Fondos
2013-05-31_Ordinaria. Acta de sesión 2013/05/31_Ordinaria
Acta de sesión 2013/05/31_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.43.828/3.2013-05-31_Ordinaria
Título Acta de sesión 2013/05/31_Ordinaria
Data(s) 2013-05-31 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión. 59 follas
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A C T A Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 31 de maio do 2013 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e vinte minutos do día trinta e un de maio do ano dous mil trece, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente Don Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona María Isaura Abelairas Rodríguez (PSdeG-PSOE), Don Pablo Baquero Álvarez (PP), Don José María Bello Maneiro (PP), Don Uxío Benítez Fernández (BNG), Don José Antonio Cacabelos Rico (PSdeG-PSOE), Don José Crespo Iglesias (PP), Dona Begoña Estévez Bernárdez (PP), Dona Ornela Fernández Salgado (BNG), Don José Manuel Figueroa Vila (PP), Don Juan Antonio González Pérez (PSdeG-PSOE), Don Arturo Grandal Vaqueiro (PP), Don Fernando Guitián Guitián (PP) Dona Marta Iglesias Bueno (PP), Don José Carlos López Campos (PP), Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo (BNG), Don José Luis Pérez Estévez (PP), Dona María Pilar Ramallo Vázquez (PP), Don Eduardo José Reguera Ocampo (PSdeG-PSOE), Don Severino Reguera Varela (PP), Don Santos Héctor Rodríguez Díaz (PSdeG-PSOE), Don José Nelson Cándido Santos Argibay (PP), Don Alberto Valverde Pérez (PP), Don Jesús Vázquez Almuíña (PP), Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo (PP), Don Francisco Andrés Veiga Soto (PSdeG-PSOE) e Dona Iolanda Veloso Ríos (BNG), co obxecto de celebrar sesión ordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Sr. Presidente.- Moitas grazas ós que están aí. Moi bos días. Me gustaría que na medida do posible puidéramos celebrar esta sesión ordinaria amén de que poidamos, en todo caso, igual que fixemos onte e antonte, reunirnos tamén con algún dos colectivos que hai aquí, para falar do importante, que non deixa de ser, evidentemente, este tema, e creo que se pode comprobar con claridade, pois, a nosa solidariedade, unha vez máis, con todos e cada un dos afectados ata lograr o importante que non é outra cousa que a devolución dos aforros deses miles de persoas, especialmente da provincia de Pontevedra, que están afectadas por este gravísimo problema. Polo tanto, xa digo, quedamos á súa disposición, agora ben, queríamos, pois ademais é unha cuestión relativamente rápida e de trámite, se contamos coa súa colaboración, pois sería eu creo que bo para todos, podémolo facer antes ou despois, pero en todo caso, a idea é poñer en marcha a celebración desta sesión ordinaria que temos do Pleno da Corporación Provincial. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: a) Parte resolutiva: 1.6352.- DELEGACIÓN DO CONCELLO DE COVELO DAS FACULTADES DE RECADACIÓN EN VÍA EXECUTIVA DOS INGRESOS DE DEREITO PÚBLICO QUE SE ATOPEN PENDENTES DE COBRO NA TESOURERÍA DO CONCELLO Sr. Presidente.- Polo tanto, primeiro punto. Delegación do concello de Covelo das … Interrompen a intervención do Sr. Presidente os afectados polas preferentes que están no salón de Plenos, falando os representantes dos mesmos. (Non se escoita o que din). Despois dun tempo, o Sr. Presidente, solicita ós portavoces dos tres grupos políticos provinciais acorden un texto sobre o apoio do Pleno ás peticións dos afectados. Os tres portavoces reúnense no despacho da Presidencia. Ó cabo dun tempo chégase a un texto consensuado ó que o Presidente dá lectura. Sr. Presidente.- Bueno, queremos trasladarvos o que os portavoces na Corporación Provincial, en base tamén ó que dende aí se plantexaba, ó acordo que quere establecer esta Corporación Provincial, creo que demandábamos unidade de actuación e sobre todo nas demandas, que, bueno, pois é do que xa acordara esta Corporación, pero bueno, que o esteamos ratificando de novo agora, pois creo que é importante tamén de novo. E, polo tanto, o acordo é, que os grupos da Corporación Provincial da Deputación de Pontevedra, no seu compromiso coa busca de solucións para que os afectados polas preferentes e subordinadas e outros híbridos financeiros, poidan recuperar a totalidade dos seus aforros, acordan: En primeiro lugar, reclamar que se paralice a aplicación das quitas ós afectados. Segundo, demandar que se suspenda o Real Decreto que estableceu a obrigatoriedade das quitas para os tenedores de participacións preferentes e subordinadas. Terceiro, solicitar unha entrevista co Ministro De Guindos e unha representación dos afectados. E cuarto, que se promovan todas as medidas tendentes a que os afectados recuperen o 100% dos seus aforros. Pontevedra, a 31 de maio de 2013. Nestes intres prodúcense diversas intervencións tanto por parte do Sr. Presidente como por parte de persoas do público presente no salón. Sr. Presidente.- O acordo é o que está establecido, eu vou a, na medida do posible, evidentemente, que nos reciban, vamos a forzar todo o posible, espero que o fagan, pero o importante é demandar que se suspenda o Real decreto que, dalgunha maneira, é o importante. Escoitase falar algunhas persoas do público pero non se entende o que din. Sr. Presidente.- Bueno, non, a unidade é este documento que o acordaron os tres portavoces e, polo tanto, esa é a unidade. Segue a escoitarse falar algunhas persoas do público pero non se entende o que din. Sr. Presidente.- ¡Ah!, si, podedes falar. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. Vamos a ver, interpretar, digamos, e conectar ou conxugar todas as posibilidades para facer un, vamos, para facer unha lectura, para chegar a uns acordos sobre o que sucedeu hoxe aquí, non é nada fácil. Nós quixemos interpretar que, primeiro, había unha demanda de que houbera un acordo, e segundo, que ese acordo, obviamente, a maioría tena o PP, polo tanto, para adoptar un acordo ten que ser por, coa aquiescencia do PP. Ben, o que está, as intervencións que están agora, nós non temos ningún interese en subscribir ese acordo, en votar a favor, en votar en contra ou absternos, a nosa postura creo que está radicalmente clara, quedou clara en Santiago, quedou clara en Madrid, e creo que non hai moito que discutir. Entón, aclarémonos, o máximo acordo que se pode, se se quere un acordo unánime da Corporación, unánime ou maioritario, porque ten maioría o PP, é este. Bueno, ben, a ver, non, por favor, por favor, se se quere poñer máis puntos xa os puxemos antes e poñemos comas, non van ser aprobados, obviamente, aquí hai un número, a ver, hai os números, as cousas se aproban por maiorías e minorías, aquí hai unha maioría do PP, entón, ¿quérese un acordo unánime ou non se quere?, se se quere un acordo unánime, nós, o máximo que se pode sacar é este que hai aquí. Sr. Presidente.- Non, gracias Sr. Mosquera, só unha puntualización, eu creo que os afectados é bo que teñan dalgunha maneira un acordo destas características, onde unha vez máis se denuncie, pola nosa parte neste caso, e se pida a suspensión dese Real Decreto, que dalgunha maneira é o que conleva ás posibles quitas. Creo que iso é o importante, o importante é demandar iso, nós o vamos a demandar tamén, que se sepa que esta provincia, evidentemente, non está de acordo en que existan quitas para os afectados de preferentes que na provincia de Pontevedra foron enganados. Polo tanto, iso non hai ningunha dúbida e así consta por escrito e creo que o bo é o acordo de todos os grupos da Corporación Provincial de que debemos, e neste sentido quero agradecer ó Partido Socialista, ó Bloque Nacionalista Galego e ós compañeiros do Partido Popular, que houbera unidade neste sentido, na defensa, unha vez máis e as que sexan necesarias, dos intereses dos afectados de produtos híbridos en Galicia e en particular na provincia de Pontevedra. ¿Algunha pregunta?. D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Si, gracias Presidente. Vamos a ver, na primeira intervención que fixo o representante dos afectados esta mañá e despois corroborado momentos antes de levantarnos os portavoces para redactar isto, as reivindicacións foron moi claras e eu teño aquí as notas e foi a que a vostede lle propuxen como acordo, era a paralización das quitas, a suspensión do Real Decreto e a xuntanza co Sr. De Guindos e o Sr. Feijoo. Iso, efectivamente, tamén recollemos as que a posteriori se fixeron, é dicir, como agora se repiten, que é a de rexeitar os acordos tomados o martes no Parlamento, nós estamos de acordo, evidentemente, que se rexeiten, ou tamén que se, no que si se pode ter moita, un pouco máis de claridade é que a representación dos afectados a designen as propias comisións de afectados non que diga quen ten que ir ou quen non ten que ir, isto creo que si podía quedar claro. En definitiva, creo que é un acordo na liña do que se pediu aquí na primeira hora da mañá e refrendado pouco antes que nos levantáramos os portavoces, seguramente, faltaría esa parte de rexeitar os acordos tomados no Congreso dos Deputados o pasado martes, pero, realmente, eu creo que aquí recolle bastante ben, bastante ben, as reclamacións prioritarias que hoxe se fixeron aquí esta mañá. E, dende logo, coincidir coas intervencións anteriores de que se é un acordo entre tres grupos, é un acordo e ó mellor non pode ir todo aquilo que nos quixéramos, pero creo que é, creo, como Grupo Provincial Socialista, que pode ser un bo, un elemento bo para axudar a saír destas quitas e desta situación, agora mesmo, de embargo dos aforros, ¿non?. Sr. Presidente.- Moitas gracias tamén pola intervención, neste caso, do portavoz do Partido Socialista, en relación, como digo, a este acordo, que dunha maneira mana do que vós como afectados trasladades, e creo que ademais é o de xustiza que se debería facer. Por iso, trasladaremos, neste caso, tamén á propia, ó propio Ministerio, a solicitude de entrevista para que o propio Ministro nos poida, evidentemente, recibir. Así o vamos a trasladar e tan pronto como nolo diga nos reuniremos cos colectivos a efectos de facer un grupo máis amplo ou máis reducido para poñer en marcha esa visita. Polo tanto, bueno, como hai unanimidade, votamos, o acordo é unánime do Pleno da Corporación Provincial, que trasladamos copia, teñen copia agora todos os compañeiros dos medios de comunicación e tamén a teñen, neste caso, os representantes dos distintos colectivos que estades aquí, así como calquera persoa das que pode estar aquí. Aí ten unha copia ou podémoslle dar agora unha copia a todos os afectados para que a teñan con vostedes, que a Deputación de Pontevedra e os que estamos aquí, que a representamos, evidentemente, ese é o acordo unánime de todos, eu diría, desta parte e desa parte que están aí para este asunto. Segue a escoitarse falar algunhas persoas do público pero non se entende o que din. Sr. Presidente.- Non, en principio non, creo que todos temos que ser conscientes de que falamos do importante, agora hai unhas cuestións de trámite que vamos a abordar e creo que non é cuestión de paralizar… Segue a escoitarse falar algunhas persoas do público pero non se entende o que din. Sr. Presidente.- Polo tanto, primeiro punto da orde do día. Delegación do concello de Covelo das facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que se atopen pendentes de cobro na Tesourería do concello. Seguen os gritos e voces do público presente no salón. Sr. Presidente.- Bueno, vamos a continuar entón a porta cerrada. Gracias e moi bos días a todos. Despois de máis de tres horas e ante a imposibilidade de continuar coa sesión, por canto o ruído facíao imposible, continúase o Pleno a porta pechada na Sala de Comisións. A partir deste momento ausentáronse os deputados pertencentes ós grupos provinciais do PSdeG-PSOE e do BNG. Sr. Presidente.- Bueno, vamos a continuar. Continuamos. Primeiro punto. Delegación do concello de Covelo das facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que se atopen pendentes de cobro na Tesourería do concello. Polo tanto, bueno, ¿algunha intervención?, senón hai intervencións apróbase a delegación. O Pleno do concello do Covelo na sesión celebrada o día 27 de marzo de 2013 acordou delegar na Deputación Provincial de Pontevedra as facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que se atopen pendentes de cobro na Tesourería do concello. Considerando o previsto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais e o establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e no artigo 8 do Real Decreto 939/2005, de 29 de xullo, que aproba o Regulamento Xeral de Recadación. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1. Aceptar a delegación efectuada polo concello do Covelo para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que se atopen pendentes de cobro na Tesourería do concello. 2. Esta delegación do concello do Covelo será levada a cabo pola Deputación de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios, e sométese ás condicións establecidas nas Bases para a prestación do servizo aprobadas polo Pleno da Deputación Provincial en data 20/07/92, na Ordenanza reguladora da taxa pola prestación de servizos, aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en data 08/06/2012, na Ordenanza fiscal xeral do órgano de xestión tributaria e recadación de recursos locais (ORAL) desta Deputación de Pontevedra, aprobada polo Pleno da Deputación en data 22/02/2013 e demais disposicións de pertinente aplicación ou, no seu caso, á normativa que por imperativo legal ou por razóns organizativas a substitúa. 3. Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente para que formalice o correspondente convenio co concello do Covelo así como os demais documentos que procedan. 4. A delegación efectuada polo Pleno do concello do Covelo para exercer as facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que se atopen pendentes de cobro na Tesourería do concello publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 2.6353.- ADHESIÓN DO CONCELLO DE DOZÓN Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN EN MATERIA DE XESTIÓN CATASTRAL SUBSCRITO ENTRE A SECRETARÍA DE ESTADO DE FACENDA (DIRECCIÓN XERAL DO CATASTRO) E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, O 13 DE XUÑO DE 2001 Sr. Presidente.- Segundo punto. Adhesión do concello de Dozón ó Convenio de colaboración en materia de xestión catastral subscrito entre a Secretaría de Estado de Facenda (Dirección Xeral do Catastro) e a Deputación Provincial de Pontevedra. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno do concello de Dozón na sesión que tivo lugar o día 25 de febreiro de 2013, acordou a adhesión dese concello ó convenio de colaboración en materia de xestión catastral subscrito entre a Secretaría de Estado de Facenda (Dirección Xeral do Catastro) e a Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) o 13 de xuño de 2001. Resultando que o concello de Dozón delegou na Deputación Provincial de Pontevedra as facultades de xestión do Imposto sobre Bens Inmobles, delegación aceptada polo Pleno desta Corporación Provincial e efectuada polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL). Considerando que a cláusula décimo quinta do mencionado convenio de colaboración en materia de xestión catastral determina que, unha vez levada a cabo a delegación da xestión do Imposto sobre Bens Inmobles na Deputación Provincial de Pontevedra, entenderase que o concello delegante atópase dentro do ámbito de aplicación do convenio. Considerando que a adhesión se atopa dentro dos servizos que o artigo 2 da vixente ordenanza fiscal reguladora da taxa polos servizos de xestión, inspección e recadación aprobada polo Pleno da Deputación provincial o 08/06/2012. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade, aceptar a adhesión do concello de Dozón acordada no Pleno Municipal do día 25 de febreiro de 2013 ó Convenio de colaboración en materia de xestión catastral subscrito entre a Secretaría de Estado de Facenda (Dirección Xeral do Catastro) e a Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) o 13 de xuño de 2001, debendo elevarse ó Pleno da Deputación Provincial para o seu coñecemento e ratificación. A adhesión rexerase pola vixente normativa catastral, polas cláusulas contidas no Convenio de data 13 de xuño de 2001 non modificadas pola normativa indicada; pola Ordenanza reguladora da taxa pola prestación de servizos, aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en data 08/06/2012; pola Ordenanza fiscal xeral do órgano de xestión tributaria e recadación de recursos locais (ORAL) desta Deputación de Pontevedra, aprobada polo Pleno da Deputación en data 22/02/2013, e polas demais disposicións de pertinente aplicación ou, no seu caso, a normativa que por imperativo legal ou por razóns organizativas a substitúa. 3.6354.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A XUNTA DE GALICIA, A FEDERACIÓN GALEGA DE MUNICIPIOS E PROVINCIAS (FEGAMP), E AS DEPUTACIÓNS PROVINCIAIS, EN MATERIA DE EMERXENCIAS E PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS, PARA A CREACIÓN E IMPLANTACIÓN DOS GRUPOS DE EMERXENCIA SUPRAMUNICIPAIS, GES Sr. Presidente.- Terceiro. Aprobación do convenio de colaboración, entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias e as Deputacións Provinciais, en materia de emerxencias e prevención e defensa contra incendios forestais, para a creación e implantación dos grupos de emerxencia supramunicipais, GES. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Votaremos a favor. Os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a cooperación en cuestións de interese común, tal e como establecen os artigos 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. Con tal motivo preténdese subscribir un Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias e a Deputación de Pontevedra, en materia de emerxencias e prevención e defensa contra incendios forestais, para a creación e implantación dos grupos de emerxencia supramunicipais. Neste sentido correspóndelle ás Deputacións Provinciais, en canto órgano de goberno da Provincia, a asistencia e cooperación xurídica, económica e técnica ós concellos, para garantir a prestación integral e adecuada dos servizos públicos, no territorio da súa competencia, e, en particular, participar na coordinación da administración local coa da Comunidade Autónoma co fin de garantir os principios de solidariedade e equilibrio intermunicipal. Así mesmo, de acordo co previsto na Lei 5/2007, do 7 de maio, de Emerxencias de Galicia, os órganos de goberno provinciais exercerán as súas competencias en materia de protección civil e xestión de emerxencias de acordo co previsto nesa lei, na lexislación galega de réxime local e na normativa estatal aplicable, correspondendo a estes, garantir a prestación do servizo de protección civil e xestión de emerxencias, incluídos os servizos contra incendios e de salvamento, naqueles municipios que non conten con servizos propios, por non resultaren obrigados ou por teren obtida a dispensa deles. Segundo dispoñen os artigos 25 e 26.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e os artigos 80 e 81 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de administración local de Galicia, os municipios deberán prestar á súa cidadanía os servizos públicos que contribúan a satisfacer as necesidades e aspiracións da comunidade de veciños, entre os que se atopan a seguridade en lugares públicos e a protección civil e extinción de incendios, polo que teñen necesidade de contar con medios para poder facer fronte ás súas competencias, compartidas e concorrentes, en materia de protección civil e emerxencias. Nesta mesma liña, a Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia no seu artigo 1.2 define a protección civil como “un servizo público esencial organizado nun sistema integrado de actuación para lles facer fronte ós riscos ordinarios e a riscos graves coa participación das distintas administracións públicas, baixo a coordinación e a dirección da Xunta de Galicia e coa colaboración cidadá.” E coa mesma consideración, a Constitución española, o Estatuto de autonomía de Galicia, a Lei 2/1985 de protección civil e as sentenzas 123/1984, do 18 de decembro, e 133/1990, do 19 de xullo, do Tribunal Constitucional coinciden no carácter de servizo público esencial deste servizo. Neste sentido, entre os fins da FEGAMP, artigo 2 dos seus Estatutos, figura a representación e defensa das actividades locais, a promoción das competencias locais e calquera outro fin que afecte ou incida de xeito directo ou indirecto nos seus asociados. Con esta finalidade goza de plena capacidade para subscribir convenios e contraer compromisos e obrigas segundo o artigo 8 dos seus Estatutos. Pola súa banda, conforme ó disposto no artigo 23 do Decreto 56/2000, do 3 de marzo, polo que se aproban as medidas de coordinación da protección civil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, (DOG nº 62, do 29 de marzo de 2000), modificado polo Decreto 109/2004, do 27 de maio (DOG nº 108, do 7 de xuño de 2004) a Xunta de Galicia poderá establecer acordos, convenios e protocolos de colaboración e cooperación cos entes que integran a Administración local de Galicia para unha mellor e máis efectiva coordinación interadministrativa, tanto na fase preventiva coma na operativa, colaborando coa dotación de medios e recursos necesarios. Por outra parte, os incendios forestais son unha ameaza que afecta hoxe en día, de xeito xeral, non só ó patrimonio forestal público e privado (tanto montes de particulares, montes veciñais en man común e montes de varas), senón tamén ós recursos naturais e ó mantemento e desenvolvemento da actividade humana no medio rural. Cómpre, pois, un enfoque global na actuación preventiva ante os incendios forestais, de xeito que as medidas que se implementen abrangan todo o territorio aínda que, para unha maior eficacia do uso dos recursos, hai que priorizar as zonas clasificadas polo Goberno galego como de alto risco de acordo cos seus plans de prevención e defensa contra incendios forestais. Que para dar cumprimento do manifestado, a Xunta de Galicia e a FEGAMP acordaron a creación dos Grupos de Emerxencia Supramunicipais (GES) que complementarán a atención das emerxencias e extinción de incendios forestais, xunto cos parques de bombeiros municipais e os parques de bombeiros comarcais, de forma que cubrirán zonas desprovistas de servizos de emerxencia, co ámbito de atención superior ó municipal, sen que os límites administrativos das provincias supoñan cortapisas á hora de intervir en zonas perimetrais ás sedes de localización dos ditos grupos. Do mesmo xeito, ditos grupos participarán en labores de prevención de incendios. Ordinariamente os GES desenvolverán as súas funcións no ámbito de actuación adscrito ós mesmos, e soamente con carácter excepcional e debidamente xustificado, realizarán as súas tarefas fóra do ámbito territorial que lles foi asignado. Na provincia de Pontevedra está previsto o seguinte mapa dos GES: (En negrita concello sede) Zona Manc. Val-Miñor Zona Baixo Miño Zona Ponteareas Zona A Paradanta Pontevedra Subzona 1 Tabeirós Terra de Montes Subzona 2 Deza Zona Vigo Zona Sanxenxo Baiona A Guarda Arbo Cotobade A Estrada Lalín Mos O Grove Gondomar O Rosal A Cañiza Ponte Caldelas Campo Lameiro Vila de Cruces Pazos de Borbén Sanxenxo Nigrán Oia Crecente O Covelo Cerdedo Agolada Redonde-la Meaño Tomiño Mondariz Balneario Fornelos de Montes Cuntis Rodeiro Poio Mondariz A Lama Forcarei Dozón As Neves Soutomaior Teo Ponteareas Vedra Salvaterra de Miño Moraña Créanse cinco zonas novas e aprovéitanse os recursos dispoñibles dos servizos municipais de Ponteareas e Sanxenxo. Dos grupos da provincia de Pontevedra catro estarán formados por 12 membros, un (A Estrada/Lalín) con 16 membros (10/6) e dous aproveitarán os servizos municipais existentes (Ponteareas/Sanxenxo). O custo dos GES de 12 membros é de 250.000,00 euros cada un, o de 16 membros ten un custo de 333.333,00 euros e os dos servizos municipais 125.000,00 euros cada un, incluído nesa cantidade o reparto dos custos da prevención de incendios. Tendo en conta o mapa dos GES da provincia de Pontevedra a achega da Deputación sería a seguinte: Nº DE GES CUSTO GES (incluído reparto custos prevención incendios) TOTAL CUSTO ACHEGA DEPUTACIÓN (20% do total ) 4 de 12 membros 250.000,000 € cada un 1.000.000,00 € 200.000,00 € 1 de 16 membros 333.333,00 € 333.333,00 € 66.666,60 € 2 servizos municipais 125.000,00 € cada un 250.000,00 € 50.000,00 € TOTAL 316.666,60 euros/ano No ano 2013 a achega da Deputación sería a metade desa cantidade, é dicir, 158.333,30 euros, sendo o cadro resumo o seguinte: ANUALIDADE 2013 2014 2015 ACHEGA 158.333,30 € 316.666,60 € 316.666,60 € No Convenio establécese que o mesmo entrará en vigor o día da súa sinatura e estenderá a súa vixencia ata o 31 de decembro de 2015. Ó termo de cada anualidade calquera das partes poderá denunciar o convenio cunha antelación mínima dun mes. En canto á periodicidade das achegas e co fin de dotar de liquidez ós Concellos, o Convenio establece que a Deputación realizará un adianto do 50% da súa achega no momento da sinatura do Convenio no ano 2013, o 25% no mes de setembro e o restante 25% no momento final de xustificación e nas vindeiras anualidades o 50% no primeiro trimestre do exercicio correspondente, o 25% no mes de setembro e o restante no momento final. No caso da Deputación de Pontevedra estas cantidades serán aboadas directamente a cada un dos Concellos sede. O financiamento do devandito Convenio irá con cargo á aplicación 13/942.135.462.05 do vixente Orzamento Provincial. Por todo o exposto, vistos os informes de Secretaría e Intervención, de data 23 de maio de 2013, e sendo o Pleno o órgano competente para aprobar o presente convenio en aplicación das bases aprobadas para a execución do orzamento, o Pleno acorda por unanimidade: Aprobar o convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias e a Deputación de Pontevedra, en materia de emerxencias e prevención e defensa contra incendios forestais, para a creación e implantación dos grupos de emerxencia supramunicipais. Así mesmo facúltase ó Presidente da Deputación de Pontevedra para a formalización do mencionado convenio mediante a súa sinatura e para a aprobación de cantos outros documentos garden relación co mesmo. Dito Convenio é como segue: CONVENIO DE COLABORACIÓN SUBSCRITO ENTRE A XUNTA DE GALICIA, A FEDERACIÓN GALEGA DE MUNICIPIOS E PROVINCIAS E AS DEPUTACIÓNS PROVINCIAIS, EN MATERIA DE EMERXENCIAS E PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS, PARA A CREACIÓN E IMPLANTACIÓN DOS GRUPOS DE EMERXENCIA SUPRAMUNICIPAIS. Santiago de Compostela, de 2013 REUNIDOS Pola Xunta de Galicia D. Alfonso Rueda Valenzuela, Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e Dona Rosa María Quintana Carballo, conselleira de Medio Rural e do Mar, en exercicio das atribucións conferidas no artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia. Pola Deputación Provincial de A Coruña, o seu Presidente D. Diego Calvo Pouso, que actúa en nome e representación da mesma, en virtude das atribucións que lle confire o artigo 106 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia e concordantes da Lei de Bases de Réxime Local. Pola Deputación Provincial de Lugo, o seu Presidente D. José Ramón Gómez Besteiro, que actúa en nome e representación da mesma, en virtude das atribucións que lle confire o artigo 106 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia e concordantes da Lei de Bases de Réxime Local. Pola Deputación Provincial de Ourense, o seu Presidente D. José Manuel Baltar Blanco, que actúa en nome e representación da mesma, en virtude das atribucións que lle confire o artigo 106 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia e concordantes da Lei de Bases de Réxime Local. Pola Deputación Provincial de Pontevedra, o seu Presidente D. Rafael Louzán Abal, que actúa en nome e representación da mesma, en virtude das atribucións que lle confire o artigo 106 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia e concordantes da Lei de Bases de Réxime Local. Pola Federación Galega de Municipios e Provincias, o seu Presidente D. José Manuel Rey Varela, que actúa en nome e representación daquela, en virtude das atribucións que lle confire o artigo 46.1º,b) dos seus estatutos. Todos os intervenientes actúan coa representación que legal e regulamentariamente teñen conferida. EXPOÑEN PRIMEIRO.- Que entre as competencias que, no relativo ás relacións coas entidades locais galegas, corresponden á Xunta de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 194 e 195 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, está a de cooperación e colaboración, podéndose levar a cabo mediante a subscrición de convenios. Así mesmo a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza conforme ó disposto no Decreto 235/2012, do 5 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia e o Decreto 7/2011, do 20 de xaneiro de estrutura da consellería de Presidencia, Administracións Públicas, é o departamento encargado de xestionar as competencias que en materia de protección civil e emerxencias ten atribuídas a Comunidade Autónoma de Galicia, e máis especificamente a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior encadrada na súa estrutura. Pola súa parte a Consellería do Medio Rural e do Mar, conforme o disposto no Decreto 46/2012, do 31 de maio, modificado polo Decreto 131/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a súa estrutura orgánica, é o departamento encargado de xestionar as competencias inherentes ás medidas de prevención e defensa contra os incendios forestais. SEGUNDO.- Ás Deputacións Provinciais, en canto órgano de goberno da Provincia, correspóndelle a asistencia e cooperación xurídica, económica e técnica ós concellos, para garantir a prestación integral e adecuada dos servizos públicos, no territorio da súa competencia, e, en particular, participar na coordinación da administración local coa da Comunidade Autónoma co fin de garantir os principios de solidariedade e equilibrio intermunicipal. Así mesmo, de acordo co previsto na Lei 5/2007, do 7 de maio, de Emerxencias de Galicia, os órganos de goberno provinciais exercerán as súas competencias en materia de protección civil e xestión de emerxencias de acordo co previsto nesta lei, na lexislación galega de réxime local e na normativa estatal aplicable, correspondendo a estes, garantir a prestación do servizo de protección civil e xestión de emerxencias, incluídos os servizos contra incendios e de salvamento, naqueles municipios que non conten con servizos propios, por non resultaren obrigados ou por teren obtida a dispensa deles. TERCEIRO.- Entre os fins da FEGAMP, artigo 2 dos seus Estatutos, figura a representación e defensa das actividades locais, a promoción das competencias locais e calquera outro fin que afecte ou incida de xeito directo ou indirecto nos seus asociados. Con esta finalidade goza de plena capacidade para subscribir convenios e contraer compromisos e obrigas segundo o artigo 8 dos seus Estatutos. Que conforme ó disposto no artigo 23 do Decreto 56/2000, do 3 de marzo, polo que se aproban as medidas de coordinación da protección civil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, (DOG nº 62, do 29 de marzo de 2000), modificado polo Decreto 109/2004, do 27 de maio (DOG nº 108, do 7 de xuño de 2004) a Xunta de Galicia poderá establecer acordos, convenios e protocolos de colaboración e cooperación cos entes que integran a Administración local de Galicia para unha mellor e máis efectiva coordinación interadministrativa, tanto na fase preventiva coma na operativa, colaborando coa dotación de medios e recursos necesarios. CUARTO.- Que, segundo dispoñen os artigos 25 e 26.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e os artigos 80 e 81 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de administración local de Galicia, os municipios deberán prestar á súa cidadanía os servizos públicos que contribúan a satisfacer as necesidades e aspiracións da comunidade de veciños, entre os que se atopan a seguridade en lugares públicos e a protección civil e extinción de incendios, polo que teñen necesidade de contar con medios para poder facer fronte ás súas competencias, compartidas e concorrentes, en materia de protección civil e emerxencias. Nesta mesma liña, a Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia no seu artigo 1.2 define a protección civil como “un servizo público esencial organizado nun sistema integrado de actuación para lles facer fronte ós riscos ordinarios e a riscos graves coa participación das distintas administracións públicas, baixo a coordinación e a dirección da Xunta de Galicia e coa colaboración cidadá.” E coa mesma consideración, a Constitución española, o Estatuto de autonomía de Galicia, a Lei 2/1985 de protección civil e as sentenzas 123/1984, do 18 de decembro, e 133/1990, do 19 de xullo, do Tribunal Constitucional coinciden no carácter de servizo público esencial deste servizo. QUINTO.- Por outra parte, os incendios forestais son unha ameaza que afecta hoxe en día, de xeito xeral, non só ó patrimonio forestal público e privado (tanto montes de particulares, montes veciñais en man común e montes de varas), senón tamén ós recursos naturais e ó mantemento e desenvolvemento da actividade humana no medio rural. Cómpre, pois, un enfoque global na actuación preventiva ante os incendios forestais, de xeito que as medidas que se implementen abrangan todo o territorio aínda que, para unha maior eficacia do uso dos recursos, hai que priorizar as zonas clasificadas polo Goberno galego como de alto risco de acordo cos seus plans de prevención e defensa contra incendios forestais. SEXTO.- As accións en materia de recuperación do potencial forestal e implantación de medidas de prevención de incendios planifícanse consonte ás disposicións do Regulamento (CE) 1698/2005 do Consello (artigo 36, alínea b), inciso VI e artigo 48) e o Regulamento (CE) 1974/2006 da Comisión (artigo 33 e anexo II) e xestiónanse de conformidade co Regulamento (CE) 65/2011 da Comisión. Están recollidas na medida 226-Recuperación do potencial forestal e medidas preventivas do Programa de desenvolvemento rural de Galicia aprobado por Decisión da Comisión do 15 de febreiro de 2008. As actuacións en materia de prevención de incendios forestais contempladas neste convenio inclúense no Plan marco: recuperación do potencial forestal e implantación de medidas preventivas aprobado en data do 9 de xuño de 2008 pola antiga Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais en desenvolvemento do disposto no Plan galego de controis FEADER, aprobado na súa ultima versión por resolución do 4 de abril de 2012, no que se establece que as actuacións directas da administración, implantadas sen mediar orde de convocatoria, precisarán da aprobación polo director xeral competente dun programa ou plan de aplicación, do que se deriven as operacións financiadas. Todos os concellos de Galicia, segundo o disposto na Orde do 18 de abril do 2007 pola que se zonifica o territorio con base no risco espacial de incendio forestal, están declarados de alto ou medio risco de incendio, polo que poden ser obxecto de financiamento con FEADER. SÉTIMO.- Que para dar cumprimento do manifestado, a Xunta de Galicia e a FEGAMP acordan a creación dos Grupos de Emerxencia Supramunicipais (GES) que complementaran a atención das emerxencias e extinción de incendios forestais, xunto cos parques de bombeiros municipais e os parques de bombeiros comarcais, de forma que cubrirán zonas desprovistas de servizos de emerxencia, co ámbito de atención superior ó municipal, sen que os límites administrativos das provincias supoñan cortapisas á hora de intervir en zonas perimetrais ás sedes de localización dos ditos grupos. Do mesmo xeito, ditos grupos participarán en labores de prevención de incendios. Ordinariamente os GES desenvolverán as súas funcións no ámbito de actuación adscrito ós mesmos, e soamente con carácter excepcional e debidamente xustificado, realizarán as súas tarefas fora do ámbito territorial que lles foi asignado. OITAVO.- Que coa finalidade de simplificar e axilizar as tramitacións administrativas necesarias para alcanzar a colaboración pretendida, asínase este convenio entre a Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e a Consellería do Medio Rural e do Mar; as Deputacións Provinciais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra e a FEGAMP. Ó abeiro do anteriormente exposto, as partes asinantes coincidindo en que a iniciativa obxecto de colaboración é de común interese para ambas e harmoniza cos fins dunha e outra, asínase o presente convenio, que se rexerá polas seguintes CLÁUSULAS: Primeira.- Obxecto. O presente convenio ten por obxecto colaborar para completar o mapa de emerxencias de Galicia mediante a implantación dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES), como grupos operativos en emerxencias de ámbito supramunicipal para a realización das funcións previstas na cláusula terceira. Segunda.- Localización e composición dos GES. Os novos Grupos de Emerxencias Supramunicipais situaranse estratexicamente en 25 localidades, e ó ter carácter supramunicipal permitirán ofrecer cobertura, xunto cos demais servizos de emerxencia, a un total do 90-97% da poboación. Cada GES estará composto por 12 efectivos, cunha estrutura profesionalizada e de carácter permanente, dando cobertura a toda a zona de actuación do grupo e mantendo a súa sede nos concellos que se relacionan na cláusula sétima. Coa finalidade de gañar operatividade, efectividade e funcionalidade e dadas as peculiaridades do territorio a cubrir, tres dos grupos anteriores comporanse de 16 membros a repartir entre dúas sedes en cada caso, do xeito seguinte: • Grupo A Estrada/Lalín: 10/6 • Grupo Ribadavia/Avión: 10/6 • Grupo Lobios/Muíños: 10/6 No tocante á selección, formación e operatividade dos compoñentes destes grupos estarase ó disposto no Anexo IV. Os GES dependerán tanto xurídica como organicamente do ente local polo que foron contratados e en ningún caso terá vínculo laboral coa Xunta de Galicia. Terceira.- Funcións dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais. Os GES exercerán as seguintes funcións: • Intervención en incendios forestais e urbanos no ámbito territorial da súa demarcación. No caso de que na súa demarcación exista parque comarcal de bombeiros, a actuación en incendios urbanos realizarase de xeito coordinado con este. • Realización de traballos forestais preventivos. • Intervención en situación de risco e de emerxencia para manter a rede de estradas, e sen ser responsables do seu mantemento mediante a súa limpeza e retirada de obxectos, especialmente no caso de accidente, utilizando para iso os materiais e medios que se requiran. A responsabilidade derivada das reclamacións patrimoniais que poidan xurdir, será da administración titular da vía na que se produza o sinistro. • Intervención en situacións derivadas de riscos naturais, nevaradas, inundacións, temporais, xeadas, choivas intensas, sismos, derrubamentos, corrementos de terra, situacións de seca. • Colaboración, e no seu caso, intervención en situacións derivadas de riscos inducidos polo home. • Colaboración coas autoridades competentes en materia de protección civil en casos de aglomeracións de persoas en lugares e momentos determinados. As actuacións serán obxectivamente analizadas polo concello sede. • Colaboración e apoio en calquera situación que implique riscos para persoas, bens ou medio ambiente. • Colaborar nas funcións correspondentes dos grupos de acción establecidos nos plans de emerxencia municipal (PEMUS), plans de actuación municipal (PAM), e nos diferentes plans de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia, previstos na normativa legal vixente. • Realización de actividades e, no seu caso, establecemento de medidas preventivas que diminúan ou minimicen as situacións de riscos indicados nos apartados anteriores. • Calquera outra en materia de protección civil, emerxencias e medio ambiente, servizos sociais, sanidade, culturais, educativos e deportivos. Cuarta.- Ámbito de actuación e coordinación dos GES. A) Ámbito de actuación: Os GES teñen carácter supramunicipal e para a súa distribución téñense en conta os seguintes criterios: • A non existencia de Servizo contra incendios e salvamento, xa sexa comarcal ou municipal. • Poboación atendida, xa que existen zonas de alta concentración de poboación con mala ou nula cobertura actual por parte dos servizos contra incendios e salvamento. • Distribución uniforme. • Preferencia daquelas mancomunidades ou consorcios de concellos con prestación mancomunada no campo da protección civil. • Localizacións en zonas de montaña, con moi mala accesibilidade, onde os dispositivos de Protección Civil teñen tempos de chegada máis alongados. • Localizacións en zonas con riscos potenciais. • Situación estratéxica en canto a vías de comunicación, co fin de axilizar o proceso de despregue e intervención nas emerxencias. • A existencia de medios e recursos municipais e estrutura organizativa de emerxencias e con experiencia e recursos humanos con formación en emerxencias. O ámbito de actuación dos GES é o que se define no Ánexo I. B) Coordinación: A coordinación técnica, en función das características da emerxencia ou actividade preventiva, será cos servizos contra incendios, cos distritos forestais e/ou coa Central de atención ás emerxencias 112-Galicia. A coordinación ordinaria levarase polo concello na que estea situada a base do grupo, tendo presente sempre o seu carácter supramunicipal. No caso de actuacións conxuntas en emerxencias de calquera tipo, cos efectivos dos parques de bombeiros comarcais, o mando e coordinación das mesmas, en cumprimento do principio de mando único, será levado polo xefe da unidade do parque comarcal de bombeiros. O concello sede achegará unha instalación-base adecuada para a prestación do servizo de emerxencias. A Central de atención ás emerxencias 112-Galicia, conectará co grupo de emerxencia a través dun sistema remoto de xestión das emerxencias, cargando os programas informáticos no terminal dotado de liña de datos e de voz co que estará equipada a sede. Quinta.- Custo total da creación e da implantación dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais. Crearanse 25 grupos de Emerxencias Supramunicipais, dos cales 22 serán de 12 membros e 3 de 16 membros cun custo de 169.000 € e de 252.333 € segundo a súa composición. Para completar a nova rede de emerxencias aproveitaríanse os recursos dispoñibles dos servizos municipais de Ponteareas e Sanxenxo e o de Terras de Celanova. Isto suporá a maiores un custo de 125.000 euros ano. Os custos totais reflíctense no seguinte cadro: GRUPOS DE EMERXENCIA: REPARTOS DE CUSTOS Nº grupos (12 membros) 22 Custo de cada grupo 169.000€ Nº de grupos (16 membros) 3 Custo de cada grupo 252.333€ Servizos municipais de Ponteareas e Sanxenxo e o de Terras de Celanova 3 Custo de cadanseu concello 125.000€ Custo do sistema proposto Grupos 25 (22+3) 4.474.999€ Servizos municipais de Ponteareas e Sanxenxo e o de Terras de Celanova 375.000€ CUSTO ANUAL DOS GES E SERVIZOS MUNICIPAIS 4.849.999€ FUNCIONAMENTO DOS GES E SERVIZOS MUNICIPAIS 560.000€ CUSTO TOTAL ANUAL 5.409.999€ Sexta.- Custo das labores de prevención. Adicionalmente, a Consellería do Medio Rural e do Mar para a realización das actuacións en materia de prevención de incendios forestais achega ó presente convenio un millón doce mil cincocentos euros (1.012.500 €) para o ano 2013, dous millóns vinte e cinco mil euros (2.025.000 €) para o ano 2014 e dous millóns vinte e cinco mil euros (2.025.000 €) para o ano 2015. O reparto de ditos fondos especifícase no seguinte cadro: REPARTOS DE CUSTOS DA PREVENCIÓN Ano 2013 2014 2015 Nº grupos 25 25 25 Has por grupo 18 36 36 Custo por ha 2.250 2.250 2.250 CUSTE TOTAL PREVENCIÓN 1.012.500 € 2.025.000 € 2.025.000 € Con carácter xeral deberá terse en conta o disposto no Decreto 1852/2009, do 4 de decembro, polo que se establecen os criterios para subvencionar gastos no PDR financiados con FEADER. En todo caso, son gastos subvencionables aqueles que de xeito indubidable respondan á natureza da actividade subvencionada neste convenio. Para os efectos do disposto no artigo 29 punto 2º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e dado que existen módulos para cada unidade de obra que supoñen que, en ningún caso, o custo de execución dos traballos subvencionados poida ser superior ó valor de mercado, considérase gasto realizado o que foi efectivamente comprobado por dous funcionarios da Consellería do Medio Rural e do Mar. O IVE non será subvencionable. Os gastos non elixibles serán soportados polo concello sede do GES. Os traballos preventivos incluídos neste convenio serán cofinanciados polo FEADER nun 75%. A porcentaxe máxima a subvencionar será do 100% do investimento elixible ou subvencionable. Estas labores de prevención enmárcanse dentro da medida 226-Recuperación do potencial forestal e medidas preventivas do Programa de desenvolvemento rural. O réxime xurídico réxese polo previsto nesta cláusula e no Anexo V. Sétima.- Financiamento do sistema GES. Sétima.1. Financiamento da actuación en emerxencias e incendios forestais. A contribución ó financiamento destes grupos de emerxencias supramunicipais será realizada pola Xunta de Galicia, a través de Vicepresidencia e consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Consellería de Medio Rural e do Mar, así como polas Deputacións Provinciais e entidades locais implicadas, que se adherirán a este convenio. Os custos que suporán estes grupos repartiranse entre as seguintes partes asinantes do convenio: o A Xunta de Galicia o Deputacións o Concello sede 1.- A contribución ó financiamento das devanditas accións no que atinxe á Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, fíxase en cento cincuenta mil euros (150.000 €) para o ano 2013, trescentos mil (300.000 €) para o ano 2014 e trescentos mil (300.000 €) para o ano 2015, financiándose con cargo ós orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia. Esta cantidade será financiada pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, con cargo á aplicación orzamentaria 2013.05.25.212A.460.1, código de proxecto 2013 00130. . 2.- A contribución ó financiamento das devanditas accións no que atinxe á Consellería de Medio Rural e do Mar, fíxase en novecentos mil euros (900.000 €), un millón oitocentos mil euros (1.800.000 €) para o ano 2014 e un millón oitocentos mil euros (1.800.000 €) para o ano 2015, financiándose con cargo ós orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia. Esta cantidade será financiada pola Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes, con cargo á aplicación orzamentaria 2013.12.20.551.B.760.0, código de proxecto: 2011.00771. 3.- A contribución das entidades locais: Esta será efectuada directamente por cada entidade local ós traballadores contratados, con cargo ós seus respectivos orzamentos na contía que lle corresponde. 4.- As Deputacións: Realizarán un adianto do 50% da súa achega no momento da sinatura do convenio no ano 2013, o 25% no mes de setembro e o restante 25% no momento final de xustificación, e nas vindeiras anualidades o 50% no primeiro trimestre do exercicio correspondente, o 25% no mes de setembro e o restante no momento final. Deputación Grupos 12/16/servizo municipal 1.374.999,80 € A Coruña 7 350.000,00 € Lugo 7 350.000,00 € Ourense 4/2/1 358.333,20€ Pontevedra 4/1/2 316.666,60 € Estas cantidades serán aboadas á Fegamp (ou directamente ó concello correspondente) con cargo ós orzamentos de cada ente provincial. 5.- Así mesmo, por parte da Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza financiaranse gastos por un importe de douscentos oitenta mil euros (280.000 €) para o ano 2013, cincocentos sesenta mil euros (560.000,00 €) para o ano 2014 e cincocentos sesenta mil euros (560.000,00 €) para o ano 2015. Esta cantidade será financiada pola Dirección Xeral de Administración Local con cargo á aplicación orzamentaria 2013.05.23.141A.461.1 código de proxecto 2013 00770. 6.- Para o primeiro ano, as cifras prorratearanse segundo a data da sinatura do convenio. Sétima.2. Financiamento da actuación en prevención de incendios forestais. A Consellería do Medio Rural e do Mar para a realización das actuacións en materia de prevención de incendios forestais achega ó presente convenio un millón doce mil cincocentos euros (1.012.500 € ) para o ano 2013, dous millóns vinte e cinco mil euros (2.025.000 €) para o ano 2014 e dous millóns vinte e cinco mil euros (2.025.000 €) para o ano 2015, que serán cofinanciados con fondos FEADER, con cargo á aplicación orzamentaria 12.20.551.B.760.0, código de proxecto: 2011 00 770. A porcentaxe máxima a subvencionar será do 100% do investimento elixible ou subvencionable. Oitava: Compromisos das partes: A)- Pola Xunta de Galicia, a través de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e da Consellería do Medio Rural e do Mar: • Financiamento: A Vicepresidencia e consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a do Medio Rural e do Mar colaboran no financiamento dos custos que se deriven da operatividade dos GES, cunha achega a ingresar na conta da FEGAMP como entidade colaboradora na sinatura deste convenio. • Dirección e coordinación: ambas consellerías a través dos seus órganos directivos, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, e a Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes respectivamente, ostentarán a dirección e coordinación destes grupos cando fora solicitada a súa colaboración en emerxencias ou activación de Plans, de competencia dun ou ambos órganos directivos. B) - Polas Deputacións Provinciais: • Financiamento: As Deputacións Provinciais colaborarán no financiamento, cunha achega directa do 20% dos gastos a ingresar na conta do concello sede. C) - Pola FEGAMP: • Colaboración no pago: noméase á FEGAMP entidade colaboradora, ós efectos de recibir os fondos e transferilos en nome e por conta da Xunta de Galicia ós concellos destinatarios sedes dos grupos, comprometéndose a facer constar expresamente a súa procedencia, así como a finalidade do seu traspaso. • Difusión: a FEGAMP difundirá a actuación entre os concellos e os informará das condicións do convenio e do tipo de gastos para os que se realiza a transmisión das cantidades previstas. • Entregar os fondos ós concellos sedes destinatarios. • Distribuír os fondos de forma igualitaria entre os concellos indicados no anexo I. • Xustificar a entrega dos fondos percibidos. • Someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro de ditos fondos que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto estatais coma comunitarios, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións. • Levar un sistema de contabilidade específica FEADER ou ben un código contable axeitado onde se rexistren as transaccións relativas á operación, tal e como esixe o artigo 75.1.c) i) do regulamento (CE) 1698/2005. • Mediación entre a Xunta e os concellos contratantes dos GES, e polo tanto: o Recadar toda a documentación acreditativa do cumprimento das actuacións por parte dos concellos sedes. o Presentar as declaracións de axudas solicitadas ou concedidas en cada concello para esta mesma finalidade e, en caso de non ter ningunha axuda, a presentación dunha declaración de que só se percibe este importe para esta finalidade. A FEGAMP como entidade colaboradora que recibe os fondos das axudas e distribúe os mesmos ós beneficiarios, deberá respectar o disposto no artigo 9 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de xuño de subvencións de Galicia, e en ningún caso considerará os fondos recibidos como integrantes do seu patrimonio. D) Polos Concellos sede: • Os Concellos sede dos GES deberán achegar o 20% do financiamento. • Deberán achegar unhas instalacións-base adecuadas para a prestación do servizo de emerxencias, permitindo a localización dos recursos humanos e materiais propios do servizo. • Atención permanente ás chamadas de emerxencia, de xeito que a non resposta ás chamadas de emerxencia de forma continuada dará lugar por parte dos concellos sede, á non percepción da axuda, salvo causa xustificada, e previa audiencia ó concello implicado. • Deberán cumprir coa normativa vixente de prevención de riscos laborais para a realización dos traballos ós que se refire o presente convenio, asumindo as responsabilidades derivadas do incumprimento desta cláusula. • Deberán acreditar a prestación do servizo, mediante os informes ou memorias técnicas emitidas polos responsables dos GES nos concellos sede, coa finalidade de percibir as achegas da Xunta de Galicia e as Deputacións. • Comprométense a conservar os medios e recursos de intervención de Galicia. O deterioro non xustificado polo uso que sufran os equipos será responsabilidade do concello. • Dado o carácter supramunicipal dos GES, os concellos incluídos na área de actuación correspondente, segundo o Anexo I, poderán por a disposición destes os medios materiais de protección civil dos que dispoñan para atender as emerxencias, ou ben cedelos de forma permanente. • Levar un sistema de contabilidade específica FEADER ou ben un código contable axeitado onde se rexistren as transaccións relativas á operación, tal e como esixe o artigo 75.1.c) i) do regulamento (CE) 1698/2005. Novena.- Libramento de fondos da Xunta á FEGAMP. O libramento dos fondos á Federación Galega de Municipios e Provincias pola Xunta de Galicia realizarase de conformidade co previsto nos Anexos IV e V. Décima.- Libramento de fondos pola FEGAMP ós beneficiarios finais. Unha vez recibidos os fondos da Xunta de Galicia pola FEGAMP, esta transferirá ós beneficiarios finais participantes do proxecto a cantidade que lle corresponda, no prazo máximo de 45 días dende a súa recepción. A FEGAMP acreditará ante a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a Dirección Xeral de Administración Local e a Secretaría Xeral de Medio Rural e do Mar, a entrega dos fondos ós beneficiarios finais mediante xustificante de pagamentos válidos (extractos ou certificación bancaria debidamente identificados). Os beneficiarios finais deste convenio están obrigados a facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral e o Consello de Contas da Comunidade Autónoma, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas, así como ós controis que poidan realizar as institucións comunitarias, tendo en conta que se trata de actuacións cofinanciadas con fondos comunitarios. A participación no presente convenio suporalles, tanto á entidade colaboradora coma ós beneficiarios finais, o consentimento expreso á administración para incluír e facer públicos os datos referidos ó convenio nos rexistros públicos da Xunta de Galicia, creados nos artigos 44 e 45 da lei 7/2005, do 29 de novembro e decreto 126/2006 do 20 de xullo. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión destas axudas e, en todo caso, a obtención de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións, entes públicos ou privados, poderá dar lugar, si con isto se alterase os obxectivos deste convenio, á modificación da resolución da concesión. O incumprimento dalgunha das obrigas recollidas neste convenio dará lugar ó reintegro total ou parcial das axudas recibidas e ó xuro de demora correspondente de acordo co establecido no Art. 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño de subvencións de Galicia. Décimo Primeira.- Xurisdición e normativa aplicable. O presente convenio de colaboración ten natureza administrativa. Para a interpretación de dúbidas e controversias que xurdan na interpretación deste convenio estarase ó disposto nas cláusulas deste e, subsidiariamente, na Lei 9/2007, do 13 de xuño de subvencións de Galicia, no decreto 11/2009 de 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da lei 9/2007 do 13 de xuño e en canto non se opoña ó establecido na dita Lei, á Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións e ós principios establecidos na Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. As partes quedan suxeitas á xurisdición contencioso-administrativa para a resolución de calquera conflito que puidera xurdir na aplicación do mesmo. Décimo Segunda.- Comisión de seguimento. Para o seguimento e coordinación das accións previstas no presente convenio, créase unha Comisión Mixta e paritaria na que estarán representadas a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería do Medio Rural e do Mar, as Deputacións e a FEGAMP. Son funcións desta comisión de seguimento: • Velar polo cumprimento do convenio. • Propoñer as medidas necesarias para garantir o exercicio coordinado das competencias de cada unha das partes. • En xeral, resolver os problemas de interpretación e cumprimento que poidan xurdir na aplicación deste convenio. Esta comisión solicitará ó remate da vixencia do convenio á Federación Galega de Municipios e Provincias un informe técnico correspondente ó grao de cumprimento dos obxectivos programados, e relación detallada dos pagos efectuados por cada concello, correspondentes ós meses de vixencia do convenio ós efectos, no seu caso, do reintegro dos importes non liquidados. Décimo Terceira.-Vixencia. O presente Convenio entrará en vigor o día da súa sinatura e estenderá a súa vixencia ata o 31 de decembro de 2015. Ó termo de cada anualidade calquera das partes poderá denunciar o convenio, cunha antelación mínima dun mes. Os concellos adhírense ó presente convenio coa sinatura do correspondente anexo de adhesión. En proba de conformidade, as partes asinan por triplicado na data e lugar ó inicio mencionados. O Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, AA.PP e Xustiza Alfonso Rueda Valenzuela A Conselleira de Medio Rural e do Mar Rosa María Quintana Carballo O Presidente da Deputación de A Coruña Diego Calvo Pouso O Presidente da Deputación de Lugo José Ramón Gómez Besteiro O Presidente da Deputación de Ourense José Manuel Baltar Blanco O Presidente da Deputación de Pontevedra Rafael Louzán Abal O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias José Manuel Rey Varela ANEXO I: ÁMBITO DE ACTUACIÓN E COBERTURA A NIVEL PROVINCIAL. A CORUÑA LUGO OURENSE PONTEVEDRA Zona de Ortegal e Ferrol Sede:Ortigueira Zona da Fonsagrada e Meira Sede: A Fonsagrada Zona de Terras de Caldelas e Terras de Trives Sede: Castro Caldelas Zona da Mancomunidade de Val Miñor Sede:Mancomunidade Zona de Bergantiños Sede:Ponteceso Zona de Terra Chá Lugo Sede:Guitiriz Zona de Viana e Verín Sede: A Gudiña Zona do Baixo Miño Sede: A Guarda Zona de Muros Xallas e Noia Sede:Muros Zona de Os Ancares Lugo Sarria Sede:Becerreá Zona de Allariz, Maceda e A Limia Sede:Baños de Molgas Zona da Paradanta e Pontevedra Sede:Ponte Caldelas Zona de Ferrol Eume Sede:Mugardos Zona da Mariña Central e Oriental Sede: A Pontenova Zona da Baixa Limia Sede:Lobios/Muíños Zona da Tabeiros Terra de Montes e Deza Sedes: A Estrada/Lalín Zona de Betanzos Terra de Melide Ordes Sede:Curtis Zona de Quiroga e Terra de Lemos Sedes: Quiroga/Folgoso Zona do Ribeiro Sedes: Ribadavia/Avión Zona de Vigo Sede: Redondela Zona O Sar e Caldas Sede: Padrón Zona de A Ulloa Lugo e Chantada Sede: Monterroso Zona de Valdeorras Sede:O Barco Zona Santiago Noia A Barcala Sede: Brión Zona da Mariña Central e Occidental Sede: Cervo Provincia da Coruña: Zona Ortegal-Ferrol Zona Ferrol Eume Zona Bergantiños Zona Muros Xallas Zona Betanzos terra de Melide Ordes Zona O Sar Caldas Zona Santiago Noia A Barcala Cariño Mugardos Cabana de Bergantiños Outes Curtis Padrón Brión Cerdido Ares Laxe Carnota Sobrado Rois Ames Cedeira Cabanas Malpica de Bergantiños Mazaricos Vilasantar Dodro Negreira Mañón Fene Ponteceso Muros Mesía Pontecesures Lousame Ortigueira Neda Coristanco Cesuras Valga Noia Somozas Valdoviño Oza dos Ríos Moeche Aranga Provincia de Lugo: Zona Fonsagrada Meira Zona Terra Chá Lugo Zona Os Ancares Lugo Sarria Zona Mariña Central e Oriental Zona Quiroga e Terra de Lemos Zona A Ulloa Lugo e Chantada Zona Mariña Central e Occidental Baleira Begonte Baralla A Pontenova Folgoso do Courel Antas de Ulla Cervo Fonsagrada Friol Becerreá Trabada Quiroga Guntín Xove Negueira de Muñíz Guitiriz Cervantes Riotorto Ribas de Sil Monterroso Burela Ribeira de Piquín Xermade Navia de Suarna Lourenzá Pobra de Brollón Palas de Rei O Valadouro As Nogais Meira Portomarín Foz Triacastela Pol Taboada Alfoz Pedrafita do Cebreiro Castroverde Provincia de Ourense: Zona Terras de Caldelas e Trives Zona Viana Verín Zona Allariz-Maceda A Limia Zona Baixa Limia Subzona O Ribeiro Subzona O RibeiroAvión Zona Valdeorras Zona Terras de Celanova Castro Caldelas A Gudiña Baños de Molgas Lobeira Ribadavia Avión O Barco de Valdeorras Cartelle Montederramo A Mezquita Maceda Lobios Arnoia Beariz Carballeda de Valdeorras Celanova Parada de Sil Riós Paderne de Allariz Muíños Beade Boborás Petín Gomesende A Teixeira Viana do Bolo Vilar de Barrio Entrimo Castrelo de Miño Leiro Rubiá Quintela de Leirado San Xoán de Río Vilariño de Conso Xunqueira de Ambía Bande Cenlle A Veiga Ramirás Chandrexa de Queixa Taboadela Cortegada Vilamartín de Valdeorras Verea Manzaneda Allariz Melón Pontedeva Xunqueira de Espadañedo Esgos Carballeda de Avia A Bola A Pobra de Trives Pereiro de Aguiar Toén Padrenda A Merca Provincia de Pontevedra: Zona Manc. Val-Miñor Zona Baixo Miño Zona Pontea-reas Zona A Paradanta Ponteve-dra Subzona Tabeiros Terra de Montes Subzona Deza Zona Vigo Zona Sanxenxo Baiona A Guarda Arbo Cotobade A Estrada Lalín Mos O Grove Gondomar O Rosal A Cañiza Ponte Caldelas Campo Lameiro Vila de Cruces Pazos de Borbén Sanxenxo Nigrán Oia Crecente O Covelo Cerdedo Agolada Redondela Meaño Tomiño Mondariz Balneario Fornelos de Montes Cuntis Rodeiro Poio Mondariz A Lama Forcarei Dozón As Neves Soutomaior Teo Ponteareas Vedra Salvaterra de Miño Moraña ANEXO II: MODELO DE FINANCIAMENTO REPARTO DO CUSTO ENTRE AS DISTINTAS INSTITUCIÓNS PARTICIPANTES. GRUPOS DE EMERXENCIA: REPARTOS DE CUSTOS Nº grupos (12 membros) 22 Custo de cada grupo 169.000€ Nº de grupos (16 membros) 3 Custo de cada grupo 252.333€ Servizos municipais de Ponteareas e Sanxenxo e o de Terras de Celanova 3 Custo de cadanseu concello 125.000€ Custo do sistema proposto Grupos 25 (22+3) 4.474.999€ Servizos municipais de Ponteareas e Sanxenxo e o de Terras de Celanova 375.000€ CUSTO ANUAL DOS GES E SERVIZOS MUNICIPAIS 4.849.999€ GASTOS DE FUNCIONAMENTO DOS GES E SERVIZOS MUNICIPAIS 560.000 € REPARTOS DE CUSTOS DA PREVENCIÓN Ano 2013 2014 2015 Nº grupos 25 25 25 Has por grupo 18 36 36 Custo por ha 2.250 2.250 2.250 CUSTE TOTAL PREVENCIÓN 1.012.500 € 2.025.000 € 2.025.000 € CUSTOS ANUAIS: ENTIDADE CUSTO ANUAL *CUSTO 2013 (6 meses) XUNTA DE GALICIA 4.125.000 € 2.062.500 € DEPUTACIÓNS 1.374.999,80 € 687.499,90 € CONCELLOS 1.374.999,80 € 687.499,90 € OUTROS GASTOS 560.000,00 € 280.000 € TOTAIS 7.434.999,60€ 3.717.500 € (*) No ano 2013 os custos calcúlanse para un período de 6 meses ata o 31 de decembro ANEXO III:DOCUMENTO DE ADHESIÓN CONCELLOS. D./Dona ….. , en representación do Concello de…, DECLARA: Que o Pleno (ou órgano competente) do concello…….______________ acordou, con data de_____ do mes de___do ano______, solicitar a adhesión ó Convenio de Colaboración subscrito entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Medio Rural e do Mar , a Deputación de ---------- e a FEGAMP, para o financiamento e mantemento dos grupos de emerxencias supramunicipais, e, en consecuencia, MANIFESTA: A vontade de adherirse formal e expresamente a todas e cada unha das cláusulas do convenio mencionado, asumindo as obrigas e compromisos derivados do mesmo e con suxeición plena a todas elas. En, de de ANEXO IV: ACTUACIÓNS EN MATERIA DE EMERXENCIAS E EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS. 1.Traballos a realizar polos GES. As labores a desenvolver polos grupos GES consistirán na realización dos seguintes traballos: - Intervención en incendios forestais e urbanos no ámbito territorial da súa demarcación. No caso de que na súa demarcación exista parque comarcal de bombeiros, a actuación en incendios urbanos realizarase de xeito coordinado con este. Nos incendios forestais deberan empregarse os vehículos de extinción dispoñibles de acordo coa súa operatividade. - Intervención en situación de risco e de emerxencia para manter a rede de estradas e sen ser responsables do seu mantemento mediante a súa limpeza e retirada de obxectos, especialmente no caso de accidente, utilizando para iso os materiais e medios que se requiran. A responsabilidade derivada das reclamacións patrimoniais que poidan xurdir, será da administración titular da vía na que se produza o sinistro. - Intervención en situacións derivadas de riscos naturais, nevaradas, inundacións, temporais, xeadas, choivas intensas, sismos, derrubamentos, corrementos de terra, situacións de seca, etc. - Colaboración, e no seu caso, intervención en situacións derivadas de riscos inducidos polo home. - Colaboración coas autoridades competentes en materia de protección civil en casos de aglomeracións de persoas en lugares e momentos determinados. As actuacións serán obxectivamente analizadas polo concello sede. - Colaboración e apoio en calquera situación que implique riscos para persoas, bens ou medio ambiente. - Colaborar nas funcións correspondentes dos grupos de acción establecidos nos plans de emerxencia municipal (PEMUS), plans de actuación municipal (PAM) e nos diferentes plans de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia, previstos na normativa legal vixente. - Intervención en incendios forestais no seu ámbito de actuación integrados no dispositivo do SPDCIF e baixo o mando único descrito no PLADIGA. - Os traballos de extinción de incendios forestais serán prioritarios con respecto ós traballos de prevención. - Realización de actividades e, no seu caso, establecemento de medidas preventivas que diminúan ou minimicen as situacións de riscos indicados nos apartados anteriores. - Calquera outra en materia de protección civil, emerxencias e medio ambiente, servizos sociais, sanidade, culturais, educativos e deportivos. - Así mesmo poderán ser requiridos para colaborar na defensa de incendios forestais declarados noutros ámbitos territoriais, dentro da Comunidade Autónoma de Galicia, sen prexuízo da correspondente indemnización polos gastos ocasionados. 2. Medios persoais: Contratación, capacitación, bases de selección e formación do persoal dos GES O artigo 23.2 da Lei 17/2012, de 27 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2013 establece certas limitacións á hora de contratación de persoal temporal, en concreto preceptúa: que “Durante o ano 2013 non se procederá á contratación de persoal temporal, nin ó nomeamento de persoal estatutario temporal ou de funcionarios interinos salvo en casos excepcionais e para cubrir necesidades urxentes e inaprazables que se restrinxirán ós sectores, funcións e categorías profesionais que se consideren prioritarios ou que afecten ó funcionamento dos servizos públicos esenciais.” Non cabe dúbida que os servizos afectados por este convenio son servizos públicos esenciais e que coa prestación do servizo se vai velar pola protección das persoas, dos bens e do patrimonio colectivo ou ambiental. Ningún dos concellos onde se pode actuar contan con persoal contratado especializado ó respecto e os únicos servizos especializados nas comarcas para este tipo de intervencións están ubicados nos Parques comarcais de Bombeiros, o que supón un retraso na intervención por motivo de desprazamento, dependendo do lugar onde se teña que actuar. Ademais vaise intervir ante situacións de emerxencia que en moitas ocasións implican unha intervención inmediata, onde o concello non conta con persoal especializado para iso, e onde o esperar polo persoal do Parque Comarcal de Bombeiros agrava aínda máis a situación, xa que o factor tempo xoga un papel moi importante en determinadas situacións, téndose que minimizar en todo momento o tempo de chegada ó lugar de intervención e a excepcionalidade deriva da adopción dunha serie de medidas preventivas para velar pola protección das persoas e dos bens....e que polo tanto, pola prioridade do servizo e das funcións a realizar, faise necesario. O persoal que forme parte destes grupos deberá contar cunha formación e experiencia en traballos de protección civil, emerxencias, medio ambiente e prevención e defensa contra incendios forestais. A capacitación acreditarase coa formación impartida pola Academia Galega de Seguridade ou outros organismos públicos. A experiencia acreditarase a través de certificacións emitidas polos organismos correspondentes ós que pertenceran os servizos nos que estiveran inscritos e desenvolvendo as súas actividades. Os concellos sede serán os encargados de seleccionar ó persoal mediante un procedemento público de selección, na súa modalidade de concurso-oposición, entre aqueles que cumpran os requisitos previamente expostos. As bases das convocatorias son elaboradas pola Xunta de Galicia e comúns para todos os grupos e públicas. Todos aqueles concellos que á sinatura do correspondente convenio, dispoñan de persoal seleccionado consonte ós principios de publicidade, mérito e capacidade destinado a tarefas de atención ás emerxencias poderán adscribilos ó devandito servizo, e as que non resulten cubertas a través desta adscrición procederán a ser cubertas mediante a modalidade de concurso oposición. As bases axustaranse ó seguinte modelo: CONCELLO DE XXXX. De conformidade co acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local en sesión ordinaria celebrada o día D de XXX de 2013, faise pública a convocatoria para a provisión de DOCE prazas de persoal para o Grupo de Emerxencias Supramunicipal polo sistema de concurso-oposición libre: BASES PARA A PROVISIÓN DE DOCE PRAZAS PERSOAL PARA O GRUPO DE EMERXENCIAS SUPRAMUNICIPAL (PERSOAL LABORAL) PRIMEIRA.-OBXECTO DA CONVOCATORIA É obxecto da presente convocatoria cubrir DOCE PRAZAS PERSOAL PARA O GRUPO DE EMERXENCIAS SUPRAMUNICIPAL (PERSOAL LABORAL polo sistema de concurso-oposición libre. SEGUNDA.-REQUISITOS DOS ASPIRANTES 1. Para seren admitidos á realización das probas selectivas os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos: a) Ser español ou posuír a nacionalidade de calquera dos Estados membros da Unión Europea ou a dalgún dos Estados ós que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores nos termos definidos no Tratado Constitutivo da Unión Europea, en virtude dos Tratados Internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, todo iso nos termos do artigo 57 do Estatuto Básico do Empregado Público. b) Ter cumpridos os 18 anos de idade, e non superar a idade máxima de xubilación. c) Estar en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou graduado escolar ou equivalentes ós efectos laborais (o certificado de escolaridade considérase equivalente ó Graduado Escolar segundo Orde de 20 de xuño pola que se establece a equivalencia do certificado de escolaridade e doutros estudos co título de graduado escolar regulado na Lei 14/1970, de 4 de agosto, xeral de Educación e financiamento da reforma educativa a efectos laborais). d) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións. e) Non ter sido separado do servizo de ningunha Administración Pública en virtude de expediente disciplinario nin atoparse inhabilitado, por sentenza firme, para o exercicio de funcións públicas. f) Estar en posesión do permiso de conducir tipo C. 2. Todos os requisitos esixidos no apartado anterior deberán posuílos os aspirantes no día de remate do prazo para a presentación de solicitudes e conservalos, ó menos, ata a data do seu nomeamento como persoal laboral, no seu caso. TERCEIRA.-SOLICITUDES 1. As persoas que desexen tomar parte nas probas selectivas convocadas deberán facelo constar mediante instancia dirixida ó Sr. Alcalde do Concello de XXXX. A instancia conterá, a lo menos, os datos persoais do solicitante coa súa dirección e a denominación da praza convocada á que opta e farase constar, expresamente, que se reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na Base Segunda da convocatoria. Xunto coa instancia achegarase a documentación que o aspirante desexe que sexa tida en conta na fase de concurso, e conforme ó establecido nos apartados posteriores das presentes Bases. 2. O prazo mínimo para a presentación de solicitudes será de 7 días con publicación na WEB do concello e cando menos, nun dos diarios de maior difusión da provincia. 3. A presentación de solicitudes poderá facerse ben no Rexistro Xeral do Concello de XXXX ou ben en calquera das formas establecidas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común; as solicitudes que se presenten a través da Oficina de Correos deberán entregarse nun sobre aberto para ser selada e datada polo funcionario de correos antes de ser certificada. Neste caso os aspirantes deberán comunicalo mediante telegrama durante o mesmo prazo que o de presentación de instancias. Actuarase de igual xeito, no caso de ser presentada a solicitude noutra Administración Pública. 4. Os aspirantes quedan vinculados ós datos que fixeron constar na solicitude, se ben os erros de feito que poidan advertirse poderán subsanarse ou repararse en calquera momento ben de oficio, ben a instancia de parte. CUARTA.-ADMISIÓN DOS ASPIRANTES 1. Rematado o prazo dos 7 días fixado para a presentación de solicitudes a resolución da alcaldía acordará a aprobación da lista de admitidos e excluídos, con especificación, no seu caso, dos motivos de exclusión, a cal se publicará no taboleiro de anuncios da Casa Consistorial. 2. Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de 3 días, contados a partires do seguinte ó da publicación do acordo, para poder subsanar ou emendar, no seu caso, o defecto que houbera motivado a exclusión. No suposto de producirse reclamacións deberá tomarse novo acordo estimándoas ou desestimándoas con publicación da lista definitiva no Taboleiro de anuncios. No caso de non presentarse reclamacións polos aspirantes excluídos (de existir) a lista publicada terá carácter definitivo. QUINTA.-TRIBUNAL CUALIFICADOR O Tribunal cualificador deste concurso-oposición estará integrado polos membros que de seguido se relacionan: Presidente: - Titular: D. XXXXX - Suplente: Vogais: - Titular: - Suplente:. - Titular - Suplente: - Titular: - Suplente: Secretario: - Titular: - Suplente: Todos os membros dos Tribunais, deberán posuír a titulación ou especialización igual ou superior á esixida para o acceso á praza convocada e terán voz e voto. Os membros dos Tribunais deberán absterse de intervir, comunicándoo ó Sr. Alcalde cando concorran neles algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/92, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, así como cando realizaran tarefas de preparación de aspirantes durante os cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria. Así mesmo os aspirantes poderán recusar ós membros do Tribunal cando nos mesmos concorra algunha das circunstancias previstas para a abstención e de conformidade co establecido no artigo 29 da Lei 30/92. Unha vez constituído o Tribunal tamén poderán incorporarse os outros vogais titulares que non concorreran á sesión constitutiva e, no seu caso, os suplentes. Os membros do Tribunal que asistan ás sesións do mesmo, percibirán dietas pola súa asistencia na contía legalmente establecida, sen prexuízo dos traballos previos de asistencia técnica que poidan realizar os asesores que tamén serán compensados na forma legalmente establecida. SEXTA.-COMEZO DOS EXERCICIOS 1. A data e hora na que deberá constituírse o Tribunal (ós efectos de valoración do concurso e elaboración das probas) será determinada pola Alcaldía mediante acordo, xuntamente coa aprobación da lista definitiva de admitidos e a data da celebración do primeiro exercicio, a cal se publicará mediante anuncio no taboleiro de anuncios do concello. 2. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en chamamento único, quedando decaídos no seu dereito os opositores que non compareceran a realizalo, salvo os casos debidamente xustificados que serán resoltos motivadamente polo Tribunal. 3. Os aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio provistos do DNI, ou documento fidedigno acreditativo da súa personalidade a xuízo do Tribunal, así como dos medios materiais adecuados e necesarios para a práctica dos mesmos. SÉTIMA.-DESENVOLVEMENTO DOS EXERCICIOS DAS PROBAS SELECTIVAS 1. En calquera momento o Tribunal poderá requirir ós opositores para que acrediten a súa identidade. 2. A orde de actuación dos opositores para a realización daqueles exercicios que non poidan facerse de xeito simultáneo, comezará polos que o primeiro apelido corresponda coa letra que determine a Resolución da Consellería de Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública para o ano de celebración dos exercicios. 3. Se en calquera momento do proceso selectivo chegara a coñecemento do Tribunal que algún dos aspirantes non posúe a totalidade dos requisitos esixidos na respectiva convocatoria, previa audiencia do interesado, deberá propoñer ó Sr. Alcalde a súa exclusión indicando as inexactitudes ou falsidades observadas ós efectos procedentes. 4. Concluído cada un dos exercicios da oposición correspondente, o Tribunal fará pública, no Taboleiro de Anuncios, a relación de aspirantes que o superaran con indicación da puntuación obtida. Os opositores non incluídos na lista terán a consideración de non aptos. 5. A relación de aprobados en cada exercicio polo Tribunal deberá publicarse no taboleiro de anuncios, a lo menos con 12 horas de antelación, á nova reunión do Tribunal cando se trate do mesmo exercicio e con 24 horas de antelación cando se trate dun novo exercicio. 6. Dende o total remate dun exercicio ou proba ata o comezo do seguinte deberán transcorrer a lo menos 72 horas e un máximo de 45 días naturais. 7. Contra os acordos do Tribunal poderá interpoñerse recurso administrativo ante o órgano competente conforme ó previsto na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. OITAVA.-COMEZO E DESENVOLVEMENTO DAS PROBAS SELECTIVAS FASE DE OPOSICIÓN: PRIMEIRO EXERCICIO DE CARÁCTER OBRIGATORIO E ELIMINATORIO Consistirá en contestar por escrito a un cuestionario tipo test, ós efectos de dar cumprimento ó prevido no Decreto Lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, de 50 preguntas con respostas alternativas baseadas no contido do programa da convocatoria, durante un período de 70 minutos e determinado polo Tribunal, que se reunirá na data que se acorde no momento da súa constitución, ós efectos da elaboración do mesmo. SEGUNDO EXERCICIO DE CARÁCTER OBRIGATORIO E ELIMINATORIO Consistirá na realización dunha proba práctica sobre as funcións a desenvolver (primeiros auxilios, excarceración de vehículos, incendios, etc.), tendo en conta o temario que figura como Anexo I, e que será determinado polo Tribunal antes da súa realización. TERCEIRO-PROBA DE GALEGO O artigo 35 da Lei 2/2009, de 23 de xullo, de modificación do texto refundido da Lei da función pública de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, establece: “...nas probas selectivas que se realicen para o acceso ás prazas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e das Entidades Locais de Galicia incluirase un exame de galego agás para aqueles que acrediten o coñecemento da lingua galega conforme a normativa vixente...” En cumprimento do sinalado os aspirantes deberán realizar unha proba que consistirá na tradución directa dun texto elixido polo tribunal do castelán ó galego sen axuda de dicionario nun tempo máximo de 30 minutos. Estarán exentos da realización da proba de galego os aspirantes que acrediten, antes de que remate o prazo de presentación de solicitudes, posuír o Celga 2, curso de iniciación ou estudos equivalentes. Este exercicio ten carácter obrigatorio e eliminatorio. FASE DE CONCURSO: O máximo de puntos que se pode obter na fase de concurso non poderá ser superior a 8,00. O tribunal valorará os méritos alegados e xustificados documentalmente polos aspirantes conforme ó seguinte baremo: 1. Méritos Profesionais. a) Por cada mes completo desempeñando un posto de traballo como persoal de GRUMIR ou nos Grupos Municipais de Emerxencias nos últimos catro anos 0,10 puntos ata un máximo de 3 puntos. b) Por cada mes completo prestando, nos últimos catro anos, servizos operativos de intervención directa en emerxencias, accidentes, incendio, e outras labores de salvamento, no ámbito da protección civil municipal ou Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de carácter público0,10 puntos, ata un máximo de 2,5 puntos. c) Por ter prestados servizos en calquera das Administracións Públicas nos últimos catro anos en postos de traballo semellantes ós que se convocan 0,10 puntos por cada mes completo ata un máximo de 0,5 puntos. A estes efectos non se computarán servizos que fosen prestados simultaneamente con outros igualmente alegados e reduciranse proporcionalmente os prestados a tempo parcial ou en períodos de tempo menores ós sinalados. 2. Cursos, seminarios, congresos, xornadas. Participar en actividades formativas, sempre que se atopen relacionadas coas funcións a desenvolver e organizados, ben por unha Administración Pública, unha Universidade ou impartidos por empresas privadas homologados por unha Administración Pública: — Por cursos de 10 a 20 horas de duración: 0,10 puntos. — Por cursos de 21 a 40 horas de duración: 0,20 puntos. — Por cursos de 41 a 100 horas de duración: 0,30 puntos. — Por cursos de máis de 100 horas de duración: 0,50 puntos. Os cursos nos que non se exprese duración ningunha serán valorados coa puntuación mínima. Na acreditación de seminarios permanentes que duren un curso lectivo deberán especificarse o número de horas, no caso contrario valoraranse coa puntuación mínima. No suposto de que a duración do curso se exprese en días, establécese unha equivalencia de 5 horas por cada día de curso. A documentación que haberá de presentarse para xustificar os méritos que se alegan para a súa valoración conforme ó baremo indicado será a seguinte en cada caso: A experiencia profesional como persoal de GRUMIR, protección civil ou en praza ou posto de igual contido no ámbito da administración pública xustificarase: Presentando certificación expedida pola Secretaría ou calquera outro órgano da Administración con competencias en materia de persoal, onde constarán os seguintes datos: —Denominación dos postos de traballo que desempeñarán con expresión do tempo que os ocupara. —Relación xurídica que mantivo ou mantén no desempeño dos postos coa Administración. Para acreditar que se ocupa ou se ocupou praza ou posto de igual ou similar contido, cando non coincidan a denominación dos que se ocuparan co da praza á que se opta, o interesado haberá de achegar certificado no que consten as funcións desenvolvidas. Para acreditar os méritos sinalados nos puntos 2 e 3 do baremo haberá de achegarse fotocopia compulsada dos documentos oficiais que os acrediten. Os puntos obtidos na fase de concurso sumaranse á puntuación obtida na fase de oposición ós efectos de establecer a orde definitiva de aprobados. Estes puntos non poderán ser aplicados para superar os exercicios da fase de oposición. A puntuación máxima a outorgar nos anteriores apartados, será a seguinte: — Méritos profesionais: Máximo 6,00 puntos. — Cursos e Seminarios, etc.: Máximo 2,00 puntos. NOVENA.- CUALIFICACIÓN DOS EXERCICIOS DA OPOSICIÓN Cada un dos exercicios obrigatorios e eliminatorios, serán cualificados de 0 a 10 puntos, sendo necesario para aprobar cada un dos exercicios e acceder ó seguinte obter unha puntuación mínima de cinco puntos. A cualificación final virá determinada pola suma das cualificacións parciais obtidas polos aspirantes que foran superando todos e cada un dos sucesivos exercicios obrigatorios e eliminatorios, non computándose a fase de concurso a todos aqueles aspirantes que non superen a fase de oposición. DÉCIMA.- CUALIFICACIÓN FINAL E RELACIÓN DE APROBADOS 1. A cualificación final obterase sumando a puntuación obtida na fase de concurso e na fase de oposición. Determinada a cualificación final dos aspirantes o Tribunal fará pública a relación de aprobados por orde de puntuación no Taboleiro de anuncios da casa consistorial. 2. O Tribunal, en ningún caso, poderá aprobar nin declarar que superaron as probas selectivas un número superior de aspirantes ó das prazas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido anteriormente será nula de pleno dereito. 3. Porén, o Tribunal ó cualificar cada un dos exercicios non terá en conta a limitación anterior, a cal só se terá en conta para formular á Alcaldía a proposta coa puntuación final, os cales nunca poderán superar o número de prazas convocadas. 4. No caso de empate nas puntuacións totais de dous ou máis aspirantes, este resolverase tendo en conta a maior puntuación obtida no primeiro exercicio e se isto non fora suficiente pola puntuación obtida nos sucesivos exercicios ata que o empate se resolva. De persistir o empate este resolverase mediante sorteo que se realizará en presenza dos interesados. DÉCIMO PRIMEIRA.- ACHEGA DE DOCUMENTOS POLOS ASPIRANTES PROPOSTOS, NOMEAMENTO E TOMA DE POSESIÓN Os aspirantes propostos presentarán, dentro do prazo de vinte días naturais contados a partires da publicación da relación de aprobados, os documentos acreditativos de capacidade e requisitos esixidos na convocatoria. —Documento Nacional de Identidade mediante fotocopia compulsada por ambos os dous lados. —Declaración xurada de non ter sido separado do servizo das Administracións Públicas e non estar incurso en algunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade determinadas na lexislación vixente. —Certificado médico de non padecer enfermidade que inhabilite para o exercicio da función. —Fotocopia compulsada do carné de conducir esixido na convocatoria. Dentro do prazo indicado, e agás os casos de forza maior, os aspirantes propostos que non presenten a súa documentación ou non reunisen os requisitos esixidos, non poderán ser contratados e quedarán anuladas todas as súas actuacións, sen prexuízo das responsabilidades nas que incorrese por falsidade na instancia na que solicita tomar parte no concurso-oposición. DÉCIMO SEGUNDA.- CARÁCTER VINCULANTE DAS BASES As bases xerais e específicas desta convocatoria vinculan á administración municipal, ós tribunais cualificadores e ós aspirantes que participen no proceso selectivo convocado. DÉCIMO TERCEIRA.- INCIDENCIAS O Tribunal deste proceso selectivo queda facultado para a interpretación das bases da convocatoria, así como para resolver cantas dúbidas e incidencias produza a súa aplicación, a cuxo efecto poderá adoptar os acordos necesarios procurando a boa orde e desenvolvemento do proceso selectivo. DÉCIMO CUARTA.-LISTA RESERVA Con todos aqueles aspirantes que non sexan propostos para a súa contratación, e superaran todos os exercicios, elaborarase unha lista reserva, por orde decrecente de puntuación, os cales poderán ser chamados para futuras contratacións, derivadas de baixas, substitucións, etc. A lista terá unha vixencia de ata o 31 de decembro de 2015. Se un aspirante renuncia á contratación será borrado da lista. Se presenta a súa renuncia durante a vixencia do contrato pasará a ocupar o último lugar da lista. Os aspirantes que estiveran contratados, unha vez rematado o período de contratación, volverán a ocupar o lugar que tiñan na lista por orde de puntuación. DÉCIMO QUINTA.-RECURSOS As presentes Bases e cantos actos administrativos se deriven delas, e da actuación do Tribunal, poderán ser impugnadas polos interesados ante o órgano da xurisdición contencioso-administrativa competente, conforme á Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da Xurisdición Contenciosa-Administrativa, no prazo de dous meses, contados dende a data do día seguinte da última publicación destas. Así mesmo, poderá presentarse o recurso potestativo de reposición ante o Sr. Alcalde-Presidente, no prazo dun mes a contar dende a mencionada publicación, ou calquera outro recurso que se considere procedente, conforme ó establecido na Lei 30/92, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. ANEXO I – TEMARIO 1. Protección civil. Funcións básicas e organización da protección civil en Galicia. Capítulos IV a VI do Plan Territorial de Emerxencias de Galicia. 2. Planificación en protección civil: Plans de emerxencia municipal. 3. Incendios urbanos: teoría do lume, tipos de lumes, equipos e medios contra incendios. 4. Incendios forestais: tipos de incendios forestais, comportamento do lume, actuacións de prevención, métodos e medios de extinción. 5. Accidentes de tráfico e excarceración. 6. Mercadorías perigosas: clasificación, principais riscos, identificación, transporte e intervención en accidentes con mercadorías perigosas. 7. Fundamentos de primeiros auxilios: conceptos e clases, soporte vital básico e atención inicial nas emerxencias. 8. Plans de autoprotección: contido mínimo dos plans de autoprotección (Decreto 171/2010, de 1 de outubro, sobre plans de autoprotección na Comunidade Autónoma de Galicia). Unha vez superado o proceso de selección, e con carácter previo ó seu ingreso no grupo, os admitidos realizarán un curso de carácter teórico-práctico que se impartirá pola Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP). O curso selectivo responde ó seguinte modelo: DATOS XERAIS DO CURSO 1. Familia Profesional: Seguridade e Medio Ambiente. Área Profesional: Protección Civil 2. Denominación do curso: INTERVENCIÓN EN EMERXENCIA 3. Código 4. Tipo de curso: ESPECÍFICO 5. Obxectivo xeral: Formación do persoal dos grupos de emerxencia supramunicipal para o exercicio da súa actividade laboral de intervención en incendios forestais e urbanos, accidentes de tráfico, situacións derivadas de riscos naturais e calquera outra tarefa en materia de protección civil e emerxencias. 6. Requisitos do profesorado: 6.1. Nivel académico: titulación universitaria, (Preferentemente...) na súa falta, capacitación profesional equivalente na ocupación relacionado co curso. 6.2. Experiencia profesional:Deberá ter 2 anos de experiencia na ocupación. 6.3. Nivel pedagóxico: Formación metodolóxica, ou ben experiencia docente. 7. Requisitos de acceso do alumno: 7.1. Nivel académico ou de coñecementos xerais: Estar en posesión de polo menos o título de graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou titulación equivalente. Estar en posesión do carné de conducir da clase C. 7.2. Nivel profesional ou técnico: Non se require 7.3. Condicións físicas: • Condicións físicas: carencia de afeccións, integridade física, resistencia física, forza, destreza manual, coordinación visión motora, rapidez de reflexos. “Aquelas que non impidan o normal desenvolvemento da profesión”. 8. Número de alumnos: 12 alumnos por edición, sen prexuízo de que por razóns operativas poida superarse este número ó realizar conxuntamente a formación de varios GES. 9. Relación secuencial de módulos formativos: • INCENDIOS URBANOS E INDUSTRIAIS (28 horas) • INCENDIOS FORESTAIS (14 horas) • ACCIDENTES DE TRÁFICO (21 horas) • PRIMEIROS AUXILIOS (7 horas) 10. Duración: Prácticas…………………………………………………………………....50 horas Contidos teóricos……………………………………………………….... 20 horas Total……………………………………………………………………... 70 horas Dúas semanas en sesións de 7 horas/diarias de luns a venres. 11. Equipo, material. 11.1 Equipo e maquinaria: • Dotación completa de medios de protección contra incendios de tipo manual (extintores, mangueiras, batelumes, antorchas de goteo). • Paneis sinópticos explicativos do funcionamento do sistema de detección de incendios, alarma e extinción automática. • Radio transmisores. • Equipo de primeiros auxilios. • Equipo portátil de bombeo. • Grupos electróxenos. • Autobombas urbana e forestal. • Equipo de corte en frío (cizallas, radiais, etc.). 11.2. Material de consumo: • Folios. • Cadernos. • Bolígrafos. • Lápis. 11.3 Material didáctico. • Manual básico do curso. • Caderniño de ponencias. 11.4 Elementos de protección.No desenvolvemento das prácticas utilizaranse os medios necesarios de seguridade e saúde laboral e observaranse as normas legais ó respecto. DATOS ESPECÍFICOS DO CURSO Denominación do módulo nº 1: INCENDIOS URBANOS E INDUSTRIAIS Obxectivo do módulo: • IDENTIFICAR os tipos de combustión. • COÑECER os equipos de protección individual. • IDENTIFICAR tipos axentes extintores. • IDENTIFICAR tipos de instalacións de auga. • IDENTIFICAR tipos de bombas. • COÑECER a conducción de vehículos de emerxencias e o seu posicionamento. • COÑECER os distintos tipos de bombas, o seu funcionamento, o seu uso e necesidades de mantementos. • COÑECER os procedementos de actuación en incendios urbanos e industriais. Duración do módulo: 28 horas. Contidos formativos do módulo: A) Prácticas • Prácticas de tendidos de mangueiras. • Prácticas de mantemento de bombas e impulsión. • Prácticas de conducción e de posicionamento de vehículos. • Prácticas de desprazamento en lugares de visibilidade reducida. • Prácticas de extinción de vehículos. Prácticas de actuación en materias perigrosas. • Prácticas de extinción de incendios de gases. B) Contidos teóricos • Tipos de combustión. • Equipos de protección individual. O traxe de intervención. El ERA: partes, uso e mantemento. • Axentes extintores: espumas, extintores portátiles, auga. • Instalacións de auga: mangueiras, hidrantes, columnas secas e BIE. • Traxes de aproximación e de penetración ó lume. Traxes NBQ. • Bombas, bombas de achique e turbobombas. Uso e mantemento. • Intervención con risco eléctrico. • A química do lume. • Axentes extintores. • Localización do foco. • Orientación, búsqueda e rescate. • Equipos de respiración asistida. • Entradas forzosas. • Risco químico. Identificación de mercancías perigosas. Denominación do módulo nº 2: INCENDIOS FORESTAIS Obxectivo do módulo: • IDENTIFICAR os factores que afectan ó comportamento dun lume forestal. • COÑECER os métodos e medios de prevención e extinción de incendios forestais. • COÑECER os procedementos de actuación en incendios forestais. • COÑECER as normas de seguridade na prevención e extinción de incendios forestais. Duración do módulo: 14 horas. Contidos formativos do módulo: A) Prácticas • Prácticas de identificación das partes dun lume forestal. • Prácticas de extinción mediante ataque directo con ferramentas manuais. • Prácticas de extinción mediante ataque directo con liña de auga. • Prácticas de extinción mediante ataque indirecto: a queima do ensanche e o contralume. B) Contidos teóricos • A prevención de incendios forestais: actuación sobre os combustibles forestais. • A detección de incendios forestais: o proceso de comunicación. • Medios para a extinción de incendios forestais. • Métodos de extinción de incendios forestais. • Organización do combate: etapas, primeiro ataque e ataque ampliado. • Situacións de perigo e normas de seguridade. Denominación do módulo nº 3: ACCIDENTES DE TRÁFICO Obxectivo do módulo: • COÑECER os procedementos de intervención en accidentes de tráfico. Duración do módulo: 21 horas. Contidos formativos do módulo: A) Prácticas • Prácticas vehículos. • Desencarcelación, excarcelacións e simulacións. B) Contidos teóricos • Introducción ós accidentes de tráfico. • Coordinación en accidentes de tráfico. • Seguridade pasiva. • Estabilización de vehículos. • Seguridade persoal en accidentes de tráfico. • Sistemática de intervención en accidentes de tráfico prácticas con vehículos. Denominación do módulo nº 4: PRIMEIROS AUXILIOS Obxectivos do módulo: • COÑECER procedementos a seguir en primeiros auxilios. • IDENTIFICAR tipos de queimaduras. • IDENTIFICAR tipos de traumatismos. • IDENTIFICAR outros tipos de lesións e feridas. Duración do módulo: 7 horas Contidos formativos do módulo: A) Prácticas • Reanimación: tipos. • Rescates con feridas. • Rescates de interior de vehículos. • Desencarcelación, excarcelacións e simulacións. B) Contidos teóricos • Queimaduras. • Alteracións eléctricas. • Afogamentos. • Traumatismos craneoencefálicos, médulas, torácico-abdominais. • Reanimación cardiopulmonar. • Feridas e hemorraxias. • Luxacións e contusións. • Torceduras. • Pautas de actuación en accidentes de tráfico. • Equipos de corte e separación. • Equipos hidráulicos. • Excarcelacións. 3. Medios materiais Co fin de proporcionar un servizo de calidade, axustado ás tarefas a desenvolver expostas no apartado 1 do presente anexo, cada GES contará con: • Un vehículo todoterreo que permanecerá en perfectas condicións mecánicas e de dotación e estará ó corrente en toda a documentación obrigatoria do mesmo, cumprindo coas obrigas administrativas que leva aparelladas en materia de inspección técnica (ITV), pólizas de seguro, impostos, etc. • Batelumes, ferramentas e equipos de protección individuais (EPIs) necesarios para realizar a súa función. As características técnicas mínimas dos EPIs serán as marcadas polo “Comité de Lucha contra Incendios Forestales” (CLIF) e polo Plan de Incendios Forestais de Galicia (Pladiga). • Os vehículos de extinción dispoñibles de acordo coa súa operatividade. En canto a roupa de traballo, os membros dos GES vestirán un uniforme axeitado ás características do seu traballo, na que figurará de forma visible a denominación “GES” e a zona de intervención, segundo o modelo que se definirá pola Xunta de Galicia. 4. Dirección e coordinación dos traballos A coordinación técnica, en función das características da emerxencia ou da extinción dos incendios forestais, será cos servizos contra incendios, cos distritos forestais e/ou coa Central de atención as emerxencias 112- Galicia. A coordinación ordinaria levarase polo concello na que estea situada a base do grupo, tendo presente sempre o seu carácter supramunicipal. Durante a extinción dos incendios forestais, todos os medios asignados ó mesmo estarán ás ordes do Director Técnico de Extinción, que é o responsable máximo da dirección de extinción do incendio. Deste xeito cúmprese co principio de mando único reflectido polos artigos 48.3 e 48.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, modificada pola Lei 7/2012, de 28 de xuño, de Montes de Galicia. 5.Alcance e ámbito territorial. Cada GES realizará os traballos de intervención na extinción de incendios e emerxencias no ámbito supramunicipal delimitado pola súa zona de actuación conforme ó establecido no anexo I. Así mesmo poderán ser requiridos para colaborar na defensa de incendios forestais declarados noutros ámbitos territoriais, dentro da Comunidade Autónoma de Galicia, sen prexuízo da correspondente indemnización polos gastos ocasionados. Os grupos terán que ter unha operatividade de 24 horas os 365 días do ano. A tales efectos, terán de forma presencial, como mínimo, dous efectivos en disposición de saída para as emerxencias. 6.Dotación orzamentaria. Estes traballos serán financiados pola Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Consellería do Medio Rural e do Mar. No que atinxe á Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a través da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior a contribución ó financiamento das devanditas accións fíxase en cento cincuenta mil euros (150.000€) para o ano 2013, trescentos mil (300.000 €) para o ano 2014 e trescentos mil (300.000 €) para o ano 2015, financiándose con cargo ós orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia. No que atinxe á Consellería do Medio Rural e do Mar, a través da Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes a contribución ó financiamento das devanditas accións fíxase en novecentos mil euros (900.000 €) para o ano 2013, un millón oitocentos mil euros (1.800.000€) para o ano 2014 e un millón oitocentos mil euros (1.800.000€) para o ano 2015, financiándose con cargo ós orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia. No que atinxe á Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a través da Dirección Xeral de Administración Local a contribución ó financiamento das devanditas accións fíxase en douscentos oitenta mil euros (280.000 €) para o ano 2013, cincocentos sesenta mil euros (560.000,00 €) para o ano 2014 e cincocentos sesenta mil euros (560.000,00€) para o ano 2015, financiándose con cargo ós orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia. 7. Xustificación dos traballos e libramento de fondos da Xunta á FEGAMP. A documentación xustificativa deberá estar en poder da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes e da Dirección Xeral de Administración Local antes do 5 de decembro de cada ano. O libramento dos fondos á Federación Galega de Municipios e Provincias pola Xunta de Galicia, someterase ó seguinte réxime de pago: a) Polo que respecta á Consellería do Medio Rural e do Mar, anualmente librarase un primeiro pago anticipado do 100%, que será aboado á sinatura do convenio, de acordo ó establecido no artigo 63.1 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. Este anticipo farase con cargo ós fondos propios libres do código de proxecto: 2011.00771. b) Polo que respecta á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, librarase anualmente un primeiro pago anticipado do 50% da totalidade da axuda, que será aboado á sinatura do convenio, de acordo ó establecido no artigo 63.1 do Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro. c) Polo que respecta á Dirección Xeral de Administración Local, librarase anualmente un primeiro pago anticipado do 50% da totalidade da axuda, que será aboado á sinatura do convenio, de acordo ó establecido no artigo 63.1 do Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro. Para a xustificación, remitirase por parte da FEGAMP, á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, á Dirección Xeral de Administración Local e á Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes os documentos seguintes: • Certificación xustificativa das actuacións e gastos realizados: o pago da axuda efectuarase unha vez xustificadas as actuacións obxecto do convenio e de acordo co previsto nos artigos 28.5 e 29.2 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia, por medio de certificación emitida pola intervención ou órgano que teña atribuídas as facultades de control contable, na que se indique o cumprimento do obxecto do convenio, o pago efectivo do gasto realizado, as contratacións e altas na seguridade social dos traballadores que forman parte do GES. • Relación nominal dos compoñentes do GES, con especificación do responsable e un número de teléfono de contacto. • Declaración de axudas solicitadas ou concedidas para esta mesma finalidade; en caso de non ter ningunha axuda, deberase presentar unha declaración de que só se percibe este importe para esta finalidade (a presentar no ingreso do anticipo e na xustificación final). • Certificación do secretario da Federación Galega de Municipios e Provincias, co visto e prace do seu presidente, do cumprimento do obxecto do presente convenio, baseada nas certificacións anteriores. En particular, a certificación detallará que se efectuaron as contratacións e altas na Seguridade Social dos traballadores que forman parte da estrutura do GES en cada un dos concellos implicados. • Conta xustificativa cos gastos realizados no que se inclúa: relación clasificada dos gastos de persoal, identificando o persoal e a relación de salario bruto e custe de seguridade social; e, de ser o caso; unha relación clasificada doutros gastos de funcionamento. • Documentos xustificativos de gastos e pagamentos. No caso de existir fondos remanentes, logo da xustificación dos concellos, serán devoltos pola FEGAMP ó Tesouro da Comunidade Autónoma de Galicia, no prazo dun mes a contar dende que remata o prazo para transferir as axudas por parte da FEGAMP ós concellos. ANEXO V: ACTUACIÓNS EN MATERIA DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS NOS ENTORNOS POBOACIONAIS 1. ÁMBITO DE ACTUACIÓN Cada GES realizará os traballos de prevención de incendios no ámbito supramunicipal delimitado pola súa zona de actuación, conforme ó establecido no Anexo I. 2. FUNCIÓNS. En materia de prevención de incendios realizaranse labores encamiñados a diminuír o risco de propagación e minorar os danos dos incendios forestais, no caso de producirse. Estes traballos consistirán na xestión da biomasa nos estratos arbóreos, arbustivos e subarbustivo mediante a roza. Os restos procedentes destes traballos serán recollidos, apilados e eliminados mediante trituración ou sistemas similares. En cada zona de actuación realizaranse 36 ha/ano destes traballos. 3. LOCALIZACIÓN DOS TRABALLOS. Os traballos descritos no punto anterior desenvolveranse en terreos de faixas de xestión de biomasa de titularidade municipal ou de propietarios descoñecidos. A localización dos mesmos farase en parcelas nas que se teña realizado unha análise de propiedade ou naquelas nas que unha certificación do concello acredite que non se dispón de información ou documentación que permita identificar ó seu propietario. Os traballos preventivos a realizar designaranse en función do programa de actuación presentado polo concello sede que deberá conter alomenos unha cartografía con planos sobre mapas oficiais, preferentemente a escala 1:25:000, ou no seu defecto 1:50:000 no que se reflictan as actuacións. Este programa de actuación será revisado e aprobado por unha comisión de seguimento formada polo xefe territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar correspondente (ou persoa en quen delegue), o alcalde do concello sede, ou persoa en quen delegue, e o xefe do Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais correspondente, ou persoa en quen delegue. As actuacións a realizar atenderán ó previsto na planificación do Distrito Forestal en materia preventiva e a súa proximidade á instalación-base do GES tomando como referencia o tempo que se tarde en regresar a ela para reaccionar ante unha emerxencia. 4.GASTOS SUBVENCIONABLES. Con carácter xeral deberá terse en conta o disposto no Decreto 1852/2009, do 4 de decembro, polo que se establecen os criterios para subvencionar gastos no PDR financiados con FEADER. En todo caso, son gastos subvencionables aqueles que de xeito indubidable respondan á natureza da actividade subvencionada neste convenio. O IVE non será subvencionable. Os gastos non elixibles serán soportados polo concello sede do GES. 5.FINANCIAMENTO Estes traballos serán financiados pola Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes con cargo á aplicación orzamentaria 12.20.551.B.760.0, código de proxecto: 2011 00 770, co seguinte reparto anual: un millón doce mil cincocentos euros (1.012.500 € ) para o ano 2013, dous millóns vinte e cinco mil euros (2.025.000 €) para o ano 2014 e dous millóns vinte e cinco mil euros (2.025.000 €) para o ano 2015. Serán cofinanciados co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) nun 75%. A porcentaxe máxima a subvencionar será do 100% do investimento elixible ou subvencionable, cun importe máximo de DOUS MIL DOUSCENTOS CINCUENTA EUROS por hectárea (2.250 €/ha). 6.ACREDITACIÓN DE GASTOS Para os efectos do disposto no artigo 29 punto 2º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e dado que existen módulos para cada unidade de obra que supoñen que, en ningún caso, o custo de execución dos traballos subvencionados poida ser superior ó valor de mercado, considérase gasto realizado o que foi efectivamente comprobado por dous funcionarios da Consellería do Medio Rural e do Mar. A acreditación a través de módulos para cada unidade de obra está prevista na normativa vixente, en concreto: a) O número de medidas do PDR nas que se contempla esta posibilidade, que son estritamente as contempladas no artigo 53 do Regulamento (CE) nº 1974/2006, que establece no seu apartado 1 o seguinte: “Cando proceda, os Estados membros establecerán a contía das axudas previstas nos artigos 31, 37 a 41 e 43 a 49 do Regulamento nº 1698/2005 baseándose en custos estándar e hipóteses estándar de perdas de ingresos. Entre estas axudas, atópanse as medidas destinadas á utilización sostible das terras forestais (medidas 222, 223, 226 e 227). b) Ademais, o artigo 53 esixe o cumprimento dunha serie de requisitos no seu apartado 2 para o establecemento desta posibilidade, ó dispoñer que os estados membros cercioraranse de que os cálculos e as axudas correspondentes: a) conteñen tan só elementos verificables. b) baséanse en cifras determinadas polos expertos pertinentes. c) indican claramente a fonte das cifras. d) diferéncianse en función das condicións rexionais ou locais e a utilización real das terras, segundo proceda. e) no caso das medidas contempladas nos artigos 31, 37 a 40 e 43 a 47 (entre estas, as destinadas á utilización sostible das terras forestais) do Regulamento (CE) nº 1698/2005, non conteñen elementos vinculados a custos fixos de investimento. Tamén, o artigo 28 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia contempla expresamente esta posibilidade como unha modalidade de xustificación do gasto. O regulamento autonómico, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro desenvolve esta previsión nos artigos 52 a 55. O pagamento será satisfeito unha vez realizada e comprobada a obra preventiva. A FEGAMP remitirá á Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes antes do 31 de outubro dos anos 2013 e 2014 e antes do 30 de xuño de 2015, en relación coa actuación de cada GES os documentos seguintes: a) Unha memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións do convenio, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos. b) Unha memoria económica xustificativa que conterá, como mínimo, os seguintes extremos: - Acreditación sobre o número de unidades físicas consideradas como módulo. - Contía da subvención calculada sobre a base das actividades cuantificadas na memoria de actuación e os prezos das unidades de obra previstos nesta subvención. Así mesmo, de conformidade co disposto no artigo 62.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, poderán realizarse pagos fraccionados que responderán ó ritmo de execución das accións subvencionadas sen que, conxuntamente cos pagamentos anticipados, superen o 80% da porcentaxe subvencionada correspondente ós pagamentos xustificados. Por parte da Consellería do Medio Rural e do Mar: Dous funcionarios desta Consellería expedirán certificación na cal se indique se as obras realizadas foron executadas conforme ó programa de actuación aprobado pola comisión de seguimento, especificando os lugares e número de hectáreas realizadas. Con esta certificación poderase modificar á baixa a cantidade aprobada inicialmente, no caso de que se realice un número menor de unidades de obra das aprobadas. A redución anterior virá incrementada gradualmente, do seguinte xeito: Os pagos calcúlanse sobre a base do que se considera elixible. Cada unidade xestora determinará: a) O importe que se pode conceder ó beneficiario en función exclusivamente da solicitude de pagamento. A tal efecto tomaranse en consideración a suma dos importes de gastos que o beneficiario presenta como xustificación da operación aprobada. b) O importe que se pode conceder ó beneficiario logo de controlar a elixibilidade dos gastos que o beneficiario presenta como xustificación da operación aprobada. A cantidade a pagar ó beneficiario será a definida no importe b). Cando o importe a) supere ó importe b) en máis dun 3% a cantidade a pagar é igual ó importe b) menos a diferenza entre os dous importes. Esta redución non se aplica cando o beneficiario poida demostrar que non é responsable da inclusión do importe non elixible. O órgano xestor poderá comprobar o valor de mercado dos gastos subvencionables conforme ó disposto no artigo 24.2 do Regulamento 65/2011, da Comisión, do 27 de xaneiro de 2011 polo que se establecen as disposicións de aplicación do regulamento (CE) 1698/2005 e no artigo 30.5 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia. Emitirase certificación expedida na cal se indique se as obras realizadas foron executadas conforme ó programa de actuación aprobado pola comisión de seguimento, especificando os lugares e número de hectáreas realizadas. A Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes resérvase o dereito de solicitar canta documentación considere precisa, en relación coa xustificación dos gastos. 4.6355.- EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS Nº 1/2013 DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA: CRÉDITO EXTRAORDINARIO “EXT. 01/13” E SUPLEMENTO DE CRÉDITO “SUP. 01/13” Sr. Presidente.- Punto número 4. Expediente de modificación de créditos nº 1/2013 da Deputación de Pontevedra: crédito extraordinario “EXT. 01/13” e suplemento de crédito “SUP. 01/13”. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra a través de escrito de data 22 de maio de 2013, propón ó Pleno a aprobación do expediente de modificación de créditos número 1/2013 da Deputación de Pontevedra (que integra o expediente de crédito extraordinario “EXT. 01/13” e o de suplemento de crédito “SUP.01/13”) dentro do vixente orzamento provincial, motivando a tramitación do mesmo pola necesidade de realizar gastos que non se poden demorar ata o exercicio seguinte ó non existir consignación suficiente no estado de gastos do orzamento corrente ou sendo esta insuficiente para facer fronte ós mesmos. Resultando que o informe de Intervención de data 22 de maio de 2013 reflicte que estes expedientes cumpren cos requisitos previstos na normativa de aplicación, tanto en relación cos gastos que se pretenden financiar como cos recursos que os financian, así como que a súa tramitación respecta o equilibrio orzamentario. Considerando o disposto no artigo 177 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, nos artigos 34 a 38 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril e nas bases 7ª e 8ª de execución do orzamento 2013, en canto a competencia e tramitación a seguir na aprobación do expediente de modificación de créditos número 1/2013 da Deputación de Pontevedra, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: Primeiro: Aprobar o expediente de modificación de créditos número 1/2013 da Deputación de Pontevedra (integrado polo expediente de crédito extraordinario “EXT. 01/13” e polo de suplemento de crédito “SUP. 01/13”) co seguinte detalle: A) Expediente de crédito extraordinario “EXT. 01/13”: O detalle do expediente é o seguinte: APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE 931-425-489,00 OUTRAS TRANSFERENCIAS, FUNDACIÓN-AXENCIA I. ENERXIA DE VIGO 40.665,00 € 942-135-462,05 TRANSFERENCIAS A CONCELLOS - GRUPOS EMERXENCIAS SUPRAMUNICIPAIS (CONVENIO CON: XUNTA, FEGAMP, CONCELLOS) 158.334,00 € Total Créditos Extraordinarios... 198.999,00 € O expediente finánciase con aforro propio procedente de exercicios anteriores, remanente líquido de tesourería para gastos xerais, contabilizándose as seguintes operacións: CONCEPTOS DE INGRESO DENOMINACIÓN IMPORTE 931-870,01 Remanente de Tesourería - Aplicado para financiar Créditos Extraordinarios… 198.999,00 € B) Expediente de suplemento de crédito “SUP. 01/2013” O detalle do expediente é o seguinte: APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE 232-232-213,00 REPARACIÓN M. CONSERVACIÓN - MAQUINARIA INST. UTILLAXE (Centro P. Felipe) 60.000,00 € 232-232-221,03 COMBUSTIBLES E CARBURANTES - SUBMINISTROS (Centro P. Felipe) 100.000,00 € 232-232-221,15 MATERIAL TÉCNICO ESPECIAL - SUBMINISTROS (Centro P. Felipe) 50.000,00 € 232-232-226,99 GASTOS DIVERSOS - OUTROS (Centro P. Felipe) 25.000,00 € 232-232-227,20 TRABALLOS R. OUTRAS EMPRESAS - CAMPAMENTOS POLIDEPORTIVOS (Centro P. Felipe) 15.000,00 € 232-232-227,99 TRABALLOS R. OUTRAS EMPRESAS -VARIOS (Centro P. Felipe) 42.000,00 € 232-232-623,01 MAQUINARIA -ADQUISICIÓN (Centro P. Felipe) 8.500,00 € 232-232-632,03 EDIFICIOS E OUTRAS CONSTRUCIÓNS - MELLORAS (Centro P. Felipe) 96.000,00 € 411-412-622,03 EDIFICIOS E OUTRAS CONSTRUCIÓNS -NOVO LABORATORIO (FINCA MOURICADE) 549.884,00 € 433-430-131,00 PERSOAL LABORAL TEMPORAL, REMUNERACIÓNS (POUSADAS -ESCAVACIÓNS ARQUEOLÓXICAS) 81.107,00 € 433-430-160,01 SEGURIDADE SOCIAL, PERSOAL LABORAL (POUSADAS -ESCAVACIÓNS ARQUEOLÓXICAS) 28.145,00 € 456-450-131,00 PERSOAL LABORAL TEMPORAL, REMUNERACIÓNS (INFRAESTRUTURAS -ESCAVACIÓNS ARQUEOLÓXICAS) 188.475,00 € 456-450-160,01 SEGURIDADE SOCIAL, PERSOAL LABORAL (INFRAESTRUCTURAS -ESCAVACIÓNS ARQUEOLÓXICAS) 69.044,00 € 921-920-121,01 COMPLEMENTO ESPECÍFICO 29.590,00 € 921-920-150,00 PRODUCTIVIDADE 130.220,00 € 921-920-151,00 GRATIFICACIÓNS 7.166,00 € 922-933-225,02 TRIBUTOS LOCAIS (ICIO MUSEO E ARQUIVOS) 100.800,00 € 924-924-227,99 TRABALLOS R. OUTRAS EMPRESAS - VARIOS (XESTIÓN REDES SOCIAIS) 72.255,00 € 932-932-226,04 GASTOS XURÍDICOS CONTENCIOSOS (ORAL) 60.000,00 € 932-932-622,03 EDIFICIOS E OUTRAS CONSTRUCIÓNS (ORAL) 40.000,00 € 942-134-467,01 TRANSFERENCIAS A CONSORCIOS EXTINCIÓN INCENDIOS (ACHEGAS CONSORCIO DEZA E TABEIROS) 280.161,00 € 942-241-622,01 EDIFICIOS E OUTRAS CONSTRUCIÓNS,(PROXECTO "VIVEIRO DE EMPRESAS-FUNDACIÓN INCYDE") 300.000,00 € Total Suplementos de Créditos... 2.333.347,00 € O expediente finánciase con aforro propio procedente de exercicios anteriores, remanente líquido de tesourería para gastos xerais, contabilizándose as seguintes operacións: CONCEPTOS DE INGRESO DENOMINACIÓN IMPORTE 931-870,02 Remanente de Tesourería - Aplicado para financiar Suplementos de Crédito (SUP. 03/12) 2.333.347,00 € TOTAL... 2.333.347,00 € O resumo das modificacións por capítulos é o seguinte: Capítulo 1º Gastos de persoal 533.747,00 € Capítulo 2º Gastos en bens correntes e servizos 525.055,00 € Capítulo 3º Gastos financeiros 0,00 € Capítulo 4º Transferencias correntes 479.160,00 € Capítulo 6º Investimentos reais 994.384,00 € Capítulo 7º Transferencias de capital 0,00 € Capítulo 8º Activos financeiros 0,00 € Capítulo 9º Pasivos financeiros 0,00 € TOTAL VARIACIÓNS POR CAPÍTULOS... 2.532.346,00 € Segundo: o expediente de modificación de créditos número 1/2013 da Deputación de Pontevedra (integrado polo expediente de crédito extraordinario “EXT. 01/13” e polo de suplemento de crédito “SUP. 01/13”) será exposto ó público, para os efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. 5.6356.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PSdeG-PSOE SOBRE A REFORMA DA LEI ORGÁNICA DO PODER XUDICIAL Sr. Presidente.- Punto número 5. Moción do Grupo Provincial do PSdeG-PSOE sobre a reforma da Lei orgánica do poder xudicial. Propoño que quede sobre a mesa. Queda sobre a mesa Moción do Grupo Provincial do PSdeG-PSOE sobre a reforma da Lei Orgánica do Poder Xudicial. 6.6357.- DECLARACIÓN CONXUNTA SOBRE A SITUACIÓN DA EMPRESA PESCANOVA Sr. Presidente.- Punto 6. Declaración conxunta sobre a situación da empresa Pescanova. Tamén queda sobre a mesa pendente de que estean todos os grupos. Queda sobre a mesa Declaración conxunta sobre a situación da empresa Pescanova. 7.6358.- ASUNTOS FÓRA DA ORDE DO DÍA Sr. Presidente.- Fóra da orde do día. A) ACORDO CONXUNTO DOS GRUPOS POLÍTICOS DA CORPORACIÓN PROVINCIAL EN RELACIÓN COA BUSCA DE SOLUCIÓNS E APOIO ÓS AFECTADOS POLAS PREFERENTES, SUBORDINADAS E OUTROS HÍBRIDOS FINANCEIROS O Pleno acorda, por unanimidade, aprobar o acordo conxunto dos tres grupos políticos da Corporación Provincial en relación coa busca de solucións e apoio ós afectados polas preferentes, subordinadas e outros híbridos financeiros. Dito acordo é o seguinte: “Os grupos da Corporación Provincial de Pontevedra, no seu compromiso coa busca de solucións para que os afectados polas preferentes, subordinadas e outros híbridos financeiros poidan recuperar a totalidade dos seus aforros, acordan: 1º.- Reclamar que se paralice a aplicación das quitas ós afectados. 2º.- Demandar que se suspenda o Real Decreto que estableceu a obrigatoriedade das quitas para os tenedores de participacións preferentes e subordinadas. 3º.- Solicitar unha entrevista co ministro De Guindos e unha representación dos afectados. 4º.- Que se promovan todas as medidas tendentes a que os afectados recuperen o 100% dos seus aforros.” b) Parte de información e control: 8.6359.- DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS PRESIDENCIAIS Sr. Secretario.- De extractos de Resoluciones Presidenciales desde el 23 de abril al 27 de mayo; y luego, dar cuenta de Resolución Presidencial de delegación en la diputada Doña Begoña Estévez de competencias de la Presidencia en materia de contratación y en materia de personal. Queda enterado o Pleno das seguintes: A) De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas pola Presidencia entre os días 23 de abril e o 27 de maio do ano 2013 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. B) De Resolución Presidencial de data 29 de maio de 2013, delegando na Deputada Dona Begoña Estévez Bernárdez competencias en materia de contratación e persoal. 9.6360.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- ¿Algún ruego o alguna pregunta?. ¿Algunha pregunta?. Bueno, pois non habendo nada máis … Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as catorce horas e trinta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. O Presidente, O Secretario, Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. Carlos Cuadrado Romay
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Pleno (Tema)