúnen o perfil das bases aquí presentadas. Con todo, poderán atenderse as peticións deses colectivos cando nos seus proxectos ou actividades xustifiquen que a súa solicitude responde a situacións de índole social ou humanitaria. Terceira. Tipo de accións a subvencionar: 1. Proxectos ou actividades desenvolvidos polas entidades de iniciativa social que se identifiquen con unha ou máis das seguintes circunstancias sociais: - Apoiar axudas dirixidas a asegurar a continuidade de intervencións favorecedoras do desenvolvemento integral (físico, mental, intelectual, sensorial e social) dos diferentes colectivos. - Prover de axudas que favorezan a integración social, isto é, que proporcionen os medios e os recursos necesarios para que as persoas participen con normalidade na comunidade (contorna habitual). - Atender as necesidades básicas como a adquisición de produtos de primeira necesidade, farmacéuticos e doutro tipo, ou servizos que sexan considerados como imprescindibles para o normal desenvolvemento da vida diaria, sempre que non teñan o carácter de gastos de investimento. 2. Bolsas de axuda para contribuír a paliar os gastos correntes de entidades que teñen actividades con continuidade durante todo o ano. As entidades de iniciativa social poderán presentar unha única solicitude e optarán á subvención de proxectos de servizos sociais ou á bolsa de axuda. Cuarta. Financiamento: A contía prevista para esta convocatoria de subvencións, con cargo á aplicación 15/232.2313.480.02 do Orzamento xeral da Deputación para o ano 2015 ascende a catrocentos cincuenta mil euros (450.000,00€), que representa o máximo de obrigas que se pode adquirir con cargo a esta convocatoria mentres non se amplíe o crédito da aplicación. 1. As subvencións concedidas para proxectos de servizos sociais poderán ter unha contía máxima de seis mil euros (6.000,00 €). A determinación da contía de cada subvención será acordada pola Xunta de Goberno tras a proposta previa da Comisión de valoración, de acordo cos criterios establecidos na base oitava. Como regra xeral o importe máximo da subvención para cada proxecto non poderá exceder o 70 % do seu orzamento. En casos excepcionais, tendo en conta a necesidade e o interese deste, poderá concederse ata o 100 % do custo total. 2. As bolsas de axuda terán unha cantidade fixa de mil euros (1.000,00 €), agás en caso de que a xustificación dos gastos sexa por un importe inferior, o que repercutirá no importe da subvención. Para optar a estas bolsas será preciso presentar unha breve memoria anual na que se demostre a actividade diaria e continuada da entidade. Tamén será obrigatorio ter persoal contratado, cando menos, durante un período de 6 meses durante o exercicio 2015; para acreditarse será preciso presentar o contrato de traballo e, no momento da xustificación, as nóminas ou impresos TC2 da persoa ou persoas contratadas para o desenvolvemento de tarefas propias da entidade na que presta os seus servizos. Os gastos de persoal non serán computables para a xustificación das bolsas de axuda. Quinta. Compatibilidade das subvencións: 1. As subvencións ás que se refire esta convocatoria son compatibles coa percepción doutras subvencións, axudas ou ingresos para a mesma finalidade, procedentes de calquera das administracións e entes públicos ou privados, pero en ningún caso o conxunto das axudas recibidas poderá superar o 100 % do custo da actividade ou proxecto subvencionado. 2. As actuacións que sexan subvencionadas de acordo co establecido nesta convocatoria non poderán obter outra subvención polo réxime de concesión directa nin serán compatibles con outras concedidas por outros servizos do organismo provincial para a mesma finalidade no exercicio 2015. Sexta. Solicitudes e documentación: 1. As solicitudes formalizaranse nos modelos normalizados que se facilitarán no Rexistro xeral da Deputación, no Rexistro da Sede de Vigo ou na páxina web da institución provincial (www.depo.es). 2. As solicitudes (anexo I) deberán ir acompañadas da seguinte documentación: 2.1. Proxectos ou actividades: - Documento que acredite a personalidade xurídica do solicitante (fotocopia compulsada do DNI). - Acreditación do cargo do representante legal da entidade (modelo 230.036). - Copia cotexada da tarxeta de identificación fiscal da entidade (CIF). - Proxecto que se vai realizar, asinado polo representante. - Orzamento do proxecto, detallado e asinado. - Declaración de axudas (modelo 230.008). - Declaración responsable sobre as obrigas tributarias (anexo II). - Certificación orixinal dos datos bancarios ou copia cotexada, co nome da entidade peticionaria - Certificado de inscrición no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Xunta de Galicia. 2.2. Bolsas de axudas: Ademais da documentación recollida no punto anterior, deberanse presentar: - Unha memoria breve anual das actividades que se desenvolven na entidade, detallando o número de participantes. - Contratos de traballo do persoal da entidade. 3. Se a solicitude non reunise os datos esixidos ou calquera dos previstos no art. 70 da Lei 30/92, de 26 de novembro, requiriráselle ó interesado que nun prazo de 10 días hábiles emende as faltas ou presente os documentos preceptivos. 4. Transcorrido o prazo sen que a solicitude fose emendada, e previa comunicación da Deputación (de acordo co establecido no art. 42 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común), terase por desistida a solicitude. Sétima. Lugar e prazo de presentación: 1) O prazo de presentación das solicitudes será ata o 2 de febreiro de 2015. 2) As solicitudes presentaranse no Rexistro xeral ou en calquera das oficinas de rexistro da institución provincial que se detallan na seguinte táboa: Denominación Enderezo Horario Rexistro xeral Pazo Deputación Provincial Avenida de Montero Ríos s/n Pontevedra Luns a venres, de 8:30 a 14:30h e de 17:30 a 19:00h Sábados, de 9:00 a 13:00h Rexistro Sede de Vigo Rúa Oporto nº3 Vigo Luns a venres, de 9:00 a 14:00h Rexistro ORAL en Pontevedra Avda. de Marín nº9 baixo Pontevedra Luns a venres, de 9:00 a 14:00h Rexistro ORAL en Arbo Rúa Luis Cubelas, 2 Arbo Mércores, de 9:00 a 13:30 h Rexistro ORAL en Bueu Eduardo Vicenti, 8 Bueu Luns e xoves, de 8:30 a 14:30 h Rexistro ORAL en Caldas de Reis Rúa José Salgado, 19 Caldas de Reis Luns a venres, de 9:00 a 14:00 h Rexistro ORAL en Cambados Rúa Ourense, 8 Cambados Luns a venres, de 9:00 a 14:00 h Rexistro ORAL en Cangas Rúa Castelao s/n - Edif. Concello Cangas Luns a venres, de 8:30 a 14:30 h Rexistro ORAL A Cañiza Rúa Progreso – Edif. Xulgados A Cañiza Martes e xoves, de 9:00 a 13:30 h Rexistro ORAL Crecente Rúa Solis Ruíz, 5 Crecente Venres, de 9:00 a 13:30 h Rexistro ORAL O Covelo Praza do Maestro Cerviño, 2 O Covelo Luns, de 9:00 a 13:30 h Rexistro ORAL na comarca do Deza Praza Galicia, 1 (Edif. Castro Tecnolóxico) Lalín Luns a venres, de 9:00 a 14:00 h Rexistro ORAL na comarca do Val Miñor Rúa Damas Apostólicas, 1 Nigrán Luns a venres, de 9:00 a 14:00 h Rexistro ORAL A Estrada Avenida Benito Vigo, 47 baixo A Estrada Luns a venres, de 9:00 a 14:00 h Rexistro ORAL en Moaña Rúa Almansa, 7 Moaña Luns a venres, de 8:30 a 14:30 h Rexistro ORAL en As Neves Praza de Cristiandade, 1 As Neves Venres, de 9:00 a 13:30 h Rexistro ORAL en Ponteareas Rúa Daniel Ojea, baixo Ponteareas Luns a venres, de 9:00 a 14:00 h Rexistro ORAL en Ponte Caldelas Avda. Galicia, 17 – Edificio Concello Ponte Caldelas Venres, de 9:00 a 13:30 h Rexistro ORAL en O Porriño Rúa O Pinar, 5 O Porriño Luns a venres, de 9:00 a 14:00 h Rexistro ORAL en O Rosal Praza do Calvario, 1 – Edif. Concello O Rosal Martes e xoves, de 9:00 a 14:00 h Rexistro ORAL en Sanxenxo Rúa Carlos Casas, 8 Sanxenxo Luns a venres, de 9:00 a 14:00 h Rexistro ORAL en Tomiño Praza do Seixo s/n Tomiño Primeiro e último mércores de mes, de 9:00 a 13:30 h Rexistro ORAL en Tui Rúa Coruña, 26 Tui Luns a venres, de 9:00 a 14:00 h Rexistro ORAL en Vilanova de Arousa Rúa Cruceiro, 26 Vilanova de Arousa Luns a venres, de 9:00 a 14:00 h Igualmente, as solicitudes poderanse presentar en calquera das formas previstas no art. 38.4. da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. En caso de enviarse por correo postal (ó rexistro da Deputación) este deberá ser certificado, co selo de Correos no formulario da solicitude para garantir que a data de remisión está incluída no prazo de presentación de solicitudes da orde de convocatoria. Oitava. Valoración e criterios de concesión: A valoración e o baremo das solicitudes presentadas e admitidas a trámite realizarase en réxime de concorrencia competitiva. Cada proxecto poderá ser valorado cun máximo de 100 puntos, consonte ós seguintes criterios e ás valoracións correspondentes: 1. Proxecto e adecuación das actividades ás necesidades e demandas (obxectivos, contido técnico, metodoloxía e recursos), segundo o establecido na cláusula 3, ata un máximo de 25 puntos. 2. Tipoloxía das necesidades atendidas polo proxecto; priorizaranse aqueles encamiñados á atención de carácter básico e terase en conta, ademais, o déficit de proxectos análogos no ámbito territorial de actuación da entidade solicitante, ata un máximo de 25 puntos. 3. Incidencia social do proxecto ou da actividade proposta: número de persoas beneficiarias, impacto das actuacións sobre o territorio da provincia, número de socios, voluntarios e equipo profesional, ata un máximo de 20 puntos. 4. Alcance xeográfico do proxecto ou da actividade: ámbito local, comarcal ou provincial, ata un máximo de 15 puntos. 5. Continuidade, complementariedade e coordinación do proxecto con outros recursos, ata un máximo de 10 puntos. 6. Esforzo económico da entidade solicitante, en termos de autofinanciamento do proxecto, ata un máximo de 5 puntos. Novena. Procedemento de concesión dos proxectos: A instrución do procedemento de concesión de subvencións correspóndelle ó Servizo de Servizos Sociais, que realizará de oficio cantas actuacións estime necesarias para a determinación, o coñecemento e a comprobación dos datos en virtude dos cales se debe formular a proposta de resolución, de conformidade co previsto no art. 24 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. A composición da Comisión será a seguinte: Presidente: -A Deputada Presidenta da Comisión informativa de Servizos Sociais e Promoción de Emprego. Vogais: -O Coordinador xeral do Centro Príncipe Felipe ou o funcionario en quen delegue. -A técnica responsable do programa. Secretario: -Actuará como secretario, sen voto, un funcionario do Servizo de Servizos Sociais e Promoción de Emprego. A comisión de valoración procederá ó exame e ó estudo das solicitudes de subvencións presentadas, conforme ós criterios sinalados anteriormente. A comisión poderá solicitar, motivadamente, os informes que estime necesarios para resolver as peticións. Así mesmo, poderá excluír da valoración as entidades que, de conformidade coa documentación presentada, sexan cualificadas como tecnicamente insolventes ou soliciten axudas para a realización de proxectos ou actividades inviables ou economicamente non xustificadas. O procedemento ordinario de concesión das axudas é o de concorrencia competitiva. Non obstante, ó longo do exercicio orzamentario poderanse resolver as solicitudes que por circunstancias novas e imprevisibles ou por causas excepcionais en que se acrediten razóns de interese público, social e económico ou humanitario ou outras debidamente xustificadas, non se puidesen presentar no prazo sinalado, reservando para estes efectos a Presidencia ata un 20% do crédito total destes proxectos para a súa concesión directa, tal e como se establece no artigo 22.2.c da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, e na base 25.3ª de execución do Orzamento provincial vixente. A comisión, unha vez avaliadas as solicitudes, á vista da dispoñibilidade orzamentaria e de acordo cos criterios de valoración previstos na convocatoria, realizará un informe no que se concretará o resultado da valoración efectuada, a relación das entidades solicitantes para as que se propón a concesión da subvención coa súa contía e, no caso das excluídas, o motivo de exclusión. As propostas de concesión de subvencións someteranse á aprobación da Xunta de Goberno, que é o órgano competente. A resolución do procedemento notificaráselles ós interesados conforme ó previsto no art. 58 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Transcorridos seis meses a partir do día seguinte ó do remate do prazo de presentación da solicitude sen que se lles notifique a resolución lexitima ós interesados considerarase desestimada, por silencio administrativo, a solicitude de subvención. Décima. Modificación da resolución: Tal como establece o art. 64 do Regulamento da Lei xeral de subvencións (R. d. 887/2006, de 21 de xullo), unha vez notificada a resolución da concesión, despois da solicitude razoada, o beneficiario da subvención poderá solicitar a modificación do seu contido sempre que se manteña a finalidade da subvención, que se poderá autorizar cando non se danen dereitos de terceiros. Esta solicitude de modificación deberá presentarse no prazo dun mes desde a notificación da concesión e será obxecto de resolución da Presidencia, logo da proposta previa da Comisión avaliadora, que deberá ter en conta as seguintes circunstancias: - Se o orzamento da nova actividade é superior ou igual ó orzamento subvencionado inicial manteranse as condicións da subvención concedida: o seu importe e o orzamento subvencionado. - Se o orzamento da nova actividade é inferior ó orzamento subvencionado inicial a reformulación será automática e o orzamento obxecto da xustificación será o resultante de dividir o importe outorgado entre o coeficiente de financiamento da solicitude. - Só se permitirá un único cambio de aplicación ou modificación da subvención concedida, que deberá estar suficientemente motivada e formularse con carácter inmediato á aparición das circunstancias que a xustifiquen e, en todos os casos, con anterioridade ó momento en que finalice o prazo de execución do proxecto ou actividades subvencionadas. Este deberá realizarse durante o ano 2015, tal e como se recolle no artigo 64.2. do Regulamento da Lei xeral de subvencións (R. d. 887/2006, de 21 de xullo). Décimo primeira. Xustificación: 1. Unha vez notificada a aprobación das axudas concedidas e realizada a actividade ou o investimento os beneficiarios deberán de xustificalas antes do 30 de xaneiro de 2016. 2. De se produciren circunstancias imprevistas que lles impidan ós beneficiarios rematar ou xustificar en prazo os proxectos ou actividades, este poderá solicitar unha prórroga. A prórroga deberá presentarse antes do remate do prazo de xustificación da subvención (art. 49 da Lei 30/1992). O órgano competente poderá outorgar unha ampliación do prazo de xustificación que non exceda da metade do prazo inicial, e sempre que con iso non se prexudiquen dereitos de terceiro ( art. 70 RLXS). 3. Os gastos xustificados deberán axustarse ós conceptos establecidos no orzamento inicial, sen aboar máis có importe xustificado co límite da subvención concedida. 4. Para cobrar a axuda concedida as entidades deberán estar ó corrente das súas obrigas coa Deputación, situación que determinará de oficio a propia institución provincial a través do Servizo de Intervención. 5. As entidades beneficiarias someteranse ós procedementos de control ou auditoría que realice o Servizo de Intervención da Deputación, polos seus propios medios ou a través de empresas colaboradoras. Como resultado deste procedemento poderase esixir responsabilidade administrativa. 6. Os beneficiarios das subvencións provinciais deben utilizar, con carácter xeral, formas de pagamento a terceiros que poidan acreditarse mediante un documento expedido por unha entidade financeira nos que quede identificado o beneficiario, o importe e a data de pagamento (tarxetas bancarias de crédito ou débito, talóns nominativos, transferencias bancarias, etc). Só excepcionalmente poderán utilizar o pagamento en metálico cando non sexa posible outra forma alternativa. O incumprimento desta disposición para algún gasto implicará que este se considere “non subvencionable”, sempre que dito gasto supere o importe de douscentos euros (200,00 €). 7. Para percibir a subvención concedida as entidades deberán presentar a seguinte documentación: 1) Facturas ou documentos análogos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo polo importe da subvención concedida, indicando en cada factura o número de unidades, os prezos unitarios destas e o custo total de cada unha. 2) Conta xustificativa dos gastos polo importe total do orzamento presentado pola entidade na que se determinará o custo ou o gasto total da finalidade subvencionada detallando as facturas ou documentos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo, na que se poña de relevo que os gastos que figuran na conta xustificativa se aplicaron á finalidade para a que foi concedida a axuda. Indicarase que o resto dos xustificantes da conta se encontran no domicilio da entidade beneficiaria a disposición da Deputación para o seu exame, tal e como se establece na base 25.8ª.2.c das de execución do vixente orzamento provincial. 3) Memoria xustificativa do cumprimento das condicións establecidas na solicitude de subvención, con indicación das actividades ou investimentos realizados e dos resultados obtidos, debidamente asinada. Décimo segunda. Pagamento: 1. Para pagar a subvención terase en conta: - No caso de que se xustifique o gasto polo 100 % do orzamento subvencionado aboarase a totalidade da subvención. - No caso de que se xustifique un gasto inferior ó 100 % aboarase a parte proporcional da subvención. 2. O pagamento da subvención efectuarase por transferencia á conta bancaria indicada pola entidade. 3. Os beneficiarios aboarán os gastos que figuren na conta xustificativa preferiblemente antes da presentación da xustificación da subvención pero, en todo caso, no prazo máximo dun mes desde a súa percepción. Décimo terceira. Incumprimento: Despois de vencer o prazo de xustificación sinalado na base décimo primeira ou, se for o caso, o establecido na prórroga, sen que a entidade beneficiaria presentase a documentación xustificativa, o Servizo de Servizos Sociais requiriralle que a presente no prazo improrrogable de 15 días. Neste requirimento notificarase que incorreu nunha infracción leve, tipificada no artigo 56.a da Lei de Subvencións, que leva consigo unha multa de 75,00 a 900,00 €. Do mesmo xeito, en caso de presentación incompleta ou defectuosa, o beneficiario só terá un período de emenda de 10 días. A falta de presentación da documentación neste prazo suporá a perda da subvención e demais responsabilidades previstas na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. Décimo cuarta. Devolución e reintegro: As axudas concedidas deberán devolvelas ou reintegralas nos seguintes casos: 1. Ó obtelas falseando as condicións requiridas. 2. Ó non as aplicar para os fins para os que foron concedidas. 3. Ó incumprir o beneficiario as obrigas asumidas e as condicións fixadas nestas bases. Décimo quinta. Xurisdición aplicable: Contra estas bases e as resolucións administrativas que se adopten na súa execución poderá interpoñerse un recurso de reposición ante o órgano que a ditou no prazo dun mes. Entenderase desestimado se transcorre outro sen contestar; neste caso poderá interpoñerse un recurso contencioso-administrativo ante o xulgado correspondente, como se prevé no art. 8 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses. Contra esta resolución tamén poderá interpoñerse directamente este recurso contencioso-administrativo no prazo indicado. En todos os casos os prazos contaranse a partir do día seguinte ó da recepción da correspondente notificación ou da data na que o recurso de reposición se entende desestimado. Décimo sexta. Dereito supletorio: Para o non disposto nesta convocatoria contemplarase o establecido nas Bases de execución do Orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2015 e na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, e demais lexislación de desenvolvemento.” 18.22927.- PRÓRROGA DE BOLSAS DO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL 2014 EN EMPRESAS DO SECTOR TURÍSTICO DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA No Boletín Oficial da Provincia Nº 97, de data 22 de maio do 2014, publicáronse as bases reguladoras da convocatoria de 30 bolsas de práctica laboral en empresas do sector turístico da Provincia de Pontevedra destinadas a titulados universitarios e de formación profesional, segundo os casos, sen experiencia laboral previa, coa finalidade de promover e completar a súa formación en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa incorporación ó mercado laboral. Por acordo adoptado na Xunta de Goberno número 25.22254, en sesión celebrada o 27 de xuño de 2014, adxudicáronse 24 bolsas de práctica laboral en empresas do sector turístico da Provincia de Pontevedra. Na Base novena da Convocatoria establécese que, “As bolsas terán unha duración de tres meses, contados dende a data na que a persoa adxudicataria comece o seu labor na empresa correspondente, e poderán ser prorrogadas por outros tres meses si o volume da de actividade da empresa así o xustifica, podendo incluso en casos excepcionais ampliarse a un ano por acordo da Xunta de Goberno, cumprindo o disposto na cláusula décima destas bases e sempre que exista dotación orzamentaria. En caso de urxencia poderá prorrogarse por Resolución Presidencial dando conta á Xunta de Goberno.” Por acordo adoptado na Xunta de Goberno número 14.22571, en sesión celebrada o 26 de setembro de 2014, aprobouse a prórroga de ditas bolsas por tres meses. Dado que o período de prórroga remata o 31 de decembro de 2014 as empresas, mediante informe, solicitan a ampliación das bolsas ata cumprir o ano, debido ó volume de actividade. Á vista dos informes de solicitude de prórroga presentados, en cumprimento do disposto na dita base décima, procede a prórroga das bolsas que se relacionan no Anexo I, con efectos 1 de xaneiro de 2015 e ata a data que no mesmo se determina. Con todo o exposto, en virtude das competencias conferidas polos artigos 35.2.b da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e artigo 105 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de administración local de Galicia e demais normativa de concordante aplicación, considerando o informe de Intervención de data 11 de decembro, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prorrogar as bolsas concedidas ós bolseiros que se relacionan no Anexo I, con efectos do 1 de xaneiro de 2015 e ata a data que no mesmo se determina. A dotación económica das bolsas determinada polo nivel de titulación ascende a un total de 800,00 €/mes por beneficiario para os titulados universitarios, 700,00 €/mes por beneficiario para os ciclos superiores de formación profesional, o que supón para o ano 2015, un total de 55.800,00 €, sendo o custo da Seguridade Social a cota que se fixe na Orde de Cotización á Seguridade Social para o ano 2015. Estas cantidades imputaranse ás aplicacións orzamentarias que resulten da incorporación dos remanentes de crédito do exercicio 2014. Dito anexo é como segue: Nª Exp. 1º apelido 2º apelido Nome Titulacións Empresa Importe Data inicio/Data fin 1 T2 Alonso Priegue Marina Ciclo superior en dirección de cociña Camilo Garrido Corbal (La Fuga de Blas) 700,00 € 01.01.2015/30.06.2015 2 T1 Cajiao Ferreira Marta Ciclo superior en axencias de viaxes e Xestión de Eventos Viajes 365 Días,S.L.U. (Agencia de viajes) 700,00 € 01.01.2015/30.06.2015 3 T4 Castro Trinidad Alba Ciclo superior en guía, información e asistencia turísticas Cooperativa Vitivinícola Arousana sociedad cooperativa galega 700,00 € 01.01.2015/30.06.2015 4 T5 Da Rocha Rodríguez Pedro Ciclo superior en organización do mantemento de maquinario de buques e embarcacións Nauta Sanxenxo S.L. 700,00 € 01.01.2015/30.06.2015 5 T2 Durán Gómez Borja Ciclo superior en dirección de cociña Rocio Espiñeira Carnoto- Restaurante Recorcho 700,00 € 01.01.2015/30.06.2015 6 T7 Fernández Coloret Emma Diplomatura, grao en turísmo/ empresas actividades turísticas Naviera Illa de Ons, S.L. 800,00 € 01.01.2015/30.06.2015 7 T7 Fernández García Liliana Diplomatura, grao en turísmo/ empresas actividades turísticas Viajes Illa de Ons, S.L.U. 800,00 € 01.01.2015/30.06.2015 8 T1 García Garrido Leticia Ciclo superior en axencias de viaxes e xestión de eventos Portales Verticales, S.L. (Portal de reservas turísticas) 700,00 € 01.01.2015/30.06.2015 9 T4 García Mouriño Silvia Ciclo superior en guía, información e asistencia turísticas Luis Angel Gomez Suarez (Corticata turismo medioambiental) 700,00 € 01.01.2015/30.06.2015 10 T1 Mathieu Gómez Tamara Esther Ciclo superior en axencias de viaxes e xestión de eventos Viajes Turistours S.L. 700,00 € 01.01.2015/30.06.2015 11 T1 Pérez Pérez Vanesa Ciclo superior en axencias de viaxes e xestión de eventos Antonio Y Eva C.B. - Halcon Viajes Ponteareas 700,00 € 01.01.2015/30.06.2015 12 T1 Reboredoo Riadigos Natalia Ciclo superior en axencias de viaxes e xestión de eventos Viajes Turiplanet 700,00 € 01.01.2015/30.06.2015 13 T6 Sineiro Castrelo Ricardo Ciclo superior en xestión de aloxamentos turísticos Hotel a Maquia : Garrido Torres,Mªangeles,S.L.N.E. 700,00 € 01.01.2015/30.06.2015 19.22928.- FINALIZACIÓN DUNHA BOLSA DE PRÁCTICA LABORAL EN EMPRESAS POR RENUNCIA DO BOLSEIRO ÓSCAR BALDONEDO CRESPO NA EMPRESA PREFABRICADOS FARO, S.L. 1º.- Por acordo aprobado na Xunta de Goberno celebrada o 27 de decembro de 2013 adxudicáronse as bolsas correspondentes ó Plan de práctica laboral en empresas do sector privado, por número de expediente, titulación, candidato seleccionado e empresa de destino, con efectos de 30 de decembro de 2013 e por un período de seis meses, prorrogables por outros seis. 2º.- O pasado 30 de decembro de 2013 iniciou as súas prácticas laborais do expediente E-34 da titulación Ciclo Superior en Mecatrónica Industrial o bolseiro Óscar Baldonedo Crespo na empresa Prefabricados Faro, S.L 3º.- Con data 14 de decembro de 2014 dito bolseiro presenta escrito solicitando a súa renuncia a continuar participando no Plan de práctica laboral con efectos do 15 de decembro de 2014 por incorporación a un posto de traballo. 4º.- A base décimo primeira da convocatoria das bases, establece que daranse por finalizadas as prácticas do bolseiro cando concorra entre outras causas a renuncia voluntaria por parte do bolseiro. A renuncia implicará a perda dos dereitos formativos e económicos que puideran corresponderlle. Por todo ó exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, dar por finalizadas as prácticas do bolseiro Óscar Baldonedo Crespo na empresa Prefabricados Faro, S.L con efectos do día 15 de decembro de 2014. 20.22929.- FINALIZACIÓN DUNHA BOLSA DE PRÁCTICA LABORAL EN EMPRESAS POR RENUNCIA DO BOLSEIRO FELIPE GONZÁLEZ VILARÍN NA EMPRESA DINAK, S.A. Por acordo aprobado na Xunta de Goberno celebrada o 27 de decembro de 2013 adxudicáronse as bolsas correspondentes ó Plan de práctica laboral en empresas do sector privado, por número de expediente, titulación, candidato seleccionado e empresa de destino, con efectos de 30 de decembro de 2013 e por un período de seis meses, prorrogables por outros seis. O pasado 30 de decembro de 2013 iniciou as súas prácticas laborais do expediente E-64 da titulación Enxeñería Industrial, o bolseiro Felipe González Vilarín na empresa Dinak, S.A. Con data 11 de decembro de 2014 dito bolseiro presenta escrito solicitando a súa renuncia a continuar participando no Plan de práctica laboral con efectos do 11 de decembro de 2014 por incorporación a un posto de traballo na mesma empresa onde está realizando a práctica. A base décimo primeira da convocatoria das bases, establece que daranse por finalizadas as prácticas do bolseiro cando concorra entre outras causas a renuncia voluntaria por parte do bolseiro. A renuncia implicará a perda dos dereitos formativos e económicos que puideran corresponderlle. Por todo ó exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, dar por finalizadas as prácticas do bolseiro Felipe González Vilarín na empresa Dinak, S.A. con efectos do día 11 de decembro de 2014. 21.22930.- FINALIZACIÓN DUNHA BOLSA DE PRÁCTICA LABORAL EN EMPRESAS POR RENUNCIA DA BOLSEIRA NATALIA OTERO PAZOS NA EMPRESA CONTIGO GALICIA, S.L.U. 1º.- Por acordo aprobado na Xunta de Goberno celebrada o 26 de setembro de 2014 adxudicáronse as bolsas correspondentes ó Plan de práctica laboral en empresas do sector privado 2014, por número de expediente, titulación, candidato seleccionado e empresa de destino, con efectos de 1 de outubro de 2014 e por un período de seis meses, prorrogables por outros seis. 2º.- O pasado 1 de outubro de 2014 iniciou as súas prácticas laborais do expediente P-047 diplomatura/grao en terapia ocupacional, a bolseira Natalia Otero Pazos na empresa Contigo Galicia, S.L.U. 3º.- Con data de 10 de decembro de 2014 dita bolseira presenta escrito solicitando a súa renuncia a continuar participando no Plan de práctica laboral con efectos do 12 de decembro de 2014, manifestando que o motivo da súa renuncia é por unha oferta de traballo. 4º.- A base décimo primeira da convocatoria das bases, establece que daranse por finalizadas as prácticas do bolseiro cando concorra entre outras causas a renuncia voluntaria por parte do bolseiro. A renuncia implicará a perda dos dereitos formativos e económicos que puideran corresponderlle. Por todo ó exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, dar por finalizadas as prácticas da bolseira Natalia Otero Pazos na empresa Contigo Galicia, S.L.U. con efectos do día 12 de decembro de 2014. 22.22931.- FINALIZACIÓN DUNHA BOLSA DE PRÁCTICA LABORAL EN EMPRESAS POR RENUNCIA DO BOLSEIRO ANTÓN PÉREZ RIVADA NA EMPRESA NORFORMACIÓN, S.L. Por acordo aprobado na Xunta de Goberno celebrada o 27 de decembro de 2013 adxudicáronse as bolsas correspondentes ó Plan de práctica laboral en empresas do sector privado, por número de expediente, titulación, candidato seleccionado e empresa de destino, con efectos de 30 de decembro de 2013 e por un período de seis meses, prorrogables por outros seis. O pasado 30 de decembro de 2013 iniciou as súas prácticas laborais do expediente E-70 da titulación Enxeñería Técnica en Informática de xestión, o bolseiro Antón Pérez Rivada na empresa Norformación, S.L. Con data 11 de decembro de 2014 dito bolseiro presenta escrito solicitando a súa renuncia a continuar participando no Plan de práctica laboral con efectos do 11 de decembro de 2014 por incorporación a un posto de traballo. A base décimo primeira da convocatoria das bases, establece que daranse por finalizadas as prácticas do bolseiro cando concorra entre outras causas a renuncia voluntaria por parte do bolseiro. A renuncia implicará a perda dos dereitos formativos e económicos que puideran corresponderlle. Por todo ó exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade dar por finalizadas as prácticas do bolseiro Antón Pérez Rivada na empresa Norformación, S.L. con efectos do día 11 de decembro de 2014. 23.22932.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 24.22933.- MODIFICACIÓN DO INVESTIMENTO DENOMINADO “MELLORA DE CAMIÑO NO LUGAR DE OUTEIRO-COVAS NO ENTORNO DA POUSADA DE MEAÑO”, INCLUÍDO NO PLAN URXENTE DE MANTEMENTO DE SERVIZOS E INFRAESTRUTURAS MUNICIPAIS 2014 (PUSIM/14) Resultando que, con data 12 de decembro de 2014, a Xunta de Goberno da Deputación (acordo núm.2.22885) concedeu ó Concello de Meaño unha subvención por importe de 98.780,52 €, polo procedemento de concesión directa, con cargo á aplicación 2014/942.942.762.45 do PUSIM/14 para o financiamento do investimento denominado “Mellora de camiño no lugar de Outeiro-Covas no entorno da Pousada de Meaño”, cuxo orzamento ascendía a 197.561,03 €, polo que o Concello tiña que cofinanciar o importe restante, é dicir, de 98.780,51 €. Dada conta da existencia de crédito na aplicación 2014/942.942.762.45 e considerando a necesidade de realizar a referida obra que se considera imprescindible para prestar os servizos públicos básicos que contribúen a satisfacer as necesidades e aspiracións da comunidade veciñal. En virtude das competencias que lle confiren os artigos 35 e 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, e 30 do R.d.l. 781/86, de 18 de abril, da Base 16.2 das de execución dos Orzamentos Provinciais e a restante normativa local vixente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Modificar o financiamento do investimento (Ref.:PUSIM/14/00978/201400353) “Mellora de camiño no lugar de Outeiro-Covas no entorno da Pousada de Meaño” e conceder ó Concello de Meaño con CIF núm. P3602700A, a cantidade de cento oito mil setecentos oitenta euros con cincuenta e dous céntimos (108.780,52 €), en lugar dos 98.780,52 € previstos inicialmente, para a realización do citado investimento, polo que o concello achegará con cargo ós seus propios fondos o importe restante, é dicir, de 88.780,51 €. - O resto do acordo núm.2.22885 do 12 de decembro de 2014 permanecerá invariable. 25.22934.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DO GROVE PARA A REALIZACIÓN DO INVESTIMENTO DENOMINADO “CENTRO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E DIVULGACIÓN DA CARPINTERÍA DE RIBEIRA”, INCLUÍDO NO PLAN URXENTE DE MANTEMENTO DE SERVIZOS E INFRAESTRUTURAS MUNICIPAIS 2014 (PUSIM/14) Dada conta do proxecto básico e de execución do Centro de investigación, desenvolvemento e divulgación da carpintería de Ribeira, sendo o obxecto do mesmo a construción dun centro multifuncional que albergue actividades e exposicións relacionadas con estes traballos e que ó mesmo tempo acolla os eventos culturais e sociais que xorden día a día no concello. Vista a solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención; visto o informe dos servizos técnicos provinciais de supervisión e comprobación do proxecto do investimento proposto; visto o informe de fiscalización de intervención do expediente de subvención; vista a proposta de resolución do Servizo de Cooperación, segundo o cal, coas salvidades sinaladas, procede a confirmación de subvención para financiar o investimento proposto polo concello. Visto, asemade, o informe do arquitecto redactor do proxecto segundo o cal é posible a execución do investimento en tres fases, constituíndo cada unha delas unha unidade funcional susceptible dun aproveitamento por separado. E en virtude das competencias que lle confiren os artigos 35 e 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, 30 do R.d.l. 781/86, de 18 de abril, e 16.2 das Bases de execución dos Orzamentos provinciais e a restante normativa local vixente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó Concello do Grove con CIF núm. P3602200B, a cantidade de catrocentos cincuenta mil euros (450.000,00 €), dos cales 90.000,00 € foron outorgados nominativa e directamente con cargo ó crédito reservado á concesión directa no PUSIM/14, para a realización do investimento (Ref.: PUSIM/14/00919/201400306), denominado “Centro de investigación, desenvolvemento e divulgación da carpintería de ribeira”, cuxo orzamento para a primeira fase ascende a 900.000,00 €. Non obstante sinalar que, a construción deste centro está proxectada sobre un espazo que pertence a Portos de Galicia, estando pendente de resolución a correspondente concesión administrativa; a súa vez, o Concello achega un orzamento relativo a 1ª fase que se estima suficiente para describir e valorar o custe da unidade funcional que se pretende realizar, pero non é adecuado para a súa execución e certificación dado que os orzamentos parciais números 13, 14, 15 e 16 non se atopan analizados en prezos individuais como sería desexable. - Por todo isto, a eficacia desta subvención queda condicionada a que se resolvan os defectos advertidos no orzamento e a que se achegue o documento con valor probatorio que acredite a dispoñibilidade dos terreos precisos para a normal execución do investimento, acompañada da acta de trazado previo debidamente dilixenciada cos requisitos que lle dean validez e da certificación de aprobación do proxecto polo órgano competente do Concello; extremos este que deberán estar solventados, en todo caso, antes da execución e xustificación do investimento; de feito, non se librará o importe da subvención se non obra no expediente de concesión toda a documentación referida. - A subvención, contabilizarase con cargo á aplicación 2014/942.942.762.36 do Orzamento provincial na que existe crédito para afrontar este gasto. - A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do PUSIM/14, aprobadas en acordo plenario o 28 de febreiro de 2014 e publicadas no BOP núm. 44 do 5 de marzo de 2014 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións. - O investimento deberá estar executado e xustificado, na súa totalidade, o 31 de decembro de 2015. O incumprimento desta obriga poderá dar lugar á revogación da subvención concedida. 26.22935.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE RODEIRO PARA A REALIZACIÓN DO INVESTIMENTO DENOMINADO “PECHE PERIMETRAL DAS FACHADAS NORTE E LESTE DO CAMPO DE FÚTBOL DE RODEIRO”, INCLUÍDA NO PLAN URXENTE DE MANTEMENTO DE SERVIZOS E INFRAESTRUTURAS MUNICIPAIS 2014 (PUSIM/14) Resultando que o Concello de Rodeiro solicitou formalmente unha subvención con destino ó financiamento do investimento “Peche perimetral das fachadas Norte e Leste do Campo de Fútbol de Rodeiro”; vista a solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión de subvención con cargo á cantidade reservada á Presidencia para a súa concesión directa por libre disposición no Plan urxente de mantemento de servizos e infraestruturas municipais 2014 (PUSIM/14), e á vista dos informes do Servizo de Infraestruturas e da Intervención. En virtude das competencias que lle confiren os artigos 35 e 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, e 30 do R.d.l. 781/86, de 18 de abril, da Base 16.2 das de execución dos Orzamentos Provinciais e a restante normativa local vixente,a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó Concello de Rodeiro con CIF núm. P3604700I, a cantidade de sesenta mil catrocentos cincuenta e un euros con oitenta e oito céntimos (60.451,88 €), para a realización do investimento (Ref.: PUSIM/14/00925/201400357), denominado “Peche perimetral das fachadas Norte e Leste do Campo de Fútbol de Rodeiro”, cun orzamento polo mesmo importe, é dicir, de 60.451,88 €. - Esta subvención, contabilizarase con cargo á aplicación 2014/942.942.762.45 do Orzamento provincial para o presente exercicio 2014. - A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do PUSIM/14, aprobadas en acordo plenario o 28 de febreiro de 2014 e publicadas no BOP núm. 44 do 5 de marzo de 2014 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións - Asemade, ó abeiro da base décimo sexta do PUSIM/14, o investimento deberá estar executado e xustificado, na súa totalidade, o 31 de decembro de 2015. O incumprimento desta obriga poderá dar lugar á revogación da subvención concedida. 27.22936.- APROBACIÓN DA ADDENDA Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONSORCIO DE IGUALDADE E BENESTAR, O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO E A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA A CONSTRUCIÓN DUNHA ESCOLA INFANTIL NO CONCELLO DE SALVATERRA Dada conta da proposta de “Addenda ó Convenio de colaboración entre o Consorcio de Servizos de Igualdade e Benestar, o Concello de Salvaterra de Miño e a Deputación de Pontevedra para a construción dunha escola infantil no Concello de Salvaterra de Miño”, para prorrogar o seu prazo de execución. Á vista da documentación que obra no expediente e dos informes da Secretaría Xeral e da Intervención Provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar a “Addenda ó Convenio de colaboración entre o consorcio de servizos de igualdade e benestar, o Concello de Salvaterra de Miño e a Deputación de Pontevedra para a construción dunha escola infantil no Concello de Salvaterra de Miño”, cuxo teor literal di como segue: “ADDENDA POLA QUE SE PRORROGA O CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR, O CONCELLO DE SALVATERRA DO MIÑO E A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA A CONSTRUCIÓN DUNHA ESCOLA INFANTIL NO CONCELLO DE SALVATERRA DO MIÑO REUNIDOS Dunha parte, Dona Beatriz Mato Otero, Conselleira de Traballo e Benestar, en calidade de Presidenta do Consorcio Galego de Servizos da Igualdade e do Benestar segundo os estatutos que o regulan publicados no DOG do 7 de xullo de 2006. Doutra parte, Don Arturo Grandal Vaqueiro, actuando en representación do Concello de Salvaterra de Miño en virtude da súa condición de Alcalde Presidente da citada Corporación, segundo o disposto no artigo 21 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e no artigo 61 da Lei 5/1997 do 22 de xullo, de administración local de Galicia. E doutra, Don Rafael Louzán Abal, actuando en representación da Deputación de Pontevedra, en virtude da súa condición de Presidente da referida Deputación, segundo o disposto no artigo 34 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local. Todas as partes recoñécense a capacidade legal necesaria para subscribir a presente addenda e, con tal fin EXPOÑEN I.- Que con data de 18/03/2014 foi asinado o convenio entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, o Concello de Salvaterra do Miño e a Deputación de Pontevedra para a construción dunha escola infantil no Concello de Salvaterra do Miño. De conformidade co previsto na súa cláusula 7ª, o convenio está en vigor desde o día da súa sinatura, estendendo a súa vixencia ata o 31 de decembro de 2014, podendo ser prorrogado sempre que a súa finalidade non estea cumprida na data da súa finalización e o Ministerio de Educación autorice a prórroga do convenio asinado pola Xunta de Galicia para programa Educa3 2011. II.- Que co fin de darlle continuidade as actuacións iniciadas ao abeiro dos anteditos convenios, resulta necesaria a sinatura dunha addenda para a prórroga da vixencia do convenio asinado con data de 18/03/2014, permitindo a finalización da construción da escola infantil obxecto deste antes do 31 de marzo de 2015. Xa que logo, co fin de continuar o desenvolvemento do obxecto do convenio asinado con data de 18/03/2014, as partes acordan subscribir unha Addenda ao Convenio, de conformidade coa seguinte CLÁUSULA ÚNICA.- As partes acordan prorrogar o referido convenio ata o 31 de marzo de 2015, co fin de dar cumprimento ao seu obxecto, finalizando a construción da escola infantil do Concello. E para que así conste, en proba de conformidade, as partes asinan a presente addenda no lugar e data expresados. En Santiago de Compostela a 17 de decembro de 2014 A presidenta do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar O alcalde do Concello de Salvaterra de Miño Asdo. Beatriz Mato Otero Asdo. Arturo Grandal Vaqueiro O presidente da Deputación de Pontevedra Asdo. Rafael Louzán Abal” 2. Facultar ó presidente para a súa sinatura. 28.22937.- APROBACIÓN DA TERCEIRA ADDENDA Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN ASINADO ENTRE A ESCOLA DE ORGANIZACIÓN INDUSTRIAL E A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA O DESENVOLVEMENTO CONXUNTO DO PROXECTO “SMART DESTINATIONS PONTEVEDRA: MODELO DE VERTEBRACIÓN E ACTIVACIÓN DO TECIDO SOCIO ECONÓMICO DO TERRITORIO” O Consello Reitor do O.A.L. Turismo Rías Baixas, en sesión ordinaria celebrada o 21 de setembro de 2012, adoptou o acordo de aprobar o convenio de colaboración entre a Escola de Organización Industrial e o O.A.L. Turismo Rías Baixas para o desenvolvemento conxunto do proxecto “Smart Destinations Pontevedra: modelo de vertebración e activación do tecido socioeconómico do territorio”. O 24 de outubro de 2012 formalizouse o acordo entre as partes conveniantes. A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, en sesión ordinaria do 8 de febreiro de 2013 adoptou o acordo de aprobar a addenda ó convenio de colaboración entre a Escola de Organización Industrial e o O.A.L. Turismo Rías Baixas para o desenvolvemento conxunto do proxecto “Smart Destinations Pontevedra: modelo de vertebración e activación do tecido socioeconómico do territorio”, de modo que con efectos dende o 1 de xaneiro de 2013, a Deputación de Pontevedra subrógase en todos os dereitos e obrigas adquiridos polo Organismo Autónomo Local “Turismo Rías Baixas” que deriven do convenio de colaboración subscrito coa Escola de Organización Industrial. A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, en sesión ordinaria do 25 de outubro de 2013 adoptou o acordo de aprobar a addenda para prorrogar a vixencia do convenio por un período de trece meses, de maneira que a vixencia de mesmo esténdese ata o 31 de decembro de 2014. Esta segunda addenda foi asinada polas partes o 28 de outubro de 2013. Fundamentos xurídicos e técnicos: A cláusula oitava do mencionado convenio de colaboración, na cláusula oitava establece que o prazo de vixencia será dende a data da súa firma ata o día 30 de novembro de 2013 e que poderá prorrogarse por acordo expreso de ambas partes, por períodos anuais ata un máximo de dous anos, é dicir, ata novembro de 2015, se achega económica a maiores. É vontade das dúas partes prorrogar a vixencia do convenio de colaboración. Vistos os informes favorables que se atopan no expediente. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar a terceira addenda ó convenio de colaboración asinado entre a Escola de Organización Industrial e a Deputación de Pontevedra para o desenvolvemento conxunto do proxecto “Smart Destinations Pontevedra: modelo de vertebración e activación do tecido socioeconómico do territorio”, cuxo texto é como segue: “ADDENDA AL CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE LA FUNDACIÓN EOI Y LA DIPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA EL DESARROLLO CONJUNTO DEL PROYECTO “SMART DESTINATIONS PONTEVEDRA: MODELO DE VERTEBRACIÓN Y ACTIVACIÓN DEL TEJIDO SOCIOECONÓMICO DEL TERRITORIO” Madrid, ……. de …….. de 2014 REUNIDOS De una parte, Don Fernando Bayón Mariné, Director General de la Fundación EOI, actuando, en virtud de los poderes conferidos por el Patronato, en nombre y representación de la Fundación EOI (en adelante EOI), con CIF G-81718249 y domicilio social en Avenida Gregorio del Amo 6, 28040 Madrid. De otra parte, Don Rafael Louzán Abal, Presidente de la Diputación Provincial de Pontevedra, actuando, en ejercicio de las facultades conferidas, en nombre y representación de Excma. Diputación Provincial de Pontevedra, (en Diputación de Pontevedra), con CIF P3600000A, y domicilio social en el Pazo Diputación Provincial Avda. Montero Ríos, s/n - 36071 Pontevedra. Los firmantes, en la representación que ostentan, declaran tener la capacidad legal necesaria para formalizar este documento y, al efecto, EXPONEN I. Con fecha 24 de Octubre de 2012 se suscribió un Convenio de Colaboración entre EOI y el O.A.L. Turismo de Rias Baixas para el desarrollo conjunto del Proyecto “Smart Destinations Pontevedra: Modelo de vertebración y activación del tejido socioeconómico del territorio” en el marco de las acciones que ejecuta EOI dentro del Programa RISC que se encuentra incluido dentro del Programa Operativo CCI2007ES16UPO001, de Investigación, Desarrollo e Innovación por y para el beneficio de las Empresas - Fondo Tecnológico del Fondo Europeo de Desarrollo Regional, aprobado por Decisión de la Comisión de la Unión Europea de 7 de diciembre de 2007, en el cual actúa EOI como Organismo Intermedio y Beneficiario. Las actividades de EOI en este ámbito cuentan con financiación del Fondo Europeo de Desarrollo Regional y del Ministerio de Industria, Energía y Turismo. II. A partir del 1 de enero de 2013 la Diputación de Pontevedra se subrogó en los contratos celebrados por el O.A.L. Turismo de Rias Baixas que tuviesen vigencia en 2013 (Acuerdo publicado en el BOP nº130 de 6 de Julio de 2012 y BOP nº 178 de 14 de septiembre de 2012). III. Con fecha 28 de octubre de 2013 se firmó una addenda para prorrogar la vigencia del Convenio por un periodo de trece meses, de manera que la vigencia del mismo se extiende hasta el 31 de diciembre de 2014. IV. Ambas partes, de común acuerdo, han decidido modificar la vigencia del Convenio para un correcto desarrollo del Proyecto. Por ello, al amparo de lo estipulado en el citado Convenio, los comparecientes, en la representación que ostentan, suscriben la presente addenda a cuyo efecto, ACUERDAN CLAUSULA PRIMERA: EOI y la Diputación de Pontevedra acuerdan modificar la cláusula octava del citado Convenio relativa a la “Vigencia y Extinción”, Ampliando la Vigencia del mismo hasta el 31 de marzo De 2015. CLAUSULA SEGUNDA: El resto de cláusulas del Convenio suscrito el 24 de Octubre de 2012, permanecen inalterables y tendrán plena validez durante la vigencia de esta addenda. Y, en prueba de conformidad de cuanto antecede, firman este documento, por duplicado, en el lugar y fecha indicados. Por Fundación EOI Por la Diputación de Pontevedra Asdo.:Don Fernando Bayón Mariné Asdo.:Don Rafael Louzán Abal” 29.22938.- INFORME EN RELACIÓN COAS ESTRADAS PROVINCIAIS SOBRE MODIFICACIÓN PUNTUAL Nº2 DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE BARRO Dada conta da comunicación do Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Barro, de data 5 de setembro de 2014 (rexistro de entrada núm. 2014091926, de data 09/09/2014), pola que se remite Modificación Puntual nº 2 do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Barro, a efectos de informe por parte desta Deputación, en relación coas estradas provinciais, e Considerando o disposto no artigo 23,2, da Lei 8/2013, de 28 de xuño, de Estradas de Galicia, en relación coas estradas provinciais. Visto o informe do Director de Infraestruturas, de data 3 de decembro de 2014, no que manifesta: “1) El trazado del sistema general viario proyectado afecta a las carreteras provinciales: - E.P. 0506 Curro-Portela - E.P. 0508 Curro-San Amaro 2) La intersección del nuevo vial con las carreteras provinciales se resuelve mediante la construcción de una glorieta con un diámetro exterior (medido sobre plano que adjunta) de 46 m. 3) Esta glorieta recoge y canaliza tanto el tráfico procedente del nuevo vial proyectado como el de ambas vías provinciales y tiene capacidad suficiente para garantizar una adecuada gestión de los tráficos previstos. En consecuencia, procede informar favorablemente la Modificación Puntal nº2 del Plan General de Ordenación Municipal del Ayuntamiento de Barro, en lo concerniente a la afección a las carreteras provinciales.” A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e a súa remisión ó Concello de Barro. 30.22939.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA E DECLARACIÓN DE ABOO, POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO, DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Á ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DESENVOLVEMENTO RURAL DE ALBERGUERÍA (MORAÑA) PARA REALIZAR A OBRA DENOMINADA “ADQUISICIÓN REJAS CASA PUEBLO”, INCLUÍDA NO PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA 2013 (NÚM. EXP. 2013001201) Examinada a documentación xustificativa da subvención e vistos os informes da Intervención e do Servizo de Cooperación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a xustificación e declarar de aboo, polo procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, a cantidade de tres mil cen euros (3.100,00 €) a favor da Asociación de Veciños Desenvolvemento Rural de Alberguería (CIF: G-36425841) (Moraña), correspondente á subvención que lle foi concedida pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, na sesión do 15 de novembro de 2013, para realizar a obra: “Adquisición rejas Casa Pueblo”, incluída no Programa de Acción Comunitaria 2013 (núm.exp.: 2013001201). Este libramento farase con cargo á aplicación 14/942.459.789.07.2013. 31.22940.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA E DECLARACIÓN DE ABOO, POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO, DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Á “ASOCIACIÓN DE VECINOS EL CASTRO DE SANTA MARÍA MOURENTE (PONTEVEDRA)”, PARA REALIZAR A OBRA DENOMINADA “ADECENTAR Y AMPLIAR LOCAL SOCIAL Y BARANDILLA EN LAVADERO”, INCLUÍDA NO PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA 2013 (NÚM. EXP. 2013000702) Examinada a documentación xustificativa da subvención e vistos os informes da Intervención e do Servizo de Cooperación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a xustificación e declarar de aboo, polo procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, a cantidade de catro mil trescentos euros (4.300,00 €) a favor da Asociación de Vecinos El Castro de Santa María de Mourente (CIF: G-36017143) (Pontevedra), correspondente á subvención que lle foi concedida pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, na sesión do 15 de novembro de 2013, para realizar a obra: “Adecentar y ampliar local social y barandilla en lavadero”, incluída no Programa de Acción Comunitaria 2013 (núm. exp.: 2013000702). Este libramento farase con cargo á aplicación 14/942.459.789.07.2013. 32.22941.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSOS Con fecha 10 de noviembre de 2014 y con número de registro de entrada nº 2014112952, la Técnica de Turismo, Dña. Inés Calvo Pensado, expone que uno de los objetivos de la Diputación de Pontevedra, a través del Servicio de Turismo, y bajo la marca Turismo Rías Baixas, es la potenciación de las actividades que tiendan a fomentar el desarrollo del turismo en la provincia. Esta actividad se lleva a cabo a través de, entre otras acciones, la presencia en los congresos y ferias de turismo más importantes a nivel nacional e internacional. Del 3 al 6 de noviembre de 2014 tendrá lugar en Londres con motivo de la WTM-World Travel Market, una serie de eventos de relevancia a nivel mundial dirigidos a profesionales del sector turístico. La Diputación de Pontevedra, a través del Servicio de Turismo (bajo la marca Turismo Rías Baixas), mantendrá a lo largo de estos días reuniones con diferentes TTOO-Touroperadores de todo el mundo con el objetivo de obtener las mejoras necesarias para la comercialización del destino “Rías Baixas”. Por todo lo expuesto solicita permiso para asistir a dicha Feria en calidad de Técnica de Turismo desde el 3 al 5 de noviembre 2014, así como la ayuda económica en concepto de manutención y gastos de locomoción correspondientes a los traslados en destino, pues la Escuela de Organización Industrial se hará cargo del alojamiento y del traslado en avión. La solicitud es informada favorablemente por la Jefa del Servicio de Turismo, Dña. Ruth González Reyes y conformada por la Diputada Dña. Begoña Estévez Bernárdez. Dada la relación existente entre el contenido de la Feria y el trabajo que viene desarrollando dicha trabajadora en el Servicio, se informa favorablemente su petición; sin embargo, para el abono de las indemnizaciones que pudiesen corresponder y al amparo de la norma 14ª del acuerdo nº 9.14880 de fecha 9 de marzo de 2007, adoptado por la Junta de Gobierno, la trabajadora deberá presentar una memoria sobre el desarrollo de la Feria y las conclusiones obtenidas. Por lo expuesto y de conformidad con lo establecido en el V Acuerdo Regulador para personal funcionario de la Diputación Provincial de Pontevedra y Real Decreto 462/2002 de 24 de mayo de Indemnizaciones por razón de servicio, la Junta de Gobierno acuerda por unanimidad, en virtud de las competencias que me confiere el artículo 105 de la Ley 5/1997 de Administración Local de Galicia, convalidar el expediente y conceder autorización para asistir a Dña. Inés Calvo Pensado, así como una ayuda económica que asciende a un total de 237,85 € euros en concepto desplazamientos y dietas: (*) Desplazamiento: Salida día 03/11/2014 y regreso el 05/11/2014 CONCEPTO TOTAL APLICACIÓN PRESUPUETARIA Traslados en destino 5,62 € 14/433.432.231.20 TOTAL GASTOS LOCOMOCIÓN 5,62 € 14/433.432.231.20 (*) Dietas: Salida día 03/11/2014 y regreso el 05/11/2014 CONCEPTO TOTAL APLICACIÓN PRESUPUETARIA Día 03/11/2014 (Grupo II) 100% Manutención Reino Unido 82,94 € 14/433.432.230.20 Día 04/11/2014 (Grupo II) 80 % Manutención Reino Unido 66,35 € 14/433.432.230.20 Día 05/11/2014 (Grupo II) 100 % Manutención Reino Unido 82,94 € 14/433.432.230.20 TOTAL GASTOS DIETAS 232,23 € 14/433.432.230.20 (*) Los gastos de avión y alojamiento son costeados por la Escuela de Organización Industrial (EOI) Una vez finalizado el viaje, el interesado deberá presentar en el Servicio de Recursos Humanos y Formación, en el plazo de 10 días hábiles, la cuenta justificativa de gastos para la correspondiente tramitación del expediente, con el objeto de que se le abonen los gastos que se pudieran generar en concepto de desplazamiento, alojamiento y manutención, conforme a lo dispuesto en el apartado 2.2.1 de la Orden de 8 de noviembre de 1994 sobre justificación y anticipos de indemnizaciones por razón del servicio. Asimismo, deberán aportar también la tarjeta de embarque, billete o algún documento acreditativo donde se especifique los horarios del viaje. Asimismo, y, de conformidad con la normativa 11ª del Acuerdo nº 9.14880 de fecha 9 de septiembre de 2011, se especifica que no se abonarán los gastos de desplazamiento en taxi entre el lugar de alojamiento y el Centro en donde se imparte el curso, jornada, congreso, reunión o seminario, debiendo utilizarse las líneas de transporte regular (autobús, metro…). Respecto a los gastos de desplazamiento, se hace constar que cuando el mismo se realice por varios trabajadores del mismo o distinto servicio, en la misma fecha, idéntico destino y en el mismo medio de transporte, sólo se abonarán los gastos a un trabajador. Cuando se trate de reuniones de trabajo o jornadas técnicas, habrá que adjuntar la convocatoria y detallar claramente la hora de inicio y finalización. 33.22942.- FINALIZACIÓN DUNHA BOLSA DE PRÁCTICA LABORAL EN EMPRESAS POR RENUNCIA DA BOLSEIRA YÉSSICA GUTIÉRREZ RIAL NA EMPRESA MAKARI, S.A. Por acordo aprobado na Xunta de Goberno celebrada o 26 de setembro de 2014 adxudicáronse as bolsas correspondentes ó Plan de práctica laboral en empresas do sector privado 2014, por número de expediente, titulación, candidato seleccionado e empresa de destino, con efectos de 1 de outubro de 2014 e por un período de seis meses, prorrogables por outros seis. O pasado 1 de outubro de 2014 iniciou as súas prácticas laborais do expediente P083 Licenciatura/grao en administración e dirección de empresas, a bolseira Yessica Gutierrez Rial na empresa Makari S.A. Con data de 16 de decembro de 2014 dita bolseira presenta escrito solicitando a súa renuncia a continuar participando no Plan de práctica laboral con efectos do 23 de decembro de 2014, manifestando que o motivo da súa renuncia é por unha oferta de traballo. A base décimo primeira da convocatoria das bases, establece que daranse por finalizadas as prácticas do bolseiro cando concorra entre outras causas a renuncia voluntaria por parte do bolseiro. A renuncia implicará a perda dos dereitos formativos e económicos que puideran corresponderlle. Por todo e exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade dar por finalizadas as prácticas da bolseira Yéssica Gutierrez Rial na empresa Makari S.A con efectos do día 23 de decembro de 2014. 34.22943.- DESISTENCIA DO PROCEDEMENTO ABERTO PARA A ADXUDICACIÓN DO CONTRATO DE “SUBMINISTRACIÓN DUN PARQUE INFANTIL NA ALAMEDA DE CHAPELA (CONCELLO DE REDONDELA), INCLUÍDO NA 5ª RELACIÓN DO POSP 2013 (SUBMINISTRACIÓN 1)” A Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 14 de marzo de 2014, aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da subministración “Parque infantil na alameda de Chapela”, para o Concello de Redondela, con orzamento de 91.625,11 €, máis a cantidade de 19.241,27 € correspondentes ó IVE. O anuncio do procedemento aberto para a contratación, publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 58 de data 25 de marzo de 2014. O 15 de abril de 2014, este mesmo órgano, en acto público, indicou as plicas que foron cualificadas como non admitidas e admitidas, procedendo á apertura dos sobres B destas últimas, correspondente á documentación técnica avaliable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. O 5 de agosto de 2014 a Mesa de Contratación, á vista do informe emitido polo Director de Infraestruturas, relativo á valoración da documentación contida nos sobres B, e valorada a documentación contida nos sobres C, eleva ó órgano de contratación proposta de adxudicación do contrato a favor da empresa Juegos Kompan S.A. (CIF A-58.178.161), toda vez que obtivo a máxima puntuación, unha vez ponderada a documentación contida nos referidos sobres, de acordo cos criterios de adxudicación que figuran no prego de cláusulas administrativas que rexeu no procedemento aberto. O 19 de agosto de 2014 a deputada delegada en materia de contratación resolveu requirir á empresa Juegos Kompan S.A., que formulou a proposición económica máis vantaxosa para que presentara a documentación establecida no R.d.l. 3/2011 polo que se aproba o Texto refundido da lei de contratos do Sector Público que foi presentada pola empresa en tempo e forma. Posteriormente, o Director de Infraestruturas informa por escrito á Mesa de contratación que o documento do proxecto non indicaba numericamente a altura da torre central do parque infantil obxecto do contrato, mentres que o documento do prego de prescricións técnicas establecía que dita torre debía ter unha altura de 7,00 m. Este requisito, polo tanto, era de obrigado cumprimento para todos os licitadores, e a empresa requirida non o cumpría. Asemade, explica que a discrepancia entre ambos documentos motivou unha errónea interpretación por parte de todos os licitadores á hora de formular as súas proposicións. A mesa de contratación analiza esta incidencia o 17 de decembro de 2014 e conclúe que se trata dunha infracción non emendable das normas de preparación do contrato. En consecuencia, considera que debe procederse ó desistimento do presente procedemento de contratación e á devolución da garantía. Tendo en conta que a empresa Juegos Kompan S.A., proposta como adxudicataria, presentara en tempo e forma a documentación requirida por Resolución de data 19 de agosto de 2014, e que constituíra a garantía definitiva por importe de 3.427,46 € (carta de pago nº 201400111298 de data 01/09/2014) e o pago dos gastos do anuncio no Boletín Oficial da Provincia por importe de 30,48 €, a mesa de contratación conclúe que debe procederse a devolver a esta empresa os citados importes. Considerando que a disposición adicional segunda do R.d.l. 3/2011, no seu apartado 1, faculta ó Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato de subministracións, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do Orzamento provincial, concretamente na Base 16ª.2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de subministracións que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. O desistimento do procedemento aberto de adxudicación da subministración “Parque infantil na alameda de Chapela”, para o Concello de Redondela, incluída na 5ª relación do POSP 2013 (subministración 1), cun orzamento de 91.625,11 €, máis a cantidade de 19.241,27 € correspondentes ó IVE, por incorrer nunha infracción non emendable das normas de preparación do contrato, de acordo co artigo 155 do TRLCSP. 2. A devolución do importe de 3.427,46 € (carta de pago nº 201400111298 de data 01/09/2014) correspondente á constitución da garantía definitiva, e do importe de 30,48 € correspondente ó pago dos gastos do anuncio no Boletín Oficial da Provincia, que realizou a empresa Juegos Kompan, S.A., proposta como adxudicataria. 3. A iniciación dun novo procedemento aberto para a adxudicación do referido contrato de subministración “Parque infantil na alameda de Chapela”, para o Concello de Redondela, incluído na 5ª relación del POSP 2013, conservando todos aqueles actos e trámites que non presenten variación con respecto ó anterior procedemento. 35.22944.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA XESTIÓN, DESENVOLVEMENTO E EXECUCIÓN DO PROGRAMA DE BALNEARIOS “COIDARTE” PARA O ANO 2015 A Deputación de Pontevedra, coa finalidade de mellorar a calidade de vida das persoas así como fomentar o envellecemento activo, establecer novas relacións sociais e favorecer a participación en actividades que melloren o seu estado anímico e a cooperación social a través da promoción de espazos de encontro evitando deste xeito o illamento e as situacións de soidade, pretende levar a cabo o programa social “Coidarte 2015”. O custo desta actividade para a Institución Provincial estímase na cantidade máxima de cento cinco mil euros (105.000,00 €) IVE engadido, polo que, mediante informe emitido pola Xefa de negociado do Servizo de Servizos Sociais e Promoción de Emprego do Centro Príncipe Felipe, solicítase que se inicie a contratación da xestión, desenvolvemento e execución de dito programa. Visto o informe do Xefe do Servizo de Contratación de data 3 de decembro de 2014, no que determina a natureza xurídica do contrato e xustifica no expediente a elección do procedemento, sendo este un contrato administrativo especial de servizos. Resultando que polo Servizo de Contratación se elabora o proxecto do prego de condicións administrativas. Resultando que con data 10 de decembro de 2014, o Sr. Secretario Xeral informa dito proxecto de prego e posteriormente se traslada o expediente de contratación ó Servizo de Intervención para que fiscalice o mesmo nos termos previstos na Lei 47/2003, de 26 de novembro, Xeral orzamentaria. Visto o informe de fiscalización, de data 17 de decembro de 2014, emitido polo Sr. Interventor, no que se establece que ó tratarse dunha tramitación anticipada, as obrigas derivadas deste contrato quedarán condicionadas á existencia de crédito adecuado e suficiente no orzamento do exercicio 2015 e faranse con cargo á aplicación 2015/232.2311.227.07 do Orzamento provincial. Considerando que a disposición adicional segunda do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do Orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o expediente de contratación, mediante tramitación anticipada, para a adxudicación mediante procedemento aberto, da xestión, desenvolvemento e execución do programa social “Coidarte”, para o ano 2015, pola cantidade máxima de cento cinco mil euros (105.000,00€) IVE engadido de acordo ó seguinte detalle:  O prezo de licitación do programa (IVE engadido): 140,00€ por participante.  O financiamento do programa realizarase do seguinte xeito: - A Deputación de Pontevedra achegará a cantidade de 40,00€ por participante. - Os concellos adheridos ó programa achegarán a cantidade de 10,00€ por participante. - Os participantes aboarán a cantidade resultante de descontar a subvención da Deputación de Pontevedra e a do seu concello se está adherido ó programa, do prezo do balneario escollido. Se o concello non está adherido ó programa, os participantes achegarán o importe correspondente. 2.- Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán no antedito procedemento aberto. 3.- O pago do contrato quedará condicionado á existencia de crédito adecuado e suficiente no Orzamento do exercicio 2015 que se realizará con cargo á aplicación Orzamentaria 15/232.2311.227.07. 4.- Iniciar o procedemento de adxudicación para dita contratación, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia, de conformidade co establecido no artigo 159.2 do anteriormente citado R.d.l. 3/2011. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES XERAIS QUE REXERÁN NA CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA XESTIÓN, DESENVOLVEMENTO E EXECUCIÓN DO PROGRAMA SOCIAL “COIDARTE” 2015. Expte: 2014019803. 1. OBXECTO O obxecto do contrato ó que se refire o presente prego é o servizo/s descrito/s no/s apartado/s 1 do/s anexo/s I, nos que se recollen as necesidades administrativas para satisfacer mediante o contrato, describindo as características do/s servizo/s e a forma de levar a cabo a prestación por parte do adxudicatario. No caso de que o procedemento aberto se divida por lotes haberá un anexo I por cada uns deles. Para dito contrato contempláronse na súa elaboración os preceptos do Libro II do RXLCAP. O prego de prescricións técnicas particulares e o prego de cláusulas administrativas particulares revestirán carácter contractual. Se o contrato está dividido en lotes os licitadores poderán optar a un deles, a varios ou a todos, salvo que se estableza un número máximo de lotes por licitador, para o que se seguirá o estipulado no apartado 1 do Anexo I deste prego. 2. FINANCIAMENTO E ORZAMENTO DE LICITACIÓN Este contrato será financiado do modo que se establece no apartado 1 do Anexo I e distribuído nas anualidades previstas. O orzamento base de licitación do contrato ascende á cantidade expresada no apartado 1 do Anexo I deste prego, incluíndo en dita contía todos os factores de valoración e gastos que, segundo os documentos contractuais e a lexislación vixente son, por conta do adxudicatario igual cós tributos de calquera índole. En calquera caso, indicarase como partida independente o importe do Imposto sobre o Valor Engadido (IVE). As proposicións que se presenten no caso de superar o orzamento base de licitación serán descartadas automaticamente. 3. RÉXIME XURÍDICO O contrato o que se refire o presente prego ten a cualificación de contrato administrativo especial segundo o disposto no artigo 19.1.b) do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, e de acordo co criterio emitido pola Xunta Consultiva de Contratación Administrativa, entro outros, no informe 47/99, de 21 de decembro de 1999, toda vez que a presentación do contratista non ten como destinatario directo a propia Administración senón o usuario. Por tanto, rexerase polo establecido no presente Prego e no de Prescricións Técnicas, polas normas contidas no Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, modificada pola Lei 14/2013, de 27 de setembro, de apoio ós emprendedores e á súa internacionalización (en diante TRLCSP), o Real Decreto Lexislativo 817/2009 de 8 de maio polo que se desenvolve parcialmente a LCSP e no que sexa aplicable no Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (en diante, RXLCAP) en todo o que non contradiga o TRLCSP, e en toda a demais normativa aplicable. O descoñecemento do contrato en calquera dos seus termos ou dos documentos anexos que forman parte deste, non eximirá ao contratista da obrigación do seu cumprimento. O contratista acepta de forma expresa a submisión aos presentes pregos e á lexislación anteriormente citada, supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. O adxudicatario obrigarase ao cumprimento, baixo a súa exclusiva responsabilidade, das disposicións vixentes sobre relacións laborais, seguridade social, protección de datos de carácter persoal e calquera outra de carácter xeral. 4. PROCEDEMENTO O contrato adxudicarase por procedemento aberto e levarase a cabo atendendo a un único criterio de valoración -prezo- ou ben a unha pluralidade de criterios, segundo o disposto no apartado 3 do Anexo I deste prego e en aplicación do artigo 150 do TRLCSP, segundo os termos e requisitos establecidos no citado texto legal. 5. PERFIL DO CONTRATANTE Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos polo TRLCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá a través de Internet (www.depo.es) no seu perfil de contratante así como na Plataforma de Contratación do Estado (www.contrataciondelestado.es) todas as noticias, aviso e documentación relativos a este contrato. Calquera dúbida existente a cerca dos pregos que rexen esta contratación será dirixida e resolta a través da dirección de correo electrónico contratacion@depo.es. 6. CAPACIDADE PARA CONTRATAR Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente clasificación e solvencia técnica que se dispoña no apartado 2 do Anexo I, nos termos que dispón o artigo 76 do TRLCSP e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 60 da mencionada norma. Os licitadores, persoas naturais ou xurídicas, deberán ter unha finalidade ou actividade que teña relación directa co obxecto do contrato, segundo resulte dos seus respectivos estatutos ou regras fundacionais, así como dispor dunha organización con elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. A efectos da licitación os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e as circunstancias que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de se constituír formalmente en unión temporal no caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios coincidirá coa do contrato ata a súa extinción. A administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan para o efecto (sen que sexa necesaria a súa formalización en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a administración debendo nomear ante ela a un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que se deriven do contrato ata a súa extinción, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobros e pagamentos dunha contía significativa. O momento decisivo para apreciar a concorrencia dos requisitos de capacidade e solvencia esixidos para contratar coa Administración será o de finalización do prazo de presentación de proposicións. 7. PRAZO DE EXECUCIÓN O prazo total de vixencia do contrato e os parciais, no seu caso, figuran no apartado 1 do Anexo I. O contratista estará obrigado a cumprir o contrato na súa totalidade dentro do prazo ofertado, así como nos prazos parciais sinalados. O contrato non poderá ter un prazo de vixencia superior a catro anos coas condicións e límites establecidos nas normas orzamentarias previstas das administracións públicas. Dito prazo só se prorrogará por mutuo acordo das partes antes da súa finalización, sempre que a duración total do contrato, incluídas as prórrogas, non exceda os seis anos e que as prórrogas non superen, illada ou conxuntamente, o prazo fixado orixinariamente, de conformidade co estipulado no artigo 303 do R.d.l. 3/2011 de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público. 8. INCUMPRIMENTO DO PRAZO Unha vez incumprido o prazo o contratista incorre automaticamente en demora, podendo a Administración optar entre a imposición de penalidades ou a resolución do contrato no caso de que as penalidades alcancen o 5% do prezo do contrato. Os importes destas penalidades faranse efectivos mediante a dedución destas na facturación que se produza ou, de ser o caso, da garantía, e sen que a aplicación e pagamento destas exclúa a indemnización á que a Administración poida ter dereito por danos e perdas ocasionadas polo atraso imputable ó contratista. 9. GARANTÍA DEFINITIVA O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas nos artigos 95 e 96 do TRLCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos dez días hábiles seguintes, contados desde o seguinte ó da recepción do correspondente requirimento. En caso de incumprir este requirimento no prazo sinalado entenderase que o licitador retirou a súa oferta, procedéndose, nese caso, a solicitarlle a dita documentación ó seguinte licitador, pola orde en que quedasen clasificadas as ofertas. A garantía definitiva ingresarase exclusivamente na Caixa da Deputación. 10. PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN, FORMALIDADES E DOCUMENTACIÓN 10.1. Lugar e prazo de presentación: As proposicións presentaranse no Rexistro xeral da Deputación, (sede de Pontevedra de 8:30 a 14:30 horas e de 17:00 a 19:00 horas, de luns a venres e os sábados de 9:00 a 13:00 horas; ou na sede da Deputación en Vigo, de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas) dentro dun prazo de quince días, a contar desde o día seguinte o da publicación do seu anuncio no BOP. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte a este. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos nos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados o empresario deberá xustificar a data e a hora da imposición do envío e anunciarlle ó órgano de Contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico (contratacion@depo.es), ou tamén mediante télex, fax (número 986 804 126) ou telegrama, sempre no mesmo día. 10.2. Formalidades: Os contratistas interesados na licitación deberán presentar tres sobres distintos, nos que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: -Sobre (A, B ou C). Poñer a letra en función do sobre correspondente. -Lote nº … (Especificar o número do lote o que se licita no caso de que o procedemento se divida en lotes). -Nº Expediente No caso que se coñeza. -Denominación do contrato -Nome do licitador -CIF -Enderezo, email e teléfono de contacto -Número de inscrición no rexistro de contratistas (se é o caso) A documentación a incluir en ditos sobres detállase no apartado 4 do Anexo I do presente prego. 11. MESA DE CONTRATACIÓN Estará integrada da seguinte maneira: Presidente: -O titular da Corporación ou o membro en quen delegue. Vogais: - -O Secretario xeral -O Interventor -O xefe do servizo responsable do contrato. Secretario: -O Xefe do Servizo de Contratación. 12. CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL, APERTURA DE PROPOSICIÓNS E CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións constituirase a Mesa de Contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no sobre A. No caso de que se precise emendar erros ou omisións na documentación a Mesa de Contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente a Mesa, ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó día no que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, nun acto público, sinalará as que cualificasen como inadmitidas e admitidas e procederá á apertura do sobre B, correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como se prevé no artigo 27 do Real decreto 817/2009, no que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Dita documentación trasladaráselles ós técnicos que se considere oportuno, que a avaliarán e ponderarán seguindo os criterios de valoración establecidos no apartado 3 do Anexo I. Unha vez avaliada esta documentación técnica sinalaranse no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra a data e a hora na que se procederá, nun acto público, á apertura do sobre C da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas. Neste acto darase a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos sobres C daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os puntos indicados no apartado 3 do Anexo I. Para a valoración das cifras ou valores do sobre C aplícanse os criterios establecidos no apartado 3 do Anexo I. Unha vez aplicados estes criterios clasifícanse as propostas en orde decrecente de valoración e propoñeránselle ó órgano de Contratación a adxudicación a favor do licitador que conteña a oferta economicamente de maior vantaxe. Cando a Mesa de Contratación presuma fundadamente que a proposición non se poida cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas, de conformidade co criterio establecido no Anexo III, daráselle audiencia ó contratista, por un prazo máximo de cinco días hábiles, para que xustifique a valoración da oferta e precise as condicións desta, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, ás solucións técnicas adoptadas e ás condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, á orixinalidade das prestacións propostas, ó respecto das disposicións relativas á protección do emprego e ás condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia realizar a prestación, ou á posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de Contratación, considerando a xustificación efectuada polo licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación a favor da seguinte proposición economicamente de maior vantaxe, de acordo coa orde en que fosen clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. 13. REQUERIMENTO DE DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR POLA EMPRESA QUE PRESENTE A OFERTA ECONOMICAMENTE MÁIS VANTAXOSA O órgano de Contratación, unha vez avaliadas as propostas, para cuxo efecto poderá solicitar cantos informes técnicos estime pertinentes, clasificaraas por orde decrecente e requirirá á empresa coa oferta mais vantaxosa para que, dentro do prazo de dez días hábiles, presente a seguinte documentación: 13.1.- Documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos previos: De conformidade co disposto no TRLCSP (modificada pola Lei 14/2013 de 27 de setembro de apoio ao emprendedor) deberá presentarse a seguinte documentación: 1. A capacidade de obrar dos empresarios que fosen persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, no seu caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose esixible segundo a lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que consten as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, no seu caso, no correspondente rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de estados membros da Comunidade Europea deberán acreditar a súa inscrición nos rexistros ou achegar as certificacións descritas no artigo 9 do Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (RXLCAP). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar cun informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, no que se faga constar, previa acreditación por parte da empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou na súa falta, que actúan habitualmente no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (RXLCAP). Se é persoa física o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador deberá achegarse o documento que acredite a personalidade deste representante (DNI para españois; pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastanteado en Dereito ó seu favor, debidamente inscrito no rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas administracións públicas. No caso de concorreren á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade indicando os nomes e as circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas designando a persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ha de desempeñar a representación da unión temporal ante a Administración. 2. Poder debidamente bastanteado. Os que comparezan ou asinen proposicións en nome doutro ou representen a unha persoa xurídica deberán presentar tamén unha escritura de poder debidamente bastanteado por un fedatario público. 3. Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica: Os licitadores deberán acreditar a súa solvencia económica, financeira e técnica nos termos e polos medios que se especifiquen no anuncio de licitación e que se relacionan no apartado 2 do Anexo I deste prego. No mesmo apartado especifícanse os requisitos mínimos de solvencia en función dos medios de acreditación da solvencia económica, financeira e técnica. Para a determinación da solvencia das unións temporais de empresarios acumularanse as características acreditadas por cada un dos seus integrantes. Os licitadores poderán acreditar a súa solvencia baseándose na solvencia e medios doutras entidades, independentemente da natureza xurídica dos vínculos que teña con elas, sempre que demostre que para a execución do contrato dispón efectivamente deses medios. 13.2.- Documentación necesaria para a adxudicación do contrato: O licitador coa oferta economicamente máis vantaxosa deberá presentar a seguinte documentación, de conformidade co disposto no artigo 151.2 do TRLCSP. 1.-Certificación positiva expedida pola Tesourería da Seguridade Social, ao amparo dos artigos 14 e 15 do RXLCAP, que acredite que se atopa ó corrente no cumprimento das súas obrigacións coa Seguridade Social. 2.- Certificación positiva expedida pola Axencia Estatal da Administración Tributaria ao amparo dos artigos 13 e 15 do RXLCAP, que acredite que se atopa ó corrente do pagos das súas obrigacións tributarias. 3.- Orixinal ou copia compulsada da alta no Imposto de Actividades Económicas no epígrafe correspondente ao obxecto do contrato, referida ao exercicio corrente, ou o último recibo acompañado dunha declaración responsable de non terse dado de baixa na matrícula do citado imposto. 4.- Documentación acreditativa da efectiva disposición dos medios persoais e materiais que se comprometeu a adscribir a execución do contrato. 5.- Deberá indicarse a parte do contrato que teñan previsto subcontratar, sinalando a súa porcentaxe con respecto á totalidade do contrato, e o nome ou o perfil empresarial. 6.- Documento que acredite a constitución da garantía definitiva. 7.- Documento acreditativo do pagamento dos anuncios. 8.- Acreditación, mediante orixinal ou copia compulsada, da póliza subscrita e do aboamento da mesma dun seguro de responsabilidade civil por importe mínimo de 600.000,00€. A actividade descrita na póliza debe corresponderse coa actividade obxecto do contrato e ningunha exclusión debe limitar a súa cobertura en relación con esta. Os asistentes ó programa deben considerarse terceiros. 14. ADXUDICACIÓN O órgano de Contratación terá alternativamente a facultade de adxudicar o contrato á proposición de maior vantaxe no seu conxunto, se se atende a unha pluralidade de criterios, ou á proposición que incorpore o prezo máis baixo, cando este sexa o único criterio para considerar. A adxudicación acordarase en resolución motivada no prazo máximo de dous meses, a contar desde a apertura das proposicións, cando para a adxudicación do contrato deba terse en conta unha pluralidade de criterios; e no prazo máximo de quince días, contando desde a apertura das proposicións, cando o único criterio de valoración sexa o prezo. Estes prazos ampliaranse en quince días hábiles no caso de que haxa que seguir os trámites sinalados nos artigos 152.3 do TRLCSP e 22 f) do R. d. 817/2009, para as proposicións desproporcionadas ou anormalmente baixas. A adxudicación notificaráselles ós licitadores e, simultaneamente, publicarase no perfil do contratante do órgano de Contratación, indicándose o prazo en que debe procederse á súa formalización. O órgano de Contratación poderá declarar deserta a licitación, a proposta da Mesa de Contratación, cando non exista ningunha oferta ou proposición que sexa admisible de acordo cos criterios que figuran no prego. 15. SUBCONTRATACIÓN O contratista poderá concertar con terceiros a realización parcial deste, que quedará sometida ó cumprimento dos requisitos establecidos no apartado 2 do artigo 227 do TRLCSP. Deberá indicarse na oferta (sobre B) a parte do contrato que teñan previsto subcontratar, sinalando a súa porcentaxe con respecto á totalidade do contrato, e o nome ou o perfil empresarial, definido por referencia ás condicións de solvencia profesional ou técnica, dos subcontratistas ós que se lles vaia encomendar a súa realización. A infracción destas condicións, así como a falta de acreditación da aptitude do subcontratista ou das circunstancias determinantes da situación de emerxencia ou das que fan urxente a subcontratación, poderá dar lugar, en todo caso, á imposición ó contratista dunha penalidade de ata un 50% do importe do subcontrato. Os subcontratistas non terán en ningún caso acción directa fronte á administración contratante polas obrigas contraídas con eles polo contratista como consecuencia da execución do contrato principal e dos subcontratos. O contratista deberá informar os representantes dos traballadores da subcontratación, de acordo coa lexislación laboral. En todo caso, no proceso de subcontratación deberán cumprirse as normas xerais sobre subcontratación establecidas na Lei 32/2006, de 18 de outubro, reguladora da subcontratación no sector da construción e as súas normas de desenvolvemento, cuxas infraccións, segundo o indicado no seu artigo 11, serán sancionadas con arranxo ó disposto no Texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado por Real decreto lexislativo 5/2000, de 4 de agosto. PAGOS A SUBCONTRATISTAS E SUBMINISTRADORES O contratista debe abonar aos subcontratistas ou subministradores o prezo pactado nos prazos fixados que non poderán ser mais desfavorables que os previstos para as relacións entre a Administración e o contratista que de conformidade co artigo 216.4 son de trinta días. Dito prazo computarase desde a data de aprobación polo contratista principal da factura emitida polo subcontratista ou subministrador, con indicación da súa data e do período que corresponda. A aprobación ou conformidade o no seu caso os motivos da disconformidade deberán outorgarse nun prazo máximo de trinta días desde a presentación da factura. No caso de demora no pago o subcontratista ou subministrador terá dereito o cobro dos intereses de demora e a indemnización polos custos de cobro nos termos previstos na Lei 3/2004 de 29 de decembro. O contratista poderá pactar cos subministradores ou subcontratistas prazos de pago superiores respectando os límites previstos no artigo 4.3 da lei 3/2004 de 29 de decembro pola que se establecen as medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais sempre que dito pacto non constitúa unha cláusula abusiva, e que, o pago se instrumente mediante un documento negociable que leve aparellada a acción cambiaria no que os gastos de desconto ou negociación sexan de conta do contratista. Adicionalmente o subministrador ou subcontratista poderá esixir que o pago se garantice mediante aval. As Administracións Públicas e demais entes públicos contratantes, poderán comprobar o estrito cumprimento dos pagos que os contratistas adxudicatarios dos contratos públicos, calificados como tales no artigo 5 do TRLCSP, terán que facer os pagos correspondentes a todos os subcontratistas ou subministradores que participen nos mesmos. Os contratistas adxudicatarios remitirán o ente contratante, cando este o solicite, unha relación detallada de aqueles subcontratistas ou subministradores que participen no contrato cando se perfeccione a súa participación, xunto con aquelas condicións de subcontratación do subministro de cada un deles que garde unha relación directa co prazo do pago, de conformidade co artigo 228 bis do TRLCSP. Así mesmo, deberán aportar, a solicitude do ente contratante, xustificante de cumprimento dos pagos os subcontratistas ou subministradores, unha vez terminada a prestación dentro dos prazos de pago legalmente establecidos no artigo 228 e na lei 3/2004, de 29 de decembro, e no que sexa de aplicación. Estas obrigas, que se incluirán nos anuncios de licitación, e no os correspondentes pregos de condicións ou nos contratos, consideraranse condicións esenciais de execución, cuxo cumprimento, ademais das consecuencias previstas polo ordenamento xurídico, permitirá a imposición das penalidades que a tal efecto conteñan os pregos. 16. REGRAS ESPECIAIS RESPECTO DO PERSOAL LABORAL DA EMPRESA CONTRATISTA 1.- Corresponde exclusivamente á empresa contratista a selección do persoal que, reunindo os requisitos de titulación e experiencia esixidos nos pregos, formará parte do equipo de traballo adscrito á execución do contrato, sen prexuízo da verificación por parte da “entidade contratante” do cumprimento daqueles requisitos. A empresa contratista procurará que exista estabilidade no equipo de traballo, e que as variacións na súa composición sexan puntuais e obedezan a razóns xustificadas, en orde a non alterar o bo funcionamento do servizo informando en todo momento á “entidade contratante”. 2.- A empresa contratista asume a obriga de exercer de modo real, efectivo e continuo, sobre o persoal integrante do equipo de traballo encargado da execución do contrato, o poder de dirección inherente a todo empresario. En particular, asumirá a negociación e pagamento dos salarios, a concesión de permisos, licenzas e vacacións, as substitucións dos traballadores en casos de baixa ou ausencia, as obrigacións legais en materia de Seguridade Social, incluído o abono de cotizacións e o pagamento de prestacións, cando cumpra, as obrigacións legais en materia de prevención de riscos laborais, o exercicio da potestade disciplinaria, así como cuantos dereitos e obrigacións derívense da relación contractual entre empregado e empregador. 3.- A empresa contratista velará especialmente porque os traballadores adscritos á execución do contrato desenvolver a súa actividade sen extralimitarse nas funcións desempeñadas respecto da actividade delimitada nos pregos como obxecto do contrato. 4.- A empresa contratista estará obrigada a executar o contrato nas súas propias dependencias ou instalacións salvo que, excepcionalmente, sexa autorizada a prestar os seus servizos nas dependencias dos entes, organismos e entidades que forman parte do sector público. Neste caso, o persoal da empresa contratista ocupará espazos de traballo diferenciados do que ocupan os empregados públicos. Corresponde tamén á empresa contratista velar polo cumprimento desta obrigación. No prego deberá facerse constar motivadamente a necesidade de que, para a execución do contrato, os servizos préstense nas dependencias dos Departamentos, axencias, entes, organismos e entidades que forman parte do sector público. 5.- A empresa contratista deberá designar polo menos un coordinador técnico ou responsable, integrado no seu propio persoal, que terá entre as súas obrigacións as seguintes: a) Actuar como interlocutor da empresa contratista fronte á “entidade contratante”, canalizando a comunicación entre a empresa contratista e o persoal integrante do equipo de traballo adscrito ao contrato, dun lado, e a “entidade contratante”, doutro lado, en todo o relativo ás cuestións derivadas da execución do contrato. b) Distribuír o traballo entre o persoal encargado da execución do contrato, e impartir aos devanditos traballadores as ordes e instrucións de traballo que sexan necesarias en relación coa prestación do servizo contratado. c) Supervisar o correcto desempeño por parte do persoal integrante do equipo de traballo das funcións que teñen encomendadas, así como controlar a asistencia de dito persoal ao posto de traballo. d) Organizar o réxime de vacacións do persoal adscrito á execución do contrato, debendo para ese efecto coordinarse adecuadamente a empresa contratista coa “entidade contratante”, a efectos de non alterar o bo funcionamento do servizo. e) Informar á “entidade contratante” acerca das variacións, ocasionais ou permanentes, na composición do equipo de traballo adscrito á execución do contrato. 17. FORMALIZACIÓN DO CONTRATO A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato nun documento administrativo dentro do prazo de quince días hábiles, a contar desde o día seguinte á notificación da adxudicación, constituíndo o devandito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo ó seu cargo os gastos correspondentes. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado a Administración poderá acordar a súa resolución. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa formalización previa. 18. OBRIGAS DO CONTRATISTA O contratista deberá dar cumprimento ás obrigas derivadas das disposicións vixentes en materia de protección do emprego, condicións de traballo e prevención de riscos laborais segundo a lexislación competente nesa materia. 19. GASTOS ESIXIBLES Os gastos que orixine a publicación dos anuncios de licitación no presente contrato, tanto nos correspondentes boletíns oficiais coma, no seu caso, na prensa, irán por conta do adxudicatario do contrato, sen que se lle poida imputar á administración contratante ningún pagamento por tal concepto, e sen que estes gastos superen os 2.000,00 €. 20. RESPONSABLE DO CONTRATO A Deputación poderá designar a un responsable do contrato, vinculado a esta institución, ó que lle corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. A designación ou non do responsable non eximirá o contratista da correcta execución obxecto do contrato, salvo que as deficiencias sexan debidas á orde directa do responsable designado, con expresa reserva escrita por parte do contratista tanto ó propio responsable coma ó órgano de Contratación. 21. EXECUCIÓN DO SERVIZO E RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA O contrato executarase con suxeición ó establecido nas súas cláusulas e nos pregos de acordo coas instrucións que para a súa interpretación lle dese o contratista ó órgano de Contratación. O contratista será o responsable da calidade técnica dos traballos que desenvolva e das prestacións e servizos realizados, así como das consecuencias que se deduzan para a Administración ou para terceiros das omisións, erros, métodos inadecuados ou conclusións incorrectas na execución do contrato. 22. EXECUCIÓN DEFECTUOSA E DEMORA O contratista está obrigado a cumprir o contrato dentro do prazo fixado para a súa realización, así como os prazos parciais sinalados para a súa execución sucesiva. Se os servizos sufrisen un atraso na súa execución, e sempre que este non fose imputable ó contratista e este ofrecese cumprir os seus compromisos, o órgano de Contratación concederá un prazo que será, polo menos, igual ó tempo perdido, a non ser que o contratista pedise outro menor segundo o establecido no artigo 213.2 do TRLCSP, regulándose a súa petición polo establecido no artigo 100 do RXLCAP. A petición de prórroga por parte do contratista deberá ter lugar nun prazo máximo de quince días desde aquel en que se produza a causa orixinaria do atraso, alegando as razóns polas que estime que non lle é imputable e sinalando o tempo probable da súa duración, para que a Administración poida oportunamente e sempre antes de que remate o prazo de execución do contrato, resolver sobre a prórroga deste, sen prexuízo de que unha vez desaparecida a causa se reaxuste o prazo prorrogado ó tempo realmente perdido. Cando o contratista, por causas imputables a el, incorrese en demora respecto ó cumprimento do prazo total, a Administración poderá optar, indistintamente, pola resolución do contrato ou pola imposición de penalidades que figuran no presente prego. Cada vez que as penalidades por demora alcancen un múltiplo do 5% do prezo do contrato o órgano de Contratación estará facultado para proceder á súa resolución ou acordar a continuidade da súa execución con imposición de novas penalidades. Neste último suposto o órgano de Contratación concederá a ampliación do prazo que estime necesaria para a terminación do contrato. Así mesmo, a Administración terá as mesmas prerrogativas cando a demora no cumprimento dos prazos parciais faga presumir razoablemente a imposibilidade do cumprimento do prazo total. A aplicación e o pagamento destas penalidades non exclúen a indemnización á que a Administración poida ter dereito por danos e perdas ocasionadas con motivo do atraso imputable ó contratista. 23. GARANTÍA DOS SERVIZOS O prazo de garantía comezará a contar desde a data de recepción do servizo. A garantía definitiva responderá dos seguintes conceptos: a) Das penalidades impostas ó contratista segundo o artigo 212 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público. b) Da correcta execución das prestacións contempladas no contrato, dos gastos orixinados á Administración pola demora do contratista no cumprimento das súas obrigas, e dos danos e prexuízos ocasionados con motivo da execución do contrato ou polo seu incumprimento, cando non proceda a súa resolución. c) Da incautación que poida decretarse nos casos de resolución do contrato, de acordo co establecido no citado Real decreto lexislativo. Durante este prazo de garantía terá dereito o contratista a coñecer e ser oído sobre a aplicación do servizo realizado. 24. DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN A documentación incluída no sobre A dos licitadores que non resultasen adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, previo aviso ó Servizo de Contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no correo contratacion@depo.es, transcorridos tres meses, contados desde o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores e durante o prazo de 30 días naturais, salvo que a Administración considere oportuno retela no suposto que teñan interposto reclamacións ou recursos ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorridos os prazos anteriormente mencionados, esta Administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 25. RESOLUCIÓN DO CONTRATO O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos art. 223 e 308 do TRLCSP. 26. RECURSOS E XURISDICIÓN COMPETENTE As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, resolveraas o órgano de Contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contenciosa administrativa, a teor do disposto na lei reguladora de dita xurisdición.” Ditos anexos son como seguen: “ANEXO I 1.- DEFINICIÓN E CARACTERÍSTICAS DO CONTRATO 1.1.- DEFINICIÓN E OBXECTO DO CONTRATO A xestión, desenvolvemento e execución do programa “Coidarte” para o ano 2015. Este programa de carácter social ten como finalidade fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas, establecendo novas relacións sociais e favorecendo a participación en actividades que melloren o seu estado anímico, potenciando movementos de participación e cooperación social, promovendo espazos de encontro e intercambio de experiencias e a súa independencia, evitando deste xeito o illamento e a situación de soidade. O programa vai dirixido a:  Persoas nacidas antes de 1965, feito que deberán acreditar co Documento Nacional de Identidade ou Documento de Identificación de Estranxeiro.  Persoas xubiladas e pensionistas que acheguen unha fotocopia do certificado de pensión.  Persoas que, sen cumprir os perfís anteriores, precisen dun respiro familiar, o que deberán acreditar mediante informe do traballador social do concello. A metodoloxía do programa baséase en pasar 5 días consecutivos, de luns a venres, en quenda de mañá ou de tarde, utilizando durante dúas horas as instalacións dun balneario, spa, talaso ou instalación de similares características da Provincia de Pontevedra, facendo uso dos servizos que alí se oferten (circuítos de auga, jacuzzi, sauna, estufa de vapor, camas de masaxe, etc) incluíndo os traslados en autocar con cartel identificativo do programa e un guía acompañante, que recollerá os beneficiarios no punto estipulado previamente, trasladaraos ata o establecemento elixido e viceversa. O número de prazas ofertadas do programa establécese nun máximo de 2.625 persoas, se ben, a Deputación de Pontevedra non se comprometerá a garantir neste contrato o número mínimo de prazas, xa que a cantidade resultante dependerá do número de persoas solicitantes e que finalmente participen na actividade. 1.2. PROCEDEMENTO Cualificación do contrato: servizos especial Trámite: ordinario CPV: 63500000 Procedemento: aberto Órgano de Contratación: Xunta de Goberno Prazo de presentación de ofertas: 15 días naturais (artigo 159.2 do R. d. l. 3/2011) a contar dende o día seguinte ó da publicación do anuncio no BOP. 1.3. TIPO DE LICITACIÓN, ORZAMENTO MÁXIMO ESTIMADO DO CONTRATO E FINANCIAMENTO A) TIPO DE LICITACIÓN: Formulación do prezo: prezos unitarios Importe máximo estimado (IVE incluído): 140,00 € O contrato será cofinanciado pola Deputación de Pontevedra, os concellos adheridos e os usuarios participantes no programa de acordo coa seguinte distribución:  A Deputación de Pontevedra aportará a cantidade de 40,00 € por participante.  