Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2014-12-30_Ordinaria. Acta de sesión 2014/12/30_Ordinaria
Acta de sesión 2014/12/30_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.43.833/1.2014-12-30_Ordinaria
Título Acta de sesión 2014/12/30_Ordinaria
Data(s) 2014 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión. 72 follas
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día trinta de decembro do ano dous mil catorce, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Crespo Iglesias, Dna. Begoña Estévez Bernárdez, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Carlos López Campos, D. José Luis Pérez Estévez, Dna. María Pilar Ramallo Vázquez, D. Moisés Rodríguez Pérez, D. Alberto Valverde Pérez e D.Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. José María Bello Maneiro, D. Horacio Gil Expósito, D. Fernando Guitián Guitián, Dna. Marta Iglesias Bueno, D. Severino Reguera Varela, D. Alejandro Rodríguez Rodríguez e Dna. Ana Isabel Vázquez Reboredo. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.22955.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da sesión ordinaria do día 12 de decembro de 2014. 2.22956.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DAS “AXUDAS BÁSICAS DE EMERXENCIA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, ANO 2015” A Deputación de Pontevedra convoca para o ano 2015 unhas axudas básicas de emerxencia co obxectivo de apoiar os concellos da Provincia de Pontevedra de menos de 20.000 habitantes de xeito excepcional e extraordinario, para que poidan atender as demandas de urxente e puntual necesidade dos cidadáns dos seus concellos que se atopen en situación de risco ou exclusión social, con especial atención a aquelas persoas con menores ó seu cargo nesta situación. Para levar a cabo esta convocatoria os técnicos dos Servizos Sociais do Centro Príncipe Felipe elaboraron unhas bases para regular a concesión de axudas que van destinadas ós servizos sociais comunitarios municipais dos concellos de menos de 20.000 habitantes da Provincia de Pontevedra que tramitarán as axudas ós beneficiarios, persoas maiores de idade empadroadas en calquera destes concellos, que carezan de ingresos suficientes para facer fronte ós gastos polos que se solicita a axuda. A tipoloxía das axudas abarca alimentación, uso de vivenda, pago de recibos, pago de produtos de hixiene e limpeza, pago de farmacia, adquisición de electrodomésticos básicos, pago de desprazamentos e axudas de apoio á infancia que posibiliten a continuidade do menor no seu medio familiar e incidan directamente na calidade de vida dos menores. A contía das axudas establecidas para os concellos de menos de 20.000 habitantes da Provincia de Pontevedra, están determinadas para cada un en función da poboación e da porcentaxe de desemprego a respecto do total da súa poboación, ascendendo o importe global de todas as axudas a cantidade de 365.000,00 €. Resultando que con data 15 de decembro de 2014 o Sr. Secretario informa favorablemente as bases reguladoras das axudas básicas de emerxencia da Deputación de Pontevedra 2015. Resultando que con data 18 de decembro de 2014 a Xefa do Servizo de Fiscalización emite informe sobre a tramitación do expediente para aprobación das citadas bases, deixando constancia dunha serie de observacións, así como de que a aplicación orzamentaria proposta 15/232.2313.462.00, considérase correcta, quedando condicionada a existencia de crédito, por importe de 365.000,00 €, á aprobación definitiva do orzamento da Deputación de Pontevedra para o exercicio de 2015. Considerando que o órgano competente para a aprobación das bases reguladoras das axudas básicas de emerxencia da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2015, é a Xunta de Goberno, de conformidade co estipulado nas bases de execución do vixente Orzamento provincial. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar as bases reguladoras das axudas básicas de emerxencia da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2015. 2. Que a eficacia deste acordo quede condicionada a aprobación definitiva do orzamento da Deputación de Pontevedra para o exercicio de 2015 e a existencia de crédito na aplicación orzamentaria 15/232.2313.462.00, por importe de 365.000,00€, para facer fronte ás obrigas recollidas nas bases reguladoras das axudas básicas de emerxencia da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2015. Ditas bases son como seguen: “AXUDAS BÁSICAS DE EMERXENCIA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA 2015 Primeira. Obxecto e natureza: O Decreto 99/2012, de 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu cofinanciamento, establece no seu artigo 31 que as deputacións lles proporcionarán asistencia económica, técnica e xurídica ós concellos con menos de 20.000 habitantes na execución das súas competencias en materia de servizos sociais comunitarios municipais. É labor da Deputación de Pontevedra apoiar as corporacións locais da provincia que presten servizos sociais comunitarios municipais, en virtude das competencias atribuídas polo artigo 36 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, que establece a competencia propia das deputacións provinciais para a asistencia e a cooperación xurídica, económica e técnica ós concellos, especialmente ós de menor capacidade económica e de xestión, polos artigos 109.1.b da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de administración local de Galicia; 63 da Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia e 31 do citado Decreto 99/2012, de 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento. Estas axudas xorden co obxecto de lles proporcionar ós concellos de menos de 20.000 habitantes apoio económico, de maneira excepcional e extraordinaria, para poderen atender as demandas de urxente e puntual necesidade dos cidadáns do concello que se atopen en situación ou risco de exclusión social, con especial atención a aquelas persoas con menores ó seu cargo que estean nesa situación. Segunda. Destinatarios da convocatoria: Servizos sociais comunitarios municipais dos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia de Pontevedra. Terceira. Contía das axudas: Establécese unha contía máxima dispoñible para cada concello da provincia de Pontevedra de menos de 20.000 habitantes, en función da poboación e da porcentaxe de desemprego en relación ó total da súa poboación, respectando as cantidades subvencionadas na convocatoria do ano anterior. (Ver anexo I para detalle da contía máxima que corresponde a cada concello). Cuarta. Persoas usuarias beneficiarias das axudas básicas de emerxencia: Persoas maiores de idade empadroadas en calquera dos municipios de menos de 20.000 habitantes da provincia de Pontevedra, que xestionen a súa demanda a través dos servizos sociais comunitarios municipais do seu concello e que carezan de ingresos suficientes para lles facer fronte ós gastos polos que se solicita a axuda. Daráselle prioridade a cubrir as necesidades de familias con menores ó seu cargo que se atopen en situación de exclusión social ou en risco de estalo. Quinta.Tipoloxía de axudas: a. Alimentación: Destinadas á compra de alimentos, con especial atención á adquisición dos perecedoiros como complemento ás achegas de entidades de iniciativa social así como de alimentos para bebés ou persoas con dietas especiais debido a restricións alimenticias prescritas por un facultativo (celíacos, diabéticos, etc.). b. Uso da vivenda: Destinadas a posibilitar que se continúe na vivenda habitual: - Axudas para o pagamento de débedas de alugueiro que impidan o desafiuzamento. - Axudas para o pago da hipoteca, de maneira excepcional, cando a contía dunha das cotas sexa inferior a 450,00 € e a débeda non sexa maior de seis cotas. c. Pago de recibos: Destinadas a evitar a perda de subministracións básicas da vivenda e paliar situacións de empobrecemento enerxético: recibo de electricidade, gas, gasóleo ou auga. d. Pago de produtos de hixiene e limpeza: Destinados á compra de produtos básicos de uso común para a limpeza da vivenda (lixivia, líquido lavalouza e outros) así como de produtos de aseo persoal (xabón, desodorizante, produtos de hixiene feminina, etc.). e. Pago de farmacia: Destinadas ó pago de produtos farmacéuticos prescritos por un facultativo especialista e/ou polos médicos de atención primaria. A axuda será equivalente á achega do usuario. f. Adquisición de electrodomésticos básicos: Compra de electrodomésticos básicos (lavadora, quentador, cociña, frigorífico...) que a traballadora ou traballador social dos servizos sociais comunitarios básicos considere que contribúen a favorecer a inclusión social das persoas máis desfavorecidas. g. Pago de desprazamentos: Destinadas ó pagamento de desprazamentos a recursos asistenciais ou sanitarios fóra do propio concello cando sexan debidos a tratamentos, xestións ou actividades que non poidan ser levadas a cabo dentro deste. Así mesmo, realizaranse pagamentos de desprazamentos dentro do propio concello cando estes sexan motivados polas xestións ou actividades relacionadas co programa de educación familiar, servizo de axuda no fogar, ou asistencia a recursos sociais, educativos ou sanitarios do propio concello. h. Axudas de apoio á infancia: No caso de menores de idade poderáselle facer fronte a gastos non incluídos nos puntos anteriormente mencionados nesta base quinta que posibiliten a continuidade do menor no seu medio familiar. Estes gastos deberán incidir directamente na calidade de vida dos menores e ir acompañados do correspondente informe social que xustifique a súa necesidade. Sexta. Documentación, forma e prazo de solicitude para os concellos: O formulario para solicitar a participación nesta convocatoria estará a disposición dos concellos no enderezo www.depo.es. Nel deberase indicar a cantidade solicitada a este organismo provincial, atendendo ó máximo estipulado para o seu concello. Este formulario, debidamente cuberto, deberá ser asinado polo secretario do concello e presentarse no Rexistro xeral da Deputación ou en calquera das oficinas de rexistro da institución provincial que se detallan na seguinte táboa: Denominación Enderezo Horario Rexistro xeral Pazo Deputación Provincial Avda. de Montero Ríos, s/n Pontevedra De luns a venres, de 8:30 a 14:30 h e de 17:00 a 19 h Sábados, de 9 a 13 h Rexistro da Sede de Vigo Rúa Oporto, núm. 3 De luns a venres, de 9 a 14 h Rexistro do ORAL en Pontevedra Avda. de Marín, núm. 9, baixo De luns a venres, de 9 a 14 h Rexistro do ORAL en Arbo Rúa Luis Cubelas, núm. 2 Mércores, de 9 a 13:30 h Rexistro do ORAL en Bueu Eduardo Vicenti, núm. 8 Luns e xoves, de 8:30 a 14:30 h Rexistro do ORAL en Caldas de Reis Rúa José Salgado, núm. 19 De luns a venres, de 9 a 14 h Rexistro do ORAL en Cambados Rúa Ourense, núm. 8 De luns a venres, de 9 a 14 h Rexistro do ORAL en Cangas Rúa Castelao, s/n, edificio do concello De luns a venres, de 8:30 a 14:30 h Rexistro do ORAL na Cañiza Rúa Progreso, edificio dos Xulgados Martes e xoves, de 9 a 13:30 h Rexistro do ORAL en Covelo Pza. do Mestre Cerviño, núm. 2 Luns, de 9 a 13:30 h Rexistro do ORAL en Crecente Rúa Solis Ruiz , 5 Venres de 9 a 13:30h Rexistro do ORAL na comarca de Deza Pza. de Galicia, núm. 1 edificio Castro Tecnolóxico Lalín De luns a venres, de 9 a 14 h Rexistro do ORAL na comarca do Val Miñor Rúa Damas Apostólicas, núm. 1 Nigrán De luns a venres, de 9 a 14 h Rexistro do ORAL na Estrada Avda. Benito Vigo, núm. 47, baixo De luns a venres, de 9 a 14 h Rexistro do ORAL en Moaña Rúa Almansa, núm. 7 De luns a venres, de 8:30 a 14:30 h Rexistro do ORAL nas Neves Praza da Cristiandade, núm. 1 Venres, de 9 a 13:30 h Rexistro do ORAL en Ponteareas Rúa Daniel Ojea, baixo De luns a venres, de 9 a 14 h Rexistro do ORAL en Ponte Caldelas Avda. de Galicia, 17, edificio do concello Venres, de 9 a 13:30 h Rexistro do ORAL no Porriño Rúa O Pinar, núm. 5 De luns a venres, de 9 a 14 h Rexistro do ORAL no Rosal Praza do Calvario, núm. 1, edificio do concello Martes e xoves, de 9 a 14 h Rexistro do ORAL en Sanxenxo Rúa Carlos Casas, núm. 8 De luns a venres, de 9 a 14 h Rexistro do ORAL en Tomiño Praza do Seixo, s/n Primeiro e último mércores de mes, de 9 a 13:30 h Rexistro do ORAL en Tui Rúa Coruña, núm. 26 De luns a venres, de 9 a 14 h Rexistro do ORAL en Vilanova de Arousa Rúa Cruceiro, 26 De luns a venres, de 9 a 14 h Tamén poderá entregarse a través de calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO). Sétima. Instrución e resolución: A instrución do procedemento de concesión das axudas correspóndelles ós técnicos de servizos sociais, que realizarán de oficio as actuacións que estimen necesarias para a determinación, o coñecemento e a comprobación dos expedientes. Así mesmo, deberán elaborar un informe-proposta explicando e motivando a aplicación dos criterios de concesión establecidos na base terceira, que se elevará á Xunta de Goberno para a súa aprobación definitiva. Transcorridos tres meses a partir do día seguinte ó que remate o prazo de presentación da solicitude sen que os interesados obteñan unha resposta expresa, entenderase desestimada a petición. Oitava. Pagamento e xustificación: Estas axudas aboaránselles directamente ós concellos logo da súa aprobación en Xunta de Goberno. Procederase ó pagamento anticipado do 50 % da axuda provincial logo de comprobar de oficio que a entidade receptora cumpre coas obrigas tributarias coa Deputación de Pontevedra. O 50 % restante librarase tras a xustificación da execución completa do programa, integrada pola seguinte documentación: 1. Copia compulsada das facturas ou documentos análogos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo polo importe da subvención concedida. 2. Conta xustificativa dos gastos polo importe total da subvención concedida ó Concello na que se determinará o custo ou o gasto total da finalidade subvencionada, detallando as facturas ou documentos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo, na que se poña de relevo que os gastos que figuran nesta conta xustificativa se lle aplicaron á finalidade para a que foi concedida a axuda. Indicarase que o resto dos xustificantes da conta se encontran no domicilio da entidade beneficiaria a disposición da Deputación para o seu exame, tal e como se establece nas bases de execución do vixente Orzamento provincial (modelo dispoñible na páxina web www.depo.es). 3. Memoria de actividade no modelo normalizado dispoñible no enderezo www.depo.es, realizada polo traballador ou traballadora social responsable dos servizos sociais comunitarios municipais. No caso de que a contía xustificada sexa inferior ó importe solicitado e recibido procederase ó reintegro das cantidades indebidamente percibidas, de conformidade co establecido no artigo 89 do R. d. 887/2006, de 21 xullo, polo que se aproba o regulamento da Lei 38/2003 xeral de subvencións. O prazo de presentación da documentación xustificativa rematará o 27 de febreiro de 2016. Novena. Financiamento: A contía consignada para esta convocatoria ascende a 365.000,00€, con cargo á aplicación 15/232.2313.462.00 do Orzamento provincial. Decima. Vixencia: Esta convocatoria terá vixencia ata o 31 de decembro de 2015. Décimo primeira. Réxime xurídico, responsabilidade e réxime sancionador das achegas económicas previstas nesta convocatoria: Estas axudas rexeranse polo establecido nestas bases. Serán de aplicación supletoria as normas da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, así como as Bases de execución dos orzamentos da Deputación de Pontevedra para o ano 2015. As entidades beneficiarias das achegas quedarán sometidas ó establecido no Código Penal (Lei orgánica 10/1995, de 23 de novembro) e ás responsabilidades e ó réxime sancionador establecido na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. Décimo segunda. Interpretación: A interpretación e a resolución das dúbidas que puidesen xurdir resolveraas o presidente do organismo provincial, previo informe de Secretaría e de Intervención. Para o non disposto expresamente nestas bases aplicarase de xeito supletorio o establecido na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. Décimo terceira. Publicidade: Débese facer constar, en toda a publicidade que se elabore, a organización e a colaboración do organismo provincial mediante a inclusión da súa imaxe institucional, de conformidade co artigo 31 do Real decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.” “ANEXO I Axudas básicas de emerxencia 2015. Municipios de menos de 5.000 habitantes. Concello Contía máxima Agolada 5.500 € Arbo 6.000 € Barro 6.000 € Campo Lameiro 6.000 € Catoira 6.000 € Cerdedo 5.500 € Cotobade 6.000 € Covelo 5.500 € Crecente 5.500 € Cuntis 6.000 € Dozón 5.500 € Forcarei 5.500 € Fornelos de Montes 6.000 € Lama, A 5.500 € Mondariz 6.000 € Mondariz-Balneario 5.500 € Moraña 6.000 € Neves, As 6.000 € Oia 6.000 € Pazos de Borbén 7.500 € Pontecesures 6.000 € Portas 6.000 € Rodeiro 5.000 € TOTAL 134.500 € Axudas básicas de emerxencia 2015. Municipios de entre 5.001 e de 10.000 habitantes. Concello Contía máxima Cañiza, A 7.500 € Illa de Arousa, A 6.000 € Meaño 7.500 € Meis 7.500 € Ponte Caldelas 7.500 € Ribadumia 7.500 € Rosal, O 7.500 € Salceda de Caselas 7.500 € Salvaterra de Miño 7.500 € Silleda 6.000 € Soutomaior 7.500 € Valga 7.500 € Vila de Cruces 6.000 € Vilaboa 7.500 € TOTAL 100.500 € Axudas básicas de emerxencia 2015. Municipios de entre 10.001 a 15.000 habitantes. Concello Contía máxima Baiona 8.000 € Bueu 7.500 € Caldas de Reis 8.000 € Cambados 8.000 € Gondomar 8.000 € Grove, O 8.000 € Guarda, A 7.500 € Tomiño 8.000 € Vilanova de Arousa 8.000 € TOTAL 71.000 € Axudas básicas de emerxencia 2015. Municipios de entre 15.001 a 20.000 habitantes. Concello Contía máxima Moaña 8.500 € Mos 8.500 € Nigrán 8.000 € Poio 8.500 € Porriño, O 8.500 € Sanxenxo 8.500 € Tui 8.500 € TOTAL 59.000 € 3.22957.