Fondos
2012-12-05_Extraordinaria. Acta de sesión 2012-12-05_Extraordinaria
Acta de sesión 2012-12-05_Extraordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.43.828/2.2012-12-05_Extraordinaria
Título Acta de sesión 2012-12-05_Extraordinaria
Data(s) 2012-12-05 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión. 61 follas
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A C T A Da sesión extraordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 5 de decembro do 2012 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e cinco minutos do día cinco de decembro do ano dous mil doce, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente Don Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona María Isaura Abelairas Rodríguez (PSdeG-PSOE), Don Pablo Baquero Álvarez (PP), Don José María Bello Maneiro (PP), Don José Antonio Cacabelos Rico (PSdeG-PSOE), Don José Crespo Iglesias (PP), Dona Begoña Estévez Bernárdez (PP), Dona Ornela Fernández Salgado (BNG), Don José Manuel Figueroa Vila (PP), Don Juan Antonio González Pérez (PSdeG-PSOE), Don Arturo Grandal Vaqueiro (PP), Don Fernando Guitián Guitián (PP) Dona Marta Iglesias Bueno (PP), Don José Carlos López Campos (PP), Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo (BNG), Dona María Pilar Ramallo Vázquez (PP), Don Eduardo José Reguera Ocampo (PSdeG-PSOE), Don Severino Reguera Varela (PP), Don Santos Héctor Rodríguez Díaz (PSdeG-PSOE), Don José Nelson Cándido Santos Argibay (PP), Don Alberto Valverde Pérez (PP), Don Jesús Vázquez Almuíña (PP), Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo (PP), Don Francisco Andrés Veiga Soto (PSdeG-PSOE) e Dona Iolanda Veloso Ríos (BNG), co obxecto de celebrar sesión extraordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Non asiste o Deputado Provincial Don Uxío Benítez Fernández (BNG). Da fe do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Vamos a dar comezo á celebración deste Pleno extraordinario. 1.6287.- DECLARACIÓN INSTITUCIONAL Sr. Presidente.- Agradecer ós grupos políticos que compoñen a Corporación, Partido Popular, Partido Socialista e Bloque Nacionalista Galego, en relación ó pasamento dun compañeiro que ata, practicamente, o último Pleno estivo aquí con nós, formou parte da Corporación provincial, e hoxe xa non está con nós, polo tanto, e tal como fixemos na Xunta de Goberno, trasladamos a toda a súa familia, compañeiros e amigos, que o fomos, de Jorge Domínguez Rosal, o noso máis sentido pesar. Tanto o concello de Meaño, do cal formaba parte como alcalde, como tamén esta Corporación provincial, estamos poñendo en marcha a organización dun acto en recoñecemento de Jorge Domínguez Rosal, que queremos facer no seu pobo natal, Meaño, e que se fará no mes de xaneiro. Como digo, creo que é a primeira vez que nos sucede ós que estamos formando parte desta Corporación provincial, sufrir a perda dun compañeiro, que era membro desta Corporación, e polo tanto, o que temos, dalgunha maneira, é que engrandecer, como se merece a súa persoa, porque creo que a súa vitalidade nos demostrou e nos dou un exemplo a todos de como asumir unhas dificultades especiais vividas nos dous últimos anos pola súa enfermidade. Por iso, que esa mesma vitalidade e esas mesmas gañas de vivir, que Jorge Domínguez nos ensinou a todos, son un verdadeiro exemplo, e polo tanto, que ese sinal de identidade que el nos deixou, esperemos que nos sirva de modelo para moitas persoas que están neste momento sufrindo circunstancias moi parecidas. Polo tanto, Descanse en Paz Jorge Domínguez Rosal, e, esta Corporación provincial e tamén a Corporación municipal do seu concello, que el presidía, farán un acto de homenaxe a toda unha traxectoria, no próximo mes de xaneiro, no concello de Meaño. 2.6288.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Segundo punto da orde do día. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión ordinaria, do día 26 de outubro do ano 2012. Ten a palabra o Sr. Figueroa. Na acta non hai nada que dicir. Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 26 de outubro de 2012. a) Parte resolutiva: 3.6289.- SUBSTITUCIÓN DA VACANTE OCASIONADA POLO FALECEMENTO DO DEPUTADO PROVINCIAL DON JORGE DOMÍNGUEZ ROSAL Sr. Presidente.- Pasamos xa ó terceiro. Bueno, á parte da cuestión, evidentemente, que acabo de manifestar fai un momento, temos que comunicar aquí a substitución da vacante ocasionada polo falecemento de D. Jorge Domínguez Rosal, que o Pleno da Corporación Provincial queda enterado e solicitamos, ó mesmo tempo, á Xunta Electoral Central a comunicación da nova persoa que vai a substituír a este Deputado Provincial. Dada conta da certificación de defunción de D. Jorge Domínguez Rosal, Deputado Provincial polo Partido Popular, de data 26 de novembro de 2012, elixido en representación do Partido Xudicial de Cambados, nas eleccións celebradas o ano 2011. Resultando que a Xunta Electoral de Zona de Cambados proclamou no seu momento Deputados Provinciais suplentes polo Partido Xudicial de Cambados en representación do Partido Popular a D. José Luis Pérez Estévez, D. Juan José González Vázquez e D. Tomás Javier Fole Díaz, respectivamente e pola orde indicada. Considerando o disposto nos artigos 9,2 do RD 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, 73.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, 208 da Lei Orgánica 5/1985, de 9 de xuño, de Réxime Electoral Xeral, así como a Instrución da Xunta Electoral Central de 10 de xullo de 2003. O Pleno toma coñecemento do falecemento do Deputado Provincial, D. Jorge Domínguez Rosal, remitindo certificación acreditativa do presente acordo á Xunta Electoral Central, con indicación de que a xuízo da Corporación Provincial e á vista da acta da Xunta Electoral de Zona de Cambados corresponde cubrir a vacante a D. José Luis Pérez Estévez. 4.6290.- DELEGACIÓN DO CONCELLO DE CUNTIS DAS FACULTADES DE INSPECCIÓN DA LIQUIDACIÓN DA TAXA POLA UTILIZACIÓN PRIVATIVA DO SOLO, SUBSOLO OU VOO DAS VÍAS PÚBLICAS MUNICIPAIS, A FAVOR DE EMPRESAS EXPLOTADORAS DE SERVIZOS DE SUBMINISTRACIÓN (TAXA DO 1,5%), ASÍ COMO A EMISIÓN E RECADACIÓN DA LIQUIDACIÓN DERIVADA DESTA Sr. Presidente.- Punto número 4. Delegación do concello de Cuntis das facultades de inspección da liquidación da taxa pola utilización privativa do solo, subsolo ou voo das vías públicas municipais a favor de empresas explotadoras de servizos de subministración (taxa do 1,5%), así como a emisión e recadación da liquidación derivada desta. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno do concello de Cuntis na sesión celebrada o día 28 de setembro de 2012 acordou delegar na Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) as facultades de inspección da liquidación da taxa por tendidos, canalizacións e galerías para as conducións de enerxía eléctrica, auga, gas ou calquera outro fluído, distribución ou de rexistro, transformadores, raís, básculas, aparatos para a venda automática e outros análogos que se establezan sobre as vías públicas ou outros terreos de dominio público municipal ou voen sobre os mesmos, así como a emisión e recadación da liquidación derivada desta (taxa do 1,5 %). Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 26 de novembro de 2012 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do concello de Cuntis para exercer as facultades de inspección da liquidación da taxa por tendidos, canalizacións e galerías para as conducións de enerxía eléctrica, auga, gas ou calquera outro fluído, distribución ou de rexistro, transformadores, raís, básculas, aparatos para a venda automática e outros análogos que se establezan sobre as vías públicas ou outros terreos de dominio público municipal ou voen sobre os mesmos, así como a emisión e recadación da liquidación derivada desta (taxa do 1,5 %). Considerando o previsto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e tendo así mesmo en conta que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1. Aceptar a delegación efectuada polo concello de Cuntis para que a Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) exerza as facultades de inspección da liquidación da taxa por tendidos, canalizacións e galerías para as conducións de enerxía eléctrica, auga, gas ou calquera outro fluído, distribución ou de rexistro, transformadores, raís, básculas, aparatos para a venda automática e outros análogos que se establezan sobre as vías públicas ou outros terreos de dominio público municipal ou voen sobre os mesmos, así como a emisión e recadación da liquidación derivada desta (taxa do 1,5 %). 2. Esta delegación do concello de Cuntis, será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) e sométese ás condicións establecidas nas bases para prestación do servizo aprobadas polo Pleno desta Deputación en sesión de data 20 de xullo de 1992, á Ordenanza Reguladora da taxa por prestación de servizos polo ORAL aprobada polo Pleno desta Deputación en sesión de data 22 de decembro de 2009 e publicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 81 de data 30 de abril de 2010 e ós Estatutos do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) publicados no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra en data 26 de agosto de 2004. 3. Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente para que formalice o correspondente convenio co concello de Cuntis así coma os demais documentos que procedan. 4. A delegación efectuada polo Pleno do concello de Cuntis para exercer as facultades de inspección da liquidación da taxa por tendidos, canalizacións e galerías para as conducións de enerxía eléctrica, auga, gas ou calquera outro fluído, distribución ou de rexistro, transformadores, raís, básculas, aparatos para a venda automática e outros análogos que se establezan sobre as vías públicas ou outros terreos de dominio público municipal ou voen sobre os mesmos, así como a emisión e recadación da liquidación derivada desta (taxa do 1,5 %), publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 5.6291.- DELEGACIÓN DO CONCELLO DE CATOIRA DAS FACULTADES DE XESTIÓN, INSPECCIÓN, LIQUIDACIÓN E RECADACIÓN DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE DEPURACIÓN DE AUGAS RESIDUAIS Sr. Presidente. Punto número 5. Delegación do concello de Catoira das facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación da taxa pola prestación do servizo de depuración de augas residuais. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno do concello de Catoira na sesión celebrada o día 30 de abril de 2012 acordou delegar na Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación da taxa pola prestación do servizo de depuración de augas residuais. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 26 de novembro de 2012 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do concello de Catoira para exercer as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación da taxa pola prestación do servizo de depuración de augas residuais. Considerando o previsto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e tendo así mesmo en conta que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1.- Aceptar a delegación efectuada polo concello de Catoira para que a Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) exerza as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación da taxa pola prestación do servizo de depuración de augas residuais. 2.- Esta delegación do concello de Catoira, será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) e sométese ás condicións establecidas nas bases para prestación do servizo aprobadas polo Pleno desta Deputación en sesión de data 20 de xullo de 1992, á Ordenanza Reguladora da taxa por prestación de servizos polo ORAL aprobada polo Pleno desta Deputación en sesión de data 22 de decembro de 2009 e publicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 81 de data 30 de abril de 2010 e ós Estatutos do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) publicados no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra en data 26 de agosto de 2004. 3.- Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente para que formalice o correspondente convenio co concello de Catoira así coma os demais documentos que procedan. 4.- A delegación efectuada polo Pleno do concello de Catoira para exercer as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación da taxa pola prestación do servizo de depuración de augas residuais, publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 6.6292.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITO NÚMERO 3/2012 DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA (SUPLEMENTO DE CRÉDITO SUP. 03/2012) Sr. Presidente.- Punto número 6. Aprobación do expediente de modificación de crédito número 3/2012 da Deputación de Pontevedra (suplemento de crédito Sup. 03/2012). D. Cesáreo Mosquera, ten a palabra. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas grazas Sr. Presidente. Bos días a todos e a todas. Ben, estamos ante unha modificación de crédito que o goberno non explicou, por 2.150.000 euros, do que 2.000.000 van para o proxecto Pousadas, para os edificios, bueno, o título do edificio, das construcións do proxecto Pousadas. Ben, o coñecer a historia desta casa pois ten as súas vantaxes e os seus inconvenientes, neste caso creo que é unha vantaxe, cando chegaron aqueles fondos que tanto lío montaran, que se suprimían, non se suprimían, ademais do FEDER, houbo un Pleno no que foron unha serie de propostas, este si ía, sen nome, ¿non?, para solicitar fondos FEDER para unha serie de proxectos na provincia de Pontevedra, un deles era este, e daquela pois este grupo dixo que non tiña moito sentido meterse, digamos, a facer uns paradores bis, cando a iniciativa privada o podía suplir perfectamente, e habería outras cuestións prioritarias. Bueno, foi, sorprendentemente, a Comisión do Estado o aprobou e hoxe supoño que se todos os que se meteron neste proxecto daquela e o aprobaron, pois puideron volver atrás, pois supoño que volverían, porque ó final estamos falando dunha cifra moi alta de cartos, a suma total non a teño exactamente, pero creo que pasa dos doce millóns de euros, e, é unha tragadeira, por outro lado, que cada vez temos que meter más, agora lle temos que meter dous millóns máis de fondos propios da Deputación, e aínda por riba nun contexto, nunha situación na que os únicos, digamos, a hostalería pública que hai, que son os Paradores, pois están cun ere e reducindo plantilla e pechando centros, co cal o futuro destas Pousadas pois parece que non é nada halagüeño, e caso de que o fora, que ogallá sexa así, unha vez que se investiron os diñeiros públicos, ogallá teñan rendabilidade, pois en todo caso habería outras prioridades, ¿non?; igual eran outros tempos ou había outras previsións sobre o futuro e agora pois temos esta situación francamente disfuncional, para os tempos que corren, digo tanto en dispoñibilidade de diñeiros públicos como de, digamos, a auxe ou necesidade deste tipo de instalacións que por desgraza pois non están no seu mellor momento. Obviamente, vamos a votar en contra, non nos gusta, é dicir, se hai uns proxectos que viñeron, digamos, fondos europeos e que se xestionaron da súa, de ningunha maneira, se hai que completalos pois hai que completalos, pero, en consonancia co posicionamento que tivemos cando se solicitaron, que criticáramos este tipo de investimentos, que nos parecían fóra de lugar, despois, xa digo, a Comisión en Madrid pois os aprobou, pero o noso posicionamento sempre foi moi crítico con esta iniciativa, e, que agora necesite máis diñeiro, e non se sabe se remata aquí ou haberá que meterlle bastante máis, e xa van unhas cifras, que visto en prospectiva, eses doce millóns ou catorce ou o que ó final sexa, pois puideron ter perfectamente outro fin como nós advertimos naquel momento. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Sr. Cacabelos. Sr. Cacabelos Rico.- Si, moitas gracias. Bos días Presidente, bos días compañeiros e compañeiras. Ben, nos traen neste punto novamente unha modificación, que xa debe ser a enésima modificación do orzamento, e neste caso por un importe de dous millóns de euros e o concepto é “Proxecto As Pousadas”. A partir de aí non sabemos absolutamente nada máis, ¿para que o goberno da Deputación quere estes dous millóns de euros?. Calquera trámite administrativo e calquera modificación debería de levar asociado ademais do informe de Intervención de dicir de onde sacan os cartos para esta modificación, debería de ir acompañado cun expediente técnico, xa que é un proxecto técnico construtivo, que non temos, polo tanto, a primeira pregunta é, ¿por que é necesario facer novamente unha modificación de crédito de dous millóns de euros?, ¿por qué é necesario investir dous millóns de euros nos proxectos das Pousadas?. Estes dous millóns de euros máis o 1,7 que se vai a tratar despois no orzamento do ano 2013 fai un total de dezaseis millóns de euros para Pousadas, dezaseis millóns de euros para as Pousadas. Queremos recordar que non son 30, nin 20, nin 10 Pousadas, por toda a provincia de Pontevedra, son 4 Pousadas na Comarca do Salnés, a división é fácil, 16 entre 4, 4 millóns de euros por Pousada que levamos e aínda non sabemos se ten maior percorrido, porque a día de hoxe temos que dicir que van 16, ¿onde vai rematar iso?, non sabemos, o sabe o Presidente da Deputación, o sabe o goberno da Deputación, ¿onde vai acabar este saco sen fondo en que se está a converter as Pousadas?. Nós, dende logo, temos que lamentar a falla de información, a falla de transparencia, e o que se está convertendo o Proxecto das Pousadas é na maior publireportaxe para maior gloria do Presidente da Deputación, porque iso si, os medios de comunicación teñen sacado reportaxes ata da última fila de madeira que se pon nas Pousadas, ata o último manubrio, para vender algo que ata o día de hoxe non está rematado e é como dicimos, séguense incrementando cartos, 16 millóns de euros para saír na prensa, ¿isto é austeridade?, ¿é isto responsabilidade?, polos baladís e os defensores da responsabilidade e da austeridade. Pero ademais hai que facer outra análise un pouco máis profundo serio e político que é o sector hostaleiro, ¿para que as Pousadas?, ¿cal é a xustificación das Pousadas?, porque senón recordamos mal as Pousadas son 4 e entre as 4 reúnen 100 habitacións, se nos vendeu como grande produto turístico que vai resolver os problemas e crear un novo nicho de mercado no sector turístico de Pontevedra, e concretamente no Salnés, 100 habitacións, sexamos realistas señoras e señores do goberno da Deputación, sexamos realistas, 100 habitacións, 100 camas na comarca do Salnés non resolven absolutamente nada porque xa está todo resolto, soamente no Grove hai 3.000, ¿que nos queren vender?, ¿que isto vai ser a panacea do turismo?, non. Ademais nos venden con que as Pousadas son uns proxectos onde se observan as novas medidas e o novo nicho de mercado para un novo, un segmento de poboación que son en xeral os discapacitados. Volvemos a insistir, hai unha lei de cumprimento de accesibilidade de todos os locais públicos e concretamente no ramo da hostalería que o teñen que cumprir, polo tanto, é que non están descubrindo absolutamente nada, o que tiña é que preocuparse a Deputación de Pontevedra é que todos os locais e establecementos de hostalería e da restauración da provincia de Pontevedra, cumpriran a Lei de accesibilidade, e isto nolo veñen a vender aquí coma o gran descubrimento nunca feito. Por favor, sexamos serios, pero é que ademais, o acaba de dicir o compañeiro do BNG, e o temos que reiterar, outro gran proxecto público no ramo da hostalería, como son os Paradores, xa vemos como están, con ERES, con problemas de emprego e cunha situación crítica, crítica, nalgunhas poboacións, sabemos que os Paradores son buques insignia, son referentes, na provincia de Pontevedra hai algún deles e sabemos como van, e claro, xa me adianto, seguramente a culpa foi de Zapatero, pero, Paradores por un lado, Pousadas polo outro, e agora veñen a ofrecernos aquí, pois iso, un proxecto onde van dezaseis millóns de euros e onde o sector da hostalería, cada día máis, nos trasladan que non necesitan isto, o que están necesitando son medidas de promoción, de axuda, de optimización de recursos, de mellora de infraestruturas, que favorezan ó que é o sector hoteleiro. Deste xeito, o proxecto das Pousadas hai que definilo como o gran saco sen fondo da Deputación de Pontevedra, onde levamos dezaseis millóns de euros, e que nos venderán, nos venderán como o gran produto turístico e o gran paquete turístico da Deputación de Pontevedra, pero, dende logo, nós o que temos que dicir é que practicamente empézase xa o delirio dunha noite de inverno do Presidente da Deputación e que agora estamos a pagar todos os pontevedreses e pontevedresas. Non podemos apoiar este proxecto porque no seu concepto non o entendemos e non o compartimos, consideramos que o sector profesional da hostalería, que ademais é un sector importantísimo para a economía galega e sobre todo para a economía da provincia de Pontevedra, necesita outras medidas, necesita que non se lle suba o IVA, necesita que se lle dean exencións para o pago, por exemplo, de ocupacións de dominios públicos nas terrazas, que non se lle suba o IBI e outros impostos máis, iso si favorecería os resultados e a optimización dos recursos hostaleiros que temos na provincia de Pontevedra. Habería que facer políticas activas para que se puidera mellorar a contratación laboral neste sector, pero non, o que facemos é dedicar dezaseis millóns de euros a catro edificios, que, iso si, se están vendendo moi ben, aínda non se inauguraron, e cada día, cada ano, cada mes, lle estamos dando máis recursos públicos, para saber onde acabamos con todo iso. Así pois, dicirlle que este Grupo provincial socialista non pode apoiar esta proposta que traen hoxe a Pleno por dúas razóns: primeiro, porque non compartimos esta política turística que está a facer a Deputación de Pontevedra, non podemos compartir que se leven xa, ou que se vaian no ano 2013 a achegar a un orzamento de dezaseis millóns, cando empezaba cun orzamento de menos de dez millóns de euros, agora xa estamos en dezaseis. Pero, sobre todo, no punto concreto de hoxe, non podemos apoiar isto porque o que queremos saber é, ¿por que se necesita meter dous millóns de euros na modificación de créditos, nun proxecto das Pousadas?, porque o informe de Intervención, técnico está, sacamos os cartos dun lado para poñelos noutro, moi ben, pero o informe técnico, o informe do proxecto e o informe de por que é necesario, imaxinamos que ten que haber un informe que avale esta modificación, non o temos e nas Comisións non se nos presentou, así pois, como dicía e reitero, non podemos apoiar esta proposta do goberno e non o vamos a facer. Moitas grazas. Sr. Presidente.- Bueno, moitas gracias. Bueno, vamos a, en primeiro lugar, contestarlle ó Portavoz do Bloque Nacionalista Galego, en relación a esta cuestión, que, bueno, eu creo que a explicación ou a contestación pode ser dalgunha maneira conxunta. O primeiro que vamos a dicir é que a Deputación, unha vez que se suprime, porque así o decidiu o Partido Socialista, o Programa Operativo Local, o POL, saca unha convocatoria pública para que as administracións de máis de 20.000 habitantes, incluída a propia Deputación, presenten proxectos. E resulta que a Deputación de Pontevedra pois presentou 27 proxectos, dos cales creo que nos foron aprobados 3, aprobados 3, ou sexa, que o proxecto e o seu financiamento foi aprobado polo goberno socialista, concretamente ó que o Sr. Cacabelos fai mención. Eles foron quen aprobaron este proxecto e, polo tanto, se dalgunha maneira o proxecto visen que non tiña visos de que fose unha necesidade ou que non debería ser subvencionado, eles mesmos deberían manifestar, e dándonos, xa digo, non é que non lle presentaramos 3 sós, senón que presentamos 27 e só nos deron a oportunidade de financiarnos 3 entre os cales estaba este. Iso, como digo, foi o goberno socialista, por certo, si, que presidía ese señor, que dicía un socialista esta mañá, que foi o goberno do gran desastre, e a verdade é que foi ese mesmo o que aprobou este proxecto. En segundo lugar, este é un proxecto que nace cun obxectivo social, por certo, o luns alí estiveron os membros dos colectivos de discapacitados de toda Galicia, bueno, pois dalgunha maneira valorando de maneira extraordinaria a aportación que este tipo de instalacións vai a producir, sobre todo, nas persoas con discapacidade que hai neste país, só en España hai máis de cinco millóns de persoas con discapacidade. Polo tanto, creo que nace coma un complemento á oferta turística que hai agora mesmo, moi importante, que non existía, e que non hai nada igual en todo o noroeste de España. Alguén falaba da xestión dos Paradores, pois si, isto nace como unha iniciativa pública de xestión privada, e non coma os Paradores que eu creo que foron moi ben concibidos, precisamente nos seus inicios, pero agora ó ser unha xestión pública pois xa se está vendo os resultados que está dando. E, bueno, os resultados, tamén hai que apelar ó mesmo responsable, pois si, o mesmo responsable fundiulle a caixa dos plomos ós Paradores de España, porque ata o ano 2004, Paradores tiña un beneficio importante, e a finais do 2011, cando deixou o goberno ese mesmo Presidente, que xa foi mencionado aquí, pois deixoulle, evidentemente, unha débeda importante. Por iso, con toda a naturalidade o goberno actual, pois só caben dúas alternativas, ou suspender pagos antes de tomar as decisións que se van a tomar, ou, en paralelo, e por iso hai que buscar solucións e ser responsable, esa responsabilidade que vostede dicía, neste caso do Partido Socialista, se houberan sido responsables os anteriores gobernantes non estaríamos probablemente na situación que estamos agora, pero como responsabilidade non houbo, pois esa é a verdade. Hai que dicirlle, tamén, ó Sr. Mosquera, por exemplo, que en xeración de riqueza e de emprego, home, si é certo que isto ten un custe importante, pero lle vou a recordar ó Sr. Mosquera, por exemplo, o Museo Efímero, que agora mesmo está convertido nun basureiro, que gastaron máis de tres millóns de euros, e podemos ir alí e mirar a ver como está, vostede fala, apela á responsabilidade, pero está moi cerca, se quere damos un paseo os dous, vostede e máis eu, imos alí e miramos, os ratos e diversos animais que dalgunha maneira se poden contemplar nesa excavación. Porque se falamos de responsabilidade podemos falar de todo, ¿verdade?, non podemos quedar, evidentemente, quietos ante esta situación, e a verdade é que as Pousadas, neste momento, están xerando practicamente douscentos postos de traballo durante o último ano e medio, na construción das mesmas, que non é unha cuestión menor, non é unha cuestión menor o que agora mesmo están xerando de emprego, porque están en fase de construción, máis, esperemos que a súa xestión poida ter, pois, cerca dun centenar de traballadores, traballando aí, o cal non é unha cuestión menor. A maiores disto, que foi algo que se destacou en todos estes gobernos, os cales tiven eu a oportunidade, cun grupo de compañeiros, de presidir, aumentou cada día o patrimonio desta casa. Para facer estas actuacións, que non foi nada fácil, a Deputación se fixo con máis de catro hectáreas de terreo e vai ter na súa propiedade tres edificios que non existían e un recuperado, precisamente, para xerar emprego e riqueza, que estaba infrautilizado, como era o edificio da Lanzada. Polo tanto, nese mesmo, nesa mesma situación, esta institución, nunca, jamás, antes, tivo a oportunidade de recuperar para uso público e para propiedade pública o que agora mesmo se leva feito, practicamente, na última década, edificios, patrimonio, terreos, que se conseguiron, evidentemente, que eran propiedade privada, nalgún caso propiedade doutras administracións, pero maioritariamente propiedade privada e que agora é patrimonio público de todos os pontevedreses que creo que é unha cuestión sumadamente importante. Por iso que, cando isto estea funcionando, que esperamos que sexa ó longo do ano 13, pois, espero que algúns recapaciten sobre a súa oposición permanente que fixeron, co fin de lograr tumbar este proxecto, que por certo, como dixen antes, foi aprobado, tanto o proxecto como o seu financiamento, polo Partido Socialista, cuestión que, supoño que no seu día, cando o aprobaron, xa o dixen eu aquí, era un regalo quizá medio envenenado, a ver se eramos capaces de non levalo adiante. É triste que hoxe non estea aquí un Deputado, que perdemos, porque el pode falar do que el loitou precisamente por este proxecto, que era o alcalde de Meaño. El era un dos grandes defensores, precisamente, de que o seu municipio tivera a oportunidade de ter unha instalación destas características, nun lugar, que os que non o coñecen lle recomendo que o visiten, porque é probablemente un lugar moi, moi axeitado, para unha instalación destas características. Por iso que, xa digo, por falar podemos falar, pero aquí o que estamos é para xerar, evidentemente, expectativas, e xerar actividade económica, que creo que é importante, e sobre todo xerar riqueza. E, de aí que esa comparación que hoxe facemos, como digo, no ámbito de Paradores, porque hai que deixarlle que as cuestións de ámbito privado as xestionen o sector privado e as xestións de ámbito público as ten que facer a administración pública. Pero, creo que nese sentido, como digo, hai que ser responsable, e isto, pois, vai xerar, como digo, riqueza, e vai xerar tamén actividade económica, que nos tempos actuais fai moita falta, de aí que, reitero que, con fondos parecidos, a propia administración local de Pontevedra, como digo, ese e máis outros que podíamos ir mencionando aquí, que despois lle direi, pois nos gustaría saber, por exemplo, cal vai a ser o destino, e quen é o responsable, quen é o responsable, porque onte, sen ir máis lexos, estabamos no aeroporto de Compostela, e falando de responsabilidade víamos que, bueno, estaban persoas de varias comunidades de España, e miraban así de fronte un aparcamento construído, un 10% ocupado, do aparcamento recentemente construído, unha terminal suficiente cerrada, unha terminal nova construída ocupada á súa metade e sobredimensionada incluso esa metade, iso parece ser que foi responsabilidade do Partido Socialista, ¿verdade?, iso foi responsabilidade do Partido Socialista e dun Ministro galego, por certo, por certo que, de nome coñecido, e que dicían alí, ¿e por isto non hai que dar explicacións?. Pois non, non hai que dar explicacións, eu non teño ningún problema en dalas aquí, de poñer en marcha esta iniciativa, porque xa digo, foi o Goberno socialista quen avalou esta actuación, pero poden estar tranquilos que buscaremos a mellor fórmula de transparencia e de xestión disto para que xere riqueza e non coma outros que o que vamos a xerar de momento é débeda, e pagaremos durante moitos anos algo, probablemente, que non era necesario e que pola grandeza ou pola grandilocuencia do personaxe, dixo para a miña historia quero que quede, como dicía o Sr. Cacabelos, para a miña historia quero que quede aquí a impronta de que había un aeroporto, había unha terminal, pero eu quero facer a miña terminal, para que quede aí que esta terminal a fixen eu e polo tanto, esa é a responsabilidade que ten o Partido Socialista e que nos levou a isto. Isto ten posibilidade, hai a posibilidade de acertar ou de equivocarse, sen dúbida, pero polo menos se sabemos xestionalo e facer unhas bases competitivas para que o sector se meta aí e o xestione ben, estou plenamente convencido de que vai a ser rentable. E rentable e, á parte, que vamos a aproveitar un nicho de mercado, que ata o de agora non existía, que era para persoas con discapacidade, calquera que se acercara a unha instalación privada sabería que a dispoñibilidade para persoas con discapacidade nos hoteis da provincia de Pontevedra era dun 1%, no mellor dos casos, no mellor dos casos, e nalgúns casos nada. Polo tanto, esa é a diferenza do que fixeron outros, que o único que van a deixarnos é débedas e aquí xeramos expectativas de riqueza e de emprego. E iso é o que eu lles teño que dicir, que iremos valorando no tempo esta actuación, que en todo caso, como digo, ten o sello da aprobación e tamén da aprobación e financiamento do Partido Socialista, polo tanto iso debe ser que discrepa co grupo provincial aquí, porque foron quen aprobaron, como digo, proxecto e máis financiamento. Pero, vamos, en todo caso imos darlle a palabra ó Sr. Mosquera que nos quere comentar en relación a que van a dedicar o Museo Efímero. Moitas gracias, Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Sr. Presidente, mire, creo que, dixémolo na primeira intervención, que cando veu aquí, no seu momento, xa mostramos as nosas reticencias. Está vostede un pouquiño medradiño, está un pouco crecidito, crecidito, ¿verdade?, é un mal síntoma, si, si. Sr. Presidente.- Non, non. Sr. Mosquera Lorenzo.- Dígollo en serio, si, fágame caso, si, métese en cuestións xa, agora resulta que o patrimonio da Deputación é dende hai unha década, ou sexa, … Sr. Presidente.- Aumentou considerablemente. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, claro, non, non, ou sexa, que o Castelo de Soutomaior tamén o contratou vostede, a Finca de Mouriscade, e máis a de Montero Ríos, etc., vale, efectivamente, e máis o Pazo Provincial. A Deputación non existe antes de que vostede estea aquí nin existe, polo que se ve, e podía non existir que non tiña pasado nada, segundo o noso plantexamento, pero bueno, á parte diso parece que non existe. Obviamente, vostede sabe, vostede sabe, igual que todo o mundo, que, se nestes momentos ou hai un ano puidera volver atrás, este proxecto non o faría, sábeo de sobra, sábeo de sobra. Ben, pois dígame, estou atado porque é un proxecto Feder que se pediu no seu momento, vale, correcto, correcto, moi ben, claro, cita aí unha serie de cousas, que, bueno, home, hai que ter valor, ou sexa, tendo o caso do Gaiás en Galicia e non citalo, pero bueno, cita outros, home, déixese de caralladas, deixémonos de caralladas, ou sexa, falemos do que esteamos falando aquí. Mire, eu, evidentemente, porque tiven algo que ver, explícollo, alí, no Museo Efímero o que se fixo foi, facer, aquilo estaba feito, estaba francamente mal, ¿verdade?, entón, era arranxalo, e resulta que apareceron eses achados, que foi o que se pagou, a excavación dos achados, e evidentemente, como se puido e con moitas dificultades parouse un proxecto de dez ou doce millóns que estaba para facer, ¿por que?, porque os tempos non están, se vostede puidera faría o mesmo con isto, o problema é que como estaba xa gastado non o fai, é ó que nos estabamos referindo e xa llo advertíramos antes, entón, dixémoslle, claramente, non nos vaiamos polos cerros de Úbeda, sabe perfectamente que non o faría, hoxe se puidera, hoxe se puidera, vamos, non o faría, de sobra, entón, agora di, bueno, pois diga claramente cales son as razóns, mire, hai uns fondos Feder, xa os gastamos e agora non podemos deixalo a medias, vale, vale, e se puidéramos volver atrás, pero bueno, ¿quen o sabía?, bueno, cando foi isto se cadra xa se podía saber e nós naquel momento si o dixemos, por iso lle dixen que tiñamos esa razón. Bueno, despois o outro, entrar que se a xestión pública ou privada, home, dáme a sensación, eu que sigo así, son moi curioso eu, de todo, é máis, pois me parece que NH se está vendendo ós chinos, Barceló, todos están cun problema gravísimo, non só Paradores, non só Paradores, entón, cruzalo coa pública, privada, que se andou fulanito, menganito, non sei que, bueno, mire, deixémonos de músicas, é dicir, o sector está como está, polas razóns que coñecemos, que pode incluso ata ter, subir ocupación, pero tirando os prezos e cunha serie de dificultades enormes, sabe perfectamente o que hai, e entón, nestes momentos meterse neste sector e máxime meter, eu xa perdín a conta, andaba nos doce, con estes catorce, non sei se son dezaseis ó final, bueno, non sei, unha burrada de cartos, saben perfectamente que se puidera volver atrás non o faría, non o faría, como non se farían outra serie de cousas, ¿entende?, como non se farían. Bueno, agora, dígame, pois estamos aí pillados e fóisenos, fóisenos, hai que acabalo e hai que meterlle dous millóns máis, nós non o compartimos, pero non busque explicacións exotéricas, non me busque explicacións exotéricas, porque vamos, que si a terminal, si, e o Gaiás, e outras cousas, claro, moi ben, e se hoxe fora posiblemente esta Deputación non faría outras cousas que fixo, non metería vinte millóns en Pasarón, bueno, efectivamente, se farían outras cousas, ¿verdade?, pero non me empece a sacar a discusión fóra de texto, fóra de texto, porque todas as administracións, non precisamente o concello de Pontevedra, e que teñen que buscar ese exempliño por buscar, falso, porque as excavacións había que facelas, por documentación bibliográfica, é obrigatorio para facer a obra, ¿que quere?, fixéronse, pagáronse e parouse o proxecto outro porque non son os tempos para iso, ou sexa, non me veña con iso, precisamente ó concello de Pontevedra onde fixo un gasto así, é complicado, é complicado, bueno, algún haberá, bueno, pois os que puidemos pagámolo, non, parámolo, bueno, pois vostede se puidera isto tamén o paraba, é o que nos estamos referindo, e advertímosllo antes, que, este proxecto era mellor non mandalo, despois por sorpresa seleccionárono, efectivamente. Entón, non me saque, porque entón empezamos aquí a discutir sobre o, ¿verdade?, sobre o sexo dos anxos e sobre se en Castellón se fixo un aeroporto e en Santiago parece que queda feo que non se metan tanto co de Santiago e entón o de Castellón e tal, bueno, un rollo da pataca, que bueno, pasou o que pasou, que aínda así, aínda así sería discutible, sería discutible, porque nós non compartimos para nada esta tendencia que está habendo agora que parece que toda a xestión pública é calamitosa, claro, porque resulta que aquí todo o mundo pide autovías, agora, despois, se se fan, din, hai que despilfarro, que se fixo aquela autovía, ¡va!, moi ben, todo o mundo pide, pódese poñer como exemplo, se falamos dos famosos aeroportos, Xapón nos anos 50 fixo tropecentos mil aeroportos, que a metade agora non se usan, sen embargo, serviulle para o despegue económico, ¿vale?. Entón, agora non, sacamos, non sei que, bueno, iso é unha campaña contra a administración pública terrible, que eu creo que nós non debemos alimentar, francamente, non debemos alimentar, nin sacando exemplos así de tonterías nin nada, porque ás veces hai toda unha serie de cousas. Alemania, o fenómeno alemán, no seu momento, foi facer autovías, autovía, autovía, cando daquela non se necesitaban. Bueno, pois resulta que lle foi moi ben e se pon como exemplo de que funcionan moi ben, hai que poñer racionalidade, tampouco facemos unha autovía, ¿verdade?, entre Meaño e Ribadumia, ¿non?, xa sería a ilusión do Presidente facela, pero, a ver, tampouco tería moito sentido, pero bueno, que hai unha serie delas que igual hai que facer. Entón, agora parece que todo o problema é da administración pública, se é falso, se no ano 2007 a administración pública tiña superávit, é falso, é falso, e senón se fixeran esas obras, ¿sabe que se faría?, tanto polo PP como polo PSOE, baixar impostos, ou sexa que, seguiríamos igual, sería todo o cambio que habería, entón, agora, parece que todo o problema é ese, esta é unha campaña absolutamente fóra de lugar. Agora, volvendo ó caso concreto disto, é obvio, Sr. Presidente, coma outras decisións que se tomaron noutros momentos, se cadra con outras previsións ou non previndo o que podía pasar, é obvio que hoxe se puidera volver atrás e deixalo invernando este proxecto para mellor ocasión, faríao, faríao, ben, naquel momento advertíuselle, polo menos por parte deste grupo, dixémoslle, isto, francamente, francamente, mire vostede, se o que quere é promocionar o turismo accesible, con medio millón de cartos de fondos públicos de axudarlle á hostalería establecida a que elimine barreiras, sobraba, e non gastábamos 12, 14, 16, e agora a xestión, sábeo perfectamente, sábeo de sobra, de sobra, e non me veña que é patrimonio, home, nestes momentos patrimonio construído hai a tira, construír máis, xa, case hai que botar man do que hai, case, case hai que botar man do que hai, ¿verdade?, menuda dificultade, non, non, non se me vaia polos cerros de Úbeda que sabe perfectamente o que hai. E, bueno, ¿que se puido dar doutra maneira?, puido, ¿non se levou?, bueno, agora veñen estas consecuencias que haberá que enfrontar con elas, non nos pida que colaboremos cando avisamos, é dicir, dixemos na primeira intervención, avisamos naquel momento, avisamos naquel momento. Se fora outro tipo de intervención e de fondos europeos sabe que sempre lle votamos a favor, sempre lle votamos a favor, sempre, sempre, pero, é que neste caso avisámolo, porque non parecía ter moito sentido, vostede estaba moi ilusionado con iso e agora, pois, bueno, os tempos cambiaron e hai certa dificultade. Creo que está claro e senón non me volva a citar por aí cousas que foron obrigadas porque senón empezamos a citarlle outras cousas, ¿verdade?, claro, claro, porque vamos, o do Museo, ¿canto levan no Museo?, ¿canto levan gastado?. Sr. Presidente.- Dígao vostede. Sr. Mosquera Lorenzo.- Eu que sei, entre o Museo e o Arquivo, 26, 28 millóns, por aí, por aí, probablemente por aí, bueno, probablemente hoxe non o fixera. Vale, pero entón se vostede me gasta 28 e 20 en Pasarón e máis non sei canto, me vén a dicir unha actuación obrigatoria, obrigada, obrigada por normativa de Patrimonio, resulta que é o gran problema que hai dentro do concello de Pontevedra. Bueno, mellor estarse caladiños. Volvemos ó tal, nós con, sentíndoo, porque iso é completar unha obra europea, ímoslle votar en contra nos termos que dixemos. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Sr. Cacabelos. Sr. Cacabelos Rico.- Si, gracias Sr. Presidente. Ben, se ó principio da miña intervención amosabamos dudas porque non sabíamos para que se dedican estes cartos, despois da súa intervención o que me quedo é preocupado. Teño que recoñecerlle unha grande capacidade que é a capacidade de irse pola tanxente, eu penso que estamos a discutir un punto concreto, presentado polo Presidente na orde do día, que é a modificación de crédito de dous millóns de euros para Pousadas, non me fale vostede do Estado e o debate do Estado da Nación porque non é o que nos corresponde, falemos de Pousadas. E respecto á súa resposta, eu si tomei algunhas notas que veñen a reafirmar o dito na miña primeira intervención, o turismo é importante en Galicia e significa en torno ó 10% do PIB galego e en Pontevedra algo máis desa porcentaxe. É un sector importantísimo onde hai moitísimas empresas punteiras en España neste sector, é un motor da economía na provincia de Pontevedra e en comarcas determinadas clave, non veña a dicir que é un complemento á oferta turística, porque é que ademais as catro Pousadas non son exclusivamente para uso de dependentes, son instalacións abertas ó público en xeral, que cumpren, como non podía ser doutro xeito, a Lei de accesibilidade para instalacións turísticas, pero é que o preocupante é o que acaba de dicir vostede, fan unha análise e nos din que o 1% das instalacións hostaleiras da provincia de Pontevedra, non cumpre cunha Lei, oia, hai responsabilidade e entón como non cumpren coa Lei e non hai instalacións adaptadas, en vez de subvencionar, apoiar, promover iniciativas para que os establecementos cumpran, non, facemos catro Pousadas, pero é que ademais a preocupación vén porque lle imos dar a xestión a empresas privadas, negocio redondo, negocio redondo. Por certo, quero recordarlle que ten un compromiso público e asinado, que o que agora se chama Pousada da Lanzada ten que ser de xestión e de uso público, recórdollo por se se lle esqueceu. Pero, en definitiva, Sr. Louzán, as preguntas que lle plantexaban eran sinceras e vostede derivou tanxencialmente, a xestión privada si que nos preocupa porque podemos poñer exemplos de xestións privadas de instalacións públicas, onde goberna o PP, podíamos falar, por exemplo, de todo o sistema hospitalario de Valencia e moi concretamente do Hospital de Alcira, e xa non falemos de inversións paradas, que aquí se falou do aeroporto de Castellón, e temos algún auditorio por Madrid que tamén é para poñelo no Guines dos récords, ¿non?. Pero, centrémonos, as preguntas son claras, ¿por que necesitan as Pousadas dous millóns de euros?, ¿por que trae esta modificación de crédito a este Pleno?, ¿por que?, ¿explíquenolo?. E ademais falan de responsabilidade e de austeridade, os dous grandes conceptos do Partido Popular que de tanto utilizalo xa están desvirtuados, xa case lle vamos a preguntar, ¿que significa para o PP responsabilidade e austeridade?, porque un proxecto que parte de nove millóns e medio de euros a día de hoxe van dezaseis, case seis millóns de euros máis, como é posible, case, case, o 50%, e como é posible, catro Pousadas, catro actuacións da Deputación, ¿onde está a responsabilidade?, ¿onde está a austeridade?, e lle preguntamos, ¿por que un proxecto que nace con nove millóns e medio de euros a día de hoxe van dezaseis?. Conteste estas cuestións que son as que estamos a discutir, Pousadas, o punto da orde do día no puxo o Partido Socialista, o puxo o Presidente da Deputación que é quen marca a orde do día, e a orde do día vén, modificación, dous millóns de euros, Pousadas, deixemos de falar doutras cuestións que non veñen ó caso, e as preguntas son sinxelas. Polo tanto, a conclusión que sacamos son, que, estamos a investir dezaseis millóns de euros públicos en catro instalacións, catro millóns de euros por instalación, para darllo á xestión privada. ¡Carai!, negocio redondo para o que o colla, negocio redondo para o que o colla, unha instalación feita hoteleira, catro millóns de euros, unha concesión que, creo recordar que comentou a 25 anos, que, por certo, Hospital de Alcira, xa veremos como dentro duns anos a Deputación vai a ter que revocar ese acordo e facerse cargo desa instalación. Non, non, por aí non pasamos, xa llo dixen unha vez e vólvollo a repetir, un Pleno non é un acto de fe, un Pleno é decisións políticas en base a informes, expedientes e proxectos, informes técnicos que non temos, vólvollo a preguntar por senón quedou claro, ¿por que van dezaseis millóns de euros nas catro Pousadas?, ¿por que se necesitan dous millóns de euros para as Pousadas nesta modificación de crédito?. E, ademais, insistimos, nos preocupa moito que se faga competencia desleal ó sector privado facendo catro edificios de catro millóns de euros cada un para darllo a empresas privadas na súa xestión. Dende logo, con isto non podemos comulgar e cremos que o sector hoteleiro e o sector turístico de Pontevedra, con este proxecto pero sobre todo con esta xestión deste proxecto, está a perder e dende logo isto nos deixa preocupados. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Bueno, moitas gracias, bueno, xa para cerrar esta intervención que non dá moito máis de si, o primeiro que hai que dicir é a ver se se poñen de acordo, porque, primeiro, na súa primeira intervención, o Sr. Cacabelos dixo dez millóns, na segunda dixo nove, na terceira dixo nove e medio, o Sr. Mosquera dixo doce, a ver se nos poñemos de acordo. En primeiro lugar, non, está gravado, está gravado, na primeira dez, nove, nove e medio, bueno, entón, exactamente, bueno, pois poñámonos de acordo, iso quere dicir o coñecemento que hai sobre a cuestión. Me imaxino que no seu caso debe estar preocupado porque ten algunha cuestión para preocuparse, ten algunha cuestión para preocuparse, e entendo que poida estar preocupado. A maiores vostede que dea exemplo de xestión pública cando gastou catrocentos mil euros nun campo de fútbol desastroso, que foi, estivo no xulgado en varias ocasións, etc., que vostede fale de xestión, pois, ten tela, ten tela, ten tela que está alí para ver e comprobar o expediente, bueno, vostede ten tela para falar diso. E despois, o Sr. Mosquera quere dar leccións, non, é que o noso era unha cousa que iniciamos, pero tal, pero o noso é distinto. Sr. Mosquera, eu non vou a entrar, evidentemente, todos faríamos cousas, pero ¿vostede a quen lle vai dar leccións?, ¿vostede a quen lle vai a dar leccións?, ¿a quen lle dá vostede leccións?, ou vostedes están fóra de todo mal, vostedes xestionaron iso, xestionaron iso e polo tanto son responsables diso, todos, a min non fai falta que me dea, non, pero vostedes tamén fixeron, non, non expliquemos, eu, se vostedes non houberan entrado nesa explicación, dicindo e esixindo responsabilidade, pois non lle entraría eu tampouco, se vostede quere apelar a esa responsabilidade non hai ningún problema, ou vostede está fóra de todo mal, ¿está fóra vostede de todo mal?, ou o que gastaron no Cita tamén, evidentemente, ¿canto?, ¿canto se gastou aí, Sr. Mosquera?, para mellor gloria dalgúns. A ver se, ou, ¿que pasa?, que nos olvidamos, ¡ah!, non, non nos fale, non nos fale doutras cousas, non, falemos diso, non, pero falemos diso que isto é moi próximo, está aquí e ben cerca. E bueno, nós seguimos ademais, se dá a casualidade que a Deputación sabe xestionar isto, porque xa o temos no modelo de Soutomaior, o modelo de Soutomaior era que cada ano custaba corenta e tres millóns de pesetas das de antes e agora non custa só corenta e tres millóns de pesetas das de antes senón que ingresamos vinte e un millóns de pesetas das de antes, e fixemos obras, a concesionaria, por valor de un millón de euros, esa é xestión, dunha Pousada e da concesión, precisamente, desa Pousada, de Soutomaior, creo que lle soa a todos, ¿verdade?, pois esa foi a xestión que fixo este goberno, de sacar unha concesión pública para a xestión privada, e hai unha rendabilidade, está aí, corenta e tres millóns de euros de custo, a ingresar vinte e un, manter os edificios e facer unha inversión de un millón de euros, esa é a xestión que fixo a Deputación, para que comproben como se fai. É certo que outros nese sentido probablemente non a poidan facer, porque non, non saben ou non sei se, dalgunha maneira, non pasou por eles a fórmula ou a capacidade de xestión. E dicía o Sr. Cacabelos, eu non dixen nada, vostede o dixo, e llo recordo, que manifesta agora que as instalacións hoteleiras non cumpren, iso dío vostede eu non o dixen, eu dígoche que o 1%, non, e cho volvo a reiterar, pero, llo volvo a reiterar, non manipule, vostede dixo, evidentemente, que as instalacións hoteleiras da provincia de Pontevedra non cumpren, iso díxoo vostede, eu lle digo que só o 1%, os seus espazos, os seus espazos, me refiro a habitacións, están acondicionadas para persoas con discapacidade, cuestión que vostede tamén sabe, tamén sabe, e é a realidade, porque é normal, porque é normal, é normal porque non lle esixen máis que ter o 1%, nadie se dedicou a este apartado e polo tanto é entendible que dediquen unha ou dúas habitacións para persoas con discapacidade, e cando queira vamos vostede e máis eu e miramos un hotel, calquera, vén comigo, vamos alí, e entón vostede comprobará se as habitacións reúnen ou non para ser adaptadas a discapacitados, que iso non vale, evidentemente, calquera habitación, non sei se vostede coñece, eu intentei empaparme ben deste asunto e coñézoo bastante ben, ¿vale?. Polo tanto, vostede é o que manifesta que non cumpren as instalacións hoteleiras da Deputación de Pontevedra, no seu caso cumpren para o que foron concibidas. Este é outro proxecto, é outro tipo de actividade, que nace, evidentemente, para persoas con discapacidade, pero que pode ser, evidentemente, rendabilizado, sen dúbida, porque así o entendemos, para todos os públicos, priorizando persoas con discapacidade, evidentemente, que é o obxectivo deste proxecto importante. E creo que non hai, xa digo, moito máis que dicir neste asunto, porque creo que está perfectamente explicado e ademais, como dixen antes, pois ten toda a transparencia, porque se lle está dando a información a toda a opinión pública, que coñeza ben cal é este proxecto, cal é o seu fin, e a quen vai dalgunha maneira tamén dirixida esta importante acción da Deputación. Polo tanto, vamos a proceder á votación do punto número 6, que é neste caso a modificación de crédito número 3, que, por certo, son poucas as que temos neste ano para aprobar e incorporar a esta partida. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra a través de escrito de data 20 de novembro de 2012, propón ó Pleno a aprobación do expediente de modificación de créditos número 3/2012 (que integra o expediente de suplemento de crédito “SUP.03/12”), dentro do vixente orzamento provincial, motivando a tramitación do mesmo pola necesidade de realizar gastos que non se poden demorar ata o exercicio seguinte ó non existir consignación suficiente no estado de gastos do orzamento corrente ou sendo esta insuficiente para facer fronte ós mesmos. Resultando que os informes de Intervención de data 20 de novembro de 2012, reflicten que este expediente cumpre cos requisitos previstos na normativa de aplicación, tanto en relación cos gastos que se pretenden financiar como cos recursos que os financian, así como que o expediente se axusta ás disposicións da Lei de Estabilidade Orzamentaria. Considerando o disposto no artigo 179 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, nos artigos 34 a 38 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril e nas bases 7ª e 8ª de execución do orzamento 2012, en canto a competencia e tramitación a seguir na aprobación do expediente de modificación de créditos número 3/2012 da Deputación de Pontevedra, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría de votos a favor do PP e cos votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG: 1. Aprobar o expediente de modificación de créditos número 3/2012 da Deputación de Pontevedra (suplemento de crédito “SUP 03/12”), por un importe global de 2.150.000,00 euros, que resumido por capítulos, presenta a seguinte estrutura: Capítulo 6º Investimentos reais…………………………… Total variacións por capítulos………………………….. 2.150.000,00 euros ________________ 2.150.000,00 euros O detalle do expediente é o seguinte: Suplementos de crédito: APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE 340-342-652,02 INVESTIMENTOS EN PROXECTOS XESTIONADOS – I. DEPORTIVAS 150.000,00 € 942-430-622,01 EDIFICIOS E OUTRAS CONSTRUCIÓNS, PROXECTO POUSADAS 2.000.000,00 € Total Suplementos de Créditos... 2.150.000,00 € O expediente finánciase con aforro propio procedente de exercicios anteriores, remanente líquido de tesourería para gastos xerais, contabilizándose as seguintes operacións: CONCEPTOS DE INGRESO DENOMINACIÓN IMPORTE 931-870,02 Remanente de Tesourería - Aplicado para financiar Suplementos de Crédito (SUP. 03/12)…………… 2.150.000,00 € TOTAL... 2.150.000,00 € 2. O expediente de modificación de créditos número 3/2012 da Deputación de Pontevedra (suplemento de crédito “SUP. 03/12”) será exposto ó público, para os efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. 7.6293.- APROBACIÓN INICIAL DO ORZAMENTO XERAL DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA O EXERCICIO 2013 Sr. Presidente.- O punto número 7. Aprobación inicial do orzamento xeral da Deputación Provincial de Pontevedra para o exercicio 2013. Ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Bueno, bos días. Vamos a presentar, a facer unha pequena exposición do presuposto para o ano 2013 desta Deputación, desta Institución, e para iso a nós nos gustaría trasladarlle ós grupos da oposición e tamén, por suposto, á cidadanía en xeral, cales foron os criterios que marcamos á hora de confeccionar estes presupostos. Creo que nun momento de crisis como o que estamos a vivir, require especial atención, require un sacrificio especial por parte das administracións, dos responsables políticos e sobre todo adaptar ben e equilibrar os presupostos, ingresos e gastos, para que non existan diferenzas, non existan dificultades ó longo do curso do ano 2013 neste caso. Creo que é importante porque moitas veces algunhas institucións xogan con triquiñuelas de inflar ingresos, reducir gastos, creo que iso é un erro que despois, evidentemente, cando chega a hora de facer balance pois evidencia dificultades e desequilibrios presupostarios. Nós, por iso, entendemos que unha das características que ten que ter un presuposto nos tempos que vivimos é facelo con rigor, marcando o criterio de austeridade, intentando facer unha boa xestión, en definitiva, como se di ultimamente, facer máis con menos. E para iso, evidentemente, hai que intentar marcar uns condicionantes, uns criterios claros, como pode ser adelgazar a administración, que é un dos obxectivos que perseguimos neste presuposto, cumprir co obxectivo de déficit, controlar a deuda, que é algo fundamental e importante, axustar o presuposto ó equilibrio de ingresos e gastos, e por suposto, con todas estas características e estes condicionantes manter as políticas sociais que son fundamentais. E por iso, o presuposto da Deputación, podemos facer un breve resume dos ingresos, do estado de ingresos e gastos, se vai o presuposto a 148 millóns de euros, e, bueno, con respecto ó criterio, a denominación e comparación do estado de ingresos, en imposto directos temos unha redución do 2,6%, en impostos indirectos estamos en -13,15%, en taxas e outros impostos temos un incremento do 3,6%, e tamén nas transferencias correntes, é dicir, dos fondos do Estado, temos un incremento do 6,15%. Despois veñen os ingresos patrimoniais, enaxenación, transferencias de capital, que, tamén, bueno, pois teñen, neste caso, unha diferenza de -66%. En definitiva, con respecto ó estado de ingresos pois temos 2,77% menos de ingresos; con respecto ó estado de gastos podemos falar do capítulo de persoal, eu aquí quixera facer un especial fincapé no control que se está a facer e que se está intentando manter un criterio de rigor, e proba diso é que senón contemplásemos un plan de emprego, que temos de tres millóns de euros, que aproximadamente poden destinarse a unhas 600 persoas, senón contemplásemos eses tres millóns de euros estaríamos falando dunha redución de douscentos mil euros; ó contemplar ese capítulo no plan de emprego de tres millóns de euros, pois estamos falando dun incremento do 7%, pero a realidade obxectiva é que esta casa senón contemplase este plan de emprego, o que sería o gasto de persoal ordinario, estamos falando dunha redución en torno ós douscentos mil euros con respecto ó ano 2012. En gastos correntes, bens e gastos correntes, temos un incremento do 13% que aquí vén dado por unha cuestión fundamental que é o incremento do IVA, que, bueno, pois, loxicamente, todos os servizos que se prestan ó incrementar o IVA incrementan o custe, senón houbese incremento de IVA estaríamos tamén nunha redución das cantidades que estamos a falar agora mesmo. En canto a transferencias correntes, temos un incremento do 9%, pero aquí teríamos que contemplar, porque hai un plan de emprego, de tres millóns de euros, preguntan vostedes por que aquí vai un plan de emprego tamén, porque aquí son subvencións, porque son para becarios titulados, é dicir, e polo tanto, os servizos xurídicos nos din que hai que contemplalo no capítulo 4, porque son subvencións, subvencións a becarios titulados, que contemplan unha cantidade de tres millóns de euros e que está destinado a máis de 300 persoas. Quere dicir que se aquí non contemplásemos este plan de emprego, que é unha situación puntual, pois estaríamos a falar de un millón seiscentos mil euros menos con respecto ó ano anterior. Temos que falar tamén dunha cantidade importante, que é o aforro neto, que estamos a falar de trinta e oito millóns douscentos mil euros, e que, loxicamente, isto, pois define un pouco a solvencia desta casa. A maiores, este presuposto ten unha característica fundamental, é dicir, que temos que valorar, e que eu creo que é importante, é dicir, primeiro que non acudimos a ningunha operación de crédito, non se acude a ningunha operación de crédito, xa é o segundo ano que levamos con esta filosofía, con esta forma de traballar, iso quere dicir que ó non acudir a ningunha operación de endebedamento, evidentemente, podemos cumprir co criterio de déficit cero como así contempla a normativa. Pero non só isto, senón que amortizamos, aproximadamente, quince millóns de euros da débeda que temos vixente. Iso quere dicir que o obxectivo que perseguiamos e que xa o anunciamos no Pleno do ano pasado, nós marcamos un obxectivo no horizonte de 2012, que esta casa, que esta Deputación, teña débeda cero, eu creo que é un obxectivo dentro deses criterios que marcabamos o obxectivo de déficit cero se cumpre porque non se acude a operacións de crédito e se contempla os ingresos correntes cos gastos correntes. O control da débeda, estamos intentando amortizar a un ritmo, bueno, de quince, podemos chegar incluso a un pouco máis, se a situación económica fose un pouco mellor, polo tanto, estamos marcando un horizonte de 2018 de intentar que esta casa teña débeda cero. Creo que estas cuestións pois son importantes á hora de facer a valoración dos presupostos. Como dicía, en resume, poucos números, estamos a falar de 148 millóns de euros, débeda cero, amortización de quince millóns, déficit cero, e, loxicamente, pois este é o cadro macroeconómico, o cadro da estrutura do que poden ser os números, pero bueno, os números, evidentemente, teñen que preocuparnos, porque ó final temos que facer os presupostos con rigor, con austeridade e marcando os controis presupostarios que temos, pero isto non nos diría nada, quedarían os números aí, ó final o que nos preocupa a nós, ¿cal é o obxectivo destes presupostos?, é crear emprego e reforzar os sistemas sociais, as políticas sociais de cooperación, con concellos, con asociacións, en prestación de servizos e en organización de actividades, que ten que ser un dos obxectivos que perseguimos na Deputación. Por iso, disporemos, neste presuposto, como dicía anteriormente, de dous plans de emprego, dotados con tres e tres millóns de euros, para dar aproximadamente traballo en torno ás 900 persoas e que un é para contratos, como os que estamos facendo ata agora, e outro, dunha maneira especial, que é a primeira vez, eu creo que é unha cuestión que temos que por en valor, que este plan de emprego vai destinado a becarios titulados, que son aproximadamente pois unhas 300 persoas, é dicir, entre un e outro podemos estar falando próximos ás 1.000 persoas. E isto dá a importancia do que é esta casa, porque estamos falando dunha administración, pero ó final tamén estamos falando dunha empresa que dá traballo pois, aproximadamente, a dúas mil persoas, oitocentas e pico directas, case 900 e outras 1.000 nestes plans de emprego que temos en marcha. ¿Cal é outra das características tamén destes presupostos e obxectivos tamén presupostarios?, pois, o pagamento das facturas. O pagamento das facturas, estamos nunha situación, eu creo que é envidiable, en torno a 20 días dende a entrada da factura no Rexistro, o cal, pois, quere dicir que estamos dinamizando tamén non só o emprego senón a economía da nosa provincia. Pero como dicía anteriormente, hai aspectos fundamentais que creo que temos que ter en conta e para iso, bueno, pois os temas sociais e actividades, vamos a seguir mantendo o mesmo ritmo do ano pasado, en canto a cuestións relacionadas cos departamentos que temos en marcha, podemos falar da potenciación do deporte, que é unha actividade, é un sector que non só significa eventos e significa programacións, diarias e mensuais e anuais, senón que tamén está falando dunha repercusión social que ten, e tamén unha repercusión na economía, porque o movemento de todas esas persoas que fan actividade deportiva ó longo do ano pois xera unha actividade económica importante. E por iso, vamos a seguir potenciando as escolas deportivas e o deporte base, creo que é unha prioridade que sempre mantivo esta casa e que está funcionando dunha maneira óptima. Tamén, a dotación específica para deporte de élite, deportistas de élite, no senso de persoas que agora estiveron na última olimpiada, pero que ó non ter olimpiada ata os próximos anos pois, loxicamente, temos que seguir potenciando a estes deportistas. O incremento ós deportes de clubs de competición federado, que é unha actividade importante que chegamos na provincia a máis de 1.000 clubs, que eu creo que é unha cifra récord, eu creo que hai poucas provincias en España que poidan ter este volume de clubs. Tamén, non podemos escaparnos do financiamento de eventos deportivos, porque os eventos deportivos xeran un retorno económico, como todos poden comprobar, e se demostrou coa Volta ciclista que se levou a cabo na nosa provincia e que se vai a repetir, e que creo que é, non só un evento deportivo, unha actividade deportiva tamén en torno ó que pode ser a volta ciclista, senón que a volta ciclista pois significa a nivel turístico unha promoción fundamental, pero a nivel económico significa uns ingresos directos, pero, un retorno nesa economía e neses cartos, indirecto, que, loxicamente, a través das promocións que se fan, eu creo que sería difícil valorar. Se temos que cuantificar o que pode ser unha campaña de promoción turística, de promoción da nosa provincia e das Rías Baixas, evidentemente, eu creo que, bueno, pois, sería difícil cuantificala e se a cuantificásemos non teríamos cartos suficientes para poder levala a cabo, seguramente que non, non teño ningunha dúbida con respecto a esta cuestión. Tamén hai unha característica importante neste presuposto, que é o incremento na Área de Acción Social. Hai unha situación moi delicada, dramática, dramática para moitas familias, familias en situacións normais, como calquera de nós, que nun momento determinado pois hai unha situación, pois, puntual na familia, de paro ou doutras características, que non se poden manter pois os gastos que temos nas familias, e que leva a que moitas familias, hoxe familias que ata agora tiñan unha absoluta normalidade, pois que están entrando nunha situación complicada e puntual, esperemos que isto, evidentemente, sexa un tema coxuntural, puntual, pero que se poida resolver, pero por iso, vamos a intentar que o departamento de Acción Social, que significa máis do 12% do presuposto, pois que sexa, que estea ben atendido, por iso hai un incremento de case tres millóns de euros, e aquí podemos estar falando de aproximadamente uns dez millóns no Servizo de Acción Social, máis o que significa Príncipe Felipe, que son dezasete millóns, de que esta Deputación destina a temas sociais, e a un apartado máis que hai por aí, case preto de trinta millóns de euros. Eu creo que é unha boa decisión, que se tomou, e que eu quero felicitar á compañeira Marta Iglesias e ó Presidente, porque neste caso si que tiveron a sensibilidade de detraer doutras partidas e doutros departamentos, pero este si que é un departamento que, loxicamente, require da atención especial, do servizo de axuda a domicilio, todo o relacionado con Príncipe Felipe, as axudas ós comedores sociais, ós centros que traballan con familia en situacións de emerxencia, mantemento dos programas de formación con mulleres maiores e xóvenes, en definitiva, todos os programas que, bueno, dunha maneira ou doutra, inciden no apartado social que non debemos de despreocuparnos. Tamén, no tema cultural, estamos a facer un esforzo, quizá menor que no tema social, pero, moi importante, moi importante porque hai que seguir mantendo e vamos a seguir co plan cultural, de todo tipo de grupos e manifestacións artísticas, que temos na nosa provincia, que eu creo que esa é a riqueza que ten esta provincia a nivel de bandas, de corais, de grupos folclóricos, de todo tipo de actuacións e de todo tipo de propostas, e creo que o plan cultural pois resultou sempre exitoso nesta casa, evidentemente, non ten que ser obxectivo número un, pero si ten que ser o obxectivo de intentar manter o ritmo de inversión, o ritmo de presuposto, para que, loxicamente, se poida seguir aguantando. Tamén, hai que darlle un toque de atención, eu creo que tanto ós clubs deportivos como asociacións deportivas e asociacións culturais, que teñen que entender que aínda que vamos a manter o nivel de inversión, tamén teñen que entender que non ten que ser a prioridade número 1 porque, evidentemente, o tema social ten que ser para nós o obxectivo fundamental. Pero aínda así se está a traballar en todo o tema cultural, se está intentando seguir axudando a asociacións e a entidades relacionadas con este sector, e por suposto, eu creo que aquí, tamén na Deputación, temos un estamento importante como é o Museo, que require de atención especial, xa se falou aquí no debate anterior, eu creo que é bo que entre todos poidamos seguir axudando ó Museo, tanto na súa exposición, nas súas actividades como no remate da obra, eu creo que é unha obra importantísima, seguramente non o valoremos agora a curto prazo, pero eu estou totalmente convencido que a medio ou a longo prazo o Museo é unha desas referencias que vai quedar na historia de, que vai a ter a historia da provincia de Pontevedra e de Galicia, eu diría que de España, e se está conformando, eu creo que se está facendo con criterios razoables, con criterios de inversión, pois moi razoable, pero, evidentemente, todas estas inversións se valoran seguramente moito máis a medio e a longo prazo igual que o traballo que se está facendo no Arquivo e noutros departamentos de Cultura. Pero estes, seguramente, sexan os tres grandes temas, sociais, culturais e deportivos, que ten esta casa, pero, tampouco podemos olvidar, é dicir, ás veces, mediáticamente teñen menos repercusión outros estamentos ou outros servizos, e creo que están a facer un magnífico traballo, e ás veces pois quedan aí, quedan medio no olvido, porque non hai debate diario de todas estas cuestións, seguramente teña máis repercusión o que se inviste no Museo, o que se poida investir nun club deportivo, o que se lle poida dar ó Pontevedra ou ó Celta, ou a calquera deportista de base. Pero hai departamentos, coma o servizo lingüístico que nós estamos reforzando, que moitas veces se critica, se critica dende outras forzas políticas, e eu creo que hai unha sensibilidade clara dende esta casa, onde hai un servizo que se está potenciando, que incluso está crecendo presupostariamente, pasou de douscentos mil euros a trescentos cincuenta mil. Hai outro departamento, como é Medio Ambiente, que ten un presuposto xa importante nesta Deputación, é dicir, a sensibilidade con todos os temas de sostibilidade e de axudas que se están facendo á asociacións relacionadas coa sostibilidade e o medio ambiente, que estamos falando tamén de tres millóns de euros. Por exemplo, ás veces, temos dous servizos como son a Finca Mouriscade e a Estación Areeiro, pois que quedan aí, quedan aí, están, como dicía anteriormente parece que quedan no olvido, que ese traballo que se está facendo aí non ten unha repercusión. Eu podo asegurar que cando un se senta cos responsables deses departamentos e explican o que están facendo, eu creo que somos punteiros a nivel nacional, e eu diría que internacional, é dicir, son cuestións que, pois, non se lle dá importancia pero si que a teñen, Finca Mouriscade, estamos falando de dous millóns de euros; da Estación Areeiro pois lle estamos destinando 1,9, case dous millóns de euros, e creo que, bueno, que iso, ó final, pois conforman tamén outros departamentos importantes. Con respecto ó Turismo, eu creo que se falou aquí xa, e seguramente non vou a reincidir, pero é un dos sectores estratéxicos da nosa provincia, que temos que seguir potenciando, que é certo que se está nun momento de dificultade, pero se hai un sector que está aguantando é seguramente o sector turístico, estamos a falar, como se dicía aquí, do 12% do PID da provincia, que dá aproximadamente corenta mil postos de traballo, directos e indirectos, e eu creo que iso hai que tamén telo en conta, ás veces falamos, eu sempre fago a mesma referencia, ás veces falamos do naval, da automoción, que son importantes, e son importantes, por suposto, para os temas estratéxicos da provincia, pero o turismo pois pouco a pouco vai gañando cotas e ó final eu creo que é unha cuestión que non podemos olvidar, é dicir, aínda que, volvo a repetir, intentar manter os criterios de apoio e de axuda e de aí, bueno, pois hai proxectos, como xa se falou agora, das Pousadas, de Proamare, de depoDeza, e, bueno, saben todos vostedes que aquí se, na reestruturación, se inclúe o departamento de comercio e todo o relacionado coa promoción turística. Temos un tema que, hai que falar del tamén, é dicir, porque nós non queremos esquivar ningún tipo de debate, todo o relacionado con solo industrial, é dicir, estamos preparados, é dicir, o importante nesta casa é que, con todo o relacionado co IPESPO, se está preparado para o futuro, é dicir, o futuro inmediato, que ten que ser inmediato, que cando esta situación de crisis levante, evidentemente, pois teñamos solo industrial preparado e a bo prezo, e eu creo que, bueno, que ese esforzo era necesario, eu creo que aínda na situación na que estamos tiña que terse repetido, porque o problema é esperar, é dicir, esperar a medio prazo e, loxicamente, ese solo que temos aí en Barro-Meis, pois, evidentemente, terá o seu futuro e terán a oportunidade moitas empresas de instalarse, seguramente, cando falemos ó mellor dentro de oito, ou nove, ou seis ou sete anos, das situacións, de como pode ser a nosa provincia, este vai ser un elemento fundamental, dinamizador, empresarial, e creo que está preparado. Bueno, os quilómetros de carreteras que temos, temos que seguir manténdoos, evidentemente, hai tamén unha mellora importante con respecto ás novas tecnoloxías, estamos intentando avanzar, modernizar esta casa a todos os niveis, eu creo que isto é moi importante, moi importante que todo o relacionado con novas tecnoloxías, informática, pois ó final se fora mellorando, creo que estamos nun nivel xa óptimo, onde podemos dar resultados xa agora mesmo, e polo tanto, creo que merece, pois tamén, unha especial atención. En canto ás axudas ós concellos, eu creo que esta é unha das grandes cuestións que ten que plantexar esta casa e que ten esta casa, é dicir, e sobre todo o digo eu, dunha maneira especial, cando un coñece a provincia se dá conta das dificultades que teñen aqueles concellos de menos de vinte e cinco ou de vinte mil habitantes, que ó final si que teñen problemas, teñen problemas en canto ós impedimentos e inconvenientes que teñen para recadar, para ter ingresos; os fondos do Estado son poucos, é dicir, cada día menos, ó final os gastos cada día son máis, e bueno, eu creo que aquí, bueno, pois hai un tema pendente, que é a reforma da administración local, que bueno, que se está empezando a debater estes días, pero en calquera caso, eu creo que temos que seguir, e nós así o vamos a facer dende a Deputación, a reivindicación do papel que xogan as Deputacións, e dunha maneira especial, dunha maneira especial, para que estes concellos que necesitan da axuda da propia Deputación. Aquí, tamén, temos que falar de Canteiros, de bueno, pois do traballo que se está a facer. E, tamén, con respecto ó tema dos concellos eu creo que un dos obxectivos fundamentais que ten que ter esta casa é intentar xestionar servizos ou axudar ós concellos a xestionar servizos, que os concellos teñen dificultades, e que se vamos unidos, se traballamos todos na mesma dirección, con obxectivos claros, estou convencido que se abaratarían os custes, que se melloraría o servizo e que se intentaría prestar servizos en colaboración cos concellos, como pode ser agora mesmo, bueno, pois un proxecto, que eu creo que hai que apelar á responsabilidade de todos os grupos políticos, como son o Consorcio de residuos sólidos urbanos, que eu creo que é fundamental, é fundamental. Por por un exemplo, ¿non?, pode ser que un concello que estea ó lado doutro, que un a basura custe 0 e que noutro custe 80 euros, é dicir, hai unha situación de dous concellos, que non vou dar os nomes, que na mesma rúa, é dicir, porque están divididos e aí está o límite, resulta que un paga 70 euros e o outro paga 20 euros, eu creo que iso non ten ningún sentido, e creo, que se queremos reivindicar o papel da Deputación, a Deputación ten que xogar un papel fundamental, dinamizador, coordinador de todos estes servizos que ós concellos, sobre todo ós máis pequenos, lles custa moitas dificultades. Despois, hai outro tipo de servizos que van a ser, como é o ORAL, que bueno, pois a día de hoxe os datos están aí, 54 concellos de menos de 30.000 habitantes delegaron a xestión de tributos nas tarifas no ORAL, é dicir, eu creo que hai que felicitar a ese departamento, porque a verdade é que cada día vai a mellor, cada día ten máis concellos, cada día está facendo un mellor traballo, e ademais está facendo un bo traballo porque está facendo case de financiadora, porque ó final se lle está adiantando, pois cantidades importantes ós concellos antes, incluso, de que se poñan en marcha os impostos de recadación, e se lle está adiantando un diñeiro ós concellos que eu creo que, neste caso e en algúns, chega a cantidades que superan ata os trinta millóns de euros. Podemos falar da xestión catastral, da inspección de tributos, pero bueno, eu creo que ó final está máis ou menos todo, vostedes coñecen perfectamente os datos. Hai outro tema, que sempre queda tamén aí, non hai debate porque só se fala dos proxectos, pero aquí se fixo antes un debate con respecto a un tema concreto das Pousadas, pero hai que facer e valorar que esta casa debido, como dicía o Presidente, a que certos proxectos decaeron no goberno do Partido Socialista, no tema do POL e noutros máis, ¿que tivemos que buscar?, tivemos que buscar, pois, a oportunidade de buscar fondos europeos. E, home, se nos últimos anos acadamos aproximadamente cerca de 45 millóns de euros en fondos europeos, eu creo que é un magnífico resultado, unha magnífica xestión, é dicir, estamos falando de cifras importantes, de cifras que equivalen case á inversión real dun presuposto desta Deputación, e eu creo que hai que por un valor e dende logo, como nunca se fala deles, pero, temos aquí unha cantidade de proxectos en marcha, que, evidentemente, de Empleocities, de Chrono, de Cidade, Conta con elas, Convive, Aquelando, Unimiño, Mercurio, Vías Atlánticas, Nea, Deputrans, Redesanea, Cofroen, Natureza Viva, Eco-logistic, bueno, etc., etc,., Aquelando II, Mobilia, un da área de comercio, Mobilia I, Mobilia II, Edepo, depoDeza, Pousadas, CoopMinho. Bueno, eu creo, sinceramente, que esta cuestión non se nos ten que escapar baixo ningún concepto porque eu creo que é un tema fundamental e importante para esta Deputación. Despois, bueno, falabamos dun dos obxectivos que era adelgazar a administración. Bueno, nestes presupostos vén contemplado, eu creo que un inicio do que nós entendemos da reforma administrativa desta casa, e que vamos a continuar, vamos a continuar, e esas son unhas directrices que nos marcou o Presidente a todo o equipo de goberno, ultimamente, que se se fai e se consensúa a nivel nacional ben, e senón nós vamos a seguir dando pasos todos os anos no senso de buscar a mellora, a optimización dos recursos e da xestión desta casa. E por iso, se tomou unha decisión, creo que acertadisima, de centralización funcional da Deputación con respecto ós seus organismos autónomos. Estamos totalmente convencidos que ese é o camiño que ese é o camiño que temos que seguir as administracións, intentar centralizar os servizos, intentar aforro de custes, intentar mellora de servizos, máxima rentabilidade na xestión e tamén por suposto na xestión humana, de cada un dos traballadores, e aquí, bueno, eu creo que xa o Presidente o trasladou a todos os departamentos, a todos os xefes de servizo, e ó propio persoal de todos estes organismos, de… bueno, pois ten que ter a súa situación laboral que será a mesma que veñen tendo ata agora. Polo tanto, eu creo que demos un paso importante, un paso eu creo que valente, seguramente podía ser moito máis cómodo, incluso para nós, non mover absolutamente nada, porque cando se move sempre pode haber algunhas diferenzas ou algunhas críticas que non se axustan á realidade, pero, nós temos claro que ese é o camiño a seguir, o camiño a seguir dende esta casa é buscar a mellora e a optimización dos recursos, buscar máis ingresos, intentar ter menos gastos, e que os gastos que non sexan produtivos intentar desterralos ó máximo e eu creo que ese é o obxectivo fundamental que perseguimos. Tamén o dicimos, hai a vontade política clara de que esas marcas se manteñan, que esas marcas se manteñan, que nadie ose dicir que desaparece un organismo x, porque non desaparece, se inclúe dentro dun servizo, é unha cuestión puramente administrativa, para mellorar a rendabilidade, pero as marcas o que é a marca ORAL o que é a marca Museo, o que é a marca Turismo Rías Baixas e o que é a marca Canteiros, etc., quedan aí, quedan aí, porque esas marcas, evidentemente, teñen un valor, un valor que hai que seguir potenciando. Pero, unha cousa distinta é como se administra a nivel interno, como se busca mellorar eses recursos, como se busca optimizar mellor eses servizos e como se busca a máxima rendabilidade do persoal que temos en cada un deles. A maiores, pois, evidentemente, cando se centralizan servizos, pois, evidentemente, se melloran os custes de todos eses servizos, sen lugar a dúbida, a curto e a medio prazo e a longo, dunha maneira clara, é dicir, polo tanto, eu creo que esa é unha das cuestións que tamén para nós é importante. Bueno, podía seguir con outras cuestións, pero eu creo que, levo case media hora, me parece que por respecto a todos e sobre todo ós membros da oposición, se despois hai que facer algún debate máis dalgunha outra cuestión, ou algún tema de interese, me presto a debatelo, non é que agora non se queira sacar senón que, evidentemente, sería imposible relatar todo o que contemplan os presupostos desta casa. Eu espero que por responsabilidade de todos é importante aprobar os presupostos, o estamos facendo en tempo e forma, esperamos que o primeiro día hábil de xaneiro entren en vigor, e dende logo, bueno, pois, agradecerlle a colaboración, sobre todo ós servizos técnicos, ó Interventor, ó Secretario e ó Tesoureiro e á Xefa de Persoal e a todos os servizos, pola colaboración prestada porque sempre, bueno, pois, evidentemente, é un traballo a maiores que hai que realizar, é o documento básico polo cal se rexen as políticas de calquera institución, de calquera goberno, e neste caso, bueno, pois eu creo que son uns presupostos que nos parece que son os adecuados, para o que demanda a cidadanía, e uns presupostos que están na solución dos problemas e non en crear problemas que ó final é o que perseguirmos tamén. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa por esa exposición. Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Creo que cometín un erro, que é que foi que quedei para comer ás tres e non sei se daremos chegado, en todo caso é corrixible, perfectamente subsanable o erro, en todo caso sería problema meu, xa teño vivido aquí Plenos de orzamento ata as seis da tarde. Sr. Presidente.- Pero hai servizo a domicilio. Nos traen aquí de comer. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non, bueno, pero quedei, home, tamén, ¿e traio a todos os que quedei, tamén?. Sr. Presidente.- Prorrateamos e sáenos máis barato en grupo que en individual. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non, case mellor que non. Home, xa que vai de hostalería, para distender un pouquiño, o convite que lle fixo a un compañeiro de Corporación antes, de ir visitar un hotel, ¿que era?, ¿un hotelillo de carretera ou era outra cousa?. Sr. Presidente.- Calquera, hai que visitalos todos. Teñen todo o dereito a vivir, os de carretera e máis os outros. Sr. Mosquera Lorenzo.- Xa está, xa está, correcto, correcto. Dígoo porque ás veces danse malas interpretacións a ese tipo de convites, ben, ou a boas, vaia, a entender, enténdase. Bueno, dito isto, estes orzamentos tanto no contido como na tramitación son un pouquiño falta de respecto, un pouquiño falta de respecto para case todo o mundo. Xa estamos afeitos, estamos absolutamente afeitos a que ós membros desta Corporación se nos tome polo pito do sereno, é absolutamente habitual, e, por exemplo, pois que calquera concelleiro que non é Deputado nos pregunte, ¿oe, como vai ser o reparto de …?, é dicir, ¡ah!, cando vos convoque alí, ou sexa, sábeno eles antes do que o sabemos nós. E normalmente enterámonos por como, e tamén nos enteramos de que o Pleno este ía ser o día de hoxe cunhas condicións, que era que os orzamentos estiveran un día que non estiveron e así seguimos, ¿non?, ata hoxe tivemos unha Comisión, o luns a mañá tivemos outra Comisión, o venres tivemos outra Comisión, alí a votar, vote vostede non sei que. É que, de verdade, creo que non axuda nada ó traballo nin axuda nada ó respecto, que creo, aínda que nós estamos en contra das Deputacións, creo que se merece, creo que se merece a Corporación. E os propios orzamentos metelos dentro dun Pleno ordinario, que lle cadrou, incluso, unha modificación de crédito, que antes levou bastante tempo o debate, pois, como que é tamén unha falta de respecto ós propios orzamentos, ¿non?, e, obviamente, estiveron axustando ata última hora, non recolle cousas que vostedes se comprometeron que ían recoller, se comprometeron publicamente aquí a recoller, e non as recolle, non as recolle. ¿Cales?. Bueno, pois eu quero dicir, por exemplo, cando houbo o Pleno de despedida do Deputado que ía ir na lista, vostedes se tiraron en plancha dicindo que ían a cambiar o réxime retributivo para o ano que vén para que non sucederan estas cousas, non o recolle, por exemplo, vale, se o quere saber, non o recolle, non o recolle; igual que tamén ía haber un axuste de, non o recolle, non o recolle, vale, ou sexa, andan, ou tamén debe haber un axuste pola cuestión da desaparición dos organismos autónomos ou o que sexa e tampouco o recolle. Vale, cousas que vostedes anunciaron publicamente, ou sexa, non o anunciamos nós, non o anunciamos nós. Entón, están así feitos a toda présa, ¿verdade?, así a correr a ver como encaixo, como non encaixo isto, e, o que si está claro, o que si está claro, é que o criterio político si o teñen moi claro, si, adelgazar a administración, ou sexa, as dotacións, os servizos, o salario indirecto, que se lle poida prestar a través da administración ós cidadáns recortalo ó máximo, iso si que o teñen claro, iso si que o aplican, si que o aplican pero dunha maneira perversa, se un mira os orzamentos, por exemplo, á parte das transferencias previstas por lei a administración xeral do Estado transfírelle a esta Deputación cero euros, cero euros; e a Xunta de Galicia transfírelle a esta administración cero euros. Ben, a Deputación, como entidade local, como administración local, non collería na cabeza que aplicara o mesmo que os concellos, pois sucede o mesmo, as transferencias da Deputación ós concellos, practicamente, son cero euros, se lle quitamos o que, o paquete que lle pasou a Xunta cos servizos sociais e demais, practicamente son cero euros. Están aí as contas e vostedes as coñecen perfectisimamente. Ben, a exposición que fixo o portavoz do Partido Popular é, bueno, se un suma, se coñece un pouco os orzamentos, é que resulta que iso serían catrocentos millóns, porque son trinta millóns para servizos sociais, vinte e cinco, que non dixo, para vías e obras, e corenta e dous de persoal, para promoción económica non sei canto, bueno, sume, reste, verá como debe dar catrocentos ou unha cousa así, coas partidas fixas, a menos que entenda vías e obras como servizos sociais, ou algo así, porque senón debe dar unhas cifras destas absolutamente disparatadas e nos vendeu, tamén, pois, cousas que, francamente, non compartimos nunca e seguimos sen compartir. Por exemplo, o do pago das facturas, mire, tan rápidos somos pagando as facturas, que conste que é a lei e tamén se cumpre en parte dos concellos, coma no que estou eu, e resulta que tan rápido pagamos que agora resulta que o subcontratista do Pino quedou a administración sen ningunha capacidade para manobrar, por pagar tan rápido. Vale, ou sexa que, ás veces se cadra o pagar tan rápido, claro, claro, claro, se estiveran retidas as facturas igual non se podía facer, xa sei que a lei non o permite, xa o sei, xa o sei, ¿entende?, pero claro, ás veces, se cadra, pagar tan rápido, mire vostede os resultado que dá. Se cadra había que ir che, che, pare un momentico que hai que poñerlle unha coma aquí, non se pode pagar, a ver que pasa, epa, epa, epa, ¿non?, vale, pois, se cadra, ás veces isto de pagar tan rápido pois é así, ¿verdade?, é así un pouco, un pouco iso. Bueno, vamos a ver, temos, vostedes no citaron, por suposto son terriblemente continuistas e van nunha dirección que eu creo que, en xeral, en xeral, é relativamente equivocada. Pero, temos un problema, temos un problema grave, que os cidadáns da provincia de Pontevedra son os que pagan o seguro de automóvil máis caro de todo o Estado, máis caro. E, as cifras, iso é porque as cifras de sinistralidade vial na provincia de Pontevedra son tremendas, tremendas, son as peores, xa sei que se cruza tamén a da picaresca, pero non creo que sexa moito máis picaresca aquí que noutros lados, iso supoño que será máis ou menos igual en todos os lados. Entón, temos un problema grave que nos está indo ó bolsillo a todos, ós que teñen vehículo, vamos, e o teñen asegurado, nin en todos os casos é así, que nos está indo, vamos, hai un custe tremendo, despois, ¿non?, para, vidas en accidentes e, bueno, en secuelas e demais, que hai dende decembro de 2010 un acordo plenario unánime, de que había que facer algo, e que hai dende xaneiro de 2011 unha ordenanza, que había un plan que se ía impulsar, e que nos orzamentos non hai nada, nada, hai vías e obras, coa mellora de vías e obras non pasaría nada se esta casa, que ten 1.800 ou 1.900 quilómetros de vías, bueno, iso hai que sumalo, hai que axustalo sempre, porque hai vías novas pero tamén hai outras que se transfiren ós concellos, pero bueno, pois adicar a parte do orzamento de vías e obras especificamente á seguranza viaria. Non hai nada de nada, non hai nada de nada, o que quere dicir que aquel acordo e as declaracións posteriores, incluso a vontade de traer a ordenanza, que se ía vir ou deixaba de vir, pois, realmente, foi un brindes ó sol, unha saída do paso, e que non ten ningún reflexo, xa pasaron dous orzamentos dende que se presentou, estes son os segundos e non hai absolutamente nada, de nada, de nada. Ben, creo que é un problema serio, que a Deputación ten posibilidades de actuar, ten posibilidades tanto na súa rede viaria como en xeral, como, vamos, norma ou como consello, ou como, en fin, asesora dos concellos, que son a inmensa maioría da rede viaria, e, polo tanto, pois aí se podería actuar, e non supón ningún gasto a maiores, senón que si podía ser un aforro bastante grande en seguros, en vidas, en secuelas e demais. Ben, o que me parece que non adelgazou nada, non adelgazou nada, é, obviamente, esa é a emenda que presentamos, que nos votaron en contra na Comisión, exactamente me parece que nin as leran, pero bueno, si, pois entón, peor, entón, peor, o que non adelgazou nada foi o capítulo de subvencións nominativas, pode ser que se caera unha ou non se caera, que isto é un auténtico atentado ó sentido común, á ecuanimidade e igualdade de oportunidades. Son dezaseis follas, ¿verdade?, na que o que ten acceso, o que ten acceso aquí, o que ten acceso aquí, normalmente, creo que non fai falta facer voar moito a imaxinación para supoñer máis ou menos o que vai ser, pois, xa sabe que ten a subvención concedida, que non lla van modificar e non ten que presentar papeis para solicitala despois a unha, noutra, digamos, cando se saque unha convocatoria. Entón, hai curiosidades, como unha asociación de veciños que leva por tres sitios, na provincia de Pontevedra pode haber calquera número, mil asociacións de veciños, bueno, son catro ou cinco, claro, son os máis importantes, os máis importantes para o PP, claro, e ademais esas reben por tres ou catro sitios, pero xa o teñen aquí amarrado, xa o teñen aquí nesta listiña, amarrado. Bueno, un mira, pois, cousas como que, non sei, podemos mirar por aquí, eu que sei, bueno, a Federación de asociacións de mulleres rurais, tamén leva por non sei cantos lados, tamén, non vai a ser, ¡ah!, bueno, a Asociación de veciños camiño vello de Coia, a min, é que eu non coñezo moi ben, sóalle algo así a alguén do PP de Vigo ou así, sóalle así, non, non lle soa, bueno, pois tamén leva por varios sitios, ¿verdade?; asociacións da terceira idade pois hai seis que levan e as outras non levan, todo o resto da provincia, bueno, pola contra, despois, as, ¿como lle chaman?, por exemplo, a Aula Castelao de Filosofía, semana da filosofía, non leva nada, aquí non está, non chegou o dedo para poñelo aquí, iso vai por outra conta, se acaso lle toca. En fin, tampouco é cuestión de facer un relatorio eterno, pero, outra vez Federación de asociacións de mulleres, de mulleres rurais, por outro lado, é cuestión de ir mirando as follas e tal, entón, Liceo Casino porque si, outro porque non, asociación cultural, bueno, en fin, tampouco é cuestión de, Círculo Mercantil de Vigo, pero outros non, o de Vilagarcía si, segundo toca, ¿verdade?, que é, asociacións, parroquia non sei que, ¿non?, todo isto que levámolo avisado non sei canto tempo, e aquí quitando as oficiais, é máis, agora, iso si, non hai, por exemplo, para o Pazo de Cultura de Pontevedra, quitáronse do padroado, agora vanse meter no padroado de Fexdega; en fin, francamente un tanto despeinados nos teñen, porque parece que o criterio é suprimir, quedarse fóra, despois é meterse noutros, ¿non?, bueno, xa nos teñen despeinados con iso de que ían a suprimir as, todos os padroados menos tres, despois tamén foron todos, bueno, segundo toca o día, segundo toca o día e demais. Isto é absolutamente infumable, isto non hai por onde collelo, non hai por onde collelo, e calquera, calquera que o mire, calquera, calquera grupo político que o mire e di, bueno, como esta si e esta non, ¿que pasa?, este conseguiu que o dedo llo puxera, de verdade, iso é absolutamente tal. As de deportes si que teñen, parece que teñen certo baremo, están aquí, pois se poden salvar, o resto, de verdade, é que a inmensa maioría, unha de dúas, ou pasan ás xerais ou se suprimen. Ben, no orzamento clasicamente houbo aquí, como Pontevedra e Vigo quedan fóra dos plans, vamos, e tal, pois houbo sempre unha cifra para Pontevedra e Vigo. Nestes momentos parece que non, bueno, pois non gusta, pois outros concellos si. Mire, pídese que haxa unha cantidade, nas mesmas condicións, que as xestione a Deputación, nos dá igual, pero que haxa porque pasan, e incluso máis restrinxidos, se queren, que pasan a, curiosamente, por exemplo, hai máis transferencias de capital no orzamento, máis transferencias por obra, para asociacións, ou sexa, que o plan de caciqueo comunitario este, que para os concellos, que conste que é unha auténtica barbaridade, ou sexa, midan un pouquiño o que están facendo, midan un pouquiño o que están facendo, é que isto non ten ningún tal. Bueno, o servizo de teleasistencia eu creo que deberían mantelo, non é precisamente unha gran cantidade, aí non aparece. Pero, agora, vamos a outra cuestión que si que é absolutamente sorprendente, absolutamente sorprendente, venderon e recontravenderon, e vámonos ceñir ós que acordamos todos máis ou menos manter, ó ORAL, ó Museo e a Rías Baixas, de que vai ser un aforro extraordinario o suprimilos. Bueno, pois das contas do orzamento, incluso desquitando as partidas que non estaban resulta que aumenta case un millón de euros, con respecto ó inicial do ano pasado aumenta case un millón de euros se se suman os tres, quitando o depoDeza e demais, quitando Pousadas, quitando, senón sube a tres millóns, restando iso soben. O outro día parece que lle preguntaron ó Portavoz, ¿canto baixa?, dixo un millón por dicir algunha cousa, pois non, soben, soben case un millón de euros quitando as partidas que se integraron no Padroado Rías Baixas, que non estaban, quitando esas. Bueno, a calculadora, si, igual teño que cambiar, ves, agora, antes nesta casa, mal, había o uso de regalar algo que fora funcional, unha calculadora ou o que sexa, para funcionar; unha calculadora que sume segundo quere o Portavoz do PP, non o que vén nos papeis, o que vén nos papeis está ben sumado. Sr. Presidente.- Para Reyes. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bueno, pois para Reyes é igual. Pero, unha que sume, non, non, calculadora teño eu, digo unha que sume como quere o portavoz, non o que trae nos papeis, o que trae nos papeis do orzamento está perfectamente sumado, perfectamente sumado. Ben, e xa para rematar, no orzamento vai medio millón de euros para un plan de residuos ou de recollida de residuos provincial. Ben, evidentemente, xa o temos proposto a pesar da nosa postura política con respecto ás Deputacións, que, obviamente, mentres existan pois terán que funcionar e, se algún día non existen, que agardemos que sexa así, pois suplíraos a Xunta ou quen sexa no seu funcionamento. Pero, temos proposto que a Deputación se encargara, por exemplo, dos vehículos abandonados, incluso ten feito algunha xestión dos cans e demais. A nós parécenos ben, parécenos ben que a Deputación, xa que as Mancomunidades están tendo uns problemas terribles e ó final non funcionan, etc., que a Deputación poida botar man dos servizos de maneira coordinada ou mancomunada, coordinada cos concellos e demais, dá unha economía de escala, segue sendo unha administración pública quen a xestiona, podería evitar privatizacións, que ás veces non hai máis remedio que facelas pola escala e demais, etc., privatizacións xustificadas e demais. Ben, a Deputación aporta, pon en previsión medio millón de euros para este servizo. A nosa proposta, que está redactada dunha maneira francamente dura de ler de maneira intencionada, absolutamente intencionada, ó meu entender, porque habería que escribir moito máis, é que se a Deputación se vai a meter, e nos cremos que se debe meter, creo que debería ser máis ambicioso, máis ambicioso ¿en que sentido?. Nestes momentos a situación da xestión dos residuos é absolutamente calamitosa, non resiste máis, houbo unha batalla, que bueno, que foi un erro, obviamente, pero que tivo, que naquel momento, foi un erro non a batalla, non a dialéctica en si senón a acidez e o extremismo da, que levou a pechar vías, que nestes momentos volven a estar abertas, pero o certo é que nestes momentos temos varios problemas moi serios. Primeiro, Sogama non dá, non dá, e non dá, non dá, polo menos a planta de Cerceda, non dá en absoluto; e, en segundo lugar, hai un plan de residuos, tanto do Estado como galego, que obriga a compostar ou ir a compostar, reaproveitar a metade dos orgánicos como mínimo, non hai ningunha previsión, quitando a planta do Barbanza a medias; e, en terceiro lugar, pois que entre unha cousa e outra a deixadez, aquilo que dicía o compañeiro, portavoz do PSOE, Emilio, eses paraísos fiscais, no que se converteron parte dos concellos, pois dá unha situación na que parece que se pretende que se preste un servizo cada vez de maior calidade e máis custoso a ningún prezo, non xa barato, senón a ningún prezo. Iso dá unha situación, pois, francamente complexa e simplemente dar o paso de que a Deputación se encargue de sacarlle o marrón que se xerou por esta, por eses paraísos fiscais, en cada concello, dándolle un pouquiño de escala cremos que queda moi limitado e que debería aproveitarse para darlle un impulso de xestión a todo o que é un tema complexo, pero que nestes momentos está moi mal, está a planta do Morrazo aí morta de risa, coa maquinaria, que posiblemente se puidera integrar ou non, pero está aí, e habería que intentar dar un paso por que o que está a suceder é unha auténtica barbaridade, ou sexa, toda a agricultura, especialmente os viñedos, pero toda a agricultura necesita unha cantidade de materia orgánica, o que antes era o esterco, vaia, para entendernos, enorme, enorme, e a materia orgánica está creando un problema grave intentando queimala, que non hai quen a queime, en Cerceda. É unha auténtica barbaridade, conceptual e de xestión, non sei o que pode custar, dende logo, non máis, non máis do que está custando Sogama, que en todo caso Sogama custa máis na realidade do prezo que ten posto, e dar un paso nese sentido, sempre custa arrancar, cremos que sería sumamente interesante, sumamente importante. E cremos que nestes momentos a Xunta ou Sogama non está en condicións de facelo, non está, e os concellos tampouco, porque están cos contratos eses, é legalmente posible, Sogama lle viría ben que se descargara parte e non tería porque ser, se se vai sacar, se se vai facer xestión indirecta, se vai sacar un contrato, pois non tería porque ser especialmente difícil, están os camións, parte deles, co cal non hai que facer investimento no tal, e si se podería facer, pois, se cadra, investimento nunha planta de separación ou de compostaxe, que podería ter bastante futuro, ou polo menos ter algún, porque o problema é que a normativa cada vez é máis difícil, hai problemas ata coas algas que se sacan do mar, que a ver quen, hai que facer non sei que, hai un problema, de, bueno, este problema que saíu, por exemplo, non, que ós, digamos que ós cidadáns normais, se van recoller algas e as poñen nunha finca non lle din nada, pero como vaia a administración, ¡bumba!, lle pasou ó alcalde de Poio e lle pasou a algún máis, que é un disparate, que todo o mundo sabe que non se está cumprindo o plan de residuos, non se está cumprindo non sei que, pero mira para outro lado, ó menos que algunha administración, concellos normalmente, se mete, …, pillamos un que non cumpre, xusto, xusto o que están intentado cumprir os de Sogama. Entón, cremos que a Deputación aí pode facer un moi bo labor, os recursos son elevados, porque, se se saca a concurso, se se fai xestión indirecta, podíase facer xestión directa, pero bueno, podería haber uns recursos que non son tan caros, en fin, incluso se podía mirar, antes falou o portavoz do PP das, de que nestes momentos hai terreos produtivos, terreos industriais, o que sexa, ociosos, sexa nun lado ou noutro, hai en varios sitios, co cal aqueles problemas gravísimos que había para buscar un sitio, que non cumpría urbanisticamente, ¿non?, para algún tipo de planta, xa hai a do Morrazo e demais, xa hai a do Morrazo e penso que se podía estudar e máis outras, cremos que aí se debería ser máis ambicioso e podería cumprir a Deputación, pois, un papel para o que realmente en principio está destinada tal como está, moito máis, moito máis, seguramente, que outras partidas que están, que se están levando moitísimos cartos destes orzamentos e que é moi dubidoso que sexa unha competencia da Deputación, tena aí historicamente e demais. Entón, aí cremos, por iso a emenda está redactada, que a Deputación se poña, en fin, colaborando, dalgunha maneira, pero a idea era esta que estou expoñendo e que cremos que se debía, sexa vía aumentar a partida que hai agora, sexa, digamos, mediante modificacións ou a saber, porque durante o ano igual se pode botar en marcha ou non, si botar man dese asunto. Bueno, entón, a nós nos deron os orzamentos o venres pasado, somos todos moi listiños e moi capaces, obviamente, pois se hai que pasarse unha fin de semana, o domingo á tarde ou o sábado ou o que sexa, pois mirando os orzamentos, para iso estamos, tampouco é cuestión de queixarse, pero o que si non se nos dou a oportunidade foi, con esta premura de tempo, de transacionar ou mirar algunha emenda que, teoricamente, estaban, digamos, na vontade do grupo de goberno, polo menos en parte, votouse en contra de todas frontalmente co cal, pois, bueno, seguimos facendo, tanto as propostas como as críticas, sobre todo a isto, sobre todo a isto e ó PAC, ás dúas cousas, que son, francamente, non son de recibo á altura do 2012 nin de hai vinte anos nin trinta, son procedementos, francamente, perversos que de ningunha maneira podemos compartir. E con isto remato por esta vez. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Ten a palabra D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Pois bos días. Non vou a dicir que vou a ser breve. Bueno, estamos ante un dos plenos máis importantes do ano porque se está a tratar os presupostos deste organismo, e dende logo, dende o Grupo provincial socialista queremos comezar, primeiro, por dicir de que tivemos a documentación o venres pasado, unha documentación incompleta, e o resto a tivemos o luns a conta gotas. Me parece que aínda nos falta algunha cousiña por aí. Llo digo para os medios de comunicación, que me refiro a esa carpeta que hai aí encima da mesa da Presidencia pois tivemos escasamente día e medio para poder chequeala. Nós, dende o Partido Socialista o que proporíamos sería unha emenda á totalidade, porque miren, señores do Partido Popular, son os mesmos presupostos dos últimos anos e ademais repiten os mesmos defectos de anos anteriores, pero teñen que lembrar de que o 2013 atísbase cun agravamento da crise, que vai haber un agravamento da crise, polo tanto, non se poden repetir presupostos, nin cos mesmos defectos de anos anteriores. Son catro millóns de euros menos que en 2012 e é certo de que vostedes nos informes que aportan din que, técnicamente, se poden cumprir estes presupostos pola proxección de ingresos. Pero, eu quero ler un parágrafo do informe de Intervención, que di textualmente: “esta mellora dos ingresos correntes procedentes, case na súa totalidade, do Estado, entendo que non se vai a poder manter no futuro dada a actual e vindeira situación económica de depresión, pois é difícil pensar que os ingresos aumentarán senón mellora a situación económica”. E agora, curioso, “de todos os xeitos, espero e desexo que esta estimación optimista do Estado sobre a evolución dos ingresos non dea lugar a futuras e dolorosas devolucións”. Claro, uns presupostos de cento corenta e oito millóns de euros, cun … e dolorosas devolucións, pois, a verdade, que hai que ter moita fe niso. Por iso, nós non vamos a enumerar moitas partidas como fixo o portavoz do Partido Popular, pero si incidir en dúas, primeiro, o gasto corrente que se incrementa en oito millóns e medio de euros, un 10,38%, e mentres os investimentos reais caen nun 14,7 millóns de euros, é dicir, un 28%. E miren, estes presupostos son antisociais, son antisociais porque non atenden ó emprego, non atenden á atención social, nin fan inversións produtivas. Outro dos elementos que vostedes sempre poñen en valor é a débeda, pois mire, en vez de atender o gasto social e o emprego, por certo, no plan de emprego falaba o Sr. Portavoz do Partido Popular de novecentos mil empregos, debían ser novecentos, se lle foi aí un pouco a man nos novecentos mil empregos, que sexan eses empregos que vostedes crean co plan de emprego, que sexan polo menos a xornada completa e non de vinte e catro horas como están a ser ultimamente. Pois miren, coa débeda, que podía ser para atender gasto social, para atender ó emprego e ás inversións, pois, agora vemos que hai que pagarlle ós bancos e hai que pagarlle ós bancos case a mesma cantidade que hai agora mesmo para inversión, polo derroche de anos anteriores cando non había crise, cando había abundancia, e agora que hai crise temos que pagarlle ós bancos unha débeda de 92,6 millóns de euros, que nun presuposto de 148 pois xa vén o que significa, un 67%, eu creo que non é para sacar peito dicir que debemos 92,6 millóns de euros, é que hai que pagar quince millóns de euros de intereses e de amortización, me parece que non estamos para sacar peito. Con ese diñeiro, fíxese cantas inversións, cantas familias atenderían que están con dificultades e canto emprego se xeraría. Pois xa ven, os bancos levan máis cas inversións do diñeiro de todos os pontevedreses e pontevedresas. Miren, estes quince millóns de euros para os bancos, para pagar os excesos, isto si que é vivir por encima das nosas posibilidades e non as televisións de plasma. Isto, quince millóns de xuros e de amortización para os bancos si que é vivir por encima das posibilidades, porque fíxense, con este diñeiro agora si que se podía axudar a familias e se podía axudar a moitos concellos, que vostedes, por certo, non creen neles, a moitos concellos que están agora mesmo a asumir ademais moitas competencias que son propias doutra administración. E un exemplo ademais de que hai descontrol xa o tratamos no punto anterior e o expoñía moi ben o meu compañeiro Xosé Cacabelos, cando falaba das Pousadas. Eu só incluír aquí que é un exemplo de obra faraónica exactamente igual que o Gaiás, en Santiago, é o mesmo, é o mesmo, cun sector turístico en crisis e temos unhas obras faraónicas que se levan dezaseis millóns de euros. Pero, ademais, nestes presupostos xa aparecen, coas Pousadas en obras, xa aparecen dezasete peóns forestais contratados nas Pousadas. Bueno, non está mal, non está mal. En resume, miren, os tres capítulos máis significativos dos presupostos, o capítulo 2, que é o gasto corrente, se ve que hai un descontrol no gasto e unha falta absoluta de austeridade. No capítulo 4, as transferencias correntes, continúa a política de cheques e a política clientelar. E no capítulo 6, que son as inversións, pois vemos que hai menos inversións que intereses e que amortización que lle pagamos ós bancos. E outra cuestión que se deduce tamén deste presuposto, que a integración dos organismos autónomos está xerando máis gasto e polo tanto están a resultar máis caros, se todo isto foi para que o Museo de Pontevedra deixe de ter unha independencia no seu funcionamento, pois, a verdade que non o vemos positivo. Señores do Partido Popular, dende o Partido Socialista cremos que terían que retirar estes presupostos e presentar uns novos que fagan de verdade fronte á crisis, que atendan ás persoas que máis o necesitan, que atendan ós concellos, que reitero, asumen competencias en moitos casos doutras administracións, e como sabemos que non o van a retirar nós presentamos dúas, tres mocións, que resumo, que sería restar de gastos de protocolo, publicidade e propaganda, un millón setecentos vinte e oito mil euros, tamén restar un millón de euros do fondo de continxencia e que estes se destinen para políticas sociais, entre elas, entre elas, que cubra o 65% que pagaba antes o INSERSO para teleasistencia, igual que fai a Deputación de Coruña, que se dediquen a emprego e tamén ó capítulo de inversións. Cremos, reitero, que son uns presupostos feitos á présa, copiados de anos anteriores, sen ningunha imaxinación e ademais sen ningunha intención de abordar os momentos máis difíciles que temos agora que son os da crisis. Nós dende o Grupo provincial Socialista, vamos a votar en contra destes presupostos por toda a argumentación que lle expuxemos anteriormente. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Santos Héctor. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Si, bueno, agradézolle ó Sr. Santos Héctor que dixo que ía a ser breve e foi breve, foi breve e non sei se é porque realmente non ten moito que criticar ós presupostos ou porque realmente foi breve porque si. Pero mire, eu creo que non se pode dicir mentiras, ou sexa, non se pode dicir que o capítulo de gasto corrente segue crecendo un dez e pico por cento, porque iso non é certo, vostede sabe que aquí hai unha partida do incremento do IVA importante que senón houbese ese incremento do IVA o capítulo este se reduciría aproximadamente en un millón e medio de euros, primeira cuestión, polo tanto, gastos e bens correntes se diminuiría nunha condición de normalidade un millón e medio de euros. Con respecto ó capítulo de gastos de persoal estaríamos por debaixo douscentos mil euros senón se incluíra ese plan de emprego, é un plan de emprego que, loxicamente, hai que ubicalo dentro dos propios presupostos como un estado de gasto e aí, bueno, pois hai esa diferenza. E, con respecto ás transferencias correntes, sucede exactamente igual, hai outro plan de emprego, que son tres millóns de euros, que son para becarios e para titulados, polo tanto, bueno, pois eu creo que esta cuestión está perfectamente clara. Con respecto á estrutura do presuposto, din vostedes que son unha repetición e que devolverían os presupostos, mire, ¿que nos respalda a nós aquí?, os cidadáns, os cidadáns dixeron hai un ano e medio que non querían catorce deputados do Partido Popular, que querían dezasete, é dicir, tres máis, oe, eu polo menos creo que se hai un partido que sustenta o goberno, que ten tres deputados máis, quere dicir que as políticas que se aplican son as que demandan a maioría da cidadanía como é neste caso, polo tanto, eu lle dicía que estabamos na solución dos problemas e que non estábamos no problema. Nós somos, polo menos así o demostran os cidadáns, a solución dos problemas e non creación de problemas. Fala vostede de políticas antisociais, neste presuposto hai aproximadamente cerca de trinta millóns de euros destinados a Acción Social, Sr. Mosquera, é que é certo, dezasete millóns e pico, colla os datos de Príncipe Felipe, máis dez novecentos do programa de Acción Social, son vinte e oito millóns de euros, cerca de trinta millóns de euros; se quere vinte e oito millóns, pois vinte e oito millóns de euros destinados a Acción Social concreta, sen meter como temas sociais outras cuestións que puidésemos incluír. Con respecto ás Pousadas, eu creo que xa falou o Presidente, eu creo que é un proxecto que se presentou no seu día que o goberno de España dentro dunha comisión onde estaban varios departamentos, goberno de España do Sr. Zapatero, concedeu estes catro proxectos, catro proxectos que a medio e a longo prazo son o futuro das demandas que plantexan os cidadáns, e dunha maneira clara a nivel turístico por un tema de accesibilidade e discapacidade, e ademais eu creo que é unha forma ou unha infraestrutura que pode distinguirse das demais, e eu creo que é un proxecto que nós non podíamos perder eses oito ou nove millóns de euros que viñan de fondos europeos, polo tanto, eu creo que está perfectamente claro e contestada esa cuestión. Con respecto á integración dos organismos autónomos. Poden sumar o que queiran pero o que está claro é que hai unha redución aproximadamente de un millón de euros senón se inclúen outros departamentos que agora están neses organismos autónomos, polo tanto, sigo facendo a afirmación, a integración dos organismos autónomos non só vai optimizar o funcionamento, mellorar o servizo senón que vai a rebasar os custes en aproximadamente un millón de euros. E con respecto ó tema dos residuos sólidos urbanos, Sr. Mosquera, nós estamos dispostos a sentarnos con vostede e a estudar esa emenda, creo que nos parece noble a súa postura, politicamente é coherente, no sentido de que poidamos estudala, nós temos a nosa posición, o noso plantexamento, pero creo que o obxectivo fundamental é que o consorcio poida funcionar e que residuos sólidos urbanos pois teñan un servizo adecuado cun custe menor e incluso que esta Deputación pois poida axudar na medida das posibilidades a eses concellos. Non nos parece igual a postura do Partido Socialista, que se ve que está por dicir a todo que non, dun proxecto que pode ser interesante para a provincia e para os concellos. Eu creo que é unha irresponsabilidade tremenda por parte do Partido Socialista que con respecto a este proxecto pois non teña outra valoración. Con respecto a cuestións de pagar rápido, que é malo, bueno, pois ó final por esa teoría que vostede aplica todo pode ser bo e todo pode ser malo, polo tanto, ata lle dou o beneficio da dúbida, que todo poida ser malo e todo poida ser bo. E pagar demasiado rápido, que agora hai un problema cunha empresa e resulta que o problema o vai ter a Deputación porque pagou no seu debido tempo. Bueno, pois tamén pode ser, mire, cada día se aprende unha cousa máis, e seguramente, eu vou anotar esta crítica que vostede fai para aplicalo noutros discursos, porque é unha teoría boa, é unha teoría boa, que todo é bo e todo pode ser malo. Con respecto, volvo a repetir, ó tema dos residuos, nós estamos dispostos a sentarnos con vostede e intentar, se é posible, facer unha proposta pois, poder facela conxuntamente. Mire, eu creo que o debate xa está máis que levado a cabo, é dicir, nós vamos a defender estes presupostos de cento corenta e oito millóns de euros, que son 2,7 menos que o ano pasado, que vamos a amortizar quince millóns de débeda, que o obxectivo que temos é que para o ano 2018, o horizonte, a débeda sexa cero, que vamos a seguir mantendo anualmente o déficit cero para non acudir a préstamo, que ese é o obxectivo que perseguimos, e que, loxicamente, bueno, pois esta estrutura económica nos sirva para reforzar o noso compromiso de crear emprego, que ten que ser o fundamental, para todos, para todos ten que ser obxectivo número 1 e reforzar as políticas sociais. Para iso, bueno, pois, vamos a intentar manter eses plans de emprego no futuro, xerar cada día, se podemos, máis inversións, pagar as facturas, e dende logo seguir investindo nos concellos, que creo que ten que ser outro dos obxectivos fundamentais que perseguimos, e para iso, bueno, pois agora, polo menos xa nadie dubida que esta institución é unha institución solvente e é unha institución que ten crédito e que ó final ten unha política económica adecuada e correcta. Eu creo que nun momento de crise como o que estamos a vivir non se pode pedir moito máis, eu creo que hai que facer especial atención na xeración de emprego, creo que iso é o fundamental, que nos ten que levar a todos a perseguir que as políticas vaian todas na mesma dirección. En calquera caso, nós creo que estamos pondo as bases do futuro, de que en momentos bos, é dicir, nesta casa se fixeron inversións importantes en concellos, que teñen rendabilidade social e rendabilidade económica ó retorno moitos dos proxectos que están en marcha que agora, por suposto, non vou a volver a repetir, e, o que temos que pensar agora é que o futuro dos próximos anos, é que as familias, as persoas, teñan traballo, que ó final é o que perseguimos, e que sobre todo, o tema relacionado coas políticas sociais, pois ó final favorecelas entre todos. Para iso, nós vamos a seguir mantendo o mesmo criterio. Creo que os organismos autónomos é unha magnífica decisión, a decisión que se tomou, e, volvo a repetir que hai unha redución de aproximadamente un millón de euros, e que con respecto ó plan de residuos, poñemos unha data, cando queira, se quere despois das festas, e nos sentamos e falamos en profundidade deste proxecto, porque eu creo que é importante. Non podo dicir o mesmo do Partido Socialista, que nos parece lamentable que se queden á marxe dun proxecto que é beneficioso para os concellos, sobre todo para os concellos pequenos, e que esta casa o único que intenta é colaborar e coordinar para que ese servizo se preste da mellor maneira posible e que beneficie dunha maneira clara ó servizo, ós cidadáns, pero tamén ó bolsillo de cada un dos veciños e veciñas da nosa provincia. Moitas gracias pola colaboración, volvo a repetir, de todo o equipo de goberno, do Presidente, que tiven, e dos equipos técnicos para elaborar este documento, esperemos que este documento entre en vigor o día, o primeiro día hábil de xaneiro, e poidamos empezar a traballar que é o obxectivo que perseguimos. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. En hora boa por toda esa exposición, e darlle tamén, neste caso, a felicitación tamén ó portavoz do Bloque Nacionalista Galego, en relación a esa altura de miras nun proxecto que entendemos común, en materia de xestión de residuos, que creo que é importante, que é un dos labores importantes desta casa, e polo tanto, agradecer a colaboración e a man tendida, por parte do partido do Bloque Nacionalista Galego, para levar a cabo un tema que entendemos como fundamental. Lamentar, como ben dicía o portavoz do Partido Popular, a descentración e o desnortado que anda o Partido Socialista, de que en vez de utilizar as cuestións que son básicas para o bo funcionamento, da señora Isaura ou, digo, do Partido Socialista, dos concellos, pois andan polos cerros de Úbeda, que se di ultimamente, andan desorientados, desnortados, e entón pídenlle ós seus alcaldes que se poñan fóra, precisamente, da posibilidade de que se chegue a un acordo da maneira máis ampla e máis transparente posible para a xestión. A verdade é que a señora Isaura non para de falar, e para iso que non pediu a palabra, ¿quere falar vostede ou fala o portavoz do Partido Socialista?, ¡ah!, ¿que pasa?, no concello de Vigo non lle deixan falar suficientemente, pero, ¿non lle deixan falar, entón?, ¿quere falar aquí?, bueno, pois facemos un pleno, que lle chamemos pleno Isaura, deixámola falar aí unha tarde enteira, escoitamos e xa está. Pero eu o que lle digo é que seguen desnortados, e vostede tamén está dentro dese equipo, e polo tanto, a ver se o entende, que non hai que pedirlle ós alcaldes e alcaldesas do Partido Socialista, que teñen un problema, que debemos colaborar entre todos e facelo entre todos para resolver un problema que nos afecta, e non pedirlle, Partido Socialista, todos os alcaldes socialistas se desmarcan, a sorte que hai é que na provincia de Pontevedra son poucos e cada vez son menos, ó ritmo que ides cada vez sodes menos, ese é o único problema que tendes. Entón, a ver se vos dades conta desa circunstancia, que estades desnortados e entón é mellor que encontredes o rumbo, porque calquera día ides a tropezar de novo coas rochas e creo que iso é malo. Entón, quero felicitar, unha vez máis, neste caso, a altura de miras do Bloque Nacionalista Galego neste tema, porque é un tema que ámbolos dous partidos entendíamos como unha prioridade, e vamos a traballar e sentarnos nunha mesa o Bloque Nacionalista Galego e o Partido Popular para sacar adiante esta cuestión, que non é unha cuestión menor, é unha cuestión importante, polo tanto, ese traballo vámolo a facer conxuntamente. Polo tanto, Sr. Mosquera, moitas gracias e ten a palabra. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Home, bueno, polo menos iso de sentarse nunha mesa é menos equívoco que aquilo de ir de hotel. Sr. Presidente.- Se quere facémola nun hotel. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bueno, algo avanzamos, non vaia a ser aquí que un que vai coa mellor disposición, claro, antes, Sr. Presidente, convidou a un Deputado compañeiro do PSOE a un hotel, a visitar un hotel, é menos equívoco co do … Sr. Presidente.- Non, primeiro inviteino a vostede a que foramos a visitar o CITA e mailo outro de abaixo, o basurero, pero … Sr. Mosquera Lorenzo.- Bueno, bueno, iso non é equívoco, iso non ten nada. Sr. Presidente.- Pero podemos ir tamén. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non, iso nada, pero eu … Sr. Presidente.- Así escoitamos ós veciños a ver que nos din. Sr. Mosquera Lorenzo.- Reláxese un pouco, reláxese un pouco. Sr. Presidente.- Eu xa estou relaxado, ¿parécelle pouco?. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non, dígoo porque nestas cuestións cando un grupo político, e nós intentámolo, polo menos sempre, procura ter, obviamente, hai críticas moi gordas do orzamento, xa se fixeron e cremos que non son de recibo, denominámolas como hai que denominalas, pero cando se está facendo, o de seguranza viaria, bueno, ou o convenio con Pontevedra, ou o de Vigo, etc., obviamente, se está facendo dende un punto de vista construtivo e dende o que nós consideramos que se debe facer, só que, claro, con tanto convite cruzado non vaia a ser aquilo que lle pase, non, “o da puta por rastrojo”, non vaia a ser, e despois leva de todos os lados. Bueno, non sei se me expliquei suficiente senón non me vou a explicar máis. Con respecto ós orzamentos, que se está centrando agora no do lixo, non, bueno, o do lixo recorda un pouquiño o do Oral, no seu momento tamén houbera unha batalla política, é certo que no seu momento o Oral naceu con moitas eivas, con moitas limitacións, é difícil botar a andar, seguramente non se enfocou da mellor maneira posible, pero posto na balanza despois de anos de funcionamento e de mellora e de axuste do seu funcionamento, e todas as, vamos, pois, en xeral todos os concellos están, digamos, de tamaño pequeno ou medio, están entrando, é un servizo, todo é mellorable pero é que seguramente, pois, senón houbera a decisión de botalo a andar naquel momento, nunhas condicións que non foron especialmente boas, pois, non estaríamos hoxe con este servizo. O do lixo posiblemente sexa máis complexo, pero tamén con moitas máis posibilidades porque como dixemos antes a situación é moi, moi, moi fea, e sempre aquí vendeuse, vendéronse moitas motos, como din, en plan colegueo, din, vendéronse moitas motos, que se queimar ía ser máis barato, que se facer non sei que, todo era máis barato, todo era máis barato, todo era gratis e todo era maravilloso e ó final non é, ou sexa, non é, obviamente non é, é un tema moito máis complicado, e, creo, bueno, nós estamos convencidos, de feito así o defendemos hai moito tempo, que aquí hai toda unha serie de elementos que hai que racionalizar, xa sabemos que é difícil, pero hai que racionalizar, bueno, que sexa un problema, por exemplo, o exceso de biomasa, que nas Rías Baixas, por exemplo, afecta dunha maneira tremenda, todos os que coñecemos un pouquiño, sabe que, mesmo a herba que medra nos xardíns, non ten nada que ver a que medra nas Rías Baixas ou a que medra mesmo en Santiago, ou sexa, aquí hai épocas en primavera que hai que cortar a herba cada tres días, porque senón, vela medrar, noutros lados con máis frío, non, pero bueno, que iso sexa un problema, que iso non se poida aproveitar cando ó lado temos toda a agricultura, digamos, que necesita unha demanda de orgánicos tremenda, é francamente aberrante. Bueno, cremos que a Deputación nestes momentos pode facer ese papel, vamos a ver se é capaz ou non. Pero, a ver, parece que hai certo nerviosismo con este asunto, non sei, que é un tema tamén moi transcendente o do que se ten que pagar polos seguros, e a seguranza viaria nas vías provinciais, nas provinciais e nas outras, parece que aí non hai maior interese, non, bueno, hai unha ordenanza dende hai case dous anos, aí, un borrador, que si, que non, que non, que si, que si, que non, pero o certo é que non se fixo practicamente nada, e o certo é que cando vamos pagar o seguro ou nos renovan pagamos o máis alto de todo o Estado, de todas as provincias españolas, e non se fai nada, e non se fai nada. É dicir, mire, as estradas provinciais en xeral, quitando algún punto concreto, pois resulta que non son ningunha, creo que son cumpridoras, por dicilo dalgunha maneira, vamos a deixalo aí, houbo anos que se meteron moitisimos cartos e demais, bueno, pois, se cadra, pois chega o momento de dicir, pois mire, é que aquí hai unha curva moi mala, bueno, pois mire, pois vaia amodo, pero vaia amodo de verdade, problema arreglado e non gastamos unha millonada e con iso arreglamos cincuenta puntos negros. ¿Verdade?. Non pasa nada, se estivo a curva aí toda a vida non vai a pasar nada nesta época que andan as administracións escasas de recursos e pode seguir uns aniños máis, pero, non vai seguir igual, se quere entrar aí vai ter un lombo ou vai ter o que sexa que vai entrar a modo, queira ou non queira, polo tanto accidente non vai haber, xa está. Bueno, pois se cadra por aí empezamos a recortar o que, o custe que está tendo o seguro, e os accidentes que hai, a menos que queiramos, digamos, darlle traballo ós talleres mecánicos, a menos que sexa por iso, claro, por promoción económica, claro, como agora todo o discurso é, como é, “promoción do emprego e seguridade social”, todo o discurso, é igual, bueno, vale, concretémolo en algo, ¿non?, se cadra é a maneira de concretalo. Bueno, non é o asunto, creo que o asunto non é para bromas, o que me sorprende é que o obvien de tal maneira cando non sería ningún problema cambiar de, cambiar, vamos, é un plantexamento que normalmente dá resultados, polo menos outras administracións que empezaron a traballar nese sentido, pois obtiveron resultados, e mesmo as cousas que puntualmente fixo esta Deputación, pois tamén obtiveron resultados. Ben, nós, dende logo, tal e como están os orzamentos vamos a votar en contra. Lamentamos que non acepten ningunha emenda, e cremos que de transparencia de funcionamento e de ideas de mellora para o futuro, cremos que aínda que son sete, creo que teñen sumo interese, senón o entenden así pois mala sorte. Sr. Presidente.- Pois moitas gracias Sr. Mosquera. D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Si, gracias Presidente. Eu no comezo da miña intervención dicía de que non ía a ser breve, porque cada vez que se di que vou a ser breve botamos unha hora e cando dicimos que vamos a rematar botamos vinte minutos máis, por iso non fixen ningunha promesa nese sentido, non porque non tivera que dicir, porque creo que si, e quedou claro, outra cousa é que se o Sr. Portavoz do Partido Popular, hai que falar dos gambuciños para que pense ó igual que estamos dicindo algo profundo. Eu dende o Grupo Provincial Socialista reiterar o que dixemos, reiterar de que son uns presupostos continuistas, que persisten nos mesmos erros de anos anteriores, que non son uns presupostos para abordar a crise, e ademais co incremento do desemprego que está habendo na nosa provincia e dende logo que os deberían de retirar. E por algunha cuestión na réplica, eu, o IVA o subiu o Sr. Rajoy, o goberno do Partido Popular en Madrid, non o subimos nós, ¿non?. E cando fala de inversións en concellos eu lle daría tamén algunha idea, no concello de Vigo, agora que andan na procura así de buscar non sei que, pois poden, pois lle podía dar unha relación de pistas para remodelar ou de rúas que son competencia da Deputación, tamén para que as arranxaran, ¿non?. En canto a que, eu non falei do capítulo 1, de persoal, vostede, por iso digo que hai que falar de gambuciños para tal, se me resposta do capítulo 1 que eu nin o mentei. Pero si, o que é curioso, a capacidade de distracción que ten o Partido Popular, falando do Plan provincial, o Plan da Deputación para a recollida de lixo, eu o que me estrañou como non sacamos o tema do idioma en Cataluña, porque ó mellor tamén nos viña ben para desviar a atención duns presupostos totalmente, que son moi difíciles de vender. Porque miren, no Plan de recollida de lixo, de aquí da Deputación, o primeiro que hai que dicir é que as cousas negócianse antes, non despois, non despois. Segunda cuestión, de sesenta concellos, de sesenta concellos, nas xuntanzas estiveron sobre corenta e os corenta non están todos de acordo dos corenta, incluídos moitos do Partido Popular, incluídos moitos do Partido Popular. ¿E sabe por que lle dicimos que non a este plan de residuos?, e non o di o partido o din os alcaldes, despois de analizar cada un o seu caso, e din; primeiro, porque lles sae máis caro; segundo, e segundo, e iso llo di o Partido Socialista, porque vostedes non aportan nada novidoso na recollida do lixo, nada novidoso, seguimos ó contenedor, a recollida, traslado a Sogama. E xa evolucionamos, non estamos na sociedade do consumo, nesas sociedades do consumo que empezaban a consumir nos anos 40-50, xa estamos no siglo 21 e hai outros modelos de recollida e tratamento do lixo, e vostedes continúan co mesmo de sempre, o camión, o contenedor e traslado, cando hai outras posibilidades, por iso llo dicimos. Se queren falar, nós estamos para falar pero dende logo non para que lle sexa máis gravoso ós concellos e persistir no mesmo. E nada máis pola nosa parte. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Vamos a proceder polo tanto á votación do presuposto aínda que antes temos unha emenda presentada polo partido do Bloque Nacionalista Galego, que, neste caso, vamos a proceder á súa votación. ¿Está votada en Comisión?. Pero haberá que votala aquí no Pleno, di o Secretario. ¿Hai que votar?. ¿Votamos ou non?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Así queda votada na Comisión e máis no Pleno, que non sexa por exceso ou por falta. O Secretario di si. Sr. Secretario.- La totalidad también. Sr. Presidente.- ¿Máis cousas? Emenda á totalidade do Partido Socialista. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Polo tanto procedemos á votación do punto número 7, que é a aprobación inicial do Orzamento Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra para o Exercicio 2013. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Ditaminándose favorablemente pola Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo a aprobación inicial do Orzamento Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra para o exercicio de 2013, e ó obxecto de atender as diversas obrigas de competencia provincial e dado que o mesmo se elaborou con observancia das prescricións legais e regulamentarias relativas ó mesmo, o Pleno acorda por maioría de votos a favor do PP e cos votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG, a aprobación inicial do Orzamento Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra para o exercicio de 2013, que comprende: -O Orzamento da Deputación, por importe de: 148.449.227,00 Euros -O Orzamento da Fundación Escola Universitaria de Enfermería, por importe de: 476.600,00 Euros -O Orzamento Xeral consolidado, por importe de: -En Ingresos: 148.552.227,00 Euros -En Gastos: 148.552.227,00 Euros -Apróbanse as Bases de Execución do Orzamento Xeral da Deputación e as específicas da Fundación Escola Universitaria de Enfermería. -Apróbase o organigrama da Deputación e o da Fundación Escola Universitaria de Enfermería. -Apróbanse os cadros do persoal funcionario, as relacións de postos de traballo e os cadros do persoal laboral da Deputación, e o da Fundación Escola Universitaria de Enfermería. -Apróbase o Anexo de investimentos para o exercicio 2013. -Apróbase o marco orzamentario a medio prazo 2013-2015. -Apróbanse os resumes por capítulos dos Estados de Gastos e Ingresos dos orzamentos indicados, que son os seguintes: A. ORZAMENTO DA DEPUTACIÓN ESTADO DE GASTOS OPERACIÓNS CORRENTES 1 Gastos de persoal 42.272.634,00 € 2 Gastos correntes en bens e servizos 28.120.599,00 € 3 Gastos financeiros 1.731.019,00 € 4 Transferencias correntes 16.572.571,00 € 5 Fondo de continxencia e outros imprevistos 1.200.000,00 € Total Operacións correntes 89.896.823,00 € OPERACIÓNS DE CAPITAL 6 Investimentos reais 37.917.304,00 € 7 Transferencias de capital 3.850.619,00 € 8 Activos financeiros 1.872.404,00 € 9 Pasivos financeiros 14.912.077,00 € Total Operacións de capital 58.552.404,00 € TOTAL ORZAMENTO 148.449.227,00 € ESTADO DE INGRESOS OPERACIÓNS CORRENTES 1 Impostos directos 10.948.521,00 € 2 Impostos indirectos 10.386.449,00 € 3 Taxas, prezos públicos e outros ingresos 9.739.557,00 € 4 Transferencias correntes 109.824.101,00 € 5 Ingresos patrimoniais 2.190.551,00 € Total Operacións correntes 143.089.179,00 € OPERACIÓNS DE CAPITAL 6 Alleamento de investimentos reais 1,00 € 7 Transferencias de capital 4.052.596,00 € 8 Activos financeiros 1.307.451,00 € Total Operacións de capital 5.360.048,00 € TOTAL ORZAMENTO 148.449.227,00 € B. ORZAMENTO DA FUNDACIÓN ESCOLA UNIVERSITARIA DE ENFERMERÍA ESTADO DE GASTOS OPERACIÓNS CORRENTES 1 Gastos de persoal 426.600,00 € 2 Gastos correntes en bens e servizos 46.900,00 € 3 Gastos financeiros 100,00 € Total Operacións correntes 473.600,00 € OPERACIÓNS DE CAPITAL 6 Investimentos reais 3.000,00 € Total Operacións de capital 3.000,00 € TOTAL ORZAMENTO 476.600,00 € ESTADO DE INGRESOS OPERACIÓNS CORRENTES 3 Taxas, prezos públicos e outros ingresos 100.000,00 € 4 Transferencias correntes 370.600,00 € 5 Ingresos patrimoniais 3.000,00 € Total Operacións correntes 473.600,00 € OPERACIÓNS DE CAPITAL 7 Transferencias de capital 3.000,00 € Total Operacións de capital 3.000,00 € TOTAL ORZAMENTO 476.600,00 € C. O ORZAMENTO CONSOLIDADO ESTADO DE GASTOS OPERACIÓNS CORRENTES 1 Gastos de persoal 42.699.234,00 € 2 Gastos correntes en bens e servizos 28.167.499,00 € 3 Gastos financeiros 1.731.119,00 € 4 Transferencias correntes 16.201.971,00 € 5 Fondo de continxencia e outros imprevistos 1.200.000,00 € Total Operacións correntes 89.999.823,00 € OPERACIÓNS DE CAPITAL 6 Investimentos reais 37.920.304,00 € 7 Transferencias de capital 3.847.619,00 € 8 Activos financeiros 1.872.404,00 € 9 Pasivos financeiros 14.912.077,00 € Total Operacións de capital 58.552.404,00 € TOTAL ORZAMENTO 148.552.227,00 € ESTADO DE INGRESOS OPERACIÓNS CORRENTES 1 Impostos directos 10.948.521,00 € 2 Impostos indirectos 10.386.449,00 € 3 Taxas, prezos públicos e outros ingresos 9.839.557,00 € 4 Transferencias correntes 109.824.101,00 € 5 Ingresos patrimoniais 2.193.551,00 € Total Operacións correntes 143.192.179,00 € OPERACIÓNS DE CAPITAL 6 Alleamento de investimentos reais 1,00 € 7 Transferencias de capital 4.052.596,00 € 8 Activos financeiros 1.307.451,00 € Total Operacións de capital 5.360.048,00 € TOTAL ORZAMENTO 148.552.227,00 € /12 13:05:16 PÁX. Ditos orzamentos exporanse ó público, a efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobados no caso de non producirse estas. 8.6294.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PSdeG-PSOE, SOBRE A MODIFICACIÓN DA LEXISLACIÓN HIPOTECARIA Sr. Presidente.- Punto número 8. Moción do Grupo Provincial Socialista sobre a modificación da lexislación hipotecaria. Como o seguinte. No seguinte. Vale. Moitas gracias. A petición do Voceiro do Grupo Provincial do PSdeG-PSOE, retírase Moción do citado grupo provincial sobre a modificación da lexislación hipotecaria. 9.6295.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PSdeG-PSOE, SOBRE O REXEITAMENTO DO PROXECTO DE LEI DE TAXAS XUDICIAIS A petición do Voceiro do Grupo Provincial do PSdeG-PSOE, retírase Moción do citado grupo provincial sobre o rexeitamento do Proxecto de lei de Taxas xudiciais. 10.6296.- MOCIÓN DA PRESIDENCIA SOBRE A APROBACIÓN DE ESTATUTOS E NOMEAMENTO DE REPRESENTANTES DESTA DEPUTACIÓN NA FUNDACIÓN FEXDEGA Sr. Presidente.- Moción da Presidencia sobre a aprobación dos Estatutos e nomeamento de representantes na Fundación Fexdega. Bueno, aquí só unha cuestión, que fixo o comentario o Portavoz do Bloque Nacionalista Galego, que ten razón, pero dicir que xa vai aí expresamente, figura que non haberá aportación ningunha. Por se a algún se lle ocorría, agora teñen que salvar unha cuestión importante, que é ese recinto, e polo tanto xa di que esta incorporación ó Padroado de Fexdega non supón realizar ningunha achega económica nin no actual exercicio nin en futuros. Por se acaso o concello podía vir con algunha cuestión, ese é o seu problema e terán que resolvelo. Nós, se queren a nosa opinión sobre como debe funcionar aquilo, a vamos a dar e punto, non ten máis nada, ou sexa, que non hai nada diso, para que non se confundan os termos. Polo tanto, en todo caso, esta Moción podemos votala, ou, ¿se hai algo que queiran aportar?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Vamos a ver, a sorpresa, porque, ben, nos outros padroados ou fundacións nas que estaba a Deputación, ó final do ano pasado, fai un ano máis ou menos, acordaron quitar a aportación e máis retirarse. Sr. Presidente.- Pero aquí nos piden, alí dentro a nós non nos queren con voz, quérennos con voz, con voto e con diñeiro, e aquí nos queren só con voto. Sr. Mosquera Lorenzo.- Pero, ¿quen llo dixo?, algunha desas fundacións, eu que sei, e dixo, senón manda cartos fóra, non, non, marcharon preventivamente. Sr. Presidente.- Non. Sr. Mosquera Lorenzo.- ¿Como que non foi así?. Sr. Presidente.- Non, se nos dixo que en todo caso, e se había participación económica ben, bueno, polo menos iso, non nolo dixeron por escrito pero nolo dixeron de viva voz, e eu dixen, bueno, pois vale, non hai ningún problema. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bueno, pois agora vamos. Sr. Presidente.- Xa digo, que isto non é máis que para iso, para que poidamos trasladar a nosa visión de como se debe poñer en marcha esta xestión. Polo tanto, ¿votos en contra desta Moción?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Dada conta dos novos Estatutos da Fundación Feiras e Exposicións para o desenvolvemento de Galicia – FEXDEGA, Resultando que segundo o seu art. 17 no Padroado, como órgano colexiado de goberno da mesma, establécense como vogais dúas persoas en representación desta Deputación, Resultando que está incorporación á Fundación non vai a supoñer ningunha achega económica á mesma por parte desta Deputación, Considerando que o art. 58 c) do Rd. 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais determina que corresponde ó Pleno a designación de representantes da Corporación en órganos colexiados, Por todo iso e de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Réxime Interior e Persoal, o Pleno acorda por maioría de votos a favor do PP e coas abstencións de PSdeG-PSOE e do BNG, a adopción do seguinte acordo: 1. Aprobar os Estatutos da Fundación Feiras e Exposicións para o desenvolvemento de Galicia – FEXDEGA. 2. Nomear como representantes desta Deputación no Padroado de dita Fundación ás deputadas, Dona Begoña Estévez Bernárdez e Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo. 3. Esta incorporación ó Padroado de FEXDEGA non supón realizar ningunha achega económica nin no actual exercicio nin en futuros.” 11.6297.- CORRECCIÓN DE ERRO NO ACORDO ADOPTADO POLO PLENO DA CORPORACIÓN PROVINCIAL EN SESIÓN CELEBRADA O DÍA 28 DE SETEMBRO DE 2012, RELATIVO Á APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CRÉDITO EXTRAORDINARIO 01/12 DO OAL TURISMO RÍAS BAIXAS Sr. Presidente.- Punto número 11, que é unha corrección dun erro nun acordo dun Pleno da Corporación Provincial, relativo á aprobación de tal, que, é unha cantidade económica, polo tanto, ¿votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno da Corporación Provincial, na súa sesión ordinaria do día 28 de setembro de 2012 aprobou o expediente de créditos extraordinarios 01/12 do Organismo Autónomo Local “Turismo Rías Baixas”, por un importe global de 2.030.875,01 euros, de acordo co seguinte detalle: APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE 12/843-432-700.00 Transferencias á Deputación Provincial 2.030.875,01 € O expediente finánciase con aforro propio procedente de exercicios anteriores (remanente líquido de tesourería para gastos xerais), contabilizándose as seguintes operacións: CONCEPTO DE INGRESO DENOMINACIÓN IMPORTE 12/843-870.01 Remanente de Tesourería – Aplicado para financiar Créditos Extraordinarios 2.030.875,01 € Resultando que foi detectado un erro aritmético, xa que o importe do remanente de Tesourería dispoñible para financiar créditos extraordinarios é de 2.030.695,01 €, e non de 2.030.875,01, como consta no expediente. Considerando que o artigo 105.2 da Lei 30/1992 de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común establece que as Administracións Públicas poderán rectificar de oficio os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: Emendar o erro aritmético no acordo adoptado polo Pleno da Corporación Provincial en sesión celebrada o día 28 de setembro de 2012 relativo á aprobación do expediente de crédito extraordinario 01/12 do OAL Turismo Rías Baixas no seguinte senso: Onde di: 2.030.875,01 € Debe dicir: 2.030.695,01 € b) Parte de información e control: 12.6298.- DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS PRESIDENCIAIS Sr. Presidente.- Dar conta de Resolucións Presidenciais. Sr. Secretario. Sr. Secretario.- La Resolución de la Presidencia delegando las atribuciones, durante su ausencia, durante los días 20 a 23 en el Sr. Vicepresidente, Sr. Figueroa; y, así mismo extractos de Resoluciones Presidenciales dictadas entre el 23 de outubro y el 29 de novembro. Queda enterado o Pleno das seguintes: A) De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas pola Presidencia entre os días 23 de outubro e o 29 de novembro do ano 2012 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. B) De Resolución Presidencial, de data 19 de novembro de 2012, delegando as atribucións da Presidencia entre os días 20 e 23 de novembro, ambos inclusive, no Sr. Vicepresidente D. José Manuel Figueroa Vila. 13.6299.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Rogos e Preguntas. Pois, se non hai, levantamos a sesión. Moitas gracias e moi bos días. Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as trece horas e trinta e cinco. minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. O Presidente, O Secretario, Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. Carlos Cuadrado Romay
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Pleno (Tema)