Os concellos adheridos o programa achegarán a cantidade de 10,00 € por participante.  Os participantes abonarán a cantidade resultante de descontar a subvención da Deputación de Pontevedra e a do seu concello se está adherido o programa, do prezo do balneario escollido. Se o concello non está adherido o programa, os participantes achegarán o importe correspondente. B) FINANCIAMENTO: Cadro de financiamento da parte correspondente a Deputación de Pontevedra: Anualidade Aplicación orzamentaria Importe 2015 232.2311.227.07 105.000,00 € Dado que se trata dunha tramitación anticipada, a adxudicación do presente contrato quedará condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente no Orzamento provincial do exercicio 2015. Revisión de prezos: non procede. 1.4. PRAZO DE EXECUCIÓN O prazo de execución do contrato será desde o día seguinte a firma do contrato ata o 31 de decembro de 2015. 1.5. RÉXIME DE PAGAMENTOS Lugar de presentación e forma da factura: O adxudicatario presentará a/as factura/s expedidas no Rexistro Xeral da Deputación de Pontevedra, en tempo e forma, para os efectos da súa remisión ó órgano administrativo a quen corresponda a súa tramitación. Na/s mesma/s deberá identificarse o servizo ó que se dirixe co código de clasificación e denominación (230 Servizos Sociais e Promoción de Emprego) ademais do concepto obxecto da/s mesma/s. Forma de pago: O pago do prezo do contrato efectuarase coas correspondentes facturas expedidas e presentadas necesariamente nos primeiros 15 días do mes seguinte á realización da actividade. As facturas serán aboadas unha vez emitido o correspondente informe favorable ou de conformidade do responsable da unidade administrativa que reciba ou supervise o traballo, ou no seu caso, do designado polo órgano de contratación como responsable designado do contrato.  A factura deberá recoller unha relación de todas as persoas que participaron na actividade (indicando nome completo, dous apelidos, DNI/NIE e concello de orixe) e os xustificantes de pago do importe da achega aboada por cada un dos participantes na mesma orde que a antedita listaxe (indicando nome completo, dous apelidos, DNI/NIE e concello de orixe).  Un informe xustificativo dos traballos e avances.  O pago da parte que lle correspondente abonar os beneficiarios do programa será abonado por estes directamente á empresa adxudicataria de conformidade coas súas indicacións. Acreditarase o pago mediante un recibo firmado por cada asistente a viaxe.  O pago da parte que lle corresponde abonar os concellos da provincia de Pontevedra adheridos ó programa, efectuarase contra a prestación das correspondentes facturas no concello. 1.6. GARANTÍAS Provisional: non procede Definitiva: 5.250,00€ Prazo de garantía mínimo: non se esixe. 1.7. PENALIZACIÓNS No suposto de incumprimento dos compromisos ou das condicións especiais de execución do contrato ofertados polo contratista poderase optar entre a resolución do contrato ou a imposición de penalidades establecidas no artigo 212 do TRLCSP. 2. SOLVENCIA ECONÓMICA, FINANCEIRA E TÉCNICA (documentación a presentar na fase de requirimento, segundo figura na cláusula 13.1 do prego económico-administrativo). Clasificación: non se esixe. Acreditación da solvencia económica, financeira e técnica. A) Solvencia económica e financeira: Deberase acreditar unha cifra media de negocio dos servizos realizados pola empresa nos últimos tres anos, igual ou superior á do orzamento total do contrato, IVE incluído. Documentación a presentar: a) No caso de entidades con personalidade xurídica propia (sociedades mercantís): - Contas anuais dos tres últimos anos presentadas no Rexistro Mercantil ou no rexistro oficial que corresponda, e/ou os modelos 200 (Declaración-liquidación do Imposto sobre Sociedades) dos tres últimos anos. b) No caso de titulares de actividades económicas no ámbito do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF): b.1) Empresarios e profesionais con tributación do IRPF mediante o método de estimación directa normal ou simplificada: - Libro rexistro de vendas e ingresos dos tres últimos anos (debendo estar debidamente legalizados para aqueles que teñan a dita obriga). - Modelo 390 (declaración resumo anual IVE) dos tres últimos anos e/ou modelo 100 (documento de ingreso ou devolución da declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas) dos tres últimos anos. b.2) Empresarios e profesionais con tributación do IRPF mediante o método de estimación obxectiva: - Libro rexistro de vendas e ingresos dos tres últimos anos e/ou modelo 100 (documento de ingreso ou devolución da declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas) dos últimos tres anos. - Declaración responsable asinada polo representante legal que acredite que o libro de rexistro de vendas e ingresos reflicte a imaxe fiel da actividade económica da empresa. No caso de non dispor do libro de rexistro de vendas e ingresos, a declaración debe acreditar que o rendemento neto da actividade reflicte a imaxe fiel da actividade económica da empresa. B) Solvencia técnica: Para acreditar a solvencia técnica o licitador deberá presentar os seguintes documentos: Relación dos principais servizos ou traballos realizados no curso dos tres últimos anos relacionados co obxecto do contrato. Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados de boa execución expedidos ou visados por un único órgano competente cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou, no seu caso, a falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario. Nestes certificados indicaranse o importe, as datas e o destinatario, público ou privado, e se precisará si os servizos ou traballos se realizaron segundo as regras polas que se rexe a profesión e se levaron normalmente a bo termo (cumplimentar o Anexo V). O importe total destes contratos xustificados deberá ser igual ou superior ó orzamento deste contrato (IVE engadido). C) Acreditación, mediante orixinal ou copia compulsada, da póliza subscrita e do aboamento da mesma dun seguro de responsabilidade civil por importe mínimo de 600.000,00€ A actividade descrita na póliza debe corresponderse coa actividade obxecto do contrato e ningunha exclusión debe limitar a súa cobertura en relación con esta. Os asistentes as instalacións deben considerarse terceiros. 3. CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO Pluralidade de criterios: si Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta de maior vantaxe económica atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: 3.1. Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (sobre B) Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valoraranse cun máximo de 49 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: 1. Deseño e implantación do programa, ata un máximo de 16 puntos. 2. Coordinación, seguimento e avaliación da execución do programa, ata un máximo de 5 puntos. 3. Promoción e difusión do programa, ata un máximo de 8 puntos. 4. Procedemento de xestión do programa, ata un máximo de 13 puntos. 5. Outras melloras, ata un máximo de 4 puntos. 6. Características e melloras dos seguros ofertados, ata un máximo de 3 puntos. 3.1.1. Deseño do programa, ata un máximo de 16 puntos. Valorarase o deseño do programa de acordo cos seguintes aspectos fundamentais: 1. Establecementos propostos. Valoraranse das instalacións tipo balneario, talaso ou spa que se requiren, como mínimo (4 establecementos) as súas características, comunicacións, servizos ofertados, sempre que cumpran como mínimo co requirido nos pregos. 2. Medios de locomoción e estratexia de traslados. Valorarase a calidade e seguridade dos servizos de locomoción sempre que cumpran os requisitos mínimos establecidos nos pregos. Así mesmo, tamén será obxecto de valoración a estratexia previa a seguir na organización dos traslados, o menor tempo de duración dos mesmos e que sexan o máis directos posibles. 3. Material a subministrar no establecemento. Valorarase o material a subministrar polo establecemento a cada beneficiario sempre que cumpra como mínimo o esixido nos pregos. 3.1.2. Coordinación, seguimento e avaliación da execución do programa, ata un máximo de 5 puntos. Valorarase a coordinación, seguimento e avaliación da execución do programa de acordo ós seguintes aspectos fundamentais: 1. Procedemento de organización e enquisas de satisfacción. Valorarase o procedemento de organización que se desenvolverá para a execución dos traballos, as enquisas de avaliación e o programa de envorcado de datos, a estrutura e contidos de ditas enquisas. 2. Memoria de avaliación do programa. Valorarase a proposta da memoria que se presentará ó remate da actividade, os contidos que reflectirá, estrutura, anexos, etc. 3.1.3. Promoción e difusión do programa, ata un máximo de 8 puntos. Valoraranse as actuacións e metodoloxía para a captación de participantes, publicidade do programa (prensa, radio, televisión, etc; reparto de flyers, dípticos, cartelería, etc., outras medidas de carácter publicitario). 3.1.4. Procedemento de xestión do programa, ata un máximo de 13 puntos. Valorarase o procedemento de xestión do programa e temporalización na elaboración das bases de datos dos solicitantes, o procedemento de comunicación co beneficiario (datas, horarios e lugar de recollida), a antelación das notificacións e medios técnicos dispoñibles (número de liñas e terminais telefónicos dispoñibles para o programa), o procedemento para o cobro do programa ós usuarios e xustificantes de pagamento e o protocolo detallado de actuación en caso de accidente ou outras incidencias e relación detallada dos recursos humanos integrantes do equipo técnico. 3.1.5. Outras melloras, ata un máximo de 4 puntos Valoraranse como melloras as seguintes: - Elaboración e entrega dunha reportaxe fotográfica de cada grupo, a cada un dos participantes, cun mínimo de 10 fotografías. - Servizo dun refrixerio durante os traslados ós participantes. - Excursións - Proporcionar material útil para o programa (exemplo: obsequios de viseiras, panos da cabeza, sombreiros, etc.). - Gratuidades para acompañantes de grupos de usuarios pertencentes a entidades de iniciativa social, que polas súas características especiais, sexa aconsellable o acompañamento dunha figura de referencia para a súa participación no programa. - Outras melloras propostas polo licitador. 3.1.6. Características e melloras dos seguros ofertados, ata un máximo de 3 puntos. Valorarase a existencia doutros seguros e as melloras ós requiridos na solvencia. NOTA MOI IMPORTANTE: na documentación que se presente no sobre B non se poderá incluír ningún dato que permita intuír a proposta económica ofertada polo licitador. Toda referencia económica en relación ó servizo prestado ou relativa aos criterios de valoración automática presentarase única e exclusivamente no sobre C. O incumprimento deste precepto suporá a exclusión da oferta no proceso de licitación. 3.2. Enumeración dos criterios de valoración automática (Sobre C) Nota importante: só se procederá á apertura e valoración das propostas do sobre C daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 30 puntos. Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 51 puntos de conformidade cos seguintes criterios: 3.2.1. Prezo medio unitario por beneficiario, ata un máximo de 31 puntos O prezo medio unitario por beneficiario calcularase tendo en conta os prezos de todos os balnearios, talasos, spas ou similares ofertados, incluídos os opcionais. Da suma de todos estes prezos farase a media aritmética, e este dato será o que se aplicará nas fórmulas do Anexo III. 3.2.2. Balneario, talaso, spa ou similar ofertado a maiores dos catro obrigatorios, ata un máximo de 20 puntos. Estes criterios valoraranse en función das fórmulas establecidas no Anexo III. Entenderase por ofertas admitidas todas aquelas que non quedasen excluídas unha vez realizado o exame da documentación administrativa contida no sobre A e a análise técnica da documentación contida no sobre B. 4. DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR SOBRE A: DOCUMENTACIÓN ADMINISTRATIVA Este sobre conterá os seguintes documentos: 1.- Unha relación de todos os documentos incluídos neste sobre. 2.- Declaración responsable subscrita pola persoa que firme a proposición, de acordo co modelo que se adxunta no Anexo II. 3.- Compromiso do licitador de dedicar ou adscribir ao contrato os medios persoais e materiais suficientes necesarios para a debida execución do mesmo, aos que se refire o artigo 64.2 do TRLCSP. En particular, en canto ós medios persoais, deberá especificar o compromiso de dedicar ou adscribir un coordinador, dous técnicos de xestión e guías acompañantes. Sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación do contrato. 4.- As empresas estranxeiras presentarán unha declaración de someterse a xurisdición dos xulgados e tribunais españois de calquera orden, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto poida xurdir do contrato, con renuncia, se é o caso ao foro xurisdicional estranxeiro que puidera corresponderlle o licitador. En todo caso as empresas estranxeiras presentarán os seus documentos debidamente traducidos de forma oficial ao castelán ou galego. 5.- Compromiso de adscribir xunto coa execución do contrato dun seguro de responsabilidade civil por importe mínimo de 600.000,00€. A acreditación da póliza subscrita e comprobante de abono deberase presentar na fase de requirimento. A actividade descrita na póliza debe corresponderse coa actividade obxecto do contrato e ningunha exclusión debe limitar a súa cobertura en relación con esta. Os beneficiarios do programa (asistentes aos centros) deben considerarse terceiros. SOBRE B: DOCUMENTACIÓN CORRESPONDENTE Á VALORACIÓN DE CRITERIOS NON AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS Presentarase pechado e cos seguintes documentos: O licitador deberá presentar a oferta técnica por escrito e en formato dixital. A oferta do licitador deberá estar paxinada e conter un índice detallado. O formato dixital deberá entregarse en soporte CD ou DVD, coa seguinte etiqueta: Empresa Nome do fichero Oferta_Técnica.doc Oferta_Técnica.pdf A versión dixital achegarase nun único ficheiro cunha versión en formato.pdf e outra en .doc. O tipo de letra utilizado será Helvética 12, excepto para os títulos, que será Helvética 14. Utilizarase un interliñado a 1,5 e o espazo entre parágrafos será a 6 puntos. A extensión máxima da proposta técnica non poderá exceder as 50 páxinas, excluídos os anexos. Durante o proceso de valoración das ofertas non se terán en conta aquelas que non presenten toda a documentación no formato dixital indicado anteriormente. A exposición da oferta axustarase, como mínimo, e na mesma orde, ós diferentes apartados que a continuación se detallan (cláusula 7 do prego de prescricións técnicas): ÍNDICE 1.- Deseño e implantación do programa: Describir de forma global a solución proposta polo licitador indicando aqueles aspectos que a xuízo do licitador sexan clave para o cumprimento dos obxectivos do programa:  Establecementos propostos (spas, talasos, balnearios, etc.).  Medios de locomoción e características.  Estratexia a seguir na organización dos traslados.  Descrición do material subministrado (como mínimo, chanclas e gorro serigrafiado). 2.- Coordinación, seguimento e avaliación da execución do programa:  Estratexia de coordinación entre a Deputación, os concellos e a empresa adxudicataria.  Metodoloxía de avaliación. 3.- Promoción e difusión do programa:  Actuacións previstas en materia de difusión e publicidade (como mínimo 1.300 trípticos a cor, 5 anuncios en prensa local e 25 cuñas de radio). 4.- Procedemento de xestión do programa:  Procedemento e temporización na elaboración das bases de datos de solicitantes.  Procedemento de comunicación cos beneficiarios; datas, horarios e lugar de recollida; antelación coa que notifica e medios técnicos dispoñibles; número de liñas e terminais telefónicos dispoñibles para o programa.  Antelación das notificacións e medios técnicos dispoñibles (número de liñas e terminais telefónicos dispoñibles para o programa).  Procedemento para o cobro do programa ós usuarios e xustificantes de pagamento.  Protocolo detallado de actuación en caso de accidente ou outras incidencias.  Relación detallada dos Recursos Humanos integrantes do equipo técnico. Deberase detallar o equipo de traballo asignado a execución do programa que como mínimo contará con (cumprimentar os Anexos VI e VII deste prego):  1 Coordinador: Profesional con máis de dous anos de experiencia acreditada no sector turístico, realizando labores de xestión e coordinación de viaxes en grupo.  2 Técnicos de xestión: Profesionais con mais de dous anos de experiencia acreditada no sector turístico, realizando labores de planificación, xestión e control de viaxes en grupo.  Guías acompañantes: Profesionais con máis de dous anos de experiencia acreditada no sector turístico, realizando labores de responsable de grupo en viaxes. Deberanse achegar xunto cos anexos anteriormente citados, os curriculums vitae e descrición de cada un deles. Nota importante: o equipo humano deberá estar formado inicialmente polos compoñentes relacionados na oferta adxudicataria coa valoración previa da Deputación de Pontevedra. Non obstante, poderán autorizarse cambios nesta composición sempre que:  Se presente unha xustificación escrita detallada e suficiente na que se explique o motivo do cambio.  Se presenten posibles candidatos cun perfil de cualificación igual ou superior ó da persoa a substituír.  O responsable por parte da Deputación de Pontevedra acepte a un dos candidatos propostos. Pola súa parte, se o adxudicatario que durante a execución do contrato propón o cambio dunha das persoas do equipo de traballo deberá facelo por escrito cun mes de antelación e expoñendo as razóns que obrigan á devandita proposta. 5.- Características e melloras nos seguros ofertados. Deberanse detallar as características dos seguros e permisos. 6.- Outras melloras:  Elaboración e entrega dunha reportaxe fotográfica de cada grupo, a cada un dos participantes, cun mínimo de 10 fotografías.  Servizo de refrixerio durante os traslados os participantes.  Excursións  Proporcionar material útil para o programa (exemplo: obsequios de viseiras, panos da cabeza, sombreiros, etc.).  Gratuidades para acompañantes de grupos de usuarios pertencentes a entidades de iniciativa social, que polas súas características especiais sexa aconsellable o acompañamento dunha figura de referencia para a súa participación no programa.  Outras melloras propostas polo licitador. 7.- Deberase indicar a parte do contrato que o empresario ten eventualmente o propósito de subcontratar de conformidade co establecido na claúsula 15 do presente prego. Ademais da relación mínima de documentación o licitador poderá presentar todos aqueles documentos que considere oportunos para a perfecta definición do servizo, entendendo que, no caso de non indicarse un aspecto determinado, se cumpren os requisitos mínimos establecidos no prego. SOBRE C: DOCUMENTO CORRESPONDENTE Á VALORACIÓN DE CRITERIOS AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS Presentarase pechado e co seguinte documento: Modelo de proposición seguindo o modelo determinado no Anexo IV do prego de condicións, asinado e selado. Este modelo conterá a oferta económica que se realice. Non se aceptarán aquelas propostas que conteñan omisións, erros ou riscaduras que impidan coñecer claramente o que a Administración estime fundamental para considerar a oferta. Se algunha proposición non gardase concordancia coa documentación examinada e admitida, excedese do presuposto base de licitación, variase substancialmente o modelo establecido, comportase erro manifesto no importe da proposición, ou existise recoñecemento por parte do licitador de que adoece de erro ou inconsistencia que a fagan inviable, poderá ser descartada pola Mesa de Contratación. Así mesmo, cando para a selección do contratista se atenda a unha pluralidade de criterios, incluirase neste sobre a documentación relativa a aqueles criterios avaliables de xeito automático mediante cifras ou porcentaxes por aplicación das fórmulas establecidas nos pregos.” “ANEXO II. DECLARACIÓN RESPONSABLE (SOBRE A) Nota: este modelo pode descargarse en formato .pdf para cubrir na área de descargas do seguinte enderezo web: http://www.depo.es/web/edepo/contratacion1 “ANEXO III.- FÓRMULAS A APLICAR PARA A VALORACIÓN DOS CRITERIOS AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS (SOBRE C) A) Valoración do prezo medio unitario por beneficiario ofertado, ata un máximo de 31 puntos. O prezo medio unitario por beneficiario calcularase tendo en conta os prezos de todos os balnearios, talasos, spas ou similares ofertados, incluídos os opcionais. Da suma de todos estes prezos farase a media aritmética, e este dato será o que se aplicará nas fórmulas do Anexo III. Entenderase por ofertas admitidas todas aquelas que non quedaran excluídas unha vez realizan o exame da documentación administrativa contida no sobre A e a análise técnica da documentación contida no sobre B. • P: prezo de licitación • N: número de ofertas • O1, O2,….,On: valor das n ofertas, • B1, B2,….,Bn: baixas absolutas (Bi=P-Oi, i=1,…., n), • b1, b2, ….., bn: baixas porcentuais con respecto a • bmax,bmin: baixas porcentuais máxima e mínima, • bm: baixa porcentual media • Vmax: máxima valoración posible • Wmax: máxima valoración de acordo coas ofertas presentadas • Wi: valoración previa da oferta i-ésima entre 0 e Wmax, i=1, ….., n • Vi: valoración final da oferta i-ésima entre 0 e Vmax, i=1, ….., n Nota. Dado que as baixas negativas corresponderían a ofertas superiores ó prezo de licitación (e por tanto, non admisibles), suponse que as baixas bi son iguais ou maiores que cero. 1. Valoración máxima inicial de acordo coas ofertas presentadas 2. Valoración previa entre 0 e Wmax Unha puntuación inicial Wi da oferta i-ésima calcúlase por interpolación a intervalos do seguinte modo (ver figura 1): • Se (oferta entre o prezo de licitación –baixa nula– e a oferta media) entón a súa valoración é proporcional entre os valores Se bi>bm (baixa superior a baixa media) entón a súa valoración é proporcional entre e Wmax 3. Valoración final entre 0 e Vmax En xeral as puntuacións iniciais anteriores resultan moi pequenas, sobre todo cando as ofertas son moi iguais. Polo tanto, as baixas non terían moito peso na adxudicación dos contratos ou concursos. Proponse unha alternativa de reescalado das variacións previas para trasladar as puntuacións ó intervalo [0, Vmax], sumando a cada valoración previa unha cantidade S quasi-proporcional á baixa: • Se : • Se : A valoración final das ofertas obtense agora do modo seguinte: , =l,….., n Entendéndose que a puntuación máxima Vmax só se atende se a baixa máxima (bmax) é igual ou superior ó 20 % (figura 2). Nota. No caso particular en que todas as ofertas sexan iguais en prezo de licitación tense b1= b2= …..= bn = bm =bmax =0 polo que as valoracións anteriores non son válidas (se teñen divisións por cero). Neste caso, acordamos outorgar a todas elas unha puntuación nula (Vi=0). Na práctica esta situación tamén se produce cando as baixas son todas moi pequenas aínda que non sexan exactamente cero. Por iso propomos dar unha puntuación nula a todas as ofertas sempre que . 4. Fórmula completa para a valoración de ofertas 1.- Definición de Wmax : 2.- Definición de S:  Se : ,  Se : 3.- Valoración das ofertas cando bmax > . Para i=1,…..,n:  Se entón ,  Se entón 4. Valoración das ofertas cando  Para ,…..,n: PRESUNCIÓN DE OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU DESPROPORCIONADOS (BAIXA TEMERARIA) Para os efectos de consideración de presunción de ofertas con valores anormais ou desproporcionados considerarase que están incursas nesta situación aquelas cuxa porcentaxe de baixa exceda as porcentaxes que se sinalan a continuación, en función do número de empresas presentadas e admitidas a procedemento: - Unha oferta: será anormal se a súa baixa porcentual é superior ó 25% do prezo de licitación. - Dúas ofertas: unha das ofertas será anormal se a súa baixa porcentual é superior á doutra en máis de 20 unidades. - Tres ofertas: serán anormais aquelas que teñan baixas porcentuais superiores en máis de 10 unidades á media aritmética das baixas porcentuais das baixas admitidas. Con todo, excluirase para o cómputo da dita media a oferta coa baixa porcentual máis pequena cando sexa inferior en máis de 10 unidades a esa media. En calquera caso, consideraranse anormais todas as ofertas con baixas porcentuais superiores ó 25% do prezo de licitación. - Catro ofertas ou máis: consideraranse temerarias aquelas ofertas con baixas porcentuais que sexan superiores en máis de 10 unidades á media das baixas porcentuais das ofertas admitidas. No entanto, se entre elas existen baixas porcentuais inferiores en máis de 10 unidades a dita media, calcularase unha nova media só coas ofertas que non estean no suposto indicado. En todo caso, se o número das restantes ofertas é inferior a tres, a nova media calcularase sobre as tres ofertas de menor contía (maior baixa porcentual). • n = 1: se b1 > 25, entón a oferta 1 (única) é temeraria • n = 2: supoñemos que . Se entón a oferta 2 é temeraria Obsérvese que a condición equivale a porque • n = 3: supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ b3. Sexa definida como: = (b2 + b3) se b1 < bm - 10 bm en caso contrario Para i = 1,2,3, se b1 >25 ou b1 > + 10 a oferta i é temeraria. • N ≥ 4: supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ bn. Se b1 < bm – 10 sexa 1 ≤ l ≤ n tal que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ b1 < bm – 10, bl+1 ≥ bm – 10 Definimos: = se e se e , bm si Para i = 1,2,……,n, se b1 > b*m + 10 a oferta i é temeraria Cando a Mesa de Contratación presuma fundadamente que a proposición non se poida cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas daráselle audiencia ó contratista por un prazo máximo de cinco días hábiles para que xustifique a valoración da oferta e precise as súas condicións, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, ás solucións técnicas adoptadas e ás condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, á orixinalidade das prestacións propostas, ó respecto das disposicións relativas á protección do emprego e ás condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia realizar a prestación, ou a posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de Contratación, considerando a xustificación efectuada polo licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación provisional a favor da seguinte proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde en que fosen clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. B) Balneario, talaso, spa ou similar ofertado a maiores dos catro obrigatorios outorgarse, ata un máximo de 20 puntos. Outorgaranse automaticamente 10 puntos por cada balneario, talaso, spa ou similar ofertado a maiores dos catro obrigatorios. Establecéndose un máximo de dous establecementos a maiores.” “ANEXO IV. MODELO DE PROPOSICIÓN (SOBRE C) Don......................................................................................, maior de idade, veciño de..........................................................................., con domicilio en …………………..................................., titular do DNI........................................., expedido en data.................................., actuando en nome propio ou en representación da empresa ........................................................................... (CIF núm. ...........................) e con domicilio en ……………................., teléfono.................... segundo declaro responsablemente. Decatado do anuncio para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente ó servizo (especificar denominación do servizo): Primeiro.- Declaramos que na execución do contrato se cumprirán as obrigas derivadas das disposicións vixentes en materia de protección do emprego, condicións de traballo e prevención de riscos laborais. Segundo.- Comprometémonos a prestar o servizo con estrita suxeición ós pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que aceptamos en todas as súas partes, coas seguintes condicións: - Prezo por beneficiario do programa para cada un dos catro establecementos ofertados: Nome do establecemento Prezo total unitario (IVE incluído) 1 ………….€ 2 ………….€ 3 ………….€ 4 ………….€ - Prezo por beneficiario do programa para cada un dos establecementos que se oferten a maiores (ata un máximo de dous) dos catro obrigatorios: Nome do establecemento Prezo total unitario (IVE incluído) 1 ………….€ 2 ………….€ ……………………………………., ….. de …………………… de ……….. (Lugar, data, sinatura e selo do licitador)” 36.22945.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA XESTIÓN, DESENVOLVEMENTO E EXECUCIÓN DO PROGRAMA DE BALNEARIOS “SAÚDE E BENESTAR” PARA O ANO 2015 A Deputación de Pontevedra, coa finalidade de mellorar a calidade de vida das persoas, establecer novas relacións sociais e favorecer a participación en actividades que melloran o seu estado anímico, convoca, un ano máis, o programa de balnearios “Saúde e Benestar” para o ano 2015, o custo para a Institución Provincial estímase na cantidade máxima noventa mil euros (90.000,00€) IVE incluído, polo que, mediante informe, de data 24 de novembro de 2014, emitido pola Xefa de negociado do Servizo de Servizos Sociais do Centro Príncipe Felipe, solicítase que se inicie a contratación da xestión, desenvolvemento e execución de dito programa. Visto o informe do Xefe do Servizo de Contratación de data 28 de novembro de 2014, no que determina a natureza xurídica do contrato e xustifica no expediente a elección do procedemento, sendo este un contrato administrativo especial de servizos. Resultando que polo Servizo de Contratación se elabora o proxecto do prego de condicións administrativas. Resultando que con data 11 de decembro de 2014, o Sr. Secretario Xeral informa dito proxecto de prego e posteriormente se traslada o expediente de contratación ó Servizo de Intervención para que fiscalice o mesmo nos termos previstos na Lei 47/2003, de 26 de novembro. Visto o informe de fiscalización, de data 17 de decembro de 2014, emitido polo Sr. Interventor, no que se establece que por tratarse dunha tramitación anticipada, as obrigas derivadas deste contrato quedarán condicionadas a existencia de crédito adecuado e suficiente no Orzamento do exercicio 2015 e faranse con cargo á aplicación 2015/232.2311.227.07 do Orzamento provincial. Así mesmo se poñen de manifesto unha serie de observacións e recomendacións. Considerando que a disposición adicional segunda do referenciado R.d.l. 3/2011, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do Orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento aberto, da xestión, desenvolvemento e execución do programa de balnearios “Saúde e Benestar 2015”, pola cantidade máxima de noventa mil euros (90.000,00€) IVE incluído de acordo ó seguinte detalle:  O prezo de licitación do programa (IVE incluído): 300,00€ por participante.  O financiamento do programa realizarase do seguinte modo: - A Deputación de Pontevedra achegará a cantidade de 30,00€ por participante. - Os participantes do programa achegarán a cantidade restante ata acadar o prezo de adxudicación do establecemento elixido. 2.- Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán en dito procedemento aberto. 3.- O pago do contrato quedará condicionado á existencia de crédito adecuado e suficiente no Orzamento do exercicio 2015 que se realizará con cargo á aplicación orzamentaria 15/232.2311.227.07. 4.- Iniciar o procedemento de adxudicación para dita contratación, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia, de conformidade co estipulado no artigo 159.2 do citado R.d.l. 3/2011. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES XERAIS QUE REXERÁN NA CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA XESTIÓN, DESENVOLVEMENTO E EXECUCIÓN DO PROGRAMA DE BALNEARIOS “SAÚDE E BENESTAR 2015” Nº Expte: 2014019610 1. OBXECTO O obxecto do contrato ó que se refire o presente prego é o servizo/s descrito/s no/s apartado/s 1 do/s anexo/s I, nos que se recollen as necesidades administrativas para satisfacer mediante o contrato, describindo as características do/s servizo/s e a forma de levar a cabo a prestación por parte do adxudicatario. No caso de que o procedemento aberto se divida por lotes haberá un anexo I por cada uns deles. Para dito contrato contempláronse na súa elaboración os preceptos do Libro II do RXLCAP. O prego de prescricións técnicas particulares e o prego de cláusulas administrativas particulares revestirán carácter contractual. Se o contrato está dividido en lotes os licitadores poderán optar a un deles, a varios ou a todos, salvo que se estableza un número máximo de lotes por licitador, para o que se seguirá o estipulado no apartado 1 do Anexo I deste prego. 2. FINANCIAMENTO E ORZAMENTO DE LICITACIÓN Este contrato será financiado do modo que se establece no apartado 1 do Anexo I e distribuído nas anualidades previstas. O orzamento base de licitación do contrato ascende á cantidade expresada no apartado 1 do Anexo I deste prego, incluíndo en dita contía todos os factores de valoración e gastos que, segundo os documentos contractuais e a lexislación vixente son, por conta do adxudicatario igual cós tributos de calquera índole. En calquera caso, indicarase como partida independente o importe do Imposto sobre o Valor Engadido (IVE). As proposicións que se presenten no caso de superar o orzamento base de licitación serán descartadas automaticamente. 3. RÉXIME XURÍDICO O contrato o que se refire o presente prego ten a cualificación de contrato administrativo especial segundo o disposto no artigo 19.1.b) do Real Decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro y de acordo co criterio emitido pola Xunta Consultiva de Contratación Administrativa, entro outros, no informe 47/99, de 21 de decembro de 1999, toda vez que a presentación do contratista non ten como destinatario directo a propia Administración senón o usuario. Por tanto, rexerase polo establecido no presente Prego e no de Prescricións Técnicas, polas normas contidas no Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, modificada pola Lei 14/2013, de 27 de setembro, de apoio aos emprendedores e á súa internacionalización (en diante TRLCSP), o Real Decreto Lexislativo 817/2009 de 8 de maio polo que se desenvolve parcialmente a LCSP e no que sexa aplicable no Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (en diante, RXLCAP) en todo o que non contradiga o TRLCSP, e en toda a demais normativa aplicable. O descoñecemento do contrato en calquera dos seus termos ou dos documentos anexos que forman parte deste, non eximirá ao contratista da obriga do seu cumprimento. O contratista acepta de forma expresa a submisión aos presentes pregos e á lexislación anteriormente citada, supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. O adxudicatario obrigarase ao cumprimento, baixo a súa exclusiva responsabilidade, das disposicións vixentes sobre relacións laborais, seguridade social, protección de datos de carácter persoal e calquera outra de carácter xeral. 4. PROCEDEMENTO O contrato adxudicarase por procedemento aberto e levarase a cabo atendendo a un único criterio de valoración -prezo- ou ben a unha pluralidade de criterios, segundo o disposto no apartado 3 do Anexo I deste prego e en aplicación do artigo 150 do TRLCSP, segundo os termos e requisitos establecidos no citado texto legal. 5. PERFIL DO CONTRATANTE Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos polo TRLCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá a través de Internet (www.depo.es) o seu perfil de contratante. Neste perfil publicaranse todas as noticias, aviso e documentación relativos a este contrato. Calquera dúbida existente a cerca dos pregos que rexen esta contratación será dirixida e resolta a través da dirección de correo electrónico contratacion@depo.es. 6. CAPACIDADE PARA CONTRATAR Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente clasificación e solvencia técnica que se dispoña no apartado 2 do Anexo I, nos termos que dispón o artigo 76 do TRLCSP e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 60 da mencionada norma. Os licitadores, persoas naturais ou xurídicas, deberán ter unha finalidade ou actividade que teña relación directa co obxecto do contrato, segundo resulte dos seus respectivos estatutos ou regras fundacionais, así como dispor dunha organización con elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. A efectos da licitación os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e as circunstancias que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de se constituír formalmente en unión temporal no caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios coincidirá coa do contrato ata a súa extinción. A administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan para o efecto (sen que sexa necesaria a súa formalización en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a administración debendo nomear ante ela a un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que se deriven do contrato ata a súa extinción, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobros e pagamentos dunha contía significativa. O momento decisivo para apreciar a concorrencia dos requisitos de capacidade e solvencia esixidos para contratar coa Administración será o de finalización do prazo de presentación de proposicións. 7. PRAZO DE EXECUCIÓN O prazo total de vixencia do contrato e os parciais, no seu caso, figuran no apartado 1 do Anexo I. O contratista estará obrigado a cumprir o contrato na súa totalidade dentro do prazo ofertado, así como nos prazos parciais sinalados. O contrato non poderá ter un prazo de vixencia superior a catro anos coas condicións e límites establecidos nas normas orzamentarias previstas das administracións públicas. Dito prazo só se prorrogará por mutuo acordo das partes antes da súa finalización, sempre que a duración total do contrato, incluídas as prórrogas, non exceda os seis anos e que as prórrogas non superen, illada ou conxuntamente, o prazo fixado orixinariamente, de conformidade co estipulado no artigo 303 do R.d.l. 3/2011 de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público. 8. INCUMPRIMENTO DO PRAZO Unha vez incumprido o prazo o contratista incorre automaticamente en demora, podendo a Administración optar entre a imposición de penalidades ou a resolución do contrato no caso de que as penalidades alcancen o 5% do prezo do contrato. Os importes destas penalidades faranse efectivos mediante a dedución destas na facturación que se produza ou, de ser o caso, da garantía, e sen que a aplicación e pagamento destas exclúa a indemnización á que a Administración poida ter dereito por danos e perdas ocasionadas polo atraso imputable ó contratista. 9. GARANTÍA DEFINITIVA O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas nos artigos 95 e 96 do TRLCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos dez días hábiles seguintes, contados desde o seguinte ó da recepción do correspondente requirimento. En caso de incumprir este requirimento no prazo sinalado entenderase que o licitador retirou a súa oferta, procedéndose, nese caso, a solicitarlle a dita documentación ó seguinte licitador, pola orde en que quedasen clasificadas as ofertas. A garantía definitiva ingresarase exclusivamente na Caixa da Deputación. 10. PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN 10.1. Lugar e prazo de presentación: As proposicións presentaranse no Rexistro xeral da Deputación, (sede de Pontevedra de 8:30 a 14:30 horas e de 17:00 a 19:00 horas, de luns a venres e os sábados de 9:00 a 13:00 horas; ou na sede da Deputación en Vigo, de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas) dentro dun prazo de quince días, a contar desde o día seguinte o da publicación do seu anuncio no BOP. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte a este. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos nos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados o empresario deberá xustificar a data e a hora da imposición do envío e anunciarlle ó órgano de Contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico (contratacion@depo.es), ou tamén mediante télex, fax (número 986 804 126) ou telegrama, sempre no mesmo día. 10.2. Formalidades: Os contratistas interesados na licitación deberán presentar tres sobres distintos, nos que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: -Sobre (A, B ou C). Poñer a letra en función do sobre correspondente. -Lote nº … (Especificar o número do lote o que se licita no caso de que o procedemento se divida en lotes). -Nº Expediente No caso que se coñeza. -Denominación do contrato -Nome do licitador -CIF -Enderezo, e-mail e teléfono de contacto. -Número de inscrición no rexistro de contratistas (se é o caso). A documentación a incluír en ditos sobres detállase no apartado 4 do Anexo I do presente prego. 11. MESA DE CONTRATACIÓN Estará integrada da seguinte maneira: Presidente: -O titular da Corporación ou o membro en quen delegue Vogais: -O Secretario xeral -O Interventor -O xefe do servizo responsable do contrato Secretario: -O Xefe do Servizo de Contratación 12. CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL, APERTURA DE PROPOSICIÓNS E CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións constituirase a Mesa de Contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no sobre A. No caso de que se precise emendar erros ou omisións na documentación a Mesa de Contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente a Mesa, ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó día no que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, nun acto público, sinalará as que cualificasen como inadmitidas e admitidas e procederá á apertura do sobre B, correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como se prevé no artigo 27 do Real decreto 817/2009, no que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Dita documentación trasladaráselles ós técnicos que se considere oportuno, que a avaliarán e ponderarán seguindo os criterios de valoración establecidos no apartado 3 do Anexo I. Unha vez avaliada esta documentación técnica sinalaranse no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra a data e a hora na que se procederá, nun acto público, á apertura do sobre C da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas. Neste acto darase a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos sobres C daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os puntos indicados no apartado 3 do Anexo I. Para a valoración das cifras ou valores do sobre C aplícanse os criterios establecidos no apartado 3 do Anexo I. Unha vez aplicados estes criterios clasifícanse as propostas en orde decrecente de valoración e propoñeránselle ó órgano de Contratación a adxudicación a favor do licitador que conteña a oferta economicamente de maior vantaxe. Cando a Mesa de Contratación presuma fundadamente que a proposición non se poida cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas, de conformidade co criterio establecido no Anexo III, daráselle audiencia ó contratista, por un prazo máximo de cinco días hábiles, para que xustifique a valoración da oferta e precise as condicións desta, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, ás solucións técnicas adoptadas e ás condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, á orixinalidade das prestacións propostas, ó respecto das disposicións relativas á protección do emprego e ás condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia realizar a prestación, ou á posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de Contratación, considerando a xustificación efectuada polo licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación a favor da seguinte proposición economicamente de maior vantaxe, de acordo coa orde en que fosen clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. 13. REQUERIMENTO DE DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR POLA EMPRESA QUE PRESENTE A OFERTA ECONOMICAMENTE MÁIS VANTAXOSA O órgano de Contratación, unha vez avaliadas as propostas, para cuxo efecto poderá solicitar cantos informes técnicos estime pertinentes, clasificaraas por orde decrecente e requirirá á empresa coa oferta mais vantaxosa para que, dentro do prazo de dez días hábiles, presente a seguinte documentación: 13.1.- Documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos previos: De conformidade co disposto no TRLCSP (modificada pola Lei 14/2013 de 27 de setembro de apoio ao emprendedor) deberá presentarse a seguinte documentación: 1. A capacidade de obrar dos empresarios que fosen persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, no seu caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose esixible segundo a lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que consten as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, no seu caso, no correspondente rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de estados membros da Comunidade Europea deberán acreditar a súa inscrición nos rexistros ou achegar as certificacións descritas no artigo 9 do Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (RXLCAP). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar cun informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, no que se faga constar, previa acreditación por parte da empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou na súa falta, que actúan habitualmente no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (RXLCAP). Se é persoa física o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador deberá achegarse o documento que acredite a personalidade deste representante (DNI para españois; pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastanteado en Dereito ó seu favor, debidamente inscrito no rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas administracións públicas. No caso de concorreren á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade indicando os nomes e as circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas designando a persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ha de desempeñar a representación da unión temporal ante a Administración. 2. Poder debidamente bastanteado. Os que comparezan ou asinen proposicións en nome doutro ou representen a unha persoa xurídica deberán presentar tamén unha escritura de poder debidamente bastanteado por un fedatario público. 3. Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica: Os licitadores deberán acreditar a súa solvencia económica, financeira e técnica nos termos e polos medios que se especifiquen no anuncio de licitación e que se relacionan no apartado 2 do Anexo I deste prego. No mesmo apartado especifícanse os requisitos mínimos de solvencia en función dos medios de acreditación da solvencia económica, financeira e técnica. Para a determinación da solvencia das unións temporais de empresarios acumularanse as características acreditadas por cada un dos seus integrantes. Os licitadores poderán acreditar a súa solvencia baseándose na solvencia e medios doutras entidades, independentemente da natureza xurídica dos vínculos que teña con elas, sempre que demostre que para a execución do contrato dispón efectivamente deses medios. 13.2.- Documentación necesaria para a adxudicación do contrato: O licitador coa oferta economicamente máis vantaxosa deberá presentar a seguinte documentación, de conformidade co disposto no artigo 151.2 do TRLCSP. 1.- Certificación positiva expedida pola Tesourería da Seguridade Social, ao amparo dos artigos 14 e 15 do RXLCAP, que acredite que se atopa ó corrente no cumprimento das súas obrigacións coa Seguridade Social. 2.- Certificación positiva expedida pola Axencia Estatal da Administración Tributaria ao amparo dos artigos 13 e 15 do RXLCAP, que acredite que se atopa ó corrente do pagos das súas obrigacións tributarias. 3.- Orixinal ou copia compulsada da alta no Imposto de Actividades Económicas no epígrafe correspondente ao obxecto do contrato, referida ao exercicio corrente, ou o último recibo acompañado dunha declaración responsable de non terse dado de baixa na matrícula do citado imposto. 4.- Documentación acreditativa da efectiva disposición dos medios persoais e materiais que se comprometeu a adscribir a execución do contrato. 5.- Deberá indicarse a parte do contrato que teñan previsto subcontratar, sinalando a súa porcentaxe con respecto á totalidade do contrato, e o nome ou o perfil empresarial. 6.- Documento que acredite a constitución da garantía definitiva. 7.- Documento acreditativo do pagamento dos anuncios. 8.- Acreditación, mediante orixinal ou copia compulsada, da póliza subscrita e do aboamento da mesma dun seguro de responsabilidade civil por importe mínimo de 600.000,00€. A actividade descrita na póliza debe corresponderse coa actividade obxecto do contrato e ningunha exclusión debe limitar a súa cobertura en relación con esta. Os asistentes ó programa deben considerarse terceiros. 14. ADXUDICACIÓN O órgano de Contratación terá alternativamente a facultade de adxudicar o contrato á proposición de maior vantaxe no seu conxunto, se se atende a unha pluralidade de criterios, ou á proposición que incorpore o prezo máis baixo, cando este sexa o único criterio para considerar. A adxudicación acordarase en resolución motivada no prazo máximo de dous meses, a contar desde a apertura das proposicións, cando para a adxudicación do contrato deba terse en conta unha pluralidade de criterios; e no prazo máximo de quince días, contando desde a apertura das proposicións, cando o único criterio de valoración sexa o prezo. Estes prazos ampliaranse en quince días hábiles no caso de que haxa que seguir os trámites sinalados nos artigos 152.3 do TRLCSP e 22 f) do R. d. 817/2009, para as proposicións desproporcionadas ou anormalmente baixas. A adxudicación notificaráselles ós licitadores e, simultaneamente, publicarase no perfil do contratante do órgano de Contratación, indicándose o prazo en que debe procederse á súa formalización. O órgano de Contratación poderá declarar deserta a licitación, a proposta da Mesa de Contratación, cando non exista ningunha oferta ou proposición que sexa admisible de acordo cos criterios que figuran no prego. 