ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.906
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2015/02/20_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.43.834/1.2015-02-20_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2015/02/20_Ordinaria

  • Data(s) 2015 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión. 27 follas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día vinte de febreiro do ano dous mil quince, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Crespo Iglesias, Dna. Begoña Estévez Bernárdez, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Carlos López Campos, D. José Luis Pérez Estévez, Dna. María Pilar Ramallo Vázquez, D. Moisés Rodríguez Pérez, D. Alberto Valverde Pérez e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. José María Bello Maneiro, D. Horacio Gil Expósito, D. Fernando Guitián Guitián, Dna. Marta Iglesias Bueno, D. Severino Reguera Varela, D. Alejandro Rodríguez Rodríguez e Dna. Ana Isabel Vázquez Reboredo. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral., e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.23093.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da sesión ordinaria do día 6 de febreiro de 2015. 2.23094.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A DIVERSOS CONCELLOS DA PROVINCIA PARA O FINANCIAMENTO DE GASTO CORRENTE E AMORTIZACIÓN DE DÉBEDA DENTRO DO MARCO DO PLAN PROVINCIAL DE OBRAS E SERVIZOS 2015 (PPOS/15) Resultando que o Pleno da Deputación na sesión ordinaria celebrada o día 28 de novembro de 2014 aprobou as “Bases do Plan Provincial de Obras e Servizos 2015 (PPOS/15)”, sendo o obxecto das mesmas financiar a realización de investimentos e o financiamento de débeda ou de gasto corrente no que incorren os concellos na súa actividade como xestores públicos. Estas Bases foron publicadas no BOP núm. 1 do 2 de xaneiro de 2015, así como nos medios informáticos promovéndose a concorrencia de solicitudes ata o día 7 de febreiro de 2015. De acordo co disposto na base primeira e quinta, os concellos poderán destinar ata o 30% da cantidade que lles corresponde neste Plan ó pago da débeda contraída co Estado, entidades financeiras, acredores de investimentos e de gasto corrente, así como o financiamento do gasto corrente novo. No rexistro xeral recibíronse dez solicitudes con destino a estes fins. Visto que as solicitudes presentadas formalmente se adaptan ó preceptuado nas bases e non exceden o 30% da axuda económica concedida a cada concello. Visto o informe da xefa do Servizo de Cooperación e o informe de fiscalización dos expedientes de subvención propostos. En virtude das competencias que lle confiren os artigos 35 e 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, e 30 do R.d.l. 781/86, de 18 de abril, da Base 16.2 das de execución dos Orzamentos provinciais e a restante normativa local vixente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar a concesión de subvencións ós concellos que se detallan na seguinte táboa para as actuacións que se relacionan na mesma, por un importe total de douscentos cincuenta e seis mil cincocentos sesenta euros con cinco céntimos (256.560,05€) con destino á amortización de préstamos, ó pago de débedas e ó financiamento de gasto corrente. Este importe cargarase ás aplicacións orzamentarias 2015/942.9420.462.45 e 2015/942.9420.762.45 do Plan Provincial de Obras e Servizos 2015 (PPOS/15). Concello Núm. Finalidade Importe Agolada Acredores gasto corrente novo 31.766,30€ Catoira Acredores de investimentos 24.847,85€ Cuntis Acredores gasto corrente novo (Recollida lixo SOGAMA) 32.106,32€ Gondomar Achega Plan transporte área metropolitana de Vigo 19.535,00€ Lama, A Amortización débedas con Entidades financeiras 13.376,26€ Meis Amortización débedas con Entidades financeiras 32.252,64€ Moaña Achega Plan transporte área metropolitana de Vigo 35.867,00€ Pontecesures Pago 2 mensualidades canon lixo (gasto corrente novo) 23.981,66€ Salvaterra Gasto corrente novo (electricidade, saneamento-abastecemento e distribución auga) 21.047,02€ Vilagarcía de Arousa Repintado de sinalización horizontal en vías de titularidade municipal. 21.780,00€ TOTAL 256.560,05€ A concesión das subvención está suxeita o cumprimento das seguintes condicións: 1) As subvencións concédense para colaborar no financiamento das actuacións propostas, non podendo cambiarse o destino nin a contía das mesmas. 2) O pago das subvencións farase anticipadamente unha vez se aprobe a concesión, agás no relativo ó gasto corrente novo e as solicitudes dos Concellos de Gondomar, Moaña e Vilagarcía de Arousa nas que só procederá o seu libramento despois de que o beneficiario achegue a pertinente xustificación. No caso concreto de Gondomar e Moaña o documento que acredite a achega feita á Xunta de Galicia e a difusión dada a actuación subvencionada. Os concellos deberán xustificar a realización dos pagamentos achegando:  Certificación ou acordo do órgano competente aprobando os pagamentos realizados.  Certificación do secretario ou do secretario-interventor indicando que se fixo o aboamento ó Estado, ás Entidades Financeiras ou ós acredores de gasto corrente (identificando o acredor) e a data de pago.  Certificación que acredite que a subvención se aplicou a finalidade proposta, quedando a disposición da Deputación para o seu exame, se o considera oportuno, os xustificantes correspondentes.  Declaración do concello e proba documental de darlle difusión a actuación subvencionada facendo constar a colaboración da Deputación. Non se procederá o libramento da subvención ou, de ser o caso, solicitarase o seu reintegro se non consta no expediente a publicidade dada á actuación subvencionada.  No caso concreto do gasto corrente novo, ademais, a conta xustificativa dos gastos na que se determinará o custo ou gasto total de finalidade subvencionada, detallando as facturas ou documentos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo (identificando acredor e documento, importe, data de emisión, e se é posible, a data na que se pagou). 3) As axudas concedidas para a amortización e o pagamento de débeda, así como de gastos xa realizados, deberán ser xustificadas antes do día 31 de decembro de 2015. Respecto ós demais gastos correntes deberán ser xustificados antes do día 31 de marzo do 2016. O incumprimento desta obriga determinará a revogación das subvencións, así como o reintegro das cantidades percibidas de acordo co disposto no artigo 37 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. 3.23095.- CONCESIÓNS DE SUBVENCIÓNS A DIVERSOS CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA A REALIZACIÓN DE INVESTIMENTOS INCLUÍDOS NO PLAN PROVINCIAL DE OBRAS E SERVIZOS 2015 (PPOS/15) Á vista das solicitudes e toda a documentación necesaria para a válida concesión de subvencións a diversos concellos da provincia para financiar investimentos incluídos no Plan Provincial de Obras e Servizos 2015 (PPOS/15); vistos os informes do Servizo de Infraestruturas e da Intervención. E en virtude das competencias que lle confiren os artigos 35 e 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, 30 do R.d.l. 781/86, de 18 de abril, e 16.2 das Bases de execución dos Orzamentos Provinciais e a restante normativa local vixente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Aprobar a concesión de subvencións ós concellos que se detallan na seguinte táboa, para os investimentos que se relacionan na mesma, por un importe total de un millón catrocentos noventa e catro mil cincocentos corenta e sete euros con noventa céntimos (1.494.547,90 €) todas elas con cargo ó Plan Provincial de Obras e Servizos 2015 (PPOS/15). - O Procedemento de concesión é o de concorrencia. - A petición do Concello de Baiona non acredita a dispoñibilidade dos terreos necesarios para a normal execución do investimento, non achega a acta de trazado debidamente dilixenciada nin o decreto aprobando o proxecto construtivo ó estar pendente de resolución as preceptivas autorizacións sectoriais; polo que a efectividade da concesión queda condicionada a que presente esta documentación antes de que finalice o prazo de concesión de subvencións ou, necesariamente, antes do trámite de xustificación. - Asemade, a petición do Concello de Valga non achega o anexo II (certificación do investimento) en modelo normalizado e do exame da certificación achegada non se acredita a aprobación do proxecto polo órgano competente polo que, a solicitude deberá emendarse conforme o exposto antes do 31 de decembro do 2015 ou, necesariamente, no momento da xustificación. Non se librarán as subvencións se non obran no expediente de concesión toda a documentación conforme se dispón nas bases reguladoras da convocatoria. Concello beneficiario da subvención Denominación investimento Expediente Orzamento Importe da subvención Observacións á documentación presentada Baiona Proxecto de urbanización da rúa Burgo-Baiona Ppos/15/00972/201500018 228.053,89 186.034,07 CONDICIONADA Cangas Mellora das instalacións deportivas Ppos/15/00945/201500019 148.808,31 148.808,31 NON Cotobade Mellora da seguridade vial tramo antigo da N-541 Ppos/15/00727/201500020 74.176,82 74.176,82 NON Covelo Acondicionamento de camiños en Godóns,Campo Prado, Barciademera e Casteláns Ppos/15/00976/201500021 104.161,59 104.161,59 NON A Estrada Mellora da rede de saneamento na avd. Santiago Ppos/15/00713/201500022 101.421,14 101.421,14 NON A Estrada Mellora do firme en vias municipais da Estrada, Aguións e Pardemarín Ppos/15/00713/201500023 108.303,01 108.303,01 NON Forcarei Reforzo de firme e pavimentación en Ventoxo, Vilapouca e Andón Ppos/15/00918/201500024 112.182,05 112.182,05 NON O Grove Melloras nas rúas do casco urbano:avd. Portugal, Alexandre Bóveda, Corgo, Castelao Ppos/15/00919/201500025 148.146,13 148.052,54 NON Lalín Recrecido do firme e mellora da pista praia de Vilatuxe, Agruvache e Torguedo, Ateán, Goian e Outros Ppos/15/00726/201500026 209.617,33 209.617,33 NON Valga Saneamento nos lugares de Vilar e Casal de Eirigo (Parroquias de Cordeiro e Setecoros) Ppos/15/00992/201500027 110.795,51 110.795,51 CONDICIONADA Ponte Caldelas Saneamento de fecais Avecil este Ppos/15/00901/201500029 81.495,82 81.495,82 NON O Rosal Mellora de camiños na parroquia de Santa Mariña Ppos/15/00926/201500030 109.499,71 109.499,71 NON TOTAL 1.494.547,90 Convén recordar a obriga dos concellos de posuír as licenzas e os permisos sectoriais necesarios para a normal execución dos investimentos; de feito esta concesión non exime das autorizacións sectoriais oportunas e do cumprimento da normativa urbanística vixente. - Esta subvención, contabilizarase con cargo á aplicación 2015/942.9420.762.45 do Orzamento Provincial para o presente exercicio 2015. - A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do PPOS/15, aprobadas en acordo plenario o 28 de novembro de 2014 e publicadas no BOP núm. 1 do 2 de xaneiro de 2015 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións. - Asemade, ó abeiro da base décimo sexta do PPOS/15, o investimento deberá estar executado e xustificado, na súa totalidade, o 31 de decembro de 2016. O incumprimento desta obriga poderá dar lugar á revogación da subvención concedida. 4.23096.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE CANGAS PARA A REALIZACIÓN DO INVESTIMENTO “ACTUACIÓN COMPLEMENTARIAS NA PISCINA MUNICIPAL” INCLUÍDO NO PLAN PROVINCIAL DE OBRAS E SERVIZOS 2015 (PPOS/15) Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención con cargo á cantidade reservada no Plan Provincial de Obras e Servizos 2015 (PPOS/15) á concesión directa, libre disposición do presidente, para financiar o investimento proposto polo Concello de Cangas “Actuacións complementarias na piscina municipal”; vistos os informes do Servizo de Infraestruturas e da Intervención. E en virtude das competencias que lle confiren os artigos 35 e 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, 30 do R.d.l. 781/86, de 18 de abril, e 16.2 das Bases de execución dos Orzamentos Provinciais e a restante normativa local vixente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó Concello de Cangas con CIF núm. P3600800A, a cantidade de noventa e cinco mil euros (95.000,00€), para a realización do investimento (Ref.: PPOS/15/00945/201500031), denominado “Actuacións complementarias na piscina municipal” cun orzamento polo mesmo importe, é dicir, de 95.000,00 €. Non obstante, o Concello achega unha memoria valorada (anteproxecto) que se estima suficiente para cuantificar o investimento pero non para a súa certificación; polo que a efectividade da concesión condiciónase que o Concello de Cangas presente un proxecto construtivo completo da obra a realizar conforme as disposicións contidas no artigo 123 do R.d.l. 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público. Non se procederá o libramento da subvención se non obra no expediente de concesión o proxecto completo tal e como se contempla nas bases que regulan a convocatoria. - Esta subvención, contabilizarase con cargo á aplicación 2015/942.9420.762.45 do Orzamento Provincial para o presente exercicio 2015. - A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do PPOS/15, aprobadas en acordo plenario o 28 de novembro de 2014 e publicadas no BOP núm. 1 do 2 de xaneiro de 2015 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións. - Asemade, ó abeiro da base décimo sexta do PPOS/15, o investimento deberá estar executado e xustificado, na súa totalidade, o 31 de decembro de 2016. O incumprimento desta obriga poderá dar lugar á revogación da subvención concedida. 5.23097.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DOS “CAMPAMENTOS DE VERÁN DA LANZADA PARA O ANO 2015” A Deputación de Pontevedra organiza durante o ano 2015 os campamentos de verán no Centro de Vacacións “A Lanzada” para que poidan participar os menores dos distintos Concellos da provincia de Pontevedra. O obxectivo que se pretende lograr coa organización destes campamentos é o de promover e fomentar o desenvolvemento persoal e social dos menores, así como un proxecto lúdico e educativo que inclúe a programación e desenvolvemento de actividades relacionadas coa natureza, deportes, aire libre, xogos, xogos de sala, artísticas e calquera que contribuía a ese obxectivo. A Dirección do Centro Príncipe Felipe para a adxudicación das 2.200 prazas que oferta para o ano 2015 no Centro de Vacacións “A Lanzada” elabora unhas bases nas que figuran que os campamentos distribuiranse en 11 quendas que terán lugar nas seguintes datas: • Primeira quenda: do 21 de xuño ó 27 de xuño • Segunda quenda: do 28 de xuño ó 4 de xullo • Terceira quenda: do 5 de xullo ó 11 de xullo • Cuarta quenda: do 12 de xullo ó 18 de xullo • Quinta quenda: do 19 de xullo ó 25 de xullo • Sexta quenda: do 26 de xullo ó 1 de agosto • Sétima quenda: do 2 de agosto ó 8 de agosto • Oitava quenda: do 9 de agosto ó 15 de agosto • Novena quenda: do 16 de agosto ó 22 de agosto • Décima quenda: do 23 de agosto ó 29 de agosto • Undécima quenda: do 30 de agosto ó 5 de setembro A organización dos campamentos no Centro de Vacacións “A Lanzada” carrexa uns gastos que afectan á contratación dunha empresa para levar a cabo a asistencia técnica-educativa dos campamentos, así como a alimentación dos menores durante o período comprendido entre o día 21 de xuño ata o 5 de setembro. Para facer fronte ós gastos que leva consigo a contratación da asistencia técnica-educativa e do subministro de produtos alimenticios existe crédito nas aplicacións orzamentarias 15/232.3370.227.20 e 15/232.3370.221.05, por importes de 150.000,00€ e 75.000,00€, e dita contratación efectuarase de conformidade co establecido no R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público. Polo exposto e, con motivo de proceder á apertura do prazo para solicitar praza nos campamentos da Lanzada para o ano 2015, de conformidade cos informes que figuran no expediente a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar as bases dos campamentos de verán da Lanzada para o ano 2015. 2. Proceder á publicación de ditas bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra ofertando un prazo para presentación de solicitudes dende o día seguinte á súa publicación ata o día 1 de abril de 2015. Ditas bases son do seguinte teor: “BASES DOS CAMPAMENTOS DE VERÁN DA LANZADA PARA O ANO 2015 A Deputación de Pontevedra organiza durante o ano 2015 os campamentos de verán no Centro de Vacacións de “A Lanzada” para que poidan participar os menores dos distintos Concellos da provincia de Pontevedra. A cobertura das prazas dispoñibles establecerase conforme ás seguintes bases reguladoras: 1. Obxecto: A institución provincial, co obxecto de promover e fomentar o desenvolvemento persoal e social dos rapaces que favoreza á vez a comunicación e o dinamismo multicultural entre eles, oferta para o ano 2015 os campamentos de verán no Centro de Vacacións “A Lanzada”; un proxecto lúdico e educativo que inclúe a programación e o desenvolvemento de actividades relacionadas coa natureza, deportes, aire libre, xogos, xogos de sala, artísticas e calquera outra que contribuía a ese obxectivo. Os campamentos distribuiranse en 11 quendas que terán lugar nas seguintes datas: • Primeira quenda: do 21 de xuño ó 27 de xuño • Segunda quenda: do 28 de xuño ó 4 de xullo • Terceira quenda: do 5 de xullo ó 11 de xullo • Cuarta quenda: do 12 de xullo ó 18 de xullo • Quinta quenda: do 19 de xullo ó 25 de xullo • Sexta quenda: do 26 de xullo ó 1 de agosto • Sétima quenda: do 2 de agosto ó 8 de agosto • Oitava quenda: do 9 de agosto ó 15 de agosto • Novena quenda: do 16 de agosto ó 22 de agosto • Décima quenda: do 23 de agosto ó 29 de agosto • Undécima quenda: do 30 de agosto ó 5 de setembro A realización da derradeira quenda queda condicionada á data de comezo das clases do próximo curso escolar. 2. Lugar de realización: Nas instalacións do Centro de Vacacións “A Lanzada”, propiedade do organismo provincial, situado en: - Estrada de San Vicente do Mar - A Lanzada, s/n, O Grove Coordenadas GPS: - Latitude 42o 27´ 29´´ norte - Lonxitude 8o 53´ 3´´ oeste 3. Actividades: Serán as propostas pola empresa adxudicataria do procedemento aberto convocado para contratar o Servizo de Asistencia Técnico Educativa do Campamento da Lanzada 2015, con cargo á aplicación orzamentaria 15/232.3370.227.20. Entre outras, estas actividades serán: - Xogos e deportes - Actividades na praia - Aire libre, natureza e medio ambiente - Actividades artísticas - Actividades nocturnas - Teatro e contacontos - Baile, actividades culturais 4. Destinatarios: Rapaces que teñan o seu domicilio habitual en calquera dos concellos da provincia de Pontevedra (o que se acreditará mediante un certificado ou volante de empadroamento), nacidos entre os anos 2002 e 2007, ambos os dous incluídos. No caso de que o solicitante precise apoio específico derivado dalgún tipo de diversidade funcional, deberá facelo constar na folla de inscrición, especificando o máis posible as súas necesidades especiais. Neste caso, recoméndaselles ás familias que se poñan en contacto coa Deputación para a valoración das necesidades de apoio en relación ós medios específicos dispostos para este fin e dirimir as súas suficiencias para unha adecuada estancia de todos os rapaces no campamento. 5. Impresos de solicitude: Os interesados deberán presentar un impreso cuberto que constará de dúas follas: 1) Folla de solicitude, na que se indicarán os datos da unidade familiar, é dicir, do pai, nai ou titor, co DNI, teléfono, teléfono móbil, correo electrónico, enderezo e concello ó que pertencen. A continuación indicaranse os datos do neno ou nenos (irmáns) que queiran ir xuntos ó campamento, por orde de prioridade, da 1ª a 11ª quenda. Se os irmáns queren ir en quendas separadas deberase cubrir unha solicitude por neno. Neste caso hai que ter en conta que os irmáns entrarían por separado no sorteo, pero non se pode asegurar que, de conseguiren praza, saian en quendas separadas. Estas solicitudes serán asinadas polos pais ou titores ó final do documento no espazo correspondente 2) Folla de inscrición, na que se deben cubrir os datos do neno, alerxias, enfermidades e outras, especificando as infectocontaxiosas que os responsables do campamento deberán ter en conta á hora de tratar os menores. Deberase presentar unha folla por neno. É importante non omitir ningún dato, xa que afectan a organización das quendas de campamentos en canto a adquisición de alimentos para os alérxicos, informar dos tratamentos os monitores, etc. 6. Lugar de recollida dos impresos: Os impresos estarán a disposición dos interesados na Oficina de Información ó Cidadán da Deputación e na súa páxina web www.depo.es. 7. Documentación: Xunto co impreso debidamente cuberto deberase presentar a seguinte documentación: - Fotocopia do DNI do pai/nai ou titor. - Fotocopia do DNI do menor ou, no caso de que non o teña, do libro de familia. - Fotocopia da tarxeta sanitaria ou do seguro médico privado do menor. - Certificado ou volante de empadroamento. - Fotocopia do libro de vacinas do menor. 8. Lugar de presentación: As solicitudes e a documentación requirida presentaranse no Rexistro xeral do organismo provincial: - Sede de Pontevedra: avda. Montero Ríos, s/n (de luns a sábado). - Sede de Vigo: rúa Oporto, 3 (de luns a venres). E nos rexistros da Administración xeral do Estado, da Comunidade Autónoma, así como dos demais xeitos establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común. 9. Prazo de presentación: O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ó da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) ata o 1 de abril do 2015. 10. Relación de admitidos: A través dunha resolución do presidente da institución provincial aprobarase a relación de admitidos ó sorteo, así como dos non admitidos e as causas da súa exclusión, que se publicará na páxina web www.depo.es. 11. Prezo: O prezo será de 83,60 € por neno. Neste prezo non se inclúe a excursión obrigatoria para os nenos a Illa de Ons, que será aboada o día da presentación do campamento (no primeiro día da correspondente quenda) e cun importe que está previsto que non supere os 15,00 €. O prazo para efectuar o pagamento establecerase na páxina web www.depo.es. 12. Número de prazas: O número de prazas ofertadas é de 200 por quenda, polo que en total son 2.200. No suposto de non se realizar a última quenda por motivos do calendario escolar quedarían en 2.000 prazas. 13. Adxudicacións: As prazas adxudicaranse mediante sorteo, no que se terá en conta o seguinte: 1. Reservaranse 30 prazas para os nenos do Centro Príncipe Felipe, repartidas nas once quendas de campamentos. As prazas non cubertas entrarán no sorteo. 2. Daráselles prioridade a aqueles participantes que non asistisen ó campamento na campaña de verán do ano pasado (2014). 3. Asígnanse por quenda 100 prazas para nenos e outras 100 para nenas. De non existir cota suficiente para cubrilas farase a través de múltiplos de cinco, por exemplo: 90/110, 95/105. 4. Cando un menor que non fose o ano pasado obteña praza e teña irmáns, co obxecto de favorecer a conciliación familiar, estes tamén obterán praza na mesma quenda aínda que xa fosen o ano pasado. 5. Cota por concellos: as prazas asignadas a cada concello serán en proporción á súa poboación segundo datos obtidos do Instituto Nacional de Estatística (INE), censo do ano 2014, de acordo co seguinte reparto: Parámetros de poboación Maior ou igual a (habitantes) Menor a (habitantes) Prazas 0 3.000 10 3.000 5.000 20 5.000 10.000 25 10.000 20.000 30 20.000 35.000 65 35.000 80.000 105 80.000 200.000 200 200.000 300 Concello Núm. de habitantes Prazas correspondentes 00 Centro Príncipe Felipe 30 01 Agolada 2.651 10 02 Arbo 2.904 10 03 Baiona 12.233 30 04 Barro 3.705 20 05 Bueu 12.352 30 06 Caldas de Reis 9.895 25 07 Cambados 13.399 30 08 Campo Lameiro 1.962 10 09 Cangas 26.567 65 10 Cañiza, A 5.342 25 11 Catoira 3.402 20 12 Cerdedo 1.860 10 13 Cotobade 4.327 20 14 Covelo 2.719 10 15 Crecente 2.261 10 16 Cuntis 4.931 20 17 Dozón 1.209 10 18 Estrada, A 21.197 65 19 Forcarei 3.696 20 20 Fornelos de Montes 1.784 10 21 Gondomar 14.051 30 22 Grove, O 10.851 30 23 Guarda, A 10.314 30 24 Illa de Arousa, A 5.006 25 25 Lalín 20.158 65 26 Lama, A 2.763 10 27 Marín 25.329 65 28 Meaño 5.428 25 29 Meis 5.033 25 30 Moaña 19.365 30 31 Mondariz-Balneario 682 10 32 Mondariz 4.742 20 33 Moraña 4.362 20 34 Mos 15.324 30 35 Neves, As 4.121 20 36 Nigrán 17.715 30 37 Oia 3.042 20 38 Pazos de Borbén 3.075 20 39 Poio 16.794 30 40 Ponteareas 23.115 65 41 Ponte Caldelas 5.625 25 42 Pontecesures 3.092 20 43 Pontevedra 82.946 200 44 Porriño, O 18.508 30 45 Portas 3.025 20 46 Redondela 29.909 65 47 Ribadumia 5.103 25 48 Rodeiro 2.752 10 49 Rosal, O 6.455 25 50 Salceda de Caselas 8.890 25 51 Salvaterra de Miño 9.626 25 52 Sanxenxo 17.543 30 53 Silleda 8.966 25 54 Soutomaior 7.356 25 55 Tomiño 13.707 30 56 Tui 16.884 30 57 Valga 6.050 25 58 Vigo 294.997 300 59 Vilaboa 5.972 25 60 Vila de Cruces 5.676 25 61 Vilagarcía de Arousa 37.712 105 62 Vilanova de Arousa 10.459 30 Poboación total: 950.919 2.200 Para garantir o cumprimento destas cotas, no suposto de que os nenos que non asistiron o ano anterior non cubrisen a cota dun concello, terán preferencia os do mesmo municipio que asistisen, aínda que existan nenos doutro que non o fixesen. Se aínda así houbese prazas vacantes, sortearanse entre os nenos doutros concellos. A data e o resultado do sorteo publicarase na páxina web www.depo.es notificaráselles ós participantes seleccionados por mensaxe de móbil ou correo electrónico. A praza adxudicada será intransferible. Relación de agarda: - As vacantes que se produzan por renuncia da praza ofreceránselles ós solicitantes que figuren nas relacións de agarda, tendo en conta que a baixa dun neno se cubrirá con outro neno e a baixa dunha nena se cubrirá con outra nena. - Teranse en conta os irmáns para a mesma quenda sempre e cando haxa vacantes suficientes; do contrario, chamaríase ó seguinte da lista. - Nesta relación de agarda non se terá en conta a cota correspondente a cada concello. - As renuncias non se incluirán nesta lista. - Contactarase cos suplentes por teléfono ou mensaxe de móbil desde a Deputación. - Unha vez aceptada a praza deberase efectuar o pagamento no prazo indicado na comunicación efectuada a través de mensaxe de móbil ou correo electrónico. No caso de non cumprir este requisito seralle ofertada ó seguinte desta relación de agarda. A efectos informativos o algoritmo do programa informático polo que se rexe o sorteo das prazas dos campamentos de verán no Centro de Vacacións “A Lanzada” publicarase na páxina web www.depo.es. 14. Devolución do importe do prezo aboado: Para ter dereito á devolución é necesario comunicar a renuncia á praza por escrito, mediante un modelo normalizado presentado no Rexistro xeral da Deputación, ou nalgún dos outros rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, polo menos con 20 días naturais antes do inicio da quenda (excepto por motivos médicos). Motivos de devolución: - Enfermidade, accidente, ou outros, co correspondente xustificante médico. - Admisión noutra actividade nas mesmas datas, achegando o xustificante de pagamento. - Motivos familiares (enfermidade ou accidente grave dun familiar, falecemento ou outros) xustificando o motivo. 15. Incorporación ós campamentos: A incorporación ó campamento será por conta do interesado o día de inicio da quenda correspondente, entre as 10:00 e as 11:00 horas. O día da incorporación deberase presentar a tarxeta sanitaria orixinal que quedará en poder do persoal da empresa adxudicataria ata a súa devolución ó remate da quenda (non se admitirán fotocopias desta). No suposto de que o participante teña que abandonar a actividade será responsabilidade dos pais ou titores legais trasladalo de regreso ó seu domicilio, así como os gastos ocasionados. 16. Saída do campamento: A saída do campamento será por conta do interesado o día de remate da quenda correspondente ás 10:00 h. Solicitase a máxima puntualidade para recoller os rapaces xa que as instalacións pecharán na hora sinalada. 17. Normas do campamento: - Os nenos dormen en tendas de campaña de cinco prazas como mínimo cada unha. - En canto ós cartos para o acampado, aconsellase que leven arredor de 5,00€ (para un xeado, un refresco ou chamaren por teléfono). - Para comunicarse cos menores a empresa adxudicataria porá a disposición dos pais ou titores un número de teléfono, indicando o día e a hora en que poderán contactar con eles. - Poden levar teléfonos móbiles pero gardarannos os monitores e daránllelos ós nenos os días e ás horas sinaladas para chamaren a casa. - Tamén poden levar cámaras fotográficas, pero nin a Deputación nin a empresa adxudicataria se farán responsables no caso de que se extravíen. - A empresa adxudicataria tomará imaxes e gravacións das presentacións e peches de cada quenda de campamentos, así como das actividades que realicen os nenos. Despois publicaranse na páxina web www.depo.es. - Ante a detección dun posible contaxio (piollos, gastroenterite ou similar) os responsables sanitarios poderán adoptar os tratamentos básicos necesarios para evitar a súa propagación. 18. Obrigas dos adxudicatarios: - Incorporarse ó campamento e regresar polos medios e nos prazos establecidos. - Entregarlle a tarxeta sanitaria orixinal ó persoal da empresa adxudicataria. - Non abandonar a actividade sen o permiso do seu responsable. En todo caso, o abandono da actividade antes da súa finalización requirirá a presenza dos pais ou titores e será responsabilidade destes o traslado ó seu domicilio, así como os gastos ocasionados. - Efectuar as chamadas para contactar cos menores soamente nos días e horas sinalados para ese efecto. - Respectar as normas establecidas polos equipos de animación. 19. Equipamento mínimo recomendable: - Catro camisetas deportivas - Dous pantalóns de deporte - Dous pares de zapatillas deportivas - Unhas fanequeiras - Catro pares de calcetíns de deporte - Un chándal - Unha prenda de abrigo - Unha viseira - Un chuvasqueiro - Dous pixamas - Catro mudas interiores - Dous traxes de baño - Unha toalla de praia - Útiles de aseo persoal (toalla, xabón, pasta e cepillo de dentes, peite…) - Unha bolsa de merenda térmica (para as excursións) - Unha bolsa para a roupa sucia, de tea, que levará o número que se lle dea a cada rapaz coa concesión da praza; o mesmo número co que marcará o resto da roupa - Un saco de durmir - Unha lanterna - Unha cantimplora - Crema solar 20. Resolución de controversias: Todas as cuestións que se poidan derivar da interpretación destas bases serán resoltas polo coordinador xeral do Centro Príncipe Felipe.” 6.23098.- DAR CONTA DA RENUNCIA DO ARCEBISPADO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA (PARROQUIA DE SANTA MARÍA DE TROÁNS) DO CONCELLO DE CUNTIS, Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA AS “OBRAS DE RESTAURACIÓN DO RETABLO DAS ÁNIMAS”, APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 18/07/2014 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial de data 18/07/2014 unha subvención a favor do Arcebispado de Santiago de Compostela (Parroquia de Santa María de Troáns) con CIF: R-1500020-A, do Concello de Cuntis, por un importe de 2.726,00€, para as “Obras de restauración do retablo das ánimas” con cargo á aplicación 14/330.334.789.04, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 16/01/2015, da citada Entidade renunciando á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. 7.23099.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA ASOCIACIÓN CULTURAL A VERTULA DO CONCELLO DE MEIS, Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA AS “OBRAS DE ARRANXO DO TELLADO”, APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 18/07/2014 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial de data 18/07/2014 unha subvención a favor da Asoc. Cultural A Vertula con CIF: G-36.197.093, do Concello de Meis, por un importe de 3.216,00€, para as “Obras de arranxo do tellado” con cargo a aplicación 14/330.334.789.04, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 11/02/2015, da citada Entidade renunciando á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. 8.23100.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA ASOCIACIÓN CULTURAL IRMÁNS BARCIA DO CONCELLO DE PONTEAREAS, Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA AS “OBRAS DE COLOCACIÓN DE VENTÁS NO SALÓN DE ACTIVIDADES”, APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 18/07/2014 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial de data 18/07/2014 unha subvención a favor da Asoc. Cultural Irmáns Barcia con CIF: G-36.523.702, do Concello de Ponteareas, por un importe de 2.398,00 €, para as “Obras de colocación de ventás no salón de actividades” con cargo á aplicación 14/330.334.789.04, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 19/12/2014, da citada Entidade renunciando á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. 9.23101.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA ASOCIACIÓN CULTURAL MUSICAL ABELEIRAS DE ALXÁN DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR, Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA “ADQUISICIÓN DE INSTRUMENTOS”, APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 18/07/2014 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial de data 18/07/2014 unha subvención a favor da Asoc. Cultural Musical Abeleiras de Alxán con CIF: G-94.032.992, do Concello de Soutomaior, por un importe de 611,00 €, para a “Adquisición de instrumentos” con cargo á aplicación 14/330.334.789.00, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 29/01/2015, da citada Asociación renunciando á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. 10.23102.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA ASOCIACIÓN BRISAS DE TOMIÑO DO CONCELLO DE TOMIÑO, Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA A “ADQUISICIÓN DE INSTRUMENTOS MUSICAIS”, APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 18/07/2014 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial de data 18/07/2014 unha subvención a favor da Asoc. Brisas de Tomiño con CIF: G-94.054.582, do Concello de Tomiño, por un importe de 815,00 €, para a “Adquisición de instrumentos musicais” con cargo á aplicación 14/330.334.789.00, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 02/02/2015, da citada Asociación renunciando á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. 11.23103.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA ASOCIACIÓN PRO DEREITOS DA INFANCIA ADDIS GALICIA DO CONCELLO DE VIGO, Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA O “ENCONTRO CULTUAL DE XOGOS TRADICIONAIS”, APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 26/09/2014 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación provincial de data 26/09/2014 unha subvención a favor da Asoc. Pro Dereitos da infancia ADDIS Galicia con CIF: G-36.922.045, do Concello de Vigo, por un importe de 811,00 €, para o “Encontro cultural de xogos tradicionais” con cargo á aplicación 14/330.334.489.05, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 13/02/2015 da citada Asociación renunciando á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. 12.23104.- ADXUDICACIÓN DUNHA BOLSA DE PRÁCTICA LABORAL DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA EN EMPRESAS DO SECTOR PRIVADO 2014 1º.- No Boletín Oficial da Provincia nº 131, de data 9 de xullo de 2014, (con corrección de erros no non BOP nº 148 de data 4 de agosto de 2014) publicáronse as bases reguladoras da convocatoria de 400 bolsas de práctica laboral en empresas do sector privado da Provincia de Pontevedra destinadas a titulados universitarios e de formación profesional, segundo os casos, sen experiencia laboral previa, coa finalidade de promover e completar a súa formación en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa incorporación ó mercado laboral. 2º.- Por acordo aprobado na Xunta de Goberno celebrada o 26 de setembro de 2014 adxudicáronse as bolsas correspondentes ó Plan de práctica laboral en empresas do sector privado 2014, por número de expediente, titulación, candidato seleccionado e empresa de destino, con efectos de 1 de outubro de 2014 e por un período de seis meses, prorrogables por outros seis. 3º.- O pasado 1 de decembro de 2014 iniciou as súas prácticas laborais do expediente P092 da titulación de Licenciatura/Grao en Dereito, a bolseira Mónica García Goldar na empresa Organización Sindical CSIF por un período de 16 días e 4 meses prorrogables por outros 6 meses. 4º.- Con data de 19 de xaneiro de 2015 a bolseira Mónica García Goldar, presenta escrito solicitando a súa renuncia a continuar participando no Plan de práctica laboral dende o 31 de xaneiro de 2015, motivada por unha incorporación a un contrato predoctoral da Universidade de Vigo. 5º.- No expediente P092 a seguinte candidata dispoñible da listaxe de suplentes é Paula Parra Máiquez. NORMATIVA APLICABLE 1º O artigo 36 e seguintes da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. 2º A base décimo terceira e décimo oitava da convocatoria das bolsas de práctica laboral en empresas 2014. Considerando o exposto anteriormente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, adxudicar a bolsa do expediente P092 na empresa Organización Sindical CSIF a Paula Parra Máiquez, con efectos do 1 de marzo de 2015 ata o 16 de maio do 2015 e prorrogable por seis meses, por un importe de 800,00 €/mes. 13.23105.- REANUDACIÓN DUNHA BOLSA DE PRÁCTICA LABORAL EN EMPRESAS 2014 Por acordo aprobado na Xunta de Goberno celebrada o 26 de setembro de 2014 adxudicáronse as bolsas correspondentes ó Plan de práctica laboral en empresas do sector privado 2014, por número de expediente, titulación, candidato seleccionado e empresa de destino, con efectos de 1 de outubro de 2014 e por un período de seis meses, prorrogables por outros seis. O pasado 1 de outubro de 2014 iniciou as súas prácticas laborais do expediente P067, o bolseiro Álvaro José Curt Nuño na empresa Alfredo Loureiro García (oficina técnica forestal). O 1 de decembro de 2014 o empresario autónomo, e titor do bolseiro, comunica ó Servizo de Recursos Humanos e Formación a súa baixa médica con efectos do 25 de novembro de 2014. Por cuestións legais, Alfredo Loureiro García ten que proceder ó peche da súa empresa durante o tempo que dure esta baixa. Na convocatoria das empresas publicada no BOP nº51, do 14 de marzo de 2014, na súa base quinta recolle como requisito indispensable para poder participar neste Plan , dispoñer de persoal técnico e cualificado que se encargue de exercer as funcións de titor e asumir a formación práctica do bolseiro. Neste caso, o causante da baixa é o único que exerce de titor do bolseiro, e non existe outra persoa que poida levar a cabo este labor. Por acordo aprobado na Xunta de Goberno celebrada o 5 de decembro de 2014, decidiuse suspender temporalmente a bolsa de Álvaro José Curt Nuño durante o tempo que dure a baixa de Alfredo Loureiro García, con efectos do 30 de novembro de 2014, ata que se comunique ó Servizo de Recursos Humanos a alta médica do empresario para poder reanudar as prácticas laborais. O 13 de febreiro de 2015 Alfredo Loureiro García recibiu a alta médica, polo que as prácticas laborais de Álvaro Curt Nuño reanudaranse con efectos do 1 de marzo de 2015 e ata o 30 de xuño de 2015, cumpríndose neste prazo os primeiros seis meses da bolsa, con posibilidade de prórroga por outros seis. Por todo o exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, a reanudación da bolsa adxudicada a Álvaro José Curt Nuño na empresa Alfredo Loureiro García, dende o día de 1 de marzo de 2015 e ata o 30 de xuño de 2015, data na que se cumpren os seis primeiros meses da bolsa prorrogables por outros seis. 14.23106.- FINALIZACIÓN DUNHA BOLSA DE PRÁCTICA LABORAL EN EMPRESAS POR RENUNCIA DUN BOLSEIRO Por Acordo adoptado pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na súa sesión ordinaria do día 31 de outubro de 2014, adxudicáronse as bolsas correspondentes ó Plan de práctica laboral en empresas do sector privado 2014, por número de expediente, titulación, candidato seleccionado e empresa de destino, con efectos de 1 de novembro de 2014 e por un período de seis meses, prorrogables por outros seis. O pasado 1 de novembro de 2014 iniciou as súas prácticas laborais do expediente P083 da titulación Licenciatura/Grao en Administración e Dirección de Empresas na empresa SMG Services & Consult, S.L. Con data de 16 de febreiro de 2015 dito bolseiro presenta escrito solicitando a súa renuncia a continuar participando no Plan de práctica laboral con efectos do 28 de febreiro de 2015, manifestando que o motivo da súa renuncia é por incorporación a unhas prácticas universitarias nunha entidade financeira. A base décimo primeira da convocatoria das bases, establece que daranse por finalizadas as prácticas do bolseiro cando concorra entre outras causas a renuncia voluntaria por parte do bolseiro. A renuncia implicará a perda dos dereitos formativos e económicos que puideran corresponderlle. Por todo e exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade dar por finalizadas as prácticas do bolseiro Bruno Canella Rodríguez na empresa SMG Services & Consult, S.L. con efectos do día 28 de febreiro de 2015. 15.23107.- INFORME EN RELACIÓN COAS ESTRADAS PROVINCIAIS SOBRE PROXECTO DE URBANIZACIÓN CORRESPONDENTE Ó PLAN ESPECIAL DE INFRAESTRUTURAS E DOTACIÓNS E69B NO LUGAR DE O REVEL-VILALONGA, DO CONCELLO DE SANXENXO Dada conta da comunicación da Concelleira delegada de urbanismo do Concello de Sanxenxo, de data 17 de setembro de 2014 (rexistro de entrada núm. 2014125653, de data 18/12/14), pola que se remite Proxecto de urbanización correspondente ó Plan especial de infraestruturas e dotacións E69B no lugar de O Revel – Vilalonga, do Concello de Sanxenxo, a efectos de informe por parte desta Deputación, en relación coas estradas provinciais, e Considerando o disposto no artigo 23,2, da Lei 8/2013, de 28 de xuño, de Estradas de Galicia, en relación coas estradas provinciais. Visto o informe do Director de Infraestruturas, de data 10 de febreiro de 2015, no que manifesta: “Primeiro.- O proxecto afecta á estrada provincial EP 9209 C-550 – Igrexa Villalonga. Segundo.- O vial principal de acceso á urbanización entronca coa estrada provincial e por tanto deberá conforme coa normativa vixente en sinalización (horizontal e vertical) no enlace coa mesma. Terceiro.- Os sistemas xerais (abastecemento, enerxía eléctrica, saneamento, etc…) que afecta ó carril pavimentado e ás beirarrúas existentes (aproximadamente 300 ml segundo o plano facilitado), deberán ser repostas en idénticas condicións ás actuais. En caso de ser afectado o pavimento asfáltico, a reposición haberá de facerse no ancho completo do carril. Conclusión.- Infórmase favorablemente no relativo á afección sobre a estrada provincial “EP 9209 C-550-Igrexa Villalonga” unha vez teñan en conta os puntos enunciados.” A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e a súa remisión ó do Concello de Sanxenxo. 16.23108.- CORRECCIÓN DE ERRO NO ACORDO NÚM. 10.23033 ADOPTADO NA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 06/02/2015 Conforme o establecido no artigo 105.2 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a rectificación do Acordo adoptado pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial con número 10.23033 na súa sesión ordinaria do día 6 de febreiro de 2015, polo que se ratificaron diversas resolucións presidenciais referentes as bolsas de práctica laboral en empresas 2014, no senso que: Onde di: “- Por Resolución Presidencial nº 2015002128 de data 30 de xaneiro de 2015, resólvese adxudicar unha bolsa a José Roberto Valverde González na empresa Alberto Lusquiños Bouzón (Taller de Vehículos) con efectos do 01 de febreiro de 2015 ata o 31 de marzo do 2015 e prorrogable por seis meses, por un importe de 700 €/mes.” Debe dicir: “- Por Resolución Presidencial nº 2015002128 de data 30 de xaneiro de 2015, resólvese adxudicar unha bolsa a José Roberto Valverde González na empresa Alejandro González Souto (Taller de Vehículos) con efectos do 01 de febreiro de 2015 ata o 31 de marzo do 2015 e prorrogable por seis meses, por un importe de 700 €/mes.” 17.23109.- COMUNICACIÓNS: non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 18.23110.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS a) Vista a relación de facturas con número 2015005353, que contén dezanove facturas e por un importe de 3.856,53 €, correspondendo a primeira factura a Grupo Lerez Ediciones, S.L., por importe de 363,00 €, e a derradeira a Digamel, S.A., por importe de 210,06 €, e visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 19 de febreiro de 2015, no que se pon de manifesto que os gastos se fixeron en exercicio pechado, sendo necesario a súa aprobación polo sistema de recoñecemento extraxudicial de créditos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar: A relación de expedientes de referencia coa seguinte estrutura económica: Importe total 3.856,53 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do honorarios técnicos externos 0,00 € Outros descontos 0,00 € Total líquido 3.856,53 € b) Vista a relación de facturas con número 2015005354, que contén dúas facturas e por un importe de 8.481,96 €, correspondendo a primeira factura a Telefónica Móviles España, S.A., por importe de 6.287,06 €, e a derradeira a R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A., por importe de 2.194,90 €, e visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 19 de febreiro de 2015, no que se pon de manifesto que os gastos se fixeron con vicios de procedemento que implica a nulidade das obrigas, sendo necesario a súa aprobación polo sistema de recoñecemento extraxudicial de créditos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar: A relación de expedientes de referencia coa seguinte estrutura económica: Importe total 8.481,96 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do honorarios técnicos externos 0,00 € Outros descontos 0,00 € Total líquido 8.481,96 € 19.23111.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE CAMBADOS PARA A REALIZACIÓN DO INVESTIMENTO DENOMINADO “MELLORA VIAL NO LUGAR DE SINEIRO-VILARIÑO”, INLCUÍDA NO PLAN PROVINCIAL DE OBRAS E SERVIZOS 2015 (PPOS/15) Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención con cargo á cantidade reservada no Plan Provincial de Obras e Servizos 2015 (PPOS/15) á concesión directa, libre disposición do presidente, para financiar o investimento proposto polo Concello de Cambados “Mellora da seguridade vial no lugar de Sineiro-Vilariño”; vistos os informes do Servizo de Infraestruturas e da Intervención. E en virtude das competencias que lle confiren os artigos 35 e 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, 30 do R.d.l. 781/86, de 18 de abril, e 16.2 das Bases de execución dos Orzamentos Provinciais e a restante normativa local vixente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó Concello de Cambados con CIF núm. P3600600E, a cantidade de douscentos corenta mil catrocentos nove euros con seis céntimos (240.409,06€), para a realización do investimento (Ref.: PPOS/15/00608/201500032), denominado “Mellora da seguridade vial no lugar de Sineiro-Vilariño” cun orzamento polo mesmo importe, é dicir, de 240.409,06 €. Convén recordar a obriga dos concellos de posuír as autorizacións, licenzas e os permisos sectoriais necesarios para a normal execución dos investimentos; de feito esta concesión non exime das autorizacións e permisos sectoriais oportunos e do cumprimento da normativa urbanística vixente. - Esta subvención, contabilizarase con cargo á aplicación 2015/942.9420.762.45 do Orzamento provincial para o presente exercicio 2015. - A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do PPOS/15, aprobadas en acordo plenario o 28 de novembro de 2014 e publicadas no BOP núm. 1 do 2 de xaneiro de 2015 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións. - Asemade, ó abeiro da base décimo sexta do PPOS/15, o investimento deberá estar executado e xustificado, na súa totalidade, o 31 de decembro de 2016. O incumprimento desta obriga poderá dar lugar á revogación da subvención concedida. 20.23112.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE PONTEAREAS PARA A REALIZACIÓN DO INVESTIMENTO DENOMINADO “PROXECTO SENDA FLUVIAL RÍO TEA, TRAMO FOZARA-PADRÓN”, INLCUÍDA NO PLAN PROVINCIAL DE OBRAS E SERVIZOS 2015 (PPOS/15) Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención con cargo á cantidade reservada no Plan Provincial de Obras e Servizos 2015 (PPOS/15) á concesión directa, libre disposición do presidente, para financiar o investimento proposto polo Concello de Ponteareas “Proxecto senda fluvial Río Tea, tramo Fozara-Padrón”; vistos os informes do Servizo de Infraestruturas e da Intervención. E en virtude das competencias que lle confiren os artigos 35 e 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, 30 do R.d.l. 781/86, de 18 de abril, e 16.2 das Bases de execución dos Orzamentos provinciais e a restante normativa local vixente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó Concello de Ponteareas con CIF núm. P3604200J, a cantidade de douscentos once mil setecentos euros con oitenta e sete céntimos (211.700,87 €), para a realización do investimento (Ref.: PPOS/15/00943/201500033), denominado “Proxecto senda fluvial Río Tea, tramo Fozara-Padrón” cun orzamento polo mesmo importe, é dicir, 211.700,87 €. Convén recordar a obriga dos concellos de posuír as licenzas e os permisos sectoriais necesarios para a normal execución dos investimentos; de feito esta concesión non exime das autorizacións sectoriais oportunas e do cumprimento da normativa urbanística vixente. - Esta subvención, contabilizarase con cargo á aplicación 2015/942.9420.762.45 do Orzamento provincial para o presente exercicio 2015. - A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do PPOS/15, aprobadas en acordo plenario o 28 de novembro de 2014 e publicadas no BOP núm. 1 do 2 de xaneiro de 2015 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións. - Asemade, ó abeiro da base décimo sexta do PPOS/15, o investimento deberá estar executado e xustificado, na súa totalidade, o 31 de decembro de 2016. O incumprimento desta obriga poderá dar lugar á revogación da subvención concedida. 21.23113.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e corenta e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición