Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2015-07-31_Constitutiva. Acta de sesión 2015/07/31_Constitutiva
Acta de sesión 2015/07/31_Constitutiva
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.43.835/2.2015-07-31_Constitutiva
Título Acta de sesión 2015/07/31_Constitutiva
Data(s) 2015 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión. 2 follas
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as once horas do día trinta e un de xullo do ano dous mil quince, baixo a Presidencia da Ilma. Sra. Dna. Mª del Carmen Silva Rego, Presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, Dna. Consuelo Besada Lores, D. Juan Antonio González Pérez, D. Carlos López Font, D. David Regades Fernández, D.Santos Héctor Rodríguez Díaz, D. Uxío Benítez Fernández, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo e Dna. Eva María Villaverde Pego, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D.Antonio Graña Gómez. Non asiste a Sra. Deputada Dna. Mª Montserrat Magallanes Álvarez. Así mesmo asiste o Sr. Deputado D. Xosé Leal Fariña. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma o seguinte acordo: 1.23685.- CONSTITUCIÓN DA XUNTA DE GOBERNO Pola Presidenta manifestase que esta sesión celébrase para a constitución da Xunta de Goberno, de conformidade coa súa Resolución de data 22 de xullo de 2015 (Rexistro saída núm. 2015019759, de data 23/07/2015), pola que se establece a súa composición e a periodicidade das sesións ordinarias, e cuxo contido literal é como segue: “A Presidencia, en uso das facultades que lle confire a normativa local vixente, dita a seguinte R E S O L U C I Ó N A Xunta de Goberno, como órgano necesario na organización provincial, intégrase polo/a Presidente/a e un número de Deputados/as non superior ó terzo do número legal dos mesmos sendo os seus membros nomeados e separados libremente pola Presidencia (arts. 32.1 e 35 Lei 7/1985, de 2 de abril e 72 R.D. 2568/1986, de 28 de novembro). En consecuencia, en uso das miñas atribucións, RESOLVO, 1.- Que a Xunta de Goberno quede integrada polos seguintes Sres./as Deputados/as: Presidenta: Dona Mª del Carmen Silva Rego Vogais: Dona Consuelo Besada Lores D. Juan Antonio González Pérez D. Carlos López Font Dona María Montserrat Magallanes Álvarez D. David Regades Fernández D. Santos Héctor Rodríguez Díaz D. Uxío Benítez Fernández D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo Dona Eva María Villaverde Pego 2.- As sesións ordinarias da Xunta de Goberno terán lugar semanalmente todos os venres ás 11:00 horas. Da presente resolución darase conta ó Pleno da primeira sesión que celebre, e ós interesados, publicándose no Boletín Oficial da Provincia, sen prexuízo da súa efectividade dende o día de hoxe.” Polo Secretario noméase ós membros designados estando todos presentes menos Dna. Montserrat Magallanes Álvarez. Á vista do cal, pola Presidenta declárase constituída a Xunta de Goberno da Deputación Provincial. E non habendo máis asuntos que tratar pola Sra. Presidenta, sendo as once horas e quince minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina a Ilma. Sra. Presidenta, comigo, o Secretario que dou fe. A Presidenta, O Secretario,
Ãrea de notas
Nota