15. SUBCONTRATACIÓN O contratista poderá concertar con terceiros a realización parcial deste, que quedará sometida ó cumprimento dos requisitos establecidos no apartado 2 do artigo 227 do TRLCSP. Deberá indicarse na oferta (sobre B) a parte do contrato que teñan previsto subcontratar, sinalando a súa porcentaxe con respecto á totalidade do contrato, e o nome ou o perfil empresarial, definido por referencia ás condicións de solvencia profesional ou técnica, dos subcontratistas ós que se lles vaia encomendar a súa realización. A infracción destas condicións, así como a falta de acreditación da aptitude do subcontratista ou das circunstancias determinantes da situación de emerxencia ou das que fan urxente a subcontratación, poderá dar lugar, en todo caso, á imposición ó contratista dunha penalidade de ata un 50% do importe do subcontrato. Os subcontratistas non terán en ningún caso acción directa fronte á administración contratante polas obrigas contraídas con eles polo contratista como consecuencia da execución do contrato principal e dos subcontratos. O contratista deberá informar os representantes dos traballadores da subcontratación, de acordo coa lexislación laboral. En todo caso, no proceso de subcontratación deberán cumprirse as normas xerais sobre subcontratación establecidas na Lei 32/2006, de 18 de outubro, reguladora da subcontratación no sector da construción e as súas normas de desenvolvemento, cuxas infraccións, segundo o indicado no seu artigo 11, serán sancionadas con arranxo ó disposto no Texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado por Real decreto lexislativo 5/2000, de 4 de agosto. PAGOS A SUBCONTRATISTAS E SUBMINISTRADORES O contratista debe abonar aos subcontratistas ou subministradores o prezo pactado nos prazos fixados que non poderán ser mais desfavorables que os previstos para as relacións entre a Administración e o contratista que de conformidade co artigo 216.4 son de trinta días. Dito prazo computarase desde a data de aprobación polo contratista principal da factura emitida polo subcontratista ou subministrador, con indicación da súa data e do período que corresponda. A aprobación ou conformidade o no seu caso os motivos da disconformidade deberán outorgarse nun prazo máximo de trinta días desde a presentación da factura. No caso de demora no pago o subcontratista ou subministrador terá dereito o cobro dos intereses de demora e a indemnización polos custos de cobro nos termos previstos na Lei 3/2004 de 29 de decembro. O contratista poderá pactar cos subministradores ou subcontratistas prazos de pago superiores respectando os límites previstos no artigo 4.3 da lei 3/2004 de 29 de decembro pola que se establecen as medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciales sempre que dito pacto non constitúa unha cláusula abusiva, e que, o pago se instrumente mediante un documento negociable que leve aparellada a acción cambiaria no que os gastos de desconto ou negociación sexan de conta do contratista. Adicionalmente o subministrador ou subcontratista poderá esixir que o pago se garantice mediante aval. As Administracións Públicas e demais entes públicos contratantes, poderán comprobar o estrito cumprimento dos pagos que os contratistas adxudicatarios dos contratos públicos, calificados como tales no artigo 5 do TRLCSP, terán que facer os pagos correspondentes a todos os subcontratistas ou subministradores que participen nos mesmos. Os contratistas adxudicatarios remitirán o ente contratante, cando este o solicite, unha relación detallada de aqueles subcontratistas ou subministradores que participen no contrato cando se perfeccione a súa participación, xunto con aquelas condicións de subcontratación do subministro de cada un deles que garde unha relación directa co prazo do pago, de conformidade co artigo 228 bis do TRLCSP. Así mesmo, deberán aportar, a solicitude do ente contratante, xustificante de cumprimento dos pagos os subcontratistas ou subministradores, unha vez terminada a prestación dentro dos prazos de pago legalmente establecidos no artigo 228 e na lei 3/2004, de 29 de decembro, e no que sexa de aplicación. Estas obrigas, que se incluirán nos anuncios de licitación, e no os correspondentes pregos de condicións ou nos contratos, consideraranse condicións esenciais de execución, cuxo cumprimento, ademais das consecuencias previstas polo ordenamento xurídico, permitirá a imposición das penalidades que a tal efecto conteñan os pregos. 16. REGRAS ESPECIAIS RESPECTO DO PERSOAL LABORAL DA EMPRESA CONTRATISTA 1.- Corresponde exclusivamente á empresa contratista a selección do persoal que, reunindo os requisitos de titulación e experiencia esixidos nos pregos, formará parte do equipo de traballo adscrito á execución do contrato, sen prexuízo da verificación por parte da “entidade contratante” do cumprimento daqueles requisitos. A empresa contratista procurará que exista estabilidade no equipo de traballo, e que as variacións na súa composición sexan puntuais e obedezan a razóns xustificadas, en orde a non alterar o bo funcionamento do servizo informando en todo momento á “entidade contratante”. 2.- A empresa contratista asume a obriga de exercer de modo real, efectivo e continuo, sobre o persoal integrante do equipo de traballo encargado da execución do contrato, o poder de dirección inherente a todo empresario. En particular, asumirá a negociación e pagamento dos salarios, a concesión de permisos, licenzas e vacacións, as substitucións dos traballadores en casos de baixa ou ausencia, as obrigas legais en materia de Seguridade Social, incluído o abono de cotizacións e o pagamento de prestacións, cando cumpra, as obrigas legais en materia de prevención de riscos laborais, o exercicio da potestade disciplinaria, así como cuantos dereitos e obrigas derívense da relación contractual entre empregado e empregador. 3.- A empresa contratista velará especialmente porque os traballadores adscritos á execución do contrato desenvolver a súa actividade sen extralimitarse nas funcións desempeñadas respecto da actividade delimitada nos pregos como obxecto do contrato. 4.- A empresa contratista estará obrigada a executar o contrato nas súas propias dependencias ou instalacións salvo que, excepcionalmente, sexa autorizada a prestar os seus servizos nas dependencias dos entes, organismos e entidades que forman parte do sector público. Neste caso, o persoal da empresa contratista ocupará espazos de traballo diferenciados do que ocupan os empregados públicos. Corresponde tamén á empresa contratista velar polo cumprimento desta obriga. No prego deberá facerse constar motivadamente a necesidade de que, para a execución do contrato, os servizos préstense nas dependencias dos Departamentos, axencias, entes, organismos e entidades que forman parte do sector público. 5.- A empresa contratista deberá designar polo menos un coordinador técnico ou responsable, integrado no seu propio persoal, que terá entre as súas obrigas as seguintes: a) Actuar como interlocutor da empresa contratista fronte á “entidade contratante”, canalizando a comunicación entre a empresa contratista e o persoal integrante do equipo de traballo adscrito ao contrato, dun lado, e a “entidade contratante”, doutro lado, en todo o relativo ás cuestións derivadas da execución do contrato. b) Distribuír o traballo entre o persoal encargado da execución do contrato, e impartir aos devanditos traballadores as ordes e instrucións de traballo que sexan necesarias en relación coa prestación do servizo contratado. c) Supervisar o correcto desempeño por parte do persoal integrante do equipo de traballo das funcións que teñen encomendadas, así como controlar a asistencia de dito persoal ó posto de traballo. d) Organizar o réxime de vacacións do persoal adscrito á execución do contrato, debendo para ese efecto coordinarse adecuadamente a empresa contratista coa “entidade contratante”, a efectos de non alterar o bo funcionamento do servizo. e) Informar á “entidade contratante” acerca das variacións, ocasionais ou permanentes, na composición do equipo de traballo adscrito á execución do contrato. 17. FORMALIZACIÓN DO CONTRATO A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato nun documento administrativo dentro do prazo de quince días hábiles, a contar desde o día seguinte á notificación da adxudicación, constituíndo o devandito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo ó seu cargo os gastos correspondentes. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado a Administración poderá acordar a súa resolución. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa formalización previa. 18. OBRIGAS DO CONTRATISTA O contratista deberá dar cumprimento ás obrigas derivadas das disposicións vixentes en materia de protección do emprego, condicións de traballo e prevención de riscos laborais segundo a lexislación competente nesa materia. 19. GASTOS ESIXIBLES Os gastos que orixine a publicación dos anuncios de licitación no presente contrato, tanto nos correspondentes boletíns oficiais coma, no seu caso, na prensa, irán por conta do adxudicatario do contrato, sen que se lle poida imputar á administración contratante ningún pagamento por tal concepto, e sen que estes gastos superen os 2.000,00 €. 20. RESPONSABLE DO CONTRATO A Deputación poderá designar a un responsable do contrato, vinculado a esta institución, ó que lle corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. A designación ou non do responsable non eximirá o contratista da correcta execución obxecto do contrato, salvo que as deficiencias sexan debidas á orde directa do responsable designado, con expresa reserva escrita por parte do contratista tanto ó propio responsable coma ó órgano de Contratación. 21. EXECUCIÓN DO SERVIZO E RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA O contrato executarase con suxeición ó establecido nas súas cláusulas e nos pregos de acordo coas instrucións que para a súa interpretación lle dese o contratista ó órgano de Contratación. O contratista será o responsable da calidade técnica dos traballos que desenvolva e das prestacións e servizos realizados, así como das consecuencias que se deduzan para a Administración ou para terceiros das omisións, erros, métodos inadecuados ou conclusións incorrectas na execución do contrato. 22. EXECUCIÓN DEFECTUOSA E DEMORA O contratista está obrigado a cumprir o contrato dentro do prazo fixado para a súa realización, así como os prazos parciais sinalados para a súa execución sucesiva. Se os servizos sufrisen un atraso na súa execución, e sempre que este non fose imputable ó contratista e este ofrecese cumprir os seus compromisos, o órgano de Contratación concederá un prazo que será, polo menos, igual ó tempo perdido, a non ser que o contratista pedise outro menor segundo o establecido no artigo 213.2 do TRLCSP, regulándose a súa petición polo establecido no artigo 100 do RXLCAP. A petición de prórroga por parte do contratista deberá ter lugar nun prazo máximo de quince días dende aquel en que se produza a causa orixinaria do atraso, alegando as razóns polas que estime que non lle é imputable e sinalando o tempo probable da súa duración, para que a Administración poida oportunamente e sempre antes de que remate o prazo de execución do contrato, resolver sobre a prórroga deste, sen prexuízo de que unha vez desaparecida a causa se reaxuste o prazo prorrogado ó tempo realmente perdido. Cando o contratista, por causas imputables a el, incorrese en demora respecto ó cumprimento do prazo total, a Administración poderá optar, indistintamente, pola resolución do contrato ou pola imposición de penalidades que figuran no presente prego. Cada vez que as penalidades por demora alcancen un múltiplo do 5% do prezo do contrato o órgano de Contratación estará facultado para proceder á súa resolución ou acordar a continuidade da súa execución con imposición de novas penalidades. Neste último suposto o órgano de Contratación concederá a ampliación do prazo que estime necesaria para a terminación do contrato. Así mesmo, a Administración terá as mesmas prerrogativas cando a demora no cumprimento dos prazos parciais faga presumir razoablemente a imposibilidade do cumprimento do prazo total. A aplicación e o pagamento destas penalidades non exclúen a indemnización á que a Administración poida ter dereito por danos e perdas ocasionadas con motivo do atraso imputable ó contratista. 23. GARANTÍA DOS SERVIZOS O prazo de garantía comezará a contar desde a data de recepción do servizo. A garantía definitiva responderá dos seguintes conceptos: a) Das penalidades impostas ó contratista segundo o artigo 212 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público. b) Da correcta execución das prestacións contempladas no contrato, dos gastos orixinados á Administración pola demora do contratista no cumprimento das súas obrigas, e dos danos e prexuízos ocasionados con motivo da execución do contrato ou polo seu incumprimento, cando non proceda a súa resolución. c) Da incautación que poida decretarse nos casos de resolución do contrato, de acordo co establecido no citado Real decreto lexislativo. Durante este prazo de garantía terá dereito o contratista a coñecer e ser oído sobre a aplicación do servizo realizado. 24.DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN A documentación incluída no sobre A. dos licitadores que non resultasen adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, previo aviso ó Servizo de Contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no correo contratacion@depo.es, transcorridos tres meses, contados desde o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores e durante o prazo de 30 días naturais, salvo que a Administración considere oportuno retela no suposto que teñan interposto reclamacións ou recursos ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorridos os prazos anteriormente mencionados, esta Administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 25. RESOLUCIÓN DO CONTRATO O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos art. 223 e 308 do TRLCSP. 26. RECURSOS E XURISDICIÓN COMPETENTE As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, resolveraas o órgano de Contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contenciosa administrativa, a teor do disposto na lei reguladora de dita xurisdición.” Ditos anexos son como seguen: “ANEXO I 1.- DEFINICIÓN E CARACTERÍSTICAS DO CONTRATO 1.1.- DEFINICIÓN E OBXECTO DO CONTRATO A xestión, desenvolvemento e execución do programa de balnearios “Saúde e Benestar” para o ano 2015. Este programa de carácter social ten como finalidade facilitar o acceso a actividades de ocio saudable e envellecemento satisfactorio en establecementos hostaleiros de tipo balnearios, spas ou talasos. O programa vai dirixido a:  Persoas nacidas antes de 1965, feito que deberán acreditar co Documento Nacional de Identidade.  Persoas xubiladas e pensionistas que acheguen unha fotocopia do certificado de pensión.  Persoas que, sen cumprir os perfís anteriores, precisen dun respiro familiar, o que deberán acreditar mediante informe do traballador social do concello. No caso de parellas que desexen participar no programa, é preciso que as dúas persoas cumpran os requisitos. A metodoloxía do programa baséase en pasar seis días e cinco noites nun hotel con spa, balneario ou instalación de similar características da provincia de Pontevedra, en réxime de pensión completa e con actividades de animación socioculturais. O número de prazas ofertadas do programa establécese nun máximo de 3.000 persoas, se ben, a Deputación de Pontevedra non se comprometerá a garantir neste contrato o número mínimo de prazas, xa que a cantidade resultante dependerá do número de persoas solicitantes e que finalmente participen na actividade. 1.2. PROCEDEMENTO Cualificación do contrato: servizos especial Trámite: ordinario CPV: 63500000 Procedemento: aberto Órgano de Contratación: Xunta de Goberno Prazo de presentación de ofertas: 15 días naturais (artigo 159.2 do R. d. l. 3/2011) a contar dende o día seguinte ó da publicación do anuncio no BOP. 1.3. TIPO DE LICITACIÓN, ORZAMENTO MÁXIMO ESTIMADO DO CONTRATO E FINANCIAMENTO A) TIPO DE LICITACIÓN: Formulación do prezo: prezos unitarios. Importe máximo estimado (IVE incluído): 300,00€ O contrato será financiado pola Deputación de Pontevedra e os usuarios participantes no programa de acordo coa seguinte distribución:  A Deputación de Pontevedra aportará a cantidade de 30,00€ por participante.  Os participantes abonarán a cantidade restante ata acadar o prezo adxudicado do establecemento elixido. B) FINANCIAMENTO: Cadro de financiamento da parte correspondente a Deputación de Pontevedra: Anualidade Aplicación orzamentaria Importe 2015 232.2311.227.07 90.000,00 € Dado que se trata dunha tramitación anticipada, a adxudicación do presente contrato quedará condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente no Orzamento Provincial do exercicio 2015. Revisión de prezos: non procede. 1.4. PRAZO DE EXECUCIÓN O prazo de execución do contrato será desde o día seguinte a firma do contrato ata o 31 de decembro de 2015. 1.5. RÉXIME DE PAGAMENTOS Forma de pago: O pago do prezo do contrato efectuarase coas correspondentes facturas expedidas necesariamente nos primeiros 15 días do mes seguinte á realización da actividade. As facturas serán aboadas unha vez emitido o correspondente informe favorable ou de conformidade do responsable da unidade administrativa que reciba ou supervise o traballo, ou no seu caso, do designado polo órgano de contratación como responsable designado do contrato.  A factura deberá recoller unha relación de todas as persoas que participaron na actividade (indicando nome completo, dous apelidos, DNI/NIE e concello de orixe)  Os xustificantes de pago do importe abonado por cada un dos participantes (indicando nome completo, dous apelidos, DNI/NIE e concello de orixe)  Un informe xustificativo dos traballos e avances. Lugar de presentación e forma da factura: O adxudicatario presentará a/as factura/s expedidas no Rexistro Xeral da Deputación de Pontevedra, en tempo e forma, para os efectos da súa remisión ó órgano administrativo a quen corresponda a súa tramitación. Na/s mesma/s deberá identificarse o servizo ó que se dirixe co código de clasificación e denominación (230 Servizos Sociais e Promoción de Emprego), órgano administrativo (931 Intervención), ademais do concepto obxecto da/s mesma/s. 1.6. GARANTÍAS Provisional: non procede Definitiva: 4.500,00€ Prazo de garantía mínimo: non se esixe. 1.7. PENALIZACIÓNS No suposto de incumprimento dos compromisos ou das condicións especiais de execución do contrato ofertados polo contratista poderase optar entre a resolución do contrato ou a imposición de penalidades establecidas no artigo 212 do TRLCSP. As obrigas e requisitos mínimos recollidos en calquera das cláusulas do prego de prescricións técnicas e de cláusulas administrativas que rexen a contratación serán consideradas como obrigas esenciais do contrato, aplicándose as penalidades previstas para o incumprimento do prazo total, ou no seu caso, a resolución do contrato. 2. SOLVENCIA ECONÓMICA, FINANCEIRA E TÉCNICA (documentación a presentar na fase de requirimento, segundo figura na cláusula 13.1 do prego económico-administrativo). Clasificación: non se esixe. Acreditación da solvencia económica, financeira e técnica. A) Solvencia económica e financeira: Deberase acreditar unha cifra media de negocio dos servizos realizados pola empresa nos últimos tres anos, igual ou superior á do orzamento total do contrato, IVE incluído. Documentación a presentar: a) No caso de entidades con personalidade xurídica propia (sociedades mercantís): - Contas anuais dos tres últimos anos presentadas no Rexistro Mercantil ou no rexistro oficial que corresponda, e/ou os modelos 200 (Declaración-liquidación do Imposto sobre Sociedades) dos tres últimos anos. b) No caso de titulares de actividades económicas no ámbito do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF): b.1) Empresarios e profesionais con tributación do IRPF mediante o método de estimación directa normal ou simplificada: - Libro rexistro de vendas e ingresos dos tres últimos anos (debendo estar debidamente legalizados para aqueles que teñan a dita obriga). - Modelo 390 (declaración resumo anual IVE) dos tres últimos anos e/ou modelo 100 (documento de ingreso ou devolución da declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas) dos tres últimos anos. b.2) Empresarios e profesionais con tributación do IRPF mediante o método de estimación obxectiva: - Libro rexistro de vendas e ingresos dos tres últimos anos e/ou modelo 100 (documento de ingreso ou devolución da declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas) dos últimos tres anos. - Declaración responsable asinada polo representante legal que acredite que o libro de rexistro de vendas e ingresos reflicte a imaxe fiel da actividade económica da empresa. No caso de non dispor do libro de rexistro de vendas e ingresos, a declaración debe acreditar que o rendemento neto da actividade reflicte a imaxe fiel da actividade económica da empresa. B) Solvencia técnica: Para acreditar a solvencia técnica o licitador deberá presentar os seguintes documentos: Relación dos principais servizos ou traballos realizados no curso dos tres últimos anos relacionados co obxecto do contrato. Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados de boa execución expedidos ou visados por un único órgano competente cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou, no seu caso, a falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario. Nestes certificados indicaranse o importe, as datas e o destinatario, público ou privado, e se precisará si os servizos ou traballos se realizaron segundo as regras polas que se rexe a profesión e se levaron normalmente a bo termo (cumprimentar o Anexo V). O importe total destes contratos xustificados deberá ser igual ou superior ó orzamento deste contrato (IVE incluído). C) Acreditación, mediante orixinal ou copia compulsada, da póliza subscrita e do aboamento da mesma dun seguro de responsabilidade civil por importe mínimo de 600.000,00€ A actividade descrita na póliza debe corresponderse coa actividade obxecto do contrato e ningunha exclusión debe limitar a súa cobertura en relación con esta. Os asistentes as instalacións deben considerarse terceiros. 3. CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO Pluralidade de criterios: si Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta de maior vantaxe económica atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: 3.1. Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre B). Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valoraranse cun máximo de 49 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: - Deseño e implantación do programa, ata un máximo de 15 puntos. - Procedemento de xestión do programa, ata un máximo de 15 puntos. - Promoción e difusión do programa, ata un máximo de 5 puntos. - Coordinación, seguimento e avaliación do programa, ata un máximo de 5 puntos. - Outras melloras, ata un máximo de 5 puntos. - Características e melloras nos seguros ofertados, ata un máximo de 4 puntos. 3.1.1. Deseño e implantación do programa, ata un máximo de 15 puntos. Valorase o deseño do programa de acordo aos seguintes aspectos fundamentais: 1. Establecementos propostos. Valoraranse das instalacións que se requiren como mínimo (5 establecementos) as súas características, comunicacións, servizos ofertados, sempre que como mínimo cumpran o requirido nos pregos. 2. Medios de locomoción e estratexia de traslados Valorarase a calidade e seguridade dos servizos de locomoción sempre que cumpran cos requisitos mínimos establecidos nos pregos. Así mesmo, tamén será obxecto de valoración a estratexia previa a seguir na organización dos traslados, o menor tempo de duración dos mesmos e que sexan o máis directos posibles. 3. Material a subministrar no establecemento. Valorarase o material a subministrar polo establecemento a cada beneficiario sempre que cumpra como mínimo o esixido nos pregos. 4. Actividades complementarias. Valoraranse as actividades complementarias ofertadas para cada un dos días de estancia no establecemento hostaleiro (por exemplo: visitas guiadas, bailes, xogos, ximnasia, talleres, etc.) 3.1.2. Procedemento de xestión do programa, ata un máximo de 15 puntos. Valorarase cómo se vai a levar a cabo a xestión do programa, as bases de datos aportadas, a coordinación e organización dos grupos, quendas, horarios, traslados, etc que se levará a cabo cos responsables das entidades solicitantes e coa Deputación de Pontevedra así como os protocolos de comunicación e asistencia telefónica. Será obxecto de valoración o procedemento que se levará a cabo para o pago dos participantes do programa e como se levarán a cabo as comprobacións das autorizacións necesarias para participar no programa, así como o protocolo de actuacións en caso de accidentes ou outras incidencias que teñan que ver coa execución do contrato. Dentro da xestión do programa valorarase o equipo técnico destinado a execución do contrato. 3.1.3. Promoción e difusión do programa, ata un máximo de 5 puntos. Valoraranse as actuacións e metodoloxía para a captación de participates, publicidade do programa (prensa, radio, televisión, etc; reparto de flyers, dípticos, cartelería, etc., outras medidas de carácter publicitario). 3.1.4. Coordinación, seguimento e avaliación da execución do programa, ata un máximo de 5 puntos. Valorarase o procedemento de coordinación, seguimento e avaliación que se levará a cabo para a execución dos traballos, serán obxecto de valoración as enquisas de satisfacción e o programa de volcado de datos que se levará a cabo, e a estrutura e contidos das devanditas enquisas. Será obxecto de valoración a proposta da memoria que se presentará ó final da actividade, contidos que reflectirá, estrutura, anexos, etc. 3.1.5. Outras melloras, ata un máximo de 5 puntos. Valoraranse as seguintes melloras: - Elaboración e entrega dunha reportaxe fotográfica de cada grupo, a cada un dos participantes, cun mínimo de 20 fotografías. - Servizo de refrixerio durante os traslados ós participantes. - Flexibilidade dos horarios para o uso das instalacións termais. - Proporcionar unha revisión médica á chegada ó hotel. - Tratamentos terapéuticos. - Proporcionar material útil para o programa (exemplo: obsequios de viseiras, pañoletas, sombreiros, etc.). - Gratuidades para acompañantes de grupos de usuarios pertencentes a entidades de iniciativa social, que polas súas características especiais sexa aconsellable dunha figura de referencia para a súa participación no programa. - Outras melloras propostas polo licitador. 3.1.6. Características e melloras nos seguros ofertados, ata un máximo de 4 puntos. Valorarase a existencia doutros seguros e as melloras aos requiridos na solvencia. NOTA MOI IMPORTANTE: na documentación que se presente no sobre B non se poderá incluír ningún dato que permita intuír a proposta económica ofertada polo licitador. Toda referencia económica en relación ó servizo prestado ou relativa aos criterios de valoración automática presentarase única e exclusivamente no sobre C. O incumprimento deste precepto suporá a exclusión da oferta no proceso de licitación. 3.2. Enumeración dos criterios de valoración automática (Sobre C) Nota importante: só se procederá á apertura e valoración das propostas do sobre C daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 30 puntos. Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 51 puntos de conformidade cos seguintes criterios: 3.2.1. Prezo medio unitario por beneficiario, ata un máximo de 31 puntos 3.2.2. Hotel ofertado a maiores dos cinco obrigatorios, ata un máximo de 20 puntos (10 puntos por hotel). Estes criterios valoraranse en función das fórmulas establecidas no Anexo III. Entenderase por ofertas admitidas todas aquelas que non quedasen excluídas unha vez realizado o exame da documentación administrativa contida no sobre A e a análise técnica da documentación contida no sobreB. 4. DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR SOBRE A: DOCUMENTACIÓN ADMINISTRATIVA Este sobre conterá os seguintes documentos: 1.- Unha relación de todos os documentos incluídos neste sobre. 2.- Declaración responsable subscrita pola persoa que asine a proposición, de acordo co modelo que se adxunta no Anexo II. 3.- Compromiso do licitador de dedicar ou adscribir ao contrato os medios persoais e materiais suficientes necesarios para a debida execución do mesmo, ós que se refire o artigo 64.2 do TRLCSP. O Equipo de traballo será como mínimo de:  1 Coordinador: Profesional con máis de dous anos de experiencia acreditada no sector turístico, realizando labores de xestión e coordinación de viaxes en grupo.  2 Técnicos de xestión: Profesionais con mais de dous anos de experiencia acreditada no sector turístico, realizando labores de planificación, xestión e control de viaxes en grupo.  Guías acompañantes: Profesionais con máis de dous anos de experiencia acreditada no sector turístico, realizando labores de responsable de grupo en viaxes. Sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación do contrato. 4.- As empresas estranxeiras presentarán unha declaración de someterse a xurisdición dos xulgados e tribunais españois de calquera orden, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto poida xurdir do contrato, con renuncia, se é o caso ao foro xurisdicional estranxeiro que puidera corresponderlle o licitador. En todo caso as empresas estranxeiras presentarán os seus documentos debidamente traducidos de forma oficial ao castelán ou galego. 5.- Compromiso de adscribir xunto coa execución do contrato dun seguro de responsabilidade civil por importe mínimo de 600.000,00€. A acreditación da póliza subscrita e comprobante de abono deberase presentar na fase de requirimento. A actividade descrita na póliza debe corresponderse coa actividade obxecto do contrato e ningunha exclusión debe limitar a súa cobertura en relación con esta. Os beneficiarios do programa (asistentes ós centros) deben considerarse terceiros. SOBRE B: DOCUMENTACIÓN CORRESPONDENTE Á VALORACIÓN DE CRITERIOS NON AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS Presentarase pechado e cos seguintes documentos: O licitador deberá presentar a oferta técnica por escrito e en formato dixital. A oferta do licitador deberá estar paxinada e conter un índice detallado. O formato dixital deberá entregarse en soporte CD ou DVD, coa seguinte etiqueta: Empresa Nome do ficheiro Oferta_Técnica.doc Oferta_Técnica.pdf A versión dixital achegarase nun único ficheiro cunha versión en formato.pdf e outra en .doc. O tipo de letra utilizado será Helvética 12, excepto para os títulos, que será Helvética 14. Utilizarase un interliñado a 1,5 e o espazo entre parágrafos será a 6 puntos. A extensión máxima da proposta técnica non poderá exceder as 50 páxinas, excluídos os anexos. Durante o proceso de valoración das ofertas non se terán en conta aquelas que non presenten toda a documentación no formato dixital indicado anteriormente. A exposición da oferta axustarase, como mínimo, e na mesma orde, ós diferentes apartados que a continuación se detallan (cláusula 7 do prego de prescricións técnicas). ÍNDICE 1.- Deseño e implantación do programa: Describir de forma global a solución proposta polo licitador indicando aqueles aspectos que a xuízo deste, sexan clave para o cumprimento dos obxectivos do programa:  Establecementos propostos.  Medios de locomoción e características.  Estratexia a seguir na organización dos traslados.  Descrición do material subministrado (como mínimo, chanclas e gorro serigrafiado).  Descrición das actividades complementarias (baile, obradoiros, etc.). 2.- Coordinación, seguimento e avaliación da execución do programa:  Estratexia de coordinación entre a Deputación e a empresa adxudicataria.  Protocolo de recollida de datos durante o desenvolvemento do programa.  Metodoloxía de avaliación (tramitación de enquisas e xestión do exportado de datos no programa utilizando a tal efecto). 3.- Promoción e difusión do programa:  Actuacións previstas en materia de difusión e publicidade (como mínimo 1.500 trípticos a cor, 5 anuncios en prensa local e 50 cuñas de radio). 4.- Procedemento de xestión do programa:  Procedemento e temporización na elaboración das bases de datos de solicitantes.  Procedemento de comunicación cos beneficiarios; datas, horarios e lugar de recollida.  Antelación das notificacións e medios técnicos dispoñibles (número de liñas e terminais telefónicos dispoñibles para o programa).  Procedemento para o cobro do programa ós usuarios e xustificantes de pagamento.  Protocolo detallado de actuación en caso de accidente ou outras incidencias.  Relación detallada dos Recursos Humanos integrantes do equipo técnico. Deberase detallar o equipo de traballo asignado a execución do programa que como mínimo contará con (cumprimentar os Anexos VI e VII deste prego):  1 Coordinador: Profesional con máis de dous anos de experiencia acreditada no sector turístico, realizando labores de xestión e coordinación de viaxes en grupo.  2 Técnicos de xestión: Profesionais con mais de dous anos de experiencia acreditada no sector turístico, realizando labores de planificación, xestión e control de viaxes en grupo.  Guías acompañantes: Profesionais con máis de dous anos de experiencia acreditada no sector turístico, realizando labores de responsable de grupo en viaxes. Deberanse achegar xunto cos anexos anteriormente citados, os curriculums vitae de cada un deles. Nota importante: o equipo humano deberá estar formado inicialmente polos compoñentes relacionados na oferta adxudicataria coa valoración previa da Deputación de Pontevedra. Non obstante, poderán autorizarse cambios nesta composición sempre que:  Se presente unha xustificación escrita detallada e suficiente na que se explique o motivo do cambio.  Se presenten posibles candidatos cun perfil de cualificación igual ou superior ó da persoa a substituír.  O responsable por parte da Deputación de Pontevedra acepte a un dos candidatos propostos. Pola súa parte, se o adxudicatario que durante a execución do contrato propón o cambio dunha das persoas do equipo de traballo deberá facelo por escrito cun mes de antelación e expoñendo as razóns que obrigan á devandita proposta. 5.- Características e melloras nos seguros ofertados. Deberan detallarse as características dos seguros e permisos. 6.- Outras melloras:  Elaboración e entrega dunha reportaxe fotográfica de cada grupo, a cada un dos participantes, cun mínimo de 20 fotografías.  Servizo de refrixerio durante os traslados os participantes.  Flexibilidade nos horarios para o uso das instalación termais.  Proporcionar unha revisión médica á chegada ao hotel.  Tratamentos terapéuticos.  Proporcionar material útil para o programa (exemplo: obsequios de viseiras, pañoletas, sombreiros, etc.).  Gratuidades para acompañantes de grupos de usuarios pertencentes a entidades de iniciativa social que polas súas características especiais sexa aconsellable o acompañamento dunha figura de referencia para a súa participación no programa.  Outras melloras propostas polo licitador. 7.- Deberase indicar a parte do contrato que o empresario ten eventualmente o propósito de subcontratar de conformidade co establecido na cláusula 15 do presente prego: Ademais da relación mínima de documentación o licitador poderá presentar todos aqueles documentos que considere oportunos para a perfecta definición do servizo, entendendo que, no caso de non indicarse un aspecto determinado, se cumpren os requisitos mínimos establecidos no prego. SOBRE C: DOCUMENTO CORRESPONDENTE Á VALORACIÓN DE CRITERIOS AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS Presentarase pechado e co seguinte documento: Modelo de proposición seguindo o modelo determinado no Anexo IV do prego de condicións, asinado e selado. Este modelo conterá a oferta económica que se realice. Non se aceptarán aquelas propostas que conteñan omisións, erros ou riscaduras que impidan coñecer claramente o que a Administración estime fundamental para considerar a oferta. Se algunha proposición non gardase concordancia coa documentación examinada e admitida, excedese do presuposto base de licitación, variase substancialmente o modelo establecido, comportase erro manifesto no importe da proposición, ou existise recoñecemento por parte do licitador de que adoece de erro ou inconsistencia que a fagan inviable, poderá ser descartada pola Mesa de Contratación. Así mesmo, cando para a selección do contratista se atenda a unha pluralidade de criterios, incluirase neste sobre a documentación relativa a aqueles criterios avaliables de xeito automático mediante cifras ou porcentaxes por aplicación das fórmulas establecidas nos pregos.” “ANEXO II. DECLARACIÓN RESPONSABLE (SOBRE A) Nota: este modelo pode descargarse en formato.pdf para cubrir na área de descargas do seguinte enderezo web: http://www.depo.es/web/edepo/contratacion1 “ANEXO III.- FÓRMULAS A APLICAR PARA A VALORACIÓN DOS CRITERIOS AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS (SOBRE C) A) Valoración do prezo medio unitario por beneficiario ofertado, ata un máximo de 31 puntos. Nota importante: Para a valoración do prezo medio teranse en conta os prezos unitarios dos 5 establecementos que se esixen máis os prezos unitarios dos 2 a maiores (no caso de ofertarse), a media de todos estes prezos unitarios será o importe que se utilizará para aplicar a fórmula. Entenderase por ofertas admitidas todas aquelas que non quedaran excluídas unha vez realizan o exame da documentación administrativa contida no sobre A e a análise técnica da documentación contida no sobre B. • P: prezo de licitación • N: número de ofertas • O1, O2,….,On: valor das n ofertas, • B1, B2,….,Bn: baixas absolutas (Bi=P-Oi, i=1,…., n), • b1, b2, ….., bn: baixas porcentuais con respecto a • bmax,bmin: baixas porcentuais máxima e mínima, • bm: baixa porcentual media • Vmax: máxima valoración posible • Wmax: máxima valoración de acordo coas ofertas presentadas • Wi: valoración previa da oferta i-ésima entre 0 e Wmax, i=1, ….., n • Vi: valoración final da oferta i-ésima entre 0 e Vmax, i=1, ….., n Nota. Dado que as baixas negativas corresponderían a ofertas superiores ó prezo de licitación (e por tanto, non admisibles), suponse que as baixas bi son iguais ou maiores que cero. 1. Valoración máxima inicial de acordo coas ofertas presentadas 2. Valoración previa entre 0 e Wmax Unha puntuación inicial Wi da oferta i-ésima calcúlase por interpolación a intervalos do seguinte modo (ver figura 1): • Se (oferta entre o prezo de licitación –baixa nula– e a oferta media) entón a súa valoración é proporcional entre os valores • Se bi>bm (baixa superior a baixa media) entón a súa valoración é proporcional entre e Wmax 3. Valoración final entre 0 e Vmax En xeral as puntuacións iniciais anteriores resultan moi pequenas, sobre todo cando as ofertas son moi iguais. Polo tanto, as baixas non terían moito peso na adxudicación dos contratos ou concursos. Proponse unha alternativa de reescalado das variacións previas para trasladar as puntuacións ó intervalo [0, Vmax], sumando a cada valoración previa unha cantidade S quasi-proporcional á baixa: • Se : • Se : A valoración final das ofertas obtense agora do modo seguinte: , =l,….., n Entendéndose que a puntuación máxima Vmax só se atende se a baixa máxima (bmax) é igual ou superior ó 20 % (figura 2). Nota. No caso particular en que todas as ofertas sexan iguais en prezo de licitación tense b1= b2= …..= bn = bm =bmax =0 polo que as valoracións anteriores non son válidas (se teñen divisións por cero). Neste caso, acordamos outorgar a todas elas unha puntuación nula (Vi=0). Na práctica esta situación tamén se produce cando as baixas son todas moi pequenas aínda que non sexan exactamente cero. Por iso propomos dar unha puntuación nula a todas as ofertas sempre que . 4. Fórmula completa para a valoración de ofertas 1.- Definición de Wmax : 2.- Definición de S:  Se : ,  Se : 3.- Valoración das ofertas cando bmax > . Para i=1,…..,n:  Se entón ,  Se entón 4. Valoración das ofertas cando  Para ,…..,n: PRESUNCIÓN DE OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU DESPROPORCIONADOS (BAIXA TEMERARIA) Para os efectos de consideración de presunción de ofertas con valores anormais ou desproporcionados considerarase que están incursas nesta situación aquelas cuxa porcentaxe de baixa exceda as porcentaxes que se sinalan a continuación, en función do número de empresas presentadas e admitidas a procedemento: - Unha oferta: será anormal se a súa baixa porcentual é superior ó 25% do prezo de licitación. - Dúas ofertas: unha das ofertas será anormal se a súa baixa porcentual é superior á doutra en máis de 20 unidades. - Tres ofertas: serán anormais aquelas que teñan baixas porcentuais superiores en máis de 10 unidades á media aritmética das baixas porcentuais das baixas admitidas. Con todo, excluirase para o cómputo da dita media a oferta coa baixa porcentual máis pequena cando sexa inferior en máis de 10 unidades a esa media. En calquera caso, consideraranse anormais todas as ofertas con baixas porcentuais superiores ó 25% do prezo de licitación. - Catro ofertas ou máis: consideraranse temerarias aquelas ofertas con baixas porcentuais que sexan superiores en máis de 10 unidades á media das baixas porcentuais das ofertas admitidas. No entanto, se entre elas existen baixas porcentuais inferiores en máis de 10 unidades a dita media, calcularase unha nova media só coas ofertas que non estean no suposto indicado. En todo caso, se o número das restantes ofertas é inferior a tres, a nova media calcularase sobre as tres ofertas de menor contía (maior baixa porcentual). • n = 1: se b1 > 25, entón a oferta 1 (única) é temeraria. • n = 2: supoñemos que . Se entón a oferta 2 é temeraria Obsérvese que a condición equivale a porque • n = 3: supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ b3. Sexa definida como: = (b2 + b3) se b1 < bm - 10 bm en caso contrario Para i = 1,2,3, se b1 >25 ou b1 > + 10 a oferta i é temeraria. • N ≥ 4: supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ bn. Se b1 < bm – 10 sexa 1 ≤ l ≤ n tal que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ b1 < bm – 10, bl+1 ≥ bm – 10 Definimos: = se e se e , bm si Para i = 1,2,……,n, se b1 > b*m + 10 a oferta i é temeraria Cando a Mesa de Contratación presuma fundadamente que a proposición non se poida cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas daráselle audiencia ó contratista por un prazo máximo de cinco días hábiles para que xustifique a valoración da oferta e precise as súas condicións, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, ás solucións técnicas adoptadas e ás condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, á orixinalidade das prestacións propostas, ó respecto das disposicións relativas á protección do emprego e ás condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia realizar a prestación, ou a posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de Contratación, considerando a xustificación efectuada polo licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación provisional a favor da seguinte proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde en que fosen clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. B) Por hotel a maiores dos cinco obrigatorios, ata un máximo de 20 puntos. Outorgaranse automaticamente 10 puntos por cada hotel ofertado a maiores dos cinco obrigratorios. Establecéndose un máximo de dous establecementos a maiores.” “ANEXO IV. MODELO DE PROPOSICIÓN (SOBRE C) Don..........................................................., maior de idade, veciño de....................., con domicilio en ............................, titular do DNI........................., expedido en data..................................................., actuando en nome propio/ou en representación da empresa ................................................ (CIF núm. ...........................) e con domicilio en ........................................, teléfono................................. segundo declaro responsablemente. Decatado do anuncio para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente ó servizo (especificar denominación do servizo): Primeiro. Declaramos que na execución do contrato se cumprirán as obrigas derivadas das disposicións vixentes en materia de protección do emprego, condicións de traballo e prevención de riscos laborais. Segundo. Comprometémonos a prestar o servizo con estrita suxeición ós pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que aceptamos en todas as súas partes, coas seguintes condicións: - Prezo por beneficiario do programa para cada un dos cinco establecementos ofertados: Nome do establecemento Prezo total unitario (IVE incluído) 1 ………….€ 2 ………….€ 3 ………….€ 4 ………….€ 5 ………….€ - Prezo por beneficiario do programa para cada un dos establecementos que se oferten a maiores (ata un máximo de dous) dos cinco obrigatorios: Nome do establecemento Prezo total unitario (IVE incluído) 1 ………….€ 2 ………….€ ……………………………………., ….. de …………………… de ……….. (Lugar, data, sinatura e selo do licitador)” 37.22946.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA IMPARTICIÓN DA FORMACIÓN DO PROXECTO “AQUELANDO 3” (4ªQUENDA), COFINANCIADO NUN 80% POLO FESE Con data 1 de xullo de 2011 publicouse no BOE a Resolución do Ministerio de Política Territorial e Administración Pública, (actualmente Ministerio de Facenda e Administracións Públicas), pola que se resolve a convocatoria 2011 para a concesión de axudas ó Fondo Social Europeo, durante o período de intervención 2007-2013, na que se aproba o proxecto Aquelando 3 presentado pola Deputación de Pontevedra. Dita resolución establece como unha das accións principais o desenvolvemento de accións formativas co fin de facilitar a incorporación das persoas beneficiarias ó mercado de traballo. O proxecto Aquelando 3, adscrito ó Servizo de Servizos Sociais e Promoción de Emprego da Deputación de Pontevedra, está cofinanciado nun 80%, polo Fondo Social Europeo dentro do Programa Operativo “Adaptabilidade e Emprego” a través do Ministerio de Política Territorial e Administración Pública agora Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. O mencionado proxecto contempla diferentes ámbitos de actuación entre os que está o desenvolvemento dos diferentes itinerarios de inserción laboral, co fin de facilitar a incorporación das persoas beneficiarias ó mercado de traballo, cubrindo as necesidades de formación e prácticas profesionais detectadas, contribuíndo dun xeito significante a diminuír a elevada taxa de desemprego existente na Provincia de Pontevedra. Para o desenvolvemento do proxecto é necesario contratar a impartición dos cursos de formación incluídos no proxecto Aquelando 3 (4ª quenda), divididos en tres lotes, que a continuación se detallan: Curso Lugares de impartición Nº de edicións Importe de licitación SSCE0110 Docencia da formación profesional para o emprego Valga, Mos, Pontevedra 3 80.722,69 € SSCE0110 Docencia da formación profesional para o emprego Vigo 2 58.742,29 € SSCE0110 Docencia da formación profesional para o emprego Lalín 1 28.912,15 € 168.377,13 € Polo servizo de Intervención emitiuse o documento RC, número de operación 201400158299, certificando a existencia de crédito para facer fronte o gasto con cargo á aplicación orzamentaria 14/921.242.227.06, do vixente Orzamento provincial. Visto o informe do Xefe do Servizo de Contratación e o informe emitido polo Sr. Secretario sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que rexerá a contratación, e visto así mesmo, o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención. Visto o informe emitido polo Sr. Interventor no que se pon de manifesto unha serie de observación e recomendacións. Considerando que o R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido la Lei de Contratos do Sector Público, no seu artigo 10 tipifica este contrato como “de servizos” ó ter por obxecto prestacións de facer consistentes no desenvolvemento dunha actividade e que o procedemento aberto é o que debe utilizarse ordinariamente para a adxudicación destes contratos, tal e como establece o artigo 138.2 do citado R.d.l. 3/2011. Considerando que a disposición adicional segunda do referenciado R.d.l. 3/2011, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato de servizos, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora de Facendas Locais e o establecido nas bases de execución do Orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para a contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento aberto, da impartición da formación do proxecto “Aquelando 3” (4ª quenda) cofinanciado nun 80% polo FSE, pola cantidade máxima total de 168.377,13 €. O contrato divídese en tres lotes sendo o orzamento de licitación para cada un deles o seguinte: Curso Lugares de impartición Nº de edicións Importe de licitación SSCE0110 Docencia da formación profesional para o emprego Valga, Mos, Pontevedra 3 80.722,69 € SSCE0110 Docencia da formación profesional para o emprego Vigo 2 58.742,29 € SSCE0110 Docencia da formación profesional para o emprego Lalín 1 28.912,15 € 168.377,13 € Estas cantidades atópanse exentas de IVE de conformidade co artigo 20.1.9 da Lei 37/1992 reguladora do IVE. 2.- Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán en dito procedemento aberto. 3.- Autorizar o gasto polo importe máximo de 168.377,13 € con cargo á aplicación orzamentaria 14/921.242.227.06 do vixente Orzamento provincial. 4.- Iniciar o procedemento de adxudicación para a contratación da impartición da formación do proxecto “Aquelando 3” (4ª quenda) cofinanciado nun 80% polo FSE, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte o da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, de conformidade co estipulado no artigo 159.2 do citado R.d.l. 3/2011. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERÁN NA CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA IMPARTICIÓN DA FORMACIÓN DO PROXECTO “AQUELANDO 3” (4ª QUENDA) COFINANCIADO NUN 80% POLO FSE. Nº EXPTE 2014019844 1. OBXECTO O obxecto do contrato ó que se refire o presente prego é o servizo/s descrito/s no/s apartado/s 1 do/s anexo/s I, nos que se recollen as necesidades administrativas para satisfacer mediante o contrato, describindo as características do/s servizo/s e a forma de levar a cabo a prestación por parte do adxudicatario. No caso de que o procedemento aberto se divida por lotes haberá un anexo I por cada uns deles. Para dito contrato contempláronse na súa elaboración os preceptos do Libro II do RXLCAP. O prego de prescricións técnicas particulares e o prego de cláusulas administrativas particulares revestirán carácter contractual. Se o contrato está dividido en lotes os licitadores poderán optar a un deles, a varios ou a todos, salvo que se estableza un número máximo de lotes por licitador, para o que se seguirá o estipulado no apartado 2 do Anexo I deste prego. 2. FINANCIAMENTO E ORZAMENTO DE LICITACIÓN Este contrato será financiado do modo que se establece no apartado 1 do Anexo I e distribuído nas anualidades previstas. O orzamento base de licitación do contrato ascende á cantidade expresada no apartado 1 do Anexo I deste prego, incluíndo en dita contía todos os factores de valoración e gastos que, segundo os documentos contractuais e a lexislación vixente son, por conta do adxudicatario igual cós tributos de calquera índole. En calquera caso, indicarase como partida independente o importe do Imposto sobre o Valor Engadido (IVE). As proposicións que se presenten no caso de superar o orzamento base de licitación serán descartadas automaticamente. 3. RÉXIME XURÍDICO En todo o non previsto nos pregos, estarase ao disposto no Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, modificada pola Lei 14/2013, de 27 de setembro, de apoio aos emprendedores e á súa internacionalización (en diante TRLCSP), o Real Decreto Lexislativo 817/2009 de 8 de maio polo que se desenvolve parcialmente a LCSP e no que sexa aplicable no Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (en diante, RXLCAP) en todo o que non contradiga o TRLCSP, e en toda a demais normativa aplicable. O descoñecemento do contrato en calquera dos seus termos ou dos documentos anexos que forman parte deste, non eximirá ao contratista da obrigación do seu cumprimento. O contratista acepta de forma expresa a submisión aos presentes pregos e á lexislación anteriormente citada, supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. O adxudicatario obrigarase ao cumprimento, baixo a súa exclusiva responsabilidade, das disposicións vixentes sobre relacións laborais, seguridade social, protección de datos de carácter persoal e calquera outra de carácter xeral. 4. PROCEDEMENTO O contrato adxudicarase por procedemento aberto e levarase a cabo atendendo a un único criterio de valoración -prezo- ou ben a unha pluralidade de criterios, segundo o disposto no apartado 1 do Anexo I deste prego e en aplicación do artigo 150 do TRLCSP, segundo os termos e requisitos establecidos no citado texto legal. 5. PERFIL DO CONTRATANTE Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos polo TRLCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá a través de Internet (www.depo.es) o seu perfil de contratante. Neste perfil publicaranse todas as noticias, aviso e documentación relativos a este contrato. Calquera dúbida existente a cerca dos pregos que rexen esta contratación será dirixida e resolta a través da dirección de correo electrónico contratacion@depo.es. 6. CAPACIDADE PARA CONTRATAR Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente clasificación e solvencia técnica que se dispoña no apartado 2 do Anexo I, nos termos que dispón o artigo 76 do TRLCSP e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 60 da mencionada norma. Os licitadores, persoas naturais ou xurídicas, deberán ter unha finalidade ou actividade que teña relación directa co obxecto do contrato, segundo resulte dos seus respectivos estatutos ou regras fundacionais, así como dispor dunha organización con elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. A efectos da licitación os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e as circunstancias que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de se constituír formalmente en unión temporal no caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios coincidirá coa do contrato ata a súa extinción. A administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan para o efecto (sen que sexa necesaria a súa formalización en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a administración debendo nomear ante ela a un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que se deriven do contrato ata a súa extinción, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobros e pagamentos dunha contía significativa. O momento decisivo para apreciar a concorrencia dos requisitos de capacidade e solvencia esixidos para contratar coa Administración será o de finalización do prazo de presentación de proposicións. 7. PRAZO DE EXECUCIÓN O prazo total de vixencia do contrato e os parciais, no seu caso, figuran no apartado 1 do Anexo I. O contratista estará obrigado a cumprir o contrato na súa totalidade dentro do prazo ofertado, así como nos prazos parciais sinalados. O contrato non poderá ter un prazo de vixencia superior a catro anos coas condicións e límites establecidos nas normas orzamentarias previstas das administracións públicas. Dito prazo só se prorrogará por mutuo acordo das partes antes da súa finalización, sempre que a duración total do contrato, incluídas as prórrogas, non exceda os seis anos e que as prórrogas non superen, illada ou conxuntamente, o prazo fixado orixinariamente, de conformidade co estipulado no artigo 303 do R.d.l. 3/2011 de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público. 8. INCUMPRIMENTO DO PRAZO Unha vez incumprido o prazo o contratista incorre automaticamente en demora, podendo a Administración optar entre a imposición de penalidades ou a resolución do contrato no caso de que as penalidades alcancen o 5% do prezo do contrato. Os importes destas penalidades faranse efectivos mediante a dedución destas na facturación que se produza ou, de ser o caso, da garantía, e sen que a aplicación e pagamento destas exclúa a indemnización á que a Administración poida ter dereito por danos e perdas ocasionadas polo atraso imputable ó contratista. 9. GARANTÍA DEFINITIVA O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas nos artigos 95 e 96 do TRLCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos dez días hábiles seguintes, contados desde o seguinte ó da recepción do correspondente requirimento. En caso de incumprir este requirimento no prazo sinalado entenderase que o licitador retirou a súa oferta, procedéndose, nese caso, a solicitarlle a dita documentación ó seguinte licitador, pola orde en que quedasen clasificadas as ofertas. A garantía definitiva ingresarase exclusivamente na Caixa da Deputación. 10. PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN 10.1. Lugar e prazo de presentación: As proposicións presentaranse no Rexistro xeral da Deputación, (sede de Pontevedra de 8:30 a 14:30 horas e de 17:00 a 19:00 horas, de luns a venres e os sábados de 9:00 a 13:00 horas; ou na sede da Deputación en Vigo, de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas) dentro dun prazo de quince días, a contar desde o día seguinte o da publicación do seu anuncio no BOP. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte a este. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos nos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados o empresario deberá xustificar a data e a hora da imposición do envío e anunciarlle ó órgano de Contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico (contratacion@depo.es), ou tamén mediante télex, fax (núm.986804126) ou telegrama, sempre no mesmo día. 10.2. Formalidades: Os contratistas interesados na licitación deberán presentar tres sobres distintos, nos que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: -Sobre (A, B ou C). Poñer a letra en función do sobre correspondente. -Lote nº … (Especifícar o número do lote o que se licita no caso de que o procedemento se divida en lotes). -Nº Expediente No caso que se coñeza. -Denominación do contrato -Nome do licitador -CIF -Enderezo, e-mail e teléfono de contacto -Número de inscrición no rexistro de contratistas (se é o caso) A documentación a incluír en ditos sobres detállase no apartado 4 do Anexo I do presente prego. 11. MESA DE CONTRATACIÓN Estará integrada da seguinte maneira: Presidente: -O titular da Corporación ou o membro en quen delegue Vogais: -O Secretario xeral -O Interventor -O xefe do servizo responsable do contrato Secretario: -O Xefe do Servizo de Contratación 12. CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL, APERTURA DE PROPOSICIÓNS E CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións constituirase a Mesa de Contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no sobre A. No caso de que se precise emendar erros ou omisións na documentación a Mesa de Contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente a Mesa, ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó día no que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, nun acto público, sinalará as que cualificasen como inadmitidas e admitidas e procederá á apertura do sobre B, correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como se prevé no artigo 27 do Real decreto 817/2009, no que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Dita documentación trasladaráselles ós técnicos que se considere oportuno, que a avaliarán e ponderarán seguindo os criterios de valoración establecidos no apartado 3 do Anexo I. Unha vez avaliada esta documentación técnica sinalaranse no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra a data e a hora na que se procederá, nun acto público, á apertura do sobre C da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas. Neste acto darase a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos sobres C daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os puntos indicados no apartado 3 do Anexo I. Para a valoración das cifras ou valores do sobre C aplícanse os criterios establecidos no apartado 8.2 do Anexo I. Unha vez aplicados estes criterios clasifícanse as propostas en orde decrecente de valoración e propoñeránselle ó órgano de Contratación a adxudicación a favor do licitador que conteña a oferta economicamente de maior vantaxe. Cando a Mesa de Contratación presuma fundadamente que a proposición non se poida cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas, de conformidade co criterio establecido no Anexo III, daráselle audiencia ó contratista, por un prazo máximo de cinco días hábiles, para que xustifique a valoración da oferta e precise as condicións desta, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, ás solucións técnicas adoptadas e ás condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, á orixinalidade das prestacións propostas, ó respecto das disposicións relativas á protección do emprego e ás condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia realizar a prestación, ou á posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de Contratación, considerando a xustificación efectuada polo licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación a favor da seguinte proposición economicamente de maior vantaxe, de acordo coa orde en que fosen clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. 13. REQUERIMENTO DE DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR POLA EMPRESA QUE PRESENTE A OFERTA ECONOMICAMENTE MAIS VANTAXOSA O órgano de Contratación, unha vez avaliadas as propostas, para cuxo efecto poderá solicitar cantos informes técnicos estime pertinentes, clasificaraas por orde decrecente e requirirá á empresa coa oferta mais vantaxosa para que, dentro do prazo de dez días hábiles, presente a seguinte documentación: 13.1.- Documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos previos: De conformidade co disposto no TRLCSP (modificada pola Lei 14/2013 de 27 de setembro de apoio ao emprendedor) deberá presentarse a seguinte documentación: 1. A capacidade de obrar dos empresarios que fosen persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, no seu caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose esixible segundo a lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que consten as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, no seu caso, no correspondente rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de estados membros da Comunidade Europea deberán acreditar a súa inscrición nos rexistros ou achegar as certificacións descritas no artigo 9 do Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (RXLCAP). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar cun informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, no que se faga constar, previa acreditación por parte da empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou na súa falta, que actúan habitualmente no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (RXLCAP). Se é persoa física o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador deberá achegarse o documento que acredite a personalidade deste representante (DNI para españois; pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastanteado en Dereito ó seu favor, debidamente inscrito no rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas administracións públicas. No caso de concorreren á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade indicando os nomes e as circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas designando a persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ha de desempeñar a representación da unión temporal ante a Administración. 2. Poder debidamente bastanteado Os que comparezan ou asinen proposicións en nome doutro ou representen a unha persoa xurídica deberán presentar tamén unha escritura de poder debidamente bastanteado por un fedatario público. 3. Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica: Os licitadores deberán acreditar a súa solvencia económica, financeira e técnica nos termos e polos medios que se especifiquen no anuncio de licitación e que se relacionan no apartado 2 do Anexo I deste prego. No mesmo apartado especifícanse os requisitos mínimos de solvencia en función dos medios de acreditación da solvencia económica, financeira e técnica. Para a determinación da solvencia das unións temporais de empresarios acumularanse as características acreditadas por cada un dos seus integrantes. Os licitadores poderán acreditar a súa solvencia baseándose na solvencia e medios doutras entidades, independentemente da natureza xurídica dos vínculos que teña con elas, sempre que demostre que para a execución do contrato dispón efectivamente deses medios. 13.2.- Documentación necesaria para a adxudicación do contrato: O licitador coa oferta economicamente máis vantaxosa deberá presentar a seguinte documentación, de conformidade co disposto no artigo 151.2 do TRLCSP. 1. Certificación positiva expedida pola Tesourería da Seguridade Social, ao amparo dos artigos 14 e 15 do RXLCAP, que acredite que se atopa ó corrente no cumprimento das súas obrigacións coa Seguridade Social. 2.- Certificación positiva expedida pola Axencia Estatal da Administración Tributaria ao amparo dos artigos 13 e 15 do RXLCAP, que acredite que se atopa ó corrente do pagos das súas obrigacións tributarias. 3.- Orixinal ou copia compulsada da alta no Imposto de Actividades Económicas no epígrafe correspondente ao obxecto do contrato, referida ao exercicio corrente, ou o último recibo acompañado dunha declaración responsable de non terse dado de baixa na matrícula do citado imposto. 4.- Documentación acreditativa da efectiva disposición dos medios persoais e materiais que se comprometeu a adscribir a execución do contrato (deberá a acreditarse a subscrición das pólizas de seguros incluídas na súa proposta de seguros mediante copia compulsada das mesmas e xustificante do aboamento da prima correspondente). 5.- Deberá indicarse a parte do contrato que teñan previsto subcontratar, sinalando a súa porcentaxe con respecto á totalidade do contrato, e o nome ou o perfil empresarial. 6.- Documento que acredite a constitución da garantía definitiva. 7.- Documento acreditativo do pagamento dos anuncios. 14. ADXUDICACIÓN O órgano de Contratación terá alternativamente a facultade de adxudicar o contrato á proposición de maior vantaxe no seu conxunto, se se atende a unha pluralidade de criterios, ou á proposición que incorpore o prezo máis baixo, cando este sexa o único criterio para considerar. A adxudicación acordarase en resolución motivada no prazo máximo de dous meses, a contar desde a apertura das proposicións, cando para a adxudicación do contrato deba terse en conta unha pluralidade de criterios; e no prazo máximo de quince días, contando desde a apertura das proposicións, cando o único criterio de valoración sexa o prezo. Estes prazos ampliaranse en quince días hábiles no caso de que haxa que seguir os trámites sinalados nos artigos 152.3 do TRLCSP e 22 f) do R. d. 817/2009, para as proposicións desproporcionadas ou anormalmente baixas. A adxudicación notificaráselles ós licitadores e, simultaneamente, publicarase no perfil do contratante do órgano de Contratación, indicándose o prazo en que debe procederse á súa formalización. O órgano de Contratación poderá declarar deserta a licitación, a proposta da Mesa de Contratación, cando non exista ningunha oferta ou proposición que sexa admisible de acordo cos criterios que figuran no prego. 15. SUBCONTRATACIÓN O contratista poderá concertar con terceiros a realización parcial deste, que quedará sometida ó cumprimento dos requisitos establecidos no apartado 2 do artigo 227 do TRLCSP. Deberá indicarse na oferta (sobre B) a parte do contrato que teñan previsto subcontratar, sinalando a súa porcentaxe con respecto á totalidade do contrato, e o nome ou o perfil empresarial, definido por referencia ás condicións de solvencia profesional ou técnica, dos subcontratistas ós que se lles vaia encomendar a súa realización. A infracción destas condicións, así como a falta de acreditación da aptitude do subcontratista ou das circunstancias determinantes da situación de emerxencia ou das que fan urxente a subcontratación, poderá dar lugar, en todo caso, á imposición ó contratista dunha penalidade de ata un 50% do importe do subcontrato. Os subcontratistas non terán en ningún caso acción directa fronte á administración contratante polas obrigas contraídas con eles polo contratista como consecuencia da execución do contrato principal e dos subcontratos. O contratista deberá informar os representantes dos traballadores da subcontratación, de acordo coa lexislación laboral. En todo caso, no proceso de subcontratación deberán cumprirse as normas xerais sobre subcontratación establecidas na Lei 32/2006, de 18 de outubro, reguladora da subcontratación no sector da construción e as súas normas de desenvolvemento, cuxas infraccións, segundo o indicado no seu artigo 11, serán sancionadas con arranxo ó disposto no Texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado por Real decreto lexislativo 5/2000, de 4 de agosto. 16. PAGOS A SUBCONTRATISTAS E SUBMINISTRADORES O contratista debe abonar aos subcontratistas ou subministradores o prezo pactado nos prazos fixados que non poderán ser mais desfavorables que os previstos para as relacións entre a Administración e o contratista que de conformidade co artigo 216.4 son de trinta días. Dito prazo computarase dende a data de aprobación polo contratista principal da factura emitida polo subcontratista ou subministrador, con indicación da súa data e do período que corresponda. A aprobación ou conformidade o no seu caso os motivos da disconformidade deberán outorgarse nun prazo máximo de trinta días desde a presentación da factura. No caso de demora no pago o subcontratista ou subministrador terá dereito o cobro dos intereses de demora e a indemnización polos custos de cobro nos termos previstos na Lei 3/2004 de 29 de decembro. O contratista poderá pactar cos subministradores ous subcontratistas prazos de pago superiores respectando os límites previstos no artigo 4.3 da lei 3/2004 de 29 de decembro pola que se establecen as medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciales sempre que dito pacto non constitúa unha cláusula abusiva e que o pago se instrumente mediante un documento negociable que leve aparellada a acción cambiaria no que os gastos de desconto ou negociación sexan de conta do contratista. Adicionalmente o subministrador ou subcontratista poderá esixir que o pago se garantice mediante aval. De conformidade co artigo 228 bis do TRLCSP a Deputación de Pontevedra poderá comprobar o estrito cumprimento dos pagamentos que os contratistas adxudicatarios dos contratos públicos, han de facer a todos os subcontratistas ou subministradores que participen nos mesmos. En tal caso, os contratistas adxudicatarios remitirán a Deputación de Pontevedra, cando esta o solicite, relación detallada daqueles subcontratistas ou subministradores que participen no contrato cando se perfeccione a súa participación, xunto con aquelas condicións de subcontratación ou subministración de cada un deles que garden unha relación directa co prazo de pagamento. Así mesmo, deberán achegar a solicitude do ente público contratante xustificante de cumprimento dos pagamentos a aqueles unha vez terminada a prestación dentro dos prazos de pagamento legalmente establecidos no artigo 228 e na Lei 3/2004, de 29 de decembro, no que lle sexa de aplicación. Estas obrigacións, que se incluirán nos anuncios de licitación e nos correspondentes pregos de condicións ou nos contratos, considéranse condicións esenciais de execución, cuxo incumprimento, ademais das consecuencias previstas polo ordenamento xurídico, permitirá a imposición das penalidades que para ese efecto se conteñan nos pregos. 17. REGRAS ESPECIAIS RESPECTO DO PERSOAL LABORAL DA EMPRESA CONTRATISTA 1.- Corresponde exclusivamente á empresa contratista a selección do persoal que, reunindo os requisitos de titulación e experiencia esixidos nos pregos, formará parte do equipo de traballo adscrito á execución do contrato, sen prexuízo da verificación por parte da “entidade contratante” do cumprimento daqueles requisitos. A empresa contratista procurará que exista estabilidade no equipo de traballo, e que as variacións na súa composición sexan puntuais e obedezan a razóns xustificadas, en orde a non alterar o bo funcionamento do servizo informando en todo momento á “entidade contratante”. 2.- A empresa contratista asume a obrigación de exercer de modo real, efectivo e continuo, sobre o persoal integrante do equipo de traballo encargado da execución do contrato, o poder de dirección inherente a todo empresario. En particular, asumirá a negociación e pagamento dos salarios, a concesión de permisos, licenzas e vacacións, as substitucións dos traballadores en casos de baixa ou ausencia, as obrigacións legais en materia de Seguridade Social, incluído o abono de cotizacións e o pagamento de prestacións, cando cumpra, as obrigacións legais en materia de prevención de riscos laborais, o exercicio da potestade disciplinaria, así como cuantos dereitos e obrigacións derívense da relación contractual entre empregado e empregador. 3.- A empresa contratista velará especialmente porque os traballadores adscritos á execución do contrato desenvolver a súa actividade sen extralimitarse nas funcións desempeñadas respecto da actividade delimitada nos pregos como obxecto do contrato. 4.- A empresa contratista estará obrigada a executar o contrato nas súas propias dependencias ou instalacións salvo que, excepcionalmente, sexa autorizada a prestar os seus servizos nas dependencias dos entes, organismos e entidades que forman parte do sector público. Neste caso, o persoal da empresa contratista ocupará espazos de traballo diferenciados do que ocupan os empregados públicos. Corresponde tamén á empresa contratista velar polo cumprimento desta obrigación. No prego deberá facerse constar motivadamente a necesidade de que, para a execución do contrato, os servizos préstense nas dependencias dos Departamentos, axencias, entes, organismos e entidades que forman parte do sector público. 5.- A empresa contratista deberá designar polo menos un coordinador técnico ou responsable, integrado no seu propio persoal, que terá entre as súas obrigacións as seguintes: a) Actuar como interlocutor da empresa contratista fronte á “entidade contratante”, canalizando a comunicación entre a empresa contratista e o persoal integrante do equipo de traballo adscrito ao contrato, dun lado, e a “entidade contratante”, doutro lado, en todo o relativo ás cuestións derivadas da execución do contrato. b) Distribuír o traballo entre o persoal encargado da execución do contrato, e impartir aos devanditos traballadores as ordes e instrucións de traballo que sexan necesarias en relación coa prestación do servizo contratado. c) Supervisar o correcto desempeño por parte do persoal integrante do equipo de traballo das funcións que teñen encomendadas, así como controlar a asistencia do devandito persoal ao posto de traballo. d) Organizar o réxime de vacacións do persoal adscrito á execución do contrato, debendo para ese efecto coordinarse adecuadamente a empresa contratista coa “entidade contratante”, a efectos de non alterar o bo funcionamento do servizo. e) Informar á “entidade contratante” acerca das variacións, ocasionais ou permanentes, na composición do equipo de traballo adscrito á execución do contrato. 18. FORMALIZACIÓN DO CONTRATO A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato nun documento administrativo dentro do prazo de quince días hábiles, a contar desde o día seguinte á notificación da adxudicación, constituíndo o devandito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo ó seu cargo os gastos correspondentes. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado a Administración poderá acordar a súa resolución. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa formalización previa. 19. OBRIGAS DO CONTRATISTA O contratista deberá dar cumprimento ás obrigas derivadas das disposicións vixentes en materia de protección do emprego, condicións de traballo e prevención de riscos laborais segundo a lexislación competente nesa materia. 20. GASTOS ESIXIBLES Os gastos que orixine a publicación dos anuncios de licitación no presente contrato, tanto nos correspondentes boletíns oficiais coma, no seu caso, na prensa, irán por conta do adxudicatario do contrato, sen que se lle poida imputar á administración contratante ningún pagamento por tal concepto, e sen que estes gastos superen os 2.000,00 €. 21. RESPONSABLE DO CONTRATO A Deputación poderá designar a un responsable do contrato, vinculado a esta institución, ó que lle corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. A designación ou non do responsable non eximirá o contratista da correcta execución obxecto do contrato, salvo que as deficiencias sexan debidas á orde directa do responsable designado, con expresa reserva escrita por parte do contratista tanto ó propio responsable coma ó órgano de Contratación. 22. EXECUCIÓN DO SERVIZO E RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA O contrato executarase con suxeición ó establecido nas súas cláusulas e nos pregos de acordo coas instrucións que para a súa interpretación lle dese o contratista ó órgano de Contratación. O contratista será o responsable da calidade técnica dos traballos que desenvolva e das prestacións e servizos realizados, así como das consecuencias que se deduzan para a Administración ou para terceiros das omisións, erros, métodos inadecuados ou conclusións incorrectas na execución do contrato. 23. EXECUCIÓN DEFECTUOSA E DEMORA O contratista está obrigado a cumprir o contrato dentro do prazo fixado para a súa realización, así como os prazos parciais sinalados para a súa execución sucesiva. Se os servizos sufrisen un atraso na súa execución, e sempre que este non fose imputable ó contratista e este ofrecese cumprir os seus compromisos, o órgano de Contratación concederá un prazo que será, polo menos, igual ó tempo perdido, a non ser que o contratista pedise outro menor segundo o establecido no artigo 213.2 do TRLCSP, regulándose a súa petición polo establecido no artigo 100 do RXLCAP. A petición de prórroga por parte do contratista deberá ter lugar nun prazo máximo de quince días desde aquel en que se produza a causa orixinaria do atraso, alegando as razóns polas que estime que non lle é imputable e sinalando o tempo probable da súa duración, para que a Administración poida oportunamente e sempre antes de que remate o prazo de execución do contrato, resolver sobre a prórroga deste, sen prexuízo de que unha vez desaparecida a causa se reaxuste o prazo prorrogado ó tempo realmente perdido. Cando o contratista, por causas imputables a el, incorrese en demora respecto ó cumprimento do prazo total, a Administración poderá optar, indistintamente, pola resolución do contrato ou pola imposición de penalidades que figuran no presente prego. Cada vez que as penalidades por demora alcancen un múltiplo do 5% do prezo do contrato o órgano de Contratación estará facultado para proceder á súa resolución ou acordar a continuidade da súa execución con imposición de novas penalidades. Neste último suposto o órgano de Contratación concederá a ampliación do prazo que estime necesaria para a terminación do contrato. Así mesmo, a Administración terá as mesmas prerrogativas cando a demora no cumprimento dos prazos parciais faga presumir razoablemente a imposibilidade do cumprimento do prazo total. A aplicación e o pagamento destas penalidades non exclúen a indemnización á que a Administración poida ter dereito por danos e perdas ocasionadas con motivo do atraso imputable ó contratista. 24. GARANTÍA DOS SERVIZOS O prazo de garantía comezará a contar desde a data de recepción do servizo. A garantía definitiva responderá dos seguintes conceptos: a) Das penalidades impostas ó contratista segundo o artigo 212 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público. b) Da correcta execución das prestacións contempladas no contrato, dos gastos orixinados á Administración pola demora do contratista no cumprimento das súas obrigas, e dos danos e prexuízos ocasionados con motivo da execución do contrato ou polo seu incumprimento, cando non proceda a súa resolución. c) Da incautación que poida decretarse nos casos de resolución do contrato, de acordo co establecido no citado Real decreto lexislativo. Durante este prazo de garantía terá dereito o contratista a coñecer e ser oído sobre a aplicación do servizo realizado. 25. DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN A documentación incluída no sobre A dos licitadores que non resultasen adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, previo aviso ó Servizo de Contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no correo contratacion@depo.es, transcorridos tres meses, contados desde o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores e durante o prazo de 30 días naturais, salvo que a Administración considere oportuno retela no suposto que teñan interposto reclamacións ou recursos ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorridos os prazos anteriormente mencionados, esta Administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 26. RESOLUCIÓN DO CONTRATO O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos art. 223 e 308 do TRLCSP. 27. XURISDICIÓN COMPETENTE As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, resolveraas o órgano de Contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contenciosa administrativa, a teor do disposto na lei reguladora de dita xurisdición. 28. MODIFICACIÓNS DO CONTRATO Unha vez perfeccionado o contrato, o órgano de contratación só poderá introducir modificacións por razóns de interese público cando así o previu nos pregos ou no anuncio de licitación ou nos casos e cos límites establecidos no artigo 107 do TRLCSP. As citadas modificacións axustaranse ao previsto no Título V do Libro I do TRLCSP e tramitaranse de acordo co procedemento previsto no artigo 211 desta norma. Procederá a modificación do contrato nos termos previstos no artigo 106, cando así se previu no Anexo I do presente prego e detallouse nos pregos de prescricións técnicas de forma clara, precisa e inequívoca as condicións en que poderá facerse uso da mesma, así como o seu alcance e límites. As modificacións acordadas polo órgano de contratación serán obrigatorias para os contratista e deberán formalizarse conforme ao disposto no artigo 156 do TRLCSP. No concernente ao seu réxime estarase ao disposto no Título V do Libro I e os artigos 211, 219 e 306 do TRLCSP.” Ditos anexos son como seguen: “ANEXO I.- LOTE 1 1.- DEFINICIÓN E CARACTERÍSTICAS DO CONTRATO 1.1.- DEFINICIÓN E OBXECTO DO CONTRATO Servizo para a impartición e avaliación dos itinerarios de inserción socio-laboral que engloban formación específica, transversal, complementaria e inserción laboral. Cursos: -SSCE0110 Docencia da formación profesional para o emprego (3 edicións: Valga, Mos e Pontevedra). 1.2. PROCEDEMENTO División en lotes: Si Cualificación do contrato: servizos (Categoría 24 do Anexo II) CPV: 80400000 (Servizos de ensinanza para adultos e outros servizos de ensinanza) Trámite: ordinario Procedemento: aberto Órgano de Contratación: Xunta de Goberno Prazo de presentación de ofertas: 15 días naturais (artigo 159.2 do R. d. l. 3/2011) a contar dende o día seguinte ó da publicación do anuncio no BOP. 1.3. TIPO DE LICITACIÓN, ORZAMENTO MÁXIMO ESTIMADO DO CONTRATO E FINANCIAMENTO A) TIPO DE LICITACIÓN: Formulación do prezo: Prezo a tanto alzado Importe sen IVE: Curso Lugares de impartición Nº de edicións Importe de licitación SSCE0110 Docencia da formación profesional para o emprego Valga, Mos, Pontevedra 3 80.722,69 € Estas cantidades atópanse exentas de IVE de conformidade co artigo 20.1.9 da Lei 37/1992 reguladora do IVE. B) FINANCIAMENTO: Cadro de financiamento: Anualidade Aplicación orzamentaria Importe 2014 14/921.242.227.06 80.722,69 € Revisión de prezos: Non procede. 1.4. PRAZO DE EXECUCIÓN O prazo de execución será desde a súa firma ata os dous meses seguintes a execución do programa formativo establecido nas condicións particulares para cada acción formativa no prego de prescripcións técnicas. 1.5. RÉXIME DE PAGAMENTOS O pagamento do prezo será satisfeito o adxudicatario contra a presentación das correspondentes facturas, unha vez prestada a conformidade por esta Deputación. Os prazos de pagamento serán os seguintes : -75 % ó finalizar a impartición da formación teórica. -25% restante á finalización do contrato coa entrega e validación por parte do equipo técnico do proxecto Aquelando dunha memoria final coas especificacións que se establecen no apartado I) do prego de prescricións técnicas. 1.6. GARANTÍAS Definitiva: 5% do importe de adxudicación do contrato (IVE excluído) Prazo de garantía mínimo: non procede 1.7. PENALIZACIÓNS No caso de demora do contrato por parte do contratista, poderase optar entre a resolución do contrato ou a imposición das penalidades establecidas no artigo 212 do TRLCSP. No caso de execución defectuosa durante a vixencia do contrato, a Deputación de Pontevedra resérvase o dereito de impoñer outras infraccións e sancións ao adxudicatario como consecuencia da detención de calquera das condutas que se describen a continuación, cualificandose como leves e graves: a) As condutas cualificadas como leves serán sancionadas cunha multa equivalente ó 5 % do importe de adxudicación do contrato. Para a imposición das condutas leves non será preceptiva a previa instrución do expediente, salvo o trámite de audiencia ó concesionario. O procedemento iniciarase de oficio polo órgano de contratación, xa sexa por propia iniciativa ou como consecuencia de calquera petición razoada ou por denuncia formulada por calquera persoa que teña coñecemento dos feitos susceptibles de seren sancionados ou penalizados. b) Os incumprimentos graves serán sancionados cunha multa de entre un 5,01 % e un 10 % do importe de adxudicación do contrato. Para a imposición das sancións previstas nelas, seguirase o procedemento establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, de 4 de agosto. O importe das sancións e o cumprimento das obrigas derivadas das responsabilidades contraídas poderán ser esixidas polos procedementos de execución forzosa previstos na Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Os expedientes tramitaranse mediante a aplicación do seguinte procedemento: a) A incoación do expediente acordarase pola Administración. b) O instrutor formulará un prego de cargos, que conterá a conduta ou condutas imputadas e a sanción proposta e que se lle notificará á empresa adxudicataria. Este disporá dun prazo de dez (10) días para formular alegacións. O órgano competente para resolver poderá adoptar en calquera momento, mediante acordo motivado, as medidas de carácter provisional que resulten necesarias para asegurar a eficacia da resolución que poidera recaer, no bo fin do procedemento, evitar o mantemento dos efectos da infracción e as esixencias dos intereses xerais. c) Contestado o prego de cargos ou transcorrido o prazo sen facelo o instrutor formulará unha proposta de imposición de sancións tras, no seu caso, a eventual práctica das probas oportunas. d) A proposta coas actuacións remitirase ó órgano de contratación, que ditará a resolución que estime oportuna sobre as sancións, que, no seu caso, deberán facerse efectivas polo adxudicatario no prazo de quince (15) días desde que reciba a notificación daquela. Iniciado un procedemento de imposición de sancións, o adxudicatario poderá poñerlle fin mediante o recoñecemento da súa responsabilidade e o aboamento da sanción proposta polo instrutor reducido nun 25%. Condutas susceptibles de dar lugar á imposición de sancións: Tal e como se sinalou, as condutas susceptibles de dar lugar á imposición de sancións por parte da Administración poden cualificarse como leves ou graves: a) Leves:  A falta de ética profesional por parte do persoal docente ou traballadores da empresa adxudicataria: realización de comentarios de ámbito laboral, persoal ou de calquera outra índole na aula, actuación ou comentarios que supoñan un desprestixio da empresa adxudicataria ou da Deputación de Pontevedra, faltas de confidencialidade ou calquera outro comportamento que o equipo técnico de Aquelando 3 considere prexudicial para o correcto desenvolvemento do proxecto.  O incumprimento da inserción laboral establecida nos pregos de prescricións técnicas en unha semana das ofertadas.  A falta de puntualidade por parte dos docentes respecto á hora de inicio e fin das clases teóricas.  Incorrer nunha non validacións do equipo docente proposto para cada Módulo Formativo do que está composto o certificado de Profesionalidade a impartir.  Non cobertura ou cobertura incorrecta dun parte de asistencia, por ausencia de datos ou non lexibilidade dos mesmos.  A escaseza de material formativo e/ou de prácticas de calquera tipo, a xuízo do persoal técnico do proxecto Aquelando 3.  A realización de dunha actividade excepcional incluída dentro do horario das clases teóricas sen previo aviso e aprobación por parte do equipo técnico do proxecto.  As características dos servizos e compromisos recollidas nos pregos que rexen a contratación, serán consideradas como obrigas esenciais do contrato, aplicándose as penalidades previstas para o incumprimento do prazo total, ou no seu caso a resolución do contrato. b) Graves:  A acumulación ou reiteración de dous incumprimentos leves.  A utilización de temarios formativos incompletos, desactualizados, desestruturados ou con calquera outra carencia que o equipo técnico do proxecto considere importante para o correcto desenvolvemento do curso.  O plaxio de contidos no texto dos módulos formativos.  O incumprimento do prazo de 15 días naturais para iniciar os cursos dende a data establecida polo equipo técnico do proxecto.  O incumprimento do prazo de 2 meses para rematar o servizo desde a finalización das accións formativas teórico-prácticas.  O incumprimento do prazo de 20 días naturais antes da data proposta polo equipo técnico do proxecto para o inicio das accións formativas, do achegamento da documentación xustificativa que acredita o persoal docente proposto para a impartición da acción formativa.  Calquera outro suposto que supoña unha alteración do normal desenvolvemento das clases teóricas ou prácticas. 2. SOLVENCIA ECONÓMICA, FINANCEIRA E TÉCNICA (documentación a presentar na fase de requirimento, segundo figura na cláusula 13.1 do prego económico-administrativo). Clasificación: Acreditación da solvencia económica, financeira e técnica A) Solvencia económica e financeira: Deberase acreditar unha cifra media de negocio dos servizos realizados pola empresa nos últimos tres anos, igual ou superior á do orzamento do presente lote, IVE incluído. Documentación a presentar: a) No caso de entidades con personalidade xurídica propia (sociedades mercantís): - Contas anuais dos tres últimos anos presentadas no Rexistro Mercantil ou no rexistro oficial que corresponda, e/ou os modelos 200 (Declaración-liquidación do Imposto sobre Sociedades) dos tres últimos anos. b) No caso de titulares de actividades económicas no ámbito do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF): b.1) Empresarios e profesionais con tributación do IRPF mediante o método de estimación directa normal ou simplificada: - Libro rexistro de vendas e ingresos dos tres últimos anos (debendo estar debidamente legalizados para aqueles que teñan a dita obriga). - Modelo 390 (declaración resumo anual IVE) dos tres últimos anos e/ou modelo 100 (documento de ingreso ou devolución da declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas) dos tres últimos anos. b.2) Empresarios e profesionais con tributación do IRPF mediante o método de estimación obxectiva: - Libro rexistro de vendas e ingresos dos tres últimos anos e/ou modelo 100 (documento de ingreso ou devolución da declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas) dos últimos tres anos. - Declaración responsable asinada polo representante legal que acredite que o libro de rexistro de vendas e ingresos reflicte a imaxe fiel da actividade económica da empresa. No caso de non dispor do libro de rexistro de vendas e ingresos, a declaración debe acreditar que o rendemento neto da actividade reflicte a imaxe fiel da actividade económica da empresa. B) Solvencia técnica: Para acreditar a solvencia técnica o licitador deberá presentar os seguintes documentos: a) Relación dos principais servizos ou traballos no curso dos tres últimos anos relacionados co obxecto do contrato; nestes certificados indicaranse o importe, as datas e o destinatario, público ou privado, e precisarase se se realizaron segundo as regras polas que se rexe a profesión e se levaron normalmente a bo termo (cumprimentar o Anexo V). Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados por un único órgano competente cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou, por este, a falta de este certificado, mediante unha declaración do empresario; no seu caso, estes certificados comunicarallo directamente ó órgano de Contratación a autoridade competente. O importe total destes contratos xustificados deberá ser igual ou superior ó orzamento deste contrato, IVE incluído. b) Deberase indicar a parte do contrato que o empresario ten eventualmente co propósito de subcontratar de conformidade co establecido na cláusula 14 deste prego. 3. CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO Pluralidade de criterios: si Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta de maior vantaxe económica atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: 3.1. Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre B) Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valoraranse cun máximo de 49 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: 3.1.1) Metodoloxía dos cursos: Puntuación máxima (19 puntos). Valorarase a avaliación e actividades de reforzo da formación, os recursos para a realización das prácticas non laborais, uso das novas tecnoloxías, metodoloxía didáctica innovadora e o seguimento e control das accións formativas. 3.1.2) Recursos destinados á impartición de actividades: Puntuación máxima (15 puntos). Valorarase o equipo didáctico empregado, temarios adaptados ós módulos, temarios de elaboración propia e material a entregar ó alumnado tanto na teoría coma na práctica. 3.1.3) Cronograma de execución: Puntuación máxima (5 puntos). Temporalización dos módulos de formación específica, complementaria, transversal e prácticas non laborais. 3.1.4) Melloras ofertadas: Puntuación máxima (10 puntos): Valoráranse as seguintes melloras:  Melloras relacionadas con ofertar saídas fora do centro educativo cos alumnos en horario da acción formativa e con temáticas relacionadas coa mesma onde a empresa costee o medio de transporte e se encargue da súa organización.  Melloras na contratación das pólizas de seguros respecto o mínimo esixido (establecido na cláusula k) do prego de prescricións técnicas).  Melloras no equipamento, materiais formativos e instalacións respecto ó mínimo esixido.  Calquera outras melloras que redunden na mellora da execución das accións formativas. NOTA MOI IMPORTANTE: na documentación que se presente no sobre B non se poderá incluír ningún dato que permita intuír a proposta efectuada pola empresa no sobre C. Toda referencia económica en relación ó servizo prestado ou relativa ós criterios de valoración automática presentarase única e exclusivamente no sobre C. O incumprimento deste precepto suporá a exclusión da oferta no proceso de licitación. 3.2. Enumeración dos criterios de valoración automática (Sobre C). Nota importante: só se procederá á apertura e valoración das propostas do sobre C daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 30 puntos. Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 51 puntos de conformidade cos seguintes criterios: - Oferta económica, ata un máximo de 36 puntos. Valorarse en función da fórmula do anexo III. -Número de semanas de duración da inserción laboral, por alumno, cunha xornada de traballo diaria de 4 horas como mínimo, ata un máximo de 15 puntos. Por cada semana de duración do contrato que oferte a empresa de media para todos os cursos obteranse 1,5 puntos ata un máximo de 15 puntos. (A finalización da inserción laboral ofertada non poderá superar o 31 de agosto de 2015 para poder verificar o cumprimento do servizo no derradeiro mes do proxecto Aquelando 3 que finalizará o 30 de setembro de 2015 e proceder o pago e resolución do contrato). 4. DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR SOBRE A: DOCUMENTACIÓN ADMINISTRATIVA Este sobre conterá os seguintes documentos: 1.- Unha relación de todos os documentos incluídos neste sobre. 2.- Declaración responsable subscrita pola persoa que firme a proposición, de acordo co modelo que se adxunta no Anexo II. 3.- Compromiso do licitador de dedicar ou adscribir ao contrato os medios persoais e materiais suficientes necesarios para a debida execución do mesmo, ós que se refire o artigo 64.2 do TRLCSP. Sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación do contrato. 4.- As empresas estranxeiras presentarán unha declaración de someterse a xurisdición dos xulgados e tribunais españois de calquera orden, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto poida xurdir do contrato, con renuncia, se é o caso ao foro xurisdicional estranxeiro que puidera corresponderlle o licitador. En todo caso as empresas estranxeiras presentarán os seus documentos debidamente traducidos de forma oficial ao castelán ou galego. Presentación do sobre A no caso de licitar a varios lotes No caso de que o contrato se divida en lotes, se un mesmo licitador se presenta a varios lotes poderá presentar un único sobre A no que acredite os requisitos de capacidade e solvencia requiridos para cada un dos lotes. Pola contra, deberá presentar un sobre B e outro C por cada un dos lotes ós que se presente. SOBRE B: DOCUMENTACIÓN CORRESPONDENTE Á VALORACIÓN DE CRITERIOS NON AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS Presentarase pechado e cos seguintes documentos: O licitador deberá presentar a oferta técnica por escrito. A oferta do licitador deberá estar paxinada e conter un índice detallado. A exposición da oferta axustarase, como mínimo e nun mesmo orden os diferentes apartados que a continuación se detallan: 1. Memoria que deberá conter:  Metodoloxía formativa a desenvolver.  Módulos, contidos e duración dos mesmos, dos que constará o curso.  Proposta de cronograma de execución.  Proposta de seguros da empresa. indicando como mínimo as condicións de cobertura recollidas na cláusula K do prego de prescricións técnicas.  Relación das instalacións, equipamento e materiais (diferenciando entre as tres tipoloxías establecidas no prego técnico) que porá a disposición a empresa adxudicataria para a realización das acción formativas. Neste senso terase en conta a relación de instalación, equipamento e materiais que porá a disposición a Deputación de Pontevedra e que establecen nas condicións particulares de cada unha das accións formativas recollidas nos pregos de prescricións técnicas.  Recursos para a realización das prácticas non laborais (entre eles deberán achegarse os convenios ou acordos firmados con empresas para a realización das prácticas).  Exemplar do temario completo a utilizar na formación teórica (libros e/ou documentación de elaboración propia por parte da entidade adxudicataria).  Compromiso de adecuación do curso ó establecido no apartado de “Adaptacións” recollido nas condicións particulares dos cursos do prego de prescricións técnicas. 2. Melloras propostas polo licitador: Ademais da relación mínima de documentación o licitador deberá presentar todos aqueles documentos que considere oportunos para a perfecta definición do servizo, entendendo que, no caso de non indicarse un aspecto determinado, se cumpren os requisitos mínimos establecidos no prego. SOBRE C: DOCUMENTO CORRESPONDENTE Á VALORACIÓN DE CRITERIOS AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS Presentarase pechado e co seguinte documento: Modelo de proposición seguindo o modelo determinado no Anexo IV do prego de condicións, asinado e selado. Este modelo conterá a oferta económica que se realice e a duración da inserción laboral. Non se aceptarán aquelas propostas que conteñan omisións, erros ou riscaduras que impidan coñecer claramente o que a Administración estime fundamental para considerar a oferta. Se algunha proposición non gardase concordancia coa documentación examinada e admitida, excedese do presuposto base de licitación, variase substancialmente o modelo establecido, comportase erro manifesto no importe da proposición, ou existise recoñecemento por parte do licitador de que adoece de erro ou inconsistencia que a fagan inviable, poderá ser descartada pola Mesa de Contratación. Na proposición indicarase como partida independente o importe do Imposto sobre o Valor Engadido. Así mesmo, cando para a selección do contratista se atenda a unha pluralidade de criterios, incluirase neste sobre a documentación relativa a aqueles criterios avaliables de xeito automático mediante cifras ou porcentaxes por aplicación das fórmulas establecidas nos pregos.” “ANEXO II. LOTE 1.- MODELO DE PROPOSICIÓN (SOBRE C) Don............................................, maior de idade, veciño de....................., con domicilio en ............................, titular do DNI.................., actuando en nome propio/ou en representación da empresa ................................. (CIF núm. .......................) e con domicilio en .................................., teléfono.................... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Decatado do anuncio para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente ó servizo (especificar denominación do servizo): Primeiro. Declaramos que na execución do contrato se cumprirán as obrigas derivadas das disposicións vixentes en materia de protección do emprego, condicións de traballo e prevención de riscos laborais. Segundo. Comprometémonos a prestar o servizo con estrita suxeición ós pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que aceptamos en todas as súas partes, polo seguinte prezo ofertado: Curso Lugares de impartición Nº de edicións Importe total ofertado pola empresa SSCE0110 Docencia da formación profesional para o emprego Valga, Mos, Pontevedra 3 Terceiro: Comprométémonos, para cada edición dos seguintes cursos, a inserir laboralmente como mínimo o número de alumnos establecido nos pregos de prescricións técnicas coa seguinte duración: Nº Lote Acción formativa Duración do contrato en semanas por alumno cunha xornada de traballo diaria de 4 horas como mínimo ofertado pola empresa Lote 1 SSCE0110 Docencia da formación profesional para o emprego.-Valga SSCE0110 Docencia da formación profesional para o emprego.- Mos SSCE0110 Docencia da formación profesional para o emprego.- Pontevedra Total Media Aritmética= (Suma de semanas ofertadas /3) “ANEXO I.- LOTE 2 1.- DEFINICIÓN E CARACTERÍSTICAS DO CONTRATO 1.1.- DEFINICIÓN E OBXECTO DO CONTRATO Servizo para a impartición e avaliación dos itinerarios de inserción socio-laboral que engloban formación específica, transversal, complementaria e inserción laboral. Cursos: -SSC0110 Docencia da formación profesional para o emprego (2 edicións: Vigo). 1.2. PROCEDEMENTO División en lotes: Si Cualificación do contrato: servizos (Categoria 24 do Anexo II) CPV: 80400000 (Servizos de enseñanza para adultos e outros servizos de ensinanza). Trámite: ordinario Procedemento: aberto Órgano de Contratación: Xunta de Goberno Prazo de presentación de ofertas: 15 días naturais (artigo 159.2 do R. d. l. 3/2011) a contar dende o día seguinte ó da publicación do anuncio no BOP. 1.3. TIPO DE LICITACIÓN, ORZAMENTO MÁXIMO ESTIMADO DO CONTRATO E FINANCIAMENTO A) TIPO DE LICITACIÓN: Formulación do prezo: Prezo a tanto alzado Importe sen IVE: Curso Lugares de impartición Nº de edicións Importe de licitación SSCE0110 Docencia da formación profesional para o emprego Vigo 2 58.742,29 € Estas cantidades atópanse exentas de ive de conformidade co artigo 20.1.9 da Lei 37/1992 reguladora do IVE. B) FINANCIAMENTO: Cadro de financiamento: Anualidade Aplicación orzamentaria Importe 2014 14/232.242.227.06 58.742,29 € Revisión de prezos: Non procede 1.4. PRAZO DE EXECUCIÓN O prazo de execución será desde a súa firma ata os dous meses seguintes a execución do programa formativo establecido nas condicións particulares para cada acción formativa no prego de prescripcións técnicas. 1.5. RÉXIME DE PAGAMENTOS O pagamento do prezo será satisfeito o adxudicatario contra a presentación das correspondentes facturas, unha vez prestada a conformidade por esta Deputación. Os prazos de pagamento serán os seguintes: -75 % ó finalizar a impartición da formación teórica. -25% restante á finalización do contrato coa entrega e validación por parte do equipo técnico do proxecto Aquelando dunha memoria final coas especificacións que se establecen no apartado I) do prego de prescripcións técnicas. 1.6. GARANTÍAS Definitiva: 5% do importe de adxudicación do contrato (IVE excluído). Prazo de garantía mínimo: non procede. 1.7. PENALIZACIÓNS No caso de demora do contrato por parte do contratista, poderase optar entre a resolución do contrato ou a imposición das penalidades establecidas no artigo 212 do TRLCSP. No caso de execución defectuosa durante a vixencia do contrato, a Deputación de Pontevedra resérvase o dereito de impoñer outras infraccións e sancións ó adxudicatario como consecuencia da detención de calquera das condutas que se describen a continuación, cualificándose como leves e graves: a) As condutas cualificadas como leves serán sancionadas cunha multa equivalente ó 5 % do importe de adxudicación do contrato. Para a imposición das condutas leves non será preceptiva a previa instrución do expediente, salvo o trámite de audiencia ó concesionario. O procedemento iniciarase de oficio polo órgano de contratación, xa sexa por propia iniciativa ou como consecuencia de calquera petición razoada ou por denuncia formulada por calquera persoa que teña coñecemento dos feitos susceptibles de seren sancionados ou penalizados. b) Os incumprimentos graves serán sancionados cunha multa de entre un 5,01 % e un 10 % do importe de adxudicación do contrato. Para a imposición das sancións previstas nelas, seguirase o procedemento establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, de 4 de agosto. O importe das sancións e o cumprimento das obrigas derivadas das responsabilidades contraídas poderán ser esixidas polos procedementos de execución forzosa previstos na Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Os expedientes tramitaranse mediante a aplicación do seguinte procedemento: a) A incoación do expediente acordarase pola Administración. b) O instrutor formulará un prego de cargos, que conterá a conduta ou condutas imputadas e a sanción proposta e que se lle notificará á empresa adxudicataria. Este disporá dun prazo de dez (10) días para formular alegacións. O órgano competente para resolver poderá adoptar en calquera momento, mediante acordo motivado, as medidas de carácter provisional que resulten necesarias para asegurar a eficacia da resolución que poidera recaer, no bo fin do procedemento, evitar o mantemento dos efectos da infracción e as esixencias dos intereses xerais. c) Contestado o prego de cargos ou transcorrido o prazo sen facelo o instrutor formulará unha proposta de imposición de sancións tras, no seu caso, a eventual práctica das probas oportunas. d) A proposta coas actuacións remitirase ó órgano de contratación, que ditará a resolución que estime oportuna sobre as sancións, que, no seu caso, deberán facerse efectivas polo adxudicatario no prazo de quince (15) días desde que reciba a notificación daquela. Iniciado un procedemento de imposición de sancións, o adxudicatario poderá poñerlle fin mediante o recoñecemento da súa responsabilidade e o aboamento da sanción proposta polo instrutor reducido nun 25%. Condutas susceptibles de dar lugar á imposición de sancións: Tal e como se sinalou, as condutas susceptibles de dar lugar á imposición de sancións por parte da Administración poden cualificarse como leves ou graves: a) Leves:  A falta de ética profesional por parte do persoal docente ou traballadores da empresa adxudicataria: realización de comentarios de ámbito laboral, persoal ou de calquera outra índole na aula, actuación ou comentarios que supoñan un desprestixio da empresa adxudicataria ou da Deputación de Pontevedra, faltas de confidencialidade ou calquera outro comportamento que o equipo técnico de Aquelando 3 considere prexudicial para o correcto desenvolvemento do proxecto.  O incumprimento da inserción laboral establecida nos pregos de prescricións técnicas en unha semana das ofertadas.  A falta de puntualidade por parte dos docentes respecto á hora de inicio e fin das clases teóricas.  Incorrer nunha non validacións do equipo docente proposto para cada Módulo Formativo do que está composto o certificado de Profesionalidade a impartir.  Non cobertura ou cobertura incorrecta dun parte de asistencia, por ausencia de datos ou non lexibilidade dos mesmos.  A escaseza de material formativo e/ou de prácticas de calquera tipo, a xuízo do persoal técnico do proxecto Aquelando 3.  A realización de dunha actividade excepcional incluída dentro do horario das clases teóricas sen previo aviso e aprobación por parte do equipo técnico do proxecto.  As características dos servizos e compromisos recollidas nos pregos que rexen a contratación, serán consideradas como obrigas esenciais do contrato, aplicándose as penalidades previstas para o incumprimento do prazo total, ou no seu caso a resolución do contrato b) Graves:  A acumulación ou reiteración de dous incumprimentos leves.  A utilización de temarios formativos incompletos, desactualizados, desestruturados ou con calquera outra carencia que o equipo técnico do proxecto considere importante para o correcto desenvolvemento do curso.  O plaxio de contidos no texto dos módulos formativos.  O incumprimento do prazo de 15 días naturais para iniciar os cursos dende a data establecida polo equipo técnico do proxecto.  O incumprimento do prazo de 2 meses para rematar o servizo desde a finalización das accións formativas teórico-prácticas.  O incumprimento do prazo de 20 días naturais antes da data proposta polo equipo técnico do proxecto para o inicio das accións formativas, do achegamento da documentación xustificativa que acredita o persoal docente proposto para a impartición da acción formativa.  Calquera outro suposto que supoña unha alteración do normal desenvolvemento das clases teóricas ou prácticas. 2. SOLVENCIA ECONÓMICA, FINANCEIRA E TÉCNICA (documentación a presentar na fase de requirimento, segundo figura na cláusula 13.1 do prego económico-administrativo) Clasificación: Acreditación da solvencia económica, financeira e técnica A) Solvencia económica e financeira: Deberase acreditar unha cifra media de negocio dos servizos realizados pola empresa nos últimos tres anos, igual ou superior á do orzamento do presente lote, IVE incluído. Documentación a presentar: a) No caso de entidades con personalidade xurídica propia (sociedades mercantís): - Contas anuais dos tres últimos anos presentadas no Rexistro Mercantil ou no rexistro oficial que corresponda, e/ou os modelos 200 (Declaración-liquidación do Imposto sobre Sociedades) dos tres últimos anos. b) No caso de titulares de actividades económicas no ámbito do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF): b.1) Empresarios e profesionais con tributación do IRPF mediante o método de estimación directa normal ou simplificada: - Libro rexistro de vendas e ingresos dos tres últimos anos (debendo estar debidamente legalizados para aqueles que teñan a dita obriga). - Modelo 390 (declaración resumo anual IVE) dos tres últimos anos e/ou modelo 100 (documento de ingreso ou devolución da declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas) dos tres últimos anos. b.2) Empresarios e profesionais con tributación do IRPF mediante o método de estimación obxectiva: - Libro rexistro de vendas e ingresos dos tres últimos anos e/ou modelo 100 (documento de ingreso ou devolución da declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas) dos últimos tres anos. - Declaración responsable asinada polo representante legal que acredite que o libro de rexistro de vendas e ingresos reflicte a imaxe fiel da actividade económica da empresa. No caso de non dispor do libro de rexistro de vendas e ingresos, a declaración debe acreditar que o rendemento neto da actividade reflicte a imaxe fiel da actividade económica da empresa. B) Solvencia técnica: Para acreditar a solvencia técnica o licitador deberá presentar os seguintes documentos: a) Relación dos principais servizos ou traballos no curso dos tres últimos anos relacionados co obxecto do contrato; nestes certificados indicaranse o importe, as datas e o destinatario, público ou privado, e precisarase se se realizaron segundo as regras polas que se rexe a profesión e se levaron normalmente a bo termo (cumprimentar o Anexo V). Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados por un único órgano competente cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou, por este, a falta de este certificado, mediante unha declaración do empresario; no seu caso, estes certificados comunicarallo directamente ó órgano de Contratación a autoridade competente. O importe total destes contratos xustificados deberá ser igual ou superior ó orzamento deste contrato, IVE incluído. b) Deberase indicar a parte do contrato que o empresario ten eventualmente co propósito de subcontratar de conformidade co establecido na cláusula 14 deste prego. 3. CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO Pluralidade de criterios: si Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta de maior vantaxe económica atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: 3.1. Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre B) Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valoraranse cun máximo de 49 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: 3.1.1) Metodoloxía dos cursos: Puntuación máxima (19 puntos) Valorarase a avaliación e actividades de reforzo da formación, os recursos para a realización das prácticas non laborais, uso das novas tecnoloxías, metodoloxía didáctica innovadora e o seguimento e control das accións formativas. 3.1.2) Recursos destinados á impartición de actividades: Puntuación máxima (15 puntos) Valorarase o equipo didáctico empregado, temarios adaptados ós módulos, temarios de elaboración propia e material a entregar ó alumnado tanto na teoría coma na práctica. 3.1.3) Cronograma de execución: Puntuación máxima (5 puntos) Temporalización dos módulos de formación específica, complementaria, transversal e prácticas non laborais. 3.1.4) Melloras ofertadas: Puntuación máxima (10 puntos): Valoráranse as seguintes melloras:  Melloras relacionadas con ofertar saídas fora do centro educativo cos alumnos en horario da acción formativa e con temáticas relacionadas coa mesma onde a empresa costee o medio de transporte e se encargue da súa organización.  Melloras na contratación das pólizas de seguros respecto o mínimo esixido (establecido na cláusula k) do prego de prescricións técnicas).  Melloras no equipamento, materiais formativos e instalacións respecto ó mínimo esixido.  Calquera outras melloras que redunden na mellora da execución das accións formativas. NOTA MOI IMPORTANTE: na documentación que se presente no sobre B non se poderá incluír ningún dato que permita intuír a proposta efectuada pola empresa no sobre C. Toda referencia económica en relación ó servizo prestado ou relativa ós criterios de valoración automática presentarase única e exclusivamente no sobre C. O incumprimento deste precepto suporá a exclusión da oferta no proceso de licitación. 3.2. Enumeración dos criterios de valoración automática (Sobre C) Nota importante: só se procederá á apertura e valoración das propostas do sobre C daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 30 puntos. Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 51 puntos de conformidade cos seguintes criterios: - Oferta económica, ata un máximo de 36 puntos Valorarse en función da fórmula do anexo III. -Número de semanas de duración da inserción laboral, por alumno, cunha xornada de traballo diaria de 4 horas como mínimo, ata un máximo de 15 puntos. Por cada semana de duración do contrato que oferte a empresa de media para todos os cursos obterase 1,5 puntos ata un máximo de 15 puntos. (A finalización da inserción laboral ofertada non poderá superar o 31 de agosto de 2015 para poder verificar o cumprimento do servizo no derradeiro mes do proxecto Aquelando 3 que finalizará o 30 de setembro de 2015 e proceder o pago e resolución do contrato). 4. DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR SOBRE A: DOCUMENTACIÓN ADMINISTRATIVA Este sobre conterá os seguintes documentos: 1.- Unha relación de todos os documentos incluídos neste sobre. 2.- Declaración responsable subscrita pola persoa que firme a proposición, de acordo co modelo que se adxunta no Anexo II. 3.- Compromiso do licitador de dedicar ou adscribir ao contrato os medios persoais e materiais suficientes necesarios para a debida execución do mesmo, aos que se refire o artigo 64.2 do TRLCSP. Sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación do contrato. 4.- As empresas estranxeiras presentarán unha declaración de someterse a xurisdición dos xulgados e tribunais españois de calquera orden, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto poida xurdir do contrato, con renuncia, se é o caso ao foro xurisdicional estranxeiro que puidera corresponderlle o licitador. En todo caso as empresas estranxeiras presentarán os seus documentos debidamente traducidos de forma oficial ó castelán ou galego. Presentación do sobre A no caso de licitar a varios lotes No caso de que o contrato se divida en lotes, se un mesmo licitador se presenta a varios lotes poderá presentar un único sobre A no que acredite os requisitos de capacidade e solvencia requiridos para cada un dos lotes. Pola contra, deberá presentar un sobre B e outro C por cada un dos lotes ós que se presente. SOBRE B: DOCUMENTACIÓN CORRESPONDENTE Á VALORACIÓN DE CRITERIOS NON AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS Presentarase pechado e cos seguintes documentos: O licitador deberá presentar a oferta técnica por escrito. A oferta do licitador deberá estar paxinada e conter un índice detallado. A exposición da oferta axustarase, como mínimo e nun mesmo orden os diferentes apartados que a continuación se detallan: 1. Memoria que deberá conter:  Metodoloxía formativa a desenvolver.  Módulos, contidos e duración dos mesmos, dos que constará o curso.  Proposta de cronograma de execución.  Proposta de seguros da empresa. indicando como mínimo as condicións de cobertura recollidas na cláusula K do prego de prescricións técnicas.  Relación das instalacións, equipamento e materiais (diferenciando entre as tres tipoloxías establecidas no prego técnico) que porá a disposición a empresa adxudicataria para a realización das acción formativas. Neste senso terase en conta a relación de instalación, equipamento e materiais que porá a disposición a Deputación de Pontevedra e que establecen nas condicións particulares de cada unha das accións formativas recollidas nos pregos de prescricións técnicas.  Recursos para a realización das prácticas non laborais (entre eles deberán achegarse os convenios ou acordos firmados con empresas para a realización das prácticas).  Exemplar do temario completo a utilizar na formación teórica (libros e/ou documentación de elaboración propia por parte da entidade adxudicataria).  Compromiso de adecuación do curso ó establecido no apartado de “Adaptacións” recollido nas condicións particulares dos cursos do prego de prescripcións técnicas. 2. Melloras propostas polo licitador: Ademais da relación mínima de documentación o licitador deberá presentar todos aqueles documentos que considere oportunos para a perfecta definición do servizo, entendendo que, no caso de non indicarse un aspecto determinado, se cumpren os requisitos mínimos establecidos no prego. SOBRE C: DOCUMENTO CORRESPONDENTE Á VALORACIÓN DE CRITERIOS AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS Presentarase pechado e co seguinte documento: Modelo de proposición seguindo o modelo determinado no Anexo IV do prego de condicións, asinado e selado. Este modelo conterá a oferta económica que se realice e a duración da inserción laboral. Non se aceptarán aquelas propostas que conteñan omisións, erros ou riscaduras que impidan coñecer claramente o que a Administración estime fundamental para considerar a oferta. Se algunha proposición non gardase concordancia coa documentación examinada e admitida, excedese do presuposto base de licitación, variase substancialmente o modelo establecido, comportase erro manifesto no importe da proposición, ou existise recoñecemento por parte do licitador de que adoece de erro ou inconsistencia que a fagan inviable, poderá ser descartada pola Mesa de Contratación. Na proposición indicarase como partida independente o importe do Imposto sobre o Valor Engadido. Así mesmo, cando para a selección do contratista se atenda a unha pluralidade de criterios, incluirase neste sobre a documentación relativa a aqueles criterios avaliables de xeito automático mediante cifras ou porcentaxes por aplicación das fórmulas establecidas nos pregos.” “ANEXO II.-LOTE 2.- MODELO DE PROPOSICIÓN (SOBRE C) Don............................................, maior de idade, veciño de....................., con domicilio en ............................, titular do DNI.................., expedido en data.............., actuando en nome propio/ou en representación da empresa ................................. (CIF núm. .......................) e con domicilio en .................................., teléfono.................... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Decatado do anuncio para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente ó servizo (especificar denominación do servizo): Primeiro. Declaramos que na execución do contrato se cumprirán as obrigas derivadas das disposicións vixentes en materia de protección do emprego, condicións de traballo e prevención de riscos laborais. Segundo. Comprometémonos a prestar o servizo con estrita suxeición ós pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que aceptamos en todas as súas partes, polo seguinte prezo ofertado: Curso Lugares de impartición Nº de edicións Importe total ofertado pola empresa SSCE0110 Docencia da formación profesional para o emprego Vigo 2 Terceiro: Comprométémonos, para cada edición dos seguintes cursos, a inserir laboralmente como mínimo o número de alumnos establecido nos pregos de prescricións técnicas coa seguinte duración: Nº Lote Acción formativa Duración do contrato en semanas por alumno cunha xornada de traballo diaria de 4 horas como mínimo ofertado pola empresa Lote 2 SSCE0110 Docencia da formación profesional para o emprego.-Vigo SSCE0110 Docencia da formación profesional para o emprego.- Vigo Total Media Aritmética= (Suma de semanas ofertadas /2) “ANEXO I.-LOTE 3 1.- DEFINICIÓN E CARACTERÍSTICAS DO CONTRATO 1.1.- DEFINICIÓN E OBXECTO DO CONTRATO Servizo para a impartición e avaliación dos itinerarios de inserción socio-laboral que engloban formación específica, transversal, complementaria e inserción laboral. Cursos: - SSC0110 Docencia da formación profesional para o emprego (1 edición: Lalín) 1.2. PROCEDEMENTO División en lotes: Si Cualificación do contrato: servizos (Categoría 24 do Anexo II) CPV: 80400000 (Servizos de ensinanza para adultos e outros servizos de ensinanza) Trámite: ordinario Procedemento: aberto Órgano de Contratación: Xunta de Goberno Prazo de presentación de ofertas: 15 días naturais (artigo 159.2 do R. d. l. 3/2011) a contar dende o día seguinte ó da publicación do anuncio no BOP. 1.3. TIPO DE LICITACIÓN, ORZAMENTO MÁXIMO ESTIMADO DO CONTRATO E FINANCIAMENTO A) TIPO DE LICITACIÓN: Formulación do prezo: Prezo a tanto alzado Importe sen IVE: Curso Lugares de impartición Nº de edicións Importe de licitación SSCE0110 Docencia da formación profesional para o emprego Lalín 1 28.912,15 € Estas cantidades atópanse exentas de IVE de conformidade co artigo 20.1.9 da Lei 37/1992 reguladora do IVE. B) FINANCIAMENTO: Cadro de financiamento: Anualidade Aplicación orzamentaria Importe 2014 14/232.242.227.06 155.025,00 € Revisión de prezos: Non procede. 1.4. PRAZO DE EXECUCIÓN O prazo de execución será dende a súa firma ata os dous meses seguintes a execución do programa formativo establecido nas condicións particulares para cada acción formativa no prego de prescricións técnicas. 1.5. RÉXIME DE PAGAMENTOS O pagamento do prezo será satisfeito o adxudicatario contra a presentación das correspondentes facturas, unha vez prestada a conformidade por esta Deputación. Os prazos de pagamento serán os seguintes: -75 % ó finalizar a impartición da formación teórica. -25% restante á finalización do contrato coa entrega e validación por parte do equipo técnico do proxecto Aquelando dunha memoria final coas especificacións que se establecen no apartado I) do prego de prescricións técnicas. 1.6. GARANTÍAS Definitiva: 5% do importe de adxudicación do contrato (IVE excluído). Prazo de garantía mínimo: non procede. 1.7. PENALIZACIÓNS No caso de demora do contrato por parte do contratista, poderase optar entre a resolución do contrato ou a imposición das penalidades establecidas no artigo 212 do TRLCSP. No caso de execución defectuosa durante a vixencia do contrato, a Deputación de Pontevedra resérvase o dereito de impoñer outras infraccións e sancións ao adxudicatario como consecuencia da detención de calquera das condutas que se describen a continuación, cualificándose como leves e graves: a) As condutas cualificadas como leves serán sancionadas cunha multa equivalente ó 5 % do importe de adxudicación do contrato. Para a imposición das condutas leves non será preceptiva a previa instrución do expediente, salvo o trámite de audiencia ó concesionario. O procedemento iniciarase de oficio polo órgano de contratación, xa sexa por propia iniciativa ou como consecuencia de calquera petición razoada ou por denuncia formulada por calquera persoa que teña coñecemento dos feitos susceptibles de seren sancionados ou penalizados. b) Os incumprimentos graves serán sancionados cunha multa de entre un 5,01 % e un 10 % do importe de adxudicación do contrato. Para a imposición das sancións previstas nelas, seguirase o procedemento establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, de 4 de agosto. O importe das sancións e o cumprimento das obrigas derivadas das responsabilidades contraídas poderán ser esixidas polos procedementos de execución forzosa previstos na Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Os expedientes tramitaranse mediante a aplicación do seguinte procedemento: a) A incoación do expediente acordarase pola Administración. b) O instrutor formulará un prego de cargos, que conterá a conduta ou condutas imputadas e a sanción proposta e que se lle notificará á empresa adxudicataria. Este disporá dun prazo de dez (10) días para formular alegacións. O órgano competente para resolver poderá adoptar en calquera momento, mediante acordo motivado, as medidas de carácter provisional que resulten necesarias para asegurar a eficacia da resolución que puidera recaer, no bo fin do procedemento, evitar o mantemento dos efectos da infracción e as esixencias dos intereses xerais. c) Contestado o prego de cargos ou transcorrido o prazo sen facelo o instrutor formulará unha proposta de imposición de sancións tras, no seu caso, a eventual práctica das probas oportunas. d) A proposta coas actuacións remitirase ó órgano de contratación, que ditará a resolución que estime oportuna sobre as sancións, que, no seu caso, deberán facerse efectivas polo adxudicatario no prazo de quince (15) días dende que reciba a notificación daquela. Iniciado un procedemento de imposición de sancións, o adxudicatario poderá poñerlle fin mediante o recoñecemento da súa responsabilidade e o aboamento da sanción proposta polo instrutor reducido nun 25%. Condutas susceptibles de dar lugar á imposición de sancións: Tal e como se sinalou, as condutas susceptibles de dar lugar á imposición de sancións por parte da Administración poden cualificarse como leves ou graves: a) Leves:  A falta de ética profesional por parte do persoal docente ou traballadores da empresa adxudicataria: realización de comentarios de ámbito laboral, persoal ou de calquera outra índole na aula, actuación ou comentarios que supoñan un desprestixio da empresa adxudicataria ou da Deputación de Pontevedra, faltas de confidencialidade ou calquera outro comportamento que o equipo técnico de Aquelando 3 considere prexudicial para o correcto desenvolvemento do proxecto.  O incumprimento da inserción laboral establecida nos pregos de prescricións técnicas en unha semana das ofertadas.  A falta de puntualidade por parte dos docentes respecto á hora de inicio e fin das clases teóricas.  Incorrer nunha non validacións do equipo docente proposto para cada Módulo Formativo do que está composto o certificado de Profesionalidade a impartir.  Non cobertura ou cobertura incorrecta dun parte de asistencia, por ausencia de datos ou non lexibilidade dos mesmos.  A escaseza de material formativo e/ou de prácticas de calquera tipo, a xuízo do persoal técnico do proxecto Aquelando 3.  A realización de dunha actividade excepcional incluída dentro do horario das clases teóricas sen previo aviso e aprobación por parte do equipo técnico do proxecto.  As características dos servizos e compromisos recollidas nos pregos que rexen a contratación, serán consideradas como obrigas esenciais do contrato, aplicándose as penalidades previstas para o incumprimento do prazo total, ou no seu caso a resolución do contrato. b) Graves:  A acumulación ou reiteración de dous incumprimentos leves.  A utilización de temarios formativos incompletos, desactualizados, desestruturados ou con calquera outra carencia que o equipo técnico do proxecto considere importante para o correcto desenvolvemento do curso.  O plaxio de contidos no texto dos módulos formativos.  O incumprimento do prazo de 15 días naturais para iniciar os cursos dende a data establecida polo equipo técnico do proxecto.  O incumprimento do prazo de 2 meses para rematar o servizo desde a finalización das accións formativas teórico-prácticas.  O incumprimento do prazo de 20 días naturais antes da data proposta polo equipo técnico do proxecto para o inicio das accións formativas, do achegamento da documentación xustificativa que acredita o persoal docente proposto para a impartición da acción formativa.  Calquera outro suposto que supoña unha alteración do normal desenvolvemento das clases teóricas ou prácticas. 2. SOLVENCIA ECONÓMICA, FINANCEIRA E TÉCNICA (documentación a presentar na fase de requirimento, segundo figura na cláusula 13.1 do prego económico-administrativo). Clasificación: Acreditación da solvencia económica, financeira e técnica A) Solvencia económica e financeira: Deberase acreditar unha cifra media de negocio dos servizos realizados pola empresa nos últimos tres anos, igual ou superior á do orzamento do presente lote, IVE incluído. Documentación a presentar: a) No caso de entidades con personalidade xurídica propia (sociedades mercantís): - Contas anuais dos tres últimos anos presentadas no Rexistro Mercantil ou no rexistro oficial que corresponda, e/ou os modelos 200 (Declaración-liquidación do Imposto sobre Sociedades) dos tres últimos anos. b) No caso de titulares de actividades económicas no ámbito do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF): b.1) Empresarios e profesionais con tributación do IRPF mediante o método de estimación directa normal ou simplificada: - Libro rexistro de vendas e ingresos dos tres últimos anos (debendo estar debidamente legalizados para aqueles que teñan a dita obriga). - Modelo 390 (declaración resumo anual IVE) dos tres últimos anos e/ou modelo 100 (documento de ingreso ou devolución da declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas) dos tres últimos anos. b.2) Empresarios e profesionais con tributación do IRPF mediante o método de estimación obxectiva: - Libro rexistro de vendas e ingresos dos tres últimos anos e/ou modelo 100 (documento de ingreso ou devolución da declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas) dos últimos tres anos. - Declaración responsable asinada polo representante legal que acredite que o libro de rexistro de vendas e ingresos reflicte a imaxe fiel da actividade económica da empresa. No caso de non dispor do libro de rexistro de vendas e ingresos, a declaración debe acreditar que o rendemento neto da actividade reflicte a imaxe fiel da actividade económica da empresa. B) Solvencia técnica: Para acreditar a solvencia técnica o licitador deberá presentar os seguintes documentos: a) Relación dos principais servizos ou traballos no curso dos tres últimos anos relacionados co obxecto do contrato; nestes certificados indicaranse o importe, as datas e o destinatario, público ou privado, e precisarase se se realizaron segundo as regras polas que se rexe a profesión e se levaron normalmente a bo termo (cumprimentar o Anexo V). Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados por un único órgano competente cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou, por este, a falta de este certificado, mediante unha declaración do empresario; no seu caso, estes certificados comunicarallo directamente ó órgano de Contratación a autoridade competente. O importe total destes contratos xustificados deberá ser igual ou superior ó orzamento deste contrato, IVE incluído. b) Deberase indicar a parte do contrato que o empresario ten eventualmente co propósito de subcontratar de conformidade co establecido na cláusula 14 deste prego. 3. CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO Pluralidade de criterios: si Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta de maior vantaxe económica atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: 3.1. Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre B) Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valoraranse cun máximo de 49 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: 3.1.1) Metodoloxía dos cursos: Puntuación máxima (19 puntos) Valorarase a avaliación e actividades de reforzo da formación, os recursos para a realización das prácticas non laborais, uso das novas tecnoloxías, metodoloxía didáctica innovadora e o seguimento e control das accións formativas. 3.1.2) Recursos destinados á impartición de actividades: Puntuación máxima (15 puntos) Valorarase o equipo didáctico empregado, temarios adaptados ós módulos, temarios de elaboración propia e material a entregar ó alumnado tanto na teoría coma na práctica. 3.1.3) Cronograma de execución: Puntuación máxima (5 puntos) Temporalización dos módulos de formación específica, complementaria, transversal e prácticas non laborais. 3.1.4) Melloras ofertadas: Puntuación máxima (10 puntos): Valoráranse as seguintes melloras:  Melloras relacionadas con ofertar saídas fora do centro educativo cos alumnos en horario da acción formativa e con temáticas relacionadas coa mesma onde a empresa costee o medio de transporte e se encargue da súa organización.  Melloras na contratación das pólizas de seguros respecto o mínimo esixido (establecido na cláusula k) do prego de prescricións técnicas).  Melloras no equipamento, materiais formativos e instalacións respecto ó mínimo esixido.  Calquera outras melloras que redunden na mellora da execución das accións formativas. NOTA MOI IMPORTANTE: na documentación que se presente no sobre B non se poderá incluír ningún dato que permita intuír a proposta efectuada pola empresa no sobre C. Toda referencia económica en relación ó servizo prestado ou relativa ós criterios de valoración automática presentarase única e exclusivamente no sobre C. O incumprimento deste precepto suporá a exclusión da oferta no proceso de licitación. 3.2. Enumeración dos criterios de valoración automática (Sobre C) Nota importante: só se procederá á apertura e valoración das propostas do sobre C daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 30 puntos. Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 51 puntos de conformidade cos seguintes criterios: - Oferta económica, ata un máximo de 36 puntos Valorarse en función da fórmula do anexo III. -Número de semanas de duración da inserción laboral, por alumno, cunha xornada de traballo diaria de 4 horas como mínimo, ata un máximo de 15 puntos. Por cada semana de duración do contrato que oferte a empresa de media para todos os cursos obterase 1,5 puntos ata un máximo de 15 puntos. (A finalización da inserción laboral ofertada non poderá superar o 31 de agosto de 2015 para poder verificar o cumprimento do servizo no derradeiro mes do proxecto Aquelando 3 que finalizará o 30 de setembro de 2015 e proceder o pago e resolución do contrato). 4. DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR SOBRE A: DOCUMENTACIÓN ADMINISTRATIVA Este sobre conterá os seguintes documentos: 1.- Unha relación de todos os documentos incluídos neste sobre. 2.- Declaración responsable subscrita pola persoa que firme a proposición, de acordo co modelo que se adxunta no Anexo II. 3.- Compromiso do licitador de dedicar ou adscribir ao contrato os medios persoais e materiais suficientes necesarios para a debida execución do mesmo, aos que se refire o artigo 64.2 do TRLCSP. Sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación do contrato. 4.- As empresas estranxeiras presentarán unha declaración de someterse a xurisdición dos xulgados e tribunais españois de calquera orden, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto poida xurdir do contrato, con renuncia, se é o caso ao foro xurisdicional estranxeiro que puidera corresponderlle o licitador. En todo caso as empresas estranxeiras presentarán os seus documentos debidamente traducidos de forma oficial ao castelán ou galego. Presentación do sobre A no caso de licitar a varios lotes No caso de que o contrato se divida en lotes, se un mesmo licitador se presenta a varios lotes poderá presentar un único sobre A no que acredite os requisitos de capacidade e solvencia requiridos para cada un dos lotes. Pola contra, deberá presentar un sobre B e outro C por cada un dos lotes ós que se presente. SOBRE B: DOCUMENTACIÓN CORRESPONDENTE Á VALORACIÓN DE CRITERIOS NON AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS Presentarase pechado e cos seguintes documentos: O licitador deberá presentar a oferta técnica por escrito. A oferta do licitador deberá estar paxinada e conter un índice detallado. A exposición da oferta axustarase, como mínimo e nun mesmo orden os diferentes apartados que a continuación se detallan: 1.-Memoria que deberá conter:  Metodoloxía formativa a desenvolver.  Módulos, contidos e duración dos mesmos, dos que constará o curso.  Proposta de cronograma de execución.  Proposta de seguros da empresa. indicando como mínimo as condicións de cobertura recollidas na clausula K do prego de prescripcións técnicas.  Relación das instalacións, equipamento e materiais (diferenciando entre as tres tipoloxías establecidas no prego técnico) que porá a disposición a empresa adxudicataria para a realización das acción formativas. Neste senso terase en conta a relación de instalación, equipamento e materiais que porá a disposición a Deputación de Pontevedra e que establecen nas condicións particulares de cada unha das accións formativas recollidas nos pregos de prescripcións técnicas.  Recursos para a realización das prácticas non laborais (entre eles deberán achegarse os convenios ou acordos firmados con empresas para a realización das prácticas)  Exemplar do temario completo a utilizar na formación teórica (libros e/ou documentación de elaboración propia por parte da entidade adxudicataria).  Compromiso de adecuación do curso ó establecido no apartado de “Adaptacións” recollido nas condicións particulares dos cursos do prego de prescripcións técnicas. 2.- Melloras propostas polo licitador: Ademais da relación mínima de documentación o licitador deberá presentar todos aqueles documentos que considere oportunos para a perfecta definición do servizo, entendendo que, no caso de non indicarse un aspecto determinado, se cumpren os requisitos mínimos establecidos no prego. SOBRE C: DOCUMENTO CORRESPONDENTE Á VALORACIÓN DE CRITERIOS AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS Presentarase pechado e co seguinte documento: Modelo de proposición seguindo o modelo determinado no Anexo IV do prego de condicións, asinado e selado. Este modelo conterá a oferta económica que se realice e a duración da inserción laboral. Non se aceptarán aquelas propostas que conteñan omisións, erros ou riscaduras que impidan coñecer claramente o que a Administración estime fundamental para considerar a oferta. Se algunha proposición non gardase concordancia coa documentación examinada e admitida, excedese do presuposto base de licitación, variase substancialmente o modelo establecido, comportase erro manifesto no importe da proposición, ou existise recoñecemento por parte do licitador de que adoece de erro ou inconsistencia que a fagan inviable, poderá ser descartada pola Mesa de Contratación. Na proposición indicarase como partida independente o importe do Imposto sobre o Valor Engadido. Así mesmo, cando para a selección do contratista se atenda a unha pluralidade de criterios, incluirase neste sobre a documentación relativa a aqueles criterios avaliables de xeito automático mediante cifras ou porcentaxes por aplicación das fórmulas establecidas nos pregos.” “ANEXO II.-LOTE 3 MODELO DE PROPOSICIÓN (SOBRE C) Don............................................, maior de idade, veciño de....................., con domicilio en ............................, titular do DNI.................., expedido en data.............., actuando en nome propio/ou en representación da empresa ................................. (CIF núm. .......................) e con domicilio en .................................., teléfono.................... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Decatado do anuncio para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente ó servizo (especificar denominación do servizo): Primeiro. Declaramos que na execución do contrato se cumprirán as obrigas derivadas das disposicións vixentes en materia de protección do emprego, condicións de traballo e prevención de riscos laborais. Segundo. Comprometémonos a prestar o servizo con estrita suxeición ós pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que aceptamos en todas as súas partes, polo seguinte prezo ofertado: Curso Lugares de impartición Nº de edicións Importe total ofertado pola empresa SSCE0110 Docencia da formación profesional para o emprego.- Lalín 1 Terceiro: Comprométémonos, para cada edición dos seguintes cursos, a inserir laboralmente como mínimo o número de alumnos establecido nos pregos de prescricións técnicas coa seguinte duración: Nº Lote Acción formativa Duración do contrato en semanas por alumno cunha xornada de traballo diaria de 4 horas como mínimo ofertado pola empresa Lote 3 SSCE0110 Docencia da formación profesional para o emprego.-Lalín “ANEXO III. DECLARACIÓN RESPONSABLE (SOBRE A) Nota: este modelo pode descargarse en formato .pdf para cubrir na área de descargas do seguiente enderezo web: http://www.depo.es/web/edepo/contratacion1 “ANEXO IV.- FÓRMULAS A APLICAR PARA A VALORACIÓN DOS CRITERIOS AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS (SOBRE C) A) Valoración da oferta económica, ata un máximo de 36 puntos: Entenderase por ofertas admitidas todas aquelas que non quedaran excluídas unha vez realizan o exame da documentación administrativa contida no sobre A e a análise técnica da documentación contida no sobreB. • P: prezo de licitación • N: número de ofertas • O1, O2,….,On: valor das n ofertas, • B1, B2,….,Bn: baixas absolutas (Bi=P-Oi, i=1,…., n), • b1, b2, ….., bn: baixas porcentuais con respecto a • bmax,bmin: baixas porcentuais máxima e mínima, • bm: baixa porcentual media • Vmax: máxima valoración posible • Wmax: máxima valoración de acordo coas ofertas presentadas • Wi: valoración previa da oferta i-ésima entre 0 e Wmax, i=1, ….., n • Vi: valoración final da oferta i-ésima entre 0 e Vmax, i=1, ….., n Nota. Dado que as baixas negativas corresponderían a ofertas superiores ó prezo de licitación (e por tanto, non admisibles), suponse que as baixas bi son iguais ou maiores que cero. 1. Valoración máxima inicial de acordo coas ofertas presentadas 2. Valoración previa entre 0 e Wmax Unha puntuación inicial Wi da oferta i-ésima calcúlase por interpolación a intervalos do seguinte modo (ver figura 1): • Se (oferta entre o prezo de licitación –baixa nula– e a oferta media) entón a súa valoración é proporcional entre os valores • Se bi>bm (baixa superior a baixa media) entón a súa valoración é proporcional entre e Wmax 3. Valoración final entre 0 e Vmax En xeral as puntuacións iniciais anteriores resultan moi pequenas, sobre todo cando as ofertas son moi iguais. Polo tanto, as baixas non terían moito peso na adxudicación dos contratos ou concursos. Proponse unha alternativa de reescalado das variacións previas para trasladar as puntuacións ó intervalo [0, Vmax], sumando a cada valoración previa unha cantidade S quasi-proporcional á baixa: • Se : • Se : A valoración final das ofertas obtense agora do modo seguinte: , =l,….., n Entendéndose que a puntuación máxima Vmax só se atende se a baixa máxima (bmax) é igual ou superior ó 20 % (figura 2). Nota. No caso particular en que todas as ofertas sexan iguais en prezo de licitación tense b1= b2= …..= bn = bm =bmax =0 polo que as valoracións anteriores non son válidas (se teñen divisións por cero). Neste caso, acordamos outorgar a todas elas unha puntuación nula (Vi=0). Na práctica esta situación tamén se produce cando as baixas son todas moi pequenas aínda que non sexan exactamente cero. Por iso propomos dar unha puntuación nula a todas as ofertas sempre que. . 4. Fórmula completa para a valoración de ofertas 1. Definición de Wmax : 2. Definición de S:  Se : ,  Se : 3. Valoración das ofertas cando bmax > . Para i=1,…..,n:  Se entón ,  Se entón 4. Valoración das ofertas cando  Para ,…..,n: PRESUNCIÓN DE OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU DESPROPORCIONADOS (BAIXA TEMERARIA) Para os efectos de consideración de presunción de ofertas con valores anormais ou desproporcionados considerarase que están incursas nesta situación aquelas cuxa porcentaxe de baixa exceda as porcentaxes que se sinalan a continuación, en función do número de empresas presentadas e admitidas a procedemento: - Unha oferta: será anormal se a súa baixa porcentual é superior ó 25% do prezo de licitación. - Dúas ofertas: unha das ofertas será anormal se a súa baixa porcentual é superior á doutra en máis de 20 unidades. - Tres ofertas: serán anormais aquelas que teñan baixas porcentuais superiores en máis de 10 unidades á media aritmética das baixas porcentuais das baixas admitidas. Con todo, excluirase para o cómputo da dita media a oferta coa baixa porcentual máis pequena cando sexa inferior en máis de 10 unidades a esa media. En calquera caso, consideraranse anormais todas as ofertas con baixas porcentuais superiores ó 25% do prezo de licitación. - Catro ofertas ou máis: consideraranse temerarias aquelas ofertas con baixas porcentuais que sexan superiores en máis de 10 unidades á media das baixas porcentuais das ofertas admitidas. No entanto, se entre elas existen baixas porcentuais inferiores en máis de 10 unidades a dita media, calcularase unha nova media só coas ofertas que non estean no suposto indicado. En todo caso, se o número das restantes ofertas é inferior a tres, a nova media calcularase sobre as tres ofertas de menor contía (maior baixa porcentual). • n = 1: se b1 > 25, entón a oferta 1 (única) é temeraria. • n = 2: supoñemos que . Se entón a oferta 2 é temeraria. Obsérvese que a condición equivale a porque:: • n = 3: supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ b3. Sexa definida como: = (b2 + b3) se b1 < bm - 10 bm en caso contrario Para i = 1,2,3, se b1 >25 ou b1 > + 10 a oferta i é temeraria. • N ≥ 4: supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ bn. Se b1 < bm – 10 sexa 1 ≤ l ≤ n tal que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ b1 < bm – 10, bl+1 ≥ bm – 10 Definimos: = se e se e , bm si Para i = 1,2,……,n, se b1 > b*m + 10 a oferta i é temeraria. Cando a Mesa de Contratación presuma fundadamente que a proposición non se poida cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas daráselle audiencia ó contratista por un prazo máximo de cinco días hábiles para que xustifique a valoración da oferta e precise as súas condicións, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, ás solucións técnicas adoptadas e ás condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, á orixinalidade das prestacións propostas, ó respecto das disposicións relativas á protección do emprego e ás condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia realizar a prestación, ou a posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de Contratación, considerando a xustificación efectuada polo licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación provisional a favor da seguinte proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde en que fosen clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. B) Número de semanas de duración da inserción laboral, por alumno, cunha xornada de traballo diaria de 4 horas como mínimo, ata un máximo de 15 puntos. Por cada semana de duración do contrato que oferte a empresa de media para todos os cursos obteranse 1,5 puntos ata un máximo de 15 puntos. (A finalización da inserción laboral ofertada non poderá superar o 31 de agosto de 2015 para poder verificar o cumprimento do servizo no derradeiro mes do proxecto Aquelando 3 que finalizará o 30 de setembro de 2015 e proceder o pago e resolución do contrato).” 38.22947.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA XESTIÓN DO SERVIZO PÚBLICO DA ESCOLA INFANTIL 0-3 ANOS DO CENTRO PRÍNCIPE FELIPE BAIXO A MODALIDADE DE CONCESIÓN A Deputación de Pontevedra, nas súas instalacións do Centro Príncipe Felípe leva realizando historicamente actividades encadradas no ámbito social, entre elas dende o acordo do Pleno na sesión do día 27 de xullo de 2007, a creación e posta en funcionamento da Escola Infantil 0-3 anos motivado pola carencia deste tipo de instalacións e a gran demanda existente. A Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local (en diante, LRBRL), na súa nova redacción dada pola Lei 27/2013, de 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración Local, establece no seu artigo 7 que as competencias das Entidades Locais son propias ou atribuídas por delegación, e que poderán exercer competencias distintas cando non se poña en risco a sustentabilidade financeira do conxunto da Facenda municipal e non se incorra nun suposto de execución simultánea do mesmo servizo público con outra Administración Pública. Por outra banda, no Diario Oficial de Galicia do día 30 de maio de 2014, publicouse a Lei 5/2014, de 27 de maio, de medidas urxentes derivadas da entrada en vigor da Lei 27/2013, de 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración local, que sinala no seu artigo 3, Competencias das entidades locais distintas das propias e das atribuídas por delegación, apartado 3, que non se entenderá como exercicio de novas competencias a continuidade do servizo xa establecidos. Por todo o exposto o Xefe de Sección do Centro Príncipe Felipe solicita que se inicien os trámites para a contratación da xestión do servizo público de Escola Infantil 0-3 anos do Centro Príncipe Felipe. A xestión indirecta resulta a forma máis adecuada para a xestión deste servizo público, tendo en conta que a Deputación de Pontevedra non dispón dos elementos nin o persoal necesario para realizar unha explotación directa deste servizo público cos seus propios medios, xa que resulta necesario contar con traballadores especializados. Visto o informe do Xefe do Servizo de Contratación e o informe emitido polo Sr. Secretario sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que rexerá a contratación, e vistas así mesmo, o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención. Visto o informe de fiscalización emitido polo Sr. Interventor. Considerando que o R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido la Lei de Contratos do Sector Público, no seu artigo 8 tipifica este contrato como “de xestión de servizos públicos” baixo a modalidade de concesión, que o procedemento aberto é o que debe utilizarse ordinariamente para a adxudicación destes contratos, tal e como establece o artigo 138.2 do citado Rd.l. 3/2011, de conformidade co establecido no Informe do Servizo de Contratación. Considerando que a disposición adicional segunda do referenciado Rd.l. 3/2011, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora de Facendas Locais e o establecido nas bases de execución do Orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para a contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. Á Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento aberto, da xestión do servizo público de Escola Infantil 0-3 anos do Centro Príncipe Felipe baixo a modalidade de concesión a adxudicar mediante procedemento aberto. 2.- Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán en dito procedemento aberto. 3.- A prestación do servizo obxecto do contrato financiarase cos ingresos procedentes das tarifas que aboen os usuarios da Escola Infantil 0-3 e cunha subvención que achegará a Deputación de Pontevedra en función dos gastos totais de funcionamento da Escola Infantil 0-3 do Centro Príncipe Felipe. O pagamento do importe da subvención correspondente ós gastos de funcionamento da Escola Infantil “Príncipe Felipe”, imputarase á aplicación orzamentaria 232.2312.489.029, quedando sometida a adxudicación á condición suspensiva da aprobación dos orzamentos da Deputación de Pontevedra dos anos 2015 e seguintes, así como da existencia de crédito adecuado e suficiente para financiar as obrigacións derivadas do contrato neses exercicios. 4.- Iniciar o procedemento de adxudicación para a contratación mediante procedemento aberto da xestión do servizo público de Escola Infantil 0-3 anos, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, de conformidade co estipulado no artigo 159.2 do citado R.d.l. 3/2011. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES XERAIS QUE REXERÁN NA CONTRATACIÓN DA XESTIÓN DO SERVIZO PÚBLICO DE ESCOLA INFANTIL 0-3 ANOS DO CENTRO PRÍNCIPE FELIPE BAIXO A MODALIDADE DE CONCESIÓN A ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO. Nº EXPTE. 2014018363 1. OBXECTO O obxecto do contrato ó que se refire o presente prego é a xestión do servizo público descrito/s no/s apartado/s 1 do/s anexo/s I, no que se recollen as necesidades administrativas para satisfacer mediante o contrato, en réxime de concesión describindo as características do/s servizo/s e a forma de levar a cabo a prestación por parte do adxudicatario. No caso de que o procedemento aberto se divida por lotes haberá un anexo I por cada uns deles. Para dito contrato contempláronse na súa elaboración os preceptos do Libro II do RXLCAP. O prego de prescricións técnicas particulares e o prego de cláusulas administrativas particulares revestirán carácter contractual. Se o contrato está dividido en lotes os licitadores poderán optar a un deles, a varios ou a todos, salvo que se estableza un número máximo de lotes por licitador, para o que se seguirá o estipulado no apartado 1 do Anexo I deste prego. 2. FINANCIAMENTO E ORZAMENTO DE LICITACIÓN A prestación do servizo obxecto do contrato financiarase cos ingresos procedentes das tarifas que abonen os usuarios da Escola Infantil 0-3 e cunha subvención que achegará a Deputación de Pontevedra en función dos gastos totais de funcionamento da Escola Infantil 0-3 do Centro Príncipe Felipe de conformidade co establecido na cláusula 1.3 do anexo I do presente prego. 3. NATUREZA, REXIME XURÍDICO E MODALIDADE CONTRACTUAL A modalidade da contratación da xestión deste servizo será a concesión que recolle expresamente o artigo 277.a) do Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público (TRLCSP), polo que o licitador que resulte adxudicatario, na súa calidade de concesionario de dito servizo, xestionará o mesmo o seu propio risco e ventura nos termos establecidos neste prego, no de Prescricións Técnicas, así como no propio TRLCSP ou en calquera outra norma aplicable. O presente contrato ten natureza administrativa e rexerase polo Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público ( en adiante TRLCSP), salvo as excepcións previstas no artigo 276 do mesmo; polo Real Decreto 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenrola parcialmente a LCSP; o Real Decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (en adiante RXLC); ó Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, que aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local; á Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia; ó Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo e no que aínda continúa vixente, ó Regulamento de Servizos das Corporacións Locais, aprobado polo Decreto de 17 de xuño de 1955 así como, en xeral, ás normas ditadas polo Estado e máis o conxunto de leis e normas da Comunidade Autónoma de Galicia nos termos do art. 149.1.18 da Constitución. De forma supletoria, se aplicarán outras normas de Dereito administrativo e, no seu defecto, as normas oportunas de Dereito privado. Rexerá así mesmo, a normativa administrativa que derrogue, substitúa ou modifique á citada e toda a que, no seu caso, estea vixente e lle sexa de aplicación na data de formalización e execución do contrato ata a súa completa extinción. Ademais, ao servizo público obxecto do contrato seranlle de aplicación a Lei orgánica 2/2006 de 3 de maio de Educación e o Decreto 330/2009 de 4 de xuño polo que se se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. O descoñecemento do contrato, en calquera dos seus termos, dos pregos ou documentos anexos que forman parte dos mesmos ou das normas de toda índole que poidan ser de aplicación na execución do pactado, non eximirán ao contratista da obriga do seu cumprimento. O presente contrato non está suxeito a regulación harmonizada por tratarse dun contrato de xestión de servizos públicos e polo tanto non incluído no artigo 16 do TRLCSP. Así mesmo non é susceptible de recurso especial en materia de contratación de conformidade co sinalado no artigo 40 c) do TRLCSP. 4. TITULARIDADE DO SERVIZO E RISCO E VENTURA. A titularidade do servizo, correspóndelle en exclusiva á Deputación Provincial de Pontevedra, sen prexuízo de que a xestión do mesmo, de xeito indirecto, se preste polo concesionario, que non poderá por tal motivo xerar responsabilidade algunha á Deputación polo funcionamento do servizo do que é xestor. En consideración ao anterior, a execución do contrato se realiza a risco e ventura do contratista-concesionario, non tendo o mesmo dereito ningún a indemnizacións por causa de avarías, perdas ou prexuízos ocasionados pola explotación do servizo; este terá dereito a indemnizacións unicamente en aqueles casos de forza maior previstos no artigo 231.2 do TRLCSP. 5. PROCEDEMENTO O contrato adxudicarase por procedemento aberto e levarase a cabo atendendo a un único criterio de valoración -prezo- ou ben a unha pluralidade de criterios, segundo o disposto no apartado 3 do Anexo I deste prego e en aplicación do artigo 150 do TRLCSP, segundo os termos e requisitos establecidos no citado texto legal. 6. VALOR ESTIMADO DO CONTRATO A orixe dos contratos de xestión de servizos públicos, a diferenza do que ocorre cos contratos de obras, servizos e subministros, non ten a súa orixe e fundamento na Directiva 2004/18/CE, do Parlamento Europeo e do Consello, de 31 de marzo de 2004, sobre coordinación dos procedementos de adxudicación dos contratos públicos de obras, de subministro e de servizos, si non na normativa estatal que regula a contratación pública, TRLCSP. A Directiva 2004/18/CE, polo tanto, non regula os procedementos relativos aos contratos de xestión de servizo público, circunstancia pola cal este tipo de contratos non se atopa suxeito a regulación harmonizada. O exposto pódese observar na regulación que a normativa efectúa do valor estimado, a cal non contempla a posibilidade de cálculo para os contratos de xestión do servizo público. A finalidade que persegue a concreción da referida magnitude, céntrase en determinar qué contratos se atopan suxeitos a regularización harmonizada e cando procede publicidade no DOUE, circunstancia que nunca será obrigatoria nos contratos de xestión de servizo público, posto que non son obxecto de regulación harmonizada derivada da Directiva 2004/18/CE. En relación ás cuestións sobre a garantía definitiva, no TRLCSP non se concreta un réxime de garantías propio para os contratos de xestión de servizo público. O TRLCSP vincula a cuantificación da garantía definitiva á contía que resulte do importe de adxudicación. A efectos de determinar o valor do contrato, fanse unhas previsións de ingresos que se reflicten no Estudio Económico Financeiro, que en todo caso son meras estimacións, que na explotación real poderán ter valores superiores ou inferiores, en función da capacidade do Concesionario, de xestionar adecuadamente os servizos. Partindo do anterior, o valor do contrato, e independentemente das revisións contractuais de prezos, ós efectos de publicidade, procedemento, determinación de garantías, etc, é o seguinte: Concepto Ano 2015 Ano 2016 Ano 2017 Ingresos dos usuarios 140.681,75 € 142.791,98 € 144.933,86 € Subvención da Deputación (53%) 155.982,69 € 158.322,43 € 160.697,27 € Total 296.664,44 € 301.114,41 € 305.631,13 € A empresa adxudicataria farase cargo dos gastos correntes de mantemento e conservación do inmoble da Escola Infantil 0-3 da Deputación de Pontevedra, tales como electricidade, auga, combustible, teléfono e seguros obrigatorios. Para determinar os gastos mensuais ocasionados polo consumo de auga, electricidade e calefacción aplicarase a cada factura do Centro Príncipe Felipe a porcentaxe de 2,27% en función da superficie utilizada pola escola, a cantidade será imputable ao concesionario, previo informe dun técnico do Centro Príncipe Felipe. A efectos de determinación do custo de amortización das instalacións e demais bens afectos á prestación do servizo, de propiedade da Deputación de Pontevedra, realizarase aplicando o valor de custo das mesmas as porcentaxes de amortización oficiais que lle correspondan, segundo o Real Decreto 1777/2004, de 30 de xullo de 2004, polo que se aproba o Regulamento do Imposto de Sociedades. 7. PERFIL DO CONTRATANTE Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos polo TRLCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá a través de Internet (www.depo.es) o seu perfil de contratante. Neste perfil publicaranse todas as noticias, aviso e documentación relativos a este contrato. Calquera dúbida existente a cerca dos pregos que rexen esta contratación será dirixida e resolta a través da dirección de correo electrónico contratacion@depo.es. 8. CAPACIDADE PARA CONTRATAR Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente clasificación e solvencia técnica que se dispoña no apartado 2 do Anexo I, nos termos que dispón o artigo 76 do TRLCSP e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 60 da mencionada norma. Os licitadores, persoas naturais ou xurídicas, deberán ter unha finalidade ou actividade que teña relación directa co obxecto do contrato, segundo resulte dos seus respectivos estatutos ou regras fundacionais, así como dispor dunha organización con elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. A efectos da licitación os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e as circunstancias que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de se constituír formalmente en unión temporal no caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios coincidirá coa do contrato ata a súa extinción. A administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan para o efecto (sen que sexa necesaria a súa formalización en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a administración debendo nomear ante ela a un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que se deriven do contrato ata a súa extinción, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobros e pagamentos dunha contía significativa. O momento decisivo para apreciar a concorrencia dos requisitos de capacidade e solvencia esixidos para contratar coa Administración será o de finalización do prazo de presentación de proposicións. 9. PRAZO DE EXECUCIÓN O prazo total de vixencia do contrato e os parciais, no seu caso, figuran no apartado 1 do Anexo I. O contratista estará obrigado a cumprir o contrato na súa totalidade dentro do prazo ofertado, así como nos prazos parciais sinalados. O contrato de xestión de servizos públicos non poderá ter carácter perpetuo ou indefinido, fixándose no prego de cláusulas económico-administrativas particulares a súa duración e a das prórrogas de que puidera ser obxecto, sen que poda exedar o prazo total, incluídas as prórrogas de vinte e cinco anos. Dito prazo só se prorrogará por mutuo acordo das partes antes da súa finalización. 10. INCUMPRIMENTO DO CONTRATO Se do incumprimento por parte do contratista se derivase perturbación grave e non reparable por outros medios no servizo publico e a administración non decidise a resolución do contrato poderá acordar a intervención do mesmo ata que aquela desapareza. En todo caso o contratista deberá abonar os danos e prexuízos causados. 11. GARANTÍA DEFINITIVA O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas nos artigos 95 e 96 do TRLCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos dez días hábiles seguintes, contados desde o seguinte ó da recepción do correspondente requirimento. En caso de incumprir este requirimento no prazo sinalado entenderase que o licitador retirou a súa oferta, procedéndose, nese caso, a solicitarlle a dita documentación ó seguinte licitador, pola orde en que quedasen clasificadas as ofertas. A garantía definitiva ingresarase exclusivamente na Caixa da Deputación. 12. PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN 12.1. Lugar e prazo de presentación: As proposicións presentaranse no Rexistro xeral da Deputación, (sede de Pontevedra de 8:30 a 14:30 horas e de 17:00 a 19:00 horas, de luns a venres e os sábados de 9:00 a 13:00 horas; ou na sede da Deputación en Vigo, de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas) dentro dun prazo de quince días, a contar desde o día seguinte o da publicación do seu anuncio no BOP. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte a este. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos nos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados o empresario deberá xustificar a data e a hora da imposición do envío e anunciarlle ó órgano de Contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico (contratacion@depo.es), ou tamén mediante télex, fax (número 986 804 126) ou telegrama, sempre no mesmo día. 12.2. Formalidades: Os contratistas interesados na licitación deberán presentar tres sobres distintos, nos que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: -Sobre (A, B ou C). Poñer a letra en función do sobre correspondente. -Lote nº … (Especificar o número do lote o que se licita no caso de que o procedemento se divida en lotes). -Nº Expediente No caso que se coñeza. -Denominación do contrato -Nome do licitador -CIF -Enderezo, email e teléfono de contacto -Número de inscrición no rexistro de contratistas (se é o caso) A documentación a incluír en ditos sobres detállase no apartado 4 do Anexo I do presente prego. 13. MESA DE CONTRATACIÓN Estará integrada da seguinte maneira: Presidente: - O titular da Corporación ou o membro en quen delegue Vogais: - O Secretario xeral - O Interventor - O xefe do servizo responsable do contrato Secretario: - O Xefe do Servizo de Contratación 14. CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL, APERTURA DE PROPOSICIÓNS E CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións constituirase a Mesa de Contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no sobre A. No caso de que se precise emendar erros ou omisións na documentación a Mesa de Contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente a Mesa, ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó día no que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, nun acto público, sinalará as que cualificasen como inadmitidas e admitidas e procederá á apertura do sobre B, correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como se prevé no artigo 27 do Real decreto 817/2009, no que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Dita documentación trasladaráselles ós técnicos que se considere oportuno, que a avaliarán e ponderarán seguindo os criterios de valoración establecidos no apartado 3 do Anexo I. Unha vez avaliada esta documentación técnica sinalaranse no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra a data e a hora na que se procederá, nun acto público, á apertura do sobre C da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas. Neste acto darase a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos sobres C daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os puntos indicados no apartado 3 do Anexo I. Para a valoración das cifras ou valores do sobre C aplícanse os criterios establecidos no apartado 3 do Anexo I. Unha vez aplicados estes criterios clasifícanse as propostas en orde decrecente de valoración e propoñeránselle ó órgano de Contratación a adxudicación a favor do licitador que conteña a oferta economicamente de maior vantaxe. Cando a Mesa de Contratación presuma fundadamente que a proposición non se poida cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas, de conformidade co criterio establecido no Anexo III, daráselle audiencia ó contratista, por un prazo máximo de cinco días hábiles, para que xustifique a valoración da oferta e precise as condicións desta, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, ás solucións técnicas adoptadas e ás condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, á orixinalidade das prestacións propostas, ó respecto das disposicións relativas á protección do emprego e ás condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia realizar a prestación, ou á posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de Contratación, considerando a xustificación efectuada polo licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación a favor da seguinte proposición economicamente de maior vantaxe, de acordo coa orde en que fosen clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. 15. REQUERIMENTO DE DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR POLA EMPRESA QUE PRESENTE A OFERTA ECONOMICAMENTE MAIS VANTAXOSA O órgano de Contratación, unha vez avaliadas as propostas, para cuxo efecto poderá solicitar cantos informes técnicos estime pertinentes, clasificaraas por orde decrecente e requirirá á empresa coa oferta mais vantaxosa para que, dentro do prazo de dez días hábiles, presente a seguinte documentación: 15.1.- Documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos previos: De conformidade co disposto no TRLCSP (modificada pola Lei 14/2013 de 27 de setembro de apoio ó emprendedor) deberá presentarse a seguinte documentación: 1. A capacidade de obrar dos empresarios que fosen persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, no seu caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose esixible segundo a lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que consten as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, no seu caso, no correspondente rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de estados membros da Comunidade Europea deberán acreditar a súa inscrición nos rexistros ou achegar as certificacións descritas no artigo 9 do Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (RXLCAP). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar cun informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, no que se faga constar, previa acreditación por parte da empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou na súa falta, que actúan habitualmente no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (RXLCAP). Se é persoa física o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador deberá achegarse o documento que acredite a personalidade deste representante (DNI para españois; pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastanteado en Dereito ó seu favor, debidamente inscrito no rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas administracións públicas. No caso de concorreren á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade indicando os nomes e as circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas designando a persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ha de desempeñar a representación da unión temporal ante a Administración. 2. Poder debidamente bastanteado: Os que comparezan ou asinen proposicións en nome doutro ou representen a unha persoa xurídica deberán presentar tamén unha escritura de poder debidamente bastanteado por un fedatario público. 3. Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica: Os licitadores deberán acreditar a súa solvencia económica, financeira e técnica nos termos e polos medios que se especifiquen no anuncio de licitación e que se relacionan no apartado 2 do Anexo I deste prego. No mesmo apartado especifícanse os requisitos mínimos de solvencia en función dos medios de acreditación da solvencia económica, financeira e técnica. Para a determinación da solvencia das unións temporais de empresarios acumularanse as características acreditadas por cada un dos seus integrantes. Os licitadores poderán acreditar a súa solvencia baseándose na solvencia e medios doutras entidades, independentemente da natureza xurídica dos vínculos que teña con elas, sempre que demostre que para a execución do contrato dispón efectivamente deses medios. 15.2.- Documentación necesaria para a adxudicación do contrato: O licitador coa oferta economicamente máis vantaxosa deberá presentar a seguinte documentación, de conformidade co disposto no artigo 151.2 do TRLCSP: 1.-Certificación positiva expedida pola Tesorería da Seguridade Social, ao amparo dos artigos 14 e 15 do RXLCAP, que acredite que se atopa ao corrente no cumprimento das súas obrigacións coa Seguridade Social. 2.- Certificación positiva expedida pola Axencia Estatal da Administración Tributaria ao amparo dos artigos 13 e 15 do RGLCAP, que acredite que se atopa ao corrente do pagos das súas obrigacións tributarias. 3.- Orixinal ou copia compulsada da alta no Imposto de Actividades Económicas no epígrafe correspondente ao obxecto do contrato, referida ao exercicio corrente, ou o último recibo acompañado dunha declaración responsable de non terse dado de baixa na matrícula do citado imposto. 4.- Documentación acreditativa da efectiva disposición dos medios personais e materiais que se comprometeu a adscribir a execución do contrato. 5.- Deberá indicarse a parte do contrato que teñan previsto subcontratar, sinalando a súa porcentaxe con respecto á totalidade do contrato, e o nome ou o perfil empresarial. 6.- Documento que acredite a constitución da garantía definitiva. 7.- Documento acreditativo do pagamento dos anuncios. 16. ADXUDICACIÓN O órgano de Contratación terá alternativamente a facultade de adxudicar o contrato á proposición de maior vantaxe no seu conxunto, se se atende a unha pluralidade de criterios, ou á proposición que incorpore o prezo máis baixo, cando este sexa o único criterio para considerar. A adxudicación acordarase en resolución motivada no prazo máximo de dous meses, a contar desde a apertura das proposicións, cando para a adxudicación do contrato deba terse en conta unha pluralidade de criterios; e no prazo máximo de quince días, contando desde a apertura das proposicións, cando o único criterio de valoración sexa o prezo. Estes prazos ampliaranse en quince días hábiles no caso de que haxa que seguir os trámites sinalados nos artigos 152.3 do TRLCSP e 22 f) do R. d. 817/2009, para as proposicións desproporcionadas ou anormalmente baixas. A adxudicación notificaráselles ós licitadores e, simultaneamente, publicarase no perfil do contratante do órgano de Contratación, indicándose o prazo en que debe procederse á súa formalización. O órgano de Contratación poderá declarar deserta a licitación, a proposta da Mesa de Contratación, cando non exista ningunha oferta ou proposición que sexa admisible de acordo cos criterios que figuran no prego. 17. SUBCONTRATACIÓN O contratista poderá concertar con terceiros a realización parcial deste, que quedará sometida ó cumprimento dos requisitos establecidos no apartado 2 do artigo 227 do TRLCSP. O tratarse dun contrato de xestión de servizos públicos a subcontratación so poderá recaer sobres prestacións accesorias. Deberá indicarse na oferta (sobre B) a parte do contrato que teñan previsto subcontratar, sinalando a súa porcentaxe con respecto á totalidade do contrato, e o nome ou o perfil empresarial, definido por referencia ás condicións de solvencia profesional ou técnica, dos subcontratistas ós que se lles vaia encomendar a súa realización. A infracción destas condicións, así como a falta de acreditación da aptitude do subcontratista ou das circunstancias determinantes da situación de emerxencia ou das que fan urxente a subcontratación, poderá dar lugar, en todo caso, á imposición ó contratista dunha penalidade de ata un 50% do importe do subcontrato. Os subcontratistas non terán en ningún caso acción directa fronte á administración contratante polas obrigas contraídas con eles polo contratista como consecuencia da execución do contrato principal e dos subcontratos. O contratista deberá informar os representantes dos traballadores da subcontratación, de acordo coa lexislación laboral. En todo caso, no proceso de subcontratación deberán cumprirse as normas xerais sobre subcontratación establecidas na Lei 32/2006, de 18 de outubro, reguladora da subcontratación no sector da construción e as súas normas de desenvolvemento, cuxas infraccións, segundo o indicado no seu artigo 11, serán sancionadas con arranxo ó disposto no Texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado por Real decreto lexislativo 5/2000, de 4 de agosto. 18. PAGOS A SUBCONTRATISTAS E SUBMINISTRADORES O contratista debe abonar aos subcontratistas ou subministradores o prezo pactado nos prazos fixados que non poderán ser mais desfavorables que os previstos para as relacións entre a Administración e o contratista que de conformidade co artigo 216.4 son de trinta días. Dito prazo computarase desde a data de aprobación polo contratista principal da factura emitida polo subcontratista ou subministrador, con indicación da súa data e do período que corresponda. A aprobación ou conformidade o no seu caso os motivos da disconformidade deberán outorgarse nun prazo máximo de trinta días desde a presentación da factura. No caso de demora no pago o subcontratista ou subministrador terá dereito o cobro dos intereses de demora e a indemnización polos custos de cobro nos termos previstos na Lei 3/2004 de 29 de decembro. O contratista poderá pactar cos subministradores ous subcontratistas prazos de pago superiores respectando os límites previstos no artigo 4.3 da lei 3/2004 de 29 de decembro pola que se establecen as medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais sempre que dito pacto non constitúa unha cláusula abusiva e que o pago se instrumente mediante un documento negociable que leve aparellada a acción cambiaria no que os gastos de desconto ou negociación sexan de conta do contratista. Adicionalmente o subministrador ou subcontratista poderá esixir que o pago se garanta mediante aval. De conformidade co artigo 228 bis do TRLCSP a Deputación de Pontevedra poderá comprobar o estrito cumprimento dos pagamentos que os contratistas adxudicatarios dos contratos públicos, han de facer a todos os subcontratistas ou subministradores que participen nos mesmos. En tal caso, os contratistas adxudicatarios remitirán a Deputación de Pontevedra, cando esta o solicite, relación detallada daqueles subcontratistas ou subministradores que participen no contrato cando se perfeccione a súa participación, xunto con aquelas condicións de subcontratación ou subministración de cada un deles que garden unha relación directa co prazo de pagamento. Así mesmo, deberán achegar a solicitude do ente público contratante xustificante de cumprimento dos pagamentos a aqueles unha vez terminada a prestación dentro dos prazos de pagamento legalmente establecidos no artigo 228 e na Lei 3/2004, de 29 de decembro, no que lle sexa de aplicación. Estas obrigas, que se incluirán nos anuncios de licitación e nos correspondentes pregos de condicións ou nos contratos, considéranse condicións especiais de execución, cuxo incumprimento, ademais das consecuencias previstas polo ordenamento xurídico, permitirá a imposición das penalidades que para ese efecto se conteñan nos pregos. 19. REGRAS ESPECIAIS RESPECTO DO PERSOAL LABORAL DA EMPRESA CONTRATISTA. 1.- Corresponde exclusivamente á empresa contratista a selección do persoal que, reunindo os requisitos de titulación e experiencia esixidos nos pregos, formará parte do equipo de traballo adscrito á execución do contrato, sen prexuízo da verificación por parte da “entidade contratante”do cumprimento daqueles requisitos. A empresa contratista procurará que exista estabilidade no equipo de traballo, e que as variacións na súa composición sexan puntuais e obedezan a razóns xustificadas, en orde a non alterar o bo funcionamento do servizo informando en todo momento á “entidade contratante”. 2.- A empresa contratista asume a obrigación de exercer de modo real, efectivo e continuo, sobre o persoal integrante do equipo de traballo encargado da execución do contrato, o poder de dirección inherente a todo empresario. En particular, asumirá a negociación e pagamento dos salarios, a concesión de permisos, licenzas e vacacións, as substitucións dos traballadores en casos de baixa ou ausencia, as obrigas legais en materia de Seguridade Social, incluído o abono de cotizacións e o pagamento de prestacións, cando cumpra, as obrigas legais en materia de prevención de riscos laborais, o exercicio da potestade disciplinaria, así como cuantos dereitos e obrigas derívense da relación contractual entre empregado e empregador. 3.- A empresa contratista velará especialmente porque os traballadores adscritos á execución do contrato desenvolvan a súa actividade sen extralimitarse nas funcións desempeñadas respecto da actividade delimitada nos pregos como obxecto do contrato. O adxudicatario debe prestar o servizo co cadro de persoal proposto, e coas categorías e cualificacións especificadas na oferta. Calquera modificación no cadro de persoal por parte do contratista deberá ser comunicada á Deputación, que poderá esixir que se cumpran ás condicións que serviron de base para a adxudicación do contrato. Deberá cubrir inmediatamente, e comunicar á Deputación, dentro da primeira semana en que se produza, calquera variación no persoal asignado polo adxudicatario, con motivo de baixas, vacantes etc. Se nos 10 días posteriores a Deputación non comunica a súa non conformidade, se entenderá que o acepta. En todo caso deberá manter, polo menos, o mesmo número de persoas que o ofertado polo adxudicatario para o servizo debendo cubrir as vacantes que por calquera motivo se produzan. O persoal da empresa adxudicataria en ningún caso poderá considerarse con relación laboral contractual, funcionarial ou de natureza análoga respecto da Deputación, debendo esta empresa ter debidamente informado ao persoal do citado extremo. Concluído o contrato, a Deputación non asume os contratos de traballo que puidese acordar o concesionario para o exercicio da súa actividade, circunstancia que se fará constar de xeito expreso nos contratos laborais que subscriba o concesionario. O adxudicatario ou o seu persoal, responderán civil e no seu caso penalmente, dos danos ou subtraccións que se produzan no edificio, bens ou instalacións, sempre que sexan consecuencia dun incorrecto cumprimento do contrato por parte do adxudicatario ou por causas imputables a este. Ademais das obrigas xerais derivadas do réxime xurídico do presente contrato, o contratista quedará obrigado ao cumprimento das disposicións vixentes en materia de lexislación laboral, seguridade social, prevención de riscos laborais e de seguridade e hixiene no traballo. O incumprimento destas obrigas por parte do contratista non implicará responsabilidade ningunha para a Administración. 20. FORMALIZACIÓN DO CONTRATO A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato nun documento administrativo dentro do prazo de quince días hábiles, a contar desde o día seguinte á notificación da adxudicación, constituíndo o devandito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo ó seu cargo os gastos correspondentes. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado a Administración poderá acordar a súa resolución. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa formalización previa. 21. OBRIGAS DO CONTRATISTA O contratista deberá dar cumprimento ás obrigas derivadas das disposicións vixentes en materia de protección do emprego, condicións de traballo e prevención de riscos laborais segundo a lexislación competente nesa materia. 22. GASTOS ESIXIBLES Os gastos que orixine a publicación dos anuncios de licitación no presente contrato, tanto nos correspondentes boletíns oficiais coma, no seu caso, na prensa, irán por conta do adxudicatario do contrato, sen que se lle poida imputar á administración contratante ningún pagamento por tal concepto, e sen que estes gastos superen os 2.000,00 €. 23. RESPONSABLE DO CONTRATO A Deputación poderá designar a un responsable do contrato, vinculado a esta institución, ó que lle corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. A designación ou non do responsable non eximirá o contratista da correcta execución obxecto do contrato, salvo que as deficiencias sexan debidas á orde directa do responsable designado, con expresa reserva escrita por parte do contratista tanto ó propio responsable coma ó órgano de Contratación. 24. EXECUCIÓN DO SERVIZO E RESPONSABILIDADE DO CONCESIONARIO O contrato executarase con suxeición ó establecido nos pregos de condicións, a oferta do concesionario, o contrato e as indicacións que se dean para a execución do contrato polo responsable do contrato e órgano de contratación. Será responsabilidade do concesionario: a. A indemnización por danos e prexuízos causados a terceiros nos termos expostos na TRLCSP, a Lei 30/92, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo común, e no R.d. 429/1993, do 26 de marzo. b. A asunción de tódalas responsabilidades derivadas da execución do servizo, tanto civil como penalmente. c. O cumprimento de todas as responsabilidades que en materia laboral poidan provir da contratación de persoal destinado aos servizos obxecto do presente contrato. 25. GARANTÍA DOS SERVIZOS O prazo de garantía comezará a contar dende o comezo da prestación do servizo. A garantía definitiva responderá dos seguintes conceptos: a) Da correcta execución das prestacións contempladas no contrato, dos gastos orixinados á Administración pola demora do contratista no cumprimento das súas obrigas, e dos danos e prexuízos ocasionados con motivo da execución do contrato ou polo seu incumprimento, cando non proceda a súa resolución. b) Das penalidades impostas ó contratista segundo o artigo 212 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público. c) Da incautación que poida decretarse nos casos de resolución do contrato, de acordo co establecido no citado Real decreto lexislativo. Durante este prazo de garantía terá dereito o contratista a coñecer e ser oído sobre a aplicación do servizo realizado. 26. DEBER DE CONFIDENCIALIDADE O contratista deberá respectar o carácter confidencial daquela información á que teña acceso con ocasión da execución do contrato á que se lle deu o referido carácter nos pregos ou no contrato, ou a que pola súa propia natureza deba ser tratada como tal. Os órganos de contratación non poderán divulgar a información facilitada polos empresarios que estes designen como confidencial. A estes efectos, os licitadores deberán incorporar en cada un dos sobres unha relación coa documentación á que lle confiran carácter. 27. PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL A empresa adxudicataria e o seu persoal están obrigados a gardar segredo profesional respecto dos datos de carácter persoal dos que poida ter coñecemento por razón da prestación do contrato, obrigación que subsistirá aínda logo da finalización do mesmo, de conformidade co art. 10 da Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal de 13 de decembro de 1999. O adxudicatario deberá formar e informar ao seu persoal das obrigas que en materia de protección de datos estean obrigados a cumprir no desenvolvemento das súas tarefas para a prestación do contrato, en especial as derivadas do deber de segredo, respondendo a empresa adxudicataria persoalmente das infraccións legais en que por incumprimento dos seus empregados puidésese incorrer. O adxudicatario e o seu persoal durante a realización dos servizos que se presten como consecuencia do cumprimento do contrato, estarán suxeitos ao estrito cumprimento dos documentos de seguridade das dependencias municipais nas que se desenvolva o seu traballo.Se o contrato adxudicado implica o tratamento de datos de carácter persoal deberase respectar na súa integridade a Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de datos de Carácter Persoal, e a súa normativa de desenvolvemento, de conformidade co establecido na disposición adicional vixésimo sexta do TRLCSP. 28. DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN A documentación dos licitadores que non resultasen adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, previo aviso ó Servizo de Contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no correo contratacion@depo.es, transcorridos tres meses, contados desde o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores e durante o prazo de 30 días naturais, salvo que a Administración considere oportuno retela no suposto que teñan interposto reclamacións ou recursos ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorridos os prazos anteriormente mencionados, esta Administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 29. PENALIDADES No suposto de incumprimento dos compromisos ou das condicións especiais de execución do contrato ofertados polo contratista poderase optar entre a resolución do contrato ou a imposición de penalidades establecidas no artigo 212 do TRLCSP e as establecidas no anexo I do presente prego. 30. RESOLUCIÓN DO CONTRATO O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos art. 223 e 286 do TRLCSP, así como polas seguintes: - A perda sobrevida dos requisitos para contratar coa Administración. - O incumprimento das condicións establecidas en materia de subcontratación establecidas no artigo 289 do TRLSCSP. A obstrución ás facultades de dirección e inspección da Administración. O incumprimento da obriga do contratista de gardar sixilo respecto dos datos ou antecedentes que, non sendo públicos ou notorios, estean relacionados co obxecto do contrato e dos que teña coñecemento con ocasión deste. O incumprimento das restantes obrigas contractuais esenciais, cualificadas como tales nos pregos ou no contrato. A resolución do contrato acordarase polo órgano de contratación de oficio ou a instancia do contratista, se é o caso, mediante procedemento tramitado na forma regulamentariamente establecida polo artigo 109 do RLCSP. Nos casos de resolución por incumprimento culpable do contratista, este deberá indemnizar á Administración os danos e prexuízos ocasionados. A indemnización farase efectiva, en primeiro termo, sobre a garantía que, no seu caso, se tivese constituído, sen prexuízo da subsistencia da responsabilidade do contratista no que se refire ao importe que exceda do da garantía incautada. A determinación dos danos e prexuízos que deba indemnizar o contratista levarase a cabo polo órgano de contratación en decisión motivada logo de audiencia deste, atendendo, entre outros factores, ao atraso que implique para o investimento proxectado e aos maiores gastos que ocasione á Administración. Para a aplicación das causas de resolución estarase ao disposto nos artigos 224 e 287 do TRLCSP e para os seus efectos ao disposto en artigos 225 e 288 do TRLCSP, así como no artigo 110 do RLCSP. 31. XURISDICIÓN COMPETENTE As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, resolveraas o órgano de Contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contenciosa administrativa, a teor do disposto na lei reguladora de dita xurisdición. 32. MODIFICACIÓNS DO CONTRATO E MANTEMENTO DO EQUILIBRIO FINANCEIRO Procederá a modificación do contrato nos termos previstos no artigo 282 do TRLCSP. A Administración poderá modificar por razóns de interese público e se concorren as circunstancias previstas no titulo V do libro I do TRLCSP as características do servizo contratado e as tarifas que deben ser aboadas polos usuarios. Cando as modificacións afecten o réxime financieiro do contrato a Deputación deberá compensar o contratista de xeito que se manteña o equilibrio financieiro dos aspectos básicos que foron esenciais para a adxudicación do contrato. A Deputación de Pontevedra deberá restablecer o equilibrio económico do contrato en beneficio da parte que corresponda nos seguintes supostos: - Cando a Administración modifique por razóns de interese público as características do servizo contratado. - Cando actuacións da Administración determinaran de forma directa a ruptura substancial da economía do contrato. - Cando causas de forza maior determinaran de forma directa a ruptura substancial da economía do contrato. Serán causas de forza maior as establecidas no artigo 231 do TRLCSP. O restablecemento do equilibrio económico poderase realizar mediante a modificación das tarifas a abonar polos usuarios, variando o prazo do contrato, a subvención ou en xeral calquera modificación das cláusulas de contido económico incluídas no contrato. As modificacións acordadas polo órgano de contratación serán obrigatorias para os contratista e deberán formalizarse conforme ao disposto no artigo 156 do TRLCSP. No concernente ao seu réxime estarase ao disposto no Título V do Libro I e os artigos 211, 219 e 306 do TRLCSP. 33. CONTROL E SEGUIMENTO DA EXECUCIÓN DO CONTRATO O servizo prestarase conforme ás disposicións deste prego e do prego de prescripcións técnicas e coa proposta de servizo que o adxudicatario efectuara no seu Proxecto do servizo, así como coas instrucións que en aplicación destes reciba o adxudicatario do responsable provincial encargado da dirección e inspección do servizo, designado para tal efecto, ou do órgano de contratación. Os servizos contratados suxeitaranse á inspección e vixilancia da Deputación polo persoal que se dessigne, que terá libre acceso a todas as dependencias do adxudicatario afectadas ao servizo e seralle facilitada canta información sexa requirida sobre medios persoais, materiais e de calquera outra índole que permitan á Deputación ter un coñecemento actualizado da contrata e que faciliten a adopción das medidas que se consideren oportunas para a correcta execución do contrato. O adxudicatario designará un responsable da empresa na execución do contrato ante a Deputación, que será o representante directo das relación e incidencias que se produzan na execución do contrato, tal e como se recolle no PPT. Este responsable deberá estar localizable en todo momento, velará polo estrito cumprimento das obrigas dimanantes do contrato e será quen reciba habitualmente as instrucións do responsable provincial do servizo. A el corresponde asegurar que todos os servizos contratados son realizados nas mellores condicións posibles e de acordo cos pregos e proxecto, e sempre garantindo a maior calidade na prestación. Sen prexuízo do control e seguimento que a Deputación realice do contrato a través dos seus propios servizos, poderá esta encargar, ao amparo da facultade prevista no art. 127.1.2º do RSCL, as inspeccións e auditorías externas que estime oportunas, estando obrigada a empresa concesionaria a facilitar á contratada, para elaborar estes informes, cantos datos documentos ou comprobacións deban realizar. 34. MEDIDAS DE SEGURIDADE FRONTE A TERCEIROS Será obriga do contratista indemnizar todos os danos e prexuízos que se causen a terceiros ou á Administración como consecuencia das operacións que requira a execución do contrato, nos termos previstos na lexislación vixente. Esta responsabilidade estará garantida mediante o correspondente seguro de Responsabilidade Civil que deberá subscribir a empresa.” Ditos anexos son como seguen: “ANEXO I 1.- DEFINICIÓN E CARACTERÍSTICAS DO CONTRATO 1.1.- DEFINICIÓN E OBXECTO DO CONTRATO O obxecto do presente contrato é a prestación do servizo público de atención socio-educativa á infancia na Escola Infantil 0-3 da Deputación de Pontevedra sita nas instalacións do Centro Príncipe Felipe, na Avenida de Montecelo, número 12 da cidade de Pontevedra. A prestación do servizo comprenderá a atención integral do alumnado, tanto nos aspectos educativos nos termos recollidos na Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación e no Decreto 330/2009, de 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia dentro dos horarios da escola. As prestacións obxecto do contrato axustaranse así mesmo aos requisitos establecidos no Decreto 329/2005, de 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia, ás instrucións que poida ditar a Deputación de Pontevedra e á normativa que lle sexa de aplicación. 1.2. PROCEDEMENTO Cualificación do contrato: xestión de servizo publico. CPV: 80110000 (Servizos de ensinanza preescolar). Trámite: ordinario. Procedemento: aberto. Órgano de Contratación: Xunta de Goberno. Prazo de presentación de ofertas: 15 días naturais (artigo 159.2 do R.d.l. 3/2011) a contar dende o día seguinte ó da publicación do anuncio no BOP. 1.3. TIPO DE LICITACIÓN E FINANCIAMENTO Non existe un orzamento base de licitación ao ser a xestión do servizo a risco e ventura do contratista. A prestación do servizo obxecto do contrato financiarase cos ingresos procedentes das tarifas que abonen os usuarios da Escola Infantil 0-3 e cunha subvención que achegará a Deputación de Pontevedra en función dos gastos totais de funcionamento da Escola Infantil 0-3 do Centro Príncipe Felipe. Os prezos que deberán aboar os usuarios/as durante o curso 2014-2015 serán os establecidos no acordo regulador do prezo público polos servizos que se prestan na Escola Infantil Príncipe Felipe que foi publicado no seu momento no Boletín Oficial da Provincia número 214 de data 24 de novembro de 2007. As tarifas actualizadas deste prezo público aparecen publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 165 de data 29 de agosto de 2013 e son as seguintes: 1. Prezos pola asistencia educativa en xornada completa a Escola Infantil “Príncipe Felipe” 0-3 anos. Importe mensual en euros. Con servizo de comedor Sen servizo de comedor a)Rendas inferiores ao 30% do IPREM 20,20 € 20,20€ b)Rendas comprendidas entre o 30% e inferiores ao 50% do IPREM 36,70€ 20,20€ c)Rendas comprendidas entre o 50% e inferiores ao 75% do IPREM 69,70€ 53,20€ d)Rendas comprendidas entre o 75% e inferiores ao 100% do IPREM 111,20€ 86,20€ e)Rendas comprendidas entre o 100% e inferiores ao 125% do IPREM 161,20€ 126,20€ f)Rendas comprendidas entre o 125% e inferiores ao 150% do IPREM 199,20€ 146,20€ g)Rendas comprendidas entre o 150% e o 200% do IPREM 219,20€ 159,20€ h)Rendas superiores ó 200% do IPREM 250,20€ 180,20€ Cando o alumno ou alumna teña solicitada e concedida unha praza en réxime de media xornada, o prezo da atención educativa reducirase ao 50% do prezo que lle corresponda abonar de acordo coa renda pe cápita da unidade familiar. 2. Prezo por servizos complementarios: a)Servizo de comedor, por persoa e mes completo: De conformidade coa renda per cápita mensual da unidade familiar, aplicaranse as reducións especificadas no apartado número 3 (descontos) 70,00€ No caso de nenos/as que non utilicen habitualmente o servizo de comedor e que excepcionalmente e por motivos xustificados desexen utilizalo algún día solto , o prezo por día: O prezo do comedor por días soltos non estará suxeito a ningunha redución. 4,00€ b)Horario ampliado (hora extraordinaria): Con carácter excepcional poderase ampliar a xornada sempre que se acredite a súa necesidade. O prezo mensual de cada hora en que se incremente o horario de atención educativa adxudicado ó usuario/usuaria. O prezo da hora extraordinaria non estará suxeito a ningunha redución. 20,00€ 3.Descontos: De conformidade coas circunstancias da unidade familiar aplicaranse os seguintes descontos non acumulables entre si: a) Nenos/as pertencentes a familias numerosas: desconto dun 20% b) Nenos/as pertencentes a familias monoparentais, desconto dun 20% c) Cando asistan ó mesmo centro varios irmáns ,ol segundo e sucesivos, 20% Para os cursos 2015-2016 e seguintes as tarifas do prezo público que o concesionario haberá de percibir dos usuarios do servizo serán as seguintes: Prezos pola asistencia educativa en xornada completa a Escola Infantil “Príncipe Felipe” 0-3 anos. Importe mensual en euros. Con servizo de comedor Sen servizo de comedor a)Rendas inferiores ó 50% do IPREM 36,70 € 20,20 € b)Rendas comprendidas entre o 50% e inferiores ó 100% do IPREM 111,20 € 86,20 € c)Rendas comprendidas entre o 100% e inferiores ó 150% do IPREM 199,20 € 146,20 € d)Rendas superiores ó 150% do IPREM 250,20 € 180,20 € A Deputación de Pontevedra subvencionará á empresa que resulte adxudicataria do contrato de xestión ata unha cantidade máxima cifrada nunha porcentaxe equivalente ó 53% dos gastos totais de funcionamento da Escola Infantil “Príncipe Felipe”. Para facer efectivo o pagamento da subvención, a empresa adxudicataria deberá presentar para cada mensualidade a conta xustificativa destes gastos de funcionamento, a devandita conta xustificativa deber ser acreditada mediante un informe dun técnico do Centro Príncipe Felipe, que e unha vez aprobada polo Presidente da Deputación de Pontevedra procederase ao pagamento do importe correspondente á porcentaxe ofertada por dita empresa. O pagamento do importe da subvención correspondente aos gastos de funcionamento da Escola Infantil “Príncipe Felipe”, imputarase á aplicación orzamentaria 232.2312.489.02, quedando sometida a adxudicación á condición suspensiva da aprobación dos orzamentos da Deputación de Pontevedra dos anos 2015 e seguintes, así como da existencia de crédito adecuado e suficiente para financiar as obrigas derivadas do contrato neses exercicios. 1.4.REVISION DAS TARIFAS 1.4.1.-Dereitos do concesionario á revisión das tarifas á alza. A revisión das tarifas procederá cando o beneficio da concesión experimente unha redución igual ou superior ó 20 % en relación o beneficio do exercicio inmediatamente anterior. Enténdese por beneficio da concesión ó seguinte: (+) Ingresos totais anuais obtidos pola aplicación das tarifas os usuarios. (+) Subvención da Deputación. (-) Gastos xerais de funcionamento a cargo da empresa concesionaria de conformidade co establecido nos pregos. Correspóndelle á empresa acreditar que efectivamente o beneficio experimentou esa redución. Será necesario que o contratista aporte as contas de explotación anuais da concesión do Servizo, xunto co soporte documental necesario: facturas, xustificantes etc., e canto outro xustificante sexa requirido pola Deputación, podendo a Deputación realizar a comprobación da veracidade da redución mediante o control administrativo ou auditoría con medios propios ou externos. Unha vez constatada pola Deputación tal redución do beneficio, a esta corresponderalle actualizar as tarifas nunha contía na porcentaxe que exceda do 20% da disminución do beneficio producido, cun máximo de 1,5% anual. 1.4.2.- Dereito da administración á revisión das tarifas á baixa. En base as contas de explotación anuais e demais documentación requirida pola Administración, poderán revisarse as tarifas á baixa sempre e cando resulte acreditado que o beneficio da concesión experimente un incremento igual ou superior ó 50 % en relación o beneficio do exercicio inmediatamente anterior. Neste suposto diminuiranse as tarifas proporcionalmente na contía precisa para que o incremento do beneficio da concesión non supere os límites indicados. 1.5. PRAZO DE EXECUCIÓN A duración do contrato será de tres anos, contados a partir da data da acta de inicio da prestación do servizo, acta que deberá levantarse dentro do prazo máximo do tres meses seguintes á firma do contrato. Este contrato poderá prorrogar a súa vixencia por mutuo acordo das partes antes da finalización da mesma, sen que a duración total do contrato incluídas as posibles prórrogas expresas- poida exceder de seis anos. No caso de vencemento normal do contrato, ou anormal pola súa resolución ou declaración de caducidade, o órgano de contratación poderá acordar que o concesionario continúe na xestión do servizo ata tanto o novo adxudicatario fágase cargo do servizo ou o asuma directamente a Deputación de Pontevedra. 1.6. GARANTÍAS Definitiva: 5% do importe estimado de adxudicación do contrato (IVE excluído). Para o cálculo terase en conta o establecida na cláusula 7 do presente prego. 1.7. PENALIZACIÓNS No caso de demora do contrato por parte do contratista, poderase optar entre a resolución do contrato ou a imposición das penalidades establecidas no artigo 212 do TRLCSP. No caso de execución defectuosa durante a vixencia do contrato, a Deputación de Pontevedra resérvase o dereito de impoñer outras infraccións e sancións ao adxudicatario como consecuencia da detención de calquera das condutas que se describen a continuación, cualificándose como leves e graves: a) As condutas cualificadas como leves: Para a imposición das condutas leves non será preceptiva a previa instrución do expediente, salvo o trámite de audiencia ó concesionario. O procedemento iniciarase de oficio polo órgano de contratación, xa sexa por propia iniciativa ou como consecuencia de calquera petición razoada ou por denuncia formulada por calquera persoa que teña coñecemento dos feitos susceptibles de seren sancionados ou penalizados. b) Os incumprimentos graves serán sancionados cunha multa ata un 5 % do importe de adxudicación do contrato. c) Os incumprimentos moi graves serán sancionados cunha multa de entre un 5,01 % e un 10 % do importe de adxudicación do contrato. Para a imposición das sancións previstas nelas, seguirase o procedemento establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, de 4 de agosto. O importe das sancións e o cumprimento das obrigas derivadas das responsabilidades contraídas poderán ser esixidas polos procedementos de execución forzosa previstos na Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Os expedientes tramitaranse mediante a aplicación do seguinte procedemento: a)A incoación do expediente acordarase pola Administración. b)O instrutor formulará un prego de cargos, que conterá a conduta ou condutas imputadas e a sanción proposta e que se lle notificará á empresa adxudicataria. Este disporá dun prazo de dez (10) días para formular alegacións. O órgano competente para resolver poderá adoptar en calquera momento, mediante acordo motivado, as medidas de carácter provisional que resulten necesarias para asegurar a eficacia da resolución que poidera recaer, no bo fin do procedemento, evitar o mantemento dos efectos da infracción e as esixencias dos intereses xerais. c)Contestado o prego de cargos ou transcorrido o prazo sen facelo o instrutor formulará unha proposta de imposición de sancións tras, no seu caso, a eventual práctica das probas oportunas. d)A proposta coas actuacións remitirase ó órgano de contratación, que ditará a resolución que estime oportuna sobre as sancións, que, no seu caso, deberán facerse efectivas polo adxudicatario no prazo de quince (15) días dende que reciba a notificación daquela. Iniciado un procedemento de imposición de sancións, o adxudicatario poderá poñerlle fin mediante o recoñecemento da súa responsabilidade e o aboamento da sanción proposta polo instrutor reducido nun 25%. Condutas susceptibles de dar lugar á imposición de sancións: Tal e como se sinalou, as condutas susceptibles de dar lugar á imposición de sancións por parte da Administración poden cualificarse como leves ou graves: a) Leves:  O atraso, neglixencia ou descoido no cumprimento das obrigas derivadas do contrato, que non causen un detrimento na xestión do servizo que implicase a súa clasificación como graves.  A lixeira incorrección cos usuarios. b) Graves:  A acumulación ou reiteración de dous incrumprimentos leves.  A neglixencia ou cumprimento defectuoso inescusable das obrigas contractuais seguintes: - Trato incorrecto ao usuario, salvo que reúna as características para cualificalo de falta moi grave. - A non remisión puntual, sen causa xustificada, da documentación técnica nos prazos previstos do contrato. - Vulneración do deber de gardar segredo respecto dos datos de carácter persoal que se coñezan en razón das actividades que se realizan, sempre que non constitúan infracción moi grave.  En xeral, o incumprimento grave dos deberes e obrigas co usuario e a corporación, así como a comisión de tres faltas leves no transcurso de seis meses de prestación do servizo.  As características dos servizos e compromisos recollidas nos pregos que rexen a contratación, serán consideradas como obrigas esenciais do contrato, aplicándose as penalidades previstas para o incumprimento do prazo total, ou no seu caso a resolución do contrato. c) Moi graves:  A acumulación ou reiteración de dous incumprimentos graves.  A falsidade ou falsificación das actividades realmente desenvolvidas.  A vulneración do deber de gardar segredo respecto dos datos de carácter persoal que se coñezan en razón das actividades que se realicen cando constitúan infracción moi grave conforme á lexislación aplicable.  O incumprimento moi grave dos deberes e obrigas co usuario e a corporación, especialmente os relativos ás condicións ofertadas polo licitador en relación cos criterios de adxudicación.  A non disposición dos medios que se comprometeron a dedicar ou a adscribir para a execución do contrato.  As ofensas verbais ou físicas ou o trato vexatorio ó usuario.  Incumprir as directrices que se reserva a Administración ou impedir que esta poida desempeñar as funcións de fiscalización e control que lle son propias. 2. SOLVENCIA ECONÓMICA, FINANCEIRA E TÉCNICA (documentación a presentar na fase de requirimento, segundo figura na cláusula 13.1 do prego económico administrativo). Acreditación da solvencia económica, financeira e técnica A) Solvencia económica e financeira Deberase acreditar unha cifra media de negocio dos servizos realizados pola empresa nos últimos tres anos, igual ou superior á do orzamento total do contrato, IVE incluído. Documentación a presentar: a) No caso de entidades con personalidade xurídica propia (sociedades mercantís): - Contas anuais dos tres últimos anos presentadas no Rexistro Mercantil ou no rexistro oficial que corresponda, e/ou os modelos 200 (Declaración-liquidación do Imposto sobre Sociedades) dos tres últimos anos. b) No caso de titulares de actividades económicas no ámbito do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF): b.1) Empresarios e profesionais con tributación do IRPF mediante o método de estimación directa normal ou simplificada: - Libro rexistro de vendas e ingresos dos tres últimos anos (debendo estar debidamente legalizados para aqueles que teñan a dita obriga). - Modelo 390 (declaración resumo anual IVE) dos tres últimos anos e/ou modelo 100 (documento de ingreso ou devolución da declaración do Imposto sobre a Renta das Persoas Físicas) dos tres últimos anos. b.2) Empresarios e profesionais con tributación do IRPF mediante o método de estimación obxectiva: - Libro rexistro de vendas e ingresos dos tres últimos anos e/ou modelo 100 (documento de ingreso ou devolución da declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas) dos últimos tres anos. - Declaración responsable asinada polo representante legal que acredite que o libro de rexistro de vendas e ingresos reflicte a imaxe fiel da actividade económica da empresa. No caso de non dispor do libro de rexistro de vendas e ingresos, a declaración debe acreditar que o rendemento neto da actividade reflicte a imaxe fiel da actividade económica da empresa. B) Solvencia técnica: Para acreditar a solvencia técnica o licitador deberá presentar os seguintes documentos: a) Relación dos principais servizos ou traballos realizados no curso dos tres últimos anos que sexan do mesmo tipo ou natureza que o presente contrato; nestes certificados indicaranse o importe, as datas e o destinatario, público ou privado, e precisarase se se realizaron segundo as regras polas que se rexe a profesión e se levaron normalmente a bo termo (cumplimentar o Anexo V). Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados por un único órgano competente cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou, por este, a falta de este certificado, mediante unha declaración do empresario; no seu caso, estes certificados comunicarallo directamente ó órgano de Contratación a autoridade competente. O importe total destes contratos xustificados deberá ser igual ou superior ó orzamento deste contrato, IVE incluído. b) Cartas de compromiso do persoal proposto para a execución do contrato asinadas polo citado persoal. 3. CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO Pluralidade de criterios: si Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta de maior vantaxe económica atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: 3.1. Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre B) Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valoraranse cun máximo de 49 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: 1.- Proxecto educativo proposto pola empresa, ata un máximo de 36 puntos. Valoraranse os seguintes criterios: a. Adaptación do proxecto educativo o curriculum da educación infantil 0-3 anos, ás instalacións e características do centro Príncipe Felipe e o Regulamento de réximen interior, ata un máximo de 20 puntos. b. Adaptación do proxecto as novas tecnoloxias, ata un máximo de 4 puntos. c. Adaptación plurilingüistica, valorárase a presentación dun proxecto de iniciación o inglés, ata un máximo de 4 puntos. d. Adaptación ás necesidades educativas especiais, valorándose a presentación dun plan de atención os nenos con necesidades educativas especiais, ata un máximo de 4 puntos. e. Adaptación o entorno social e cultural da comunidade autónoma galega, así como adaptación multicultural, ata un máximo de 4 puntos. 2.- Equipo de traballo que se pon a disposición para a execución do contrato, ata un máximo de 8 puntos. Valoraranse as características e o incremento de persoal que repercutan na execución do contrato con respecto os requisitos mínimos esixidos, valorándose entre outras a posesión de titulacións específicas a maiores da esixida. 3.- Melloras ofertadas pola empresa, ata un máximo de 5 puntos. Valorarase a achega por parte da empresa de material escolar de todo tipo así como material inventariable ofertado a maiores do existente que aparece detallado no anexo I do prego de prescripcións técnicas. Nota importante: o equipo humano deberá estar formado inicialmente polos compoñentes relacionados na oferta adxudicataria coa valoración previa da Deputación de Pontevedra. Non obstante, poderán autorizarse cambios nesta composición sempre que: • Se presente unha xustificación escrita detallada e suficiente na que se explique o motivo do cambio. • Se presenten posibles candidatos cun perfil de cualificación igual ou superior ó da persoa a substituír. • O responsable por parte da Deputación de Pontevedra acepte a un dos candidatos propostos. Pola súa parte, se o adxudicatario que durante a execución do contrato propón o cambio dunha das persoas do equipo de traballo deberá facelo por escrito cun mes de antelación e expoñendo as razóns que obrigan á dita proposta. Ademais da relación mínima de documentación o licitador deberá presentar todos aqueles documentos que considere oportunos para a perfecta definición do servizo, entendendo que, no caso de non indicarse un aspecto determinado, se cumpren os requisitos mínimos establecidos no prego. NOTA MOI IMPORTANTE: na documentación que se presente no sobre B non se poderá incluír ningún dato que permita intuír a proposta económica ofertada polo licitador. Toda referencia económica en relación ó servizo prestado ou relativa ós criterios de valoración automática presentarase única e exclusivamente no sobre C. O incumprimento deste precepto suporá a exclusión da oferta no proceso de licitación. 3.2. Enumeración dos criterios de valoración automática (Sobre C): Nota importante: só se procederá á apertura e valoración das propostas do sobre C daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 30 puntos. Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 51 puntos de conformidade cos seguintes criterios: -Redución da porcentaxe de financiación dos gastos xerais de funcionamento que oferta a empresa concesionaria, ata un máximo de 51 puntos. Valorarase que a empresa oferte unha porcentaxe de financiación dos gastos xerais inferior ó 53%. Estes criterios valoraranse en función da fórmula establecida no Anexo III Entenderase por ofertas admitidas todas aquelas que non quedasen excluídas unha vez realizado o exame da documentación administrativa contida no sobre A e a análise técnica da documentación contida no sobreB. 4. DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR SOBRE A: DOCUMENTACIÓN ADMINISTRATIVA Este sobre conterá os seguintes documentos: 1.-Unha relación de todos os documentos incluídos neste sobre. 2.-Declaración responsable subscrita pola persoa que firme a proposición, de acordo co modelo que se adxunta no Anexo II. 3.-Compromiso do licitador de dedicar ou adscribir ao contrato os medios humanos e materiais suficientes necesarios para a debida execución do mesmo, aos que se refire o artigo 64.2 do TRLCSP. Dito equipo de traballo deberá estar integrado como mínimo polos seguintes membros: -1 Director/a O director/a terá a titulación de mestre/a especialista en educación infantil ou licenciado/a en pedagoxía ou psicopedagoxía. -11 Educadores/as Os educadores serán os encargados da atención directa ós nenos/as e deberá estar en posesión das seguintes titulacións: -Licenciado/a en pedagoxía ou psicopedagoxía. -Mestre/a especialista en educación infantil ou equivalente. -Técnico superior en educación infantil ou equivalente. -1 Persoal de Servizos Xerais sen titulación específica. 4.- Compromiso de subscribir as seguintes pólizas: -Unha póliza de responsabilidade civil cun límite mínimo por sinistro de 300.000,00 €. -Unha póliza de accidentes coas seguintes garantías mínimas. - Falecemento: 3.000,00 € - Invalidez Permanente parcial: 3.000,00 € - Asistencia sanitaria: 3.000,00 € 5.- As empresas estranxeiras presentarán unha declaración de someterse a xurisdicción dos xulgados e tribunais españoles de calquera orden, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto poidar xurdir do contrato, con renuncia, se é o caso ao foro xurisdiccional estranxeiro que puidera corresponderlle o licitador. En todo caso as empresas estranxeiras presentarán os seus documentos debidamente traducidos de forma oficial ao castelán ou galego. SOBRE B: DOCUMENTACIÓN CORRESPONDENTE Á VALORACIÓN DE CRITERIOS NON AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS A oferta do licitador deberá estar paxinada e conter un índice detallado e axustarase, como mínimo, ós diferentes apartados que a continuación se detallan: 1.- Descripción detallada do proxecto educativo do centro. Deberá facerse unha descripción detallada e completa do proxecto educativo que presenta a empresa que permita a súa valoración de conformidade cos criterios establecidos no apartado 3.1. 2-. Relación e descripción do equipo de traballo que a empresa pon a disposición para a execución do contrato. Deberanse cumprimentar os anexos VI e VII e asimesmo achegar o Curriculum Vitae do persoal adscrito para a execución do contrato. Dito equipo de traballo deberá estar integrado como mínimo polos seguintes membros: -1 Director/a O director/a terá a titulación de mestre/a especialista en educación infantil ou licenciado/a en pedagoxía ou psicopedagoxía. -11 Educadores/as Os educadores serán os encargados da atención directa aos nenos/as e deberá estar en posesión das seguintes titulacións: -Licenciado/a en pedagoxía ou psicopedagoxía. -Mestre/a especialista en educación infantil ou equivalente. -Técnico superior en educación infantil ou equivalente. -1 Persoal de Servizos Xerais sen titulación específica. As ofertas diferenciarán claramente e dun xeito inequívoco as características mínimas esixidas nos pregos e as que realmente se aportan a maiores co obxectivo de facilitar o traballo de avaliación. 3.-Melloras ofertadas pola empresa: Deberá facerse unha relación detallada do material escolar de todo tipo e material inventariable ofertado pola empresa a maiores. 4.- Calquera outra información que considere o licitador para a mellor definición da súa oferta. Ademais da relación mínima de documentación o licitador poderá presentar todos aqueles documentos que considere oportunos para a perfecta definición do servizo, entendendo que, no caso de non indicarse un aspecto determinado, se cumpren os requisitos mínimos establecidos no prego. 5.- Deberase indicar a parte do contrato que o empresario ten eventualmente o propósito de subcontratar de conformidade co establecido na cláusula 17 deste prego. SOBRE C: DOCUMENTO CORRESPONDENTE Á VALORACIÓN DE CRITERIOS AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS Presentarase pechado e co seguinte documento: Modelo de proposición seguindo o modelo determinado no Anexo IV do prego de condicións, asinado e selado. Este modelo conterá a oferta económica que se realice. Non se aceptarán aquelas propostas que conteñan omisións, erros ou riscaduras que impidan coñecer claramente o que a Administración estime fundamental para considerar a oferta. Se algunha proposición non gardase concordancia coa documentación examinada e admitida, excedese do presuposto base de licitación, variase substancialmente o modelo establecido, comportase erro manifesto no importe da proposición, ou existise recoñecemento por parte do licitador de que adoece de erro ou inconsistencia que a fagan inviable, poderá ser descartada pola Mesa de Contratación. Na proposición indicarase como partida independente o importe do Imposto sobre o Valor Engadido. Así mesmo, cando para a selección do contratista se atenda a unha pluralidade de criterios, incluirase neste sobre a documentación relativa a aqueles criterios avaliables de xeito automático mediante cifras ou porcentaxes por aplicación das fórmulas establecidas nos pregos. 5. MODIFICACIÓNS PREVISTAS Unha vez perfeccionado o contrato, o órgano de contratación só poderá introducir modificacións por razóns de interese público, limitándose ás estritamente indispensables para lograr a satisfacción pretendida no obxecto do contrato, sen que ditas modificacións poidan afectar ás condicións esenciais do contrato, tal como dispoñen os artigos 219 e 282 do TRLCSP. En todo caso, a modificación contractual, deberá formalizarse conforme ó disposto polo artigo 156 da TRLCSP.” “ANEXO II. DECLARACIÓN RESPONSABLE (SOBRE A) Nota: este modelo pode descargarse en formato .pdf para cubrir na área de descargas do seguinte enderezo web: http://www.depo.es/web/edepo/contratacion1 “ANEXO III. FÓRMULAS A APLICAR PARA A VALORACIÓN DOS CRITERIOS AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS (SOBRE C) A) Valoración da porcentaxe de financiación dos gastos xerais de funcionamento que oferta a empresa concesionaria, ata un máximo de 51 puntos. Entenderase por ofertas admitidas todas aquelas que non quedaran excluídas unha vez realizan o exame da documentación administrativa contida no sobre A e a análise técnica da documentación contida no sobre B. • P: valor de licitación • N: número de ofertas • O1, O2,….,On: valor das n ofertas, • B1, B2,….,Bn: baixas absolutas (Bi=P-Oi, i=1,…., n), • b1, b2, ….., bn: baixas porcentuais con respecto a • bmax,bmin: baixas porcentuais máxima e mínima, • bm: baixa porcentual media • Vmax: máxima valoración posible • Wmax: máxima valoración de acordo coas ofertas presentadas • Wi: valoración previa da oferta i-ésima entre 0 e Wmax, i=1, ….., n • Vi: valoración final da oferta i-ésima entre 0 e Vmax, i=1, ….., n Nota. Dado que as baixas negativas corresponderían a ofertas superiores ó prezo de licitación (e por tanto, non admisibles), suponse que as baixas bi son iguais ou maiores que cero. 1. Valoración máxima inicial de acordo coas ofertas presentadas 2. Valoración previa entre 0 e Wmax Unha puntuación inicial Wi da oferta i-ésima calcúlase por interpolación a intervalos do seguinte modo (ver figura 1): • Se (oferta entre o prezo de licitación –baixa nula– e a oferta media) entón a súa valoración é proporcional entre os valores • Se bi>bm (baixa superior a baixa media) entón a súa valoración é proporcional entre e Wmax 3. Valoración final entre 0 e Vmax En xeral as puntuacións iniciais anteriores resultan moi pequenas, sobre todo cando as ofertas son moi iguais. Polo tanto, as baixas non terían moito peso na adxudicación dos contratos ou concursos. Proponse unha alternativa de reescalado das variacións previas para trasladar as puntuacións ó intervalo [0, Vmax], sumando a cada valoración previa unha cantidade S quasi-proporcional á baixa: • Se : • Se : A valoración final das ofertas obtense agora do modo seguinte: , =l,….., n Entendéndose que a puntuación máxima Vmax só se atende se a baixa máxima (bmax) é igual ou superior ó 20 % (figura 2). Nota. No caso particular en que todas as ofertas sexan iguais en prezo de licitación tense b1= b2= …..= bn = bm =bmax =0 polo que as valoracións anteriores non son válidas (se teñen divisións por cero). Neste caso, acordamos outorgar a todas elas unha puntuación nula (Vi=0). Na práctica esta situación tamén se produce cando as baixas son todas moi pequenas aínda que non sexan exactamente cero. Por iso propomos dar unha puntuación nula a todas as ofertas sempre que: 4. Fórmula completa para a valoración de ofertas 1. Definición de Wmax : 2. Definición de S:  Se : ,  Se : 3. Valoración das ofertas cando bmax > . Para i=1,…..,n:  Se entón ,  Se entón 4. Valoración das ofertas cando  Para ,…..,n: PRESUNCIÓN DE OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU DESPROPORCIONADOS (BAIXA TEMERARIA) Para os efectos de consideración de presunción de ofertas con valores anormais ou desproporcionados considerarase que están incursas nesta situación aquelas cuxa porcentaxe de baixa exceda as porcentaxes que se sinalan a continuación, en función do número de empresas presentadas e admitidas a procedemento: - Unha oferta: será anormal se a súa baixa porcentual é superior ó 25% do prezo de licitación. - Dúas ofertas: unha das ofertas será anormal se a súa baixa porcentual é superior á doutra en máis de 20 unidades. - Tres ofertas: serán anormais aquelas que teñan baixas porcentuais superiores en máis de 10 unidades á media aritmética das baixas porcentuais das baixas admitidas. Con todo, excluirase para o cómputo da dita media a oferta coa baixa porcentual máis pequena cando sexa inferior en máis de 10 unidades a esa media. En calquera caso, consideraranse anormais todas as ofertas con baixas porcentuais superiores ó 25% do prezo de licitación. - Catro ofertas ou máis: consideraranse temerarias aquelas ofertas con baixas porcentuais que sexan superiores en máis de 10 unidades á media das baixas porcentuais das ofertas admitidas. No entanto, se entre elas existen baixas porcentuais inferiores en máis de 10 unidades a dita media, calcularase unha nova media só coas ofertas que non estean no suposto indicado. En todo caso, se o número das restantes ofertas é inferior a tres, a nova media calcularase sobre as tres ofertas de menor contía (maior baixa porcentual). • n = 1: se b1 > 25, entón a oferta 1 (única) é temeraria • n = 2: supoñemos que . Se entón a oferta 2 é temeraria Obsérvese que a condición equivale a porque • n = 3: supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ b3. Sexa definida como: = (b2 + b3) se b1 < bm - 10 bm en caso contrario Para i = 1,2,3, se b1 >25 ou b1 > + 10 a oferta i é temeraria • N ≥ 4: supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ bn. Se b1 < bm – 10 sexa 1 ≤ l ≤ n tal que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ b1 < bm – 10, bl+1 ≥ bm – 10 Definimos: = se e se e , bm si Para i = 1,2,……,n, se b1 > b*m + 10 a oferta i é temeraria Cando a Mesa de Contratación presuma fundadamente que a proposición non se poida cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas daráselle audiencia ó contratista por un prazo máximo de cinco días hábiles para que xustifique a valoración da oferta e precise as súas condicións, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, ás solucións técnicas adoptadas e ás condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, á orixinalidade das prestacións propostas, ó respecto das disposicións relativas á protección do emprego e ás condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia realizar a prestación, ou a posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de Contratación, considerando a xustificación efectuada polo licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación provisional a favor da seguinte proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde en que fosen clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada.” “ANEXO IV. MODELO DE PROPOSICIÓN (SOBRE C) “Don............................................, maior de idade, veciño de....................., con domicilio en ............................, titular do DNI.................., actuando en nome propio/ou en representación da empresa ................................. (CIF núm. .......................) e con domicilio en .................................., teléfono.................... Decatado do anuncio para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente ó servizo (especificar denominación do servizo): Primeiro. Declaramos que na execución do contrato se cumprirán as obrigas derivadas das disposicións vixentes en materia de protección do emprego, condicións de traballo e prevención de riscos laborais. Segundo. Comprometémonos a prestar o servizo con estrita suxeición ós pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que aceptamos en todas as súas partes, coas seguintes condicións: -Porcentaxe de financiación dos gastos xerais de funcionamento que oferta a empresa concesionaria:_____________ % -Plan de viabilidade económica do proxeto presentado pola empresa. Pontevedra, a ……. de ……………………de 2014 (Lugar, data, sinatura e selo do licitador)” 39.22948.- APROBACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO DA OBRA “PROXECTO DE REGULACIÓN DO TRÁFICO NA INTERSECCIÓN DA RÚA VIGO COA AVDA. DE GALICIA (SALCEDA DE CASELAS)” Dada conta que con data 04/11/2014 tivo entrada nesta Deputación escrito do Alcalde de Salceda de Caselas co que xuntou proxecto modificado da obra “Proxecto de regulación de tráfico na intersección da rúa Vigo coa Avda. de Galicia (Salceda de Caselas)”, solicitando a súa aprobación. Resultando.- Que a Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria celebrada o 24/07/2014 acordou adxudicar á mercantil Construcciones Obras y Viales, S.A. (COVSA), o contrato para a execución da obra “Proxecto de regulación do tráfico na intersección da rúa Vigo coa Avda. de Galicia (Salceda de Caselas)”, pertencente á 2ª relación de proxectos POSP/13. Resultando.- Que con data 22/10/2014 recibiuse nesta Deputación escrito do director da obra anteriormente citada, solicitando autorización para a redacción do proxecto modificado. Resultando.- Que con data 05/11/2014 o Servizo de Cooperación remite ó Servizo de Contratación, proxecto modificado da obra “Regulación de tráfico na intersección da rúa Vigo coa Avda. de Galicia (Salceda de Caselas)”. Xunto co proxecto remite escrito do Alcalde do Concello de Salceda de Caselas no que manifesta que o Pleno do Concello, acordou aprobar a modificación do citado proxecto, ante a necesidade de que se introduzan unha serie de cambios no proxecto inicialmente aprobado, que se refiren á mellora dos acabados na pavimentación e repercuten nunha mellor integración da obra. Resultando.- Que con data 06/11/2014 solicitouse informe ó director de obra para que xustificara o proxecto modificado, facendo en escrito de data 25/11/2014 e 09/12/2014 nos que manifesta que o proxecto modificado recolle os cambios estritamente precisos co obxecto de incluír novas prescricións que o concello establece, con novas oportunidades obxectivas que teñen que ver coa homoxeneización dos acabados do rueiro e dos distintos proxectos municipais que dende dita aprobación se veñen implementando. En concreto, os cambios consisten fundamentalmente na mellora da calidade dos lousados e bordos, co obxecto de adecualos a outras zonas xa urbanizadas. O director de obra esta recolle no seu informe, que as circunstancias que xustifican o proxecto modificado poden enclavarse dentro do establecido no apartado a) do artigo 107.1 TRLCSP (Inadecuación da prestación contratada para satisfacer as necesidades que pretenden cubrirse mediante o contrato debido a erros ou omisións padecidos na redacción do proxecto ou das especificacións técnicas), xa que no proxecto inicialmente aprobado omitiu ditas prescricións, o que impide unha adecuada prestación para satisfacer as necesidades que se pretenden cubrir. Resultando.- Que solicitado informe ó Servizo de Infraestruturas, este emitiu o mesmo na data 18/12/2014 recollendo que as causas expostas no documento da xustificación para a necesidade de redacción do proxecto modificado, axústanse ós supostos contemplados no artigo 107 do TRLCSP, manifestando que os prezos das unidades de obra novas que se crean co proxecto modificado, son prezos que se axustan ós habituais para eles na execución deste tipo de obras. Resultando.- Que con data 18/12/2014 o Xefe de Servizo de Contratación emite informe no que manifesta que en función dos informes do director de obra e do responsable do Servizo de Infraestruturas, parece deducirse que a modificación do proxecto é provocada por un erro padecido nas especificacións técnicas do proxecto inicial o non adaptarse á homoxeneización imposta polo Concello ás rúas do municipio, non parecendo que haxa un cambio substancial da obra nin que se houberan cambiado as circunstancias de licitación, sendo os prezos contraditorios das unidades non previstas inicialmente no proxecto, adecuados ós prezos de mercado como sinala o director de Infraestruturas. Considerando.- Que o artigo 234.3 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público establece que: “... Cuando el Director facultativo de la obra considere necesaria una modificación del proyecto, recabará del órgano de contratación autorización para iniciar el correspondiente expediente...” Considerando.- Que o artigo 107.1.a) do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, que establece que: “Las modificaciones no previstas en los pliegos o en el anuncio de licitación solo podrán efectuarse cuando se justifique suficientemente la concurrencia de alguna de las siguientes circunstancias: a) Inadecuación de la prestación contratada para satisfacer las necesidades que pretenden cubrirse mediante el contrato debido a errores u omisiones padecidos en la redacción del proyecto o de las especificaciones técnicas”. Considerando.- Que a disposición adicional segunda do referenciado R.d.l. 3/2011, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación que sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o proxecto modificado da obra “Proxecto de regulación de tráfico na intersección da rúa Vigo coa Avda. de Galicia (Salceda de Caselas)”, sen variación económica, establecéndose como data para a finalización da execución da obra o día 19/02/2014. 40.22949.- ADXUDICACIÓN DO PROCEDEMENTO ABERTO DA SUBMINISTRACIÓN E INSTALACIÓN DE MOBILIARIO E EQUIPAMENTO PARA OS ESTABLECEMENTOS QUE CONFORMAN O PROXECTO “POUSADAS DO SALNÉS” DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA O Pleno da Corporación, na sesión do 29 de novembro de 2013, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acordou aprobar o expediente, mediante procedemento aberto, para a concesión da xestión e promoción do proxecto “Pousadas do Salnés”. A través de dito proxecto, a Deputación de Pontevedra traballou na procura da creación dun produto turístico accesible e sostible na comarca do Salnés da provincia de Pontevedra. Os elementos que conforman o proxecto Pousadas do Salnés se compoñen dos seguintes inmobles: a) “Pousadas”: catro (4) establecementos hoteleiros situados en concellos diferentes cunhas características diferenciadoras dos demais en función dos seus clientes obxectivo (Praia, viño, rutas e cultural): - Pousada “A Lanzada” (Concello do Grove). - Pousada “O Outeiro de Covas” (Concello de Meaño). - Pousada “Ribadumia” (Concello de Ribadumia). - Pousada “A Armenteira” (Concello de Meis). b) Centro de Ocio e Termalismo (Salutem Per Acqua): un moderno establecemento no cal se pode mesturar saúde e ocio. Situado no Concello de Ribadumia, construído o lado da Pousada de “Ribadumia”, e integrado nesta, é un lugar onde o hospede poderá disfrutar dun tempo de relax e ocio que farán inolvidable a súa estancia. Aínda que é un servizo común das “Pousadas”, o seu uso non estará condicionado a ser hóspede dalgunha delas, senón que será de libre acceso ó público. Resultando que a concesión demanial das Pousadas do Salnés outorgouse a empresa Arlea Hotels por acordo plenario do 30 de abril de 2014. Tendo en conta que segundo o establecido nos pregos da licitación da concesión demanial, unha vez adxudicada a concesión demanial para a xestión do proxecto “Pousadas do Salnés”, convocouse unha nova licitación para a adquisición do mobiliario e equipamento necesario para destinar as Pousadas e as instalacións complementarias. A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra na sesión ordinaria do día 29 de agosto de 2014 adoptou o acordo de aprobar o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da subministración e instalación do mobiliario e equipamento para os establecementos que conforman o proxecto “Pousadas do Salnés” da Deputación de Pontevedra, pola cantidade máxima de 1.436.351,33 €, máis a cantidade de 301.633,78 € correspondente ó IVE (21%) o que fai un total de 1.737.985,11€. Asemade se estableceron prezos unitarios estimativos que a Deputación de Pontevedra tivo en conta para o cálculo do prezo total. Ditos prezos poderíanse incrementar ou diminuír, sempre e cando o importe total non superase a cantidade máxima establecida pola Deputación de Pontevedra. Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación, publicouse no Boletín Oficial da Unión Europea con data 04 de setembro de 2014, así mesmo efectuouse a publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 174 de data 10 de setembro de 2014 e no Boletín Oficial do Estado. Resultando que a cualificación da documentación xeral efectuouse o día 29 de outubro de 2014, a cuxo efecto se reuniu a Mesa de Contratación para examinar a documentación presentada polas empresas. Resultando que a Mesa de Contratación, na reunión que tivo lugar o día 31 de outubro de 2014, fai pública a relación de empresas admitidas ó procedemento aberto, procedendo a apertura dos sobres B presentados polas mesmas, correspondentes á documentación técnica avaliable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, a efectos de dar cumprimento ó estipulado no artigo 27 do Real Decreto 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente o TRLCSP. A Xefa do servizo de Turismo Rías Baixas, emite informe de valoración da documentación técnica correspondente ós criterios non avaliables mediante fórmulas (sobre B). Reunida a Mesa de Contratación, no acto público de data 19 de novembro de 2014, dáse a coñecer a puntuación asignada ás propostas técnicas efectuadas polas empresas, e procedeuse á apertura dos sobres C correspondentes ós criterios avaliables mediante fórmulas. Resultando que unha vez efectuada a valoración total, obtívose o seguinte resultado: Empresas Puntuación Sobre B Puntuación Sobre C Puntuación Total (Sobre B + Sobre C) Prezo ofertado Prazo de entrega Prazo de garantía UTE Suministros Técnicos de Galicia (Sutega), S.L.–Novavila Rías Baixas, S.L 43 24,640 7,167 10 84,807 UTE Lógica Equipamientos Integrales, S.L y Frigbar, S.L 43 27,916 8,3 5 84,216 XP Instalaciones, S.A 24 30 10 10 74,000 Ekipo, Sociedad Suministradora de Mobiliario, S.L. 30 14,481 5,017 10 59,498 Área 3, Equipamiento, diseño e interiorismo, S.L. 22 19,848 4,3 2,5 48,648 Á vista da puntuación total obtida e de conformidade coa proposta da Mesa de Contratación, proponse ó órgano contratación a adxudicación do contrato á UTE Suministros Técnicos de Galicia (Sutega), S.L. – Novavila Rías Baixas, S.L. Resultando que mediante Resolución Presidencial número 2014035063, de data 24 de novembro de 2014, e á vista da puntuación total obtida e da proposta da Mesa de Contratación, requiriuse á UTE Suministros Técnicos de Galicia (Sutega), S.L. – Novavila Rías Baixas, S.L., para que, dentro do prazo de 10 días hábiles a contar dende o día seguinte a aquel no que recibise o requirimento, presente a documentación de conformidade co disposto no Texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público (modificada pola Lei 14/2013 de 27 de setembro de apoio o emprendedor). Resultando que as empresas que conforman a UTE Suministros Técnicos de Galicia (Sutega), S.L. – Novavila Rías Baixas, S.L. presentaron a documentación requirida entre a que se atopa a constitución da garantía definitiva por importe de 58.344,60€, que figura depositada na Tesourería desta Deputación de acordo ó seguinte detalle: - Importe de 29.755,75€ co número de operación 201400170404 (parte depositada pola empresa Suministros Técnicos de Galicia, S.L. (NIF: B-15.213.911). - Importe de 28.588,85€ co número de operación 201400170401 (parte depositada pola empresa Novavila Rías Baixas, S.L. (NIF: B-36.447.670). Polo que, unha vez cumprimentados os trámites esixidos no artigo 151 do Real Decreto Lexislativo 3/2014 de 14 de novembro polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público (TRLCSP), procede adxudicar o contrato polo mesmo órgano dentro do prazo de cinco días hábiles. Considerando que a disposición adicional segunda do referenciado R.d.l. 3/2011, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato de servizos, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de subministracións que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar o contrato para a subministración e instalación do mobiliario e equipamento para os establecementos que conforman o proxecto “Pousadas do Salnés” da Deputación de Pontevedra á UTE Suministros Técnicos de Galicia (Sutega), S.L. – Novavila Rías Baixas, S.L, de acordo o seguinte detalle: - Prezo ofertado: Importe sen IVE: 1.166.891,82 € IVE (21%): 245.047,28 € Importe IVE incluído: 1.411.939,10 € Os prezos unitarios ofertados polo adxudicatario dos ítems que conforman o mobiliario e equipamento das pousadas obran no expediente. Achegarase unha copia dos mesmos á formalización do contrato. - Prazo de garantía: 120 meses - Prazo de entrega ofertado: 70 días 2.- O contrato financiarase con cargo ás aplicacións orzamentarias 2014/433.430.623.02 e 2014/433.430.625.01 do vixente Orzamento provincial. 3.- A duración do contrato iniciarase coa formalización do mesmo e finalizará coa subministración de todo o mobiliario e equipamento no prazo, sendo o prazo máximo de entrega o ofertado polo adxudicatario. 41.22950.- ADXUDICACIÓN DO CONTRATO PARA A EXECUCIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA OBRA “NOVA BANCADA NO CAMPO DE FÚTBOL DO ALONDRAS, F.C. (CANGAS)” Resultando que la Junta de Gobierno, en sesión celebrada el día 29/08/2014, prestó aprobación al expediente de contratación, mediante procedimiento abierto, de la obra de “Nueva grada en el campo de futbol del Alondras, FC (Cangas)”, con presupuesto de 546.324,58 €, más la cantidad de 114.728,58 € correspondiente al IVA. Resultando que el día 17/10/2014, se constituyó la Mesa de Contratación procediendo al estudio de la documentación administrativa contenida en los sobres “A”, admitiendo a todas las empresas presentadas. Resultando que el día 20/10/2014, este mismo órgano, en acto público, indicó las plicas que fueron calificadas como admitidas, procediendo a la apertura de los sobres B, correspondiente a la documentación técnica valorable mediante criterios no evaluables mediante formulas, tal y como prevé el artículo 27 del Real Decreto 817/2009, por el que se desarrolla parcialmente la Ley de contratos del sector público. Resultando que el día 09/12/2014, una vez evaluada la documentación técnica, se procedió a la apertura de los sobres “C” de aquellas empresas que obtuvieron una valoración superior a 30 puntos sobre los criterios no evaluables mediante fórmulas, con el siguiente resultado: Licitador Puntuación Sobre “B” Oferta % Control Calidad Unika Proyectos y Obras, S.A.U. 42,33 420.123,60 5,00 Xestion Ambiental de Contratas, S.L. 40,02 431.050,09 5,00 Narom, S.L. 38,90 459.458,97 5,00 Ute Construc. Castro Figuei-Ro, S.L.U.-Prace, S.A. 38,87 464.375,89 5,00 Construcciones Abal, S.A. 38,81 476.076,64 4,00 Civis Global, S.L. 36,53 434.492,00 4,00 Construcciones Delfin Ferreiro Rodriguez, S.L. 34,61 459.622,87 5,00 Decoracion, Instalaciones y Construcciones, S.A. (Dicsa) 34,61 464.809,92 3,00 Elsamex, S.A. 34,43 480.000,00 3,50 Construcciones Orega, S.L. 33,74 464.758,32 5,00 Obras y Viales de Galicia, S.L. (Oviga) 33,56 462.330,58 3,00 Construcciones y Proyectos Abilleira, S.L. 33,45 424.767,00 5,00 Construcciones Angel Jove, S.A.U. 33,12 462.518,39 3,00 Construcciones Vila Miño, S.A. 32,21 438.425,47 5,00 Oreco, S.A. 32,09 454.815,21 4,00 Resultando que valoradas las ofertas se obtiene la siguiente puntuación: Licitador Puntuación Sobre B Puntuación Sobre C Puntuación Total Unika Proyectos y Obras, S.A.U. 42,33 51,000 93,330 Xestion Ambiental de Contratas, S.L. 40,02 47,119 87,139 Construcciones y Proyectos Abilleira, S.L. 33,45 49,351 82,801 Civis Global, S.L. 36,53 44,897 81,427 Construcciones Vila Miño, S.A. 32,21 44,500 76,710 Narom, S.L. 38,90 36,948 75,848 Ute Construc. Castro Figuei-Ro, S.L.U.-Prace, S.A. 38,87 35,140 74,010 Construcciones Delfin Ferreiro Rodriguez, S.L. 34,61 36,888 71,498 Oreco, S.A. 32,09 37,656 69,746 Construcciones Orega, S.L. 33,74 34,999 68,739 Construcciones Abal, S.A. 38,81 29,836 68,646 Decoracion, Instalaciones y Construcciones, S.A. (Dicsa) 34,61 33,716 68,326 Obras y Viales de Galicia, S.L. (Oviga) 33,56 33,892 67,452 Construcciones Angel Jove, S.A.U. 33,12 33,823 66,943 Elsamex, S.A. 34,43 27,893 62,323 Resultando que Unika Proyectos y Obras, S.A.U. obtiene la máxima puntuación la Mesa de Contratación propone requerir a dicha empresa para que presente la documentación justificativa de hallarse al corriente en sus obligaciones tributarias y con la Seguridad Social, de disponer efectivamente de los medios que se comprometió a dedicar o adscribir a la ejecución de la obra, y de haber constituído la garantía definitiva equivalente al 5,00 % presupuesto de adjudicación excluído el IVA, así como proceder al ingreso en la Tesorería de la Diputación de la cantidad de 97,65 € correspondiente a la publicación del anuncio de licitación en el BOP, proponiendo, una vez cumplimentado el requerimiento, la adjudicación de la obra. Resultando que Unika Proyectos y Obras, S.A.U., atendiendo al requerimiento formulado mediante resolución nº 2014036283, presentó la documentación requerida, así como la garantía definitiva por importe de 21.006,18 €, según acredita mediante carta de pago nº 201400172696, de fecha 18/12/2014, y que ingresó la cantidad de 97,65 € correspondiente a la publicación del anuncio del procedimiento en el BOP. La Junta de Gobierno acuerda por unanimidad adjudicar a Unika Proyectos y Obras, S.A.U. (CIF nº A-15977184) la obra “nueva grada en el campo de futbol del Alondras, FC (Cangas)”, de acuerdo con el siguiente detalle: Importe, sin IVA 420.123,60 € IVA 88.225,96 € Importe total 508.349,56 € Plazo de ejecución Cinco meses Mejoras ofertadas 100.000,00 € Control de calidad 5,00 % 42.22951.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA NA EXECUCIÓN DA OBRA “INSTALACIÓN DE HERBA ARTIFICIAL E URBANIZACIÓN DA PARCELA NO CAMPO DE FÚTBOL MUNICIPAL (RODEIRO)” Resultando.- Que a Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria celebrada o 27/12/2013 acordou adxudicar á empresa Xestión Ambiental de Contratas, S.L. (C.I.F. B-36746584) o contrato de execución da obra “Instalación de herba artificial e urbanización da parcela no campo de fútbol municipal de Rodeiro”, cun prazo de execución de 2,5 meses. Resultando.- Que na data 04/08/2014 formalizouse a acta de comprobación de replanteo, establecendo como prazo para a finalización da execución ó 19/10/2014. Resultando.- Que a Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria celebrada o 17/10/2014 acordou conceder unha prórroga dun mes na execución da citada obra, establecendo como prazo para a finalización da mesma o día 19/11/2014. Resultando.- Que a Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria celebrada o día 14/11/2014 acordou conceder unha prórroga dun mes na execución da obra “Instalación de herba artificial e urbanización da parcela no campo de fútbol municipal de Rodeiro”, establecendo como prazo para a finalización da mesma o día 19/12/2014. Resultando.- Que con data 05/12/2014 tivo entrada nesta Deputación da mercantil Xestión Ambiental de Contratas, S.L., e da directora de obra “Instalación de herba artificial e urbanización da parcela no campo de fútbol municipal de Rodeiro”, no que solicitan unha prórroga dun mes na execución da citada obra. Resultando.- Que solicitado o informe preceptivo ó Servizo de Infraestruturas, este emite o mesmo na data 12/12/2014, no que manifesta que as causas alegadas de demora non son imputables ó contratista, entendendo xustificada a concesión da prórroga para ampliación de prazo de execución da obra ata o 19 de xaneiro de 2015. Considerando.- Que o artigo 213.2 do TRLCSP relativo á prorroga dos contratos establece que: “...Si el retraso fuese producido por motivos no imputables al contratista y éste ofreciera cumplir sus compromisos dándole prórroga del tiempo que se le había señalado, se concederá por la Administración un plazo que será, por lo menos, igual al tiempo perdido, a no ser que el contratista pidiese otro menor...” Considerando.- Que a disposición adicional segunda do referenciado R.d.l. 3/2011, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación que sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade por unanimidade: Conceder unha prórroga e ampliar o prazo de execución da obra “Instalación de herba artificial e urbanización da parcela no campo de fútbol municipal de Rodeiro”, ata o 19 de xaneiro de 2015. 43.22952.- PRÓRROGA DA VIXENCIA DA ADDENDA Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A UNIVERSIDADE NACIONAL DE EDUCACIÓN A DISTANCIA (UNED), O CONCELLO DE PONTEVEDRA E A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA LEVAR A CABO A AMPLIACIÓN DO EDIFICIO DA UNED EN PONTEVEDRA A Universidade Nacional de Educación a Distancia, o Concello de Pontevedra e a Deputación Provincial subscribiron, con data 14 de novembro de 2012, un convenio de colaboración para levar a cabo a ampliación do edificio da UNED en Pontevedra. O importe das actuacións ascendeu á cantidade de 351.122,00 €, dos que 21.122,00 € corresponderon ós honorarios de redacción do proxecto e 330.000,00 € para a execución material da obra. O proxecto foi abonado pola Deputación de Pontevedra e a obra financiada ó 33%, achegando cada unha das Administracións a cantidade de 110.000,00 €, en dúas anualidades. En cumprimento do disposto na cláusula terceira do convenio, a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 22 de marzo de 2013, adxudicou o contrato para a execución da obra, á empresa Oreco, S.A. por importe de 284.250,46 €. Debido a dificultades xurdidas no desenvolvemento das obras, fundamentadas na planificación para o transplante de determinadas árbores afectadas, incluídos no Catálogo de Árbores Singulares de Galicia e na necesidade de compatibilizar a execución da obra coa utilización por parte dos usuarios, ampliouse o prazo de execución da mesma así como a vixencia do convenio ata o 31 de xullo de 2014. Próximo a concluír as obras, a Dirección técnica formula un proxecto modificado que ascende á contía de 28.295,70 €, o que supón un 9,95% sobre o prezo da adxudicación, polo que a cada unha das Administracións implicadas supúxolle un incremento de 9.431,90€. A Dirección da UNED propón que, para deixar esta instalación disposta adecuadamente, necesitaríanse realizar unha serie de obras non incluídas no proxecto anterior, así como a dotación de mobiliario e equipamento, que o Arquitecto Director cifra na contía de 192.203,41 €. Así se daría resposta adecuada para cubrir as necesidades do centro, con máis de 6.000 alumnos, que concentran as súas maiores actividades académicas nas épocas de exames. Para iso propón a subscrición da correspondente Addenda ó convenio. Seguindo o criterio de financiamento das obras anteriores, é dicir 33,33% por cada unha das Administracións, a cantidade a achegar por cada unha delas sería de 64.067,80 €. A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, en sesión celebrada o día 24 de xullo, prestou aprobación á Addenda do convenio para poder facer fronte á realización das novas obras por un importe de 192.203,41 €, achegando esta Deputación a cantidade de 64.067,80€. Así mesmo, a Dirección do Centro Asociado da UNED, por escrito de data 28 de xullo, ditou resolución mostrando a conformidade e decidindo efectuar o pago á Deputación da cantidade que lle corresponde para aprobar a Addenda. O Concello de Pontevedra, prestou aprobación a Addenda por acordo da Xunta de Goberno Local de data 27 de outubro de 2014, subscribíndose o convenio polas partes implicadas o día 28 de dito mes. A cláusula terceira da Addenda o convenio establecía como vixencia do mesmo ata o 31 de decembro de 2014. Agora ben, como non foi posible neste prazo levar a cabo os trámites administrativos para a redacción e aprobación do proxecto correspondente e a posterior adxudicación da obra, é necesario proceder a ampliación do mesmo modificando neste senso a cláusula de vixencia do convenio. En consecuencia, vistos estes antecedentes e tendo en conta o informe do Servizo de Contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Prestar aprobación a ampliación do prazo da Addenda ó Convenio de Colaboración entre a Universidade Nacional de Educación a Distancia, o Concello de Pontevedra e a Deputación Provincial, para levar a cabo a ampliación do edificio da Universidade Nacional de Educación a Distancia ata o 31 de decembro de 2015. 2.- Dar traslado deste acordo o Concello de Pontevedra e a Universidade Nacional de Educación a Distancia, para que procedan así mesmo a aprobación desta prórroga. 44.22953.- CORRECCIÓN DE ERRO NO ACORDO Nº24.22715 ADOPTADO NA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 24/10/2014 Conforme o establecido no artigo 105.2 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a rectificación do Acordo adoptado pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial con número 24.22715 na súa sesión ordinaria do día 24 de outubro, no que se corrixiu o acordo nº 17.22574 adoptado na sesión da Xunta de Goberno de data 26/09/2014, relativo á adxudicación das bolsas de práctica laboral da Deputación Provincial de Pontevedra en empresas do sector privado 2014, no senso que: Onde di: 3º Dende entón producíronse as seguintes incidencias: A) Renuncias dos seguintes bolseiros a participar no Plan de Práctica Laboral 2014 e que impediron que se iniciaran as prácticas segundo o establecido no anteriormente citado acordo de Xunta de Goberno: Bolseiro Empresa Alba Barbosa Pacheco Portas Hostelería, S.L.U. (El Mundo De Sepo-Cc A Barca) Laura Domínguez Suarez Oftega Ab, S.L. David Estévez Domínguez Sic, Galicia S.L.U. Lorena Fernández Martínez El Cordero Gallego, S.L. Eva Herbello Prieto Tendelaman, S.L. Sabela Magariños Maceira Clitic, S.L. Lorena Otero Padín Ice Imaginación, S.L. Sabela Pena Arca Equantia Global Business, S.L. Debe dicir: 3º Dende entón producíronse as seguintes incidencias: A) Renuncias dos seguintes bolseiros e empresas a participar no Plan de Práctica Laboral 2014 e que impediron que se iniciaran as prácticas segundo o establecido no anteriormente citado acordo de Xunta de Goberno: Renuncias Bolseiros Bolseiro Empresa Alba Barbosa Pacheco Portas Hostelería, S.L.U. (El Mundo de Sepo-Cc A Barca) Laura Domínguez Suarez Oftega Ab, S.L. David Estévez Domínguez Sic, Galicia S.L.U. Lorena Fernández Martínez El Cordero Gallego, S.L. Eva Herbello Prieto Tendelaman, S.L. Sabela Magariños Maceira Clitic, S.L. Lorena Otero Padín Ice Imaginación, S.L. Sabela Pena Arca Equantia Global Business, S.L. Renuncias Empresas Carlos Sáenz de Miera Rodríguez Sondara Solucións, S.L.N.E. 45.22954.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas e corenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición