ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.388
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2015/07/03_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.43.835/1.2015-07-03_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2015/07/03_Ordinaria

  • Data(s) 2015 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e vinte minutos do día tres de xullo do ano dous mil quince, baixo a Presidencia de D. José Manuel Figueroa Vila, Vicepresidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Carlos López Campos, D. José Luis Pérez Estévez, Dna. María Pilar Ramallo Vázquez, D. Moisés Rodríguez Pérez, D. Alberto Valverde Pérez e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. José María Bello Maneiro, D. Horacio Gil Expósito, D. Fernando Guitián Guitián, Dna. Marta Iglesias Bueno, D. Severino Reguera Varela, D. Alejandro Rodríguez Rodríguez e Dna. Ana Isabel Vázquez Reboredo. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D.Antonio Graña Gómez. Non asiste o Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal nin os deputados provinciais D.José Crespo Iglesias e Dna. Begoña Estévez Bernárdez, Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.23638.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da sesión extraordinaria do día 23 de xuño de 2015. 2.23639.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN E CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE ARBO PARA LEVAR A CABO A OBRA DENOMINADA “MANTEMENTO E RESTAURACIÓN DO CAMPO DE FÚTBOL MUNICIPAL DE ARBO” Dada conta do convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Arbo para levar a cabo o investimento denominado “Mantemento e restauración do campo de fútbol municipal de Arbo”, que contempla o financiamento necesario para afrontar a reforma das obsoletas instalacións do citado campo de fútbol e dótalas, entre outros aspectos, dun terreo de xogo de céspede sintético e dos estándares de seguridade e accesibilidade que impón a normativa vixente. Visto o informe-proposta da xefa de servizo de cooperación, vistos os informes da Dirección de Infraestruturas, da Secretaría Xeral e da Intervención Provincial. E en virtude das competencias que lle confiren os artigos 35 e 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, 30 do R.d.l. 781/86, de 18 de abril, e 16.2 das Bases de execución dos Orzamentos provinciais e a restante normativa local vixente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: CONCEDER ó Concello de Arbo con CIF núm. P3600100F, a cantidade de douscentos vinte un mil vinte catro euros con sesenta e cinco céntimos (221.024,65€) con destino ó financiamento da actuación “Mantemento e restauración do campo de fútbol municipal de Arbo”, cun orzamento polo mesmo importe, é dicir, de 221.024,65 €. Esta subvención contabilizarase con cargo á aplicación 2015/942.9420.762.00 do vixente Orzamento provincial na que existe crédito suficiente para afrontar ó gasto. APROBAR o convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Arbo para levar a cabo a obra denominada “Mantemento e restauración de campo de fútbol municipal de Arbo”, cuxo texto di como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL E O CONCELLO DE ARBO PARA LEVAR A CABO A OBRA DENOMINADA “MANTEMENTO E RESTAURACIÓN DO CAMPO DE FÚTBOL MUNICIPAL DE ARBO” En Pontevedra, xxx de xullo de 2015 REUNIDOS Dunha parte D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúe o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. Doutra D. Horacio Gil Expósito, Alcalde-Presidente do Concello de Arbo, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. D. Carlos Cuadrado Romay, en calidade de Secretario Xeral da Deputación de Pontevedra, dando fe do acto que se celebra. As partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas, e EXPOÑEN I.- Que a Deputación de Pontevedra, a partir da promulgación da Lei de Cultura, Educación Física e Deportes e da Lei 11/1997, de 22 de agosto, xeral do deporte de Galicia, prestou unha especial atención a divulgación de toda clase de deportes, colaborando cos Concellos, Entidades, Asociacións e Clubs da provincia na construción e mantemento de instalacións deportivas co obxecto de facilitar ós cidadáns os medios necesarios para a plena efectividade deste feito e dereito. II.- Que o Concello de Arbo, en virtude da vixente lexislación de réxime local pola que asome competencias en materia de promoción do deporte e instalacións deportivas, manifestou o seu interese de mellorar as deterioradas instalacións deportivas do campo de fútbol municipal. As actuacións que se pretenden realizar supoñen unha inversión importante, que nestes momentos o Concello de Arbo non pode abordar por si só, de aí que necesite a cooperación doutras Administracións, polo que se propón a celebración dun convenio coa Deputación de Pontevedra para proceder á adecuación de esta instalación deportiva, cunha inversión estimada de 221.024,65 €. III.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. IV.- Que a Deputación busca garantir un equilibrio no territorio da provincia entre o medio rural e urbano, o interior e a costa que permita o desenvolvemento económico da totalidade do territorio e que todos os cidadáns teñan unhas óptimas condicións de vida, con independencia do seu lugar de residencia, potenciando e apoiando a prestación de servizos por parte dos concellos, como Administración máis próxima ós administrados e como motor do desenvolvemento económico-social. V. As circunstancias sobrevidas do actual contexto, no que priman as medidas de contención do gasto público, derivou nun cambio de escenario orzamentario que afectou a todas as administracións públicas sen que a administración local sexa unha excepción neste sentido. Deste marco orzamentario fortemente restritivo deriva, entre outras consecuencias, a imposibilidade dalgúns concellos para afrontar os compromisos económicos que a execución das actuacións obxecto de subvención representan para as facendas municipais. VI.- A súa vez, a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, é polo que instrumenta dito convenio dirixido ó cumprimento das obrigacións impostas pola normativa vixente. VII.- En base a estes antecedentes, ámbalas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte as seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- Obxecto: O obxecto do presente convenio é articular as bases de colaboración entre a Deputación provincial de Pontevedra e o Concello de Arbo para levar a cabo a obra denominada “Mantemento e restauración do campo de fútbol municipal de Arbo”. Segunda.- Importe: O importe ó que se refire o presente convenio estímase en douscentos vinte un mil vinte catro euros con sesenta e cinco céntimos (221.024,65€) e comprenderá todos os gastos que derivan da obra a realizar, incluídos os gastos de dirección de obra e de seguridade e saúde. O custo da redacción do proxecto deberao asumir o Concello de Arbo. Terceira.- Financiamento: Os investimentos necesarios para a realización das mencionadas obras serán financiados integramente pola Deputación contra a aplicación 2015/942.9420.762.00 do vixente Orzamento provincial. No caso de que o investimento realizado teña un custo inferior ao inicialmente previsto e sempre que isto non supoña unha execución deficiente da totalidade do proxecto, a contía da subvención reducirase proporcionalmente. Cuarta. Licitación e dirección das obras e xustificación do investimento: O concello de Arbo correspóndelle a licitación, dirección, execución e recepción das obras contempladas no proxecto técnico. Así mesmo, comprométese a destinar os fondos percibidos ó obxecto concreto para o que foron concedidos. Para o libramento do importe da subvención, e en todo, caso para xustificar a aplicación dos fondos percibidos, o Concello de Arbo achegará: 1. Certificacións de obra debidamente dilixenciadas. 2. O acordo do órgano competente do concello aprobando as certificacións. 3. A certificación do acordo ou resolución de adxudicación do contrato. 4. Nomeamento do Director de Obra. 5. O contrato. 6. Acta de comprobación do replanteo e acta de recepción do investimento debidamente dilixenciadas. 7. Proba gráfica da difusión dada o investimento subvencionado. Deberá acompañarse unha declaración complementaria referida á obtención doutras subvencións, axudas ou recursos que financien as actividades obxecto do convenio. Á vista desta documentación, o órgano competente da Deputación Provincial propoñerá o libramento da achega que lle corresponda en relación ao custo de execución do proxecto subvencionado. O prazo para presentar a documentación xustificativa da subvención será dende a formalización do convenio ata o 31 de marzo de 2017. A Deputación de Pontevedra poderá realizar as inspeccións e comprobacións que considere necesarias co fin de asegurar o cumprimento das normas e requisitos cos que se concede a subvención. Quinta.- Obrigas do concello: O Concello de Arbo obrígase a: 1) Obter as correspondentes licenzas e tramitar ante outros organismos as autorizacións pertinentes que fosen precisas. 2) Xustificar a subvención concedida en prazo e forma. Así mesmo, comprométese a destinar os fondos públicos ó obxecto concreto para o que foron concedidos e adscribir a instalación á utilidade publica que motiva a concesión da subvención e a formalización do presente convenio durante un período non inferior a cinco anos. 3) Comunicarlle á Deputación de forma inmediata, a obtención doutras subvencións ou axudas para a mencionada finalidade procedentes de calquera administración pública ou ente privado nacional ou internacional, con expresión da súa contía. 4) Darlle a adecuada publicidade a este convenio, de tal xeito que quede constancia que a remodelación da infraestrutura se levou a cabo en colaboración coa Deputación de Pontevedra. 5) Asumir o custo da redacción do proxecto definitorio das actuacións a realizar nos termos previstos no artigo 123 do Real Decreto Lexislativo 3/2011. O Concello de Arbo queda obrigado a prestar a colaboración e facilitar canta documentación que lle sexa requirida no exercicio das funcións de control que lle corresponden á Intervención Provincial, ao Consello de Contas e ao Tribunal de Contas; así mesmo, sométense ás actuacións de supervisión e control previstas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e as demais derivadas da normativa de axudas e subvencións. Sexta.- Compatibilidade con outras subvencións: A achega económica prevista no presente instrumento será compatible con outras subvencións, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou e organismos internacionais. Porén, o importe da subvención en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, supere o custo da obra subvencionada. Sétima.- Modificación do proxecto: Calquera incidencia que poida xurdir no desenvolvemento das obras, por causas imprevistas, e que obriguen a unha modificación do proxecto, ou se produza un incremento do seu custo, será asumido polo Concello de Arbo. Oitava.- Comisión de seguimento e control: Para o seguimento e control do cumprimento do presente convenio, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constitúese unha Comisión de Coordinación da que forman parte o Presidente da Deputación e o Alcalde de Arbo, ou persoas en quen deleguen. As súas funcións, entre outras, serán as seguintes:  Impulsar e avaliar o cumprimento deste convenio propoñendo as actuacións que se consideren precisas.  Propoñer a interpretación, no caso de dúbida, do seu contido.  Se xorden controversias na aplicación do convenio propoñerlles ás partes a súa resolución. Esta comisión reunirase dentro do prazo de tres días, a contar dende a petición expresa realizada por calquera delas. Novena.- Vixencia do convenio: O presente convenio entrará en vigor na data da súa firma e terá vixencia ata o remate das obras obxecto do convenio, e, en todo caso fíxase un prazo de execución ata o 31 de decembro de 2016. A vixencia do presente convenio poderá prorrogarse coa conformidade expresa das partes intervenientes. Décima.- Resolución: Serán causas de resolución o incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. Décimo primeira.- Normativa aplicable: - Bases reguladoras da execución do orzamento da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2015 e, no seu caso, as que se aproben para o exercicio 2016. - Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. - Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei, 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. - Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. - Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local. - Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia. - Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. - Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público. - E demais normativa de obrigado cumprimento. Así mesmo, as partes quedan sometidas á Xurisdición Contencioso-Administrativa, a falta de entendemento previo pola comisión citada na cláusula oitava, na resolución de posibles controversias que puideran suscitar o incumprimento ou interpretación do convenio. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data salientada no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial de Pontevedra, Polo Concello de Arbo, O Secretario Xeral da Deputación, Rafael Louzán Abal Horacio Gil Expósito Carlos Cuadrado Romay” FACULTAR o Presidente da Deputación a formalizar o presente convenio mediante a súa sinatura. 3.23640.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR, O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO E A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA A CONSTRUCIÓN DUNHA ESCOLA INFANTIL NO CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO Dada conta da proposta de Convenio de Colaboración entre o Consorcio de Servizos de Igualdade e Benestar, o Concello de Salvaterra de Miño e a Deputación de Pontevedra para a construción dunha escola infantil no concello de Salvaterra de Miño, co obxecto de dar continuidade ás actuacións recollidas no anterior Convenio de Colaboración asinado o 18 de marzo de 2014. Á vista da documentación que obra no expediente e dos informes da Secretaría Xeral e da Intervención Provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. APROBAR o convenio de colaboración entre o Consorcio de Servizos de Igualdade e Benestar, o Concello de Salvaterra de Miño e a Deputación de Pontevedra para a construción dunha escola infantil no Concello de Salvaterra de Miño, cuxo tenor literal di como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR, O CONCELLO DE SALVATERRA DO MIÑO E A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA A CONSTRUCIÓN DUNHA ESCOLA INFANTIL NO CONCELLO DE SALVATERRA DO MIÑO REUNIDOS Dunha parte, Dona Beatriz Mato Otero, Conselleira de Traballo e Benestar, en calidade de Presidenta do Consorcio Galego de Servizos da Igualdade e do Benestar segundo os estatutos que o regulan publicados no DOG do 7 de xullo de 2006. Doutra parte, Don Arturo Grandal Vaqueiro, actuando en representación do Concello de Salvaterra de Miño en virtude da súa condición de Alcalde Presidente da citada Corporación, segundo o disposto no artigo 21 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e no artigo 61 da Lei 5/1997 do 22 de xullo, de administración local de Galicia. E doutra, Don Rafael Louzán Abal, actuando en representación da Deputación de Pontevedra, en virtude da súa condición de Presidente da referida Deputación, segundo o disposto no artigo 34 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local. Todas as partes recoñécense a capacidade legal necesaria para subscribir o presente Convenio de Colaboración e, con tal fin EXPOÑEN I.- Que con data de 18 de marzo de 2014 foi asinado o convenio entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, o Concello de Salvaterra do Miño e a Deputación de Pontevedra para a construción dunha escola infantil no Concello de Salvaterra do Miño. De conformidade co previsto na súa cláusula 7ª, o convenio estaba en vigor dende o día da súa sinatura, estendendo a súa vixencia ata o 31 de decembro de 2014, podendo ser prorrogado sempre que a súa finalidade non estivera cumprida na data da súa finalización e o Ministerio de Educación autorice a prórroga do convenio asinado pola Xunta de Galicia para programa Educa3 2011. II.- Que co fin de darlle continuidade as actuacións iniciadas ao abeiro dos anteditos convenios, resultou necesaria a sinatura dunha addenda para prorrogar a vixencia do convenio asinado con data de 18/03/2014, permitindo a finalización da construción da escola infantil obxecto deste antes do 31 de marzo de 2015. A tal fin de continuar o desenvolvemento do obxecto do convenio, as partes subscribiron a Addenda o 19 de decembro de 2014. III.- Finalizado o prazo de vixencia da Addenda referida, púxose de manifesto a imposibilidade de rematar en prazo as obras para a construción da escola infantil, por mor de diversas causas que non puideron ser previstas no momento de asinar o Convenio de Colaboración nin a súa Addenda. Por un lado os prazos necesarios para a obtención da preceptivas autorizacións administrativas de orde urbanística retrasaron o inicio da execución das obras. Por outro, a aparición de imprevistos de carácter técnico, obrigaron a desenvolver unha serie de actuacións que se ben non implicaron modificacións económica ou funcional do proxecto, supuxeron unha ampliación dos prazos de execución. IV.- Que en base ao anterior, ambas as partes manifestan expresamente o seu desexo de asinar un novo CONVENIO DE COLABORACIÓN co mesmo obxecto, para a construción dunha escola infantil no Concello de Salvaterra de Miño, que dea continuidade as actuacións iniciadas, e acomode a súa vixencia ós prazos de execución das obras, coas seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA.- O presente convenio ten por obxecto dar continuidade ás actuacións iniciadas mediante o Convenio de Colaboración asinado o 18 de marzo de 2014 entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, o Concello de Salvaterra de Miño e a Deputación de Pontevedra para a construción dunha escola infantil no Concello de Salvaterra de Miño. SEGUNDA.- Para a finalización das obras de construción da escola infantil as partes acordan manter o mesmo reparto feito segundo a cláusula 5ª do Convenio de Colaboración asinado o 18 de marzo de 2014, polo que o Consorcio achegaba o 60% do seu custo total, o Concello o 20% e a Deputación o 20%, mediante unha achega ó Concello de Salvaterra de Miño. Estas porcentaxes aplicaranse sobre o importe non xustificado na data de finalización da Addenda ó Convenio de Colaboración, que resulta un importe máximo de 232.132,91 euros. A achega da Deputación, que se instrumenta mediante unha subvención ó Concello, polo importe pendente de xustificación, 46.426,58 € imputarase na aplicación correspondente do orzamento provincial. Os pagamentos do Concello e da Deputación ao Consorcio efectuaranse previa xustificación do gasto realizado, consonte o establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, de desenvolvemento do anterior, para o que o Consorcio deberá presentar os correspondentes xustificantes de gasto debidamente certificados polo órgano competente. TERCEIRA.- Unha vez rematada a construción, o Concello e o Consorcio ou, no seu caso, quen asuma as súas competencias subscribirán un convenio para a xestión da escola infantil, que non supoña incremento de gasto para a Xunta de Galicia, co obxecto de atender os gastos de funcionamento do equipamento unha vez construído. Os gastos de funcionamento da escola infantil asumidos polo concello en virtude do devandito convenio non serán en ningún caso inferiores ao terzo dos gastos totais correspondentes á xestión integral do centro. A posta en funcionamento da escola infantil realizarase no prazo que se determine no marco do Convenio de Colaboración entre o Ministerio de Educación e a Comunidade Autónoma de Galicia para o financiamento de prazas públicas do primeiro ciclo de educación infantil no marco do Plan Educa 3. CUARTA.- O presente convenio entrará en vigor o día da súa sinatura, e estenderá a súa vixencia ata o 30 de setembro de 2015 co fin de dar cumprimento ao seu obxecto, finalizar a construción da escola infantil. QUINTA.- A efectos da resolución das dúbidas interpretativas que puideran xurdir con ocasión da execución do presente Convenio, constituirase unha comisión de carácter mixto integrada por, cando menos, un representante de cada unha das partes. SEXTA.- Serán causas de resolución do presente convenio o mutuo acordo das partes, incumprimento total ou parcial de calquera das cláusulas establecidas no mesmo, así como a revogación da encomenda realizada ao Consorcio pola Consellería de Traballo e Benestar con data de 8 de agosto 2012. SÉTIMA.- O presente convenio terá carácter administrativo, rexéndose, aos seus efectos, polo disposto nas cláusulas do mesmo e, no seu defecto, polos principios xerais establecidos no Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, xunto coas demais disposicións legais vixentes en materia de contratación administrativa. E para que así conste, en proba de conformidade, as partes asinan o presente convenio no lugar e data expresados. En Santiago de Compostela a __ de _____________ de 20__ A Presidenta do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Asdo. Beatriz Mato Otero O Alcalde do Concello de Salvaterra de Miño, Asdo. Arturo Grandal Vaqueiro O Presidente da Deputación de Pontevedra, Asdo. Rafael Louzán Abal” 2. FACULTAR ó Presidente para a súa sinatura. 4.23641.