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN E APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, A COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN DE AREAS E O CONCELLO DE PONTEAREAS PARA LEVAR A CABO A OBRA DENOMINADA “CAMPO DE FÚTBOL A LOMBA (AREAS-PONTEAREAS)” Resultando que a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Areas solicitou formalmente unha subvención con destino ó financiamento do investimento “Campo de Fútbol A Lomba (Areas-Ponteareas)”; vista a solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión de subvención polo procedemento de libre disposición, e á vista dos informes do Servizo de Infraestruturas e da Intervención. E en virtude das competencias que lle confiren os artigos 35 e 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, 30 do R.d.l. 781/86, de 18 de abril, e 16.2 das Bases de execución dos Orzamentos provinciais e a restante normativa local vixente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Conceder á comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Areas con CIF núm. V36105161, a cantidade de catrocentos corenta e nove mil oitocentos noventa e dous euros con oitenta e seis euros (449.892,86€), para a realización do investimento denominado “Campo de fútbol A Lomba (Areas-Ponteareas)” cun orzamento polo mesmo importe, é dicir, de 449.892,86 €. 2. A subvención contabilizarase con cargo á aplicación 2014/922.342.658.00 do Orzamento provincial para o presente exercicio 2014. 3. Aprobar o convenio de colaboración entre Deputación Provincial, a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Areas e o Concello de Ponteareas para levar a cabo a obra denominada “Campo de fútbol a Lomba (Areas-Ponteareas)”; mediante a súa sinatura as partes contraen a obriga de dotar ó citado campo de céspede artificial así como adecuar as instalacións existentes á normativa vixente. O texto do convenio di como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL, O CONCELLO DE PONTEAREAS E A COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN DE AREAS PARA LEVAR A CABO A OBRA DENOMINADA “CAMPO DE FÚTBOL A LOMBA (AREAS-PONTEAREAS)”. En Pontevedra, ………………… REUNIDOS Dunha parte D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúe o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. Doutra D. Salvador González Solla, Alcalde-Presidente do Concello de Ponteareas, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. E doutra, Eusebio Castro Cal, Presidente da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Areas, actuando en nome e representación de dita entidade. As partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas, e EXPOÑEN I.- Que a Deputación de Pontevedra, a partir da promulgación da Lei de Cultura Física e Deportes e da Lei 11/1997, de 22 de agosto, xeral do deporte de Galicia, prestou unha especial atención a divulgación de toda clase de deportes, colaborando cos Concellos, Entidades, Asociacións e Clubes da provincia na construción de instalacións deportivas co obxecto de facilitar ós cidadáns os medios necesarios para a plena efectividade deste feito e dereito. II.- Que a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Areas manifestou o seu interese de mellorar as instalacións deportivas do Campo Vello de Fútbol de A Lomba mediante a dotación ó terreo de xogo de céspede de herba artificial, así como varias reformas nas instalacións, solicitando a estes efectos a colaboración do Concello de Ponteareas. O concello en virtude da vixente lexislación de réxime local pola que asome competencias en materia de promoción do deporte e instalacións deportivas, mostrou asemade o seu interese en colaborar na execución deste investimento. Todas estas actuacións supoñen unha inversión importante, que nestes momentos o Concello de Ponteareas non pode abordar por si só, de aí que necesite a cooperación doutras Administracións, polo que se propón a celebración dun convenio coa Deputación de Pontevedra para proceder á adecuación de esta instalación deportiva, cunha inversión estimada de 449.892,86 €. III.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. IV.-Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, é polo que instrumenta dito convenio dirixido ó cumprimento das obrigacións impostas pola normativa vixente. Pola súa banda, a Deputación busca garantir un equilibrio no territorio da provincia entre o medio rural e urbano, o interior e a costa que permita o desenvolvemento económico da totalidade do territorio e que todos os cidadáns teñan unhas óptimas condicións de vida, con independencia do seu lugar de residencia, potenciando e apoiando a prestación de servizos por parte dos nosos concellos, como Administración máis próxima ós administrados e como motor do desenvolvemento económico-social. V.- As circunstancias sobrevidas do actual contexto de crise económica xeneralizada que derivou nun cambio de escenario orzamentario, afectou a todas as administracións públicas, sen que a administración local sexa unha excepción neste sentido. Deste marco orzamentario fortemente restritivo deriva, entre outras consecuencias, a imposibilidade dalgúns concellos para afrontar os compromisos económicos que a execución das actuacións obxecto de subvención representan para as facendas municipais. VI.- En base a estes antecedentes, ámbalas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte as seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- Obxecto: O obxecto do presente convenio é articular as bases de colaboración entre a Deputación provincial de Pontevedra, o Concello de Ponteareas e a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Areas, para levar a cabo a obra denominada “Campo de fútbol A Lomba (Areas-Ponteareas)”. Segunda.- Importe: O importe ó que se refire o presente convenio estímase en catrocentos corenta e nove mil oitocentos noventa e dous euros con oitenta e seis céntimos (449.892,86€) e comprenderá todos os gastos que derivan da obra a realizar, incluídos os gastos de dirección de obra e de seguridade e saúde. O custo da redacción do proxecto deberao asumir o Concello de Ponteareas. Terceira.- Financiamento: Os investimentos necesarios para a realización das mencionadas obras serán financiados pola Deputación de Pontevedra mediante a concesión directa dunha subvención por importe de 449.892,86€ con cargo á aplicación 2014/922.342.658.00 do vixente Orzamento provincial. Cuarta.- Licitación e dirección das obras: Á Deputación de Pontevedra correspóndelle a licitación, dirección, execución e recepción das obras contempladas no proxecto técnico. Ó concello de Ponteareas correspóndelle a redacción do proxecto técnico, descritivo das actuacións a levar a cabo. Unha vez recepcionada a obra pola Deputación, realizarase un acto formal de entrega, e detallándose na acta de entrega o ben en cuestión, a súa valoración, así coma os demais aspectos que sexan necesarios. Quinta.- Obrigas do concello e da Comunidade de Montes Veciñais: O Concello de Ponteareas obrígase a: 1) Obter as correspondentes licenzas e tramitar ante outros organismos as autorizacións pertinentes que fosen precisas. 2) Levar a cabo o mantemento da infraestrutura obxecto deste convenio, tendo a asunción da dita responsabilidade desde o día seguinte ó da formalización da acta de recepción de obras. 3) Comunicarlle á Deputación de forma inmediata, a obtención doutras subvencións ou axudas para a mencionada finalidade procedentes de calquera administración pública ou ente privado nacional ou internacional, con expresión da súa contía. 4) Darlle a adecuada publicidade a este convenio, de tal xeito que quede constancia que a remodelación da infraestrutura se levou a cabo en colaboración coa Deputación de Pontevedra. 5) Asumir o custo da redacción do proxecto definitorio das actuacións a realizar nos termos previstos no artigo 123 do Real decreto lexislativo 3/2011. A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Areas obrígase a: 1) Poñer a disposición da Deputación Pontevedra os terreos e as instalacións para poder levar a cabo a execución das obras relacionadas na cláusula primeira. 2) Asumir o custo da redacción do proxecto definitorio das actuacións a realizar nos termos previstos no artigo 123 do Real Decreto Lexislativo 3/2011. 3) Comunicarlle á Deputación de forma inmediata, a obtención doutras subvencións ou axudas para a mencionada finalidade procedentes de calquera administración pública ou ente privado nacional ou internacional, con expresión da súa contía. 4) Darlle a adecuada publicidade a este convenio, de tal xeito que quede constancia que a remodelación da infraestrutura se levou a cabo en colaboración coa Deputación de Pontevedra. As partes quedan obrigadas a prestar a colaboración e facilitar canta documentación que lle sexa requirida no exercicio das funcións de control que lle corresponden á Intervención Provincial, ao Consello de Contas e ao Tribunal de Contas; así mesmo, sométense ás actuacións de supervisión e control previstas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e as demais derivadas da normativa de axudas e subvencións. Sexta.- Compatibilidade con outras subvencións: A achega económica prevista no presente instrumento será compatible con outras subvencións, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou e organismos internacionais. Porén, o importe da subvención en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, supere o custo da obra subvencionada. Sétima.- Comisión de seguimento e control: Para o seguimento e control do cumprimento do presente convenio, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constitúese unha Comisión de Coordinación da que forman parte o Presidente da Deputación, Alcalde e Presidente da Comunidade de Montes, ou persoas en quen deleguen. As súas funcións, entre outras, serán as seguintes: - Impulsar e avaliar o cumprimento deste convenio propoñendo as actuacións que se consideren precisas. - Propoñer a interpretación, no caso de dúbida, do seu contido. - Se xorden controversias na aplicación do convenio propoñerlles ás partes a súa resolución. Esta comisión reunirase dentro do prazo de tres días, a contar dende a petición expresa realizada por calquera delas. Oitava.- Vixencia do convenio: O presente convenio entrará en vigor na data da súa firma e terá vixencia ata o remate das obras obxecto do convenio, e, en todo caso fíxase un prazo máximo de execución ata o 31 de decembro de 2015. A vixencia do presente convenio poderá prorrogarse coa conformidade expresa das partes intervenientes. Novena.- Resolución: Serán causas de resolución o incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. Décima.- Normativa aplicable: - Bases reguladoras da execución do orzamento da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2014 e, no seu caso, as que se aproben para o exercicio 2015. - Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. - Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei, 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. - Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. - Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local. - Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia. - Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. - Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público. - E demais normativa de obrigado cumprimento. Así mesmo, as partes quedan sometidas á Xurisdición Contencioso-Administrativa, a falta de entendemento previo pola comisión citada na cláusula sétima, na resolución de posibles controversias que puideran suscitar o incumprimento ou interpretación do convenio. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente convenio por triplicado e a un só efecto no lugar e data salientada no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial de Pontevedra Polo Concello de Ponteareas Pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Areas Asdo.: D. Rafael Louzán Abal Asdo.: D.Salvador González Solla Asdo.: D: Eusebio Castro Cal” 4.- Facultar ó Presidente para asinar dito convenio mediante a súa sinatura. 4.22958.- RECLAMACIÓN QUE FORMULA D. JOSÉ MANUEL GIL ABALO POR PRESUNTA OCUPACIÓN DE TERREOS DA SÚA PROPIEDADE NO TERMO MUNICIPAL DE VALGA Dada conta que con data 7 de maio de 2014 (nº rex. Entrada 2014045215) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. José Manuel Gil Abalo, veciño de Padrón (A Coruña), con enderezo na rúa Tahona nº 3, 1º B, por medio da que formula reclamación pola presunta ocupación de terreos no termo municipal de Valga con motivo das obras de ampliación da estrada que vai dende a N550 e a E.P: 8501 (Estrada de S. Miguel), solicitando a cesación dos actos posesorios e a reposición das fincas da súa titularidade ó seu estado anterior. Resultando primeiro.- Con data 9 de maio de 2014 dirixíuselle escrito pola Asesoría Xurídica para que no prazo de dez días subsanara a solicitude no sentido de presentar copia adverada do seu DNI e dos títulos de propiedade das fincas obxecto de reclamación. Resultando segundo.- Con data 14 de maio de 2014 recíbese na Asesoría Xurídica informe do Servizo de Infraestruturas desta Deputación, co seguinte contido literal: “Primero.- D. Manuel Gil Abalo expone en el contenido de su escrito, dirigido al Jefe de los Servicios Administrativos de Infraestructuras de la Diputación Provincial de Pontevedra, que se ha procedido a la ocupación de parte de cuatro parcelas de su propiedad ubicadas en la E.P. 8501 Valga-Martores. Segundo.- La E.P. 8501 Valga-Martores, está incluída en el catálogo de carreteras provinciales de la Diputación de Pontevedra. Tercero.- Consultada la ingeniera de zona y girada visita de inspección al tramo de la carretera provincial de referencia, tanto el vigilante como la ingeniero de zona han podido constatar lo siguiente: *En este tramo de la E.P. 8501 Valga-Martores, se está ejecutando un proyecto de ensanche y mejora del vial que, básicamente, lleva a cabo la adaptación del tramo inicial al ensanche actual. *Como en todos los proyectos de esta naturaleza que afectan a tramos que discurren por algún concello de la provincia, con carácter previo, se trata de llegar a un acuerdo con los propietarios de las fincas que pudieran resultar afectadas, y, de no ser así, se incoa el oportuno expediente expropiatorio. *En este caso concreto, y en lo que a las parcelas propiedad de D. Manuel Gil Abalo se refiere, al no haber acuerdo previo, se están llevando a cabo los trabajos preparatorios de mediciones para proceder a su expropiación, obviamente por razones de interés general. *Las parcelas referidas como objeto de la ocupación, según la información catastral a la que tiene acceso este Servicio, no figuran como propiedad de D. Manuel Gil Abalo, salvo la que se tiene previsto como bien afectado en la expropiación mencionada. Se adjuntan las correspondientes certificaciones. *De todos modos, de la inspección realizada por el vigilante de zona, se ha podido comprobar que no ha tenido ningún tipo de ocupación, ni con la construcción de aceras en ese tramo ni con el depósito de escombro o materiales de obra. Este extremo ha sido corroborado por el jefe de obra de la empresa COVSA, adjudicataria de los trabajos de ejecución del proyecto. Cuarto.- Se adjunta al presente informe documentación gráfica aportada por el vigilante de zona donde se puede apreciar la ubicación y estado de las parcelas referidas. La Jefa de los Servicios Administrativos de Infraestructuras. Sonia Mateos Escudero. (segue rúbrica)”.-------------------------------------------------------------------- Resultando terceiro.- Con data 14 de maio de 2014 remítese pola Asesoría Xurídica oficio ó Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Valga, ós efectos de que emita informe respecto da reclamación plantexada no prazo máximo de dez días. Resultando cuarto.- Con data 16 de maio de 2014 ten entrada no Rexistro Xeral instancia de D. José Manuel Gil Abalo, á que acompaña copia cotexada de DNI e dous folios soltos de escritura de propiedade que non identifica. Resultando quinto.- Con data de rexistro de saída de 20 de maio de 2014 remítese escrito ó Sr. Gil Abalo, concedéndolle un novo prazo de cinco días para subsanación da documentación aportada. Resultando sexto.- Con data 22 de maio de 2014 comparece no Servizo de Asesoría Xurídica D. José Manuel Gil Abalo, a fin de facer entrega da documentación requerida, que se concreta en escritura de aceptación e manifestación de herdanza de data 7 de novembro de 2007, que se cotexa e se devolve ó interesado, deixando copia no expediente. Resultando sétimo.- Con data 10 de xuño de 2014 recíbese nesta Deputación escrito do Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Valga, ó que xunta informe do arquitecto técnico municipal, no que conclúe que examinados os planos parcelarios catastrais compróbase que nas parcelas que figuran a nome do Sr. Gil Abalo (36056A031000940000AD e 36056A031000980000AE) non se observan depósitos de entullos nin a súa ocupación con beirarrúas. Resultando oitavo.- Que para mellor concreción das fincas obxecto de reclamación, unha vez aportados polo interesado os documentos acreditativos de diversas propiedades que considera afectadas, con data 12 de xuño de 2014 solicítase novo informe ó Servizo de Infraestruturas. Resultando noveno.- Con data 20 de xuño de 2014 emite novo informe o Servizo de Infraestruturas, co seguinte contido literal: “PRIMEIRO.- Unha vez repasados os documentos que adxunta o propietario tan só podemos afirmar que son da súa propiedade as fincas: -Ref. catastral 36056A031000980000AE. -Ref. catastral 36056A031000940000AD. De acordo co informe técnico municipal e coa empresa que se atopa a executar as obras non nos consta que nestas fincas se depositaran escombros nin se ocuparan para cumprir co obxeto inicial do proxecto. SEGUNDO.- Non se tramitóu de momento ningún expediente de expropiación nesa estrada provincial. TERCEIRO.- En canto á finca coa Ref. catastral 8878002NH2287N0001XH non se acredita na documentación facilitada a súa titularidade. Ademais non consta que na ocupación se fora máis alá do ámbito estricto do dominio público da estrada. A Enxeñeiro de Infraestruturas, Belén Pampín Camino” (segue rúbrica).------------------- Resultando décimo.- O 24 de xuño remítese escrito pola Asesoría Xurídica ó Director do Servizo de Infraestruturas, efectuándolle precisións respecto da titularidade das propiedades do Sr. Gil Abalo e solicitando que por parte daquel Servizo se convocara reunión co interesado e a empresa adxudicataria a fin de precisar os lindeiros das fincas en cuestión, co obxecto de estimar ou desestimar a reclamación. Resultando décimo primeiro.- Con data 26 de xuño de 2014 emite informe o Servizo de Infraestruturas, co seguinte contido literal: “PRIMEIRO.- Unha vez repasados os documentos que adxunta o propietario podemos afirmar que son da súa propiedade as fincas: -Ref. Catastral 36056A031000980000AE -Ref. Catastral 36056A031000940000AD -Ref. Catastral 8878002NH2287N0001XH (en calidade de herdeiro) De acordo co informe técnico municipal e coa empresa que se atopa a executar as obras, non nos consta que nestas fincas se depositaran escombros nin se ocuparan terreos máis alá do ámbito estrito do dominio público da estrada. SEGUNDO.- Unha vez máis afirmamos que NON SE TRAMITÓU ata o de agora ningún expediente de expropiación nesa estrada provincial. Como xa se explicou ó Servizo Xurídico noutras ocasións o único expediente no que aparece D. José Manuel Gil Abalo pertence a outra das nosas estradas provinciais (EP8502 Valga-Baño), no que o propietario ó non aceptar a nosa folla de aprecio, está á espera da súa resolución por parte do Xurado de Expropiación de Galicia (achégase copia da resolución presidencial). TERCEIRO.- Fíxose un requirimento escrito por parte desta servizo dunha comparecencia coa propiedade para facer unha inspección conxunta das fincas presuntamente ocupadas, a fin de aclarar os posibles malentendidos na delimitación das parcelas. CUARTO.- Solicitarase á súa vez un informe á empresa adxudicataria da obra a fin de esclarecer o máximo os feitos acontecidos. A Enxeñeiro de Infraestruturas. Belén Pampín Camino” (segue rúbrica).------------------------------------------------------------- Resultando décimo segundo.- Xirada visita por parte do persoal técnico e da Enxeñeira do Servizo de Infraestruturas á estrada provincial 8501Valga-Martores o día 16 de xullo de 2014, con data 24 de xullo seguinte emítese novo informe por dito Servizo, co seguinte contido literal: “En contestación á solicitude de informe por parte do Servizo de Asesoría Xurídica, en referencia ó escrito presentado por D. José Manuel Gil Abalo, e tras un requerimento escrito por parte deste servizo dunha comparecencia coa propiedade para facer unha inspección conxunta das fincas presuntamente ocupadas a fin de aclarar os posibles malentendidos na delimitación das parcelas, se emite o seguinte INFORME PRIMEIRO.- Con data 16 de xullo o persoal técnico deste servizo concurre na estrada provincial EP 8501 VALGA-MARTORES co interesado, a súa avogada e máis o responsable técnico do Concello de Valga a fin de esclarecer os feitos enunciados. SEGUNDO.- Nas fincas que na relación inicial tiñamos identificado a Don José Manuel Gil Abalo como propietario: -Ref. Catastral 36056A031000980000AE -Ref. Catastral 36056A031000940000AD comprobouse que non se levou a cabo a ocupación do terreo por non ter o permiso para a mesma. Este feito claramente contradí a intencionalidade manifestada de perxudicar os seus intereses. TERCEIRO.- Na finca acreditada como súa en calidade de herdeiro: -Ref. Catastral 8878002NH2287N0001XH Existe unha discrepancia nos límites coas parcelas colindantes polo que foi requerida a documentación necesaria de todas as partes interesadas a fin de esclarecer coa maior brevidade posible a afección sobre cada un deles. CUARTO.- A cuarta finca indicada no escrito en efecto está ocupada polas obras de mellora do vial pero non se da por acreditada a súa titularidade e requeríuse ó Sr. Gil Abalo a documentación para a súa identificación. Pontevedra, 24 de xullo de 2014. A Enxeñeiro de Infraestruturas. Belén Pampín Camino” (segue rúbrica).------------------ Resultando décimo terceiro.- Mediante Nota interior o Servizo de Asesoría Xurídica solicita ó Servizo de Infraestruturas que, unha vez completadas as lagunas que presenta a superficie verdadeiramente afectada polas obras, no que se refire ós titulares das mesmas, emita informe definitivo, previo á proposta de acordo para a resolución da reclamación, establecendo como prazo máximo para a emisión de dito informe a finais do mes de setembro de 2014. Resultando décimo cuarto.- Con data 2 de outubro de 2014 emite novo informe o Servizo de Infraestruturas, co seguinte teor literal: “PRIMEIRO.- Unha vez realizada a inspección conxunta das fincas obxecto do procedemento litixioso podemos afirmar que nas fincas: -Ref. Catastral 36056A031000980000AE -Ref. Catastral 36056A031000940000AD non se depositaron escombros nin se ocuparan terreos durante a execución do proxecto en execución. SEGUNDO.- Respecto á terceira finca con referencia catastral 8878002NH2287N0001XH e unha vez o interesado se acredita como propietario en calidade de herdeiro, existen dúbidas respecto a afección sobre o terreo. É por iso que se fai un requerimento a fin de aclarar os lindes para determinar a ocupación. Unha vez recibida a documentación por parte do veciño colindante onde se acredita como titular da propiedade e definida a súa superficie, se comprobou in situ as medicións facilitadas e comprobouse que a actuación nese punto en efecto está dentro dos límites da súa finca (adxuntamos copia do documento de cesión voluntaria, a escritura de propiedade e o plano replanteado polos nosos servizos topográficos a fin de comprobar as medicións). Pontevedra 2 de outubro de 2014. A Enxeñeiro de Infraestruturas. Belén Pampín Camino” (segue rúbrica).------------------------------------ Resultando décimo quinto.- Instruído o procedemento e antes de redactar a proposta de resolución, conforme establece o artigo 84 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, comunícase ó interesado a apertura do trámite de audiencia e vista no expediente, por prazo de quince días hábiles. Resultando décimo sexto.- Solicitadas polo interesado diversas copias de documentos que integran o expediente, con data 21 de outubro de 2014 dítase Resolución Presidencial nº 2014030453 accedendo ó solicitado e, na súa consecuencia, informándolle de que debe aboar previamente a cantidade de 16,81 € en concepto de taxa por expedición de fotocopias, conforme recolle o Boletín Oficial da Provincia nº 236 de 7 de decembro de 2007, importe que foi transferido polo interesado, séndolle remitidas as fotocopias solicitadas con data 23 de outubro de 2014. Resultando décimo sétimo.- O 3 de novembro de 2014 e dentro do prazo conferido ó efecto, o Sr. Gil Abalo presenta alegacións á proposta de resolución, que son remitidas á súa vez, para o correspondente informe, ó Servizo de Infraestruturas con data 4 de novembro seguinte. Resultando décimo oitavo.- Con data 17 de novembro de 2014, nº 2014033898, dítase Resolución Presidencial ampliando o prazo de resolución, por estar pendente de recepción do informe do Servizo de Infraestruturas, sobre as alegacións presentadas polo interesado, Resolución que lle foi notificada con data 25 de novembro seguinte. Resultando décimo noveno.- O 21 de novembro de 2014 emite novo informe o Servizo de Infraestruturas, co seguinte contido: “PRIMEIRO.- Una vez realizada a inspección conxunta das fincas obxecto de procedemento litixioso podemos afirmar que nas fincas: -Ref. Catastral 36056A031000980000AE -Ref. Catastral 36056A031000940000AD non se depositaron escombros nin se ocuparan terreos durante a execución do proxecto en execución. Está previsto iniciar proximamente o expediente de expropiación para a súa ocupación. SEGUNDO.- Respecto á terceira finca con referencia catastral 8878002NH2287N0001XH e unha vez o interesado se acredita como propietario en calidade de herdeiro, podemos afirmar dúas cousas: No tramo acreditado como propietario a obra executada unha vez replanteada convenientemente in situ cos nosos servizos técnicos non ocupa en ningún caso máis alá do ámbito estrito do dominio público da estrada. Respecto á titularidade do tramo no que se executou un acceso e se prolongou a beirarrúa existente, unha vez recibida a documentación por parte do veciño colindante onde se acredita como titular da propiedade compróbase tamén in situ que a actuación nese punto só está dentro dos límites da súa finca (xa se adxuntou copia do documento de cesión voluntaria, a escritura de propiedade e o plano replanteado no informe de data 2 de outubro de 2014). Pontevedra, 21 de novembro de 2014. A Enxeñeiro de Infraestruturas. Belén Pampín Camino” (segue rúbrica).------------------------------------- Resultando vixésimo.- Con data 12 de decembro de 2012 recíbese na Asesoría Xurídica informe complementario do Servizo de Infraestruturas co seguinte contido literal: “A fin de complementar a solicitude de informe por parte do Servizo de Asesoría Xurídica de data 4 de novembro de 2014, dando traslado do escrito presentado por D. José Manuel Gil Abalo, emítese o seguinte. INFORME COMPLEMENTARIO Respecto á terceira finca indicada no anterior informe con referencia catastral 8878002NH2287N0001XH e unha vez o interesado se acredita como propietario en calidade de herdeiro (hai que sinalar que tiñamos mal contemplada a titularidade desta finca no escrito de febreiro deste mesmo ano por erros no catastro) se chega á seguinte conclusión: PRIMEIRO.- No treito acreditado lexitimamente como propietario, a obra executada, é dicir o tramo novo de beirarrúas, unha vez reprantexado convenientemente in situ cos nosos servizos técnicos non ocupa en ningún caso máis alá do ámbito estrito do dominio público. SEGUNDO.- Respecto á titularidade do tramo no que se executou un acceso e se prolongou a beirarrúa existente, reclamouse a os dous particulares a escritura de propiedade a fin de identificar a titularidade da finca. Comprobada a documentación só podemos obter a medición dunha superficie a través da escritura e o plano que remite o veciño colindante (se adxuntou copia destes documentos no informe de data 2 de outubro de 2014). Procedemos entón a reprantexar in situ a superficie reflectida neste documento e obtemos o plano que se achega CONCLUSIÓN A actuación non compromete á propiedade do interesado senon qie afecta exclusivamente ó propietario que firma a cesión voluntaria durante a execución da obra e máis a zona de dominio público. Pontevedra, 12 de decembro de 2014. A Enxeñeiro de Infraestruturas. Belén Pampín Camino”. (segue rúbrica).------------------------------------ Queda incorporado ó presente acordo o plano citado. Considerando que á vista dos informes técnicos do Servizo de Infraestruturas citados e do Concello de Valga, a reclamación formulada resulta carente de fundamento, conforme ó disposto no artigo 89.4 da Lei 30/1992, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (“En ningún caso podrá la Administración abstenerse de resolver so pretexto de silencio, oscuridad o insuficiencia de los preceptos legales aplicables al caso, aunque podrá resolver la inadmisión de las solicitudes de reconocimiento de derechos no previstos en el Ordenamiento Jurídico o manifestamente carentes de fundamento”). A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. 5.22959.- ADXUDICACIÓN DUNHA BOLSA DE PRÁCTICA LABORAL DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA EN EMPRESAS DO SECTOR PRIVADO 2014 Á ASOCIACIÓN DE JÓVENES EMPRESARIOS DE VIGO No Boletín Oficial da Provincia nº 131, de data 9 de xullo de 2014, (con corrección de erros no BOP nº 148 de data 4 de agosto do 2014) publicáronse as bases reguladoras da convocatoria de 400 bolsas de práctica laboral en empresas do sector privado da Provincia de Pontevedra destinadas a titulados universitarios e de formación profesional, segundo os casos, sen experiencia laboral previa, coa finalidade de promover e completar a súa formación en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa incorporación ó mercado laboral. Por acordo aprobado na Xunta de Goberno celebrada o 26 de setembro de 2014 adxudicáronse bolsas correspondentes ó Plan de práctica laboral en empresas do sector privado 2014, por número de expediente, titulación, candidato seleccionado e empresa de destino, con efectos de 1 de outubro de 2014 e por un período de seis meses, prorrogables por outros seis. Considerando a renuncia da empresa, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, reubicar o bolseiro nunha empresa tendo en conta as petición de titulacións das empresas da lista de reserva proposta pola comisión de avaliación elevada á Xunta de Goberno polo tempo restante de prácticas contemplados nas bases da convocatoria de empresa do Plan de práctica laboral 2014. Exp. Titulación Apelidos Nome Empresa Efectos Duración Importe P103 Licenciatura/Grao en publicidade e relacións públicas González Fernández Pablo Asociación de Jóvenes Empresarios de Vigo 01/01/2015 3 Meses Prorrogables por 6 meses 800,00€ 6.22960.- COMUNICACIÓNS: A Xunta de Goberno queda enterada de: a) Escrito do Alcalde do Concello de Poio de data 19/12/2014 (Rex. entrada núm. 2014127130 de 23 de decembro de 2014), xuntando certificación da moción do grupo municipal popular aprobada no Pleno do citado Concello do día 25/11/2014, para que inste á Xunta de Galicia a que dirixa ó Goberno de España a solicitude dunha harmonización normativa en materia catastral e urbanística e que realice negociacións para axilizar a reserva oficial do solo en polígonos industrias e emenda presentada á totalidade polos grupos municipais do BNG e PSOE. b) Escrito do Alcalde do Concello de Caldas de Reis de data 10/12/2014 (Rex. entrada núm.2014127867 de 26 de decembro de 2014), xuntando certificación da moción do grupo socialista aprobada no Pleno do citado Concello do día 28/11/2014, no que se solicita da Xunta de Galicia e da Deputación de Pontevedra a execución dun Plan provincial de impulso ó termalismo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 7.22961.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE VALGA PARA A REALIZACIÓN DO INVESTIMENTO DENOMINADO “PAVIMENTACIÓN DE APARCAMENTO E ENTORNO DO CENTRO DE DISCAPACITADOS, AUDITORIO E PISTAS KARTING”, INCLUÍDA NO PLAN URXENTE DE MANTEMENTO DE SERVIZOS E INFRAESTRUTURAS MUNICIPAIS 2014 (PUSIM/14) Resultando que o Concello de Valga solicitou formalmente unha subvención con destino ó financiamento do investimento “Pavimentación de aparcamento e entorno do centro de discapacitados, auditorio e pistas karting”; vista a solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión de subvención con cargo á cantidade reservada á Presidencia para a súa concesión directa por libre disposición no Plan urxente de mantemento de servizos e infraestruturas municipais 2014 (PUSIM/14), e á vista dos informes do Servizo de Infraestruturas e da Intervención. En virtude das competencias que lle confiren os artigos 35 e 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, e 30 do R.d.l. 781/86, de 18 de abril, da Base 16.2 das de execución dos Orzamentos provinciais e a restante normativa local vixente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó Concello de Valga con CIF. núm. P-3605600J, a cantidade de cento trece mil cincuenta e dous euros con setenta e cinco céntimos (113.052,75 €), para a realización do investimento denominado “Pavimentación de aparcamento e entorno do centro de discapacitados, auditorio e pistas karting”, cun orzamento total que ascende a 178.955,36 €, polo que o Concello colabora no seu financiamento comprometendo 65.902,61 € dos seus propios fondos; non obstante, tal e como se desprende do informe do Servizo de Intervención, dita concesión queda condicionada a que o Concello presente, no prazo de 10 días, un proxecto técnico redactado conforme ás prescricións do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público. - Esta subvención, contabilizarase con cargo á aplicación 2014/942.942.762.45 do Orzamento provincial para o presente exercicio 2014. - A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do PUSIM/14, aprobadas en acordo plenario o 28/02/2014 e publicadas no BOP núm. 44 do 5 de marzo de 2014 (dispoñibles tamén na web, www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións. - Asemade, ó abeiro da base décimo sexta do PUSIM/14, o investimento deberá estar executado e xustificado, na súa totalidade, o 31 de decembro de 2015. O incumprimento desta obriga poderá dar lugar á revogación da subvención concedida. 8.22962.- ACHEGA Ó PLAN DE PENSIÓNS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA 1º.- O artigo 20. 3 da Lei 22/2013, do 23 de decembro, de Presupostos Xerais do Estado para o ano 2014, establece que durante o exercicio 2014, as Administracións non poderán realizar achegas a plans de pensións de emprego que inclúan a cobertura da continxencia de xubilación. 2º.- Non obstante o disposto no parágrafo anterior e sempre que non se produza incremento da masa salarial da administración de referencia, poderán realizarse achegas a plans de pensións de emprego que inclúan a cobertura da continxencia de xubilación, sempre que os citados plans tivesen sido subscritos con anterioridade ó 31 de decembro de 2011. 3º.- Na execución do presuposto 2014 producíronse economías que permiten financiar achegas da Deputación de Pontevedra ó Plan de pensións sen que iso supoña un incremento da masa salarial, resultando unha cantidade total de 78.642,03 €. Este importe non supera o 0,3% da masa salarial percibida no ano 2014. 4º.- Para determinar a devandita achega distribuirase a indicada cantidade entre todos os partícipes do plan que se comprometan a efectuar unha achega de igual contía. 5º.- O importe mínimo a ingresar por cada funcionario de carreira ou laboral fixo será de 180,00 €, podendo ser maior de non se adherir a esta iniciativa todos os partícipes. 6º.- A asignación individual das achegas corresponderá ó Presidente. 7º.- As achegas dos partícipes descontaranse en nómina durante o exercicio 2015. NORMATIVA APLICABLE - Lei de Presupostos Xerais do Estado para o ano 2014. - Especificacións do Plan de Pensións da Deputación de Pontevedra, art. 27.1. Polo exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade destinar unha cantidade total de 78.642,03 € ó Plan de pensións da Deputación de Pontevedra, autorizándose ó Presidente a asignación individual da achega que corresponda segundo o número de partícipes que se somen a esta iniciativa. Dita cantidade financiarase coa incorporación do remanente de crédito que con este acordo se compromete, e imputarase ás aplicacións orzamentarias 921.211.137.00 (26.172,32 €) de persoal laboral e 921.211.127.00 (52.469,71 €) de persoal funcionario, podendo utilizarse indistintamente para un ou outro colectivo en función das solicitudes de adhesión. 9.22963.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, DA SUBMINISTRACIÓN DUN CAMIÓN CON TRACCIÓN ÁS CATRO RODAS, CAIXAS DESMONTABLES BASCULANTES E UN EQUIPO DE REGO PARA A REPARACIÓN DE FOCHAS DE 2.000 LITROS DE CAPACIDADE PARA O PARQUE DE MAQUINARIA E DECLARACIÓN DE DESERTO DO EXPTE. Nº 2014010579 A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, en sesión ordinaria celebrada o día 12 de setembro de 2014, aprobou o expediente para a “Subministración dun camión con tracción ás catro rodas, caixas desmontables basculantes e un equipo de rega para a reparación de fochas de 2.000 litros de capacidade”, con destino ó Parque de Maquinaria. O anuncio do procedemento publicouse no Boletín Oficial da Provincia número 189 de data 1 de outubro de 2014, no Perfil do Contratante e na Plataforma de contratación do Estado establecéndose un prazo de 15 días naturais dende o día seguinte á publicación no BOP, para a presentación de ofertas, dende o 2 ó 16 de outubro de 2014. En dito prazo non tivo entrada no Rexistro xeral da Deputación de Pontevedra ningunha oferta, segundo se acredita mediante escrito do funcionario encargado do rexistro. Vista a acta da reunión da Mesa de Contratación, celebrada o día 22 de outubro de 2014, na que se acorda propor a declaración de deserto do procedemento aberto convocado para a contratación do “Subministración dun camión con tracción ás catro rodas, caixas desmontables basculantes e un equipo de rega para a reparación de fochas de 2.000 litros de capacidade” con destino ó Parque de Maquinaria”. Con data 25 de novembro de 2014 a Xefa dos Servizos Administrativos de Infraestruturas solicita que se inicie un novo procedemento de contratación para a “Subministración dun camión con tracción ás catro rodas, caixas desmontables basculantes e un equipo de rega para a reparación de fochas de 2.000 litros de capacidade” con destino ó Parque de Maquinaria, remitindo un novo prego de prescricións técnicas que modifica as características técnicas do camión a fornecer. Visto o informe do Xefe do Servizo de Contratación que informa que deberá procederse ó comezo dun novo procedemento de contratación para a “Subministración dun camión con tracción ás catro rodas, caixa basculante e un equipo de rega para a reparación de fochas de 2000 litros de capacidade”, acordando de conformidade co artigo 66 da Lei 30/1992 LRJAP e PAC a conservación de todos os actos e trámites do expediente de contratación aprobado pola Xunta de Goberno o día 12 de setembro de 2014 que non tivesen variado. Considerando que a disposición adicional segunda do referido R.d.l. 3/2011, no seu apartado 1, faculta ó Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato de subministracións, e tendo en conta o disposto non artigo 185 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora da facendas locais e o establecido nas bases de execución do Orzamento provincial, concretamente na Base 16.2.a, onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para a contratación de subministracións que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Declarar deserto o procedemento aberto convocado para a contratación da “Subministración dun camión con tracción á catro rodas, caixas desmontables basculantes e un equipo de rega para a reparación de fochas de 2.000 litros de capacidade”, con destino ó Parque de Maquinaria.(nº expediente 2014010579). Aprobar o expediente de contratación para a adxudicación mediante procedemento aberto da subministración dun camión con tracción ás catro rodas, caixas desmontables basculantes e un equipo de rego para a reparación de fochas de 2.000 litros de capacidade con destino ó Parque de Maquinaria da Deputación (Nº expte. 2014021867) acordando a conservación dos actos e trámites do expediente de contratación aprobado pola Xunta de Goberno o día 12 de setembro de 2014 que non tivesen variado. O prezo de licitación estímase na seguinte cantidade: Prezo de licitación sen IVE 157.024,79 € IVE 32.975,21 € Total ive incluído 190.000,00 € - Autorizar o gasto por importe de 190.000,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 14/456.453.624.01 do vixente Orzamento provincial. - Aprobar os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas que rexerán como lei fundamental. - Iniciar o procedemento de adxudicación para a contratación, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte o da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, de conformidade co estipulado no artigo 159.2 do citado R.d.l. 3/2011. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES XERAIS QUE REXERÁN NA CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO, ABERTO DA SUBMINISTRACIÓN DUN CAMIÓN CON TRACCIÓN ÁS CATRO RODAS, CAIXAS DESMONTABLES BASCULANTES E UN EQUIPO DE REGO PARA A REPARACIÓN DE FOCHAS DE 2.000 LITROS DE CAPACIDADE DESTINADO Ó PARQUE DE MAQUINARIA - Nº EXPTE: 2014021867 1.- OBXECTO O obxecto do contrato ó que se refire o presente prego é o subministro/s descrito/s no/s apartado/s 1 do/s anexo/s I, nos que se recollen as necesidades administrativas a satisfacer mediante o contrato, describindo as características do/s subministro/s e a forma de levar a cabo a prestación por parte do adxudicatario. No caso de que o procedemento aberto se divida por lotes haberá un anexo I por cada uns dos lotes. Para o dito contrato contemplouse na súa elaboración os preceptos do Libro II do RXLCAP. O prego de prescricións técnicas particulares e o prego de cláusulas administrativas particulares revestirán carácter contractual. Se o contrato está dividido en lotes os licitadores poderán optar a un lote, a varios ou a todos eles, salvo que se estableza un número máximo de lotes por licitador, para o que se seguirá o estipulado no apartado 1 do Anexo I deste prego. 2.- FINANCIAMENTO E ORZAMENTO DE LICITACIÓN Este contrato será financiado do modo que se establece no apartado 3 do Anexo I e distribuído nas anualidades previstas. O orzamento base de licitación do contrato ascende á cantidade expresada no apartado 1 do Anexo I do presente prego, incluíndo na dita contía todos os factores de valoración e gastos que, segundo os documentos contractuais e a lexislación vixente, son por conta do adxudicatario ó igual cós tributos de calquera índole. En calquera caso, indicarase como partida independente o importe do Imposto sobre o Valor Engadido (IVE). As proposicións que se presenten no caso de superar o orzamento base de licitación serán descartadas automaticamente. 3.- RÉXIME XURÍDICO En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións estarase ó disposto en canto á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, polo R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP) e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 4.- PROCEDEMENTO O contrato adxudicarase por procedemento aberto e levarase a cabo atendendo a un único criterio de valoración -prezo- ou ben a unha pluralidade de criterios, segundo o disposto no apartado 3 do Anexo I deste prego e en aplicación do artigo 150 do TRLCSP, conforme ós termos e requisitos establecidos no citado texto legal. 5.- PERFIL DO CONTRATANTE Co fin de asegurar a transparencia e ou acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola TRLCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depo.es),o seu perfil de contratante. Neste perfil publicaranse todas as noticias, avisos e documentación relativos a este contrato. Calquera dúbida existente a cerca dos pregos que rexen esta contratación será dirixida e resolta a través da dirección de correo electrónico contratacion@depo.es. 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas españolas ou estranxeiras que teñan plena capacidade de obrar e que acrediten a correspondente clasificación e solvencia técnica que se dispoña no apartado 2 do Anexo I, nos termos dispostos no artigo 77 do TRLCSP, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que se contemplan no art. 60 da mencionada norma. Para os efectos da licitación os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e as circunstancias que a constitúan e a participación de cada un, así como a asunción do compromiso de se constituír formalmente en unión temporal no caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios coincidirá coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan para o efecto (sen que sexa necesaria a súa formalización en escrituras públicas ata que se formalice a adxudicación); as ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela a un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que se deriven do contrato ata a súa extinción, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobros e pagamentos dunha contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto realizar actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispor dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- PRAZO DE EXECUCIÓN O prazo total de vixencia do contrato e os parciais , no seu caso,e e o lugar de entrega dos bens obxecto de subministro figuran no apartado 1 Anexo I. O contrato poderá prever unha o varias prórrogas sempre que as súas características permanezan inalterables durante o período de duración destas e que a concorrencia para a súa adxudicación sexa realizada tendo en conta a duración máxima do contrato, incluídos os períodos de prórroga. A prórroga acordarase polo órgano de contratación e será obrigatoria para o empresario, salvo que o contrato expresamente prevea o contrario, sen que poida producirse polo consentimento tácito das partes. 8.- INCUMPRIMENTO DO PRAZO Unha vez cumprido o prazo o contratista incorre automaticamente en demora, podendo a Administración optar entre a imposición de penalidades ou a resolución do contrato no caso de que as penalidades alcancen o 5% do prezo do contrato. Os importes destas penalidades faranse efectivos mediante a súa dedución na facturación que se produza ou de ser o caso da garantía, e sen que as súas aplicacións e pagamentos exclúan a indemnización á que a Administración poida ter dereito por danos e perdas ocasionadas polo retraso imputable ó contratista. 9.- GARANTÍA DEFINITIVA O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas nos artigos 95 e 96 do TRLCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos dez días hábiles seguintes, contados dende o seguinte ó da recepción do correspondente requirimento. En caso de incumprir este requirimento no prazo sinalado entenderase que o licitador retirou a súa oferta, procedéndose, nese caso, a solicitarlle a mesma documentación ó licitador seguinte, pola orde en que quedasen clasificadas as ofertas. A garantía definitiva ingresarase exclusivamente na Caixa da Deputación. 10.-PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS, LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN, FORMALIDADES E DOCUMENTACIÓN 10.1. Lugar e prazo de presentación: As proposicións presentaranse no Rexistro xeral da Deputación, (sede de Pontevedra en horario de 8:30 a 14:30 horas e de 17:00 a 19:00 horas de luns a venres e sábados de 9:00 a 13:00 horas; ou na sede da Deputación en Vigo de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas) dentro dun prazo de quince días, a contar dende o día seguinte á publicación do anuncio no BOP. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte a este. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos nos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados o empresario deberá xustificar a data e a hora da imposición do envío e anunciarlle ó órgano de Contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico (contratacion@depo.es), ou tamén mediante télex, fax (núm.986804126) ou telegrama, sempre no mesmo día. 10.2. Formalidades: Os contratistas interesados na licitación deberán presentar tres sobres distintos, nos que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: - Sobre (A, B ou C). Poñer a letra en función do sobre correspondente. - Subministro núm. … (especificar o número do lote ó que se licita no caso de que o procedemento se divida en lotes). - Núm. de expediente (no caso de que se coñeza). - Denominación do contrato. - Nome do licitador. - CIF. - Enderezo, correo electrónico e teléfono de contacto. - Número de inscrición no rexistro de contratistas (se é o caso). A documentación a incluír en ditos sobres detállase no apartado IV do anexo I do presente prego. 11.- MESA DE CONTRATACIÓN Estará integrada da seguinte maneira: Presidente: -O titular da corporación ou membro en quen delegue. Vogais: -O Secretario xeral. -O Interventor. -O xefe do servizo responsable do contrato. Secretario: -O Xefe do servizo de Contratación. 12.- APERTURA DE PROPOSICIÓNS E CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións constituirase a Mesa de Contratación e procederase á cualificación da documentación achegada polos licitadores. No caso de que se precise emendar erros ou omisións na documentación, a Mesa de Contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente a Mesa, ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó día no que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, nun acto público, sinalará as que cualificasen como inadmitidas e admitidas e procederá á apertura do sobre B, correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009 no que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Dita documentación trasladaráselles ós técnicos que se considere oportuno, os cales a avaliarán e ponderarán seguindo os criterios de valoración establecidos no apartado 3 do Anexo I. Unha vez avaliada esta documentación técnica sinalaranse no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra a data e a hora na que se procederá, nun acto público, á apertura do sobre C da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas. Neste acto darase a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos sobres C daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os puntos indicados no apartado 3 do Anexo I. Para a valoración das cifras ou valores do sobre C aplícanse os criterios establecidos no apartado 3 do Anexo I. Unha vez aplicados estes criterios, clasifícanse as propostas en orde decrecente de valoración e propoñeránselle ó órgano de Contratación a adxudicación a favor do licitador que conteña a oferta economicamente máis vantaxosa. Cando a Mesa de Contratación presuma fundadamente que a proposición non se poida cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas, de conformidade co criterio establecido no Anexo III, daráselle audiencia ó contratista, por un prazo máximo de cinco días hábiles, para que xustifique a valoración da oferta e precise as condicións desta, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, ás solucións técnicas adoptadas e ás condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, á orixinalidade das prestacións propostas, ó respecto das disposicións relativas á protección do emprego e ás condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia realizar a prestación, ou a posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou prazos de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de Contratación, considerando a xustificación efectuada polo licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación a favor da seguinte proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde en que fosen clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. 13.- REQUIRIMENTO O órgano de Contratación, unha vez avaliadas as propostas, para cuxo efecto poderá solicitar cantos informes técnicos estime pertinentes, clasificaraas por orde decrecente e requirirá á empresa coa oferta mais vantaxosa para que, dentro do prazo de dez días hábiles, presente a seguinte documentación: 13.1.- Documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos previos: De conformidade co disposto no TRLCSP (modificada pola Lei 14/2013, de 27 de setembro, de apoio ó emprendedor) deberá presentarse a seguinte documentación: 1. A capacidade de obrar dos empresarios que fosen persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, no seu caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose esixible segundo a lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que consten as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, no seu caso, no correspondente rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de estados membros da Comunidade Europea deberán acreditar a súa inscrición nos rexistros ou achegar as certificacións descritas no artigo 9 do Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (RXLCAP). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar cun informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, no que se faga constar, previa acreditación por parte da empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou na súa falta, que actúan habitualmente no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (RXLCAP). Se é persoa física o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador deberá achegarse o documento que acredite a personalidade deste representante (DNI para españois; pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastanteado en Dereito ó seu favor, debidamente inscrito no rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas administracións públicas. No caso de concorreren á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade indicando os nomes e as circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas designando a persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ha de desempeñar a representación da unión temporal ante a Administración. 2. Poder debidamente bastanteado: Os que comparezan ou asinen proposicións en nome doutro ou representen a unha persoa xurídica deberán presentar tamén unha escritura de poder debidamente bastanteado por un fedatario público. 3. Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica: Os licitadores deberán acreditar a súa solvencia económica, financeira e técnica nos termos e polos medios que se especifiquen no anuncio de licitación e que se relacionan no apartado 2 do Anexo I deste prego. No mesmo apartado especifícanse os requisitos mínimos de solvencia en función dos medios de acreditación da solvencia económica, financeira e técnica. Para a determinación da solvencia das unións temporais de empresarios acumularanse as características acreditadas por cada un dos seus integrantes. Os licitadores poderán acreditar a súa solvencia baseándose na solvencia e medios doutras entidades, independentemente da natureza xurídica dos vínculos que teña con elas, sempre que demostre que para a execución do contrato dispón efectivamente deses medios. 13.2.- Documentación necesaria para a adxudicación do contrato. O licitador coa oferta economicamente máis vantaxosa deberá presentar a seguinte documentación, de conformidade co disposto no artigo 151.2 do TRLCSP: 1) Certificación positiva expedida pola Tesourería da Seguridade Social, ó amparo dos artigos 14 e 15 do RXLCAP, que acredite que se atopa ó corrente no cumprimento das súas obrigas coa Seguridade Social. 2) Certificación positiva expedida pola Axencia Estatal da Administración Tributaria ó amparo dos artigos 13 e 15 do RXLCAP, que acredite que se atopa ó corrente do pagos das súas obrigas tributarias. 3) Orixinal ou copia compulsada da alta no Imposto de Actividades Económicas no epígrafe correspondente ó obxecto do contrato, referida ó exercicio corrente, ou o último recibo acompañado dunha declaración responsable de non terse dado de baixa na matrícula do citado imposto. 4) Documentación acreditativa da efectiva disposición dos medios persoais e materiais que se comprometeu a adscribir a execución do contrato. 5) Deberá indicarse a parte do contrato que teñan previsto subcontratar, sinalando a súa porcentaxe con respecto á totalidade do contrato, e o nome ou o perfil empresarial. 6) Documento que acredite a constitución da garantía definitiva. 7) Documento acreditativo do pagamento dos anuncios. 14.- ADXUDICACIÓN O órgano de Contratación terá alternativamente a facultade de adxudicar o contrato á proposición máis vantaxosa no seu conxunto, se se atende a unha pluralidade de criterios, ou á proposición que incorpore o prezo máis baixo, cando este sexa o único criterio para considerar. A adxudicación acordarase en resolución motivada no prazo máximo de dous meses, a contar dende a apertura das proposicións, cando para a adxudicación do contrato deba terse en conta unha pluralidade de criterios; e no prazo máximo de quince días, contando dende a apertura das proposicións, cando o único criterio de valoración sexa o prezo. Estes prazos ampliaranse en quince días hábiles no caso de que haxa que seguir os trámites sinalados nos artigos 152.3 do TRLCSP e 22 f) do R.d. 817/2009, para as proposicións desproporcionadas ou anormalmente baixas. A adxudicación notificaráselles ós licitadores e, simultaneamente, publicarase no perfil do contratante do órgano de Contratación, indicándose o prazo en que debe procederse á súa formalización. O órgano de Contratación poderá declarar deserta a licitación, a proposta da Mesa de Contratación, cando non exista ningunha oferta ou proposición que sexa admisible de acordo cos criterios que figuran no prego. 15.- SUBCONTRATACIÓN O contratista poderá concertar con terceiros a realización parcial do contrato, que quedarán sometidos ó cumprimento dos requisitos establecidos no apartado 2 do artigo 227 do TRLCSP. Deberase indicar na oferta a parte que teñan previsto subcontratar, sinalando o seu importe e porcentaxe con respecto á totalidade de subministracións e o nome ou o perfil empresarial, definido por referencia ás condicións de solvencia profesional ou técnica, dos subcontratistas ós que se lles vaia encomendar a súa realización. A infracción destas condicións así como a falta de acreditación da aptitude do subcontratista ou das circunstancias determinantes da situación de emerxencia ou das que fan urxente a subcontratación poderá dar lugar, en todo caso, á imposición ó contratista dunha penalidade de ata un 50% do importe do subcontrato. Os subcontratistas non terán en ningún caso acción directa fronte á administración contratante polas obrigas contraídas con eles polo contratista como consecuencia da execución do contrato principal e dos subcontratos. O contratista deberá informar os representantes dos traballadores da subcontratación, de acordo coa lexislación laboral. En todo caso no proceso de subcontratación deberán cumprirse as normas xerais sobre subcontratación establecidas na Lei 32/2006, de 18 de outubro, reguladora da subcontratación no sector da construción e as súas normas de desenvolvemento, cuxas infraccións, segundo o indicado no seu artigo 11, serán sancionadas con arranxo ó disposto no texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado por Real decreto lexislativo 5/2000, de 4 de agosto. 16.- REGRAS ESPECIAIS RESPECTO DO PERSOAL LABORAL DA EMPRESA CONTRATISTA 1.- Corresponde exclusivamente á empresa contratista a selección do persoal que, reunindo os requisitos de titulación e experiencia esixidos nos pregos, formará parte do equipo de traballo adscrito á execución do contrato, sen prexuízo da verificación por parte da “entidade contratante” do cumprimento daqueles requisitos. A empresa contratista procurará que exista estabilidade no equipo de traballo, e que as variacións na súa composición sexan puntuais e obedezan a razóns xustificadas, en orde a non alterar o bo funcionamento do servizo informando en todo momento á “entidade contratante”. 2.- A empresa contratista asume a obrigación de exercer de modo real, efectivo e continuo, sobre o persoal integrante do equipo de traballo encargado da execución do contrato, o poder de dirección inherente a todo empresario. En particular, asumirá a negociación e pagamento dos salarios, a concesión de permisos, licenzas e vacacións, as substitucións dos traballadores en casos de baixa ou ausencia, as obrigacións legais en materia de Seguridade Social, incluído o abono de cotizacións e o pagamento de prestacións, cando cumpra, as obrigacións legais en materia de prevención de riscos laborais, o exercicio da potestade disciplinaria, así como cuantos dereitos e obrigacións derívense da relación contractual entre empregado e empregador. 3.- A empresa contratista velará especialmente porque os traballadores adscritos á execución do contrato desenvolver a súa actividade sen extralimitarse nas funcións desempeñadas respecto da actividade delimitada nos pregos como obxecto do contrato. 4.- A empresa contratista estará obrigada a executar o contrato nas súas propias dependencias ou instalacións salvo que, excepcionalmente, sexa autorizada a prestar os seus servizos nas dependencias dos entes, organismos e entidades que forman parte do sector público. Neste caso, o persoal da empresa contratista ocupará espazos de traballo diferenciados do que ocupan os empregados públicos. Corresponde tamén á empresa contratista velar polo cumprimento desta obrigación. No prego deberá facerse constar motivadamente a necesidade de que, para a execución do contrato, os servizos préstense nas dependencias dos Departamentos, axencias, entes, organismos e entidades que forman parte do sector público. 5.- A empresa contratista deberá designar polo menos un coordinador técnico ou responsable, integrado no seu propio persoal, que terá entre as súas obrigacións as seguintes: a) Actuar como interlocutor da empresa contratista fronte á “entidade contratante”, canalizando a comunicación entre a empresa contratista e o persoal integrante do equipo de traballo adscrito ó contrato, dun lado, e a “entidade contratante”, doutro lado, en todo o relativo ás cuestións derivadas da execución do contrato. b) Distribuír o traballo entre o persoal encargado da execución do contrato, e impartir ós ditos traballadores as ordes e instrucións de traballo que sexan necesarias en relación coa prestación do servizo contratado. c) Supervisar o correcto desempeño por parte do persoal integrante do equipo de traballo das funcións que teñen encomendadas, así como controlar a asistencia do dito persoal ó posto de traballo. d) Organizar o réxime de vacacións do persoal adscrito á execución do contrato, debendo para ese efecto coordinarse adecuadamente a empresa contratista coa “entidade contratante”, a efectos de non alterar o bo funcionamento do servizo. e) Informar á “entidade contratante” acerca das variacións, ocasionais ou permanentes, na composición do equipo de traballo adscrito á execución do contrato. 17.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato nun documento administrativo dentro do prazo de quince días hábiles, a contar dende o día seguinte á notificación da adxudicación, constituíndo o dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo ó seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a súa resolución. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa formalización previa. 18.- OBRIGAS DO CONTRATISTA O contratista deberá dar cumprimento ás obrigas derivadas das disposicións vixentes en materia de protección do emprego, condicións de traballo e prevención de riscos laborais segundo a lexislación competente nesa materia. 19.- GASTOS ESIXIBLES Os gastos que orixine a publicación dos anuncios de licitación no presente contrato, tanto nos correspondentes boletíns oficiais coma, no seu caso, na prensa, serán por conta do adxudicatario do contrato, sen que se lle poida imputar á administración contratante ningún pago por tal concepto e sen que estes gastos superen os 2.000,00 €. 20.- PERFIL DO CONTRATANTE Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola TRLCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá a través de Internet (www.depo.es) o seu perfil de contratante. 21.- RESPONSABLE DO CONTRATO A Deputación poderá designar a un responsable do contrato vinculado a esta institución ó que lle corresponderá supervisar a súa execución, adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. A designación ou non do responsable non eximirá o contratista da correcta execución obxecto do contrato, salvo que as deficiencias sexan debidas á orde directa do responsable designado, con expresa reserva escrita por parte do contratista, tanto o propio responsable coma o órgano de Contratación. 22.- OUTROS GASTOS ESIXIBLES Salvo pacto contrario, os gastos da entrega e transporte dos bens obxecto do subministro o lugar convido serán por conta do contratistas. Se os bens non se atopan en estado de ser recibidos, farase constar así na acta de recepción e se darán as instrucións precisas o contratista para que emende os defectos observados ou proceda a un novo subministro de conformidade co pactado. 23.- EXECUCIÓN DA SUBMINISTRACIÓN E RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA O contrato executarase con suxeición ó establecido nas súas cláusulas e nos pregos de acordo coas instrucións que para a súa interpretación lle dese o contratista ó órgano de Contratación. O contratista está obrigado a entregar os bens obxecto do subministro no tempo e lugar fixados no contrato e de coas prescricións técnicas e cláusulas administrativas. Calquera que sexa o tipo de subministro, o adxudicatario no terá dereito a indemnización por causa de perdas, avarías ou prexuízos ocasionados nos bens antes da súa entrega á Administración, salvo que esta houbera incorrido en mora ó recibilos. Cando o acto formal da recepción dos bens, de acordo coas condicións do prego sexa posterior a súa entrega, a Administración será responsable da custodia dos mesmos durante o tempo que medie entre unha e outra. Recibidos pola Administración bens ou produtos perecedoiros, será esta responsable da súa xestión, uso ou caducidade, sen prexuízo da responsabilidade do subministrador polos vicios ou defectos ocultos dos mesmos. EXECUCIÓN DEFECTUOSA E DEMORA O contratista está obrigado a cumprir o contrato dentro do prazo fixado para a súa realización, así como os prazos parciais sinalados para a súa execución sucesiva. Se as subministracións sufrisen un atraso na súa recepción, e sempre que este non fose imputable ó contratista e este ofrecese cumprir os seus compromisos, concederase polo órgano de Contratación un prazo que será, polo menos, igual ó tempo perdido, a non ser que o contratista pedise outro menor, de acordo co establecido no artigo 213.2 do TRLCSP, regulándose a súa petición polo establecido no artigo 100 do RXLCAP. A petición de prórroga por parte do contratista deberá ter lugar nun prazo máximo de quince días dende aquel en que se produza a causa orixinaria do atraso, alegando as razóns polas que estime que non lle é imputable e sinalando o tempo probable da súa duración, ós efectos de que a Administración poida oportunamente, e sempre antes de que remate o prazo de execución do contrato, resolver sobre a prórroga deste, sen prexuízo de que unha vez desaparecida a causa reaxuste o prazo prorrogado ó tempo realmente perdido. Cando o contratista, por causas imputables a el, incorrese en demora respecto ó cumprimento do prazo total, a administración poderá optar, indistintamente, pola resolución do contrato ou pola imposición de penalidades que figuran no presente prego. Cada vez que as penalidades por demora alcancen un múltiplo do 5% do prezo do contrato o órgano de Contratación estará facultado para proceder á súa resolución ou acordar a continuidade da súa execución con imposición de novas penalidades. Neste último suposto o órgano de Contratación concederá a ampliación do prazo que estime necesaria para a terminación do contrato. Así mesmo, a Administración terá as mesmas prerrogativas cando a demora no cumprimento dos prazos parciais faga presumir razoablemente a imposibilidade do cumprimento do prazo total. A aplicación e o pagamento destas penalidades non exclúen a indemnización a que a administración poida ter dereito por danos e perdas ocasionados con motivo do atraso imputable ó contratista. 24.- GARANTÍA DAS SUBMINISTRACIÓNS O prazo de garantía comezará a contar dende a data de recepción dos bens subministrados. A garantía definitiva responderá dos seguintes conceptos: a) Das penalidades impostas o contratista conforme o artigo 212 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público. b) Da correcta execución das prestacións contempladas no contrato, dos gastos orixinados á Administración pola demora do contratista no cumprimento das súas obrigas e dos danos e prexuízos ocasionados á esta institución con motivo da execución do contrato ou polo seu incumprimento, cando non proceda a súa resolución. c) Da incautación que poida decretarse nos casos de resolución do contrato, de acordo co establecido no citado Real decreto lexislativo. Así mesmo, se durante o prazo de garantía se acreditase a existencia de vicios ou defectos nos bens subministrados, a Administración terá dereito a reclamar ó contratista a reposición dos que resulten inadecuados ou a súa reparación se fose suficiente. Durante este prazo de garantía o contratista terá dereito a coñecer e ser oído sobre a aplicación dos bens subministrados. Se o órgano de Contratación estimase, durante o prazo de garantía, que os bens subministrados non son aptos para o fin pretendido, como consecuencia dos vicios ou defectos observados neles e imputables ó contratista e exista presunción de que a reposición ou reparación de ditos bens non será suficiente para lograr aquel fin, poderá antes de expirar o prazo rexeitar os bens deixándoos por conta do contratista e quedando exento da obriga de pagamento ou tendo dereito, no seu caso, á recuperación do prezo satisfeito. 25.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN A documentación incluída no sobre A dos licitadores que non resultasen adxudicatarios poderá ser retirada por eles previo, aviso ó Servizo de Contratación mediante escrito ordinario ou a través do correo electrónico contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados dende o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores e durante o prazo de 30 días naturais, salvo que a Administración considere oportuno retela no suposto que teñan interposto reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorridos os prazos anteriormente mencionados esta administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 26.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts., 223 e 299 do TRLCSP. 27.- XURISDICIÓN COMPETENTE As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato serán resoltas polo órgano de Contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contenciosa administrativa, a teor do disposto na lei reguladora da dita xurisdición.” Ditos anexos son como seguen: “ANEXO I 1.- DEFINICIÓN E CARACTERÍSTICAS DO CONTRATO 1.1.- DEFINICIÓN OBXECTO DO CONTRATO. Subministración dun camión con tracción as catro rodas, caixas desmontables basculantes e un equipo de rego para bacheo de 2.000 litros de capacidade con destino o Parque de Maquinaria da Deputación para a realización do mantemento e conservación de estradas provinciais. 1.2.- PROCEDEMENTO División en lotes: non. Cualificación contrato: subministro. CPV: 34144400 (Vehículos para o mantemento de estradas). Trámite: ordinario. Procedemento: aberto. Órgano de Contratación: Xunta de Goberno. Prazo de presentación de ofertas: 15 días naturais (artigo 159.2 do R.d.l. 3/2011) a contar dende o día seguinte á publicación do anuncio no BOP. 1.3 TIPO DE LICITACIÓN, ORZAMENTO MÁXIMO ESTIMADO DO CONTRATO E FINANCIACIÓN A) TIPO DE LICITACIÓN: Formulación do prezo: Prezo tanto alzado Importe sen IVE: 157.024,79 € IVE (21%): 32.975,21 € Total con IVE: 190.000,00 € B) FINANCIAMENTO: cadro de financiamento: Anualidade Aplicación orzamentaria Importe 2014 2014.456.453.624.01 190.000,00 € Revisión de prezos: non procede. 1.4.- PRAZO E LUGAR DE ENTREGA A entrega efectuarase no prazo máximo de 1 mes, contado a partir da sinatura do contrato de subministro, e efectuarase no lugar que dispoña a Deputación de Pontevedra. Os gastos de matriculación e da rotulación que dispoña a Deputación de Pontevedra así como os gastos necesarios para a súa posta en funcionamento serán a cargo da empresa adxudicataria. 1.5.- RÉXIME DE PAGAMENTOS Os pagos á empresa adxudicataria realizaranse contra a presentación das correspondentes facturas, conforme o prezo convido e efectuarase unha vez recibido o subministro e presentada a conformidade por esta Deputación Provincial. 1.6.-GARANTÍAS Provisional: non procede. Definitiva: 5% do importe de adxudicación do contrato (IVE excluído). Prazo de garantía mínimo: O adxudicatario deberá garantir ó menos por dous anos o produto derivado da presente contratación, contando dende a entrega do produto, obrigándose a realizar durante este período os cambios precisos para solucionar as deficiencias detectadas que sexan imputables o adxudicatario. 1.7.-PENALIZACIÓNS No suposto de incumprimento dos compromisos ou das condicións especiais de execución do contrato ofertados polo contratista se aplicará o disposto no artigo 212 do TRLCSP. 2.- SOLVENCIA ECONÓMICA, FINANCIEIRA E TÉCNICA (Documentación a presentar na fase de requirimento, segundo figura na cláusula 13.1 do prego económico administrativo). Clasificación: non se esixe. Acreditación da solvencia económica, financeira e técnica. A) Solvencia económica e financeira: Deberase acreditar unha cifra media de negocio dos traballos realizados pola empresa nos últimos tres anos, igual ou superior á do orzamento total do contrato, IVE incluído. Documentación a presentar: a) No caso de Entidades con personalidade xurídica propia (sociedades mercantís): - Contas Anuais (Conta de Perdas e Ganancias) dos tres últimos anos presentadas no Rexistro Mercantil ou no Rexistro oficial que corresponda, e/ou os modelos 200 (Declaración-liquidación do Imposto sobre Sociedades) dos tres últimos anos. b) No caso de Titulares de actividades económicas no ámbito do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF): b.1) Empresarios e profesionais con tributación del IRPF mediante o método de estimación directa normal ou simplificada: - Libro rexistro de vendas e ingresos dos tres últimos anos. (Debendo estar debidamente legalizados para aqueles que teñan dita obriga). - Modelo 390 (Declaración resumen anual IVE) dos tres últimos anos e/ou modelo 100 (Documento de ingreso ou devolución da declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas) dos tres últimos anos. b.2) Empresarios e profesionais con tributación do IRPF mediante o método de estimación obxectiva: - Libro rexistro de vendas e ingresos dos tres últimos anos e/ou modelo 100 (Documento de ingreso ou devolución da declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas) dos últimos tres anos. - Declaración responsable asinada polo representante legal que acredite que o libro de rexistro de vendas e ingresos reflicte a imaxe fiel da actividade económica da empresa. En caso de non dispor do libro de rexistro de vendas e ingresos, a declaración debe acreditar que o rendemento neto da actividade reflicte a imaxe fiel da actividade económica da empresa. B) Solvencia técnica: - Relación dos principais subministracións realizados no curso dos tres últimos anos relacionados co obxecto do contrato; nestes certificados indicaranse o importe, as datas e o destinatario, público ou privado, das ditas subministracións, e precisarase se se realizaron segundo as regras polas que se rexe a profesión e se levaron normalmente a bo termo. As subministracións efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados por un único órgano competente cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou, por este, a falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario; no seu caso estes certificados comunicarallo directamente ó órgano de Contratación a autoridade competente. O importe total destes contratos xustificados deberá ser igual ou superior ó orzamento deste contrato, IVE incluído. 3.- CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO Pluralidade de criterios: si Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: Criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre B): máximo 49 puntos: • Características técnicas e funcionais, ata un máximo de 34 puntos. • Asistencia técnica e mantemento postvenda, ata un máximo de 10 puntos. • Outras melloras, ata un máximo de 5 puntos. • Características técnicas e funcionais, ata un máximo de 34 puntos: Valorarase a mellora das características técnicas e funcionais respecto ás esixidas no prego, valorando aquel subministro que cumprindo as condicións esixidas no prego de prescricións técnicas, engada ademais algunha mellora a este. Tamén se valorará a calidade dos materiais e o deseño. • Asistencia técnica e mantemento postvenda, ata un máximo de 10 puntos: Valorarase a calidade e cercanía da asistencia técnica ó lugar de entrega das subministracións, que sexa prestada directamente pola empresa adxudicataria e que conte con taller oficial propio. Valorarase tamén o tempo que a empresa garanta a existencia de recambios. • Outras melloras, ata un máximo de 5 puntos: Valorarase que a empresa oferte sen custe todo tipo de accesorios, ferramentas e repostos en xeral a maiores dos establecidos nos pregos. Nota moi importante: na documentación que se presente no sobre “B” non se poderá incluír ningún dato que permita intuír a proposta económica ofertada polo licitador. Toda referencia económica relacionada coa subministración ou relativa ós criterios de valoración automática presentarase única e exclusivamente no sobre “C”. O incumprimento deste precepto carrexará a exclusión da oferta no proceso de licitación. Criterios de valoración automática (Sobre C): máximo 51 puntos. Nota importante: só se procederá á apertura e valoración das propostas do sobre “C” daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 30 puntos. Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 51 puntos de conformidade cos seguintes criterios: • Menor prezo ofertado, ata un máximo de 41puntos. • Maior prazo de garantía sobre o mínimo esixido, ata un máximo de 10 puntos. (O prazo mínimo esixido é de dous anos). Estes criterios valoraranse en función da fórmula establecida no anexo III. Entenderase por ofertas admitidas todas aquelas que non quedaran excluídas unha vez realizados o exame da documentación administrativa contida no sobre “A”, e a análise técnica da documentación contida no sobre “B”. 4.- DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR SOBRE A: DOCUMENTACIÓN ADMINISTRATIVA Este sobre conterá os seguintes documentos: 1) Unha relación de todos os documentos incluídos neste sobre. 2) Declaración responsable subscrita pola persoa que asine a proposición, de acordo co modelo que se adxunta no Anexo II. 3) Compromiso do licitador de dedicar ou adscribir ó contrato os medios persoais e materiais suficientes necesarios para a debida execución do mesmo, ós que se refire o artigo 64.2 do TRLCSP. Sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación do contrato. 4) As empresas estranxeiras presentarán unha declaración de someterse a xurisdición dos xulgados e tribunais españois de calquera orden, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto poidan xurdir do contrato, con renuncia, se é o caso ó foro xurisdicional estranxeiro que puidera corresponderlle ó licitador. En todo caso as empresas estranxeiras presentarán os seus documentos debidamente traducidos de forma oficial ó castelán ou galego. SOBRE B: DOCUMENTACIÓN CORRESPONDENTE Á VALORACIÓN DE CRITERIOS NON AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS. Presentarase pechado e contendo os seguintes documentos: 1) Como primeiro documento presentarase unha relación numerada e foliada de todos os documentos, asinada e selado polo representante legal da empresa. 2) Memoria descritiva dos bens a subministrar. 3) Descrición das características do servizo de asistencia técnica e mantemento postvenda (descrición dos servizos de mantemento incluídos no contrato, repostos, man de obra, desprazamentos, consumibles, etc.). Así mesmo farase unha descrición detallada dos puntos de asistencia na provincia de Pontevedra, e en especial no concello de entrega e tamén deberá indicarse se a prestación da asistencia e mantementos se presta directamente pola propia empresa e se conta con taller oficial propio. Non se poderá facer referencia neste sobre os anos de garantía ofertados que deberán indicarse no sobre “C”. O incumprimento deste precepto carrexará a exclusión da oferta no proceso de licitación. 4) Indicación do lugar onde se podería examinar o ben ofertado. 5) Catálogos, folletos, fotografías ou vídeos relativos ó ben que se oferta. 6) Descrición doutras melloras ofertadas. As ofertas diferenciarán, claramente e dun xeito inequívoco, as características mínimas esixidas, e as que realmente se achegan como melloras, con fin de facilitar o traballo de avaliación. Ademais da relación mínima de documentación o licitador deberá presentar todos aqueles documentos que considere oportunos para a perfecta definición da subministración, entendendo que no caso de non indicarse un aspecto determinado, se cumpren os requisitos mínimos establecidos no prego. SOBRE C: DOCUMENTO CORRESPONDENTE Á VALORACIÓN DE CRITERIOS AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS Presentarase pechado e contendo o seguinte documento: - Modelo de proposición, seguindo o modelo determinado no anexo IV do prego de condicións, asinado e selado. Este modelo conterá a oferta económica que se realice. Non se aceptaran aquelas propostas que conteñan omisións, erros ou riscaduras que impidan coñecer claramente o que a Administración estime fundamental para considerar a oferta. Se algunha proposición non gardase concordancia coa documentación examinada e admitida, excedese do orzamento base de licitación, variase substancialmente o modelo establecido, comportase erro manifesto no importe da proposición, ou existise recoñecemento por parte do licitador de que adoece de erro ou inconsistencia que a fagan inviable, poderá ser desbotada pola Mesa de contratación. Na proposición indicarase como partida independente o importe do Imposto sobre o Valor Engadido. Así mesmo, cando para a selección do contratista se atenda a unha pluralidade de criterios, incluirase neste sobre a documentación relativa a aqueles criterios avaliables de xeito automático mediante cifras ou porcentaxes por aplicación das fórmulas establecidas nos pregos.” “ANEXO II DECLARACIÓN RESPONSABLE Nota: este modelo pode descargarse en formato pdf para a súa cumprimentación na área de descargas da seguinte dirección web: http://www.depo.es/web/edepo/contratacion1. ANEXO III “FÓRMULAS A APLICAR PARA A VALORACIÓN DOS CRITERIOS AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS (SOBRE C) A) Valoración oferta económica, ata un máximo de 41 puntos: Entenderase por ofertas admitidas todas aquelas que non quedaran excluídas unha vez realizado o exame da documentación administrativa contida no sobre “A”. • P: prezo de licitación • N: número de ofertas • O1, O2,….,On: valor das n ofertas, • B1, B2,….,Bn: baixas absolutas (Bi=P-Oi, i=l,….,n) • b1, b2, ….., bn: baixas porcentuais con respecto a • bmax, bmin: baixas porcentuais máxima e mínima • bm: baixa porcentual media • Vmax: máxima valoración posible • Wmax: máxima valoración de acordo coas ofertas presentadas • Wi: valoración previa da oferta i-ésima entre 9 e Wmax, i=l, ….., n • Vi: valoración final da oferta i-ésima entre 0 e Vmax, i=l, ….., n Nota: dado que as baixas negativas corresponderían a ofertas superiores ó prezo de licitación (e polo tanto, non admisibles), suponse que as baixas bi son iguais ou maiores que cero. 1. Valoración máxima inicial de acordo coas ofertas presentadas: 2. Valoración previa entre 0 e Wmax Unha puntuación inicial Wi da oferta i-ésima calcúlase por interpolación a intervalos do seguinte modo (ver figura 1): • Se (oferta entre o prezo de licitación –baixa nula– e a oferta media) entón a súa valoración é proporcional entre os valores • Se bi>bm (baixa superior a baixa media) entón a súa valoración é proporcional entre e Wmax 3. Valoración final entre 0 e Vmax En xeral, as puntuacións iniciais anteriores resultan moi pequenas, sobre todo cando as ofertas son moi iguais. Polo tanto, as baixas non terían moito peso na adxudicación dos contratos ou concursos. Proponse unha alternativa de reescalado das variacións previas para trasladar as puntuacións ó intervalo [0, Vmax], sumando a cada valoración previa unha cantidade S quase-proporcional á baixa: • Se : • Se : A valoración final das ofertas obtense agora do modo seguinte: , =l,….., n Entendéndose que a puntuación máxima Vmax só se atende se a baixa máxima (bmax) é igual ou superior ó 20% (figura 2). Nota: no caso particular en que todas as ofertas son iguais en prezo de licitación se ten b1= b2= …..= bn = bm =bmax =0 polo que as valoracións anteriores non son válidas (se teñen divisións por cero). Neste caso, acordamos outorgarlles a todas elas unha puntuación nula . Na práctica esta situación tamén se produce cando as baixas son todas moi pequenas aínda que non sexan exactamente cero. Por iso propoñemos darlles unha puntuación nula a todas as ofertas sempre que . 4. Fórmula completa para valoración de ofertas: 1. Definición de Wmax: 2. Definición de S: • Se : • Se : 3. Valoración das ofertas cando bmax > . Para ,…..,n: • Se entón, • Se entón, 4. Valoración das ofertas cando Para ,…..,n: PRESUNCIÓN DE OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU DESPROPORCIONADOS (BAIXA TEMERARIA) Para os efectos de consideración de presunción de ofertas con valores anormais ou desproporcionados considerarase que están incursas nesta situación aquelas cuxa porcentaxe de baixa exceda as porcentaxes que se sinalan a continuación, en función do número de empresas presentadas e admitidas no procedemento: - Unha oferta: será anormal se a súa baixa porcentual é superior ó 25% do prezo de licitación. - Dúas ofertas: unha das ofertas será anormal se a súa baixa porcentual é superior á da outra en máis de 20 unidades. - Tres ofertas: serán anormais aquelas que teñan baixas porcentuais superiores en máis de 10 unidades a media aritmética das baixas porcentuais das baixas admitidas. Con todo, excluirase para o cómputo da dita media a oferta coa baixa porcentual máis pequena cando sexa inferior en máis de 10 unidades a esa media. En calquera caso consideraranse anormais todas as ofertas con baixas porcentuais superiores ó 25% do prezo de licitación. - Catro ofertas ou máis: consideraranse temerarias aquelas ofertas con baixas porcentuais que sexan superiores en máis de 10 unidades a media das baixas porcentuais das ofertas admitidas. No entanto, se entre elas existen baixas porcentuais inferiores en máis de 10 unidades á dita media, calcularase unha nova media só coas ofertas que non estean no suposto indicado. En todo caso se o número das restantes ofertas é inferior a tres a nova media calcularase sobre tres ofertas de menor contía (maior baixa porcentual). • n = 1: se b1 > 25, entón a oferta 1 (única) é temeraria • n = 2: supoñemos que . Se entón a oferta 2 é temeraria Obsérvese que a condición equivale a porque, • n = 3: supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ b3. Sexa definida como: = (b2 + b3) se b1 < bm - 10 bm en caso contrario Para i = 1,2,3, se b1 >25 ou b1 > + 10 a oferta i é temeraria, • N ≥ 4: supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ bn. Se b1 < bm – 10 sea 1 ≤ l ≤ n tal que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ b1 < bm – 10, bl+1 ≥ bm – 10 Definimos, = se e se e , bm si Para i = 1,2,……,n, se b1 > b*m + 10 a oferta i é temeraria Cando a mesa de contratación presuma fundadamente que a proposición non se poida cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas daráselle audiencia ó contratista por un prazo máximo de cinco días hábiles para que xustifique a valoración da oferta e precise as súas condicións, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, ás solucións técnicas adoptadas e ás condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, á orixinalidade das prestacións propostas, ó respecto das disposicións relativas á protección do emprego e ás condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia realizar a prestación ou a posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de contratación, considerando a xustificación efectuada polo licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación provisional a favor da seguinte proposición economicamente máis vantaxosa de acordo coa orde en que fosen clasificadas e que se estime que pode ser cumprida de modo satisfactorio para a Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. B) Maior prazo de garantía, ata un máximo de 10 puntos: P = (M*(O-C) / (B-C)). Onde: • P: Puntuación • O: Oferta licitador • B: Mellor oferta • C: Peor oferta • M: Puntuación máxima establecida.” ANEXO IV “MODELO DE PROPOSICIÓN (SOBRE C) Don..................., maior de idade, veciño de.................., con domicilio en ................, titular do DNI.................., expedido en data.............., actuando en nome propio/ou en representación da empresa ................................. (CIF núm. .......................) e con domicilio en .................., teléfono.................... Decatado do anuncio para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente a subministración (Especificar denominación da subministración): Primeiro. Declaramos que na execución do contrato se cumprirán as obrigas derivadas das disposicións vixentes en materia de protección do emprego, condicións de traballo e prevención de riscos laborais. Segundo. Comprometémonos ó subministro de bens con estrita suxeición ós pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que aceptamos en todas as súas partes, coas seguintes condicións: - Polo prezo de ………………….... euros, máis ……… euros correspondente ó IVE. - Prezo total IVE engadido (en letra e número): - Prazo de garantía total ofertado: - Prazo de garantía ofertado a maiores: (Lugar, data, sinatura e selo do licitador)” ANEXO V “MODELO DE ACREDITACIÓN DE SOLVENCIA TÉCNICA DE SUBMINISTRACIÓNS REALIZADAS ACREDITACIÓN DA SOLVENCIA TÉCNICA E PROFESIONAL RESPECTO DA REALIZACIÓN DE SUBMINISTRACIÓNS REALIZADAS POLA EMPRESA NOS ÚLTIMOS TRES ANOS Título do contrato:…………………………………………………………………………… Nº expediente …………………………..…………………………………………………… Dª./D. …………….…, con DNI núm. …………., en nome propio ou en representación da empresa ………….., con NIF/CIF núm. ……… DECLARA que a relación das subministracións obxecto do presente contrato realizados nos últimos tres anos son os que se recollen na táboa seguinte: Título do contrato Obxecto Data Importe do ano 2011 Importe do ano 2012 Importe do ano 2013 Importe total dos últimos 3 anos Destinatario Inicio Fin Totais ………………., ….. de ………… de ……… (Lugar, data, sinatura e selo do licitador)” 10.22964.- ADXUDICACIÓN DO CONTRATO, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, PARA A EXECUCIÓN DAS OBRAS NÚMEROS 2, 3 E 5 DA 8ª RELACIÓN DE PROXECTOS POSP/2013 A actual crise económica provocou un descenso nos orzamentos municipais que se pon de relevo, entre outros capítulos, nos de investimentos, o que lles impide ós concellos levar a cabo diversas actuacións de interese público dentro do seu marco de competencias. Entre as atribucións que as leis estatais e autonómicas lles encomendan ás Deputacións atópanse a cooperación no fomento do desenvolvemento económico- social, como se recolle no artigo 36 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local. Co fin de permitir que os concellos leven a cabo proxectos e actuacións de interese público, ademais de reactivar a economía da provincia impulsando medidas que atenúen a crise, o Pleno da corporación provincial, na súa sesión ordinaria do 7 de agosto de 2013, acordou aprobar as bases reguladoras do Plan provincial de obras e servizos 2013. Por medio deste proxecto apróbase o investimento de 15.000.000,00 €, que ten por obxecto aumentar o gasto público nos concellos da provincia cunha poboación de entre 1.000 a 50.000 habitantes, tentando dinamizar a curto prazo a actividade económica para incidir directamente na creación de emprego. Os proxectos que se establecen para a súa licitación neste procedemento foron entregados polos concellos que solicitaron acollerse a este Plan Provincial de Obras e Servizos 2013, presentando a documentación esixida na base sétima da convocatoria. A Xunta de Goberno, na sesión do 5 de setembro de 2014, aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da execución das obras correspondentes á oitava relación de proxectos do POSP 2013, que se sinalan a continuación: Obra Orzamento Prazo 1 Proxecto de rehabilitación edificio da Agraria e oficina do Oral en Cangas. 129.863,14€ 94 días 2 Construción de beirarrúas na Avenida Fernando Conde. 135.932,87€ 3 meses 3 Construción de senda peonil en Ouzande. 59.756,69€ 2 meses 4 Construción de edificio auxiliar e adecuación vestiarios en campo de fútbol Louro-Tameiga (Mos). 69.210,53€ 3 meses 5 Remodelación xardíns A Xiralda (Casa do Concello). 180.290,32€ 3 meses O anuncio do procedemento aberto para a licitación destas obras foi publicado no BOP número 174, de 10 de setembro de 2014. Resultando que con data 10 de outubro de 2014 se constituíu a Mesa de Contratación do procedemento aberto convocado para a contratación das referidas obras, procedendo a continuación á cualificación da documentación xeral (sobre A). Resultando que con data 13 de outubro de 2014, este mesmo órgano, en acto público, indicou as plicas que foron cualificadas como non admitidas e admitidas, procedendo á apertura dos sobres B destas últimas, correspondente á documentación técnica avaliable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real Decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Resultando que con data 1 de decembro de 2014, a Mesa de Contratación, á vista dos informes emitidos polo Servizo de Infraestruturas referentes ás obras 2, 3 e 5 sobre a documentación técnica presentada polos licitadores, fixo pública a ponderación asignada ás propostas técnicas, contidas nos sobres B, procedendo a continuación á apertura dos sobres C das empresas que obtiveron unha valoración superior a 30 puntos e unha vez efectuada a valoración de acordo co establecido no prego de cláusulas administrativas, obtéñense os seguintes resultados: Obra 2.- Construción de beirarrúas na Avenida Fernando Conde (A Estrada) Licitador Puntuación Sobre B Oferta % Control de Calidade Construcciones y Obras Ayasa,S.L. 34,46 15.500,00 € 3,00% Moncosa Ohs, S.A. 31,71 115.407,00 € 3,00% Montajes J.M. Iglesias, S.L. 35,54 102.335,54 € 2,50% Stradia Infraestructuras, S.L. 37,39 117.350,85 € 3,00% Construcciones Rafer, S.L. 33,74 115.500,00 € 4,00% Construcciones y Proyectos Abilleira, S.L. 37,32 122.068,00 € 3,00% Viaqua Gestión Integral de Aguas de Galicia, S.A.U. 32,16 115.909,96 € 5,00% Construcciones Castro Figueiro, S.L.U. 39,37 115.542,93 € 5,00% Ute Acevi-Gpd 35,04 103.578,51 € 2,50% Construcciones Vale, S.L. 38,01 117.432,41 € 3,01% Canalizaciones y Construcciones Salnes,S.L. 40,83 118.805,33 € 4,00% Construcciones Obras y Viales, S.A. 34,80 119.892,79 € 3,00% 2000 Joscon Construcciones, S.L. 32,69 121.990,00 € 3,00% Elsamex, S.A. 32,96 114.319,54 € 3,50% Endenor Mantemiento y Servicios, S.L. 38,42 114.657,13 € 5,00% Prace, Servicios y Obras, S.A. 41,93 120.980,25 € 5,00% Hordescón, S.L. 36,16 120.504,49 € 5,00% Construcciones Fernandez Sarmiento, S.A. 32,93 111.464,95 € 3,00% Narom, S.L. 42,08 116.222,60 € 4,00% Oresa, S.L. 32,06 116.902,27 € 5,00% Fontefría, S.L. 35,40 118.533,46 € 3,00% Unika Proyectos y Obras, S.A. 38,89 117.391,63 € 5,00% Puntuacións obtidas: Licitador Puntuación sobre B Puntuación sobre C Puntuación total Narom, S.L. 42,08 46,03 88,11 Prace, Servicios y Obras, S.A. 41,93 45,34 87,27 Canalizaciones y Construcciones Salnes, S.L. 40,83 45,38 86,21 Construcciones Castro Figueiro, S.L.U. 39,37 46,70 86,07 Endenor Mantemiento y Servicios, S.L. 38,42 46,92 85,34 Unika 38,89 46,24 85,13 Montajes J.M. Iglesias 35,54 48,25 83,79 Construcciones Vale 38,01 45,23 83,24 Ute Acevi-Gpd 35,04 47,94 82,98 Stradia Infraestructuras, S.L. 37,39 45,25 82,64 Hordescón, S.L. 36,16 45,46 81,62 Construcciones y Proyectos Abilleira, S.L. 37,32 44,07 81,39 Fontefría, S.L. 35,40 44,95 80,35 Ayasa 34,46 45,71 80,17 Construcciones Rafer 33,74 46,21 79,95 Construcciones Fernandez Sarmiento, S.A. 32,93 46,72 79,65 Construcciones Obras y Viales, S.A. 34,80 44,61 79,41 Elsamex, S.A. 32,96 46,25 79,21 Viaqua Gestión Integral de Aguas de Galicia 32,16 46,61 78,77 Oresa, S.L. 32,06 46,36 78,42 Moncosa Ohs, S.A. 31,71 45,73 77,44 2000 Joscon Construcciones, S.L. 32,69 44,09 76,78 Obra 3.- Construción de senda peonil en Ouzande (A Estrada). Licitador Puntuación Sobre B Oferta % Control de Calidade Construcciones Obras y Viales, S.A. 35,15 53.105,77 € 3,00% Canalizaciones y Construcciones Salnes, S.L. 39,50 52.137,71 € 4,00% Movimientos Aridos y Construcciones De Arosa, S .L. 30,20 56.709,09 € 3,00% Obras Transportes y Construcciones, Fontefría, S.L. 34,61 54.976,00 € 3,00% Construcciones Rafer 35,01 51.540,00 € 4,00% Construcciones y Proyectos Abilleira, S.L. 31,05 53.715,00 € 3,00% Endenor Mantenimiento y Servicios S.L. 35,33 52.627,96 € 5,00% Montajes J. M. Iglesias, S.L. 32,52 49.000,00 € 2,50% Elsamex, S.A. 30,39 53.063,94 € 3,50% 2000 Joscón Construcciones, S.L. 36,02 53.571,00 € 3,00% Saidres de Trasdeza, S.L. 30,34 50.195,62 € 3,00% Ute Acevi-Gpd 33,02 49.595,04 € 2,50% Puntuacións obtidas: Licitador Puntuación Sobre B Puntuación Sobre C Puntuación Total Canalizaciones y Construcciones Salnes, S.L. 39,50 46,22 85,72 Construcciones Rafer, S.L. 35,01 46,84 81,85 Endenor Mantenimiento y Servicios S.L. 35,33 46,21 81,54 Montajes J. M. Iglesias 32,52 48,25 80,77 Ute Acevi-Gpd 33,02 47,63 80,65 2000 Joscón Construcciones, S.L. 36,02 44,22 80,24 Construcciones Obras y Viales, S.A. 35,15 44,71 79,86 Saidres de Trasdeza, S.L. 30,34 47,75 78,09 Elsamex, S.A. 30,39 45,00 75,39 Construcciones y Proyectos Abilleira, S.L. 31,05 44,07 75,12 Obras Transportes y Construcciones,Fontefría, S.L. 34,61 36,00 70,61 Movimientos Aridos y Construciones de Arosa,S.L. 30,20 24,40 54,60 Obra 5.- Remodelación xardíns A Xiralda (Casa do Concello) (Ponteareas). Licitador Puntuación Sobre B Oferta % Control de Calidade Narom, S.L. 39,47 150.686,64 € 4,00% Construcciones Obras y Viales, S.A. 31,82 160.638,68 € 3,00% Xac-Obra Civil 37,58 149.460,68 € 5,00% Oresa, S.L. 30,13 156.852,58 € 5,00% Canalizaciones y Construcciones Salnes, S.L. 34,20 160.458,38 € 4,00% Construcciones Orega, S.L. 31,51 155.320,11 € 3,00% Construcciones Delfin Ferreiro Rodriguez, S.L 30,11 152.471,52 € 3,00% Unika 39,83 148.054,41 € 5,00% Movimientos Aridos y Construcciones de Arosa,S.L. 34,13 153.066,48 € 3,00% Construcciones y Proyectos Abilleira, S.L. 34,03 162.062,00 € 3,00% Construcciones Lemos Martinez, S.L. 34,04 148.739,51 € 3,00% Elsamex, S.A. 32,57 154.148,22 € 3,50% Stradia Infraestructuras, S.L. 38,10 157.988,41 € 3,00% Excavaciones y Construcciones Laureano Covelo,S.A. 30,46 153.000,00 € 2,00% Desmaco, S.L. 31,46 162.225,23 € 5,00% Prace Servicios y Obras, S.A. 40,27 155.951,13 € 5,00% Puntuacións obtidas: Licitador Puntuación Sobre B Puntuación Sobre C Puntuación Total Unika 39,83 50,00 89,83 Narom, S.L. 39,47 48,57 88,04 Prace Servicios y Obras, S.A. 40,27 47,22 87,49 Xac-Obra Civil 37,58 49,51 87,09 Stradia Infraestructuras, S.L. 38,10 45,50 83,60 Construcciones Lemos Martinez 34,04 48,76 82,80 Movimientos Aridos y Construcciones de Arosa, S.L. 34,13 47,24 81,37 Elsamex, S.A. 32,57 47,11 79,68 Canalizaciones y Construcciones Salnes, S.L. 34,20 45,13 79,33 Construcciones y Proyectos Abilleira, S.L. 34,03 44,07 78,10 Construcciones Orega, S.L. 31,51 46,44 77,95 Construcciones Delfin Ferreiro Rodriguez, S.L 30,11 47,45 77,56 Oresa, S.L. 30,13 46,90 77,03 Desmaco, S.L. 31,46 45,01 76,47 Construcciones Obras y Viales, S.A. 31,82 44,57 76,39 Excavaciones y Construcciones Laureano Covelo, S.A. 30,46 45,76 76,22 Mediante resolución presidencial requiríuselle ás empresas mencionadas (segundo o establecido no art. 151 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o TRLCSP), modificada pola Lei 14/2013, de 27 de setembro, de apoio ó emprendedor, para que dentro do prazo de dez días hábiles, contando dende o seguinte a aquel en que recibise o requirimento, presentasen a documentación, ademais de xustificar que dispón efectivamente dos medios que se compromete a dedicar ou adscribir á execución do contrato e de constituír a garantía definitiva equivalente ó 5% do prezo do contrato excluído o IVE, así como proceder ó ingreso, na Tesourería da Deputación, da cantidade correspondente á publicación do anuncio do procedemento no BOP. As referidas empresas presentaron a documentación solicitada e acreditaron o depósito das garantías definitivas mediante as cartas de pagamento nas datas e polos importes correspondentes, así coma o ingreso pola publicación do citado anuncio. Obra nº Licitador Número de carta de pagamento Data Importe 2 Narom, S.L. 201400172215 18/12/14 5.811,13 € 3 Canalizacions y Construcciones Salnés, S.L. 201400171460 17/12/14 2.606,88 € 5 Unika Proyectos y Obras S.A.U. 201400172702 18/12/14 7.402,72 € Considerando que a disposición adicional segunda do referido R.d.l. 3/2011 polo que se aproba o TRLCSP, no seu apartado 1, faculta o presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto destes contratos de obras e tendo en conta o disposto no artigo 185 do R.d:l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o TRLRFL e o establecido nas bases de execución do orzamento, concretamente na base 16ª. 2 a), onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e a autorización dos gastos necesarios para a contratación de obras que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicarlle á empresa Obras Transportes y Construcciones Narom, S.L. (CIF B-36.163.418) o contrato para a execución da obra Nº2 “Construccion de beirarrúas na Avenida Fernando Conde (A Estrada)” polo seguinte importe e condicións: Prezo 116.222,60 € IVE 24.406,75 € Total prezo 140.629,35 € Prazo de execución 7 semanas Melloras ofertadas 18.310,16 € execución material Control de calidade 4,00 % 2.- Adxudicarlle á empresa Canalizaciones y Construcciones Salnés, S.L. (CIF B-36.417.533) o contrato para a execución da obra nº 3.-“Construcción de senda peonil en Ouzande (A Estrada)”, polo seguinte importe e condicións: Prezo 52.137,71 € IVE 10.948,92 € Total prezo 63.086,63 € Prazo de execución 2,5 meses Control de calidade 4,00 % Melloras ofertadas 11.054,99 € 3.- Adxudicarlle á empresa Unika Proyectos y Obras S.A.U. (CIF A- 15.977.184) o contrato para a execución da obra nº 5.-“Remodelacións xardíns A Xiralda (Ponteareas)”, polo seguinte importe e condicións: Prezo 148.054,41 € IVE 31.091,93 € Total prezo 179.145,84 € Prazo de execución 2 meses Control de calidade 5,00 % Estes importes libraranse con cargo á aplicación 2014/942.942.652.45.13 do Orzamento provincial correspondente ó exercicio 2014. 11.22965.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA NA EXECUCIÓN DA OBRA “RECONSTRUCIÓN DE PASO SOBRE RÍO VERDEJO, PARROQUIA DE CASTELÁNS (COVELO)” Resultando.- Que a Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria celebrada o 29/08/14 acordou adxudicar á mercantil Stradia Infraestructuras, S.L., o contrato de execución da obra “Reconstrución de paso sobre o río Verdejo, parroquia de Casteláns (Covelo)”, por un importe de 283.657,80 € e un prazo de execución de dous meses. Resultando.- Que con data 17/10/14 formalizouse a acta de comprobación de replanteo, computándose a partir dese intre o prazo de execución da citada obra, establecéndose como data de finalización o día 17/12/14. Resultando.- Que con data 01/12/14 tivo entrada nesta Deputación escrito presentado pola mercantil Stradia Infraestructuras, S.L., solicitando unha ampliación no prazo de execución de un mes e dez días. Resultando.- Que con data 15/12/14 o Servizo de Infraestruturas emite informe preceptivo considerando que as causas alegadas de demora non son imputables ó contratista entendendo xustificada a concesión da prórroga para a ampliación do prazo de execución da obra ata o 27/01/15. Considerando.- Que o artigo 213.2 do TRLCSP relativo á prorroga dos contratos establece que: “...Si el retraso fuese producido por motivos no imputables al contratista y éste ofreciera cumplir sus compromisos dándole prórroga del tiempo que se le había señalado, se concederá por la Administración un plazo que será, por lo menos, igual al tiempo perdido, a no ser que el contratista pidiese otro menor...” Considerando.- Que a disposición adicional segunda do referenciado R.d.l. 3/2011, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do Orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación que sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder unha prórroga de un mes e dez días e ampliar o prazo de execución da obra “Reconstrución de paso sobre o río Verdejo, parroquia de Casteláns, (Covelo) ata o 27/01/15”. 12.22966.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA NA PRESTACIÓN DO SERVIZO “ANÁLISES, ESTUDOS, INFORMES E EXPERIENCIA PILOTO EN V GAMA”, ENMARCADO DENTRO DO PROXECTO DEPODEZA, COFINANCIADO NUN 70% POLO FEDER Resultando.- Que a Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria celebrada o 14 de marzo de 2014, acordou adxudicar o contrato “Servizo de análises, estudos, informes e experiencia piloto en V gama” enmarcada no proxecto Depideza cofinanciado nun 70 % polo Feder, á Fundación centro tecnolóxico da carne, por un importe de 177.870,00 € e un prazo para a prestación do servizo ata o 31/12/2014. Resultando.- Que con 12/12/2014 tivo entrada nesta Deputación escrito da Fundación centro tecnolóxico da carne, solicitado unha prorroga de dous meses, na prestación do citado servizo. Resultando.- Que con data 18/12/2014 o Director de planificación de proxectos Depodeza, emitiu informe preceptivo, no que recolle o seguinte: “…Tendo en conta que os sacrificios dos derradeiros animais tiveron lugar no mes de novembro, que algúns dos produtos a estudar necesitan período de curación de tres meses antes de ser testados, informe favorablemente á solicitude de prórroga…” Considerando.- Que o artigo 213.2 do TRLCSP relativo á prorroga dos contratos establece que: “…Si el retraso fuese producido por motivos no imputables al contratista y éste ofrecería cumplir sus compromisos dándole prórroga del tiempo que se la había señalado, se concederá por la Administración un plazo que será, por lo menos, igual al tiempo período, a no ser que el contratista pidiese otro menos…” Considerando.- Que a disposición adicional segunda do referenciado R.d.l. 3/2011, no seu apartado 1, faculta ó Illmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo,polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do Orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación que sendo competencia da Presidencia, superan o importe dos contratos que se pidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder unha prórroga de dous meses e ampliar o prazo para a prestación do servizo “Análises, estudos e, informes e experiencia piloto en V gama, enmarcada no proxecto Depodeza” ata o 28/02/2015. 13.22967.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA NA EXECUCIÓN DA OBRA “ACONDICIONAMENTO DE CAMIÑOS RURAIS NO CONCELLO DE A ESTRADA” Resultando.- Que a Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria celebrada o 8 de setembro de 2014, acordou adxudicar á empresa FRANCISGO GOMEZ Y CIA, S.L., o contrato de execución da obra “Acondicionamento de camiños rurais con Concello de A Estrada”, pertencente a 3ª relación de proxectos POSP/13, obra 9, cun prazo de execución de 3 meses. Resultando.- Que con data 19/19/2014 formalizouse a acta de comprobación de replanteo, computándose a partir dese intre o prazo de execución da citada obra, establecéndose como data de finalización o día 19/12/2014. Resultando.- Que con data 17/12/2014 tivo entrada nesta Deputación escrito presentado pola mercantil Francisco Gomez y Cia., S.L., e a directora da obra, solicitando unha ampliación no prazo de execución de 3 meses, ata o 19 de marzo de 2015. Resultando.- Que con data 18/12/2014 o Servizo de Infraestruturas emite informe preceptivo considerando que as causas alegadas de demora non son imputables ó contratista entendendo xustificada a concesión da prorroga solicitada. Considerando.- Que o artigo 213.2 do TRLCSP relativo á prorroga dos contratos establece que: “...Si el retraso fuese producido por motivos no imputables al contratista y éste ofreciera cumplir sus compromisos dándole prórroga del tiempo que se le había señalado, se concederá por la Administración un plazo que será, por lo menos, igual al tiempo perdido, a no ser que el contratista pidiese otro menor...” Considerando.- Que a disposición adicional segunda do referenciado R.d.l. 3/2011, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación que sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder unha prórroga de tres meses e ampliar o prazo de execución da obra “Acondicionamento de camiños rurais no Concello de A Estrada” ata o 19/03/2015. 14.22968.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA NA EXECUCIÓN DA OBRA “AMPLIACIÓN DO TERREO DE XOGO, DOTACIÓN DE HERBA SINTÉTICA E OUTRAS MELLORAS NO CAMPO DE FÚTBOL DE SAN ADRIÁN (VILABOA)” Resultando.- Que a Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria celebrada o 13/06/2014, acordou adxudicar á empresa Construcciones Vila Rio Miño, S.A. o contrato de execución da obra “Ampliación do terreo de xogo, dotación de herba sintética e outras melloras no campo de fútbol de San Adrián (Vilaboa)”, cun prazo de execución de 2,5 meses. Resultando.- Que a acta de comprobación de replanteo formalizouse na data 22/09/2014, establecéndose nese intre o prazo para a finalización da execución da obra o día 07/12/2014. Resultando.- Que con data 04/12/2014 tivo entrada nesta Deputación escrito presentado pola mercantil Construcciones Vila Rio Miño, S.A., no que solicita unha prórroga de dous meses na execución da obra “Ampliación do terreo de xogo, dotación de herba sintética e outras melloras no campo de fútbol de San Adrián (Vilaboa)”. Resultando.- Que solicitado o preceptivo informe ó Servizo de Infraestruturas, este emite o mesmo na data 15/12/2014, considerando que as causas alegadas de demora, non son imputables ó contratista, entendendo xustificada a concesión da prórroga para a ampliación de prazo de execución ata o 07/02/2014. Considerando.- Que o artigo 213.2 do TRLCSP relativo á prorroga dos contratos establece que: “...Si el retraso fuese producido por motivos no imputables al contratista y éste ofreciera cumplir sus compromisos dándole prórroga del tiempo que se le había señalado, se concederá por la Administración un plazo que será, por lo menos, igual al tiempo perdido, a no ser que el contratista pidiese otro menor...” Considerando.- Que a disposición adicional segunda do referenciado R.d.l. 3/2011, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación que sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder unha prórroga e ampliar o prazo de execución da obra “Ampliación do terreo de xogo, dotación de herba sintética e outras melloras no campo de fútbol de San Adrián (Vilaboa)” ata o 7 de febreiro de 2015. 15.22969.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Devolución de garantías definitivas á empresa Construcións, obras e viais, S.A.(Covsa) A empresa Construcións, obras e viais, S.A.(Covsa), (CIF A- 36.008.886), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunhas fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de dito contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do Rd.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Banesto, por importe de seis mil cincocentos cincuenta e sete euros con oitenta e cinco céntimos (6.557,85 €), para responder do contrato relativo a “Realización de traballos de conservación, mantemento e reposición do céspede en 36 campos de fútbol de herba artificial”; que foi depositada na Tesourería Provincial o 16/02/2014, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201400011966, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Santander, por importe de cinco mil seiscentos trinta e cinco euros con dezaseis céntimos (5.635,16€), para responder do contrato relativo a “Pavimentación en Sela, Cequeliños e Barcela (Arbo)” que foi depositada na Tesourería Provincial o 09/04/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000030083, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 16.22970.- CORRECCIÓN DE ERRO NO ACORDO NÚMERO 14.22833 ADOPTADO NA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 28/11/2014 Advertido erro no acordo núm. 14.22833 adoptado en Xunta de Goberno de data 28 de novembro de 2014, relativo á “Concesión de subvencións a entidades deportivas e deportistas individuais para a realización de actividades de carácter extraordinario (Programa R_14)”, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade facer a seguinte correción: Onde di: Bueu 77012638J Andrés Álvarez Gil Gondomar 17463128X Martín Pintos Barreiro Oia 39497514M Gonzalo Martínez Rodriguez Pontevedra 77462376D Pablo García Portela Pontevedra 77464791D Miguel Rodríguez de Jesús Torres Redondela 39451172P Alicia Conde Pazó Sanxenxo 77484933A Alex Bernárdez González Vigo 39453594S Hugo Domínguez Pérez Vigo 39461813T Laura Caballero Fontela Vigo 39466434K Martín Wizner Pérez-La Fuente Vigo 39467478F Cio García Barderas Vigo 39488857L Jaime Lusquiños Pascual Vigo 53195052P Ana Pérez García-Picher Vigo 54383645F Jorge Robleda Simón Vigo 39486612M Martín de la Puente Riobo Vigo 53818621R Paula Sanmartín Rodríguez Vigo 53198800F Rubén Fernández García Vigo 39491220J Santiago Moreno Casares Vigo 77547044Z Tirso Cerqueira Atanes Vigo 44734388D Víctor Cruz Freire Vigo 53821091X Guillermo Lago Estévez Vilagarcía de Arousa 35598488P Jacobo García García Debe dicir: Bueu 76804847G Francisco Álvarez Pérez Gondomar 36050450C Vicente Pintos Santiago Oia 36024833W Joaquín Martinez López Pontevedra 35296865F Félix Jesús García González Pontevedra 35303986K Miguel Rodríguez de Jesús Redondela 36074361B Custodia del Pilar Pazó Filgueira Sanxenxo 76929080Z Lorena González Falcón Vigo 36081981H Guadalupe Pérez Lago Vigo 32818568Y Mª Jesús Fontela Fernández Vigo 36089041V Pilar Pérez-La Fuente Varela Vigo 36081068W Gloria Mª Barderas Crespo Vigo 36059967S Secundino Lusquiños Domínguez Vigo 36047273V Fátima García-Picher Rodríguez Vigo 36087326G Francisco Robleda Barcia Vigo 36104560B Javier de la Puente Crespo Vigo 36082289G Miguel Angel San Martín Torres Vigo 36033296R Francisco Javier Fernández Rial Vigo 36045996M Luis Eulogio Moreno Diéguez Vigo 36041215P Tirso Cerqueira Ozores Vigo 36072783C Susana Mª Freire Salgado Vigo 36074763X Belén Mª Lago Estévez Vilagarcía de Arousa 36116201Z María García Espinosa Deixando subsistinte o acordo anterior en todo o demais. 17.22971.- CORRECCIÓN DE ERRO NO ACORDO NÚMERO 22.22905 ADOPTADO NA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 12/12/2014 A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, na sesión ordinaria de data 12 de decembro de 2014, adoptou aprobar o expediente e os pregos que rexen a contratación da subministración de alimentación para a manutención do gando vacún da Finca Mouriscade durante o ano 2015. A publicación da licitación realizouse no Boletín Oficial da Provincia número 245 de data 19 de decembro de 2014. Detectados os seguintes erros: 1. No Anexo I – Lote 3, punto número 3.- Criterios avaliables mediante fórmulas, do Prego de cláusulas económico-administrativas: Onde di: 3.1.) Prezo máximo por tonelada (€/Tm)….… ata un máximo de 35 puntos. Debe dicir: 3.1.) Prezo máximo por tonelada (€/Tm) ….… ata un máximo de 90 puntos. 2. No Anexo I – Lote 1, punto número 1.3, do prego de cláusulas económico administrativas, no cadro dos prezos existe un intercambio na descrición: Onde di: Descrición Cantidades tonelada (tm) Prezo tm Máximo (sen IVE) Prezo Total Máximo (sen IVE) IVE (10%) Prezo Total Máximo (Con IVE) Fariña de millo 105 542,00 € 56.910,00 € 5.691,00€ 62.601,00 € Fariña de Soia do 44% de proteína bruta 135 273,00 € 36.855,00 € 3.685,50€ 40.540,50 € TOTAL 93.765,00€ 9.376,50€ 103.141,50 € Debe dicir: Descrición Cantidades tonelada (tm) Prezo tm Máximo (Sen IVE) Prezo Total Máximo (Sen IVE) IVE (10%) Prezo Total Máximo (Con IVE) Fariña de Soia do 44% de proteína bruta 105 542,00 € 56.910,00 € 5.691,00€ 62.601,00 € Fariña de millo 135 273,00 € 36.855,00 € 3.685,50€ 40.540,50 € TOTAL 93.765,00€ 9.376,50€ 103.141,50 € O mesmo erro existe no Anexo II. Lote 1- Modelo de proposición do Prego de Cláusulas económico-administrativas. Onde di: Descrición Cantidades tonelada estimadas (tm) Prezo (p) por tm (sen IVE) Fariña de Millo 105 ……… € Fariña de Soia del 44% de proteína bruta 135 ……… € Debe dicir: Descrición Cantidades tonelada estimadas (tm) Prezo (p) por tm (sen IVE) Fariña de Soia del 44% de proteína bruta 105 ……… € Fariña de Millo 135 ……… € Resultando que prazo para a finalización de presentación de proposicións é o 3 de xaneiro de 2014, e ante a imposibilidade de elevar a proposta a Xunta de Goberno ata o día 30 de decembro de 2014, aprobouse a ampliación do prazo de entrega mediante a Resolución Presidencial con número de rexistro 2014037208. Considerando que a disposición adicional segunda do referenciado R.d.l. 3/2011, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato de subministracións, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento provincial, concretamente na Base 16ª.2a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de subministracións que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Validar a Resolución Presidencial de data 23 de decembro de 2014, con número de rexistro 2014037208 pola que se resolveu: 1) Aprobar a corrección do erro detectado no Anexo I – Lote 3, punto número 3.- Criterios avaliables mediante fórmulas, do prego de cláusulas económico-administrativas, relativo a puntuación do criterio do prezo ofertado, sendo a puntuación máxima correcta de 90 puntos. 2) Rectificar o erro do Anexo– Lote 1, punto número 1.3, do prego de cláusulas económico administrativas e o Anexo II. Lote 1- Modelo de proposición. 3) Aprobar o prego de cláusulas económico-administrativas rectificado. 4) Conceder un prazo de 15 días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte a publicación do anuncio de corrección do erro no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. 18.22972.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e corenta e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,
Ãrea de notas
Nota