ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.156
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Acta de sesión 2012/02/24_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.43.828/1.2012-02-24_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2012/02/24_Ordinaria

  • Data(s) 2012-02-24 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión. 35 follas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A C T A Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 24 de febreiro de 2012 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e dez minutos do día vinte e catro de febreiro do ano dous mil doce, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente Don Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona María Isaura Abelairas Rodríguez (PSdeG-PSOE), Don Pablo Baquero Álvarez (PP), Don José María Bello Maneiro (PP), Don Uxío Benítez Fernández (BNG), Don José Antonio Cacabelos Rico (PSdeG-PSOE), Don José Crespo Iglesias (PP), Don Jorge Domínguez Rosal (PP), Dona Begoña Estévez Bernárdez (PP), Dona Ornela Fernández Salgado (BNG), Don José Manuel Figueroa Vila (PP), Don Arturo Grandal Vaqueiro (PP), Dona Marta Iglesias Bueno (PP), Don José Carlos López Campos (PP), Don José Alberto Pazos Couñago (PP), Dona María Pilar Ramallo Vázquez (PP), Don Eduardo José Reguera Ocampo (PSdeG-PSOE), Don Severino Reguera Varela (PP), Don Santos Héctor Rodríguez Díaz (PSdeG-PSOE), Don José Nelson Cándido Santos Argibay (PP), Don Alberto Valverde Pérez (PP), Don Jesús Vázquez Almuíña (PP), Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo (PP), Don Francisco Andrés Veiga Soto (PSdeG-PSOE) e Dona Iolanda Veloso Ríos (BNG), co obxecto de celebrar sesión ordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Non asisten Don Juan Antonio González Pérez (PSdeG-PSOE) nin Don Cesáreo Mosquera Lorenzo (BNG). Da fe do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Comezamos entón coa orde do día, neste caso desexando á persoa que sabemos que non está, que é D. Cesáreo Mosquera, pois que tivo un pequeno problema de saúde, pero desexámoslle dende aquí unha pronta e urxente recuperación. E á parte hai algunha ausencia máis que nos comunicaron xa que non podían asistir. 1.6174.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- E xa, sen máis, empezamos polo tanto co primeiro punto da orde do día. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 30 de decembro de 2011. En principio se aproba. Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 30 de decembro de 2011. a) Parte resolutiva: Sr. Presidente.- Despois temos a ampliación da delegación do concello de Ribadumia das facultades de xestión e inspección da taxa por abastecemento de auga; delegación tamén do concello de Ribadumia das facultades de xestión e inspección, pero podemos, son tres, da taxa por recollida de lixo; e tamén a delegación do concello de Ribadumia das facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación das altas no imposto sobre vehículos de tracción mecánica. Como os tres son do mesmo, pois xa podemos proceder á votación conxunta, se os grupos o teñen a ben, deses tres puntos, que serían 2, 3 e 4. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. 2.6175.- AMPLIACIÓN DA DELEGACIÓN DO CONCELLO DE RIBADUMIA DAS FACULTADES DE XESTIÓN E INSPECCIÓN DA TAXA POR ABASTECEMENTO DE AUGA O Pleno do concello de Ribadumia na sesión celebrada o día 8 de maio de 2011 acordou a delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación da taxa por abastecemento de auga. Resultando que o Pleno da Deputación de Pontevedra na sesión ordinaria celebrada o 26 de setembro de 2008, acordou aceptar a delegación, soamente, das facultades de liquidación e recadación da taxa por abastecemento de auga. Resultando que o concello de Ribadumia a través de escrito de 4 de xaneiro de 2012 remite unha certificación do acordo adoptado na sesión plenaria celebrada o día 8 de maio de 2008 solicitando a ampliación da mencionada delegación. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 17 de febreiro de 2012 acordou aceptar a ampliación da delegación efectuada polo Pleno do concello de Ribadumia para exercer as facultades de liquidación e recadación da taxa por abastecemento de auga incluído as relativas á xestión e á inspección da taxa. Considerando o previsto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e tendo así mesmo en conta que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1.- Aceptar a delegación que en materia de recursos locais realizou o concello de Ribadumia, por acordo do Pleno de data 8 de maio de 2008, para que a Deputación Provincial de Pontevedra, á parte das facultades de liquidación e recadación da taxa por abastecemento de auga que viña realizando, exerza tamén as facultades de xestión e inspección de dita taxa. 2.- Esta ampliación da delegación do concello de Ribadumia, será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) e sométese ás condicións establecidas nas bases para prestación do servizo aprobadas polo Pleno desta Deputación en sesión de data 20 de xullo de 1992, á Ordenanza Reguladora da taxa por prestación de servizos polo ORAL aprobada polo Pleno desta Deputación en sesión de data 22 de decembro de 2009 e publicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 81 de data 30 de abril de 2010 e ós Estatutos do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) publicados no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra en data 26 de agosto de 2004. 3.- Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente para que formalice o correspondente convenio co concello de Ribadumia así coma os demais documentos que procedan. 4.- A ampliación da delegación efectuada polo Pleno do concello de Ribadumia, para exercer as facultades de xestión e inspección da taxa por abastecemento de auga, publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 3.6176.- DELEGACIÓN DO CONCELLO DE RIBADUMIA DAS FACULTADES DE XESTIÓN E INSPECCIÓN DA TAXA POR RECOLLIDA DE LIXO O Pleno do concello de Ribadumia na sesión ordinaria celebrada o día 7 de setembro de 2011 acordou a delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de xestión e inspección da taxa de residuos sólidos urbanos e tratamento e eliminación dos mesmos (taxa por recollida de lixo). Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 17 de febreiro de 2012 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do concello de Ribadumia para exercer as facultades de xestión e inspección da taxa por recollida de lixo. Considerando o previsto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e tendo así mesmo en conta que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1.- Aceptar a delegación que en materia de recursos locais realizou o concello de Ribadumia, por acordo do Pleno de data 7 de setembro de 2011, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de xestión e inspección da taxa por recollida de lixo. 2.- Esta delegación do concello de Ribadumia, será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) e sométese ás condicións establecidas nas bases para prestación do servizo aprobadas polo Pleno desta Deputación en sesión de data 20 de xullo de 1992, á Ordenanza Reguladora da taxa por prestación de servizos polo ORAL aprobada polo Pleno desta Deputación en sesión de data 22 de decembro de 2009 e publicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 81 de data 30 de abril de 2010 e ós Estatutos do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) publicados no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra en data 26 de agosto de 2004. 3.- Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente para que formalice o correspondente convenio co concello de Ribadumia así coma os demais documentos que procedan. 4.- A delegación efectuada polo Pleno do concello de Ribadumia, para exercer as facultades de xestión e inspección da taxa por recollida de lixo, publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 4.6177.- DELEGACIÓN DO CONCELLO DE RIBADUMIA DAS FACULTADES DE XESTIÓN, INSPECCIÓN, LIQUIDACIÓN E RECADACIÓN DAS ALTAS NO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA O Pleno do concello de Ribadumia na sesión ordinaria celebrada o día 7 de xullo de 2011 acordou a delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación das altas no imposto sobre vehículos de tracción mecánica. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 17 de febreiro de 2012 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do concello de Ribadumia para exercer as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación das altas no imposto sobre vehículos de tracción mecánica. Considerando o previsto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e tendo así mesmo en conta que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1.- Aceptar a delegación que en materia de recursos locais realizou o concello de Ribadumia, por acordo do Pleno de data 7 de xullo de 2011, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación das altas no imposto sobre vehículos de tracción mecánica. 2.- Esta delegación do concello de Ribadumia, será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) e sométese ás condicións establecidas nas bases para prestación do servizo aprobadas polo Pleno desta Deputación en sesión de data 20 de xullo de 1992, á Ordenanza Reguladora da taxa por prestación de servizos polo ORAL aprobada polo Pleno desta Deputación en sesión de data 22 de decembro de 2009 e publicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 81 de data 30 de abril de 2010 e ós Estatutos do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) publicados no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra en data 26 de agosto de 2004. 3.- Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente para que formalice o correspondente convenio co concello de Ribadumia así coma os demais documentos que procedan. 4.- A delegación efectuada polo Pleno do concello de Ribadumia, para exercer as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación das altas no imposto sobre vehículos de tracción mecánica, publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 5.6178.- DELEGACIÓN DO CONCELLO DE MONDARIZ DAS FACULTADES DE XESTIÓN, LIQUIDACIÓN, INSPECCIÓN E RECADACIÓN DA TAXA POR TRASLADO, TRATAMENTO E ELIMINACIÓN DE RESÍDUOS Sr. Presidente.- O punto número 5. Delegación do concello de Mondariz das facultades de xestión, liquidación, inspección e recadación de taxas por traslado, tratamento e eliminación de residuos. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno do concello de Mondariz na sesión ordinaria celebrada o día 26 de novembro de 2011 acordou a delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación da taxa por traslado, tratamento e eliminación de residuos. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 17 de febreiro de 2012 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do concello de Mondariz para exercer as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación da taxa por traslado, tratamento e eliminación de residuos. Considerando o previsto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e tendo así mesmo en conta que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1.- Aceptar a delegación que en materia de recursos locais realizou o concello de Mondariz, por acordo do Pleno de data 26 de novembro de 2011, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación da taxa por traslado, tratamento e eliminación de residuos. 2.- Esta delegación do concello de Mondariz, será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) e sométese ás condicións establecidas nas bases para prestación do servizo aprobadas polo Pleno desta Deputación en sesión de data 20 de xullo de 1992, á Ordenanza Reguladora da taxa por prestación de servizos polo ORAL aprobada polo Pleno desta Deputación en sesión de data 22 de decembro de 2009 e publicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 81 de data 30 de abril de 2010 e ós Estatutos do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) publicados no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra en data 26 de agosto de 2004. 3.- Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente para que formalice o correspondente convenio co concello de Mondariz así coma os demais documentos que procedan. 4.- A delegación efectuada polo Pleno do concello de Mondariz, para exercer as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación da taxa por traslado, tratamento e eliminación de residuos, publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 6.6179.- DELEGACIÓN DO CONCELLO DE CATOIRA DAS FACULTADES DE INSPECCIÓN DA LIQUIDACIÓN PROVISIONAL DA TAXA POLA UTILIZACIÓN DO SOLO, SUBSOLO OU VOO DAS VÍAS PÚBLICAS MUNICIPAIS, A FAVOR DE EMPRESAS EXPLOTADORAS DE SERVIZOS DE SUBMINISTRACIÓN, FUNDAMENTALMENTE DE ENERXÍA, QUE RESULTEN DE INTERESE XERAL (TAXA 1,5%) Sr. Presidente.- O punto número 6. Delegación do concello de Catoira das facultades de inspección da liquidación provisional da taxa pola utilización do solo, subsolo ou voo das vías públicas municipais, a favor de empresas explotadoras de servizos de subministración, fundamentalmente de enerxía, que resulten de interese xeral (Taxa 1,5%). Supoño que aí virá mellor explicado, dentro. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno do concello de Catoira na sesión celebrada o día 29 de decembro de 2011 acordou a delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de inspección da liquidación da taxa pola utilización privativa do solo, subsolo ou voo das vías públicas municipais, a favor de empresas explotadoras de servizos de subministración, fundamentalmente de enerxía, que resulten de interese xeral (taxa 1,5%), así como a emisión e recadación da liquidación resultante desta taxa. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 17 de febreiro de 2012 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do concello de Catoira para exercer as facultades de inspección da liquidación da taxa pola utilización privativa do solo, subsolo ou voo das vías públicas municipais, a favor de empresas explotadoras de servizos de subministración, fundamentalmente de enerxía, que resulten de interese xeral (taxa 1,5%), así como a emisión e recadación da liquidación resultante desta taxa. Considerando o previsto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e tendo así mesmo en conta que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1.- Aceptar a delegación que en materia de recursos locais realizou o concello de Catoira, por acordo do Pleno de data 29 de decembro de 2011, para que a Deputación Provincial de Pontevedra, exerza as facultades de inspección da liquidación da taxa pola utilización privativa do solo, subsolo ou voo das vías públicas municipais, a favor de empresas explotadoras de servizos de subministración, fundamentalmente de enerxía, que resulten de interese xeral (taxa 1,5%), así como a emisión e recadación da liquidación resultante desta taxa. 2.- Esta delegación do concello de Catoira, será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) e sométese ás condicións establecidas nas bases para prestación do servizo aprobadas polo Pleno desta Deputación en sesión de data 20 de xullo de 1992, á Ordenanza Reguladora da taxa por prestación de servizos polo ORAL aprobada polo Pleno desta Deputación en sesión de data 22 de decembro de 2009 e publicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 81 de data 30 de abril de 2010 e ós Estatutos do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) publicados no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra en data 26 de agosto de 2004. 3.- Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente para que formalice o correspondente convenio co concello de Catoira así coma os demais documentos que procedan. 4.- A delegación efectuada polo Pleno do concello de Catoira, para exercer as facultades de inspección da liquidación da taxa pola utilización privativa do solo, subsolo ou voo das vías públicas municipais, a favor de empresas explotadoras de servizos de subministración, fundamentalmente de enerxía, que resulten de interese xeral (taxa 1,5%), así como a emisión e recadación da liquidación resultante desta taxa, publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 7.6180.- DISOLUCIÓN DO CONSORCIO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DA COMARCA DO SALNÉS E INTEGRACIÓN NO CONSORCIO PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO Sr. Presidente.- Punto número 7. Disolución do Consorcio contra incendios e salvamento da Comarca do Salnés e integración no Consorcio provincial de Pontevedra para a prestación do servizo contra incendios e salvamento. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Resultando que se recibiu un escrito (núm. rexistro de entrada no Rexistro Xeral da Deputación de Pontevedra 2022 do 25/01/2012) do Consorcio Contra Incendios e Salvamento da Comarca do Salnés no que se comunica que o Pleno dese organismo, en sesión celebrada o día 29 de decembro de 2011, adoptou o acordo de disolver o Consorcio para a súa posterior integración no Consorcio Provincial de Pontevedra para a Prestación do Servizo Contra Incendios e Salvamento. Resultando que este acordo se someteu a información pública polo prazo dun mes e que, finalizado o prazo de exposición pública e recibidos os informes a que se refire o artigo 143 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, da Administración Local de Galicia, o acordo de disolución debe someterse ós Plenos das administracións consorciadas, que resolverán tamén as alegacións, en caso de que estas foran presentadas, requirindo o voto favorable da maioría absoluta do número legal de membros da Corporación. Á vista do que antecede, previos os informes pertinentes e o ditame da Comisión Informativa de Cooperación, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSdeG-PSOE e coas abstencións do BNG, a adopción do seguinte acordo: 1. Ratificar o acordo adoptado polo Consorcio Contra Incendios e Salvamento da Comarca do Salnés en sesión celebrada o 29 de decembro de 2011 e, polo tanto, disolver o Consorcio Contra Incendios e Salvamento da Comarca do Salnés para a súa posterior integración no Consorcio Provincial de Pontevedra para a Prestación do Servizo Contra Incendios e Salvamento. 2. Aprobar a integración do Consorcio Contra Incendios e Salvamento da Comarca do Salnés no Consorcio Provincial de Pontevedra para a Prestación do Servizo Contra Incendios e Salvamento, con efectos dende o 31 de decembro de 2011, subrogándose ó Consorcio Provincial de Pontevedra para a Prestación do Servizo Contra Incendios e Salvamento nos dereitos e obrigas do Consorcio Contra Incendios e Salvamento da Comarca do Salnés e pasando os seus bens a formar parte do patrimonio do Consorcio Provincial. 3. O Consorcio Contra Incendios e Salvamento da Comarca do Salnés continuará funcionando transitoriamente ata que se renda a conta xeral. 8.6181.- CAMBIO DE TITULARIDADE E POSTERIOR ENTREGA Ó CONCELLO DE CATOIRA DA ESTRADA PROVINCIAL EP-8704 CATOIRA-ESTACIÓN (CATOIRA) Sr. Presidente.- Punto número 8. Cambio de titularidade e posterior entrega ó concello de Catoira da estrada provincial 8704 Catoira-Estación, en Catoira. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Visto o acordo adoptado por unanimidade polo Pleno do concello de Catoira, na sesión ordinaria celebrada o 29 de decembro do 2011, a través do cal solicita á Deputación Provincial de Pontevedra o cambio de titularidade e posterior entrega da estrada provincial EP-8704 Catoira–Estación. Visto o informe emitido polo Enxeñeiro T. Xefe da Zona Centro favorable á cesión solicitada xa que na actualidade a devandita estrada está completamente urbanizada, dotada de beirarrúas e coa presenza de pasos de peóns elevados na zona de circulación. Estas condicións técnicas unidas a que o vial, que ten unha lonxitude de tan só 675 metros, adquiriu características netamente urbanas aconsellan o seu cambio de titularidade a favor do concello de Catoira de acordo co disposto nos artigos 5 e 54 da Lei 4/1994, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia e o artigo 2 da Ordenanza Reguladora do Uso e Defensa das Estradas Provinciais. Considerando que de acordo co disposto no artigo 70.14 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado polo Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, correspóndelle ó Pleno a adquisición de bens e toda transacción sobre os mesmos, así como o seu alleamento e calquera outro acto de disposición, e visto o ditame da Comisión Informativa de Infraestruturas e Servizos Xerais, o Pleno acorda por unanimidade: Primeiro. O cambio de titularidade e posterior entrega a favor do concello de Catoira da estrada provincial EP-8704 Catoira–Estación que ten unha lonxitude de 675 metros. Dito viario incorporarase á relación de estradas de titularidade do concello de Catoira tal e como sinala o artigo 4 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de Estradas de Galicia. Correspóndelle ó concello de Catoira, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación da vía, así como o exercicio nela das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular da estrada. Segundo. Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra para a sinatura da acta de entrega que con tal fin se elabore. 9.6182.- CAMBIO DE TITULARIDADE E POSTERIOR ENTREGA Ó CONCELLO DE SANXENXO DUN TRAMO DA ESTRADA PROVINCIAL EP-9201 SANXENXO-BORDÓNS-ESTRADA SAMIEIRA (SANXENXO) Sr. Presidente.- Punto número 9. Cambio de titularidade e posterior entrega ó concello de Sanxenxo dun tramo da estrada provincial EP-9201 Sanxenxo-Bordóns-Estrada Samieira, no término municipal, todo iso, de Sanxenxo. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Visto o escrito remitido dende o concello de Sanxenxo a través do cal solicita á Deputación Provincial de Pontevedra o cambio de titularidade e posterior entrega dun tramo de 540 metros de lonxitude da estrada provincial EP-9201 Sanxenxo- Bordóns- Estrada Samieira. Visto o informe emitido polo Enxeñeiro Xefe da Zona favorable ó cambio de titularidade solicitado polo concello de Sanxenxo xa que a cesión afecta a un tramo antigo da citada estrada provincial na que se realizou unha variante de trazado e que é susceptible de ser transferido por non dar continuidade ó itinerario actual do vial provincial Sanxenxo-Bordóns-Estrada Samieira e prestar servizo unicamente ós veciños desa zona. Ademais, con esta transferencia, o concello de Sanxenxo poderá garantir o mellor mantemento dese tramo de estrada e levar un control máis directo sobre o mesmo para evitar posibles ocupacións indebidas do dominio público. Todas estas notas aconsellan o seu cambio de titularidade a favor do concello de Sanxenxo de acordo co disposto nos artigos 54 da Lei 4/1994, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia e 2 da Ordenanza Reguladora do Uso e Defensa das Estradas Provinciais. Considerando que de acordo co disposto no artigo 70.14 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado polo Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, correspóndelle ó Pleno a adquisición de bens e toda transacción sobre os mesmos, así como o seu alleamento e calquera outro acto de disposición, e visto o ditame da Comisión Informativa de Infraestruturas e Servizos Xerais, o Pleno acorda por unanimidade: Primeiro. O cambio de titularidade a favor do concello de Sanxenxo do tramo da estrada provincial EP-9201 Sanxenxo-Bordóns-Estrada Samieira comprendido entre os puntos quilométricos 2+700 e o 3+240. Dito tramo de estrada incorporarase á relación de estradas de titularidade do concello de Sanxenxo como sinala o artigo 4 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de Estradas de Galicia. Correspóndelle ó concello de Sanxenxo, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación da vía, así como o exercicio nela das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova administración titular da estrada. Segundo. Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra para a sinatura da acta de entrega que con tal fin se elabore. 10.6183.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PSdeG-PSOE RELATIVA Á CONXELACIÓN DAS TARIFAS DO PREZO PÚBLICO POLOS SERVIZOS QUE SE PRESTAN NA ESCOLA INFANTIL “PRÍNCIPE FELIPE” Sr. Presidente.- Punto número 10. Moción do Grupo Provincial do PSdeG-PSOE relativa á conxelación das tarifas do prezo público polos servizos que se prestan na Escola Infantil “Príncipe Felipe”. Ten a palabra D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Moitas gracias Presidente. Bos días. Dende o Grupo Provincial Socialista tamén lle desexamos un pronto restablecemento ó compañeiro de Corporación, Sr. Mosquera. Indo ó punto da orde do día, o Grupo Provincial Socialista presentamos no seu momento, para o seu debate neste Pleno, unha moción referida á Escola Infantil “Príncipe Felipe”. En dita moción facíamos referencia ou facemos referencia a que con data 1 de febreiro de 2012, as familias dos alumnos da Escola Infantil “Príncipe Felipe”, recibiron un escrito, mediante a axenda, onde se sinalaba que a partir da data 1 de febreiro de 2012 entraban en vigor as novas tarifas recollidas no Decreto 49/2012 polo que se aproban os prezos das Escolas Infantís de 0 a 3 anos, dependentes da Consellería de Traballo e Benestar. Os novos prezos deberían ser aboados entre os días 1 e 10 de febreiro deixando ás familias nunha indefensión absoluta, pois modifican as cotas en medio dun curso escolar e sen aviso previo ás familias. A raíz das protestas das nais e dos pais isto deu lugar a unha nova circular, unha nova carta do Director da Escola Infantil “Príncipe Felipe”, onde non se fai efecto en febreiro pero si se pon con efecto do mes de marzo. Ademais no prego, temos constatado que no prego económico-administrativo do concurso de xestión polo que se aproba a concesión do servizo da Escola Infantil da Cidade Infantil “Príncipe Felipe”, sinala no artigo 1 que a prestación do servizo terá que cumprir coas prescricións técnicas e o regulamento que vai anexo ó devandito prego, segundo dito regulamento o cobro efectuarase de acordo co réxime de taxas disposto no Decreto 70/2002, de 28 de febreiro, e coa respectiva ordenanza fiscal aprobada polo Pleno da Corporación da Deputación de Pontevedra. Vemos como ó contrario do que se di en campañas electorais, o goberno do Partido Popular, na Xunta de Galicia, vén de incrementar os prezos nas escolas infantís dentro dunha política de incremento dos impostos ós cidadáns e a súa vez, o propio goberno do Partido Popular na Deputación de Pontevedra segue o mesmo camiño de incremento dos impostos, e neste caso sen sequera cumprir coa legalidade, impoñendo unha subida que nalgúns casos é máis do 40% do prezo do recibo. Pois ben, cremos dende o Grupo Provincial Socialista que neste momento de dificultade económica o incremento proposto non é o máis acertado, polo que propoñemos para a súa aprobación a seguinte moción: Instar ó Presidente da Deputación a conxelar as taxas da Escola Infantil “Príncipe Felipe” durante o curso 2011-2012 e deixar sen efecto a comunicación dirixida ós pais e nais con data 1 de febreiro. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Santos Héctor. Ten a palabra Iolanda, Dona Iolanda. Sra. Veloso Ríos.- Moitas grazas. Ben, dende o Bloque Nacionalista Galego vimos denunciando tamén cal está sendo a política do Partido Popular dende a Xunta de Galiza, e agora tamén, esta é unha mostra, dende a Deputación de Pontevedra, con respecto a un servizo que consideramos básico, como son as escolas infantís. Un servizo básico, por unha banda dende un punto de vista educativo, pero tamén un servizo básico para a conciliación da vida laboral e familiar. Nestes momentos de crise no que hai tantas familias afectadas polo paro, e ademais na que xa sufrimos tamén unha reforma laboral por parte do goberno central, do goberno de Madrid, que supón unha precarización evidente e unha dificultade do acceso ó traballo para moitas persoas, un servizo como as escolas infantís é especialmente importante. Non podemos estar dicindo que lle vamos retirar a prestación por desemprego a unha persoa por non aceptar un posto de traballo, aínda que sexa en Laponia, e ó mesmo tempo eliminar recursos tan necesarios como as escolas infantís, porque unha persoa que non poida conciliar o traballo coa crianza dun fillo ou filla menor, porque non ten un servizo público como unha Escola Infantil, dificilmente vai poder aceptar determinados postos de traballo e ademais iso baixo ameaza de perder a súa prestación por desemprego. Esta é unha mostra máis, vimos xa como o Goberno da Xunta de Galiza aumentou os prezos das escolas infantís nunhas cantidades absolutamente escandalosas en tempo de crise. Tanto que se fala de austeridade dende as administracións públicas, e nun momento de crise, sobre quen cargamos esta “austeridade”, é, precisamente, sobre as familias, sobre as familias ademais máis desfavorecidas, porque estamos falando, tal e como dicía tamén antes o Sr. Santos Héctor, dun incremento de practicamente un 50% na atención educativa, pero é que se falamos do caso do servizo de comedor nas escolas infantís, estamos falando dunha suba dun 112%, cando evidentemente o servizo de comedor é fundamental para a conciliación da xornada laboral e da crianza dos fillos, estamos falando de que pasa de 33 euros a 70 euros, isto é absolutamente escandaloso, é practicamente obsceno, realmente. Ademais esta medida en principio non ía afectar ás familias con rendas inferiores ós 1.500 euros, e finalmente se decidiu reducir este límite ós 1.200 euros, estamos falando de familias con ingresos de 1.250 euros que van verse afectados por estas subas. Seica se nos vai dicir, como xa se dixo ademais na comisión informativa, que estas taxas levaban sen subir dende 2002, e agora, deciden subilas todas de golpe e ademais dun mes para outro, sen ningunha outra opción para as persoas que teñen os seus fillos e fillas nesta escola infantil, nin sequera podía ter o detalle de agardar a setembro, nin sequera iso, cousa que si fixo o goberno da Xunta. Neste caso a situación da Deputación considérase tan apurada que as familias van a ter que pagar xa en marzo cantidades superiores por ter os seus fillos e fillas na Escola Infantil Príncipe Felipe. Nós, evidentemente, estamos en contra de decisións como esta, estamos en contra de decisións que supoñan cargar sobre as familias a crise económica, igual que estamos en contra tamén de decisións como a privatización que está levando a cabo o PP da rede de escolas infantís galega, e vamos apoiar esta moción que presenta o Partido Socialista. Sr. Presidente.- Moitas gracias Dona Iolanda. Ten a palabra Dona Marta Iglesias. Sra. Iglesias Bueno.- Moitas gracias. Bos días a todos. A verdade é que agradezo a presentación desta moción, xa que desta maneira nos dá a oportunidade de explicar perante todos vostedes a xestión da escola infantil, unha escola infantil modelo en toda Galicia, e a razón da actualización dos prezos. Como sabedes, a escola infantil Chupetes leva funcionando catro anos, dende febreiro de 2008, e conta con 120 prazas de nenos entre 0 e 3 anos de idade. É unha escola que nunca deu ningún tipo de problema e tanto é así que todos os anos a demanda de matrículas así o indica. Polo tanto, vaia por diante o meu recoñecemento á aposta que fixo esta institución e ó Presidente Rafael Louzán, por dotar á cidade de Pontevedra destas instalacións, que non tiñan ningunha escola municipal. E quero aproveitar, ós deputados que non a coñezan, que a visiten, que se levarán unha grata sorpresa, porque son, como dicía ó principio, un referente na provincia, en toda Galicia. Neste momento, como todos sabemos, e ante a situación de crise e falta de recursos nas administracións públicas, a Xunta de Galicia, no seu Decreto 49/2012, aproba o réxime de prezos das escolas infantís de 0 a 3 anos, dependentes da Consellería de Traballo e Benestar. Neste Decreto se acomete unha reforma e actualización de prezos, que por certo, non se actualizaban dende fai 10 anos, dende o 2002, como vostede ben dixo, e polo tanto, habería que ter en conta un incremento acumulado do IPC, do 27%, e non é así, a suba media, atención educativa e comedor é tan só dun 19,2%. Se trata, polo tanto, dun incremento progresivo e solidario, que busca garantir atención ós que menos recursos teñen e permitan maiores achegas ós que máis teñen, é dicir, algo co que vostedes sempre teñen estado de acordo, non sei porque agora non. Polo tanto, ás rendas familiares de menos de 1.190 euros non afrontarán ningún tipo de incremento, nin sequera se lles aumenta o IPC acumulado de 2002, ningún. Para que vos fagades unha idea, os usuarios que se sitúan en toda Galicia neste tramo supoñen o 50% dos usuarios de toda a rede galega. No caso da nosa escola infantil, da que estamos a falar, o feito de non actualizalos suporía poñer en serio risco a permanencia deste servizo, que é moi deficitario. Hai que ter en conta que o prezo dunha praza pública calcúlase nuns 500 euros ó mes, e o máximo que se paga agora son 160 euros por praza. O máximo que paga unha familia pola gardería do seu fillo en Príncipe Felipe é de 230 euros, incluíndo comedor, ese é o máximo, estamos a falar de rendas, de familias de rendas que superan o medio millón de pesetas. Creo que non é tanto, creo que non é tanto. E polo tanto, nós cremos que son prezos extraordinariamente razoables e que había que tomar esta decisión, precisamente senón queremos eliminar, como dicía Iolanda, este servizo. E ás veces gobernar é tomar estas decisións, e se estamos neste momento é porque outros noutros anos non fixeron os seus deberes, e gobernar é tomar decisións que ás veces non nos gustaría tomar, pero queremos manter os servizos, como queremos que esta escola infantil siga funcionando, pois, hai que tomar estas decisións, e ademais, repito, cremos que son acertadas, oportunas, solidarias e non afectan a todos por igual, afectan, obviamente, os que máis teñen pois pagarán máis e os que menos teñen pagarán menos. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sra. Iglesias. Bueno, reiterar, que creo que xa de maneira contundente a Deputada Marta Iglesias acaba de dicir, pero, en todo caso, en todo caso, creo que sería conveniente, porque aquí hai xestores municipais que lles gustaría que a Deputación asumise unha gardería destas características, probablemente, tal e como manifestaba o Conselleiro de Educación estes días, unha das maiores garderías que existen en Galicia, pola súa eficacia na xestión, apertura de 7 da mañá a 10 da noite, e que por certo, como digo, aquí hai xestores municipais, que están aquí e que probablemente todos eles, os que están aquí neste salón de plenos hoxe, teñen, todos eles, unha gardería municipal, que lle custa pois bastante ó seu concello poder mantela, e incluso hai algún concello que non ten unha gardería soa senón que ten dúas ou máis. E no caso da Deputación se dá a circunstancia de que por parte de Pontevedra, do concello onde está ubicada esta gardería, o número de prazas de gardería de titularidade municipal son cero, cero, sen embargo hai concellos aquí, pequenos, grandes, que todos teñen unha gardería municipal, que lle custa ó concello, pois neste caso, unhas cantidades sumadamente importantes. Polo tanto, o primeiro que hai que dicir é que nesta materia o concello de Pontevedra, a xestión que fixo durante máis de doce anos foi cero, ningunha, nula, e nós vimos a cubrir un oco por unha demanda histórica das familias de Pontevedra, 120 familias, hoxe, poden conciliar a vida laboral e familiar da que vostede reclamaba e da que vostede fala, porque falar é moi fácil, o problema e a ver quen fai o asunto. E esa gardería pois débelle custar á Deputación agora mesmo, pois, á parte do que os pais aportan, uns 100.000 euros ó ano, pero a maiores diso, polos datos que nos transmiten e que ademais temos en Intervención, as perdas, para as catorce, quince persoas, que alí traballan, roldan os 60.000 euros, ou sexa, que estamos nun déficit aproximado de 160.000 euros, que non deixa de ser un servizo público, que debemos dar, que debería dar o concello de Pontevedra e que non dá, comparativamente con outros concellos, e polo tanto, vén a Deputación a cubrir unha necesidade nese ámbito, que podemos despois, en todo caso, falar de máis, ou350 prazas do centro de día, que ten a Deputación de Pontevedra tamén en Príncipe Felipe, para a zona de Pontevedra, e polo tanto, esas son realidades que fai a Deputación. E neste caso nos parece moi estraño, como ben dicía a Deputada Marta Iglesias, agora, que supostamente partidos como o Bloque Nacionalista Galego e o propio Partido Socialista, pois, reivindican que paguen máis os que teñen máis e que paguen menos os que menos teñen. Pero, non sei se pasou iso ou ultimamente non pasou así, porque a verdade é que ultimamente xa non sabemos nin o que pasou, na etapa de goberno socialista, ¿non?, non se sabía que era o que pasaba, se dalgunha maneira se ía a corrixir esa situación que sempre pregonaba, parece ser que non é así. E resulta que aquí se dá a circunstancia que, en principio foron oito, oito que, claro, teñen uns ingresos importantes e eses oito a reclamar, claro, dixeron, coño, é que claro, había que intentar pagar menos e tal, porque, pero sen embargo eran os que máis ingresos tiñan, é dicir, que os que menos ingresos teñen van a pagar menos a partir de agora, van a pagar, curiosamente, menos, entón nos gustaría saber se por parte do Partido Socialista e do Bloque Nacionalista Galego non están de acordo con esa práctica, se queren que paguen todos por igual, incluso os que máis teñen, ou se están, pola práctica que quere poñer en marcha a Deputación, de que paguen máis os que teñen máis e paguen menos os que teñen menos. Se están por esta práctica, ben, e senón queríamos escoitalos na outra dirección, ¿verdade?, porque xa digo, estamos dando un servizo público a un prezo extraordinariamente razoable, que agora mesmo produce xa en si mesmo unhas perdas que superan os 160.000 euros anuais, 160.000 euros anuais, e que ademais nos permitiu, por certo, hai que dicilo, a creación de catorce postos de traballo. Entón, non sei que é o que pretenden, o que pasa é que claro, como están neste sentido, uns gobernando en Pontevedra, outros na oposición, e non saben moi ben onde están, pois nos plantean este tipo de comentarios, que xa digo, veñen precedidos, debían preguntarlle a moitos deses que reclamaron, se, en que basean o seu argumento, para precisamente actualizar unhas taxas que non se actualizaron, como ben saben, nos últimos anos, aínda que a gardería, concretamente, de Príncipe Felipe, ten catro-cinco anos. Pero bueno, en todo caso teñen a palabra. Ten a palabra D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Gracias Presidente. Aquí se está substanciando dúas cousas, a primeira é o incremento á metade do curso dunhas taxas que lle son impostas a unhas familias que no seu momento, cando solicitan a gardería, a solicitan porque hai eses prezos, e non teñen agora mesmo oportunidade de cambialo porque se lle suba o prezo; segundo lugar, segundo lugar, o propio Decreto da Xunta de Galicia, a que facía referencia a Sra. Iglesias, ese propio Decreto o deixan sen efecto e o van a aplicar a partir do próximo curso, de setembro, aquí, a Deputación de Pontevedra o vai aplicar xa, á metade de curso, o vai aplicar xa, á metade de curso. Miren, menten, e mente o Sr. Presidente deste Pleno, o Sr. Louzán, cando fala de oito reclamacións de nais e pais, repito, minte o Sr. Louzán cando fala de oito reclamacións, non sei se lle comunicaron que hoxe, por Rexistro, ten vostede, ten vostede 78 firmas das 120 familias, as ten por Rexistro, en orixinal, e llas poden pasar, senón lle paso eu unha copia, ten 78 familias da gardería, que levan os seus fillos e fillas a esa gardería. Polo tanto, si hai unha reclamación de pais e nais, porque ven inxusto, inxusto, estes incrementos abusivos, porque nunha gardería, que é para conciliar e que dá tan bo servizo, para conciliar a vida familiar das persoas, dos traballadores, das traballadoras, non se lle pode chamar perdas, para iso está, para iso está a Deputación aí, para iso está a Deputación aí. E despois hai outro fallo, Sr. Presidente, hai outro fallo que é o do procedemento, non se pode facer así, hai unhas normas, hai unhas ordenanzas que modificar e hai uns prazos para estas ordenanzas, e vostedes os saltan, lles dá exactamente igual, lles dá exactamente igual cumprir coa legalidade. Mire, posiblemente, e sen remontarnos a outros meses, pero collendo as Resolucións de Presidencia, algúns dos detalles que veñen nas Resolucións de Presidencia, neste mes de xaneiro e parte de febreiro, nos atopamos que ó mellor onde tiñan que aforrar, porque si realmente é un gasto, é no nomeamento de dúas maquetistas para o Gabinete de Presidencia, por exemplo, que non sei o que é, pero xa o averiguaremos Isaura, ou, por exemplo, na viaxe, na viaxe ó I Congreso de la Camelia en China, iso é máis importante, é máis importante que subvencionar unha gardería. Pois miren, pois miren, nós como Grupo Provincial Socialista seguiremos demandando, demandando que estas 76 familias das 120, que lle supón un incremento importante das súas cotas, e hai delas 18 que teñen o incremento de 90 euros, polo tanto, 76 persoas, e aquí a xestión é privada, servizo público de xestión privada, por unha empresa privada que xestiona fondos públicos, e resulta que leva cinco anos con perdas, non nolo cremos ninguén, ninguén nos cremos que unha empresa privada leve cinco anos con perdas, e agora, acolléndose a un Decreto da Xunta de Galicia se veña a impoñerlles un incremento abusivo e inxusto a estas familias, cando non teñen opción a ir a outra gardería, iso é o que fan vostedes, podían, podían, como algún membro deste Pleno lle propuxo, lle propuxo nas Comisións Informativas, que o retiraran, que retiraran este incremento e que se tratara posiblemente para o próximo curso. Pois ben, nós vamos a seguir reivindicando, como dicía, de que se deixe sen efecto este incremento abusivo, e tamén vamos a recorrer polo procedemento, para deixalos sen efecto, revisen, Sr. Presidente, revisen o procedemento porque o están a facer mal, o están a facer mal, e polo tanto, lle reitero, súmense a esta moción, deixen sen efecto estas subidas e tramiten como é debido para o próximo curso se é que procede. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Santos Héctor. Dona Iolanda. Sra. Veloso Ríos.- Ben, moitas grazas. Dicía a Sra. Iglesias que é unha escola infantil modelo, non o dubidamos, en ningún momento dixemos que houbera algún problema co servizo prestado pola escola infantil, é máis, é que nós temos a tendencia, porque sabemos que ademais é unha realidade, a confiar nos servizos públicos que se prestan dende as administracións e nomeadamente no ensino. Nos alegramos moitisimo de que un escola infantil pública sexa unha escola infantil modelo, é o sistema educativo o que defendemos dende o Bloque Nacionalista Galego, e ademais pensamos que é que ten que ser así, ten que ser así. Fala de que a demanda de matrículas é o que o demostra, a demanda de matrículas o que demostra é que o servizo de escolas infantís no noso país é deficitario, todos os anos moitas familias do noso país, en toda a provincia de Pontevedra, quedan en lista de garda e quedan sen praza para as escolas infantís, esa é unha realidade, e iso é o que se demostra, que debería haber máis escolas infantís. Pero, dende que chegou o Partido Popular ó Goberno da Xunta, paralizouse a apertura de escolas infantís, mesmo incumprindo moitos dos convenios asinados cos concellos, con escolas infantís que estaban xa en período de licitación, que estaban coa tramitación iniciada, e que non se continuaron, con escolas infantís rematadas e pechadas e que estaban agardando por un proceso de privatización, que é o que están levando a cabo agora mesmo, por exemplo, sen ir máis lonxe, xa que fala do concello de Pontevedra, aquí en Monteporreiro, na Escola infantil de Monteporreiro, onde se privatiza a xestión. E dicía, que a falta de recursos nas administracións é o que provoca a actualización destes prezos. É curiosa a reacción dun goberno, que, cando hai falta de recursos nas administracións, en lugar de redistribuír os recursos, en lugar de buscar novos recursos, o que fai é pagar, facer pagar máis ás familias por servizos públicos básicos, esas son as decisións do Partido Popular. Dende o Bloque Nacionalista Galego, pensamos que non son as familias as que teñen que pagar por servizos públicos básicos a crise económica e a falta de recursos das administracións, senón que hai que dar unha resposta diferente, buscando recursos doutras partes e redistribuíndo os recursos como moi ben dicía tamén o Sr. D. Santos Héctor. E, falou dos concellos, falou dos concellos, e me parece curioso de que fale de que a Deputación só, a Deputación, o que se lle cubriu é un oco dun concello, cando en realidade o que está pasando é que os concellos están cubrindo ocos de competencias da Xunta de Galiza. As competencias educativas son competencias autonómicas, as escolas infantís teñen que ser servizos educativos e servizos de conciliación da vida laboral e familiar dos que ten que ocuparse a Xunta de Galiza. En moitas ocasións, os concellos vense obrigados a cubrir os ocos que non está cubrindo a Xunta de Galiza, e este é un máis dos casos, non é a Deputación quen cubre os ocos dos concellos, que por outra banda as Deputacións tamén están para iso, tamén están para iso, pero hai concellos nos que se están cubrindo moitos servizos que son de competencia autonómica. E mire, nalgúns deses concellos onde si hai escolas infantís municipais e podemos coller, como exemplo, o concello de Vigo, o Partido Popular pediu a conxelación das taxas das escolas municipais infantís, así como pediu a conxelación de todas as taxas e impostos municipais, pediu a conxelación de todas as taxas e impostos municipais, nunha administración local onde tamén hai falta de recursos, como en todas, en todas, a crise afecta a todas. Bueno, quizais non se consideran falta de recursos e se consideran déficits o pagarlle ós empregados, como acaba vostede de dicir, ou se considera perdas ter que manter un servizo público, pero eses son “lapsus linguae”, que lle pasa a moita xente, como cando fala dos inimigos referíndose a estudantes. E vostede, falaba de perdas e de déficit referíndose a servizos públicos básicos como o educativo ou os salarios dos traballadores e traballadoras, pero bueno, esa é unha cuestión ideolóxica, por iso toman estas decisións tan difíciles sen ter demasiados problemas, son decisións moi duras, con iso xa xustifican todas as decisións, é moi difícil pero temos que facelo, non van chegar a chorar como algunha Ministra italiana, porque é unha cuestión ideolóxica, porque o fan plenamente convencidos de que iso é o que hai que facer. No BNG, pensamos que non, que non é iso, non é iso precisamente, e por iso, por exemplo, no concello de Vigo conxeláronse as taxas municipais das escolas infantís, conxeláronse, non se subiu nin un só euro, para as familias que teñen os seus fillos e fillas nas escolas municipais infantís, onde efectivamente unha gran parte dos usuarios son familias con rendas baixas, porque como hai escaseza de praza a maioría das familias que conseguen unha praza nunha escola infantil pública ten unha renda baixa, efectivamente, máis dun 50% das familias teñen rendas baixas, pois si, porque hai escaseza de prazas públicas, e nós o que demandamos é que aumenten as prazas públicas de escolas infantís, por parte da Xunta de Galiza, quen ten a competencia, e que se conxelen as taxas das escolas infantís públicas, tanto da Xunta como da Deputación, igual que se fai nalgúns concellos, porque en tempo de crise, con falla de recursos, tamén se pode facer así se se quere, pero é unha cuestión ideolóxica cargar sobre as familias a falta de recursos pola crise económica. Sr. Presidente.- Moitas gracias Dona Iolanda. Ten a palabra Dona Marta Iglesias. Sra. Iglesias Bueno.- Eu podo entender que como son oposición a postura máis cómoda e máis demagóxica é estar en contra de todo tipo de subas, axuste do tipo que sexa, pero tamén lles digo que despois da situación na que nos meteu, principalmente o Partido Socialista, que sexan agora vostedes os que nos esixan ter servizos xestionados por funcionarios, que non son sostibles, pois iso xa roza a irresponsabilidade, a verdade. Me chama moito a atención que sexan dous concelleiros de Vigo, que gobernaron durante catro anos, e que non crearon nin unha soa escola infantil en Vigo, y usted era Concejala de Igualdad, y su compañera María Méndez, que era Diputada aquí, también, era Concejala de Servicios Sociales, y ni una sola escuela infantil, con 120 millones de euros sobre la mesa, y ni una sola plaza para ningún niño-niña de Vigo. Por eso, me llama mucho la atención, Sra. Veloso y Sr. Héctor Santos, que habiendo gobernado durante cuatro años, que hayan dedicado todo a hacer aceras y nada a ni una sola plaza de guardería infantil. Pero es más, le voy a poner además un ejemplo de lo que pasa en Andalucía, en Andalucía, sobre el tema de la gestión pública y privada, en Andalucía, el 85% de las escuelas infantiles son de gestión indirecta, indirecta, y allí llevan gobernando 30 años, y además iban a subir los precios, lo que pasa, que, bueno, con las elecciones como que se cortaron un poco. Pero, es que, para más inri, aquí al lado, que sólo hay que caminar 200 metros para llegar al Ayuntamiento de Pontevedra, resulta que van a poner por primera vez, en la historia de esta ciudad, la primera guardería municipal, ¿y que hacen?, no, no la van a gestionar directamente, no, van hacer una gestión pues como la que estamos haciendo aquí, entonces no se el por que de la crítica de este tipo de gestión. En cuanto a lo que decía Héctor Santos sobre las cláusulas administrativas, usted si, lee la cláusula número 6, pero no lee la 23, donde dice que en el año de vigencia del contrato se podrá revisar las tarifas, y la Xunta de Galicia establece por Decreto una variación de las mismas, que es lo que hemos hecho, y además tenemos un informe del Secretario de esta Diputación, pues, certificando la legalidad de toda la actuación, con lo cuál no se que está usted queriendo decir, que no cumplimos con la legalidad, que las cosas no se hacen así, que bueno, que parece que somos todos unos chorizos que nos queremos quedar con el dinero de los padres, esto no es así. Y le voy a decir, no creo que ninguna familia a mitad de curso se tenga que ir de ninguna guardería porque se le suban 90 euros, porque a esas familias que se le suben 90 euros, tienen al mes de ingresos más de medio millón de pesetas, entonces no creo que por 90 euros, por 90 euros de subida, de comedor y de atención educativa, una familia se tenga que llevar a su hijo a otro sitio y que no encuentre otra escuela infantil, no creo que eso suceda. En primer lugar, porque esas familias a las que se ha hecho esa subida no entrarían nunca en otra escuela infantil municipal, ni pública ni del tipo que sea, porque aquí se ha hecho un cupo para funcionarios del Sergas y de la Diputación de Pontevedra, es donde están esos niños que tienen esas subidas de 90 euros al mes, sino no podrían estar en esta escuela municipal. Con lo cuál no creo que sea tan grave que se le suban 90 euros a una familia que tiene de ingresos más de medio millón de pesetas. De verdad que no me parece que ustedes estén defendiendo, que ustedes estén defendiendo, me parece increíble, me parece increíble que usted, Sra. Veloso, que yo la considero una persona seria, que hable primero de que se le sube un 112%, un 112%, pero es que no se le sube, a lo mejor se le sube al 15% de esas familias, de los 120 niños, pero no se le sube un 112% a los niños, no trate de manipular, porque eso, están los datos, las tablas, podemos analizar uno por uno la situación familiar de cada niño, usted y yo, y se dará cuenta que las familias que más lo necesitan, los niños que menos recursos tienen se le baja el precio de la guardería, porque es una medida justa y solidaria, es algo que ustedes siempre han defendido, y no entiendo, por ahora, por hacer un tema demagógico total, pues ahora resulta que se suben al carro de la subida de las tarifas. Mire, lo que tratamos aquí es de mantener, perdone, pero yo no le interrumpí, de lo que tratamos aquí es de mantener un servicio público, un servicio público que ustedes no han sido capaces de crear en los ayuntamientos donde gobiernan, ustedes dos, Isaura Abelairas, que es ahora concejala de servicios sociales y tampoco le veo yo ningún atisbo de hacer la primera guardería, por favor, yo no le interrumpo, entonces, por lo tanto, las palabras que está pronunciando de obsceno y escandaloso … Sr. Presidente.- Sra. Abelairas, tranquilícese. Sra. Iglesias Bueno.- De obsceno y escandaloso, no me parecen las más adecuadas, lo que me parece obsceno y escandaloso es que ustedes estén defendiendo esto, que precisamente no sea una subida lineal, como hacen ustedes, como hicieron ustedes con el IVA, por ejemplo, que castigaron a todas las familias y a todas las personas, independientemente de la renta y que estamos sufriendo todos, y ahora, que nosotros hacemos una subida progresiva e incluso alguna bajada, en el caso de los que más lo necesitan, pues, entonces es que le parece obsceno y escandaloso. Por lo tanto, yo creo que insistir sobre este tema no tiene mucho sentido, ustedes, pues creo que lo que no han ganado en las urnas, lo quieren ganar en la calle, y como ustedes, y bueno, en lo de las firmas, que no me quería, bueno, lo de las firmas que ustedes han presentado, nosotros por Registro teníamos contabilizadas 8 peticiones de padres, que puede ser, pero esa cantidad de firmas, que además, pues yo creo que, define que esta es una manipulación política, porque el hecho de que ustedes lo tengan encima de la mesa, esas firmas, y nosotros no, yo creo que son, bueno, algunas personas que se las han traído y se las han dado en persona, lo registraron hoy mismo, para que nosotros no las tuviésemos y por lo tanto, yo creo que es una manipulación política pura y dura, porque a la mayoría, y tendríamos que ver firma por firma, porque a la mayoría de esos padres no se les ha subido esas cantidades, incluso muchos no quisieron firmar porque se bajaban los precios. Por lo tanto, no vamos a apoyar su moción, y bueno, pues vamos a seguir tomando decisiones como estas que aunque sean difíciles de tomar, pues, las hay que tomar. Muchas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sra. Iglesias. A verdade que eu creo que está suficientemente contestado, pero é que unha cousa é falar e outra cousa é xestionar, porque dicía Dona Iolanda que, claro, nós defendemos, debía ser a Comunidade Autónoma, entón, me pregunto, vostedes en catro anos que gobernaron a Xunta de Galicia, ¿que fixeron?, e en doce que gobernaron en Pontevedra, trece que gobernaron en Pontevedra, ¿que fixeron?, ¿a que se dedicaron?, porque, falar, falar, falar, pero haberá, unha cousa é falar e outra cousa é facer, porque agora, claro, esixímoslle ós demais, non, é que ten que ser a Comunidade Autónoma, oe, ten que ser a Comunidade Autónoma, pero a Comunidade Autónoma tamén a xestionaron vostedes, ¿como se chamaban cando poñían en marcha esas?, que lle poñían a vestimenta ós pequenos, ¿como era iso?, galiña azul, hai é iso, non sei, pero, poñíanlle un mandilón, había que ir todos, eran do réxime, como se foran, ¡ah!, era iso, ¡ah!, exactamente. Entón, sexamos serios, dicía a Sra. Iglesias, vostede como responsable política lle parecía unha persoa seria, sexamos serios, senón fixeron os deberes, non veñan agora a presumir aquí do que non fixeron, oe, tiveron tempo, puideron haber feito garderías para todos, xa está, pero en Pontevedra cero, é que non, é que é unha cuestión da Comunidade Autónoma, vostedes cero, Bloque Nacionalista Galego e Partido Socialista, ámbolos dous, ámbolos dous xuntos aquí en Pontevedra, en trece anos, fixeron cero, concellos do lado, como incluso un concello pequeno, de 5.000 habitantes, como é Barro, ou de menos, pois ten unha gardería pública, que lle custa un diñeiro, e os concellos que están aquí exactamente igual, dando un servizo, e isto como ben lle dixo a Deputada, o que pasa é que eu creo que aquí probablemente deba haber algún afiliado do Partido Socialista ou do Bloque Nacionalista Galego, que, evidentemente, oe, trasládanlle a inquietude, oe, hai que reclamar alí isto e tal, porque maioritariamente, si é certo que cando se abriu esta gardería, son para pais e nais, de funcionarios, que teñen unha parte, unha porcentaxe importante, ¿verdade?. Pero, ¡que casualidade!, ¿que curioso!, ¡que curioso o dato que lle vou a dar agora!, resulta que hoxe mesmo, hoxe mesmo, remata o prazo de inscrición para o novo curso, e resulta, e dáse a casualidade de que todos solicitaron de novo que no ano que vén queren que os seus fillos estean na gardería de Príncipe Felipe. ¡Que curioso!, ¿verdade?. Porque vostede dicía, vostede dicía, precisamente, non, é que, á metade do curso, dicíndollo agora, non, pero nós revisaremos incluso os ingresos que agora teñen comparativamente cos que tiñan antes, que ó mellor cando entraron eran uns e agora son outros, os vamos a revisar, non hai ningún tipo de problema, pero vostede dicía ademais é que é á metade de curso, pero o problema é que á metade de curso podían incluso cambiar, pero, ¿para onde se van?, porque non hai prazas de gardería libres en Pontevedra, e vostede o sabe, ¿verdade?, por iso digo que o Bloque Nacionalista Galego, en Pontevedra, non fixo nada, e o Partido Socialista igual, porque son, van de la mano, non fixeron nada, por iso que, curioso, que remata o prazo e todos solicitaron de novo, porque se houbera un mal comportamento, se houbera unhas taxas inadecuadas, se houbera unha mala xestión, non, nada diso, porque os pais, ¡que maior manifestación hai!, todos os que hoxe en día están na gardería de Príncipe Felipe, xa cumprimentaron a súa solicitude para o curso que vén, ¡que casualidade!, ¿verdade?, ¿de que estamos discutindo?, ou sexa, ¿de que estamos discutindo?, por iso que creo que neste sentido hai que ser quizais máis serio, ¿non?, máis serio con estas cousas, demagoxia barata, demagoxia barata, o que pasa que claro, agora vostedes perderon o goberno central e perderon tantas cousas, dixeron, aquí hai que agarrarse aínda que sexa a un cravo ardendo, ó que faga falta, aínda que non sexa a verdade, aínda que iso vaia en contra das nosas políticas, e entón, facemos xa calquera cousa, ¿verdade?. Entón, eu creo que este caso está claro, non hai moito máis que discutir, porque é un tema que ogallá, ogallá moitos puxeran en marcha iniciativas como a de Deputación, que non tiñamos necesidade ningunha de poñela en marcha, por certo, e sen embargo a fixemos, porque era unha demanda da sociedade de Pontevedra, e que nadie fixo, nin o concello que ten responsabilidade, a Comunidade Autónoma, ou vostede quen queira manifestar, e iso é, xa digo, o que lle temos que dicir, e creo que o dato fala por si só da realidade, e despois habería que comprobar, evidentemente, se as 76 firmas que hai aquí ata as 120, bueno, pois se é o pai e maila nai xa tal, ou se dalgunha maneira corresponden todas ós pais ou non, bueno, vamos a, facemos un pouco de, pasámoslle un panfleto e presentámolo o día de tal, pero a realidade, e non vamos a discutir diso, porque eu dígolle que a realidade cando o Director de Príncipe se reuniu con eles, a reclamación partiu de oito familias, oito, aínda que agora veñan 76, como se viñeran as 120, exactamente igual, eran oito, e agora presentaron aquí 76, bueno, pois haberá que revisar e todo o demais, ademais eu estou disposto, como xa tivo o director unha xuntanza con eles, cando queiran, a ver quen lle ofrece mellor calidade, máis económica, e todo o demais, xa houberan ido a outro sitio, seguro, pero resulta que se dá a casualidade de que non hai, non hai, nin mellor nin máis barato noutro sitio, nós damos unha calidade de servizo que é o que realmente nos demandan os cidadáns e para iso estamos. Polo tanto, xa digo, ogallá haxa máis xestións como esta, que beneficien neste caso iso que tanto se fala, pero que pouco se concreta, que é a conciliación da vida familiar e laboral. Dona Iolanda, ten a palabra. Sra. Veloso Ríos.- Si, simplemente para aclarar unha cousa, xa que, por unha banda se me di que son unha persoa seria, que me consideran, o agradezo, procuro selo, todo o mundo cometemos erros, pero procuro selo e o que si quero aclarar é que eu estaba falando do Decreto da Xunta, sobre os prezos das escolas infantís, onde se establece un prezo de comedor de 70 euros, cando o anterior era de 33, ese é un incremento do 112%, e non hai outra explicación ós datos que dou, non hai ningunha outra explicación que non saia do DOGA, simplemente. E, en canto ás escolas infantís feitas polo goberno do BNG, bueno, pois cando o goberno do Partido Popular tomou posesión había 85 escolas infantís, que dende logo, eran bastante máis do dobre das que collera, despois de dezaseis anos de gobernos do Partido Popular, e despois, logo, con esas 85 escolas infantís, o primeiro que fixeron foi cambiarlle os letreiros, iso foi o que fixeron, fundamentalmente, niso gastaron os cartos, en cambiarlles os letreiros ás escolas infantís, pero as que tiñan que abrir non as abriron e esa é a realidade, non as abriron. Sr. Presidente.- Moitas gracias Dona Iolanda. Don Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Si, moi breve. En primeiro lugar, para dúas cousas, a Sra. Iglesias, é un papelón ter que defender subidas de impostos cando vostedes nas súas campañas electorais falan que van a facer máis con menos, e que non ían subir os impostos, e agora temos esta subida de impostos para pais e nais nesa gardería do Príncipe Felipe, é unha brutal subida de impostos, que o fan vostedes, o Partido Popular, igual que fixeron co IRPF, que todos os traballadores, os que temos nómina, vamos a ver repercutido este mes de febreiro, igual que os pensionistas, e van ver mermados, todos vamos a ver mermados os nosos salarios, bueno, os que nos deixen as empresas privadas, despois de rebaixárnolo coa súa reforma laboral, ó mellor pois xa queda pouco para o IRPF. Si, Sra. Iglesias, si, vostede como ó mellor iso non lle vai a tocar, pero ós que traballamos en empresas privadas si nos toca, xa estamos vendo todos estes días, en Barreras, en Vigo, sei que lle gusta falar de Vigo, para desviar a atención, colla os medios de comunicación de hoxe, rebaixas de salario entre o 80 e o 20% en Barreras, á parte de 50 despidos, coa súa reforma laboral, pero, para non desviar a atención, vostedes soben impostos, non xestionan ben, lle chaman gasto a un servizo público, cando é unha inversión, e ademais, e ademais, e é o preocupante, porque podían defendelo doutra maneira, o preocupante é que están a criminalizar ós pais e ás nais, e esperemos dende o Grupo Provincial Socialista que non se tomen represalias, que non se tomen represalias, porque vostedes están moi acostumados a chamarlle enimigos ós nenos de institutos, non vai a ser que aquí tamén, na oposición, nos vaia a dicir como temos que nós facer oposición, só faltaría, pois a oposición, ós que gobernan ás veces, a maioría das veces non lle din as cousas que lle gusta oír, para iso xa llo di o seu grupo, á oposición está xustamente para o contrario. Lle reiteramos dende o Grupo Provincial, retiren ese incremento de subida de prezos na Escola infantil Príncipe Felipe, non utilicen esa gardería para actos partidarios, como fixeron vostedes o martes pasado, que se foron alí cargos públicos da Xunta, da Deputación, lle cambiaron o horario de comida ós nenos e nenas, os nenos e nenas comen ás 12 e lle cambiaron o horario de comida para as 11, porque tiñan visita institucional, non será mellor que se adapten os visitantes ó horario dos nenos e non cambiarlle ós nenos o horario, imaxínense vostedes ós nenos e ás nenas comendo ás once da mañá porque os visita o Presidente da Deputación, os visita o Conselleiro de Educación, e para dicirlle, iso si, era un concerto, un festival, pero aproveitaron para dicirlle a bondade dos incrementos das taxas, un partido, o Partido Popular, que nas súas campañas fala de que non vai a subir os impostos, e é o que máis os sube, o de facer máis ou menos, mentira, nin xestión económica nin xestión política, e así nos vai. Por certo, Sra. Iglesias, cando se subiu o IVE evitouse unha situación como a de Grecia hoxe, agora mesmo, pero vostedes que chegando ó goberno coa confianza que xa estaba todo arranxado, mire onde estamos, miren onde estamos. Retiren, retiren estes incrementos, porque esta empresa, e reitero que din que ten perdas, entón, se tiña perdas durante cinco anos, ¿como acepta a prórroga do contrato?, se ten perdas por que acepta a prórroga, eu non entendo unha empresa privada que teña perdas e que siga, non coñezo ningunha, ó mellor esa é un caso raro. Retiren estes incrementos. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Eu creo que xa está todo dito, o problema D. Santos Héctor é que, ¿cantas empresas están en perdas neste país?, ¿cantas?, ¿por culpa de quen?. Bueno, se vostede o di eu xa, non fai falta que o diga eu, polo tanto, esa é a realidade, esa é a realidade, por desgraza, pero bueno, pero bueno. Vamos a proceder a votar esta moción, neste caso do Grupo Provincial Socialista. ¿Votos en contra da moción?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Por maioría de votos do PP en contra da Moción e cos votos a favor da mesma do PSdeG-PSOE e do BNG, acórdase rexeitar a Moción do grupo provincial do PSdeG-PSOE relativa á conxelación das tarifas do prezo público polos servizos que se prestan na Escola Infantil “Príncipe Felipe”. 11.6184.- ASUNTOS FÓRA DA ORDE DO DÍA Sr. Presidente.- Punto número 11. Asuntos fóra da orde do día. Sr. Secretario.- No hay nada. Non houbo. b) Parte de información e control: 12.6185.- DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS PRESIDENCIAIS Sr. Presidente.- Dar conta de Resolucións Presidenciais. Sr. Secretario.- Los extractos de Resoluciones Presidenciales entre o 24 de xaneiro e o 20 de febreiro. Queda enterado o Pleno das seguintes: - De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas pola Presidencia entre os días 24 de xaneiro e 20 de febreiro do ano 2012 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. 13.6186.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Ben. Rogos e preguntas. D. Francisco Veiga Soto. Sr. Veiga Soto.- Bueno, bos días Sr. Presidente, Sres. Deputados e Deputadas. Bueno, antes de nada si que me gustaría saber exactamente que son eses maquetistas que contratou a Deputación para o Gabinete da Presidencia, ¿queríamos saber se se van a dedicar a facer maquetas de música ou maquetas de edificios?, era máis que nada por curiosidade. Pero, para empezar co turno de preguntas propiamente dito, Sr. Presidente, levamos dende que iniciamos este novo mandato solicitándolle, mes tras mes, que nos dea información sobre o fondo anticrisis, sobre a parte de libre disposición, críamos que chegado decembro e coa resposta que lle dou ó Sr. Mosquera, que íamos a ter máis sorte, cando era unha pregunta xa repetida por parte dos dous grupos da oposición, e tal e como se comprometera vostede a manternos informados, e que íamos a ter esa información canto antes, pero estamos xa en febreiro e seguimos sen información de ningún tipo. Esa suposta transparencia, que tanto se lle enche a boca en dicir que practica o Partido Popular aquí, na Deputación de Pontevedra, pois, brilla pola súa total e completa ausencia. Entón, me gustaría saber se vamos a seguir moitos máis meses nesta situación, ou se por fin nos vai a dar esa información, repetidamente, solicitada sobre en que está gastando o Presidente, o Sr. Presidente da Deputación, eses catorce millóns de euros que ten á súa libre disposición. Mentres tanto, segue facendo cousas como esta da gardería, subindo as taxas, cando ten cartos para outras cousas, como se pode ver. Entón, iso por un lado Sr. Presidente, ¿vai a dar información?, ¿non a vai a dar?, ¿nos vai a comentar en que se están gastando eses cartos?, ¿nos vai a dicir en que concellos se están gastando?, ¿nos vai a dicir con que criterios se están utilizando?, ou, ¿vai a seguir calado como segue ata o día de hoxe?. En segundo lugar, no mes de xaneiro, o pleno de Cuntis, pasou unha moción aprobada por parte dos grupos municipais, onde se lle solicitaba o arranxo dunha estrada provincial, da EP-8404, a estrada Cuntis-Cequeril. Esa estrada une as aldeas de Laxos, O Pazo, Cardecide, Xinzo, A Louriña, Rebordelo, A Ermida e a Paixosa, co núcleo urbano de Cuntis. É unha estrada importante e que ten partes que están nun estado lamentable, sobre todo, sinalábase aí nesa mesma moción, a necesidade que ten de ampliación a ponte que está sobre o río, ou chámelle regato se quere, de A Patela. A min gustaríame saber se vai a ter en conta esa moción, se se está facendo algo con respecto a esa estrada provincial, se se van a asumir como é debido as competencias directas que ten esta Deputación, ou se vai facendo caso omiso destas necesidades que teñen estes viais provinciais, mentres se seguen gastando cartos provinciais noutros temas que son de competencia directa doutros organismos, como pode ser todo o relativo a turismo, e, tal e como se está pregonizando por parte do goberno do Partido Popular en Madrid, cada administración se vai a adicar ó que ten que adicarse directamente. Por outro lado, tamén, fai xa, creo recordar, tres plenos, preguntoulle o meu compañeiro e portavoz provincial, Santos Héctor, polo arranxo da carretera Cuntis-Souto de Vea. Nese momento se comentara aquí, que si, que era unha carretera que non estaba en moi bo estado, pero que non era a que estaba en peor estado, de todo o viario da Deputación. Home, non sei ata que punto non pode ser a que está no peor estado pero que fose motivo suficiente como para facer que a volta ciclista cambiase o percorrido para non pasar por ela, foi, entón, nestas últimas semanas se pintaron marcas. Nos gustaría saber se se lle vai a dar por fin un tratamento a ese vial, que non sexa simplemente poñer tiritas, que sexa unha obra, un proxecto en profundidade, ou, ¿que é o que representan esas marcas que están nese vial?. Esas son as preguntas que teño por hoxe, Sr. Presidente, esperando que me conteste, sobre todo, sobre todo, á dos fondos anticrisis porque xa parece pitorreo. Sr. Presidente.- Sra. Abelairas. Sra. Abelairas Rodríguez.- ¿Funciona isto?. Vale. Gracias. Bos días. Vamos a ver, a miña pregunta vai na seguinte cuestión, como falaba Marta Iglesias de que están aí todos preocupados por esa austeridade, me gustaría que o Presidente me respostara sobre eses cartos que están vostedes pagando á RedMadre, para distribuír propaganda polos ambulatorios para disuadir ás mulleres de abortar, creo que, polo visto, a Deputación de Pontevedra está pagándolle á RedMadre, que é unha asociación de mulleres que pelexa en contra de que as demais teñan o dereito á abortar. ¿Que hai de certo en que a Deputación de Pontevedra lle estea subvencionando eses folletos?. Se estamos falando de austeridade, pois, me parece que habería que controlar un pouquiño, cando esa asociación o único afán que ten é o adestramento ideolóxico dunhas mulleres, que teñen o dereito a abortar ou non abortar, me gustaría que me contestara a esa pregunta cando o considere oportuno. Sr. Presidente.- Moi ben. Bueno. Sra. Iglesias. Sra. Iglesias Bueno.- Si, bueno, pues RedMadre es una asociación legalmente constituida, si, si, que puede presentar una solicitud de subvención como cualquier otra, y lo presenta para divulgar, pues, todas las actividades que hacen, que no son esas, precisamente me gustaría que usted conociese la labor que está haciendo RedMadre, porque es una asociación que ayuda a las mujeres que se han quedado solas, solas, ante la pérdida, pues, de su pareja, porque no quiere acompañarla durante el embarazo, pues, tener una ayuda, pues, de todo tipo, desde acompañamiento al médico hasta ayuda psicológica, no es más que esto, no es adoctrinamiento de nada, es simplemente, lo que pasa es que ustedes solo ayudan a abortar, es lo único que hacen. Y hay otras asociaciones que se dedican a fines de acompañar a mujeres que libremente deciden tener un hijo. No es más. Me gustaría que las visitase, que conociese sus fines, sus objetivos y entonces, pues, pudiese hablar de ellos, porque de verdad, creo que estás hablando, y ahora si que me pongo seria, tu sabes que somos muy amigas y que tenemos muy buena relación, Isaura, si, si, somos amigas, pero creo que en este tema no se pueden decir las cosas así de una manera tan ligera. Estamos hablando de un tema muy serio, vosotros que defendéis tanto el tema de lo social, yo, me parece increíble que hables así de este tema, con tanta ligereza, y me gustaría, de verdad, que desde el convencimiento hablases. Muchas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Si. Sra. Abelairas Rodríguez.- Perdón. Non, teño que contestarlle, teño que contestarlle, ademais, che pido Marta, con todo o cariño, que retires ayuda a abortar, que eu apoio a ayuda abortar, ou que nós apoiamos a ayuda a abortar, con todo o cariño e con todo o respecto. Sei quen é RedMadre, sei quen é, coas diferenzas ideolóxicas que podo ter con elas, sei quen son. A miña pregunta era outra, estanse pagando uns folletos incitando ás mulleres a que non aborten, unha cousa é dar información e outra cousa é dicirlles que non aborten, precisamente, neste tema, é o que están facendo. Marta, como muller, como muller, como nai, e como unha muller que abortou dúas veces, e non porque quixera abortar, nadie, absolutamente, ningunha muller quere abortar porque si, as mulleres non queremos abortar porque si, cando unha muller decide abortar é porque algo moi forte lle está pasando. Marta, como nai que abortou sei do que estou falando, e é moi complicado tomarse á lixeira algo tan serio como é un aborto. Non se pode xogar con estas cousas, Marta, non se pode xogar con estas cousas, cando unha muller decide abortar non o fai por algo tan lixeiro como unha incitación, algo moi grave lle está pasando, deixa que esa muller decida, deixa que esa muller decida, non somos seres que necesitemos que ninguén nos diga o que temos que facer, somos todos adultos e todos maiores de idade. Marta, e ti tamén eres unha muller. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sra. Iglesias. Sra. Iglesias Bueno.- Es que, yo creo que a nadie, ahí, se le dice lo que tiene que hacer o lo que no tiene que hacer, es una labor de apoyo a las mujeres que en ese momento necesitan una ayuda para seguir adelante con su embarazo, y a lo mejor no tienen familia, no tienen recursos económicos, no tienen trabajo, y para eso está esa asociación. Sr. Presidente.- Gracias Marta. En todo caso, en todo caso, nós non sei se subvencionamos iso, nós axudamos, dentro das posibilidades desta casa, con todo aquilo que dalgunha maneira se nos demanda, se é posible, pero non miramos ese tema. Non, non, tranquila. En relación ás preguntas anteriores, en relación a maquetistas, bueno, aquí na provincia de Pontevedra temos un maquetista de avanzado prestixio que se chama Caballero. Nós non vamos a facer como el, ese fai maquetas, é un tipo, “la de Dios o que fixo”, pero nós non facemos iso, me refiro, pola información que me dan, polo que vexo aquí, estes dous traballan no proxecto Avanza, que subvenciona o Ministerio de Industria, na etapa pasada, por certo, para a dixitalización de documentos do Arquivo e todo o demais, que eu saiba, vamos, esa é a información, que averiguarei, tranquilo. Pero en todo caso, non quixemos copiar tampouco a Caballero, porque Caballero fixo, eu que sei, sabe Dios o que fixo. Entón, dito isto hai máis cousas que se me preguntaron, o tema da, vou a empezar polo último, creo que era a estrada Cuntis-Souto de Vea. A verdade é que é manifestamente mellorable, sen dúbida, ademais tiven a oportunidade de pasar por ela dúas veces, recentemente, e o alcalde me dixo que me vai a obrigar a pasar unha vez máis para que vexa que está bastante peor do que está, eu díxenlle ó alcalde, bueno, pois se hai que ir outra vez máis, pois haberá que ir outra vez máis. E creo que algo, por parte dos servizos técnicos, porque así llo pediu o alcalde, porque ademais é compañeiro aquí nesta casa, e á parte que é unha demanda, algo se vai a facer, haberá que buscar os recursos onde os haxa ou onde non os haxa, neste caso, e algo vamos a intentar facer. No que é o tema de Cuntis-Cequeril, non sei se o debatemos aquí, por esa petición que trasladaba o concello de Cuntis, pero bueno, en todo caso vou buscar esa documentación, si, me mandaron a min unha documentación en relación a Cuntis-Cequeril, aí se fixo unha actuación xa por parte da Deputación, polo menos no tramo máis cercano ás vivendas, e bueno, é certo que é unha carretera bastante longa, e que haberá que ver, a ver que é o que pasa. Estamos revisando aquel asunto de Barro, onde había aquel problema, polo menos así llo trasladei ós técnicos e eu lle dixen que se facía falta, pois xa falei co alcalde e demais, que foi el quen habilitou a posibilidade da xestión dos terreos naquel entón, e reuníronse o técnico e máis el, espero que se poida resolver esa cuestión. E bueno, no tema do anticrisis, eu creo que nas Resolucións Presidenciais están algunhas actuacións que se fixeron, pero bueno, en todo caso, se queren, porque o que queren é máis detallado, intentaremos darlle un pouco máis detallada esa información. Polo tanto, bueno, eu creo que iso é intentar darlle esa información de maneira máis detallada. E nada máis, darlle as gracias a todos os compañeiros e compañeiras da Corporación e desexando, como diciamos, en nome de todos, a pronta recuperación de D. Cesáreo Mosquera. Moitas gracias e moi bos días a todos. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as doce horas e vinte e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. O Presidente, O Secretario, Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. Carlos Cuadrado Romay

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Pleno (Tema)

Área de control da descrición