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE MEIS PARA A REALIZACIÓN DO INVESTIMENTO DENOMINADO “SUBSTITUCIÓN DE ESTRUTURA DO ANDAR PRIMEIRO E CUBERTA DA CASA DE ESCUDEIRO”, INCLUÍDO NO PLAN PROVINCIAL DE OBRAS E SERVIZOS 2015 (PPOS/15) Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención con cargo ó crédito reservado á concesión directa no Plan provincial de obras e servizos 2015 (PPOS/15) para financiar o investimento proposto polo Concello de Meis denominado “Substitución de estrutura do primeiro andar e cuberta da Casa de Escudeiro”; vistos os informes do Servizo de Infraestruturas e da Intervención. E en virtude das competencias que lle confiren os artigos 35 e 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, 30 do R.d.l. 781/86, de 18 de abril, e 16.2 das Bases de execución dos Orzamentos Provinciais e a restante normativa local vixente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade:  Conceder ó Concello de Meis con CIF núm. P3602800I, a cantidade de sesenta mil trescentos trinta e dous euros con trinta e tres céntimos (60.332,33€), para a realización do investimento denominado “Substitución de estrutura do andar primeiro e cuberta da Casa de Escudeiro” (Ref.: PPOS/15/00979/201500416), cun orzamento polo mesmo importe, é dicir, de 60.332,33 €.  Convén recordar a obriga dos concellos de posuír as autorizacións, licenzas e os permisos sectoriais necesarios para a normal execución dos investimentos; de feito esta concesión non exime das autorizacións e permisos sectoriais oportunos e do cumprimento da normativa urbanística vixente.  Esta subvención, contabilizarase con cargo á aplicación 2015/942.9420.762.45 do Orzamento provincial para o presente exercicio 2015.  A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do PPOS/15, aprobadas en acordo plenario o 28 de novembro de 2014 e publicadas no BOP núm. 1 do 2 de xaneiro de 2015 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións.  Asemade, ó abeiro da base décimo sexta do PPOS/15, o investimento deberá estar executado e xustificado, na súa totalidade, o 31 de decembro de 2016. O incumprimento desta obriga poderá dar lugar á revogación da subvención concedida. 5.23642.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE MOS PARA A REALIZACIÓN DO INVESTIMENTO DENOMINADO “SANEAMENTO EN SANTA MARTA- CAMPO DO MONTE (MOS)”, INCLUÍDO NO PLAN PROVINCIAL DE OBRAS E SERVIZOS 2015 (PPOS/15) Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención con cargo á cantidade reservada no Plan provincial de obras e servizos 2015 (PPOS/15) á concesión directa, libre disposición do presidente, para financiar o investimento proposto polo Concello de Mos “Saneamento en Santa Marta – Campo do Monte”; vistos os informes do Servizo de Infraestruturas e da Intervención. E en virtude das competencias que lle confiren os artigos 35 e 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, 30 do R.d.l. 781/86, de 18 de abril, e 16.2 das Bases de execución dos Orzamentos provinciais e a restante normativa local vixente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade:  Conceder ó Concello de Mos con CIF núm. P3603300I a cantidade de setenta e cinco mil cento dezaoito euros con cincuenta e cinco céntimos (75.118,55 €), para a realización do investimento, denominado “Saneamento en Santa Marta – Campo do Monte” cun orzamento de 164.243,32 €, achegando ó Concello de Mos a cantidade de 89.124,77 €.  Convén lembrar a obriga dos concellos de posuír as licenzas e os permisos sectoriais necesarios para a normal execución dos investimentos; de feito esta concesión non exime das autorizacións sectoriais oportunas e do cumprimento da normativa urbanística vixente.  Esta subvención, contabilizarase con cargo á aplicación 2015/942.9420.762.45 do Orzamento provincial para o presente exercicio 2015.  A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do PPOS/15, aprobadas en acordo plenario o 28 de novembro de 2014 e publicadas no BOP núm. 1 do 2 de xaneiro de 2015 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións.  Asemade, ó abeiro da base décimo sexta do PPOS/15, o investimento deberá estar executado e xustificado, na súa totalidade, o 31 de decembro de 2016. O incumprimento desta obriga poderá dar lugar á revogación da subvención concedida. 6.23643.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN PARA A REALIZACIÓN DO INVESTIMENTO DENOMINADO “CAMPO DE FÚTBOL DE NESPEREIRA”, INCLUÍDO NO PLAN PROVINCIAL DE OBRAS E SERVIZOS 2015 (PPOS/15) Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención con cargo á cantidade reservada no Plan provincial de obras e servizos 2015 (PPOS/15) á concesión directa, libre disposición do presidente, para financiar o investimento proposto polo Concello de Pazos de Borbén “Campo de fútbol de Nespereira”; vistos os informes do Servizo de Infraestruturas e da Intervención. E en virtude das competencias que lle confiren os artigos 35 e 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, 30 do R.d.l. 781/86, de 18 de abril, e 16.2 das Bases de execución dos Orzamentos provinciais e a restante normativa local vixente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade:  Conceder ó Concello de Pazos de Borbén con CIF núm. P3603700J a cantidade de douscentos noventa e nove mil cento nove con vinte e tres céntimos (299.109,23 €), para a realización do investimento, denominado “Campo de fútbol de Nespereira” cun orzamento de 460.168,05 €, achegando ó Concello de Pazos de Borbén a cantidade de 161.058,82 €.  O Concello de Pazos de Borbén, non achega o anexo II (certificación do investimento) nin o anexo III (acta de trazado previo), requisitos imprescindibles para a concesión de subvención ó abeiro do presente plan, polo que, a subvención queda condicionada a que se emende a solicitude achegando, antes da execución das obras ou, en todo caso, no momento da xustificación os anexos sinalados debidamente cumprimentados. Non se librarán as subvencións se non obran no expediente de concesión toda a documentación conforme se dispón nas bases reguladoras da convocatoria.  Convén lembrar a obriga dos concellos de posuír as licenzas e os permisos sectoriais necesarios para a normal execución dos investimentos; de feito esta concesión non exime das autorizacións sectoriais oportunas e do cumprimento da normativa urbanística vixente.  Esta subvención, contabilizarase con cargo á aplicación 2015/942.9420.762.45 do Orzamento provincial para o presente exercicio 2015.  A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do PPOS/15, aprobadas en acordo plenario o 28 de novembro de 2014 e publicadas no BOP núm. 1 do 2 de xaneiro de 2015 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións.  Asemade, ó abeiro da base décimo sexta do PPOS/15, o investimento deberá estar executado e xustificado, na súa totalidade, o 31 de decembro de 2016. O incumprimento desta obriga poderá dar lugar á revogación da subvención concedida. 7.23644.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A DIVERSAS AGRUPACIÓNS E ASOCIACIÓNS VECIÑAIS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA CON CARGO Ó PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA 2015 (PAC/2015) Resultando que por acordo da Xunta de Goberno, adoptado en sesión de 19 de decembro de 2014, aprobáronse as Bases reguladoras do Programa de Acción Comunitaria para o exercicio 2015, sendo a súa finalidade apoiar ás agrupacións e asociacións veciñais na realización de investimentos, tanto obras como adquisicións, durante o ano 2015. Ditas Bases foron publicadas no BOP núm. 1, do 02 de xaneiro de 2015, así como nos medios informáticos, sendo o último día de presentación de solicitudes o 2 de febreiro de 2015. Á vista da documentación obrante nos expedientes de subvención do Programa de Acción Comunitaria 2015 e dos informes da Comisión Avaliadora, da xefa do Servizo de Cooperación, de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar a Concesión de subvencións ás Agrupacións e Asociación Veciñais, que figuran en anexo aparte (dende Antonio Jordan González, do Concello de Arbo, ata Asociación de Veciños de Caleiro, do Concello de Vilanova de Arousa), para a realización de investimentos, tanto obras como adquisicións que se relacionan no mesmo, por un importe total de 799.934,82 €, dentro do 80% da contía do Programa destinada ó procedemento de concorrencia competitiva, todas elas con cargo á aplicación 15/942.4590.789.07 do vixente Orzamento Provincial, con suxeición ás condicións seguintes: a) As subvencións concédense para colaborar na execución das devanditas actuacións, non podendo cambiarse o destino nin a contía das mesmas. b) Para o aboamento da subvención concedida, requirirase a previa xustificación das inversión, una vez concluída a súa execución, que haberá de axustarse estritamente ás Bases Reguladoras que rexeron a súa concesión. c) As solicitudes que se acollan a este Programa deberán estar executadas e xustificadas antes do 30 de xuño de 2016, de non facelo así, procederase a anulación da subvención concedida. d) As demais solicitudes presentadas considéranse desestimadas. Exclúense do reparto os seguintes expedientes (77) por non adaptarse ás especificacións das Bases reguladoras da convocatoria: Cód. expediente Terceiro Obxecto da subvención 2015004743 Asociación Veciñal "Cinexética Esperante" (Agolada) - G94079118 Instalacións cinexéticas 2015005566 Javier Varela Galego (Agolada) – 76822860P Instalacións cinexéticas 2015005329 Comunidade Traída Auga Uso Doméstico Cequeliños (Arbo) - G36396935 Limpeza de manantiais, interior depósitos e pintado exterior 2015009852 Asociación Mulleres Rurais Arbenses (Arbo) - G36395598 Aula de informática 2015005557 Asociación Veciñal Cinexética monte Xiabre (Caldas de Reis) - G94082773 Instalacións cinexéticas 2015005570 José Javier Brea Touceda (Caldas de Reis) - 35433040E Instalacións cinexéticas 2015004352 Asociación Mulleres Rurais de Castrelo “As Saiñas” (Cambados) - G94104767 Acondicionamento Aula MMRR 2015005105 Asociación de Veciños PIAS-FRANCON (Cangas) - G36342251 Creación de estacións de recollida selectiva de residuos 2015004805 Monte Veciñal en Man Común da Parroquia de San Sebastián de Achas (A Cañiza)-V36111730 Subministración e colocación puntos de información 2015005377 Asociación Veciñal Cinexética da Cañiza (A Cañiza) - G94099710 Instalacións cinexéticas 2015009986 Asociación Xubilados e Pensionistas Santa Teresa (A Cañiza) - G36401503 Climatización aula 2015009909 Asociación Veciños e Amigos Santiago de Caroi (Cotobade) - G36354199 Consecución de condicións de habitabilidade 2015009910 Convenio de Usuarios de Fonte Porrido (Cotobade) - G94078060 Reparación dos depósitos da mina de auga do Convenio de Usuarios de Fonte Porrido 2015005695 Nelso Parames Parames (Covelo) - 35557141S Instalacións cinexéticas 2015005819 Graciano Enes Diéguez (Covelo) - 76891013N Instalacións cinexéticas 2015009974 Asociación Parroquial Santa María de Troáns (Cuntis) - G94030616 Construción aseos anexo á Igrexa 2015009908 Asociación Mulleres Rurais Pena de Francia (Dozón) - G36217529 Rehabilitación do local social de Dozón 2015009789 Asociación EDEM (A Estrada) - G36463362 Construción de anexo ó local social 2015009803 Asociación Amas de Casa de Agar (A Estrada) - G36460616 Rehabilitación local social de Agar 2015009812 Asociación Amas de Casa de Agar (A Estrada) - G36460616 Construción peche da finca do local social 2015009814 Asociación de Mulleres Rurais de Codeseda (A Estrada) - G36222339 Rehabilitacion da instalación eléctrica do local de Codeseda 2015009822 Asociación de Mulleres Rurais de Lagartóns (A Estrada) - G36362598 Instalación portal para o recinto do local social 2015009827 Asociación Mulleres Rurais Xuntanza (A Estrada) - G36461424 Dotación do local social de Arca 2015009829 Asociación Mulleres Rurais Outeiro Castro (A Estrada) - G94047230 Acondicionamento do local social 2015009869 Asociación Mulleres Rurais A Purísima (A Estrada) -G36451912 Rehabilitación do tellado da Igrexa de Rivela 2015004606 Asociación Veciñal A Laxe e o seu entorno (Fornelos de Montes) - G94033172 Instalacións cinexéticas 2015009920 A.P.A. As Pontes (Gondomar) - G36799831 Mellora aulas C.R.A Antia Cal - Peitieiros 2015005815 Rubén Saavedra Cuiña (A Guarda) - 35571119D Instalacións cinexéticas 2015004279 Asociación de Mulleres en Igualdade de Galegos (Lalín) - G94043031 Reparación Igrexa 2015009759 Asociación Mulleres en Igualdade de Vilasancho (Lalín) - G36584894 Compra de utensilios de menaxe para cursos 2015004601 Mario Pérez Villariño (A Lama) - 35322756T Instalacións cinexéticas 2015005031 Asociación de Maiores Virxe dos Remedios (A Lama) - G94051794 Dotación de estufa de pellets para a Casa do Pobo de Xesta 2015005574 Asociación Veciñal Cinexética A Xesta (A Lama) - G94114295 Instalacións cinexéticas 2015005807 José Manuel Rúa Trigo (Moaña) - 76812179E Instalacións cinexéticas 2015004616 Asociación Veciñal Cinexética de Mondariz (Mondariz) - G94084258 Instalacións cinexéticas 2015006247 Asociación de Veciños Lougariños de Lougares (Mondariz) - G36384857 Parque infantil en Lougares 2015009857 Asociación de Mulleres de Gargamala (Mondariz) - G36596328 Arranxo do palco/templete 2015004750 Asociación Veciñal Cinexética de Mos (Mos) - G27801133 Instalacións cinexéticas 2015005567 José Luis Fandiño Francisco (As Neves) - 34873369X Instalacións cinexéticas 2015004954 Serafín Rodríguez Rodríguez (Oia) - 53181215V Instalacións cinexéticas 2015005569 Asociación Veciñal Pazos de Borbén (Pazos de Borbén) - G94028685 Construción de biotopos 2015005580 Asociación Benéfica Veciños de San Salvador de Poio (Poio) - G36051555 Construción columbarios para adaptación á nova Lei sobre cemiterios 2015005789 Miguel Ángel Ogando Corredoira (Poio) - 77405530L Instalacións cinexéticas 2015009936 Asociación Parroquial Santa maría de Samieira (Poio) - G36121655 Pavimentación de rúas laterais e parte inferior do cemiterio 2015009926 Asociación Veciñal Montes de Cuñas (Ponte Caldelas) - V36118933 Instalación de estufa de pellets na Casa do Pobo de Cuñas 2015005722 Eugenio Rodríguez Groba (Ponteareas) - 35554380Z Instalacións cinexéticas 2015005752 Manuel Giráldez Torres (Ponteareas) - 76888196R Instalacións cinexéticas 2015005555 Asociación Veciñal Cinexética de Pontecesures (Pontecesures) - G36574358 Instalacións cinexéticas 2015004592 Marcos Cal Domínguez (Pontevedra) - 36129599A Instalacións cinexéticas 2015005573 José Benito Terzado Valladares (Pontevedra) - 35283949V Instalacións cinexéticas 2015009770 Asociación Rural Mulleres Estribela – Lourizán (Pontevedra) - G94103777 Compra máquina de coser 2015005463 Álvaro Ricon González (Redondela) - 36083447N Instalacións cinexéticas 2015009928 Sociedade Labrego Cultural de Reboreda (Redondela) - G36023802 Reconstrución de muro 2015009756 Asociación de Mulleres Rurais Virxe do Faro (Rodeiro) - G36152924 Dotación do local social 2015004739 Asociación Veciñal Cinexética A Rosaleña (O Rosal) - G94084696 Instalacións cinexéticas 2015005461 Asociación Veciñal Cinexética de Caselas (Saldeda de Caselas) - G94107497 Instalacións cinexéticas 2015009931 Agrupación Folclórica San Pedro (Salvaterra de Miño) - G36330033 Cuberta tellado Igrexa 2015009795 Asociación de Mulleres do Municipio de Silleda (Silleda) - G36258903 Acondicionamento do local social 2015009800 Asociación de Mulleres Rurais de Dornelas (Silleda) - G36421089 Dotación do local social de Dornelas 2015009850 Asociación Mulleres Rurais Fervenza do Castelo (Silleda) - G36599603 Dotación do local social de Escuadro 2015004723 Asociación Veciñal Cinexética A Peneda (Soutomaior) - G94083540 Instalacións cinexéticas 2015004999 Asociación de Veciños “O Arbol” (Tomiño) - G36465177 Grupo de teatro 2015005727 Alejandro da Silva Almedia (Tui) - 35579008D Instalacións cinexéticas 2015005460 Asociación Veciñal Cinexética de Setecoros (Valga) - G36574333 Instalacións cinexéticas 2015009916 Comunidade Veciñal de Montes en Man Común de Valladares (Vigo) - V36663185 Adquisición de ordenador portátil 2015009924 Asociación Hermandad Provincial Antiguos Caballeros Legionarios (Vigo) - G36842409 Cociña económica e social da Irmandade de Lexionarios 2015009930 Comisión de Festas San Xoan Bautista de Freixo (Vigo) - V36791846 Muro torreiro da festa 2015005458 Asociación Veciñal Cinexética Vila de Cruces (Vila de Cruces) - G94082781 Instalacións cinexéticas 2015009817 Asociación de Mulleres O Agarimo do Deza (Vila de Cruces) - G36250512 Acondicionamento do local social de Merza 2015009825 Asociación Mulleres Rurais Sta. Cruz de Piloño (Vila de Cruces) - G36505451 Acondicionamento do local social de Piloño 2015009846 Asociación de Mulleres Rurais de Camanzo (Vila de Cruces) - G36261030 Acondicionamento do local social de Camanzo 2015009873 Asociación de Mulleres Rurais de Loño (Vila de Cruces) - G36454163 Dotación de contrafiestras ó local social 2015009896 Asociación Mulleres Rurais Brincadeira (Vila de Cruces) - G36395655 Dotación do local social de Camanzo 2015006256 Asociación de Veciños de San Andrés de Figueirido (Vilaboa) - G36129047 Marquesina e acondicionamento da parada de autobús 2015009918 C.M.V.M.C. de Rubiáns (Vilagarcía de Arousa) - V36532927 Instalacións para a produción de biomasa 2015009970 Círculo Artístico Deportivo (Vilagarcía de Arousa) - G36026151 Acondic. xeral, tratamento humidades e desaugadoiros e salón multiusos 2015009938 A.C. Pro Restauración Igrexa Santa María de Caleiro (Vilanova de Arousa) - G94084100 Restauración Igrexa Santa María de Caleiro Así mesmo, exclúense aqueles expedientes de subvención cuxos beneficiarios presentaron a renuncia antes de proceder ó reparto das subvencións segundo os criterios de valoración (un total de 22) e que se relacionan deseguido: Cód. expediente Terceiro Obxecto da subvención 2015005180 María Pilar Campos Bello (Caldas de Reis) - 35453630G Adquisición de paneis informativos 2015007657 Asociación de Veciños de Sevil (Cuntis) -G36560829 Rehabilitación do local social Sevil 2015005751 Asociación de Veciños San Cidrán de San Xulián de Vea (A Estrada) - G36584357 Hormigonado acceso a centro social 2015005704 Aquilino Cavadas Soto (Forcarei) - 35253382V Depósito augas de Fixó e rehabilitación parque A Portela 2015005531 Asociación de Veciños Santa Cruz de Vilán (Fornelos de Montes) - G36377703 Rehabilitación de vivenda para casa veciñal 2015005480 Comunidade de Usuarios de Couso (Gondomar) - V36838027 Material de seguridade de acceso ós puzos 2015004133 Ana González Iglesias (Lalín) - 52480323G Repracións no centro social de Castro de Abaixo 2015004495 Asociación Veciñal de Corrigatos (Moraña) - G36523223 Parque infantil 2015005171 Asociación de Veciños de Paraños (Moraña) - G94035011 Creación de parque infantil 2015004683 Asociación Veciños Cruceiro da Paz Xunqueiras (Pazos de Borbén) - G94020021 Mellora local 2015 2015005421 Asociación de Veciños “El Carmen” da parroquia de Nespereiroa (Pazos de Borbén) - G36147759 Mellora do local 2015004052 Asociación de Veciños da Roca (Ponte Caldelas) - G36556603 Subministración de material para construción de cociña en centro cultural de A Roca 2015004080 Asociación de Veciños de Angoares (Ponteareas) - G36322881 Adquisición de cadeiras 2015005876 Asociación de Veciños “La Comunidad de Pías” (Ponteareas) - G36413128 Rehabilitación e acondicionamento do parque infantil da parroquia 2015005676 Comunidade de Augas Manantial Salgueiras – Castrove de la Devesa – Alba (Pontevedra) - G36433621 Canalización auga 2015004825 Comunidade de Usuarios de Fornelos – O Rosal (O Rosal) - V36214427 Cambio de tubería Fornelos - Caselas 2015005268 Miguel Brea Espiño (Silleda) - 35322923Y Obra cemiterio Lamela 2015005931 Asociación de Veciños Santa María de Grava (Silleda) - G36196368 Reparación na Igrexa de Santa María 2015004505 Asociación de Veciños 8 de Decembro (Soutomaior) - G36160075 Construción vestiarios escenario Casa do pobo Val - Sobral 2015005711 Asociación de Veciños de San Pedro de Matamá La Unión (Vigo) - G36654036 Obras local AA.VV. 2015005402 AA.VV. San Antonio de Renza Pedramogueira (Vilagarcía de Arousa) - G36169514 Adquisición de aula prefabricada 2015004828 Asociación de Veciños Agustín Romero de San Pedro de Cornazo (Vilagarcía de Arousa) - G36135754 Adquisición material para eliminación de humidades Por outro lado, depuráronse un total de 16 expedientes de terceiros que presentaron varias solicitudes, xa que cada asociación ou agrupación de veciños unicamente pode tramitar validamente un expediente: Cód. expediente Terceiro Obxecto da subvención 2015004377 Ramiro Gil Doval (Arbo) - 35760857C Pavimentación camiño de Fontán 2015004972 Ramiro Gil Doval (Arbo) - 35760857C Pavimentación do camiño de Correlos 2015005149 Asociación de Veciños de Parada a Paradanta (A Cañiza) - G36243228 Recuperación manantiais da traída de auga da Retorta 2015005258 Asociación de Veciños da Parroquia de Sta. María de Sacos O Cañón de Pau (Cotobade) - G36360378 Acondicionamento do tellado dos panteóns 2015005177 Asociación de Veciños San Esteban de Oca (A Estrada) - G36132546 Acondicionamento local social de Oca 2015005074 Asociación de Veciños Santa Eulalia de Donas (Gondomar) - G36960664 Acondicionamento aparcadoiro púlbico As Cancelas 2015005077 Comunidade Usuarios Augas Santa Cruz de Lamas (Moraña) - G36319168 Reparación de vello depósito de auga 2015005083 Comunidade Usuarios Augas Santa Cruz de Lamas (Moraña) - G36319168 Cambio de tubería de auga entre Tuxeriña e Sicuoso 2015005087 Comunidade Usuarios Augas Santa Cruz de Lamas (Moraña) - G36319168 Cambio tubería de auga entre Balboa e Aldea Fonte 2015005097 Comunidade Usuarios Augas Santa Cruz de Lamas (Moraña) - G36319168 Cambio tubería de auga desde o depósito ata a zona Toxeiriña 2015005453 Ángel Ameal García (Moraña) - 76933833Y Arranxo da fonte no lugar do Cubelo 2015005440 Asociación de Veciños de Angoares (Ponteareas) - G36322881 Instalación de radiadores 2015004655 Asociación de Veciños de San Xurxo – Salceda (Salceda de Caselas) - G36260461 Recuperación fonte O Pozón 2015004680 Asociación de Veciños de San Xurxo – Salceda (Salceda de Caselas) - G36260461 Parque "As Curuxeiras" 2015004987 Asociación de Veciños O Arbol (Tomiño) - G36465177 Ampliación e mellora da biblioteca 2015004980 Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva San Xurxo de Saiáns (Vigo) - G36648988 Marquesina Excepcionalmente, en base á urxencia e características específicas das actuacións solicitadas, tres expedientes solicitados en prazo non se tramitan polo procedemento de concorrencia competitiva: Cód. expediente Terceiro Obxecto da subvención 2015005924 Asociación Veciñal Vía XIX (Caldas de Reis) - G94021201 4ª Fase rehabilitación empedrado entorno igrexa Santa María 2015005723 Asociación Veciños San Miguel da Parroquia de Ventín (Fornelos de Montes) - G36204303 Recubrimento externo do centro cultural 2015004587 Asociación de Veciños do Laxal (Tui) - G94100047 Acondicionamento parque infantil Por último, hai un total de 19 expedientes que se excluén por non ter presentada a documentación necesaria para a válida concesión das subvencións. Ditos expedientes incompletos son os seguintes: Cód. expediente Terceiro Obxecto da subvención 2015004471 Juan José Pena Barros (Barro) - 35453372E Reparación, acondicionamento e formación de aseos (Casa da fábrica da Igrexa de San Breixo) 2015005050 Comunidade Usuarios de Praderrei (Campo Lameiro) - G94106903 Obras de ampliación e mellora de abastecemento de augas de Praderrei 2015009913 Asociación de Amigos do Cabalo Xesteiras (Cuntis) - G36360303 Curro Festa da Rapa 2015005716 Asociación de Veciños Santo Domingo de Moreira (A Estrada) - G3617826 Compra de fiestras 2015005781 Asociación de Veciños da Parroquia de Paradela (A Estrada) - G36315380 Compra de material de cociña 2015005817 Asociación Veciños Santa Eulalia de Matalobos (A Estrada) - G36294791 Compra de fiestras 2015005850 A.A. V.V. Nosa Sra. das Dores de Toedo (A Estrada) - G36365237 Acondicionamento local social 2015005884 Asociación Cultural Veciñal San Lorenzo de Muimenta (Lalín) - G36417525 Eestufa de pellets no centro social de Muimenta 2015005252 Félix Moreira Carreiro (A Lama) - 35248680F Acondicoinamento da Casa do Pobo de Cernedo (A Barcia) 2015005264 Asociación de Veciños San Pedro da Parroquia de Gaxate (A Lama) - G36178697 Substitución de caldeira de gasoil por unha de biomasa no centro cultural de Gaxate 2015005065 Comunidade Usuarios Augas Santa Cruz de Lamas (Moraña) - G36319168 Creación dun depósito de almacenamento de auga 2015005165 Lucía Domínguez Búa (Moraña) - 77417437N Parque infantil, III fase 2015007699 Asociación de Veciños de Baltar (en constitución) (Ponte Caldelas) - G94015559 Estufa de pellets (omega – H) 15 KW 2015005839 Comunidade Usuarios Traída Augas de Santo (Redondela) - G36213023 Subministración e obras de mellora na traída de augas 2015007768 Asociación de Veciños de San Esteban de Negros (Redondela) - G36058253 Restauración de vitrina para placas e trofeos 2015005601 Traída de Augas de Castro Barreiro (Salceda de Caselas) - G36148252 Contador e cambio de tubería 2015005226 Asociación Veciñal Manduas (Silleda) - G36582278 Dotación do centro cultural Vista Alegre 2015005262 María Sánchez Núñez (Silleda) - 35234973P Arranxos cemiterio parroquial 2015005067 Traída de Augas de Candeán Rabadeira (Vigo) - G36751352 Impermebealización teito e forrado depósito de traída de auga potable 2.- DAR CONTA DAS RENUNCIAS presentadas formalmente polas Asociacións que se relacionan deseguido; á cantidade que se lles asignou provisionalmente con posterioridade ó acordo adoptado pola Comisión de Valoración ó 16 de xuño de 2015, segundo se relaciona a continuación de acordo á Acta da Comisión de Valoración do 2 de xullo de 2015 e que supón : Cód. expediente Terceiro Obxecto da subvención 2015004809 Agrupación Veciñal Poza do Xestal (Arbo) – 35763888S Construción de poza regadío Xestal 2015005324 Agrupación Veciñal Camiño Rial – Igrexa (Arbo) – 76910862N Acondicionamento de muro e rego en Camiño Rial - Igrexa 2015005584 Comisión do Cemiterio Parroquial de Sta. María de Reboreda (Redondela) – G94116563 Acondicionamento do chan do cemiterio parroquial 2015005919 Asociación de Veciños de Santiago de Anseán (Lalín) – G94078029 Restauración teito interior igrexa parroquial Téñense en consideración estas renuncias e, polo tanto, os expedientes citados deberán arquivarse, xa que non procede a concesión da subvención conforme ó reparto inicialmente aprobado na Comisión de Valoración celebrada o 16 de xuño de 2015, quedando liberado o crédito correspondente á asignación provisional realizada antes da presentación das renuncias. Ditas subvencións son como seguen: 8.23645.- AMPLIACIÓN DO PRAZO PARA PROMOVER UNHA TERCEIRA CONVOCATORIA NA CONCESIÓN DE ANTICIPOS A MUNICIPIOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA NO EXERCICIO 2015 A Xunta de Goberno, nas sesións celebradas o día 19 de decembro de 2014 e 10 de abril 2015, acordou aprobar sendas convocatorias con destino á concesión de anticipos ós concellos co gallo de que, no marco da cooperación económica, estes puideran acceder a préstamos sen xuros destinados a financiar investimentos imprescindibles para o correcto funcionamento da comunidade ou, excepcionalmente, operacións de tesourería para facer fronte a necesidades urxentes ou desfases transitorios; todo isto con estrita suxeición as bases que foron publicadas no BOPPO núm. 1 do 2 de xaneiro de 2015. Resultando que, unha vez resoltas ambas convocatorias constátase non se esgotou o importe máximo destinado á concesión de anticipos no presente exercicio, de xeito que cos fondos adicionais pódese implementar unha nova convocatoria. Considerando a existencia de crédito e que con esta ampliación non se prexudican dereitos de terceiros nin se vulnera o principio de igualdade, e vistos os informes da Xefa do Servizo de Cooperación e da intervención provincial e o resto da documentación que obra no expediente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1º.- Aprobar unha nova convocatoria no exercicio 2015 para a concesión de anticipos a municipios da provincia de Pontevedra. 2º.- Para financiar a presente convocatoria existe crédito na aplicación 2015/942.9420.821.20 do presente Orzamento provincial por importe de 476.388,58 €. O 20% deste crédito resérvase para a súa concesión directa, tal como se prevé na base décima das de concesión de anticipos para o ano 2015 e na base 25.2ª das de execución do vixente orzamento provincial. Non obstante, de non esgotarse o crédito reservado a concorrencia competitiva, o mesmo pasará, integramente, a incrementar os fondos destinados á libre disposición para o seu reparto polo procedemento de concesión directa. 3º.- Conceder un prazo de vinte (20) días naturais, a contar dende o seguinte ó da publicación deste acordo no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO), para que os concellos presenten as novas solicitudes. 4º.- As novas solicitudes e demais documentación necesaria para a valida concesión dos anticipos axustarase estritamente ó disposto nas bases reguladoras para a Concesión de Anticipos a Municipios da provincia de Pontevedra 2015, aprobadas por acordo núm. 13.22922 da Xunta de Goberno, do 19 de decembro de 2014, e publicadas no BOPPO núm. 1, do 2 de xaneiro de 2015, que permanecerán, en todo caso, invariables. 9.23646.- ADXUDICACIÓN DE NOVOS OBRADOIROS ÁS ENTIDADES BENEFICIARIAS DO PROGRAMA “PENSA EN TI 2015” A Deputación de Pontevedra convocou para o ano 2015 unha nova edición do programa “Pensa en ti”, que ten por finalidade mellorar a formación básica das mulleres na comunidade, promovendo espazos de encontro e intercambio de experiencias, evitando o illamento e intentando incorporalas ó mercado de traballo. Para levar a cabo este programa o Servizo de Servizos Sociais e Promoción de Emprego elaborou unhas bases para regular a concesión de axudas que van destinadas as entidades de mulleres, asociacións de veciños ou outras entidades de iniciativa social que traballen no eido da muller. A Xunta de Goberno na sesión que tivo lugar o día 12 de decembro de 2014 aprobou as bases reguladoras do programa “Pensa en ti 2015”, aparecendo publicadas no Boletín oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) número 1 de data 2 de xaneiro de 2015. Nestas bases figura que os beneficiarios deste programa son as entidades de mulleres, así como as asociacións de veciños ou outras entidades de iniciativa social que traballen no eido da muller, quedando excluídas as entidades de maiores e os pensionistas ou xubilados, dado que existe un programa específico para estes colectivos. Resultando que a Xunta de Goberno nas sesións dos días 24 de abril, 22 de maio e do 5 de xuño de 2015 adxudicou un total de 448 obradoiros do programa “Pensa en ti 2015” a diversas entidades da provincia de Pontevedra e desestimou as solicitudes de 7 entidades por non cumprir cos requisitos recollidos na base segunda das reguladoras do programa “Pensa en ti 2015” Resultando que a Traballadora Social responsable do programa emite sendos informes con data, 23 e 30 de xuño de 2015 onde deixa constancia de que se presentaron fóra de prazo un total de sete solicitudes para participar no programa “Pensa en ti 2015”. Esta traballadora social informa favorablemente as solicitudes efectuadas polas entidades, Asociación MM. Ponteareanas Vila do Corpus, Asoc. C.V. Pedra Moura, Asoc. MM. En Igualdade de Porriño, Asoc. MM. A Candelaria, Asoc. MM. Intercambio do Saber, Asoc. Cultural Os Tres Castros e Asoc. VV. Laberinto de Mogor, por cumprir coas bases do programa. Resultando que con data 29 de xuño de 2015 a Xefa do Servizo de Fiscalización emite informe sobre a valoración das solicitudes presentadas ó programa “Pensa en ti 2015” fóra do prazo establecido ó efecto, e deixa constancia da existencia de crédito dispoñible para facer fronte ó gasto de adxudicación de sete novos obradoiros con cargo a aplicación orzamentaria 15/232.2311.227.07. A inclusión destas sete novas solicitudes supón que o importe total que aporta a Deputación de Pontevedra o Programa “Pensa en ti 2015”, ascende a 314.154,75 €. Considerando que o órgano competente para a adxudicación dos obradoiros os beneficiarios do programa “Pensa en ti 2015”, e a Xunta de Goberno, de conformidade co estipulado na base sétima do programa, así como na base 16.1 de execución do vixente Orzamento provincial. A Xunta de Goberno, una vez valoradas polos técnicos do Servizo de Servizos Sociais e Promoción do Emprego as solicitudes presentadas fóra do prazo establecido ó efecto ó programa “Pensa en ti 2015”, acorda por unanimidade adxudicar os obradoiros que figuraban no catálogo deste programa as seguintes entidades: Nº Concello Entidade CIF 1 Ponteareas Asoc. Mm.Ponteareanas Vila do Corpus G-94038833 2 Vigo A.C.V.Pedra Moura G-36973840 3 Porriño, o Asoc. Mm. En Igualdade de Porriño G-27712876 4 Sanxenxo Asoc. Mm. A Candelaria G-36171023 5 Marín Asoc. Mm. Intercambio do Saber G-94122884 6 Vilagarcía de Arousa Asoc. Cultural os tres Castros G-36270494 7 Marín Asoc. Vv. Laberinto de Mogor G-36167633 10.23647.- ADXUDICACIÓN DE NOVOS OBRADOIROS ÁS ENTIDADES BENEFICIARIAS DO PROGRAMA “TI TAMÉN CONTAS 2015” A Deputación de Pontevedra convocou para o ano 2015 unha nova edición do programa “Ti Tamén Contas”, atendendo ó alto nivel de satisfacción que amosaban as enquisas dos participantes no programa en edicións pasadas, o cal cualifican de altamente positivo. Para levar a cabo este programa o Servizo de Servizos Sociais e Promoción de Emprego elaborou unhas bases para regular a concesión de axudas que van destinadas as entidades de maiores, pensionistas e xubilados, así como as asociacións de veciños ou outras entidades de iniciativa social que traballen no eido do maior, para fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas. A Xunta de Goberno na sesión que tivo lugar o día 12 de decembro de 2014 aprobou as bases reguladoras do programa “Ti tamén contas 2015”, aparecendo publicadas no Boletín oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) número 1 de data 2 de xaneiro de 2015. Nestas bases figura que os beneficiarios deste programa son as entidades de maiores, pensionistas e xubilados; así como as asociacións de veciños ou outras entidades de iniciativa social que traballen no eido do maior, quedando excluídas as entidades de mulleres, dado que existe un programa específico para este colectivo. Resultando que a Xunta de Goberno nas sesións dos días 24 de abril e 5 de xuño do 2015 adxudicou un total de 263 obradoiros do programa “Ti Tamén Contas 2015” a diversas entidades da provincia de Pontevedra e desestimou as solicitudes de 24 entidades por non cumprir cos requisitos recollidos na base segunda das reguladoras do programa “Ti Tamén Contas 2015” Resultando que a Traballadora Social responsable do programa emite sendos informes con data, 23 e 30 de xuño de 2015 onde deixa constancia de que se presentaron fóra de prazo un total de catro solicitudes para participar no programa “Ti Tamén Contas 2015”. Esta traballadora social informa favorablemente as solicitudes efectuadas polas entidades, Asoc. C.V. Pedra Moura, Asoc. Cultural de Deportiva Veteranos, Asoc. Cultural Os Tres Castros e Asoc. Érguete Baixo Miño, por cumprir coas bases do programa. Resultando que con data 29 de xuño de 2015 a Xefa do Servizo de Fiscalización emite informe sobre a valoración das solicitudes presentadas ó programa “Ti tamén contas 2015” fóra do prazo establecido ó efecto, e deixa constancia da existencia de crédito dispoñible para facer fronte ó gasto de adxudicación de catro novos obradoiros con cargo a aplicación orzamentaria 15/232.2311.227.07. A inclusión destas catro novas solicitudes supón que o importe total que aporta a Deputación de Pontevedra o Programa “Ti tamén contas 2015”, ascende a 179.504,1 €. Considerando que o órgano competente para a adxudicación dos obradoiros os beneficiarios do programa “Ti tamén contas” para o exercicio 2015, e a Xunta de Goberno, de conformidade co estipulado na base sétima do programa, así como na base 16.1 de execución do vixente Orzamento provincial. A Xunta de Goberno, una vez valoradas polos técnicos do Servizo de Servizos Sociais e Promoción do Emprego as solicitudes presentadas fóra do prazo establecido ó efecto ó programa “Ti tamén contas 2015”, acorda por unanimidade adxudicar os obradoiros que figuraban no catálogo deste programa as seguintes entidades: Nº Concello Entidade CIF 1 Vigo Asoc. C.V. Pedra Moura G-36973840 2 Valga Asoc. Cultural e Deportiva Veteranos G-94070554 3 Vilagarcía de Arousa Asoc. Cultural os tres Castro G-36270494 4 Guarda, A Asoc. Érguete Baixo Miño G-36124279 11.23648.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Tendo en conta o informe de Intervención, de data 26 de xuño de 2015, relativo á certificación núm. 9 presentada pola empresa Canalizaciones y Construcciones Salnés S.L correspondente a obra “Ensanche e mellora da seguridade viaria na EP 9213 A Granxa-Dorrón, dende PK 0+000 a 0+800 (Sanxenxo)”, Fondos Propios 2013005324, cuxo importe ascende a 34.547,82 €, no que se pon de manifesto a existencia de crédito suficiente na aplicación 15/456-4530-612.02.2013, para facer fronte ó gasto, procede o recoñecemento extraxudicial da obriga, e de conformidade coa base 17ª.1.a) da execución do Orzamento provincial de 2015, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a autorización, o compromiso do gasto e o recoñecemento extraxudicial da seguinte obriga: Empresa Canalizaciones y Construcciones Salnes S.L. CIF B36417533 Aplicación orzamentaria 15/456.4530.612.02.2013 Importe 34.547,82 € Taxa dirección de obra (4% PEM) 959,73 € Control de calidade (4% PEM) 959,73 € Seguridade e saúde (0,50€ PEM) 119,97 € Líquido a percibir 32.508,39 € 12.23649.- RENUNCIA DO DEREITO DE SUBVENCIÓN DE AXUDA A CULTIVOS BAIXO ABRIGO Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, de data 12/12/2014, unha subvención a favor de Josefina Quintans Cores (NIF: 35435895-W), do Concello de Cambados, por un importe de 1.074,10 € para “Reposición de plástico de invernadoiro” con cargo á aplicación 15/410.4120.789.02.2014, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 25/06/2015, do citado interesado renunciando á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. 13.23650.- FINALIZACIÓN DUNHA BOLSA DE PRÁCTICA LABORAL EN EMPRESAS 2014 POR RENUNCIA DUN BOLSEIRO NA EMPRESA CENTRO DEPORTIVO LA CONDESA, S.L. Por acordo aprobado na Xunta de Goberno celebrada o 26 de setembro de 2014 adxudicáronse as bolsas correspondentes ó Plan de práctica laboral en empresas do sector privado 2014, por número de expediente, titulación, candidato seleccionado e empresa de destino, con efectos de 1 de outubro de 2014 e por un período de seis meses, prorrogables por outros seis. O pasado 1 de abril de 2014 iniciou as súas prácticas laborais como bolseiro suplente do expediente P089 da titulación Licenciatura/Grao en ciencias da Actividade Física e do Deporte, o bolseiro Abel Tarrida Rodríguez na empresa Centro Deportivo La Condesa, S.L. Con data de 29 de xuño de 2015 o bolseiro Abel Tarrida Rodríguez presenta escrito solicitando a súa renuncia a continuar participando no Plan de práctica laboral con efectos do 9 de xullo de 2015, manifestando que o motivo da súa renuncia é o traslado da súa residencia ó estranxeiro. A base décimo primeira da convocatoria das bases, establece que daranse por finalizadas as prácticas do bolseiro cando concorra entre outras causas a renuncia voluntaria por parte do bolseiro. A renuncia implicará a perda dos dereitos formativos e económicos que puideran corresponderlle. Por todo o exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade dar por finalizadas as prácticas do bolseiro Abel Tarrida Rodríguez na empresa Centro Deportivo la Condesa, S.L. con efectos do día 9 de xullo de 2015. 14.23651.- RATIFICACIÓN DAS RESOLUCIÓNS PRESIDENCIAIS Nº2015017279, Nº2015017280, Nº2015017461 E Nº2015017535 QUE DAN POR FINALIZADAS AS BOLSAS DE PRÁCTICA LABORAL 2014 POR RENUNCIA DOS BOLSEIROS De conformidade co disposto nas bases das convocatorias dos plans de práctica laboral en empresas do sector privado 2014, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, ratificar as seguintes Resolucións Presidenciais: - Por Resolución Presidencial nº 2015017279 de data 25 de xuño de 2015, resólvese dar por finalizadas as prácticas da bolseira Ángela Taibo Rodríguez na empresa Imagen, Hostelería y Oficinas, S.L. con efectos do día 30 de xuño de 2015. - Por Resolución Presidencial nº 2015017280 de data 25 de xuño de 2015, resólvese dar por finalizadas as prácticas da bolseira Vanesa Soto Míguez na empresa Esquío Ingeniería, S.L. con efectos do día 30 de xuño de 2015. - Por Resolución Presidencial nº 2015017461 de data 25 de xuño de 2015, resólvese dar por finalizadas as prácticas da bolseira Jessica Iglesias Castro na empresa Ohmium Ingeniería Industrial, S.L. con efectos do día 30 de xuño de 2015. - Por Resolución Presidencial nº 2015017535 de data 26 de xuño de 2015, resólvese dar por finalizadas as prácticas da bolseira Lara Martínez Malvido na empresa Reformas y Servicios Integrales de la Edificación del No, S.L. con efectos do día 30 de xuño de 2015. 15.23652.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 16.23653.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Vista a relación de facturas con número 2015028081, que contén dezaseis facturas e por un importe de 60.288,08 €, correspondendo a primeira factura a Serviguide, S.L.., por importe de 9.988,55 €, e a derradeira a Móvete con Nós, S.L., por importe de 1.452,00 €, e visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 2 de xullo de 2015, no que se pon de manifesto que os gastos se fixeron con vicios de procedemento que implican a nulidade das obrigas, sendo necesario a súa aprobación polo sistema de recoñecemento extraxudicial de créditos. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar: A relación de expedientes de referencia coa seguinte estrutura económica: Importe total 60.288,08 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do honorarios técnicos externos 0,00 € Outros descontos 0,00 € Total líquido 60.288,08 € 17.23654.- DAR CONTA DA ACTA DO XURADO DOS PREMIOS NOVOS VALORES DE ARTES PLÁSTICAS 2015 1.- A Xunta de Goberno queda enterada da acta do xurado seleccionador dos premios Novos Valores – 2015 despois da reunión mantida o pasado 29 de xuño que é do seguinte teor: “ACTA DO XURADO DOS PREMIOS NOVOS VALORES 2015 DE ARTES PLÁSTICAS Reunido o xurado seleccionador dos premios Novos Valores 2015 no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra o día 29 de xuño de 2015 ás 10:00 h, composto pola presidenta Ana Isabel Vázquez Reboredo, deputada e presidenta da Comisión de Cultura; os vogais Juan Fernando de Laiglesia González de Peredo, escultor e catedrático de escultura da Universidade de Vigo; Francisco Porto Varela, director da revista de arte contemporáneo Latamuda; Paula Cabaleiro Comesaña, xestora cultural; Silvia García González, decana da Facultade de Belas Artes de Pontevedra; Carmen Mª Hermo Sánchez, artista; Fátima Cobo Rodríguez, coordinadora de exposicións, en representación do Servizo de Cultura e o secretario Antonio Santos Guerra, xefe do Servizo de Cultura; previa observación e estudo das obras presentadas, acordou seleccionar, para seren expostas no Sexto Edificio do Museo, durante un mes, as seguintes obras: DEBUXO Nome do autor Título da obra Técnica Alexandre Sequeiros Camiña Monstruos Tinta Beatriz Sieiro Caramés Soños Rotos Mixta Gabriel Gallego Padín Cylic Ilustración dixital Jesús Javier Benítez Pérez Simple, no sencillo Tinta/papel ESCULTURA Nome do autor Título da obra Técnica Dana Díaz Díaz You are in a vertical mountain Mixta María de la Luz Feijoo Cid Paso a la presencia Pintura/madeira e corda Nerea Lores Acuña Serie s/t (partitura) Escaiola Iván Ferreiro López Todavía sin título (Yet untitled) Madeira lacada, compoñentes electrónicos e instrumento de vento Nuria Bouzas Loureiro Xogo de nenos Chumbo Elisabel De Freitas Rodríguez Fantasmas como saldo Cristal Pablo Rodríguez Barreiro S/t Serie "Empilhamentos" Collage en porcelana vidrada María Teresa Pece Montenegro Uroboros Porcelana, roda de bicicleta FOTOGRAFÍA Nome do autor Título da obra Técnica Sara Gema Domínguez Castillo After after walker Evans Fotografía analóxica María Carmen Rivas Llonín Intemperie Fotografía dixital/pvc Lucía García Rey Horizont #3 Fotografía analóxica, impresión dixital/madeira Elena Pérez-Ardá López Día 3, día 4 (so you think you can tell, heaven from hell) Fotografía analóxica Rafaela Carmen Gómez-Casero Herrera El Príncipe Azul Impresión por tinta inxectada/papel de algodón Ariadna Yáñez Fernández A Fotografía/Performance Javier Fernández Pérez de Lis Novas paisaxes: Perseidas 27 minutos Fotografía analóxica. Copia cromóxena Cristina Durán Martínez s/t. Serie retratos Emulsión fotográfica e grafito GRAVADO Nome do autor Título da obra Técnica Alejandra Mónica Lago Alejandre Seres Inhabitados Serigrafía María José Prada Rodríguez Le pli Fotopolímero, papel pregado Nuria Villa Vicente Traveling Journals Libro de artista PINTURA Nome do autor Título da obra Técnica Miriam Cidrás González Blue Óleo Daniel Cerecedo Bretal This is all you need Acrílico/lenzo Aarón Sanromán Comesaña Contenibles I Verniz, resina epoxi, acrílico, óleo Olmo Blanco Fuentes s/t Talla sobre madeira pintada con acrílico María Jesús Armesto Martínez La colina Mixta/lenzo Olga Rodríguez Coronilla Repintando papeles: geografías Pintura de látex vinílica/papel empapelar Luis Martínez Romero Anulada Óleo/lenzo Pablo Loureiro Costa Paisaje urbano en eje Z Impresión 3D/PVC Alba Fernández Troiteiro Isto non é unha muller Mixta/tapiz pictórico VÍDEO Nome do autor Título da obra Técnica María Castellanos Vicente e Alberto Valverde García La mirada perdida del observador incómodo Vídeo Borja Santomé Rodríguez Historia Cerebro Animación, tinta/acetato Laura Navarrete Álvarez Sonificación pi Vídeo VARIOS Nome do autor Título da obra Técnica Iatir Fernández Pidal Vacuo Silencio Metacrilato, cera de abella, latón Unha vez seleccionadas as obras e tras un minucioso estudo e deliberación, o xurado acorda por unanimidade adxudicar os seguintes premios: Premio Modalidade Nome do autor Título da obra Importe 1º Escultura Nerea Lores Acuña Serie s/t (partitura) 4.000,00 € 2º Vídeo Borja Santomé Rodríguez Historia cerebro 3.000,00 € 3º Fotografía Cristina Durán Martínez s/t. Serie retratos 2.000,00 € 3º Varios Iatir Fernández Pidal Vacuo Silencio 2.000,00 € 4º Gravado María José Prada Rodríguez Le pli 1.000,00 € 4º Escultura Pablo Rodríguez Barreiro s/t Serie “Empilhamentos” 1.000,00 € 4º Pintura Aarón Sanromán Comesaña Contenibles I 1.000,00 € Sen máis asuntos que tratar dáse por concluída a reunión ás 14:30 horas do día indicado, do que eu, como secretario, dou fe.” 2.- Ditos premios achegaranse con cargo á aplicación 15/330.3340.481.01 do Orzamento provincial. 18.23655.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA CONTRATAR, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A EXECUCIÓN DA OBRA “ACONDICIONAMENTO E.P. 9401 TRAMO MOSTEIRO-ARCOS (MEIS)”. (Expte. 2015025433) Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión de 19/06/2015, prestou aprobación ó proxecto de “Acondicionamento E.P. 9401 tramo Mosteiro-Arcos (Meis)” por importe de 295.020,84 €, máis a cantidade de 61.954,38 € correspondente ó IVE. A Deputación non conta con medios humanos e técnicos suficientes para levar por se mesma a execución desta actuación, polo que resulta necesario a súa contratación. Visto o informe do Xefe do Servizo de Contratación, de data 1 de outubro de 2013, no que expón que considerando o R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, no seu artigo 6 tipifica este contrato como de obra ó ter por obxecto a resultado dun conxunto de traballos de construción ou de enxeñería civil, destinado a cumprir en por si unha función económica ou técnica, que teña por obxecto un ben inmoble ou a execución dalgún dos traballos enumerados no Anexo I. Tamén informa que o procedemento aberto e a forma ordinaria que debe utilizarse para a adxudicación destes contratos, tal e como establece o artigo 138.2 do citado R.d.l. 3/2011. Resultando que o Sr. Secretario Xeral emite informe relativo ó prego de condicións que rexerá no procedemento, no que o estima correcto xuridicamente para os fins propostos. Resultando que polo Sr. Interventor emítese informe de fiscalización do expediente certificando a existencia de crédito suficiente para levar a cabo esta actuación. Considerando que a disposición adicional segunda do referenciado R.d.l. 3/2011, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do Orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación que sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o expediente para a contratación, mediante procedemento aberto, da execución da obra “Acondicionamento E.P. 9401 tramo Mosteiro-Arcos (Meis)”. O orzamento deste contrato é de 295.020,84 €, máis a cantidade de 61.954,38 € correspondente ó IVE, o que fai un importe total de 356.975,22 €. Así mesmo a Xunta de Goberno acorda: - Autorizar o gasto por importe de 356.975,22 €. - Aprobar os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas que rexerán como lei fundamental do contrato. - Conceder un prazo de vinte e seis días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio desta contratación no Boletín Oficial da Provincia. O expediente finánciase con cargo á aplicación 15/456.4530-612.02 do vixente Orzamento provincial. Dito prego é como segue: PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES XERAIS QUE REXERÁN A CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA EXECUCIÓN DA OBRA “ACONDICIONAMENTO E.P. 9401 TRAMO MOSTEIRO-ARCOS (MEIS)” EXPTE. 2015025433 1.OBXECTO O obxecto do contrato ó que se refire este prego é a execución das obras descritas no apartado 1 do anexo I, e definidas nos correspondentes proxectos aprobados pola Administración, que recolle as necesidades administrativas a satisfacer mediante o contrato e os factores de toda orde a ter en conta. No caso de que o procedemento aberto se divida por lotes, haberá un anexo I por cada unha delas. O devandito proxecto consta dos documentos esixidos no artigo 123 do TRLCSP, despois de contemplarse na súa elaboración os preceptos do Libro II, título I, capítulo II, sección 2ª do RXLCAP. A memoria, os planos, os cadros de prezos, o prego de prescricións técnicas particulares e o prego de cláusulas administrativas particulares, revestirán carácter contractual. Se o contrato está dividido en lotes, os licitadores poderán optar a unha obra, a varias ou a todas elas, agás que se estableza un número máximo de obras por licitador, para o que se estará ó estipulado no apartado 1 do anexo I deste prego. 2. FINANCIAMENTO E ORZAMENTO DE LICITACIÓN Este contrato será financiado do xeito que se establece no apartado 1 do anexo I e distribuído nas anualidades previstas. O orzamento base de licitación do contrato ascende á cantidade expresada no apartado 1 do anexo I deste prego, incluíndo na mencionada contía todos os factores de valoración e gastos que, segundo os documentos contractuais e a lexislación vixente son de conta do adxudicatario, así como os tributos de calquera índole. En todo caso indicarase como partida independente o importe do Imposto sobre o Valor Engadido (IVE). As proposicións que se presenten superando o orzamento base de licitación serán desbotadas automaticamente. O orzamento de execución por contrata comprende os seguintes conceptos: 1. Gastos xerais da empresa, correspondéndolle a porcentaxe do 13% sobre o orzamento de execución material e comprenderá os seguintes aspectos: • A dirección técnica das obras, sendo o 4% do orzamento de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se prestan en obras provinciais e que aprobou o Pleno da Deputación na sesión do 27 de febreiro de 1998. • Gastos referentes á coordinación da seguridade e saúde: 0,50 % do orzamento de execución material. • Porcentaxe relativa ó control de calidade. Reterase unha porcentaxe fixa do 2 % do orzamento de execución material. 2. Beneficio industrial: aplicarase o 6% sobre o orzamento de execución material. 3. IVE, que se aplicará sobre a suma do orzamento de execución material, beneficio industrial e dos gastos xerais da empresa. Dentro do citado importe inclúense, ademais, toda clase de impostos e licenzas, tanto municipais, provinciais e autonómicas coma estatais. Importante: as retencións aplicaranse sobre o orzamento de execución material da adxudicación. Nos casos nos que se oferten porcentaxes de retención sobre o orzamento global de adxudicación ou sobre calquera outro parámetro traducirase a porcentaxe que corresponda sobre o orzamento de execución material. 3. RÉXIME XURÍDICO En todo o non previsto nos pregos, estarase ó disposto no Real decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público, o Real decreto lexislativo 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a LCSP e no que sexa aplicable no Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (en diante, RXLCAP) en todo o que non contradiga o TRLCSP e en toda a demais normativa aplicable. O descoñecemento do contrato en calquera dos seus termos ou dos documentos anexos que fan parte deste non eximirá ó contratista da obriga do seu cumprimento. O contratista acepta de forma expresa a submisión a estes pregos e á lexislación anteriormente citada, supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. O adxudicatario obrigarase ó cumprimento, baixo a súa exclusiva responsabilidade, das disposicións vixentes sobre relacións laborais, Seguridade Social, protección de datos de carácter persoal e calquera outra de carácter xeral. 4. PROCEDEMENTO O contrato adxudicarase por procedemento aberto e levarase a cabo atendendo a un único criterio de valoración −prezo− ou ben a unha pluralidade de criterios, segundo o disposto no apartado 1 do anexo I deste prego e en aplicación do artigo 150 do TRLCSP, conforme ós termos e requisitos establecidos no devandito texto legal. 5. PERFIL DO CONTRATANTE Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, en cumprimento do disposto no artigo 334 do Real decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e na disposición adicional terceira da Lei 20/2013, de 9 de decembro, de garantía da unidade de mercado, a partir do 15 de decembro de 2014 a Deputación de Pontevedra publicará todas as noticias, avisos e documentación relativa ós seus procedementos de contratación na Plataforma de Contratación do Sector Público do Estado (www.contrataciondelestado.es). Calquera dúbida existente acerca dos pregos que rexen esta contratación será dirixida e resolta a través da dirección de correo electrónico contratacion@depo.es. 6. CAPACIDADE PARA CONTRATAR Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente clasificación e solvencia técnica que se indique no apartado 2 do anexo I, nos termos que dispón o artigo 76 do TRLCSP e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 60 da mencionada norma. A efectos da licitación os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e mais as circunstancias nas que constitúan a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de se constituír formalmente en unión temporal no caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios coincidirá coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan para o efecto (sen que sexa necesaria a súa formalización en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); estas empresas serán responsables solidarias ante a Administración, debendo nomear ante ela a un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que se deriven do contrato ata a extinción deste, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobros e pagamentos dunha contía significativa. A finalidade destas empresas será realizar actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispor dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7. PRAZO DE EXECUCIÓN O prazo máximo estimado para a execución das obras, contando desde o día seguinte ó da sinatura da acta de comprobación do replanteo, agás que exista razón fundada que impida o seu comezo, estímase no apartado 1 do anexo I. O contratista deberá presentar, antes da formalización do contrato, un programa de traballo que contemple o desenvolvemento das unidades de obras en relación co prezo que se van realizar en cada prazo. Estará obrigado a cumprir o contrato na súa totalidade dentro do prazo ofertado, así como nos parciais sinalados para a súa execución sucesiva. Este prazo só se prorrogará cando o órgano de contratación así o aprobe, sempre que concorran os requirimentos esixidos pola lexislación vixente e con petición previa do contratista co informe favorable do director de obra. No caso de prórroga proposta pola dirección da obra o órgano de contratación terá que aprobar o expediente pertinente que implica a modificación. 8. INCUMPRIMENTO DO PRAZO Unha vez incumprido o prazo o contratista incorre automaticamente en demora, podendo a Administración optar entre a imposición de penalidades ou a resolución do contrato no caso de que as penalidades alcancen o 5% do prezo. As penalidades diarias serán cuantificadas na proporción de 0,20 euros por cada 1.000 do prezo de adxudicación. Poderase facer efectivo por algún dos seguintes procedementos: retención ou dedución nas certificacións de obra, con cargo á garantía definitiva, ou pola vía executiva, unha vez finalizado o prazo de ingreso voluntario. Coa imposición de penalidades ampliarase o prazo de execución da obra, á proposta do enxeñeiro director da obra, para a súa correcta finalización. Esta imposición non exclúe e é compatible coa indemnización de danos e perdas causados á Deputación pola demora na execución imputable ó contratista. 9. GARANTÍA DEFINITIVA O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas nos artigos 95 e 96 do TRLCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos dez días hábiles seguintes, contados desde o seguinte ó da recepción do correspondente requirimento. No caso de non se cumprir o prazo sinalado entenderase que o licitador retirou a súa oferta, procedéndose, nese caso, a solicitarlle a mesma documentación ó licitador seguinte, pola orde en que quedasen clasificadas as ofertas. A garantía definitiva ingresarase exclusivamente na Caixa da Deputación. 10. PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES E DOCUMENTACIÓN 10.1. Lugar e prazo de presentación As proposicións presentaranse no Rexistro xeral da Deputación (na sede de Pontevedra, de luns a venres de 8:30 a 14:30 e de 17:00 a 19:00 horas, os sábados de 9:00 a 13:00 horas; na sede da Deputación en Vigo, de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas) dentro dun prazo de vinte e seis días, a contar desde o día seguinte ó da publicación do seu anuncio no BOP. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte a este. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados o empresario deberá xustificar a data e a hora da imposición do envío e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico (contratacion@depo.es) ou mediante télex, fax (número 986 804 126) ou telegrama, sempre no mesmo día. 10.2. Formalidades Os contratistas interesados na licitación deberán presentar tres sobres distintos, nos que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: - Sobre (A, B ou C, en función do sobre correspondente) - Obra núm.… (especificar o número de obra a que se licita) - Núm. de expediente (no caso de que se coñeza) - Denominación do contrato - Nome do licitador - CIF - Enderezo, correo-e e teléfono de contacto - Número de inscrición no Rexistro de contratistas (se é o caso) A documentación que se debe incluír nestes sobres detállase no apartado 4 do anexo I deste prego. 11. MESA DE CONTRATACIÓN Estará integrada da seguinte maneira: Presidente: - O titular da corporación ou o membro no quen delegue. Vogais: - - O Secretario xeral - O Interventor. - O Director de Infraestruturas. Secretario: - O Xefe do Servizo de Contratación. 12. CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL, APERTURA DE PROPOSICIÓNS E CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións constituirase a Mesa de contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no sobre A. No caso de que se precise o arranxo de erros ou omisións na documentación, a Mesa de contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente a Mesa, ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó día no que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, sinalará, en acto público, as que cualificasen como inadmitidas e admitidas e procederá á apertura do sobre B correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, no que se desenvolve parcialmente a LCSP. A devandita documentación seralles trasladada ós técnicos que se consideren oportunos, que a avaliarán e ponderarán seguindo os criterios de valoración establecidos no apartado 3 do anexo I. Unha vez avaliada esta documentación técnica sinalarase, no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra, a data e hora na que se procederá, en acto público, á apertura do sobre C da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas. Darase a coñecer, neste acto, a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos sobres C daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os puntos indicados no apartado 3 do anexo I. Para a valoración das cifras ou valores do sobre C aplicaranse os criterios establecidos no apartado 3 do anexo I. Unha vez aplicados estes criterios clasificaranse as propostas en orde decrecente de valoración e propoñeráselle ó órgano de contratación a adxudicación a favor do licitador que obtivese a oferta economicamente máis vantaxosa. Cando a Mesa de contratación presuma fundadamente que a proposición non se poida cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas, de conformidade co criterio establecido no anexo III, daráselle audiencia ó contratista, por un prazo máximo de cinco días hábiles, para que xustifique a valoración da oferta e precise as súas condicións, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, as solucións técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, a orixinalidade das prestacións propostas ó respecto das disposicións relativas á protección do emprego e as condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia realizar a prestación, ou a posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de contratación, considerando a xustificación efectuada polo licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación a favor da seguinte proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde en que fosen clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. 13. REQUIRIMENTO DE DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR POLA EMPRESA QUE PROPOÑA A OFERTA ECONOMICAMENTE MÁIS VANTAXOSA O órgano de contratación, unha vez avaliadas as propostas, para cuxo efecto poderá solicitar todos os informes técnicos que estime pertinentes, clasificaraas por orde decrecente e requiriralle á empresa coa oferta mais vantaxosa que, dentro do prazo de dez días hábiles, presente a seguinte documentación: 13.1. Documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos previos: De conformidade co disposto no TRLCSP (modificada pola Lei 14/2013, de 27 de setembro, de apoio ó emprendedor) deberá presentarse a seguinte documentación: 1. A capacidade de obrar dos empresarios que fosen persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, no seu caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose esixible segundo a lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional no que consten as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, no seu caso, no correspondente rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de estados membros da Comunidade Europea deberán acreditar a súa inscrición nos rexistros ou achegar as certificacións descritas no artigo 9 do Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (RXLCAP). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar cun informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, no que se faga constar, previa acreditación por parte da empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou na súa falta, que actúan habitualmente no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante un informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (RXLCAP). Se é persoa física, o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador, deberá achegarse o documento que acredite a personalidade deste representante (DNI para españois; pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastanteado en dereito ó seu favor, debidamente inscrito no rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer ó asinamento de contratos coas administracións públicas. No caso de concorreren á licitación varias empresas, constituíndo unha unión temporal cada unha delas, deberá acreditar a súa personalidade e capacidade indicando os nomes e as circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas designando a persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ha de desempeñar a representación da unión temporal ante a Administración. 2. Poder debidamente bastanteado Os que comparezan ou asinen proposicións en nome doutro, ou representen a unha persoa xurídica, deberán presentar tamén unha escritura de poder debidamente bastanteado por un fedatario público cunha antigüidade non superior a 6 meses. 3. Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica Os licitadores deberán acreditar a súa solvencia económica, financeira e técnica nos termos e polos medios que se especifiquen no anuncio de licitación e que se relacionan no apartado 2 do anexo I deste prego. No mesmo apartado especifícanse os requisitos mínimos de solvencia en función dos medios de acreditación da solvencia económica, financeira e técnica. Para a determinación da solvencia das unións temporais de empresarios acumularanse as características acreditadas por cada un dos seus integrantes. Os licitadores poderán acreditar a súa solvencia baseándose na solvencia e medios doutras entidades, independentemente da natureza xurídica dos vínculos que teña con elas, sempre que demostre que para a execución do contrato dispón efectivamente deses medios. 13.2. Documentación necesaria para a adxudicación do contrato O licitador coa oferta economicamente máis vantaxosa deberá presentar a seguinte documentación, de conformidade co disposto no artigo 151.2 do TRLCSP. 1. Certificación positiva expedida pola Tesourería da Seguridade Social, ó abeiro dos artigos 14 e 15 do RXLCAP, que acredite que se atopa ó corrente no cumprimento das súas obrigas coa Seguridade Social. 2. Certificación positiva expedida pola Axencia Estatal da Administración Tributaria ó abeiro dos artigos 13 e 15 do RXLCAP, que acredite que se atopa ó corrente do pagamento das súas obrigas tributarias. 3. Orixinal ou copia compulsada da alta no Imposto de Actividades Económicas na epígrafe correspondente ó obxecto do contrato, referida ó exercicio corrente, ou o último recibo completado cunha declaración responsable de non estar dado de baixa na matrícula do citado imposto. 4. Documentación acreditativa da efectiva disposición dos medios persoais e materiais que se comprometeu a adscribir a execución do contrato. 5. Deberá indicarse a parte do contrato que teñan previsto subcontratar, sinalando a súa porcentaxe con respecto á totalidade do contrato e o nome ou o perfil empresarial. 6. Documento que acredite a constitución da garantía definitiva 7. Documento acreditativo do pagamento dos anuncios 14. ADXUDICACIÓN O órgano de contratación terá alternativamente a facultade de adxudicar o contrato á proposición máis vantaxosa no seu conxunto, se se atende a unha pluralidade de criterios, ou á proposición que incorpore o prezo máis baixo, cando este sexa o único criterio a considerar. A adxudicación acordarase nunha resolución motivada no prazo máximo de dous meses, a contar desde a apertura das proposicións, cando para a adxudicación do contrato deban terse en conta unha pluralidade de criterios, e no prazo máximo de quince días, contando desde a apertura das proposicións, cando o único criterio de valoración sexa o prezo. Estes prazos ampliaranse en quince días hábiles no caso de que haxa que seguir os trámites sinalados no artigo 152.3 do TRLCSP e 22.f do R. d. 817/2009, para as proposicións desproporcionadas ou anormalmente baixas. A adxudicación notificaráselle ós licitadores e, simultaneamente, publicarase no perfil de contratante do órgano de contratación, indicándose o prazo en que debe procederse á súa formalización. O órgano de contratación poderá declarar deserta a licitación, a proposta da mesa de contratación, cando non exista ningunha oferta ou proposición que sexa admisible de acordo cos criterios que figuran no prego. 15. SUBCONTRATACIÓN O contratista poderá concertar con terceiros a realización parcial do contrato, que quedará sometida ó cumprimento dos requisitos establecidos no apartado 2 do artigo 227 do TRLCSP. Deberá indicarse na oferta (sobre B) a parte que teñan previsto subcontratar, sinalando a súa porcentaxe con respecto á totalidade do contrato e o nome ou o perfil empresarial, definido por referencia ás condicións de solvencia, profesional ou técnica, dos subcontratistas ós que se lles vaia encomendar a súa realización. A infracción destas condicións, así como a falta de acreditación da aptitude do subcontratista ou das circunstancias determinantes da situación de emerxencia ou das que fan urxente a subcontratación, poderá dar lugar, en todo caso, á imposición ó contratista dunha penalidade de ata un 50% do importe do subcontrato. Os subcontratistas non terán en ningún caso acción directa fronte á administración contratante polas obrigas contraídas con eles polo contratista como consecuencia da execución do contrato principal e dos subcontratos. O contratista deberá informar os representantes dos traballadores da subcontratación, de acordo coa lexislación laboral. En todo caso, no proceso de subcontratación deberán cumprirse as normas xerais sobre esta materia establecidas na Lei 32/2006, de 18 de outubro, reguladora da subcontratación no sector da construción e as súas normas de desenvolvemento, cuxas infraccións, segundo o indicado no seu artigo 11, serán sancionadas con arranxo ó disposto no Texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado por Real decreto lexislativo 5/2000, de 4 de agosto. As administracións públicas e demais entes públicos contratantes poderán comprobar o estrito cumprimento dos pagamentos que os contratistas adxudicatarios dos contratos públicos han de facer a todos os subcontratistas ou subministradores que participen neles. En tal caso, os contratistas adxudicatarios remitiranlle ó ente público contratante, cando este o solicite, a relación detallada daqueles subcontratistas ou subministradores que participen no contrato, xunto coas condicións de subcontratación ou subministración de cada un deles que garden unha relación directa co prazo de pagamento. Así mesmo, deberán achegar, a solicitude do ente público contratante, un xustificante de cumprimento dos pagamentos unha vez terminada a prestación dentro dos prazos de pagamento legalmente establecidos no artigo 228 e na Lei 3/2004, de 29 de decembro, no que lle sexa de aplicación. Estas obrigas considéranse condicións esenciais de execución, cuxo incumprimento, ademais das consecuencias previstas polo ordenamento xurídico, permitirá a imposición das penalidades que para ese efecto se conteñan nos pregos. 16. REGRAS ESPECIAIS RESPECTO DO PERSOAL LABORAL DA EMPRESA CONTRATISTA 1. Correspóndelle exclusivamente á empresa contratista a selección do persoal que, reunindo os requisitos de titulación e experiencia esixidos nos pregos, fará parte do equipo de traballo adscrito á execución do contrato, sen prexuízo da verificación por parte da entidade contratante do cumprimento daqueles requisitos. A empresa contratista procurará que exista estabilidade no equipo de traballo, e que as variacións na súa composición sexan puntuais e obedezan a razóns xustificadas, para non alterar o bo funcionamento do servizo informando en todo momento á entidade contratante. 2. A empresa contratista asume a obriga de exercer de modo real, efectivo e continuo, sobre o persoal integrante do equipo de traballo encargado da execución do contrato, o poder de dirección inherente a todo empresario. En particular, asumirá a negociación e pagamento dos salarios; a concesión de permisos, licenzas e vacacións; as substitucións dos traballadores nos casos de baixa ou ausencia; as obrigas legais en materia de Seguridade Social, incluído o aboamento de cotizacións e o pagamento de prestacións, cando cumpra; as obrigas legais en materia de prevención de riscos laborais; o exercicio da potestade disciplinaria; así como cantos dereitos e obrigas se deriven da relación contractual entre empregado e empregador. 3. A empresa contratista velará especialmente porque os traballadores adscritos á execución do contrato desenvolvan a súa actividade sen extralimitarse nas funcións desempeñadas respecto da actividade delimitada nos pregos como obxecto do contrato. 4. A empresa contratista estará obrigada a executar o contrato nas súas propias dependencias ou instalacións agás que, excepcionalmente, sexa autorizada a prestar os seus servizos nas dependencias dos entes, organismos e entidades que fan parte do sector público. Neste caso, o persoal da empresa contratista ocupará espazos de traballo diferenciados dos que ocupan os empregados públicos. Correspóndelle tamén á empresa contratista velar polo cumprimento desta obriga. No prego deberá facerse constar motivadamente a necesidade de que, para a execución do contrato, os servizos se presten nas dependencias dos departamentos, axencias, entes, organismos e entidades que fan parte do sector público. 5. A empresa contratista deberá designar, polo menos, un coordinador técnico ou responsable, integrado no seu propio persoal, que terá entre as súas obrigas as seguintes: a) Actuar como interlocutor da empresa contratista fronte á entidade contratante, canalizando a comunicación entre a empresa contratista e o persoal integrante do equipo de traballo adscrito ó contrato, dunha banda, e a entidade contratante, doutra banda, en todo o relativo ás cuestións derivadas da execución do contrato. b) Distribuír o traballo entre o persoal encargado da execución do contrato e transmitirlles as ordes e instrucións que sexan necesarias en relación coa prestación do servizo contratado. c) Supervisar o correcto desempeño por parte do persoal integrante do equipo de traballo das funcións que teñen encomendadas, así como controlar a asistencia do persoal ó posto de traballo. d) Organizar o réxime de vacacións do persoal adscrito á execución do contrato debendo, para ese efecto, coordinarse adecuadamente a empresa contratista coa entidade contratante para non alterar o bo funcionamento do servizo. e) Informar a entidade contratante acerca das variacións, ocasionais ou permanentes, na composición do equipo de traballo adscrito á execución do contrato. 17. FORMALIZACIÓN DO CONTRATO A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato nun documento administrativo dentro do prazo de quince días hábiles, a contar desde o día seguinte ó da notificación da adxudicación, constituíndo este documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo ó seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a súa resolución. Non se poderá iniciar a execución do contrato sen a súa formalización previa. 18. OBRIGAS DO CONTRATISTA TRAS O ASINAMENTO DO CONTRATO Unha vez asinado o contrato o contratista terá a obriga de realizar as seguintes actuacións: 18.1. Control de seguridade e saúde: Deberá contactar coa empresa encargada do control da seguridade e saúde das obras da Deputación. Datos de contacto: Empresa: Atenea Seguridade e Ambiente (A82876905) Enderezo: rúa Médico Ballina, 73, 36005 Pontevedra Teléfono: 986 873 176 Correo-e: delegacion.galicia@ateneasa.com 18.2. Elaboración do Plan de seguridade e saúde de obra: Realizarase en base ó Estudo de Seguridade e Saúde ou, no seu caso, Estudo Básico de Seguridade e Saúde do proxecto (artigo 7 do Real decreto 1627/1997, de 24 de outubro, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción). En obras sen proxecto elaborarase unha avaliación de riscos aplicable á obra, sendo necesaria para a posterior comunicación de apertura do centro de traballo (Orde TIN/1071/2010, de 27 de abril, sobre os requisitos e datos que deben reunir as comunicacións de apertura ou de continuación de actividades nos centros de traballo). Estes documentos entregáronselle a Atenea, que realizará os seguintes trámites ante a Deputación de Pontevedra: a) Aprobación do Plan de seguridade e saúde da obra. b) Nomeamento do coordinador de seguridade e saúde durante a execución da obra. O Plan de seguridade e saúde deberá ser aprobado polo órgano de contratación antes do inicio da obra, co informe previo do coordinador nesta materia durante a execución da obra ou do director, no seu caso. 18.3. Comunicación de apertura do centro de traballo: Con anterioridade ó comezo dos traballos solicitarase a apertura do centro de traballo ante a autoridade laboral competente: Consellería de Traballo e Benestar. Servizo de Relacións Laborais de Vigo: Enderezo: rúa Concepción Arenal, núm. 8, 2º, 36202 Vigo Documentos que se deben achegar xunto co modelo/impreso oficial: Plan de seguridade e saúde aprobado ou avaliación dos riscos. Habilitación do Libro de Subcontratación ante a autoridade laboral competente (artigo 13 do Real decreto 1109/2007, de 24 de agosto, polo que se desenvolve a Lei 32/2006, de 18 de outubro, reguladora da subcontratación no sector da construción). 18.4. Solicitude de licenzas, autorizacións e impostos: O contratista, como substituto da Administración, está obrigado a xestionar o outorgamento de todas as licenzas, impostos, autorizacións e requirimentos establecidos nas normas e ordenanzas municipais e de calquera outro organismo público ou privado que sexan necesarios para o inicio, execución e entrega ó uso ou servizo das obras, solicitando da Administración os documentos que para iso sexan necesarios, sen prexuízo da actuación que a esta última lle corresponda. Así mesmo, o contratista estará obrigado a aboar nos prazos voluntarios establecidos o importe dos gastos e exaccións derivados dos impostos, licenzas, autorizacións e requirimentos referidos anteriormente e calquera que graven a execución e posterior ocupación da obra, gastos que serán de conta do contratista informando inmediatamente á Administración de cumprir os devanditos trámites. Se se entende que as liquidacións practicadas non se axustan a dereito o contratista quedará lexitimado para interpor contra estas os recursos pertinentes, comunicándolle este extremo á Administración contratante. O importe destas cargas derivadas da obra son parte dos gastos asumidos pola oferta económica e conforme a esta estipulación contractual trasládolle o deber de pagamento ó adxudicatario do contrato asinado. 18.5. Inicio das obras: A execución da obra comezará co asinamento da acta de comprobación de replanteo. A data de formalización desta acta non poderá ser maior dun mes desde a sinatura do contrato. Tras a súa formalización a acta de comprobación de replanteo deberá remitírselle inmediatamente ó Servizo de Contratación da Deputación de Pontevedra. Non se tramitará ningunha certificación ata o mes seguinte da entrega na Deputación da acta de comprobación de replanteo. Naqueles casos nos que non resulten acreditadas as circunstancias que permitan considerar favorable a acta ou o director da obra considere necesaria a modificación das obras proxectadas, quedará suspendida a súa iniciación, facéndose constar na acta, e quedando obrigado a dar conta inmediata á Administración, que resolverá o que proceda. No momento de se ditar a resolución quedará suspendida a iniciación das obras desde o día seguinte ó do asinamento da acta, computándose a partir desta data o prazo de seis meses ó que fai referencia o artigo 238 do TRLCSP. Desaparecida a causa que motivou a falta de inicio o órgano de contratación ditará a resolución correspondente, que se lle notificará ó contratista. O prazo de execución empezará a contarse desde o día seguinte ó da recepción da notificación do acordo de autorización de inicio das obras. O disposto anteriormente aplicarase igualmente cando o contratista formulase reservas no acto de comprobación do replanteo. No entanto, se a xuízo do órgano de contratación tales reservas resultasen infundadas, non quedará suspendida a iniciación das obras nin, en consecuencia, será necesario ditar un novo acordo para que se produza a súa iniciación e se modifique o cómputo do prazo para a súa execución. A acta de comprobación do replanteo fará parte integrante do contrato ós efectos da súa esixibilidade. 18.6. Certificacións: A dirección de obra realizará mensualmente a medición das unidades de obra executadas redactando unha relación valorada, na que tomará como referencia os prezos contratados, e sobre a que expedirá a correspondente certificación de obra. Emitirase a certificación aínda que o seu importe sexa 0. Deberán presentarse no Rexistro da Deputación, coa conformidade da dirección de obra e dos técnicos responsables, nos cinco primeiros días de cada mes. A factura deberase remitir unha vez estea conformada a certificación en todo caso antes dos 30 días da realización do obxecto do contrato; no rexistro de facturas contable só se rexistrará a factura. Aquelas certificacións e facturas que se presenten con data posterior, a Administración quedará coa potestade de non tramitalas ata o mes seguinte. Non se admitirán as facturas que teñan unha data anterior a cinco días desde a súa entrada no Rexistro. As certificacións de obra axustaranse ós modelos de certificación común e anticipada para obras da Deputación que foron aprobadas pola Resolución presidencial, de 13 de xullo de 2007, e que se atopan na área de descargas da páxina web www.depo.es. O técnico director deberá practicar nas certificacións de obra as retencións correspondentes ás porcentaxes de seguridade e saúde, a taxa por dirección de obra e a ofertada polo adxudicatario en concepto de control de calidade. Estas retencións aplicaranse sobre o orzamento de execución material do orzamento de adxudicación. As certificacións de obra que recollan unha execución en mora teñen que ir acompañadas da xustificación da mora polo contratista e o correspondente informe de conformidade da dirección da obra; en caso contrario será necesario que a certificación recolla a retención correspondente ás penalidades. 18.7. Solicitude de prórroga no prazo de execución: As obras executaranse con estrita suxeición ós pregos de condicións, proxecto e o prazo ofertado. A prórroga é un instrumento excepcional que deberá ser expresamente concedido polo órgano de contratación, tras a previa petición do contratista ó que deberá acompañarse dun informe favorable do director de obra. 18.8. Modificación do proxecto: A consideración da necesidade da modificación do proxecto recae exclusivamente no director de obra, quen solicitará de forma inmediata a autorización do órgano de contratación para iniciar o correspondente expediente e redactar un proxecto modificado unha vez autorizado. Unicamente poderase modificar o contrato cando se estableza no anexo I, de forma clara, precisa e inequivoca as condicións en que poderá facerse uso desta posibilidade, ou polas circunstancias previstas no artigo 107 TRLCSP. 19. OUTROS GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO Ademais dos anteriormente sinalados (gastos dos anuncios ou pagamento das licenzas de obrigado aboamento nos prazos voluntarios establecidos; o importe dos gastos e exaccións derivados dos impostos, licenzas, autorizacións e requirimentos e calquera que grave a execución e posterior ocupación da obra, gastos que serán de conta do contratista, informando inmediatamente á Administración do cumprimento os trámites), serán a cargo do adxudicatario os gastos que xere o expediente, así como os de carteis de obra, que serán colocados no lugar que lles indique a dirección de obra. Ademais, os adxudicatarios estarán obrigados a colocar toda a sinalización necesaria que garanta a plena seguridade da obra e a designar un xefe de obra coa cualificación técnica, capacidade e experiencia suficiente para representar ó contratista durante toda a execución da obra. Na área de descargas de documentos da páxina web poderase atopar o deseño dos carteis. 20. RESPONSABLE DO CONTRATO A Deputación poderá designar un responsable do contrato, vencellado a esta institución, ó que lle corresponderá supervisar a súa execución, adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. Estas facultades do responsable do contrato entenderanse sen prexuízo das que lle corresponden ó director facultativo das obras. 21. EXECUCIÓN DAS OBRAS E RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA As obras executaranse con estrita suxeición ás estipulacións contidas neste prego, ó proxecto que serve de base ó contrato e conforme ás instrucións que en interpretación técnica deste lle desen ó contratista ou ó director facultativo, e se é o caso, ó responsable do contrato, nos ámbitos da súa respectiva competencia. (art. 230 do TRLCSP). As instrucións de carácter verbal deberán ser ratificadas por escrito no máis breve espazo posible para que sexan vinculantes para as empresas. No suposto de incumprimento dos compromisos ou das condicións especiais de execución do contrato ofertados polo contratista, referente ós materiais ou medios persoais (por exemplo, dedicación dun número determinado de medios humanos ou unhas características especiais dos traballadores ou técnicos ofertados), a Administración poderá penalizar o contratista ata un importe do 10% do orzamento (art. 212.1 do TRLCSP). O contratista indemnizará todos os danos e perdas que se lle causen a terceiros como consecuencia da realización das obras contratadas (art. 214 do TRLCSP). 22. EXECUCIÓN DEFECTUOSA E DEMORA O contratista está obrigado a cumprir o contrato dentro do prazo fixado para a súa realización, así como os prazos parciais sinalados para a súa execución sucesiva. Se as obras sufrisen un atraso na súa execución, e sempre que o mesmo non for imputable ó contratista e este ofrecese cumprir os seus compromisos, concederase polo órgano de contratación un prazo que será, polo menos, igual ó tempo perdido, a non ser que o contratista pedise outro menor, de acordo co establecido no artigo 213.2 do TRLCSP, regulándose a súa petición polo establecido no artigo 100 do RXLCAP. A petición de prórroga por parte do contratista deberá ter lugar nun prazo máximo de quince días desde aquel en que se producir a causa orixinaria do atraso, alegando as razóns polas que estime que non lle é imputable e sinalando o tempo probable da súa duración, ós efectos de que a Administración poida oportunamente, e sempre antes da terminación do prazo de execución do contrato, resolver sobre a súa prórroga, sen prexuízo de que unha vez desaparecida a causa se reaxuste o prazo prorrogado ó tempo realmente perdido. Cando o contratista, por causas imputables a si mesmo, incorrese en demora respecto ó cumprimento do prazo total, a Administración poderá optar, indistintamente, pola resolución do contrato ou pola imposición de penalidades que figuran neste prego. Cada vez que as penalidades por demora alcancen un múltiplo do 5% do prezo do contrato, o órgano de contratación estará facultado para proceder á resolución deste ou acordar a continuidade da súa execución con imposición de novas penalidades. Neste último suposto o órgano de contratación concederá a ampliación do prazo que estime necesaria para a terminación do contrato. A Administración terá as mesmas prerrogativas cando a demora no cumprimento dos prazos parciais faga presumir razoablemente a imposibilidade do cumprimento do prazo total. A aplicación e o pagamento destas penalidades non exclúen a indemnización á que a Administración poida ter dereito por danos e perdas ocasionados con motivo do atraso imputable ó contratista. 23. RECEPCIÓN E CERTIFICACIÓN FINAL DE OBRAS O contratista comunicaralle á dirección da obra a data prevista para a terminación da execución do contrato, ós efectos de que se poida realizar a recepción. Na recepción concorrerán o responsable do contrato ou un facultativo designado pola Administración en representación desta, o facultativo encargado da dirección das obras e o contratista asistido do seu facultativo, se o estima oportuno. Do resultado da recepción levantarase unha acta que subscribirán todos os asistentes, retirando un exemplar orixinal cada un deles. Recibidas as obras procederase a seguir á súa medición xeral polo director de obra con asistencia do contratista, formulándose sobre o resultado a correspondente relación valorada e tramitándose, antes do transcurso de tres meses desde a recepción, a correspondente certificación final. Os excesos de obras que non superen o 10% do contrato, excluído o IVE, deberán ser certificados ó final acompañados dun informe do director de obra xustificándoos. A dirección da obra achegará á acta de recepción un estado de dimensións e características da obra executada que defina con detalle as obras realizadas tal e como se atopan no momento da recepción, para os efectos de inventario. 24. XUSTIFICACIÓN DAS MELLORAS O técnico director acompañará á certificación final, tras a recepción da obra, a xustificación da aplicación das melloras ofertadas polo adxudicatario, mediante un informe ó que se engadirá unha relación valorada das distintas unidades de obra con indicación para cada unha delas dos prezos unitarios e totais. Na valoración das melloras non se terán en conta as porcentaxes de gastos xerais (13%), o beneficio industrial (6%) nin o IVE (21%). 25. LIQUIDACIÓN DA OBRA Transcorrido o prazo de garantía, se o informe do director da obra sobre o seu estado for favorable, formularase no prazo dun mes a proposta de liquidación das realmente executadas, tomando como base para a súa valoración as condicións económicas establecidas no contrato. O órgano de contratación aprobará a liquidación da obra, podendo existir unha variación no saldo do contratista en contra ou a favor, que, no último caso, lle será aboada a cantidade endebedada. 26. GARANTÍA DA OBRA A obra terá un período de garantía desde o día seguinte ó da data de formalización da acta de recepción, neste tempo o contratista estará obrigado á súa conservación e policía e á reparación dos danos producidos pola defectuosa execución da obra. De se producir un incumprimento dos deberes accesorios propios da garantía, non podendo resolverse o contrato, poderase incautar a garantía e se non for suficiente, poderanse reclamar danos e perdas pola vía de constrinximento. Dentro do prazo dos quince días anteriores ó cumprimento do prazo de garantía, o director facultativo da obra, de oficio ou a instancia do contratista, redactará un informe sobre o estado das obras. Se este for favorable, o contratista quedará relevado de toda responsabilidade. No caso de que o informe non fose favorable e os defectos observados se debesen a deficiencias na execución da obra e non ó emprego do construído durante o prazo de garantía, o director da obra procederá a ditarlle as oportunas instrucións ó contratista para a debida reparación do construído, concedéndolle un prazo para iso durante o cal continuará encargado da conservación das obras, sen dereito a percibir cantidade ningunha por ampliación do prazo de garantía. 27. DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN A documentación incluída no sobre A dos licitadores que non resultasen adxudicatarios poderá ser retirada por eles mesmos, previo aviso ó Servizo de Contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no correo-e contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados desde o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores e durante o prazo de 30 días naturais, salvo que a Administración considere oportuno retela no suposto de que interpuxesen reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorridos os prazos anteriormente mencionados esta Administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 28. RESOLUCIÓN DO CONTRATO O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos artigos 223 e 237 do TRLCSP. 29. XURISDICIÓN COMPETENTE As cuestións litixiosas que xurdan sobre a interpretación, modificación, resolución e efectos deste contrato serán resolvidas polo órgano de contratación, cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contencioso-administrativa, a teor do disposto na lei reguladora desta xurisdición.” Ditos anexos son como seguen: ANEXO I CARACTERÍSTICAS DO CONTRATO 1. DEFINICIÓN E CARACTERÍSTICAS DO CONTRATO 1.1. DEFINICIÓN OBXECTO DO CONTRATO Execución da obra “acondicionamento E.P. 9401 tramo Mosteiro-Arcos (Meis)”. 1.2. PROCEDEMENTO División en lotes: non. Cualificación contrato: obra. CPV: 45000000. Trámite: ordinario. Procedemento: aberto. Órgano de contratación: Xuta de Goberno. Prazo de presentación de ofertas: 26 días naturais (artigo 159.2 do R. d. l. 3/2011), a contar desde o día seguinte ó da publicación do seu anuncio no BOP 1.3. TIPO DE LICITACIÓN, ORZAMENTO MÁXIMO ESTIMADO DO CONTRATO E FINANCIAMENTO A) TIPO DE LICITACIÓN: Formulación do prezo: prezo tanto alzado: Importe sen IVE: 295.020,84 € IVE (21%): 61.954,38 € Total con IVE: 356.975,22 € B) FINANCIAMENTO: Cadro de financiamento Anualidade Aplicación orzamentaria Importe 2015 15/456.4530-612.02 356.975,22 Revisión de prezos: non procede, por ter un prazo de execución inferior a un ano. 1.4. PRAZO DE EXECUCIÓN O prazo máximo para a execución da obra de referencia establécese en catro meses contados desde o día seguinte ó do asinamento da acta de comprobación de replanteo, agás que exista razón fundada que impida o seu comezo. 1.5. RÉXIME DE PAGAMENTOS. CERTIFICACIÓNS A dirección de obra realizará mensualmente a medición das unidades de obra executadas, redactando unha relación valorada, na que tomará como referencia os prezos contratados, e sobre a que expedirá a correspondente certificación de obra. 1.6. GARANTÍAS Provisional: non procede Definitiva: 5% do importe de adxudicación do contrato (IVE excluído) Prazo de garantía mínimo: o adxudicatario deberá garantir cando menos por un ano a execución da obra. 1.7. PENALIZACIÓNS No suposto de incumprimento dos compromisos ou das condicións especiais de execución do contrato ofertados polo contratista aplicarase o disposto no artigo 212 do TRLCSP. 2. SOLVENCIA ECONÓMICA, FINANCEIRA E TÉCNICA (Documentación a presentar na fase de requirimento, segundo figura na cláusula 13.1. do prego económico-administrativo). Clasificación: Non se precisa. Acreditación da solvencia económica, financeira e técnica. Solvencia económica e financeira Deberase acreditar unha cifra media de negocio dos traballos realizados pola empresa nos últimos cinco anos, igual ou superior á do orzamento total do contrato, IVE incluído. Documentación a presentar: a) No caso de entidades con personalidade xurídica propia (sociedades mercantís): - As contas anuais (conta de perdas e ganancias) dos cinco últimos anos presentadas no Rexistro Mercantil ou no rexistro oficial que corresponda e/ou os modelos 200 (declaración-liquidación do Imposto sobre Sociedades) dos tres últimos anos. b) No caso de titulares de actividades económicas no ámbito do Imposto Sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) b.1) Empresarios e profesionais con tributación do IRPF mediante o método de estimación directa normal ou simplificada. - Libro de rexistro de vendas e ingresos dos tres últimos anos (debendo estar debidamente legalizados para aqueles que teñan dita obriga). - Modelo 390 (declaración resumo anual IVA) dos tres últimos años e/ou modelo 100 (Documento de ingreso ou devolución da declaración do IRPF) dos tres últimos anos. b.2) Empresarios e profesionais con tributación do IRPF mediante o método de estimación obxectiva. - Libro de rexistro de vendas e ingresos dos tres últimos anos e/ou modelo 100 (documento de ingreso ou devolución da declaración do IRPF) dos últimos tres anos. - Declaración responsable asinada polo representante legal que acredite que o libro de rexistro de vendas e ingresos reflicte a imaxe fiel da actividade económica da empresa. No caso de non dispor do libro de rexistro de vendas e ingresos, a declaración debe acreditar que o rendemento neto da actividade reflicte a imaxe fiel da actividade económica da empresa. B) Solvencia técnica - Relación das obras executadas no transcurso dos cinco últimos anos avalada por certificados de boa execución para as obras máis importantes; estes certificados indicarán o importe, as datas e o lugar de execución das obras e precisarase se se realizaron segundo as regras polas que se rexe a profesión e se levaron normalmente a bo termo (anexo V). O importe total destes contratos xustificados deberá ser igual ou superior ó orzamento deste contrato, IVE incluído. C) Declaración indicando a maquinaria, o material e o equipo técnico do que se dispoñerá para a execución das obras, á que se lle achegará a documentación acreditativa pertinente. 3. CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO Pluralidade de criterios: si Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase ós seguintes criterios directamente vencellados ó obxecto do contrato: 1. Criterios non avaliables mediante fórmulas (sobre B): máximo de 45 puntos • Memoria construtiva e programa de traballo, ata un máximo de 35 puntos. • Memoria de seguridade e saúde, ata un máximo de 5 puntos. • Programa de actuacións ambientais, ata un máximo de 5 puntos. 2. Criterios de valoración automática (sobre C): máximo de 55 puntos • Valoración da oferta económica, ata un máximo de 55 puntos. Este criterio valorarase en función da fórmula establecida no anexo III Os criterios non avaliables mediante fórmulas (sobre B) valoraranse de conformidade cos seguintes criterios: -Memoria construtiva e programa de traballo, ata un máximo de 35 puntos Valorarase o coñecemento do proxecto e do terreo onde se executará a obra e deberase explicar a metodoloxía a empregar na súa execución, as provisións a utilizar e os medios materiais e humanos que se compromete a adscribir. Os licitadores presentarán un programa de execución da obra que contemple os prazos parciais, debendo existir unha coherencia entre a planificación e os medios adscritos. O prazo de execución da obra proposto terá que ser coherente coas actuacións a realizar previstas na memoria e programa de traballo. Valorarase como positivo unha redución do prazo, a condición de que sexa razoable e de posible cumprimento. O prazo considérase como unha obrigación esencial do contrato, sendo o seu incumprimento obxecto de penalidades e mesmo de resolución do contrato. Nota moi importante: na documentación que se presente no sobre B, e en especial neste apartado, non se poderá incluír ningún dato que permita intuír a proposta económica ofertada polo licitador. Toda referencia económica en relación ó programa de traballo e á súa execución por anualidades, no seu caso, presentarase única e exclusivamente no sobre C. O incumprimento deste precepto provocará a exclusión da oferta no proceso de licitación. - Memoria de seguridade e saúde, ata un máximo de 5 puntos: 1. Definición da cuestión principal en relación coa seguridade e saúde dos traballos: Describiranse as actividades de maior problema na súa execución en relación coa seguridade e saúde. Definiranse as actuacións preventivas a desenvolver a través de procedementos construtivos que integren a prevención de riscos laborais en cada un dos pasos a seguir na execución da correspondente unidade de obra. 2. Análise da organización preventiva e sistema de xestión da prevención a desenvolver na obra: Neste apartado desenvolverase, entre outros aspectos, cal vai ser o sistema de xestión da prevención de riscos laborais a aplicar na obra, debendo especificar os medios de coordinación preventiva necesarios, de acordo co Real decreto 171/2004, en materia de coordinación de actividades empresariais, así como a forma en que se vai realizar a información de riscos e medidas preventivas ós traballadores na obra, a supervisión das avaliacións de riscos e medidas preventivas específicas para a obra a presentar por cada un dos subcontratistas intervenientes e outras. Así mesmo, presentarase o sistema de selección de empresas subcontratistas en relación con aspectos a considerar en materia de prevención de riscos laborais. 3. Análise das actividades de especial perigosidade a desenvolver na obra (anexo I. do R. d. 1627/97): Neste apartado realizaranse, entre outros aspectos, a descrición das actividades de especial perigosidade a executar na obra, así como a designación dos recursos preventivos para realizar a supervisión e control permanente en obra de ditos traballos. Verificarase que as persoas asignadas reúnan os coñecementos, cualificación e experiencia necesarias e que conten coa formación mínima de nivel básico en prevención de riscos laborais, todo iso de acordo co establecido pola Lei 54/2003, de reforma do marco normativo da prevención de riscos laborais. 4. Análise da proposta de información e estudo dos índices de sinistralidade da obra: Neste apartado analizarase a proposta de presentación dos distintos índices de sinistralidade, así como a súa análise en comparación cos do sector da construción. Así mesmo presentaranse as propostas de estudo dos accidentes acaecidos na obra. 5. Relación de maquinaria, ferramentas e medios auxiliares a utilizar na obra: Neste apartado solicitarase a documentación acreditativa de que toda a maquinaria e as ferramentas auxiliares cumpren a normativa vixente en materia de seguridade e saúde, e mais das revisións e mantementos de cada unha das máquinas xunto co seu protocolo de seguimento. Tamén se incluirán os documentos de autorización de uso de cada máquina ou equipo de traballo, cos nomes dos traballadores autorizados para o seu uso. 6. Documentación acreditativa da formación, información e entrega de EPI: Presentarase a proposta de como realizar a formación dos traballadores en obra, así como de información dos riscos ós que están sometidos nela. Reflectirase o sistema de revisión e seguimento dos mencionados aspectos de formación e información. Presentarase o protocolo de entrega dos equipos de protección individual, da súa correcta utilización, mantemento e sobre os riscos dos que o protexen, así como se haberá de definir como se verificará a súa utilización por parte dos traballadores. 7. Relación de proteccións colectivas a empregar na obra: Presentaranse as proteccións colectivas necesarias na obra, determinando como se definirá a súa necesidade e como se verificará a súa correcta utilización, estado e reposición. - Programa de actuacións ambientais, ata un máximo de 5 puntos: Para este programa valoraranse as propostas de medidas de xestión ambiental e dos produtos a utilizar na obra, con inclusión dos certificados e demais documentos acreditativos destes requirimentos. Especialmente cualificarase a precisión na identificación de unidades de obra que poidan xerar impactos, a dispoñibilidade de instrucións de traballo, a organización física da obra, a localización de vertedoiros, a identificación de requirimentos legais e os sistemas de boa xestión ambiental propostos. As medidas ambientais valoraranse de acordo cos seguintes criterios: a) Se a execución da obra se realiza nun marco de xestión ambiental de acordo ó regulamento comunitario CEE1836/93, ou ben ás normas internacionais ISO (serie 1S014000) europeas EN ou españolas UNE (77/801-94 e 77/802-94). b) Se os materiais a utilizar polo licitador proveñen dun proceso de reciclado ou reutilización en máis dun 50%, conforme a unha certificación emitida por un laboratorio ou organización que non faga parte do mesmo grupo de empresas ó que pertenza o ofertante. Estes materiais deberán cumprir as especificacións técnicas do proxecto, así como o prego de prescricións técnicas e calquera outra norma técnica de obrigado cumprimento. c) Se os materiais a utilizar polo licitador son reutilizables ou teñen un grao de reciclabilidade superior ó 50%, conforme a unha certificación emitida por un laboratorio ou organización que non faga parte do mesmo grupo de empresas ó que pertenza o ofertante. Estes materiais deberán cumprir as especificacións técnicas do proxecto, así como o prego de prescricións técnicas e calquera outra norma técnica de obrigado cumprimento. d) Se na execución da obra se contempla algunha das seguintes medidas: xestión ambiental de terras e materiais de obra, restauración paisaxística; redución na xeración de residuos; diminución da contaminación por verteduras, acústica, atmosférica ou do chan; redución do impacto visual, cultural ou sociolóxico; limitación de impacto sobre fauna e flora local; diminución do uso de combustibles fósiles ou utilización de enerxías renovables. Nota importante: só se procederá á apertura e á valoración das propostas do sobre C daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 20 puntos. 4. DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR SOBRE A: DOCUMENTACIÓN ADMINISTRATIVA Este sobre conterá os seguintes documentos: 1.Unha relación de todos os documentos incluídos neste sobre 2.Declaración responsable subscrita pola persoa que asine a proposición, de acordo co modelo que se achega no anexo II. 3.Compromiso do licitador de dedicar ou adscribir ó contrato os medios persoais e materiais suficientes necesarios para a súa execución, ós que se refire o artigo 64.2 do TRLCSP. Sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación do contrato. 4.As empresas estranxeiras presentarán unha declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto poidan xurdir do contrato, con renuncia, se é o caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponderlle o licitador. En todo caso as empresas estranxeiras presentarán os seus documentos debidamente traducidos de forma oficial ó castelán ou ó galego. Presentación do sobre A no caso de licitar a varias obras: No caso de que o contrato se divida en varias obras, se un mesmo licitador se presenta a varias obras poderá presentar un único sobre A. Pola contra, deberá presentar un sobre B e outro C por cada unha das obras ás que se presente. SOBRE B: DOCUMENTACIÓN CORRESPONDENTE Á VALORACIÓN DE CRITERIOS NON AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS Presentarase pechado e contendo os seguintes documentos: 1. Como primeiro documento presentarase unha relación numerada e foliada de todos os documentos, asinada e selada polo representante legal da empresa 2. Memoria construtiva e programa de traballo 3. Memoria de seguridade e saúde 4. Programa de actuacións ambientais Toda a documentación relativa a este sobre deberá presentarse en formato A4 e cun límite máximo de 100 follas. Enténdese por folla unha cara dun folio. Poderase rexeitar unha proposición por incumprir esta condición. SOBRE C: DOCUMENTO CORRESPONDENTE Á VALORACIÓN DE CRITERIOS AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS Presentarase pechado e contendo o seguinte documento: Modelo de proposición, seguindo o modelo determinado no anexo IV do prego de condicións, asinado e selado. Este modelo conterá a oferta económica. Non se aceptarán aquelas propostas que conteñan omisións, erros ou riscaduras que impidan coñecer claramente o que a Administración estime fundamental para considerar a oferta. Se algunha proposición non gardase concordancia coa documentación examinada e admitida, excedese do orzamento base de licitación, variase substancialmente o modelo establecido, comportase erro de relevo no importe da proposición ou existise recoñecemento por parte do licitador de que adoece de erro ou inconsistencia que a fagan inviable, poderá ser desbotada pola Mesa de contratación. Na proposición indicarase como partida independente o importe do Imposto sobre o Valor Engadido. Así mesmo, cando para a selección do contratista se atenda a unha pluralidade de criterios, incluirase neste sobre a documentación relativa a aqueles criterios avaliables de xeito automático mediante cifras ou porcentaxes por aplicación das fórmulas establecidas nos pregos. Os licitadores poderán optar a unha obra, a varias ou a todas as mencionadas na referida relación.” ANEXO II DECLARACIÓN RESPONSABLE Nota: este modelo pode descargarse en formato PDF para cubrilo na área de descargas do seguinte enderezo web: http://www.depo.es/web/edepo/contratacion1 ANEXO III “FÓRMULA DE VALORACIÓN Enumeración dos criterios avaliables mediante formulas(Sobre C). Nota importante: Só se procederá á apertura e valoración das propostas do sobre C daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 20 puntos. Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 55 puntos de conformidade cos seguintes criterios: -Valoración oferta económica, ata un máximo de 55 puntos. Entenderase por ofertas admitidas todas aquelas que non quedaran excluídas unha vez realizados o exame da documentación administrativa contida no sobre A, e a análise técnica da documentación contida no sobre B. En función da proposición económica as ofertas puntuaranse entre 0 e 55 puntos. Para o cálculo das puntuacións da oferta económica tomarase como máxima puntuación o valor 100, e se aplicará a ponderación do 55% ó resultado que se obteña nos cálculos seguintes: Sendo: PE= puntuación económica. Bi= Baixa da oferta para a que se quere determinar a puntuación calculada coma a porcentaxe que represente a diferenza entre o orzamento base de licitación (IVE excluído) e o orzamento da oferta presentada (IVE excluído), expresado en tanto por cento sobre o orzamento base de licitación (IVE excluído) Be= Baixa da oferta máis económica de todas as admitidas, non tendo en conta as ofertas que se declaren anormais ou desproporcionadas que quedan excluídas da clasificación de acordo co artigo 151 do TRLCSP. Para os efectos da consideración de presunción de ofertas con valores anormais ou desproporcionados se considerará que están incursas nesa situación (baixa temeraria) as proposicións cunha Bi que: 1. Exceda en (K*δ´) ó valor da “baixa de referencia” (Br), no caso de que o número de empresas licitadoras admitidas (tras a apertura e comprobación da documentación contida no sobre C, inclúan ou non valores anormais ou desproporcionados) sexa igual ou superior a cinco. Presunción de temeridade: Bi>Br + (K * δ´) si n≥5 Sendo: - Bi=Baixa da oferta para a que se quere determinar a puntuación calculada coma a porcentaxe que represente a diferenza entre o orzamento base de licitación (IVE excluído) e o orzamento da oferta presentada (IVE excluído), expresado en tanto por cento sobre o orzamento base de licitación (IVE excluído) de todas as proposicións admitidas tras a apertura e comprobación da documentación contida no sobre C, inclúan ou non valores anormais ou desproporcionados. - Br = mínimo (Bm, B´m) o Bm = Baixa media calculada n ∑ Bi i = 1 Bm = -------------- n o B´m = media aritmética das baixas das ofertas que cumpran a condición seguinte: (Bm – δ) ≤ Bi ≤ (Bm + δ)  δ = desviación típica calculada n ∑ (Bi – Bm)2 i = 1 δ = --------------------- n - K = factor de temeridade, K=2,5 - δ´ = desviación típica das baixas das ofertas que cumpren a anterior condición sinalada para o cálculo de B´m - n=Número de ofertas admitidas tras a apertura e comprobación da documentación contida no sobre C, inclúan ou non valores anormais ou desproporcionados 2. Exceda en tres ou máis unidades ó valor da “baixa de referencia” (Br), no caso de que o número de empresas licitadoras admitidas (tras a apertura e comprobación da documentación contida no sobre C, inclúan ou non valores anormais ou desproporcionados) sexa inferior a cinco. Presunción de temeridade: Bi>Br + 3 si n<5 Para calcular a baixa de referencia seguiranse as instrucións especificadas no punto anterior. Para os efectos de establecer este promedio terase en conta que cando as empresas que formen parte dun mesmo grupo, segundo os supostos do artigo 42.1 do Código de Comercio, presenten distintas proposicións, tomarase unicamente a oferta máis baixa de todas as do grupo. Cando se identifique unha proposición que poda ser considerada desproporcionada ou anormal, conforme ó establecido nos parágrafos anteriores, deberá darse audiencia ó licitador que a presentara para que, no prazo de 5 días hábiles, contados a partires do día seguinte a aquel no que se reciba a comunicación que se realizará por fax ou correo electrónico, presente a documentación xustificativa da valoración da oferta e precise as condicións da mesma, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, as solucións técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables que dispoña para executar a prestación, a orixinalidade das prestacións propostas, o respecto das disposicións relativas á protección de emprego e as condicións de traballo vixentes no lugar no que se vaia a realizar a prestación ou a posible obtención dunha axuda do Estado, tal e como se recolle no artigo 152 do TRLCSP. Analizada a xustificación efectuada polo licitador e os informes técnicos correspondentes que fora necesario solicitar, a oferta quedará excluída e non será obxecto de clasificación si se estima que esta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados. Asemade resultará excluído da citada clasificación si o licitador non contestara ó requirimento da información xustificativa solicitada.” ANEXO IV “MODELO DE PROPOSICIÓN (SOBRE C) Dª/D…........................., maior de idade, veciño de….................., con domicilio en …........., titular do DNI…..............., expedido na data…..........., actuando en nome propio/ou en representación da empresa …................ (CIF núm. …....................) e con domicilio en …............., teléfono…................. segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Decatado do anuncio para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente á obra (especificar denominación da obra): Primeiro. Declaramos que na execución do contrato se cumprirán as obrigas derivadas das disposicións vixentes en materia de protección do emprego, condicións de traballo e prevención de riscos laborais. Segundo. Comprometémonos a prestar o servizo con estrita suxeición ós pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que aceptamos en todas as súas partes, coas seguintes condicións: - Polo prezo de ____________ (en letra e número) euros, máis__________ euros (en letra e número) correspondente ó IVE - Prezo total (en letra e número): -Prazo de execución de las obras: ……………………………………., ….. de …………………… de ……….. (Lugar, data, sinatura e selo do licitador)” ANEXO V “MODELO DE ACREDITACIÓN DE SOLVENCIA TÉCNICA DE OBRAS REALIZADAS (SOBRE A) ACREDITACIÓN DA SOLVENCIA TÉCNICA E PROFESIONAL RESPECTO DA REALIZACIÓN DE OBRAS REALIZADAS POLA EMPRESA NOS ÚLTIMOS CINCO ANOS TÍTULO DO CONTRATO NÚM. DE EXPEDIENTE Dª/D. …………, con DNI núm. …….., en nome propio ou en representación da empresa ………, con NIF/CIF núm. …… DECLARA que a relación de obras análogas ó obxecto deste contrato realizadas nos últimos cinco anos son as que se recollen na táboa seguinte: Título do contrato Obxecto Data Importe ano 2009 Importe ano 2010 Importe ano 2012 Importe ano 2013 Importe ano 2014 Importe total dos últimos 5 anos Destinatario Inicio Fin Totais ……………………………………., ….. de …………………… de ……….. (Lugar, data, sinatura e selo do licitador)” 19.23656.- ADXUDICACIÓN DO CONTRATO PARA A EXECUCIÓN DA OBRA “MELLORA DE TRAZADO E SEGURIDADE VIAL NA E.P. 7017 CALLOBRE-PONTELEDESMA, TRAMO RIOBO-OCA, PK 7+170 A 8+400 (A ESTRADA)” (Expte. 2015005726) “Resultando que la Junta de Gobierno, en sesión celebrada el día 27/03/2015, prestó aprobación al expediente de contratación, mediante procedimiento abierto, de la obra de “Mejora de trazado y seguridad vial en E.P. 7017 Callobre-Ponteledesma, tramo Riobó-Oca, PK 7+170 A 8+400 (A Estrada)”, con presupuesto de 619.768,27 €, más la cantidad de 130.151,34 € correspondiente al IVA. Resultando que el día 08/05/2015, se constituyó la Mesa de Contratación procediendo al estudio de la documentación administrativa contenida en los sobres “A”, admitiendo a todas las empresas presentadas. Resultando que el día 11/05/2015, este mismo órgano, en acto público, indicó las plicas que fueron calificadas como admitidas, procediendo a la apertura de los sobres B, correspondiente a la documentación técnica valorable mediante criterios no evaluables mediante formulas, tal y como prevé el artículo 27 del Real Decreto 817/2009, por el que se desarrolla parcialmente la Ley de contratos del sector público. Resultando que el día 25/6-2015, una vez evaluada la documentación técnica, se procedió a la apertura de los sobres “C” de aquellas empresas que obtuvieron una valoración superior a 30 puntos sobre los criterios no evaluables mediante fórmulas, con el siguiente resultado: Licitador Puntuación sobre “b” Oferta % control calidad Construccions, Obras e Viais, S.A. 45,50 508.395,91 3,00 Construcciones Taboada y Ramos, S.L. 40,90 508,200,00 4,00 Extraco, S.A. 40,44 517.444,00 5,00 Stradia Infraestructuras, S.L. 39,54 537.648,97 3,00 Narom, S.L. 38,69 464.225,00 5,00 Lancer, Proyectos y Obras, S.A. 35,95 503.437,77 4,00 Civis Global, S.L. 35,48 502.632,00 3,05 Ute Construc. y Proyectos Abilleira, S.L.-Alvac,S.A. 33,90 469.722,00 1,00 Canalizaciones y Construc-Ciones Salnes, S.L. 33,79 495.690,66 4,00 F. Gomez y Cia, S.L. 33,62 480.000,00 4,00 Construcciones Ponciano Nieto, S.L. 32,98 459.930,03 5,00 Ute Emergis Construccion, S.L.-Asfalgal, S.L. 30,01 526.803,03 5,00 Quedando excluída, por no rebasar 30 puntos en la valoración técnica, la oferta presentada por Hordescon,S.L. (28,18 puntos). Resultando que valoradas las ofertas se obtiene la siguiente puntuación: Licitador Puntuación sobre b Puntuación sobre c Puntuación total Narom, S.L. 38,69 48,815 87,505 Construcciones Ponciano Nieto, S.L. 32,98 50,000 82,980 Construccions, Obras e Viais, S.A. 45,50 35,547 81,047 F. Gomez y Cia, S.L. 33,62 43,961 77,581 Ute Construc. y Proyectos Abilleira, S.L.-Alvac,S.A. 33,90 43,297 77,197 Construcciones Taboada y Ramos, S.L. 40,90 36,102 77,002 Extraco, S.A. 40,44 33,984 74,424 Canalizaciones y Construc-Ciones Salnes, S.L. 33,79 39,630 73,420 Lancer, Proyectos y Obras, S.A. 35,95 37,451 73,401 Civis Global, S.L. 35,48 37,210 72,690 Stradia Infraestructuras, S.L. 39,54 27,261 66,801 Ute Emergis Construccion, S.L.-Asfalgal, S.L. 30,01 31,333 61,343 Resultando que Narom, S.L. obtiene la máxima puntuación la Mesa de Contratación propone requerir a dicha empresa para que presente la documentación justificativa de hallarse al corriente en sus obligaciones tributarias y con la Seguridad Social, de disponer efectivamente de los medios que se comprometió a dedicar o adscribir a la ejecución de la obra, y de haber constituído la garantía definitiva equivalente al 5,00 % presupuesto de adjudicación excluído el IVA, así como proceder al ingreso en la Tesorería de la Diputación de la cantidad de 97,65 € correspondiente a la publicación del anuncio de licitación en el BOP, proponiendo, una vez cumplimentado el requerimiento, la adjudicación de la obra. Resultando que Narom, S.L., atendiendo al requerimiento formulado mediante resolución nº2015017509, presentó la documentación requerida, así como la garantía definitiva por importe de 23.211,25 €, según acredita mediante carta de pago nº 201500103653, de fecha 2-7-2015, y que ingresó la cantidad de 97,65 € correspondiente a la publicación del anuncio del procedimiento en el BOP. La Junta de Gobierno acuerda por unanimidad adjudicar a Narom, S.L. (CIF nº B-36163418) la obra “Mejora de trazado y seguridad vial en E.P. 7017 Callobre-Ponteledesma, tramo Riobó-Oca, PK 7+170 A 8+400 (A Estrada)”, de acuerdo con el siguiente detalle: Importe, sin IVA 464.225,00 € IVA 97.487,25 € Importe total 561.712,25 € Plazo de ejecución Cuatro meses y medio Mejoras ofertadas 60.675,31 € Control de calidad 5,00 % 20.23657.- EXCLUSIÓN DA FUNDACIÓN CTIC CENTRO TECNOLÓGICO DO PROCEDEMENTO ABERTO CONVOCADO PARA A CONTRATACIÓN DA XESTIÓN E COORDINACIÓN DOS CENTROS PROVINCIAIS DE ASESORAMENTO EMPRESARIAL 2.0 (CPAE 2.0) E DINAMIZACIÓN DO CENTRO DE COMERCIO VIRTUAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, (Expte. 2015009894) O Centro Provincial de Asesoramento Empresarial 2.0,(CPAE 2.0), e o Centro de Comercio Virtual, (CCV), puxéronse en marcha, no marco dos proxectos depoTIC e depoDeza, con notable éxito. Por iso, a Deputación de Pontevedra considera necesario continuar prestando estes servizos ós preto de 64.000 autónomos e microempresas da provincia de Pontevedra, polo que, mediante informe do xefe do servizo de novas tecnoloxías, solicitouse que se iniciase a contratación da xestión e coordinación dos Centros Provinciais de Asesoramento Empresarial 2.0(CPAE 2.0) e dinamización do Centro Comercial Virtual da provincia de Pontevedra. Resultando que a Xunta de Goberno, na sesión do 29 de maio de 2015, acordou aprobar o expediente de contratación e iniciar o procedemento aberto. Resultando que o anuncio do procedemento aberto para esta contratación se publicou no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 106, de 5 de xuño de 2015. Resultando que o prazo de presentacións de proposicións finalizou o 20 de xuño de 2015. O citado procedemento aberto presentáronse os seguintes licitadores: - UTE Ideara, S.L. – Saecdata, S.A. - KPMG Asesores, S.L. (CIF: B-82.498.650) - Fundación CTIC Centro Tecnológico (CIF: G-33.906.637) Resultando que a Mesa de Contratación, con data 24 de xuño de 2015, reuniuse para examinar a documentación xeral presentada no sobre A. A Fundación CTIC Centro Tecnológico (CIF: G-33906637), en relación coa documentación a aportar no sobre A, presentou unha declaración responsable sinalando que, en virtude da disposición adicional sétima do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público sinala que “As Axencias Estatais, os Organismos Públicos de Investigación e organismos similares das Comunidades Autónomas non necesitan estar clasificadas nin acreditar a súa solvencia económica e financeira e a solvencia técnica para ser adxudicatarias de contratos do sector público”, polo que non declara nin acredita que teña a clasificación no Grupo V, Subgrupo 2, Categoría B e Grupo V, Subgrupo 5, Categoría B. O Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio, en virtude do acordo da Mesa de Contratación e de conformidade co artigo 81 do Real Decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, mediante escrito emitido con data 25 de xuño de 2015, solicita a subsanación da documentación aportada no sobre A no relativo a aclaración sobre a condición de organismo público, concedendo un prazo de tres días para corrixir os defectos sinalados, para o cal, se solicita a seguinte documentación: - Estatutos da Fundación CTIC Centro Tecnolóxico. - Lei, decreto ou documento de carácter normativo que outorgue a condición de Axencia Estatal, Organismo Público de Investigación ou organismo similar da Comunidade Autónoma. - Declaración xurada de ter a condición de Axencia Estatal, Organismo Público de Investigación ou organismo similar da Comunidade Autónoma. - Outros documentos que acrediten tal condición. Con data de rexistro de entrada do 29 de xuño de 2015, a Fundación CTIC Centro Tecnolóxico aporta documentación a través da cal, non acredita que sexa organismo público de investigación, asemade, a Dirección Xeral de Economía e Innovación do Principado de Asturias, mediante conversa, aclara que a Fundación CTIC Centro Tecnolóxico non é un organismo público, se ben, son membros do seu goberno o patronato do Principado de Asturias. Visto o informe, de data 30 de xuño de 2015, emitido polo xefe do servizo de contratación. Vista a Acta da Mesa de Contratación de data 2 de xullo de 2015, na que se acorda propoñer ó órgano de contratación a exclusión do procedemento aberto da Fundación CTIC Centro Tecnolóxico (CIF: G-33.906.637), que non sendo un organismo público, non declara ou acredita estar clasificada no Grupo V, Subgrupo 2, Categoría B e Grupo V, Subgrupo 5, Categoría B. Tendo en conta que os Organismos Públicos defínense como Entidades de Dereito público que desenvolven actividades derivadas da propia Administración, en calidade de organizacións instrumentais diferenciadas e dependentes destas. Considerando que a disposición adicional 7º do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, unicamente exonera da obriga xeral de estar clasificado para ser adxudicatario e de prestar garantías na contratación da administración pública ós Organismos Públicos de investigación estatais ou autonómicos coñecidos xeralmente nos ámbitos administrativos como “OPIS” e as axencias estatais, os demais casos están suxeitos as citadas obrigas de clasificación e prestación de garantías para contratar coas administracións públicas. Considerando que a disposición adicional segunda do referido R.d.l. 3/2011, no seu apartado 1, faculta ó presidente para actuar como órgano de contratación con competencia a respecto deste contrato de servizos, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do R.d.l.2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora da facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento provincial, concretamente na Base 16.2.a, onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para a contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Excluír á Fundación CTIC Centro Tecnológico (CIF: G-33906637) do procedemento aberto convocado para a contratación da xestión e coordinación dos Centros Provinciais de Asesoramento Empresarial 2.0. (CPAE 2.0) e dinamización do Centro de Comercio Virtual da provincia de Pontevedra, por non declarar ou acreditar estar clasificada no Grupo V, Subgrupo 2, Categoría B e Grupo V, Subgrupo 5, Categoría B, non estando exonerada da obriga xeral de estar clasificado para ser adxudicatario do procedemento aberto por non ser un organismo público de investigación ou organismo equivalente na comunidade autónoma. 21.23658.- MODIFICACIÓN DO ACORDO REGULADOR DO PREZO PÚBLICO POLOS SERVIZOS QUE SE PRESTAN NA ESCOLA INFANTIL “PRÍNCIPE FELIPE” A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra na sesión ordinaria do día 24 de outubro de 2007, acordou establecer e regular o prezo público polos servizos que se prestan na gardería do Centro “Príncipe Felipe”, cuxo acordo regulador foi publicado no Boletín Oficial da Provincia número 214 de data 24 de novembro de 2007. Resultando que a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra nas sesións ordinarias dos días 27 de xaneiro e 10 de febreiro de 2012 acordou modificar as tarifas deste prezo público, cuxa entrada en vigor e aplicación estableceuse a partir do día 1 de marzo de 2012. Resultando que a Xunta de Goberno na sesión extraordinaria do día 7 de agosto de 2013 acordou modificar de novo o acordo regulador do prezo público polos servizos que se prestan na Escola Infantil “Príncipe Felipe”, co obxecto de axudar a minorar o desequilibrio económico da concesión. As novas tarifas foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 165 de data, 29 de agosto de 2013, entraron en vigor a partir do día 1 de setembro de 2013 e aplicáronse a partir do curso 2013-2014. Resultando que ó non prorrogarse o contrato solicitado pola anterior empresa concesionaria, a Xunta de Goberno na sesión ordinaria do día 19 de decembro de 2014, acordou aprobar o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto para a xestión do servizo público da Escola Infantil 0-3 anos do Centro Príncipe Felipe baixo a modalidade de concesión. Resultando que os pregos técnicos e de cláusulas económico-administrativas particulares que rexiron neste novo contrato establecen que os prezos que deberán abonar os usuarios/as durante o curso escolar 2014-2015 son os establecidos no acordo regulador do prezo público polos servizos que se prestan na Escola Infantil Príncipe Felipe cuxas tarifas actualizadas foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 165 de data 29 de agosto de 2013. Resultando que nos citados pregos establécese que para os cursos 2015-2016 e seguintes as tarifas do prezo público que o concesionario percibirá dos usuarios do servizo serán as seguintes: Prezos pola asistencia educativa en xornada completa a Escola Infantil “Príncipe Felipe” 0-3 años. Importe mensual en euros. Con servizo de comedor Sen servizo de comedor a)Rendas inferiores ó 50% do IPREM 36,70 € 20,20€ b)Rendas comprendidas entre o 50% e inferiores o 100% do IPREM 111,20€ 86,20€ c)Rendas comprendidas entre o 100% e inferiores ó 150% do IPREM 199,20€ 146,20€ d)Rendas superiores ó 150% do IPREM 250,20€ 180,20€ Resultando que a Xunta de Goberno na sesión ordinaria que tivo lugar o día 24 de abril de 2015, adxudicou o novo contrato a empresa Chupetes Galicia, S.L., e esta empresa iniciou a prestación do servizo de xestión da Escola Infantil “Príncipe Felipe” o día 4 de maio de 2015. Resultando que a empresa adxudicataria está cobrando actualmente os prezos públicos en vigor, pero para o curso 2015-2016 é necesario que o órgano competente aprobe os novos prezos públicos para que, unha vez publicados no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, entren en vigor a partir do día 1 de setembro de 2015. Visto o informe económico do Xefe de Sección do Centro Príncipe Felipe de data 18 de xuño de 2015, sobre a modificación do acordo regulador do prezo público polos servizos que se prestan na escola infantil Príncipe Felipe. Vista a memoria proposta da Presidencia e o informe de Intervención, ambos de data 19 de xuño de 2015. A Xunta de Goberno, de conformidade co ditame da comisión Informativa de Economía Facenda e Turismo acorda por unanimidade: 1.- Aprobar a modificación do acordo regulador do prezo público polos servizos que se prestan na Escola Infantil “Príncipe Felipe”. Esta modificación afecta ó anexo I de dito acordo, quedando este da seguinte forma: PREZO PÚBLICO POLOS SERVIZOS QUE SE PRESTAN NA ESCOLA INFANTIL PRINCIPE FELIPE ANEXO 1 1. Prezos pola asistencia educativa en xornada completa da Escola Infantil “Príncipe Felipe” 0-3 anos, importe mensual en euros Con servizo de comedor Sen servizo de comedor a)Rendas inferiores ó 50% do IPREM 36,70€ 20,20€ b)Rendas comprendidas entre o 50% e inferiores ó 100% do IPREM 111,20€ 86,20€ c)Rendas comprendidas entre o 100% e inferiores ó 150 % do IPREM 199,20€ 146,20€ d)Rendas superiores ó 150% do IPREM 250,20€ 180,20€ 2. Esta modificación das tarifas do acordo regulador do prezo público polos servizos que se prestan na Escola Infantil “Príncipe Felipe” publicaranse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e entrarán en vigor e aplicaranse a partir do día 1 de setembro de 2015. 22.23659.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE TRANSFERENCIA DE CRÉDITO Nº26/15 “Visto el expediente de transferencia de crédito para realizar la obra reforma de vestuarios del pabellón polideportivo del IES Beade (Vigo) y para la contratación de la asistencia técnica para asesoramiento y defensa jurídica en el expediente de reintegro de fondos del proyecto Interreg III-A en las aplicaciones y por los importes que se detallan: Partidas a minorar Código Denominación Importe 15/333.3330.622.01 Edificios y otras construcciones. Museo Provincial 439.860,00 15/922.9330.226.99 Gastos diversos 21.778,80 Total 461.638,80 Partidas a incrementar Código Denominación Importe 15/942.3420.462.00 A concellos. Conserv. y Mant. Campos futbol 289.860,00 15/922.3420.655.00 Inv.gestionadas para la Comunidad Autónoma 150.000,00 15/942.9420.227.06 Trabajos realizados por otras empresas 21.778,80 Total 461.638,80 Visto el informe de Intervención, de fecha 2 de julio de 2015, y visto asimismo que en la aplicación presupuestaria cuyo crédito se minora se expidió el correspondiente documento RC, y que el órgano competente para aprobar el expediente es la Junta de Gobierno por tratarse de transferencias de crédito de la misma área de gasto y distinto centro gestor (Base 10ª apdo. 3.b). La Junta de Gobierno, de conformidad con lo dispuesto en la Base 10ª apartado 3.b correspondiente a la ejecución del vigente presupuesto provincial, acuerda aprobar el expediente de transferencia de crédito número 26/15 por importe total de 461.638,80 €, minorando crédito en los importes y las aplicaciones presupuestarias que se indica e incrementando crédito por los importes y en las aplicaciones presupuestarias que se detallan a continuación: DETALLE DE LAS TRANSFERENCIAS Partidas a minorar: Código Denominación Importe 15/333.3330.622.01 Edificios y otras construcciones. Museo Provincial 439.860,00 15/922.9330.226.99 Gastos diversos 21.778,80 Total 461.638,80 Partidas a incrementar: Código Denominación Importe 15/942.3420.462.00 A concellos. Conserv. y Mant. Campos futbol 289.860,00 15/922.3420.655.00 Inv.gestionadas para la Comunidad Autónoma 150.000,00 15/942.9420.227.06 Trabajos realizados por otras empresas 21.778,80 Total 461.638,80 23.23660.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS E CERTIFICACIÓNS Debido os traballos de construción do Laboratorio agroalimentario da Finca de Mouriscade e o incremento da carga eléctrica que o citado proxecto supuxo, faise necesario levar a cabo a instalación dunha liña de media tensión así como un centro de transformación MT/BT para atender o citado incremento de potencia necesaria. Así mesmo, este novo centro substituirá ó existente de 50 KVA integrando as cargas da instalación eléctrica antiga e nova. En data 7 de novembro de 2014, adxudicase á obra: Reforzo da subministración eléctrica para a Finca de Mouriscade, polo prezo total de 52.271,81€ (21% de IVE incluído) á empresa Elecnor S.A., cun prazo de execución de dous meses. O proxecto presentase na Consellería de Industria o dia 5 de decembro de 2014. O xefatura territorial de Industria de Pontevedra, remite comunicación á Deputación con data 14 de xaneiro de 2015, de que é necesario publicar no DOGA e no BOP, xa que a obra afecta á vía do tren (ADIF). Finalmente ADIF, achega o permiso para realizar a obra o 16 de abril de 2015. Visto o informe emitido por Intervención en data 24 de xuño de 2015 correspondente a dita certificación nº 1, tendo en conta o exposto á aprobación da mesma require seguir o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, por non executarse dentro do prazo fixado para a realización da obra, de acordo co establecido na base 17.1 das aprobadas para a execución do Orzamento provincial de 2015, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a autorización, o compromiso de gasto e o recoñecemento extraxudicial da seguinte obriga: -A certificación nº1, da empresa Elecnor S.A.(CIF A-48027056) por importe de 46.867,44 € correspondente á obra “Reforzo de subministración eléctrica para a finca de Mouriscade, Lalín”, con arranxo ó seguinte detalle: Elecnor S.A.(CIF A-48027056) Subtotal 46.867,44€ Taxa dirección de obra (4%) 1.301,96€ Control de Calidade (0%) 0,00€ Seguridade e saúde (0,50%) 162,75€ Total descontos 1.464,71€ Importe líquido a percibir pola empresa 45.402,73€ O pago da certificación realizarase con cargo á aplicación 15/411.4120.622.03.2014. 24.23661.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS a)Devolución de garantías definitivas á empresa Enxeñeiros e Arquitectos Consultores Idom,S.L. A empresa Enxeñeiros e Arquitectos Consultores IDOM, S.L. (CIF B 15.545.437), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder do contrato de “Asistencia técnica para a redacción do proxecto dos viais do Polígono Barro Meis con diferentes tramos da Rede Provincial”, do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de dito contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Bankinter, por importe de mil cento noventa e nove euros con oitenta céntimos (1.199,80 €), para responder do contrato relativo a “Asistencia técnica para a redacción do proxecto dos viais do Polígono Barro Meis con diferentes tramos da Rede Provincial”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 10/10/2013, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201300129440. b)Devolución de garantías definitivas á empresa Construcciones Abal, S.A. A empresa Construcciones Abal, S.A. (CIF A 36.115.459), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunhas fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de ditos contratos. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de La Caixa, por importe de catro mil setecentos dez euros con setenta e catro céntimos (4.710,74 €), para responder do contrato relativo á obra “Adecuación do servizo do Arquivo, almacéns e instalacións do Edificio Administrativo Provincial”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 22/10/2013, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201300137809, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Pastor, por importe de nove mil cincocentos noventa e nove euros con dezasete céntimos (9.599,17 €), para responder do contrato relativo á obra “Adecuación dos servizos de Rexistro, Tesourería e Prevención de Riscos Laborais do Pazo Provincial”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 20/05/2013, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201300052968, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. c)Devolución de garantías definitivas á empresa Construcións, obras e viais, S.A. (COVSA) A empresa Construcións, obras e viais, S.A.- COVSA (CIF A 36.008.886), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunhas fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de ditos contratos. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Popular, por importe de tres mil catrocentos trinta e oito euros con dous céntimos (3.438,02 €), para responder do contrato relativo á obra “Actuacións varias en estradas provinciais do Morrazo”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 14/02/2014, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201400018176, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Popular, por importe de cinco mil trescentos cincuenta e seis euros con vinte e tres céntimos (5.356,23 €), para responder do contrato relativo á obra “Mellora da pavimentación en camiño do Reguengo, camiño de Campo de Eiró e Camiño da Pedreida (Mos)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 11/04/2014, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201400038031, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Cesce, por importe de cinco mil cento sesenta e cinco euros con vinte e nove céntimos (5.165,29 €), para responder do contrato relativo á obra “Renovación da capa de rodamento E.P. 2106 Ramallosa Parada (Nigrán)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 19/03/2014, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201400029441, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 25.23662.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A CONSELLERÍA CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA PARA A REALIZACIÓN DAS OBRAS COMPRENDIDAS NO PROXECTO “MELLORA DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS NO IES DE BEADE VIGO” (Exp. 2015028248) Os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento axeitado para desenvolver a cooperación en cuestións de interese común, tal e como establecen os artigos 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Con tal motivo, preténdese firmar un convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a realización das obras comprendidas no proxecto “Mellora das Instalacións deportivas no IES de Beade (Vigo)”. O custe total do convenio ascende á cantidade de cento cincuenta e catro mil euros (154.000,00€) dos cales, 4.000,00€ irán destinados á redacción do proxecto e serán financiados pola Consellería e pola súa banda, a Deputación de Pontevedra financiará as obras comprendidas no proxecto pola cantidade de 150.000,00€. Resultando que polo Sr. Secretario emítese informe do proxecto do convenio de colaboración. Resultando que polo Sr. Interventor emítese informe no que se participa que existe crédito suficiente para facer fronte á achega da Deputación de Pontevedra na aplicación orzamentaria 15/922.3420.655.00 do vixente Orzamento provincial. No informe emitido polo Sr. Interventor ponse de manifesto unha serie de observacións e recomendacións, entre as cales indica que sería necesario que a concesión de axudas ou subvencións por parte da Deputación de Pontevedra se realizara de acordo ós principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación (Art. 8.3 LXS). A concesión desta subvención ou axuda deberíase realizar polo procedemento de concorrencia competitiva, en caso contrario, deberíase xustificar, á luz do artigo 22-2 da LXS, as razón polas que se lle concede a axuda a este beneficiario e non a outros. Asemade sinala que a concesión desta subvención deberá ser publicada no BOPPO e na páxina WEB (art. 18 da LXS). Por outra banda indica que a titularidade do inmoble obxecto da subvención é a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e a este respecto sinalar que, coa reforma da Administración Local introducida pola entrada en vigor, o 31 de decembro de 2013, da Lei 27/2013, de 27 de decembro de Racionalización e Sostenibilidade da Administración Local, se pretende racionalizar a estrutura organizativa da administración local, para garantir un control financeiro e orzamentario mais rigoroso, evitando a asunción par parte das EELL de competencias distintas das propias. Non obstante, neste caso non se trata de asumir unha competencia permanente, se non dunha colaboración puntual para levar a cabo un proxecto e, tal como recolle o artigo 36.1d) da LRBRL, é competencia da Deputación “A cooperación no fomento do desenvolvemento económico e social e na planificación no territorio provincial, de acordo coas competencias das demais administracións públicas neste ámbito”, e mais neste caso trala sinatura dun convenio marco de colaboración entre a consellería e a Fegamp sobre o uso das instalación deportivas. Segundo o disposto na base número 16.2 das aprobadas para a execución do vixente orzamento, será preceptivo o ditame da comisión informativa ou, no caso de urxencia debidamente xustificada, darase conta con posterioridade á citada comisión. Por todo o exposto, e sendo a Xunta de Goberno o órgano competente para aprobar o presente convenio en aplicación da base 16.2 das aprobadas para a execución do orzamento. Á Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a realización das obras comprendidas no proxecto “Mellora das instalacións deportivas no IES de Beade (Vigo)”, debendo darse conta do presente acordo na próxima Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo. Asemade facúltase ó Presidente da Deputación para a formalización do mencionado convenio mediante a súa sinatura. Dito Convenio é como segue: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA PARA A REALIZACIÓN DAS OBRAS COMPRENDIDAS NO PROXECTO “MELLORA DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS NO IES DE BEADE (VIGO)” Pontevedra, _____ de _______ de 2015 REUNIDOS Dunha parte, Román Rodríguez González, na súa condición de conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en virtude do seu nomeamento mediante o Decreto 15/2015, do 09 de febreiro, no exercicio das atribucións que lle confire o artigo 34 a Lei 1/1983, de 22 de febreiro, reguladora da Xunta e a súa Presidencia, e o artigo 3 do Decreto 472013, do 10 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Doutra, Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, no exercicio das competencias que lle atribúe o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local. Ambas partes recoñécense a capacidade legal necesaria para formalizar este convenio de colaboración, consonte os principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das administracións públicas, e EXPOÑEN I. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria conta no IES de Beade (Vigo) cunhas instalacións deportivas que, debido a súa antigüidade, presentan unha serie de deficiencias que esixen acometer unha actuación de mellora que asegure a súa operatividade e permita optimizar a súa utilización pola comunidade educativa e, fóra do horario lectivo, polos colectivos da poboación do entorno. Este complexo polideportivo do IES de Beade comprende fundamentalmente a zona do ximnasio e a pista polideportiva exterior pertencentes á Xunta de Galicia. Para acadar a plena operatividade destas instalacións deportivas resulta necesario realizar unha serie de obras consistentes na reforma da zona de vestiarios e aseos do ximnasio e na remodelación da pista polideportiva. Deste xeito a infraestrutura permitiría a mellora das condicións para impartir a materia de educación física e para as actividades deportivas do alumnado do centro así como a súa utilización fóra do horario lectivo polos clubs, asociacións e poboación en xeral da parroquia de Beade nos termos establecidos na cláusula sexta deste convenio. Estas actuacións ascenden a contía de 154.000,00 euros en concepto do investimento nestas instalacións deportivas de titularidade da Xunta de Galicia. No actual contexto de austeridade orzamentaria este importante desembolso económico non se pode levar a cabo sen a colaboración administrativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Deputación de Pontevedra. A Consellería asumirá o custo do proxecto correspondente e a Deputación financiará a realización das obras. II. A Deputación de Pontevedra ven prestando unha especial atención na promoción de toda clase de deportes, colaborando cos concellos, entidades, asociacións e clubs da provincia na construción e remodelación de instalacións deportivas, coa finalidade de garantir ás persoas usuarias a práctica deportiva correspondente nunhas condicións adecuadas, de modo primordial orientadas ao deporte de base da poboación en idade escolar. III. Os convenios entre as administracións públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os artigos 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de administración local de Galicia. IV. A lexislación de réxime local establece como un dos fins propios das deputacións asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal en todo o territorio provincial en garantía dos principios de solidariedade e equilibrio intermunicipais. Para estes efectos, e con fin de posibilitar a súa consecución real e efectiva, instruméntase este convenio dirixido ao cumprimento das obrigas impostas pola normativa vixente. En virtude do exposto, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio de acordo coas seguintes CLÁUSULAS Primeira. Obxecto: O obxecto do presente convenio é articular as bases de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Deputación Provincial de Pontevedra para levar a cabo as obras do proxecto de “Mellora de instalacións deportivas no IES de Beade (Vigo)”. Segunda. Orzamento: O importe destas actuacións ascende a contía de 154.000,00 euros IVE incluído. Desta cantidade 150.000,00 euros corresponden á execución da obra, que comprenderá todos os gastos que derivan dela, incluídos os da dirección e de seguridade e saúde. A cantidade restante de 4.000,00 euros corresponden ao custo da redacción do proxecto. Terceira. Financiamento: Os investimentos necesarios para a realización das referidas obras serán financiados integramente pola Deputación de Pontevedra, por importe de 150.000,00 euros, con cargo ás partidas correspondentes do seu orzamento para o exercicio 2015. A Consellería asumirá con cargo ao seu orzamento o custo do proxecto técnico para a execución destas obras pola contía máxima de 4.000,00 euros. Cuarta. Obrigas da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: A Consellería porá a disposición da Deputación as instalacións deportivas do IES de Beade coa finalidade de levar a cabo as obras previstas no proxecto e concederá as autorizacións sectoriais que fosen precisas. Corresponde á Consellería asumir o mantemento das instalacións deportivas reformadas dende o día seguinte ao da formalización da acta de recepción das obras. Así mesmo, comprométese a que esta instalación pida ser destinada ao uso xeral para actividades deportivas ou culturais que se organicen fóra do horario lectivo nos termos da cláusula sexta deste convenio. Quinta. Obrigas da Deputación: A Deputación levará a cabo a licitación, dirección, execución e recepción das obras incluídas no proxecto técnico, que non poderá superar a contía de 150.000 euros. Unha vez finalizadas as obras procederá a súa entrega á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, mediante a formalización da correspondente acta na que se consignará o investimento realizado e os aspectos necesarios para a súa inclusión no inventario correspondente. Sexta. Condicións de uso das instalacións deportivas: As instalacións deportivas do IES de Beade obxecto das actuacións previstas neste convenio poderán ser abertas ao uso xeral da poboación fóra do horario lectivo para fins educativos, deportivos e culturais sempre que non se interfira na programación das actividades do centro e que se garanta a súa correcta utilización. A Consellería e a Deputación Provincial acordarán as fórmulas de colaboración que permitan a efectividade desta cláusula sempre nos termos e condicións previstos no Convenio marco de colaboración entre a FEGAMP e a Consellería sobre o uso de instalacións deportivas de titularidade da Consellería subscrito o 16.10.2014. Sétima. Comisión de seguimento e control: Créase unha comisión mixta de carácter paritario entre as dúas institucións asinantes para o seguimento e control do cumprimento deste convenio e para propoñer a resolución das dúbidas de interpretación e das controversias derivadas da súa execución. A comisión estará integrada por tres persoas en representación da Consellería e outras tres en representación da Deputación. A presidencia corresponderá a unha das persoas representantes da Consellería. Esta comisión reunirase n prazo de tres días contados dende a petición expresa de calquera das partes. Oitava. Vixencia do convenio: O presente convenio entrará en vigor na data da súa sinatura e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2015. A vixencia do presente convenio poderá prorrogarse coa conformidade expresa das partes intervenientes no caso de que non se rematasen as obras previstas nel. Novena. Resolución: Será causa de resolución o incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. Décima. Xurisdición: O presente convenio ten natureza administrativa. As partes quedan sometidas a xurisdición constencioso-adminsitrativa, a falta de entendemento previo pola comisión citada na cláusula sétima, para a resolución das posibles controversias sobre a interpretación e o cumprimento do convenio. En proba de conformidade con canto antecede, asinan este protocolo por duplicado exemplar no lugar e data arriba indicados. Pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria Pola Deputación Provincial de Pontevedra Román Rodríguez González Rafael Louzán Abal” 26.23663.- CORRECCIÓN ERROS NO ACORDO Nº 32.23591 ADOPTADO NA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 19 DE XUÑO DE 2015 RELATIVO Á APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO DE VIGO E A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA A REALIZACIÓN DE OBRAS DE MANTEMENTO, REPARACIÓN E CONSERVACIÓN NOS CAMPOS DE FÚTBOL DO TERMO MUNICIPAL DE VIGO En data 19 de xuño de 2015 adoptouse acordo polo que se aproba o Convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra para a realización de obras de mantemento, reparación e conservación nos campos de fútbol do termo municipal de Vigo; advertíndose un erro na transcrición da aplicación orzamentaria da Deputación. Segundo o artigo 105.2 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, as Administracións públicas poderán, rectificar en calquera momento, de oficio ou a instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos; polo que, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Rectificar o acordo nº 32.23591 da Xunta de Goberno de 19 de xuño de 2015 polo que se aproba o Convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra para a realización de obras de mantemento, reparación e conservación nos campos de fútbol do termo municipal de Vigo, no senso que onde di: “Visto o informe-proposta da xefa de servizo de Cooperación no relativo ó interese público do investimento, vistos os informes da Dirección de Infraestruturas, da Secretaría Xeral e da Intervención Provincial no que se manifesta a existencia de crédito adecuado e suficiente nas aplicacións do orzamento provincial 15/942.3420.211.01.2014, por importe de 250.000,00 euros, e 15/942.3420.211.01, por importe de 39.860,00 euros, respectivamente.”, E onde di: “Quinto: Achegas económicas da Deputación Provincial de Pontevedra. 1.- A Deputación Provincial de Pontevedra no marco deste convenio, comprométese a achegar para o cofinanciamento das actuacións previstas no obxecto deste convenio no ano 2015, correspondendo coa seguinte anualidade: Ano 2015: 15/942.3420.211.01.2014 “Mantemento instalacións deportivas (remanentes 2014)”, importe de 289.860,00 euros.” Debe dicir respectivamente: “Visto o informe-proposta da xefa de servizo de Cooperación no relativo ó interese público do investimento, vistos os informes da Dirección de Infraestruturas, da Secretaría Xeral e da Intervención Provincial no que se manifesta a existencia de crédito adecuado e suficiente na aplicación do orzamento provincial 15/942.3420.462.00, por importe de 289.860,00 euros.”, e “Quinto: Achegas económicas da Deputación Provincial de Pontevedra. 1.- A Deputación Provincial de Pontevedra no marco deste convenio, comprométese a achegar para o cofinanciamento das actuacións previstas no obxecto deste convenio no ano 2015, correspondendo coa seguinte anualidade: Ano 2015: 15/942.3420.462.00, importe de 289.860,00 euros.” - Mantense invariable o resto do texto do acordo. 27.23664.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición